mamÁ cabra unidade didáctica - afundación · 2020-04-08 · mamÁ cabra unidade didáctica 2 3...

14

Upload: others

Post on 11-Jun-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos
Page 2: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

2

PRESENTACIÓN

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que naceu polo ano 2000 coa publicación do seu primeiro traballo “Cantos Rodados”, no que musicaban a poetas recoñecidos como: Gloria Sánchez, Concha Blanco, Ana María Fernández, Antonio G. Teijeiro…

Naceu co obxectivo de facer cancións con propostas divertidas e participativas que favorece-ran a aprendizaxe musical en galego. Dende ese primeiro traballo foron saíndo espectáculos e publicacións como “Cantando comigo”, “Tan só con leres un libro” que levou o premio da SGAE á mellor canción en galego de 2006, “Cartas que veñen e van” baseado en cancións de Susa Herrera, “Ola, Ola”, “Bicos de música”, “Xa me tardan estes Magos”, “Estación Nadal”, traballos publicados coa editorial Galaxia, que confi guran unha discografía que sempre busca empregar a música como escusa de aprendizaxe.

Neste ano 2015 naceu “15 primaveras”, un espectáculo no que a música, a poesía e o teatro camiñan da man e no que se recollen cancións dos diferentes traballos publicados: O Timoteo, Imos bailar, Ola, ola…. coa intención fi rme de celebrar os quince anos, cantando e bailando xunt@s.

OBXECTIVOS

1.- Desenvolvemento da sensorialidade auditiva e a sensibilidade musical2.-Valorar as diferentes manifestacións artísticas implicadas nun concerto, respectando as nor-mas de participación e audición en grupo

Page 3: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

2 3

3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos de percusión corporal.4.- Educar, coñecer e potenciar as posibilidades da voz, tanto como medio de expresión como coñecemento dun repertorio de cancións5.- Coordinar diversos recursos expresivos na interpretación vocal, instrumental e corporal6.- Recoñecer e identifi car diferentes instrumentos do espectáculo.

COMPETENCIAS BÁSICAS

• Competencia en comunicación lingüística. • Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico. • Competencia social e cidadá. • Competencia cultural e artística. • Autonomía e iniciativa persoal.

METODOLOXÍA

Activa e participativa dende unha achega emotiva e vivencial, partindo dasexperiencias do alumnado para facer signifi cativa a experiencia musical, poética e teatral.

ACTIVIDADES

Propoñemos as seguintes, sendo conscientes das diferentes realidades escolares coas que nos atopamos.

CANCIÓNS DO ESPECTÁCULO1.- Ola, ola, la. Libro-CD: Ola, ola, la!. Editorial Galaxia2.- Eu son un artista. Libro-CD: Ola, Ola. Editorial Galaxia3.- A Primavera. Libro-CD: Bicos de Música. Editorial Galaxia4.- Glu,Glu,Glu. Libro-CD: Ola, Ola. Editorial Galaxia5.- O Pirata Metepata. CD cantando Comigo. Editorial Primera Persona6.- Imos Bailar. Libro-CD: Ola, Ola. Editorial Galaxia7.- Alí Babá. Libro-CD: Bicos de Música. Editorial Galaxia8.- O Timoteo. Libro-CD: Cantos Rodados. Editorial Primera Persona9.- A miña tía. Libro-CD: Bicos de Música. Editorial Galaxia

3

CD cantando Comigo. Editorial Primera Persona

Page 4: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

4

1.- OLA, OLA

OLA TOMI, OLA HARRYOLA, OLA , LAOLA IAGO, OLA JAVIEROLA,OLA,LAOLA NENOSOLA NENASOLA,OLALAOLA LUCHI,OLA TIMOTEOOLA,OLA, LA

ACTIVIDADES PREVIAS AO CONCERTOAprender a canción cos nomes dos compañeiros e compañeiras de clase.Buscar e experimentar diferentes formas de saudarse.Como saudamos á nosa avoa ou avó? e a mamá ou papá?, saudamos igual a un membro da nosa familia que a alguén que nos acaban de presentar?Como se saúdan noutros países?E os animais tamén se saúdan?, como o fan?

NO CONCERTOIdentificar os músicos e os instrumentos que tocan.Seguir as consignas rítmicas propostas.

DESPOIS DO CONCERTOBuscar información dos instrumentos que participaron no concerto.¿a qué familia pertencen? ¿cómo se tocan? Buscar audicións dos mesmos, así como músicos que destacan na súa interpretación.Facer unha recompilación grupal de cantos músicos coñecen no seu entorno.Invitar a algún músico a que nos conte a súa experiencia e interprete algún dos seus temas.

Page 5: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

4 5

2.- EU SON UN ARTISTA

EU SON UN ARTISTAE VEÑO DE PARIS

SEI CANTAR E SEI BAILARSEI TOCAR O VIOLÍN (BIS)

ÑIN, ÑIN, ÑIN…SEI TOCAR O PIANO (BIS)

CLIN,CLIN,CLIN…SEI TOCAR A BATERÍA

CHIS,CHIS, PUM…SEI TOCAR O VIOLÍN

ÑIN,ÑIN,ÑIN

SOMOS OS ARTISTASE VIMOS DE PARÍSFIXEMOS UNHA ORQUESTRAE SOAMOS ASÍ

ACTIVIDADES PREVIAS AO CONCERTOAprender a canción facendo que tocamos os diferentes instrumentos e imitando a súa sonorida-de.Facer tantos grupos como instrumentos. Terán que facer a súa interpretación cando soa o seu instrumento respectando a dos outros grupos. Cando remata o tema a orquestra soa ao unísono.Xogar a interpretar con diferentes intensidades.

NO CONCERTOCantar o retrouso seguindo as indicacións.

DESPOIS DO CONCERTODas cancións que empregaron os músicos nas diferentes interpretacións: Había alguna clásica?, cal?, que instrumento a interpretou?(Serenade nº 13 in G Maior. Mozart)Buscamos información sobre o autor.

Page 6: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

6

3.- A PRIMAVERA

CHEGOU CANTANDO BAIXIÑO,CRUZA PRADOS, CRUZA RÍOS,CRUZA OS SOÑOS QUE TI SOÑASEN CARRUAXE DE TRINOS.

A PASOS MIÚDOS, MANSOS,SEN ESTRONDO NIN RUÍDO,PRENDEU MUXICAS NOS OLLOS,BORBORIÑOS NOS OÍDOS.

A PRIMAVERA XA CHEGOU.TODO FLORECE AO MEU REDOR.MIRA A PAISAXE CHEÍÑA DE LUZ!AS SÚAS CORES E O CEO AZUL. AZUL O CANTO QUE EU CANTO,AZUL O MAR QUE IMAXINO.DOURADO O SOL QUE ESPREGUIZAPAISAXES ADORMECIDAS.

VERDE, VERDE, VERDEANDOACUARELAS FLORECIDAS.VINDE, VEDE ,VEN BRINCANDOALGAREIRA CABUXIÑA.

A PRIMAVERA XA CHEGOU.TODO FLORECE AO MEU REDOR.MIRA A PAISAXE CHEÍÑA DE LUZ!AS SÚAS CORES E O CEO AZUL.

ACTIVIDADES PREVIAS AO CONCERTOConto: Primavera divertida. Editorial SMVocabulario: muxicas, borboriños, espregui-za, algareira, cabuxiña….Buscamos información sobre a primavera: imaxes, cadros.. (Primavera. Giuseppe Ar-cimboldo)Describimos o que vemos. Aprendemos o retrouso.

NO CONCERTOCantar o retrouso e seguir os xestos.

DESPOIS DO CONCERTOQue paxaros saían no concerto? Que ou-tros paxaros coñeces?Escoitamos: Vivaldi, As catro estacións: A primavera. AllegroBuscamos información sobre Vivaldi.

Page 7: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

6 7

4.- GLU, GLU, GLU

O TIBURÓN MANOLODA ESCOLA É PROFESORENSÍNALLES XIMNASIAAOS PEIXES DO REDOR

GLU, GLU, GLU, PLAS, PLAS, PLASNAVEGANDO POLO MAR (BIS)

A BALEA ESTÁ XORDAE TESLLE QUE BERRAR“BOS DÍAS, MOI BOS DÍASSE A VES POLA MAÑÁ!”.

GLU, GLU, GLU, PLAS, PLAS, PLASNAVEGANDO POLO MAR (BIS)

OS XURELOS XUNTIÑOSDAN VOLTAS POR AÍNON SEI QUE TEN O POLBOQUE NON PARA DE RIR.

GLU, GLU, GLU, PLAS, PLAS, PLASNAVEGANDO POLO MAR (BIS)

ACTIVIDADES PREVIAS AO CONCERTOConto: Un océano divertido. Editorial SMQue animais saen na canción?, que outros animais do mar coñeces?Facemos un mural con eles.

NO CONCERTOCantamos o retrouso seguindo os xestos.

DESPOIS DO CONCERTOInterpretamos a canción en clase disfrazándonos con aquelas cousas que teñamos pola casa relacionadas co mar: lentes de mergullo, aletas, bañador, toalla, …Os/as que traballan no mar, como van vestidos/as?

Page 8: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

8

5.- O PIRATA METEPATA

O PIRATA METEPATASEMPRE ESTÁ DE MAL HUMORPORQUE PASA TODO O DÍA VENDO A TELEVISIÓN

NAVEGOU OS SETE MARESNO SEU BARCO DE VAPORPERCORREU TODAS AS ILLASDENDE SÁLVORA ATA ONS

¡HAI HAI HAI SON UN PIRATA GUAI!¡HOU HOU HOU E NO MEU BARCO VOU!

DOS TESOUROS NADA CONTASE OS TEN OU OS GASTOUO PIRATA METEPATA QUERE IR A EUROVISIÓN

ENSAIANDO COAS SEREASAPRENDEU ESTA CANCIÓNQUE REPITE A TODAS HORASCOA SÚA VOZ DE GARRAFÓN¡HAI HAI HAI SON UN PIRATA GUAI!¡HOU HOU HOU E NO MEU BARCO VOU!

(CHUAiN CHUAiN CHUAiN…) e agora podemos facelo con voz de chino, bruxa, bebé, linguaxe de signos pirata...

ACTIVIDADES PREVIAS AO CONCERTOAprendemos a canción inventando xestos para cada unha das frases. Interpretámola dramati-zando con voz de pirata.

NO CONCERTOCantamos o retrouso e facemos os xestos da canción. Cantamos facendo distintas voces: pirata chino, pirata bruxa…

DESPOIS DO CONCERTOBuscamos información sobre a linguaxe de signos, quen a emprega? Aprendemos a dicir algun-has palabras e expresións básicas. Como se aplaude en linguaxe de signos?

Page 9: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

8 9

6.- IMOS BAILAR

IMOS BAILARCON ESTE DEDOIMOS BAILAR XA CUNHA MANIMOS BAILARCOA CABEZAEU O QUERO É VERVOS BAILAR (bis)

IMOS BAILARXA CON DOUS DEDOSIMOS BAILAR COAS DÚAS MANSIMOS BAILARTODOS DE PÉEU O QUERO É VERVOS BAILAR (BIS)

IMOS BAILARMOVENDO OS BRAZOSIMOS BAILAR DE AQUÍ PARA ALÁIMOS BAILAR DANDO UNHA VOLTAEU O QUERO É VERVOS BAILAR (BIS)IMOS BAILARCON TODO O CORPOIMOS BAILAR DE AQUÍ PARA ALÁIMOS BAILAR DANDO MIL SALTOSEU O QUERO É VERVOS BAILAR (bis)

ACTIVIDADES PREVIAS AO CONCERTOAprendemos a canción facendo os xestos que indica.

NO CONCERTOCantamos imitando os xestos e bailes pro-postos

DESPOIS DO CONCERTOHai moitos bailes. E os bailaríns vístense de acordo ao baile que van facer.Mirade este con Tutú: [https://www.youtu-be.com/watch?v=zomeq2KJ150] (MIC - El Tutú de bailarina).Bailamos: rock and roll, unha muiñeira, por parellas, bailamos sós.

Page 10: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

10

7.- ALÍ BABÁ

ALÁ NO REINO DAS ARABIASVIVE O LINDO ALÍ BABÁ…ALÍ, ALÍ ESTÁ O LINDO ALÍ BABÁ

NUNHA ALFOMBRA VOADORAVOA SOBRE O OASISCONTRA VENTOS E LADRÓNSABRE A GRUTA SALTA E DI:- “ÁBRETE SÉSAMO”

ALÁ NO REINO DAS ARABIASVIVE O LINDO ALÍ BABÁ…ALÍ, ALÍ ESTÁ O LINDO ALÍ BABÁ

VAI CRUZANDO O DESERTO POLAS DUNAS E MONTAÑASVAI GARDANDO OS SEUS TESOUROSABRE A GRUTA SALTA E DI: - “ÁBRETE SÉSAMO”

ACTIVIDADES PREVIAS AO CONCERTOVisualizar: https://www.youtube.com/watch?v=h5pzbwcgTho [Alí Babá y los cuarenta ladro-nes (José María Candel, 2014)]Conto: “Alí Babá y los cuarenta ladrones”. PARRAMON PAIDOTRIBOAlí Babá é un pobre leñador de Arabia, que escoita por casualidade a unha banda de ladróns visitando o seu escondite, onde gardan os tesouros. Eses tesouros están nunha cova que abre coas palabras: ÁBRETE SÉSAMO! …

NO CONCERTORepetimos:ALÁ NO REINO DAS ARABIASVIVE O LINDO ALÍ BABÁDicimos: ÁBRETE SÉSAMO!

DESPOIS DO CONCERTOOnde está Arabia? Como visten alí? Que comen?

Page 11: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

10 11

8.- O TIMOTEO

O MEU TÍO TIMOTEOTITIRITAIRO-TITIRITEIROTEN UN BOTE NOVOTITIRITAIRO-TITIRITOLOO BOTE NOVO UN TIMÓNTITIRITAIRO-TITIRITÓNO TIMÓN UN TARABELOTITIRITAIRO-TITIRIBELO

O TARABELO GAIVOTASTITIRITAIRO-TITIRITOLASTODO O BOTE A PETEIRARTITIRITAIRO-TITIRITRÁN

O MEU TÍO TIMOTEOTITIRITAIRO-TITIRITEIROTEN UN BOTE TOLOTITIRITAIRO-TITIRINDOLOO BOTE TOLO UN TIMÓNTITIRITAIRO-TITIRITÓNO TIMÓN UN TARABELOTITIRITAIRO-TITIRIBELO

E ESTE CONTO FOI A PIQUETITIRITAIRO-TITIRILITE MARCHOU AO FONDO DO MARTITIRITAIRO-TITIRIGÜÁ.

ACTIVIDADES PREVIAS AO CONCERTOVocabulario: Tarabelo, peteirar… Buscamos o significado daquelas palabras que non sabemos.Practicamos ritmos sinxelos por imitación con distintas partes do corpo: palmas, peito, xeonllos…

NO CONCERTOAcompañamos a canción coa percusión corporal que se indica.

DESPOIS DO CONCERTOA autora da letra é Gloria Sánchez. Buscamos na biblioteca do colexio algunha das súas obras. Por exemplo, Rimas con letra, Xerais, 2004.

Page 12: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

12

9.- A MIÑA TÍA

EU TEÑO UNHA TÍAQUE VIVE EN LALÍNQUE CANDO ESTÁ CONTENTATOCA O VIOLÍN.

ASÍ FAI CANDO TOCA,CANDO TOCA FAI ASÍ. (BIS)

EU TEÑO UNA TÍAQUE VIVE EN RAXÓQUE CANDO ESTA CONTENTACANTA UNHA CANCIÓN.

ASÍ FAI CANDO CANTA,CANDO CANTA FAI ASÍ. (BIS)

EU TEÑO UNA TÍAQUE VIVE EN ARZÚAQUE VAI TOCANDO A GAITAPASEANDO POLA RÚA.

ASÍ FAI CANDO TOCACANDO TOCA FAI ASÍ. (BIS)

“O GALO CANTA,A GALIÑA CHORAPOLOS PITIÑOS QUE DORMEN FÓRA. (BIS)”

EU TEÑO UNHA TÍA QUE VIVE EN GUITIRIZQUE CANDO VAI AO FÚTBOLCANTA MOI FELIZ.

ASÍ FAI CANDO CANTACANDO CANTA FAI ASÍ. (BIS)

“POR QUE , POR QUE LOLOLOLO LOLOLO LOLOLO”

Page 13: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

12 13

NÓS TEMOS UNHA TÍAQUE VIVE EN FERROLQUE CANDO ESTÁ CONTENTABAILA UN ROCK AND ROLL.

ASÍ FAI CANDO BAILACANDO BAILA FAI ASÍ (BIS)

ACTIVIDADES PREVIAS AO CONCERTOTemos familiares músicos?, que instrumento tocan?Aprendemos: “O GALO CANTA,

A GALIÑA CHORAPOLOS PITIÑOS QUE DORMEN FÓRA. (BIS)”

NO CONCERTOCantamos: “O GALO CANTA,

A GALIÑA CHORAPOLOS PITIÑOS QUE DORMEN FÓRA.(BIS)”

DESPOIS DO CONCERTOOnde está: Lalín, Raxó, Arzúa, Guitiriz, Ferrol?Inventamos outras rimas

Page 14: MAMÁ CABRA Unidade didáctica - Afundación · 2020-04-08 · MAMÁ CABRA Unidade didáctica 2 3 3.- Manexo expresivo do corpo, da linguaxe no seu aspecto rítmico e manexo de elementos

MAMÁ CABRA Unidade didáctica

14

AVALIACIÓN

Para facer a avaliación da unidade didáctica e das propostas do espectáculo tanto mestres/as como o alumnado valorarán:

- Grao de consecución dos obxectivos- Participación- Interese amosado- Satisfacción