informe sobre o episodio de seca 2011-2012€¦ · o mes de febreiro, en conxunto, foi o máis seco...
TRANSCRIPT
INFORME SOBRE
O EPISODIO DE SECA 2011-2012 Data edición: 10-04-2012
1 de 13
Resumo Estamos inmersos nun episodio de seca que comezou coa extraordinaria escaseza de
precipitacións na primavera e inicio do verán de 2011. A situación mellorou de forma
transitoria polas chuvias de outubro e novembro. Non obstante, a escaseza de
precipitacións dos meses de decembro de 2011, xaneiro e febreiro de 2012 (os meses
máis chuviosos do ano) fan que nos encontremos nun episodio de seca que xa comeza
a notarse de forma acusada nos intervalos de agregación maiores (12 e 24 meses). No
mes de marzo esta tendencia afondouse.
O mes de febreiro, en conxunto, foi o máis seco dende 1961 e cabe cualificalo como
extremadamente seco. En localidades como por exemplo Santiago de Compostela e
Pontevedra, o máis seco dende que hai rexistros (anos 20 do pasado século).
Os modelos de predición estacional, tanto da NOAA como da MetOffice, indican unha
maior probabilidade de que as precipitacións nos mes de abril, maio e xuño sexan
normais ou lixeiramente por debaixo do normal (hai que ter en conta que este tipo de
predicións han de ser tomadas con reserva).
2 de 13
Evolución da chuvia ano 2011
Na figura 1 represéntase a chuvia acumulada anual dende 1961. Pode verse que o 2011 é o
segundo ano máis seco na historia da serie rexional considerada, cunha anomalía (figura 4) un
32% inferior ao valor normal (1971-2000).
Figura 1: Evolución da precipitación anual no período 1961-2011 para a serie rexional.
Figura 2: Evolución da anomalía de precipitación anual no período 1961-2011 para a serie rexional.
3 de 13
Evolución da chuvia nos invernos
Na figura 3 represéntase a chuvia acumulada de inverno dende 1961. Pode verse que o inverno
2011-2012 é o segundo máis seco (despois do 1991-1992) na historia da serie rexional
considerada, cunha anomalía (figura 4) un 71% inferior ao valor normal (1971-2000).
Figura 3: Evolución da precipitación de inverno no período 1961-2011 para a serie rexional.
Figura 4: Evolución da anomalía de precipitación de inverno no período 1961-2011 para a serie rexional.
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
19
61
-19
62
19
63
-19
64
19
65
-19
66
19
67
-19
68
19
69
-19
70
19
71
-19
72
19
73
-19
74
19
75
-19
76
19
77
-19
78
19
79
-19
80
19
81
-19
82
19
83
-19
84
19
85
-19
86
19
87
-19
88
19
89
-19
90
19
91
-19
92
19
93
-19
94
19
95
-19
96
19
97
-19
98
19
99
-20
00
20
01
-20
02
20
03
-20
04
20
05
-20
06
20
07
-20
08
20
09
-20
10
20
11
-20
12
PP
(m
m)
Ano
Evolución da precipitación en inverno
-13
29
-21-44
95
-31-24
4131
-24
17
-13
35
-37-55
4857
142
-11
-47
37
-18
1615
49
-26
19
-59
12
-6
-75-51
1021
43
-21-20-42-42
88
-46
20
-43-70
-29-8
-38
-3
47
-11
-71
-150
-100
-50
0
50
100
150
200
19
61
-19
62
19
63
-19
64
19
65
-19
66
19
67
-19
68
19
69
-19
70
19
71
-19
72
19
73
-19
74
19
75
-19
76
19
77
-19
78
19
79
-19
80
19
81
-19
82
19
83
-19
84
19
85
-19
86
19
87
-19
88
19
89
-19
90
19
91
-19
92
19
93
-19
94
19
95
-19
96
19
97
-19
98
19
99
-20
00
20
01
-20
02
20
03
-20
04
20
05
-20
06
20
07
-20
08
20
09
-20
10
20
11
-20
12A
nom
alía
de p
reci
pita
ción
(%
)
ano
Evolución anomalías de precipitación con respecto ó período 1971-2000 en inverno
% respecto a 100 10 per. media móvil (% respecto a 100)
4 de 13
Evolución da chuvia no mes de marzo Na figura 5 represéntase a chuvia acumulada de marzo dende 1961. Pode verse que o mes de
marzo de 2012 é o máis seco dende 1997, cunha anomalía (figura 4) un 76% inferior ao valor
normal (1971-2000).
Figura 5: Evolución da precipitación de marzo no período 1961-2011 para a serie rexional.
Figura 6: Evolución da precipitación de marzo no período 1961-2011 para a serie rexional.
050
100150200250300350400450500
19
61
19
63
19
65
19
67
19
69
19
71
19
73
19
75
19
77
19
79
19
81
19
83
19
85
19
87
19
89
19
91
19
93
19
95
19
97
19
99
20
01
20
03
20
05
20
07
20
09
20
11
Pre
cip
ita
ció
n a
cum
ula
da
(L/
m2
)
ano
Evolución da precipitación con respecto ó período 1971-2000 en marzo
pp (L/m2)
-90
217
117151
124
-91
18
-27
129
-60
1655
-40-26
70
-11
3931
107
4766
-65-45
6559
-23-13-53
-7
-80
74
-3
-57-76
-17
26
-100
-26
53
-71
374
-21-22-20-9
122
-13
19
-47
43
-16
-76
-200
-100
0
100
200
300
400
19
61
19
63
19
65
19
67
19
69
19
71
19
73
19
75
19
77
19
79
19
81
19
83
19
85
19
87
19
89
19
91
19
93
19
95
19
97
19
99
20
01
20
03
20
05
20
07
20
09
20
11
An
om
alí
a d
e p
reci
pit
aci
ón
(%
)
ano
Evolución anomalías de precipitación con respecto ó período 1971-2000 en marzo
anomalia(%) 10 per. media móvil (anomalia(%))
5 de 13
Evolución da chuvia anual por mes
Na figura 7 móstrase a chuvia rexistrada por mes. Compárase o ano 2011 co valor climático do
período 1971-2000. Durante todo o ano os valores do 2011 foron inferiores á media climática,
agás no mes de agosto que estiveron por enriba. No mes de decembro o valor do 2011 é a metade
do valor climático (sendo decembro, no período de referencia, o máis chuvioso).
Figura 7: Chuvia acumulada por mes para a serie rexional.
En cor verde pódese ver a chuvia acumulada de xaneiro, febreiro e marzo de 2012, a cal é
significativamente menor á destes meses do ano 2011.
0
50
100
150
200
250
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12
pp
(l/
m2
)
mes
Precipitación mensual
periodo 71-00 ano 2011 ano 2012
6 de 13
Distribución espacial das precipitacións no inverno 2011-2012
A continuación móstrase (figura 8) un mapa coa precipitación rexistrada no período anual e
outro (figura 9) coa porcentaxe de precipitación rexistrada con respecto á media climática,
sempre con período de referencia 1971-2000.
Figura 8: Mapa de precipitación acumulada no inverno 2011-2012.
7 de 13
Observando a figura 9, pódese apreciar que o este da provincia de Ourense ten porcentaxes
comprendidas entre os 0%-20% polo que, segundo a táboa 1, esta rexión considérase moi seca.
No norte da Comunidade galega as porcentaxes oscilan entre os 40% e os 60% polo que o mes
considérase seco. O resto das localidades galegas considéranse moi secas-secas con porcentaxes
entre os 20%-40%.
Figura 9: Porcentaxe de precipitación acumulada con respecto á media climática (1971-2000) no inverno 2011-2012.
8 de 13
En la figura 10 pode verse a chuvia acumulada no mes de marzo de 2012. Os valores máis altos corresponden á fachada atlántica e ao norte da Comunidade. No obstante estes valores están moi por debaixo do normal para un mes de marzo.
Figura 10: Mapa de precipitación acumulada no mes de marzo de 2012.
Figura 11: Porcentaxe de precipitación acumulada con respecto á media climática (1971-2000) no mes de marzo de 2012.
9 de 13
Índice de precipitación estandarizada (SPI) • Baséase unicamente na precipitación.
• O SPI representa o número de desviacións típicas que un valor concreto de precipitación se
separa da media da serie nun determinado intervalo temporal.
• Pódese calcular para diferentes escalas temporais.
• Pode proporcionar aviso temperán dunha situación de seca.
• Permite fixar o comezo e fin dun episodio de seca, así como a súa intensidade.
• Os datos de precipitación adóitanse axustar a unha distribución gamma.
Na táboa 1 móstranse as diferentes clases e valores do SPI:
SPI Clase Probabilidad Acumulada SPI ≥ 2.00 Extremadamente húmedo 0.977 - 1.00
1.50 ≤ SPI < 2.00 Muy húmedo 0.933 - 0.977 1.00 ≤ SPI < 1.50 Moderadamente húmedo 0.841 - 0.933 -1.00 ≤ SPI < 1.00 Normal 0.159 - 0.841 -1.50 ≤ SPI < -1.00 Moderadamente seco 0.067 - 0.159 -2.00 ≤ SPI < -1.50 Muy seco 0.023 - 0.067
SPI < -2.00 Extremadamente seco 0.000 - 0.023 Táboa 1: Valores, clases e probabilidade acumulada do SPI.
Na táboa 2 preséntase a chuvia mensual, o SPI-3 (chuvia acumulada cada tres meses), o SPI-6
(chuvia acumulada cada 6 meses), o SPI-12 (chuvia acumulada cada 12 meses) e o SPI-24
(chuvia acumulada cada 24 meses) dende 2010 para a serie rexional.
Por exemplo, o valor do índice SPI-3 do mes de agosto obtense a partir da serie de chuvia
acumulada de xuño, xullo e agosto dende 1961 a 2011. No caso do valor SPI-6 de novembro,
obtense de acumular a chuvia dende xuño a novembro para todos os anos da serie (1961 a
2011). Estas series así construídas axústanse a unha distribución gamma e normalízanse.
Na táboa 2 móstrase a evolución do SPI-3, SPI-6, SPI-12 e SPI-24 dende xaneiro de 2010 ata
marzo de 2012, así como o correspondente valor de chuvia acumulada para a serie rexional.
10 de 13
Ano 2010 2010 2010 2010 2010 2010 2010 2010 2010 2010 2010 2010 Mes 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Chuvia (mm) 172 204 123 61 80 94 21 7 26 228 196 149 SPI-3 1.02 0.86 0.48 0.24 -0.55 -0.21 0.23 0.16 -1.76 0.1 0.44 0.49
SPI-6 0.7 0.88 1.03 0.83 0.51 0.27 0.24 -0.52 -1.13 0.09 0.42 0
SPI-12 0.43 0.78 0.93 0.88 0.88 0.81 0.58 0.58 0.65 0.82 0.65 0.13
SPI-24 0.29 0.62 0.62 0.31 0.1 0.27 0.25 0.13 0.04 0.37 0.53 0.54
Ano 2011 2011 2011 2011 2011 2011 2011 2011 2011 2011 2011 2011 Mes 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Chuvia (mm) 156 110 81 66 41 8 22 48 17 138 134 100 SPI-3 0.09 -0.17 -0.33 -0.78 -1.5 -1.9 -1.95 -0.73 -0.91 -0.41 -0.72 -0.61
SPI-6 0.02 0.02 0.05 -0.38 -0.85 -1.28 -1.71 -1.89 -2.26 -1.7 -1.11 -0.97
SPI-12 0.09 -0.22 -0.4 -0.4 -0.54 -0.83 -0.8 -0.67 -0.76 -1.13 -1.5 -1.96
SPI-24 0.3 0.34 0.39 0.34 0.24 -0.01 -0.19 -0.1 -0.1 -0.23 -0.58 -1.24
Ano 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 2012 Mes 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Chuvia (mm) 37 12 24 SPI-3 -1.25 -1.94 -2.75 SPI-6 -1.44 -1.9 -1.93 SPI-12 -2.31 -2.54 -2.58 SPI-24 -1.51 -1.95 -2.14
Táboa 2: Valores de chuvia e dos SPI por mes dende xaneiro de 2010.
Da táboa anterior, apréciase que agrupando a chuvia cada tres meses (SPI-3), o período de maio
a xullo de 2011 é un episodio moi seco, pasando a valores normais a partir de agosto. Os valores
de xaneiro e marzo de 2012 xa son negativos. O valor de febreiro, que corresponde a chuvia
acumulada nos invernos, está próximo á etiqueta de “extremadamente seco”. O valor do índice
no mes de marzo afondouse de forma notoria, catalogando o período de xaneiro a marzo de
extremadamente seco.
No caso do índice SPI-6, comeza a notarse a seca no mes de xuño (-1.3, moderadamente seco),
para pasar a cualificar o episodio de seca en setembro (-2.25) de extremadamente seco (isto
obtense de analizar o acumulado de chuvia dende abril a setembro para a serie 1961 a 2011). O
valor en outubro é de -1.7 (moi seco) e en novembro de -1.13, ou sexa, moderadamente seco.
Nos meses de febreiro e marzo o valor de -1.9 fai que neste nivel de agregado o período sexa
moi seco.
Os valores do índice SPI-3 ou SPI-6 dan conta de episodios de seca a curto-medio prazo e que
afectan en primeiro lugar ao sector agrícola principalmente.
11 de 13
Normalmente para estudar a "seca hidrolóxica" emprégase o SPI-12 ou o SPI-24, dependendo do
tamaño e regulación das concas. Se se observa o valor do SPI-12 na táboa 2, comezou un
episodio de seca en outubro, cualificando este inicio como seca moderada (-1.15). No mes de
novembro, o SPI-12 toma o valor -1.52, estando este período no límite do moi seco. No mes de
xaneiro de 2012 o valor é de -2.32, en febreiro sube a -2.54 e en marzo toma o valor de -2.58.
Tódolos valores no ano 2012 están catalogados como extremadamente secos.
No caso de SPI-24, obsérvase que a partir do mes de decembro de 2012 comézase a notar a seca
neste intervalo de acumulación. Así, o SPI-24 neste mes de decembro é de -1.26
(moderadamente seco) e en xaneiro de 2012 pasa a -1.53 (moi seco). En febreiro o valor é -1.95
e en marzo -2.14 (extremadamente seco).
Pódese ver na táboa 2 como a medida que aumenta o período do índice, hai un desfase no
comezo do episodio de seca. O máximo do SPI-3 alcánzase en xullo, o do SPI-6 en setembro e,
no caso do SPI-12 seguiu aumentando ata marzo de 2012. No mes de marzo a índice SPI-24
(acumulados de 24 meses) internouse na franxa do extremadamente seco.
A continuación móstranse as gráficas coa evolución dos distintos índices:
12 de 13
Figura 12. Evolución dos SPI dende xaneiro de 1961 a marzo de 2012.
13 de 13
Na mapa seguinte (figura 13) represéntase de forma espacial o valor dos índices SPI-3, SPI-6,
SPI-12 e SPI-24 no mes de febreiro de 2012.
SPI-3
SPI-6
SPI-12
SPI-24
Figura 13. Distribución espacial del SPI no mes de febreiro de 2012.
MeteoGalicia
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraes truturas
Xunta de Galicia