juÁn andrÉs hervellacomplementos heráldicos. existen algúns outros elementos distintivos que,...

6
JUÁN ANDRÉS HERVELLA Técnico de Turismo no Concello de Ourense. Colaborador do xornal La Región de Ourense acadeu polos seus traballos xornalísticos o premio “Xosé Aurelio Carracedo” na edición escrita do ano 2001. Nº1: Capela Igrexa de San Salvador

Upload: others

Post on 22-Aug-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: JUÁN ANDRÉS HERVELLAcomplementos heráldicos. Existen algúns outros elementos distintivos que, sen acadar a propia categoría de heráldicos, se forman parte da propia ornamentación

JUÁN ANDRÉS HERVELLA

Técnico de Turismo no Concello de

Ourense. Colaborador do xornal La

Región de Ourense acadeu polos

seus traballos xornalísticos o premio

“Xosé Aurelio Carracedo” na edición

escrita do ano 2001.

Nº1: Capela Igrexa de San Salvador

Page 2: JUÁN ANDRÉS HERVELLAcomplementos heráldicos. Existen algúns outros elementos distintivos que, sen acadar a propia categoría de heráldicos, se forman parte da propia ornamentación

57~

H e r á l d i c a

Juán Andrés Hervella

AS DIVERSASPEDRAS

ARMEIRASEXISTENTES NAMEDIEVAL VILA

DE VILANOVADAS INFANTASDO CONCELLODE CELANOVA

Aheráldica e un código de regras que permi-

te describir os diversos escudos de armas. Éa arte do estudio descritivo do brasón.

Os escudos de armas, que xa se representabandurante o século XII, tiñan por obxecto fundamentaldiferenciar os diversos combatentes na guerra ounos propios lances e torneos medievais.

O insigne historiador e hispanista MenéndezPidal de Navascues, no seu interesante traballo:“Los comienzos de la heráldica en España” consi-dera, ca rigorosidade que caracteriza os seus traba-llos, un dos primeiros monumentos heráldicos máissobresaíntes, o retrato ecuestre do rei de León,Fernando II (1157-1188) que aparece no Tumbo Ada catedral de Santiago. Nel represéntase a figurado rei abrazado a un escudo de ouro decorado cunleón rapante, sen cor.

Por outra banda hai que destacar que a difusión dosselos non foi de uso exclusivo militar, así utilizárononun primeiro momento as mulleres; no século XIIIos clérigos, burgueses e artesáns, e xa no XIV inclu-so polas abadías e campesiños. Nembargantes, a súaprocedencia fundamental ven dende os tempos doseu empleo como insignia das forzas guerreiras oucomo símbolo distintivo nas campañas militares.

No transcorrer dos séculos o traxe de combate evo-lucionou; así a armadura medieval chegou a cubrirenteiramente ó combatente, dende a cabeza ós pésrematando nun casco ou helmo que ocultaba porcompleto a faciana, facendo deste xeito moi difícil aidentificación dos contendentes. Por mor desta cir-cunstancia xurdiu a necesidade de recoñecelos dal-gún xeito, e esto acadouse mediante certos sinais oudebuxos pintados sobre o seu escudo ou ben nospropios arreos das súas cabalgaduras.

Page 3: JUÁN ANDRÉS HERVELLAcomplementos heráldicos. Existen algúns outros elementos distintivos que, sen acadar a propia categoría de heráldicos, se forman parte da propia ornamentación

58~

Entre os séculos XIII e XIV o uso do emblema nobi-liario adquiriu a condición de carácter hereditarioempregándose como arma distintiva propia por xen-tes de diferentes condicións sociais como o mostranos seus diversos significados simbólicos representa-dos no mesmo.

Deste xeito a heráldica conqueríu a categoría derama do saber e, consecuentemente a súa represen-tación fundamentouse nunha serie de normas ouregras específicas que, con poucas variacións,séguense a utilizar na actualidade polos heraldistas.

As persoas de alto liñaxe distinguíanse polos sím-bolos da súa condición; así unha coroa real ou mar-quesal por riba do escudo indicaba a posiciónsocial do persoeiro; un helmo a distinción da súaliñaxe; ademais, en moitos casos, o escudo acompa-ñábanse doutros símbolos ou timbres que conxun-tados forman o elemento ornamental que rodeabao escudo; así poden aparecer: helmos, cimeiras,coroas, capelos eclesiásticas, cintas, follas, plumase penachos, contando ademais doutros que lleengadiron posteriormente no século XVII, comocomplementos heráldicos. Existen algúns outros

elementos distintivos que, senacadar a propia categoría deheráldicos, se forman parte dapropia ornamentación exterior,sendo estos: as divisas, lemas ouberros de guerra.

A partires do século XVII e XVIIIo número de figuras con quepoden contar o escudo aumentao que implica o seu parcelamen-to e diversa distribución apare-cendo, deste xeito, múltiples par-ticións xeométricas, cruz, sotuer,cortinado, siniestrado, flechado,adentado, etc. ademais daquelou-tras simbólicas referentes ós ofi-cios e gremios existentes naépoca.

Nº 2: Sepulcro lado Epístola

Nº 3: Sepulcro lado Epístola

Page 4: JUÁN ANDRÉS HERVELLAcomplementos heráldicos. Existen algúns outros elementos distintivos que, sen acadar a propia categoría de heráldicos, se forman parte da propia ornamentación

Por outra banda as figuras poden ser naturais,quiméri-cas ou artificiais. Ás primeiras corresponden ós astros,seres humanos, animais e vexetais.Dentro dos animaiso máis representado soe ser o león; nas aves a aguiaexplaiada, e nos peixes, o golfiños mailos barbos e, nocaso da cidade de Ourense, aparecen as lampreas etroitas.

As principais dentro das naturais tomadas do reinovexetal son as flores,árbores mailos seus froitos.As arti-ficiais son abundantísimas pertencendo maiormente ásimboloxía da guerra, así aparecen mesturados: torres,castelos, espadas, lanzas e yelmos, namentres cas qui-méricas son derivacións da mitoloxía.

Por último non debemos de esquecer a enormeimportancia das peregrinacións a Santiago deCompostela que,sen dúbida,contribuíron a estenderenormemente o uso das veneras dentro da simbolo-xía do brasón.

Nº 5: Praza Víctor Ferro

59~

Nº 4: Praza Víctor Ferro

Nº 6: Praza Víctor Ferro

Page 5: JUÁN ANDRÉS HERVELLAcomplementos heráldicos. Existen algúns outros elementos distintivos que, sen acadar a propia categoría de heráldicos, se forman parte da propia ornamentación

LABRAS HERÁLDICAS DE “VILANOVA DASINFANTAS”

“Vllanueva da Condesa” ou “ Vilanova das Infantas” éunha pintoresca e agradable vila medieval, situada aun quilómetro de Celanova.

Emprazada sobre un antigo castro,domina o extensoval de Bobadela asemade do seu circuito de monta-ñas, namentres que o seu poñente o sol, nun derra-deiro adeus,ocúltase tralo triangular pináculo da cer-cán citania de Castromao.

A pequena vila agrúpase en torno á torre da home-naxe, resto da antiga fortaleza medieval pertencenteó Conde de Monterrei, por herdade dos Biedna que,xa mediado o século XV, figuraba como “Torre yPalacios del Conde de Monterrei” sendo posterior-mente asolada pola revolta Irmandiña no ano 1467.

Terra fidalga pertencente ó pai de San Rosendo, onobre conde Gutiérrez Méndez, contou con conce-llo propio, asentado na torre do seu castelo, ata queno ano 1927, pasou a súa títularidade ó Concello deCelanova.

Hoxe, do seu pasado esplendo, son mudas testemu-ñas seus enterramentos así como as numerosaslabras heráldicas que, en número de 11, atópanseespalladas e asentadas nos muros das súas casasfidalgas.

A primeira delas, a situada na fachada norte da igrexade San Salvador,repítese no chan da capela fundada noano 1614,sobre os sepulcros de Cristóbal y BartoloméAraújo e o Lcdo. Juan Araujo Feijó. Nela tiñan os seussoterramentos os membros da devandita familia segun-do o testemuña a inscrición que alí figura,

“Este enterramiento es de lacasa y solar y Mayorazgode los Leones de Araujoseñores de la Capilla”

Súas armas son un escudo partido figurando no ladodestro un carballo e un león empinado ó seu tron-co, que é a simboloxía dos Montojo; no sinistro, asarmas dos Araujo, consistentes nunha torre almena-ra con tres flores de Lis; representando ós seus pésun falcón cunha perdiz entre as súas garras.

Os escudos 2 e 3, se corresponden cas laudas sepul-crais existentes sobre o propio chan da capelamaior, no lado da Epístola, e nelas se representan asinsignias heráldicas dos Enríquez e Feijó respecti-vamente.

60~

Na praza principal da vila, nomeada de Víctor Ferroconviven, en perfectamente harmonía, casas típica-mente rurais mesturadas con outras de marcadaarquitectura barroca que evidencian o seu pasadocarácter fidalgo referendado polo seus brasóns; asína nº 4, existente nunha fachada, figura unha pedraarmeira que representa, no primeiro cuartel, asarmas dos Enríquez entroncados cos Sotelo, sendo oseu distintivo unha árbore e dous lobos ou cabrasempinadas ó tronco, e a dos Puga simbolizado,neste caso, polas espullas.

A nº 5 pertence a un dos escudos máis repetidos deGalicia, os Castros. Súas armas son: seis roeles deazul postos, dous, dous e dous.

No nº 6 represéntanse diferentes compoñentesarmeiros; así nunha amalgama, de difícil interpreta-ción, aparecen mesturados entre outras as simbolo-xías dos Losada e Feijó.

Preto da torre existe unha “casa grande”, que serviu

Nº 7:Antigo Hospital

Page 6: JUÁN ANDRÉS HERVELLAcomplementos heráldicos. Existen algúns outros elementos distintivos que, sen acadar a propia categoría de heráldicos, se forman parte da propia ornamentación

61~

noutra época como hospital.Baixo un peque-no pórtico consérvase unha interesante eantiga pedra armeira onde aparece outravariante das armas dos Enríquez e os Feijó,ademais doutras de caracter mariano.

Na torre da homenaxe luce a simboloxía dosBiedna e maila a dos seus últimos propieta-rios os Condes de Monterrei.

Por último, xa na saída do pobo cara aCelanova, atópase a derradeira pedra armeiraconstituida por unha variante máis dos Feijóe dos Araujo, en mal estado de conservación.

Cercano ó coñecido Santuario da Virxe doCristal existe, aínda que moi modificada, acasa solariega dos Rivas; nela existiron dúaspedras armeiras decoradas cos brasóns dosseus propietarios. Desgraciadamente, naactualidade, delas só queda o seu asentamen-to na parede da fachada.

Nº8:Torre Castela

Nº 9