informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de...

13
Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela INFORME SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL E FUTURO DO SISTEMA DE BIBLIOTECAS DE GALICIA 1. Primeiras consideracións As bibliotecas públicas, tal e como indican as súas estatísticas de uso, funcionan, e o seu presente e futuro encóntrase nos cidadáns que as visitan. Pero é igualmente certo que para que cumpran convenientemente coa súa función deben de reunir unha serie de requisitos en canto a dimensións, servizos, coleccións e atención que cumpran criterios de calidade e suficiencia e isto non sucede sempre así; con frecuencia atopámonos, por unha banda, con instalacións ou servizos denominados bibliotecas que non teñen os requisitos mínimos para alcanzar a categoría dunha biblioteca pública e, por outra, con bibliotecas públicas en toda a súa dimensión pero de difícil mantemento a curto e longo prazo. De aquí a necesidade de planificar os servizos en función das necesidades de cada territorio ou comunidade, valorando adecuadamente os recursos que se necesitan para crear e manter no tempo o servizo de biblioteca pública e evitando caer na tentación de crear equipamentos que non respondan ao concepto de biblioteca pública e cuxa sostibilidade sexa dubidosa. E para planificar en materia bibliotecaria hai que ter en conta: · O modelo de biblioteca pública. · A lexislación e normativa internacional, estatal e autonómica. · As características territoriais e demográficas da Comunidade, neste caso da Galega. · As ferramentas de planificación bibliotecaria existentes que contemplen os equipamentos existentes. · O calendario de actuacións en función do financiamento dispoñible e as prioridades establecidas.

Upload: others

Post on 14-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

INFORME SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL E FUTURO DO SISTEMA DE BIBLIOTECAS DE GALICIA

1. Primeiras consideracións

As bibliotecas públicas, tal e como indican as súas estatísticas de uso, funcionan, e

o seu presente e futuro encóntrase nos cidadáns que as visitan. Pero é igualmente

certo que para que cumpran convenientemente coa súa función deben de reunir

unha serie de requisitos en canto a dimensións, servizos, coleccións e atención que

cumpran criterios de calidade e suficiencia e isto non sucede sempre así; con

frecuencia atopámonos, por unha banda, con instalacións ou servizos denominados

bibliotecas que non teñen os requisitos mínimos para alcanzar a categoría dunha

biblioteca pública e, por outra, con bibliotecas públicas en toda a súa dimensión

pero de difícil mantemento a curto e longo prazo. De aquí a necesidade de

planificar os servizos en función das necesidades de cada territorio ou comunidade,

valorando adecuadamente os recursos que se necesitan para crear e manter no

tempo o servizo de biblioteca pública e evitando caer na tentación de crear

equipamentos que non respondan ao concepto de biblioteca pública e cuxa

sostibilidade sexa dubidosa.

E para planificar en materia bibliotecaria hai que ter en conta:

· O modelo de biblioteca pública.

· A lexislación e normativa internacional, estatal e autonómica.

· As características territoriais e demográficas da Comunidade, neste caso da

Galega.

· As ferramentas de planificación bibliotecaria existentes que contemplen os

equipamentos existentes.

· O calendario de actuacións en función do financiamento dispoñible e as

prioridades establecidas.

Page 2: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

2. Situación actual

Co fin de contar cunha información completa, actualizada e contrastada da

realidade dos centros bibliotecarios da rede galega a Dirección Xeral do Libro,

Bibliotecas e Arquivos a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas elaborou no

ano 2009 o Censo de Bibliotecas de Galicia que supuxo a compilación da

información das bibliotecas galegas, mediante a recolleita de datos referidos aos

espazos, ao fondo documental, ao persoal, ás horas de servizo e ao equipamento

informático, ademais de recoller información adicional de utilidade para coñecer o

estado da cuestión sobre aspectos específicos dos recursos das bibliotecas que se

consideran de importancia estratéxica para o desenvolvemento do servizo.

Os datos recollidos mostran a realidade na que se atopa a Rede de Bibliotecas de

Galicia e que se plasma no seguinte informe:

2.1 Consideracións xerais

O Censo de Bibliotecas de Galicia de 2009, recolle que a Rede de Bibliotecas de

Galicia, está integrada por 456 bibliotecas, e baseándonos na súa distribución por

provincias, que se reparten en proporcionalidade directa coa poboación total de

cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta co maior

número de bibliotecas, 176 e na menos poboada (Lugo) ten o menor número, 72.

En medio, en segundo e terceiro lugar atópanse respectivamente, Pontevedra, 122

bibliotecas, e Ourense, con 86. estruturaríanse do seguinte modo:

A CORUÑA

Segmento poboacional Nº de concellos Nº de bibliotecas

< 2.000 12 10

2.000-3.000 10 8

3.000-5.000 18 24

5.000-10.000 32 58

10.000-30.000 16 37

> 30.000 6 39

Totais 94 176

LUGO

Page 3: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

Segmento poboacional Nº de concellos Nº de bibliotecas

< 2.000 21 17

2.000-3.000 16 13

3.000-5.000 17 21

5.000-10.000 7 10

10.000-30.000 4 7

> 30.000 1 4

Totais 66 72

OURENSE

Segmento poboacional Nº de concellos Nº de bibliotecas

< 2.000 59 46

2.000-3.000 15 14

3.000-5.000 9 8

5.000-10.000 5 7

10.000-30.000 4 4

> 30.000 1 7

Totais 93 86

PONTEVEDRA

Segmento poboacional Nº de concellos Nº de bibliotecas

< 2.000 3 2

2.000-3.000 3 3

3.000-5.000 17 21

5.000-10.000 14 18

10.000-30.000 21 57

Page 4: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

> 30.000 4 21

Totais 62 122

Un resultado inmediato que estes datos nos permiten obter é a ratio de bibliotecas

por habitante e provincia, redondeando, da menor á maior: Ourense, 1 biblioteca

por cada 3.902 habitantes; Lugo, 1 por cada 4.865; A Coruña, 1 por cada 6.505; e,

por último, Pontevedra, cunha biblioteca por cada 7.740 habitantes. Tamén, por

suposto, a ratio de bibliotecas por habitante da comunidade autónoma: 1 biblioteca

por cada 6.130 habitantes.

2.2 Edificio

No tocante a infraestruturas internas propiamente ditas, ao espazo dispoñible para

albergar tanto material como equipamentos ou persoas, Galicia conta cunha

superficie bibliotecaria de 88.475 m2 con grandes diferenzas interprovinciais. A

Coruña destaca como a provincia que suma un maior número de metros cadrados

de superficie útil, moi por encima do resto, cun total de 41.845 m2, dobrando

practicamente aos de Pontevedra e case triplicando aos de Ourense e Lugo. As

bibliotecas coruñesas son tamén en promedio as máis grandes, con 250´57 m2,

seguidas polas da provincia de Pontevedra, cunha superficie útil media duns

214´34m2. As da provincia de Ourense contan cunha superficie media de 148´52

m2. As de Lugo, en terceiro lugar, non chegan aos douscentos metros, quedándose

nuns 185´67 m2. As dúas provincias máis poboadas estarían por enriba da media

galega, mentres que as menos habitadas quedarían por debaixo. Isto, como imos

ver, vai ser a unha tendencia habitual con respecto a case todas as variables do

estudo.

2.3 Colección

Cunha colección total de 2.627.158 documentos, 129.674 documentos audiovisuais,

84.974 títulos de publicacións seriadas

A biblioteca galega promedio conta con 6.538´37 exemplares na sección xeral e

3.361´23 exemplares na sección infantil. Ourense é a provincia con menor número

de volumes na sección xeral, cunha media de 3.133´75 exemplares, é dicir, o

48´23% do promedio autonómico. O resto de provincias practicamente dobran a

Ourense, aínda que Lugo tamén se queda por debaixo da media da comunidade.

As posicións entre estas dúas provincias varían no relativo á seccion infantil, xa que

son as bibliotecas lucenses, con 2174 exemplares, as que contan cun menor

Page 5: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

número de volumes en promedio, mentres que as ourensás chegan ata os 2.695.

Só as da Coruña, unha vez máis, superan, con 396´81 exemplares, a media

autonómica.

En canto aos exemplares audiovisuais, o promedio para o conxunto da comunidade

é de 421´02 exemplares. Neste caso, A Coruña e Lugo superan esta media,

ampliamente a primeira e máis axustadamente a segunda, con 618´034 e 428´77

exemplares respectivamente. Por debaixo atopamos a Pontevedra e, sobre todo, a

Ourense, con 102´75 exemplares de audiovisuais por biblioteca de media, un

25´16% do promedio autonómico.

No que se refire aos títulos de revistas, atópanse grandes diferenzas,

principalmente entre os 583 títulos de promedio na provincia da Coruña e o resto,

moi por debaixo. De feito, A Coruña dobra a media autonómica, que é de 276´79

títulos. As outras provincias quedan moi afastadas dela debido ao valor extremo

das bibliotecas coruñesas. Pontevedra dispón de 103´56 títulos; Lugo, 65´85; e

Ourense, 45´33.

2.4 Persoal

Na categoría de persoal 720 persoas traballando nas súas bibliotecas, información

relativa ao número de traballadores en termos de equivalencia, é dicir, de fraccións

de tempo dedicado ao traballo na biblioteca en función da consideración de xornada

completa establecida no correspondente centro de traballo.

Dende este punto de vista, as bibliotecas da provincia da Coruña son as mellor

dotadas námbolos dous sentidos: son as que contan con máis persoal e, ademais,

co máis cualificado, con aproximadamente un bibliotecario por cada dúas

bibliotecas a tempo completo, 0´57, e un técnico por cada unha, 1´01 En total,

sumando os promedios das catro clases de persoal, é a única provincia en ter dous

traballadores por biblioteca a tempo completo, case medio punto por enriba da

media autonómica, que é para esa suma de 1´66 traballadores por biblioteca. A

Coruña é tamén a única provincia que supera o promedio da comunidade nas dúas

categorías de persoal cualificado, promedio que é de 0´40 para bibliotecarios é de

0´79 para técnicos.

Todas as provincias, a excepción da Coruña, están por debaixo do promedio

autonómico en canto ao total de persoal por biblioteca. As bibliotecas coa media

máis baixa de persoal de Galicia son as de Ourense, cun total resultante da suma

dos promedios parciais das diferentes categorías de 1´16 traballadores por

Page 6: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

biblioteca. A continuación están as de Lugo, con 1´44. E, finalmente, cerca da

media pero sen chegar a ela atópanse as bibliotecas de Pontevedra, con 1´63.

En canto á cualificación, Pontevedra é, despois da Coruña, a mellor dotada, con

0´39 bibliotecarios e 0´61 técnicos. Preto está Ourense, que conta con máis

técnicos, 0´79, pero menos bibliotecarios, 0´14. Por último, Lugo, con 0,31

bibliotecarios e 0´49 técnicos. É de resaltar, por outra banda, o baixo número

relativo de persoal subalterno no conxunto da comunidade autónoma, 0´13, un

traballador a media xornada cada cinco bibliotecas. Un pouco máis alto e

significativo é o promedio correspondente a outros, con 0´39, practicamente

equivalente ao de bibliotecarios, que unha categoría un tanto caixón de sastre pero

que pode interpretarse como un indicador da alta porcentaxe relativa de persoal

non cualificado que traballa nas bibliotecas galegas. En Pontevedra e Lugo case hai

un traballador a media xornada por biblioteca pertencente á categoría de outros, e

en A Coruña danse cifras moi semellantes.

2.5 Atención ao público

Para rematar este informe réstanos a derradeira categoría, a relativa as horas de

apertura. As bibliotecas galegas abren unha media de 30 horas á semana, e aquí

non existen diferenzas substanciais entre elas. Tal vez destaque como paradoxa o

feito de que a provincia que conta con menos persoal, Ourense, sexa a que abre

máis horas, 31´71 á semana. Polo demais, todas están en torno a ese promedio

xeral.

3. FUTURO

A situación económica actual e a política de contención orzamentaria obriga ás

Administracións Públicas, máis que nunca, a planificar estratexicamente as

actuacións cara a optimizar os recursos o mellor posible: xestión sostible dos

recursos, mellora continua, logro da eficacia e a eficiencia,….

Población(hab.)

Recursos

Coleción

(documentos)

Superficie

(m2 útiles)

Persoal

(persoas a xornada

completa)

Ordenadores

(número de PC’s)

A Coruña 1.145.488 41,0% 1.669.643 63,5% 41.845 47,2% 350 48,7% 1073 42,6%

Lugo 355.195 12,7% 231.596 8,8% 12.440 14.06% 99 13,7% 328 13,6%

Ourense 335.642 12,0% 81.289 3,1% 12.327 13,93% 97 13,5% 565 22,4%

Pontevedra 959.764 34,3% 644.630 24,53% 21.863 24,71% 172 23,9% 547 21,7%

2.796.089 100% 2.627.158 100% 88.475 100% 718 100% 2513 100%

Page 7: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

Conscientes de que só mediante a planificación estratéxica é posible obter servizos

bibliotecarios de calidade que se adapten ás cambiantes necesidades de

información, formación e ocio da cidadanía, e que garantan o acceso igualitario aos

servizos, a Subdirección Xeral de Bibliotecas iniciou, co Censo das Bibliotecas

Públicas de Galicia, un proceso de planificación bibliotecaria que tuvo a súa

continuidade na realización dos Estándares das Bibliotecas Públicas de Galicia e que

rematará coa elaboración do mapa de bibliotecas.

3.1 Estándares das Bibliotecas Públicas de Galicia

Os estándares son os primeiros que se elaboran desde, e para Galicia. A súa

aplicación, como elemento base para a planificación e a programación dos

equipamentos, deberá significar unha mellora considerable das bibliotecas nos

próximos anos que permitirá, ao servizo de biblioteca pública de Galicia, realizar un

gran salto cualitativo con respecto á situación actual.

Tomando en consideración a poboación do concello, defínense os criterios que

deben alcanzar os recursos para que as bibliotecas poidan ofrecer un servizo

axeitado e de calidade. Así mesmo favorecen a optimización dos servizos que

prestan estes centros e axudan a que poidan desenvolver os seus obxectivos nas

mellores condicións posibles.

Ademais son un instrumento que permite, por unha banda, estimular o crecemento

e a mellora da calidade da biblioteca, favorecendo así o logro da súa misión, e por

outra, convencer da necesidade de adaptación ás circunstancias cambiantes dos

concellos, evitando, así, caer na idea dunha biblioteca estática. Ademais permiten,

a partires dunha calidade mínima que a biblioteca debe garantir, avaliar o grao de

adecuación actual dos recursos cos que se conta e establecer as bases dunha futura

planificación.

O modelo de biblioteca a implantar e que se reflexa nos Estándares rompe co

concepto tradicional de biblioteca pública que a identificaba como un espazo

exclusivo para estudantes ou como un almacén de libros, fai xa tempo que é cousa

do pasado. Na actualidade encontrámonos ante unha sociedade con profundos

cambios sociais que apuntan cara a unha actualización constante e o rápido

desfasamento dos coñecementos profesionais e da información. A revolución

tecnolóxica, os cambios dos hábitos culturais dos cidadáns e das formas de uso do

seu tempo libre, a multiplicación das fontes de acceso á información, o aumento do

analfabetismo funcional, a multiculturalidade,... todos estes factores caracterizan a

evolución social, cuns modelos de vida e de relación nova que formulan novas

Page 8: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

demandas a que cómpre dar resposta. En consecuencia, o novo modelo de

biblioteca é froito do equilibrio e da relación dos seguintes eixes de intervención:

• A biblioteca como produtora, provedora e democratizadora da información.

• A biblioteca como espazo de formación e de desenvolvemento persoal.

• A biblioteca como punto de encontro e espazo cultural de proximidade.

3.2 Edificio

O edificio da biblioteca debe ser un espazo atractivo, acolledor e flexible, que

responda ás necesidades cambiantes dun público heteroxéneo. Debe reflectir a

concepción da biblioteca como referente cultural do territorio e, aínda que debe

responder a uns estándares comúns de lectura pública, debe adaptarse ás

peculiaridades e necesidades do concello e da área de influencia da biblioteca.

A distribución e tamaño dos espazos bibliotecarios veñen condicionados polos

cambios que se están a producir polo incremento do uso das TIC, e polas novas

formas de produción e consumo de servizos bibliotecarios, o que nos leva a unha

biblioteca como espazo social de encontro e centro de aprendizaxe aberto.

Considerando a evolución do modelo de biblioteca pública, os Estándares de

Biblioteca Pública de Galicia establecen o dimensionado e a distribución dos espazos

das bibliotecas en catro grandes zonas funcionais :

D Zona de acollida e promoción

Esta é a zona de acceso e acollida dos usuarios, onde tamén se poden ubicar os

espazos destinados á promoción lectora e á formación, ademais de servir de espazo

de apoio para determinadas actividades.

D Zona xeral

Destinada a maiores de 12-14 anos e dividida en tres áreas: a área de información

e fondo xeral, a área de música e imaxe, e a área de hemeroteca. A distinción en

diferentes áreas ven dada pola diferente tipoloxía documental.

D Zona infantil

Page 9: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

Está destinada a facilitar unha colección que poida dar resposta ás necesidades de

formación e ocio do público de ata os 12-14 anos. Deberá contar cun espazo

destinado á promoción da lectura e á formación en habilidades informacionais.

D Zona de traballo interno

Abarca o espazo destinado á selección e recepción de fondos, de proceso técnico,

as tarefas de administración e dirección, os depósitos documentais e almacén

loxístico.

3.3 Equipamento

A prestación dos servizos vai ligada á un equipamento que satisfaga as necesidades

dos usuarios, e que debe incluír a incorporación das tecnoloxías emerxentes da

información e da comunicación para facilitar o acceso á información de forma

igualitaria e contribuíndo deste xeito a impedir a exclusión dixital. Os Estándares

concretan o número mínimo e a distribución dos puntos de lectura e dos puntos de

acceso informático públicos que se considera que deben ofrecer as bibliotecas aos

seus usuarios.

Coa aplicación dos Estándares, as bibliotecas máis pequenas deberán dispoñer dun

mínimo de 7 puntos de acceso informático e 20 puntos de lectura -ademais dos

correspondentes ao espazo polivalente-. Nos municipios de máis de 5.000

habitantes os puntos de acceso informático increméntanse de forma importante ao

sumarlles os correspondentes ao espazo de formación.

3.3 Colección

As Directrices IFLA / UNESCO para el desarrollo de las bibliotecas públicas

establecen unha ratio municipal de entre 2,5 e 2 documentos por habitante

segundo a poboación do municipio. Nestes momentos, con 0,95 documentos a ratio

galega aínda queda lonxe da situación ideal e máis se consideramos o baixo índice

de renovación das coleccións.

O fondo documental, ou colección, é fundamental para a consecución dos

obxectivos que persigue a biblioteca e debe dar servizo a un amplo e diverso rango

de demandas e intereses, sendo unha entidade viva, o que implica que non nos

Page 10: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

podemos quedar nas dimensións da colección, senón que se debe analizar a súa

calidade e idoneidade, e o seu índice de renovación.

É necesario relativizar a importancia dos aspectos cuantitativos das coleccións en

favor da súa accesibilidade, actualidade e adecuación. Aínda así, coa vontade de

mellorar a situación actual e aproximarnos ao que establecen as Directrices, os

Estándares de Biblioteca Pública de Galicia marcan unhas pautas cuantitativas

básicas que dimensionan a colección de libre acceso a nivel municipal: fíxanse cinco

ratios en función da poboación do concello, tendo en conta que esta ratio aumenta

proporcionalmente a medida que disminúe o número de habitantes, para asegurar

así un acceso igualitario á información.

3.4 Persoal

O persoal é o factor clave para o éxito da biblioteca, e máis no novo modelo de

biblioteca pública que ten que ser capaz de traballar en coordinación co seu entorno

e con outros axentes sociais, culturais e económicos da súa comunidade,

intentando atraer a atención por parte dos cidadáns e adaptándose constantemente

ás súas novas necesidades. O éxito dos servizos prestados dependerá en grande

medida da súa formación permanente, da súa motivación e tamén dun axeitado

dimensionado.

Os cadros de persoal das bibliotecas públicas deben estar formadas por:

• Persoal técnico bibliotecario

Os bibliotecarios desenvolven e implantan as políticas e servizos dirixidos a

satisfacer as necesidades dos seus usuarios e as dos servizos de información á

comunidade (desenvolvemento da colección, organización dos recursos, a

orientación e asistencia aos usuarios na recuperación da información, ...). O persoal

directivo céntrase tamén no relativo á xestión dos recursos, na elaboración de plans

e normas, no seguimento da súa aplicación, así como na dirección e coordinación

de equipos de traballo.

O persoal técnico bibliotecario dispoñerá de formación académica, preferentemente

en Biblioteconomía e / ou Documentación. Na Administración Pública son os grupos

A1 e A2.

• Persoal auxiliar de biblioteca

Os técnicos auxiliares de biblioteca colaboran co persoal bibliotecario na provisión

de servizos e o complementa. Se o traballo do persoal bibliotecario corresponde á

Page 11: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

dirección, orientación, formulación, coordinación e aplicación da política

bibliotecaria, o traballo do persoal auxiliar corresponde á execución.

Entendemos por persoal auxiliar de biblioteca o que se atopa no grupo C1 da

Administración pública. Terán titulación en bacharelato ou técnico equivalente e

formación específica en bibliotecas.

• Persoal axudante de servizo, subalterno ou de apoio

Os axudantes de servizo colaboran no funcionamento da biblioteca. Realizan tarefas

básicas relacionadas coas coleccións, os servizos e a atención ao público. A súa

categoría laboral atópase no grupo E da Administración Pública.

• Persoal especializado

Nas redes urbanas, ademais do persoal propio das bibliotecas, deberá considerarse

a contratación dun persoal que asista á globalidade da rede. Éste poderá estar

formado por persoal bibliotecario e auxiliar itinerante, e por profesionais doutras

ramas como informáticos, administrativos, educadores sociais, xestores de recursos

humanos, ……..

O número de persoal necesario para xestionar a biblioteca depende de forma

directa do tamaño da biblioteca, o horario de atención ao público e a poboación da

área de influencia da biblioteca. Os estándares establecen o horario mínimo de

horas semanais de servizo e o número e categoría laboral das persoas que deben

formar o equipo de traballo .

O persoal das bibliotecas locais estará formado por entre unha e sete persoas para

atender un horario de apertura de entre 20 e 35 horas semanais. Todas as

bibliotecas locais dos concellos de máis de 5.000 habitantes deben contar con

persoal técnico bibliotecario.

3.5 Mapa de Bibliotecas

Unha vez os Estándares sexan aprobados pola Consellería de Cultura, o seguinte

paso a tomar é a elaboración do Mapa de lectura pública de Galicia e impulsar plans

municipais ou territoriais de bibliotecas.

O Mapa, creado a partir do contraste entre a situación bibliotecaria actual e a que

correspondería segundo a aplicación dos Estándares, é o marco de referencia básico

das actuacións das administracións públicas responsables da prestación do servizo

bibliotecario xa que permite coñecer a realidade bibliotecaria do territorio, detectar

Page 12: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

os déficits bibliotecarios e establecer as necesidades da lectura pública de cada

concello. A partir dos resultados obtidos será necesario establecer unha política de

actuación que promova a execución de accións que permitan a mellora paulatina da

situación bibliotecaria actual e a aproximación á situación ideal formulada polos

Estándares e o Mapa. Para completar o proceso, é conveniente realizar plans

municipais de bibliotecas que vaian un paso máis alá do Mapa recollendo a

casuística de cada municipio para adaptar e dimensionar mellor os recursos ás

características do territorio.

Considerando a realidade sociodemográfica de Galicia e a distribución da súa

poboación no territorio, será necesario tamén establecer unha política específica

que permita, por unha banda, acercar o servizo bibliotecario aos concellos máis

pequenos e aos núcleos rurais disgregados e, por outra, promover a unión ou

colaboración dos concellos, sobre todo dos máis pequenos, co obxecto de compartir

recursos e, así, acadar unha maior eficiencia e eficacia. Esta colaboración deberá

quedar reflectida na redacción de plans territoriais de bibliotecas.

Sen dúbida queda un longo camiño por percorrer que non está exento de

dificultades, pero non cabe dúbida de que os estándares e o mapa de bibliotecas

deben significar un paso importante para a mellora substancial do servizo de

biblioteca pública de Galicia.

3.6 Lei de Bibliotecas

No marco dun novo escenario é evidente que as bibliotecas encóntranse ante novos

retos e para afrontalos se precisa unha visión estratéxica de xestión pública que

volve obsoleta a actual lei de bibliotecas (Lei 14/1989, do 11 de outubro, de

Bibliotecas).

Para afrontar os novos retos da biblioteca e para que o servizo bibliotecario se

axuste a realidade, faise necesario contar cun novo marco lexislativo que teña en

conta o novo modelo de biblioteca e que integra os seguintes elementos:

centralidade, apostase por grandes bibliotecas centrais ben dotadas; traballo en

rede a nivel local que permita tender unha rede a partir da biblioteca central coas

bibliotecas de proximidade que acerquen o servizo aos cidadáns; presenza da

biblioteca fora da súa propia sede; a biblioteca como centro de información,

aprendizaxe e cultura; incremento de servizos en liña. Deste xeito a biblioteca

convértese nun lugar de intercambio e encontro e nun espazo comunitario.

Page 13: Informe sobre a situaci n actual e futuro do sistema de ...rbgalicia.xunta.es/descargas/1362409528.pdf · cada provincia: a que ten unha cifra maior de habitantes (A Coruña) conta

Cidade da Cultura Monte Gaias s/n 15707 Santiago de Compostela

Por outra banda, conformada unha importante rede de bibliotecas públicas de

Galicia, hai que incidir xa non tanto na creación de novos centros, como na mellora,

modernización e planificación dos existentes.

O anteproxecto de Lei de Bibliotecas que estase a tramitar recolle o novo modelo

do Sistema de Bibliotecas Públicas de Galicia e a creación do Mapa de Bibliotecas

Públicas como o marco de referencia básico das actuacións das administracións

públicas responsables da prestación do servizo bibliotecario e como o instrumento

que determinará en función de criterios obxectivos os servizos bibliotecarios

dispoñíbeis, as necesidades de lectura pública e planificará o tipo de servizos que

lle corresponderá a cada poboación conforme os estándares internacionais e

comunitarios.