memoria de actividades extraescolares
TRANSCRIPT
2
MEMORIA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 14-15
Este curso fixemos de novo unha serie de actividades que consideramos
necesarias para a formación integral do noso alumnado.
Compre salientar a colaboración de case todo o profesorado, algo totalmente
imprescindible para levar a cabo estas actividades. Dende a vicedirección tentamos
promover e coordinar as visitas, saídas, excursións etc, pero non hai que esquecer o papel
primordial do profesorado dos distintos departamentos, sen quen non se poderían levar a
cabo as actividades.
Como todos os anos celebramos as festas tradicionais: magosto, entroido.
Tivemos charlas e conferencias. Algúns escritores visitaron a biblioteca.
Asistimos a obradoiros diversos, seguimos participando no Proxecto Terra
As liguiñas de fútbol, balonmán e baloncesto celebráronse como todos os anos nos
recreos .
Participamos de novo en competicións matemáticas.
Fomos ao teatro, ao cine, aos museos, tivemos contos en inglés e galego . Visitounos
un xograr, construímos un muro que foi derrubado ao final do curso acompañado dunha
actuación musical , cantou o coro de profesores, estreouse un musical feito por alumnos do
centro...
E, como non podía ser menos tratándose deste centro, viaxamos por Galiza, País
Vasco, Andorra, Portugal, e mesmo chegamos a Roma.
De fin de curso, como sempre, puxemos rumbo ás illas Cíes.
3
SETEMBRO
Día 29.- Charla sobre enfermidades infecciosas para os 1ºs de Bacharelato.
OUTUBRO
Día 3.- Os 1ºs de Bacharelato e os 4ºs da ESO asisten a unhas charlas sobre
RPG organizadas polo departamento de Educación Física.
Día 21.- Alumnado dos grupos de 4º ESO B-C-D-E visitan os petroglifos de
Campo Lameiro acompañados por Ana Álvarez e Chis Oliveira.
Día 27.- 36 alumnos de 3º e 4º da ESO realizan unha viaxe a Doñana coas
profesoras Rosa Conde e Carmen Martínez.
4
NOVEMBRO
Día 11.- O grupo de 2º de Bacharelato E fai unha visita ao casco vello co
profesor Antón Piñeiro.
Día 12.- Faise un obradoiro sobre a preparación de crema hidratante á que
asiste 4º D.
Día 13.- 3º ESO E visita o porto pesqueiro coa profesora Lidia Garrido.
Día 17.- Tim Bowley e Charo pita celebran dúas sesións de contacontos en
galego e inglés para todos os grupos de 1º Bach.
Día 21.- Uns 400 alumnos acompañados por 38 profesores celebran o
magosto no monte Vixiador.
5
Día 25.- 100 alumnos de 4º ESO acoden a “Enlaza Vigo” contra a violencia de
xénero. Van acompañados por Ana Álvarez, Paz López, Marisol
Mariño e Antón Piñeiro.
2º de Bach E fai unha visita á ESAD coas profesoras Sofía Davila e
Ángeles López.
Día 26.- A profesora Ana Álvarez organiza unha charla que conta coa presenza
dunha pandeireteira para 1º de Bach C-E.
DECEMBRO
Día 3.- 1º de Bach E acode a visitar as instalacións da ESAD cos profesores
Julen Cantabrana e David Vázquez.
Día 4.- Master class de ximnasia abdominal e hipopresiva impartida por
Tamara Rial para 1ºs Bach, organizada polo departamento de
Educación Física.
Día 12.- Durante toda a mañá ten lugar un obradoiro sobre Acoso escolar ao
que asiste 3º ESO C. Organiza o departamento de Orientación.
Días 15 a 19.- Un grupo de 60 alumnos dos 2ºs de Bach realizan unha viaxe a Lisboa
con Mercedes Pérez, Antón Piñeiro e Ildefonso Piñeiro.
O escritor Antón Riveiro Coello da unha charla para os 1ºs de
Bacharelato.
6
Durante toda a mañá ten lugar un obradoiro sobre Acoso escolar ao
que asiste 3º ESO A-D e DIV.
Día 16.- 1ºs e 2ºs da ESO van ver a obra de teatro Tom Sawyer acompañados
por Libia Cibeira, Katia Fernández, Cristina Fernández, Pilar Ferrín,
Pamela Maroño e Alfredo Naz.
Día 17.- Alumnos de 1º Bach A-B visitan co profesor Daniel Rodríguez o
MARCO.
Día 18.- Alumnado de Antropoloxía de 1º Bach C van ao Museo Liste coa
profesora Chis Oliveira.
Alumnos de 1º Bach D visitan co profesor Daniel Rodríguez o MARCO.
XANEIRO
Días 10-17.- Excursión a Andorra. 23 alumnos de 1º Bach acompañados por Luís
Quinteiro e Miguel Raposo..
Día 26.- Máis de 100 alumnos de 4º ESO van ver a obra de teatro La casa de
Bernarda Alba coas profesoras Mecha González-Alegre, Marisol
Mariño, Pamela Maroño e Luis Quinteiro.
Día 27.- 100 alumnos de 1º Bach van ver a actuación do xograr Crispín d'Olot.
Día 28.- Rosa Conde leva á súa titoría (1º ESO D) a unha visita á planta
potabilizadora.
7
Ana Álvarez e Julen Cantabrana viaxan a Oporto con alumnos de 1º
Bach C-D-E.
125 alumnos de 3º ESO van ver a actuación do xograr Crispín d'Olot.
Día 30.- Día da paz. Instálase o muro que será derrubado uns meses despois.
Hai unha actuación musical a cargo dos alumnos de David Vázquez.
FEBREIRO
Día2.- A profesora Carmen Mauri leva a 45 alumnos de Relixión aos
Salesianos a ver a película Diamantes negros.
Hai unhas charlas sobre o Roteiro de Coia para 4º B-D-E.
Día 3.- Hai unhas charlas sobre o Roteiro de Coia para 1º Bach C-D.
Días 5.- Con motivo da celebración do centenario do nacemento do escritor
X. M. Álvarez Blázquez, os alumnos do Bacharelato de Música e Artes
escénicas acoden á Fundación Penzol para ofrecer unha actuación
musical. Acompáñanos os profesores Antón Piñeiro e David Vázquez.
8
Día 6.- O departamento de galego organiza unhas charlas do autor de banda
deseñada Kiko da Silva para tres grupos de 1º ESO.
Día 9.- Charla sobre nutrición a cargo de Inés Santa María para 4º D-E , 1º
Bach C e 2º Bach B.
O escritor Francisco Castro visita o Club de lectura.
Comeza no instituto A semana da froita, xestionada por varios
departamentos do centro.
Día 10.- Faladoiro do Roteiro para 1º Bach C-D.
Día 13.- Celebración do Entroido no instituto.
Día 20.- 3º A e E visitan a Fundación Barrié coa profesora Lidia Garrido.
Día 23.- Alumnos de 3ºs da ESO asisten a unha charla do escritor Alfredo
Gómez Cerdá.
Día 25.- 1º s de Bach e 3ºs de ESO van ver a obra de teatro No hay burlas con
el amor acompañados por Katia Fernández, Pilar Ferrín, Celia García e
Manuel Herrera.
Día 27.- 3º B e D visitan a Fundación Barrié coa profesora Lidia Garrido e Luís
Quinteiro.
9
MARZO
Día 3.- Paco Centeno, Jesús Díaz e Alfredo Naz acompañan a un centenar de
alumnos á Fundación Barrié para participar en IMATXINA.
O grupo da Escola de música tradicional dá un concerto para o
alumnado de 2º da ESO.
Día 11.- 30 alumnos do 3º ESO bilingüe viaxan a Santiago para ver unha obra
de teatro en francés. Van con eles Cristina Baltar e Victoria
Sagastizábal.
O escritor Fernando Lalana fala para todos os 2ºs ESO.
Día 17.- A profesora Rosa Conde leva a súa titoría á depuradora do río
Lagares.
A profesora María Vázquez leva a alumnos de varios grupos de 2º
Bach a Santiago. Visitan o Parlamento e soben ás cubertas da
catedral.
Día 18.- Case 100 alumnos de francés acoden á EOI de Vigo para ver unha
obra de teatro en francés. Van con eles Mer Pérez e Ana Seoane.
10
Día 19.- Alumnos de Antropoloxía de 1º Bach C e de Cultura clasica de 3º ESO
E realizan con Chis Oliveira unha visita á vila romana de Toralla.
Celébrase no salón de actos a entrega de premios dos diversos
concursos convocados polo departamento de Matemáticas tras unha
conferencia a cargo de Leo Alonso.
Día 23.- O profesor de Tecnoloxía Manuel Herrera realiza unha visita a Citröen
co grupo 3º ESO B.
Día 26.- A profesora Pilar Vázquez leva a 1º ESO C ás Salinas de Vigo.
11
ABRIL
Día 7.- Durante toda a mañá ten lugar un obradoiro sobre Acoso escolar ao
que asiste 3º ESO D. Organiza o departamento de Orientación.
Día 9.- Saen para Roma 53 alumnos de 4º ESO. Viaxan con eles Ángeles
López, Benigno Nerga, Mer Pérez e Antón Piñeiro.
100 alumnos de 2º ESO van ao Ecoparque de aventuras de Marín,
nunha actividade organizada polo departamento de Educación Física.
Viaxan con eles Sara Pérez, Luis Quinteiro, Miguel Raposo e Rafael
Rodríguez.
Día 13.- Uns 30 alumnos de 3º e 4º ESO viaxan ás Médulas coas profesoras
Carmen Martínez e Ana López.
As profesoras Carmen Mauri e Pamela Maroño levan ao alumnado
de Relixión a Ribadavia.
Día 14.- Saen 50 alumnos de 1º Bach cara a Atapuerca e Bilbao. Acompáñanos
Ana Álvarez, Chis Oliveira e Daniel Rodríguez. Regresan o día 17.
12
Día 15.- O grupo de 4ºA recibe unhas charlas sobre educación vial.
3º ESO C-D asisten a un obradoiro de percusión con Fran Domínguez
e Ángeles López.
Día 22.- O grupo de 4ºB recibe unhas charlas sobre educación vial.
Actividades sobre comercio xusto para 4º ESO E.
Día 24.- Alumnos de 4º B e 1º Bach A soben ao CUVI para participar nunha
competición de robótica, acadando o 2º premio. Van con eles Paz
López e Daniel Rodríguez.
13
Día 27.- 3º ESO D visita a factoría de Citröen co profesor Luís Quinteiro.
Día 28.- Alumnos de 4º ESO A-B van a Guimarâes coas profesoras Ana Álvarez
e Pepa Rodal.
Día 30.- O grupo inglés de teatro Clever Pants ofrece dúas sesións para
alumnado de 3º e 4º ESO.
MAIO
Día 5.- Alumnos de Cultura Clásica de 3º ESO E van coa profesora Chis
Oliveira ao Museo do mar para participar nun obradoiro de
Arqueoloxía.
14
Día 11.- 1º ESO C-A practican piragüismo en Bouzas. Van con eles Sara Pérez e
Miguel Raposo.
Día 12.- 1º ESO C-A practican piragüismo en Bouzas. Van con eles Sara Pérez e
Luís Quinteiro.
Día 15.- 40 alumnos de 4º D-E parten cara Oporto para tomar parte no
Proxecto Terra. Acompáñanos Ana Álvarez, Alejandro Mene e Chis
Oliveira.
Día 18.- O grupo 3ºESO A fai a ruta do río Lagares coas profesoras Carmen
Martínez e Ana Seoane.
Día 19.- Hai unha charla sobre temas tributarios para o grupo 1ºBach C.
Día 20.- 4º A-E e Div visitan a Fundación Barrié cosa profesora Paz López.
150 alumnos do primeiro ciclo da ESO participan no Correlingua. Van
acompañados por Sofía Davila, Pamela Maroño, Mer Pérez, Antón
Piñeiro, Carmen Rodríguez e Álvaro Varela.
Día 27.- Os grupos de 2º ESO A-B pasan o día nas instalacións do CUVI cos
profesores Cruz Ardá e Rafael Rodríguez.
Día 29.- O grupo de 2º ESO C pasa o día nas instalacións do CUVI cos
profesores Hortensia Peralba e Rafael Rodríguez.
As profesoras Celia García e Ángeles López visitan Rianxo co grupo do
Club de lectura.
Un grupo de alumnos de 4º realiza unha acampada de tres días cos
profesores Luís Quinteiro e Miguel Raposo.
15
XUÑO
Día 1.- Os grupos de 2º ESO D-E pasan o día nas instalacións do CUVI cos
profesores Jesús Díaz e Rafael Rodríguez.
Día 3.- Despedida dos 2ºs de Bacharelato.
Día 15.- Derrúbase a instalación do muro e lévanse a cabo unha serie de
actos, charlas, actuacións musicais.
16
Os alumnos do Bacharelato de Música e Artes Escénicas estrean no
IAV de Bouzas o musical Sweeney Todd ,dirixido por JulenCantabrana.
Día 10.- 4º B-D-E e 1º Bach D fan o Roteiro de Coia cos profesores Ana
Álvarez, Damián Giménez e Daniel Rodríguez.
Día 15.- Viaxe ás Illas Cíes de 322 alumnos e 23 profesores.
17
Día 16.- 1º ESO E fai parte do Roteiro de Coia ao tempo que realizan xogos de
descuberta. Van con Ana Álvarez e Pilar Vázquez.
Días 17-18.- O musical Sweeney Todd é representado no instituto para os 4ºs ESO
e 1ºs Bach.
Día 19.- No vestíbulo do instituto faise un salto musical a cargo de alumnado
do profesor David Vázquez.