materiais · luz da paz de belén 2018 “exista a luz traballaremos o advento en torno á...

56

Upload: others

Post on 25-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do
Page 2: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

MateriaisLuz da Paz de Belén 2018

Page 3: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

Luz da Paz de Belén 2018

“Exista a luzTraballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do Advento:

F irmamento - Terra - P lantas e animais - 0 Home e la Muller

Cada semana terá unha pregunta e los materiais deben axudar a respondela, tras a reflexión correspondente.

PRIMEIRA SEMANA: FIRMAMENTOEvanxeo: Lc 21, 25-28. 34-36

Naquel tempo, dixo Xesús aos seus discípulos:—«Haberá signos no sol e na terra da anguria das xentes, enlouquecidas polo estrondo do mar e as onda-das. Os homes ficarán sen alento polo medo e a ansiedade ante o que se lle vén enriba ao mundo, pois os astros cambalearanse.Entón verán ao Fillo do home vir nunha nube, con gran poder e maxestade. Cando isto empece a suceder, erguédevos, alzade a cabeza: achégase a vosa liberación.Tende coidado: que non se vos entorpeza a mente co vezo, a bebida e os apuros da vida, e se vos bote enriba de súpeto aquel día; porque caerá como un lazo sobre todos os habitantes da terra.Estade sempre espertos, pedindo forza para escapar de todo o que está por vir e mantédevos en pé ante o Fillo do home.»

Que cousas nos entorpecen a mente e nos impiden ver o firmamento e a chegada do Fillo de Deus?

SEGUNDA SEMANA: TERRAEvanxeo: Lc 3, 1-6

No ano quince do reinado do emperador Tiberio, sendo Poncio Pilato gobernador de Xudea, e Herodes vicerrei de Galilea, e o seu irmán Felipe vicerrei de Iturea e Tracotínide, e Lisanio vicerrei de Abilene, baixo o sumo sacerdocio de Anás e Caifás, veu a palabra de Deus sobre Xoán, fillo de Zacarías, no deserto. E percorreu toda a comarca do Xordán, predicando un bautismo de conversión para o perdón dos pecados, como está escrito no libro dos oráculos do profeta Isaías.

«Unha voz grita no deserto: Preparade o camiño do Señor, achaiade os sendeiros; elévense os vales, descendan os montes e lombras; que o torto se endereite, o escabroso se iguale. E todos verán a salvación de Deus.»

Está o meu corazón preparado para recibir ao Señor ou hai no meu camiño cosas que endereitar, achaiar, etc.?

Page 4: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

Luz da Paz de Belén 2018

TERCEIRA SEMANA: PLANTAS E ANIMAIS

Evanxeo: Lc 3, 10-18

“Naquel tempo, a xente preguntaba a Xoán: —«Entón, que faremos?» El contestou: —«O que teña dúas túnicas, que as reparta co que non ten; e o que teña comida, faga o mesmo.» Viñeron tamén a bautizarse uns publicanos e preguntáronlle: —«Mestre,que facemos nós?» El contestoulles: —«Non exixades máis do estabelecido.» Uns militares preguntáronlle: —«Que facemos nós?» El contestoulles: —«Non cometades extorsión nin vos aproveitedes de ninguén, senón contentádevos coa paga.» O pobo estaba en expectación, e todos se preguntaban se non sería Xoán o Mesías;el tomou a palabra e dixo a todos: —«Eu bautízovos con agua; pero vén o que pode máis ca min, e eu non son merecente de lle desatar a co-rrea das súas sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e lume; ten na man o restrelo para airear o seu palleiro e axuntar o millo no celeiro e queimar a palla nunha lumarada que non se apaga.» Engadindo outras moitas cousas, exhortaba o pobo e anunciáballe o Evanxeo”

Que actitudes miñas favorecen a ecoloxía integral, a austeridade e o consumo responsábel? Cales as dificultan?

CUARTA SEMANA: O HOME E A MULLER

Evanxeo: Lc 1, 39-45

“Naqueles días, María púxose en camiño e foi apresa á montaña a unha vila de Xudá; entrou na casa de Zacarías e saudou a Isabel. Axiña Isabel oíu o saúdo de María, saltou a criatura do seu ventre. Encheuse Isabel do Espírito Santo e dixo a voz en grito:—«Bendita ti entre as mulleres, e bendito o froito do teu ventre!Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor? En canto o teu saúdo chegou aos meus oídos, a criatu-ra saltou de ledicia no meu ventre. Ditosa ti, que criches, porque o que che dixo o Señor hase cumprir.»

Deus creounos á súa imaxe e semellanza. Síntome preto DEL? Estou sempre listo/a como María?

Page 5: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

Material de Ramas

Page 6: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

Lem

a y

refle

xión

EVAN

XEO

ORA

CIÓ

N

C

ON

TO A

CTI

VIDA

DE C

ANC

IÓN

Fran

xa d

e 6

a 8

anos

Firm

amen

toLc

21,

25-

28. 3

4-36

Gra

zas

polo

teu

agas

allo

Cre

ando

O n

oso

ceo

“Dio

s cr

eó to

da la

tier

ra”

Terra

Lc 3

, 1-6

Nai

, dám

e a

túa

man

A pa

cien

cia

Mira

da d

e N

adal

“El a

mor

lo a

rregl

a to

do”

Plan

tas

e an

imai

sLc

3, 1

0-18

Xesú

s, p

recí

sote

Coi

dar a

nat

urez

aRe

cicl

ar: P

inza

s de

mad

eira

da

roup

a“E

l pla

neta

que

hay

que

sal

var”

O H

ome

e a

Mul

ler

Lc 1

, 39-

45G

raza

s Se

ñor

Mar

garid

aFi

llos

e fil

las

de D

eus

“Tod

os s

omos

igua

les”

Fran

xa d

e 9

a 11

ano

s

Firm

amen

toLc

21,

25-

28. 3

4-36

Salm

o 14

8, 1

-5A

maz

á qu

e qu

ería

ser

es

trela

O F

illo d

e De

us“S

ol”

de M

acac

o

Terra

Lc 3

, 1-6

Espé

rtam

e Se

ñor

O z

apat

eiro

pre

para

doBo

as e

mal

as n

ovas

“Esto

y Lis

to”

de C

asi Á

ngel

es

Plan

tas

e an

imai

sLc

3, 1

0-18

Gra

zas

Seño

r pol

a na

ture

zaA

Árbo

re V

ella

Sepa

raci

ón d

e lix

o“A

hora

el p

lane

ta”

O H

ome

e a

Mul

ler

Lc 1

, 39-

45C

read

o po

r Deu

sO

cre

baca

beza

sSo

mos

impo

rtant

es“S

omos

uno

” de

Axe

l

Fran

xa d

e 12

a 1

4 an

os

Firm

amen

toLc

21,

25-

28. 3

4-36

Con

fianz

aAs

nub

esC

ivili

zaci

óns

“Dio

s de

la c

reac

ión”

de

Jose

Luis

Robl

edo

Terra

Lc 3

, 1-6

A fo

rza

do a

mor

Cal

é o

cam

iño?

A ar

añei

ra“D

ios

es m

i PC

” de

Una

i Qui

rós

Plan

tas

e an

imai

sLc

3, 1

0-18

Coi

dar a

cre

ació

nC

ómpr

e pe

nsar

alé

nC

on q

ue m

e vi

sto?

“Mad

re ti

erra

” de

Mac

aco

O H

ome

e a

Mul

ler

Lc 1

, 39-

45Be

ndin

osO

bar

roDi

cir q

ue s

i“L

a Fe

de

Mar

ía”

de S

on b

y Fo

ur

Fran

xa d

e 15

a 1

7 an

osFi

rmam

ento

Lc 2

1, 2

5-28

. 34-

36Q

ue te

vex

a vi

rO

com

ezo

do fi

rmam

ento

Ver a

s es

trela

s“A

ll of

the

stars”

de

Ed S

heer

an

Terra

Lc 3

, 1-6

De q

uen

depe

nde?

Unh

a te

rra p

ara

dom

inar

Gue

rra o

u pa

z?“I

lava

you

Plan

tas

e an

imai

sLc

3, 1

0-18

Cán

tico

dos

tres

moz

osRa

íces

da

alm

aRi

quez

a na

tura

l“V

olar

é” d

e Ru

ssia

n Re

d (B

SO B

rave

)

O H

ome

e a

Mul

ler

Lc 1

, 39-

45O

raci

ón p

ola

hum

anid

ade

A be

leza

da

perso

a un

ida

á na

ture

zaA

cada

que

n, o

seu

“Gira

sole

s” d

e Ro

zalé

n

Fran

xa d

e 18

ano

s en

adi

ante

Firm

amen

toLc

21,

25-

28. 3

4-36

Axúd

ame

a pr

ioriz

arPe

dras

gra

ndes

e

pequ

enas

Repa

rtir o

tem

po“L

o m

ejor

de

mi v

ida

eres

tu”

de R

icky

M

artin

Terra

Lc 3

, 1-6

Abrir

cam

iños

Os

tres

irmán

doad

o pe

rdoa

r?“E

l ver

dade

ro a

mor

per

dona

” de

Man

á

Plan

tas

e an

imai

sLc

3, 1

0-18

Gra

zas

polo

teu

agas

allo

Os

mon

os b

ubuá

nsC

onsu

mo

resp

onsá

bel

“Abr

iend

o ca

min

os”

de D

iego

Tor

res

O H

ome

e a

Mul

ler

Lc 1

, 39-

45¡E

star l

isto,

Señ

or!

Cris

tian

Escu

sas

ou ra

zóns

?“O

dio

por a

mor

” de

Juan

es

Page 7: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

6 a 8 anos

Page 8: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 1 F irmamento

Que cousas nos distraen a mente e nos impiden ver o firmamento e a chegada do Fillo de Deus?

“Grazas polo teu agasallo”

Deus, Pai bo, que un día soñaches coa máxica luz que nos alumea. Grazas polo teu agasallo. Deus, Pai bo, que un día soñaches cun ceo alto, pintado de azul e nube. Grazas polo teu agasallo.Deus, pai bo que un día soñaches co sol amigo e coa noite de estrelas e de lúa. Grazas polo teu agasallo.

“Creando”

Vouvos contar o que me pasou hoxe. Eu estaba quedo mais un pouco baleiro. O certo é que estaba na nada e como non había nada, nada podía facer. Mais como teño alma de cativo, inventei as cores e boteime a debuxar.

Pero se non había nada, como debuxaches?- De seguro que vos estades a facer esta pregunta. Pois coa miña ima-xinación. Para a imaxinación dun cativo non existe o imposíbel, así que desde a miña mente comecei a imaxinar.

Das miñas mans naceu unha boliña, unha pelota pequerrecha verde azulada que enchín de auga e terra. Despois pintei a parte de enriba dela, chea de chispas brillantes. Fóiseme o dedo e pintei unha mancha amarela á que chamei sol e outra prateada á que chamei lúa. Así foi como creei o mundo

“O noso ceo”

Recórtanse estrelas de diferentes tamaños, un gran sol e unha gran lúa.Cada cativo ten que escribir no sol e na lúa as dúas persoas ou cousas máis importantes para el e nas estrelas, outras que tamén sexan importantes aínda que menos cas do sol e a lúa. Finalmente nun papel continuo péganse todos os astros e créase o “Firmamento do Grupo”.

Que cousas son importantes para todos? Por que o son?

Dios creó toda la tierra - https://www.youtube.com/watch?v=v1D00qypvuY

Dios creó toda la tierraDios creó el cielo y el marÉl lleno de aves el cieloY creo a todo animalEn el principio todo era oscuroNo había nada en la tierraCon un soplo Dios le dio vidaA todo lo que hay en la creaciónCreo los peces, los animalesTambién las plantas que adornan los vallesY luego puso en medio al hombrePara que goce de la creación

Dios creó toda la tierraDios creó el cielo y el marÉl lleno de aves el cieloY creo a todo animal

Page 9: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

Está o meu corazón preparado para recibir ao Señor: hai no meu camiño cosas que endereitar, achaiar, etc.?

“Nai, dáme a túa man”

Nai, dáme a túa man e non me soltes,Déixame apoiarme en Ti ao camiñarAmósame o camiño que só me conduzaao teu fillo Xesús a quen desexo imitar.

“A paciencia”

Houbo unha vez unha cativa que se chamaba Adeli, que gostaba moito de resolver crebacabezas. Tíñaos gran-des e pequenos, con moitas pezas e con poucas. Todos os anos, no seu aniversario regalábanlle varios e nunca faltaban na súa carta aos Reis Magos. Tíñaos todos nun armario do corredor, ao carón do seu cuarto pero estaban algo desordenados. Tiña tantos que xa non lembraba quen llos regalara, nin nada.

Un día, Mouro, o falcatrueiro can da familia, subiu á planta de arriba e púxose a uliscar, con tan mala sorte que se meteu no armario dos crebacabezas e sen se dar de conta tirou todas as caixas e a pezas inundaron o chan do corredor.

Cando Adeli chegou, a morea de pezas era tan grande que era imposíbel chegar ao seu cuarto e Adeli botou a chorar. A súa nai apareceu correndo para a consolar e abrazouna mentres lle dicía:

“Imos facer unha cousa, imos recollendo as pezas e ordenándoas pouco a pouco pero ti tesme que ir dicindo algo bo de cada crebacabezas e da persoa que cho agasallou”. Así, nai e filla puxéronse mans á obra e foron recollen-do as pezas, pero para Adeli o mellor foron as cousas bonitas que foron recordando, todas os momentos felices e anécdotas que se contaron mentres despexaban o camiño cara ao seu cuarto.

“Mirada de Nadal”

Entre toda a rapazada adórnase a aula con decoracións tanto de Nadal como non e unha vez rematen entrégase un anteface de cartolina branca para que o adornen con cores que decoren a súa mirada.

Que actitudes temos que mudar para que teñamos esa cor na mirada? (Perdón, ledicia, xenerosidade…)

“El amor lo arregla todo” - https://www.youtube.com/watch?v=dRks_KyCMyw

No importa si dudo,no importa si caigo,no importa si fallosi quiero cambiar.

Voy bien cuando escucho,voy bien cuando abrazo,voy bien cuando ayudosi busco amar.

El amor lo cura todo,el amor perdona todo,el amor lo arregla todoy, pa caminar,la gasolina siempre es amar.

Page 10: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

Que actitudes miñas favorecen a ecoloxía integral, a austeridade e o consumo responsábel? Cales o fan máis difícil?

“Xesús, precísote”

Preciso da túa forza e do teu exemplo.Quero coidar a natureza.Quero respectar o agasallo da creación.Quero respectar as persoas e as cousas.Quero gastar só o necesario.Non quero desperdiciar nada.Non quero consumir parvamente.Axúdame.

“Coidar a natureza”

Gabriel ía facer a compra sempre coa súa nai e os seu pai. Gostaba de pasear polos corredores do supermercado e ler o nome de todo o que aló vendían. Primeiro pasaron pola peixaría. Alí, en grandes caixas cheas de xeo, moitísimos peixes agardaban a ser comprados para alimentar ás persoas. A nai de Gabriel pediu varios peixes, envolvéronos nun papel e déronllelos.

Logo pasaron pola carnizaría. Grandes toros de carne avermellada cubrían o mostrador. Gabriel observou como de novo, envolvían a carne nun papel e dábanllela a seus pais.

Cando pasaron pola froitaría viu que todo estaba en bandexas envoltas en plástico e que alí non podía escoller nin ulir a froita como lle gustaba. Apenas había un pequeno posto cunhas poucas froitas pero as que estaban nas ban-dexas brillaban moito máis cás do posto e case semellaban de xoguete. Gabriel quixo coller varias das bandexas (eran tan bonitas!) pero os seus pais explicáronlle que da mesma maneira que o peixe e a carne non os mercaban en bandexas, tampouco o farían coa froita. Explicáronlle que usar tanto plástico e polistireno (así se chamaba o material da bandexa) era moi prexudicial para a natureza.

Desde entón Gabriel estivo moi atento a como se empregaba o plástico e ensinou a todos os seus amigos e amigas a respectar a natureza.

“Reciclar”

•Pinzas da roupa reconvertidasÉ moi común que as pinzas da roupa se desmonten en dúas partes e queden inservibles para tender, pero isto non significa que debamos deixalas esquecidas ou tiradas ó lixo. Querémosvos ensinar un xeito xenial de convertelas en material reciclado. Neste artigo atoparades os pasos sobre como facer un avión cunha pinza o facer unha bolboreta con pinzas de tender.

artes.uncomo.com

artes.uncomo.com

Page 11: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

“El planeta hay que salvar” - https://www.youtube.com/watch?v=RWjfFHC7SiI

Ahora vamos a cantar, con amor esta canciónpues al mundo hay que salvar, de la contaminación.

Tu ayuda es valiosa, lo debes saberyo voy a decirte que debes hacerno debes siquiera, papeles tirarpues tirar basura es contaminar.

Con el agua hay que tener una atención especialy los lagos y los ríos, los tenemos que cuidar.

A salvar, el planeta hay que salvar. (2x)

No debemos de dejar, de cantar esta canciónpara el planeta salvar de la contaminación.

Los bosques son libres, podemos jugarsabemos que un árbol debemos cuidarno juegues con fuego, los puedes quemararriesgas tu vida y de los demás.Con el agua hay que tener una atención especialy los lagos y los ríos, los tenemos que cuidar.

Ahora vamos a cantar, con amor esta canciónpues al mundo hay que salvar, de la contaminación.

Tu ayuda es valiosa, lo debes saberyo voy a decirte que debes hacerno debes siquiera, papeles tirarpues tirar basura es contaminar.

A salvar, el planeta hay que salvar. (4x)

Page 12: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

Deus creounos á súa imaxe e semellanza. Síntome preto Del? Estou “sempre a punto” como María?

“Grazas Señor”

Grazas Señor, por este día da miña vida. Polos meus ollos que me permiten ver o ceo. Polos meus oídos cos que escoito o canto dos paxaros. Polos meus pes que me permiten camiñar entre as árbores.Polas miñas mans coas que tomo as flores da terra. Por esta mente que me permite apreciar o marabilloso milagre da natureza cada día. Pola miña alma que se prostra ante ti e ve a Túa marabillosa presenza en todas partes. Amén

“Margarida”

Margarida gardou a súa axenda, pechou a mochila, púxose o chaquetón e saíu do colexio. Na porta esperaba súa nai con seu irmán pequeno, listos para levala a casa. Ía moi cansada. Ese día fora moi difícil. A primeira hora tivo Lingua e a seño puxo uns exercicios moi complicados. Despois Profe entregoulles novos proxectos para facer. Menos mal que chegou o recreo e puido xogar un rato coas súas amizades. Cando rematou o recreo tivo un exame e chegou a última hora. A seño mandoulles como tarefa que escribiran unha redacción sobre por que se chamaban así.

Margarida contoullo a súa nai cando subiron ao coche e lle dixo que sería unha redacción moi fácil porque seguro que era porque a súa nai lle gustaba moito esa flor.

Súa nai comezou a rirse e a mirou disimuladamente polo espello retrovisor do coche. - “Chámaste Margarida pola Virxe María. Agora cando cheguemos a casa e merendemos cóntoche a historia do teu nome” - lle dixo. Margari-da quedouse pensativa, dándolle voltas ao significado do seu nome, non entendía que tiña a Virxe que ver co seu nome. Se fora con Santa Margarida o podería entender, pero coa Virxe María...

Unha vez que remataron de merendar, súa nai contoulle a seguinte historia: “A Virxe María foi a primeira en dicirlle que si a Xesús, díxolle que si a ser a súa nai, díxolle que si a estar ao seu carón sempre, ata no momento da súa morte. María sempre estaba lista para o que Deus quería dela. Aínda que tivera dúbidas, sempre dicía si. A flor que se chama Margarida ten pétalos que a xente emprega para preguntar cousas e dicir si ou non mentres os sacan. A flor sempre vai dicir SI, como a Virxe. Cando naciches quixen que tiveras esa forza de María, que sigas o seu exemplo, por iso chámaste Margarida”.

“Fillos e fillas de Deus”

Nun papel continuo cos nomes dos nenos/as postos en columnas, TODOS e TODAS teñen que escribir una cousa boa de cada persoa.

Todos somos fillos e fillas de Deus e, aínda que non sexamos iguais por dentro, todas estamos creadas a súa imaxe e semellanza.

Page 13: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

“Todos somos iguales” - https://www.youtube.com/watch?v=HCSZPO8_B_M

Todos somos igualesTodos somos distintosTodos somos igualesTodos somos distintos

Me da igual que seas pequeño o grandeDe la piel no importa tu colorNo tiene importancia tu bellezaSolamente la del interiorPues tu y yo, pues tu y yo

Queremos un mundo mejorTodos somos igualesTodos somos distintosTodos somos igualesTodos somos distintos

Me da igual en qué idioma me hablesSi me hablas desde el corazónSi eres alto o bajo no me importaO tengas en el banco un millónPues tu y yo, pues tu y yoQueremos un mundo mejorPues tu y yo, pues tu y yo

Queremos un mundo mejorTodos somos igualesTodos somos distintosTodos somos igualesTodos somos distintosTodos somos iguales

Page 14: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

9 a 11 anos

Page 15: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 1 F irmamento

Que cousas nos entorpecen a mente e nos impiden ver o firmamento e a chegada do Fillo de Deus?

“Salmo 148, 1-5”

Loade o Señor desde o ceo,loádeo alá nas alturas.Loádeo os seus anxos,loádeo os seus exércitos.Loádeo, sol e mais lúa,loádeo, lucentes estrelas.Loádeo os ceos dos ceose as augas dos espazos celestes.Loen o nome do Señor,pois mandouno El e foron feitos

“A mazá que quería ser estrela”

Houbo unha vez unha mazá que sempre quixera ser unha estrela, nunca lle gustara ser unha mazá. Botaba os días imaxinando ilusionada como sería unha vida brillando desde o ceo. Cada mañá, as súas compañeiras convidába-na a conversar e contar divertidas historias. Unha e outra vez, ela rexeitaba o convite, obsesionada polo desexo de ser unha estrela refulxente.

Un bo día, mentres vía as aves ascender cara ao ceo, a mazá preguntoulles:– Onde dormen de día as estrelas?As aves, sorrindo, dixeron:– Non, querida mazá, as estrelas están no ceo día e noite, o que pasa é que a potente luz do sol non nos permite albiscalas. Pero aí están, no ceo infÁ pobre mazá aviváronselle os desexos de ser unha estrela no alto do ceo, cargada cunha luz inesgotábel.

Outro día a mazá preguntoulle ao vento que movía con forza as pólas da maceira:– Dime, vento, as estrelas están fixas ou desprázanse percorrendo todo o firmamento? E se se desprazan, quen as move?– As estrelas desprázanse percorrendo todo o firmamento e fano a fume de carozo– contestou o vento.De novo arderon con máis forza as ansias da mazá de se converter nunha fermosa estrela.

Cando chegou a época da madureza, a mazá sentíase moi defraudada porque o seu soño non se fixera realidade. Non era quen de sorrir, ensimesmada na súa tristura. Non era feliz.

Unha familia de vacacións refuxiouse baixo a copa da maceira, na busca dunha sombra que os protexese dos raios do sol. No medio da súa amena conversa, o pai axitou violentamente o toro da árbore e caeu, entre outras, a mazá triste que quería ser estrela. Unha das rapazas recolleuna e comprobou que estaba madura. Era unha fermosa mazá e a nena estaba feliz. Pediulle un coitelo á súa nai e ela deullo, coa inevitábel advertencia:–Coidado, miña nena, non te cortes.

A rapaza cortou con coidado a mazá de maneira transversal, non do talo ao furadiño, senón en horizontal. Entón ficou abraiada cando viu unha estela de cinco puntas que aparecía no corazón da mazá e berrou chamando a atención de toda a familia:– Mirade, mirade que marabilla! Aquí hai unha estrela!

A mazá vivira triste toda a vida sen se decatar de que dentro dela gardaba unha fermosa estrela e que para a amosar, tiña que se abrir e brindar aos demais.

Page 16: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 1 F irmamento

“O Fillo de Deus”

Precísanse follas en branco, rotuladores, fita adhesiva e un cartel grande que teña escrito no envés “O Fillo de Deus”.

Nun primeiro lugar o grupo de responsables escribirán no cartel de abaixo e cubrirán a frase “O Fillo de Deus” con outras follas por riba para que non se vexa. Á rapazada daráselle rotuladores e a premisa de que deben escribir en cada folla cousas que eles pensan que nos impiden ver o firmamento e a chegada do Fillo de Deus.

Unha vez todo estea escrito, irán explicando por quendas porqué o que escribiron lles impide ver o firmamento. Así irán retirando os papeis até que fique ao descuberto “O Fillo de Deus”.

Que cousas me impiden brillar coma o sol e ver o firmamento? Que me impide ver que existe a luz de Deus? Cómpre evitarmos as cousas que nos distraen do importante.

“Sol” de Macaco - https://www.youtube.com/watch?v=BRByNvlKcTY

Sol, allá arriba el solAunque la tormenta sueneDetrás siempre estará el sol.

Puedo seguir regateandoO atreverme a chutarPuedo quedarme en mi habitaciónO abrir mis ventanas de par en parSi la felicidad es un estado de la menteHoy la busco bajo el solDicen que la tormenta está por llegarDicen que la lluvia va a comenzarPero yo miro en el reflejo de tus ojosY veo que detrás está el sol.

Sol, allá arriba el solAunque la tormenta sueneDetrás siempre estará el sol.

Puedo intentar ser valienteO quedarme en la cola a esperarPuedo intentar ser yo mismoO ponerme cualquier otro disfrazSi la realidad es una sombra de la menteHoy me planto bajo el sol.

Dicen que el cielo está por hablarDicen que la lluvia será diluviarPero yo miro en el reflejo de tus ojosY veo que detrás está el sol.

Sol, allá arriba el solAunque la tormenta sueneDetrás siempre estará el sol.

Oye, si saturan mis oídosOye, si se esconden entre lineasOye, si me chillan sus motivosYo me planto bajo el sol.

Sol, allá arriba el solAunque la tormenta sueneDetrás siempre estará el sol.

Sol, allá arriba el solAunque la tormenta sueneDetrás siempre estará el sol...

Page 17: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

Está o meu corazón preparado para recibir ao Señor ou hai no meu camiño cosas que endereitar, achaiar, etc.?

“Despiértame Señor”

Señor, cando vas chegar?Á tardiña? Á medianoite? Ao amencer?A piques de chegar, Señor e eu… e eu…Estou preparado, Señor, estou en vela, estoute agardando!

“O zapateiro preparado”

Martiño era un humilde zapateiro dunha pequena vila na montaña que vivía só. Había anos que enviuvara e os seus fillos e fillas marcharan á cidade na busca de traballo. Cada noite tiña por costume ler unhas páxinas dos evanxeos fronte á lareira antes de se deitar, mais aquela noite ficou durmido sentado fronte ao lume. De súpeto acordou sobresaltado: escoitara claramente unha voz que lle dicía “Martiño, mañá Deus hate vir ver”. Ergueuse pero non atopou a ninguén na casa nin fóra, o cal non lle sorprendeu a esas xélidas horas da noite.

Ergueuse moi cedo e varreu e amañou o seu obradoiro de zapataría: Deus debía atopalo todo perfecto. Despois púxose a traballar diante da xanela, para ver quen pasaba pola rúa. De alí a un pouco viu pasar un vagabundo vestido con farrapos e cos pés descalzos. Compadecido, levantouse axiña e fíxoo pasar á súa casa para que se quentara un rato a carón do lume. Deulle unha taza de leite quentiño, preparoulle un fardo con pan, queixo, mar-melo e froita para o camiño e regaloulle uns zapatos.

Xa levaba un anaco de volta co seu traballo cando viu pasar unha viúva nova co seu cativo, ambos os dous mortos de frío e tamén os fixo pasar. Como xa case era a hora de xantar, sentounos á mesa e sacou a pota de saboroso caldo que preparara por se Deus quería quedar a comer. Ademais foi buscar un vello abrigo da súa muller e outro dos seus fillos e déullelos para que non pasasen máis frío.

Pasou a tarde e Martiño estaba tristeiro porque Deus non aparecía. Nese intre soou a campá da porta e virouse con ledicia pensando que sería Deus. A porta abriuse con certa violencia e entrou a tomballóns o borracho da vila.– Só faltaba este! Mira, que se agora chega Deus...– díxose o zapateiro.

– Teño sede –exclamou o borrachón.

Martiño acomodouno á mesa, sacoulle unha xerra de auga e puxo diante del un prato cos resto do caldo do xantar. Para cando o borracho marchou, a noite xa estaba ben entrada e Martiño estaba moi triste: Deus non viñera. Entón como todas as noites sentou ante a lareira, colleu os evanxeos, abriunos distraidamente e leu:

– ‘Porque tiña fame e déchesme de comer, tiña sede e déchesme de beber, estaba espido e vestíchesme... Cada vez que o fixeches a un dos meus pequenos, fixéchesmo a min...’

Ao pobre zapateiro iluminóuselle o rostro: claro que Deus o visitara! Non unha vez, senón tres veces! E Martiño, aquela noite, durmiu pensando que era a persoa máis feliz do mundo.

Page 18: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

“Boas e malas novas”

Precísanse pegamento, tesoiras, cartolinas e papeis de xornal, revistas, etc.

Divídese á rapazada en dous grupos: un será o encargado de buscar noticias negativas que entristecen o noso corazón e coas que Deus tamén está triste, o outro ha buscar noticias positivas que acheguen ledicia e esperanza.Logo de recortar todas as noticias encheremos un corazón grande feita coa cartolina coas noticias negativas. O corazón simbolizará o noso propio, que aínda non está preparado de todo para a chegada do Señor.

A continuación o grupo que recolleu as positivas terá que cubrir as malas coas súas, para tentar mudar o mundo. De non seren abondo, cómpre seguir buscando ou incluso escribir noutros papeis outras cousas positivas que lle pasaran á rapazada.

O obxectivo é que haxa moitas máis novas boas cás malas, promovendo a esperanza de que a mudanza é posíbel para a chegada do Señor.

Cómpre facelos cavilar sobre que novas boas e malas poden depender da súa actitude e as súas propias accións.

“Estoy listo” de Casi Ángeles - https://www.youtube.com/watch?v=I2PbmEc_Fqk

Un camino sin finalque te lleva a la verdadTiene mil flores y piedrasque cruzar...Algún día ese lugarsé que tu alma encontraráY el secreto al fin sabrásy es amar...El abismo cruzarás,por un puente de cristalY los ángeles sus alas te daránY por fin comprenderásComo es la libertadCuando el universo puedas alcanzarPara mirar, estoy listopara soñar, estoy listopara sentir, estoy listoy para amar...Estoy listo para ir,hay que aprender a compartirlos sueños que hay en tiEstoy listo junto a titodos vamos a llegary juntos caminar,ya estamos todos aquíSi confias en tu ilusiónte regalo el corazónsolo hay que poner el alma y la pasióny ahora que ya estas acájuntos vamos a lograr

que los sueños se hagan pronto realidadPara mirar, estoy listopara soñar, estoy listopara sentir, estoy listoy para amar...Estoy listo para ir,hay que aprender a compartirlos sueños que hay en tiEstoy listo junto a titodos vamos a llegary juntos caminar,ya estamos todos aquí

Page 19: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

Que actitudes miñas favorecen a ecoloxía integral, a austeridade e o consumo responsábel? Cales as dificultan?

“Grazas Señor pola natureza”

Grazas, Señor,pola natureza que creaches,pola terra e o mar,polas montañas, os vales e os ríos,polas persoas que traballan a terrae recollen os alimentos dos campos.

Grazas, Señor,polos animais que nos fan compaña,polo sol que nos dá luz,polo traballo que nos axuda a vivir,polas árbores que nos dan froita,madeira e follas que fan sombra.

Deamos grazas ao Señor, noso Deus,polas árbores da terra e os peixes do mar,polo ceo, a auga e o lume,polas finas herbas.

Deamos grazas ao Señor, noso Deus,polas estrelas e as nubes,pola morte e pola vida,polo vento, o sol e a lúa.Deamos grazas ao Señor, noso Deus,que nos deu todo.

“A Árbore Vella”

Houbo unha vez unha árbore centenaria tan vella que todos os animaliños do seu bosque coñecían e sempre se enchía de paxariños e animais que sentaban nas súas pólas. Todas as primaveras a árbore cargábase dunhas preciosas follas verdes e de riquísimos froitos, o que a facía sentir moi feliz.- Vinde ás miñas pólas para vos protexer do sol e a trepar para vos divertir! Tamén poderedes comer todo o que queirades! – dicía a árbore a todos.

Un día uns rapaces e rapazas pasaron por alí, viron a fermosa árbore e foron todos subir ao seu tronco. A árbore estaba moi contenta porque os estaba facendo felices, claro que nese intre non imaxinaba o que acabaría por ocorrer. Os rapaces e rapazas ían xogar á árbore cada día pero como non tiñan coidado ningún e só se preocu-paban por pasalo ben, arrincaban as súas follas e partían as súas pólas. Os animaliños fuxían asustados así os vían chegar.- Aí vén a rapazada! Tende coidado! - berraban os animais.A pobre árbore era cada vez menos frondosa e moitas das súas polas estaban partidas. Sentíase débil e murcho, e botaba en falta os animaliños que xa non se atrevían a se achegaren ás súas pólas.

Uns paxariños decatáronse de que a árbore estaba moi triste e achegáronse a preguntarlle:- Vella árbore, por que estás tan triste?- Encántame que todos veñan xogar ás miñas pólas e comer os meus froitos pero hai uns rapaces que cada vez que veñen me mancan e asustan os animaliños. Os paxariños ficaron moi tristes ao ver que aquela árbore tan vella estaba a perder toda a súa fermosura e forza. Tiñan que conseguir por todos os medios que a rapazada coidase

Page 20: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

del para que recuperase as súas forzas e puidese seguir facendo feliz a todo o mundo.

Foron entón, falar cos rapaces:- Amigos e amigas, acabamos de ver á Árbore Vella e contounos que a estades mancando decotío as súas pólas e tronco. Síntese acada vez máis débil e o resto de animaliños asústanse moito cando vos ven.

Os rapaces, que non eran conscientes de que realmente estaban tratando mal á árbore, responderon:- A esa vella árbore non lle pasa nada porque nós xoguemos nas súas pólas, se llas partimos e lle arrincamos as follas, xa lle sairán outras. As árbores están para iso!Os paxariños advertiron á rapazada de que era necesario coidar as árbores e as plantas porque se non as coida-ban cada día, chegaría un día no que perderían toda a súa forza e delas nunca máis agromarían follas nin darían froitos. Pero aos nenos e nenas foilles igual e seguiron actuando da mesma maneira.

A Árbore Vella estaba cada vez máis feble. Todos os animaliños estaban moi preocupados e preocupáronse máis aínda cando viron que coa chegada da primavera, a árbore non tivo nin unha soa folliña verde e non deu ningún froito que puidesen comer.

Entón foron falar de novo cos rapaces e rapaces para que visen o que estaban conseguindo. Mais por moito que os animaliños lles explicaban o que estaba a pasar, a eles dáballes igual.- Non pasa nada! Xa dará follas e froitos! Nós non temos a culpa! Ás árbores pódenselle arrincar follas e partir as pólas! – dicían.

Pasaron os anos e a Árbore Vella xa non tiña ningunha forza, nin volvía dar follas e froitos; os animaliños non sabían que facer.- Rapaces, rapazas, vedes como levabamos razón? Esta árbore deixará de vivir se non deixades de tratala mal – dixeron.

Entón os rapaces, ao ver que a árbore estaba morrendo pouco a pouco, decatáronse de que cometeran un erro moi grande e sentíronse moi mal.- Isto é pola nosa culpa, sentímolo moitísimo. Non a tratamos ben e agora a Árbore está a piques de morrer. Temos que facer algo!

Coa axuda dos animais, comezaron a coidar e mimar a árbore. Fixérono tanto e tan ben que despois dun tempo conseguiron que volvese ser frondoso e estivese cheo de follas e froitos. Así aprenderon a lección e procuraron sempre non mancar nin maltratar as árbores nin o resto de plantas.

Page 21: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

“Separación de lixo”

Debuxade coa rapazada os catro tipo de contedores que hai segundo o material reciclado: papel e cartón (azul), vidro (verde con forma de iglú), plástico, latas e bricks (amarelo) e residuos orgánicos (verde).

Os contedores pódense recortar e pegar nun azulexo ou nunha superficie lisa. Arredor de cada un deles, os rapaces poden pegar os obxectos que previamente debuxaron e recortaron, e que pertencen a cadanseu contedor: xornal vello no azul, botella de cristal no verde...

Son consciente da importancia da reciclaxe? Podo achegar o meu granciño de area? Na casa recicla-mos?

“Ahora el planeta” de Juan “D” y Beatriz - https://www.youtube.com/watch?v=8TYmd_G5lO8

Apaga la luz, enciende el planeta,salvemos el mundo, es nuestra meta.

Apaga la luz, enciende el planeta,salvemos el mundo, esa es nuestra meta. (bis)

Change the world, cambia el mundo.save the world, sálvalo.

Tú puedes ayudar, al mundo mejorar,todo lo que haces es muy importante.primero aprenderás, después enseñarás,pues en los niños el mañana estará.

Apaga la luz, enciende el planeta,salvemos el mundo, es nuestra meta.

Apaga la luz, enciende el planeta,salvemos el mundo, esa es nuestra meta.

Change the world, cambia el mundo.save the world, sálvalo.

La luz no malgastar, el agua siempre ahorrar,la tierra entera te dará las gracias.Vamos a reciclar y a reforestar,el mundo que es tu hogar podrá respirar.

Apaga la luz, enciende el planeta,salvemos el mundo, es nuestra meta.

Apaga la luz, enciende el planeta,salvemos el mundo, es nuestra meta (bis)

Apaga la luz, enciende el planeta,salvemos el mundo, esa nuestra meta.

Page 22: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

Deus creounos á súa imaxe e semellanza. Síntome preto DEL? Estou sempre listo/a como María?

“Creado por Deus”

Deus Pai no Ceo miraba a Terra e pensaba:-Aquí falta algo- e tivo unha idea. Con moito agarimo e con moita paciencia fixo a Adán e a Eva á súa imaxe e dun soprido, a vida chegou á parella. Díxolles:- Regálovos a vida e a terra.Entregoulles o mundo, as cousas máis belas e díxolles:- Coidádeo, poboade esta terra.E Deus desde o Ceo míranos na Terra e síguenos pedindo como a Adán e a Eva:- Vivide como irmáns e irmás, felices, sen guerras, compartide as cousas, gozade delas.

“O crebacabezas”

Unha científica que vivía preocupada polos problemas do mundo, estaba decidida a atopar as respostas necesarias para os solucionar. Por iso, botaba día tras día no estudio da súa casa na procura de respostas ás súas dúbidas.

Unha tarde, a súa filla de cinco anos entrou no estudio coa intención de vela traballar. A científica, nerviosa pola interrupción, pediulle á nena que fose xogar a outro sitio pero ao ver que non lle facía ningún caso, pensou en algo que puidese distraer a atención da pequena.

Perfecto! Atopou unha revista e viu que nunha das súas páxinas había un mapa do mundo... Xusto o que precisaba! Arrincou a folla, recortou o mapa e moitos anaquiños e deullo á súa filla xunto cun rolo de fita adhesiva dicindo:

- Mira filla, como te gustan tanto os crebacabezas, vouche dar o mundo en anaquiños para que o amañes sen axuda de ninguén.

A rapaza tomouno como unha maneira de axudar a súa nai e así, ambas ficaron satisfeitas. A nai calculara que a pequena tardaría máis dunha hora en facelo, porén, despois duns minutos a rapaza dixo:

- Mamá, xa!

A nai, nun primeiro momento, non deu crédito ao que dicía: era imposíbel que á súa idade puidera ter recomposto un mapa que nunca antes vira. Desconfiada, a científica levantou a vista do libro que leía, convencida de que vería o chafalleiro resultado dunha nena de cinco anos pero, para a súa sorpresa, comprobou que o mapa estaba perfectamente reconstruído, cada anaquiño colocado e pegado no seu lugar correspondente.

Aínda abraiada e fitando para o mapa, díxolle á nena:

- Filla, se ti non sabías como era o mundo, como fuches quen de o facer?

- Moi doado mamá- contestou ela- cando arrincaches a folla da revista vin que polo outro lado había unha foto dun home e unha muller. Deille a volta os anaquiños que me deches e púxenme a facer o crebacabezas do home e a muller, que si sabía como era. Axiña conseguín amañar o home e a muller deille a volta á folla e vin que xa amañara o mundo.

Muda o teu corazón e o mundo mudará!

Page 23: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

“Somos importantes”

Dicimos á rapazada na xuntanza anterior que no vindeiro día imos ter unha celebración para unha persoa moi especial e por iso cadaquén debe traer algo co que poida participar (de non ser isto posíbel, os e as reponsables poden traer algo simbólico).

Durante a seguinte xuntanza decoraremos o lugar, amañarémolo e agardaremos pola chegada desa persoa es-pecial. Logo dun pouco e ao ver que non chega ninguén, leremos unha carta na que porá “vós sodes esa persoa importante”. Desta maneira entenderán que as verdadeiras persoas convidadas a esa festa somos nós, porque nas nosas mans está mudar o mundo. Agardamos con agarimo a chegada do Señor mais entrementres temos que estar preparados.

Temos que ser conscientes de nosa importancia respecto de todos os que nos arrodean.

“Somos uno” de Axel ft Abel Pintos - https://www.youtube.com/watch?v=1MibkygUPLU

Yo soy lo que soy no soy lo que ves yo soy mi futuro y soy mi ayer y hoy son tan sólo este amanecer y los ojos que te vieron nacer soy tan simple que casi ni me ves

Yo soy lo que soy no soy lo que ves no soy cuna de oro ni simple moisés soy el desamparo del corazón de aquel que pelea y no tiene voz

Soy la mano que te quiere ayudar no hablo solo de mí cuando digo que soy te hablo de ese lugar donde nace el amor que sueñas

Oh oh oh oh oh Somos tan distintos e iguales Oh oh oh oh oh Somos el que siente y el que no está Oh oh oh oh oh Somos tan distintos e iguales Oh oh oh oh oh Todos somos uno con los demás La piedra y el río, el cielo, la flor Todos somos uno con los demás El lobo, el cordero, y el mismo Dios Todos somos uno...

Yo soy lo que soy no soy lo que ves soy mi pasado y soy mi después soy libre y dichoso por elección soy un loco inquieto pidiendo paz

Page 24: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

12 a 14 anos

Page 25: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 1 F irmamento

Que cousas nos entorpecen a mente e nos impiden ver o firmamento e a chegada do Fillo de Deus?

“Confianza”

Señor Xesús, ao comezar este tempo de Advento poñemos en Ti a nosa confianza.Acórdanos dos soños que de Ti nos afastan e levántanos do noso egoísmo.Prepara os nosos corazóns para que poidan ser o fogar amábel e humano no que Ti poidas nacer.Para que canda nazas vexas en nós a grandeza da Creación.

“As nubes”

Houbo unha vez un neno que sempre estaba a mirar as nubes. Encantáballe tombarse na herba do xardín e fitar para o ceo durante horas.

Coas formas que representaban as nubes imaxinaba historias: un peixe, un paxaro, un sol... así botaba as horas até que escurecía e marchaba á casa.

Un día o ceo estaba tan despexado que non había nube ningunha e o neno sentiuse decepcionado porque non podía xogar e inventar sen elas. Apesarado, deitouse na herba a esperar se se formaba algunha nube, cando algo chamou a súa atención no ceo.

Era un punto brillante que refulxía só, sen nada derredor. O sol aínda estaba no alto e a lúa aínda non saíra. Saíu a fume de carozo para pescudar nas súas enciclopedias e nelas descubriu o nome da estrela. Ben, o primeiro que aprendeu foi que non era unha estrela, senón o planeta Venus e ficou encantado polo seu sobrenome: “luceiro da alba”. Foi naquel intre que o neno se decatou de que estivera perdendo o tempo coas nubes, xa que estas lle impedían ver as estrelas.

“Civilizacións”

Pediráselles á rapazada que escriban nun papel o nome dalgunha civilización, pobo ou comunidade que viran o ceo igual ca eles. Haberán de a explicar mediante mímica e cando os demais adiviñen o nome, teñen que explicar o motivo da súa resposta. Entre todos deben chegar á conclusión de que as estrelas que ven son as mesmas cás que vían os seus antepasados.

Estou atento ao que ocorre ao meu redor? Deixo que a Estrela me oriente cara a Xesús?

Page 26: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 1 F irmamento

“Dios de la creación” de Jose Luis Robledo - https://www.youtube.com/watch?v=Y7GQOcLPpfo

El arcoíris ya salió,Veo tu amor y salvación.La primavera va a empezar,Ya el invierno terminó.Este es el tiempo para vivir para TiDe levantarnos sólo en ti Dios, Dios de la creaciónPadre verdaderoTú eres Rey (2 veces) El arcoíris ya salió,Veo tu amor y salvación.La primavera va a empezar,Ya el invierno terminó.Este es el tiempo para vivir para ti,De levantarnos sólo en ti Dios, Dios de la creaciónPadre verdaderoTú eres Rey (2 veces)

Page 27: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

Está o meu corazón preparado para recibir ao Señor ou hai no meu camiño cosas que endereitar, achaiar, etc.?

“A forza do amor”

Deus Omnipotente,que estás presente en todo o universoe na máis pequena das túas criaturas.Ti que arrodeas coa túa tenrura todo o que existe,derrama en nós a forza do teu amorpara que coidemos a vida e a beleza.Inúndanos de paz par que vivamos como irmáns sen mancar a ninguén.Ensínanos a descubrir o valor de cada cousa, a contemplar admirados,a recoñecer que estamos fondamente unidos coa terra.

“Cal é o camiño?”

Houbo unha vez unha rapaza que vivía nunha vila que tiña varios camiños. Un deles era chan, cunha suave terra esponxosa e moi cómodo para camiñar. Outro estaba arrodeado de árbores e paxaros, mais estaba cheo de pedras que impedían andar. Por último, había un camiño que ninguén usaba porque estaba cheo de silveiras que non permitían pasar sen se mancar.

A rapaza sempre camiñaba polo camiño de terra esponxosa. Andaba, andaba e andaba mais nunca chegaba a ningures e sempre tiña que volver á casa cunha sensación de baleiro no seu interior.Un día decidiu ir polo camiño de pedras. Botou a andar e axiña se topou co primeiro obstáculo. En vez de dar a volta, pensou nas árbores que asomaban máis adiante e aos poucos e con moito esforzo, conseguiu quitar a pedra. Xa avanzara un chisco. Cun sorriso nos beizos volveu á casa.

Desde ese día foi pouco a pouco abrindo camiño. A pedra do primeiro día foi polas árbores; a do segundo, por uns paxaros de brillantes cores; a terceira, por uns froitos que nunca antes vira.E así, día a día foi avanzando no camiño coa ilusión de descubrir algo novo que ía enchendo o seu corazón.

“A arañeira”

Faise unha tea de araña pasando unha corda dun lado a outro e de volta entre dúas árbores ou dous postes de-reitos, creando unha serie duns dez buratos no chan grandes e pequenos, que sexan grandes abondo para que pase unha persoa.

Todas persoas que participen deben cruzar dun lado a outro da arañeira sen tocala ou camiñar arredor dela. Unha vez que unha parte da tea de araña foi usada para pasar a través dela, péchase ese burato e non pode ser usado de novo. O equipo debe resolver os problemas e traballar conxuntamente para determinar como acadar que todos as persoas pasen. De alguén tocar a rede, debe retornar ao punto inicial antes de o tentar de novo.

Cando encontramos dificultades ou cousas que non nos saen ben ou non nos gustan na nosa vida, como o resolvemos? Pedimos axuda? A quen?

Page 28: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

“Dios es mi PC” de Unai Quirós - https://www.youtube.com/watch?v=x6xnaeTEx90

“¡Formatéate, amigo, si estás muy cansado!”… la base de datos de virus ha sido actualizada…Actualiza tu antivirus,conectado a la oración;recicla bien tu papelera,no elimines cosas de Dios.Si quieres cambiar tu apariencia,no uses el panel de control,ve y renueva tu placa baseque es donde se ejecuta tu acción. (Estribillo)Formatea el disco de tu duro corazónelimina los archivos que te dan error,si algún virus de este mundo bloquea tu opcióndeja que el Señor te instale su Windows de Amor.

Ser de Dios es acceso directo,disponible a un solo “clic”;ser email de paz y esperanzareenviado a ADSL sin fín.Dios y wifi son movimiento,no te enganches a una paredque en la red hacen falta obrerosque descarguen vida a su email.

(Estribillo)Formatea el disco de tu duro corazón…elimina los archivos que te dan error,si algún virus de este mundo bloquea tu opcióndeja que el Señor te instale su Windows de Amor.Su ventana siempre abierta,sonriendo a quién te pinchó;minimiza tu conformismo,maximiza tu buen humor.Aceptar a quien no te agrega,invitar a quien te borró,comparte todas tus carpetaspara ser un buen servidor.

Dios es mi PC, Dios es mi PCDios es mi PC, Dios es mi PCDios es mi PC, Dios es mi PCDios es mi PC, Dios es mi PCmi PC…

(Estribillo)Formatea el disco de tu duro corazónelimina los archivos que te dan error,si algún virus de este mundo bloquea tu opcióndeja que el Señor te instale su Windows de Amor.

Formatea el disco duro de tu viejo corazónelimina los archivos que te dan error;si algún virus de este mundo bloquea tu opcióndeja que el Señor te instalesólo tú tienes la clavey deja que el Señor te instalesu Windows de Amor.

Page 29: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

Que actitudes miñas favorecen a ecoloxía integral, a austeridade e o consumo responsábel? Cales as dificultan?

“Coidar a creación”

Pai bo que creaches todas as cousas e nos deches un mundo tan fermoso,Pídoche para que as persoassaibamos coidar a túa Creación.Que respectemos a vida dos animais, dos bosques.Que non abusemos da naturezanin a lixemos con contaminación.

“Cómpre pensar alén”

“O sábado celebro a miña festa de aniversario e estades convidadas. Haberá xogos, globos, moita comida, torta e pola noite faroliños chinos con todos os meus desexos.”

Ana rematou de dicir estas palabras, deu a volta e afastouse, deixando as súas compañeiras de patio coa boca aberta. Todas se miraron sen entender o que pasara: Ana, a rapaza máis rica da clase invitáraas á súa festa. Varias mozas comezaron a planear o que precisaban: un vestido novo, un lazo para o pelo, uns zapatos... pero unha das mozas quedara con mala cara. A súa mente inqueda non paraba de dar voltas, non puido calalo máis e estalou: - De verdade que ides ir á festa?- díxolle ás súas amigas. Elas mirárona con cara estraña e preguntáronlle que que lle pasaba.- Négome a ir a unha festa na que solten globos e faroliños, ou é que non lembrades o que nos explicaron os veterinarios cando viñeron ao cole? Dixéronnnos que os globos acaban por caer ao mar para que os animais os coman e enfermen.Todas as mozas baixaron a vista apesaradas.- Teño unha idea- dixo outra das mozas- Iremos falar cos pais de Ana e pedirémoslles que cambien os globos e os faroliños por unha actuación nosa para Ana, será o noso agasallo para ela e será a mellor festa do mundo!

E iso fixeron. Esa tarde, cando saíron do colexio foron todas á casa de Ana falar cos seus pais. A eles encantoulles a idea e fixeron todos os preparativos en segredo.

O día da festa, ao principio Ana sentiuse decepcionada porque o seu xardín non estaba adornado como ela que-ría pero cando de improviso saíron as súas amigas e lle contaron todo, ficou conforme. Á fin Ana celebrou unha grande festa na que ningún animal sofreu por faceren algo bonito e efémero.

“Con que me visto?”

Realízase unha listaxe con todos os materiais que compoñen as prendas de vestir e obxectos que levamos posto nese intre. Vese quen leva as prendas con menos materiais plásticos e propóñense alternativas.

Debemos tentar consumir produtos que respecten os recursos naturais e que utilicen materiais que non sexan nocivos para o medio ambiente. Que mudanzas son posíbeis na miña forma de vida para axudar a resolver os problemas ambientais?

Page 30: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

“Madre tierra” de Macaco - https://www.youtube.com/watch?v=iZWryw2eFjI

Que difícil cantarle a tierra madre,que nos aguanta y nos vio crecer,y a los padres de tus padresy a tus hijos los que vendrán después,si la miras como a tu mamaquizás nos cambie la mirada,y actuemos como el que defiende a los tuyosy a los que vienen con el,la raiz en mis pies yo sentí,levante la mano y ví,que todo va unido, que todo es un ciclo,la tierra, el cielo y de nuevo aquí,como el agua del mar a las nubes va,llueve el agua y vuelta a empezar, oye i yee

Grite, grite...¿o no lo ves?va muriendo lentamente, mama tierra...mother earth...(bis)

No se trata de romper ventanas,ni farolas ni de cara,mejor romper conciencias..equivocadas..oye..nadie nos enseñó ni a ti ni a mi,nadie nos explicó ni a ti ni a mí,mejor aprender, que corra la voz y quizás conseguir..

(bbrbojer... bombeando tierra madre dice....trtrr bombeando tierra madre te dice...basta!trtrt bombeando trtrt bombeando tierra madre escuche...trtrt bombeando tierra madre dice ponte en pietrttr bombeando ponte en pie...trtrt bombeando tierra madre dice ponte en pie mirame ihee)

Grite, grite...¿o no lo ve?? (no no no no lo ve...)va muriendo lentamente, mama tierra...mother earth...(bis x4)

Oh mama reclama,se le apaga la llama,y esto no es de hoyde tiempos de atras oihoy..decre décadas degradandoYa mama reclama,se le apaga la llama,se la venden hoy,de lo que fue a lo que soy,se tre magnifican sus latidos uhoy..

llaman llaman..mama tierra llaman..ya que las manejan sin plandemasiadas cavanotras se caen luego frutos no danllaman llaman..mama tierra llaman...oidos sordos les hace el “man”,miradas se tapan,contaminan hasta que eliminan

Grite,grite..¿o no lo ves?va muriendo lentamente, mama tierra... mother earth(bis x4)

Page 31: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

Deus creounos á súa imaxe e semellanza. Síntome preto DEL? Estou sempre listo/a como María?

“Bendinos”

Pai, douche as grazas por me ter creado.Derrama sobre nós a túa sabedoría.Bendinos con creatividade, valentía e abundancia.Dótanos de boa vontade, autocontrol e disciplina.Arrodéanos de boas amizades e bríndalles saúde.Bendinos cun corazón noble e unha actitude positiva na vida.

“O barro”

Xoán abriu a súa axenda escolar e apuntou coa man tremente a tarefa que tiña que realizar durante a fin de sema-na: tiña que construír un boneco con total liberdade de materiais e ferramentas.

Axiña chegou á casa púxose mans á obra. Foi ao garaxe e alí empezou a pescudar entre os trastes e cachifallos de seu pai e súa nai. O primeiro que atopou foi un anaco enorme de metal da antiga cheminea. Pensou en usalo pero chegou á conclusión de que o boneco sería demasiado ríxido e non parecería real.Buscando, buscando atopou madeira, pero tras cavilar un pouco, desbotou a idea de a usar porque malia ser máis moldeábel có ferro, o resultado non sería real e el quería que semellase real.

De súpeto comezou a chover a caldeiros. As pingas de chuvia golpeaban con forza na chapa do garaxe e Xoán non tivo máis remedio que saír do garaxe á súa casa atravesando o xardín, con tan mala sorte que esvarou e caeu de fociños nun gran charco de auga e barro. Barro! Iso é, usarei barro para a miña obra! É un material brando que podo moldear e cando seque endurecerase. Así foi como Xoán realizou o seu proxecto de clase. Disque Deus pasou tamén por este proceso creativo, ti que cres?

“Dicir que si”

Cada un dos rapaces escribe nunha tarxeta algo que quere que faga a outra persoa que lle foi asignada previa-mente. Esa persoa te que facer o que a tarxeta diga sen poder negarse.

Estou sempre dispoñíbel cando alguén me necesita? Que me pode frear? Cando os nosos maiores nos piden algo que non nos gusta, somos quen de dicir que si? Cremos realmente que o fan polo noso ben?

Page 32: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

“La Fe de María” de Son by four - https://www.youtube.com/watch?v=RBQJeG84nbo

Que hubiese pasado Si ella hubiese dicho que no, o ignorado O dilatado, el anuncio de tu ángel de amor En cambio creyó, en tu palabra Y se hizo tu esclava, en un acto perfecto y de fe Y hoy, quiero ser como ella Y amarte aunque duelan, las espinas y el camino de la cruz.

Dame la fe señor, La fe de María Para decirte sí, un sí sin medidas Dame la fe señor, la fe de María Para renunciar a mí y entregarte mi vida mi vida.

Aunque traspasaron con una espada su corazón Y su alma lloro, el dolor de tus heridas A los pies del madero se quedó Y por creer, ella es reina y señoraY tú nos incorporas a tu eterna familia de amor Y yo en tu amor quiero permanecer Postrado a tus pies Es lo único que un día Llevaré.

Dame la fe señor, La fe de María Para decirte sí, un sí sin medidas Dame la fe señor, la fe de María Para renunciar a mí y entregarte mi vida.

Page 33: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

15 a 17 anos

Page 34: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 1 F irmamento

Que cousas nos entorpecen a mente e nos impiden ver o firmamento e a chegada do Fillo de Deus?

“Que te vexa vir”

QUE TE VEXA VIR, SEÑOR, malia os acontecementos que no noso mundo son signos de destrución e sufri-mento; sei que Ti sempre apareces, sen ruído, acompañado de humildade.QUE TE VEXA VIR, SEÑOR, porque ás veces sinto que os meus ollos buscan o que caduca, que as miñas mans se fan posesivas e egoístas, que os meus pés prefiren os camiños fácies.QUE TE VEXA VIR, SEÑOR, porque moitas veces me adormece o despiste. Sinto o cansazo da espera e asústome do que acontece neste mundo.QUE TE VEXA VIR, SEÑOR, e só así a anguria se converterá en Paz, a tristura en Ledicia e o choro en Gozo, pola túa sólo así la angustia se convertirá en Paz, la tristeza en Alegría y el llanto en Gozo, por tu Vinda ao mundo ¡Ven e Sálvanos!

“O comezo do firmamento”

Imaxine esta escena se é tan amábel. Pouco antes de nacer, dous fetos atópanse no útero, confinados nas paredes do seo materno e manteñen unha conversa. Para nos entender, a estes xemelgos chamarémolos Ego e Espírito.

Espírito dille a Ego:- Sei que isto che vai resultar difícil de aceptar pero eu creo de verdade que hai vida despois do nacemento.Ego responde:- Non sexas ridículo. Mira ao teu redor. Isto é o único que hai. Por que sempre tes que estar pensando en que hai algo máis á parte desta realidade? Acepta o teu destino na vida. Esquece todas esas parvadas da vida logo do nacemento.

Espírito cala durante un rato, pero a súa voz interior non lle permite permanecer en silencio durante máis tempo.- Ego, non ten anoxes, mais teño algo máis que dicir. Tamén creo que hai unha nai.- Unha nai!- exclama Ego cunha gargallada- Como podes ser tan absurdo? Nunca viches unha nai. Por que non podes aceptar que isto é o único que hai? A idea dunha nai é unha tolemia. Aquí non hai máis ninguén ca ti e mais eu. Creme, non hai ningunha nai.

Espírito deixa a conversa resignado, pero a inquedanza pode con el ao pouco.- Ego- implora- por favor, escoita, non rexeites a miña idea. Dalgunha forma penso que estas constantes presións que sentimos os dous, eses movementos que ás veces nos fan sentir tan incómodos, esa continua recolocación e ese estreitamento da contorna que semella producirse a medida que medramos, prepáranos para un lugar de luz cegadora, e que o experimentaremos moi pronto.- Agora sei que toleaches de vez,- replica Ego- o único que coñeciches é a escuridade. Nunca viches a luz. Como podes chegar a ter semellante idea? Eses movementos e presións que sentes son a túa realidade. Es un ser individual e independente. Esta é a túa viaxe. Escuridade, presión e unha sensación de estreitamento ao teu redor constitúen a totalidade da vida. Terás que loitar contra iso mentres vivas. Agora aférrate ao teu cordón e, por favor, fica quedo.

Espírito reláxase durante un anaco pero á fin non pode conterse por máis tempo.- Ego, teño unha soa cousa máis que dicir e despois non te volverei amolar.- Adiante- responde Ego impaciente.- Acho que todas estas presións e toda esta incomodidade non só nos van levar a unha nova luz celestial senón que cando iso ocorra, ímonos atopar coa nai cara a cara e coñecer un éxtase que superará todo o que experimentamos até agora.- Estás completamente tolo. Agora si que estou convencido.

Page 35: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 1 F irmamento

“Ver as estrellas”

Se o ceo está descuberto, realízase unha velada calquera coas estrelas. Se está cuberto, a actividade consistirá no seguinte: distribúese aos participantes cos ollos cubertos por un amplo espazo e pídese silencio. Chámase, de forma moi suave, a cadaquén polo seu nome. Faise unha rolda de nomes, chamándoos unha vez por rolda e es-pazando entre cada un. Cando a persoa comece a camiñar cara a quen a chama, báixase cada vez máis o ton. Cando chegue onda quen chama, poderá quitar a venda pero non poderá abrir os ollos até que quen chamaba o decida.

Analizade que cousas nos “bloquean” e nos impiden ver alén da nosa propia realidade.

“All of the stars ” de Ed Sheeran - https://youtu.be/nkqVm5aiC28

It’s just another nightAnd I’m staring at the moonI saw a shooting starAnd thought of youI sang a lullabyBy the waterside and knewIf you were here,I’d sing to youYou’re on the other sideAs the skyline splits in twoI’m miles away from seeing youI can see the starsFrom AmericaI wonder, do you see them, too?So open your eyes and seeThe way our horizons meetAnd all of the lights will leadInto the night with meAnd I know these scars will bleedBut both of our hearts believeAll of these stars will guide us homeI can hear your heartOn the radio beatThey’re playing ‘Chasing Cars’And I thought of usBack to the time,You were lying next to meI looked across and fell in loveSo I took your handBack through lamp lit streets I knewEverything led back to youSo can you see the stars?Over AmsterdamYou’re the song my heart isBeating toSo open your eyes and seeThe way our horizons meetAnd all of the lights will leadInto the night with meAnd I know these scars will bleedBut both of our hearts believeAll of these stars will guide us homeAnd, oh, I knowAnd oh, I know, ohI can see the starsFrom America

TRADUCCIÓNApenas é outra noitee estou fitando para a lúavin unha estrela fugaze penso en ti.Cantaba unha nana onda a ribeira e soubenque se ti estiveses,cantaríacha a ti.Ti estás na outra beiramentres a liña do horizonte se parte en dous,estou a millas de distancia de te ver,podo ver as estrelas desde América.Pregúntome... velas ti tamén?Así que abre os ollos e miraa forma na que os nosos horizontes se atopane todas as luces conducirán cara á noite comigo.E sei que estas cicatrices sangraránmais ambos os nosos corazóns cren.Todas estas estrelas guiarannos a casa.Podo ouvir o teu corazón no ritmo da radioestán poñendo “Chasing cars”e pensei en nós, de volta ao momento,no que ti estabas deitada onda min.Eu mirei cara a ti e namorei,así que collín a túa man.Aló atrás entre rúas alumeadas que coñecía,todo conducía de volta a ti.Logo, podes ver as estrelas sobre Amsterdam?Ti es a canción ao ritmo da que latexa o meu corazón.Así que abre os ollos e miraa forma na que os nosos horizontes se atopane todas as luces conducirán cara á noite comigo.E sei que estas cicatrices sangraránmais ambos os nosos corazóns cren.Todas estas estrelas guiarannos a casa.E, oh, seino,e, oh, seino,podo ver as estrelas desde América.

Page 36: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

Está o meu corazón preparado para recibir ao Señor ou hai no meu camiño cosas que endereitar, achaiar, etc.?

“De quen depende?” de José María R. Olaizola

Se de min dependese,probabelmente perderíame no labirinto das escusas.Pintarías as miñas paredes con graffitis vistosos e perecedoiros;eludiríate, faríame o despistado, poñería cara de présa,lamentaría non estar á altura e seguiría coa miña vida.Pero de min non depende, depende de ti,que segues tallando con cicel de artista todas mis arestas,de ti que fas oídos xordos dos meus balbucidos, porque coñeces a miña verdade.De ti, que segues marcando, co teu amor, a miña entraña. De ti, que me queres menos ila solitaria e máis terra de encontroSexa, pois. Que só non podo, pero se de ti depende chegaremos lonxe.

“Unha terra para dominar”

Houbo unha vez un rei moi triste que tiña un criado que ao contrario có rei, era moi feliz. Isto facía tolear ao rei, non conseguía comprender como o servente era feliz vivindo de prestado, usando roupa usada e alimentándose das sobras dos cortesáns.

Cando calmou un pouco, chamou á máis sabia do seu grupo de conselleiros e contoulle o que sucedía.- Por que el é feliz?- Ah, Maxestade, o que acontece é que el está fóra do círculo.- Fóra do círculo?- Así é.- E iso faino feliz?- Non, Maxestade, iso é o que non o fai infeliz.- A ver se entendo, estar no círculo faite infeliz.- Así é.- E el non está. E como saíu?- Nunca entrou!- Que círculo é ese?- O círculo do noventa e nove.- Verdadeiramente non entendo nada.- O único xeito de que entendas, sería amosarcho nos feitos.- Como?- Facendo entrar ao teu criado no círculo.- Iso, obriguémolo a entrar.- Non fai falla, Maxestade. Se lle damos a oportunidade, el entrará soíño.- Pero non se dará de conta de que iso é a súa infelicidade?- Si, darase de conta.- Entón non entrará.- Non o poderá evitar.- Dis que el se decatará da infelicidade que lle causará entrar nese ridículo círculo e de todos xeitos entrará nel e non poderá saír?- Tal cal Maxestade. Está disposto a perder un excelente servente para poder entender a estrutura do círculo?- Si.- Ben, esta noite pasareite buscar. Debes ter preparada una bolsa de coiro con noventa e nove moedas de ouro. Nin unha más, nin unha menos, noventa e nove!

Page 37: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

- Que máis? Levo os gardas por se acaso?- Máis nada cá bolsa de coiro. Maxestade, ata a noite.- Ata a noite.

Así foi. Esa noite a sabia foi buscar o rei. Xuntos escapulíronse ata os patios do palacio e agocháronse xunta a casa do criado. Alí agardaron ao abrente. Cando dentro da casa se acendeu a primeira candea, a muller sabia colleu a bolsa, prendeulle un papel que dicía: “Este tesouro é teu. É o premio por seres un bo home. Goza del e non contes a ninguén como o atopaches” e deixouna na porta do criado. Cando o criado saíu, viu a bolsa, colleuna, axitouna e ao escoitar o tintinar, estremeceuse, apertou a bolsa contra o seu peito, mirou cara a todos os lados e entrou á súa casa.

El, que nunca tocara unha moeda, tiña hoxe unha montaña delas para el. O paxe tocábaas e amoreábaas, aca-riciábaas e facíaas brillar á luz da candea sobre elas. Xuntábaas e espallábaas, facía moreas de moedas: unha morea de dez, dúas moreas de dez, tres moreas, catro, cinco, seis... mentres sumaba dez, vinte, trinta, corenta, cincuenta, sesenta... ata que formou a última morea: nove moedas!

A súa mirada percorreu a mesa primeiro, buscando unha moeda máis. Despois no chan e finalmente na bolsa.- Non pode ser, roubáronme!- berrou- Noventa e nove moedas. Son moitos cartos pero fáltame unha moeda. No-venta e nove non é un número completo. Cen é un número completo pero noventa e nove, non.

O rei e a súa conselleira miraban a escena pola xanela. A cara do criado xa non era a mesma: tiña a fronte engu-rrada e o xesto torto, os ollos volvéranselle pequenos e engurrados, e a boca amosaba un horríbel ricto, polo que asomaban os seus dentes.

O servente gardou as moedas na bolsa, agochouna entre a leña e sentou a facer cálculos.Canto tempo tería que aforrar para conseguir a súa moeda número cen? Todo o tempo falaba só, en voz alta. Despois quizais non precisase traballar máis. Con cen moedas un home é rico. Con cen moedas pódese vivir tranquilo. Empezou a calcular. Se traballaba e aforraba o seu salario e algún diñeiro extra que recibía, en once ou doces anos xuntaría o necesario. Se cadra podería pedirlle á súa esposa que buscase traballo na vila por un tempo. Incluso el mesmo podía traballar ata a noite, despois de todo, remataba as súas tarefas no palacio ás cinco da tarde. E así continuou durante horas, facendo as súas contas. O rei e a sabia volveron ao palacio: o criado entrara no círculo do noventa e nove!

Durante os seguintes meses, o servente seguiu os seus plans tal como se lle ocorreran aquela mañá. Un día, o ser-vente entrou na alcoba real golpeando las portas, rosmando e con cara de enfado.- Que te pasa? - preguntou o rei de bo modo.- Nada, non me pasa nada.- Antes, non hai moito, rías e cantabas todo o tempo.- Fago o meu traballo, non? Que quería a súa Alteza, que fose o seu bufón e xograr tamén?Non pasou moito tempo antes de que o rei despedise ao servente. Non era agradábel ter un criado que estivese sempre de mal humor.

Page 38: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

“Guerra ou paz?”

Identificarase a cada educando cun país. Este deberá buscar a súa situación medioambiental, así como cultural e as tradicións de dito país. Realizarase unha xuntanza, simulando os encontros da ONU, onde se buscará coñecer os detalles mencionados anteriormente, buscando solucións para os posíbeis problemas medioambientais de cada país. É importante realizar dúas xuntanzas: na primeira, teranse en conta as relación bélicas e tensións entre os países e na segunda, non.

Como inflúen as dificultades nas nosas decisións? Condicionan a nosa forma de actuar na vida?

“I lava you” https://youtu.be/F8EUSsjgWFs

Bastante tiempo atrás había un gran volcán que vivía ya solitario a medio mar

Al mirar desde ese altar que en pareja hay que estar le dio en desear un amor también

Y de ese hervor fervor un cántico le brotó y ardió sin parar su lava así

Mi sueño aquí se hará realidad si estás para mí y yo para ti Mi corazón ruega a la mar y a la tierra amar a un alma de lava

Tras cantar sin ton ni son esa lava endureció al fin hasta el borde estar de la extinción

Él nunca imaginó que bajo el mar algún volcán estaba por ahí oyéndolo en su cantar Ella diario lo escuchó, su lava ardió y ardió amó la canción que él le dedicó

Y así pensó en salir a verlo por fin y oír en esta ocasión, esa canción

Mi sueño aquí se hará realidad si estás para mí y yo para ti Mi corazón ruega a la mar y a la tierra amar a un alma de lava

Desde el fondo apareció un volcánico primor, viendo al rededor sin encontrarlo ahí

Estaba sola y quiso él cantarle y hacerse ver mas ya sin lava no, nunca cantó

Su llanto el mar inundó, el sueño aquel se ahogó y ahí de pronto oyó cantar su canción

Mi sueño aquí se hará realidad si estás para mí y yo para ti Mi corazón ruega a la mar y a la tierra amar a un alma de lava

Al nivel de este mar felices son en el final hoy mezclaban ya su lava arde más y son un solo corazón que se aloja en nuevo ho-gar si vas a visitar los oirás cantar

Mi sueño aquí se hará realidad si vas a envejecer conmigo y al revés gracias al mar y a la tierra tambiénI lava you

Page 39: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

Que actitudes miñas favorecen a ecoloxía integral, a austeridade e o consumo responsábel? Cales as dificultan?

“Cántico dos tres mozos”

Criaturas todas do Señor, bendicide ao Señor,gabádeo con himnos por sempre.

Augas do espazo, bendicide ao Señor;exércitos do Señor, bendicide ao Señor.

Sol e lúa, bendicide ao Señor;astros do ceo, bendicide ao Señor.

Chuvia e orballo matinal, bendicide ao Señor;ventos todos, bendicide ao Señor.

Lume e calor, bendicide ao Señor;fríos e xeadas, bendicide ao Señor.

Poallas e nevadas, bendicide ao Señor;carambelos e xeos, bendicide ao Señor.

Carazo e neves, bendicide ao Señor;noite e día, bendicide ao Señor.

Luz e tebras, bendicide ao Señor;raios e nubes, bendicide ao Señor.

Montes e cumios, bendicide ao Señor;canto agroma na terra, bendiga ao Señor.

Mananciais, bendicide ao Señor;mares e ríos, bendicide ao Señor.

Cetáceos e peixes, bendicide ao Señor;aves do ceo, bendicide ao Señor.

Feras e bestas, bendicide ao Señor;gabádeo con himnos por sempre.

Fillos dos homes, bendicide ao Señor;bendiga Israel ao Señor.

Bendito o Señor na bóveda do ceo,loado e glorioso e gabado por sempre e eternamente.

Page 40: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

“Raíces da alma”

Existe unha árbore cuxas raíces se estenden pola terra coma os leitos dun río. Longas, sinuosas e firmes. A vella árbore érguese altiva sobre un campo onde só semella haber lugar para ela mesma. A sombra que proxecta a súa copa e a extensión da raizame non permiten que o campo sexa apto para o cultivo.Moitas persoas foron as que estudaron o fenómeno da vella árbore, estrañadas pola insólita propagación e volume das súas raíces. Ninguén deu cunha explicación.

A miúdo as respostas viven só na lembranza de quen as relata.Conta unha lenda que hai centos e centos de anos, existiu unha tribo de indíxenas chamada Kortuc, moi numerosa e que converteran en culto o respecto á terra e a natureza, malia viviren da caza e a pesca. O apego aos seus costumes, a familia e o respecto polas orixes eran o seu maior orgullo. Vivían en harmonía non só entre as súas xentes, senón tamén coas tribos veciñas ata que un día chegaron uns homes a conquistar as súas terras, dispostos a arrasar con todo e todos. Queríanse apoderar dese solo fértil e extenso e dominar os seus habitantes para que o seu podería for absoluto.

A tribo, baixo o mando do seu cacique Kertac, presentou batalla sen máis armas cás que empregaban para cazar e pescar pero coa firme convicción de defenderen o que por dereito lles correspondía.– A terra deféndese como sexa– dixo Kertac á súa xente. Iso fixeron, para o pobo indíxena esa terra era a súa identidade, o lugar onde os seus antepasados descansaban e onde viviría a súa descendencia e a descendencia destes. Era o pasado, presente e o futuro, o seu patrimonio e tamén os seus soños. Kertac ía á cabeza da súa xente coa mirada altiva e o torso espido, camiñaba con paso firme coma se el se sentise abondo para defender unha tribo enteira. Tiña que defender a súa terra e a súa xente e se for necesario, faríao coa súa propia vida. Nese momento sentiu que non había no mundo ninguén máis para o facer, el só fronte ao perigo, el só para cumprir co seu deber como cacique e non lle tremía nin un músculo.Eran moitas as xentes de Kortuc e non tantos os colonizadores. A diferenza numérica era demasiado e optaron por se retirar, mais non sen antes daren unha poutada final. Sorprendidos e indignados pola actitude altiva e desafiante de Kertac, raptárono entre varios homes e comezaron a bourar nel sen piedade.

Os catro fillos do cacique, que aínda eran moi novos, xunto coa tribo enteira abalanzáronse sobre os homes que estaban a darlle unha malleira a Kertac. Cando conseguiron liberar ao cacique dos seus atacantes e mentres estes fuxían, decatáronse de que xa era tarde. Kertac estaba ferido de morte, pero a súa mirada transmitía unha paz que só os que aman até dar a vida por unha causa coñecen. Kertac defendera coas súas mans, co seu torso espido e coa súa vida, a súa terra e a súa xente.

Enterrárono aos pés dunha pequena árbore, aínda nova, mais forte e rexa como Kertac. As bágoas da familia e da tribo enteira regaron ese solo e fixérono fértil como poucos. Ao cabo de anos, mellor armados e organizados, os colonizadores retornaron.

Desta volta topáronse con catro homes maduros, fortes e coa mesma decisión de seu pai de defender o que lles correspondía. A loita non foi desigual en número pero si na preparación de cada bando. Catro torsos espidos enfrontáronse aos estranxeiros, dispostos -coma seu pai- a dar a vida pola súa xente. E así o fixeron, nunha loita encarnizada, os catro fillos do cacique e moitas máis xentes, deixaron a vida. O sangue derramado non foi en balde, as mortes cobraron o sentido de non deixar en mans alleas a súa terra e dignidade.

Cando os colonizadores marcharon, vencidos e xurando volver, os fillos e fillas de Kertac dispuxéronse a enterrar os seus respectivos pais. A súa intención era enterralos onda seu pai, pero malia que os corpos non estaban de-masiado lonxe, atopábanse en moi malas condicións. Ese día desatouse unha grande treboada, coma se tamén o ceo quixese despedir a eses indíxenas, polo que cada un deles foi enterrado no punto exacto onde morreran. A partir de entón, comezaron a medrar da árbore onde descansaba o corpo do cacique, catro fortes raíces, duras, como o foran os fillos de Kertac.

Coma se for unha aperta simbólica, as raíces da árbore chegaron ata cada un dos corpos e dese xeito, pai e fillos, uníronse baixo esa terra que tanto amaran e respectaran.

Page 41: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

Como prometeran, os homes volveron. Xa non eran os mesmos pero o seu obxectivo seguía a ser o mesmo: con-quistar esas terras e dominar ás súas xentes. Como fixeran o seu avó e seus proxenitores, os once netos e netas do cacique defenderon como puideron o seu, pero desta volta non trunfaron. Os estranxeiros ficaron e fixérono para sempre. Os mozos e mozas morreron coa cabeza alta e dignidade.

Porén, como os colonizadores dominaban xa a tribo, non houbo cabida para unha despedida respectuosa. Os sobreviventes soterraron como e onde puideron ás persoas caídas. O tempo foi pasando e a historia dunha tribo que vivira en paz e harmonía ficou unha lembranza. A árbore, teste-muña fiel desa historia, seguiu expandindo as súas raíces. Das catro saíran, espalláronse outras once e así, o solo continuou poboándose de apertas silenciosas.

Os estranxeiros arrasaron con todo, crendo que para civilizar era necesario destruír. Así e todo, coa vella árbore non puideron, o seu tronco era tan forte que nada o derribaba, a súa cortiza reflectía as cicatrices da súa xente. Estaba aferrado ao chan por esas raíces polas que non corría zume, senón sangue e orgullo.

Non se sabe cando deixaron de agromar raíces na árbore, moitas xentes din -e presumo que é certo- que foi cando xa non houbo descendencia algunha de Kertac. Até hoxe, a árbore e as súas impoñentes raíces, seguen rexas, unidas cun amor que venceu a morte, cunha dignidade que derrotou toda invasión, cun respecto que vai alén dos anos, da historia e do seu desenlace.

“Riqueza natural”

Realizarase un paseo por unha zona na que se atopen plantas e animais endémicos, que permita aos educandos valorar e seren conscientes da riqueza natural e das carencias que a súa zona posúe.

Vista a escaseza de… e a abundancia de…. cres que o teu consumo é coherente con esa realidade? E extrapolándoo a un nivel máis amplo?

“Volaré” de Russian Red (BSO ‘Brave’) https://youtu.be/NOOO_1FOYe8

Allá donde el viento habla y el cielo es más azulAllá donde las estrellas te iluminan con su luzCorreré, volaré, con el viento cabalgaré:Volaré, con el viento cabalgaré

Allá donde el bosque esconde secretos que nunca sabrásLas montañas se hacen eco de historias de un tiempo atrásCruzaré ríos y valles y a las cumbres subiréSeré fuerte como las rocas y orgullosa gritaré:Correré, volaré, con el viento cabalgaréVolaré, con el viento cabalgaré

Gritaré

Correré, volaré

Cabalgaré.

Page 42: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

Deus creounos á súa imaxe e semellanza. Síntome preto DEL? Estou sempre listo/a como María?

“Oración pola humanidade”

Danos entrañas de misericordiafrente a toda miseria humana.Inspíranos o xesto e a verba oportunafrente o irmán só e desamparado.Axúdanos a mostrarnos dispoñibles ante quen se sinte escravizado e deprimido.Que a túa Igrexa, Señor, sexa un recintode verdade e de amor, de liberdade,de xustiza e de paz,para que todos atopen nelaun motivo para seguir esperando.Que quenes te buscamos sepamos recoñeceros signos dos tempose crezamos en fidelidade ao Evanxeo;que nos preocupemos de compartir no amoras angustias e tristurasas ledicias e esperanzas de todos os seres humanos,e así lles mostremos o teu camiñode reconciliación, de perdón, de paz.

“A beleza da persoa unida á natureza” de Esther Marrero León ‘microrrelatos’ - 18 de mayo de 2018

A casa da avoa Branca atopábase nas aforas da cidade.. Tratábase dunha pequena finca onde adoitaba xuntarse toda a familia todos os veráns nun intento de resumir aquilo que non puideramos contarnos ao longo do ano. Aínda que aquel verán do setenta e catro era diferente xa que, por vez primeira, coincidiriamos catro xeracións xuntas entre bisavós, avós, netos e o primeiro bisneto da saga; o pequeno tesouro da miña irmá Lucía, Lucas.

Durante todo o mes de xullo as portas e xanelas da casa ficaban abertas día e noite, pois sempre había alguén deambulando polos arredores daquela marabillosa paraxe. Tanto tiña que for acompañado pola luz do día e o canto dos merlos, ou polo luar e o fretar das ás dos grilos.

Porén, este sería o derradeiro verán que pasariamos todos xuntos. O terceiro domingo daquel mes, na metade do tradicional almorzo que celebrabamos cada domingo baixo unha enorme figueira que daba sombra a toda a casa, a avoa Branca decidiu marchar. Sen máis. Terminou a súa limoada, recostou na cadeira e observándonos a todos e a nosa atarefada comida, sorriu e marchou.

A avoa Branca era así, nunca quería importunar. Facíao todo co maior respecto e discreción que xamais noutra persoa vin. E así mesmo quixo comportarse no momento da súa marcha. A finca ficou en silencio, nin sequera os merlos se atreveron a cantar ou pasar co seu voo rasante ao noso carón. Intuían o que sucedera e gardaron consi-deración co seu acougo e enloitadas plumas.(…)Na mañá seguinte, un coche fúnebre partía coa avoa no seu interior, arredándose polo camiño da casa na que sempre viviu, así como do seu derradeiro verán connosco. Tras dela, unha bandada de merlos acompañábana con voos de despedida e milleiros de cantos alborotados que aledaban a súa viaxe.Por un intre, e mirando ao ceo, tiven a sensación de ver como o negro acibeche da súa plumaxe se transformaba cal abanos de fermosas e intensas cores.

Page 43: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

“A cada quen, o seu”

Dinámica sobre a aceptación e o respecto aos demais: durante unha actividade calquera (debate, merenda, pa-seo,…) cada educando ten nas súas costas un cartel cun “tipo de persoa”, cun rol social determinado. Trátase de que descoñecendo o que é cada un, tratar aos demais como tratarían á persoa do cartel.

Por exemplo: se se ve a unha persoa que, nas súas costas, ten o cartel de ‘banqueiro”, tratalo como se trataría a un banqueiro. Cada un debe adiviñar, polo trato que recibe dos demais, o que pon o seu cartel.

Analizade se tratamos a todos coa dignidade de fillos de Deus ou se os tratamos segundo o seu rol na sociedade. Sería quen de cambiar en algo?

“Girasoles” de Rozalén - https://www.youtube.com/watch?v=0228mfBzZEk

Era necesario respirar para mirar alrededor Paseo por La Habana y un café frente al Malecón-cón-cón-cónComienzan los recuerdos las espinas afloran en mi interior Todo lo que no se atiende tarde o temprano rea-parecePero nos miramos, vaya año pasamos A ver si remontamos Sin dedicarle más tiempo Y el mundo está lleno de mujeres y hombres bue-nosAsí que le canto a los valientes Que llevan por bandera la verdad A quienes son capaces de sentirse en la piel de los demás Los que no participan de las injusticias No miran a otro lado Los que no se acomodan Los que riegan simpre su raizA ti, mi compañero que me tiendes la mano Que es tu corazón bondad Me estudias con curiosidad Me miras con respeto Y besas con cariño cada parte de mi cuerpoTienes en los ojos girasoles Y cuando me miras soy la estrella que más brilla Cuando ríes se ilumina todo el techo Ya duermo tranquila, siento tanta calma adentro Y tienes en los ojos girasoles Y cuando me miras soy la estrella que más brilla Cuando ríes se ilumina todo el techo Ya duermo tranquila, siento tanta calma adentro

Es necesario revivir para poder saborear Encajo las ideas, reflexión para mejorar Antes de un gran impulso doy un paso pequeñito para atrásTodo lo que no atendí Vuelve siempre a resurgirPero sonreímos Vaya si vivimos Todo lo que aprendimos No le dedicaré más tiempo pues el mundo está lleno de mujeres y hombres buenosAsí que le canto a los coherentes A los humildes que buscan la paz A los seres sensibles que cuidan de otros seres y saben amar A todos los que luchan por nuestros derechos Miran a todo hombre igual A quienes no me juzguen Y a quienes estén dispuestos a compartirA ti mi compañero que tienes alma pura Que es tu corazón bondad Respetas mi espacio vital Me escuchas bien atento Y besas con cariño cada parte de mi cuerpoTienes en los ojos girasoles Y cuando me miras soy la estrella que más brilla Cuando ríes se ilumina todo el techo Ya duermo tranquila, siento tanta calma adentro Y tienes en los ojos girasoles Y cuando me miras soy la estrella que más brilla Cuando ríes se ilumina todo el techo Ya duermo tranquila, siento tanta calma adentroEl progreso de la condición humana requiere Inapelablemente que exista gente que se sienta en el fondo felizEn gastar su vida al servicio del progreso humano

Page 44: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

De 18 en adiante

Page 45: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 1 F irmamento

Que cousas nos entorpecen a mente e nos impiden ver o firmamento e a chegada do Fillo de Deus?

“Axúdame a priorizar”

Señor, axúdame a buscar cada día máis de ti, a te poñer primeiro no meu corazón e a poñer as miñas prioridades en orde. Dime que poñer en primeiro lugar, dáme a enerxía e a fortaleza precisas para facelo realidade, amaña as veces que altero esa orde. Dáme tamén a sabedoría e a fortaleza que se precisa para dar tempo e amor a quen me necesita e ser obediente á túa vontade. No nome de Xesucristo o teu fillo. Amén.

“Pedras grandes e pequenas”

“Nunca atopo tempo para as cousas importantes” Sóache? Eu durante moitos anos fun protagonista desta frase ou unha moi parecida. Se é o teu caso, se non encontras tempo para as túas prioridades, para actividades ou tarefas que che gustaría facer, para cumprir os teus soños, propóñoche ler o seguinte conto...“Cales son as pedras grandes na miña vida?”Un conto sobre como estabelecer prioridades...

Un día, unha anciá profesora foi chamada para falar sobre a planificación máis eficaz do tempo aos mandos superiores dalgunhas importantes empresas norteamericanas. Entón decidiu probar un experimento. De pé, sacou de debaixo da mesa un gran tarro de cristal baleiro. Asemade tomou tamén unha ducia de grandes pedras que colocou con delicadeza unha por unha, no vaso até o encher. Cando xa non se podía meter máis, preguntou ao público: «Pensan que o tarro está cheo?», E todos responderon: «Si!». Esperou un intre e insistiu: «Están certos?».

Inclinouse de novo e sacou de debaixo da mesa unha caixa chea de grava que botou con precisión enriba das grandes pedras, movendo lenemente o tarro para que se coasen entre elas até o fondo. «Está cheo desta vez o ta-rro?», preguntou. Máis prudentes, os espectadores comenzaron a comprender e responderon: «Talvez aínda non». «Ben!», contestou a vella mestra.

Inclinouse novamente e sacou un saquiño de area que, con coidado, botou no vaso. A area encheu todos os espa-zos que había entre as pedras e a grava. Entón preguntou unha vez máis: «Está cheo agora o vaso?». E todos, sen dubidar, responderon: «Non!». En efecto, respondeu a mestra, e, tal como esperaban, tomou a xerra que estaba na mesa e verteu auga no tarro ata o borde.

Nese intre, ergueu a vista cara ao auditorio e preguntou: «Cal é a gran verdade que nos amosa este experimen-to?». O máis audaz, pensando no tema do curso, respondeu: «Demostra que tamén cando a nosa axenda está completamente chea, cun pouco de boa vontade, sempre se pode engadir algún compromiso máis, algunha outra cousa por facer».

«Non –respondeu a profesora–; non é iso. O que o experimento demostra é outra cousa: se non se introducen primeiro as pedras grandes no vaso, xamais se conseguirá que caiban despois». Tras un instante de silencio, todos se decataron da evidencia da afirmación. Así que proseguiu:

«Cales son las pedras grandes, as prioridades, na súa vida? A saúde? A familia? Os amigos? Defender unha causa? Levar a cabo algo que lles importa moito? O importante é meter esas pedras grandes no primeiro lugar na sús axenda. Se se dá prioridades a milleiros doutras cousas pequenas (a grava, a area) encherase a vida de nimiedades e nunca se atopará tempo para dedicarse ao verdadeiramente importante.

Page 46: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 1 F irmamento

“Repartir o tempo”

Faise cada día da semana unha revisión de como e en que ocupamos o noso tempo. Á fin da semana nalizar e valorar a que cousas ocupamos o tempo e a cousas dedicamos menos ou nada.

Estou satisfeito de como reparto o meu tempo? Fixen felices aos demais? Fun feliz? Comprométome a mellorar algo?

“Lo mejor de mi vida eres tú” de Ricky Martin - https://www.youtube.com/watch?v=p9_Tudgl8KE

Yo me siento al fin felizLa tristeza no es para miQue me importan lo que vivíSi me regalan el futuro no lo quiero sin tiAy no me digas noSi escondes algo dámeloPorque llego la hora de estar conmigoPues el destino así lo escribióSi es amor, abrázame con ganasSi no lo es, tal vez será mañanaEstando juntos mi mundo se llena de luzLo mejor de mi vida eres túMe voy de fiesta si quieres ir (quiero ir)De Buenos Aires hasta Madrid (hay ole)Y sin dormirnos acabar con ParisTe juro que jamás te vas a arrepentirHay no me digas noSi escondes algo dámeloPorque llego la hora de estar conmigoPues el destino así lo escribióSi es amor, abrázame con ganasSi no lo es, tal vez será mañanaEstando juntos mi mundo se llena de luzLo mejor de mi vida eres túEres tú (dame, dámelo baby)Lo mejor lo mejorEres tú

Suéltate el pelo y juega entre las olas (entre las olas)Sobre la arena a la orilla del mar (la orilla del mar)Prepárate que la noche no perdonaVen que nos vamos de marcha otra vezMañana, mañanaPorque llego la hora de estar conmigoPues el destino así lo escribióSi es amor, abrázame con ganasSi no lo es, tal vez sera mañanaEstando juntos mi mundo se llena de luzLo mejor de mi vida eres túEres túLo mejor, lo mejor, lo mejor en mi vida eres túLo mejor de mi vida eres túLo mejor de mi vida eres túLo mejor de mi vida eres túDame, dámelo baby

Page 47: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

Está o meu corazón preparado para recibir ao Señor ou hai no meu camiño cosas que endereitar, achaiar, etc.?

“Abrir camiños”

Señor, ti queres facer cousas novas na miña vida e abrir sendeiros novos para preparar a túa chegada, mándasme desbotar toda amargura, anoxo, ira, berros, maledicencia, maldade, a túa Palabra di que temos que ser misericordiosos cos outros, perdoarnos os uns aos outros como tamén Deus me perdoou en Cristo.

Axúdame a ter un corazón capaz de perdoar, quero camiñar nos froitos do teu espírito que son amor, ledicia, paz, paciencia, amabilidade, bondade, fidelidade.

A túa Palabra di que perdoe aos meus inimigos, que bendiga aos que me maldín, que faga ben aos que me aborrecen e que rece polos que me perseguen. Ti dis que venza o mal co ben, que non devolva mal por mal ou insulto por insulto, senón máis ben bendicindo. A túa palabra di que queres que ame a vida e que vexa días bos. Señor, axúdame a camiñar seguindo a túa vontade e ser cada día mellor persoa. Amén.

“Os tres irmáns”

Xacinto e o seu irmán menor Xabier eran donos dunha zapataría chamada “A Sola de Ouro”. Nela vendían todo tipo de calzado, desde mocasíns para cabaleiros, zapatos para damas, ata tenis para a rapazada e zapatillas para todos. Levábanse ben entre eles e dividían os beneficios a partes iguais. Pero un día, un deles acusou ao outro de ter collido cartos da caixa sen o avisar. Este replicou que non era certo e aproveitou a ocasión para reclamarlle ao outro que non traballaba abondo. Os dous sentíronse ofendidos. Comezaron a discutir sen lles importar a pre-senza da clientela, dos reproches pasaron aos berros e de alí, aos insultos. Terían acabado a golpes se a súa irmá Xosefina, quen por casualidade se atopaba de visita, non os tivese parado.

Este desacordo marcou a fin dos bos tempos: Xabier díxolle ao seu irmán que non quería seguir sendo o seu socio. Xacinto respondeu que el tampouco o desexaba; que podía encargarse el só do negocio. Así foi como Xabier mar-chou e, cos seus aforros, abriu a súa propia tenda de calzado fronte á de Xacinto. Chamábase “A verdadeira Sola de Ouro”. Ambos competían para atraer a clientela e tornáronse rivais. No fondo ambos desexaban reconciliarse pero eran tan orgullosos que ningún estaba disposto a dar o primeiro paso. Á súa irmá Xosefina doíalle moito que se afastasen un do outro, polo que ideou un plan. Unha mañá envioulle a Xacinto un correo electrónico que dicía: “Irmán, déboche unha desculpa. Fun moi inxusto contigo, espérote na casa de Xosefina hoxe ás 3 da tarde para che pedir perdón. Xabier”

Ao ler esta mensaxe, Xacinto decidiu que como o seu irmán estaba disposto a recoñecer o seu erro, perdoaríao. O que el ignoraba era que Xosefina lle mandara a Xabier un correo idéntico, só que coa sinatura de Xacinto.Ambos irmáns presentáronse á cita. Xacinto díxolle a Xabier: “Benquerido irmanciño, recibín a túa mensaxe, claro que te perdoo!”. Cando escoitou isto, Xacinto sorprendeuse moito e exclamou: “Pero que dis? Ti es o que quería desculparse comigo, dixéchelo no teu correo!” “De que correo falas? Fuches ti quen me escribiu”, replicou o outro.“Descúlpate!” exixiu o maior. “Non, descúlpate ti!” contesou o menor. Antes de que estalara unha nova disputa, Xosefina interrompeunos. Confesou que ela era a verdadeira autora das mensaxes e que o fixera para os xuntar e aclarar as cousa. Pediulles que recoñecesen os seus erros e deixarán atrás o rancor. Así e todo, ningún parecís dis-posto a muda a súa actitude. “Pechei a porta da rúa con chave” anunciou finalmente Xosefina. “Non marcharedes ata que amañedes as vosas diferenzas. Non vos decatades? No fondo ambos queren rematar con esta situación e estar xuntos de novo. Se non for así, ningún tería vido hoxe á miña casa”.

Xabier e Xacinto recoñeceron que a súa irmá tiña razón. Con bágoas nos ollos déronse unha aperta e prometeron non batallar máis. Decidiron volver traballar xuntos. Agora teñen outra zapataría, a cal bautizaron co nome de “Os Irmáns”.

Page 48: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 2 Terra

• Consideras que Xabier fixo ben cando deixou a zapataría e puxo o seu propio negocio?• Cres que foi correcto que Xosefina enviara correos falsos aos seus irmáns?• Por que cres que Xacinto e Xabier se resistían a pedir perdón?• Como te levas cos teus irmáns e amigos? Discutides con frecuencia? Pedídesvos perdón e perdoades?

“É doado perdoar?”

Cada participante escribirá situacións vividas nas que fora necesario perdoar ou ser perdoado e vivencias que ten pendente solucionar.

A continuación poden compartirse en grupo pequeno e, entre todos, analizar as causas que favorecen e as que dificultan o perdón.

“El verdadero amor perdona” de Maná - https://www.youtube.com/watch?v=Q21oI-UIdVI

Tienes todos los espaciosInundados de tu ausenciaInundados de silencioNo hay palabras no hay perdón

Tú me tienes olvidadoNo respondes al llamadoNo eches tierra a la palabraMe condenas a la nadaNo me entierres sin perdón

Mira corazón que es el engañoSe revierte y hace dañoSe revienta en el aireComo pompas de jabónCómo pude haberte yo herido

Engañarte y ofendidoAlma gemela no te olvidoAunque me arranque el corazón

Ay el rencor que nos envenenaNos hace dañoAunque no regreses corazónHaz de perdonarme

El verdadero amor perdonaNo abandonaNo se quiebra no aprisionaNo revienta como pompas de jabón

Un error es algo humanoNo justifico la traiciónLos amantes verdaderosSe comprenden se aman y seOlvidan del rencor

La noche empieza a amotinarseDe sueños rotos y el dolorY me revuelco en la camaAferrándome a la nadaImplorando tu perdón

Mira corazón cuánto te extrañoPasan días pasan añosY mi vida se revientaComo pompas de jabónCómo pude haberte yo heridoEngañarte y ofendidoAlma gemela no te olvidoAunque me arranque el corazón

Ay el rencor que nos envenenaNos hace dañoAunque no regreses corazónHaz de perdonarme

El verdadero amor perdonaNo abandonaNo se quiebra no aprisionaNo revienta como pompas de jabón

Un verdadero amor perdonaUn verdadero amor perdonaSi el amor es verdaderoNo se quiebra no abandonaNo se quiebra no abandona

Page 49: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

Que actitudes miñas favorecen a ecoloxía integral, a austeridade e o consumo responsábel? Cales as dificultan?

“Grazas polo teu agasallo”

Deus pai bo, que un día soñaches coa máxica luz que nos alumea.Grazas polo teu agasallo.Deus pai bo, que un día soñaches cun ceo alto, pintado de azul e nube.Grazas polo teu agasallo.Deus pai bo, que un día soñaches cun mar inmenso e a terra cuberta de plantas.Grazas polo teu agasallo.Deus pai bo, que un día soñaches co sol amigo e a noite de estrelas e de lúa.Grazas polo teu agasallo.Deus pai bo, que un día soñaches co aire cheo de aves e augas repletas de peixes.Grazas polo teu agasallo.Deus pai bo, que un día soñaches milleiros de formas de animais increíbeis.Grazas polo teu agasallo.Deus pai bo, que un día soñaches con persoas que amarían a túa creaciónGrazas polo teu agasallo.

“Os monos bubuáns”

Había una vez una estraña selva chea de monos bubuáns. Os bubuáns eran uns monos de brazos longos e pernas curtiñas, que dedicaban todo o tempo a adornaren os seus brazos con coloridas e brillantes pulseiras. Cada certo tempo visitábaos o macaco Mambo, co seu carro cheo de pulseiras e cachifallos. Nunha das súas visitas, apareceu cunhas enormes e brillantísimas pulseiras, as máis bonitas que nunca levara. E tamén as máis caras, porque nunca antes pedira tanto por elas.

Todos os bubuáns, agás Nico, correron por todas partes a conseguir plátanos abondo para pagaren a súa pulseira. Sendo tan caras, tiñan que ser as mellores pero Nico, que gardaba plátanos por se fixeren falla no futuro, e que a miúdo dubidaba que todas aquelas pulseiras valesen para algo, pensou que eran demasiado caras. Porén, como non quería desaproveitar a visita de Mambo, rebuscou entre os seus cachifallos algo interesante, ata que deu cunha caixa estraña, chea de ferros tortos.

- Non serve para nada, Nico.- díxolle o vendedor- Podes quedar con ela por un par de plátanos. Así, Mambo marchou logo de ter vendidas as súas pulseiras, deixando aos bubuáns encantados e sorrintes. Pero ao pouco tempo comezaron a se decatar de que aquelas pulseiras, tan anchas e alongadas, non deixaban mover ben os brazos e eran un verdadeiro obstáculo para facer o máis importante na vida dun bubuán: coller plátanos. Trataron de quitalas mais non puideron. Entón resultou que todos querían os plátanos de Nico, que eran os únicos de toda a selva que non estaban nas árbores. De súpeto Nico convertérase no bubuán máis rico e respectado da selva. Mais non ficou aí a cousa, aquela caixa de raros ferros tortos que tan interesante lle parecera a Nico e tan pouco lle custara, resultou ser unha caixa de ferramentas.

Axiña Nico descubriu moitas das súas utilidades, non só puido liberar aos demais bubuáns daquelas estúpidas pulseiras, senón que atoparon moitísimas formas de as empregar para conseguiren cousas incríbeis. E así foi como, grazas á sensatez de Nico, os bubuáns comprenderon que o prezo das cousas nada ten que ver co seu valor real e que deixarse levar polas modas e demais mensaxes dos vendedores é un xeito asegurado de rematar tendo problemas.

Page 50: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

“Consumo responsábel”

Lese o seguinte artigo e preséntase o debate sobre o consumo de cada un dos presentes e a súa responsabilidade no coidado ou deterioro do medio ambiente.

«Cóntame que consumes e direiche o mundo que estás a crear»

A miña intención era compartir a miña opinión arredor da responsabilidade que temos e o poder que ostentamos en xeral en todo tipo de consumo.

Vexamos, non se oferta aquilo que non se demanda, mentres sigamos consumindo programas de televisión do corazón, seguiranse creando programas de TV dese tipo. Mentres continuemos mercando roupa fabricada en condicións infrahumanas e violando os dereitos humanos, as marcas seguirán vendo nese tipo de confección un negocio moi lucrativo ao que non se queren resistir. Mentres sigamos poñendo a nosa atención en artigos sobre como acadar os glúteos de Mengana, a prensa e demais medios (bloggers, instagrammers, youtubeiros, etc) seguirán creando contido sobre glúteos.

Semella evidente pero non o debe ser tanto cando continuamos a consumir lixo, ao tempo que nos queixamos de que só hai lixo.

Fagamos unha listaxe de cousas que consumimos. Consumimos en restaurantes, cafetarías e discotecas, e tamén en mercados y supermercados. Consumimos roupa e zapatos, tecnoloxía, libros, música, accesorios de todo tipo, electrodomésticos, etc. Tamén consumimos contido nas redes sociais, prensa, radio e televisión.

Se pos toda a túa atención no teu consumo e pensas que cada vez que mercas algo, cada vez que ves un programa, cada vez que dás un “gústame” a unha publicación, estás votando para que ese contido ou produto siga sendo ofertado (e consecuentemente creándose ou confeccionándose), se cadra empecen a entrarche ganas de realizar pequenos axustes nas túas compras ou no contido no que te paras.

Redes sociais, ese lugar…Que cres que pasaría se, de súpeto, o consumo de iogures de limón se dispara? Imaxina que un día decides que amas os iogures de limón e comes dous ao día, cada semana mercarías máis dunha ducia e asegúroche que a tenda ou supermercado onde os mercas, vano notar e van pedir máis á fábrica. A fábrica apreciará ese novo nivel de demanda e producirá máis iogures de limón e, polo tanto cando chegues ao súper, o máis normal é que o espazo destinado a iogures de limón sexa maior. Vale, se cadra polo teu incremento na demanda isto non ocorra, mais imaxinas toda unha cidade poñendo moito interese nos iogures de limón? Axiña haberá marcas especializadas en iogures de limón! E ata iogures de limón gourmet!

Agora traslademos este exemplo ás redes sociais, blogs, YouTube e, até mesmo, revistas como a que estás a ler neste momento. Se o vídeo de como ter os beizos máis carnosos facendo ventosa cunha cunca ten millóns de visitas, é porque millóns de persoas coma ti e coma min, vírono. Se eu for youtubeiro/a e vexo que ese tipo de vídeos teñen máis éxito cós que tratan sobre arqueoloxía exipcia, de que cres que é máis probábel que faga o meu vindeiro vídeo?

Non perdamos de vista que as persoas creadoras de contido para as redes sociais, prensa e marcas son persoa que, en moitos casos, obteñen un ingreso extra por iso ou que gañan a vida dese modo e, polo tanto, deben atender a aspectos como: cales son os contidos máis solicitados pola comunidade, que tipo de mensaxe se busca e que tipo de experiencia resulta máis agradábel aos usuarios.

Se o contido de modelos ideais millonarias ten máis gústames ca calquera outro tipo de contido, como podemos queixarnos de que só haxa modelos ideais con vida de millonaria nas redes? Pero se é o que estamos a pedir!

Page 51: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

E a prensa?Queixámonos a miúdo tamén do traballo de redactores en prensa que só atenden a temas banais, baleiros e sensacionalistas, pero non é acaso o contido ao que primeiro accedemos? Queixámonos da cantidade insostíbel de programas do corazón que hai na televisión a todas horas, pero resulta que cando queremos matar o tempo, son precisamente esas canles a que poñemos!

O ano pasado por estas datas escribín un artigo sobre unha operación bikini alternativa que tivo bastante éxitro e polo que, ademais, recibín boísimas opinións. E ben, claro está que o artigo gustou e foi bo, pero non foi acaso o tema operación bikini o que atraeu a atención do público? Non foi acaso esa demanda do tema operación bikini o que me levou a min a o escribir?

E as marcas?As marcas! Ese gran tema! Dicíame unha moza de Instagram que non temos responsabilidade ningunha, nin poder para mudar as cousas porque as grandes marcas son as que chegan ao público, as que mellor publicidade pagan e as que controlan os mercados.

Innegábel, por suposto, agás o do control dos mercados. Mañá El Corte Inglés ou calquera outra tenda pode lanzar unha macro campaña da súa sección de peletería e asegúroche que na miña casa non entrará nin un abrigo de pel. Quen ten control sobre se eu compro ou non un abrigo de pel? A tenda? A influencer do momento que o poida pór de moda? Ou eu?

Outra moza comentoume unha suposición boísima de acceso a determinadas marcas ou alimentos en función do poder adquisitivo da familia onde nos poidamos atopar situacións de “non poder mercar leite ecolóxico, non vou deixar os meus fillos sen leite”. Nada que dicir. Da mesma maneira que divulgo a necesidade de elixir e votar polos mellores produtos, tamén entendo a necesidade de elixir e votar en función das posibilidades de cada un, xa que calquera outra cousa respondería ao inútil “se eu tivese que... faría tal cousa”.

Mais non cómpre levar as cousas ao extremo, non é todo ou nada. Se non está nas nosas posibilidades facer algo aínda que creamos que sería o mellor, podemos facer outra cousa. E se cadra os alimentos aos que temos acceso non responden aos nosos valores, pero os libros, as revistas e as películas que mercamos si; e podemos mercar tamén marcas de cosmética non testada en animais, que pode ser igual ou máis económica ca outras que si o fan.

Se deixamos de mirar cara a fóra e observamos o noso interior, o interior do noso fogar, do noso armario ou da nosa despensa, observaremos multitude de pequenos axustes que podemos realizar para que o noso consumo sexa máis coherente co mundo que queremos deixar aos nosos fillos e fillas.No fin de contas o que me preocupa e o que quixen pór de relevo sacando este tema en redes sociais, é que neste mal chamado primeiro mundo aínda pensemos que a responsabilidade do noso consumo depende doutros.

Preocúpame que votemos cada día con miles de pequenas accións. Desde a procedencia do noso café ou o tipo do noso leite, a forma na que imos traballar e a actitude coa que traballamos, a comida, o libro que imos regalar a nosa nai, o programa de TV que vemos pola noite, a crema hidratante ou a forma na que lavamos o coche. Absolutamente todas as nosas accións son pequenos votos que están conformando o noso mundo.

Artículo objetivobienestar.com

Estou axudando a crear un mundo mellor ou todo o contrario?

Page 52: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 3 P lantas e animais

“Abriendo caminos” de Diego Torres - https://www.youtube.com/watch?v=ImX1AalXJbc

VoyAbriendo caminos para dejarteLas cosas buenas que aprendoMientras camino mis calles

Me llevaréLas buenas luces que tiene la genteQue me iluminan la vidaY me regalan mi suerte

(Como un río que camina hacia el mar)

Quiero verLa risa del sol por las mañanasQue venga siempre a golpearnos la ventanaYo quiero un solYo quiero un sol que me acompañeHablando siempre de frenteTirando todo lo malo

VoyAbriendo caminos para encontrarteEn este mundo perdidoTambién hay buenos amigos

Y me llevaréLas buenas luces que tiene la genteY cuando me sienta soloMe cuidarán para siempre

(Como un río que camina hacia el mar)

Quiero verLa risa del sol por las mañanasQue venga siempre a golpearnos la ventanaYo quiero un solYo quiero un sol que siempre me acompañeHablando siempre de frenteTirando todo lo malo

(Como un río que camina hacia el mar)

Sacando lo de afueraY no te quedes a esperarNo, no, no, noComo un río que camina hacia el marRíe, llora que aún queda mucho por andar

Y aunque en el mundo hay personas tan grisesY otras que no paran de brillarEn esta vida que se me terminaNo quiero ya dejarte de cantar(Como un río que camina hacia el mar)

Sacando lo de afueraY no te quedes a esperar

(Como un río que camina hacia el mar)

Ríe, llora que aún queda mucho por andar

(Como un río que camina hacia el mar)

Ojalá que llueva café en el campoComo un río que camina hacia el marSaber que se puede, querer que se pueda,Sacarlo todo pa’ afuera

(Como un río que camina hacia el mar)

Bueno, tu canta conmigo Juan LuisHoy me sube la bilirrubina

(Como un río que camina hacia el mar)

Pero deja, Diego, que tus sueños sean olasQue vienen y van

(Como un río que camina hacia el mar)

Quisiera ser un pez y no perdermeEn este mar

(Como un río que camina hacia el mar)

Y a pesar de los errores tratar deEstar mejor

(Como un río que camina hacia el mar)

Page 53: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

Deus creounos á súa imaxe e semellanza. Síntome preto DEL? Estou sempre listo/a como María?

“¡Estar listo, Señor!”

Estou listo, Señor!Señor, estasme chamando.E eu teño medo a che dicir que si.Búscasme e trato de te esquivar e isoimpídeme saber que queres de min.Ás veces quérome entregar,na medida das miñas forzas,co pulo da túa forza interiore neses intres todo me parece máis doado.Mais cando me dou de conta do sacrificio necesarioDetéñome, asústome.Dáme forza para dicir que si,Para entender o que queres de minE estar disposto a iso.Amén.

“Cristian”

Cristian case non viu á señora, no auto parado á beira da estrada. Chovía a caldeiros e era de noite, mais deca-touse de que ela precisaba axuda. Así que parou o seu propio coche e achegouse. O auto da señora cheiraba a tinta, do novo que era. A señora pensou que podería ser un asaltador, el parecía pobre e esfameado; non inspiraba confianza.

Cristian apercibiuse de que ela tiña moito medo e díxolle:- Estou aquí para a axudar madame, non se preocupe. Porque non espera no coche, que está máis quentiño? A propósito, o meu nome é Cristian.

Ben, o que pasara é que ela tiña un pneumático picado e ela era unha señora xa de idade avanzada, algo un tanto incómodo. Cristian agachouse, colocou o gato mecánico e levantou o auto. Logo dun rato conseguira cambiar a roda, aínda que lle custou acabar sucio e cunha ferida nunha das súas mans...

Cando apertaba as porquetas da roda, ela abriu a portela e comezou a conversar con el. Contoulle que non era do lugar, que só estaba de paso por alí e que non sabía como lle agradecer a súa preciosa axuda. Cristian apenas sorriu mentres se levantaba. Ela preguntoulle canto lle debía, xa imaxinara todas as cousas que lle poderían ter pasado se Cristian non tivese parado para lle botar unha man. Cristian non pensaba en diñeiro, gustáballe axudar ás persoas... Este era o seu modo de vivir, así que respondeu:- Se realmente desexa pagarme, a próxima vez que encontre alguén que precise de axuda, déalla e lémbrese de min.

Algúns quilómetros máis adiante, a señora detívose nun pequeno restaurante. A camareira veu onda ela e tróuxolle unha toalla limpa para que secase o seu mollado cabelo e dirixiulle un doce sorriso...

A señora apercibiuse de que a camareira estaba embarazada e polo aspecto do seu ventre non había faltar máis dun mes para que dese a luz, pero que non deixaba que a tensión e as dores mudasen a súa actitude...A señora ficou cavilando como alguén que tendo tan pouco, podía tratar tan ben a un estraño. Entón lembrouse de Cristian, rematou a súa comida e mentres a camareira buscaba cambio, a señora retirouse...Cando a camareira volveu, buscou pola señora coa mirada, cando notou algo escrito no pano de mesa, sobre a cal había cinco billetes de cen euros.

Page 54: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do

SEMANA 4 O Home e a Muller

Bágoas agromaron dos seus ollos cando leu o que a señora escribira: “Ti non me debes nada, eu teño abondo. Alguén me axudou hoxe e da mesma maneira estoute axudando a ti. Se ti verdadeiramente quixeres reembolsarme estes cartos, non deixes que este círculo de amor morra contigo, axuda a alguén que o precise”.

Aquela noite, cando chegou á casa, deitouse esgotada na cama onde xa durmía o seu marido e ela ficou pensan-do nos cartos e no que a señora deixara escrito...Como puido saber esa señora canto precisaban os cartos ela e mais o seu marido? Co meniño a piques de nacer o mes que vén, todo estaba difícil...

Ficou pensando na bendición que recibira e esbozou un gran sorriso...Deu grazas a Deus e volveuse cara ao seu preocupado marido, bicouno con suavidade e bisboulle:- Todo vai estar ben, ámote Cristian!

A vida é así, como un espello. Todo o que ti das, volve a ti.

“Escusas ou razóns?”

Ao longo da semana cada mozo/a debe anotar dúas veces que dixese que si a unha petición de axuda ou colabo-ración e dúas nas que dixese que non. En ambos casos debe analizar as razóns que levaron a dicir que si ou non, os posíbeis debates interiores e os sentimentos vividos. Á fin débense compartir en grupo as vivencias e analizar posíbeis melloras na súa actitude ante o servizo.

Estou sempre listo/a como estivo María? Que cousas me frean?

“Odio por amor” de Juanes - https://www.youtube.com/watch?v=y-XvXyrp4uU

Trabajamos como dos locomotoras a todo vaporY olvidamos que el amorEs mas fuerte que el dolorQue envenena la razónSomos victimas así de nuestra propia tonta creaciónY olvidamos que el amorEs mas fuerte que el dolorQue una llaga en tu interior

(Estribillo)Los hermanos ya no se deben pelearEs momento de recapacitarEs tiempo de cambiarIt’s time to changeEs tiempo de cambiarIt’s time to changeEs tiempo de saberPedir perdónEs tiempo de cambiarEn la mente de todosEl odio por amorIt’s time to change

Si te pones a pensarLa libertad no tiene propiedadQuiero estar contigo amorQuiero estar contigo amorQuiero estar contigo amorSi aprendemos a escucharQuizás podamos juntos caminarDe la mano hasta el finalYo aquí y tu alláDe la mano hasta el final

(Estribillo)

Es tiempo de cambiarIt’s time to changeEs tiempo de saber pedir perdónEs tiempo de cambiarEn la mente de todos

El odio por amorIt’s time to changeEl odio por amorEs tiempo de cambiarEn la mente de todos x2

Page 55: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do
Page 56: Materiais · Luz da Paz de Belén 2018 “Exista a luz Traballaremos o Advento en torno á creación, dividindo os 7 días da mesma, en 4 etapas que se corresponden coas semanas do