maoríes. juan zaldive

11
O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo 1 O home no seu mundo IES de Ames. Educación para a Cidadanía. Juan Zalvide Pombo. 2º ESO D.

Upload: eva-garea

Post on 24-Jan-2018

1.256 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

1

O home no seu mundo

IES de Ames.

Educación para a Cidadanía.

Juan Zalvide Pombo.

2º ESO D.

Page 2: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

2

O pobo Maorí é un pobo Polinesio asentado no que actualmente é Nova Zelanda. Estas xentes desenvolveron una cultura fascinante e única polo illamento do arquipélago co resto do mundo, desde a súa chegada ás illas ata a chegada dos europeos a finais do século XVIII. Para a civilización moderna moderno a súa cultura tradicional pode resultar un tanto ou moi primitiva debido á súa forma de vivir e a que as ferramentas tradicionais que eles utilizaban distaban moito de estar tan avanzados tecnoloxicamente como as europeas. Pero non é todo así, desenvolveron técnicas de caza e pesca moi efectivas e tiñan e seguen tendo un gran coñecemento do medio que os rodea.

Este medio ao que me estou a referir corresponde ás illas da actual

Nova Zelanda coñecida polo pobo Maorí como Aoteraoa que significa na nosa lingua ´terra da gran nube branca`. Estas illas están situadas no suroeste do océano Pacífico e pertencen ao continente de Oceanía. Referíame anteriormente ao seu illamento xeográfico xa que están a dous mil quilómetros ao sueste da poboación humana significativa, Australia e a máis de mil da illa máis próxima, de moi pequena extensión. Actualmente o estado neozelandés é un dos países máis avanzados do mundo social e tecnolóxicamente, o que contrasta coa primitiva cultura dos maoríes. Con respecto á poboación este pobo só representa o doce por cento da poboación actual do estado, unhas cento sesenta mil persoas. Nas illas a poboación maorí non está repartida homoxeneamente por todo o territorio, senón que habita segundo os asentamentos tradicionais das principais tribos que corresponden á illa norte e dentro dela aos extremos noreste e noroeste e aos territorios do centro-oeste.

O relevo destas illas non ten nada de extraordinario aínda que é

impresionante, en cambio a biodiversidade si que é especial e única no planeta con seres vivos non coñecidos polo mundo ata o descubrimento deste territorio, isto é debido ao illamento do arquipélago respecto a outros territorios. En relación ao relevo, na costa destacan os grandes acantilados formados polas ondas que provocan as frecuentes borrascas na zona e as praias formadas pola erosión conformando unha costa semellante á galega. No interior destacan as terras con relevos de baixa altura recubertos de vexetación, a excepción dos Alpes do Sur, na illa sur con grandes relevos que superan os 3000 metros sobre o nivel do mar, e chegando aos 3754 no monte Cook, denominado Aoraki no idioma maorí . Debido ao clima abundan os ríos que levan moita forza nos seus nacementos nas montañas e forman grandes canóns con rápidos e cascadas impresionantes.

Page 3: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

3

O relevo ten un papel moi importante na biodiversidade. Na

poboación vexetal xoga un papel moi importante a altitude aínda que predomina o bosque oceánico, que consta de especies de árbores de folla caduca e dun tupido sotobosque formado por arbustos, fentos e herbas. No tocante á fauna, no mar existe una gran cantidade de peixes que conviven cunha grande poboación de focas e de elefantes mariños así como una gran cantidade de aves que habitan nos acantilados. Nas épocas migratorias pasan polas súas costas gran cantidade de cetáceos. No interior destaca o kiwi, unha ave endémica de Nova Zelanda non voadora, que consta dun grande pico co que atrapa insectos no chan.

Para que neste territorio se encontre esta biodiversidade e para que

se forme este relevo teñen que darse unas condicións climáticas determinadas. Neste territorio dáse o clima oceánico típico tamén caracteístico de Galicia, caracterizado polas abundantes precipitacións, entre 1000 e 1200mm ao ano e por ter invernos e veráns suaves sen grandes xeadas nin grandes vagas de calor. No verán a temperatura mínima é duns 12ºC e ao longo do día non rebasa os 21ºC. Nos meses desta estación as precipitacións roldan arredor dos 70mm e as horas de luz son aproximadmente 240. No inverno a temperatura mínima diaria é duns 6ºC e a máxima rolda entre os 11 e os 12ºC. Nesta época do ano caen uns 140mm de auga ao mes e hai arredor de cen horas de luz. No inverno, nas zonas máis meridionais poden rexistrarse abundantes nevaradas.

Os primeiros humanos que chegaron a estas terras eran polinesios

que non estaban acostumados a este clima pero adaptáronse rapidamente. Chegaron en canoas a través do océano e aínda hoxe en día é difícil de explicar como puideron atravesar tan grande extensión de auga. Os polinesios están extendidos por boa parte de Oceanía. As características físicas e antropométricas deste pobo sdistínguese claramente. Son morenos de pel e adoitan ter o cabelo negro, pero pode variar a outros tons de cor escura. Tenden á obesidade coa comida occidental debido á grande cantidade de graxa que teñen carnes como as porcinas e as bovinas, pero non coa súa propia dieta, máis saudable. A estatura media dun home adulto e de algo máis que 1,70m e o seu peso é de arredor de 70-75kg. Estes humanos denomínanse a si mesmos Maoríes que no noso idioma significa normal, natural, ordinario e tamén local, as veces tamén son denominados Tangata Whenua que significa “xente da terra”. Estas xentes tamén desarroiaron una lingua propia o Te Reo que pertence á rama das polinesias do leste. Esta

Page 4: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

4

lingua é parecida en todas as zonas das illas pero hai variacións dialectais entre os diferentes territorios, sobre todo entre a illa norte e a sur.

Os maoríes divídense a súa vez en

diferentes grupos. Están fragmentados en grandes tribos chamadas Iwis. Cada una destas tribos conta cun territorio delimitado e está formada por persoas cunha mesma ascendencia. A poboación destes grupos é moi variable e pode ir dunhas centos de persoas a máis de cen mil en casos extremos sendo o Iwi Nagapuhi, no noroeste da illa norte, o que máis poboación alberga con arredor de 120000 habitantes. No mundo moderno moitas das persoas pertencentes a un Iwi xa non viven no territorio tradicional senón que se desprazaron por traballo ou outros motivos ás grandes cidades. Á súa vez estes extensos grupos divídense en Marae, que son poboacións que forman parte dun mesmo Iwi. Cada Marae ten un centro relixioso arredor do que se organiza o poboado onde é levada ao cabo a vida social.

Cada unha destas pequenas tribos estaba gobernada por un xefe que

organizaba a tribo, facía de xuíz e dirixía aos guerreiros en caso de producirse unha das frecuentes guerras contra unha tribo inimiga. Na sociedade maorí a muller non podía chegar a ser xefa pero podía ostentar un gran poder e conseguir o respecto que o líder profesaba a calquer home de alto rango. Cada Marae estaba dividida en varios grupos familiares, os Whahanu, que constaban dun home maior e a súa parella, os seus fillos, as esposas destes e os posibles netos do patriarca. Cos casamentos entre familias dúas delas podían chegar a fusionarse, e así sucesivamente, ata chegar a formar familias moi extensas. Actualmente estas familias seguen existindo pero tan só teñen un significado simbólico e xa non viven todos os compoñentes xuntos como era tradición.

Nos poboados atopamos as

vivendas tradicionais maoríes, construídas con madeira, denominadas Wharenui. A vivenda é comunal e está situada no centro dos Maraes. Cada edificio representa a un ancestro ou a un ser mitolóxico e leva o seu nome; ademais a estrutura está totalmente recuberta de relevos que representan imaxes místicas e da figura á que está dedicada. A vivenda é sagrada polo que os ritos relixiosos realízanse dento ou arredor dela. A estrutura é alongada e

Page 5: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

5

cada zona representa a unha parte do corpo do ser ao que o edificio está dedicado. Ten un só piso que está dividido en dúas salas utilizadas para xuntas sobre o goberno, para recibir a visitantes e para realizar os ritos sagrados. Sobre as salas sitúase un tellado que normalmente é de color vermello e a dúas augas para evitar a acumulación de auga na parte superior xa que no clima oceánico as precipitacións son abundantes.

Tradicionalmente no poboado todo o mundo participaba na

organización da vida e facía tarefas útiles para a subsistencia do poboado. Unha destas tarefas era a procura de alimentos, sen os que, naturalmente, o grupo non podía subsistir. Existían varias formas para obter comida como a recolección de plantas comestibles e froitos no medio natural, a pesca, a caza e a agricultura. Os maoríes practicaban as catro.

Unha das máis importante era a pesca, actividade denominada Te hi

ika polo pobo maorí. O pescado era e segue sendo unha das bases da súa alimentación, quizais un dos alimentos máis consumidos. A pesca considerábase unha actividade sagrada e tiña un gran significado relixioso. Ademais os maoríes son moi supersticiosos e tiñan un calendario cos días propicios e cos días catastróficos para levar ao cabo esta actividade. Para a atrapar peixes contaban cunha gran variedade de ferramentas entre as que destacaban os anzós de madeira con punta ósea atados a unha corda feita con fibras vexetais e as redes feitas tamén con fibras vexetais. Tamén cazaban as focas que poboan as praias para conseguir a súa graxa, óso para fabricar ferramentas, dentes para facer arpóns, pel illante térmica e impermeable e carne con altos valores nutritivos. Para cazar estes grandes animais utilizaban arpóns con punta ósea.

Para o transporte durante a pesca utilizábanse as canoas

denominadas Wakas. As canoas son barcos alongados propulsados por remeiros. As canoas utilizadas para a pesca eran de pequeno tamaño, pero estas embarcacións podían ter outros usos como o de transporte dun poboado enteiro dunhas illas a outras ou incluso grandes viaxes transoceánicas como o que levou aos maoríes a descubrir Aoteraoa.

Page 6: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

6

As canoas utilizadas para esta actividade son enormes, teñen ata oitenta remeiros e uns corenta metros de eslora e van decoradas con motivos relixiosos e mitolóxicos así como identificacións da tribo correspondente.

Pero volvendo á cuestión da procura de alimento hai que dicir que os

maoríes non só pescan peixes senón que tamén cazan en terra firme. Pero as súas presas eran só aves, algunhas voadoras e outras, como o kiwi e o xa extinto moa, unha enorme ave non voadora e carnívora que era a especie terrestre dominante nas illas ata a chegada dos humanos, non voadoras. Atrapábanas de diversos métodos: cunha corda arredor do pescozo ou dos pés, se eran pequenas capturábanse nos niños pola noite, mediante trampas colocadas nas árbores (unha especie de caixas) e se eran moi grandes, como os moa, con lanzas. Os paxaros, a parte de proporcionar alimento tamén proporcionan as plumas que son utilizadas para confeccionar as vestimentas tradicionais porque son illantes térmicas e ademais moi vistosas.

Pero non todos os alimentos eran sacados directamente da natureza.

Tamén cultivaban vexetais. A especie máis cultivada era un tubérculo propio da illa norte e do norte da illa sur, o Kumara, que poderíamos definilo como unha pataca pero cun sabor moito máis doce. Os campos eran fértiles pero ao cabo de varias colleitas desfertilizábanse, e como non tiñan ningún produto para que a terra volvera a ser produtiva o que facían era queimar os campos. Esta pataca xunto co pescado, os paxaros e os vexetais recolectados constitúen a dieta maorí, que hoxe en día moitos nativos seguen consumindo. O método tradicional de cociñar é asar o alimento mediante un forno escavado na terra, o hangi. En ocasións este forno pode quentarse coa calor de fontes termais.

O medio non proporciona só alimento

senón tamén materiais para a confección da vestimenta para combater o frío e as precipitacións. A vestimenta tradicional maorí é un manto posto polos ombros que cubre ata unha altura entre os xeonllos e os pés. Non ten mangas nin perneiras, o que dificulta a mobilidade. A prenda está feita con fibras vexetais de plantas propias da zona e recuberta con plumaxe que fai de illante térmico, de impermeable e dálle ao traxe vistosidade. Nos meses máis calorosos poden ir cubertos tan só por un taparrabos

Page 7: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

7

confeccionado con fibras vexetais.

A inmensa maioría dos maoríes, mesmo os homes, complementaban a vestimenta con abundantes xoias que hoxe en día séguense usando, incluso os non maoríes. As xoias que máis se fabrican son os colares e os pendentes feitos predominantemente de xade e en menor medida de óso e perlas. Coa chegada dos europeos tamén se introduciron os metais preciosos, principalmente prata. As alfaias non son simplemente para parecer máis guapos, sobre todo na antigüidade, cando este pobo non estaba integrado na sociedade moderna. Tiñan un significado espiritual, críase que traían bos presaxios, representaban a divindades, daban protección e transferían forza aos guerreiros antes da batalla.

Outra forma de adornar o corpo era mediante as tatuaxes,

denominadas ta moko, que hoxe en día séguense utilizando e poden chegar a recubrir todo o corpo. Comezábanse a facer a unha idade moi temperá, arredor de oito anos e íanse renovando ao longo de vida. Tradicionalmente facíanse con puntas de óso de albatros impregnadas de tinta que se cravaban na pel en diferentes puntos para ir debuxando a tatuaxe. Servían para marcar unha xerarquía dentro da tribo e identificaban a cada individuo, xa que cada tatuaxe ten un deseño único. Ademais teñen significado máxico e relixioso e na cultura maorí críase que con eles podíase burlar á morte. Outra función era a de asustar ao inimigo na batalla.

Pero aínda hai máis, nas cerimonias e ritos e tamén antes da batalla

utilizábanse unhas fermosas, feras e expresivas máscaras. A fabricación destas máscaras é unha actividade aínda practicada hoxe. Están feitas cun anaco de madeira tallado cun cincel e coloreado con pigmentos naturais. Estas máscaras teñen un significado espiritual e poden representan: a persoa que as leva postas reproducíndose nelas tatuaxes que leva fielmente; tamén poden representar animais; e por último, deidades, aínda que estas últimas non son representadas frecuentemente en máscaras senón en grandes esculturas. Outra función, como as tatuaxes, era a de amedrentar aos inimigos e a de mostrar poder ante eles.

Estas non son as únicas formas de amedrentar e de manifestar poder

ante as tribos inimigas. Seguramente a máis efectiva e, desde logo, a máis coñecida sexa a de bailar a danza de guerra tradicional, a Haka. Esta danza era bailada polos guerreiros antes da batalla, hoxe en día tan só se baila en cerimonias a falta de guerras entre tribos. Os movementos da danza son vigorosos para mostrar forza, estes movementos van acompañados dun

Page 8: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

8

golpeo rítmico dos pés contra o chan e con percusión corporal. No baile as expresións faciais son desafiantes, como por exemplo poñer os ollos en branco e a lingua fóra. Esta danza fíxose mundialmente famosa ao ser bailada antes de cada partido polo equipo nacional de rugby neocelandés, os All Blacks, un dos mellores conxuntos deste deporte do mundo. Esta práctica deixa boquiaberto ao rival e quizais axude a gañar os partidos.

Xa dixemos que hai referencias a persoaxes mitolóxicos e a

simbolismos. A súa cultura ten unha grande cantidade de lendas e mitos que se transmitían oralmente mediante poesía e prosa narrativa ou materialmente con máscaras e bastóns e actualmente por escrito. Estes mitos están ambientados no pasado remoto e contan historias sobrenaturais e incribles como: a idea maorí sobre como se creou o universo e o mundo, da que falarei máis adiante; a orixe dos diferentes deuses, a súa historia e a creación das persoas; a explicación de fenómenos naturais como o clima e a formación da paisaxe; a creación do mundo animal e vexetal; a creación do sol, da lúa e das estrelas; e moitos máis.

Un destes mitos conta a orixe dos deuses. O panteón maorí conta

con seis deuses principais que segundo a tradición son irmáns, son representados tradicionalmente con bastóns tallados de diferente maneira para a representación de cada un deles, ou mediante esculturas talladas en madeira. Estas seis deidades son: Tumatuenga, deus da guerra e do reino humano, e o deus máis poderoso; Tawhirimatea, é o deus do clima e dos fenómenos meteorolóxicos; Tane, divinidade do bosque e dos paxaros; Tangaroa, deus do mar e do peixe; Rongo, deus do alimento cultivado, é dicir, da agricultura; e por último Haumia-tiketike, deus do alimento non cultivado que provén directamente da natureza.

Un dos mitos maoríes no que participan os deuses é o que explica a

orixe do universo, o mito de Rangi e Papa. Na cultura maorí Ranginui é o pai do ceo e Papatuanuku é a nai da Terra. Un día Rangi e Papa uníronse nun forte abrazo, polo que a Terra e o ceo quedaron unidos. Tras esta unión tiveron seis fillos varóns, os deuses. Co paso do tempo algúns deuses volvéronse hostiles contra os seus pais e querían separalos e incluso matalos. Ao conseguir separalos enfadaron aos outros, o que provocou unha guerra

Page 9: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

9

entre deuses. No medio dunha batalla, Tumatuenga, un dos partidarios de separar aos seus país, come a todos os seus irmáns e forma o mundo terrestre tal e como o coñecemos. O único deus ao que Tamatuenga non come é a Tawhirimatea, deus do clima e dos fenómenos meteorolóxicos. Aínda hoxe estes dous deuses seguen batallando e Tawhirimatea manda as borrascas e os furacáns para destruír o mundo do seu inimigo.

Por isto e por moito máis os maoríes son un pobo fascinante. Forman unha sociedade moi complexa, xa que teñan grandes grupos e a súa vez poboados máis pequenos organizados perfectamente, a pesar das frecuentes guerras que mantiveron entre eles en tempos máis antigos. Dentro destes poboados a vida está organizada á perfección en diferentes actividades, entre as que destaca a pesca, sendo o pescado unha das bases da súa alimentación. Outra actividade á que se dedican é á creación de arte, a forma material da súa cultura. Unha cultura única debido a que este pobo non estivo en contacto con outros humanos en moitos anos. Todas estas características definen aos maoríes, un pobo que non é como outro calquera.

Page 10: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

10

BIBLIOGRAFÍA Non encontrei demasiada información nin en galego nin en castelán, polo que tiven que buscar en inglés, xa que nese idioma hai moitísima información.

Wikipedia the free enciclopedia

.en.wikipedia.org/wiki/Maorí-people:nesta páxina

hai aspectos xerais da etnia e da súa organización. en.wikipedia.org/wiki/New-Zeland: encontramos

aspectos do territorio, do clima, da flora e da fauna.

en.wikipedia.org/wiki/Wharenui: páxina dedicada

unicamente á vivenda tradicional, con moita

información. en.wikipedia.org/wiki/Waka-(canoe): información

sobre as canoas, tanto de pesca como de transporte. en.wikipedia.org/wiki/Maori-traditional-

textiles:dirección web dedicada á vestimenta

tradicional maorí. en.wikipedia.org/wiki/Maori-language: esta

páxina está dedicada a súa linguaxe. en.wikipedia.org/wiki/Maori-mithology: mitos

maoríes, orixe do mundo, dos deuses... en.wikipedia.org/wiki/Haka: páxina onde explica

qué é a Haka e como se realiza. en.wikipedia.org/wiki/Rangi-Papa:artículo da orixe

do universo segundo os maoríes, ben escrito.

Te Ara enciclopedya: é unha enciclopedia dedicada

exclusivamente a Nova Zelanda que ten moita información, é

moi útil. www.teara.govt.nz/en/te-hi-ika-maoro-fishing:

método de pesca tradicional. www.teara.govt.nz/en/te-tahere-manu-bird-

catching: explicación da caza maorí de paxaros.

www.teara.govt.nz/en/wahanu-maori-and-

family: extenso e moi informativo texto sobre a familia

maorí.

Page 11: Maoríes. Juan Zaldive

O home no seu mundo. Os maoríes. Juan Zalvide Pombo

11

www.boneart.co.nz: esta páxina contén moita información

obre todos os tipos de arte tradicional.

Maorisource.com/Maoritattoing.htm: nesta páxina se

pode encontrar todo o relacionado coas tatuaxes.

www.squidoo/Maori-wood-carvings: moita información

sobre máscaras, así como de esculturas feitas de madeira, moi

interesante.