investigacion clase de paloma

5
FEITA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP DE AGUIÑO. (PROXECTO DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA) ILUSTRACIÓNS DE URBANO LUGRIS.

Upload: calcetin5

Post on 09-Jul-2015

339 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Investigacion clase de paloma

FEITA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP DE AGUIÑO.(PROXECTO DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA)

ILUSTRACIÓNS DE URBANO LUGRIS.

Page 2: Investigacion clase de paloma

AS CIDADES ASOLAGADAS

As cidades asolagadas foron mergulladas sexa por motivos climáticos ou relixiosos.Entre os motivos

climáticos poideron ser as chuvias continuas, o cambio climático, do sub-boreal (cálido e seco ) ó

subatlántico ( frío e húmido ). Os motivos relixiosos son os relacionados co Outro Mundo como castigo

polos pecados dos habitantes.

Hai varios elementos característicos das cidades asolagadas galegas con presenza no folclore e noutras

lendas europeas.Entre estes elementos destacan :

OS POZOS que son lugares de tránsito ó Alén, como axentes Doutro Mundo, a través das inundacións que

anegan terras.

O MAR simboliza as virtudes que posúe a auga como lugar de paso cara ó Máis Alá.Dícese que cando o

mar inunda a ribeira os celtas que habitan no

océano avanzan coas súas armas botándose contra as ondas coas espadas e lanzas como se

combatesen e déixanse mergullar para non dar a impresión de que temen a morte.

AS CHAIRAS é o país baixo as ondas, o lugar de onde proceden certos seres sobrenaturais.

OS RÍOS que son o medio de viaxar entre este mundo e o Máis Alá.

ANIMAIS como bois , cabalos , galos , cans.

AS EMBARCACIÓNS son outro medio de viaxar e comunicarse co Máis Alá.

A MÚSICA xunto con berros ,ruídos e xemidos lastimeros de mulleres.

O CARÁCTER PAGÁN e pecador dos habitantes das cidades, pois non teñen caridade e blasfeman.

Page 3: Investigacion clase de paloma

O tempo non existe no Máis Alá.

Hai determinadas épocas do ano nas que é factible sentir a presenza das cidades

asolagadas.Estas épocas sitúanse preto dos solsticios de verán (San Xoán)e de inverno

(Nadal).

Outras ocasións son nas secas de verán, en días de moito sol e nas noitas con lúa e

augas limpas .

Moitas das cidades asolagadas en Galicia reciben diversos nomes como Lucerna e

Valverde.

O nome de Valverde é o nome máis frecuente das cidades asolagadas.

Relaciónase ca cor verde do mar que simboliza fertilidade e renovación, e está asociada

coa vegetación e a auga, fonte de toda vida orgánica.

O verde era unha cor distintiva dos seres do Máis Alá.

As cidades asolagadas relaciónanse coas peregrinación medievais a Santiago.

As tradicións das cidades asolagadas atópanse moi cristiaizadas. Os principais elementos

cristiáns son as campás, as capelas e o protagonismo de personaxes con carácter sacro,

como os santos ou a Sagrada Familia.

Page 4: Investigacion clase de paloma

VALVERDE, UNHA CIDADE ASOLAGADAValverde foi unha importante vila costeira que existiu, hai moito tempo, na parro-

quia de Olveira, concello de Ribeira.

Era unha vila privilexiada, xa que por unha banda o mar concedialles peixe en

abundancia e pola outra as negras terras eran moi ricas en fósforo e nitróxeno favorecendo as sementeiras de

legumes e cereais.

A industria pesqueira e mailo comercio eran bases sólidas e fortes que afianzaban o

carácter competitivo, orgulloso e individualista dos dirixentes da propia vila.

Os habitantes da vila tiñan moito afán por adquirir e posuir riquezas.

Había disputas serias. Só se buscaba o propio beneficio. A propiedade das terras era o problema esencial. Había

envexas entre os veciños. Marcaban os lindes das propiedades de forma ilegal, roubaban as colleitas e inundaban

terras.

A riqueza e maila cobiza estaban a estragar a saúde da poboción, pero aínda así os seus dirixentes non facían

caso. Os conflictos entre veciños foi dando lugar a disputas sociais, que fixo necesaria a intervención do alcalde

pedáneo. Este era unha persoa ruín porque en lugar de curar ó seu pobo das ansias de poder intentaba agrandar

aínda máis as súas arcas, impoñendo altísimas rendas.

Page 5: Investigacion clase de paloma

Un día chegou á vila unha muller, chamada María, cun meniño no colo e foille dicir ao alcalde que na vila estaba a

piques de ocorrer unha maldición. O alcalde non lle fixo caso e botouna fóra.

A muller foise ao monte da Curota para alonxarse da traxedia.

Camiño da Curota atopouse cun labrego que lle preguntou a onde ía, e ela respondeulle que fuxía da fatalidade. Entón

comezou unha forte tormenta, que levaba terra e area, que se dirixia a Valverde. En poucos minutos a vila de Valverde

quedou asolagada e enterrada baixo montes de area e lama.

Cando o furacán amainou, o labrego viu que a vila estaba asolagada e que a muller

continuaba andando como se nada acontecese e díxolle a María que a mirara e ela respondeulle que non quería ver tal.

Quedou alí inmóbil co seu fillo de costas á vila.

Hoxe en día chámanlle Santa de Moldes ou a nosa señora de Belén e fanlle festa o segundo domingo de maio. É

especialmente venerada polos devotos da Pobra do Caramiñal e Palmeira, na capeliña do cruceiro de Moldes.

Dixe que a vila está soterrada baixo as dunas de Corrubedo. Seguramente aínda hoxe poderiamos atopar algún

vestixio.

O pobo que está entre a Santa de Moldes e a vila de Valverde chámase Bretal en alusión ás últimas palabras da Virxe

(Ver tal).

Dícese que en Valverde había mouros que foran desbotados por Carlomagno e os doce Pares de Francia e nunha

peneda do monte hai unha patada do cabalo de Roldán, dada cando iste pideu , despois do sol posto , unha hora de día

para derrubar ós enemigos.I é dende entón que , despois do sol posto , hai unha hora de luz.