isbn 978-84-92923-87-8 carlos casares 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras ›...

46
AS NOSAS VOCES ˘ 25 CARLOS CASARES A cultura galega no século XXI

Upload: others

Post on 06-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

AS

NO

SAS

VOC

ES˘2

5

CARLOS CASARES

A cultura galega no século XXI9 7 8 8 4 9 2 9 2 3 8 7 8

ISBN 978-84-92923-87-8

100 mm 100m140

mm

Page 2: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por
Page 3: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A cultura galega no século XXI

Page 4: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

Edita© CONSELLO DA CULTURA GALEGA, 2017Pazo de Raxoi · 2º andar · Praza do Obradoiro15705 · Santiago de CompostelaT 981 957 202 · F 981 957 [email protected]

Libro + CD

Proxecto gráficoImago Mundi Deseño

RealizaciónLúdica7

Depósito Legal: C 1710-2017ISBN 978-84-92923-87-8

Page 5: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

CARLOS CASARES

A cultura galega no século XXI

25 ˘ AS NOSAS VOCES

Santiago de Compostela, 2017

Page 6: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

LimiarDolores Vilavedra

Page 7: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

7

Moito se leva falado do Carlos Casares narrador oral,conversador infatigable e amenísimo, capaz deengaiolar as audiencias máis diversas, unha faceta

esta por el reivindicada ata o extremo de considerarse, sobretodo, «un contador» e de considerar a conversa como unhadas tres cousas que (xunto coa literatura e a amizade) máisamaba. Porén, pouco ou nada se leva dito da súa capacidadeoratoria e da súa actividade como conferenciante, que olevou por todo o mundo a falar para públicos eruditos e aca-démicos pero tamén para xentes do común que gozaban coasinxeleza fluída do seu verbo. Este 2017 deu ao prelo moitasdesas intervencións, algunhas delas aínda inéditas, coma estaque hoxe publicamos aquí. Froito desta vontade de pór envalor o Casares orador é, por exemplo, o volume Casares enCompostela. Universidade e literatura, editado pola USC ecentrado nunha serie de conferencias de formato máis benacadémico que teñen a súa orixe –máis ou menos remota–no labor investigador ao que o ourensán dedicou tantas horasna década dos 70, coa vista posta nunha tese de doutoramen-

Page 8: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

8

Dolores Vilavedra

to que finalmente non chegou a rematar. Outra faciana doCasares narrador oral amósanola a colectánea O expreso daliteratura e outros ensaios, onde se recolle a que seguramentefoi a súa derradeira conferencia, pronunciada dez días antesdo seu pasamento, ademais dalgunhas outras de tema litera-rio, impartidas en distintos foros (seminarios, cursos, xorna-das...), que continúan a súa aposta por unha modalidade dis-cursiva que Casares denominaba «ensaio narrado» e queposiblemente tivo o seu cruxol nos Encontros Literarios deVerines, dos que foi asiduo participante dende 1986, xuntocon outros moitos escritores e escritoras do Estado español.Esta conferencia que hoxe recuperamos na voz do propio

Casares foi pronunciada en 2001 no Congreso «A Culturano Século XXI» e, na liña das publicacións devanditas, pre-tende reivindicar a oratoria casariana non só na súa facetamáis coñecida de contertuliano senón sobre todo comocomunicador público. Cando falaba, Casares exercía amesma vontade comunicativa que na escrita. Se resultadoado detectar na súa obra xornalística a pegada do seu rexis-tro oral, tamén é moi visible nas súas intervencións públicas.Ao Casares orador pódeselle aplicar a célebre máxima cun-queiriana –levemente retocada– e afirmar que «contaba claroe sinxelo, coma quen come pan». Sendo como foi un dos

Page 9: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

LIMIAR

9

escritores galegos que máis reflexións metaliterarias noslegou, asombra comprobar que non hai diferenza ningunhaentre os seus obxectivos estéticos cando escribía e cando fala-ba. É ben coñecida xa a metáfora que desenvolveu para expli-car o seu estilo, que segundo el debía ser «como unha ventáben limpa que permita ver ao seu través. Hai escritores queprefiren converter a ventá nunha gran vidreira, pero entón ocristal é o protagonista e apenas deixa ver o que hai ao outrolado. Eu prefiro a ventá pulida». Mutatis mutandis, este prin-cipio retórico acáelle de vez a calquera das súas intervenciónsorais e, en concreto, a esta que hoxe reproducimos aquí.Os desafíos cos que a cultura galega se ía ter que enfron-

tar no século XXI eran un tema que seducía ao Casares inte-lectual e que abordou reiteradamente en foros formais einformais, como teñen manifestado os seus compañeiros doconsello de redacción da revista Grial, que, na época en queCasares a dirixiu (durante 16 anos, dende 1989 ata o seupasamento), atendeu a temas relacionados coa socioloxía, aarquitectura ou a divulgación científica, que ata entón esti-veran ausentes dunha cabeceira tradicionalmente centradaen asuntos filolóxicos e históricos. Pero ademais eses temaseran obxecto de substanciosos debates nas tertulias queseguían á cea coa que tradicionalmente lle puñan o ramo ás

Page 10: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

10

Dolores Vilavedra

sesións de traballo arredor da revista. Aí Casares despregabanon só a súa erudición senón tamén unha información abso-lutamente actualizada pois non esquezamos que lía fluida-mente varias linguas, nomeadamente o inglés, e que estabasubscrito a diversas revistas internacionais, a través das calestiña sempre unha información actualizadísima dos debatesque daquela mantiña a comunidade intelectual e científica.Se a isto lle engadimos a fluidez da súa fala e o didactismo daestrutura discursiva dos seus monólogos, podemos entendermoi ben que aquelas tertulias de sobremesa fosen un factorclave na evolución e apertura temática da revista.Falei de didactismo, e é que estou certa de que por tras

do Casares conferenciante asomaba o Casares ensinante.Pouco se leva falado da profesión que durante décadas lle per-mitiu ao escritor gañar a vida, malia que nos consta que dei-xou unha boa lembranza en colegas e alumnado. Non foi undocente militante, nin sequera un docente entregado, pero siquixo ser –como en tantas outras facetas da súa vida– unsedutor. Como lle confesou ao xornalista Ramón Loureiro,el entendía que a función do ensinante era «capacitar o alum-no para ler, facer que os rapaces gocen lendo». Esa mesmavontade de sedución, que no fondo xurdía dunha concep-ción hedonista da vida, era a que inspiraba as intervencións

Page 11: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

LIMIAR

11

orais de Casares: a súa dialéctica nunca tentaba vencer, senónconvencer.Cando Casares imparte esta conferencia, en 2001, ten

claro xa que hai dous elementos da cultura do futuro que vanser determinantes para a humanidade: a revolución dixital ea globalización. Sobre estas cuestións Casares vai falar e escri-bir arreo, entre outras razóns porque ambas converxen condúas das súas grandes paixóns: a tecnoloxía e a ciencia. Fir-memente convencido de que os avances tecnolóxicos podenaxudar o ser humano a vivir mellor e de que ciencia e huma-nidades non poden progresar de costas unha da outra, Casa-res non só argumentou reiteradamente en defensa destasideas, senón que as incorporou á súa praxe pública e priva-da. Xa se ten contado en moitas ocasións a fascinación casa-riana por todo tipo de trebellos tecnolóxicos, así coma os seusabraiantes coñecementos científicos, e non vou voltar aquísobre estas cuestións, pero si quero sinalar que só da plenainteriorización destas conviccións pode xurdir unha reflexióncomo a que reproducimos aquí.Casares comeza poñendo o foco nunha idea que hoxe

pode resultarnos obvia, pero que no arrinque deste século erapouco máis ca unha profecía tópica e unha pose milenarista.O paso do tempo non fai máis que darlle a razón: daquela

Page 12: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

12

anunciábase un cambio de ciclo, e iso obrigábanos a repen-sar non só o presente senón tamén a nosa relación co pasa-do. A partir desta aseveración, Casares pasa a describir a Gali-cia de entre séculos (XX-XXI) como unha sociedade moisemellante á da preguerra, cando menos no referido ao uni-verso simbólico a través do cal nos construímos e co que nosidentificamos, como individuos e como comunidade. Nonsorprende que, coma sempre, o ourensán considerase a xera-ción Nós como o punto de inflexión dunha concepción dagaleguidade da que, segundo o seu criterio, seguiamos a serdebedores, xa no alborexar do século XXI. Dende que na fasefinal da súa andaina universitaria Casares descubrira a obra eo pensamento de Risco, Otero, Cuevillas, Castelao... nondeixou de dialogar con eles. Velaí está, sostivo sempre Casa-res, o cruxol do que hoxe somos, pois o proxecto cultural epolítico daquela Xeración tería continuidade no que Galaxiadespregou como estratexia de supervivencia fronte á ditadu-ra franquista.Unha vez sentada esta premisa, Casares –sempre dialécti-

co– aborda o que el parece considerar o punto feble do pro-xecto Nós: o feito de configurarse nun momento en queGalicia era un país moi pouco evolucionado. Para el, a vidadas xentes na Galicia da década dos 20, na Galicia de Nós,

Dolores Vilavedra

Page 13: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

LIMIAR

13

era moi semellante á dos séculos precedentes e, polo tanto, omodelo identitario que daquela agromou estaba pensadopara unha Galicia rural que xa non existía. Este breve perco-rrido pola historia do noso país faino Casares coa soltura e acapacidade de síntese que só proporciona o coñecementoe a reflexión: non hai aquí improvisación, senón o diagnós-tico de quen levaba meditado moito, e moi fundadamente,nesas cuestións.Polo tanto, o Casares intelectual, e que entende esa fun-

ción como a praxe da dúbida reflexiva (esta idea apúntasetamén no texto), pasa a preguntarse como podemos construírunha identidade galega viable no novo mundo da globaliza-ción que xa non ten volta atrás. E aquí xorde –non podía serdoutro xeito– a cuestión da lingua. Casares abordouna sem-pre co optimismo informado e escéptico que o caracterizabae tamén cunha valentía que non sempre foi entendida e quelle permitiu facer afirmacións ás veces polémicas mais sem-pre lexitimadas polo seu indesmaiable compromiso co gale-go como lingua de expresión pública e literaria. Así, se porunha banda o escritor fai aquí fincapé nas capacidades evo-lutivas dun idioma como o galego, que nun período relativa-mente reducido de tempo conseguiu dotar unha lingua orale popular dun rexistro escrito, imprescindible para conver-

Page 14: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

14

terse nunha lingua culta e moderna, por outra reclámallesaos poderes políticos unha diagnose do proceso de normali-zación lingüística, das súas fortalezas e debilidades, que elconsideraba ferramenta imprescindible para o avance doproceso.E todo isto Casares faino coa lucidez e a honestidade

intelectual que sempre o caracterizaron, e que o levan a dubi-dar do tan estendido tópico de que os procesos de estataliza-ción sexan sempre positivos para a resolución das situaciónsde conflito lingüístico como a galega (o que non deixaría deresultar polémico, cando menos entre determinados sectoresda nosa cultura). Mais onde o intelectual se revela como máisousado e provocador é ao cuestionar, aínda que só sexa deesguello, o intocable criterio filolóxico que converte o idio-ma na valencia fulcral da galeguidade. Atrevéndose a dubi-dar do seu valor diferencial en termos identitarios, Casaresabona un debate aínda aberto nos nosos días e que abordaríamáis polo miúdo noutras ocasións: por exemplo, ese mesmoano 2001 no Foro Galicia Empresa (o texto desa conferen-cia, titulado «Reflexións sobre a lingua galega, o seu pasadoe o seu futuro», está recollido no xa citado volume O expresoda literatura e outros ensaios).

Dolores Vilavedra

Page 15: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

LIMIAR

15

A conclusión que Casares tira deste exercicio dialécticoconstitúe, na súa sinxeleza, todo un desafío porque resultaser, nin máis nin menos, que un programa político para aGalicia do século XXI: a nosa cultura só poderá sobrevivir noescenario da globalización se se expresa en galego porque oidioma foi o único elemento do universo simbólico consti-tuínte da nosa identidade que conseguiu sobrevivir ata hoxe.Calquera asomo de esencialismo que poida haber nesta argu-mentación resulta desactivado polo pragmatismo intelectualde Casares: a aposta polo idioma non é só unha aposta emo-cional senón que se sustenta tamén (sobre todo?) en razónsfuncionais.Mais que ninguén se confunda. Toda esta argumentación

que apresuradamente tentei resumir aquí non se desenvolvea través dun alarde plúmbeo de erudición, nin de exhorta-cións apostólicas nin de sermóns recriminatorios, modelosretóricos tan habituais na reflexión cultural. Casares debuxacon elegancia unha cartografía conceptual que nos leva conaxilidade, e case sen decatármonos, por unha liña do tempoque vai dende a Idade Media ata un presente dende o que seesforza por albiscar o futuro. Facer isto coa claridade e efica-cia con que aquí se fai non é casualidade, nin resultado dainspiración das Musas: é o froito da escolla consciente dun

Page 16: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

16

rexistro discursivo que tiña como obxectivo último e funda-mental conseguir a comunicación cun público, fose lectorou auditor. A ese compromiso foi fiel, sempre, o Casarescontador.Non quero rematar estas palabras sen chamar a atención,

xustamente, sobre como Casares lle pon o ramo ás súas. Des-pois de despregar ao longo de toda a conferencia un argu-mentario de tipo conceptual e analítico, Casares sorprénde-nos cun pinchacarneiro final, na mellor tradición retórica dosfinais climáticos, para poñer(nos) os pés na terra, e narraunha fermosa anécdota familiar, case íntima, que ilustra áperfección todo canto ata entón tentara explicar. Este saltoabrupto do universal ao singular obedece, unha vez máis, aoseu afán de chegar a todos os públicos, sen distinción. A fer-mosa metáfora final do axóuxere codifica á perfección a ace-lerada viaxe que, na súa opinión, terán que facer todas as cul-turas –e non só a galega– que queiran sobrevir no incertomundo da globalización. Como nos seus artigos de «Ámarxe», Casares non desaproveita ocasión para ensinarnos apensar o mundo tamén dende o cotián.

Dolores Vilavedra

Page 17: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A cultura galega no século XXICarlos Casares

Page 18: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por
Page 19: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

19

Presentador.- Bos días a todos. Teño o pracer de presen-tar a Carlos Casares, aínda que, sendo lugar común, non faifalla presentalo.Moitas veces sinto envexa escoitando algúns dos nosos

mestres que coñeceron os grandes sabios desta terra, comofoi Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Ramón Piñeiro, xenteque os coñeceu, que os tratou, que aprendeu moito deles,Castelao. Penso tamén que nós temos a sorte de coñecer, detratar, a xente como Carlos Casares, outras personalidades,outros persoeiros que viven día a día con nós en Galicia.Carlos Casares reúne, por unha banda, unha personali-

dade creadora, literaria, de primeirísima liña, unha das gran-des figuras da narrativa galega contemporánea, autor de moi-tos títulos que todos temos na cabeza. Entre eles, eudestacaría, simplemente, Ilustrísima. O texto, un deses tex-tos fundamentais da nosa literatura, como é, por exemplo,O principiño, para a literatura francesa, El viejo y el mar, paraa literatura angloamericana, ou incluso noutras épocas, Pla-

Page 20: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

20

tero y yo, para a literatura en lingua española. Carlos Casaresé autor desa novela perfecta que se chama Ilustrísima. Dou-tra banda, como sabedes, ten unha dimensión social e cul-tural importantísima para nós, presidindo o Consello daCultura Galega, dirixindo a Editorial Galaxia, e tantas e tan-tas tarefas que desenvolve ao longo da súa vida entre nós.Sen máis, déixovos con Carlos Casares.

Carlos Casares.-Moitas grazas a Chema pola súa amablepresentación. Moi bos días a todos.Imos reflexionar durante algún tempo sobre esta cuestión

relacionada coa cultura galega xa entre dous séculos, porqueaínda que, cando nos referimos ao século pasado, nos custamoito adaptarnos á idea de que non estamos falando dodezanove senón xa do século vinte, en realidade vivimos entredous séculos. Dous séculos que, normalmente, aínda que noscuste entender por que razón, adoitan marcar sempre cam-bios de tendencia. Xeralmente, se analizamos os últimos milanos, mil quiñentos anos, vemos que os grandes cambios seinician a finais das centurias e se completan na centuriaseguinte. Nós tivemos a sorte ou a oportunidade histórica deasistir a un cambio, un cambio importantísimo, que se ini-cia xa no século anterior e que probablemente se vai comple-tar no século no que estamos. Quizais por vivir nesta circuns-

Carlos Casares

Page 21: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

21

tancia, quizais por vivir nun momento de cambio, resúlta-nos moi difícil entender e comprender como vai ser esemundo que empezamos a deseñar e que empezamos a albis-car agora. Entre outras cousas porque aínda nos custa moitoprescindir do universo cultural no que fomos formados enGalicia e que é un universo que se deseñou, fundamental-mente, nos comezos do século actual, fundamentalmente nosanos anteriores á Guerra Civil.Tense dito moitas veces que todos os galegos somos debe-

dores da visión xeográfica de Galicia que nos deixou donRamón Otero Pedrayo, aínda aqueles que non leron os librosde Otero sobre a xeografía de Galicia. Antes de don RamónOtero Pedrayo, normalmente cando se falaba de Galicia, falá-base como da Suíza española, falábase dun país que se puñasempre en relación con outro, fundamentalmente con Suíza.Foi Otero Pedrayo o que estudou Galicia como realidade sin-gular, o que fixo un estudo das súas características xeográfi-cas propias, que non eran similares ás de ningún outro país,dentro dunha filosofía creada polos homes da chamada xera-ción Nós que tivo como misión fundamental definir a Gali-cia desde perspectivas moi distintas. O mesmo Galicia comorealidade física, que foi o que lle correspondeu facer a donRamón Otero Pedrayo, como catedrático que era de Xeogra-

Page 22: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

22

fía, primeiro no instituto de Ourense, logo posteriormentena Universidade de Santiago. Definir Galicia como realidadecultural, desde o punto de vista etnográfico, que foi o quefixo don Vicente Risco, home que, inicialmente, foi licencia-do en Dereito, sen formación universitaria profunda, postoque estudou a carreira por libre, sen vocación, desde Ouren-se, pero que xa como profesor da Escola Normal, despois depasar unha tempada en Madrid formándose con eles, acaboudedicándose fundamentalmente ao estudo da cultura popu-lar na súa vertente material e espiritual. Pódese dicir queRisco é un dos grandes responsables da definición da culturagalega como realidade etnográfica. Logo veremos ata quepunto isto ten marcado a nosa visión da cultura galega dosnosos días.Don Florentino Cuevillas, membro tamén desta xera-

ción, quixo estudar Galicia como realidade histórica ou,mellor dito, como realidade prehistórica. Antes del tíñasefalado, sobre todo no século dezanove, da importancia quetivera un pasado máis ou menos mitolóxico relacionado comundo celta. Todo isto era unha visión romántica creadapolos escritores do século dezanove sen unha gran base cien-tífica. Foi don Florentino Cuevillas, home de formación uni-versitaria relacionada co mundo das farmacias (el era farma-

Carlos Casares

Page 23: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

23

céutico, aínda que nunca chegou a exercer como tal) peroque se consagrou como afeccionado chegando a ter unhagran competencia na materia como arqueólogo e prehisto-riador. Neste sentido, como lle recoñecía o profesor Pericot,foi unha das grandes cabezas da prehistoria española. Foi elo que puxo por vez primeira as bases científicas do que podíaser un estudo da realidade prehistórica galega, pero semprecunha intención moi definida e moi determinada, non comosimple arqueoloxía destinada a reconstruír o pasado, senóncomo elemento destinado a ir configurando un futuro. Oshomes de Nós non estudaban a cultura popular ou a arqueo-loxía ou a prehistoria por razóns puramente profesionais,senón que eles trataban de sacar deses estudos unha defini-ción ou proxecto cultural e incluso político para Galicia.Finalmente, temos o caso de Castelao. Tamén membro

desta xeración que, como pintor, debuxante ou incluso comoprofesor de arte, inda sendo inicialmente médico de profe-sión, se dedicou a estudar a arte popular a través de manifes-tacións moi diversas, pero, sobre todo, como vostedes sabenmoi ben, estudando os cruceiros, elemento moi importanteda arte popular galega.Polo tanto, foron estes homes da xeración Nós e algúns

máis, dos que non imos falar agora, os que configuraron dal-

Page 24: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

24

gunha maneira ese universo simbólico do que se entende porcultura galega, do que aínda en certa maneira seguimossendo debedores. Ou, dito doutra maneira, prisioneiros, namedida en que esta maneira de entender Galicia é simboli-camente como unha cultura determinada, pertence irreme-diablemente ao pasado e dificilmente, se non nos desprende-mos dela, estaremos en condicións de afrontar o futuro. Creoque unha das grandes eivas do que podemos chamar a cultu-ra, esa cultura galega que sae da xeración Nós, é a de estaraínda ancorada no século pasado, entendendo o século pasa-do non só como unha realidade temporal, senón inclusocomo un símbolo de algo que xa rematou.Efectivamente, os homes da xeración Nós, cando defi-

nen esta Galicia, están falando dunha Galicia estable,dunha Galicia na que aínda non se teñen producido gran-des cambios, nesa Galicia que as persoas que teñen agoraarredor de cincuenta ou sesenta anos recordarán perfecta-mente como unha Galicia que non se diferenciaba moito,polo menos na súa realidade rural, do que fora a Galiciamedieval. As persoas que coñeceron o campo galego dosanos cincuenta recordarán perfectamente que era un campono que non se tiñan practicamente movido as cousas en milanos, nin sequera na súa realidade física. A aldea era un

Carlos Casares

Page 25: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

25

enleado de calellas sen pavimentar, de lama. Colocábanse, ásveces, polo medio unhas pedras para poder avantar sen afun-dirse no barro. Conservábanse institucións medievais, comopodían ser os concellos abertos, ou como a maneira de faceras tarefas colectivamente. Conservábase un forno colectivopara que todos os veciños cocesen o pan por rolda, asignán-doselle a cada un un tempo. Non había luz eléctrica, etc. Esemundo non se moveu practicamente en mil anos. A partirdos anos cincuenta, sesenta, iníciase unha transformación,que é a transformación que vén acompañada polos primei-ros grandes cambios que se producen na cultura do séculovinte en toda Europa e que empezan a chegar tamén a Gali-cia, aínda que tarde e lentamente, pero que van penetrando.E van penetrando fundamentalmente a través dos novosmedios de comunicación, especialmente a televisión, e pos-teriormente tamén a través dos fluxos migratorios, da canti-dade de galegos que nos anos sesenta abandonan Galicia endirección Europa, non en dirección América, que foron aemigración que existía xa desde o século dezasete, dezaoito,pero que non tivera a transcendencia que ía ter a emigracióneuropea, na medida en que a emigración que se dirixe aEuropa trae xa uns valores que son máis propios dunha etapada historia distinta que os que podían vir de América, que se

Page 26: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

26

parecían no fondo bastante aos valores que tiñan abandona-do os nosos emigrantes.Iníciase, polo tanto, esa transformación. É o que se pode

chamar a cultura galega, entendendo por cultura galega a quenace da xeración Nós e antes, quizais un pouco antes, dasIrmandades da Fala, ese movemento que chegara a ter unhaenorme importancia nos anos anteriores á Guerra Civil e quequeda practicamente conxelado despois da guerra até queresucita arredor dos anos cincuenta. Ese movemento que ten,ademais dun proxecto cultural, ou, mellor dito, que dun pro-xecto cultural quere concibir ou deducir tamén un proxectopolítico; aínda nunha situación politicamente irregular, sendemocracia, sen debate aberto, na clandestinidade, ese pro-xecto está en marcha. De maneira que, nos anos cincuenta,o que podemos chamar o galeguismo que procede da únicaforza política que reivindicaba este universo simbólico, cul-tural e un proxecto político, que era o Partido Galeguista,reconstrúese na clandestinidade e actúa, tamén, na clandesti-nidade durante todo este tempo en combinación con aque-loutros países do resto de España que tiñan tamén unha rea-lidade similar, polo menos no plano cultural, á que tiñamosnós, que son Cataluña e o País Vasco.

Carlos Casares

Page 27: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

27

Este proxecto, como digo, nos anos mil novecentos cin-cuenta practicamente non modifica os presupostos ideolóxi-cos construídos polos homes da xeración Nós. Podemos dicirque os continuadores do ano 1950, a xente que se move aoredor da Editorial Galaxia, no fondo, como eles declaran erecoñecen ademais dunha maneira explícita, séntense herdei-ros de Nós e non introducen cambios substanciais. Cando sedi que os homes da Xeración Galaxia tratan de introducirdentro da cultura galega elementos importantes da culturaeuropea, sobre todo no plano filosófico, a importación deHeidegger ou do existencialismo sobre todo alemán, non esta-mos falando de ningunha novidade. É certo que os homes deGalaxia traducen a Heidegger ou a Spranger. É certo quetratan de introducir dentro da cultura galega os grandesmovementos filosóficos da Europa dos anos sesenta, peronisto non se diferencian en absoluto do que tiña ocorrido coshomes de Nós, que, cando fundan a revista Nós, se declaraneuropeístas e consideran, ademais, que o que eles tratan deintroducir na cultura galega son os grandes movementos cul-turais europeos. Polarizados cara a países como Irlanda, porexemplo, ou a outros países que eles estiman que hai certassimilitudes, fundamentalmente a través daquel gran mitocreado dos pobos celtas.

Page 28: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

28

Pero antes de que os homes de Galaxia se declarasen her-deiros da xeración Nós e que, como eles, tratasen de entron-car a cultura galega coa cultura europea, xa tamén estes mes-mos homes, Risco, Otero, Cuevillas, o propio Castelao, queempezan militando fóra do ámbito da cultura galega, na cul-tura española ou castelá, a través do Modernismo, acabantrasladando todo o que é o postsimbolismo europeo todo oque son os valores culturais modernos, acábanos trasladandoa unha cultura, a unha literatura, se vostede quere, como agalega, que nesa época é unha cultura moi ancorada na formamenos brillante do realismo literario (que si fora moi brillan-te no século dezanove) que foi o costumismo no que tiñacaído a literatura galega a principios de século. Son os homesde Nós, precisamente, os que modernizan a literatura galegaa través dese transvase que supón a súa formación modernis-ta en castelán. Cando eles descobren no ano 1918, grazas ásúa relación con Cambó, que existe unha literatura propia enlingua galega, que esa literatura pode non sucumbir, comoeles pensaban que estaba a piques de sucumbir en mans docostumismo, senón que se pode revitalizar introducindo nelaos grandes movementos estéticos do postsimbolismo euro-peo, que é o que fan. Polo tanto, cando en 1950 os homesda Xeración Galaxia incorporan á cultura galega os valores

Carlos Casares

Page 29: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

29

culturais de Europa, sobre todo a filosófica, non están intro-ducindo ningún cambio, seguen sendo continuadores. E nonsó seguen sendo continuadores nese desexo de entroncar acultura galega na cultura europea, senón que seguen sendocontinuadores tamén na concepción xeral de Galicia, e sobretodo da lingua.Que ocorre coa lingua? A lingua galega tal como aparece

nas primeiras reflexións lingüísticas dos homes de Nós é adepositaria da esencia dunha cultura. Tanto é así que oshomes de Nós, e tamén posteriormente os homes de Gala-xia, chegan a identificar de tal maneira cultura galega con lin-gua galega que chegan á conclusión de que, se Galicia perde-se a súa lingua, definitivamente perdería a súa condición depobo singular dotado dunha cultura propia. Isto é, natural-mente, moi discutible desde o punto de vista lingüístico,desde o punto de vista antropolóxico, porque non sempreunha cultura se expresa unicamente a través dunha lingua.Ás veces hai culturas que comparten a mesma lingua. Porexemplo, Sapir tennos contado como nos Estados Unidos haideterminados pobos indios que comparten a mesma lingua,pero non comparten a mesma cultura. Que quere dicir isto?Que esas tribos falan o mesmo idioma, pero teñen culturasdiferentes, polo menos, culturas materiais e espirituais, no

Page 30: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

30

sentido de que non comparten, por exemplo, os mesmos ins-trumentos de labranza, teñen instrumentos distintos; noncomparten a mesma literatura popular, ademais de compar-tir a lingua, polo tanto estamos falando de universos cultu-rais distintos a pesar de compartir a mesma lingua. E, aorevés, tense dado o caso de pobos que comparten os mesmosinstrumentos de cultura material, incluso comparten unhamesma cultura espiritual, en cambio non comparten lingua.Este é un feito que debemos utilizar e que non se ten uti-

lizado practicamente en Galicia cando se ten reflexionadosobre a importancia da lingua como elemento diferenciadorfundamental desa cultura. Unha cultura, como temos nocaso dos países latinoamericanos, non podemos pensar queperuanos, arxentinos, venezolanos, chilenos compartan connós a mesma cultura. Que compartimos a mesma lingua, evi-dentemente. Pensen vostedes no problema da literatura.Temos un conxunto de literaturas na América hispana quecomparten a mesma lingua, pero iso non nos leva a falardunha única literatura, porque estamos falando tamén dunhaúnica lingua. Nin os arxentinos están dispostos a aceptar queMario Vargas Llosa pertence á literatura arxentina nin osperuanos estarán dispostos a aceptar que Borges pertence áliteratura peruana. Compártese lingua, pero dificilmente

Carlos Casares

Page 31: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

31

podería dicirse que estamos falando dunha única literatura,porque si que estamos falando de culturas distintas.O tema é enormemente complexo e dificilmente estas

cuestións son debatibles con serenidade. Os problemas lin-güísticos sempre levan consigo unha carga emocional moiforte que ás veces os fai difíciles de tratar coa asepsia quepoden ser tratados problemas desde un punto de vista socio-lóxico ou desde un punto de vista científico. A reflexión lin-güística en Galicia está neste sentido bastante lastrada epouca innovación se ten feito neste aspecto concreto do queestou falando desde a xeración Nós ou desde a Xeración Gala-xia para aquí. Evidentemente, cando os homes de Nós defi-nen ese universo simbólico de tipo cultural, están definindoun universo simbólico rural, é dicir, cando están falando deque é Galicia, para eles Galicia é a Galicia fundamentalmen-te rural, porque a Galicia urbana consideran que dalgunhamaneira perdeu o rumbo e perdeu a esencia do que era esaGalicia ancorada no campo. Aquí temos xa un primeiro pro-blema que nos debe presentar un interrogante, é dicir, seGalicia se define esencialmente polas súas condicións cultu-rais desta cultura rural, estamos falando evidentementedunha sociedade condenada ao fracaso.

Page 32: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

32

Está claro que se a Galicia que nos define como pobo é aGalicia da realidade espiritual e material que nos conta Risco,é unha Galicia condenada a sobrevivir unicamente nunmuseo. Se vostedes percorren Europa, verán que nos museosetnográficos aparecen alí, por exemplo, os elementos da cul-tura material dos pobos europeos que, en Galicia, aíndaforon obxectos de uso cotián até moi recentemente. Eu recor-do a primeira vez que entrei nun museo etnográfico en Sue-cia e atopeime con que obxectos que alí eran xa de museo eque desapareceran da vida como elementos prácticos, enGalicia aínda seguían sendo obxectos de uso cotián, pero,evidentemente, vendo como Suecia nos últimos corenta oucincuenta anos se transformara dunha sociedade rural a unhafundamentalmente urbana e industrial, un podía ver clara-mente como aqueles mesmos obxectos en Galicia era cues-tión de tempo de que acabasen reducidos á condición deobxectos de museo. Quen fala de elementos da cultura mate-rial, basicamente de instrumentos, fala tamén da cultura espi-ritual. Xa non podemos pensar que esa Galicia que ás vecesevocamos soñadoramente como a Galicia na que se conta-ban contos arredor da lareira, esa Galicia na que había cren-zas máis ou menos máxicas dun comportamento irracionalda natureza ou máxico, se queren, da natureza. Todo isto que

Carlos Casares

Page 33: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

33

para algunhas persoas aínda ten algo que ver ou tiña algo quever nas nosas vidas, naturalmente, está condenado a desapa-recer e, probablemente, está xa dando as súas últimas rabe-xadas. Debemos esquecernos, polo tanto, de que a Galiciaque definiron os homes de Nós e que tamén trataron de rede-finir, sen cambialo substancialmente, os homes de Galaxia, éunha Galicia se non desaparecida, en transo de desaparecer.É certo que un dos elementos máis importantes desa cul-

tura que hoxe podemos chamar xa sen rubor cultura etno-gráfica, un dos elementos máis importantes desa cultura foia lingua. A lingua galega naceu nun espazo rural e naceu fun-damentalmente como lingua de expresión dos campesiños.Nun momento determinado por unha decisión feliz dunpequeno sector, moi pequeno numericamente, pero conprestixio e dotado dun gran vigor espiritual, conseguiu noséculo pasado, no século dezanove, conseguiu que esa linguaque era un lingua fundamentalmente de expresión oral popu-lar, se transformase tamén nunha lingua de expresión escritaculta. Que fose capaz de crear primeiro unha literatura poé-tica, que os grandes heroes, como se ten dito do século deza-nove, son fundamentalmente os poetas, e posteriormentetamén que lle dese a condición de lingua literaria en prosa.Son os creadores da prosa galega tamén os homes de Nós, e

Page 34: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

34

que incluso eles sexan tamén os creadores da prosa científi-ca. Polo tanto, o galego si que, ao revés do que sucedeu conoutros elementos desta cultura popular, púxose en disposi-ción de abandonar un mundo condenado a desaparecer e tra-tará de incorporarse a un mundo destinado a sobrevivir. Queo galego, se non desapareceu, foi porque nun momentodeterminado deixou de ser a lingua de expresión dese mundoetnográfico e pasou tamén a converterse, aínda que minori-tariamente, na lingua de expresión dunha sociedade moder-na. Este paso de lingua rural, de lingua dunha sociedaderural, a lingua dunha sociedade urbana, é un paso que nonse completou e que foi, en certa maneira, a tarefa que se pro-puxo a Xeración Galaxia. Que esta lingua, que fora funda-mentalmente lingua, primeiro rural e despois lingua poéticae logo posteriormente lingua de expresión cultural total,pasase a ser a lingua de expresión normal da sociedademoderna galega.Isto é un dos puntos sen completar, porque hoxe en día

asistimos a un proceso que vostedes coñecen moi ben, unlongo proceso que dura moitos anos, de substitución da lin-gua galega por parte da lingua castelá, que se mostra conmoita máis vitalidade no campo social, quizais non no lite-rario, é dicir, o noventa por cento do que se escribe literaria-

Carlos Casares

Page 35: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

35

mente en Galicia escríbese en galego, pero, en cambio, isonon se corresponde coa realidade da vitalidade da lingua cas-telá na sociedade. O castelán conquistou ámbitos importan-tes da sociedade galega, pero non a sociedade en si. Hai unproceso de substitución, que se iniciou hai moitos anos, queavanzou lentisimamente até os anos sesenta, aproximada-mente, e que desde entón empezou a acelerarse, de maneiraque a realidade que temos nestes momentos é moi sinxela:cada vez hai moitos pais que habitualmente falan entre elesen galego que xa non lles transmiten a lingua aos seus fillos,que lles transmiten outra lingua, que é o castelán, e son, encambio, moi poucos os pais que falan habitualmente en cas-telán entre eles que cambian de lingua para transmitirlles ogalego. De maneira que se este proceso non se inverte, natu-ralmente estamos destinados a que en poucos anos o núme-ro de falantes en lingua galega sexa infinitamente máispequeno que o número de falantes en lingua castelá, dándo-se un proceso inverso ao que ocorría até os anos cincuenta,que había un noventa por cento aproximadamente da poboa-ción que se expresaba raramente en castelán, porque esa eraa porcentaxe da poboación rural, e na mesma maneira en queGalicia se foi urbanizando, pois a lingua castelá foi avanzan-do. Así que se hai corenta anos a inmensa maioría dos gale-

Page 36: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

36

gos falaban en galego habitualmente, hoxe encontrámonoscon que a tendencia é exactamente a chegar á situación con-traria, a que a inmensa maioría dos galegos falen en galego.É certo que nos últimos anos as medidas que se tomaron, oensino en galego ou a utilización do galego como lingua esco-lar, a cooficialidade, a utilización do galego como lingua lite-raria practicamente universal en Galicia, o éxito da literaturagalega, a conquista de determinados ámbitos como o políti-co, parlamentario, administrativo, todo isto non inverteu atendencia da substitución do galego polo castelán, pero pro-bablemente tena ralentizado. Se tivésemos feito un estudoque hai anos que debía estar feito, que era o da avaliación doproceso de normalización lingüística que se iniciou coa auto-nomía, teriamos neste caso os datos máis claros. Poderiamossaber que ocorreu desde que o galego é a lingua cooficial elingua escolar e lingua administrativa, poderiamos saberexactamente cal é a radiografía actual e se se moveu desde oano 1982-83 este mapa ou se se moveu nunha dirección ounoutra, eu sospeito que se moveu só nunha dirección, aíndaque probablemente non seguindo o proceso de aceleraciónque se iniciara nos anos sesenta.Dito isto, atopámonos no comezo do novo século cunha

perspectiva nova que é a dun mundo distinto que se vai con-

Carlos Casares

Page 37: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

37

figurar. Un mundo que se está desenvolvendo diante dosnosos ollos, que todos percibimos que está cambiando, peroque aínda non sabemos a profundidade que vai ter ese cam-bio e que mundo cultural vai configurar ese cambio. Esta-mos na posición de intelectual e non de científico. O inte-lectual hai que definilo non como o que sabe, senón o quedubida, por iso pode avanzar na súa reflexión. A dúbida dointelectual é a súa grande arma de coñecemento. O que sabenon é o intelectual, o que sabe é o científico, porque operaxa sobre un ámbito de coñecemento onde se poden consta-tar os avances dunha maneira obxectiva. O intelectual non éun científico. O intelectual é un home que reflexiona e queavanza a partir da dúbida. Por iso os intelectuais están hoxetan desconcertados ante isto que está pasando. Todos fala-mos de globalización, todos falamos de novas tecnoloxías,todos falamos de rede. Polo tanto, en fronte temos, efecti-vamente, algo que podemos chamar globalización, contodos os matices que queiramos, facendo todas as excepciónsrespecto do tópico que podemos estar xa creando, todosfalamos de novas tecnoloxías, que son unha realidade quenon podemos ignorar, e todos falamos tamén dese novo ins-trumento que é Internet ou a rede ou como lle queiramos

Page 38: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

38

chamar. Do que nos resulta moi difícil falar é que mundo vaiconfigurar todo isto. Está claro que estamos cambiando a nosa concepción do

mundo. Que consecuencias pode ter isto de cara ao futuro?Aínda non temos a posibilidade de sabelo. Sabemos que vaihaber un cambio, pero non estamos en condicións de deci-dir en detalle en que vai consistir este cambio. O cambiovaise producir. Probablemente estamos asistindo, como xaasistimos noutra época da historia, a procesos de uniformi-zación que xeran procesos de resistencia á uniformización.No século pasado, polo menos en Europa, hai un proceso deuniformización, que é o proxecto napoleónico de crear unhaespecie de imperio europeo lingüisticamente uniformizadocoa lingua francesa. E isto sabemos que produce, por unlado, resistencias políticas contra o proxecto napoleónico,que é un proxecto imperial, globalizador, e, por outro lado,resistencias lingüísticas. É contra este proxecto contra o quesobreviven as linguas que hoxe chamamos minoritarias,como pode ser o occitano, como pode ser o catalán, como podeser o galego, ou como pode ser o éuscaro, ou como poden seroutras linguas, incluso o proceso de debate que se abre enGrecia entre a lingua demótica e a lingua clásica. Hai, polotanto, xa no século pasado polo menos, no ámbito europeo,

Carlos Casares

Page 39: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

39

unha resistencia fronte a un proceso que podemos chamarglobalizador. Hoxe en día, fronte a este proxecto globaliza-dor, que se define a través das novas tecnoloxías, está claroque hai, ao mesmo tempo, un proceso de resistencia que seopón a este. Veremos ou estamos asistindo ás primeiras opo-sicións políticas. Estes días aínda podemos ver a través datelevisión como en determinadas reunións de ámbito inter-nacional aparecen xa as vangardas do que pode ser a oposi-ción a ese proxecto globalizador no plano político, perotamén hai resistencia no plano cultural. Estas resistenciasdefínense fundamentalmente pola forza que adquiren osmovementos que apoian as singularidades, como se os paí-ses nese proxecto globalizador non quixesen perder a súamarca de identidade como pobo ou a súa marca de identi-dade cultural. Aquí regresamos ao ámbito de Galicia. Nese proceso glo-

balizador que tende á uniformidade, que tende a converter omundo nun espazo único, incluso lingüístico, polo menosno manexo da rede, o inglés estase impoñendo practicamen-te como a lingua obrigatoria para moverse pola rede. Neseespazo de globalización, de uniformización, cal é o papel quelle pode corresponder ou que lle queda, por dicilo dunhamaneira máis pesimista, a unha pequena cultura que se

Page 40: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

40

expresa a través dunha pequena lingua? Cal é o papel que llecorresponde? Isto é o que temos que definir entre todos. Noné só un problema que afecte aos galegos, senón que afecta aoscataláns, afecta aos vascos, afecta aos bretóns, afecta inclusoa países que teñen linguas identificadas cun Estado. En Espa-ña somos catro linguas, pero só unha é a lingua do Estado,as demais son linguas de Comunidades Autónomas. Está porver esa mitoloxía que se defende en calquera destas minoríasde que un proceso de estatalización contribuiría dunhamaneira clara a unha mellora do proceso lingüístico. Isto émoi dubidoso. En Irlanda, evidentemente, non funcionou.E tampouco é seguro que un proceso de estatalización con-tribúa a unha mellora da situación lingüística. En todo ocaso, o que nos interesa a nós é saber cal vai ser o futuro des-tas culturas nesta situación nova que se está inaugurando ásportas do século XXI. Evidentemente, temos que abandonarese universo simbólico de tipo cultural que construíron oshomes de Nós e os homes de Galaxia. Galicia xa non é unhaGalicia que se define como a definiu Risco, como a definiuOtero, como a definiu nin sequera no plano xeográfico, esta-se transformando, está cambiando. Entón terémola que defi-nir de novo, pero a esencia de Galicia non se basea na cultu-ra popular nin na cultura espiritual e material da aldea

Carlos Casares

Page 41: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXI

41

galega. Baséase na lingua na medida que a lingua foi o únicoelemento dese pasado que sobreviviu e que tratou de incor-porarse ao proceso de cambio dunha sociedade rural a unhasociedade industrial, a unha sociedade urbana. Definir isto éunha tarefa urxente, probablemente difícil, non probable-mente, con toda a seguridade, difícil, e que é a única manei-ra de que podamos incorporarnos a ese proceso que se estádebuxando. Aquí non valen procesos voluntaristas nin valenprocesos máis ou menos románticos.Eu quero rematar estas reflexións cunha anécdota persoal

que creo que ilustra bastante ben todo canto acabei de dicir.Resulta que cando eu cheguei a Suecia a primeira vez, e naceuo meu primeiro fillo, alí en Suecia eu incorporeime a unmovemento que estaba moi vivo na Suecia de entón, que erarecuperar determinados elementos da cultura popular queaos suecos lles parecían moi útiles e moi fermosos para tras-ladalos á cultura urbana. Isto supuña que había moitos rapa-ces e rapazas que se ían vivir ao campo para facer o queixocomo se facía á maneira tradicional, para cocer o pan en for-nos como se facía na maneira tradicional, como un move-mento de regreso á terra. Entre estes movementos, algúnsdeles, sen chegar ao radicalismo de ir vivir á aldea como cam-pesiños, trataron de salvar determinados elementos materiais

Page 42: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

42

da cultura popular sueca e incorporalos á urbana. Por exem-plo, os berces dos nenos. Eran uns berces de madeira moibonitos, eu compreille ao meu fillo un berce de madeira, eraun daqueles berces novos de cores e de barrotes, e o nenodurmía nunha camiña como podería durmir un neno noséculo XV ou no século XVI. Tamén dentro dese procesoromántico, de recuperación, compreille un axóuxere do sécu-lo XVII, que era todo de madeira, precioso, que a min meparecía fermosísimo, e o neno xogou con aquel axóuxere noseu vello berce medieval durante algún tempo, xusto até quealguén lle regalou un axóuxere de plástico de cores. A partirdaquel momento, tirou co axóuxere de madeira e o seuxoguete predilecto foi o que a min me horrorizaba, que era oaxóuxere de plástico de cores, pero que a el era o que máis llegustaba. Este é un símbolo bastante claro de todo o queacabo de dicir.Pola miña parte, nada máis e moitas grazas.

Carlos Casares

Page 43: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por
Page 44: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

Índice

Page 45: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

6 LIMIARDolores Vilavedra

17 A CULTURA GALEGA NO SÉCULO XXICarlos Casares

Page 46: ISBN 978-84-92923-87-8 CARLOS CASARES 9 7 8 8 …consellodacultura.gal › mediateca › extras › CCG_2017_A...oratoria e da súa actividade como conferenciante, que o levou por

AS

NO

SAS

VOC

ES˘2

5

CARLOS CASARES

A cultura galega no século XXI9 7 8 8 4 9 2 9 2 3 8 7 8

ISBN 978-84-92923-87-8

100 mm 100 mm 141