lecturas 25 n 2015. cpi as revoltas

2
Lecturas pola igualdade Sés, Admirando a condición. Neste disco podedes escoitar a canción tulada Non son fada”, que fala sobre a reivindicación da muller do seu propio papel na sociedade. Guadi Galego, Lúas de outubro e agosto Neste novo traballo discográfico de Guadi Galego inclúese a canción Matriarcas”, onde fala da importancia da muller na sociedade actual. RECURSOS EN LIÑA Educa Tolerancia: [hp://www.educatolerancia.com/index.php? opon=com_content&view=secon&id=50&layout=blo g&Itemid=59 ] Material para pais e nais, guías de linguaxe non sexista, xogos, fichas de filmes, prevención da violencia de xénero, coeducación, historia das mulleres en diferentes áreas etc. Compilación de recursos feito pola mestra Mª Asunción García Álvarez: [hps://sites.google.com/site/recursosviolenciadexener o/] Inclúe enlaces a unidades didáccas, literatura, librarías especializadas, blogs, documentais, filmes, vídeos, música e cartaces. 25 de novembro de 2015 Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres BIBLIOTECA CPI ‘AS REVOLTAS’ CABANA DE BERGANTIÑOS IGUALDADE RESPECTO Seminario Permanente de Educación para a Igualdade: Phisax, habitante da igualdade Cómic que traballa a educación para a igualdade entre mulleres e homes. BANDA DESEÑADA MÚSICA OUTRAS RECOMENDACIÓNS...

Upload: bibliotecarevoltas

Post on 08-Jan-2017

457 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas

Lecturas pola igualdade

Sés, Admirando a condición.

Neste disco podedes escoitar a canción titulada “Non son fada”, que fala sobre a reivindicación da muller do seu propio papel na sociedade.

Guadi Galego, Lúas de outubro e agosto

Neste novo traballo discográfico de Guadi Galego inclúese a canción “Matriarcas”, onde fala da importancia da muller na sociedade actual.

RECURSOS EN LIÑA

Educa Tolerancia: [http://www.educatolerancia.com/index.php?

option=com_content&view=section&id=50&layout=blo

g&Itemid=59 ]

Material para pais e nais, guías de linguaxe non sexista, xogos, fichas de filmes, prevención da violencia de xénero, coeducación, historia das

mulleres en diferentes áreas etc. Compilación de recursos feito pola

mestra Mª Asunción García Álvarez: [https://sites.google.com/site/recursosviolenciadexener

o/]

Inclúe enlaces a unidades didácticas, literatura, librarías especializadas, blogs, documentais, filmes, vídeos, música e cartaces.

25 de novembro de 2015

Día internacional para a eliminación

da violencia contra as mulleres

BIBLIOTECA CPI ‘AS REVOLTAS’

CABANA DE BERGANTIÑOS

IGUALDADE

RESPECTO

Seminario Permanente de Educación para a

Igualdade: Phisax, habitante da igualdade

Cómic que traballa a educación para a igualdade entre mulleres e homes.

BANDA DESEÑADA MÚSICA

OUTRAS RECOMENDACIÓNS...

Page 2: Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas

Rodríguez, Paloma & Justo, Cristina: O segredo

de Flora. Ed. Embora

Flora ten un segredo fantásti-co: unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir en-fados nin ganas de pegar. Este conto explica que a violencia é intolerable en todas as súas manifestacións. Rodríguez, Paloma & Justo, Cristina: O país

dos mandóns. Ed. Embora

No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou tra-ballen fóra da casa. O cam-bio desas normas tan inxus-tas para crear un novo país da igualdade conmemórase o 25 de novembro.

Rodríguez, Paloma & Justo, Cristina: Iriña Bai-

larina. Ed. Embora

Iriña Bailarina era unha bailarina que vivía na máis fermosa caixa de música, pero estaba preo-cupada: non podía saír dela…

Turín, Adela & Bosnia, Nella: Artur e Clemen-

tina

É unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na socie-dade, combate os estereotipos se-xistas e denuncia a discriminación. Historias de princesas que queren deixar de selo e comportarse como nenas.

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA

2º E 3º CICLO DE PRIMARIA

Dahl, Roald: Matilda. Ed. Alfaguara

Mathilda Wormwood é unha nena moi intelixen-te, pero aos seus pais élles indiferente. Cando co-meza no colexio, a directora tampouco aprecia o seu talento, e Matilda vai desenvolvendo o poder da telequinese para se vingar…

Hinrichs, Meike: A viaxe de Cora. Ed. Tirami-

llas

Tiña o pelo rebelde coma ela mesma. Un día tivo unha experiencia terrible e a alegría desapareceu da súa vida. Entón Cora emprendeu unha viaxe buscando respostas …

Malaval, Françoise: La princesa Laca en la le-

jana Birmania. Ed. Proteus

A filla dun humilde artesán decora con tanta fer-mosura os obxectos lacados, que o rei ordena á moza traballar para el en exclusiva. Ela cumpre co encargo, pero en todas as súas obras aparece o mesmo tema: o sufrimento dun pobo esmagado pola lei dun tirano...

López Salamero, Nunila & Cameros Sierra, My-

riam: La cenicienta que no quería comer per-

dices. Ed. Planeta

Móstranos a situación de mulleres que un día descobren que a súa vida non é o prometido conto de fadas que creron. Na obra reinvéntase o conto clásico da Cincenta cunha protagonista vexetariana e rebelde. Carreiro, Pepe: A muller na historia. Ed. A

Nosa Terra

O creador dos Bolechas ofrécenos as inxustizas vividas polas mulleres a tra-vés da historia e como se conseguiron os dereitos actuais.

EDUCACIÓN SECUNDARIA

Lourenzo González, M.: Flor de area. Ed. Xe-

rais.

Historia dunha moza iraquí que, desti-nada a ser a doce esposa dun persoeiro principal, se atreveu a rachar coa iner-cia para exercer de muller, de nai, de traballadora, de amante, de patriota...

McPherson, Ann: O diario da outra maniáti-

ca. Ed. Xerais

Susie, de 16 anos, escribe no seu diario sobre o sexo, a SIDA, o aborto,... sempre dun xeito ameno, claro, formativo e actualizado, sen tabús. Lienas, Gemma: El diario violeta de Carlota.

Ed. La media noche del Aleph

Carlota recibe da súa avoa a encomen-da de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha ópti-ca feminista e igualitaria. Axiña vai en-tender que hai moitas situacións do noso día a día que son discriminatorias e inxustas.

Gómez, Lupe: Fisteus era un mundo. Ed. A

Nosa Terra

Narración dunha muller que tivo medo de dicir que era da aldea e que agora lanza unha reivindi-cación do idioma, da amizade, dos pais e da terra. Máis tamén é a memoria dos atrancos que vai deixando atrás a infancia e a mocidade.

Aldecoa, Josefina: Historia de una maestra.

Ed. Alfaguara

Gabriela é unha mestra que conta a súa historia persoal nun período deci-sivo: os anos vinte, a II República, a Guerra Civil…