lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

of 16 /16
23 de abril de 2014 Día do Libro

Upload: marlou

Post on 23-Jun-2015

615 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

23 de abril de 2014Día do Libro

Page 2: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

• “Todas as historias se tecen cos fíos da vida”

Agustín Fernández Paz

Page 3: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

Os ríos da vidaDin que todas as persoas

necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas.

Agustín Fernández Paz

Page 4: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pausóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo….

Agustín Fernández Paz

Page 5: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

Abrir un libro é deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes… Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir.

Agustín Fernández Paz

Page 6: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

ABRE OS LIBROS e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas. Déixate arrastrar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes. Non esquezas nunca o abraio que experimentamos nos anos da infancia, cando se nos revela a dimensión máxica que teñen as palabras e descubrimos que as páxinas dos libros poden conter o mundo enteiro.

Agustín Fernández Paz

Page 7: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar.

Page 8: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.

Agustín Fernández Paz

Page 9: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

O libroA fiestra aberta ao ar

vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser… O libro!

Paco Martín

Page 10: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

Só un libroNon sei que facer.Miña irmá regaloume un

libro.Un libro.Entre todos os agasallos

que puido escoller, escolleu este.

Un libro.Por que?Que lle fixen eu?Miroo e remíroo.Sacúdoo, a ver se ten algo

entre as follas, ademais de letras e debuxos.

Nada.É só un libro.

Page 11: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

Vouno abrir.Teño curiosidade por saber

que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.

Vaia!Non está nada mal.Empézame a caer simpático.Tan caladiño, gardando a

súa historia coma quen garda un segredo.

Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.

Era xusto o que eu quería.Un libro.Este libro.

Paula Carballeira

Page 12: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

O lugar da lecturaUnha illa de luz na xema dos dedos.Unha porta sempre entreaberta.Unha duna cara ao vento.Unha nube sobre a herba.Unha casa encantada.

Page 13: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

O lugar da lectura

Unha laranxa do paraísoUnha pousada no inferno.Unha man e unha fouce.Unha carapucha vermella.Unha bufanda colorada.Unha alfombra no ceo.

Page 14: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

A pulga e o xigante.

A rosa e o cravo.

A serpe e a mazá.

A fonte e o cervo.

A flor da candea.

Page 15: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

A fenda do espello

A lúa na boca.

A tona do tempo

A pedra e o canto.

A voz e o silencio.

Carlos Negro

Page 16: Lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)

FONTES

•IMAXES: cadros de Leandro Lamas•TEXTOS: citas de

–Agustín Fernández Paz, –Paco Martín, –Paula Carballeira,–Carlos Negro