marcelle

2
…A Marcelle! oureo, risas, nervios, algarabía, barifunda , bulla, balbordo…foi toda a bagaxe que precedeu ao momento máxico de subirmos ao autobús. Alí, perfectamente acomodados, e agardando a que Mª Jesús e Fuco iniciasen o reconto dos que iamos, deu comezo a viaxe da ilusión, a viaxe que a moitos de nós non nos deixara durmir esa noite, e a outros si, transportándonos a un lugar idéntico ao que iamos visitar. A un lugar no que os protagonistas do soño eran animais salvaxes que nos infundían pánico porque estaban dispostos a nos devorar do mesmo xeito que nos documentais da televisión, a máis espelida das “cheetas 1 ” dá caza ao incauto cervatiño. -Non falta ninguén. Podemos arrancar. -Aló imos! O condutor, que era portugués e se chamaba Gelàsio, era unha persoa moi afable , levaba tres anos traballando para Travidi e viñera traballar a Galicia por mor da crise. El que era da mesma Lisboa, todas as noites soñaba con volver á súa “freguessía” 2 da alma no propio estuario do río Texo, a escoitar morriñentos fados que, sobre todo nas noites plúmbeas cando o sol xa esvaece , alivian o espírito e visten a saudade con roupas de incribles cores vermellas e verdes, as mesmas que alegran a bandeira de Portugal. Embocamos unha das arterias que dá saída á cidade: a ronda de Nelle e, por ela, saímos da Coruña para entrar na AP9. Por ela navegamos deixando atrás os concellos de Culleredo e Cambre, logo Coirós, Monte Salgueiro, Guitiriz, Parga, Baamonde e moi preto de Lugo, desviámonos cara Outeiro de Rei. A meta estaba moi cerca, a tan só 5 quilómetros, no lugar de San Martín de Guillar. - Preparados para baixar. Eses rapaces e rapazas que vedes embaixo están a agardar por vós. Son os monitores, que intentarán facer desta visita un día distinto nas vosas vidas. Sede educados e atendede as indicacións e explicacións que vos dan. Pasádeo ben e gozade desta preciosa contorna, na que os animais falan. - Bueno Fuco, non te pases. Aínda non puxeramos o pé en terra, cando… - Buahh! vaia fedor! Como cheira! Sen dúbida os cativos e cativas da cidade non están afeitos a ulir o que a natureza nos ofrece. E o que é aínda peor: pensan que a natureza e o seu conxunto de animais e plantas son inodoros, e que se visitan un parque zoolóxico, os animais son seres animados que teñen vida grazas á virtualidade da computadora. Ha, ha, ha…pobres! Comezamos o percorrido e os primeiros exemplares que vimos foron animais propios do deserto: 1 Cheeta =felino da familia do guepardo. 2 freguessía = parroquia. B

Upload: francisco-paz

Post on 10-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Marcelle é un parque natural poboado por animais en estado semi-salvaxe. O texto está pensado para complementar unha "tarefa". Os elementos transversais (xeografía, historia, ciencias, matemáticas...), teñen presenza na mesma. Pode servir como exemplo para moitas das tarefas que se realizan na aula.

TRANSCRIPT

Page 1: Marcelle

…A Marcelle!

oureo, risas, nervios, algarabía, barifunda, bulla, balbordo…foi toda a

bagaxe que precedeu ao momento máxico de subirmos ao autobús. Alí,

perfectamente acomodados, e agardando a que Mª Jesús e Fuco iniciasen o reconto

dos que iamos, deu comezo a viaxe da ilusión, a viaxe que a moitos de nós non nos

deixara durmir esa noite, e a outros si, transportándonos a un lugar idéntico ao

que iamos visitar. A un lugar no que os protagonistas do soño eran animais

salvaxes que nos infundían pánico porque estaban dispostos a nos devorar do

mesmo xeito que nos documentais da televisión, a máis espelida das “cheetas1” dá

caza ao incauto cervatiño.

-Non falta ninguén. Podemos arrancar.

-Aló imos!

O condutor, que era portugués e se chamaba Gelàsio, era unha persoa moi afable, levaba tres anos traballando para Travidi e viñera traballar a Galicia por mor

da crise. El que era da mesma Lisboa, todas as noites soñaba con volver á súa “freguessía”2 da alma no propio estuario do río Texo, a escoitar morriñentos fados que, sobre todo nas noites plúmbeas cando o sol xa esvaece, alivian o espírito e visten a saudade con roupas de incribles cores vermellas e verdes, as mesmas que alegran a bandeira de Portugal.

Embocamos unha das arterias que dá saída á cidade: a ronda de Nelle e,

por ela, saímos da Coruña para entrar na AP9. Por ela navegamos deixando atrás

os concellos de Culleredo e Cambre, logo Coirós, Monte Salgueiro, Guitiriz, Parga, Baamonde e moi preto de Lugo, desviámonos cara Outeiro de Rei. A meta estaba moi cerca, a tan só 5 quilómetros, no lugar de San Martín de Guillar.

- Preparados para baixar. Eses rapaces e rapazas que vedes embaixo están a agardar por vós. Son os monitores, que intentarán facer desta visita un día distinto nas vosas vidas. Sede educados e atendede as indicacións e explicacións que vos dan. Pasádeo ben e gozade desta preciosa contorna, na que os animais falan.

- Bueno Fuco, non te pases.

Aínda non puxeramos o pé en terra, cando…

- Buahh! vaia fedor! Como cheira!

Sen dúbida os cativos e cativas da cidade non están afeitos a ulir o que a natureza nos ofrece. E o que é aínda peor: pensan que a natureza e o seu conxunto

de animais e plantas son inodoros, e que se visitan un parque zoolóxico, os animais son seres animados que teñen vida grazas á virtualidade da computadora. Ha, ha, ha…pobres! Comezamos o percorrido e os primeiros exemplares que vimos foron animais propios do deserto:

1 Cheeta =felino da familia do guepardo. 2 freguessía = parroquia.

B

Page 2: Marcelle

- Olla para aí: uns camelos! - Son dromedarios. Son da familia dos camélidos pero cunha soa xibia. - Vale, pecha o pico… sabido! Roi o “sabelotodo”, dixo toda descortés a

súa compañeira Lusca.

Seguindo o percorrido vimos Cobos, Renos, Cervicapras e un mamífero moi parecido á Llama, chamábase Guanaco. Alí estaba o Fuco facéndolle unha foto a Mª Jesús mentres provocaba o Guanaco a ver se chuspía.

Seguimos avanzando e intentamos ver os linces; pero nada, meu rei! Os linces só os ves cando eles queren. Desde un miradoiro observamos coma os osos, quizais por falta de espazo, están aburridos dabondo facendo mini-viaxes sempre polo mesmo sitio. Aínda que iso si: o baño non llelo quita ninguén.

Veciños deles, os lobos patrullaban na procura dalgún incauto como o raposo ao que lle puidesen meter man. Pero non o tiñan doado, non.

- Eh, mirade o pai de David! Exclamou facéndose o simpático Lacatus. - Será o teu. Ceiboulle certeiro e veloz, o ofendido. - Vale, vale…dixo a monitora. Ese animal da familia dos cérvidos chámase

“Cervo do pai David”. Continuamos cara os bisontes e, durante uns metros, camiñamos paralelos

ao río pai da nosa xeografía: o río Miño. As súas augas murmuradoras e relaxantes

convidáronnos a deixar voar a nosa imaxinación e, por un momento, pensar que estabamos na Galaecia romana a contemplar coma as lexións de César non eran quen a cruzar o río máis singular do país chamado por Álvaro Cunqueiro: “o País dos mil ríos”. Os bisontes que mudaban a pel, os tímidos mapaches, o ourizocacho máis grande que tiña visto, os ovos de avestruz tan grandes como a cabeza dun que me sei eu…a coiraza impenetrable dun armadillo durmiñón, as espelidas suricatas, as pousonas capibaras, capuchinos e lémures deixaron paso a un descansiño no que puidemos xantar. Dirixímonos á zona recreativa e…

- Home! Que tal MªJesús? Que tal Fuco? - Trabucádesvos, eu non son Fuco. Son un animal. - Si. Ha, ha, ha…un koala! - Non, non…Son un oso preguiceiro que estou a rubir por esta aciñeira. - Vale, vale…”cada louco co seu tema”. Abur, oso preguiceiro! Ha, ha, ha…

Mentres xantabamos, un gracioso que temos na clase, advertiunos. - Ollade para alí, aquel si que é Fuco. Monitora: que animal é aquel que

temos enfronte? - Chámase o burro fariñeiro. - Ese, ese si que é Fuco, mirade como se parece. É idéntico: os mesmos

ollos, o pelo canoso, o bigote no fociño… - Ha, ha, ha… Os sitatungas, as avestruces, os elands, os cuvieri, unha cebra moi rara

porque semellaba ser unha cebra dobre… - Mira que es parvo, rapaz! Non ves que está a montar outra cebra!

Aspirante a calamidade! Todos estes animais nomeados completaban o miradoiro de África. Os

canguros ananos e mais o pavo real, as ocas, o marabú e o cisne, remataron a nosa viaxe pola fauna internacional de Lugo. Algúns de nós mercamos uns agasallos para traermos como testemuño do

día, embarcamos no autobús e rumbo ao colexio. Ao que chegamos un pouco antes da saída cotiá e que serviu para gastar as derradeiras enerxías antes de írmonos para casa. Marchamos entre moi alegres e algo tristes porque ao día seguintes tiñamos un control de Coñecemento do Medio.

- Vaites, vaites…Dixo máis de un e unha: este Fuco non perdoa!

“Descubrindo Marcelle”. Fuco Paz Souto