lendas

7

Click here to load reader

Upload: bibliobece

Post on 18-Jul-2015

346 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lendas

Traballo realizado polo alumnado de 1º da ESO

EDNL DO ISE DE BECERREÁ

INDICE:

LENDA DE SAA.

A TORRE DE DONCOS

A MULLER LOBO

O SANTO MILAGRE DO CEBREIRO

AS PONTES DO GATÍN

O TESOURO DA ACPELA DE SAN LOURENZO

LENDAS

Page 2: Lendas

LENDA DE SAA

Érase unha vez u rapaz moi presumido que sempre andaba detrás

das rapazas guapas.Un día, levou o gandoao monte de Saa,alé apareceulle unha

rapariga moi fermosa ela facíalle sinais para que a seguise, el. sen

dudalo botou a correr detrás da rapaza. Correu e correu ata

chegar a un pozo moi fondo, a rapaza tirouse, e berroulle para que el se tirase, e alí foi, o rapaz morreu alí afogado, e a rapaza que

non era tal quitou o seu disfraz e resultou que era un trasgo

Martín Núñez Vázquez 1 E.S.O.

Page 3: Lendas

A TORRE DE DONCOS

A torre de Doncos tamén é coñecida como Castelo da Anca . Pola lenda

seguinte :

Durante a Reconquista , un dos 13 cabaleiros que estaban para

defender os peregrinos que ían a Santiago de Compostela , viu como

unha parella de cristiáns era atacada por un grupo de sarracenos e como

un deles tomaba prisioneira á muller , e con ela montada na anca do seu

cabalo tentou fuxir .

Pero cando o sarraceno xa ía ser atrapado polos cabaleiros , desenvainou

a súa alfaxe e dun tallo desgazou á moza para que ninguén gozase da

súa beleza , quedando o seu cabalo branco tinguido de sangue .

Outra lenda di : que cando habitaban no castelo os mouros unha moza

que coidaba dos porcos a carón do río Navia desapareceu todo o pobo a

buscaba ; chamando por :ISABELIÑA!!!!!!!!!!! ISABELIÑA!!!!! O que os

mouros contestaron : ISABELIÑA ,ISABELÓN DERRETIDA EN ACEITÓN

.E nunca máis apareceu.

MARÍA FIALLEGA PÉREZ 1º da ESO

Page 4: Lendas

A MULLER-LOBO

Había hai moitos anos en Castela, un pai que tiña moitas fillas, unha das cales comía moita carne, canta máis

lle daban máis comía. E un día o pai díxolle: -Inda vaias comer carne cos lobos o monte. Foi palabra maldita,

xa que aquela mesma noite desapareceu sen saberse que fora dela. Segundo se soubo despos fuxíu da casa

paterna e envorcallouse na area, volvéndose unha fada que unhas veces andaba de lobo e outras de muller.

Foi desandando desandando ata que chegou ó Cebreiro e ás canellas de Agras de Tosende. Por estes montes

andou moito tempo de capitana dos lobos, causando estragos na facendo e na xente (isto cando estaba

transformada en lobo). O paradoiro era no monte do Cebreiro. Cando estaba de muller acendía o lume e

xuntábanse os lobos de arredor dela, e non lles deixaba facer mal ningún a ninguén.

E unha vez que viñan os do Sal de Portugal, cando o sal estaba estancado, os lobos quixéronse botar a eles

para os comer e ela detívoos decíndolles:

-Quietos, deixádeos pasar.

Así andou moito tempo ata que lle levantaron a fada. Adoitaba ela ir comer fariña a un muíño e unha vez

cadroulle de estar o amo dentro e quíxose meter por baixo da porta coma sempre, e ó meter unha pata, viuna

o muiñeiro e cunha navalla quíxolle cortar unha perna e ó empezar a cortar, foi e meteu un berro,

volvéndose unha muller.

Así que se viu muller, tratou de ir para a súa casa preguntando de pobo en pobo ata atopala, tratándoa con

moito agarimo seus irmáns e seu pai.

Para o verán foron os de Tosende á sega a Castela e foron segar á vasa da tal, entón esta preguntoulle de

onde eran e eles dixéronlle que de Tosende e de Aguis:

-Pois esas terras coñézollas eu ben e coñezo o Cebreiro e as canellas de Agra, pois tiven que andar por alí de

fada e fixen moitos estragos por ningún tiven tanta pena como por un rapaz que comín, eu estábao

despedazando e el rindo cara mín.

Ó oír esto os segadores colleron tal medo que deron volta correndo para a súa terra, mal feito pois a fada

volveu detrás deles, acabando co benestar que producira a súa desaparición.Paula Álvarez García

Page 5: Lendas

O Santo Milagre do Cebreiro

Conta a lenda que no Cebreiro vivía un crego que non tiña moita fe no sacramento da Eucaristía.

Había un veciño da parroquia que vivía a unha media legua do Cebreiro e era tan devoto que por ninguna

cousa, nin aínda polas tormentas e nevadas máis fortes, deixaba de chegarse alí para oír a misa.

Un domingo de inverno, día de grandes ventos e nevadas, estaba o crego celebrando a misa sen ningún

feligrés polo mal tempo que facía. Tiña xa consagrada a hostia e o cáliz, cando oíu que algén entraba na

igrexa. O crego mirou con sorpresa ao devoto feligrés e pensou:

-Pobre home, vir con este tempo desde tan lonxe só para postrarse ante un pouco de pan e viño!

Pero nese intre, o crego sentiu un estremecemento, e viu como o pan se convertía en carne e o viño do

cáliz en sangue. Caeu de xeonllos ao pé do altar e desplomouse morto.

As reliquias deste milagre consérvanse en dúas ampolas de vidrio e prata na igrexa do Cebreiro.

Marcos Montaña

1º ESO

Page 6: Lendas

Gabriela Rodríguez Díaz nº 26 - 1º ESO

As pontes de Gatín

Hai moito tempo vivía na beira esquerda do río Navia un mozo que era noivo dunha moza

que vivía na beira dereita.O mozo tiña que cruzar todos os días o río nunha pequeña barca

para ir ver á súa noiva,e volver cruzalo outra vez para regresar á súa aldea

Un día de moita enchenta, cando o mozo ía remando polo río, apareceu o demo e díxolle:

-Eu podería facer unha ponte nunha soa noite.

O mozo seguiu remando e non lle fixo caso.

-Non terías que pasar máis traballos para cruzar o río .A cambio só terás que darme o

primeiro ser vivo que naza na casa despois da túa voda.

Como aquilo parecía imposible, o home aceptou o pacto co demo.Á mañá seguinte

apareceu feita unha ponte.O mozo e a moza casaron, e non se acordaron do demo ata que a

moza quedou preñada.Que disgusto había! Segundo o pacto co demo, o que nacera

primeiro era del!

Pero como o demo fai e Deus desfai ,naceu unha camada de gatos.O home meteu un nun

saco, levoullo e díxolle:

-Veño cumprir o pacto, este é o ser vivo que naceu primeiro.

Abriu o saco e saíu del un gatín pequeño, que ao ver o feo que era o demo, asustouse e saíu

correndo.

Page 7: Lendas

Javier Cadenas Díaz.

-O tesouro da capela de San Lourenzo-

Aló polo ano 1900 andaban uns homes da Lagúa, entre eles o señor Manuel de

Lombardía, cavando no monte de Penamaior. Cando chovía ían abrigarse a capela de

San Lourenzo de Degolada, no concello de Baleira (Lugo), que estaba alí cerca. Un día

o señor Manuel petou coa aixada na soleira da porta da capela e como resoara moito,

díxolles aos compañeiros que alí debaixo debía haber un tesouro e que ía arrincar a

soleira. Os outros non lle deixaron arrincala porque tiveron medo a que os castigase

San Lourenzo. Ao outro día pasou por Campo de Árbol un señor francés nun cabalo

branco, e pregutoulles a uns nenos pequenos que estaban coas ovellas, pola capela

de San Lourenzo, dicindo que tiña que ir alí cumprir unha ofrenda. Deulles unhas

perras aos nenos para que fosen ao Cereixal comprar unha bola. Mentres os

pequenos foron polo pan, foise él, e arrincou a soleira da porta da capela, de alí sacou

un barril cheo de ouro.

Cando os homes da Lagúa foron ao outro día polas aixadas, que as deixaran

dentro da capela, encontraron a soleira levantada, e por alí tiradas as táboas do barril.

Aquel día non cavaron nada pensando que tiveran o tesouro na man e que o deixaron

escapar tontamente por medo ao San Lourenzo.

-FIN-