laura e hector a. excretor

20
O APARELLO EXCRETOR Laura Sande Munín Héctor Laya Rebolo 3ºA

Upload: jorge

Post on 13-Jun-2015

704 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

PARA ALUMNOS

TRANSCRIPT

Page 1: Laura e hector a. excretor

O APARELLO EXCRETOR

Laura Sande MunínHéctor Laya Rebolo

3ºA

Page 2: Laura e hector a. excretor

Que é o aparello excretor?

O aparello excretor é un conxunto de órganos encargados da eliminación dos residuos , convencionalmente nitroxenados ( conteñen gran nivel de nitróxeno ) o que os converte en sustancias tóxicas producidas durante o metabolismo ( conxunto de reaccións químicas que ocorren no interior das células ) . A estes residuos , con términos medicinais , coñécense como ouriña , composta principalmente pola urea ( que é o principal produto terminal do metabolismo de proteínas no home e nos demais mamíferos).

Page 3: Laura e hector a. excretor

Partes do A.E. -Riles: Son os órganos excretores dos vertebrados. -Uréteres: Conductos que levan a ouriña deica a pelvis

renal hasta a vexiga. -Vexiga: Órgano oco situado na parte inferior do

abdome que contén a ouriña que chega dos riles. -Uretra: Conducto que permite a saída ao exterior da

ouriña contida na vexiga.

Page 4: Laura e hector a. excretor

Que son os riles? Os riles son uns órganos de cor vermella escura , cunha

forma parecida á dun feixón , miden uns dez centímetros de longo . Están situados a ambos lados da columna vertebral , un pouco por debaixo da cintura . Os riles son os órganos encargados de limpar o sangue de substancias de refugallo.Estes órganos , ao seccionar un deles , obsérvanse tres zonas ben diferenciadas . De fóra cara a dentro, son :

A cortiza é a zona máis externa , de cor escura e de aspecto granulado .

A medula , de cor máis clara, contén áreas de aspecto estriado e forma triangular chamadas zonas piramidais .

A pelve é unha cavidade de cor branca , con forma de funil que conecta co uréter .

Neles tamén se encontran as nefronas e unha completa rede de vasos sanguíneos en estreito contacto coas nefronas .

Page 5: Laura e hector a. excretor

Que é a urina ? A urina é un líquido acuoso transparente e amarelento, de olor

característico , secretado polos riles e elimina ao exterior polo aparello urinario . Despois da produción da urina polos riles , esta recorre os uréteres ate a vexiga urinaria , onde é expulsada ao exterior do corpo a través da uretra, mediante a micción . Esta sustancia ten unhas determinadas funcións:

Eliminación de sustancias tóxicas. Manter o sistema conxunto do organismo. Serve para detectar niveis de alcol , medicamentos e drogas.

Un dato de curiosidade é o feito de que a cor da urina é variable , xa que a cor da urina será máis clara polo feito de que os pigmentos están moi diluídos e se non se inxire tanta cantidade os pigmentos estarán máis concentrados.

Page 6: Laura e hector a. excretor

Que son as nefronas? As nefronas son as unidades funcionais dos riles. Son un

sistema de tubos moi finos que se encontran no interior do ril . É dicir cada nefrona é unha unidade independente de produción de urina . Cada nefrona está interconectada con unha ateríola aferente , que leva sangue que contén sustancias de refugallo , como urea , e con unha arteríola eferente , pola que circula a sangue sen sustancias tóxicas . As sustancias que non se poidan aproveitar circulan a través da nefrona ate os tubos colectores.

Page 7: Laura e hector a. excretor

Anatomía da nefrona. Unha nefrona é un tubo curvado cun extremo cego en

forma de copa chamado cápsula de Bowman e unha progresión en forma de ‘U’ , que recibe o nome de asa de Henle . Esta progresión ten unha conexión cunha tubaxe de maiores dimensións chamado tubo colector.

Cada unha das millóns de nefronas das que consta un ril esta conectado cunha arteríola aferente( procedente da arteria renal ,que se ramifica ao conectarse cos riles) .

No interior da cápsula de Bowman , a arteríola aferente ramifícase nun denso penacho de capilares , o glomérulo . O sangue abandona o glomérulo pola arteríola eferente , que se ramifica e dá lugar aos capilares que rodean a nefrona . Finalmente , os capilares que rodean a nefrona únense para formar a vénula , que conduce o sangue á vea renal.

Page 8: Laura e hector a. excretor

Fisiloxía da nefrona. As nefronas teñen como cometido realizar dúas funcións ,ambas

relacionadas entre si . A primeira das funcións é a de filtración. A cal ten como cometido realizar o

traspaso da sangue procedente da arteria renal, esta corrente sanguínea circula a unha gran presión, á nefrona.Este proceso ocorre grazas ás finas paredes dos capilares que forman o glomérulo , as cales se encontran bastante preto da cápsula de Bowman , a onde pasa esa sangue que se coñecerá a partir de aquí como filtrado glomerular, composto por unha diversidade de sustancias reutilizábeis como non reutilizábeis.

A posterior función é a reabsorción. Durante este procedemento discrimínase entre as sustancias non reutilizábeis [urea,CO(NH2)2 e outras]e as si reutilizábeis [glicosa ou vitaminas].

Parte da auga(H2O) e os sales que contén o filtrado glomerular , xunto coas sustancias reutilizábeis , son reabsorbidas , pasando de novo á circulación sanguínea , para ser despois utilizados polas células. No caso das sustancias de refugallo ,o procedemento é diferente. Estas sustancias ,entre as que se encontra a urea, permanecen no interior da nefrona e son conducidas, disoltas en auga , cara aos tubos colectores para súa eliminación.

Page 9: Laura e hector a. excretor

Que son os uréteres?

Os uréteres son dous conductos dun 21-30 cm que levan a urina dende a pelvis á vexiga.

A súa parede está revestida de un epitelio e contén músculo liso.

Cada un dos uréteres está conectado coa pelve do seu respectivo ril , é a zona onde ocorre o intercambio da urina entre a prolongación da pelve e os principios do uréter.

Page 10: Laura e hector a. excretor

Que é a uretra? A uretra e un conducto que permite a

saída ao exterior da urina almacenada na vexiga.

No sexo feminino é un simple canle de entre

3-4cm de longo, e no masculino entre 18-20cm.

Pode dividirse en 2 partes :

Uretra anterior e uretra posterior que están separadas polo esfínter.

Page 11: Laura e hector a. excretor

Que é a vexiga urinaria A vexiga urinaria é un órgano oco situado na parte

inferior do abdome e superior da pelve , que se destina a conter a urina que viaxa polos uréteres dende os riles ate esta. Cando se atopa baleira as paredes superior e inferior póñense en contacto tomando unha forma que se asemella a un tetraedro . As súas paredes musculares poden dilatarse a medida que se enche, adoptando unha forma de ovoide. Na súa parte inferior ten un orificio controlado por un esfínter, que se abre e se pecha de xeito voluntario para deixar saír a urina que desemboca na uretra.

Page 12: Laura e hector a. excretor

A súper pregunta: tres enfermidades do aparello excretor.

Expostas no apartado seleccionado para patoloxías.

Page 13: Laura e hector a. excretor

1ª Pregunta do libro de texto: Páxina 95: Actividade 19.Une cada termo coa afirmación que lle corresponda .

a. Uretra. 5.Conduce a urina fóra do corpo. b. Ril.8.Elimina a urea do sangue . c. Vexiga(urinaria).6.Almacena a urina. d. Uréter.1.Leva a urina do do ril á vexiga. e. Esfínter.2.Impide que a urina saia da vexiga. f. Vea cava.3.Conduce o sangue de volta ao

corazón. g. Aorta.9.Conduce o sangue osixenado cara aos

riles. h. Vea renal.4.Conduce o sangue fóra dos riles. i. Arteria renal.7.Conduce o sangue aos riles.

Page 14: Laura e hector a. excretor

2ª Pregunta do libro de texto : Páxina 94 : Actividade 13.Explica os conceptos filtración e reabsorción.Que ocorrería se despois da filtración non se producise a reabsorción ?

A filtración e a reabsorción son dous procesos de gran complementariedade e que son propios do procedemento de excreción.

O proceso de filtración é un conxunto de accións que ocorre nos glomérulos das nefronas, unha múltiple subdivisión capilar da arteríola aferente , a través dos cales viaxa o sangue procedente da arteria renal, a moita presión, polo que debido ao pouco espesor das paredes dos capilares , gran cantidade do plasma que contén ese sangue pasa a través das paredes dos capilares á cápsula de Bowman, e dende aí ao interior da nefrona . Ese líquido que entra ou se introduce no interior da nefrona coñécese como filtrado glomerular e componse principalmente de auga e sustancias disoltas que poden ser, glicosa ou vitaminas, útiles ou reutilizábeis para o organismo, e outras, non útiles para este, é dicir, sustancias de refugallo, como a urea .

O proceso de reabsorción vén dado se o proceso de filtración se realizou previamente . Nel, parte da auga (H2O) e das sales , xunto con todas as demais sustancias útiles, como a glicosa ou as vitaminas, son reabsorbidas, como a urea [CO(NH2)2], permanecen ou quedan ou quedan depositadas no interior da nefrona e son conducidas, disoltas en auga (H2O),cara aos tubos colectores .

Os principais problemas de que o proceso de reabsorción non se efectúe son ; o feito de que se perderían enormes cantidades de nutrintes, a longo prazo, polo que existirían deficiencias no funcionamento metabólico das células . Outro problema de gran relevancia é o feito de que ao non realizarse o procedemento de reabsorción, é probábel que exista algunha afección, como por exemplo :

- Diabetes, se a concentración de glicosa en sangue é moi alta, como feito relevante , dáse a abundancia de glicosa na urina .

- Insuficiencia renal, de algún tipo, debido a que os riles están danados e non funcionan ben .

Page 15: Laura e hector a. excretor

3ª Pregunta do libro de texto: Páxina 92: Actividade 22.Que entendemos por excreción ? Por que cres que é necesaria a excreción ?

Excreción, é o proceso ou procedemento mediante o cal o noso corpo elimina as substancias tóxicas ou as substancias de refugallo, como é o caso da urea [CO(NH2)2], que se produce durante o conxunto de reaccións químicas que ocorren no interior das células (metabolismo).

O proceso de excreción é necesario polo feito de que se este procedemento non ocorre, as sustancias producidas durante o metabolismo celular acumularíanse nos vasos sanguíneos , provocando, altas concentracións de toxicidade, ao longo de determinados períodos de tempo, podendo producir a morte das células, e polo tanto, do organismo en xeral .

Page 16: Laura e hector a. excretor

4ª Pregunta do libro de texto: Páxina 92: Actividade 24. Debuxa unha nefrona e sinala con frechas as seguintes partes: cápsula de Bowman, glomérulo, asa de Henle, tubo colector, arteríola aferente, arteríola eferente, capilares.

Cápsula de Bowman.

Arteríola aferente.

Arteríola eferente.

Capilares.

Page 17: Laura e hector a. excretor

Patoloxía: Cálculos renais. Os cálculos renais son depósitos sólidos que se forman

nos riles dalgunhas persoas , debido normalmente ao feito de levar dietas con altos contidos de sal (NaCl), que debido á súa alta presenza no filtrado glomerular impide, en gran medida, a súa reabsorción, creando, a longo prazo, grandes depósitos deste tipo . O tratamento, baséase en levar unha dieta pobre en sales e a inxestión de augas(H2O) de baixa mineralización co fin de poder expulsalas mediante o proceso de micción, no caso de que sexa un depósito de pequenas dimensións e sendo un proceso bastante doloroso, ou mediante métodos de extirpación quirúrxicos, no caso de que o tamaño dos cálculos renais ou pedras sexa bastante considerábel e se hai presenza de cólicos nefríticos anteriormente.

Page 18: Laura e hector a. excretor

Patoloxía: Cistite. A cistite é e tipo unha clase de enfermidade de tipo

infecciosa, que se manifesta con dor no abdome, aumento da frecuencia dos procesos de micción, presenza de turbidez da urina e sensación de proído durante a micción. Pode ter varias causas, a máis frecuente é a infección por bacterias gram negativas. Esta afección infecciosa pode afectar a persoas de ámbolos dous sexos, de todas as idades, aínda que é máis propensa a aparecer ou darse en mulleres en idade fértil e en anciáns de ambos sexos. A súa prevalicencia nas mulleres vén dada polo feito de que a medida da uretra nelas é menor que na do sexo masculino, provocando que os microorganismos alcancen as vías urinarias e a vexiga con maior rapidez. É unha afección leve que acostuma mellorar coa inxesta de moita auga(H2O)pero que, en todo caso, ten que ser tratado por un médico,como iniciativa preventiva .

Page 19: Laura e hector a. excretor

Patoloxía: Cólico nefrítico. Un cólico nefrítico coñécese como a intensa dor

que afecta aos riles e aos órganos xenitais, que en ocasións produce pequenas hemorraxias na urina.Este proceso ou feito débese ao desprazamento de cálculos renais ou pedras, dende os riles cara os uréteres. Este é un claro signo da existencia de depósitos sólidos no interior dos riles de unhas determinadas dimensións, que deben ser expulsados para que se esvaezan estes cólicos nefríticos, feito que pode ser realizado, ao levar unha dieta pobre en sales e a consumición de auga(H2O) de baixa mineralización .

Page 20: Laura e hector a. excretor

Patoloxía: Insuficiencia renal. A insuficiencia renal é unha enfermidade non infecciosa, debido a que se

debe a un mal funcionamento dalgún dos riles ou de ambos que pode vir causado pola perda de importantes cantidades de sangue, algún efecto contraproducente ou secundario dalgún medicamento ou outros motivos que provocan esta deficiencia que aumenta a concentración de toxicidade do sangue, que unhas determinadas concentracións poden chegar a producir a morte do organismo vivo.

Existen ou coñécense dous sistemas para tratar esta enfermidade, en principio non infecciosa; a diálise e o transplante de ril.

A diálise é un tratamento periódico que consiste en extraer o sangue da persoa enferma, normalmente dunha arteria do brazo, filtrala nun ril artificial para eliminar as sustancias tóxicas e, unha vez limpa, volver a introducila a través dunha vea.É un tratamento moi efectivo pero dura varias horas e como xa se fixo mención anteriormente, é un tratamento periódico, que ten que facerse unhas dúas ou tres veces por semana.

Cando o procedemento de diálise xa non é suficiente, e a precariedade da calidade de vida se fai presente hai que recorrer a un transplante de ril, unha operación quirúrxica que consiste en transplantar un dos riles dunha persoa sa para o paciente enfermo, este método permite unha autonomía renal para ambos pacientes, pero os hábitos de vida deben ser máis estritos e inflexibles ante as pautas marcadas polo doutor .