itinerario a santa mariña

7

Click here to load reader

Upload: emiliano-gomez-vazquez

Post on 09-Apr-2016

225 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Excursión: Itinerario a Santa Mariña

TRANSCRIPT

Page 1: Itinerario a Santa Mariña

XUSTIFICACIÓN DO ITINERARIO

A proposta de itinerario que presento é un acercamento á paisaxe, a arte e a historia

de Galicia a partires dun edificio concreto: Santa Mariña de Augas Santas.

O itinerario terá caracter multidisciplinar, xa que abordaremos os contidos a traballar

dende distintas disciplinas do currículo: Xeografía, Historia e Historia da Arte e por

suposto dende o plano lingüístico. Traballaremos, tamén, actitudes como o respecto

ao patrimonio artístico, histórico e etnográfico da nosa comunidade. Como unha

parte do percorrido faise camiñando estaremos traballando con aspectos

relacionados ca Educación Física.

A proposta de itinerario didáctico está elaborada para alumnado de segundo curso

do Bacharelato, para traballar na materia de Xeografía e Historia de Galicia.

OBXECTIVOS

- Fomentar no alumnado o interese polo patrimonio natural, cultural, histórico e

artístico galego.

- Sensibilizar o alumnado da necesidade de conservar e respectar o patrimonio

artístico e cultural de Galicia.

- Desenvolver no alumnado procedementos relacionados coas técnicas de

investigación, conxugando o traballo da aula co traballo de campo.

- Fomentar propostas didácticas de carácter multidisciplinar.

- Potenciar o traballo individual e de grupo.

- Traballar co alumnado as técnicas de análise espacial e a súa valoración por

constituíren instrumentos de axuda para desenvolverse na vida cotiá.

- Propiciar actitudes de respecto polo medio ambiente e actitudes solidarias na

defensa do mesmo.

- Transmitir o alumnado o concepto de “roteiro cultural” como forma de disfrutar do

tempo de ocio e de lecer.

Page 2: Itinerario a Santa Mariña

CONTIDOS

- As augas e o seu papel no territorio.

- As diferentes variables que interaccionan no medio físico.

- A vexetación: as formacións autóctonas.

- O legado da Galicia prerromana e romana.

- O esplendor da Idade Media.

- O Renacemento e o Barroco.

METODOLOXÍA

A metodoloxía a empregar debe propiciar a formación integral do alumno.

Utilizaremos dúas estratexias alternativas: a exposición de principios elaborados

polo docente e a indagación por parte do alumno.

Partiremos dunha avaliación inicial, que faremos de forma breve e oral na aula. Esta

avaliación vainos ser de gran utilidade xa que nos vai dar información sobre os

coñecementos previos do alumno así como o seu interese polo tema a tratar e as

súas expectativas ante a realización da actividade. A continuación, presentaremos o

itinerario: percorrido, duración, obxectivos e contidos.

Nunha segunda fase o docente exporá os conceptos elaborados necesarios despois

de ter analizada a avaliación inicial e pasaremos a realizar o material do itinerario,

empregando mapas, textos, fotografías, etc.

Despois de feita a saída, os alumnos e alumnas elaborarán un informe a modo de

síntese final. Este informe farase en grupos para logo facer unha posta en común e

avaliar a actividade.

Page 3: Itinerario a Santa Mariña

PRESENTACIÓN DO ITINERARIO

Itinerario

- Inicio: na cidade de Santiago de Compostela.

- Distancia: 125 Km.

- Número de paradas: 2

- Duración: unha xornada.

Descrición do itinerario

- Paradas

nº 1:Taboadela. Aquí iniciamos o percorrido a pé de 5 Km. ata chegar á Igrexa de

Santa Mariña.

Actividades :- Faremos unha táboa de estiramentos.

- Recoller no caderno de campo: o nome das especies autóctonas e

foráneas que vaiamos atopando, ríos, regatos, fontes, lavadeiros, etc.

Tempo previsto: 2h. 30’

nº 2 : Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas e o seu entorno, onde se atopan o

castro de Armeá e a basílica da Ascensión.

Actividades: Visita á igrexa, o castro e a basílica.

Tempo previsto: o resto do día.

Materiais para levar na saída

· Mapas e planos

· Material elaborado polos alumnos e alumnas na aula

· Material de traballo: caderno de campo

· Material opcional:

- Roupa e calzado axeitado para camiñar.

- Máquina de fotos.

TRABALLO PREVIO NA AULA

1. Busca información sobre a lenda de Santa Mariña.

2. Na fotografía podes ver a “pedra formosa” de Santa Mariña. Explica de que se

trata.

Page 4: Itinerario a Santa Mariña

3. As seguintes imaxes corresponden a un período histórico determinado. Poderías

identificalo?. Explica que son estas imaxes.

4. Esta é a planta da igrexa de Santa Mariña. Analiza as súas características

formais e indica a que estilo artístico pertence.

Page 5: Itinerario a Santa Mariña

5. Identifica os elementos construtivos (soportes e cubertas) que aparecen nas

seguintes imaxes.

6. Describe as fotografías do exterior do edificio.

7. Fai unha composición sobre a importancia dos mosteiros na Galicia medieval.

8. Xa vimos que en Santa Mariña atopamos restos de diferentes épocas históricas.

Cres que é unha casualidade ou que hai unha explicación? Razoa a resposta.

9. A continuación tes o perfil topográfico de parte do traxecto que imos realizar.

Indica a altitude á que se atopa o lugar ó que imos.

Page 6: Itinerario a Santa Mariña

MATERIAL COMPLEMENTARIO

Mapa de curvas de nivel.

Page 7: Itinerario a Santa Mariña

Exercicios para antes de iniciar o roteiro.

TRABALLO POSTERIOR Á SAÍDA

Elabora un informe resumo sobre a saída. Nel debedes recoller, tamén, valoracións

persoais sobre a actividade.