lona sevilla paz - entreculturas · 2015. 5. 29. · contro na igualdade, nos entendemos e...

2
Día Escolar pola Paz e a Non Violencia 30 de xaneiro: entre culturas J a z z

Upload: others

Post on 23-Jan-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lona Sevilla Paz - Entreculturas · 2015. 5. 29. · contro na igualdade, nos entendemos e participamos na construción da paz. OBXECTIVOS • Valorar a riqueza e a complementariedade

DDííaa EEssccoollaarr ppoollaa PPaazz ee aa NNoonn VViioolleenncciiaa3300 ddee xxaanneeiirroo::

eennttrree ccuullttuurraassJa z zDi?a paz gallego 2009:Lona Sevilla Paz 28/7/09 12:02 Página 1

Page 2: Lona Sevilla Paz - Entreculturas · 2015. 5. 29. · contro na igualdade, nos entendemos e participamos na construción da paz. OBXECTIVOS • Valorar a riqueza e a complementariedade

InfantilEste Día da Paz queremos celebrar o encontro, a interdependencia e a valoración das diferenzasentre persoas e culturas. Mirámonos e recoñecémonos como persoas diferentes que, desde o en-contro na igualdade, nos entendemos e participamos na construción da paz.

OBXECTIVOS

• Valorar a riqueza e a complementariedade que supoñen as diferenzas.• Descubrir que a paz require da participación e da achega de todos e de todas.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Repártense debuxos de distintos instrumentos musicais de diferentes culturas. O profesor ou profesora vaipegando un debuxo nas costas de cada persoa sen que se dean conta de cal se lles asignou.

Que instrumento son?

… Busco dentro

Nun primeiro momento poñeremos música jazz e terán que camiñar polo espazo da aula desordenadamente,sen mirarse, absortos, mirando cara a abaixo.

Cando pare a música, paran no sitio, inmóbiles, cos ollos pechados e senten melodía durante medio minuto;invitámolos a que se dean conta do que lles provoca a música: alegría, forza, tristeza, entusiasmo…

… Busco fóra

Nunha segunda parte poderán mirarse, recoñecerse e agruparse cos instrumentos iguais a eles. Para isto, ne-cesitarán a axuda do resto de participantes: posto que non poden verse as costas, aínda non saben que instru-mento lles tocou. Son os demais os que nos van axudar a descubrir o instrumento que somos, axudámonosmutuamente a colocarnos no noso lugar.

Diferentes instrumentos na mesma melodía

Unha vez que estean reunidos por instrumentos, cada grupo fará mimo deixándose levar pola música, reco-ñecendo o sentimento e o que a música lles provoca, mirando como se moven o resto de instrumentos; invi-támolos a gozar coa música.

En asemblea formularanse as seguintes preguntas para que tomen conciencia da necesidade que temos unhaspersoas das outras para poder atopar o noso propio lugar:

Como nos sentíamos ao principio, cando cada un estaba ocupado en si mesmo?Como nos sentimos na segunda parte, cando podíamos mirarnos?Que ocorreu cando nos puxeron o debuxo por detrás e nos dixeron que nos agrupásemos?Como logramos agruparnos? Que foi necesario?

Sabedes como se chama o xénero musical da peza que escoitamos? Hai unha melodía principal e cada un,segundo o seu instrumento, participa e achega o son que nace da súa propia maneira de ser.

Xesto: esculturas encontradas

Cada grupo instrumental formará unha figura escultórica que represente a interdependencia do grupo. (Porexemplo, poden formar unha cadea humana cos corpos, ou unha cesta de vimbio poñéndose en círculo e entre-lazando os brazos). Pódense usar pinturas de cara e de mans. Para finalizar, quitarase unha foto da figuraformada por todo o grupo e quedará na clase como lembranza do día. A foto do día!

Podemos organizar o xesto, por etapas, no patio: cada grupo de clase representa un mimo, mentres que oresto do centro pasea observándoos ao tempo que soa a música jazz.

Colga a foto en www.redentreculturas.org no portal Educadoras y educadores.

RECURSOS

• Música jazz. Algunhas recomendacións que poden conectar para estas idades:

-- The New Orleans All Stars Jazz Band: música orixinaria dos anos vinte e trinta de Nova Orleáns.

-- Horace Silver: “Song for my father” (1954).

-- Bobby Mcferrin: “Hoedown” (do disco Hush, 1991).

• Fotocopias de debuxos ou fotos de catro ou cinco instrumentos musicais de distintas culturas. Realizaransegrupos por instrumentos musicais, co que serán necesarias tantas fotocopias de cada instrumento comonenos/as haxa no grupo.

• Cámara ou móbil para a “foto do día”.

Celebramos a diversidade e o encontro entre persoas e culturas neste Día da Paz. Propoñemosunha dinámica que quere traballar estas ideas desde un enfoque máis emocional que cogniti-vo; por iso, utilizamos palabras que constitúen algúns principios do enfoque intercultural e ser-vímonos dunha metodoloxía que axuda a conectar coa creatividade e a dimensión emocional doalumnado.

O jazz sérvenos para este propósito, porque é unha forma musical na que hai unha melodía prin-cipal que fai de nexo e na que cada instrumento busca a súa propia harmonía, e pódese impro-visar e non hai que seguir un patrón determinado.

Nota: Ofrecémosche dúas propostas diferentes para traballar este día D; poderás elixir a máis axeitada segun-do as peculiaridades do grupo. A proposta para secundaria e a proposta para bacharelato serían válidas paraambas as etapas; non obstante, a primeira conecta máis coa emoción e a creatividade, e a segunda presen-ta un xogo de roles que traballa combinando o cognitivo e o actitudinal. Animámoste a ler ambas e a selec-cionar a máis adecuada para o teu grupo.

OBXECTIVOS

• Descubrir a paz desde a experiencia do encontro en igualdade.• Aproximarnos a algúns aspectos da interculturalidade desde aspectos emocionais da persoa.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Ideas forza

Nun primeiro momento, o educador ou educadora tomará a lista de palabras clave: igualdade, diversidade,participación, paz e interdependencia.

Comezará dicindo a primeira palabra en voz alta e deixará un minuto para que as persoas que participan escri-ban (case sen pensar) todo o que lles evoque; poden ser ideas soltas ou un minirrelato instantáneo; nonimporta, abonda con deixar fluír o primeiro que veña.

Repetirase o mesmo co resto de palabras propostas ata finalizar coas cinco ideas forza.

Palabra comodín

A palabra “encontro” é a palabra comodín deste día, polo que será a única que requirirá da realización dundebuxo en lugar de palabras, e dispoñerán de tres minutos para facelo. Unha vez finalizada esta parte, oalumnado colgará ou pegará o seu debuxo na camiseta para que o poida ver o resto da clase.

Esculturas e comentaristas

Para a segunda parte da actividade, dividirémonos en seis grupos. Propoñemos usar música jazz (ver aparta-do Recursos) e un espazo despexado (podemos retirar as cadeiras para poñernos nunha roda ampla, de xeitoque o grupo ao que lle toque saír se poña no centro).

A cada grupo se lle asigna un papel no que figurará unha das verbas anteriormente traballadas. Nun parde minutos cada grupo conversará sobre a idea común.

Comeza a música, tócalle ao grupo que ten a idea forza “igualdade”. Terán que moverse libremente repre-sentando movementos que lles evoquen esa forza; estarán en movemento ata que o educador ou educa-dora corte a música; entón, deberán paralizarse como esculturas e permanecer na posición exacta na quequedaron ao cortar a música.

Agora, o resto de participantes poderá achegarse desde distintos ángulos para observar e analizar o sig-nificado das súas expresións; o “grupo escultórico” permanecerá paralizado mentres escoita as interpreta-cións do resto da xente.

Cando terminen coas interpretacións e comentarios sobre o que observan da idea forza a través da obra,dáselle paso ao seguinte grupo, que procederá do mesmo xeito, e así co resto de grupos ata rematar.

Xesto: esculturas encontradas

O grupo grande realizará unha gran figura escultórica cos propios corpos que evoque o encontro entre dife-rentes. (Poden usar pinturas de cara). Quitarase una foto da “obra”, que quedará colgada na clase ou notaboleiro do corredor como lembranza dese día.

Podemos organizar o xesto, por etapas, no patio: cada grupo de clase representa un mimo, mentres que oresto do centro pasea observándoos ao tempo que soa a música jazz.

Colga a foto en www.redentreculturas.org no portal Educadoras y educadores.

RECURSOS

• Papel e lapis de cores.

• Algunhas recomendacións de música jazz que poden conectar para estas idades:

-- The New Orleans All Stars Jazz Band: música orixinaria dos anos vinte e trinta de Nova Orleáns.

-- Lionel Hampton: “Flying Home” (1957)/Hey! Ba-Ba-Re-Bop (1945).

-- Art Blakey and the Jazz Messengers: “Moanin” (1958)/“Blues March” (1958).

Celebramos as diferenzas e semellanzas, celebramos que somos un gran grupo e que convivimosna aula e no mundo con persoas que nos coidan e a quen coidamos. Desde o recoñecemento denós mesmos e dos demais como persoas únicas e xeniais, podemos vivir con paz e alegría.

OBXECTIVOS

• Valorar o propio modo de ser e o das demais persoas, iguais ou diferentes.• Fomentar sentimentos de alegría e de valoración da unión e da interdependencia do grupo grande.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

A miña música

Mostrámoslles aos nenos e nenas varios instrumentos musicais do mundo e invitámolos a identificarse co quemáis lles guste. Haberá instrumentos de vento, de corda e de percusión.

Cada neno e nena identifícase con algún deles e argumenta por que sente que é o que máis lle gusta.

A túa música

Agora que xa saben que instrumento son, invitámolos a moverse máis lentamente e a buscar elementos comúnsco resto de participantes. Para iso, deberán facer mimo representando algunha característica do instrumento eemitir sons segundo sexan de vento, percusión, corda…; terán tamén que observar e escoitar o resto e ir for-mando grupos.

Cando estean en grupos, invítaselles a compartir as semellanzas e as diferenzas que encontraron e por que seuniron dese xeito.

Música e encontro!

Empeza a soar música jazz e os participantes danzan por todo o cuarto de xeito desordenado. Cando a músi-ca para, teñen que abrazar unha persoa. A música volve soar e todo o mundo segue danzando en solitario; volveparar, e agora teñen que unirse de tres en tres. Repetimos a dinámica xuntándonos cada vez con máis perso-as, ata que todos e todas esteamos unidos na mesma aperta.

Agora sentamos en círculo para dialogar:

Que sentimos cando iamos sós?

Como te sentiches ao longo da actividade? Tiveches sentimentos diferentes? Cales?

Xesto: esculturas encontradas

Todo o grupo formará unha figura escultórica que represente a unión e a interdependencia do grupo. Pódenseusar pinturas de cara e de mans. Para finalizar, quitarase unha foto da figura formada por todo o grupo e que-dará na clase como lembranza do día.A foto do día!

Podemos organizar o xesto, por etapas, no patio: cada grupo de clase representa un mimo, mentres que o restodo centro pasea observándoos ao tempo que soa a música jazz.

Colga a foto en www.redentreculturas.org no portal Educadoras y educadores.

RECURSOS

• Algunhas recomendacións de música jazz que poden conectar para estas idades:

-- The New Orleans All Stars Jazz Band:música orixinaria dos anos vinte e trinta de Nova Orleáns.

-- Glenn Miller: “In the Mood” (1940)/“Moonlight Serenade”.

-- Lionel Hampton: “Flying Home” (1957)/Hey! Ba-Ba-Re-Bop (1945).

• Fotografías, diapositivas, debuxos de instrumentos musicais de diferentes culturas, ou, de ser o caso, ins-trumentos reais.

• Cámara ou móbil para a “foto do día”.

Poñemos o foco, para este día de celebración, na paz, entendida desde o establecemento derelacións de valoración e de respecto entre culturas e persoas diversas. Traballaremos a travésda historia dun grupo de xente nova de diferentes procedencias que vive nun barrio e decidexuntarse e formar unha banda de jazz… O jazz sérvenos para este propósito, porque é unhaforma musical na que hai unha melodía principal que fai de nexo e na que cada instrumentobusca a súa propia harmonía, e se pode improvisar e non hai que seguir un patrón predetermi-nado.

OBXECTIVOS

• Comprender a importancia da propia identidade para establecer relacións positivas coas persoas diferentes.• Descubrir a paz desde o respecto activo, a valoración e o diálogo que propicia o encontro en igualdade.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Presentamos a situación proposta no texto “Nova Orleáns en paz” (no apartado Recursos). A historia presen-ta unha circunstancia que queda aberta, polo que propoñemos que o alumnado a complete a través dun xogode roles que lles axude a empatizar cos personaxes e a buscar solucións desde o diálogo e a negociacióncomunitaria que teña en conta as diferenzas e os intereses de cada grupo, promovendo unha mellora na situa-ción da maioría das partes.

a) O grupo “a” continuará a historia e constituirase como asociación veciñal.b) O grupo “b” organízase e forma unha banda de jazz.c) O grupo “c” creará o seu propio rol e, deste xeito, a propia alternativa para a mellora da solución.d) O grupo “d” constitúe un club deportivo.e) Comité avaliador.

Terán que facer unha análise da situación e realizar unha proposta concreta que lles axude a mellorar a situa-ción da comunidade.

Dentro de cada grupo haberá diferentes roles (un por cada unha das culturas mencionadas na historia) e cru-zamentos interxeracionais: representantes dos pais e das nais e representantes dos mozos e mozas.

Teñen vinte minutos para consensuar unha alternativa que finalmente deberán expoñer en plenario, e o comi-té avaliador de convivencia intercultural explicará se a solución é válida aténdose aos criterios de intercultura-lidade dados.

Xesto: esculturas encontradas

Formarán grupos escultóricos cos propios corpos a modo de expresión dos sentimentos provocados polassituacións traballadas. Poden usar pinturas de cara. Quitarase unha foto de grupo que quedará colgada notaboleiro da clase.

RECURSOS

Nova Orleáns en paz: nun barrio de Nova Orleáns conflúe xente procedente de México, Paquistán, Canadá,

Italia... Algúns mozos e mozas xa remataron a escola obrigatoria e están a buscar un traballo, porque nonpoden continuar estudando.

Os días fanse longos sen actividade, a xente que leva máis anos e encontrou xa o seu arraigamento ás vecesmíranos temorosos porque os ven demasiado tempo na rúa, e iso parece incomodalos. Hai momentos nosque se xera tensión e, nalgunhas ocasións, houbo fortes enfrontamentos verbais e pintadas nas rúas.

As familias senten un certo receo, pero os máis novos, que adoitan andar polo parque e na disco, xa sederon conta de que hai moi boa xente no barrio.

A cidade ofrece un amplo abano de oportunidades, pero é difícil acceder se non dispós de cartos dabon-do e dun grupo que che axude a introducirte.

Lucía, mexicana de nacemento, bota moito en falta as tardes nas que se xuntaba coa súa xente para tocar ocaixón logo das clases. Youssef acórdase moito dos seus compañeiros de Essaouira e conéctase á Internetsempre que pode para manter o contacto.

Ás veces, a desesperanza anda á espreita e fai que se sintan nunha terra estraña, con melancolía e co des-exo de que as súas familias non tivesen que saír do seu país.

Unha tarde no parque, logo dunha conversa na que compartiron a súa inquietude por facer algo que os axu-dase a saír para adiante e que lles puidese supoñer un beneficio colectivo, argallaron unha grande idea: deci-diron xuntarse para cantar e tocar os instrumentos que coñecían: un grupo de música no que cada un pode-ría achegar as súas destrezas musicais: voz, piano, saxo, palmas…, todo sumaba… Pero, que tipo de música?—preguntou Mikel, que tocaba o saxo e non imaxinaba como combinalo co caixón de Lucía…

Criterios de avaliación:

a) O grupo de avaliación observará se o proceso se levou a cabo mediante actitudes de escoita, diálogo,debate, argumentación e empatía. Outorgaralle de 0 a 10 puntos ao grupo en función de que o grao de comu-nicación e diálogo fose menor ou maior.

b) O grupo de avaliación prestaralle especial atención a detectar se a resolución da historia respecta todas aspartes. Outorgaralle de 0 a 10 puntos ao grupo en función de que o grao de respecto fose menor ou maior.

c) O grupo de avaliación destacará o encontro e a interdependencia como aspectos clave da construción dasituación exposta. Preguntarase se a continuación da historia xerou vínculos e lazos entre as partes impli-cadas. Outorgaralle de 0 a 10 puntos ao grupo en función de que o grao de encontro fose menor ou maior.

• Algunhas recomendacións de música jazz que poden conectar para estas idades:

-- Clifford Brown: “Cherokee” (1955).

-- Herbie Hancock: “Cantaloupe Island” (1962).

Primaria

Secundaria

Bacharelato

Jazz entre culturas

Jazz entre culturas Jazz entre culturas

Jazz entre culturas

Responsable de Educación para o Desenvolvemento: Irene Ortega. Coordinación da proposta: Mª Luis a Caparrós. Autoría: Mª Luis a Caparrós e Ángela Muñoz. Colaboracións: Iván Mirón. Dirección de arte, deseño gráfico e ilustración: Maribel Vázquez.Coordinación de produción: Cristina Fernández.

Di?a paz gallego 2009:Lona Sevilla Paz 28/7/09 12:02 Página 2