letras galegas2008 sfx
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Letras galegas 2008
Xosé María Álvarez BlázquezBiblioteca CEIP San Francisco Xabier
Naceu en Tui, nunha familia numerosa, era o terceiro de seis irmáns. Seu pai, médico de profesión foi fusilado ao comezo da guerra e el mesmo estivo suspendido de emprego e soldo.
Casou con María Luísa Cáccamo e foron pais de seis fillos. A súa filla maior, María Luísa de nome pero chamada por todos Colorín, inspiroulle un fermoso libro de poemas.
Foi mestre, poeta, editor, membro da Academia Galega, xornalista, crítico literario... un home polifacético que deixou unha enorme pegada na cultura de Galicia.
Le con atención estes feitos da biografía de Álvarez Blázquez e sitúa o ano en que aconteceron
Nace en Tui un 4 de febreiro.
Escribe os seus primeiros poemas en galego.
Casa con María Luísa Cáccamo Frieben o 10 de decembro
O 12 de marzo morre a súa filla Colorín, a quen dedicará o seu libro "Roseira do teu mencer"
Morre o día 2 de marzo.
O 30 de xuño a Academia Galega decide dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2008
2007 19851970 1946
19281915
Hai moitos anos naceu en Vigo unha nena que non tiña nome. Os seus pais, que andaban a rir, ao vela tan colorada de alegría e cos ollos azuis como auga dunha fonte, souberon que se chamaba Colorín. E así a chamaron sempre os seus pais, os seus irmáns e os seus amigos.
Cando a nena tiña un ano, o pai escribiu este libro para contar como chegara Colorín voando co vento.
... de súpeto, entrou por debaixo da porta un arrecendo de rosas. Era Colorín, que viña de non se sabe. Acababa de nacer.
Xosé María Álvarez Cáccamo ( fillo do poeta e irmán de Colorín)
Autor
Ilustrador
Editorial
Colección
Xerais
Manolo Uhía
Merlín
Xosé María Álvarez Blázquez
Título
Roseira do teu mencer
RELACIONA ESTES DATOS DO LIBRO
Era un airiño suaveque se ergueu pola mañáne viña de non se sabe.
Era un recendo de ..........................da roseira de ningures,que se meteu pola ..........................
Era unha cantiga ledaque nacía non sei ondee petaba na .....................................
Era unha gracia sutilque baixaba das .........................
Eras ti!
Este é o primeiro poema do seu libro "Roseira do teu mencer". Complétao coas imaxes. Se o queres escoitar cantado preme aquí.
Imos agora a copiar a Xosé María Álvarez Blázquez inventando estrofas semellantes:
Era unha ................... núaque soñaba cos seus froitose durmía baixo a .................
Era un ..................... amareloque brillaba no horizontee quentaba o .................. enteiro.
Era un .................. de coresque voaba baixo as nubese se pousaba nas ......................
Maruxiña voa, voa,que eí che vén o cuco-reie non fala cousa boaco bico de mala lei.Voa, maruxiña,e tórnate axiña.Maruxiña voa, voa,que eí che vén o ferreiriñoe se estás coma unha estoavaiche levar pra o seu niño.Que xa me pesa na mana túa carga levián!
Voa maruxiña,e tórnate axiña,que xa me pesa na mana túa carga levián.
Maruxiña voa, voa,que eí che vén o verderolenfeitado coa coroado circo roxo do sol.
Voa maruxiña,e tórnate axiña.
Maruxiña voa, voa,que eí che vén o papafigocunha carga de boroae unha presa de pantrigo.
Que xa me pesa na mana túa carga levián.
Imos ler esta poesía entre todos e todas. Todo o grupo lerá os versos en azul e un neno ou nena lera os versos en vermello.
Pon xunto a cada animal o seu nome:
formiga
vagalume
abella
caracol
escarabellobolboreta
arañamosca
xoaniña
cempés
Imos ao campo, isca da cama,que a mañán nova fóra nos chamacos asubíos, dende moi cedodos estorniños no abeledo.
Imos ao campo, miña pequena,que a mañanciña xa nos acenacoas mans lixeiras dos ameneirosque andan á roda polos regueiros
E agora un poema para saudar ao día...
Coloca cada froito xunto á árbore que o dá
castiñeiro
limoeiro
pexegueiro
maciñeira
pereira
plataneiro
abeleira
nogueira
cerdeira
amendoeira
figueira
plataneiro
Un conxunto de...figueiras é un ...
laranxeiras é un ...
limoeiros é un ...
maceiras é un ...
palmeiras é un ...
castiñeiros é un ...
abeleiras é un ...
amendoeiras é un ...
bidueiros é un ...
ameneiros é un ...
figueiral
laranxal
limoeiral
pomar
palmeiral
soutoabelanedo
amendoal
bidueiral
amieiral
A este poema escapáronlle algunhas palabras. A ver se podemos poñelas no seu sitio.
Ti e mais eu, miña ......................,andamos a brincarás ................... na praiae aos ................... no mar.
As casas son de ..................,os barcos de ........................,e ti e mais eu seremosfeitos de nacre inxel.
...
Que ............. é, miña nena,traballar para res,facer .............. de cunchase ................... de papel.
nena
casas
cunchapapel
ledocasiñas
barcas
navíos
No rego do pradocanta a cotovía-paxariño amadoque che ben quería-.
No ramo frolidoo merlo a cantar-paxaro belidopara o teu ollar-.
No verde loureirotroba o reiseñor-paxaro lixeiropara o teu amor-.
Busca nesta sopa de letras o nome de oito paxaros
C A Ñ IR O DN A X
L O O PH M OP C O
D L T SA p IE V L
V E M OC M IG A P
R O P UV C SA A O
A O P OM I RU L M
D O P NS E AS O B
P A R DA L SA L A
P I O OU C SA R B
R O Ñ ES I ER E B
S G A IV O TA M M
C N M IO B DA C E
PARDAL PEGAPOMBA
ANDORIÑA
MERLO REISEÑOR GAIVOTACOTOVÍA
Es capaz de relacionar agora cada paxaro co seu nome?
COTOVÍA
MERLO
GAIVOTA
ANDORIÑA
POMBA
REISEÑOR
PARDAL
PEGA
O año pitañovai no paraño.A cabuxa luxamarchou onda a bruxa.O gato cegatofuxiu ao buraco.
O coello velloanda no cortello.O galo ralorubiuse no valo,e a galiña tiñaestá na cociña.
Anda, neniña,déixaos estar,e imos brincarcas cunchas do mar.
Coloca cada animal xunto á súa definición
Mamífero de pelo espeso, xeralmente gris, orellas longas e patas posteriores máis longas cá anteriores.
Mamífero carniceiro, de cabeza redonda, lingua áspera e patas curtas.
Mamífero rumiante moi áxil e con cornos enroscados cara atrás.
Ave con cabeza adornada cunha crista de cor vermella.
Femia do galo
Mamífero rumiante que nos dá la e carne.
O pitañovai no paraño.
O velloanda no cortello.
A luxamarchou onda a bruxa
O ralorubiuse no valo.
Se lembras o poema anterior, daraste conta de que os animais están mal colocados. Ponos no seu sitio.
A tiñaestá na cociña.
O cegatofuxiu ao burato.
...
Un barco por cada anceio,un barco que corre e voacoma un paxariño ledo.
Deixa o barco navegarque hoxe che vai traguerun peixiño de cristal
ADIVIÑA, ADIVIÑANZA
Viaxan nun bancoe non se sentan.Non teñen cu e teñen rabo.
Textos de Gloria Sánchez
Se vai á festacórtanlle os brazose cómeno en anacos.
Neno dos mares,brincando, xogando;golfiño che din.Que mal lles fas ti?
Polo mar,cabalo crecho;o rabo preso,rebirichado.Fuciño agudode trompeteiropasea engordecabalnadando.
Anda polos mares fríos,non é peixe nin navío.Ten chafariznon é fonte.Canta cancións de amorque se oen desde lonxe
123456
Completa coas palabras definidas e sairache na diagonal unha palabra do título do libro de poemas de Álvarez Blázquez
2. Río pequeno.
1. Verme que vive en terreos húmidos; utilízase para pescar.
3. Día da semana posterior ao luns.
5. Montaña que bota lume
4. Mananciais de auga que brotan da terra.
6. Mover o corpo ao son da música.
Polo laranxaltres avelaíñas andan a voar.unha, dúas, tres,de présa que voan, vense e non se ven.
Polo laranxaltres avelaíñas andan a chuchar.
Polo frío ...............................tres .................................. andan a .......................Unha, dúas, tres,de présa que .........................., vense e non se ven.
Polo frío ......................tres .................................. andan a ..........................
Atreveste a completar este poema?
Polo verde ............................tres ....................... andan a .......................Unha, dúas, tres,tres ........................ vense e non se ven.Polo verde ..................tres ...................... andan a ..........................
E ESTES?
Polo ....................tres ............... andan a ..................Unha, dúas, tres,tres ................ vense e non se ven.Polo ....................tres ................. andan a ...................
Arco da vellavaite de aíque as nenas bonitasnon son para ti
Forma a segunda e a terceira estrofa deste poema cos versos escritos en negro.
Arco da vellavaite de aíque as nenas bonitasnon son para ti.
.................................
........................
.................................
........................
.................................
.........................
.................................
.........................
.................................
..........................
.................................
..........................
.................................
..........................
.................................
..........................
Ai, miña neniña, nena,non se vai o arco da vella!
Fuxe chuvia, fuxe sol,
fuxe roda de color
que a neniña quer brincar
coas areas do areal.
Vaite néboa, vaite vento,vaite cara de mal tempo
que a neniña quer correr
polas areas do ler.
Á frol, á frol...!Imos apañaras bágoas do sol.
Andar, andar!Todos a coller a luz do luar.
Sorrir, sorrir!Todos a xuntar...................................Soñar, soñar!
Imos recoller..................................
Onde colocarías os versos escritos en negro?
a chuvia de abrilas ondas do
mar
lúas de papel
Correr, correr!Imos a pintar...............................
Ao sol, ao sol!Todos a gardar..................................
a luz do solpor
Ordena agora estes versos e formas estrofas semellantes ás anteriores:
Cala. cala!
Imos a pisar
a area da praiaMira,
mira!
Imos a pintar
as casas da vila
Abril, abril!
Imos a plantar
flores no xardín
Volver, volver!
Imos a mirar
a luz do mencer
Unha fermosa cantiga de berce para a súa nena que di así
Anda, neniña,pequerrechiña,durme, que xa durmen os años na curtiña.Dúrmete axiña...Se non te durmes, vén o morcegomanto de crego,vén a curuxacara de bruxa,vén o vencellopernas de vello...
Imos agora a continuar inventando pareados a esta cantiga de berce
Se non te durmes, vén a
..............................................................................,
vén o
...............................................................................,
vén a
...............................................................................,
vén o
................................................................................,
vén a
................................................................................
E agora a escoitar e cantar un poema de Álvarez Blázquez "Romance do pescador-peleriño" musicado por Suso Bahamonde.
Para escoitalo preme no barco
Andivo todos os maresbaixo o corazón da vela.Mariñeiro era por galados mariñeiros da terra,pescador nas outas augasonde aboian as estrelas,atal que brancas alfoiaspara enfeitar as sereas.El navegar, navegabaunha dorna mariñeira;nos ollos sempre un relanzode escumas cantaroleiras¡Ai Dios Santo!-no corazón unha arela.
( El gobernar, gobernabaunha dorna mariñeira.)
Ninguén escoitou a voce,acolá na noite pecha,co mar bruando arredorladaíñas agorentas:-¡Líbrame, Señor Sant-Yago,pescador da Galilea;meu Sant-Yago naveganteen branca dorna de pedra!Si me librares, Señor,irei verte a Compostela,descalciño dos dous pés,no meu peito unha vieira.
Escoitar, ben escoitaraSant-Yago feito de pedra.Vel ahí vai o peleriñopolas valgadas da terra;sobor das cangadas costasa crus de remos lle beila.Nos ollos sempre un relanzode escumas cantaroleiras;no corazón ¡ai Dios Santo!-no corazón unha vela.