irmán rei artur - barcanova.cat · contos do castromilsae á luz «a súpeta despedida de ramón...

8
Irmán Rei Artur Carlos G. Reigosa XERAIS

Upload: hoangdan

Post on 11-Feb-2019

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Irmán Rei Artur - barcanova.cat · Contos do Castromilsae á luz «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992) e en Contos eróticos/eles «Matinacións zafanarias» (1990). Esta

Irmán Rei ArturCarlos G. Reigosa

XERAIS

Page 2: Irmán Rei Artur - barcanova.cat · Contos do Castromilsae á luz «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992) e en Contos eróticos/eles «Matinacións zafanarias» (1990). Esta

O AUTOR

2

Título: Irmán Rei ArturAutor: Carlos G. ReigosaEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Fóra de XogoNº páxinas: 153ISBN: 84-8302-606-6

CARLOS G. REIGOSA naceu en 1948 enLagoa de Pastoriza (Lugo).Licenciado en Ciencias Políticas, dedícaseó xornalismo. É autor de numerosos arti-gos sobre crítica teatral e literaria, asícomo de política internacional.De carácter xornalístico é o libro Conversasde Gonzalo Torrente Ballester con Carlos G.Reigosa publicado en 1983, Fuxidos desona en 1989 e tamén a escolma de artigoslongos sobre a morte de diversos persona-xes O doutor Livinstone, supoño.Ten publicadas as novelas Oxford, amén e a colección de narracións breves Homes de trasda Corda en 1982. Acada o I Premio Xerais de novela con Crime en Compostela un ver-dadeiro best seller e considerada a primeira novela negra da literatura galega. En 1986publica a colección de relatos As pucharcas da lembranza; en 1988 a novela O misterio dobarco perdido e o libro dirixido ó lectorado infantil Dous máis dous, catro contos para nenos;Os outros disparos de Billy en 1991; a novela A guerra do tabaco en 1996. Ademais, nosContos do Castromil sae á luz «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992) e en Contoseróticos/eles «Matinacións zafanarias» (1990).Esta novela Irmán Rei Artur foi publicada por primeira vez en 1987.

O libro contén os seguintes textos:Unha introducción de León T. Vivanco, asinada en 1987. Nela fala do autor e da súa pro-ducción literaria, para acabar centrándose nesta obra.

FICHA TÉCNICA

ARGUMENTO

Page 3: Irmán Rei Artur - barcanova.cat · Contos do Castromilsae á luz «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992) e en Contos eróticos/eles «Matinacións zafanarias» (1990). Esta

3

Un prólogo de X.L. Méndez Ferrín, no que realiza un percorrido pola materia de Bretaña.Fai unha xenealoxía desta materia dende as lendas e tradicións, os poemas do século XII,romances e novelas de cabalerías que percorren Europa ata a presente novela, pasando porCunqueiro e Cabanillas.Un limiar de Carlos G. Reigosa titulado «¡Viva o rei Artur!» (do que facemos unha exten-sa recensión por parecernos interesante para a comprensión desta e outras obras análogas).Nel, vai desfiando a historia da xénese da materia de Bretaña, explica cómo os anglosa-xóns derrotan ós celtas da Bretaña insular e dun xeito soberbio búrlanse deles por non terunha relación certa da historia dos seus devanceiros, por ser desmemoriados historica-mente… Pero, os bretóns eran outra estirpe: distintos pero non inferiores, dotados para aficción e a fábula, para o ensoño recreador, para a maxia e o lirismo, a esaxeración e ohumor… Teñen a fantasía celta e pode parecer un pobo «estúpido», pero só o é en apa-rencia. Remataba de ser derrotado máis polas disputas internas que pola forza ou a inte-lixencia dos atacantes. Coma quen di, era un pobo que se derrotara a si mesmo. E estepobo decide contraatacar: tódalas historias do mundo, as propias e as alleas convertidas enbretonas para sempre; borrando definitivamente as fronteiras entre o que se tiña por reale irreal, e creando unha prodixiosa historia endexamais contada, quizais a máis fermosa detodas… e ninguén era máis indicado para concibila que este pobo derrotado e soñador. Aesperanza dun rei que foi e que volverá ser, para ben de todos; consumando a vinganzabretona fronte ós arrogantes, vencendo por fermosa. E dende aquela, todos a reinventaras historias, tamén en Galicia, contribuíndo á loita dun pobo, de tódolos pobos e de tódo-los homes por facerse valer coa intelixencia diante dos seus ocasionais dominadores…E os tres relatos deste autor.«A tentación de Lanzarote (Cantar sen xesta)», no que se relata o regreso de Lanzarote porPentecoste á corte do Rei Artur a Caerleon, despois dun ano de aventuras. Á vista do cas-telo, detense e chora recordando o que sucedeu neste tempo e as dúbidas que lle foronnacendo, sobre todo a raíz da loita co xigante Tarquin cando se enfronta unha concepciónda xustiza cunha concepción da forza, do ideal fronte ó instinto… e se relaciona isto coseu destino persoal. Sacarao deste estado Merlín, non se sabe se en soños ou realmente, eacompañarao no regreso mentres lle fala sen mover os labios, dicíndolle cousas como queo que fai fermosa a vida é o que a converte en maldita: a posibilidade e obriga de escoller,a liberdade; igual que o amor da raíña Xenebra e a amizade do Rei Artur significan omellor logro de Lanzarote, pero tamén, a maior renuncia, o peor dos castigos.«Amor de Merlín». Nela relátase a historia de Nimue, a muller da corte do rei Pellinor,que está destinada a encher de paixón o derradeiro treito da longa e azarosa vida do mago.É un amor non correspondido, no que ela só busca nel as artes de maxia e os saberes eso-téricos. Por eso, cando el lle descobre tódolos prodixios e incluso aqueles que non debíarevelar coma os feitizos inquebrantables que non teñen antídotos e que unha vez realiza-dos son irremediables e definitivos, ela deixarao preso nunha rocha, víctima de si mesmo.Pero, o mago Lagoo que tiña discutido con Merlín acerca dese amor tardío e ridículosegundo o seu pensar, remata dubidando se realmente Merlín está nese túmulo pétreo ouvive na forma do humano Pelleas que atopa a felicidade nos brazos de Nimue.«A morte do Rei Artur (Conforme á copia de Sir Thomas Malory)». Nel recóllense os seusúltimos días, dende que está asediando o castelo da Lanzarote do Lago ata que se enfron-ta ó seu fillo Moldred para morrer ambos. O autor deixa a historia aberta, pois se nuncaninguén atopou o corpo sen vida de Artur, podemos seguir a soñar cun Rei que volverápara que se cumpra o seu ideal de xustiza.

Page 4: Irmán Rei Artur - barcanova.cat · Contos do Castromilsae á luz «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992) e en Contos eróticos/eles «Matinacións zafanarias» (1990). Esta

4

• Materia de Bretaña. Ciclo da Táboa Redonda. Historias situadas na Idade Media e naBretaña insular maiormente, que atenden ó literario e mítico máis que ó histórico.Relatos acerca dun grupo de nobres reunidos arredor dun rei que loitan por un ideal eunha procura que se simboliza no Grial.

• Lerias de sempre, contadas outra vez. Vivanco, na introducción, di de Reigosa que é un homebretoñés ou bretoñense, da Bretoña; identificado cos bretóns derrotados da tódolos tem-

TEMAS E VALORES

REI ARTUR. Rei de Bretaña, protagonista das historias que teñen como eixe ós cabaleirosda Táboa Redonda. Casa con Xenebra, a pesar de que o Mago Merlín lle previra que nonserá feliz con ela xa que rematará namorándose do seu mellor amigo. Paladín dun ideal dexustiza fronte á forza, busca a paz anque para lograla ha de loitar.LANZAROTE DO LAGO. O mellor dos cabaleiros da Táboa Redonda. Namórase de Xenebra.MERLÍN, O MAGO. Pode prevelo todo, pero eso non lle impedirá ter que vivilo. É un magode corte, gusta das historias dos homes e vivir entre eles.A RAÍÑA XENEBRA. A muller do Rei Artur que se debaterá entre o amor ó seu home e aLanzarote do Lago, o mellor amigo deste. Moldred, o fillo de Artur, tenta casar con elano último destes relatos.TORQUIN, o xigante co que loita Lanzarote. Chega un momento en que este, admiradopola valentía do seu contrincante, detén a loita e fala con Lanzarote sementándolle dúbi-das en relación ó Rei Artur e ó sentido da súa pelexa. Torquin defende o poder dos for-tes, porque é a lei da natureza, o mandado do instinto, fronte a Lanzarote que representaa xustiza e a defensa dos débiles.NIMUE, a moza que namora ó vello Merlín e consegue que lle prometa non utilizar as súasartes con ela e ensinarllas todas; e acabará usándoas contra el. Non sente culpabilidade portelo feito, por acabar con Merlín. Máis tarde, a soidade que lle impoñen os coñecemen-tos resúltalle odiosa e desexa esquecer; farao ó lado de Pelleas, nun amor correspondido.LAGOO. O mago que vive nos bosques, lonxe dos humanos, e discute con Merlín.PELLEAS. O cabaleiro da Táboa Redonda namorado de Nimue, e no que o mago Lagoodesconfía que estea encarnado Merlín.REI PELLINOR. Na súa corte é dama Nimue.MOLDRED. Fillo non desexado de Artur. Odia ó seu pai e ten unhas ansias de poder exce-sivas. É falso.GALVÁN. Primeiro cabaleiro de Artur cando xa non está Lanzarote. Fiel e valente, morrena batalla adiantándose ó seu señor.LUCAN, mordomo de Artur.

PERSONAXES

Page 5: Irmán Rei Artur - barcanova.cat · Contos do Castromilsae á luz «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992) e en Contos eróticos/eles «Matinacións zafanarias» (1990). Esta

5

pos, polo que reivindica unha imaxinación celta, atlántica… e coma tódolos celtas venci-dos agarda outros días, mentres coma un antigo bardo canta vellas xestas de tempos idos,conta contos… Contribúe desta maneira á reconstrucción do pasado a través de mitos elendas. No camiño de Cabanillas, Cunqueiro, Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana…

• A escrita. Dise na introducción, asinada por Vivanco: «Escribir (é), conta-lo que pasa,como pasa e mesmo –pola mediación da fantasía– referir tamén o que non pasa ou pasadoutra maneira.» Recolle tamén citas dos diferentes autores acerca do feito da escrita,dende Henry Miller que asegura que escribía porque non era feliz a Milan Kundera quea define como «investigación sobre o que é a vida humana dentro da trampa en que seconverteu o mundo». Reigosa, no seu Limiar «¡Viva o Rei Artur!», fai mención á litera-tura como vinganza dun pobo vencido que loita coas armas da imaxinación e a fanta-sía creando mundos fronte á realidade.

• A literatura e os seus mitos como reivindicación. Di Ferrín que hai algo de eterno no heroe,que hai maxia antiga no Rei Artur, señor oculto e desexado; señor Artur das patrias aso-balladas ó occidente de Europa, sempre o será; fala dos cabaleiros da Táboa Redonda comados habitantes da fraga dos nosos mellores soños nacionalistas e atlánticos. Ferrín séntesepreso das redes da poesía artúrica e reclama ó Rei que esperte do seu soño e veña librarnosdos embates adversos do destino, que volva o mundo pálido e lunar da Táboa Redonda.O Rei Artur, convértese así no símbolo da resistencia contra o invasor.

• Pobos diferentes pero non mellores nin peores. Repasamos o que a este respecto escribeReigosa no seu Limiar. Os anglosaxóns críanse mellores, móstranse soberbios e despre-cian ós bretóns considerándoos «estúpidos». Nesa orde de cousas poderíase falar doschistes acerca dos diferentes países e cómo se considera que hai algúns menos «inteli-xentes». Cada pobo ten as súas características que o diferencian dos demais e que llesengade riqueza tanto a si mesmo coma a un mundo multicolor.

• Cada relato ten una mensaxe que pode ser extraída e comentada. No primeiro deles, adefensa do poder da forza contra o da xustiza, ou «Lanzarote tivo que aprender que,aínda cando se conquista o que se quere, non se logra só o que se desexa, porque a rea-lidade componse de máis pezas das que un é capaz de imaxinar», ou esa definición deLanzarote «Non era un home que buscaba, senón un home que fuxía», ou esa loita naque se debate Lanzarote sabendo que só defendendo o contrario do que defende teríaacceso á raíña Xenebra. No segundo poderiamos centrarnos na discusión entre osmagos, entre quen defende a vida dos humanos coas luces e sombras ou quen avogapolo saber sen implicarse con homes e mulleres, ou tamén traballar esa fenda entre feli-cidade e sabedoría (ter que esquecer para poder ser feliz), ou observar a impunidade deNimue despois de terlle feito mal a alguén tan estimado coma Merlín. No terceiro dosrelatos podemos deternos nesas reflexións de Artur mentres asedia o castelo do seumellor amigo Lanzarote levado polo destino á enemistade, ou o enfrontamento co fillo«… o meu derradeiro erro, que non foi a guerra, senón o odio sentido», ou o mito doguerreiro do que non aparece o corpo para quedar aberta a esperanza de que poida estarvivo e poida volver.

• O amor cortés. O sentimento –nobre paixón– dun cabaleiro. O amigo e a amada. ¿Comoera o amor daqueles tempos?

• O saber como anticipación. Merlín anticipándoo todo (o que pasará co mellor cabaleiro–Lanzarote–, que Artur non debía casar con Xenebra, incluso o seu propio futuro…)

Page 6: Irmán Rei Artur - barcanova.cat · Contos do Castromilsae á luz «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992) e en Contos eróticos/eles «Matinacións zafanarias» (1990). Esta

6

ANTES DA LECTURA:

• Co libro na man imos vendo a ilustración da portada. Detémonos no título, ¿a que Rei Arturse pode estar referindo? ¿Por que lle chama irmán? E seguimos… dedicatoria na que se falade Camelot. Xa estamos cos cabaleiros da Táboa Redonda.

• Para máis abondamento na contraportada atopamos un pequeno texto de Méndez Ferrín.Podemos falar de Reigosa e Ferrín ¿que sabemos deles? Se hai interese podemos ampliar ainformación sobre o autor que aparece na páxina 153.

• Se xa estamos situados nese imaxinario da materia de Bretaña, podemos intercambiar a infor-mación que teñamos ó respecto e que pode provir da literatura ou do cine.

• O visionado dalgunha das películas que teñen relación con esta temática pode animar máis alectura, a ese efecto ou ben solicitamos a que se atopa máis a man ou buscamos a última.Tamén se podería encargar ó alumnado que as consiga, as visione e se poida facer un cinefórum comentando cada unha delas.

DURANTE A LECTURA:

• Non é unha novela común, comeza cunha «Introducción» e un «Prólogo». ¿Quen asina cadaun deles? ¿Coñéce-los autores? A lectura destes apartados fará que saian á luz unha serie deideas que deben discutirse. Deberemos pensar na conveniencia de ver por onde comezar a lec-tura ou deixalo á opción de cada lector.

• Buscar datos de cada un dos personaxes que se nomean nos relatos: Artur, Xenebra, Lanzarote,Merlín…

• Hai unha lenda que fala da posibilidade de que o Grial que buscaban os cabaleiros da TáboaRedonda sexa o mesmo cálice que está na igrexa do Cebreiro. Indaguemos acerca desto.

• Contestar a preguntar como estas: ¿Por que en Galicia se escribirá sobre o Rei Artur, que o foidoutras terras? ¿Coñeces algún outro xornalista que escriba literatura de ficción como fai oautor deste libro? ¿Que obra dramática de Castelao podemos lembrar mentres lemos o segun-do dos relatos? ¿Que conmemoran e cando se celebran as festas de Pentecoste nas que volveá corte Lanzarote? ¿Cal pode ser a razón na que se basean para que a mesa sexa redonda e noncadrada ou rectangular? ¿Cales eran as funcións dos cabaleiros e que fazañas debían realizar?¿Como era a relación destes coas damas? ¿Como se facía a transmisión dos saberes dos magos?¿En que consistía a procura da pedra filosofal?…

• Debuxa, tal e como ti te imaxinas, a Lanzarote do Lago, o paladín dun ideal de xustiza.• Merlín dille a Lanzarote: «O ideal de Artur foi frea-lo poder dos fortes, comezando polo seu pro-

pio, para que a prosperidade e a paz reinen nas súas terras e se estendan ás alleas… O Rei deBretaña ensinoulle ó mundo que hai formas de convivencia máis propias do ser humano cápillaxe e o furto. Demostrou, á fin, que os pobos poden ser máis ricos e máis felices coa paz. Eisto os señores da guerra xamais llo perdoarán.» Poderiamos falar entón dos señores da guerra eos señores da paz, os representantes das sombras e os da luz… de se a actualidade nos permiteaínda xogar con eses conceptos e rematar realizando un cómic en torno a estes personaxes.

• Lanzarote reflexiona sobre as palabras de Tarquin, dase conta de que as leis xustas unicamen-te se impoñen pola forza e onde a forza non as respalda son abertamente incumpridas. ¿Que

ACTIVIDADES A REALIZAR

Page 7: Irmán Rei Artur - barcanova.cat · Contos do Castromilsae á luz «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992) e en Contos eróticos/eles «Matinacións zafanarias» (1990). Esta

7

opinamos respecto a esto? Reflexionemos sobre os medios e os fins, se calquera medio valepara acadar un fin ou certos medios invalidan o fin para o que foron utilizados, se será posi-ble conseguir non entrar en contradicción…

• A pelexa da forza contra a xustiza. O ideal fronte ó instinto. Lanzarote só podería ser feliz sese converte en alguén coma Tarquin, se cre na forza por riba de todo poderá conseguir aXenebra. ¿Algunha vez nos temos atopado en situacións así de contradictorias? ¿Será que nomundo actual segue en vigor a loita entre esas dúas forzas? Expliquémonos.

• Lagoo cre que Merlín, a quen lle gustaron sempre os homes acabou por ceder á tentación deser un deles: Pelleas. O paso de ser inmortal a converterse nun ser finito témolo visto noutrashistorias coma O señor dos Aneis. Busquemos outras referencias literarias.

• Previra unha morte terrible e tívoa, renunciou á súa sabedoría e encarnouse no mozo Pelleas,eso pensa o mago Lagoo en relación a Merlín. ¿Que é para ti renunciar á sabedoría?Por outra banda, vemos que a soidade é propia dos sabios, e só te podes librar dela esque-cendo o que sabes. Vexamos se estamos de acordo todos neste punto ou non, de ser así, pode-riamos establecer dous grupos e realizar un barómetro de opinión en torno a esa relación soe-dade-sabiduría.

• Di Merlín: «Para eles (os homes), que descoñecen todo é posible porque todo é futuro. Paranós, que sabemos, nada é posible porque todo é pasado». Pode resultar un pouco filosóficopero tamén moi interesante de discutir.

• No segundo relato. «Amor de Merlín», cítase: «É sabido que dende sempre os máis novosnéganlles ós maiores dereitos que para eles teñen por sagrados». Estanse referindo ó amor,pero tamén poderían facelo en relación a outros aspectos. Falemos desto.

• Podemos ir facendo un listado de personaxes acompañados dunha explicación tal e como facíaCunqueiro nalgún dos seus libros.

• Indaguemos acerca das costumes da época na que están situadas as narracións deste libro.• ¿Que opinamos acerca de que ninguén acuse a Nimue de ter acabado con Merlín? ¿Como é

posible que a sociedade sexa tan «permisiva»? ¿Poderías relacionar esto con algún feito actual?• Creemos tamén nós un relato con algún destes personaxes, desta maneira seguiremos a saga.

DESPOIS DA LECTURA:

• Datos sobre Carlos G. Reigosa, ó final do libro no apartado «O autor» (páx. 153), para poderseguir lendo as súas obras.

• A continuación aparece o apartado «Carta ó autor» que vos facilita o contacto con el. Podedesprobar a escribirlle.

• Logo, aparecen os «Últimos libros da colección» cunha reseña de cada un deles. Sería intere-sante lela e a partir de aí, que todo aquel que teña lido algunha destas obras opine sobre elas,o autor ou autora…

• Ir ós libros galegos que xiran arredor da materia de Bretaña: Merlín e familia, de ÁlvaroCunqueiro, Amor de Artur, de Méndez Ferrín, Galván en Saor, de Darío Xohán Cabana…Ler e comentar as diferencias entre o tratamento duns e outros. Documentarse sobre os auto-res destes libros.

• O conto «Amor de Artur» de Méndez Ferrín está centrado na mesma relación que aquí se tra-balla no primeiro relato. Vexamos cómo a resolve cada un dos autores.

• Visionar películas nas que os protagonistas sexan as personaxes do ciclo artúrico coma«Excalibur».

• Documentémonos e gocemos das novelas de cabalerías.

Page 8: Irmán Rei Artur - barcanova.cat · Contos do Castromilsae á luz «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992) e en Contos eróticos/eles «Matinacións zafanarias» (1990). Esta

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 326-2003