kukama letra galego
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
KUMBARIKIRA
Estribillo:
KUMBARIKIRA URUPUKIRA
TSA KUMBARI UTSU UKAIMA
KUMBARIKIRA URUPUKIRA
TSA KUMBARI UTSU UKAIMA
KURACHI WIRI TIMA TSA KATUPI
TSA KUMBARIKIRA URUPUKIRA
KURACHI WIRI TIMA TSA KATUPI
TSA KUMBARIKIRA URUPUKIRA
Estrofas 1º ESO A:
Eu falo dúas linguas, galego e castelán
As dúas me serven para navegar
Co galego podemos coñecer,
Falar, soñar e tamén aprender
(Estribillo)
O galego foi moi desprezado
Pero agora podemos amalo
O kukama é o noso amigo
E debemos salvalo do perigo
(estribillo)
Estrofas 4º ESO B:
Falamos este idioma para que non se perda
Canto queremos a lingua galega!
Que se escoite a nosa lingua no mundo enteiro
Síntete orgulloso de ser galego!
(Estribillo)
A nosa lingua é moi especial
Non todos os galegos a saben ben falar
O galego está desprestixiado
E queremos reivindicalo
(Estribillo)
Estrofa 3º ESO B :
Eu son nativa da Galiza central
e aquí a nosa lingua comézase a olvidar
Ás veces na aula pódela escoitar
pero se vas á rúa non a oes falar
(Estribillo)
Un gran cargueiro cunha rocha topou
E o seu contido nas costas derramou
Nós xa sabemos cal é a repercusión
Con vós loitaremos contra a polución
(Estribillo)
Estrofas 1º ESO C:
O río Támega non está mal
Mais o Marañón vaise estragar
Entre todos debemos traballar
Para o Marañón e o kukama rescatar
(Estribillo)
O kukama estamos a salvar
Por iso esta canción estamos a cantar
Os avós sábeno falar
E nós os nenos ímolo usar
(Estribillo)
Estrofas 4º ESO C:
O galego e o kukama son moi pequenos
Aínda que para nós son o mesmo universo
O Marañón tinguiuse de negro
E nós outra vez lumpo queremos velo
(Estribillo)
Cantamos este rap para fraternizar
Porque perto de vós queremos estar
No voso idioma queremos cantar
Nunha lingua tan singular
(Estribillo)
Estrofas 3º ESO A:
Nós tamén queremos denunciar
Que o noso medio ambiente estamos a estragar
Ó carón do noso centro hai una central
Que a nosa saúde pode danar
(Estribillo)
A toda a nosa xente queremos concienciar
A través do kukama, galego e castelán
Oxalá vos guste moito o noso rap
Pois nós co voso puidemos gozar
(Estribillo)
Estrofas 1º ESO D :
A lengua galega estase perdendo
E tamén se está esquecendo
Dános moita mágoa que desapareza
Que perdamos tanta beleza
(Estribillo)
Temos o galego, tedes o Kukama
Que non nolos quiten da nosa alma
Kumbarikira é a nosa canción
Todos a cantamos con emoción