jose luisverez

11
Sistemas Informáticos

Upload: verez

Post on 22-Jan-2018

235 views

Category:

Devices & Hardware


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Jose luisverez

Sistemas Informáticos

Page 2: Jose luisverez

INDICE

● Sistemas Informaticos

● Hardware

● Procesador

● Memoria

● Buses, portos e ranuras de expansion

● Periféricos

– De entrada

– De salida(I, II)

– De entrada/salida

Page 3: Jose luisverez

3. SISTEMA INFORMÁTICO

Todo sistema informático está composto por tres elementos fundamentais:

● Hardware: É o conxunto de compoñentes físicas do ordenador (informalmente

● Software: É o conxunto de compoñentes lóxicos do ordenador. Son os programas

●Usuario: Un sistema informático necesita da nosa intervención para a organización trátase de todas as partes do ordenador que poden ser tocadas coas mans: procesador, memoria, periféricos, placas, buses, circuítos, etc). que utiliza o ordenador para tratar a información. Isto inclúe dende os programas de control e o Sistema Operativo ata os programas de aplicacións máis sofisticadas, como xogos, procesadores de texto, programas de cálculo, programas de tratamento de imaxes, etc. e planificación das tarefas. Polo tanto nos tamén somos unha compoñente dos sistemas informáticos.

Page 4: Jose luisverez

3.1. HARDWARE

Como xa dixemos antes, o hardware é a parte física do ordenador. Clasificaremos os elementos que compoñen o hardware en catro categorías que iremos describindo pouco a pouco:

● Procesador

● Memoria

● Buses, portos e ranuras de expansión

● Periféricos

Page 5: Jose luisverez

3.1.1. O PROCESADOR

Tamén chamado Unidade Central de Procesos ou CPU. É o corazón do ordenador. Noprocesador realízanse todas e cada unha das tarefas que os programas ordenan cumprir. O procesador ten dúas partes: a unidade aritmético-lóxica (que realiza tódolos procesos) e a unidade de control que se encarga de seleccionar as instrucións que se deben executar, proporcionar os datos axeitados á unidade aritmético-lóxica, e enviar sinais de control a tódolos dispositivos que interveñan no proceso para que este se realice axeitadamente. A potencia dun procesador mídese entre outras cousas pola cantidade de instrucións por segundo que pode executar, tamén chamada velocidade de procesamento. A unidade de medida de esta velocidade é o Hertzio (Hz), pero solemos utilizar múltiplos como son o MegaHertzio (MHz) e o XigaHertzio (GHz). Os fabricantes de procesadores mais coñecidos son Intel, AMD, IBM, Apple, Cyrix e Motorola. A velocidade de procesamento actual oscila entre os 2 GHz e os 6 GHz.

Page 6: Jose luisverez

3.1.2. A MEMORIA

1. Memoria principal: trátase dunha memoria interna, normalmente formada por silicio e integrada na placa principal do ordenador. A súa vez hai dous tipos básicos de memoria principal:

2. Memorias secundarias: trátase de dispositivos externos (aínda que algúns poidan estar incluídos dentro da torre do ordenador ). A súa misión é almacenar de xeito permanente programas e datos en soportes de gran capacidade. Existen multitude de dispositivos con esta finalidade, pero destacaremos tres grupos:Memoria R.A.M. (Random

Acces Memory). Contén os programas que o usuario estea executando no ordenador así como os datos necesarios para que estes programas funcionen. O ordenador pode ler, modificar e borrar o contido desta memoria. Trátase dunha memoria volátil, é dicir, o seu contido desaparece ó apagar o ordenador

Memoria R.O.M. (Read Only Memory) . Contén os programas necesarios para que o ordenador poida arrancar e detectar os dispositivos imprescindibles para o seu funcionamento. Como o seu nome indica, o ordenador pode ler o seu contido pero non pode modificalo nin borralo. Trátase dunha memoria permanente: o seu contido non desaparece ó apagar o ordenador.

Soportes magnéticos: cintas magnéticas, discos flexibles (antigos disquetes ou floppies), discos duros e unidades zip.

Soportes ópticos: CD-ROM, DVD e BluRay.

Soportes flash: Memorias USB, tarxetas SD ou microSD.

Page 7: Jose luisverez

3.1.3. BUSES, PORTOS E RANURAS DE EXPANSIÓN

→Ranuras de expansión

→ Portos:

→Portos serie ou portos COM:

→Portos paralelo:

→Portos PS2:

→Portos USB:

Page 8: Jose luisverez

3.1.4 Periféricos

● Dispositivos de entrada: Permiten introducir información no ordenador.

– o Teclado: Serve para introducir información de carácter alfa-numérico, teclado numérico, teclado de edición e teclado de

– o Rato: serve para introducir información de forma gráfica, seleccionando obxectos que se representan na pantalla ou en

resposta a botóns ou enlaces.

– O Escáner: Serve para introducir información gráfica no ordenador.

Dependendo do software do que se dispoña tamén pode servir

para introducir texto.

– o Micrófono: Permite a introdución de información sonora ó ordenador, para o seu almacenamento ou edición.

– o WebCam: usualmente utilizada para a videoconferencia, a súa

misión é a de introducir imaxes de vídeo na computadora-

Page 9: Jose luisverez

3.1.4 Periféricos

● Dispositivos de saída: Serven para que o usuario reciba a informaciónelaborada polo ordenador. Os mais importantes son:

● o Monitor: ou pantalla a través da cal se visualiza a información. Os monitores de hoxe en día poden ser de raios catódicos (tipo tv antigo), de cristal líquido, de plasma, proxectores,... O tamaño dun monitor mídese en polgadas (en diagonal). O tamaño tradicional eran 14 ou 15 polgadas, aínda que cada vez úsanse mais os de 17 ou 19 polgadas.

● o Tarxeta gráfica: nos ordenadores actuais o monitor non se conecta directamente a ningún porto da placa principal, senón que se conecta a un dispositivo intermedio denominado tarxeta Gráfica.

Page 10: Jose luisverez

3.1.4 Periféricos

● Dispositivos de saída: Serven para que o usuario reciba a informaciónelaborada polo ordenador. Os mais importantes son:

● Impresora: Este dispositivo permite obter información alfanumérica e información gráfica en soporte de papel. Algúnstipos de impresora son: ● Matriciais ou de impacto: ● De inxección ou de burbulla: ● Láser: ● Plotter:

● Altofalantes: Conectados á tarxeta de son do PC permiten recibir a información acústica xerada polas aplicacións executadas (xogos, vídeos, cancións, gravacións de voz, ...)

Page 11: Jose luisverez

3.1.4 Periféricos

●Dispositivos de entrada/saída: estes dispositivos cumpren as dúasfuncións especificadas nos apartados anteriores. Algúns dos mais importantes son:

● Tarxetas de son: permiten reproducir sons a través de altofalantes ou auriculares. Tamén permiten introducir sons no ordenador (a través de micrófonos ou equipos de son externos) para tratalos como información.

● Tarxetas de vídeo e TV: similares as anteriores pero permitindo manipular imaxes en movemento. A tarxeta de TV habitualmente dispón dunha antena para recibir o sinal de TV.

● Tarxetas de rede: permiten establecer comunicacións entre ordenadores.

● Modems e tarxetas de comunicacións: permiten establecer comunicacións entre persoas e ordenadores a través dos distintos tipos de liñas telefónicas.

● Unidades de almacenamento externo: tamén poden ser considerados dispositivos de entrada e saída de datos: discos duros, CD regravable, memorias USB, etc.