libro branco da acción exterior de galiciamento. aínda no século xviii, o desenvolvemento da...

76
Libro Branco da Acción Exterior de Galicia Autores José Manuel Blanco González, Alejandro Molíns de la Fuente, Xosé Luís Rodríguez Pardo, Fernando Pérez-Barreiro Nolla, Xulio Ríos Paredes (coordinador).

Upload: others

Post on 28-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

Libro Brancoda AcciónExteriorde Galicia

Autores

José Manuel Blanco González, Alejandro Molíns de laFuente, Xosé Luís Rodríguez Pardo, FernandoPérez-Barreiro Nolla, Xulio Ríos Paredes (coordinador).

Page 2: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

Índice

Presentación ............................................................................................................... 4Introdución ................................................................................................................. 5Capítulo IA situación xeopolítica de Galicia ............................................................................. 8Capítulo IIAproximación histórica ............................................................................................ 11Capítulo IIIA acción exterior de Galicia ..................................................................................... 17

• Marco político-constitucional da acción exterior galega ................................. 17• Os fundamentos da acción exterior de Galicia ................................................ 20• Os principais actores da acción exterior .......................................................... 24• Os principais contidos da acción exterior ........................................................ 26• Fases da acción exterior de Galicia .................................................................. 28• A internacionalización da economía galega: unha radiografía ........................ 31• A diáspora e as relacións de Galicia co exterior .............................................. 34

Capítulo IVEstratexias de acción exterior .................................................................................. 37

• Un mundo en transición ................................................................................... 37• Os intereses exteriores de Galicia .................................................................... 39• Os ámbitos xeográficos prioritarios ................................................................. 39• Galicia ante a Unión Europea .......................................................................... 40• A Europa da ampliación e a non comunitaria .................................................. 43• Portugal e a Rexión Norte ................................................................................ 46• Galicia e América latina ................................................................................... 48• Outros escenarios ............................................................................................. 50-América do Norte: Estados Unidos e Canadá ................................................... 50-Norte de África e África do Sur ........................................................................ 51-China e Asia-Pacífico ........................................................................................ 51

Capítulo VAs dimensións da acción exterior de Galicia ........................................................... 53

• A acción política e institucional ....................................................................... 53• Os intercambios económicos e comerciais ...................................................... 54• A captación de investimentos ........................................................................... 55• As relacións culturais e sociais ........................................................................ 56• Ensino superior e Investigación ....................................................................... 59• A cooperación ao desenvolvemento ................................................................. 59• A diáspora e o lobby galego ............................................................................. 61• A imaxe de Galicia no exterior ........................................................................ 62

Page 3: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

Capítulo VIA vertebración interna da acción exterior ................................................................ 64

• Infraestruturas ................................................................................................... 65• Instrumentos ..................................................................................................... 68-Coordinación ..................................................................................................... 68-Participación ...................................................................................................... 69-Consulta e cooperación ..................................................................................... 69-Información ....................................................................................................... 70• A xestión da acción exterior ............................................................................. 70-Accións temáticas .............................................................................................. 70-Prioridades xeográficas ..................................................................................... 70• Políticas de formación ...................................................................................... 72

Capítulo VIIUnha alianza por Galicia no eido exterior ............................................................... 73Apéndices ................................................................................................................. 75

Page 4: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

4

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Presentación

A reflexión que segue, verbo dos intereses exteriores de Galicia, constitúe unexercicio profundo de racionalización de políticas que abranguen o conxunto da socieda-de galega e que inciden nun ámbito que hoxe resulta esencial para calquera colectividadeque aspire a manter e ampliar as súas cotas de desenvolvemento e benestar.

Trátase dun conxunto de ideas e propostas que conforman unha base idónea deactuación para que todos poidamos aprehender a transcendencia do momento que esta-mos a vivir, caracterizado pola superación de moitas das fronteiras do pasado e a aperturade novos escenarios nos que a presenza galega non só se facilita, senón que se converte enrazón primeira do noso benestar.

A Xunta de Galicia considerou oportuno que persoas expertas e independentes,procedentes de diferentes ámbitos profesionais e cunha longa e dilatada perspectiva decoñecemento de Galicia e do mundo, puxesen mans á obra e facilitasen, ao mesmo tempo,canles de participación o máis xenerosas posibles, para que o resultado fose o máis acaí-do ao sentir e ás necesidades da sociedade galega contemporánea.

O Libro Branco da Acción Exterior recolle, pois, unhas bases de actuación com-partidas, e non necesariamente de carácter mínimo, que poden facilitar o encontro detodas as sensibilidades e orientacións nesa alianza social que nos permitirá extraer omáximo proveito das grandes enerxías que Galicia acumula en relación ao exterior, comotantas veces temos demostrado ao longo da historia.

Parabéns aos autores, e parabéns tamén á sociedade galega, porque co seu com-promiso leal e activo aproveitaremos as oportunidades que nos brinda o mundo actualpara que Galicia sexa, asemade, máis galega e máis universal.

Manuel Fraga IribarnePresidenteXunta de Galicia

Page 5: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

5

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Introdución

Vivimos nun mundo en constante proceso de transformación, un cambio deépoca presidido e condicionado pola globalización da meirande parte das actividadeshumanas, en especial, as produtivas, comerciais e financeiras; pero tamén da infor-mación, da cultura e do coñecemento, que esixe, das diferentes sociedades e dos seusprincipais axentes, un renovado esforzo de adaptación, a través da asunción dunhanova cultura internacionalista. Numerosos actores, públicos e privados, precisan con-templar o factor exterior no seu campo de acción para garantir, en maior medida, aplena viabilidade dos seus proxectos.

Ao longo dos últimos anos, a Administración galega ten amosado unha crecentesensibilidade verbo dos temas relacionados coa proxección exterior da nosa comunidade.As múltiples viaxes e iniciativas do Presidente evidencian que se trata dun pulo perseve-rante e non conxuntural. A creación de estruturas como a Comisión de Acción Exterior, ensetembro de 1997, propiciou un importante paso adiante para homoxeneizar as liñas detraballo da propia Administración neste sentido e implicala como conxunto nesta dinámi-ca. O primeiro Programa Cuadrienal de Acción Exterior, aprobado en xullo de 1998,sintetiza un marco de actuacións, quer no eido europeo, quer no resto do mundo, que,ademais de garantir a presenza de Galicia nos foros de maior interese inmediato, nonrenuncia á necesidade de superar as debilidades estruturais da economía galega a travésda busca de novos mercados para a exportación e o investimento, fortificando intercam-bios e vencellos políticos e culturais; en definitiva, definindo prioridades para posicionaraxeitadamente a Galicia no complexo mundo actual a partir das súas propias potenciali-dades económicas e sociais, e afirmando asemade un ideario vocacionalmente universa-lista e humanista.

As actividades de ámbito internacional que desenvolven as diferentes Comuni-dades Autónomas constitúen un fenómeno consolidado na sociedade española e interna-cional contemporánea. Cómpre ter en conta que as dinámicas de globalización desenvól-vense á par que os procesos de rexionalización e descentralización, e que o desenvolve-mento do feito rexional no marco da Unión Europea (UE) e a proxección exterior subes-tatal son manifestacións políticas unanimemente aceptadas por parte de todos os países. Amaiores, cómpre ter en conta que a proxección exterior é indispensable para o exerciciodalgunhas competencias estatutarias.

Mesmo se diría que existe un recoñecemento cada vez maior do papel dos acto-res autonómicos a este nivel, ata o punto de configurar un ámbito tan consolidado que éobxecto de análise e atención académica (a paradiplomacia). As actuacións autonómicasde ámbito internacional poden contribuír a enriquecer e reforzar a política exterior doEstado e asentar, con plena lealdade, unha respectabilidade que cómpre dignificar e acre-centar cada día.

A experiencia acumulada ao longo destes anos, a importancia de contrastar so-cialmente as principais liñas de actuación impulsadas e a necesidade de ponderar e apro-

Page 6: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

6

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

veitar ao máximo as posibilidades que brindan os novos desafíos, aconsellarían a realiza-ción dun esforzo de reflexión, que viría marcado pola fonda percepción de que Galiciavive a súa hora exterior e que este capítulo será un dos eixes claves da acción política dospróximos anos.

Ao abordar unha reflexión sobre a acción exterior de Galicia, ese capítulo daacción pública que nos últimos tempos veu medrando en importancia ao abeiro do proce-so de integración europea, pero tamén dun feito mundializador que transforma e relativi-za a magnitude de cada dimensión política ou xeográfica, e que abre escenarios que atahai pouco non formaban parte da axenda pública, estamos a matinar na conveniencia dedotar de identidade propia unha estratexia coherente coa realidade e os intereses de Gali-cia, capaz de impulsar o seu progreso, a súa modernización e o seu benestar social. Nestaconxuntura de oportunidades non se pode avanzar ignorando o pasado. Cómpre manteros soportes da propia identidade cultural. Por iso, para Galicia, unha sociedade tradicio-nalmente aberta, unhas veces por vontade propia, outras por iniciativa de foráneos, éespecialmente importante abordar a adaptación, capacidade íntima da nosa sociedade, aodiscurso globalizador, e reivindicar o valor, a actualidade e o futuro do universalismocomo tendencia no ámbito do pensamento que nos pode resultar máis acaída para o nosopropósito.

Coa elaboración deste Libro Branco, Galicia, sen dúbida, sitúase nunha posi-ción de vangarda a respecto da toma de conciencia da importancia do factor exterior.A elaboración do Libro Branco concreta unha mostra máis de rigor na súa actuacióne liderado social, pero recoñece ao mesmo tempo a transcendencia do factor civil, ehabilita espazos para viabilizar o protagonismo do conxunto da sociedade, non soa-mente dun xeito formal, senón instando activamente as formulacións enriquecedorasdun proxecto aberto ao mundo.

O Libro Branco non pretende ser un documento excluínte, senón unha sim-biose integradora de diagnóstico e prospectiva que poida servir de referencia a todosos actores da nosa sociedade que aspiran a contribuír de maneira decidida e sen com-plexos ao futuro e ao benestar de Galicia. Unha referencia para o coñecemento (cla-ves do mundo actual, as nosas posibilidades e desafíos) e para a acción (instrumenta-ción de marcos de confluencia económica, política e social que garantan a mellorsupervivencia de Galicia nun contexto moito máis amplo do definido polas nosaslimitadas fronteiras xeográficas). A mellor forma de facer fronte ao reto exterior é dexeito mancomunado, establecendo alianzas sector a sector, que deben ser enmarca-das nunha orientación converxente con outros actores sociais, de xeito que se poidanactivar sinerxías e materializar reforzamentos mutuos.

Por iso incluso foi elaborado en permanente diálogo e colaboración cos princi-pais axentes sociais, e co conxunto da sociedade, mesmo a da diáspora, habilitando unhapáxina web específica (www.libroaexga.com) e unha enquisa ad hoc que foi masivamen-te distribuída a deputados, responsables de exteriores dos partidos políticos e dos sindi-catos obreiros e agrarios, organizacións non gobernamentais, oficinas de relacións inter-nacionais das universidades, directores de másters de formación en materias relacionadas

Page 7: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

7

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

coa acción exterior nun sentido amplo, directores de revistas e publicacións, xornalistas eredactores dos principais medios de comunicación, diplomáticos galegos, cónsules radi-cados en Galicia, funcionarios comunitarios, personalidades do mundo da cultura, insti-tucións científicas e sociais, cámaras de comercio e asociacións empresariais, colexiosprofesionais e entidades e clubs financeiros, todo un conxunto de activos, en definitiva,que co seu parecer e implicación nos debía permitir fraguar esa alianza por Galicia noeido exterior que os novos tempos reclaman.

Jesús María Gamallo AllerSecretario xeral para as Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior

Page 8: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

8

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Capítulo IA situación xeopolítica de Galicia

En termos xeopolíticos Galicia é, con Portugal e o sudoeste andaluz, parte dacara atlántica da Península Ibérica. Dentro desa faixa litoral cómprelle a proxección caraao Atlántico Norte. O seu vínculo ao Estado Español determinou que a potencialidadeestratéxica desa posición se desenvolvese ao compás das relacións exteriores españolas edas alianzas ou enfrontamentos que viña mantendo cos demais países do mundo.

Alén do propiamente militar, os recursos naturais e humanos de Galicia ofrecen,conxugados con esa posición xeográfica, posibilidades e características que requiren unhaestratexia axeitada para a súa utilización.

Na longa época do enfrontamento do imperio español con Inglaterra chega aomáximo o valor estratéxico das costas galegas. A saída da Coruña da malfadada Invenci-ble, os ataques de Drake e outros acontecementos similares son episodios dese enfronta-mento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros deFerrol responde a esas preocupacións. A fortuna dos establecementos militares e a relati-va prosperidade civil que os acompaña oscila coas mudanzas da política e as alianzas doEstado. Nas guerras napoleónicas as ambicións británicas polo control dese canto no-roeste da península maniféstanse repetidamente e culminan no intento de invasión da ríaferrolá dende a costa aberta de Doniños en 1800.

A concentración do interese da costa galega no maiormente defensivo afastounados intereses comerciais. Non callou en froito o que podería ter sido inicio prometedor decabeza de ruta co continente americano: a chegada da carabela “Pinta” a Baiona coaprimeira noticia da que foi chamada “a maior novidade xeopolítica de todos os tempos”.A fiestra cara ás Canarias e América estivo no tramo sur da cara atlántica, en Cádiz eSevilla. Só despois da independencia das colonias sudamericanas e da desaparición domonopolio sevillano, preséntase un tráfico intenso entre os portos do Noroeste e o conti-nente americano, pero trátase, daquela, do movemento emigratorio. A demografía galegaé unha fonte de man de obra á que acoden, por exemplo, os construtores do canal dePanamá despois da tremenda mortaldade de traballadores doutras procedencias, asiáticosmoitos deles.

Cómpre salientar o efecto xeopolítico que sobre Galicia tivo a formación doReino de Portugal no século XII. Reforzou ese feito a situación excéntrica da nosa Terrae a citada redución do seu valor estratéxico ás peripecias dos enfrontamentos na área doAtlántico Norte. Excluída da actividade imperial portuguesa, cedeu tamén a participacióneconómica e cultural na do imperio español, a favor do canto atlántico andaluz.

Nas condicións do mundo actual, as costas galegas non constitúen un referenteprioritario na estratexia dos conflitos. O Atlántico Sur é máis problemático que o Norte.Así se recoñece na nova disposición territorial das forzas armadas españolas e na distri-bución dos efectivos e os mandos navais especialmente. Subsiste e vai en aumento unha

Page 9: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

9

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

tecnoloxía punteira e un persoal moi especializados na industria naval, de construción ereparacións, que aproveita tamén, especialmente neste último aspecto, a posición xeográ-fica de Galicia.

Esta nova perspectiva ofrece a posibilidade de compensar a relativa marxina-lidade da nosa comunidade. Certa dicotomía entre litoral e interior aparece taméncorrixida pola mellora das comunicacións coas terras centrais e meridionais da pe-nínsula. As comunicacións coa cornixa cantábrica, que noutros tempos suscitaronreceos estratéxicos (aos que respondeu en parte a longa e difícil historia de demorasdo chamado Ferrocarril da Costa, de Ferrol a Xixón) precisan aínda de intensifica-ción, pero contribuirán á ampliación dun hinterland alimentador da vangarda deproxección atlántica dos portos galegos.

Galicia dispón dun potencial de nodo das liñas de comunicación marítimaentre o continente americano e Europa e das que enlazan os portos atlánticos euro-peos co tráfico marítimo procedente das rutas mediterráneas, de Asia ou da ÁfricaOccidental. Estanse a tomar iniciativas importantes noutros portos atlánticos euro-peos que deben ser obxecto de acompañamento. Por outra banda, o potencial existepero con el vai incorporado un risco: a proximidade a rutas capitais do transporte dehidrocarburos e outras mercadorías perigosas criou repetidos desastres nas costasgalegas. Os intereses de Galicia nese sentido deben estar presentes na negociacióninternacional que concrete tanto as condicións dos medios de transporte marítimocomo a determinación das rutas, os dispositivos de separación de tráfico ou a dota-ción dos portos para que poidan cumprir as obrigas de acollida que impoñen as nor-mas xurídicas internacionais.

Noutra perspectiva, a característica demográfica fundamental dos últimos anosé a dunha continua perda de poboación. A distribución espacial dos habitantes é moidesigual, de forma que nas provincias occidentais se concentra o 74% dos habitantes.A comunidade galega presenta trazos demográficos máis negativos que o conxuntode España. Ese 6,1% (2003) da poboación española é o máis envellecido, cunha taxade natalidade das máis baixas de Europa. Unha característica estrutural da poboacióngalega é a súa dispersión, pois son máis de 30.000 os núcleos de poboación. A exten-sión media do municipio galego é de 94 km2, cunha media de 9.000 habitantes. Oesquema urbano de Galicia configúrase arredor de sete núcleos de poboación quesuperan os 70.000 habitantes, cunha intensificación notable das relacións sociais eeconómicas entre eles nos últimos anos, impulsadas pola mellora das comunicacións.O sistema urbano caracterízase por unha polarización en dúas áreas metropolitanas:A Coruña e Vigo.

A dicotomía marítimo-continental é, en realidade, froito das circunstancias his-tóricas. Contribuiría a superala a mellora progresiva das comunicacións co resto da Pe-nínsula e o aproveitamento máximo dos portos galegos, así como a súa potenciación notráfico marítimo mundial en competencia con outros portos atlánticos europeos.

En resumo, o esquema básico dunha xeoestratexia galega presenta os seguintesparámetros básicos:

Page 10: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

10

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

1. Galicia representa un espazo xeopolítico de alto valor polos seus recursosnaturais e que achega á economía española unha industria naval desenvolvida e equipara-ble ás máis avanzadas do mundo.

2. Os portos atlánticos conforman unha cadea de puntos de apoio para o trans-porte marítimo de gran capacidade.

3. A extensión e configuración do litoral marítimo galego constitúe un espazo deconcentración de posibilidades económicas de gran valor xeopolítico, cunha explotaciónque se debe coidar e ordenar ao máximo en función das técnicas do desenvolvementosostible.

4. Dadas as características da demografía galega actual, cómpre apostar polarecuperación dun ritmo de crecemento natural. Ante un pulo do seu desenvolvementoeconómico, Galicia podería absorber poboación inmigrante, mesmo de orixe galega.

Page 11: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

11

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Capítulo IIAproximación histórica

Interesa, para a nosa tarefa presente, analizar como se foi configurando Galiciaao longo dos séculos e como contribuíron a esa configuración as súas relacións co mundosituado alén dos seus confíns. Xeograficamente, Galicia apenas mudou ao longo da histo-ria, pero o mundo no que se insire e no que debe explorar e desenvolver diversas posibi-lidades de interacción muda constantemente e xera unha dinámica abondo complicada.

Algúns historiadores subliñan a extrema marxinalidade xeográfica da nosa Terrano mundo antigo como condicionante, case sempre negativo, do fluír histórico da nosacolectividade. Sabemos, porén, que mesmo as poboacións que se poderían chamar prega-laicas mantiveron intensas relacións, sobre todo mariñas, con outros pobos atlánticos. Amarxinalidade non tería sentido ata moito máis tarde, pois só existe cando hai un centrodeterminado de dinamismo civilizador. O que antes hai son movementos de pobos, quecumpren unha función semellante á da apertura exterior en tempos posteriores. Pódensecualificar eses movementos como unha forma drástica, primitiva e violenta de emigra-ción, na que os emigrantes triunfadores se instalan no territorio onde chegan e o pechandefensivamente contra quen chegue despois. Non cabe, xa que logo, falar de illamentocomo factor negativo neses períodos tan arredados no tempo.

Un certo grao de organización política propia é, sen dúbida, necesario para po-der falar de acción exterior consciente, pero a presenza e a influencia son, por veces,menos visibles do que parece esixir este termo de acción. Esta consideración metodolóxi-ca pode iluminar algúns aspectos dunha historia como é a de Galicia, “calada” a maiorparte do tempo.

A romanización e o Cristianismo

O ingreso de Galicia na historia prodúcese tecnicamente coa romanización: sonos historiadores clásicos os que deixan constancia escrita desta terra. Nun sentido máisamplo, formar parte dun imperio é unha forma de presenza nun mundo máis dilatado.Quizais predomine aínda nese marco a presenza pasiva máis que a activa. É notoria, porexemplo, a ausencia de personalidades imperiais de orixe galega, en contraste coa Bética,por exemplo, que forneceu, entre outras, as dun Séneca e un Lucano. A romanizacióndebeu ter sido moi intensa. Chama a atención a implantación rápida e radical da lingua doimperio, talvez o aspecto máis forte da presenza imperial, menos rica, en cambio, enherdanza arquitectónica.

A cristianización de Galicia faise nese marco imperial e, unha vez feita, invertesubstancialmente a relación entre pasividade e actividade. O priscilianismo irradia cara adimensións xeográficas e culturais máis amplas dende unhas orixes marcadas pola situa-ción espiritual de Galicia. A vida de Prisciliano remata de maneira tráxica en Tréveris, no

Page 12: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

12

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

corazón do continente. Convén reparar na frecuencia dos desprazamentos de personali-dades como Prisciliano, que van e veñen a Roma en condicións que mesmo hoxe parecenprohibitivas.

A Igrexa dinamiza nos derradeiros anos do Imperio os movementos de persoas eideas aproveitando a infraestrutura romana, tanto viaria coma doutro xénero. Paulo Oro-sio e Idacio, galegos bracarenses, viaxan polo Oriente cristián, coñecen a San Xerónimoe interpretan a historia dos seus tempos con criterio universalista. A viaxe de Exeria,probablemente berciana, a Terra Santa e a Mesopotamia ten transcendencia nas fonteshistóricas do período.

A Galicia cristiá está, pois, presente e actuante no mundo final do Imperio.

A Idade Media

Unha vez máis, a irrupción dun pobo, os suevos, sacude primeiro e vitaliza des-pois a sociedade do territorio galego. O reino suevo perfila a Galicia e sitúaa no marcodos pobos xermánicos en movemento. Martiño, da Panonia, sente falar de Galicia enXerusalén e chega a estas terras en misión. A Europa do Leste, o Oriente Próximo eGalicia interactúan nesa época.

Asemade, chegan á cornixa cantábrica emigrantes celtas que se establecen nadiocese, persoal primeiro (dos britóns) e territorializada despois en Bretoña, a antecesorade Mondoñedo. A dimensión noratlántica, quizabes presente xa en tempos prehistóricos,colle pulo de novo e esvaece a suposta marxinalidade galega.

Escuras aparecen as relacións de Galicia co mundo exterior tras a absorción doreino suevo no visigótico. Son menos as mencións históricas, pero no ámbito eclesiásticomantense unha presenza galega, lucense, bracarense e berciana. A regra monástica deFructuoso de Braga, influída polo monaquismo oriental, difúndese pola cristiandade oc-cidental, nunha curiosa trasfega de ideas onde volve a estar presente o mundo espiritualdo que hoxe chamamos Oriente Medio.

A invasión musulmana apenas chega a Galicia. A diferenza do acontecido conanteriores movementos de pobos, este non deriva en establecemento. Puido ter habidouns corenta anos de presenza de bereberes, sen maiores consecuencias. En certo modo,segundo vai avanzando a reconquista, Galicia vai quedando máis afastada da fronteira,histórica e culturalmente máis dinámica na historia deses séculos. As características deGalicia como unha retagarda fanse visibles na política dos reinos peninsulares, e adoptanunha fasquía que puideramos chamar conservadora.

A posibilidade de desenvolver contactos ao sur do Miño coa cultura islámica,guerreiros primeiro, sen dúbida, pero de enriquecemento cultural xa entón e posterior-mente, quedan coutados pola independencia de Portugal. A transcendencia dese feito,que cabe cualificar de traumático para o devir da comunidade galega, poderase apreciartamén séculos despois no eido concreto das relacións exteriores.

A inventio do xácigo do Apóstolo Sant Yago abre esa retagarda peninsularao mundo ultrapirenaico. O camiño xacobeo é certamente unha compensación do

Page 13: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

13

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

illamento coas terras do sur. A súa importancia é coñecida e recoñecida ata hoxe nun“revival” tras séculos de esmorecemento. No seu apoxeo incorpora manifestaciónsartísticas, literarias e, en xeral, culturais de grande esplendor. Pódese pensar, porén,que foi un camiño máis de vinda que de ida, un espazo de convivencia de requintadasactitudes culturais con actitudes sociais tradicionais e conservadoras. Estudos ac-tuais e futuros poderán ir precisando, nunha perspectiva de interrelacións, os porme-nores e a fondura dese fenómeno.

As riquezas de Santiago a seguir da descuberta do sepulcro apostólico atraenoutra intervención exterior violenta: as incursións dos viquingos, que non chegaron acriar asentamentos como os de Dublín, de onde proviñan algunhas delas, ou da Norman-día. É, con todo, un prolongado período de presenza, maiormente ameazadora, do mundodo norte atlántico, que incita ás veces á autodefensa galega e outras entra na estratexiadefensiva dos reis leoneses, para os que parece ser unha dimensión menos urxente e peorentendida que a reconquista na fronteira meridional.

Malia unha integración cada vez máis forte no reino de Castela-León e as súasestratexias nos tempos decisivos de Afonso VI, persiste a presenza do mundo atlántico. Oarcebispo Diego Peláez, envolvido nas rebelións da familia condal galega contra o novosoberano, intenta daquela unha alianza co duque de Normandía, coutada pola morte pre-matura deste. Normandía era orixe de peregrinacións importantes, e a iniciativa de Peláezpodería ter inducido unha inflexión noratlántica das liñas do Camiño, con maior pesogalego. Unha Galicia no centro dun mundo de relacións que podería aproveitar a súaposición xeográfica e ceibala da condición de fisterra que implicaba tamén a de fin doCamiño, e empurrala a unha condición máis activa.

Durante o reinado de Fernando I e Afonso VI configurouse unha rede urbanadende a que partían vías marítimas e terrestres. Dende Ribadeo, Viveiro, A Coruña, Mu-ros, Noia, Pontevedra e Baiona eran accesibles ao comercio galego os portos das costasatlánticas do continente europeo e as illas de Gran Bretaña e Irlanda. Desas vilas e cida-des a comezos da evolución urbana partían exportacións de peixe, madeira e viño, e a elaschegaban importacións de sal e tecidos, por exemplo. Tardou Galicia en contar con bar-cos de seu para ese comercio; comezouse por empregar navíos portugueses, biscaíños oufranceses. Pero xa con Xelmírez comeza a construción de estaleiros que foron medrandoen Pontevedra, A Coruña e outros portos. Puxéronse dese xeito os alicerces dunha activi-dade marítima que chegaría a ser moi considerable ao final dos tempos medievais e prin-cipio dos modernos. Xelmírez chegou a obter licencia de acuñación de moeda para esecomercio marítimo medieval de Galicia.

Na dimensión monacal, alén da coñecida importancia da presenza dos monxesbeneditinos e bernardos para o réxime xurídico da propiedade das terras, xa que foron osprincipais fomentadores do foro, a reforma de Cluny reforzou a inserción de Galicia nacristiandade romana, e o Císter foi quen mellor se inculturou nas terras galegas, dende afundación de Sobrado (1142) en adiante. Os frades cistercenses estenderon os cultivosexperimentados na Borgoña e conectaron a produción pesqueira cos centros monacais dointerior do país.

Page 14: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

14

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Non queda exenta Galicia da dura adversidade do século XIV en toda Europa.Pola banda atlántica, que é a súa faciana natural de apertura ao mundo, chégalle nestahora a peste que marcou de calamitoso ese século. En 1348 está xa en Baiona e noutrasvilas do bispado de Tui. Isto é o documentado, aínda que parecería máis natural, visto queviña do Leste, que chegase, por exemplo, polo camiño das peregrinacións. Outra vez aalternancia entre a apertura ao mar e o relativo peche da terra. As consecuencias de mor-taldade e miseria deixan fonda marca en todo o país, coma no resto do continente. Asconsecuencias económicas e sociais son tamén semellantes, coas peculiaridades do me-dio en que se producen.

Na segunda metade dese século, a loita fratricida entre Pedro I e Henrique deTrastámara trae a Galicia aos ingleses do duque de Lancaster. A derrota das forzas de donPedro couta as posibilidades de situar a Galicia nun marco internacional novo e menosdependente da estratexia de orientación meridional do reino castelán-leonés.

Semella que a pesar dos desastres do século XIV seguen desenvolvéndose asvilas costeiras orientadas cara ao exterior. Algo chegaría ás costas galegas do rexurdir daruta entre a Europa do Norte e o Mediterráneo, propiciada pola apertura do Estreito deXibraltar ao comercio marítimo dos reinos cristiáns. Con todo, as guerras e os enfronta-mentos sociais frearían bastante o aproveitamento por esas vilas da intensificación dotráfico nos rumes do Atlántico.

Volven a ser importantes as formas de incardinación eclesiástica de Galicia naCristiandade, que mudan nos tempos do cisma de Occidente. Marcadas aínda ata entónpola unidade galaico-portuguesa, o diferente aliñamento de Portugal e Castela cos douspontífices en conflito leva á ruptura desa situación. A bula do Papa de Roma avala oproceso de formación dos estados nacionais, entón en curso, ao favorecer o encadramen-to das xurisdicións eclesiásticas dentro dos límites do territorio definido como nacionalpolo poder político. A Europa dos Estados vai substituíndo á das dioceses metropolitanastransestatais.

As Idades Moderna e Contemporánea

Por ese camiño vai o proceso histórico que se consolida na Península coa novaorde imposta polos Reis Católicos. A condición unitaria do novo sistema, elaborada entermos ideolóxicos e aplicada sistematicamente, foi pouco propicia a iniciativas propiasdos antigos reinos no exterior. Non se aprecia valoración nin atención especial aos seusintereses ou ás súas esferas peculiares. A Coroa e a burocracia central mediatizan parcial-mente as relacións económicas e culturais con Europa. A Europa renacentista peregrinamenos a Compostela. Así mesmo, a empresa imperial que desencadean as descubertasnon abre camiños nin oportunidades especiais a Galicia e aos seus portos.

A monarquía dos Habsburgo coloca a España no mundo imperial europeo, peroGalicia resulta moi marxinal. O imperio europeo de base peninsular occidental, no queesa marxinación non semella probable, é o de Portugal. A nobreza galega atopa certamen-te campo para a súa presenza nos servizos á monarquía, moi sinaladamente no desenvol-

Page 15: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

15

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

vemento da súa política exterior. O conde de Gondomar, executor eficaz e intelixente dapolítica dos Austrias, é un paradigma da situación desa nobreza. Foi consciente dos peri-gos de encerro que, paradoxalmente, viñan do relativo éxito das actividades agrícolas egandeiras que a súa terra de orixe desenvolvera como paliativo do seu illamento. Non lleve Gondomar, dende o seu privilexiado observatorio, maior mérito á autosuficiencia eco-nómica desa solución que non lle garante a Galicia máis nada que a subsistencia, nunmundo que a outros lles ofrece oportunidades de mellora.

O enfrontamento imperial do novo Estado nacional español con Inglaterra, ondeGondomar aplica o seu talento, potencia o valor estratéxico das costas galegas e a necesi-dade de defendelas das ambicións británicas. Pero conxélaas nunha perspectiva militar ede peche pouco compatible coa apertura ao comercio que puideran arbitrar noutro marcoestratéxico.

Dos tres novos instrumentos institucionais que vinculan a Galicia co poder cen-tral e que se van consolidando no século XVI (Audiencia, Capitán Xeral e Xunta doReino) é a Xunta o que presenta un carácter máis representativo, pero con posibilidadesescasas de desempeño administrativo. Cabería esperar dela un maior reflexo das preocu-pacións do país. De feito, no que atinxe á acción exterior, vémola actuando como axentede levas e intendencia para os exércitos nas guerras con Portugal e na guerra de Sucesión.

Chegados ao século XVIII persisten as consideracións estratéxicas que motivanalgún proxecto de desenvolvemento como o dos estaleiros de Ferrol. Consecuencia disoson as viaxes científicas dos oficiais ilustrados da Armada que retornan á Península cosseus coñecementos por esas costas ártabras. A decadencia da Armada despois de Trafal-gar freará moito esa apertura.

As tentativas de extroversión dos gobernantes de Carlos III, manifestas nesa ver-sión cultural do fortalecemento militar do noroeste galego, na recomposición interna doscamiños e na liberdade de comercio dos portos, foron breves de máis para artellar rela-cións económicas e culturais vigorosas. Ilustrados como Sarmiento e Pedro Sánchez puxe-ron de manifesto a necesidade de relacións exteriores ao formularen a súa preocupaciónpolas necesidades internas do país galego.

O XIX foi un século de profunda inestabilidade. As relacións comerciais foronespecialmente difíciles. Os intentos de asegurar unha maior presenza no comercio ultra-marino rematan en derrota e a opción proteccionista da política comercial española preci-pita a ruptura dos vínculos existentes cos mercados nos que Galicia fora adquirindo pre-senza. Así, no fin do século perdéronse os mercados de exportación, especialmente devacún, ao Reino Unido e a Portugal. Como en tempos de Sarmiento, a deficiente integra-ción interior de Galicia freaba a extroversión comercial e cultural. A desprotección legaldo Estado agravaba o problema.

Unha forma problemática pero de importancia excepcional para comprender aGalicia no mundo é a emigración que, con antecedentes de migración interna, estacionalou permanente, e esporadicamente tamén externa, toma proporcións masivas na transi-ción do XIX ao XX e se prolonga neste. Alén da transcendencia económica das remesasde efectivo, a emigración puxo as bases dunha diáspora, dinamizada por veces no eido

Page 16: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

16

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

cultural, espalladora dunha identidade galega no mundo, e que hoxe pode ser un factormoi positivo na acción exterior de Galicia.

Na Galicia do decenio de 1930 pódense albiscar novos rumbos de moderniza-ción económica e cultural que a levan cara a un mundo máis amplo. O Partido Galeguista,sensible á urxencia dese proceso, contou cos servizos de Plácido R. Castro, que levouesas aspiracións ao IX Congreso de Nacionalidades Europeas, organizado en Berna coapoio da Sociedade de Nacións, onde Galicia foi recoñecida como unha nacionalidadediferenciada, como un pobo con personalidade propia.

Nas dúas primeiras décadas da ditadura, España, a diferenza doutros países docontinente europeo, impulsa a autarquía económica. Fóra dunha certa industrializaciónde enclave, como a das Pontes, pouco aproveitan eses anos a Galicia, e practicamentepermanece ausente no eido da súa apertura ao exterior. Despois de 1960, Galicia seguesendo periférica nas mudanzas de política económica do Estado, se ben comeza a se abrirao exterior, e consolida a presenza na pesca de altura (Grand Sole, Terranova, etc.) eabsorbe investimentos de capital estranxeiro (Citroën, Genosa, Aluminio-Pechiney, Pe-troliber, Saprogal, etc.). Cando dispón de poder autonómico, atópase co problema dainsuficiente modernización pesqueira, agraria e industrial do país.

Esta memoria histórica debe axudarnos a comprender que Galicia é un país deprodución plural e compensatoria en momentos de crises sectoriais. Ensínanos tamén queas solucións de emerxencia non sempre son rendibles e que o noso progreso económico,político e cultural está en proporción directa co seu entroncamento consciente e ben orien-tado co mundo do exterior. Nesa perspectiva, cómpre sinalar que Galicia sempre amosouunha intensa vocación de apertura comercial que se viu prexudicada pola opción protec-cionista, e nalgún tempo autárquica, do poder central.

En distintas formas e consoante coas diferentes posibilidades de acción no mar-co de cada situación histórica, Galicia mantívose aberta ao mundo e tentou actuar nel. Ahistoria ofrécenos unha serie de camiños encetados e non sempre seguidos, que son hoxeun abano de incitacións a unha acción exterior asentada na vontade conxunta dos galegose propiciada polas institucións con que hoxe contamos para o noso autogoberno.

Page 17: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

17

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Capítulo IIIA acción exterior de Galicia

Marco político-constitucional da acción exterior galega

Cando o vixente Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) se refire por primeiravez ao estranxeiro, faino ao fío dos dereitos políticos de que han gozar os galegos e osseus descendentes que se atopen fóra de España (art. 3.2). Non é de estrañar, pois, que oEAG, cando alude explicitamente a formas e instrumentos propios do Dereito Internacio-nal, o faga tendo en conta ese condicionante histórico e humano, e así se reflicte no artigo7, que resulta dalgún xeito especificación substantiva do artigo 35.3. Pero mesmo nesecontexto, onde a referencia expresa ás potestades autonómicas no ámbito exterior deberíafacilitar unha interpretación pacífica da norma, atopámonos con que o artigo 29.1 EAGreserva de xeito tamén incuestionable á Administración Xeral do Estado a integridade dascompetencias no eido migratorio.

Obxectivando as diferentes competencias que a Constitución Española (CE) contem-pla como asumibles polas diferentes comunidades autónomas cabe mencionar, dunha banda,e pola especificidade da nosa lingua, a oficialidade propia desta, no ámbito territorial de Ga-licia, tal como dispón o art. 3.2 CE, pero, ao mesmo tempo, unha obriga especial do Estado calé a da protección e respecto da lingua galega como parte do patrimonio cultural de España(art. 3.3 CE) e, polo tanto, que abrangue toda a acción política do deste, no interior e noexterior, de tal xeito que, cando no art. 149.1.3ª da Constitución Española se sinala comocompetencia exclusiva do Estado as “Relacións internacionais”, tal reserva competencial tende se poñer en relación coa competencia que, verbo da lingua, contén o noso Estatuto deAutonomía nos artigos 5 e 27.20, en canto figura como competencia, tamén exclusiva, daComunidade Autónoma Galega, “A promoción e o ensino da lingua galega”.

Nestas e noutras disposicións estatutarias, unha primeira e pasadía análise super-ficial do EAG, pegada á súa estrita literalidade, podería inducirnos a avalar unha interpre-tación reducionista do raio de acción que deba posuír a Comunidade Autónoma de Gali-cia na esfera, se non internacional en puridade, si cando menos exterior.

Sucede, non obstante, que, como sabiamente afirma o lexislador no artigo 3.1 doCódigo Civil, de aplicación xeral e directa consonte co artigo 13.1 do mesmo corpo legal,a realidade social do tempo en que deban ser aplicadas as normas é un parámetro indiso-ciable do corpo vivo que é unha comunidade humana. E neste corpo social que integranGalicia e España téñense experimentado tantas mutacións xurídicas e administrativas dende1981 que a pretensión de fosilizar a síntese hermenéutica do Ordenamento no seu conxunto,máis que temeraria, resulta inconsecuente.

Dende a aprobación do EAG hai polo menos dúas circunstancias que alterannotablemente o marco no que deben quedar inseridas as disposicións estatutarias e cons-

Page 18: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

18

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

titucionais. Unha é de natureza xurídica e outra de factura eminentemente socioeconómi-ca. Estámonos a referir aos procesos de comunitarización das políticas públicas, tanto nosenso horizontal como no vertical, e o da mundialización dos factores produtivos, ascorrentes comerciais e as tendencias sociolóxicas. Velaí como os axiomas peneirados nasfórmulas rebus sic stantibus e mais na caeteris paribus deben ser traídos a colación paraevitar un absurdo bloqueo e anquilosamento das normas. Por dicilo dun xeito gráfico econtundente: Maastricht e Marrakech eran en 1981 só dous puntos exóticos do globo,pero os tratados que deron pé á constitución da Unión Europea e da Organización Mun-dial do Comercio, igual ca outros fenómenos análogos, fixeron mudar o statu quo e osalicerces de moitas interpretacións.

De maneira que o marco de localización dos preceptos constitucionais mudoutanto nos últimos anos, e nomeadamente dende a adhesión de España ás comunidadeseuropeas, co que iso supuxo de adaptación do escenario xurídico e de evolución cara áabsoluta porosidade da nosa economía e sociedade cara ao exterior, tanto comunitariocomo extracomunitario, precisamente a traveso da propia rede de relacións tecida polascomunidades europeas, que a habilitación para actuar na órbita exterior depende xa indu-bidablemente e de xeito exclusivo da proxección externa das competencias substantivas enon de senlleiras previsións ríxidas inseridas no Estatuto de Autonomía.

A simple evolución da doutrina constitucional ao abeiro da progresión do fenó-meno comunitario e exterior, lato sensu, fai que, se as competencias materiais precisandunha proxección ad extra, a respectiva Comunidade Autónoma poida acometela senatranco de ningunha casta. Que o EAG non recolla literalmente a competencia de adop-ción de medidas para a execución de tratados e convenios internacionais, como si fan osestatutos do País Vasco (art. 20.3), Cataluña (art. 27.3), Andalucía (art. 23.2), Principadode Asturias (art. 12.b), Rexión de Murcia (art. 12.2), Aragón (art. 40.2), Castela-A Man-cha (art. 34), Canarias (art. 37.2), Navarra (art. 58.2), Estremadura (art. 9.1), Illas Balea-res (art. 12.1), Comunidade de Madrid (art. 33.2) ou o de Castela e León (art. 28.7), nonimpide que a chegue a exercer.

Podería ser máis problemática a invocación da facultade de recibir informaciónsobre tratados e convenios internacionais que poidan incidir en competencias autonómi-cas, facultade ausente no EAG e que si aparece nos estatutos vasco (art. 20.5), catalán(art. 27.5), andaluz (art. 23.1), asturiano (art. 34.3), murciano (art. 12.2), aragonés (art.16.k), canario (art. 37.1), navarro (art. 68) e madrileño (art. 33.1). Porén, a evoluciónnormativa e administrativa fixo posible que tal atribución sexa xeneralizada, e como pro-ba definitiva desa progresión é o Acordo do 11 de decembro de 1997, da Conferenciapara Asuntos Relacionados coas comunidades europeas, relativo á participación das Co-munidades Autónomas nos procedementos ante o Tribunal de Xustiza das ComunidadesEuropeas que, no seu punto oitavo, lexitima calquera Comunidade Autónoma para instar,xunto coa Administración Xeral do Estado, un ditame do Tribunal de Xustiza sobre acompatibilidade coas disposicións do Tratado constitutivo da Comunidade Europea decalquera Acordo internacional que tivese previsto celebrar a Comunidade Europea. E istoten tanto máis valor concluínte por canto a proposta da súa inserción no Acordo da Con-

Page 19: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

19

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

ferencia partiu da Comunidade Autónoma de Galicia, sen que fose obstáculo, en sintoníacoa doutrina do Tribunal Constitucional, que o EAG adoecese de referencia algunha ainstrumentos internacionais que puidesen afectar ás competencias atribuídas á Comuni-dade Europea.

A xurisdicidade da acción exterior galega ten uns alicerces tan sólidos comotamén o son as trabes económicas que lexitiman o pulo político nese eido. Daquela noncabe unha formulación regulamentaria, doutrinaria ou dogmática na interpretación e exe-cución das disposicións que o bloque da constitucionalidade prevé dun xeito parco easistémico.

O sentido común, a lóxica dos feitos nos diversos planos do fenómeno exterior ea propia decantación do Estado autonómico xa posibilitaron que mesmo o Tribunal Cons-titucional dese un xiro copernicano á súa interpretación do bloque da constitucionalidadeno que atinxe á proxección ad extra da nosa comunidade autónoma e, por extensión, detodas as restantes con competencias sectoriais substantivas que fosen susceptibles desaproxección. A doutrina proclamada pola Sentenza 137/1989, do 20 de xullo, axiña ficousuperada. Inserir no epígrafe das relacións internacionais un sintético comunicado decolaboración, subscrito o 2 de novembro de 1984 entre a Consellería de Ordenación doTerritorio e Medio Ambiente e a Dirección Xeral de Medio Ambiente de Dinamarca, eratal despropósito conceptual e teleolóxico que tivo que ser emendado polo Alto Tribunalen pronunciamentos ulteriores. Se así non fose, a conxunción dos fenómenos de amplia-ción e afondamento do prevalente acervo comunitario europeo, a mundialización socioeco-nómica e a paulatina expansión da normativa internacional rematarían por baleirar a auto-nomía ata deixala en algo testemuñal, etnográfico e sen relevancia operativa.

Certo é que entre esa sentenza e a 165/1994, do 26 de maio, que proclama conabsoluta nitidez que “para levar a cabo correctamente as funcións que teña atribuídas,unha Comunidade Autónoma deba realizar determinadas actividades, non xa só fóra doseu territorio, senón incluso fóra dos límites territoriais de España”, houbo outras me-nos dogmáticas, como a 153/1989, do 5 de outubro, que no tocante á cinematografíaprimaba o título material autonómico de fomento da industria fronte ao xenérico estatalde relacións internacionais, enlazando co xermolo dunha corrente que fora preterida,caracterizada pola Sentenza 125/1984, do 20 de decembro, que daba prevalecemento aotítulo singular autonómico de fomento do turismo diante do transversal estatal de comer-cio exterior. Pero dende a Sentenza 79/1992, do 28 de maio, seguida polas sentenzas 117/1992, do 16 de setembro, a antedita 165/1994, do 26 de maio, a 148/1998, do 2 de xullo,a 21/1999, do 25 de febreiro, a 190/2000, do 13 de xullo, a 45/2001, do 15 de febreiro ea 206/2001, do 22 de outubro, entre outras, vénse afianzando unha liña que, acotío engar-zando co fenómeno da comunitarización europea, salienta que as comunidades autóno-mas non están condenadas a seren simples espectadores no concernente ao que sucede noque, para unha interpretación obsoleta e superada, puidese ser considerado intrinseca-mente internacional.

Galicia, como Comunidade Autónoma, non invoca un dereito a se servir do iusad tractatum ou do ius legationis, nin a formar un criterio de seu no referente á responsa-

Page 20: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

20

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

bilidade internacional ou ao ius belli ac pacis, poñendo por caso. En troques, aspira a terpulo abondo para se adiantar, na medida do posible, aos acontecementos que incidiránnela á vista da contorna internacional. A ser coñecida e valorada pola súa cultura propia,a axudar os seus traballadores e empresarios para extraer partido dos beneficios da mun-dialización e para reducir o impacto das súas consecuencias lesivas nos sectores menoscompetitivos. Velaí como a acción exterior de Galicia se debe apoiar tanto na iniciativaoficial como na privada e cívica. Xa non só pola nosa escala, senón tamén pola máiselemental eficiencia na xestión duns recursos escasos, debemos construír unha estratexiaexterior galega planificada sobre un consenso de ampla base social.

Os fundamentos da acción exterior de Galicia

Nunha comunidade internacional onde moitos actores privados gozan dunha au-tonomía contractual e relacional superior á dunha manchea de suxeitos estatais, tan res-pectables como irrelevantes, onde o poder e recursos de interacción que posúen diversasorganizacións civís multinacionais supera a non poucas magras diplomacias de estadosconstituídos segundo os parámetros tradicionais do Dereito Internacional, afirmar aíndaque os suxeitos territoriais que teñen recoñecida capacidade de actuación nas áreas máisdiversas da promoción socioeconómica deban ficar pasivos diante do crecente número devectores que retroalimentan a mundialización, polo simple feito de que un elemento ritualaccesorio poida ser cualificado de internacional, resulta obsoleto e inadecuado. O cami-ño percorrido dende a Sentenza do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional do 7 dedecembro de 1927, recaída no chamado Asunto Lotus, non fixo máis ca expandirse inin-terrompidamente ao longo e ao ancho ata hoxe.

Pero se os actores privados cobraron un protagonismo inusitado na vida interna-cional, ata o punto de negociar directamente cos estados unha morea de asuntos inimaxi-nables non hai moito tempo, participar nas organizacións que estes constitúan e asinaracordos cos mesmos –por exemplo, en asociacións multinacionais sen ánimo de lucro daesfera dos dereitos humanos, a ecoloxía, a asistencia educativa, sanitaria e humanitaria...ademais das xa clásicas corporacións mercantís e as súas agrupacións-, tamén os estadosse deberon adaptar a unha nova contorna. Falar de soberanía sen deter o monopolio dacuñaxe de moeda no territorio sobre o que se exercía esa pretendida soberanía era, haiben pouco, máis ca unha temeridade, unha herexía verbo da constitución material e histó-rica do respectivo Estado. E porén, ese atributo intrínseco da estatalidade e aínda daproto-estatalidade, recollida nos anais dende que se coñecen rexistros escritos sobre oproceder dos soberanos, esgazou dunha maneira silandeira, e fíxoo, precisamente, nosestados nacionais europeos que se prezan de máis sólidos e antigos, por moito que as súasvixentes constitucións formais sigan proclamando que conservan a exclusividade de fixara súa propia política monetaria e, con ela, o consubstancial dereito de señoreaxe.

Con todo, debemos lembrar e asumir que a cerna do internacional aínda ten nosestados uns suxeitos prevalentes e privilexiados, xa que neles radican funcións exclusi-vas, como serían o treaty making power ou o ius legationis. O caudal hereditario que

Page 21: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

21

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

representan as Convencións de Viena sobre Relacións Diplomáticas, do 18 de abril de1961, e sobre o Dereito dos Tratados, do 23 de maio de 1969, entre outras disposiciónsinternacionais, acouta perfectamente o rol indispoñible dos estados e o das súas organiza-cións no miolo das relacións internacionais. Galicia, como comunidade autónoma espa-ñola, debe respectar xa que logo as disposicións constitucionais domésticas nese eido,pero tamén a legalidade internacional en toda a súa extensión e sen ningunha eiva.

Dentro dese marco, non obstante, hai un amplo espazo de autonomía funcional,tanto para os actores públicos como privados galegos. A definición dunha estratexia depaís cara ao exterior, a coordinación e integración das ferramentas que poidan empregareses actores e o implemento sincrónico das medidas que se acorden non deben padecerdaquela ningún atranco de natureza xurídica, sempre que se observe a legalidade consti-tucional e internacional vixentes. Dende logo, ninguén poderá argumentar que a Comuni-dade Autónoma de Galicia teña que ser menos activa ca calquera cámara de comercio ouasociación empresarial sectorial polo feito da súa natureza político-administrativa. Vela-quí como entre eses niveis e o núcleo da representación exterior do Estado que detén asúa Administración Xeral hai terreo abondo no que comezar e desenvolver unha dinámicaexterior proactiva de e para Galicia.

Se dende a vertente xurídica a fundamentación da acción exterior galega resultaindubidable e pacífica, dende a óptica económica antóllase vital e urxente. Cómpre diver-sificar os nosos mercados exteriores, ampliar o censo de exportadores e reequilibrar o deexpedidores a outras latitudes do Mercado Interior Europeo, atraer máis investimentoforáneo e posicionar capital galego naqueles puntos xeográficos que poidan servir deplataforma para a expansión do noso tecido industrial, así como estimular a internaciona-lización dos nosos sectores primario e terciario.

Nunha economía aberta como a nosa pechar os ollos diante dos fenómenos queincentivan precisamente unha meirande porosidade económica sería unha actitude con-traproducente. Algo tan elemental como o incremento e mellora das estruturas asociativasque cohesionen os axentes con vocación exterior resulta requisito sine qua non para nosdotar de ferramentas idóneas para o labor de proxección e intervención fóra de España.Neste aspecto, o protagonismo da sociedade civil só pode ser estimulado polos poderespúblicos, pero endexamais suplido nin imposto. Daquela, é responsabilidade primeira eintransferible dos integrantes desta sociedade asumir un novo perfil internacional.

Se, dende un punto de vista técnico-xurídico e material, consideramos como cer-na competencial da Autonomía de Galicia o artigo 27 do seu Estatuto, concluirase quedos seus trinta e dous números non sería aventurado afirmar que, agás os relacionadoscoas competencias de autoorganización e de Dereito Civil especial, todos os restantesestán limitados, redefinidos ou condicionados polas diferentes políticas comunitarias eu-ropeas e polo repertorio de lexislación comunitaria. Outro tanto sucede, aínda con mei-rande énfase se cabe, nos restantes preceptos estatutarios incardinables no capítulo dofomento administrativo ou da ordenación económica, sendo paradigmático a este respec-to o artigo 30, xa que as medidas comunitarias non só enmarcan as competencias autonó-micas, senón por riba e coa mesma intensidade as nidiamente estatais. Continuar afirman-

Page 22: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

22

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

do hoxe, logo de constituída a Unión Económica e Monetaria da que somos membrosfundadores, cando os programas de estabilidade e crecemento, os topes de déficit e débe-da, o prezo do diñeiro e a determinación da masa monetaria son xestados en Bruxelas ouen Francfort do Meno, que, por exemplo as competencias exclusivas da ComunidadeAutónoma Galega desenvolveranse “dacordo coas bases e a ordenación da actuacióneconómica xeral e a política monetaria do Estado”, mantendo contra toda evidenciaempírica unha pura e abaloirada interpretación literal, sería unha empresa imposible xaque, entre outras cousas, o propio Estado xa non ten de seu política monetaria algunha.

Como enfrontarse a esta atípica pero tanxible situación? O Tribunal Constitucio-nal español debuxa un plano de traballo moi cabal e nidio. “...as Comunidades Autóno-mas, en canto titulares dunha autonomía de natureza política para a “xestión dos seuspropios intereses” (SSTC 4/1981 –RTC 1981,4- e 25/1981 –RTC 1981,25-), atópansedirectamente interesadas na actividade que levan a cabo as Comunidades Europeas.Pois en atención á cesión do exercicio de competencias efectuada por España de confor-midade co art. 93 CE dunha banda e, doutra, á estrutura politicamente complexa doEstado que ten configurado a nosa Constitución, é evidente que as normas e actos dasComunidades Europeas poden entrañar non só límites e restriccións ao exercicio dascompetencias que corresponden ás Comunidades Autónomas senón que tamén podenestablecer, á inversa, incentivos e axudas económicas para as actividades que estes en-tes levan a cabo. Sen que haxa que esquecer, doutra banda, que en canto titulares decompetencias atribuídas pola Constitución e os respectivos Estatutos, ás ComunidadesAutónomas pode corresponder, ratione materiae, a execución no seu territorio das dis-posicións comunitarias (SSTC 258/1988 –RTC 1988,258- e 79/1992 –RTC 1992,79-,entre outras).”

Pero é que a comunitarización de materias nas que a Comunidade Autónoma deGalicia posúe competencias substantivas resulta ser só un aspecto cartesiano, previsible eregrado do proceso de integración europea no que participamos. Máis informal e impre-ciso é o paulatino proceso de mundialización, no que como sociedade e economía abertasque somos e temos tamén estamos plenamente inseridos. Os acordos sectoriais sobreagricultura e os téxtiles e vestido, ou os acordos plurilaterais específicos sobre carne devacún e produtos lácteos, corolarios do Acordo de Marrakech, do 15 de abril de 1994,que estableceu a Organización Mundial do Comercio, son como outros moitos de plena eefectiva aplicación en Galicia, precisamente a través das normas de Dereito Comunitarioderivado. Polo tanto, as políticas públicas que se deseñen dende Galicia, no exercicio dascompetencias asumidas, non se poden resignar a seren pasivas, na espera de que cheguencompetidores foráneos ao noso mercado doméstico en calquera dos tres sectores nos quetradicionalmente se divide a actividade económica.

Nos tempos que nos toca vivir e nas correntes económicas nas que nos debemosmover non cabe manter murchas presuncións, empurradas por teses xermoladas en esce-narios absolutamente dispares. A comunidade internacional non é xa o senlleiro grupo dereinos ou proto-estados do vello continente que ficara reconstituído logo da Paz de Wes-tfalia no 1648. Por referir só un dato abondo ilustrativo, as sucesivas e monopolistas

Page 23: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

23

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Compañías de Indias, que os diferentes soberanos europeos promoveran, nada teñen quever en canto a volume relativo de transaccións, estatuto xurídico ou sistema orgánico coque acontece nun tráfico mercantil coma o contemporáneo, onde o principio de liberdadecomercial é o óptimo ao que se aspira maioritariamente, segundo o sistema da Organiza-ción Mundial do Comercio, e no que o valor das mercadorías e dos servizos transnacio-nais só aspira a medrar nunha contorna multilateral e plenamente irrestrita.

A interacción entre a Administración autonómica e os axentes exteriores ga-legos chamados a desenvolver un rol crecentemente activo ten xa múltiples manifes-tacións prácticas. Lémbrese o urdido consolidado a través dos plans de fomento dasexportacións galegas, nas que o pequeno e mediano empresariado é protagonista cua-lificado gracias á súa representación por medio das respectivas Cámaras de Comer-cio galegas. Ou as iniciativas desenvolvidas polo Instituto Galego de PromociónEconómica para apoiar os esforzos na internacionalización dese mesmo empresaria-do. Ou, para rematar, nas actuacións compensadoras en materia técnica e formativaque a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos desenvolve con autoridades de esta-dos ribeiráns, nos que o capital privado galego pode pechar acordos para expandir asúa actividade pesqueira e transformadora. Exemplos análogos pódense atopar nunfato de eidos, dende o cultural ao educativo, dende o socioasistencial ao sanitario, etodos amosan de xeito sobranceiro unha rica colleita.

Este esquema de actuación, plenamente compatible coa xestión integral das com-petencias substantivas que a Comunidade Autónoma ten recibido por vía estatutaria epola lexislación orgánica adicional de rigor, baséase nalgúns casos no cualificado prota-gonismo do sector público e, noutros, na complementariedade da iniciativa civil. Estadebe ser polo tanto obxecto dunha particular e preferente atención. Primeiro, porqueadoita partir dunha postura máis feble, tendo en conta a falla de dimensión e de experien-cia, pero tamén, e deseguido, porque nela poden xurdir mecanismos máis áxiles cós so-metidos ás rixideces e inercias do aparello administrativo.

Os esquemas de dereito privado no que se desenvolven os integrantes desa socie-dade civil con vis internacional permiten unha máis dinámica achega aos fenómenos quetranscenden as nosas fronteiras. A Administración pode coadxuvar doadamente á subs-tanciación das iniciativas sociais ou empresariais sen protagonizar de modo exclusivounha actuación que puidese levar a conflitos competenciais con outra AdministraciónPública, fosen reais ou hipotéticos. Isto explica tamén que non poucas rexións, estadosfederados e comunidades autónomas, e mesmo en distinta medida os propios estadosnacionais, recorran acotío a emular estratexias xa desenvolvidas por suxeitos particularese empreguen figuras e medios de natureza eminentemente privada.

Con eses criterios, e á vista do que acontece no marco comparado, non estamos afalar dunha estratexia paradiplomática, senón dun nove enfoque relacional que está máispróximo en calquera caso ao mundo dos negocios internacionais que ao da diplomaciapolítica tradicional. Con ese enfoque, a marxe de autonomía para defender os nosos inte-reses colectivos vinculados a competencias materiais galegas pode medrar e gañar enclaridade, e superar os naturais receos que a aparente emulación das formas diplomáticas

Page 24: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

24

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

pode espertar nos órganos que deteñen o monopolio funcional das relacións internacio-nais a nivel estatal.

En síntese, a lexitimidade da acción exterior galega debe ser avaliada xuntocoa capacidade de intervención existente en Galicia, considerando de xeito especialas necesidades concorrentes e o rol dos diversos axentes partícipes. A fundamenta-ción ontolóxica, socioeconómica, política e ata xurídica da acción exterior galegaestá fóra de toda dúbida pero os procedementos, as canles e os instrumentos debenser depurados, adaptados e seleccionados para evitar un litixio tan estéril como para-lizador. A complementariedade entre os nosos sectores público e privado é, logo, aclave de bóveda para conseguir avances significativos na proxección exterior de Ga-licia, na súa reafirmación foránea como país singularizado e desexoso de entaboarunha fluída cooperación con outros pobos.

Os principais actores da acción exterior de Galicia

A Xunta de Galicia desenvolve a súa acción exterior a través de tres referenciasbásicas. En primeiro lugar, a propia Presidencia, cun protagonismo directo, especialmen-te a través das viaxes ao exterior do seu titular que perseguen, entre outros, os seguintesobxectivos: a recuperación do contacto coa poboación galega emigrada, a afirmación docompromiso rexionalista e europeísta da autonomía galega, o estímulo dos intercambioseconómicos, comerciais e culturais, e a proxección dunha imaxe de Galicia moderna eturisticamente atractiva. Os encontros institucionais ao máis alto nivel ou a presenza dedelegacións empresariais nas misións, especialmente a destinos non comunitarios, teñensido unha constante na acción exterior da Presidencia.

Do Presidente depende a Secretaría Xeral para as Relacións coa Unión Europeae Cooperación Exterior que dende 1997 concentra as principais funcións nesta materia ecoordina a Comisión de Acción Exterior. Organízase en dúas áreas principais, Relaciónscoa Unión Europea e Cooperación exterior. Desta Secretaría dependen dúas oficinas derepresentación en Florianópolis (Brasil) e Bos Aires (Arxentina) –área Mercosur- queteñen como principal misión promover as posibilidades bilaterais de cooperación e soli-citar información actualizada en todos os ámbitos. Así mesmo, esta secretaría exerce osecretariado da Comisión de Acción Exterior da Xunta de Galicia que debe elaborar aspropostas de liñas políticas da acción exterior e asegurar a coordinación de todos osplans, programas, iniciativas e actuacións singulares neste eido para mellorar a eficacia ea eficiencia colectiva da acción exterior da Xunta. Esta comisión conta cun comité prepa-ratorio e un grupo de traballo.

En terceiro lugar, a Consellería de Emigración, creada a finais de 2001 e cunnivel de implicación que supera a dimensión tradicional de atención aos colectivos deemigrados, para afondar na resposta ás crises políticas que se desenvolven nos países deacollida, e vertebrar, a través da Fundación Galicia-Emigración, o compromiso da socie-dade galega coa diáspora. Conta con dúas direccións xerais: Emigración e Inmigración.Ademais de xestionar a Axencia Humanitaria de Galicia, instrumento concibido para res-

Page 25: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

25

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

ponder ás situacións de emerxencia internacional, esta consellería promove os Foros Bi-laterais, instrumentos orientados a promover a creación dun terceiro espazo de encontroentre a diáspora e Galicia no que, con criterios de bilateralidade e reciprocidade, se poi-dan desenvolver os vínculos comúns en todas as áreas susceptibles de interese.

No organigrama administrativo da autonomía galega cómpre salientar tamén oprotagonismo exterior das seguintes entidades:

• IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), creado en 1993, en espe-cial a través das Delegacións dos Centros de Promoción de Negocios do Instituto noexterior, orientadas á captación de investimentos estranxeiros, prestando apoio á buscade oportunidades de negocio para a empresa galega, apoio loxístico e soporte físico parafavorecer a expansión exterior das empresas galegas.

• Dirección Xeral de Comercio, que desenvolve accións de promoción do co-mercio exterior a través do Plan FOEXGA (Fomento das Exportacións Galegas), en cola-boración coas Cámaras de Comercio; o Plan PIPE (de Iniciación á Promoción Exterior),dirixido ás pequenas e medianas empresas; e Expo-Galicia, exposicións realizadas noexterior para promocionar as empresas e produtos galegos.

• Dirección Xeral de Turismo que, directamente ou por medio de Turgalicia ou a S.A.de Xestión do Plan Xacobeo, concentra a promoción dos nosos recursos neste ámbito.

• Subdirección Xeral de Cooperación Pesqueira Internacional, que actúa comoun reforzo institucional do liderado empresarial que Galicia desempeña nesta activi-dade, consolidando oportunidades de negocio que garantan en maior medida o futuroda nosa pesca.

A Fundación Galicia-Europa é unha institución que, con participación da Xuntade Galicia e actores privados, promove accións de achegamento de Galicia á UE e formae informa á sociedade galega nas cuestións relativas a Europa e as súas institucións, cana-lizando a xestión de intereses galegos. Con sede propia en Bruxelas, complementa asactuacións realizadas dende Galicia e vertebra a articulación de intereses públicos e pri-vados. Presidida polo Presidente da Xunta de Galicia, os seus integrantes repártense entreentidades financeiras, cámaras de comercio, Consorcio da Zona Franca de Vigo e repre-sentantes de diversas consellerías. Tres Deputacións, coa excepción de Lugo, figurancomo membros asociados. Eixo Atlántico e IGAPE dispoñen dun representante en Bruxelasque se integra no equipo de traballo da Fundación Galicia-Europa. A Secretaría Xeral deRelacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior é o departamento responsable deasegurar o funcionamento da Fundación Galicia Europa, sendo o Secretario Xeral o seuDirector–Apoderado.

En sede parlamentaria, creouse unha Comisión permanente non lexislativa paraAsuntos Europeos e unha Comisión non permanente para o estudo dos problemas daemigración galega.

A Administración do Estado incorpora como referencia clave a delegación terri-torial do ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior). Pola súa banda, a Administra-ción local actúa no eido exterior, fundamentalmente a través da política de irmandades, acooperación ao desenvolvemento (Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade) e o

Page 26: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

26

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

implemento de activas relacións con Portugal (Eixo Atlántico de cidades do noroestepeninsular).

Tamén no ámbito económico importa destacar o papel desempeñado polas Cá-maras de Comercio, a Confederación de Empresarios de Galicia e, en menor medida, osClubs Financeiros. Igualmente se deben salientar as entidades financeiras (bancos e caixas)e as súas redes exteriores.

No ámbito universitario e cultural cómpre destacar o papel desempeñado polasOficinas de Relacións Internacionais das tres Universidades Galegas (A Coruña, Santia-go e Vigo) que desenvolven e xestionan multitude de convenios e intercambios con enti-dades similares doutros países; o Consello da Cultura Galega, a través da súa comisión deCultura Galega no Exterior; e os lectorados de galego en colexios e universidades, depen-dentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.Igualmente cómpre citar tanto as editoriais como a CRTVG e outras canles de TV quecontribúen á proxección exterior da nosa comunidade.

No que atinxe aos partidos políticos, cabe constatar unha sensibilidade crecentearredor da importancia do exterior, vivido esencialmente por medio das repercusións napolítica galega do feito migratorio, as relacións con Portugal ou a internacionalización danosa economía.

Na sociedade civil cómpre destacar o papel de actores como os sindicatos e asorganizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento.

Os principais contidos da acción exterior de Galicia

Neste eido convén distinguir dous planos: xeográfico e temático. No que atinxeao primeiro, débense salientar os seguintes:

• Unión Europea. Inclúe o desenvolvemento das funcións de impulso, segui-mento e coordinación das actuacións de proxección e defensa dos intereses galegos noámbito europeo e máis especificamente na Unión Europea e, tamén o seguimento e coor-dinación das actuacións dos diferentes departamentos relacionados con esta materia eámbito xeográfico. A Xunta de Galicia está comprometida co movemento rexional euro-peo no que participa a través do Comité das Rexións. Igualmente participa directamenteen numerosos Comités da Comisión Europea e forma parte activa do Arco Atlántico. Acoordinación coa Administración estatal a este nivel establécece a través da Conferenciade Asuntos Relacionados coas Comunidades Europeas e o Acordo de Participación Inter-na das Comunidades Autónomas nos asuntos comunitarios europeos a través das confe-rencias sectoriais.

• Norte de Portugal. É unha das prioridades políticas indiscutibles vincula-da á culminación das infraestruturas eurorrexionais de todo tipo (rodoviarias, ferro-viarias, gasísticas, enerxéticas, de telecomunicacións, etc.), proxectos xestionados através da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (1991), auténtico motorda cooperación transfronteiriza a fin de promover o desenvolvemento simultáneo deambos os territorios.

Page 27: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

27

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

• América latina. Alén do feito diaspórico, as actuacións de Galicia en Américalatina, e máis concretamente na zona de Mercosur, foron moitas e de diversa índole, queabarcaron o diálogo con entes públicos e privados da rexión. Galicia converteuse en nexode unión entre Mercosur e a UE a través do mandato que recibiu o presidente da Xunta daConferencia de Rexións Periféricas e Marítimas de Europa (La Rochelle, 1997) paraexplorar as posibilidades reais de cooperación institucional e económica entre ambas asentidades. Signataria dun Memorando de cooperación con ALADI (Asociación Latinoa-mericana de Integración), ou dun Acordo Multilateral con CODESUL-CRECENEA(conxunto de estados brasileiros do sur e provincias arxentinas fronteirizas do noroeste),así como numerosos convenios bilaterais, Galicia creou nestes anos unha mesta rede devontades políticas de cooperación.

No que atinxe ao plano temático:• Cooperación interrexional. Considerada unha base esencial para poten-

ciar unha estratexia de desenvolvemento a medio e longo prazo, cómpre diferenciarentre a bilateral e a multilateral. Polo que atinxe á primeira, ademais da xa citada conPortugal, a cooperación de Galicia está instrumentada con diversas rexións de Fran-cia, Italia, e Polonia. No ámbito multilateral, a aposta polo rexionalismo concrétasenaqueles ámbitos de cooperación que condensa intereses concretos (fronteiriza, opor-tunidades marítimas). Así, Galicia participa na Conferencia de Rexións Periféricas eMarítimas de Europa (CRPM) e, en especial, na súa Comisión Arco Atlántico, naAsemblea de Rexións de Europa (ARE), a Asociación de Rexións Fronteirizas deEuropa (ARFE), e na Conferencia de Poderes Locais e Rexionais de Europa (CPL-RE), organismo que forma parte do Consello de Europa.

• Apoio á internacionalización da empresa galega. Nun contexto de globaliza-ción dos mercados e de progresiva apertura da economía galega ao exterior, importaincrementar o número de empresas exportadoras, diversificar os mercados destino daexportación ou consolidar a presenza internacional do noso sector empresarial. Para afian-zar esas orientacións, actores públicos e privados concertan procesos de asesoramento eformación en temas relacionados co comercio exterior ou arbitran apoios para a obten-ción de axudas, locais ou internacionais, para a promoción comercial ou a implantacióndirecta en países terceiros.

• Apoio aos colectivos da diáspora. Arredor da galeguidade, concepto integra-dor que pretende desenvolver un sentido de pertenza entre todos os galegos e os seusdescendentes con independencia do seu lugar de residencia ou afastamento temporal, ospoderes públicos galegos veñen impulsando políticas de fortalecemento organizativo doscentros e casas de Galicia e dinamizando múltiples actividades a través de programascomúns e homoxéneos que actualizan a relación e o compromiso coa terra de orixe. Trá-tase de mundializar a galeguidade convertendo o factor galego nunha variable de desen-volvemento recíproco que permita a configuración dun polo de poder galego no mundo.

• Cooperación ao desenvolvemento. Galicia é unha das comunidades autó-nomas españolas de menor compromiso económico coa cooperación internacional,se ben a tendencia dos últimos anos amosa unha evolución positiva sendo unha das

Page 28: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

28

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

comunidades autónomas que experimenta un maior incremento medio anual de AODno período 1998-2002. A aprobación, por unanimidade, da Lei Galega de Coopera-ción ao Desenvolvemento influirá nunha maior determinación pública para afrontaras significativas carencias da nosa acción exterior neste ámbito. A aparición de for-mas asociativas coma o Fondo Galego e o espírito de colaboración existente entre osprincipais axentes (Xunta de Galicia, Coordinadora de ONG e Administración Local)poden facilitar que esta dimensión se afiance cada vez máis cun esforzo orzamentariocrecente que abrangue os ámbitos tradicionais: axuda de emerxencia, sensibilización,cooperación. O destino fundamental da cooperación galega é América latina, princi-palmente Perú e os países centroamericanos.

• Imaxe de Galicia. A promoción do turismo, a gastronomía, o Ano Xaco-beo, etc., transmiten unha imaxe de Galicia no exterior privilexiadamente asociada aestas magnitudes. Isto permitiunos mellorar o nivel de coñecemento que sobre Gali-cia existe no exterior, co reto por diante de estender esa admiración á capacidadetecnolóxica da nosa industria. Os sectores punteiros (automoción, agroindustria, moda,pedra, téxtil, construción naval, etc.) da nosa economía deben ir tamén asociados ámarca Galicia.

Fases da acción exterior de Galicia

A acción exterior galega, por razóns de escala, loxísticas, instrumentais emesmo estratéxicas, non pode residir única e exclusivamente nunha Administración,anque resulta innegable que a Administración autonómica debe liderar, estimular epropiciar a dinámica que axude a posicionar mellor o noso país no mundo e a prepa-ralo para encarar as dinámicas externas que lle afectarán. Porén, as fases da acciónexterior galega, con independencia do notable protagonismo que tamén se ha de re-servar a actores e axentes distintos da Administración autonómica, veñen fortementecondicionadas por esa corrente doutrinal, que foi revertida sobre todo co gallo danosa adhesión ás comunidades europeas.

A incorporación de España ao proxecto integrador europeo foi determinantepara facer comprender a todos os niveis que a mutación constitucional operada poloartigo 93 da Constitución xunto coa aplicación ao acervo comunitario dos principiosde primacía e eficacia directa era real e congruente. As competencias da ComunidadeAutónoma de Galicia, como as da Administración Xeral do Estado, e por extensiónde todas administración públicas españolas, en tanto que derivadas orixinariamenteda Constitución, ficaban inseridas nun contexto xurídico e político radicalmente novoque alteraba de xeito substancial o cadro debuxado polos constituíntes, cando menosno estritamente operativo.

Non é de estrañar, entón, que canto ata o 31 de decembro de 1985 era pura esimplemente internacional no tocante ás relacións coas comunidades europeas e os seusEstados integrantes, o 1 de xaneiro de 1986 pasou a gozar doutro status híbrido ou ecléc-tico, pois non sendo estritamente doméstico tampouco era o habitual dos asuntos es-

Page 29: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

29

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

tranxeiros. Velaí como a lexitimación técnico-xurídica da acción exterior galega, na súaacepción institucional, débelle máis ao fenómeno da integración comunitaria que a outrosfactores normativos ou detonantes puramente domésticos.

A combinación equilibrada deses tres vectores (integración comunitaria, novida-des normativas e evolución política interna) permítenos distinguir, en termos cronolóxi-cos, unha secuencia de catro fases no desenvolvemento da acción exterior de Galicia.

A primeira etapa (1981-1989), caracterizouse por unha actividade feble en rela-ción ao exterior, condicionada tanto pola escasa consolidación das institucións autonómi-cas, como polas dificultades e crises económicas, sociais e políticas internas que culmi-naron coa moción de censura de 1988 contra o goberno de Fernández Albor. O feito máisdestacable deste período é a creación, durante o mandato de Fernando González Laxe, daFundación Galicia-Europa (1988).

A segunda fase (1990-1996), baixo a presidencia de Manuel Fraga, abre unhaetapa dunha pegada exterior especialmente activa que combina a atención ao marco euro-peo coas primeiras proxeccións a América latina. Son as súas orientacións fundamentais:a) pulo da presenza en Europa a través da participación activa no movemento rexionalis-ta; b) desenvolvemento das relacións con Portugal a través da cooperación transfronteiri-za para o que se creou a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (1991); c)atención a América latina sobre a base de catro piares: apoio ás colectividades de emi-grantes, contactos coas autoridades e institucións, organización dos empresarios galegose fomento dos intercambios económicos e comerciais; d) promoción turística e cultural.Nesta fase, a Xunta de Galicia inicia a exploración doutros ámbitos xeográficos a travésdas visitas a Xapón e Irán en 1996.

É característica desta etapa a progresiva delimitación orgánica da atención aofeito exterior, inicial e directamente vinculado á vertente económica dos asuntos comuni-tarios, a través da Comisión para asuntos relacionados coa Comunidade Europea, creadaen 1990 e remocicada en 1994, ou a Dirección Xeral de Planificación e Relacións coaComunidade Europea, que incorporaban anovados enfoques, a cada paso máis proacti-vos, reafirmados cunha meirande presenza de técnicos de departamentos singularmentecondicionados na súa actividade pola evolución das respectivas políticas comúns –no-meadamente a agrícola e a pesqueira-. Ese proceso explicitaba ademais a lexítima aspira-ción de intervir na conformación da vontade estatal que se levara ás institucións comuni-tarias, e que significou un avance significativo á hora de ensanchar a perspectiva foráneade Galicia.

No ámbito da emigración, é de destacar a creación da Secretaría Xeral para asRelacións coas Comunidades Galegas (1990), con rango de dirección xeral e dependendodirectamente do Presidente da Xunta, promotora das actuacións dirixidas aos colectivosde emigrantes, cun marcado contido social.

A terceira fase (1997-2001) iníciase coa organización da Secretaría de Rela-cións coa UE e Acción Exterior. Esta asumirá as funcións de dirixir e executar a activida-de europea e exterior da Xunta de Galicia, a representación da Comunidade Autónomanos órganos de cooperación existentes nese dominio na Administración estatal ou coas

Page 30: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

30

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

demais comunidades autónomas, e tanto o impulso da sensibilidade exterior como a co-operación nese ámbito de todos os departamentos da Xunta. Uns meses máis tarde crea-ríase a Comisión de Acción Exterior, reforzada cun Comité Preparatorio, con funcións deproposta, de coordinación, de fixación de estratexias e procedementos e de preparacióndas viaxes ao exterior do Presidente. O engarzamento entre todos os órganos administra-tivos autonómicos coa Presidencia e coas institucións, organismos e actores externos véngarantida polo exercicio do secretariado que efectúa a Secretaría Xeral de Relacións coaUnión Europea e Acción Exterior.

En 1999, unha modificación do organigrama da Secretaría Xeral de Relaciónscoa UE e Acción Exterior deu lugar á creación do Servizo Técnico da Comunidade detraballo Galicia-Norte de Portugal.

Este pulo de dotar as institucións públicas galegas dun perfil exterior abranguetamén ao Parlamento de Galicia, que por Resolución da súa Presidencia, do 14 de abril de1999, crea a Comisión Permanente non Lexislativa para Asuntos Europeos. Do examedos seus traballos despréndese a superior concienciación da integridade dos grupos par-lamentarios sobre a función central da cuestión exterior, e nomeadamente da comunitariaeuropea, para encadrar as competencias autonómicas e mesmo estatais, como o demostrao feito de que moitos asuntos estritamente sectoriais e non transversais, que anteriormen-te serían residenciados noutras comisións da Cámara, téntense agora debater e ditaminarnesta nova Comisión.

É nesta etapa, pois, cando se produce un cambio tanto cualitativo como cuantita-tivo na acción exterior de Galicia ao se crearen estes instrumentos específicos para arte-llar a actividade exterior, especialmente intensa en relación a América latina. Se na se-gunda fase podemos recapitular ata sesenta e oito viaxes do Presidente a diversos lugaresde Europa e só dez a América latina, nesta terceira, nos primeiros tres anos, esa cifra xaestaba superada. As viaxes prepáranse como xiras continentais nas que se visitan variospaíses. Contémplanse un mínimo de dúas xiras por ano, chegando incluso a tres (1998). Aexploración doutros escenarios centrouse en Australia (1999).

A cuarta fase iníciase en 2001 coa creación da Consellería de Emigración e Co-operación Exterior, que aglutina as competencias en materia de diáspora e de coopera-ción ao desenvolvemento, no que significa un paso adiante substancial na dimensión or-gánica de ambos os dous feitos exteriores. En 2002 as competencias en materia de coope-ración exterior serán transferidas á Secretaría Xeral de Relacións coa UE, cunha novaestrutura orgánica a partir de 2003.

Expoñente substantivo da intensificación destas dinámicas no seo da Adminis-tración autonómica e na propia sociedade galega é o Programa Cuadrienal de AcciónExterior (PROCAE), aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 27 de decembro de2002, que dá continuidade ao primeiro destes documentos estratéxicos. Ao respecto cóm-pre recoñecer que no eido comparado apenas se poden atopar traballos de análoga facturae entidade, sexa dende o punto de vista analítico, sexa dende a súa vertente de directrizsenlleira que afecta a todos os departamentos e que, ao tempo, tenta coordinar os actorese axentes galegos con relevancia na acción exterior.

Page 31: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

31

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

A internacionalización da economía galega: unha radiografía

O proceso de internacionalización segue tres camiños esenciais, que poden sercomplementarios: a exportación a outros países ou a incorporación de bens e servizosimportados do estranxeiro (a vía do comercio); a realización de investimentos produtivosnoutros países ou a súa contrapartida de incorporación local de capitais estranxeiros (avía da produción); ou a transferencia de know-how e tecnoloxía, asociados con frecuen-cia aos investimentos directos ou ao comercio de bens de capital, pero que están adquirin-do vida propia nos países industriais avanzados.

En relación a este proceso, en termos xerais pode dicirse que en Galicia se podeobservar un desenvolvemento estratéxico incipiente que persegue unha diversificaciónde mercados e de oportunidades en diferentes zonas do planeta. Esa opción presentacomo etapa previa e moi consolidada a europeización da empresa galega, consecuencialóxica dun proceso de absorción de capitais, tecnoloxías e inputs europeos, e na exporta-ción de produtos ao mercado europeo, a alternativa máis frecuentemente utilizada polaempresa galega no seu proceso de internacionalización.

O comercio exterior de Galicia amosa unha evolución altamente positiva dendeo ano 1991. Tanto as exportacións como as importacións experimentaron un gran dina-mismo neste período, con taxas de crecemento por riba da media española, o que permitiuincrementar a achega de Galicia ao comercio exterior de España. Esta situación reflite aapertura da economía galega e o meirande peso do sector exterior no PIB, con especialachega dos bens de equipo, singularmente automoción –Citroën-, e dos bens de consumo,sobre todo confección.

No ámbito das exportacións, salienta o peso do sector de manufacturas corres-pondentes a material de transporte, debido esencialmente á industria do automóbil; taméné importante a construción naval ou a maquinaria mecánica e eléctrica, aínda que cunhacota moi reducida na exportación de maquinaria española e lixeiramente favorable aocapítulo eléctrico. Nas exportacións de bens de consumo cómpre destacar os produtostéxtiles (especialmente a confección) e a peletería e as súas manufacturas. No sector desemimanufacturas, a pedra –particularmente granito e lousa- é o mais importante dentrodeste grupo. Tamén o sector agroalimentario é de gran relevancia, principalmente as par-tidas de peixe conxelado e moluscos, que representan arredor da metade das exportaciónsdo sector. Materias primas –forestal- e produtos enerxéticos pechan os principais capítu-los da exportación galega.

No ámbito das importacións cómpre destacar, en primeiro lugar, os produtosenerxéticos, liderados pola provincia da Coruña, que compra cru de petróleo condestino á refinería establecida nesta cidade. En canto aos bens de equipo, o materialde transporte –sector do automóbil-, e a maquinaria, máis mecánica que eléctrica,constitúen os dous sectores máis importantes. Entre os bens de consumo, cabe salien-tar os produtos téxtiles e a peletería. Do sector de semimanufacturas, cómpre citarfundamentalmente os produtos da industria química e metais. Produtos agroalimenta-rios –peixes, crustáceos e moluscos representan as tres cuartas partes do total- e ma-

Page 32: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

32

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

terias primas, con especial relevancia para a madeira, pechan os principais capítulosde importación.

Dende o punto de vista xeográfico, o comercio exterior de Galicia (sobre todo aexportación) concéntrase nos países desenvolvidos. A UE representa case as tres cuartaspartes deste, cun saldo comercial oscilante en función de cada exercicio pero continua-mente mellorado. A UE non soamente é o gran mercado de Galicia senón que ademaiscontribúe ao equilibrio da nosa balanza comercial. Europa, debido ao peso da UE, é oúnico continente que nas súas relacións comerciais tende a presentar un saldo positivopara Galicia. Cos outros catro continentes o comercio exterior galego presenta déficit.

Europa e América son os destinos de maior importancia, se ben o forte dinamis-mo do mercado do Norte de África está a favorecer o incremento das exportacións gale-gas e a mellora do saldo xeral con este continente. Por países, Francia, Portugal e o ReinoUnido concentran máis da metade das exportacións de Galicia. Outros países significati-vos son: Italia, Alemaña, Bélxica, Estados Unidos e Marrocos.

O estudo da importación galega amosa que a incidencia da Unión Europea,aínda que importante, é relativamente menor que no ámbito da exportación, en favordo continente americano, en especial América do Sur, África e Asia. Por países, so-bresaen Francia, Portugal e o Reino Unido, seguidos de Alemaña, Estados Unidos,Italia, México e Arxentina.

No ámbito exportador, cómpre significar a enorme importancia da provincia dePontevedra e a escasa incidencia de Lugo e Ourense. Estas acadan arredor dun 3 porcento cada unha fronte a case un 70 por cento da primeira. Pode afirmarse que os valorescorrespondentes aos intercambios comerciais desta provincia foron os dinamizadores docrecemento experimentado polo comercio exterior de Galicia nos últimos anos. A expor-tación de Pontevedra presenta unha alta concentración en cinco capítulos: automóbil;produtos pesqueiros; preparados de carne, peixes, crustáceos e moluscos; construciónnaval e pastas de madeira ou doutras materias fibrosas celulósicas. Outro tanto aconteceno ámbito importador, concentrado no sector do automóbil –pezas e accesorios-; peixes,crustáceos, moluscos e outros invertebrados acuáticos; produtos farmacéuticos; madeirae as súas manufacturas –serrada e en bruto-; e, finalmente, maquinaria mecánica. O co-mercio exterior de Pontevedra está concentrado, por riba do 80 por cento, na UE (Fran-cia, Portugal e Reino Unido, principalmente).

A Coruña presenta unha menor intensidade que no caso de Pontevedra, se benaquí radica a case totalidade da exportación galega de confección, debido á presenza dacentral do grupo Inditex, expresión da capacidade de Galicia para crear un sector econó-mico completo sen máis materia prima que a primeira de todas: o factor humano. So-bresaen naturalmente as exportacións do sector de confección, pero tamén os preparadosde carne, de peixe, crustáceos e moluscos; aceites e derivados do petróleo; madeira; oualuminio e derivados. Unha terceira parte das súas importacións corresponde ao sectorenerxético, combustibles destinados na súa maior parte á actividade da firma Repsol. Adistancia sitúanse as compras de peixe, crustáceos e moluscos; pezas de vestir, en espe-cial as de punto.

Page 33: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

33

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Das catro provincias galegas, A Coruña é a que amosa un comercio exterior máisdiversificado por zonas xeográficas. Se ben tradicionalmente presenta unha balanza co-mercial deficitaria como consecuencia das importacións de cru de petróleo, mantén encambio superávit coa UE. Os seus primeiros clientes son: Portugal, Francia, Italia, Esta-dos Unidos, Reino Unido e Alemaña. Por países de orixe, a importación é moi diversifi-cada: Portugal, México, Reino Unido, Estados Unidos, Italia, Libia, Indonesia, etc., conoscilacións anuais que apenas afectan ás primeiras posicións, mantendo globalmente aheteroxeneidade dos provedores.

A pesar do dinamismo amosado polo comercio exterior de Lugo nos últimosanos, os seus valores seguen sendo baixos no conxunto do comercio exterior galego.Catro capítulos concentran as súas exportacións: produtos químicos inorgánicos; alu-minio e manufacturas de aluminio; manufacturas de pedra natural –lousa-; e leite ederivados lácteos. No ámbito importador, cómpre citar: mineral de aluminio; deriva-dos de combustibles minerais; maquinaria e equipos mecánicos; e aluminio e as súasmanufacturas. Esta provincia acostuma rexistrar superávit comercial coa UE manten-do un importante déficit con países terceiros. Os seus mercados máis importantesson: Portugal, Países Baixos e Francia, que acollen máis das dúas terceiras partes daexportación provincial. Guinea, Francia, Alemaña e Portugal son os catro países máisrelevantes no ámbito importador.

O comercio exterior da provincia de Ourense presenta, ao igual que Lugo, unhaachega reducida, pero dende o punto de vista do equilibrio comercial, é a provincia quepresenta unha taxa de cobertura máis alta. Case a metade da súa exportación se centra nalousa elaborada. Por países de destino, Ourense amosa unha alta dependencia de Francia,Portugal, Alemaña, Reino Unido e Bélxica, que representan arredor do 90 por cento daexportación provincial. No ámbito importador cómpre citar a: Portugal, Francia, Italia eAlemaña que acaparan as tres cuartas partes das súas compras no exterior.

En conclusión, a estrutura sectorial do comercio exterior de Galicia presentatrazos de concentración, especialización e comercio intraindustrial, especialmente nossectores de automoción, produtos da pesca e confección téxtil. O comercio de Galiciadesenvólvese sobre todo co resto do Estado español (aproximadamente 70%); e as nosasrelacións comerciais están determinadas no esencial polos fluxos dun reducido númerode empresas (aínda que cada vez son máis), o que explica a concentración territorial enFrancia e Portugal.

Por outra banda, a análise dos fluxos de investimento, que inflúen igualmente naintegración da economía galega nun mercado internacional cada vez máis vertebrado,complementa a radiografía dos fluxos comerciais á hora de analizar o proceso de interna-cionalización da nosa economía. Nese sentido, nos últimos anos, a participación de Gali-cia nestas correntes resulta aínda máis reducida que no caso do comercio internacional eraramente chegaron a superar o 1 por 100 dos fluxos correspondentes a España.

Os investimentos estranxeiros en Galicia amosan un carácter máis errático queos de España e na súa inmensa maioría proceden de países da UE (Reino Unido, Francia,Países Baixos) sendo a intermediación financeira, incluíndo banca e seguros, así como as

Page 34: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

34

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

actividades inmobiliarias, servizos para empresas e informática os destinos sectoriais prin-cipais. Queda por diante un importante esforzo para vender ás empresas estranxeiras aimaxe de Galicia como punto loxístico.

A posición que ocupa Galicia dentro de España polos seus investimentos no ex-terior segue sendo relativamente testemuñal. Nese contexto, os destinos están máis diver-sificados, pois, ademais do espazo comunitario, América latina asoma como lugar prefe-rente. Aínda así, nunha economía globalizada, inmersos xa no século XXI, o balance doinvestimento galego no exterior é en extremo modesto.

De xeito engadido, no campo específico das transferencias tecnolóxicas, a em-presa galega aínda se atopa nun estado embrionario.

En suma, o proceso de internacionalización da nosa economía presenta algunhasdeficiencias estruturais que deben ser acometidas para que o efecto positivo que tivo aapertura comercial cara ao exterior sobre a mentalidade empresarial e o funcionamentooperativo dos nosos factores se afiance e consolide. Se descontamos o efecto neto positi-vo da industria europea da automoción, o desenvolvemento exportador segue estandoinsuficientemente repartido en bens e servizos diferenciados. A experiencia que nos ache-ga a estrutura sectorial e xeográfica das exportacións debe ser o punto de partida paraafrontar os retos actuais da economía mundial, cunha intensificación e diversificaciónque en ambos os dous aspectos semella desexable.

A diáspora e as relacións de Galicia co exterior

Ben sabemos que é imposible pensar Galicia sen pensar na emigración. Para unamplo sector da sociedade galega falar da emigración, pensar na emigración, supón refe-rirse a un pasado que hoxe debemos xestionar dende o ámbito prioritario dos servizossociais, unha dimensión naturalmente irrenunciable pero non única. Son as secuelas deseslugares comúns que aínda identifican emigración con sangría, con saudade e nostalxia,sen atreverse a imaxinar espazos novos, nomeadamente nun contexto internacional comao actual que permite unha maior mobilidade.

Superada, polas novas circunstancias económicas internas e mundiais, a emigra-ción masiva dos galegos, tanto a países situados fóra do ámbito europeo, especialmenteIberoamérica, que caracterizou o fenómeno migratorio galego no remate do século XIX ena primeira metade do século XX, como, a partir dos anos sesenta do século XX a orien-tación migratoria, especialmente, cara aos países que hoxe conforman a Unión Europea,incluído algún extra-comunitario, como Suíza, a diáspora revélasenos como un recursohumano de primeira magnitude que Galicia non pode desaproveitar.

As diásporas constitúen unha das realidades sociais de fondo que están a mudara configuración da sociedade internacional contemporánea. Sen ser un fenómeno novo,están pasando a constituír unha das características da nosa época, un tempo de intensifi-cación das diásporas. E un país que conta cunha diáspora non a pode estragar. Cómprevalorala e instrumentala cunha acción política meditada, persistente e de longo alcance,para contribuír á internacionalización do país de orixe.

Page 35: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

35

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

A diáspora galega na Europa actual foise constituíndo nunha poboación “euro-pea”, xa que neste ámbito desapareceu a noción de “emigración” en canto tal, sendosubstituído este fenómeno migratorio cara a Europa, (en canto desprazamento poboacio-nal da forza de traballo dun país a outros), pola simple mobilidade laboral que se producetanto no marco dos países da UE como dentro das propias fronteiras españolas. A diáspo-ra galega, polo tanto, atópase agora nos países que puideramos denominar clásicos, édicir, Cuba, Venezuela, Brasil, Uruguai, Arxentina. Estados Unidos ou México, Australiaou Canadá, acolleron unha emigración doutras características, mentres que noutros paí-ses, mesmo en América, a emigración especificamente galega apenas tivo importancia.

Nunha desagregación por idades e países, fixariamos a atención nunha clasifica-ción aproximativa das seguintes características:

a) Emigrantes galegos maiores de 65 anos, residentes en países da área idiomáti-ca castelá ou portuguesa.

b) Emigrantes galegos, de igual tramo de idade, residentes en países de áreasidiomáticas distintas das áreas idiomáticas anteriores.

c) Emigrantes galegos, en situacións de residencia como as anteriores, de idadeinferior aos 65 anos.

As relacións de Galicia co exterior, tendo en conta esta clasificación, obriga afacer fincapé no nivel asistencial, sen descartar outro tipo de relacións. Pero, ademais, nosegundo caso, as familias dos emigrantes, especialmente a segunda ou terceira xeración,precisarán da atención educativa en lingua galega e, por outra banda, o respaldo institu-cional para a dotación e fomento de asociacións cívicas e culturais que avoguen polomantemento da identidade.

Por último, no caso dos emigrantes que compoñen o grupo C), os problemas quecómpre atender deberanse centrar, con carácter preferente na cobertura cultural e educa-tiva no país de residencia e na disposición de instrumentos de preparación, ben parafacilitar unha mellor integración no país de acollida ou para acomodar un hipotético re-torno, mediante políticas propias dirixidas para tal fin dende a propia Galicia. Nesa pers-pectiva, se a emigración supuxo o abandono do contorno físico, social e económico ca-racterístico da vida campesiña e do medio rural galego, o retorno pode favorecer o rexur-dir desa Galicia, en especial da aldea galega entendida como célula básica da nosa iden-tificación como galegos ao longo dos séculos.

Así pois, calquera acción exterior de Galicia verbo dos galegos na emigracióndeberá por forza incidir sobre dous vectores específicos: o asistencial, tanto no que atinxeá asistencia sanitaria como ao acollemento e coidado dos anciáns (primeira e, xa, segundaxeración); e, por outra banda, a efectividade do dereito ao retorno, non só para o acolle-mento de vellos e enfermos en Galicia, senón, tamén, co propósito de facilitar postos detraballo ou mecanismos inversores, se for o caso, na nosa Terra. E garantindo en todocaso a imprescindible cobertura cultural e educativa que lles forneza a preparación axei-tada para o caso de retornaren a un país que conta con cultura e idioma de seu.

Por último, se a emigración tivo no seu comezo, e conservou por moito tempo,un compoñente de distancia física case insalvable entre o emigrante e a sociedade que

Page 36: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

36

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

deixaba ás súas costas, esa rixidez contrasta, porén, coa estrutura de comunicacións máisfluída no mundo de hoxe, que permite a configuración progresiva de relacións bilateraise multilaterais, en rede e a unha velocidade impensable hai poucos anos. A combinaciónde ambos os dous factores, elemento humano e innovación tecnolóxica, facilítanos a in-fraestrutura idónea para alentar un salto cualitativo na forma de abordar o mundo daemigración e o papel da diáspora galega no posicionamento internacional de Galicia, nadinamización dos nosos recursos, e na ampliación dos nosos mercados.

Page 37: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

37

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Capítulo IVEstratexias de acción exterior

A definición das liñas básicas de orientación da acción exterior de Galicia debentomar en consideración a nosa situación xeopolítica, o ritmo e vicisitudes históricas asícomo tamén os principais sinais de identidade no eido político, institucional, económico,cultural e demográfico. O establecemento das estratexias resultantes deben incorporarunha dobre perspectiva, interior e exterior. Respecto á primeira, trátase de habilitar meca-nismos e infraestruturas de diálogo político e social que favorezan a concertación dunhaampla alianza por Galicia no eido exterior, e a contemplación de políticas de seducióncara a outras administracións públicas e axentes sociais que permitan un reforzamento daconverxencia.

Respecto á segunda, debe concretar as áreas prioritarias, temáticas e xeográficas,e os diferentes instrumentos e mecanismos de xestión que nos permitan acadar os nososobxectivos xerais. En resumidas contas, habilitar un abano de liñas de orientación e dedispositivos de actuación.

Un mundo en transición

A acción exterior de Galicia debe desenvolverse nun mundo en acelerado proce-so de cambio, e por iso cómpre prestar especial atención, ademais do máis evidente einmediato, á pescuda nas correntes de fondo nas que poidamos inserir os nosos proxectose as nosas actividades.

O trazo máis visible do panorama internacional é a presenza dunha potencia,os Estados Unidos de América, que ten capacidade de proxección económica e mili-tar no mundo enteiro, e que parece propensa a exercitar ese poder atendendo primor-dialmente aos intereses por ela definidos e sen grande atadura a consideracións mul-tilaterais cando estas interfiran nos seus proxectos máis alá de determinados límites,definidos en cada caso. Non é a primeira vez que iso acontece na historia. O novo sonas dimensións mundiais dese poder e o feito de teren xurdido, pola evolución econó-mica e tecnolóxica do mundo, unha serie de problemas fundamentais de alcance uni-versal. Eses problemas reclaman solucións universais e democráticas, pois iso é oque reclama a preponderancia do concepto de democracia na parte máis desenvolvi-da do mundo.

A alternativa, que sería a xudicialización dos procesos e os conflitos, tentadadúas veces nos organismos de seguridade e cooperación colectiva no século XX (a Socie-dade de Nacións e a Organización das Nacións Unidas) está lonxe de ter demostrado asúa plena eficacia, aínda que esa carencia se aplica máis ao sistema de seguridade colec-tiva (Consello de Seguridade) que ao sistema de cooperación internacional (organismosespecializados) que rendeu e rende resultados moi valiosos.

Page 38: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

38

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

A situación descrita non ten por que perpetuarse nesa forma. Podería haber unrenacer do sistema clásico de balanza de poder, no que se perfilan forzas alteradoras dostatus quo, quer en forma de agrupación de estados tradicionais, como é o caso da UniónEuropea, quer en forma de nacións emerxentes como a China, a India ou Brasil, conaspiracións hexemónicas rexionais. Ese sistema sería probablemente transitorio, concibi-do na súa forma clásica de tensión e disuasión, pola presión aglutinadora de vontades quedemanda a solución de problemas de escala universal.

En paralelo a estas manifestacións de orde xeopolítica, e como corrente subterrá-nea outras veces, maniféstanse no mundo internacional ideas e actividades de novo feitío,nas que se poden albiscar xermolos de futuro.

Unhas poden parecer simples manifestacións de descontento co sistema políticomundial e a distribución de forzas no momento, outras acentúan o lado positivo da coope-ración á que se consagran. Non todas elas permiten prognosticar un futuro sen conflitos.Hai incompatibilidades de diverso tipo (ideolóxicas, histórico-políticas e ata relixiosas)moi fortes, e no terreo das necesidades económicas a competencia polos recursos enerxé-ticos, alimenticios ou hídricos pode abrir perspectivas conflitivas e duradeiras.

Con todo, son cada vez máis as actividades e os intereses que, outrora limita-dos ao espazo do estado nacional ou á negociación bilateral, se desenvolven e sexestionan agora a escala mundial e multilateral na maior parte dos casos. Así se venas transaccións comerciais e financeiras, por suposto, pero tamén en dominios tanaparentemente afastados como as doenzas e a medicina que as combate, no ámbitodas relacións interpersoais e familiares, antes tan condicionado por factores xeográ-ficos, e con moita claridade no deporte.

É característico de moitos destes fenómenos de mundialización que os suxeitosque neles establecen e desenvolven relacións son entidades subestatais, con intereses,emocións e opinión pública moi localizados. Cabería afirmar que por debaixo da comuni-dade internacional dos estados, emerxen realidades e novos protagonistas que están des-envolvendo un novo e forte tecido de relacións transnacionais. Esa sociedade civil inter-nacional ofrece a base dunha nova orde, embrionaria aínda, pero que cómpre ter en contapara o futuro.

As entidades políticas subestatais préstanse a tirar maior proveito dese terreo deactuación, co leal propósito de sumar unha nova dimensión ao desenvolvemento das ac-tuacións que xa realizan no marco das institucións estatais e da Unión Europea, enrique-céndoas con novas perspectivas cara ao porvir.

Ás comunidades subestatais europeas que teñen proxección fóra de Europa (Ga-licia, por exemplo) correspóndelles unha actuación exemplar na superación do eurocen-trismo. As ideas e as realidades de América –do Norte e do Sur–, non sempre ben enten-didas en Europa, atoparían aí vieiros de reciprocidade e cooperación fecunda.

Así mesmo, na medida en que nos tempos actuais medra a importancia das diás-poras e o seu papel na configuración do mundo, cómpre analizar como se poden conciliarnese fenómeno a desterritorialización e o mantemento da identidade como contrapartidadun unitarismo empobrecedor.

Page 39: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

39

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Nun mundo en que a exacerbación dos conflitos entre estados chegou a un puntoen que se impón a necesidade de novas formas de vida internacional, pode a paradiploma-cia entre os novos protagonistas contribuír á transformación positiva das forzas excluín-tes e abrir todo un abano de posibilidades de solidariedade e cooperación.

Os intereses exteriores de Galicia

Entre os intereses que compete ás autoridades galegas promover e defenderestán os que atopan terreo de aplicación non só fóra do ámbito territorial da autono-mía, senón tamén fóra das fronteiras do Estado. Galicia non é soamente unha autono-mía en España, tamén o é no mundo. A razón mesma do réxime autonómico asenta norecoñecemento deses intereses diferenciados que, na súa vertente exterior, poden serde diferente entidade conforme á historia e á configuración das diversas comunida-des. No caso de Galicia, a realidade da diáspora é claro exemplo desa configuracióndiferenciada.

Esa realidade é quizais a máis visible, pero con certeza non é a única. No día adía da nosa vida económica están presentes e actuantes os intereses de galegos, empresa-rios, traballadores por conta allea ou simplemente consumidores, en cuestións importan-tes para o seu desenvolvemento e benestar e que se orixinan ou xestionan no exterior. Avixilancia deses procesos que cursan alén das fronteiras e a presenza e intervención, coasmodalidades que se poidan acadar e exercer, é sen dúbida unha función que os poderespúblicos autonómicos deben asumir e sempre fomentar en xeral na sociedade civil. Aoigual que noutros aspectos, esa función, directa ou indirecta, é complementaria da que lleacae ás instancias centrais. Xustamente para acadar a maior eficacia desa complementa-riedade é importante establecer a mellor definición posible deses intereses e o deseño dasliñas estratéxicas para a súa promoción.

Os ámbitos xeográficos prioritarios

Os intereses exteriores de Galicia concéntranse nun número relativamentereducido de áreas xeográficas, o que facilita a identificación dos ámbitos prioritarios,se ben explícita igualmente a existencia dun maior risco, en especial na orde econó-mica, por mor dunha insuficiente diversificación da acción exterior, en concreto em-presarial. Nas áreas globais e definidas procede contemplar, en todo caso, unha pers-pectiva máis ampla que a puramente económica para englobar outras actuacións comoas relacións no ámbito político, educativo e cultural, cooperación ao desenvolvemen-to e outros aspectos.

Igualmente, nesta reflexión, preténdese incorporar unha perspectiva sobrenovas tendencias e mercados que emanan de diferentes ámbitos e que inflúen nasexpectativas futuras da nosa economía ou que demandan un apoio institucional espe-cífico e adicional en razón do seu afastamento cultural, comercial ou estritamentexeográfico.

Page 40: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

40

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Galicia ante a Unión Europea

Galicia é Europa. Dende o punto de vista xeográfico, sociolóxico ou cultural,pero tamén político, institucional, económico ou social. Na evolución histórica recente, o1 de xaneiro de 1986 é unha data clave. Nesa altura, España incorporouse á ComunidadeEconómica Europea, o que supuxo a adhesión a unha política común e un cambio radicalno proceso de apertura ao exterior, xa que dinamizou o proceso de internacionalizaciónen numerosos eidos e, moi especialmente, no económico, cun impulso comercial notable.Esa adhesión ás Comunidades fixo mudar no noso país moitas circunstancias que, senesquecer os axustes estruturais nalgúns ámbitos da nosa economía, no seu conxunto setraduciron nun balanzo indubidablemente positivo para a sociedade galega.

Acotío cítase como grande achega da Comunidade Europea ao noso país amanchea de recursos orzamentarios que fixo posible incrementar notablemente asnosas dotacións de capital social fixo, a través dos fondos estruturais ou do fondo decohesión, cando non doutros instrumentos financeiros comunitarios menos pródigos.Con ser certo, e sen esquecer que por exemplo só no vixente Programa OperativoIntegrado, que abrangue do 2000 ao 2006, dos seus 5.087 Meuros de orzamento,3.430 Meuros son cubertos con fondos estruturais europeos, debemos ter presente entodo momento que o grande activo comunitario do que Galicia debe aspirar a sacarmaior e mellor partido é o Mercado único.

A explotación de todas as oportunidades que reporta o Mercado único, tirandoproveito das avantaxes competitivas de moitos dos nosos recursos humanos e materiais,debe ser un horizonte estratéxico imprescindible e irrenunciable, ficando as actuaciónsde política rexional ou estrutural como un soporte simplemente complementario. A medi-da que vai madurecendo a nosa estrutura económica, o conxunto do sector primario ten eterá un menor peso relativo, aínda que tamén debemos aspirar a que medre en termosabsolutos, porque aínda queda moito por facer para incrementar a cadea de valor engadi-do nas fases de transformación e comercialización. O magnífico exemplo brindado polosubsector vitivinícola galego amósanos cal pode ser o vieiro que é necesario seguir enáreas onde as limitacións de produción e os excedentes, amais do diferencial de prezo coreferente do mercado mundial, non son incompatibles coa xeración de riqueza se nosadaptamos convenientemente ao ámbito comunitario.

Con todas as críticas convencionais e parciais que se queira, o saldo positivo dainserción de Galicia en Europa debe ser antes que nada motivo e acicate para realizar unesforzo suplementario na senda da harmonización dos nosos parámetros fundamentaiscos vixentes nos estratos superiores da media comunitaria. Hoxe estamos dende logonunha mellor situación para tirar todo o proveito posible do Mercado único debido áespectacular medra da capitalización de Galicia dende o 1986, calquera que sexa o pará-metro que se desexe examinar.

Por outra banda, a nosa dependencia comercial do resto da Europa comunitaria,en termos de demanda, non fai máis que acentuarse, ata o punto de que as xenuínas expor-tacións, é dicir, as vendas a residentes fóra do territorio alfandegueiro comunitario, son

Page 41: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

41

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

unha porción moi cativa do comercio exterior fronte ás expedicións cara a residentesnoutros Estados membros da Comunidade Europea. Pero aínda máis, se aspiramos a cul-minar o proceso de modernización e homoxeneización da economía galega coas máissobresaíntes da Unión Europea, e polo tanto xerar unha superior terciarización con espe-cial fincapé nos servizos de alto valor engadido por unidade de investimento, os deman-dantes deses servizos han de ser por riba de todo concidadáns europeos debido ao urdidode garantías xurídicas e estandarización administrativa que promoven as institucións e oacervo comunitarios.

Ese cúmulo de circunstancias, xunto coa gran transformación que vai experi-mentar a Unión Europea coa máis grande reforma habida ata o de agora no seu Derei-to orixinario ou materialmente constitucional, sen minusvalorar o efecto da taménmáis grande e recente ampliación, esíxenos reafirmar que a acción exterior galegaseguirá sendo de vocación preeminentemente europea. O feito de que a Unión sexaun proxecto sen data de caducidade e cunha inercia tendente á unidade política, quepode ter estancamentos temporais e desaceleracións esporádicas, pero dificilmenteretrocesos e máis improbablemente implosións, obríganos a extremar a utilización detodas as canles ao noso dispor para afondar na europeización de Galicia dende unhadobre vertente socioeconómica e política.

Quérese dicir que debemos adaptar todas as nosas estruturas –produtivas, educa-tivas, comerciais, formativas...- ao que se demanda maioritariamente en Europa, porquesó iso posibilitará que teñamos os medios e mais o orgullo precisos para conservar egabarnos da enriquecida cerna da nosa cultura, a que nos define como galegos e nonsimplemente como veciños dun recanto situado no noroeste da península máis occidentalde Europa. Se a emigración masiva ao resto de Europa non nos puido diluír como pobo,sendo un método máis contundente e expeditivo co que agora postulamos, fraco favor nosfariamos se confundiramos europeizar con desgaleguizar, cando o propio proxecto inte-grador aposta pola preservación sen reparos dos trazos definitorios de cada pobo na Uniónpara non caer nos vellos demos que desfixeron a propia Europa como suxeito políticoautónomo e líder no planeta. Aínda a maiores, a Unión debe ser valorada para estes efec-tos como unha peneira que rexeita en gran medida os efectos perniciosos dunha mundia-lización de xénese unipolar e regras non consensuadas.

Para que Galicia conte de seu en Europa debe posuír un conxunto mínimo deferramentas que canalicen a súa voz e se axeiten á defensa dos seus intereses. Galiciaforma parte integrante dese grupo de Estados estruturados constitucionalmente de formafederal, autonómica ou de especial descentralización, contando con colectividades terri-toriais con competencias lexislativas e un grao maior ou menor de capacidade executiva.Esa realidade, rica, diversa e complexa, afecta a estados como Alemaña, Austria, Italia,Reino Unido, Portugal e España. Galicia aspira a que no ámbito da Unión se explicite unmaior recoñecemento destas colectividades.

Por outra banda, con independencia do resultado do debate sobre a articulaciónfutura das circunscricións electorais dentro da UE, que se podería adaptar mellor a aqueladiversidade política, administrativa e competencial, Galicia aspira a un maior perfeccio-

Page 42: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

42

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

namento das fórmulas de participación política nas institucións da Unión, tanto directa-mente como a través dos mecanismos de representación do Estado, moi especialmentepara os asuntos de competencia exclusiva da nosa Comunidade. Así mesmo, ese perfec-cionamento do sistema e mecanismos de participación deben estenderse tamén aos forosinstitucionais de ámbito interno, tanto no propio Estado como igualmente na representa-ción deste ante as instancias europeas.

Lonxe de instrumentar estas demandas como argumentos dun debate políticointerno, por veces estéril, a súa progresiva plasmación debe ir acompañada dunhamellor ponderación da pericia no emprego das ferramentas á nosa disposición. A im-plicación real co fenómeno comunitario esixe un fundamental, silandeiro e constanteesforzo de disciplina administrativa. En poucos ámbitos como neste se precisa tantoda perseveranza, o rigor e a exhaustividade formais. A engrenaxe comunitaria supónmoito máis cá constatación da participación nuns determinados Consellos de Minis-tros, onde unha porcentaxe elevadísima de asuntos xa vén condicionada polos com-promisos atinxidos ao longo do procedemento da formación da vontade comunitaria.Asemade, as negociacións comunitarias non poden, nin poderán sobre todo logo daampliación cara ao sur e ao leste, pola propia dinámica que supón o aumento desuxeitos partícipes, ser avaliadas como se dun inmediato ou coetáneo xogo de sumacero se tratase, ou como un dilema que se esgota coa procura dun equilibrio puntualpor asunto. Ao ser a integración europea un proceso no que converxen un númerodeterminado de intervenientes e por se sucederen ininterrompidamente as diferentespropostas sen un límite temporal determinado, as tácticas maximalistas adoitan sercontraproducentes, aínda a curto prazo, porque pechan as probabilidades de dispordun variable número de potenciais aliados en asuntos se cadra máis transcendentespara o país.

Non podemos caer nunha trampa retórica que nos leve a desbotar a real impor-tancia doutros mecanismos de participación ao noso dispor que, con independencia dun-has recomendables adaptacións e melloras, poden chegar a ser tanto ou máis eficientes caoutros mecanismos comparados.

Galicia debe aspirar a comandar a participación autonómica nos asuntos euro-peos, porque, sendo unha nacionalidade histórica cunha personalidade moi acusada, nonpretende utilizar este vieiro como unha sorte de panca para obter un recoñecemento inter-nacional no sentido dado polo Ius Gentium. Debe facelo para axudar os cidadáns e ope-radores socioeconómicos galegos a se posicionar en Europa e a aproveitar a chea deoportunidades que o acquis communautaire nos reporta, comezando polos beneficiosque se poden tirar do Mercado Interior. A sociedade galega non se pode contentar conanalizar os procesos de integración e constitucionalización política europeos dende unhaactitude pasiva ou levemente reactiva, que só valora a Unión como fornecedora de fondosde capital e dun volume non menos considerable de recursos dedicados a iniciativas so-ciais, como propiciadora dalgunhas cargas ou amoestacións e como fonte dunha brétemaburocrática e ordenancista. As ferramentas que temos ao noso dispor poden dar aíndamoito xogo denantes de esgotar o seu ciclo de vida útil.

Page 43: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

43

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

En suma, cómpre preparar intensamente a nosa sociedade para que sexa capaz defacer que a Unión estea ao seu servizo, sen que as reivindicacións institucionais atran-quen a capacidade de actuación. Velaí como o empresariado e os axentes sociais galegosdeben pular a medra paulatina do número de Directivas que sexan directamente traspos-tas polas institucións galegas. A saber tecer asociacións sectoriais fortes arredor do traba-llo comitolóxico que xa asume a Administración autonómica, como substrato para levan-tar urdido preciso cos seus homólogos doutros países e rexións comunitarias, que teñaforza abondo ao cabo para seren consultadas pola Comisión denantes de exercer formal-mente a súa capacidade de iniciativa normativa. O poder autonómico galego pode contri-buír a ese obxectivo, fomentando dunha banda a incorporación ou creación desas redeseuropeas de axentes socioeconómicos mediante liñas de axudas específicas, perfecta-mente compatibles coas directrices comunitarias na materia, ou facilitando, doutra, a pes-cuda e o establecemento de contactos aproveitando as canles institucionais que manténcon administracións doutros Estados europeos.

Unha e outra dinámica, a que non renuncia a maiores cotas de representacióne participación política nas institucións da Unión e aqueloutra que atende o perfec-cionamento diario e constante dos pequenos pasos que permiten unha maior integra-ción e aproveitamento por parte dos nosos principais axentes económicos e sociaisdos mecanismos da Unión, son indispensables para reportar aquela superior rendibi-lidade que Galicia precisa.

Por último, cómpre ter en conta que a acción de Galicia na UE non se debelimitar á incidencia nas institucións centrais da Unión senón tamén pular pola creación emantemento dunha rede de axentes distribuídos estratexicamente nos países e rexións demaior interese para a nosa Comunidade.

A Europa da ampliación e a non comunitaria

Os países da Europa Central e Oriental e algúns da CEI (Comunidade de EstadosIndependentes) forman unha área xeoeconómica de primeira orde en termos demográfi-cos e constitúe, polo tanto, un mercado potencial que debe ser considerado en toda estra-texia de acción exterior.

Os cambios experimentados no continente a partir de 1989 afectaron á composi-ción política e económica de Europa. A unión das dúas Alemañas, a intensificación dasrelacións dos países do Leste coa CEE e o comezo do tránsito cara a unha economía demercado por parte das economías centralizadas marcaron o inicio dunha era de grandesdesafíos e definiron unha insólita experiencia de transformación política, económica esocial considerada como a máis importante da segunda metade do século XX.

Non todos os países da área se atopan no mesmo estadio de transición nin contanco mesmo nivel de desenvolvemento económico, senón que presentan características moidiferenciadas segundo os casos. Os países que chegaron máis lonxe no proceso de apertu-ra ao exterior son Hungría, República Checa, Eslovaquia e Estonia, seguidos de Poloniae Eslovenia, quedando máis atrasados os demais países, en particular Romanía e Albania.

Page 44: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

44

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

A reordenación dos intercambios comerciais foi radical nos últimos anos. Na véspera daampliación, a Unión Europea concentraba xa arredor do 70 por cento dos intercambiosrealizados por Polonia e Hungría, e supoñía máis do 60 por cento para a República Che-ca, Eslovenia, Estonia, Letonia, Romanía e Croacia.

Os países da CEI e especialmente Rusia protagonizan unha transformación ex-traordinariamente custosa en termos de produción, renda, destrución do tecido produtivoe perda de benestar social.

En conxunto, os países do leste de Europa, con particulares excepcións, te-ñen serios e profundos problemas estruturais, algúns mesmo preteridos dende a Euro-pa occidental e, porén, dende Galicia. Problemas que van seguir sendo un pesadolastre para coller o ritmo da competitividade europea, malia os signos de recupera-ción que se poden advertir nos últimos anos, por carecer dunha base suficientementesólida. Se cadra o principal sexa a perda de poboación que veñen experimentandoalgúns deles, froito ás veces da redución da esperanza de vida a causa da caóticasituación sanitaria xurdida co cambio político, da emigración compulsiva por moti-vos económicos ou de vergoñenta discriminación étnica e, en case todos eles, poloespectacular derrubamento das taxas de nupcialidade e natalidade. Simplemente osproblemas que se poidan derivar dese escenario no termo dunha xeración teñen unhaalta probabilidade de minguar as cativas avantaxes que se poidan observar nos clási-cos indicadores macroeconómicos, que en ningún modo recollen nin avalían estes eoutros factores socioeconómicos non menos importantes.

Ao igual que acontece coa presenza española, a cota de comercio de Galicia coaEuropa do Leste é moi pequena e medra a un ritmo desigual e lento. Pero a diferenza doconxunto, no caso galego, presenta carácter deficitario. Polonia, o mercado máis impor-tante da área, é o principal socio no ámbito exportador e Rusia no importador. A presenzade Galicia é practicamente inexistente nos países da antiga Iugoslavia, ao igual que enRomanía ou Bulgaria.

Entre os factores determinantes da escasa presenza galega nesta área cómpresinalar os condicionantes histórico-políticos e a escaseza de relacións económicaspor mor da longa duración do proceso de negociación e a dificultade de implantaciónen contornos cunha realidade socioeconómica, legal e institucional aínda inestableen moitos casos.

Aínda así, deberamos ter en conta que se trata de mercados que non consolidaronen moitos casos os procesos de transición e que incorporan un considerable potencial decrecemento. A consolidación da ampliación, nuns casos, e o pronto remate das negocia-cións para a integración na UE, noutros, o proceso de privatizacións e os fluxos financei-ros multilaterais ofrecen oportunidades tanto no ámbito do comercio de bens e servizoscomo no do investimento directo.

En calquera caso, a actitude que Galicia adopte como país fronte ao imparableproceso de asimilación de novos Estados pola Unión ten que ser nidia e rexamente proac-tiva, máis que resignada e de pescuda de medidas paliativas en defensa dun statu quo quenada nin ninguén poden garantir. Ese enfoque esixe que acrecentemos a todos os niveis a

Page 45: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

45

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

nosa visibilidade neses países, que aínda xiran arredor da preeminencia xermánica nazona, o que provoca acotío unha ocultación da Europa latina na que nós estamos inseri-dos. A mensaxe estratéxica debe ser tallante: Galicia non vai caer baixo ningún conceptona trampa tendida polos erroneamente chamados contribuíntes netos da Unión, no senti-do de que os presuntos recipiendarios netos nos enfrontemos entre nós para así facilitar aredución dos compromisos financeiros estatais. As novas rexións e os microestados desaEuropa que se integra e se achega deben considerarnos como líderes naturais dun proxec-to comunitario que tenda a incrementar a capacidade estabilizadora e niveladora do orza-mento da Unión, e non precisamente ao contrario, coa idea de que aquela trampa axiña ospode converter nas vindeiras víctimas, cando sucesivas ampliacións, que se sucedan enbreves lapsos temporais, tenten ser tratadas coa mesma rapadoira dese perigoso e antico-munitario precedente.

Cómpre daquela que Galicia se posicione ante esa perspectiva que, como tendemostrado a evolución da integración rexional europea, é de duración ilimitada e dedifícil volta atrás. Mais esa necesidade de posicionamento non atinxe só e en exclusi-va á Administración autonómica. Pola dimensión e grao de centralización política damaioría deses países convén que os actores e axentes sociais galegos cobren un mei-rande protagonismo relativo en comparanza co que acontece noutras latitudes do glo-bo. Un suposto paradigmático podemos telo nas organizacións profesionais agrariasgalegas, que poderían dinamizar e mobilizar os seus homólogos daqueles países res-pecto dos riscos que unha Política Agraria Común de nova planta pode deparar, fun-damentalmente se non incide abondo na superación previa das fondas eivas estrutu-rais do agro que se atopa nunha peor situación comparada en termos de renda porpersoa empregada. Se ademais se tolera que esa reforma sexa presentada como inde-morable, precisamente a causa da incorporación dunhas agriculturas nacionais menoscompetitivas na contorna comunitaria e aproveitando a escusa das presións interna-cionais a prol do desmantelamento das axudas á produción no seo da OrganizaciónMundial do Comercio, o dano para o agro galego e o de moitos dos novos Estados xaestaría en camiño.

Dende esta perspectiva, do mesmo xeito noutros sectores, subsectores e pólas deactividade, a afinidade das correspondentes organizacións sociais deses países coas no-sas é sen dúbida moito maior que a que puidesen ter coas doutras rexións e Estadosmembros máis próximas no estritamente xeográfico pero substancialmente afastadas noconceptual e no estudo de alternativas.

Así mesmo, cómpre valorizar axeitadamente as múltiples experiencias que pode-mos transferir nas dinámicas de transformación da materia prima sen tratar e que nosbrindan unha excelente oportunidade para situar as nosas empresas neses mercados, apartir do intercambio de coñecemento.

Este novo escenario político implica tamén a posibilidade de tecer novas combi-nacións circunstanciais de alianzas, para tratar así todo tipo de problemas e continxenciasque se poden dar cun acervo comunitario que medra imparablemente, tanto en extensióncomo en profundidade. Existen grandes similitudes e complementariedades entre Galicia

Page 46: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

46

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

e algúns dos novos socios comunitarios no terreo dos obxectivos estratéxicos e das nece-sidades vitais que satisfacer, tanto no plano político como no económico.

A defensa dos intereses galegos pasa igualmente por mellorar a información quese poida acadar no tocante ao correcto funcionamento das regras do Mercado Único na-queles países que chegaron hai pouco á condición de plenamente comunitarios. Non abondacon advertir sobre o risco de dumping sociolaboral, medioambiental ou fiscal, senón quedebemos perfeccionar as nosas fontes de información para poñer couto aos abusos ou ásinfraccións alí onde e cando se produzan, botando man de toda a batería de recursos quea normativa comunitaria pon nas nosas mans. A prioridade de actuación neste eido debevir da sociedade civil galega.

Na restante Europa xeográfica, que se nos antolla a longo prazo aínda fóra daEuropa política, as expectativas de relación directa e inmediata con Galicia son limitadas.Por se trataren de economías que fundamentan o seu sector exterior na comercializaciónde materias primas sen tratar –coa notable excepción do material bélico-, como por ac-tuar a unión alfandegueira e o Mercado Único europeos a xeito de escudo e cordón sani-tario fronte a eses países, que só aspiran realmente a asinar tratados de asociación mello-rados coa Comunidade Europea, cómpre manter unha actitude expectante por se nos vin-deiros anos conseguen enderezar o seu errático rumbo económico, mellorar os seus indi-cadores de desenvolvemento humano e asentar verdadeiros estados de dereito, para ten-tar daquela aproveitar as oportunidades que a mellora xeneralizada pode reportar para aintensificación do intercambio comercial.

Ollando o norte, un tratamento peculiar debera dispensárselle en todo caso aNoruega, na súa calidade de membro do Espazo Económico Europeo, polos seus estánda-res macro, a súa composición demográfica e a competencia que supón nalgúns ámbitos,fundamentalmente o pesqueiro e o do subsector que aniña no complexo mar-industria.Noruega acocha singulares oportunidades para Galicia, como se pode apalpar na carga detraballo que os estaleiros e a industria auxiliar do naval de Ferrolterra teñen de contratasnorueguesas. Sería aconsellable definir unha estratexia de país para nos introducir máisno seu mercado, aproveitando as avantaxes institucionais que proporciona a súa ancoraxeá Europa comunitaria, malia o seu dobre rexeitamento en referendo a se adherir á Comu-nidade Europea.

Portugal e a Rexión Norte

A acción exterior cara ao país veciño é unha das prioridades da Administracióngalega e unha realidade á que dificilmente poden subtraerse outras administracións eaxentes por mor da nova dinámica xerada polo proceso de integración e a culminacióndas infraestruturas de todo tipo. As relacións de Galicia con Portugal, á parte do feitoidiomático, pasan por atopármonos unhas características xeográficas, étnicas, lingüísti-cas e culturais que nos identifiquen conxuntamente.

Sen a nosa plena participación no proceso de integración europea non sería fac-tible a actual simbiose con Portugal e, nomeadamente coa súa rexión do norte e sen ese

Page 47: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

47

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

territorio ao sur, convertido nunha autentica escola para experimentar e aprender a expor-tar, as nosas empresas atoparían máis dificultades para se achegar ao exterior. Débesesubliñar que a evolución dos acontecementos neste eido foi máis vertixinosa e espectacu-lar que noutros igualmente derivados da comunitarización, considerando primordialmen-te a situación anterior na que, en moitos planos socioeconómicos, ambas as comunidadesviviamos de costas unha á outra. Malia esa delicada herdanza, esas diferenzas de organi-zación administrativa que persisten logo do rexeitamento en referendo do proxecto derexionalización da República Portuguesa e esa complexidade xestora que esixe a inter-mediación dos respectivos aparellos centrais de cadanseu Estado, o éxito acadado polaComunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal en pouco máis dunha década de vidaresulta á vez instrutivo e estimulante.

Esa especie de “discapacidade” da situación periférica que caracteriza o no-roeste peninsular é coexistente cunha posición estratéxica nos planos xeoeconómicoe xeopolítico dentro da UE. O corredor atlántico é unha das vías de comunicaciónmarítima máis dinámicas do mundo e unha porta principal para a relación de Europacon terceiros países.

A Eurorrexión luso-galaica debe desempeñar no futuro inmediato un rol trans-cendental como motor de desenvolvemento económico e de cooperación política. Debeaspirar a ser o que por natureza e lóxica histórica debe ser: a peza de engarzamento porexcelencia entre España e Portugal para, en común, evitar na medida do posible e enalianza compartida con outras entidades territoriais un escoramento definitivo do centrode gravidade comunitario cara ao leste. En numerosos eidos, comezando pola captaciónde capital produtivo extracomunitario, só a sinerxía que se pode obter desa imbricaciónten a imprescindible e mínima capacidade de atracción esixible para contar realmente nosforos e dependencias onde se adoptan esas decisións. De non ser así, as rexións queconcentren uns custos máis autocontidos, cun alto nivel de capital humano e cunha mei-rande proximidade aos centros de demanda dos segmentos xeográficos de mercado conmáis elevado poder adquisitivo estarán en mellor disposición ca nós para absorber esainxección suplementaria de capital privado.

A carencia dunha personalidade xurídica internacional da Eurorrexión, den-de o punto de vista formal, non impide o recoñecemento, dentro do espazo xurídico-político da Europa comunitaria, dunha personalidade propia que lle permite intervircomo suxeito dotado dunha relativa autonomía no ámbito, especialmente, das rela-cións sociais e económicas internas da Unión Europea. Tal elemento acada unha im-portancia fundamental se pensamos non só na recepción de fondos comunitarios es-pecíficos e no seu efecto no espazo económico común, senón tamén como vehículode aproximación e contacto para o establecemento de relacións propias entre a Euro-rrexión e outras áreas xeográficas de importancia estratéxica e nas que, polas súascaracterísticas comúns de lingua e cultura propias, unha alianza complementaria re-sulta especialmente idónea e oportuna. Tanto en relación a España como a Portugal,Galicia, movéndose en ambos os dous espazos culturais e idiomáticos, atópase nunhacondición privilexiada para catalizar esa orientación.

Page 48: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

48

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Entre os mecanismos e obxectivos que cómpre impulsar atópanse aquelas liñasde traballo que reforcen a condición de Galicia como ponte con América e o mundolusófono, en primeiro lugar, e que fagan máis rendible a proxección exterior conxunta daeurorrexión Galicia-Norte de Portugal. As dúas comunidades poden aspirar lexitimamen-te a reforzar a súa integración estimulando sinerxías e impulsando aquelas actuacións ealianzas que favorezan a satisfacción dos intereses estratéxicos no marco desa comunida-de iberoamericana e iberoafricana de nacións da que ambos formamos parte. A existenciadunha serie de factores (imbricación da nosa economía co Norte industrial portugués e otradicional vencellamento coa outra beira do Atlántico) orientan as liñas dunha acciónque se dirixe, en primeiro lugar, cara a unha maior integración do espazo ibérico e, ensegundo lugar, cara a vehicular eurorrexión como punto de enlace da demanda-oferta quese produce a ambas as beiras do Atlántico a través dun circuíto privilexiado de comunica-ción xestionado polos instrumentos asinados pola Xunta de Galicia con diversos países einstitucións de América latina.

Nesa perspectiva, ao igual que para o desenvolvemento pleno e eficaz dos nexosde carácter lingüístico e cultural, e mesmo en materia de infraestruturas relevantes e enrelación a competencias exclusivas da nosa comunidade, debe contemplarse certo nivelde presenza ante Lisboa.

Galicia e América latina

Malia a súa distancia xeográfica, América latina constituíu, en termos históricos,o punto de referencia extrapeninsular máis importante para Galicia. Os múltiples intere-ses humanos %especialmente pola enorme entidade da presenza diaspórica%, sociais,culturais e económicos que vinculan a cidadanía galega coa outra beira do océano xuntoás perspectivas económicas da rexión, ás veces problemáticas, pero en xeral valoradascomo optimistas, xustifican a permanencia desa orientación.

As actuacións de Galicia en América latina foron moitas e de diversa índole.A nivel institucional concédeselle particular interese ao afondamento nas relaciónscos órganos de natureza eminentemente intergobernamental (MERCOSUR), cunhasestruturas comúns e instrumentos técnicos aínda en fase de consolidación. Galiciaasinou un Memorando de cooperación coa Asociación Latinoamericana de Integra-ción (ALADI), un feito sen precedentes (primeiro caso en que unha unidade subesta-tal firma un protocolo de colaboración cunha organización económica de ámbito in-ternacional) que supón un asentamento das bases institucionais para facilitar a pre-senza de Galicia nesa ampla área latinoamericana, nos campos comercial, económi-co, cultural ou universitario. A Xunta de Galicia tamén subscribiu un Acordo Multila-teral con CODESUL-CRECENEA (conxunto de Estados brasileiros do sur e provin-cias arxentinas fronteirizas do noroeste, de carácter integrador), foro no que Galiciapode participar como observadora. Así mesmo, Galicia é a encargada de estableceros contactos entre a CPRM (Conferencia das Rexións Periféricas e Marítimas deEuropa) e ALADI.

Page 49: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

49

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

A Xunta de Galicia asinou igualmente convenios bilaterais caracterizados, benpolo seu ámbito territorial (cidade de Bos Aires, certos Estados brasileiros), ben pola súaespecificidade estatal (Ministerio de Integración de Paraguai ou Secretaría de Estado deIndustria e Minería da República Arxentina). En conxunto, todos estes convenios e pro-tocolos subscritos constitúen unha ampla rede de vontades políticas de cooperación apartir das que cada consellería afectada debe vertebrar actuacións concretas en aplicacióndo seu respectivo ámbito de competencias.

Dende o punto de vista económico, véñense fomentando os contactos entre em-presarios galegos e dos países de América latina, xa que se subliñou o interese de consti-tuír empresas mixtas que permitan establecer unha base de partida para a cooperaciónempresarial en know-how, tecnoloxía e asistencia técnica en xeral en sectores como aagricultura, madeira, pesca, acuicultura, marisqueo, turismo ou pedras ornamentais. Igual-mente, a identificación dos sectores afíns permitiu acoutar áreas de cooperación concre-tas e contactar con grupos galegos con intereses efectivos nalgunhas pólas.

Nas relacións económicas de Galicia con América latina podemos advertir dous tiposde situacións. Unha primeira, que afectaría ao grupo de países menos significados, cun inter-cambio máis variable, altibaixos e flutuacións temporais (Bolivia, Belice, El Salvador, Haití,etc.). Unha segunda, formada polos principais socios comerciais (Arxentina, México, Brasil,Venezuela, etc.) cos que o fluxo comercial é sostido. Xustamente é nestes países onde seconcentra tamén a maior parte da emigración galega e os seus descendentes.

O intercambio económico e comercial entre as dúas beiras do Atlántico é unhadas constantes do comercio exterior de Galicia. O perfil dos produtos que se exportan émoi definido, principalmente produtos agroalimentarios, concretamente peixes e deriva-dos, pero incorporando, en xeral, o perfil de especialización da economía galega (sectordo automóbil, industria madeireira, conxelados, agroindustria, ou distribución alimenta-ria). A pesca e os seus derivados son un dos capítulos máis relevantes no ámbito da impor-tación realizada dende os países do cono sur, principalmente Arxentina.

No conxunto da rexión, o comercio bilateral evolucionou de forma crecente den-de a década dos noventa, presentando, malia a considerable alza das exportacións, unsaldo deficitario para Galicia. Entre os dez principais provedores da nosa comunidadefiguran México e Arxentina.

Por áreas, Mercosur é a principal aposta, con especial significación para Arxen-tina e Brasil, países nos que Galicia ostenta unha imaxe moderna e competitiva, á alturadas máis elevadas esixencias do comercio internacional e onde é albiscada como víaidónea para acceder a Europa sumando as oportunidades que lle brinda a consolidacióndo espazo eurorrexional co Norte de Portugal, a zona máis desenvolvida do país veciño.Galicia debe esforzarse por corresponder acaídamente a esas expectativas e estreitar osseus vínculos con estes dous países, pero en especial con Brasil, chamada a ser a granpotencia económica de América do Sur.

A fluidez dos contactos políticos ao máximo nivel e o progresivo asentamento deambiciosas iniciativas na orde cultural, educativa e universitaria completan a idoneidadedesta orientación estratéxica.

Page 50: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

50

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

A diferenza de Mercosur, as relaciones económicas coa rexión Andina non sonespecialmente relevantes. Venezuela, onde a presenza emigrante é sobranceira, destacacomo principal punto de referencia. En Bolivia, Perú ou Ecuador, a variable máis salien-table é a cooperación ao desenvolvemento por se trataren de países que encabezan a listade axudas. Tamén aquí se asinaron convenios de colaboración no eido político e universi-tario que contextualizan as bases dunha cooperación con grande espazo para medrar.

Cuba é o mercado máis dinámico da subrexión caribeña, deficitario para Galicia.México é a principal praza da rexión centroamericana se ben nos últimos anos se veñenproducindo importantes investimentos por parte de operadores galegos do sector pes-queiro e conserveiro, principalmente en Guatemala e El Salvador. Porén, o empresariadogalego contempla México con optimismo nos seus plans de internacionalización.

En resumo, América latina, cunha poboación total de case 500 millóns dehabitantes, unha renda per cápita próxima aos 3.900 dólares e unha situación ma-croeconómica relativamente saneada, constitúe un mercado de altísimo potencial. Paraos efectos de diversificar a elevada concentración comercial no ámbito da UE, esteespazo ofrécelles aos actores económicos galegos unha contorna de proxección natu-ral, reforzado pola tupida rede, de base histórica, de contactos políticos, culturais esociais, factores decisivos na mentalidade internacional do empresariado galego eque definen pautas sólidas e vantaxes particulares susceptibles de aproveitamentoduradeiro. As mesmas que a pesar da forte crise económica vivida nos últimos anosdesaconsellan desinvertir na zona.

Outros escenarios

Alén dos ámbitos tradicionais e experimentados cun certo nivel de unanimidadepolo conxunto dos actores con proxección exterior, outras realidades deben ser tomadasen consideración, ben pola súa condición emerxente e de futuro, ben pola súa contrastadacapacidade e idoneidade para absorber accións específicas, nomeadamente no eido co-mercial e inversor.

• América do Norte: Estados Unidos e CanadáA economía de EEUU é unha das máis desenvolvidas do mundo, cun mercado

interno especialmente activo. Nunha superficial aproximación á súa agricultura, minaría,sector manufactureiro, industrias de alta tecnoloxía ou servizos financeiros podemos cons-tatar a súa fortaleza, se ben o seu sistema produtivo se atopa en período de reestrutura-ción. No seu haber conta ademais cunha grande infraestrutura de portos, aeroportos eestradas, así como excelentes vías de comunicación a todos os niveis que facilitan a circu-lación de mercancías, bens e servizos.

A balanza comercial de Galicia con EEUU é negativa e o volume de negocio,malia se atopar entre os dez clientes principais, está por baixo das súas posibilidades. Noámbito importador a súa importancia é significativamente maior. Turismo, confección oumadeira son sectores para considerar no deseño dun plan global que estreite os lazos coa

Page 51: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

51

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

economía norteamericana, utilizando Miami como porta de entrada e nodo coa rede deimplantación en América latina.

O fortalecemento dos vínculos da economía galega coa norteamericana poderíafacilitar ademais a superación do noso atraso na captación de investimentos exteriores.

Por outra banda, cómpre non perder de vista as oportunidades que presentatoda a área NAFTA (que inclúe a México), cuns índices de descentralización a todosos niveis que favorecen os procesos de internacionalización, se acertamos na defini-ción dos territorios para priorizar no conxunto, dimensionados en función das posibi-lidades de expansión real de Galicia neses mercados. Os Estados e provincias deEEUU e Canadá supoñen un desafío para as empresas galegas, tanto dende o puntode vista dos mercados de exportación como de posible orixe de investimentos. A súaampla autonomía económica e comercial permite seleccionar perfís e mercados dife-renciados e a súa capacidade financeira e inversora convértenos en obxectivos priori-tarios das nosas empresas e institucións.

• Norte de África e África do SurA presenza galega no continente africano está relativamente diversificada.

Mentres que no ámbito exportador, o Norte de África presenta unha relevancia fórade toda dúbida; no importador, a África Austral comparte a primacía co Norte e afranxa occidental. Marrocos destaca como cliente e destino dos investimentos gale-gos, mentres que Namibia ou Libia, coas respectivas especializacións pesqueira eenerxética, figuran entre os principais provedores de Galicia. Sudáfrica (granito enbruto), Camerún e Costa de Marfil (madeira) completan a selectiva radiografía dosnosos socios africanos.

Nos últimos anos, as relacións entre Galicia e algúns países africanos, tanto anivel público como privado, no eido institucional e empresarial, viñéronse fortalecendode forma paulatina. A diversificación comercial que precisa o noso país pode atopar aquí,por proximidade xeográfica e por capacidade de interlocución lingüística e cultural, unespazo idóneo que precisa de respaldo institucional directo tendo en conta a baixa repre-sentación oficial existente no conxunto do continente.

Contemplar unha liña de atención específica para os países africanos de expre-sión portuguesa semella unha iniciativa para considerar especialmente, ao igual que anecesidade de incorporar a dimensión da inmigración ou da cooperación internacional aodesenvolvemento no conxunto das accións públicas que se poidan promover dende aAdministración galega.

• China e Asia-PacíficoDebemos estar presentes, a diferentes niveis, nunha das zonas do planeta máis

dinámicas dende o punto de vista económico e que está chamada a ser o grande motor daeconomía mundial no século XXI. Despois da crise de 1997, a recuperación estase aproducir moi rapidamente, con economías moi saneadas e unha crecente credibilidadeinternacional. Soamente Xapón perdura como punto escuro.

Page 52: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

52

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

China, Xapón e Taiwán, son referencias importantes para unha política orientadacara a esta zona. Taiwán, pode ser a cabeza de ponte para unha estratexia no sueste asiá-tico e no conxunto da rexión.

A entrada de China na Organización Mundial do Comercio, así como os acordoscomerciais deste país coa UE e EEUU, incrementan o nivel de transparencia da súa eco-nomía e facilitan a realización de negocios. China é o mercado máis activo do planetapola súa taxa de crecemento e a súa poboación (máis de 1.300 millóns de habitantes) e undestino preferente dos investimentos exteriores. Por iso, China é un obxectivo estratéxicofundamental a ter en conta no proceso de internacionalización do noso aparello empresa-rial e produtivo.

Se a Administración española ambiciona estar presente na rexión cunha maiorénfase e dinamismo, Galicia debe consolidar os nós empresariais existentes nesta rexión,co fin de evitar retrocesos. Para iso, alén doutras iniciativas, é fundamental desenvolveros contactos políticos e institucionais, dado que o seu valor cualitativo nesta parte domundo é superior ao doutras latitudes e desempeñan un papel esencial.

Page 53: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

53

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Capítulo VAs dimensións da acción exterior de Galicia

A acción exterior desenvolvida polos diversos axentes sociais e políticos incor-pora dimensións de variado perfil que porén deben procurar converxer especialmente nadefinición daqueles ámbitos xeográficos considerados prioritarios. Esa posta en común eo desenvolvemento consciente da complementariedade de cada acción sectorial contri-buirá a multiplicar a eficacia duns recursos que nunha comunidade das nosas dimensiónsamosarán sempre unha suficiencia relativa para afrontar as múltiples necesidades exis-tentes a este nivel. Corresponde á Administración galega habilitar os mecanismos de co-ordinación e persuasión para que esa converxencia se faga realidade.

A acción política e institucional

Unha interlocución regular e sistemática da Administración galega con outrasadministracións mediante un esforzo continuado no tempo pode contribuír á redución dasincertezas, especialmente as derivadas das diferenzas nos sistemas políticos, complexasorganizacións institucionais e territoriais e peculiaridades restritivas na orde comercial.

A acción institucional pode contribuír en diversos campos: dende un mellor co-ñecemento de determinados mercados ou a formación concertada de especialistas atafacilitar o desenvolvemento dunhas comunicacións máis directas e intensas cos nososinterlocutores.

O impulso político, integrador de diferentes variables (económica, cultural, edu-cativa, social, etc.), debe estruturarse arredor da consecución duns obxectivos que llespermitan á nosa economía e á nosa sociedade aproveitar o abano de oportunidades que llepode ofrecer o contacto con determinadas realidades do exterior.

Cómpre avaliar en cada caso as circunstancias políticas e culturais que podenaconsellar o implemento de accións institucionais de certa relevancia. Nese caso, calque-ra programa destinado a promover a presenza galega nunha área ou país concreto debecontar cun programa de visitas en ambos os sentidos a todos os niveis, especialmentevisitas de alta significación. Nesa política débense involucrar diferentes consellerías einstitucións sempre con especial incidencia nos de ámbito económico ao igual, chegado ocaso, que o Corpo consular radicado en Galicia, integrado na súa maior parte por honora-rios. Para lograr o máximo impacto e eficacia no tempo, é aconsellable a busca de coor-dinación e programación das visitas, tendo en conta a outras administracións e actores,especialmente as organizacións empresariais e Cámaras de Comercio.

As visitas institucionais deben concibirse e organizarse de xeito tal que permitanacadar, entre outros, obxectivos como os seguintes: seguimento e apoio a proxectos encurso das empresas galegas, impulsar novas oportunidades empresariais, contribuír á buscade solucións en contenciosos que danen o clima de relacións bilaterais, facilitar os con-

Page 54: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

54

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

tactos de diversos intereses galegos –empresariais, culturais, asociativos, etc.- coas auto-ridades locais, presentación e divulgación da realidade galega.

Nesa perspectiva importa especialmente a promoción de todo tipo de acordoscon significado e contido económico ou cultural que poidan facilitar as relacións comer-ciais e de investimento, así como tamén sociais, que removan os obstáculos que os poidandificultar. Por outra banda, a continuidade deses procesos está sempre mellor garantidocoa creación de asociacións e comités de empresarios e outros actores implantados nospaíses de destino que poden facilitar a identificación de problemas, asesoramento cualifi-cado e apoio para o desenvolvemento acertado das relacións bilaterais. Igualmente, resul-ta de vital interese o aproveitamento da rede pública de bolseiros e oficinas, tanto daAdministración central como autonómica, e doutras instancias como as Cámaras de Co-mercio ou entidades financeiras.

Esta dimensión política e institucional é de grande importancia naqueles paísesonde se advirte unha forte presenza da Administración na sociedade (pensemos en Cuba,China, ou algúns países en transición a unha economía de mercado do Leste europeo). Noresto de países, o plan de acción institucional pode ser menos intenso, e debe estar reves-tido dun maior sentido da oportunidade.

A apreciación de conxunto, resultante do contacto directo político e institucio-nal, debe servirnos para realizar unha avaliación permanente sobre a presenza e disposi-ción dos medios públicos e concertados situados no exterior, chamados a facilitar infor-mación e oportunidades de intercambio para os nosos axentes con intereses no exterior,adaptando a súa estrutura e configuración á evolución das prioridades tácticas e estratéxi-cas que en cada momento se definan.

Os intercambios económicos e comerciais

A internacionalización da empresa galega está tomando corpo. A aperturacomercial, e en menor medida, inversora, da nosa economía tivo un efecto global-mente positivo sobre a mentalidade empresarial e o seu funcionamento operativo.Coa internacionalización, o noso tecido empresarial, especialmente a pequena e me-diana empresa, enfróntase a novos retos, problemas e oportunidades, que as enrique-cen e tamén as poden fortificar.

Nese contexto, interesa especialmente avanzar na superación dalgunhas deficien-cias estruturais, tanto as relativas ao desenvolvemento exportador que descansa en exce-so no sector da automoción; como ao xeográfico, cunha escasa presenza comercial einversora nas zonas emerxentes e con gran potencial de crecemento, que permitirían unhamaior diversificación global e desexable.

A Administración galega, en colaboración coas empresas e outros axenteseconómicos e sociais, dispón de políticas e mecanismos para definir actuacións quepermitan intensificar e mellorar o proceso de internacionalización da economía gale-ga. No labor de promoción, cómpre impulsar tanto programas xerais que xeren nego-cio e melloren a imaxe de Galicia no exterior, como sectoriais, especialmente pluri-

Page 55: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

55

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

anuais e que permitan afrontar con solvencia aqueles instrumentos usuais que asegu-ren o éxito dos programas de empresa

Importa especialmente incidir na superación de problemáticas comúns que afec-tan a aspectos vitais e medulares do proceso. Entre eles cómpre citar a adecuada prepara-ción de directivos; a habilitación de sistemas compartidos de “intelixencia económica”que permitan mellorar a capacidade de anticipación e a avaliación de riscos; os procede-mentos de “vixía tecnolóxica” que permitan unha optimización das actividades de I+D ede innovación, destinadas ao desenvolvemento da capacidade competitiva, tanto para osbens como para os servizos; ou aqueles estudos de estratexia e marketing que contribúaná diferenciación da marca Galicia e dos nosos produtos no plano internacional.

O compromiso da Administración galega, en colaboración coa estatal e conentidades públicas da UE pero tamén coas asociacións empresariais, debe orientarse,en primeiro lugar, na promoción dunha cultura cooperativa no sector, indispensablepara afrontar con mínimas garantías a complexidade crecente da internacionaliza-ción. Por outra banda, sen perder de vista que ese proceso é indisociable dunha maiorapertura ao exterior da sociedade galega e dos seus axentes, debe instrumentar unservizo de información permanentemente actualizado e de reducido custo para osoperadores, que teña en conta non soamente os mercados de maior interese estratéxi-co, senón tamén as experiencias de internacionalización ou unha base de datos sobredirectivos con experiencia exterior.

Alén dunha adecuada política de incentivos, coherente coa disposta por outrasrealidades do noso entorno próximo, os servizos de apoio á internacionalización, tanto noplano exportador como inversor, deben ser percibidos polos actores directos como com-petentes e confiables.

É de destacar a necesidade de instrumentos que colaboren activamente co proce-so de internacionalización das pequenas e medianas empresas, eixe vertebral da econo-mía galega. Estas empresas habitualmente carecen de suficientes recursos internos paraemprender políticas propias de internacionalización e precisan de apoio específico para asúa integración nos novos mercados. As universidades e os centros de investigación de-ben procurar respostas tamén para atender estas carencias e necesidades.

A captación de investimentos

Hoxe en día, cando o fluxo de capital especulativo medra proporcionalmentemáis que o nidiamente materializable en investimentos reais, a competencia pola súacaptación tórnase singularmente agresiva. Vencidas as suspicacias teóricas e académicascontra esa necesidade, practicamente todos os axentes, actores e forzas representativasdo espectro social, económico e político galego cadran en concluír que precisamos incre-mentar notablemente a chegada de investimentos exteriores que aposten por crear valorengadido no país, quer pechando ciclos produtivos de actividades nas que temos avan-taxes competitivas naturais, quer introducíndonos en novas áreas económicas, fundamen-talmente do sector terciario e dalgunhas puxantes do secundario.

Page 56: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

56

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

O peso do investimento directo en Galicia é moi escaso. Unha das causas funda-mentais é o descoñecemento da imaxe de Galicia como país desenvolvido, cun elevadonivel de infraestruturas, de capital humano e con posibilidades de acceso non soamenteao mercado interno, senón tamén a América latina e algúns países africanos.

Para solucionar este déficit, a Administración galega debe liderar un esforzoen varios niveis. En primeiro lugar, multiplicar a realización de actividades de capta-ción selectiva de empresas (mailings, misións inversas, visitas a empresas). En se-gundo lugar, impulsar un calendario de actividades de promoción da imaxe de Gali-cia (seminarios, participación en feiras, contacto con medios de comunicación), encolaboración coa rede de oficinas e correspondentes con que contamos no exterior.En terceiro lugar, adaptar ás necesidades de cada área ou interlocutor os instrumentosde información e promoción existentes (dende guías de negocios ou dossiers secto-riais a páxinas web). Por último, persistir no empeño de detectar e resolver aquelesproblemas que afectan aos inversores e que danan a imaxe de Galicia (dende a dispo-ñibilidade e o prezo do solo ata os longos trámites para crear novas empresas), des-empeñando un labor coordinador e xestor ante as diferentes instancias con competen-cia en cada caso e salientando as nosas vantaxes (dende a calidade de vida, a ofertade solo ou o feito de falar naturalmente dúas linguas).

Nun marco xeral, a articulación dos plans de investimentos en infraestruturasdebe contemplar a dotación loxística e de servizos suficientes non soamente para que asempresas poidan desenvolver a súa actividade en condicións competitivas, senón taménpara atraer investimentos exteriores, coordinando este proceso en función dos grandescorredores xeopolíticos onde se enxerten os plans de internacionalización (corredor at-lántico, norte de Portugal, etc.).

As relacións culturais e sociais

A dimensión sociocultural da acción exterior de Galicia debe ser configurada entermos de acción e reacción. Isto, que semella obvio noutros eidos de acción da comuni-dade autónoma no exterior, precisa talvez ser salientado neste, por ter sido marcado moi-tas veces por un unilateralismo cultural que obedece a razóns históricas e estruturais quese revelan na análise dos procesos correspondentes.

Convén, para ese e para outros efectos, ter claro que esas relacións se establecenentre dúas sociedades ou dúas culturas, naturalmente, pero son mediadas moitas veces,no noso caso, por un axente distintivo que é a presenza diaspórica dunha delas –a nosa—no exterior. Quizais ata agora non se teña valorado, como cumpría facelo, o factor positi-vo desa mediación. A preponderancia dos conceptos migratorios sobre os diaspóricos nodiscurso e nas mentalidades levou a unha actitude e unhas actividades que deixan ensegundo plano o estímulo e a realización do potencial desas comunidades e dos indivi-duos que as integran. A evolución tecnolóxica que tanto facilitou as comunicacións e omovemento e a conseguinte perda de peso do espazo como factor de identidade fai queperda importancia ese enfoque negativo. Sucede incluso que moitas veces o maior poten-

Page 57: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

57

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

cial nese sentido está en persoas ou grupos non integrados nas comunidades galegas peroactivos na sociedade e na cultura do seu país de residencia.

Se a sociedade civil é o locus por excelencia de boa parte das actividades que secontemplan neste documento, é especialmente certa e oportuna esa localización na esferasociocultural, onde ten que primar a creatividade, e moitas veces un risco inventivo quenon convén atrancar cun exceso de burocracia. Cábelle, pois, ás institucións públicas dopoder executivo unha función habilitadora e catalizadora moi importante, e ata indispen-sable, pero non a de protagonista. Talvez sexa este un dos terreos no que mellor podeatopar aplicación o modelo de iniciativa e xestión privada de interese público. Pódesetratar, por exemplo, de fundacións ou de entidades sen ánimo de lucro, receptoras derecursos públicos e privados, independentes da Administración pública, pero responsa-bles da xestión dos seus fondos ante o Parlamento, por exemplo, e dirixidas en termosmoi xerais, cando proceda, por un consello representativo da maior diversidade de forzassociais e personalidades de recoñecido prestixio.

Entidades dese xénero, ou incluso menos estruturadas con criterios de responsa-bilidade pública que as descritas, terían unha considerable vantaxe de axilidade na súarelación con outras semellantes do exterior, e na posibilidade de criar entidades e asocia-cións de contrapartida na sociedade civil doutras comunidades e países.

Por parte da Administración, a función habilitadora, catalizadora e, de ser ocaso, tamén de iniciativa que non queda excluída nese modelo xenérico, correspon-deríalles primariamente ás consellerías de competencia máis declarada no campo dacultura e dos asuntos sociais, pero tamén a outras que puidesen parecer máis tanxen-ciais, e sobre todo, pola dimensión diaspórica na que insistimos, ás encargadas decuestións de emigración ou afíns.

Tería especial interese que as institucións do executivo autonómico seguisenatentamente todas as iniciativas da sociedade civil neste terreo das relacións culturaisco exterior e se esforzasen por criar conciencia de que esas iniciativas lles deben sercomunicadas para que poidan cumprir as súas funcións habilitadoras e mediadoras.Os incentivos para estimular esa responsabilidade dos iniciadores poderían ser moivariados, económicos ás veces, pero non sempre, e, en moitos casos, simplemente ovalor evidente da maior facilidade de contactos e difusión que forman parte xusta-mente desa habilitación.

En calquera caso, un inventario de todas as institucións e iniciativas relacionadascoa acción exterior cultural debe ser a base elemental para identificar as nosas posiblescarencias, superar a dispersión de entidades e actuacións, albiscar alianzas e formularunha integración do noso idioma e a nosa cultura nun programa de acción no exterior quedefina as bases da nosa política de cooperación cultural, que inclúa a promoción dosnosos servizos educativos no exterior (dende bolsas a lectorados), o impulso tan necesita-do do labor tradutor e a orientación das accións actuais con sentido de país, cunha men-saxe que poida ser compartida por todos os actores, públicos e privados. Ese programadebería incluír propostas para que o propio Estado reflicta no exterior a pluralidade cul-tural de España.

Page 58: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

58

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Cando se fala de actividades da sociedade civil, hai que pensar nun arco moiamplo que vai dende as puramente individuais, ou asociativas privadas, ata as dos co-lexios profesionais, as entidades bancarias e as empresas dos diversos sectores. Lugarespecial teñen tamén os sindicatos e, moi sinaladamente as universidades, que dispoñenxa da súa rede de relacións co exterior, que podería operar con efectos de sinerxía.

Na propia Administración, as iniciativas municipais entrarían neste marco deinformación e coordinación habilitadora.

Unha mención específica merece o espazo luso-galaico que debemos entendercomo un modo de intervir activamente na definición do proceso de mundialización, unproceso no que estamos, queirámolo ou non, inmersos e implicados dende unha área xeo-lingüística e pluricultural específica que nos identifica e que pode funcionar como unvalor engadido ou, pola contra, de seguir escoando, diluírse sen se deixar ver nin oír, senchegar sequera a se deixar notar como perda.

A nosa especificidade, lonxe de ser un punto feble, ten a posibilidade de se trans-formar nunha vantaxe competitiva, nun mundo globalizado e uniforme no que a diferenzaé un valor engadido. Ten que parecer natural que a cultura galega estea presente tamén enLisboa ou noutras capitais de países de expresión portuguesa. O libro portugués deberíaser máis coñecido e accesible nas nosas librarías. A premisa destas e doutras cuestiónsestá na importancia básica do ensino da lingua e da cultura portuguesas no ensino deGalicia, e concretamente a nivel secundario.

Aínda recoñecendo as afinidades lingüísticas xa existentes, non convén sobreva-loralas e, unha vez máis, o ensino da lingua portuguesa, complementado aquí co da riquí-sima cultura brasileira e a dos países africanos, de interese apaixonante baixo moitosaspectos, é premisa básica para asentar actividades recíprocas coa debida intensidade efecundidade. Por outra banda, a relación cultural con ese mundo lusófono espallado portres continentes pode ser abordado tanto a través de relacións directas, como, aínda quenon necesariamente, pola ponte portuguesa.

A lusofonía é un espazo que, nun contexto de diversidade cultural que defende-mos e apoiamos, pode facernos máis visibles e introducirnos como ben, en primeiro lu-gar, no mercado da industria da comunicación e da cultura. Nesa perspectiva importadefinir cadros de converxencia e modalidades de cooperación que favorezan unha inte-gración futura do sector audiovisual nunha perspectiva complementaria, non excluínte efavorecedora de sinerxías.

Para o avance desta idea resulta esencial construír un público específico queaposte polas posibilidades da lusofonía como un escenario real para o intercambio ea xeración dunha experiencia de gran futuro no eido intercultural, con base na dife-rentes linguas dun mesmo sistema, a nivel dun mercado que xera expectativas e quepula, asemade, polas aplicacións tecnolóxicas en vencello coa nova economía, e comoacción política que cadra cos principios de diversidade e mesmo coas preocupaciónsdo debate europeo.

Igual ca noutra perspectiva, Galicia pode aspirar a desempeñar un decisivopapel no cultivo da ascendencia céltica dos pobos e países da ribeira atlántica que

Page 59: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

59

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

conservan esa referencia cultural común e que debe servir de acicate para o desenvol-vemento de relacións non soamente culturais senón tamén económicas e comerciais.O celtismo é unha orixinalidade que debe ser actualizada en función dos novos tem-pos e dinamizada de forma sostida para transformala de sinal de identidade en motorde progreso.

Ensino superior e Investigación

Noutra orde, cómpre que o sistema universitario galego se implique en maiormedida na definición dun proxecto exterior de país. Urxe equilibrar o exceso tanostensible na oferta de formación universitaria en certas linguas europeas e a ausen-cia absoluta noutras, que representan case a meirande parte dos novos mercados eoutros destinos emerxentes para a nosa industria convencional, e tamén para a nosaincipiente e prometedora industria cultural. Axeitar eses desequilibrios significa pu-lar por inexistentes estudos con certas materias complementarias mínimas de comer-cio exterior, mesmo para lanzar títulos de seu que se vaian adaptando ás necesidadesgalegas cara a fóra. Interesa igualmente incentivar unha estratexia sectorial coorde-nada para atraer máis estudantes doutras nacionalidades que insuflen zume novo nonoso peculiar poliedro demográfico e cultural.

Por outra banda, o coñecemento das universidades estranxeiras onde se formanos estudantes galegos debe implicar unha reflexión adicional sobre a adecuación, lagoase destinos esenciais que debemos privilexiar dende a esfera pública, operando os axustesnecesarios na política de bolsas e doutras medidas de apoio a estudantes e profesores,deseñando programas de axuda específicos para aqueles colectivos, de Galicia e do exte-rior, que establezan mecanismos de influencia recíproca con lideres potenciais dos paísesque estratexicamente definamos como prioritarios.

Por último, cómpre potenciar a dimensión investigadora, pensando tanto nas vi-sitas e captación de técnicos como no estímulo da cooperación na investigación e navenda de tecnoloxía, o que facilitará a medio prazo o incremento do noso nivel científicoe técnico.

A cooperación ao desenvolvemento

Medra a importancia cualitativa e cuantitativa da cooperación ao desenvolve-mento en Galicia. A ninguén lle escapaba o feito de que a realidade nesta materia resulta-ba manifestamente mellorable. O nivel de compromiso das distintas administracións oudos actores da sociedade civil (partidos políticos, sindicatos, etcétera), distaba de seróptimo. Galicia non é solidaria? Así formulada a cuestión, a resposta sería, cando menos,equívoca. Sabemos de situacións de emerxencia humanitaria nas que a sociedade galegarespondeu a un nivel moi satisfactorio aos chamamentos de solidariedade. Non existebase ningunha para afirmar que Galicia non é solidaria, máis alá da simple constataciónempírica das cifras.

Page 60: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

60

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

A partir de 2003 ábrese un escenario ben diferente que lle vai permitir á nosacomunidade desempeñar un papel distinto ao realizado ata agora cunha maior presenzano sistema de axuda internacional ao desenvolvemento. A un lustro da súa creación, aconsolidación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, agrupación de conce-llos e deputacións que progresivamente van incrementando o seu número co obxecto desumar recursos pero tamén homoxeneizar políticas, fraguando esta actuación como uncampo de encontro dos diferentes actores partidarios presentes no municipalismo, é undeses indicativos contundentes do cambio. Pero non é o único.

O compromiso reafirmado pola Lei galega de cooperación ao desenvolvemento,e polo que a Comunidade Autónoma de Galicia asume a responsabilidade de cooperarcon outros países para propiciar o seu desenvolvemento integral, debería seguir manifes-tándose no financeiro mantendo a tendencia sostida comezada en 1998, de xeito queGalicia se sitúe, en termos comparativos, no chanzo superior ao das comunidades autóno-mas coa súa mesma dimensión en niveis de prosperidade, de forma responsable, é dicir,atendendo aos novos compromisos sociais e xerando as capacidades precisas para xestio-nar axeitadamente as novas contías.

Así mesmo, lonxe da tentación de aspirar a xestionar, directa ou indirectamente,a política de cooperación coma se doutro servizo público se tratase, as administraciónspoderían achegar o valor engadido de transferir o seu coñecemento experto e as capacida-des acumuladas na xestión doutras políticas sectoriais que contan cun alto grao de espe-cialización, como a de pesca ou a agropecuaria. E iso, partindo da premisa inducida daexperiencia de que non se poden exceder as iniciativas do terceiro sector. O seu contribu-to consistiría en prestar apoio financeiro aos axentes de cooperación, sempre inspiradono modelo galego de cooperación para o desenvolvemento, baseado na consulta e partici-pación dos seus xenuínos axentes, sen renunciar por iso a deseñar xunto con eles os PlansDirectores Cuadrienais que deben ser sometidos á aprobación do Parlamento de Galicia.

Outras prioridades serían a formación e a sensibilización, contribuíndo á cualifi-cación dos recursos humanos e á educación e á transmisión de valores de cooperaciónentre as novas xeracións.

Todos os actores implicados en Galicia no desenvolvemento da cooperación de-berían impulsar a súa galeguización a dous niveis principais. En primeiro lugar, fomen-tando a creación de organizacións non gobernamentais de matriz galega, potentes e sóli-das, concentrando esforzos e superando a fragmentación actual, en pequenas entidades, eo excesivo peso das franquicias de ONG estatais ou internacionais. En segundo lugar,incorporando os ámbitos xeográficos de maior relevancia para acción exterior en Galiciaentre as súas prioridades, concedendo especial atención aos países en vías de desenvolve-mento dos que recibimos unha maior inmigración. Sen ONG propias será difícil contarcoa capacidade suficiente para atender aqueles países (África lusófona, por exemplo) queestratexicamente teñen importancia para Galicia e están azoutados pola pobreza.

Ese proceso de galeguización da cooperación debe estar acompañado dun refor-zo do compromiso económico pero sobre todo da coordinación entre os diferentes axen-tes, procurando cooperar aquí, entre nós mesmos, para sermos máis eficaces na axuda a

Page 61: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

61

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

terceiros. Igualmente, cómpre prestar unha maior atención á sensibilización social, come-zando polas propias estruturas dos partidos políticos e dos actores sociais; e o implemen-to de políticas de capacitación e formación que melloren a cualificación das persoas queparticipan nesta actividade co fin de elevar progresivamente a súa calidade.

A diáspora e o lobby galego

Pódese falar de lobbies en moitos sentidos nas relacións internacionais. Dende opunto de vista da acción exterior de Galicia, é a idea e a práctica do lobby como grupo depresión ou avogacía de intereses galegos integrado por persoas ou entidades que, conser-vando a calidade de galegos, estean asentados, en graos diversos, dende a dupla naciona-lidade ata a residencia permanente, noutros países.

As redes transnacionais de suxeitos dispersos que interveñen a favor de causasde interese para a súa comunidade no país de asentamento ou, máis amplamente, no deorixe ou noutros vinculados nesa mesma rede por comúns orixes, pódese exercer paracausas de valor moi diverso.

Por regra xeral, a diáspora galega non é vista como ameaza nas comunidades enque se insire. É indicativo de que, con independencia da súa maior ou menor fortalezacuantitativa, goza de xeral respecto por manter un comportamento axeitado. Ter presenteas reaccións adversas aos lobbies alerta, con todo, da necesidade de actuar con prudencianesta esfera.

O lobby é manifestación dunha realidade diaspórica. A capacidade das diásporaspara participaren e interviren nas políticas do país de asentamento e do país de orixe veseinmensamente facilitada polo desenvolvemento da tecnoloxía das comunicacións.

A forza do lobby, na forma menos cuestionable, vén do peso electoral da comu-nidade en cuestión. As formulacións de política exterior poden verse influídas polo inte-rese de cultivar ese voto. Outra forma de influencia pode derivar do peso específico queteñan determinadas persoas en posición de poder dentro da estrutura que, directa ou indi-rectamente, configure esas decisións.

Non todos os países teñen diásporas. Galicia tena. Pero a diáspora débese utili-zar como factor activo na vida colectiva do país, ten que ser cultivada e desenvolvida.Algúns teorizadores do fenómeno da diáspora falan de que é unha realidade “caórdica”, oque, traducido a termos prácticos, significaría que non hai unha forza organizadora cen-tral que poida encamiñar os distintos obxectivos das comunidades diaspóricas.

Esa afirmación pode ser certa en diásporas máis desenvolvidas e máis conscien-tes que a nosa. A tarefa aquí estaría, dende o punto de vista da responsabilidade dasinstitucións galegas, en reforzar a conciencia de identidade dos residentes no exterior senpor iso marxinalos da realidade en que viven, nalgúns casos dende varias xeracións atrás,propiciando o encontro e a converxencia de vontades entre os sectores máis determinan-tes (económico, político, intelectual, etc.).

A forza do lobby depende, por unha banda, do grao de fortaleza da personalidadecolectiva da súa comunidade de orixe. A diáspora, da que o lobby é manifestación, preci-

Page 62: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

62

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

sa, para ser activa, sentirse copartícipe dun pasado colectivo e dun destino común, e isorequire determinadas actitudes e comportamentos do país de orixe, cando este existe bendefinido, como é o caso de Galicia. Despréndese disto que o lobby ha de estar presente napresentación dos problemas da comunidade que teñan elementos transnacionais, e estesson moitos e cada vez máis.

A proporción numérica da poboación de orixe galega en países da América lati-na, especialmente, non semella propicia para a utilización do seu peso electoral comoelemento influínte en decisións de política internacional. Podería selo, en troques, a loca-lización de individuos ou asociacións con peso específico.

As relacións coa diáspora cara á posibilidade de instrumentar unha influenciadeste tipo están aínda en fase de configuración. Precisan de entendemento da natureza“caórdica” do fenómeno, de levantamento de inventarios moi especificados e afinados enfunción desa natureza, de asentamento de centros de contacto permanente nas institu-cións do país con puntos sensibles definidos, e de mobilización discreta pero efectiva dosrecursos humanos cun aglutinante central.

No marco legal da autonomía é propio de Galicia o concepto de “galeguidade” eo dereito das comunidades galegas no exterior a “colaboraren e compartiren a vida sociale cultural do pobo galego”. O desenvolvemento axeitado dese precepto pode ser instru-mento importante da vida diaspórica na que asentan as actividades de influencia ou lobby.

A creación dos Foros Bilaterais por parte da Consellería de Emigración, a partirdun arduo labor de identificación da Galicia relevante no exterior e con participaciónmixta e selectiva de representantes de diferentes sectores de Galicia e das comunidadesgalegas asentadas no exterior, é un mecanismo idóneo para servir de viveiro de ideas ehabilitar instrumentos que permitan maiores sinerxías nas respectivas sociedades paraplasmar máis oportunidades de desenvolvemento e progreso.

Os Foros Bilaterais arbitran un mecanismo permanente de intercambio de infor-mación útil para impulsar as relacións, tanto no que atinxe á propia diáspora como coconxunto de ambas as sociedades, máis alá do feito migratorio. Unha maior valorizacióne dignificación do recurso humano que supón a diáspora facilitará o implemento de mo-dernas prácticas que permitan a súa implicación activa na construción da Galicia do pre-sente e do futuro.

A imaxe de Galicia no exterior

A imaxe de Galicia no exterior debe corresponderse coa súa realidade económi-ca, social e cultural. Divulgar unha imaxe de calidade de Galicia non soamente comercial,senón tamén convivencial, cultural e integradora das diferentes variables que compoñeno feito exterior, é esencial para superar a ignorancia e descoñecemento que aínda existeda modernización experimentada por Galicia nos últimos anos e que contrastan coa imaxetradicional de comunidade periférica e non avanzada.

A imaxe dun determinado país é un elemento fundamental para defender osseus intereses nunhas novas relacións económicas e políticas, caracterizadas por unha

Page 63: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

63

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

maior interdependencia e competitividade. A imaxe dun país repercute na dos seusprodutos, e a carencia de imaxe desvirtúa a súa proxección ou priva dun aval cualifi-cado aos seus produtos.

Crear unha imaxe é un proceso complexo e de complicada xestión. Máis aíndacando se trata dunha colectividade humana e non dun produto ou dun servizo. Poréncontar con ela pode transmitir confianza e credibilidade, e permítenos dispoñer dun plussocial facilitador do noso crecemento e internacionalización.

Son moitos os fluxos que inciden na configuración da imaxe dun país: dende aemigración e o turismo ata a dimensión do seu comercio exterior ou os seus investimen-tos, as manifestacións lingüísticas e culturais (cine, deporte), etc.

Galicia non debe descoidar un aspecto no que aínda resta moito por facer. Inse-rida en Europa e en España, a súa modernización e desenvolvemento debe extraer o máximobeneficio do seu capital histórico, a través fundamentalmente do Camiño de Santiago,para combater os estereotipos e transmitir unha imaxe de país que poña en valor todos oselementos configuradores da nosa identidade que abranguen dende a gastronomía ata amoda ou a música, pasado e presente nunha combinación atractiva en si mesma.

Unha imaxe adecuada pode facilitar tanto a consolidación de Galicia como unreferente internacional de primeira magnitude no desenvolvemento do turismo cultural,como a captación de investimentos se somos quen de sustentala á súa vez na explicitacióncomo lugar privilexiado para vivir e para producir pola súa rede de incentivos, axudas,prezos adecuados e facilidades de todo tipo. Igualmente, a aposta por unha maior interna-cionalización das nosas empresas veríase facilitada pola superación desa barreira quesupón o descoñecemento ou, peor aínda, unha imaxe distorsionada.

Reviste especial importancia nesta estratexia o realizar estudos de imaxe nassúas diferentes vertentes e zonas xeográficas de maior interese estratéxico, e o desenvol-vemento de actuacións específicas para favorecer unha maior internacionalización da-queles sectores cualitativamente importantes para a imaxe de Galicia (turismo, moda, porexemplo) e que conten cunha ampla capacidade de arrastre das nosas exportacións, xaque diversifican así a presenza de sectores produtivos, incrementan as nosas cotas demercado e facilitan un mellor coñecemento da nosa realidade actual, reforzada con pro-moción e publicidade.

Page 64: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

64

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Capítulo VIA vertebración interna da acción exterior

A acción de Galicia no exterior precisa dun apoio e dun compromiso militante,activo e anovado no interior. Nin o máis capacitado xestor pode superar a tacha queimplica non ter a seguridade de que os calendarios se poidan cumprir ou que os elementosprecisos estean dispoñibles no lugar concreto e no intre axeitado para materializar unproxecto, dada a confluencia de competencias nunha chea de asuntos que, directa ouindirectamente, condicionan a imaxe e percepción do país dende fóra.

Velaí como a mellor estratexia de internacionalización das nosas fontes de capi-tal produtivo depende tamén de que a corporación local, que teña xurisdición sobre olugar onde se estudie efectuar a colocación do inmobilizado material do investidor alleo,mellore a súa xestión, cumpra os compromisos xerais pactados para toda Galicia, nonpoña atrancos –de ser o caso- polo feito de que outro municipio galego sexa baralladocomo alternativa, e non obstaculice a adecuación das redes que pasen polo seu territoriopara servir á nova empresa. E, igualmente, que as firmas de utilidades pacten coas admi-nistracións tempos máximos reducidos e calidades mínimas elevadas para atender as no-vas demandas, ou pór en marcha, con sindicatos e organizacións profesionais sectoriais,mecanismos intensivos de formación do capital humano, ou a súa pescuda no exterior senon hai abondo dispoñible no país, mentres se constrúen as infraestruturas físicas perti-nentes en cada suposto.

A nosa sociedade debe ser consciente de que se opta pola parálise, a súadistancia co resto do mundo occidental vai medrar, e non só no económico, senóntamén no cultural e demoscópico. Esta é unha empresa que, polo tanto, non debe serendexamais considerada como un oligopolio natural, exclusivo e excluínte dos parti-dos políticos. Todos os actores con vocación de servir a Galicia hanse implicar, dexeito voluntario, pero tamén sendo absolutamente conscientes da responsabilidadeque asumen se deciden ficar á marxe. Se non tentamos movernos na dirección quemáis nos preste de xeito colectivo, as correntes internacionais non nos han deixarindefinidamente ancorados nas coordenadas de desenvolvemento humano nas quenos atopamos.

Co fin de acadar ese resultado de unidade na acción cómpre, xa que logo, incen-tivar un cambio de mentalidade que nos faga concibir a Galicia non como un espazopechado ou pouco permeable fronte ao esóxeno, senón como unha sociedade aberta, queprecisa aproveitar as oportunidades que se lle presenten e renunciar a definirse, presen-tarse e reaccionar como senlleira víctima das que cabería denominar como externalida-des da globalización.

A unidade na acción exterior non precisa dunha previa uniformidade concep-tual ou ideolóxica, nin renuncia ás máis íntimas aspiracións, noutros tempos e noutroscontextos. Comezar a organizar o que temos pode ser proveitoso para todos se somos

Page 65: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

65

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

capaces de xerar unha dinámica proactiva fronte ao fenómeno exterior. A mellora dasratios fundamentais do país e da súa imaxe nos ámbitos nos que se mova nunca vanser uns deméritos para o avance no programa particular de cada axente, actor ouforza social ou política. Logo, polo propio funcionamento do sistema democrático, oabano de posibilidades ha ser máis rico e diverso. Pero agora precisamos capitalizarinternacionalmente o país, posicionalo no mundo, abrilo e enchoupalo nas tendenciasexteriores.

Esta empresa colectiva, na que ningún actor pode ser cualificado como intrans-cendente ou desinteresado, merece pois a apertura dun espazo de entendemento interno.

O impulso, seguimento e coordinación da acción exterior de Galicia esixe dotar-nos de fórmulas administrativas e políticas que garantan un elevado nivel de cohesión afin de evitar dispersións e gañar en eficacia. A inevitable descentralización da acciónexterior esixe contemplar unha coordinación activa, a procura de complementariedades ea definición de ámbitos de converxencia.

Infraestruturas

A acción exterior de Galicia debe contar con mecanismos apropiados para o seudesenvolvemento. Non se trata, porén, de construír un custoso aparello burocrático, se-nón de instrumentar escenarios e políticas que, coa dose precisa de acompañamento ad-ministrativo, impulse e facilite a plasmación progresiva, sistemática e coherente das liñasde orientación básicas deseñadas neste libro e evite a atomización e dispersión dos nososesforzos. Valorando a importante bagaxe acumulada na experiencia dos últimos anos,formúlanse as seguintes propostas.

No eido político

Foro de Diálogo Exterior. Na perspectiva de definir un amplo consenso sobre aacción exterior de Galicia, aumentar a importancia e a sensibilidade social arredor destacuestión, esta conferencia será un órgano colexiado de consulta e participación externa.Este cumio podería reunirse con carácter bianual.

Foro Civil Galicia-Portugal. Dada a importancia do país veciño na acción exte-rior de Galicia, este Foro permitiría crear un marco de reflexión que servise de viveiro deideas para reforzar a presenza e a imaxe de Galicia, aínda feble, no Norte e en todoPortugal. Así mesmo, permitiría a habilitación de mecanismos para favorecer maioressinerxías nas respectivas sociedades e plasmar maiores oportunidades de desenvolve-mento. A identificación táctica e estratéxica dos intereses da eurorrexión, con definiciónde liñas de influencia que permitan a súa satisfacción en todos os ámbitos, nacional esupranacional, veríase facilitada ao contar cun mecanismo permanente e periódico, plurale interdisciplinar, para o intercambio de información, animador e impulsor das relaciónsbilaterais, que facilitaría tanto a intensificación da comunicación como a configuracióndunha rede estable de relacións.

Page 66: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

66

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

A utilidade destes mecanismos radica esencialmente na capacidade de facilitar oencontro de persoas relevantes de diferentes instancias e ambas as dúas comunidades,contando coas administracións pero transcendéndoas, nun clima informal pero con irre-nunciable vocación de lobby.

Foro Iberoamericano. O protagonismo de Galicia no establecemento de ven-cellos entre o vello Occidente europeo e o que se deu en chamar “novo mundo”,permítenos gozar dunha posición de partida inequivocamente excelente, privilexia-da, para impulsar a reflexión e os lazos co mundo iberoamericano. Galicia pode rei-vindicar e desenvolver un papel de primeira orde na dinamización e divulgación dosintercambios económicos, culturais, sociais e institucionais con América latina, econformar un sólido carreiro de ida e volta entre Galicia e América, que contribúa aorecoñecemento dese papel, hoxe semioculto e descoñecido, naquel encontro entredous mundos. Este foro debe aglutinar os esforzos dispersos que se están a promoverna nosa comunidade.

Foros Bilaterais. Responden á necesidade de superar a idea de que a única ma-neira de recuperar as enerxías do galego que non vive en Galicia sexa o seu retorno físicoá terra. A inoperancia de tal afirmación compróbase a pouco que se pense onde residen asvantaxes da diáspora. Debemos aproveitar, dos dous lados, a pluralidade espacial e sociale abandonar o paternalismo nas relacións coa diáspora. Sen esquecer o apoio que poidaser preciso en determinadas circunstancias, e que haberá que prestar como parte dos de-beres do poder público como se de residentes se tratase, as relacións teñen que estable-cerse en plano de igualdade e ofrecelas asemade que se solicitan. Os foros responden áidea de reciprocidade de xeito que tanto será actuación diaspórica a instalación en Galiciadun emprendemento industrial con capital ou técnicas de galegos do exterior como seme-llantes emprendementos no exterior con coñecementos ou capital galego. Os foros articu-larán espazos comúns de actuación sen necesariamente privilexiar nin eliminar os inter-nos de cada quen.

Comisión Local de Acción Exterior. A existencia dun espazo para o intercam-bio de información e a definición das liñas de orientación básica do municipalismo noámbito das irmandades, a cooperación ao desenvolvemento, as relacións con Portugal, adiáspora local, etc., permitiría gañar en coherencia e coordinación. Ambos os dous ele-mentos se reforzarían ademais se os vinculamos coas orientacións xerais da acción exte-rior da Xunta de Galicia. A existencia desta comisión no seo da FEGAMP facilitaría oasesoramento, a fluidez informativa e a cooperación.

No eido lexislativo

Comisión Permanente para Asuntos Europeos e Acción Exterior. En sedelexislativa, cómpre afondar no debate político sobre a transcendencia do factor exterior.Nesa liña, procedería ampliar o ámbito de competencia da actual comisión de asuntoseuropeos para que poida abordar a reflexión, o control e o compromiso de canto afecte áproxección exterior de Galicia.

Page 67: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

67

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

No eido económico-comercial

Instituto Galego para a Promoción Comercial e os Investimentos. O seuobxectivo será impulsar o proceso de internacionalización das empresas galegas e ocomercio exterior. No instituto deberían integrarse, ademais da Xunta de Galicia, asCámaras de Comercio e as principais asociacións sectoriais e exportadoras, así comoas entidades relacionadas co mundo empresarial, financeiro e da formación en co-mercio exterior. Deste Instituto dependerían os Centros de Promoción de Negociosno exterior e un pool informativo que unifique este ámbito de actuación a modo deobservatorio exterior.

No eido cultural

Sociedade Galega para a Acción Cultural no Exterior. Terá por finalidadeconsolidar os esforzos de promoción cultural no exterior e apoiar a iniciativa e o espíritocreativo dos galegos. Desta sociedade, ademais da Administración, deberían formar parteos gremios de editores, asociacións culturais, etc. O seu obxectivo será favorecer o con-tacto entre a oferta cultural galega e a demanda exterior, xestionar os programas de inter-cambio cultural e estimular a participación galega en festivais, feiras, mercados e outrosacontecementos internacionais. Así mesmo, velará pola supervivencia da nosa lingua ecultura entre os colectivos da diáspora.

No eido da representación exterior

Casa de Galicia. A nosa representación en Madrid, que tradicionalmente servecomo escenario para difundir a cultura, a economía e o turismo de Galicia, debería asumirfuncións de maior significación política, especialmente no ámbito da acción exterior,servindo de enlace ou anfitrión para o desenvolvemento de determinadas actividades. Poriso mesmo, conviría a súa integración na Comisión de Acción Exterior.

Casa de Galicia en Porto. As relacións con Portugal son de grande impor-tancia para Galicia, pero cómpre que o conxunto da cidadanía se implique máis e operciba como un proxecto estratéxico ao seu servizo. Ata agora, esa dimensión cida-dá nas relacións bilaterais desenvolveuse mediatizada por unha compoñente moi es-pontánea. Cómpre enriquecela con iniciativas planificadas que atendan o que é im-portante para satisfacer as variables dun cidadán calquera: consumo, ocio, oportuni-dades de emprego, saúde, etc., de xeito que todas as fronteiras se eliminen progresi-vamente.

Para visualizar e canalizar doadamente ese escenario, Galicia precisa dunha Casapropia que sirva de escaparate permanente da nosa realidade económica, social, cultural,etc., pero que tamén favoreza e impulse unha dimensión cidadá na relación entre as dúascomunidades; un lugar que tanto sirva para presentar a nosa pintura, os nosos fotógrafos,os nosos escritores e investigadores, como para adquirir entradas para un concerto na

Page 68: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

68

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Coruña e un partido de fútbol en Vigo; ou servir de antena de información e sensibiliza-ción que lles permita a todos tomar conciencia dos aspectos positivos da cooperación,superando tópicos e sumando vontades. Unha Casa de Galicia permitiría paliar a asimé-trica presenza institucional de Galicia no Norte de Portugal.

Fundación Galicia-Europa. Cuberta unha primeira etapa, a representación deGalicia en Europa debe ampliar o seu abano de representatividade e reforzarse en conso-nancia coa progresiva asunción de responsabilidades da nosa comunidade no eido euro-peo. Sen descartar o impulso dun novo modelo que, en consonancia cos intereses dossectores máis implicados, reforce a súa dimensión político-representativa de Galicia comocomunidade, é o momento de explorar fórmulas que permitan ampliar substancialmenteos seus integrantes, dando entrada no seu organigrama a outras administracións (local) eaxentes da sociedade civil, en paralelo á asunción por parte destas entidades dun maiorcompromiso coa integración europea.

Oficinas de Representación. Este mecanismo, con funcións de impulso, segui-mento e coordinación das actuacións de proxección exterior da Administración galegapode asumir responsabilidades nas accións de apoio aos entes e organismos galegos conpresenza no exterior, e mesmo nas accións de axuda e cooperación ao desenvolvemento.Actualmente asentadas en Brasil e Arxentina, os seus medios deben ser os idóneos paraatender as múltiples tarefas relacionadas coa promoción e a imaxe de Galicia no exterioren todos os ámbitos.

Instrumentos

• Coordinación

Interna:No seo da Administración autonómica cómpre reforzar o papel da Comisión de

Acción Exterior como órgano interdepartamental. Desta comisión deben formar parte ossecretarios xerais de cada consellería e deben informar á Secretaría Xeral de Relaciónscoa UE e Cooperación Exterior dos proxectos e actividades no ámbito exterior. Ademaisdo intercambio de información, a comisión tomará coñecemento das orientacións xeraisda acción exterior.

Con outras administracións:a) Administración do Estado. Fortalecer o dinamismo das instancias nas que

Galicia participe (Conferencia para Asuntos relacionados coas Comunidades Europeas)e a cooperación con todas aquelas instancias que por razón da materia deban ser obxectodun continuado contacto.

b) Administración local. É importante que a Administración autonómica cooperecoa local, ben sexa asesorando, ou simplemente creando mecanismos que proporcionenunha visión global e superadora da inevitable dispersión, ou informando sobre as activi-dades exteriores, de xeito que se garanta un intercambio fluído de información en mate-

Page 69: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

69

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

rias como irmandades, intercambios, cooperación ao desenvolvemento. Outra liña decooperación estable con esta administración prodúcese no ámbito da cooperación trans-fronteiriza, para facilitar a superación dos obstáculos que poden atopar ao abordar proxectosdesta natureza.

Con outros actores:Importa que a Administración autonómica desenvolva unha función de lide-

rado que non anule a iniciativa nin obstaculice a participación de actores privados,pero que achegue sempre o valor engadido da capacidade de orientación e a preocu-pación por establecer sinerxías que contribúan a superar as eivas individuais.

Esa vontade debe ser, naturalmente, recíproca, e para iso deben habilitarseespazos e fórmulas, non necesariamente permanentes, que abran camiños para unhaconcertación activa que poida transformar ese diálogo, si permanente, nun mecanis-mo operativo eficaz e que cristalice en compromisos de orientación asumibles portodos os interesados.

• Participación

As liñas esenciais da acción exterior de Galicia poden ser consensuadas entreos principais actores políticos e sociais da nosa comunidade. O nivel de compromisoe sensibilidade de cada un deles é variable, pero nun contexto global de positivaaprehensión. Habilitar instrumentos que posibiliten unha ampla participación nonsoamente favorece unha máis profunda democratización da actuación pública senónque realza a importancia do exterior e obriga a todos os actores a pensar na proxec-ción exterior e, en consecuencia, favorecer propostas e iniciativas que melloren aposición de Galicia no mundo.

A participación, ademais, pode garantir unha máis doada adhesión de todos osactores ás propostas básicas de acción exterior que impulse a Administración galega, edeste xeito facilitar a superación da dispersión e gañar en converxencia e en incorpora-ción de máis políticas, de máis actores que hoxe ocupan posicións minoritarias ou desen-volven políticas descontextualizadas.

• Consulta e cooperación

Fomentar unha política de cooperación permanente con universidades e centrosde investigación en temas internacionais debe ser unha constante irrenunciable para do-tarnos do nivel de análise esixible para normalizar e avanzar plenamente a nosa acciónexterior e dotala do necesario rigor, nun proceso de avaliación continua, de diagnóstico ede axuste permanente ás nosas necesidades e aos cambios que se poidan producir noescenario internacional.

Así mesmo, esta liña de consulta e cooperación debe estenderse ás representa-cións consulares radicadas en Galicia, cultivando o contacto institucional.

Page 70: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

70

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

• Información

Cómpre explicar e difundir máis a acción exterior, dunha banda, atopando unha lin-guaxe común cos medios de comunicación; doutra, investindo en medios propios que deanconta da apertura de Galicia ao mundo. Ademais do valor político dunha estratexia informati-va adecuada, esta pode facilitar e incrementar o valor potencial de recursos galegos situadosno exterior, que, deste xeito, estarían máis en contacto con Galicia, o que suporía unha parti-cipación máis doada na consecución dos obxectivos comúns. A existencia dun Fondo Docu-mental que poida ser consultado por calquera actor a través dos medios electrónicos podefacilitar un maior aproveitamento de toda a información dispoñible.

A xestión da acción exterior

A complexidade e magnitude dos desafíos que implica o pulo dunha acción exte-rior adaptada ás nosas necesidades e potencialidades, xunto coa transcendencia do éxitodunha estratexia permanente que aposte pola efectiva internacionalización da economía eda sociedade galega no seu conxunto, aconsellan que o rango burocrático-administrativodesta política sexa do máximo rango admisible, cun soporte que o vincule directamenteaos niveis superiores de decisión da Xunta de Galicia. Os obxectivos da acción exteriorde Galicia poden clasificarse en dous grandes grupos: os que teñen un marco temático esen restricións xeográficas, e os que se dirixen a unha zona concreta do mundo.

Accións temáticasOs eixes principais da acción exterior de Galicia abranguen as seguintes materias:• Promoción do rexionalismo, o celtismo, o europeísmo e o universalismo.• Respaldo de iniciativas de carácter internacional organizadas por entes locais,

axentes sociais ou económicos de Galicia.• Apoio e estimulo para a internacionalización da empresa galega.• Desenvolvemento dunha maior cooperación científica, empresarial e tecnolóxica.• Mantemento dos vínculos e apoios aos Centros Galegos no exterior.• Promoción da cultura galega no exterior.• Difusión da realidade e a singularidade galegas no Mundo.• Asistencia e financiamento das accións de cooperación ao desenvolvemento

levadas a cabo por ONG galegas.• Axuda directa e inmediata en casos de crises humanitarias con medios propios

e prestando apoio e coordinación á axuda privada.

Prioridades xeográficasPara a área de Europa, as principais prioridades son:• A participación nas institucións da Unión Europea (Comité das Rexións, Comi-

tés da Comisión...), que supón gañar progresivamente espazos para dispoñer dunha pre-senza institucional máis directa.

Page 71: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

71

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

• A participación institucional no Consello de Europa (CPLRE, programasespecíficos...).

• A cooperación na área atlántica (Arco Atlántico) e, moi particularmente, no seodos pobos de ascendencia celta.

• A cooperación transfronteiriza con Portugal.• Os acordos de cooperación bilateral (Opole, Pays de la Loire, Bretagne, Piamonte).• O movemento rexionalista europeo (CRPM, ARE...).• A cooperación interrexional.Para o ámbito extraeuropeo, as prioridades son:• A cooperación interrexional con rexións situadas fóra do ámbito da Europa

Occidental.• Brasil e América latina en xeral, e en especial aqueles países que rexistran unha

presenza emigrante de significada relevancia.• EEUU, en atención á inmensa capacidade de consumo e a fortaleza xeral da súa

economía.• O mundo lusófono. Malia a súa diversidade, o factor cultural e lingüístico, her-

danza do pasado colonial portugués, favorece unha aproximación de Galicia que debe sercontemplada cunha atención xenerosa en materia de cooperación ao desenvolvemento,sólidos alicerces para nutrir estratexias de intercambio económico e comercial, tanto noámbito da pesca como, en xeral, do sector agroalimentario e outros.

• Asia-Pacífico, con especial atención ao mundo chinés (China e Taiwán, sobretodo), referencias clave para consolidar e ampliar a nosa presenza asiática.

En todos estes ámbitos debemos actuar guiados pola consecución dos seguintesobxectivos:

a) O afondamento das relacións políticas, a través de programas de visitas bilate-rais que inclúan, de ser o caso, a institucionalización de contactos periódicos e a oportunaconclusión de convenios ou acordos en sectores e temáticas de interese para Galicia, queestimulen o coñecemento mutuo. Para a dinamización destes convenios interesa apostarpor aquelas fórmulas (comisións, talleres de intercambio, transversabilización de mate-rias e de ámbitos xeográficos, implicación de terceiros) que permitan unha programaciónque defina horizontes concretos de actividades e de obxectivos.

b) O incremento do volume das nosas exportacións e da presenza exterior dasnosas empresas co fin de mellorar a nosa cota de mercado nas diferentes áreas, e o au-mento do número de empresas galegas que teñen presenza directa nas respectivas rexións.

c) O potenciamento da imaxe de Galicia mediante a celebración de eventos decarácter comercial e cultural, ofrecendo unha visión moderna e de desenvolvemento donoso país e das nosas empresas, salvagardando o mellor das nosas tradicións que ofrecenun reclamo turístico de primeira magnitude. Así mesmo, debemos facer rendibles as opor-tunidades que suscita o crecente dinamismo de estruturas e redes mundiais, nunha ten-dencia claramente ascendente por mor da complexidade da sociedade internacional con-temporánea, para facer de Galicia (e en especial de Santiago de Compostela) un lugar dereferencia para a celebración de encontros e reunións internacionais.

Page 72: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

72

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

d) A mellora da formación de expertos económicos e comerciais, así como acalidade e disposición da información dispoñible, quizais aínda dispersa en exceso, coobxecto de que os nosos axentes económicos e comerciais, así como os nosos represen-tantes institucionais e sociais a todos os niveis poidan aproveitar mellor e facer rendiblestodas as oportunidades.

e) O fortalecemento da cooperación ao desenvolvemento, moi especialmenteno ámbito da África lusófona. A atención á solidariedade na loita contra a pobreza eo subdesenvolvemento contribúe á vertebración dunha acción exterior que aspira aestablecer vencellos activos entre a nosa e outras sociedades, sólidos principios so-bre os que se poden desenvolver máis adiante ou en paralelo outras relacións e actua-cións de interese común.

Os medios de comunicación deben ser obxecto de especial atención. A nosa ple-na incorporación á sociedade da información esixe un esforzo engadido de localizacióndo exterior. Abordar o exterior significa algo máis que recoller nos medios a actividadeexterior da Administración; implica tamén unha chamada de atención sobre a importanciada produción propia, un termo que abarca a necesidade de atender ese exterior próximo,esas realidades políticas que, por diversas razóns, nos son máis próximas, países quepoden non estar tan presentes nos despachos informativos das grandes axencias pero que,por razóns autóctonas, nos interesan especialmente.

Políticas de formación

A formación do persoal vinculado ao desenvolvemento da acción exterior deGalicia debe ser obxecto de especial coidado en dous aspectos. En primeiro lugar, aformación en linguas estranxeiras, a través de cursos específicos (con distintos niveise graos de especialización) e estancias lingüísticas no exterior. En segundo lugar, aformación especializada para o persoal técnico, facilitando a asistencia e participa-ción en seminarios e xornadas especializadas nas súas áreas de responsabilidade,para que teñan a ocasión de actualizar permanentemente os seus coñecementos sobrea temática internacional.

Por outra banda, cómpre desenvolver unha xenerosa e ambiciosa política de bolsasque estimule a presenza de galegos naquelas instancias internacionais que máis interesen enGalicia, comezando pola conservación da cota de presenza de que actualmente gozamos e quese pode ver minorizada nos próximos anos por mor do seu proceso de renovación natural.

Igualmente, cómpre regulamentar un programa permanente que mellore as dota-cións materiais e persoais dos centros galegos de investigación internacional, cun progra-ma de bolsas para a realización de prácticas que abra expectativas para os novos licencia-dos interesados no tratamento profesional desta problemática, e medidas que posibilitena promoción e o desenvolvemento de contactos con centros de investigación dos paísesestratexicamente máis relevantes, así como a asistencia en materia de publicacións espe-cializadas, o intercambio de documentos de análise e maiores posibilidades para partici-par en seminarios e foros internacionais.

Page 73: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

73

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Capítulo VIIUnha alianza por Galicia no eido exterior

A acción exterior de Galicia persegue asegurar para a nosa comunidade unhaposición destacada nos mercados, as institucións internacionais, as redes de cooperacióncientífica e cultural, etc., que lle permitan evitar verse marxinada na “aldea global” eprogresar no novo contexto internacional. O perfil da nosa posición no mundo é parteintegrante dunha identidade, habitualmente analizada na súa dimensión interna, pero quesen esa visión exterior sería manifestamente incompleta.

Unha vez que os axentes sociais, os actores económicos e mais as forzas políti-cas do país asuman que o proceso de mundialización está aquí para ficar, cómpre impul-sar unha fase de diálogo para chantar os alicerces dunha verdadeira e xenuína políticapública da acción exterior, que converxa nunha unidade básica no tocante ao seu deseñoe execución. Tanto pola dimensión dos recursos humanos, organizativos e financeirosque pode dedicar Galicia a esa política pública, como pola amplitude do escenario ondeestán en xogo os nosos intereses, a priori non resulta verosímil barallar outras alternati-vas en termos de elemental eficiencia

Asemade, ese imperativo de unidade da acción política ten a súa carta de nature-za no que poderiamos denominar o mínimo raio de manobra na acción exterior. Non é sóque a idoneidade da análise e a posibilidade de execución das medidas prácticas propos-tas veñan acotío condicionadas polo feito de que os elementos e correntes externas, obxectode consideración, se comporten do xeito previsto, segundo un cadro a curto e medioprazo de vectores estables, senón que tamén a avaliación do balance das distintas inicia-tivas emprendidas decotío non poderá ser anual, nin sequera coincidente ás veces colapso propio dunha lexislatura. Este erro na consideración da unidade de medida tempo-ral aplicable á maduración das estratexias na política exterior adoita ser preterido, e debeser tomado especialmente en consideración.

De aí que a unidade de acción, tras a identificación concertada das liñas queconforman o mínimo común denominador da cerna de Galicia ad extra, sexa unhaferramenta de primeira orde. Se á consubstancial incerteza da escena internacional, ásúa difícil conceptualización e complexa medición nós lle engadimos o noso esfare-lamento sociopolítico e restrición de recursos e medios, dificilmente acadaremos osresultados apetecidos.

Na base desa proxección compartida está a convicción de que o futuro de Galiciavai depender, en boa medida, da súa capacidade para se dotar dun marco de operaciónsque a sitúe no complexo mundo actual a partir das súas propias potencialidades económi-cas e sociais. Internacionalización e universalismo son as dúas claves xerais que debenimpregnar e vertebrar as actuacións concretas que cómpre desenvolver en todos os eixes.

Se somos quen de abordar simultaneamente actuacións no ámbito político, eco-nómico, cultural ou social, co apoio pleno das diferentes forzas políticas (unha alianza

Page 74: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

74

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

por Galicia no eido exterior), estaremos en condicións de dar o salto cualitativo que Ga-licia e os galegos precisamos neste atribulado limiar dun novo século.

O Libro Branco da Acción Exterior de Galicia supón unha suma e diagnósticodas actuacións e as experiencias acumuladas ata hoxe, pero sobre todo quere adiantardúas consideracións. Primeira, que o exterior é hoxe moito máis que a suma das secunda-rias dimensións exteriores das políticas globais de cada un dos departamentos da Xuntade Galicia, dos partidos políticos, das confederacións de empresarios, das organizaciónssindicais, etc. Segunda, esa suma de individualizacións precisa dun salto cualitativo glo-balizador interno que soamente pode liderar a Administración galega para dotar de subs-tancia propia todo o que afecta á proxección exterior de Galicia, desenvolvida con plenalealdade ao marco institucional vixente.

As propostas que se avanzan, tanto no plano instrumental como estratéxico, po-den favorecer ese salto cualitativo, ese Impulso Exterior que arelamos e que esixe comocondición substantiva un compromiso de todos para beneficio de todos, un cambio dementalidade posible nun escenario no que abunda o pragmatismo e respecto ao cal, convontade, pode establecerse un acordo responsable e vertebrador, que transforme o exte-rior nun espazo de encontro no que se pode viabilizar unha aproximación de posiciónsentre as diferentes forzas políticas e defina un modelo de acción exterior estable.

Page 75: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

75

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

Apéndices

Relación de persoas que achegaron contribucións

Francisco Javier Álvarez BarbeitoJaime Barreiro GilFrancisco Carballo CarballoFernando Criado AlonsoAndrés Freire RodríguezAlberto García CerviñoXoán López FacalMarco López LópezSantiago F. López PonteBasilio Lourenço FondevilaRamón MaceirasEdmundo Moure RojasMario Moure RojasJesús A. Núñez VillaverdeGonzalo Parente RodríguezAntonio Carlos Pereira MenautFernando Pérez-SobaJosé Antonio Rico AdegaManuel Rodríguez ViqueiraPilar Romero RodríguezEnrique Sáez PonteFélix SoriaXavier Vence

Relación de entidades e persoas que tamén foron consultadas:

Directores das Oficinas rexionais de Bavaria, Escocia, País de Gales, Valonia enBruxelas; Fundación Galicia-Europa en Bruxelas; Eurodeputados galegos; Deputadosintegrantes da Comisión de Asuntos europeos do Parlamento galego; Responsables deexteriores e/ou emigración do Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e PartidoSocialista de Galicia-PSOE; Responsables de relacións internacionais de UGT, CCOO,CIG, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores; CoordinadoraGalega de Organizacións non Gobernamentais; Oficinas de Relacións Internacionais dasUniversidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela; Rector da UIMP en Galicia;Facultades de Xornalismo, Dereito e Ciencias Políticas da USC; Instituto Universitariode Estudos Europeos (Universidade de A Coruña); Responsables de Programa Erasmus;

Page 76: Libro Branco da Acción Exterior de Galiciamento. Aínda no século XVIII, o desenvolvemento da construción naval nos estaleiros de Ferrol responde a esas preocupacións. A fortuna

76

Libro Branco da Acción Exterior de Galicia

departamentos da Xunta de Galicia con proxección exterior (Pesca e Asuntos Marítimos,Economía e Facenda, Emigración, Política Agroalimentaria, Educación e OrdenaciónUniversitaria, Cultura, Comunicación Social e Turismo, Industria e Innovación); directo-res de Masters (dirección e xestión do comercio exterior, comercio electrónico, coopera-ción internacional e voluntariado, economía sectorial internacional, poboación e migra-cións, xestión de destinos e empresas turísticas, especialización en economía pesqueira,administración marítima e xestión portuaria, en estudos da UE, experto en dereito maríti-mo e xestión portuaria, experto en economía e calidade no sector turístico, experto enservizos telemáticos e internet, en organización e dirección turística); Lectorados de gale-go existentes nas universidades estranxeiras; Bolseiros do Igape no exterior; Directoresde revistas e publicacións (Tempos Novos, A Nosa Terra, Análise Empresarial, ECO,Grial); Eixo Atlántico; Prensa escrita (La Voz, El Progreso, El Correo Gallego, GaliciaHoxe, Faro de Vigo, La Opinión, La Región Internacional, Galicia en el Mundo, El IdealGallego); Ponencia de Cultura Galega no exterior do Consello da Cultura Galega; RealAcademia Galega; Institucións culturais, científicas e sociais (Instituto de Estudos Políti-cos e Sociais, IDEGA, ILGA, Fundación CaixaGalicia, Fundación Pedro Barrié de laMaza, Fundación Alfredo Brañas, Fundación Luís Tilve, Fundación Galiza Sempre, Fun-dación 10 de Marzo, Alén Nós, IGACI, Aula Castelao de Filosofía, Pen Clube de Galicia,AELG, Asociación Galega de Editores, Fundación Premios da Crítica de Galicia); Cáma-ras de Comercio de Galicia; Confederación de Empresarios de Galicia; Colexios profe-sionais (enxeñeiros industriais, economistas e avogados); Consorcio da Zona Franca deVigo; Delegación ICEX en Galicia; Empresas (grupo Cafersa, grupo Inditex, grupo No-gar, Marcelino Martínez, Ence, Albino Campos, entre outras); entidades financeiras gale-gas (Caixanova, Caixagalicia, Banco Pastor); IFEVI, Fexdega, Semana Verde de Galicia;Autoridades Portuarias; Clubs financeiros de Vigo e Atlántico; Diplomáticos (Lois To-bío, Camilo Barcia García-Villamil, Raúl Morodo); Corpo consular radicado en Galicia;Consello Consultivo da Fundación Galicia-Europa; Consello Asesor do IGADI (InstitutoGalego de Análise e Documentación Internacional).

Os autores queren deixar expresa constancia do seu agradecemento sinceropara con todos aqueles que contribuíron ao enriquecemento e realización do presente

libro. Naturalmente, o texto resultante é responsabilidade exclusiva dos autores.