maio 2012 senda 2014a rápida... · e prepárate a comezar. amosarase o nome, un resumo e a súa...

7
SENDA 2014 Como rexistrarse na Rede CeMIT e utilizar o Espazo Multimedia de Aprendizaxe? Maio 2012 1

Upload: others

Post on 12-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos

SENDA 2014

Como rexistrarse na Rede CeMIT e utilizar o Espazo Multimedia de Aprendizaxe?

Maio 2012

1

Page 2: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos

Podes darte de alta premendo no botón “Inscríbete na rede CeMIT” que figura na sección de destacados da web CeMIT.

Se aínda non es usuario/a da Rede CeMIT?

Amosarase o seguinte pantallazo A continuación, cumprimenta os campos do formulario cos teus datos persoais. Unha vez chegues ao dato de Localidade, teclea a túa localidade de procedencia. A aplicación fará unha busca sobre as localidades da provincia e despregarase unha lista para que selecciones a axeitada. Seleccionada a localidade, preme en “Enviar solicitude”, e xa che permite realizar a preinscrición.

Realizada a preinscrición, a aplicación proporcionarache o teu identificador. A alta na Rede será notificada no correo electrónico ou no teléfono proporcionado no formulario. En caso de non recibir a notificación ponte en contacto coa Oficina CeMIT enviando o teu identificador ou NIF ao enderezo electrónico

[email protected].

Nota: a aplicación é compatible cos exploradores Mozilla Firefox e Google Chrome

Page 3: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos

Xa como usuario da Rede CeMIT, podes acceder aos cursos de teleformación premendo no botón “EMA” que figura na sección de destacados.

Como acceder ao Espazo Multimedia de Aprendizaxe?

Amosarase o seguinte pantallazo

A continuación, introduce o teu usuario ou usuaria e contrasinal da Rede CEMIT e preme “Acceso”. O usuario/a e contrasinal serán os proporcionados no momento de rexistro na Rede CeMIT.

Page 4: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos

Unha vez dentro do Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA), encontrarás no espazo central o apartado CATEGORÍAS:

Como acceder aos cursos de teleformación?

Poderás escoller entre as categorías formativas seguintes:

• Alfabetización dixital: no caso de que queiras realizar unha formación autodidacta en calquera das temáticas existentes.

• Multimedia e audiovisual: se estas matriculado nalgún dos cursos multimedia e queres acceder aos materiais formativos dispoñibles.

• Iniciativas: se estás inscrito nalgunha iniciativa da Rede CeMIT.

• Voluntariado: se estás rexistrado como voluntario dixital.

Se non estás matriculado en ningún curso ou charla específico, preme en Alfabetización dixital. Amosarase o listaxe dos 9 cursos dispoñibles.

Page 5: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos

Xa dentro do apartado Alfabetización dixital, preséntase unha listaxe cos cursos dispoñibles e a súa duración en horas.

Como acceder aos cursos de teleformación?

Escolle o curso segundo a temática que máis che interese e prepárate a comezar.

Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso.

Os cursos levan un pre – test e un test final autocorrixible, que che axudarán a coñecer o grao de avance nos teus coñecementos.

Poderás facer tódolos cursos do catálogo formativo en liña e tódalas veces que queiras sen límite de tempo. A duración presentada é unha estimación do tempo que leva a asimilación dos coñecementos (polo que está suxeita a variacións).

Page 6: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos

Unha vez dentro, aparecerá a páxina de inicio do curso, co panel de revisión.

Unhas nocións básicas sobre os cursos en liña …

Premendo este botón, desaparecerá o panel de revisión.

Panel de navegación

Panel de revisión

A través deste panel, poderás moverte durante o curso. O botón central ^ lévate á páxina de inicio do curso.

O “Panel de revisión” serve de guía para saber en todo momento onde te atopas dentro do curso, o que levas feito e o que che queda para rematalo. Para visualizar mellor o curso podes ocultar este panel.

Ademais, durante todo o curso tes a túa disposición o “Panel de navegación”. A través deste panel podes ir adiante e atrás, en función das túas necesidades.

Page 7: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos