manuel lourenzo

8
Manuel Lourenzo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados

Upload: asnosasletras

Post on 24-May-2015

303 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Manuel lourenzo

Manuel Lourenzo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Page 2: Manuel lourenzo

A miña vida no Valadouro, entre os anos 40 e 50 do séc. XX, foi a de calquera outro neno, da clase que chamamos media, no duro franquismo. Para fuxir: a bicicleta, os armadoiros, os acampamentos e batallas, o cinema, a lectura... O calor nas casas frías e con pouca luz. E, no verán, os baños... A infancia marca sempre. Eu comecei a escribir moi novo, con menos de dez anos: pequenos relatos, algún poema. A facer á man deseños para un daqueles "cines" Nick, e mesmo a traballar nalgunhas "veladas", daquela tan frecuentes...

Manuel Lourenzo

1. Como lembra Vostede aqueles seus primeiros pasos da vida por Lugo e aquela realidade social que envolveu a súa xuventude? Marcou dalgunha maneira este ambiente o seu devalar futuro e o seu pensamento?

2. Como se pode xustificar que Vostede estivese de contino creando novos grupos teatrais (O Facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Compañía Luís Seoane, Elsinor-Teatro...)? Son simplemente pasos progresivos ou é que diversas circunstancias foron ocasionando a desaparición dun grupo e a necesidade da aparición doutros?

Os grupos teatrais nacían cando podían nacer -sen recursos e, ás veces, sen legalizar- e morrían cando había que pasar a outra cousa. Se ese proceso era ascendente ou non, eu non sabería dicir. Progresivo, evidentemente.

3. Don Francisco Pillado (tamén entrevistado no noso centro) aparece arreo ao seu carón, especialmente no apartado ensaístico. Que papel xoga esta parella para o teatro galego do século pasado e da actualidade?

Pillado e mais eu temos un vínculo moi forte: o que vén da súa casa patrucial, onde eu, en grande parte, me formei, recén chegado á Coruña; o bacharelato e a necesidade de intervirmos na cultura, ou a través da cultura, naquel mundo que todo pretendía negar... Moviámonos entre o existencialismo e os clásicos, entre a cultura silenciada e as vangardas, nomeadamente as francesas, que tanto influíran, por outra parte, nos primeiros gromos do teatro galego da posguerra... Lealdade é unha boa palabra para celebrar unha amizade de bastantes anos xa.

Estudo teatral CasaHamlet e grupos de teatro.

Page 3: Manuel lourenzo

As Mostras de Ribadavia foron a mellor plataforma para un teatro galego sen escrúpulos nin castes. Alí xuntábase moito teatro "vocacional" con non tanto "teatro independente". Criticábase, por unha parte, o "ruralismo" e, pola outra, o "vangardismo". O teatro galego procuraba, en Ribadavia, non tanto a súa instalación, canto unha definición que o apoderase para se lanzar con forza contra o tecido social, que non na contra; para intervir, agora sen complexos, na realidade do país. Por que en Ribadavia?, preguntábanse algúns, tan lonxe de todas as cotas? A capital do viño e das caixas dos mortos? Dos xudeus e das violentas asonadas? Onde, senón, se podería refuxiar -matino eu- a banda aquela de inconformes, tan urxidos de intervir, de falaren ben alto e en galego, por fin, e para todos? Podería dicirse que o teatro independente -libre, ubicuo, autoxestionado, metafórico, pobre, rico, expresivo e rompedor- foi o berce do actual teatro galego. Rachou co mito -interesado, representativo da covarde burguesía de mesiña e braseiro- do "teatro para ler" que, como aberración, non tiña límites... Hoxe, o teatro independente é un referente histórico, non máis. Houbo moitos fantasmas nas décadas posteriores, as da abundancia, que levaron o teatro por camiños ben diversos. Mesmo chegaron a ser valoradas pola prensa as toneladas de escenografía como dados favorábeis. Agora, nestes tempos, toca reflexión e replantexamento. Mais non hai que despistarse. Pois xa están aí os "mercados", prontos a terminaren con todo.

Manuel Lourenzo

4. Que importancia tiveron, e seguen a ter, as “Mostras de Ribadavia” para o noso teatro contemporáneo? Que importancia tivo e ten na actualidade para a nosa dramaturxia o teatro independente? Pode existir unha dramaturxia sen teatro independente?

5. Os “Cadernos da Escola Dramática Galega” marcaron un cume e unha referencia para o noso teatro. Que papel xogaron estes cadernos? Poden ser os Cadernos de Edicións Fervenza da Estrada “Colección a Pinguela” (Vostede figura nesta colección con tres obras) un reflexo, aínda que a outro nivel, daquela senlleira empresa cultural?

Os Cadernos da E.D.G. son un bo referente de como facer as cousas cando o diñeiro non sobra, e a E.D.G., un bo modelo de como vendelas, aproveitando as funcións e calquera outro evento relativo á actividade teatral: conferencias, exposicións, feiras etc. Para alén diso, os Cadernos estudaron o noso teatro desde moitos ángulos, publicaron autores de varias xeracións, connectáronnos con outras dramatuxias e ideoloxías teatrais... O seu valor neste campo, é inmenso, e non debera estrañar que de aí saísen outros regos, como os "Cadernos de Teatro", dirixidos tamén por Pillado, cuxa última versión publica aínda Laiovento, ou A Pinguela, da Estrada, un modelo do que pode -debe- facerse a partir das propias bases...

Manuel Lourenzo e Pancho Pillado

Page 4: Manuel lourenzo

A verdade é que ás veces dubido de cal é o meu nome. E non me importa. Entre Manolo e Melgacho, non sabería escoller. No mar, auga por baixo; na terra, auga por riba...

Manuel Lourenzo

6. A súa aparición principal nunha serie televisiva foi na celebrada serie de “Mareas Vivas”. Como lembra Vostede aquela serie tan elaborada desde todas as ópticas? Aquel personaxe de “Melgacho” segue a ser a súa sombra ou o seu “alter ego”?

7. Vostede nas súas obras teatrais abordou os máis variados temas, pero sen embargo vemos que o tema da “literatura clásica” especialmente grega está moi presente. Como se pode xustificar esta inclinación temática?

No teatro grego xa está todo. Está, fundamentalmente, o espazo, onde o mundo respira: a praza pública, con estrado para os artistas -actores, músicos, danzantes- e bancadas para os espectadores. E alí, os temas de interese para, de e sobre a colectividade. Moitas cousas nacen desa conxunta -leis, acordos, ideas, condicións etc.- para uso dos gregos daquel tempo e dos humanos de todos os tempos. Este teatro que chamamos clásico ten, para alén diso, outra virtude: a de servirnos de referencia cando as cousas comezan a se torceren.

8. Que supuxeron para o noso teatro as traducións de importantes obras dramáticas noutros idiomas, moitas saídas da súa pluma? Poden suplir a falta de teatro propio ou ben enriquecer estas traducións á nosa dramaturxia contemporánea?

No meu caso, as traducións foron e son un reto persoal: pretendo encontrar, na miña lingua, esas vetas fantásticas que aparecen nas orixinais: Un acento, un silencio, unha música... Traducir é o máis difícil para min. Outra cousa son as recreacións, cuxo centro de atracción non é a linguaxe, e que serven para rexenerarse, rexuvenecer... Non, non suplen a carencia de teatro propio, mais constitúen para este un osíxeno imprescindíbel.

Manuel Lourenzo nunha escena de Mareas Vivas

9. Como ve vostede o futuro da nosa dramaturxia? E da nosa cultura?

Iso é moito preguntar. Haberá unha dramaturxia sen país? Ou un país sen dramaturxia? Estamos absolutamente decididos a sermos un país? A termos unha cultura? A defendernos da barbarie e crecermos como humanos intelixentes e conscientes nun país chamado Galiza? Ser ou non ser. Eis a cuestión principal. Na resposta está a ilusión. Ou o desespero...

Page 5: Manuel lourenzo

Manuel Lourenzo

10. Na Estrada naceu un dos meirandes escritores teatrais do século XX, don Manuel Daniel Varela Buxán. Que lembranzas ten vostede deste dramaturgo? Que importancia tiveron Vostede e don Francisco Pillado para a actualización na Galiza deste esquecido dramaturgo á súa volta da emigración?

Varela Buxán foi un dos mellores amigos. Home xeneroso, entregado sempre ás mellores causas. Antes de coñecelo, xa estudara o seu traballo teatral en Buenos Aires con Tacholas, Maruxa Villanueva... E faláranme del Seoane, Blanco Amor, Isaac Díaz Pardo... Reuninme con el moitas veces, nos primeiros tempos. E mesmo, pouco antes de morrer Franco, celebraramos a presenza onda nós de Fernando Iglesias "Tacholas", coa representación dunha xornada d'Os vellos..., de Castelao, en Sada, polo Teatro Circo, con Tacholas como protagonista e elementos escenográficos realizados polo propio Luís Seoane. O patrocinio, como sempre, de Isaac... Tamén asistiran os dous -Varela Buxán e Tacholas-, que tanto teatro fixeran para a emigración galega na Arxentina, a varias representacións do T.C., que lles parecían dunha modernidade que casaba pouco coa idea que eles traían -conservaran - dunha Galiza "rural e mariñeira", as únicas visíbeis nos seus tempos... Xa nos últimos anos, visiteino algunha vez en Cercio ou concidiamos en Lalín, con motivo dalgunha función. Mais quen realmente tivo un contacto perenne, estreito, foi Pillado, que con Noli, a súa muller, o visitaba con frecuencia... Creo que a súa obra teatral debera ser estudada no seu contexto e publicada novamente.

11. Vostede que recibiu enormes recoñecementos, especialmente personalizados en premios, que pensa destes premios? Cumpren un papel importante ou pola contra non supoñen un superior incentivo para o noso teatro actual?

O mellor premio para un dramaturgo é ver a súa obra no palco. Mais como eso non acontece case nunca -a non ser que subas ti, o propio autor-, non veñen mal as honras secundarias. Eu agradezo moito os premios. Lémbranche que existes ou, cando menos, que estás vivo, que non es aínda un fantasma... E axudan a subsistir. Son sempre unha alegría e agradécense até a próxima convocatoria. Os premios de teatro son imprescindíbeis. Se non, de que íamos vivir os autores?

Page 6: Manuel lourenzo

CUESTIONARIOPortada dunha obra de Manuel Lourenzo

Nin Esquilo, nin Shakespeare, nin Mozart, nin Cézanne, nin

Meyerhold, nin Kantor... son estranxeiros para min. Ninguén nos pode

dividir nin distanciar. A Torre de Babel é unha demostración da divina

impotencia a ese respecto.Manuel Lourenzo

Page 7: Manuel lourenzo

Os círculos de pedra

do Xistral.

Un monumento

salientábel?

Alvaro Cunqueiro:

"Don Hamlet".

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Unha?

Unha obra teatral?

Otero Pedrayo / Chateaubriand.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Esquilo: "Oresteia

".Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiro

s?

Ou ciencia ou ficción.

Un personaxe de ciencia-

ficción co que se identifique?

Unha?

Unha película de cine

Page 8: Manuel lourenzo

Entrar de extra nun filme

de Fellini, para ver como se

organiza o caos.

Un anceio por realizar?

Mundo subm

arino.

Outro entretemento

ademais da literatura?

Mundo, en

xeral.

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

Cárpatos / Cama.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

O cerco da Frouseira.

Un feito histórico?

Saír do filme de

Fellini e contar a

experiencia en forma

de comedia.

Unha utopía?

Unha solaina.

Un lugar axeitado para a lectura?

Popular / Alalá de Carballo.

Un tipo de música? Unha canción?

Con Brandán Lourenzo, compositor.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?