marzo-abril 2017 - cofer · 2017. 4. 6. · ferrol “supón no ámbito da innovación unha...

8
Nº 153 Boletín gratuito para os socios de COFER Marzo-Abril 2017 Séguenos Corte de Arbitraje del Noroeste FORMACIÓN Formamos emprendedores da man do IESIDE. Unha iniciativa que pretende potenciar a creación de empresas nas nosas áreas. O emprendemento protagoniza as acción formativas organizadas pola confederación en marzo e abril. Páx. 4 AXENDA Eventos e feiras mono- gráficas profesionais máis interesantes para o empre- sario, programados para as vindeiras datas en Es- paña e Europa. Páx.7 NOVAS OPORTUNIDADES Portugal é o seguinte obxetivo para atraer inversións e proxec- tos ás nosas comarcas. Traballa- mos da man da Asociación de Empresarios Galegos en Portu- gal (AEGAP) nunha estratexia de promoción económica no país veciño. Páx. 3 S U M A R I O S U M A R I O MISIÓN EN EEUU Do 13 ao 16 de marzo pre- sentamos as nosas potencia- lidades xunto a Autoridade Portuaria Ferrol–San Cibrao na Seatrade Cruise Global en Florida (EEUU). Evento mundial de referencia no sector dos cruceiros. Páx. 3 LEXISLACIÓN As últimas novidades lexislati- vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, e entidades empresariais pu- blicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es- tatais Páx. 6 @COFERferrol @COFERferrol SUMANDO FORZAS Estivemos no Parlamento Galego co conselleiro de Economía, Em- prego e Industria avaliando o Plan de Formación para o Naval da Xunta, os novos retos da Industria 4.0 e as ferramentas para apoiar o emprendemento e a innovación. Páx. 2 Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Upload: others

Post on 21-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Marzo-Abril 2017 - COFER · 2017. 4. 6. · Ferrol “supón no ámbito da innovación unha oportu-nidade para o tecido industrial da comarca”. Apoio ao emprendemento. ... través

Nº 153

Boletín gratuito para os socios de COFER

Marzo-Abril

2017

Séguenos

Corte de Arbitraje del Noroeste

FORMACIÓN Formamos emprendedores da man do IESIDE. Unha iniciativa que pretende potenciar a creación de empresas nas nosas áreas. O emprendemento protagoniza as acción formativas organizadas pola confederación en marzo e abril. Páx. 4

AXENDA

Eventos e feiras mono-gráficas profesionais máis interesantes para o empre-sario, programados para as vindeiras datas en Es-paña e Europa.

Páx.7

NOVAS OPORTUNIDADES

Portugal é o seguinte obxetivo para atraer inversións e proxec-tos ás nosas comarcas. Traballa-mos da man da Asociación de Empresarios Galegos en Portu-gal (AEGAP) nunha estratexia de promoción económica no país veciño. Páx. 3

S

U

M

A

R

I

O

S

U

M

A

R

I

O

MISIÓN EN EEUU

Do 13 ao 16 de marzo pre-sentamos as nosas potencia-lidades xunto a Autoridade Portuaria Ferrol–San Cibrao na Seatrade Cruise Global en Florida (EEUU). Evento mundial de referencia no sector dos cruceiros. Páx. 3

LEXISLACIÓN

As últimas novidades lexislati-vas e convocatorias de axudas que afectan ao empresariado, e entidades empresariais pu-blicadas nos boletíns oficiais provinciais, autonómicos e es-tatais Páx. 6

@COFERferrol

@COFERferrol

SUMANDO FORZAS

Estivemos no Parlamento Galego co conselleiro de Economía, Em-prego e Industria avaliando o Plan de Formación para o Naval da Xunta, os novos retos da Industria 4.0 e as ferramentas para apoiar o emprendemento e a innovación. Páx. 2

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Page 2: Marzo-Abril 2017 - COFER · 2017. 4. 6. · Ferrol “supón no ámbito da innovación unha oportu-nidade para o tecido industrial da comarca”. Apoio ao emprendemento. ... través

Conde avalía con Cofer o Plan de Formación no Naval e os apoios ao emprendemento

O plan suporá 170 cursos para persoas desempregadas e ocupadas

e a mellora do Centro de FP Ocupacional de Caranza

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza coa Confe-deración de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Or-tegal (Cofer) na que avaliaron o Plan de Formación para o Naval da Xunta e os novos retos da Industria 4.0, así como as ferramentas das que dispón a Admi-nistración autonómica para apoiar o emprendemento e a innovación. O presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, e os vice-presidentes José Ramón Franco e José Manuel Rilo desplazáronse a Santiago para participar neste en-contro no que abordaron o Plan de Formación no Naval, no que a Xunta investirá 12 millóns de euros entre 2017 e 2018 e que está dirixido a 3.000 profe-sionais co obxectivo de que este sector conte con traballadores mellor preparados. Este primeiro plan sectorial de formación especializada en Galicia supo-rá a realización de 170 cursos para persoas tanto desempregadas como ocupadas. A actuación inclúe, ademais, a modernización de centros formativos en Vigo e Ferrol, tal e como subliñou Conde. En Ferrol mellorarase o Centro de FP Ocupacional de Caranza co obxectivo de renovar os talleres de soldadura, tubaxe, mecanizado e electricidade, entre outros. No ámbito do naval, o titular de Economía salientou a importancia de diversificar o sector cunha aposta conxunta pola eólica offshore. Ao respecto, lembrou que Galicia está a consolidar a súa posición neste eido con contratos por preto de 270 millóns de euros. Tratáronse tamén as iniciativas coas que conta a Administración autonómica para apoiar a innovación e, neste eido, destacou que Ferrol é “un exemplo claro do que significa a innovación levada á industria, concretamente ao sector naval”. Sinalou que o Cen-tro de Innovación e Servizos (CIS) “está a ser o nú-cleo de desenvolvemento da nova tecnoloxía propia do estaleiro moderno —a tecnoloxía 4.0—, a través dun proxecto do que xa se está a beneficiar o con-xunto do naval galego, tanto os estaleiros como a industria auxiliar. Para o titular de Economía o CIS Ferrol “supón no ámbito da innovación unha oportu-nidade para o tecido industrial da comarca”.

Apoio ao emprendemento Con respecto ás ferramentas das que dispón a Xunta para apoiar o emprendemento, Conde puxo en valor a Rede Galega de Aceleradoras, entre as que salien-tou os espazos coworking que a Xunta organiza en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) para axudar ás persoas emprendedoras a con-verter as súas ideas nun proxecto empresarial. Des-tacou ante os empresarios a importancia deste tipo de iniciativas, xa que explicou que son unha oportuni-dade para todos os emprendedores da comarca para definir os seus proxectos e como levalos ao mercado, como foi o caso das 20 persoas que participaron no espazo de Ferrol con 18 proxectos relacionados co turismo, a ecoloxía, a fibra óptica ou os drons, entre outros. Recordou que a segunda convocatoria desta actuación está aberta ata o 10 abril.

Marzo– Abril 2017

De esquerda a dereita, José Ramón Franco, Francisco Conde, Cristóbal Dobarro e José Manuel Rilo na sede do Parlamento Galego .

2

Page 3: Marzo-Abril 2017 - COFER · 2017. 4. 6. · Ferrol “supón no ámbito da innovación unha oportu-nidade para o tecido industrial da comarca”. Apoio ao emprendemento. ... través

3

Marzo– Abril 2017

O 17 de febrerio organizamos un encontro empresarial en Oporto (Portugal) có obxetivo de marca-las liñas dun plan estratéxico de promoción económica das nosas comarcas no país veciño coa co-laboración da Associação de Em-presários Galegos em Portugal (Aegap). No marco do encontro, os empre-sarios de ambas entidades -encabezados polo presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, e o pre-sidente de Aegap, José Aser Cas-tillo Pereira- acordaron intercam-biar un plan de inversións e capa-cidades co obxetivo de atraer inversións. . Nese eido, o presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, explicou os empresarios participantes os ele-mentos determinantes do tecido

produtivo de Ferrolterra, Eume e Ortegal, así coma os principais proxectos de futuro en materia económica. Cofer e Aegap acordaron empezar a traballar na organización dun encontro empresarial co obxetivo

de presentálas oportunidades para a implantación empresarial que ofrecen as nosas comarcas en Portugal. Son xa cuatro as misións comerciais directas cele-bradas fora de Galicia e segui-mos traballando nesta direción.

Na procura de inversións

Representantes de Aegap e Cofer en Oporto.

Cofer establece unha liña estratéxica de promoción económica en Portugal

Luis G. Rey, Cristóbal Dobarro e Julio Hernández na Seatrade Cruise Global .

Seguindo co plan exstratéxico de promoción económica, acompaña-acompañamos a Autoridade Por-Portuaria Ferrol-San Cibrao na Seatrade Cruise Global do 13 ao 16 de marzo, en Fort Lauderdale (Florida). Neste eido, aproveitamos a oca-ocasión para celebrar un encontro empresarial da man da Asociación de Empresarios Galegos en Esta-Estados Unidos (AEGUSA). O xefe do Departamento Comercial da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Julio Hernández, ex-puso os empresarios galegos afin-cados en Estados Unidos o valor estratéxico das instalaciones por-

tuarias de Ferrol pola sua ubicación e c a r a c t e r í s t i c a s . Segundo o presidente de Cofer, a misión foi un éxito grazas os "contactos establecidos con empre-sas que han mostrado su interés en

establecer líneas comerciales a través del Puerto, así como inverso-res interesados en proyectos del sector naval y en propuestas rela-cionadas con el sector de Cruce-ros".

Page 4: Marzo-Abril 2017 - COFER · 2017. 4. 6. · Ferrol “supón no ámbito da innovación unha oportu-nidade para o tecido industrial da comarca”. Apoio ao emprendemento. ... través

Marzo– Abril 2017

A Deputación da Coruña publicou o 4 de abril de 2017 no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de seis liñas de subvencións, dotadas cun orzamento global de 1.735.000 euros e destinadas a apoiar ás confra-rías de pescadores, agrupacións de mariscadoras, asociacións agrarias e labregas e entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolvan accións de pro-moción económica. Neste eido, as liñas de axudas destinadas ás entida-des sen ánimo de lucro da provincia da Coruña que desenvolvan accións de promoción económica contan cun orzamento global de 850.000 euros, dos que 500.000 euros destinaránse a investimentos e 350.000 euros a actividades. Este programa busca financiar, con achegas que irán entre os 600 e os 24.000 euros, accións tendentes ao desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e á hostalaría entre as que se contan a organización de eventos (congresos, exposi-cións, festas de interese turístico, feiras de artesanía,

festas de exaltación de produtos gastronómicos típicos da zona), actividades de dinamización e apoio do co-mercio local, actividades que teñan como obxecto a recuperación de núcleos rurais, recuperación de ofi-cios tradicionais de carácter artesán, etc. No apartado de investimentos, as axudas da Depu-tación estarán orientadas á reforma e mellora dos lo-cais sociais da entidades, implantación de internet no rural, adquisición de material informático e outros equi-pamentos tecnolóxicos como os TPV para á adapta-ción ás obrigas de facturación, mellora das instala-cións eléctricas ou creación e desenvolvemento de páxinas web e aplicacións para móbiles.

As entidades sen ánimo de lucro interesadas poderán

presentalas solicitudes ata as 14,00 horas do 21 de

abril de 2017. Tanto as solicitudes coma a tramitación

posterior, terá que facerse pola vía telemática a través

da plataforma SUBTEL, dende a sede electrónica da

Deputación Provincial da Coruña.

4

Nova liña de subvencións para investimentos e actividades de promoción económica

O prazo de solicitude, na sede electrónica da Deputación da Coruña,

remata ás 14 horas do vindeiro venres 21 de abril de 2017

Page 5: Marzo-Abril 2017 - COFER · 2017. 4. 6. · Ferrol “supón no ámbito da innovación unha oportu-nidade para o tecido industrial da comarca”. Apoio ao emprendemento. ... través

5

Formación para emprender

Marzo– Abril 2017

Unha docena de emprendedo-res das nosas comarcas partici-paron no programa de forma-ción promovido por Cofer e o

Xornada sobre seguridade alimentaria

O xefe do Servizo de Segurida-de Alimentaria da Consellería de Sanidade, José Ángel Vi-ñuela, impartiú unha conferen-cia para empresarios da ali-mentación. Estas empresas están obrigadas a informar aos consumidores de todos os pro-dutos que conteñan calquera dos 14 alérxenos recollidos non Regulamento comunitario 1169/2011: cereais que conte-ñan glute, crustáceos e produ-tos a base de crustáceos, ovos e produtos a base de ovo, pei-xe e produtos a base de peixe, cacahuetes e produtos a base de cacahuetes, soia e produtos a base de soia, leite e os seus

Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empre-sa (IESIDE) co obxetivo de fomen-tar a creación de empresas nas nosas comarcas. Ó longo de tres xornadas de for-mación, os participantes poideron achegarse ó mundo das startups da man do experto Carlos Otero. O profesor do IESIDE fixolles com-prender a necesidade de empren-der centrándose na validación, coñecer en profundidade a meto-doloxía Lean Startup, aprender a compoñer o desenrolo dunha nova idea de negocio en base a experi-mentos Lean Startup, comprender a natureza do MVP (Producto Míni-mo Viable e aprender a diseñar e incluir métricas nos produtos des-enrolados a fin de facer máis ven-dible a solución creada.

derivados, froitos de casca, apio e produtos derivados, mostaza e pro-dutos derivados, grans de sésamo e produtos a base de grans de sé-

samo, dióxido de xofre e sulfitos, chícharos de raposo e produtos a base de chícharos de raposo, e

moluscos e derivados.

O

Impartido polo consul-tor Pablo López, o 16 de marzo a nosa sede (Cantón de Molíns 8-9 entlo) acolleu un obra-doiro gratuito para em-prendedores no eido dun estudo de Oportu-nidades de Negocio no que estamos a traballar có obxetivo de identifi-car novas liñas de em-prendemento na Cultu-ra e o Turismo.

Page 6: Marzo-Abril 2017 - COFER · 2017. 4. 6. · Ferrol “supón no ámbito da innovación unha oportu-nidade para o tecido industrial da comarca”. Apoio ao emprendemento. ... través

6

Lexislación

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA RESOLUCIÓN conxunta do 17 de febreiro de 2017, do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se modifica a distribución de servizos ofertados na Re-solución conxunta do 14 de outubro de 2016, pola que se daba publicidade ao acordo que aprobaba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Em-presa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinancia-dos polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. DOG Nº 45 de 6 de marzo de 2017 RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa opera-tivo Feder Galicia 2014-2020. DOG Nº 45 de 6 de marzo de 2017 RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. DOG Nº 45 de 6 de marzo de 2017 RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2017 pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolu-ción do 19 de xullo de 2016 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvol-vemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. DOG Nº 45 de 6 de marzo de 2017 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA ORDE do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, e se procede á súa con-vocatoria para o ano 2017. DOG Nº 68 de 6 de abril de 2017 EXTRACTO da Orde do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. DOG Nº 68 de 6 de abril de 2017 ORDE do 23 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autóno-mas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se convocan para o ano 2017. DOG Nº 68 de 6 de abril de 2017 EXTRACTO da Orde do 23 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballa-doras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se convocan para o ano 2017. DOG Nº 68 de 6 de abril de 2017 Convocatoria de subvencións e axudas públicas - Extracto da Resolución número 2017/7810 de 13 de marzo, da Presidencia da Diputación de A Coruña, pola que se aproba a convocatoria do programa de fomento pes-quero dirixido as cofradías de pescadores e agrupacioóns de mariscadoras da provincia da Coruña para activi-dades durante o exercicio 2017 (FO027A/2017). BOP Nº 64 de 4 de abril de 2017 Convocatoria de subvencións e axudas públicas - Extracto da Resolución número 2017/7805 de 13 de marzo, da Presidencia da Diputación de A Coruña, pola que se aproba a convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades sin ánimo de lucro da provincia da Coruña, para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2017 (FOENAA/2017). BOP Nº 64 de 4 de abril de 2017 Convocatoria de subvencións e axudas públicas - Extracto da Resolución número 2017/7805 de 13 de marzo, da Presidencia da Diputación de A Coruña, pola que se aproba a convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades sin ánimo de lucro da provincia da Coruña, para inversións de promoción económica duran-te o ano 2017 (FOENIA/2017). BOP Nº 64 de 4 de abril de 2017

Marzo– Abril 2017

Page 7: Marzo-Abril 2017 - COFER · 2017. 4. 6. · Ferrol “supón no ámbito da innovación unha oportu-nidade para o tecido industrial da comarca”. Apoio ao emprendemento. ... través

Marzo– Abril 2017

Axenda GALICIA

IFEMA. Feria de Madrid

RESTO DE ESPAÑA

FIRA DE BARCELONA

Expo Franquicia . Salón Internacional da Franquicia Do 20 ao 22 de abril de 2017 Feria Internacional de Alimentacioón y Bebidas de Calidad Do 24 ao 27 de abril de 2017 OMExpo by futurizz Marketing digital, ecommerce & digital business Do 26 ao 27 de abril de 2017

B-TRAVEL Do 21 ao 23 de abril

OUTROS EVENTOS

EXPOOURENSE

PREVISEL. Salón dea prevención e da seguridade laboral 10 e 11 de maio

BREAKBULK EUROPE

24 a 26 de abril

Amberes (Bélxica) Sector Loxística.

IFEVI

MOTOROCASIÓN 2017. XVII Salón do vehículo usado e de ocasión Do 6 ao 9 de abril

7

FERIA VALENCIA

Vehículo Selección Ocasión Do 7 ao 9 de abril

Turexpo Galicia VII salón Turístico de Galicia 8 ao 11 de xuño

FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA– SILLEDA

Page 8: Marzo-Abril 2017 - COFER · 2017. 4. 6. · Ferrol “supón no ámbito da innovación unha oportu-nidade para o tecido industrial da comarca”. Apoio ao emprendemento. ... través

Integran Cofer:

8

Sección de Empresas Independientes

Edita: Gabinete de Comunicación de Cofer Cantón 8-9, entrechán 981 33 33 22 Mail: [email protected]

Síguenos @COFERferrol

@COFERferrol Corte de Arbitraje del Noroeste

Marzo– Abril 2017

Asociación de Campings do Noroeste

Asociación de Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de Instalaciones Eléctricas

Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Ferrol, Eume y Ortegal

Asoc. Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas

Asociación de Comerciantes Mercado de Recimil

Asociación de Comerciantes Novo Ferrol Asociación de Escolas Infantís de Ferrolterra

Asociación Profesional de Ximnasios e Activida-des Físicas de Ferrolterra

Asociación de Profesionales Inmobiliarios del Noroeste

Asoc. Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de A Coruña

Asoc. de Tecnologías de la Información y la Comunicación de Ferrolterra

Asociación de Jóvenes Empresarios Ferrolterra

Asociación de Empresarios de As Pontes

Asociación de Empresarios de As Somozas

Asociación de Empresarios, Comercian-tes y Hosteleros de Catabois

Asoc. de Empresas Siderometalúrgicas de A Coruña-Comarcal de Ferrol

Asociación Prov. Empresarios Marítimos de A Coruña

Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”