julia y jessica neolitico

8
Jessica Mourelos Carro Julia Sánchez Rivas

Upload: profexabier

Post on 10-Aug-2015

259 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

Page 2: Julia y jessica neolitico

O Neolitico é a última das partes nas que se divide a idade de pedra. Iniciase no ano 9.000 a.C e conclúe no 4.000 a.C nunha época de cambios transcendentais para a humanidade.

A palabra Neolitico significa “Pedra moderna” aínda que na linguaxe prehistórica seria máis correcto denominala “Idade de pedra pulimentada”.

A característica principal do neolítico é unha nova forma de vida baseada na producción dos alimentos a partir de especies vexetais e animais domesticados.

Neste período constátase a conquista definitiva de animais coma o can, o cabalo, o boi e o porco.

Os principais cambios que acontecen no neolítico son:

Pásase da economía depredadora á reproductiva.

Comézase a pulimentar as pedras.

Constrúense instrumentos para a agricultura en vez de para a gandeiría.

Aparición da alfarería. Xorden as primeiras vasixas de barro, utilizadas para

gardar a colleita.

Créanse os primeiros poblados-estado.

As tribos convírtense en sedentarias.

O Neolitico divídese en dúas etapas:

1ª Etapa: Neolítico Precerámico

2ª Etapa : Neolítico Pleno.

Sobre o nacemento do Neolítico atopamos dúas teorías:

A primeira é a de Gordon Childe e chámase a teoría difusionista. Esta teoría básease no

xurdimento do neolítico polo cambio climático do ano 10.000 a.C. Na zona de

Mesopotamia non houbo glaciacións, o cambio climático cambiou o seu clima

temperado en desértico, este feito produciu a migración dos animais e a seca dos

vexetais. Por iso o home viuse obrigado a ter que plantar e facer que os animais se

reproducisen. Grazas os ríos Eúfrates e Tigris poidose cultivar e comezar a practicar a

ganderia. Según a teoría de Childe dende Mesopotamia difundiuseó resto do mundo.

A segunda das teorías é a de Braidwood, a que chamamos teoría evolucionista. Esta

teoría baséase no cambio dos acontecementos. Considera que o cambio climático non

Page 3: Julia y jessica neolitico

foi a única nin a máis importante das causas, senón que o cambio climático foi

soamente un período interglaciar, e estes períodos tamén acontecerán no paleolítico.

Según Braidwood se Mesopotamia fose o inicio do mundo seria lóxico que os

xacementos neolíticos máis antigos aparecesen alí, e esto non é así, xa que os

primerios xacementos neolíticos e tamén os máis antigos atópanse na península de

Anatolia.

A teoria Evolucionista baséase en que existen diferentes causas para o xurdimento do

Neolitico. A principal é que os pobos xa tiñan coñecementos sobre agricultura e

ganderia aprendidos mediante a observación da natureza.

A VIDA NO NEOLITICO.

O cambio climático provocou unha conversión da economía de subsistencia baseada

principalmente na caza cara unha economía máis estable baseada na gandeiría e nos

cultivos. Nesta época o home volta ás covas aínda que diversos grupos sobrviven en

cabanas ó longo dos ríos. O desenrolo da gandeiría da lugar á trashumancia e o

continuo contacto entre pobos.

Para facer as machadas emprégase a pedra pulida, aínda que tamén se utiliza o óso

como material para diversos útiles.

Trenzado de frebas.

Probablemente os primeiros trenzados de frebas fixeranse con simples ramas, pero co

paso do tempo a técnica foi evolucionando ata cestos bastante logrados, que se

utilizaban na recolección dos froitos. Estes cestos estaban feitos de mimbre aínda que

nesa época tamen se utilizaban moitos materiais coma o esparto ou o saco.

Page 4: Julia y jessica neolitico

Manexo dos animais.

O ser humano estaba acostumado a buscar e seguir as marcas e rastros dos animais,

sen embargo é no Neolítico, cando os homes utilizan as súas habilidades manuais para

a preparación de trampas e cordas complexas.

O desenrolo das trampas coincide co culto as arñas seguramente baseadona gran

habilidadedeste animal para colocar trampas nas que atrapar as suasvictimas.

Nesta época as capturas de xabarís vivos fan que sexan domesticados e den orixe ó

porco que actualmente coñecemos. Deste feito temos constancia nas pinturas

rupestres, xa que aparecen grupos de xabaríns que non son obxecto de caza.

Neste período tamén ten lugar a domesticación doutros animais coma o cabalo ou o

can.

Para a conservación da carne utilizaban o proceso do acecinado, é dicir ,carne secada o

sol.

As primeiras cidades.

Os primeiros asentamentos,aldeas ou pequenas cidades zurdeen na zona de Oriente

Próximo cara o ano 7000 a.C. Un dos motivos do agrupamento dos pobos é que cada

vez é máis necesario recurrir ó regadío de forma artifical por eso os primeiros

asentamentos importantes teñen lugar preto dos ríos. Os ríos Eufrates e Tigres

permitiron o cultivo dos cereais e outras plantas.

Page 5: Julia y jessica neolitico

Monumentos Megaliticos.

Do Neolítico conservanse grandes monumentos megalíticos, entre eles os máis

coñecidos son :

Menhires : Monolitos verticais, ocasionalmente antropomorfos.

Co que se facia culto ó sol.

Os Dólmenes: Sepulturas construidas

con dúas ou máis pedras verticais

cubertas por unha losa en horizontal.

Os Cromlechs : Conxuntos de menhires e dólmenes

de forma circular que solían ter carácter relixioso.

Neste período tamen se desenrolou un estilo de

pintura rupestre baseado en escenas da caza en

Page 6: Julia y jessica neolitico

rochas ó aire libre con representacións esquemáticas de figuras humanas.

O Neolítico na Península Ibérica

O Neolítico na Península Ibérica correspóndese co período comprendido entre

aproximadamente o 6000 a.C e o 3000 a.C . Pódese decir que os xacementos neolíticos

mais antigos da Peninsula están datados no 5500 a.C.

O Neolítico intoduciuse na Peninsula Ibérica pola zona costera mediterránea, da man

dos pobos chegados por mar que procedían de Oriente. Estes pobos introduciron

plantas e especies de animais domésticos que constituían a súa fonte de alimentación.

A nova forma de vida pronto se extendeu dende Cataluña ata Andalucía, chegando ata

o sur de Portugal, e paulatinamente foise extendendo cara o interior. Aínda así as

zonas máis alonxadas da costa mediterránea quedaron fora da influencia das

novidades neolíticas.

O Neolítico en Galicia.

Os habitantes de Galicia desta época ocuparon zonas altas, por ter unha vegetación

menos frondosa e a terra era menos dura para ser traballada. As Principias árbores

eran carballeiras, abeleiras, freixos e sobreiras. Construían grandes monumentos de

Page 7: Julia y jessica neolitico

pedra que se atopan espallados por toda Galicia. O dolmen mellor conservado é o

dolmen de Axeitos e tamén o de Dombate.

Adicabanse a practicar unha agricultura itinerante de roza, o que fala dun seminomadismo.Tamén debía ser importante a gandeiría, sobre todo de ovellas, cabras e vacas, así como a caza, xa que atopamos puntas de frecha. Tamén debeu ser importante para a súa alimentación o marisqueo na beiramar.

Foron uns grandes especialistas no traballo da pedra, empregando granitos ou lousas para edificar. Os materiais máis abondosos desta época son de pedra, con instrumentos como puntas de frecha, machados, lascas, cinceis, coitelos, aixadas, mazas...

Tamén se puideron atopar contas de colar de cor verde, placas perforadas, prismas de seixo cristalizado e idoliños. Sabemos que facían obxectos cerámicos, que presentaban unha decoración impresa con cunchas de bivalvos.

No Dolmen de Dombate ou no de Axeitos atopáronse ídolos ou representacións de antepasados, ou dos vivos que están presentes, sen estar clara aínda a súa función.

Algunhas antas apareceron cos chantos da cámara ou, nalguns casos, do corredor, cunha decoracións gravadas, sendo posíbel que algunhas estivesen pintadas. Os motivos son irregulares, ondulados ou cículos concéntricos.

Page 8: Julia y jessica neolitico