letras%20galegas%202009

1
3ª.SEMANA CULTURAL LETRAS GALEGAS 2009 C.E.I.P. ELADIA MARIÑO CABANAS Ramón Piñeiro Galeguista, filósofo e activista político-cultural Naceu en Armeá - Láncara (Lugo) en 1915 Estuda o bacharelato en Lugo e despois regresa a Armeá, onde permanece ata 1930. A lectura de El Pueblo Gallego esperta nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia. En 1932 regresa a Lugo e se relaciona con xoves galeguistas lucenses. En 1933 asiste ás Asembleas do Partido Galleguista, celebradas en Santiago e coñece a Castelao, Alexandre Bóveda e outros. En 1936 é elixido secretario do Comité Provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía. Co comezo da guerra civil presentáronse varias denuncias contra el, pero o azar e a axuda dalgunhas persoas fixeron que non fose detido. Logo incorporouse a filas. Acabada a Guerra, comeza os seus estudos universitarios en Santiago. En 1943 participa clandestinamente na reorganización do galeguismo e viaxa a París, onde permanece exiliado o goberno republicano. Ó volver de París é detido en Madrid e condenado a 6 anos de cárcere. En 1950 fundou en Santiago a editorial Galaxia da que Ramón Piñeiro sería o director. En 1967 ingresa na Real Academia Gallega co importante discurso "A lingoaxe i as lingoas". En 1983 convértese no primeiro Presidente da Cultura Galega. Nos anos 50 publica varios ensaios, como "Significado metafísico da Saudade" (1951), "A saudade en Rosalía" (1952), "Para unha filosofía de saudade" (1953). Invitado por diversas universidades participa en congresos, coloquios e conferencias. En 1984, estas obras foron integradas con "A Filosofía e o Home" e "Saudade e Sociedade" nun só volume baixo o título "A Filosofía da Saudade". En 1951 traduce ó galego con Celestino Fernández de la Vega, o "Cancioneiro da Poesía Céltica" de Julius Pokorny. A luz eléctrica. No comedor había unha luz colgada do teito que non era un candil nin unha vela, as dúas luces que eu coñecía.Como eu a ollaba , explicáronme que era luz eléctrica, que non se acendía con lume e non se apagaba soprando.Foi para min unha grande sorpresa, e permitíronme comprobar esas características acendendo e apagando eu mesmo coa chave que estaba a carón da porta. Ramón Piñeiro, Da miña ardanza.Ed.Galaxia

Upload: teresa-neira

Post on 10-Aug-2015

198 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Letras%20galegas%202009

3ª.SEMANA CULTURALLETRAS GALEGAS

2009

C.E.I.P.ELADIA MARIÑO

CABANAS

Ramón PiñeiroGaleguista, filósofo e activista político-culturalNaceu en Armeá - Láncara (Lugo) en 1915 Estuda o bacharelato en Lugo e despois regresa a Armeá, onde permanece ata 1930. A lectura de El Pueblo Gallego esperta nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia. En 1932 regresa a Lugo e se relaciona con xoves galeguistas lucenses. En 1933 asiste ás Asembleas do Partido Galleguista, celebradas en Santiago e coñece a Castelao, Alexandre Bóveda e outros. En 1936 é elixido secretario do Comité Provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía. Co comezo da guerra civil presentáronse varias denuncias contra el, pero o azar e a axuda dalgunhas persoas fixeron que non fose detido. Logo incorporouse a filas. Acabada a Guerra, comeza os seus estudos universitarios en Santiago. En 1943 participa clandestinamente na reorganización do galeguismo e viaxa a París, onde permanece exiliado o goberno republicano. Ó volver de París é detido en Madrid e condenado a 6 anos de cárcere. En 1950 fundou en Santiago a editorial Galaxia da que Ramón Piñeiro sería o director. En 1967 ingresa na Real Academia Gallega co importante discurso "A lingoaxe i as lingoas". En 1983 convértese no primeiro Presidente da Cultura Galega.Nos anos 50 publica varios ensaios, como "Significado metafísico da Saudade" (1951), "A saudade en Rosalía" (1952), "Para unha filosofía de saudade" (1953). Invitado por diversas universidades participa en congresos, coloquios e conferencias. En 1984, estas obras foron integradas con "A Filosofía e o Home" e "Saudade e Sociedade" nun só volume baixo o título "A Filosofía da Saudade". En 1951 traduce ó galego con Celestino Fernández de la Vega, o "Cancioneiro da Poesía Céltica" de Julius Pokorny.

A luz eléctrica.

No comedor había unha luz colgada do teito que

non era un candil nin unha vela, as dúas luces

que eu coñecía.Como eu a ollaba , explicáronme

que era luz eléctrica, que non se acendía con

lume e non se apagaba soprando.Foi para min

unha grande sorpresa, e permitíronme comprobar

esas características acendendo e apagando eu

mesmo coa chave que estaba a carón da porta.

Ramón Piñeiro, Da miña ardanza.Ed.Galaxia