memoria de actividades 2019 - udc.gal · documento maquetado por carmen m.ª llamas fernández ....

46
MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 OFICINA DE COOPERACIÓN E VOLUNTARIADO UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Upload: others

Post on 11-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA

DE

ACTIVIDADES

2019

OFICINA DE

COOPERACIÓN E

VOLUNTARIADO

UNIVERSIDADE

DA CORUÑA

Page 2: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

OCV OFICINA DE COOPERACIÓN E

VOLUNTARIADO

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

A CORUÑA Facultade de Socioloxía, 1.º andar

Campus de Elviña, 15071 A Coruña

Tel. 981 167 000 www.udc.gal/ocv

Director José Jesús Cendán Verdes

Extensión: 1334 [email protected]

Persoal técnico Lorena Rilo Pérez

Extensión: 1752 [email protected]

FERROL

Centro Cultural Universitario, 1.º andar Campus de Esteiro, 15403 Ferrol

Persoal técnico

Vanessa Míguez Martín Extensión: 3677 [email protected]

Documento redactado por Vanessa Míguez Martín e Lorena Rilo Pérez

Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández

Page 3: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

INTRODUCIÓN 05

COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO 06

Proxectos de coñecemento da cooperación ao desenvolvemento (PCC) 07

Proxectos de coñecemento da realidade (PCR) 09

Proxectos de educación para o desenvolvemento, a sensibilización e a 15 participación social (EPD)

Actividades coas ONG de desenvolvemento 18

VOLUNTARIADO 19

Menores 20

Exclusión social 22

Ámbito sociosanitario 24

Diversidade funcional 25

Educación para o desenvolvemento 26

Actividades con outras entidades de acción social 28

Colaboracións con outras administración 30

Colaboracións no seo da Universidade da Coruña 31

APRENDIZAXE E SERVIZO 33

Profesorado e alumnado participante 34

FORMACIÓN 35

Asistentes a cursos de formación no ano 2019 36

Outras actividades formativas e de sensibilización 37

Participación en redes 38

Sinerxías con outras universidades 40

Comunicación 41

02

01

03

04

05

Page 4: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

REDE GALEGA DE COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO

DESENVOLVEMENTO Páxina web 43

Formación e acción de sensibilización 44

06 43

Page 5: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

5

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 01. Introdución

INTRODUCIÓN A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) é un servizo universitario que

canaliza as demandas de participación e solidariedade na busca do ben común local e

global por parte da comunidade universitaria, alén da cidadanía, na área de influencia

da Universidade da Coruña (UDC).

Con este fin potencia, xestiona e coordina os activos e recursos solidarios da UDC.

Así mesmo, ofrece espazos de participación, experiencias de solidariedade e

actividades de compromiso social que complementan a misión da UDC como entidade

de educación superior, centrada na formación integral da persoa e na construción

dunha cidadanía local e global activa e crítica, ao servizo dos valores e principios

democráticos e do desenvolvemento humano sustentable.

Depende da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación, e conta con dúas

oficinas situadas respectivamente nos campus da Coruña (Elviña) e Ferrol (Esteiro).

En relación cos recursos humanos de que dispón, arestora son os seguintes: unha

técnica especialista funcionaria na oficina da Coruña e outra interina na de Ferrol,

ademais do director do servizo. Complementáronse coa chegada de varias bolseiras e

alumnas en prácticas a ambas as dúas oficinas.

01

Page 6: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

6

COOPERACIÓN AO

DESENVOLVEMENTO Enténdese a cooperación ao desenvolvemento da universidade como un conxunto de

actividades realizadas pola comunidade universitaria orientadas á transformación social nos

países máis pobres, a prol da paz, a igualdade, o desenvolvemento humano e a

sustentabilidade ambiental no mundo, transformación en que o fortalecemento institucional e

académico teñen un papel importante.

Código de conduta das universidades en cooperación ao desenvolvemento, 2006

En 2019 continuouse co traballo do convenio de colaboración asinado entre a

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da

Xunta de Galicia e as tres universidades galegas para fortalecer a Rede Galega de

Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), con vistas a acadar os

obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) impulsados polas Nacións Unidas.

En consecuencia, e pola importancia que isto ten de cara a enmarcar o seu labor en

materia de cooperación e educación para o desenvolvemento na UDC, a OCV

incrementou notablemente o seu traballo para difundir tanto os ODS como a Axenda

2030 entre a comunidade universitaria e a sociedade. En particular, ademais das

diversas actividades específicas que se organizaron, entre elas a realización de

dinámicas nos distintos centros e facultades, fixemos transversal esta temática nos

contidos dos nosos cursos, caso das formacións básicas de voluntariado.

De por parte, publicamos tamén unha nova convocatoria de accións de educación

para o desenvolvemento, a sensibilización e a participación social, así como de

proxectos de coñecemento da realidade (PCR), destinados ao estudantado da UDC;

e proxectos de coñecemento da cooperación ao desenvolvemento (PCC), para o persoal

docente e investigador (PDI) e o persoal de administración e servizos (PAS).

02

Page 7: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

7

PROXECTOS DE COÑECEMENTO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO (PCC)

No ano 2019 publicouse a VIII Convocatoria de proxectos de coñecemento da

cooperación ao desenvolvemento (PCC) para PDI e PAS da UDC, con que se

pretendeu achegar o dito tipo de proxectos ao persoal desta universidade e buscar a

súa implicación.

A convocatoria estivo dotada con 7000 € e participaron nela cinco persoas. A seguir

presentamos algúns detalles acerca das localizacións, as persoas participantes e os

proxectos beneficiarios.

COLOMBIA

Asenet López García: profesora contratada doutora da Área de Fisioterapia, Medicina e

Ciencias Biomédicas.

Viaxou a Colombia coa Fundación FEDAR no marco do proxecto de cooperación

«Brigadas para as persoas en situación de diversidade en zona do rural do Sur de

Colombia». O seu traballo consistiu en prestar apoio na prevención e a diagnose

temperá dos problemas respiratorios en comunidades indíxenas.

Page 8: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

8

ECUADOR

Roberto Rodríguez Martínez: PAS do Instituto Universitario de Ciencias da Saúde.

Viaxou a Ecuador cun proxecto de «Atención prioritaria a persoas e grupos en

situación de vulnerabilidade para a provincia de Azuay» co obxecto de ofrecer

asesoramento xurídico e administrativo, así como en materia de proxectos e

programas en favor do desenvolvemento comunitario.

GRECIA

Juan Ferreiro Galguera: catedrático de Dereito Eclesiástico do Estado.

Viaxou a Grecia coa ONG Aire, dentro do Proxecto Humanidade. O seu papel

centrouse na colaboración coas familias para o asesoramento xurídico e o

afondamento no coñecemento da situación das persoas refuxiadas que chegan a

España.

Page 9: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

9

PROXECTOS DE COÑECEMENTO DA REALIDADE (PCR)

Os proxectos de coñecemento da realidade (PCR) son unha iniciativa que ofrece ao

alumnado da UDC que colabora con ONGD a posibilidade de se desprazar a un país en

vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación dun a tres meses.

O traballo que se desenvolve pode ser validado por proxectos de fin de carreira, por

prácticas de materias ou por traballos obrigatorios de fin de carreira.

Alén disto, participar nun PCR constitúese como unha importante ferramenta de

sensibilización sobre a temática, tanto para o propio alumnado beneficiario como para

a sociedade en xeral, xa que, tras o seu regreso, o alumnado se compromete a realizar

charlas para dar a coñecer o aprendido na experiencia.

No ano 2019 presentouse na UDC a XIII Convocatoria de proxectos de coñecemento

da realidade en programas de cooperación para o desenvolvemento, dotada con

22 000 € destinados a financiar os gastos do desprazamento ao país de destino e o

seguro da viaxe, así como os de xestión e coordinación da dita actuación (protocolo,

difusión etc.).

Este ano seleccionáronse os 17 proxectos que presentamos a continuación, xunto con

algúns detalles acerca das súas localizacións e as persoas participantes.

Page 10: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

10

PALESTINA María González Flores: estudante do Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do

Comportamento.

Viaxou a Palestina coa ONG Asemblea de Cooperación pola Paz para colaborar nun

estudo de caso pormenorizado sobre os factores que supoñen un obstáculo para

acadar a igualdade de xénero en Palestina. Este proxecto enmárcase dentro dunha

estratexia máis ampla impulsada por ACPP e PARC para dispor de datos actualizados

sobre a desigualdade de xénero na área de cara a realizar intervencións pertinentes e

efectivas.

SAN TOMÉ E PRÍNCIPE

Laura Freijeiro Longueira: estudante do Grao en Fisioterapia.

Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONGD Cooperación Bierzo Sur no marco do proxecto

«Tratamento e atención de fisioterapia en pacientes queimados en Santo Tomé e

Príncipe». Traballou nunha memoria en que se recolle a información sobre como a

práctica fisioterapéutica pode mellorar a recuperación dos pacientes con queimaduras

no ámbito hospitalario, facendo que a súa estadía se vexa reducida e mellorando a

relación custo-beneficio, amais de poder diminuír os efectos das diversas morbi-

mortalidades potenciais tanto precoces como tardías.

GUATEMALA

Gloria Parra Sánchez: estudante do Máster en Políticas Sociais e Intervención

Sociocomunitaria.

Viaxou a Guatemala coa ONGD Solidariedade Internacional de Galicia para participar

no proxecto levado a cabo por Siembra e ANGUADE no municipio de Concepción

Chiquirichapa, para promover os dereitos á saúde e a un medio ambiente saudable,

coa participación comunitaria de mulleres e homes, o fortalecemento de capacidades

institucionais e a coordinación co Centro de Saúde e as organizacións da sociedade

civil que traballan polo desenvolvemento no municipio.

Page 11: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

11

GUATEMALA

Sandra Pérez Rodríguez: estudante do Grao en Arquitectura.

Viaxou a Guatemala coa ONGD Arquitectura Sen Fronteiras para participar nos dous

proxectos que leva a cabo alí. O primeiro consiste en recadar información da realidade

e analizar as capacidades técnicas con que se conta, así como no estudo das

construcións para a educación existentes, amais de colaborar na mellora da calidade

educativa da Escola de Victorias. O outro proxecto consiste na mellora das condicións

de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do

departamento de Retalhuleu.

HONDURAS

Tania Barreiro Torregrosa: estudante do Grao en Educación Social.

Viaxou a Honduras coa ONGD ACOES para colaborar no proxecto educativo «No se

nace machista, se llega a serlo», dirixido á poboación preadolescente e adolescente,

cuxo obxectivo é incidir na importancia da igualdade de xénero. Entendendo as etapas

previas á vida adulta como de formación da identidade, considérase de grande

importancia guiar a mocidade no desenvolvemento un pensamento á marxe de roles e

estereotipos machistas que perpetúen o sistema patriarcal.

GUATEMALA

Daniel Vázquez Paredes: estudante do Grao en Arquitectura.

Viaxou a Guatemala coa ONGD Arquitectura Sen Fronteiras para colaborar no estudo

da construción e a eficiencia enerxética da arquitectura de cooperación no

departamento de Retalhuleu, con vistas a mellorar as condicións de acceso a un

hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable da zona.

ETIOPÍA

Gonzalo León González: estudante do Grao en Fisioterapia.

Viaxou a Etiopía coa ONG Holystic Pro África para colaborar nun proxecto de

educación e formación en fisioterapia respiratoria e a súa implementación clínica no

tratamento de patoloxías neurolóxicas pediátricas, destinado tanto ao voluntariado

como aos profesionais que colaboran na clínica da ONG en Wukro, no marco do cal

tamén se realiza un estudo do sistema respiratorio dos pacientes para poder

determinar o posible risco de patoloxía respiratoria.

Page 12: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

12

HONDURAS

Clara Presedo Rama: estudante do Máster en Políticas Sociais e Intervención

Sociocomunitaria.

Viaxou a Honduras coa ONG SÓLIDA co proxecto «O papel da educación infantil no

marco da dimensión global da educación: un estudo comparativo entre España e O

Salvador», en que se analizou en profundidade ambas as realidades educativas.

NEPAL

Inés Sánchez Peña: estudante de Comunicación Audiovisual.

Viaxou a Nepal coa ONGD Camina Nepal para axudar

nos proxectos levados a cabo co fin de que dispoñan

dunha axuda continuada e conseguir así que as

necesidades básicas dos nenos e as nenas acollidos

sigan cubertas en todo momento, á vez que se

desenvolven accións relacionadas con diversas áreas

como a educativa, sanitaria, material, social etc. co

fin de mellorar a calidade de vida dos nenos e as

nenas que alí viven.

SAN TOMÉ E PRÍNCIPE

Paula González Fernández: estudante do Grao en Fisioterapia.

Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para colaborar na

intervención de fisioterapia a domicilio que realiza no fogar daqueles nenos e nenas da

illa que, por diversos motivos, non poden desprazarse ao centro de día. A través desta

intervención intentouse mellorar, na medida do posible, a súa calidade de vida, e

tamén formar a súa contorna familiar acerca de como fomentar a súa evolución.

GRECIA

Raquel Meizoso Amarelo: estudante do Máster en Políticas Sociais e Intervención

Sociocomunitaria.

Viaxou a Atenas coa ONG AIRE e colaborou no proxecto "Humanidade", un antigo

hotel situado no centro de Atenas rehabilitado e xestionado por varias ONG para dar

atención integral a mulleres refuxiadas embarazadas e/ou con bebés lactantes.

Page 13: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

13

MOZAMBIQUE

Juan Domingo Quintela Vázquez: estudante do Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil.

Viaxou a Mozambique coa UDC para analizar a evolución histórica da batimetría da

baía de Inhambane, en concreto co fin de establecer un método para o levantamento

do relevo subacuático en augas pouco profundas ou intermedias a través de imaxes de

satélite. A metodoloxía será testada tamén na mesma baía.

SAN TOMÉ E PRÍNCIPE

Aloia Fernández Álvarez: estudante do Grao en Fisioterapia.

Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONGD Cooperación Bierzo Sur no marco dun

proxecto de implantación da fisioterapia no ámbito deportivo orientado aos diferentes

clubs da illa. O obxectivo deste proxecto é dar a coñecer a fisioterapia deportiva e

promover a mellora na calidade de vida dos e das deportistas mediante un programa

de prevención de lesións.

HONDURAS

María Dopico Aneiros: estudante do Grao en Educación Social.

Viaxou a Honduras coa ONGD ACOES para traballar nun proxecto de intervención

socioeducativa en Tegucigalpa que ten como finalidade primordial a alfabetización da

poboación por medio de diferentes módulos e actividades.

SAN TOMÉ E PRÍNCIPE

Adrián García González: estudante do Grao en Fisioterapia.

Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONGD Cooperación Bierzo Sur para colaborar nun

proxecto de tratamento e atención de fisioterapia a persoas con discapacidade

temporal hospitalizadas, á busca de mellorar a súa calidade de vida, reducir o tempo de

hospitalización e minorar as secuelas que puidesen orixinarse.

Page 14: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

14

SAN TOMÉ E PRÍNCIPE

Andrea de la Fuente: estudante do Grao en Fisioterapia.

Viaxou a Santo Tomé e Príncipe coa ONGD Cooperación Bierzo Sur no marco dun

proxecto destinado a poñer en marcha do primeiro centro de día da illa. O seu labor

centrouse no aumento da preparación do persoal, con que se busca mellorar a súa

intervención ante os diferentes perfís de pacientes e promover unha evolución máis

positiva destes.

SAN TOMÉ E PRÍNCIPE

María Doce Prado: estudante do Grao en Fisioterapia.

Viaxou a San Tomé e Príncipe coa ONG Cooperación Bierzo Sur para traballar nun

proxecto de atención de fisioterapia orientada a persoas co discapacidade

permanente. Elaborou unha memoria cos datos recollidos durante a estadía, co fin de

avaliar as condicións en que se atopan as persoas que acoden ao centro de día, con

vistas a establecer un tratamento axeitado segundo as necesidades que presenten.

Page 15: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

15

PROXECTOS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO,

SENSIBILIZACIÓN E PARTICIPACIÓN SOCIAL (EpD)

A Convocatoria de accións de educación para o desenvolvemento, a sensibilización e a

participación social tivo unha vez máis como obxectivo apoiar aquelas actividades

desenvolvidas pola comunidade universitaria que quixeron darlles pulo aos valores da

cidadanía global, á procura dun novo modelo humano comprometido coa consecución

dos ODS, a erradicación da pobreza e a igualdade de xénero, entre outros fins.

Nesta súa sexta edición, beneficiáronse dela seis proxectos que foron financiados en

conxunto cun total de 3280 €, e que corresponderon a persoas membros de cada un

dos tres colectivos da comunidade universitaria. A seguir damos conta deles.

Eva Paola Bermúdez Porras Alumna do Máster de Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria.

Presentou unha proposta para realizar un

concurso de ilustracións que fomentasen

a diversidade cultural e sexual, amais da

responsabilidade ambiental e lingüística,

para decorar os baños das Facultades de

Ciencias da Educación e Socioloxía, no

campus de Elviña, co fin de visibilizar a

división e os roles de xénero perpetuados

por estes espazos dentro da institución

educativa. Convidouse a participar a toda

a comunidade universitaria da UDC e as

asociacións colaboradoras, e déuselles

prioridade aos traballos en grupo.

Thais Pousada García Profesora contratada doutora da Área de Enfermaría.

Organizou a xornada «Diseminando», que tivo lugar no mes de outubro na Facultade de

Ciencias da Educación, para difundir os resultados do traballo de campo realizado en

Nicaragua, en que se estudou a situación das mulleres migradas e das familias con

nenos e nenas con diversidade. As actividades que se efectuaron (xornada de traballo,

revisión e publicación de guías) pretenderon contribuír á información con que contan

estes colectivos e sensibilizar a comunidade universitaria e a poboación xeral das súas

necesidades.

Page 16: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

16

María José Servia García Profesora contratada doutora da Área de Zooloxía.

O proxecto presentado versou sobre a conservación da biodiversidade e a loita contra

as especies invasoras, recollida nos ODS das Nacións Unidas. En concreto, tratouse

dunha actividade de aprendizaxe e servizo denominada «Canto sabes da velutina?»,

que pretendeu que o alumnado de último curso se formase en competencias para

compartir información científica actualizada e rigorosa sobre esta especie invasora, de

xeito que a cidadanía, e en particular a comunidade universitaria da UDC, accedese a

información contrastada e doada de comprender sobre unha especie que ten múltiples

impactos ecolóxicos, sociais e económicos, para cuxo control se están a empregar

métodos pouco selectivos con impactos notables na biodiversidade.

Luísa Santos Fidalgo Profesora titular de universidade da Área de Xeodinámica Externa.

Presentou unha proposta que consistiu nunha actividade de sensibilización enmarcada

no ODS 13, sobre a acción polo clima, que foi organizada na Facultade de Ciencias polo

alumnado do primeiro curso: o I Congreso de Alumnado de Primeiro de Bioloxía.

O obxectivo inicial foi poñer en valor os traballos realizados na materia de Xeografía

Física sobre como mudou o clima e as repercusións que isto ten, alén de fomentar o

intercambio de experiencias entre o alumnado de distintas áreas de coñecemento.

Santiago López Piñeiro Profesor titular de escola universitaria da Área de Construcións Arquitectónicas.

A proposta presentada foi a de realización dunha exposición, nos formatos físico e

dixital, para divulgar os materiais producidos e os resultados obtidos no proxecto de

cooperación universitaria ao desenvolvemento «Implementación dun sistema de

aprendizaxe e servizo para o alumnado enfocado á habitabilidade integral» levado a

cabo pola UDC e a Universidade Eduardo Mondlane, co apoio da AECID, en Maputo

(Mozambique). O material exposto contiña debuxos, diagramas, mapas, esbozos,

imaxes e textos, ensamblados nun soporte expositivo axeitado para a súa mostra en

calquera tipo de local.

Page 17: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

17

Cristina Botana Iglesias Alumna de doutoramento da Escola Técnica Superior de Arquitectura.

O seu proxecto consistiu nun

obradoiro de aprendizaxe e

servizo que se efectuou no

barrio do Campanario da

Coruña, en que participaron

conxuntamente alumnado e

profesorado da UDC, amais

de entidades sociais que

traballan a prol da xestión

social do hábitat e boa parte

da veciñanza do barrio.

O obxectivo da aprendizaxe

foi o adestramento metodolóxico na avaliación de necesidades, mentres que o do

servizo dirixiuse á formulación dunha proposta de rexeneración dun barrio precarizado.

O proxecto incluíu distintas conferencias, traballo de campo no barrio e unha

publicación dixital en que se recolle todo o traballo que se levou a cabo no obradoiro,

así como unha contextualización histórica e actualizada do barrio e as propostas

realizadas.

Page 18: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 02. Cooperación ao desenvolvemento

18

ACTIVIDADES COAS ONG DE DESENVOLVEMENTO

Unha das prioridades da Área de Cooperación ao Desenvolvemento da OCV é a de

colaborar coas distintas ONGD tanto da provincia da Coruña como de Galicia en xeral,

así como con outros axentes da cooperación galega, na busca de sinerxías que

permitan unha cooperación máis efectiva e de calidade.

A devandita colaboración atinxe a realización de actividades conxuntas; labores de

sensibilización e de educación para o desenvolvemento a través da organización de

xornadas, charlas, obradoiros, seminarios e exposicións; e a difusión das diferentes

actividades que desenvolven estas organizacións a través das nosas redes e contactos.

Este interese da OCV polo traballo conxunto coas ONGD amplíase coas colaboracións

con outras entidades de acción social, o que se verá reflectido na información que

presentamos a continuación.

• Coordinadora Galega de ONGD

No ano 2019 continuáronse as tarefas de difusión e intercambio de información

entre as dúas entidades.

• Solidariedade Internacional Galicia

Colaboramos coa dita ONGD na organización da VII Xornada de Educación para o

Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Tamén na posta en marcha de diferentes

actividades nos campus da UDC, como a conferencia sobre «As mulleres na

defensa dos DD. HH. en Nicaragua», que tivo lugar na Facultade de Socioloxía no

mes de xaneiro, ou a xa mencionada xornada «Diseminando».

• Asemblea de Cooperación pola Paz

Esta ONGD foi invitada a participar no curso de formación preparatorio para as

alumnas e os alumnos beneficiarios das bolsas da convocatoria de PCR.

• Proactiva Open Arms

No mes de xaneiro tivo lugar cadansúa conferencia nas facultades de Ciencias do

Deporte e a Educación Física e Enfermaría e Podoloxía coa xefa de misión do

barco na ONG Open Arms.

Page 19: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

19

VOLUNTARIADO

Acción voluntaria realizada por persoas físicas como resultado da súa participación social organizada no

desenvolvemento de actividades de interese xeral a través de entidades de acción voluntaria, sempre que

se trate dunha decisión libremente adoptada e non traia causa dunha obriga ou dun deber xurídico; que

se execute fóra do ámbito laboral, profesional, funcionarial ou mercantil ou de calquera outro tipo de

relación retribuída; que a acción voluntaria se leve a cabo sen contraprestación económica, sen prexuízo

do dereito ao reembolso dos gastos que esta acción poida ocasionar ou dos recoñecementos que

correspondan; que se leve a efecto en función de programas concretos, que sexan promovidos por

calquera das entidades de acción voluntaria ou polas administracións públicas de Galicia.

Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia.

Os diferentes programas de voluntariado da OCV, ben sexan puntuais ou continuos no

tempo, comezan sempre cun proceso de estudo que se pon en marcha cando calquera

ONG, asociación ou administración pública establece contacto con nós. Acto seguido,

analízase a pertinencia e a sustentabilidade do proxecto, e en función destas variables

e do número de persoas voluntarias dispoñibles ou interesadas, decídese sobre o seu

desenvolvemento.

As nosas propostas de actuación voluntaria abarcan moitos ámbitos, na busca de

favorecer a elección das persoas á hora de decantarse por un ou outro labor no eido

do voluntariado.

Cabe salientarmos deste 2019 as actividades do grupo dedicado á sensibilización, que

chegaron a todos os campus e foron realmente innovadoras e creativas. Así mesmo, o

intento de formalizar un convenio coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

para potenciar todos os proxectos que se levan a cabo nos centros de menores e

trasladalos a outros centros.

03

Page 20: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

20

MENORES

Centro de Acollida de Menores de Bañobre

Programa de voluntariado «E agora, que?»

O obxectivo deste proxecto de voluntariado foi buscar o tratamento individual e

igualitario das e dos 35 menores que viven no centro de acollida, a través de actividades

lúdicas. En 2019 realizáronse todas as actividades de ocio programadas. Agora o centro

conta cunha educadora as fins de semana, que colabora tamén nas saídas.

Continuamos o proxecto «E agora que?» cun programa de seguimento e de orientación

que busca ser unha fase ponte de cara á saída do centro das e dos adolescentes, onde

os plans de acceso á vivenda, a orientación laboral, a continuidade da formación

académica etc. tratan de ser as ferramentas esenciais de apoderamento que precisan

nese proceso de emancipación. En 2019 tratouse de buscar un convenio coa Consellería

de Política Social para trasladar este proxecto a máis centros de menores.

Barrio das Rañas

As actividades que desenvolve o voluntariado da OCV neste proxecto están orientadas

ao apoio na realización das tarefas escolares de nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, así

como á iniciación dos máis pequenos nunha dinámica escolar e ao ocio educativo.

Unha media de 18 rapaces e rapazas asistiu ás actividades desenvolvidas polo

voluntariado da OCV no local de Cáritas Interparroquial. Un dos obxectivos marcados

para este ano foi o traballo do papel do muller no transvasamento da cultura xitana de

xeración en xeración. Fixéronse varias actividades con esta temática que tamén se

trasladaron ao centro escolar das e dos menores.

Asociación Participa para la Inclusión Social

No ano 2019, o voluntariado da OCV participou nas actividades con menores en

situación de exclusión social que se realizan de luns a xoves pola tarde no Museo de

Arte Contemporánea (MAC) da Coruña.

Page 21: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

21

Colaboración con Axuda en Acción (A Coruña)

Ponse en marcha o programa LECXIT da man da ONG Axuda en Acción, en que o

voluntariado acompaña nenos e nenas con dificultades económicas na animación á

lectura. Os obxectivos que se persegue son a utilización da lectura e a mentoría como

ferramentas para mellorar as capacidades académicas, a autoestima e as habilidades

sociais de menores en situación de vulnerabilidade social.

No ano 2019 participaron nove persoas voluntarias da OCV e nove menores do colexio

Raquel Camacho.

Apoio escolar a menores en Ferrol

Neste caso, trátase de darlles o apoio escolar preciso a menores inmigrantes e

pertencentes a minorías étnicas para que poidan levar un ritmo de desempeño acorde

ao do resto de menores na escola. Igualmente, o obxectivo é acompañar no seu

proceso de socialización e emancipación outros rapaces nunha especial situación de

vulnerabilidade, procedentes dun centro de menores, que reciben un apoio máis

específico orientado a un mellor manexo da lingua castelá e galega, e de reforzamento

de estudos de formación profesional.

En 2019 participaron 13 persoas voluntarias da OCV e 14 menores.

Page 22: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

22

EXCLUSIÓN SOCIAL

Fogar de Sor Eusebia

No Fogar de Sor Eusebia conviven homes sen fogar con algún tipo de problema que lles

impide valerse por si mesmos fóra do centro. A finalidade da colaboración da OCV é

dinamizar a vida dos usuarios e ofrecerlles alternativas de ocio. A meirande parte das

actividades realizáronse no propio centro, aínda que ao longo do ano 2019 tamén se

levaron a cabo saídas culturais e de ocio.

Centro Penitenciario de Teixeiro

A OCV desenvolve distintas accións no Centro Penitenciario de Teixeiro, entre as cales a

máis destacada e con maior traxectoria é a da Aula de Cultura. Nela, os sábados pola

mañá e por medio dun videofórum, estimúlase o debate entre as persoas internas por

medio da proxección de películas e documentais con temáticas variadas.

En 2019, o proxecto viuse ampliado cun programa deseñado para o Módulo de

Respecto da Unidade Terapéutica deste centro, que transcorre tamén os sábados, neste

caso durante as tardes e cun grupo máis reducido de internos e internas.

Albergue de Transeúntes Padre Rubinos

O voluntariado da OCV leva xa varios anos colaborando nas actividades diarias do

Centro de Día do Albergue de Transeúntes Padre Rubinos. En 2019 houbo tres persoas

voluntarias que axudaron no roupeiro e no comedor, ademais de organizar unha

actividade de cinefórum.

Aulas de educación de persoas adultas no Centro Violetas

Este proxecto xurdiu como unha colaboración dun grupo de alumnas de Educación

Social, que solicitaron levar a cabo un proxecto de educación de adultos cunha

metodoloxía baseada nas ensinanzas de Paulo Freire. Logo de contactar co Centro

Violetas de Cáritas, catro voluntarias asistiron durante tres meses ás aulas para levalo a

cabo. Como o resultado foi tan positivo, falouse coa profesora para que continualo no

curso seguinte como un proxecto de aprendizaxe e servizo.

Page 23: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

23

Aulas de español para persoas estranxeiras

Este proxecto xurdiu como ampliación da Aula Intercultural de Apoio Escolar a

Menores, xa que se detectou a necesidade de ofrecerlles clases de español a persoas

adultas de orixe estranxeira, nalgúns casos as nais dos menores, co obxecto de

facilitarlles as interaccións cotiás e favorecer así a súa inclusión na sociedade.

No dito proxecto colaboraron catro profesores e asistiron 21 persoas usuarias.

Aulas preparación do exame para obter a nacionalidade

Continuouse con este proxecto que puxemos en marcha a

finais de 2018. Dous días á semana, impartiuse formación

específica sobre os coñecementos constitucionais e

socioculturais de España (CCSE) con que cómpre contar

para obter a nacionalidade española.

Page 24: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

24

ÁMBITO SOCIOSANITARIO

Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera

En 2019 houbo 21 persoas voluntarias que asistiron asiduamente ao proxecto e á súa

formación específica. Dous grupos delas colaboraron tamén no Centro de Día deste

hospital, cunha grande satisfacción por ambas as partes.

As actividades que se levaron a cabo cos menores, como noutras ocasións, foron moi

variadas, xa que as súas idades oscilan entre os 0 e os 3 anos: monicreques, globoflexia,

contacontos… Por outra parte, é de salientar que durante este ano se mellorou moito

na organización do grupo e na relación directa co persoal de enfermaría.

Page 25: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

25

DIVERSIDADE FUNCIONAL

Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal

O voluntariado da OCV acudiu ao local da asociación naronesa para participar en

diferentes actividades coas persoas usuarias do Centro Ocupacional (obradoiros, hortos

etc.), ou ben colaborar en celebracións e actividades puntuais.

Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física

(CAMF)

Neste caso o labor consiste en acompañar as persoas residentes cando saen ao exterior

para faceren calquera tipo de xestión persoal, mesmo para gozaren de tempo de lecer,

ou ben no propio centro cando a súa saúde non permite as saídas. O voluntariado da

OCV acode en distintos horarios durante toda a semana, na procura de abranguer o

maior número de demandas de acompañamento que se poidan producir.

Caben salientarmos que neste proxecto concreto sempre é reducido o número de

persoas voluntarias que participan, entre tres e catro, por propio pedimento do centro

e debido ás súas características.

Centro Pai Menni

Colaborouse co Centro Pai Menni de Betanzos nunha actividade de baloncesto

organizada para as persoas residentes, ás cales tamén se acompañou a algún dos

partidos oficiais da Liga para persoas con diversidade funcional. Tamén se colaborou nas

actividades dos obradoiros.

Page 26: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

26

EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

Proxecto de sensibilización da comunidade universitaria

O voluntariado que participa neste proxecto deseña materiais de sensibilización,

dinámicas e xogos de carácter lúdico para intentar chamar a atención dos seus

compañeiros e das súas compañeiras dos campus sobre a importancia de exercer unha

cidadanía activa e actuar en defensa dos dereitos humanos e a xustiza social. No ano

2019 desenvolveuse un bo número de accións nos dous campus da UDC:

• Cine e debate sobre a mutilación xenital

feminina. Tivo lugar o xoves 21 de febreiro no Centro

Cultural Universitario de Ferrol.

• Actividades sobre o consumismo o 20 e o 24 de

febreiro na Facultade de Ciencias da Educación e na

Facultade de Economía.

• Terceira entrega do Ciclo ConcienciArte, en que

se propuxo proxectar un documental para favorecer a conciencia crítica do

alumnado en temáticas relacionadas coa EpD.

• Relacionadas. Actividade sobre

cuestións de saúde física e mental

que se realizou o 1 de abril no

campus de Ferrol.

• Actividade sobre o senfogarismo e o

acceso á vivenda co alumnado da

Facultade de Ciencias e da Facultade

de Económicas e Empresariais no mes de abril.

• Recollida de obxectos reciclados das cores da bandeira LGTB+ durante a

semana previa á celebración, no campus de Ferrol, do #OrgulloUDC o 14 de

maio.

• Dentro das VII Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía

Global, que tiveron lugar no mes de maio, o voluntariado de sensibilización

realizou unha dinámica sobre comercio responsable.

• Actividade de sensibilización sobre os ODS o 9 de outubro nas facultades de

Ciencias da Saúde e Económicas e Empresariais.

Page 27: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

27

• Actividades de sensibilización co gallo do proxecto «Aseando prexuízos» o 17

de outubro na Facultade de Ciencias da Educación e na Facultade de Socioloxía.

• Dinámica sobre micromachismos na Facultade de Socioloxía para concienciar

sobre o asasinato de mulleres en 2019 por violencia machista, que se fixo

coincidir co Día Internacional para a Eliminación de Violencia contra as

Mulleres o 25 de novembro.

• En Ferrol organizouse a Semana polos

Dereitos Humanos con varias actividades:

unha conferencia sobre as loitas pacíficas dos

movementos sociais e ecoloxistas que

pretenden alertar e propoñer alternativas

para evitar a morte do noso planeta; unha

conversa con dúas líderes hondureñas para

falar do dereito á auga; a construción

colectiva dun mural sobre os 30 dereitos

humanos; un videofórum co director e

produtor Jon Kareaga en que se proxectou o

seu documental Made in, made for e a

exposición «Hazme visible», un proxecto

fotográfico do programa Dentro-Fuera de

Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, que

estivo dúas semanas no Centro Cultural Universitario.

Page 28: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

28

ACTIVIDADES CON OUTRAS ENTIDADES DE ACCIÓN SOCIAL

Plataforma Coruñesa do Voluntariado

Neste ano 2019, a OCV incorporouse activamente á PCV, ao formar parte da súa

Comisión de Formación e colaborar na organización de catro seminarios de interese

para as entidades integrantes e o seu voluntariado. Sumámonos tamén á actividade

proposta por esta plataforma para o Día do Voluntariado, axudando a pintar o interior

dun colexio dun barrio empobrecido da cidade.

Fundación SEUR

Seguimos a colaborar coa dita fundación na campaña solidaria de recollida de tapóns

para distintas causas. Os recipientes, situados en distintos edificios dos campus da

Coruña, seguen enchéndose de tapóns de plástico, de xeito que a súa doazón se

converte pouco a pouco nun acto cotián.

Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos

Por terceiro ano consecutivo a OCV colaborou na organización das Xornadas de

Persoas sen Fogar, desenvolvidas no mes de abril nas instalacións da Real Institución

Benéfico-Social Padre Rubinos. Para alén disto, a OCV participou cun relatorio nun

curso de voluntariado desta institución coruñesa no mes de setembro.

Yarama África

Un ano máis, a OCV contou coa colaboración de Yarama África na organización da

XV Xornada sobre Inmigración e Interculturalidade, que desta volta tivo lugar baixo o

lema «Autonomía e organización na defensa e loita polos dereitos». Foi na Escola de

Náutica a finais do mes de outubro e asistiron arredor de 160 persoas.

Cruz Vermella No mes de novembro, o reitor e a presidenta provincial da Cruz Vermella asinaron un

convenio de colaboración, xunto coa vicerreitora de Internacionalización e

Cooperación, para a selección das persoas beneficiarias de axudas de matrícula dentro

do programa de axuda a persoas refuxiadas e procedentes de zonas de conflito que

está canalizando a OCV.

Page 29: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

29

Cáritas Interparroquial A Coruña Durante todo o curso académico, Cáritas Interparroquial A Coruña cedeunos un local

que ten na zona do Birloque para poder facer a Aula Aberta con nenos das Rañas.

COLABORACIÓNS CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

Xunta de Galicia

Durante o ano 2019 colaborouse coa Xunta de Galicia a través do convenio da RGCUD,

de que falamos máis polo miúdo no apartado 6 desta memoria. Tamén iniciamos os

trámites para lograr a sinatura dun novo convenio coa Consellería de Política Social que

nos permita ampliar as nosas colaboracións cos centros de menores.

Page 30: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

30

COLABORACIÓNS NO SEO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Centro Universitario para a Formación e a Innovación

Educativa (CUFIE)

Dentro da UDC, a OCV traballa para cooperar e coordinarse co resto de unidades e

servizos con que existen liñas de traballo comúns. Así, colabórase estreitamente co

CUFIE na posta en marcha e a potenciación da metodoloxía de aprendizaxe e servizo

(APS) na UDC, así como no asesoramento e a formación do PDI nesta materia.

Continuamos a colaborar co Unidade de Teleformación deste centro, para a que

deseñamos un módulo sobre a responsabilidade social na docencia destinado ao

profesorado de nova incorporación na UDC. Así mesmo, organizouse unha xornada de

visibilización da APS na UDC, que tivo moi boa acollida por parte do PDI.

Área de Cultura

Durante o ano 2019 foron varias as colaboracións coa Área de Cultura da UDC, para a

organización conxunta de distintas propostas que mesturaban a arte coa solidariedade.

Así, por exemplo, participouse na organización do curso «Hablaba árabe», en que a

través da ensinanza da lingua árabe se aproximou o alumnado ao coñecemento desta

cultura.

Oficina de Medio Ambiente (OMA)

Neste ano 2019, colaborouse na xestión do voluntariado medioambiental que participa

de forma continuada nas actividades propostas pola OMA. Tamén se colaborou con

este servizo na motivación da contratación responsable de empresas que promovan o

comercio xusto e de proximidade ou a reciclaxe nas cafeterías dos campus.

Green Campus Ferrol

No ano 2019 a OCV entrou a formar parte do comité ambiental do Green Campus

Ferrol, asistindo ás súas reunións de traballo.

Servizo de Asesoramento e Promoción do estudantado

(SAPE)

Tamén se colabora con este servizo para o intercambio de información e a súa posterior

difusión nas respectivas redes, tanto no campus coruñés como no ferrolán.

Page 31: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 03. Voluntariado

31

Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais

e Portos

Anualmente, a OCV colabora con esta escola na realización dun ciclo de conferencias

sobre a cooperación para o desenvolvemento na enxeñaría civil. Nel ofrécese unha

visión clara do que é a cooperación nos países do sur global, defínense os conceptos

chave da cooperación e favorécese a sensibilización da poboación universitaria, así

como do resto do público en xeral.

Equipo Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)

Durante 2019 foron varias as colaboracións co ESOMI da Facultade de Socioloxía, como

a organización da conferencia «As mulleres na defensa dos DD. HH. en Nicaragua».

Cómpre lembrarmos que a OCV ten a súa sede no campus da Coruña no devandito

edificio desde hai máis dunha década.

ONGD presentes na UDC

Destacamos o noso compromiso de colaboración coas ONGD presentes na UDC

(Enxeñería Sen Fronteiras, Arquitectura Sen Fronteiras e Solidariedade Internacional

Galicia). Mantemos estreitos lazos con elas e traballamos conxuntamente en iniciativas

que redundan na promoción da cooperación e a educación para o desenvolvemento,

tanto dentro da comunidade universitaria como no conxunto da sociedade en xeral.

Page 32: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 04. Aprendizaxe e servizo

32

APRENDIZAXE E SERVIZO

A aprendizaxe-servizo é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de

servizo comunitario nun proxecto ben articulado, onde os participantes aprenden a traballar en

necesidades reais da contorna, co fin de mellorala.

En suma, a aprendizaxe-servizo é un método para unir o compromiso social para a aprendizaxe de

coñecementos, habilidades, actitudes e valores. Aprende a ser competente para ser útil a outros

Centre Promotor d’Aprenentatge Servei

Durante 2019, xunto co CUFIE, a OCV puxo en marcha un curso de formación sobre

esta metodoloxía para o PDI, no cal participaron 32 persoas. Ao remate da parte en

liña o PDI debía preparar un proxecto adaptado a algunha das súas materias, e varias

destas iniciativas aplicáronse á docencia no seguinte cuadrimestre. De igual maneira,

colaborouse na preparación da IV Convocatoria de proxectos de APS da UDC e na

avaliación dos proxectos presentados, que foron 25. É de notarmos que algúns deles

implicaron PDI de diferentes materias, o que os converteu en anuais.

Como parte das tarefas da OCV neste contexto, e para que o PDI puidese realizar os

proxectos, tramitáronse para a súa sinatura oito novos convenios con outras tantas

entidades. Tamén se informou desta iniciativa a todas as organizacións con que se tivo

contacto, para coñecer as súas necesidades e intentar vinculalas con algunha materia

das que se imparten na UDC. Por último, preparáronse as acreditacións do alumnado

implicado, co obxecto de certificar a súa participación no proxecto que correspondese

e as materias en que este se atopaba enmarcado.

Neste curso académico, elaborouse unha pequena

guía de boas prácticas que recolle os proxectos de

aprendizaxe e servizo elaborados e executados

polo profesorado e o alumnado da UDC. Tivo a súa

presentación nas I Xornadas de APS da UDC,

realizadas no mes de xuño.

04

Page 33: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 04. Aprendizaxe e servizo

33

PROFESORADO E ALUMNADO PARTICIPANTE

Page 34: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

34

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación

FORMACIÓN

Acción e efecto de formar ou formarse. Conxunto de coñecementos teóricos e prácticos

adquiridos polo estudo e a experiencia, sobre unha materia determinada ou en xeral.

Dicionario da RAG

Desde a OCV somos moi conscientes da importancia da formación para todas aquelas

persoas que colaboran nalgunha das nosas propostas, pois para participar nelas

hai que saber como facelo.

Así, a formación é unha das principais liñas estratéxicas de traballo da OCV.

Preténdese que as accións que realiza o noso voluntariado sexan de calidade, polo

que cando unha persoa decide implicarse nalgún programa de voluntariado debe

realizar un curso básico encamiñado a que coñeza os seus dereitos, os seus deberes e

os aspectos xerais relacionados co labor que levará a cabo.

Ademais desta formación inicial básica, promóvese a formación continua nos aspectos

específicos que se vinculan a cada programa, como por exemplo as habilidades sociais

ou a interculturalidade.

Doutra banda, no mes de abril leváronse a cabo as X Xornadas de Persoas sen Fogar

(A Coruña), centradas na visibilización, en que se falou do traballo en rede das

entidades; e a XV Xornada de Sensibilización sobre Inmigración e Interculturalidade,

que puxo o foco na autonomía e a organización na defensa e loita polos dereitos das

persoas migrantes.

Por outra parte, en 2019 todo o persoal da OCV participou, como parte integrante da

RGCUD, na organización do VIII Congreso de Cooperación Universitaria ao

Desenvolvemento o 27, 28 e 29 de novembro, centrado na Axenda 2030, nos comités

técnico e organizativo.

05

Page 35: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

35

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación

158

16De camiño á extinción e como actuar

685

210Conferencia: Dereitos humanos e cuestións éticas no salvamento de vidas humanas

18Formación sobre os Proxectos de Coñecemento da Realidade: Introdución á Cooperacióne á EPD

97 Formación Básica en Voluntariado

ASISTENTES A CURSOS DE FORMACIÓN NO ANO 2019

16 Curso de voluntariado

específico para o proxecto

LECXIT

16 Dereito humano ao

hábitat nas comunidades

rurais de Honduras

67 I Xornadas de

Aprendizaxe e Servizo

Xornadas sobre inmigración

e Interculturalidade:

Autonomía e Organización

na Defensa e Loita polos

Dereitos

16 Participando contra prexuízos e

mentiras

71 X Xornadas sobre

Persoas sen Fogar:

Tecendo Redes

desde as Rúas

Page 36: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

36

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación

OUTRAS ACTIVIDADES FORMATIVAS E DE SENSIBILIZACIÓN

Ademais dos cursos e seminarios de formación programados, en 2019 deseñamos e

botamos a andar máis actividades que tiveron como obxectivo formar, informar e

sensibilizar a comunidade universitaria e o resto da sociedade sobre cuestións de

interese para a nosa misión na UDC. Recollémolas a seguir por orde cronolóxica:

• Dereitos humanos e cuestións éticas no salvamento de vidas humanas. A xefa

de misión do barco de salvamento de persoas no mar en Open Arms ofreceu

cadansúa conferencia nas facultades de Ciencias do Deporte e a Educación

Física e de Enfermaría e Podoloxía o 31 e xaneiro.

• Conferencia «As mulleres e a defensa dos DD. HH. en Nicaragua», en

colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia e a Facultade de

Socioloxía.

• Conferencia sobre Cooperación e Voluntariado na Facultade de Fisioterapia o 1

de febreiro.

• Presentación do proxecto «Mulleres negras que cambiaron o mundo», o 13 de

maio no Salón de Actos Concepción Arenal do campus de Ferrol. A actividade

incluíu unha exposición sobre o libro Mulleres negras na ciencia que puido

visitarse do 9 ao 31 de maio.

• Xornada de Benvida á UDC 2019 o 5 de setembro. A OCV participou con

cadanseu posto informativo nos campus da Coruña e Ferrol.

Page 37: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

37

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación

PARTICIPACIÓN EN REDES

Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

(RGCUD)

A OCV colabora xunto coas outras dúas

universidades do SUG na RGCUD para darlle

pulo ás actividades dirixidas ao profesorado

que traballa en cooperación para o

desenvolvemento, así como para buscar

sinerxías que outorguen maior visibilidade

e recoñecemento a este traballo no ámbito

autonómico.

Durante 2019 traballouse na estratexia de

implementación da Axenda 2030 e os ODS

nas universidades do SUG, ademais de na

organización do VIII Congreso de Cooperación

Universitaria ao Desenvolvemento o 27, 28 e

29 de novembro, centrado na Axenda 2030 e

os ODS.

Rede Española de Universidades Saudables (REUS)

A REUS é un dos grupos de traballo da Conferencia de Reitores das Universidades

Españolas (CRUE). Compóñena ducias de universidades españolas, a propia CRUE, o

Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, o Ministerio de Educación e

algunhas estruturas de saúde pública de varias autonomías, e ten como obxectivo

fundamental potenciar o papel das universidades como entidades promotoras da

saúde e o benestar da comunidade universitaria e da sociedade no seu conxunto.

A OCV pertence á Comisión Técnica do Campus UDC≡Universidade Saudable, en que

participa activamente con diferentes propostas que inclúen a elaboración de recursos

ou a participación no Día das Universidades Saudables, entre outras accións.

En 2019, a OCV, a OMA, a Facultade de Socioloxía e o servizo UDC Saudable,

continuaron as reunións co xerente e o Servizo de Contratación para introducir nos

pregos de contratación cláusulas que promovan o comercio de proximidade e xusto ou

a reciclaxe. Tamén se chegou ao acordo de contratar unha empresa con persoal

especializado en nutrición para que supervise os menús de todas as cafeterías dos

campus da UDC e forme o seu persoal.

Page 38: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

38

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación

Rede Española de Estudos de Desenvolvemento (REEDES)

A OCV, a través da RGCUD, renovou a súa pertenza á REEDES e seguiu a difundir as

convocatorias, os artigos e as propostas desta rede académica, interdisciplinar,

especializada na investigación e a docencia en materia de desenvolvemento e

cooperación internacional.

Global Platform for Syrian Students

A UDC, a través da OCV, iniciou os trámites para participar na plataforma promovida

pola presidencia da República de Portugal «Global Platform for Syrian Students». Logo

dun traballo de meses, en xullo o reitor e a vicerreitora de Internacionalización e

Cooperación asinaron un programa de apoio para persoas refuxiadas procedentes de

zonas de conflito. Posteriormente, asinouse un convenio coa Cruz Vermella para

canalizar o dito programa xunto a OCV.

Espallar, grupo de innovación educativa

As persoas integrantes da OCV forman parte activa do grupo de innovación educativa

Espallar, de carácter interuniversitario. Unha das accións levadas a cabo polo grupo

durante o ano 2019 foi o inicio dun proxecto de investigación, cuxas fases iniciais se

deron a coñecer través dun póster presentado nas XIV Xornadas de Innovación

Docente organizadas polo CUFIE no mes de novembro.

Artigo9tech

Outra das redes de que a OCV entrou a formar parte durante 2019 foi o grupo da UDC,

conformado xunto coas entidades Arquitectura Sen Fronteiras Galicia e Enxeñería Sen

Fronteiras Galicia, Artigo9tech. O devandito grupo acadou financiamento para o

proxecto de «Creación do Grupo Interuniversitario de Investigación en Cooperación

Técnica para o Desenvolvemento Sustentable», con integrantes das tres universidades

públicas galegas.

Page 39: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

39

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación

SINERXÍAS CON OUTRAS UNIVERSIDADES

Universidade de Vigo

Pola propia existencia da RGCUD, o traballo de coordinación coa dita universidade en

materia de cooperación universitaria para o desenvolvemento é un feito. En particular,

no mes de novembro asistimos ás Xornadas sobre a Cooperación Universitaria ao

Desenvolvemento ante a Axenda 2030 que organizou, en que participamos ademais

como moderadoras dunha das mesas redondas.

Universidade de Santiago de Compostela

Pola mesma razón que no caso da Universidade de Vigo, o traballo de coordinación

coa USC en materia de cooperación universitaria ao desenvolvemento é un feito

necesario.

Participación no grupo de traballo da CRUE sobre

cooperación

A OCV participa activamente nas reunión e os grupos de traballo da CRUE. Durante

este ano, asistimos ás XV Xornadas de Internacionalización e Cooperación, que tiveron

lugar os días 21, 22 e 23 de marzo na Universidade da Laguna.

Ademais, no mes de xullo asistiuse en Murcia a unhas xornadas organizadas polo

grupo de traballo en materia de refuxio da CRUE, sobre internacionalización e

cooperación, en colaboración coa Universidade de Murcia. Nas II Xornadas Fronteiras,

Educación e Refuxio presentouse un póster sobre o traballo desenvolvido en materia

de refuxio por parte da OCV.

Page 40: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

40

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación

COMUNICACIÓN

A comunicación, tanto interna como externa, é unha cuestión básica en calquera

organización, xa que fai posible unha mellor integración das persoas que a conforman.

No caso da OCV, a comunicación coas persoas voluntarias faise tanto de xeito informal

como a través de canles máis formalizadas. Isto tamén acontece co resto de grupos de

interese, no tocante á comunicación exterior, e entre o seu persoal técnico e as

persoas responsables da entidade.

En calquera caso, búscase garantir que a comunicación interna e externa sexa

constante e fluída, e para conseguir isto empregamos distintos mecanismos, que son

os que se detallan a continuación.

• Páxina web propia Na actualidade supón a principal vía de difusión externa das nosas iniciativas. Nela

informamos sobre todas as actividades da OCV e poñemos á disposición das persoas

usuarias documentos de interese ou ligazóns ás páxinas web doutras institucións ou

organizacións. Así mesmo, a través dela pode facerse a preinscrición nas distintas

accións formativas programadas ao longo do curso académico.

Outra das vías de comunicación externa da OCV, que se utiliza puntualmente cando a

necesidade de proxección exterior da nova así o require, é a páxina web principal

da UDC:

www.udc.gal

• Intranet Dentro da UDC, contamos tamén con outros medios propios de difusión, como é o caso

das bases de datos de voluntariado e ONGD que manexamos, e doutros grupos de

correo con persoas interesadas en recibiren información sobre cursos e conferencias

centrados en temáticas relacionadas coa cooperación para o desenvolvemento e co

voluntariado social. Por tanto, o envío de información a través do correo electrónico

é unha das nosas principais vías de comunicación.

• Rede Galega de Cooperación Universitaria ao

Desenvolvemento (RGCUD)

Desde a creación e posta en marcha da web da RGCUD, converteuse nun recurso

máis para a difusión das actividades desenvolvidas pola OCV, que son recollidas ademais

polo Observatorio de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD. Ao

publicar na súa web as nosas novas, amplía enormemente a difusión do noso traballo.

Page 41: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

41

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación

• Redes sociais No ano 2011 a OCV abriu un perfil en Facebook que até o ano 2018 acadou máis de

1500 persoas seguidoras. Nese mesmo ano, no mes de maio, creamos a páxina

udc.ocv, en que nos seguen cerca de 600 persoas. Contamos ademais cunha conta

en Instagram con 800 persoas seguidoras.

• Boletín informativo O Boletín Informativo da OCV vai dirixido non só ao noso voluntariado en activo e aquelas

persoas que nalgún momento formaron parte da organización, senón tamén a

outras entidades que se sumaron como subscritoras. Ao remate do ano, atinximos

máis de 500 persoas subscritoras que recibían información cada 15 días, nun

formato adaptado á súa lectura nos teléfonos intelixentes.

• Taboleiros de anuncios

A OCV dispón de taboleiros de anuncios nos dous espazos físicos das oficinas da

Coruña e Ferrol, en que a promoción das súas actividades se realiza por medio de

trípticos e carteis, os cales tamén son repartidos no resto dos centros dos

respectivos campus.

• Reunións periódicas

O persoal técnico da entidade reúnese puntualmente coas persoas coordinadoras

dos distintos programas de voluntariado en funcionamento para coñecer o

desenvolvemento destes, e poder facer os axustes pertinentes no caso de seren

necesarios. Tamén realiza continuas visitas ás entidades con que realiza actividades

en convenio para o seu seguimento conxunto, ou recibe os seus representantes en

calquera das dúas oficinas de que dispón nos campus da Coruña e Ferrol.

Así mesmo, a dirección da OCV reúnese co seu persoal técnico con asiduidade para

avaliar a actividade do servizo e programar novas accións de iniciativa propia ou en

colaboración con outras entidades.

• Medios de comunicación

Nalgunhas ocasións as actividades desenvolvidas pola OCV son recollidas en distintos

medios de comunicación, sobre todo na prensa escrita, mais tamén puntualmente en

televisións locais e radios, o que supón un importante pulo para a difusión das nosas

propostas. No tocante ao ano 2019, salientamos a aparición da OCV no programa da

RTVG Botando unha man, emitido no mes de xuño, en que se amosaron o conxunto de

actividades que desenvolvemos ao longo do ano.

Page 42: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

42

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 05. Formación

Por outra banda, é moi habitual a nosa presenza no Diario de Ferrol, La Voz de Galicia

ou Ferrol 360º. Tamén en emisoras como a COPE Ferrol ou a Ser.

Page 43: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

43

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 06. Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

REDE GALEGA DE COOPERACIÓN UNIVERSITARIA AO DESENVOLVEMENTO

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), conformada

polas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, grazas ao financiamento da

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ten como finalidade promover

o traballo en rede entre as universidades galegas nos eidos da cooperación universitaria ao

desenvolvemento (CUD) e a educación para o desenvolvemento (EPD).

Presentación da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, 2014

PÁXINA WEB

A RGCUD conta cunha páxina web propia, que se creou logo de se asinar o primeiro

convenio coa Xunta de Galicia e que se vai actualizando coas novidades que se

producen nas tres universidades galegas.

Esta web conta cunha base de datos en que, desde este último convenio bianual, se

incorporou o profesorado que traballa en cooperación universitaria para o

desenvolvemento, coas súas liñas de investigación, para poder potenciar as sinerxías

entre investigadores e investigadoras das tres universidades.

06

Page 44: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

44

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 06. Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

FORMACIÓN E ACCIÓN DE SENSIBILIZACIÓN

No ano 2018 renovouse o convenio coa Dirección Xeral de Relacións Externas e coa

Unión Europea da Xunta de Galicia, de carácter bianual, co obxectivo de fortalecer a

RGCUD como axente de cooperación para o desenvolvemento implicado na

consecución dos ODS. Con este motivo, iniciáronse os traballos para a elaboración da

Estratexia de desenvolvemento sostible nas universidades do SUG (Axenda 2030), que

será o marco de referencia a nivel galego para poñer en marcha a devandita axenda.

No 2019 rematou o liderado da UDC, a través da OCV, neste convenio, e elaborouse a

pertinente memoria de xustificación.

Unha das accións máis salientables foi a participación na redacción da Declaración

institucional sobre o compromiso das universidades públicas galegas coa Axenda 2030

de desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas, que asinaron o día 27 de

decembro en Santiago de Compostela as tres universidades galegas.

Por outra banda, leváronse a cabo distintas actividades formativas e de sensibilización:

• Curso de Formación Básica para

o Voluntariado (16 h), con

edicións na Coruña e Ferrol, e

cunha asistencia de 88 persoas.

Dentro deste curso existen un par

de módulos específicos relativos

á cooperación e a educación para

o desenvolvemento e os ODS.

• Compra Pública Ética. Organizouse unha xornada formativa dirixida ao equipo

de goberno e as xefaturas de sección, de servizo e de negociado da Reitoría da

UDC sobre compra pública ética, que tivo lugar no mes de marzo

• Almorzo Xusto: Moda Sostible e Socialmente Responsable, Unha Alternativa

Posible. O obxectivo foi achegar ao alumnado do grao en Xestión Industrial da

Moda unha perspectiva baseada na xustiza social dentro do eido da moda, que

abranguese de modo transversal temáticas como os dereitos humanos, o xénero

e o comercio xusto. A actividade tivo lugar na Facultade de Humanidades e

Documentación o 15 de marzo.

Page 45: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

45

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019 06. Rede Galega de Cooperación

Universitaria ao Desenvolvemento

• Encontro para a Transversalización dos ODS nas Competencias Transversais

dos Graos, impartido por María de los Llanos Gómez, directora do Centro de

Cooperación ao Desenvolvemento da UPV, o 11 de xuño, a que asistiron 28

persoas.

• Curso monográfico sobre a Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e

a súa implementación nas administracións públicas galegas. Os días 17 e 18 de

xuño levouse a cabo na EGAP un curso sobre a Axenda 2030 para o

desenvolvemento sustentable orientado ao persoal das administracións

autonómica e local galegas, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma

de Galicia e das universidades do SUG, en que varios membros da RGCUD

falaron sobre a transversalización da Axenda 2030 nas universidades do SUG.

• Campaña en Instagram e outras RR. SS. para concienciar sobre os ODS e a

Axenda 2030. A dita campaña levouse a cabo entre os meses de outubro e

novembro, con resultados moi bos en canto á participación e o número de

persoas seguidoras.

Page 46: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2019 - udc.gal · Documento maquetado por Carmen M.ª Llamas Fernández . INTRODUCIÓN 05 06COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO Proxectos de coñecemento da cooperación

46

MEMORIA DE ACTIVIDADES OCV 2019

Tipografías empregadas

Calibri Light, tamaño 10, 12 e 37 Calibri Bold, tamaño 16 e 18 Futura Md Bt, tamaño 16 e 60

Cores principais empregados

Vermello: RGB 231, 48, 43 | HEX #ea5340 Azul/Turquesa: RGB 97, 182, 175 | HEX #61b6af Gris: RGB 87, 87, 87 | HEX #575756 Gris: RGB 178, 178, 178 | HEX #b2b2b2