informe de fiscalizaciÓn do concello de agolada …...informe de fiscalización do concello de...
TRANSCRIPT
INFORME DE FISCALIZACIÓN DO CONCELLO DE AGOLADA
EXERCICIO 2010
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 3
ÍNDICE
I. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................... 5
I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE ................................................................................................................... 5
I.2 LIMITACIÓNS ..................................................................................................................................... 5
I.3 NORMATIVA REGULADORA ............................................................................................................... 6
II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO ....................................................................................... 8
II.1 INFORMACIÓN XERAL ...................................................................................................................... 8
II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS ........................................................................ 9
III. CONTAS ANUAIS ............................................................................................................... 10
III.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO ..................................................................................................... 10
III.2 CONTABILIDADE FINANCEIRA ........................................................................................................ 13
IV. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN ...................................................................................... 15
IV.1 CONTROL INTERNO ....................................................................................................................... 15
IV.2 MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS ............................................................................................... 16
IV.3 GASTOS DE PERSOAL .................................................................................................................... 19
IV.4 GASTOS CORRENTES ..................................................................................................................... 26
IV.5 GASTOS POR TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS .......................................................................... 31
IV.6 GASTOS DE INVESTIMENTO ........................................................................................................... 34
IV.7 OPERACIÓNS FINANCEIRAS ........................................................................................................... 37
IV.8 OUTRAS MATERIAS ....................................................................................................................... 39
IV.8.1 INGRESOS ............................................................................................................................. 39
IV.8.2 EXERCICIOS PECHADOS ........................................................................................................ 43
V. MAGNITUDES ORZAMENTARIAS RELEVANTES ................................................................... 45
V.1 RESULTADO ORZAMENTARIO ......................................................................................................... 45
V.2 REMANENTE DE TESOURERÍA ......................................................................................................... 46
VI. FEITOS POSTERIORES ........................................................................................................ 48
VII. CONCLUSIÓNS.................................................................................................................. 49
VIII. RECOMENDACIÓNS ....................................................................................................... 52
ANEXO I: ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO ....................................................... 55
ANEXO II: RÉPLICAS ÁS ALEGACIONS PRESENTADAS ............................................................ 59
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 4
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 5
I. INTRODUCIÓN
I.1 OBXECTIVOS E ALCANCE
De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia,
o Pleno da Institución, en sesión celebrada o 23 de decembro de 2011, acordou incluír no seu
programa anual de actuacións para 2012, a realización dunha fiscalización de regularidade do
exercicio 2010 do Concello de Agolada (Pontevedra).
A fiscalización de regularidade contable realizarase sobre as contas anuais ou estados contables
da entidade fiscalizada, e incluirá:
Auditoría de legalidade: revisión do cumprimento da normativa aplicable nas áreas de
orzamento, ingresos de dereito público, persoal, contratación de obras, servizos e
subministracións, así como concesión de subvencións.
Auditoría financeira: conformidade da Conta Xeral cos principios contables e orzamentarios que
son de aplicación.
Análise financeira da situación económica da entidade.
Os obxectivos específicos desenvolvidos en cada área obxecto de análise consistiron en:
- Verificar se a xestión económico-financeira e orzamentaria realízase de conformidade coa
normativa de aplicación.
- Comprobar a fiabilidade dos rexistros contables, verificando o cumprimento dos principios e
normas establecidos nas instrucións contables.
- Analizar os procedementos e as medidas de control interno aplicados pola Entidade en orde a
garantir unha adecuada xestión económico-orzamentaria.
O período temporal da fiscalización estendeuse a aqueles exercicios (anteriores e posteriores) que
se consideraron necesarios para a consecución dos obxectivos previstos.
I.2 LIMITACIÓNS
O Concello prestou a colaboración necesaria para que os traballos de campo finalizasen no prazo
establecido polo Consello de Contas de Galicia.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 6
I.3 NORMATIVA REGULADORA
A normativa reguladora da materia obxecto de fiscalización, inclúese, fundamentalmente, nas
seguintes disposicións ordenadas por competencia, rango e datas:
LEXISLACIÓN ESTATAL
- Constitución Española do 27 de decembro de 1978 (BOE nº 311, do 29 de decembro).
- Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública (LMRFP), nos
artigos non derrogados expresamente pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do
empregado público.
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local (BOE nº 80, de 3 de abril,
rectificada no BOE nº 139, do 11 de xuño).
- Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das
disposicións legais vixentes en materia de réxime local (BOE nº 96, do 24 de abril).
- Lei 30/1992, do 26 de novembro, Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do
Procedemento Administrativo Común (BOE nº 285, do 27 de novembro).
- Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LGS) (BOE nº 276, do 18 de
novembro).
- Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria (BOE nº 284, do 27 de novembro).
- Lei 57/2003, do 16 decembro, de medidas para a modernización do goberno local (BOE nº
301, do 17 de decembro).
- Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais (BOE nº 59, do 9 de marzo).
- Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público (BOE nº 89, do 13 de
abril).
- Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (BOE nº 261, do 31 de
outubro).
- Real Decreto Lexislativo 2/2007, do 28 de decembro, polo que se aproba o Texto Refundido
da Lei Xeral de Estabilidade Orzamentaria (BOE nº 313, do 31 de decembro).
- Lei 26/2009, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para 2010.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 7
- Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004 (Lei de medidas de loita contra a
morosidade nas operacións comerciais), que establece normas sobre a morosidade das
Administracións Públicas e sobre o rexistro de facturas nas Administracións Locais.
- Decreto do 17 de xuño de 1955, polo que se aproba o Regulamento de Servizos das
Corporacións Locais (BOE nº 196, do 16 de xullo).
- Real Decreto 861/1986, do 25 de abril, polo que se establece o réxime de retribucións dos
funcionarios de Administración Local (BOE nº 106, do 3 de maio).
- Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das
entidades locais (BOE nº 161, de 7 de xullo).
- Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF),
aprobado polo Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro (BOE nº 305, do 22 de
decembro).
- Reais Decretos 1174/1987; 1732/1994 e 834/2003, polos que se regula o réxime xurídico
dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional.
- Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, polo que se desenvolve, en materia de orzamentos, o
capítulo primeiro do título sexto da Lei 39/1988, antiga Lei Reguladora das Facendas Locais
(BOE nº 136, do 7 de xuño).
- Ordes 4040/2004, 4041/2004 e 4042/2004 do Ministerio de Economía e Facenda, do 23 de
novembro, polas que se aproban as Instrucións de Contabilidade Local (ICAL), modelos
básico, normal e simplificado respectivamente (BOE 296, do 9 de decembro).
- Real Decreto 1463/2007, de 2 novembro (BOE nº 264, do 3 de novembro), polo que se
aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 18/2001 do 12-12-2001 de Estabilidade
Orzamentaria, na súa aplicación ás entidades locais.
- Orde do Ministerio de Economía e Facenda 3565/2008, do 3 de decembro de 2008, sobre
estrutura dos orzamentos das Entidades Locais, (BOE nº 297, do 10 de decembro).
LEXISLACIÓN AUTONÓMICA
- Estatuto de Autonomía de Galicia (DOG número 101, do 1 de outubro).
- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (DOG número 149, do 5 de
agosto).
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 8
- Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio Rural de
Galicia (DOG número 252, do 31 de decembro).
- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño).
- Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da
función pública de Galicia (DOG número 114, do 13 de xuño).
- Lei 9/2009, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia
para o ano 2010.
- Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, do Regulamento de disciplina urbanística de Galicia
(DOG 32, do 17 de febreiro).
LEXISLACIÓN DE CONTROL EXTERNO
- Lei Orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas (BOE nº 121, do 21 de maio).
- Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia (DOG nº 130, do 9 de xullo).
- Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas de Galicia do 25 de xuño de 1992
(DOG 138, do 7 de xullo).
II. CARACTERÍSTICAS DO MUNICIPIO
II.1 INFORMACIÓN XERAL
O concello de Agolada está situado xeograficamente no centro de Galicia, no extremo nordeste
da provincia de Pontevedra e ten unha extensión de 147 km cadrados, dividida en 24 parroquias.
A súa poboación no ano 2010, segundo o INE, foi de 2.995 habitantes, atopándose nunha etapa
claramente regresiva, pois no período 2000-2009 rexistrouse unha taxa anual media de perda de
poboación do 3,9 por cento (fonte: IGE). A renda dispoñible bruta por habitante, segundo a
mesma fonte, no ano 2009, último dato de que se dispón, foi de 11.729 euros, o cal supón o
78,4 por cento da media de Galicia.
A composición da Corporación resultante das eleccións de 2007 foi a seguinte: PP: 7
concelleiros; PSOE: 3 concelleiros; BNG: 1 concelleiro. Na actualidade, tralas eleccións locais do
22 de maio de 2011, mantense a mesma maioría, coa mesma distribución de concelleiros por
partidos.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 9
No termo municipal non hai entidades locais menores, nin consta que o Concello teña entidades
dependentes, nin participe en sociedades mercantís, nin en fundacións. Si que forma parte do
Consorcio do Servizo contra incendios e salvamento das comarcas do Deza, Tabeirós e Terra de
Montes, sen constancia de transferencia algunha ao seu favor; así como da Mancomunidade das
Terras do Deza, cunha achega, neste caso, para contribuír ao seu orzamento anual, de
16.088,00 euros .
II.2 DATOS DE TRAMITACIÓN E RENDICIÓN DE CONTAS
En canto á liquidación e á aprobación da conta, no seguinte cadro recóllense as datas máis
relevantes ao respecto:
TRÁMITE DATA LÍMITE CUMPRIMENTO
Aprobación definitiva do orzamento 31/12/2009 Prorrogado o de 2009 Aprobación da liquidación do Orzamento 31/03/2011 16/11/2011 Formación da Conta Xeral 01/06/2011 18/11/2011 Informe da Comisión de Contas 01/06/2011 23/11/2011 Presentación da Conta Xeral ao Pleno 01/10/2011 03/02/2012 Aprobación plenaria da Conta Xeral 01/10//2011 03/02/2012
Compre sinalar que a Entidade non elaborou nin aprobou orzamento para o exercicio 2010. A
Secretaría-Intervención certificou que “durante o exercicio se estivo traballando co orzamento do
2009 prorrogado”.
O TRLRHL establece, no seu artigo 169, a previsión legal de que entre en vigor o orzamento
prorrogado do exercicio anterior cando non estivera aprobado o do exercicio en curso antes do
31 de decembro, coa finalidade de que non exista en ningún momento unha ausencia de
créditos para facer fronte aos gastos que se seguen devengando para o normal funcionamento
da entidade. Enténdese, non obstante que esta é unha situación excepcional, e que o normal é a
aprobación dun orzamento anual, aínda que sexa con retraso. Neste caso a entidade non chegou
a aprobar en ningún momento un orzamento para o 2010.
Esta mesma práctica xa se dera no exercicio 2008, no que se executou o orzamento prorrogado
do 2007. Así mesmo, constatouse que tampouco se aprobou orzamento para os exercicios 2011
e 2012.
No que atinxe á rendición da conta, deuse cumprimento a dito trámite o 6 de febreiro de 2012,
producíndose, deste xeito, un retraso con respecto á data límite establecida para o mesmo, que é
o 14/10/2011.
Con relación á rendición das contas dos exercicios anteriores, a situación é a seguinte:
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 10
EXERCICIO ESTADO DE RENDICIÓN DATA DE RENDICIÓN
2001 Non remitida 2002 Non remitida 2003 Non remitida 2004 Rendida 02/02/2007 2005 Con defectos graves 02/02/2007 2006 Rendida 06/02/2008 2007 Non remitida 2008 Rendida 14/11/2011 2009 Rendida 06/02/2012
Compre sinalar, ademais, que, se ben a entidade conta cun Secretario-Interventor titular e outro
acumulado (por baixas prolongadas do primeiro), constatouse que na práctica as tarefas
relacionadas coa levanza da contabilidade foron desempeñadas, ata abril de 2012, por unha
persoa contratada como persoal eventual para o posto de secretaria do Alcalde, o cal vai en
contra da normativa, dado que, segundo da letra f) do artigo 2 do Real Decreto 731/1993, estas
funcións, en Concellos de menos de 5.000 habitantes, como é o caso, pódense desempeñar por
membros da Corporación directamente ou por outros funcionarios da entidade distintos dos
habilitados con carácter nacional.
III. CONTAS ANUAIS
III.1 LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO
INGRESOS
A liquidación do Orzamento de Ingresos a nivel de capítulo é a seguinte:
CAPÍTULO PREVIS. INICIAIS
MPI PREVIS.
DEFINITIVAS DEREITOS
REC. DER.
ANUL.
DEREITOS RECOÑEC.
NETOS
RECAUD. NETA
DER. PEND. COBRAMENTO
A 31-12
EXCESO / DEFECTO DE PREVISIÓN
1. Impostos directos
338.500,00 0,00 338.500,00 398.935,95 947,05 397.988,90 314.661,67 83.327,23 -59.488,90
2. Impostos indirectos
70.000,00 0,00 70.000,00 25.588,37 0,00 25.588,37 24.252,04 1.336,33 44.411,63
3. Taxas e outros ingresos
92.610,00 0,00 92.610,00 47.871,34 0,00 47.871,34 29.152,62 18.718,72 44.738,66
4. Transferen. correntes
985.609,23 0,00 985.609,23 711.298,71 0,00 711.298,71 711.298,71 0,00 274.310,52
5. Ingresos patrimoniais
23.000,00 0,00 23.000,00 4.811,50 0,00 4.811,50 4.811,50 0,00 18.188,50
6. Alleamento investimentos reais
20.100,00 0,00 20.100,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 20.100,00
7. Transferen. de capital
67.864,00 951.523,68 1.019.387,68 992.487,95 0,00 992.487,95 570.285,44 422.202,51 26.899,73
8. Activos financeiros
50,00 416.644,47 416.694,47 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 416.694,47
9. Pasivos financeiros
200.020,00 0,00 200.020,00 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00 200.020,00
TOTAL: 1.797.753,23 1.368.168,15 3.165.921,38 2.180.993,82 947,05 2.180.046,77 1.654.461,98 525.584,79 985.874,61
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 11
A principal fonte de ingresos son as transferencias, correntes e de capital, que supoñen
conxuntamente un 78,15% do total dos dereitos recoñecidos netos.
A distribución dos DRN por capítulos en relación ao total reflíctese no seguinte gráfico:
A variación nos dereitos recoñecidos netos do ano 2010 con relación ao ano anterior (2009) é,
en conxunto, do -13,58% e desagrégase por capítulos no seguinte gráfico:
O índice de recoñecemento de dereitos (DRN/previsións definitivas) é do 68,86%. Resulta ser
especialmente baixo no capítulo 2 (36,55%), no capítulo 3 (51,69%) e no capítulo 5 (20,92%),
o que significa que as previsións son excesivamente altas.
18,26%1,17%
2,20%
32,63%
0,22%
45,53%
% DRN sobre o total
1. Impostos directos
2. Impostos indirectos
3. Taxas e outros ingresos
4. Transferencias correntes
5. Ingresos patrimoniais
7. Transferencias de capital
-120,00%
-100,00%
-80,00%
-60,00%
-40,00%
-20,00%
0,00%
20,00%
40,00%
60,00%
80,00%
1. Impostosdirectos
2. Impostosindirectos
3. Taxas eoutros ingresos
4.Transferenciascorrentes
5. Ingresospatrimoniais
7.Transferenciasde capital
8. Activosfinanceiros
9. Pasivosfinanceiros
Variación DRN 2009-2010
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 12
Por outra banda, o índice de recadación de dereitos recoñecidos (recadación neta/DRN) é do
75,89%. Resulta moi baixo no caso do capítulo 7 (57,46%) e no caso do capítulo 3 (60,90%).
GASTOS
A liquidación do Orzamento de Gastos a nivel de capítulo é a seguinte:
CAPÍTULO CRÉDITOS INICIAIS
MC CRÉDITOS
DEFINITIVOS GASTOS
COMPROM. OBRIGAS REC.
NETAS PAGOS
REALIZADOS
OBRIGAS PEND. PAGO
A 31-12
REMANENTES DE CRÉDITO
1. Gastos de persoal
744.476,51 307.866,52 1.052.343,03 765.382,16 765.382,16 750.292,04 15.090,12 286.960,87
2. Gastos bens corrent. e servizos
716.866,00 213.243,73 930.109,73 559.942,17 559.942,17 478.896,56 81.045,61 370.167,56
3.Gastos financeiros
16.000,00 0,00 16.000,00 12.589,49 12.589,49 12.589,49 0,00 3.410,51
4.Transferen.correntes
100.000,00 5.538,00 105.538,00 69.640,25 69.640,25 37.340,25 32.300,00 35.897,75
6. Investim. reais
185.410,72 841.519,90 1.026.930,62 990.220,54 826.829,85 351.658,32 475.171,53 200.100,77
9.Pasivos financeiros
35.000,00 0,00 35.000,00 24.045,70 24.045,70 24.045,70 0,00 10.954,30
TOTAL: 1.797.753,23 1.368.168,15 3.165.921,38 2.421.820,31 2.258.429,62 1.654.822,36 603.607,26 907.491,76
A porcentaxe que representa a execución de cada capítulo sobre o total de gasto executado
(ORN capítulo/ORN totais) reflíctese no seguinte gráfico:
Como pode observarse, o concello inviste un 58,68% do total gastado en persoal e gasto
corrente.
33,89%
24,79%
0,56%
3,08%
36,61%
1,06%
% de ORN sobre o total
1. Gastos de persoal
2. Gastos en bens correntes eservizos3. Gastos financeiros
4. Transferencias correntes
6. Investimentos reais
9. Pasivos financeiros
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 13
As obrigas recoñecidas netas (ORN) redúcense nun 11,28% con relación á liquidación do
orzamento do ano anterior. Esta variación reflíctese desagregada por capítulos no seguinte
gráfico:
Con ocasión do pago a provedores realizado o 30/5/2012, ao amparo do Real Decreto-lei
4/2012, do 24 de febreiro, cancélanse débedas correspondentes a facturas do ano 2010, non
contabilizadas, por 137.011,64 euros.
Así mesmo e como se sinala no apartado deste informe relativo ao endebedamento, hai cotas de
préstamos da Deputación Provincial que vencen en 2010 e seguen sen cancelar o 27/12/2011,
por importe de 33.002 euros.
III.2 CONTABILIDADE FINANCEIRA
A partir do Libro Diario de operacións financeiras achegado pola entidade, elaboráronse: o
Balance de Sumas e Saldos, a Conta do resultado económico-patrimonial e o Balance de
Situación, resultando coincidentes cos Estados contables presentados formando parte da Conta
Xeral.
Por outra banda, realizouse unha comparativa entre a información proporcionada pola
contabilidade orzamentaria e a información que se extrae da contabilidade financeira, resultando
que ambas coinciden.
-40,00%
-30,00%
-20,00%
-10,00%
0,00%
10,00%
20,00%
30,00%
40,00%
50,00%
60,00%
1. Gastos de persoal 2. Gastos en benscorrentes e servizos
3. Gastos financeiros 4. Transferenciascorrentes
6. Investimentosreais
9. Pasivos financeiros
Variación de ORN 2009-2010
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 14
O capital circulante (Activo circulante financiado con recursos a longo prazo, é dicir, AC-PC) que
resulta do Balance de situación é positivo, de 222.337,39 euros. No entanto, con relación ao ano
anterior, redúcese en 78.289,64 euros.
O resultado orzamentario declarado é negativo, de -78.382,85 euros, e o AFORRO que se recolle
na conta do resultado económico-patrimonial é de 772.583,91 euros. A diferenza entre ambas
as cifras obedece a gastos dos capítulos 6 e 9 da contabilidade orzamentaria, que non son
gastos a efectos de contabilidade financeira xa que se trata de inmobilizado (grupo 2) e
financiamento básico (grupo 1).
Do anterior despréndese que ambas as contabilidades son coherentes entre si.
No entanto, a contabilidade, tanto financeira como orzamentaria, presenta deficiencias en canto
á falta de contabilización de facturas pendentes de pago a provedores, do propio exercicio e de
anos anteriores, por importe de 223.229,64 euros, o cal se pon de manifesto como consecuencia
de feitos posteriores ao ano 2010 (Real Decreto-Lei 4/2012, do 24 de febreiro) e explícase
detalladamente no apartado correspondente deste informe.
Habería que realizar axustes, así mesmo, e analizar a posible prescrición de dereitos pendentes
de cobramento e obrigas pendentes de pago que si están contabilizados, con orixe en exercicios
anteriores, xa que hai dereitos contabilizados desde 1993 e obrigacións contabilizadas desde o
ano 2003.
O importe que figura como provisión de dubidoso cobramento é o mesmo que o ano anterior
(150.273,18 euros). Con data 30 de maio de 2012 solicitáronse á Intervención explicacións
sobre o cálculo desta cifra, pero non foron facilitadas.
Solicitado inventario de bens e dereitos patrimoniais, a documentación achegada foi unha
certificación sobre o último inventario municipal de bens e dereitos patrimoniais aprobado polo
pleno do concello, con data 28/12/1992 e que é o seguinte:
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 15
VALOR DO INMOBILIZADO APROBADO POLO PLENO O 28-12-92 VALOR ANO 1992
(en pesetas). VALOR ANO 1992
(en euros)
Inmobles: 662.382.270,00 3.980.997,62
Dereitos reais 0,00
Mobles de carácter histórico 0,00
Valores mobiliarios 0,00
Vehículos: 16.200.000,00 97.363,96
Semoventes 0,00
Mobles non comprendidos nos enunciados anteriores 29.366.129,00 176.493,99
Bens e dereitos reversibles 0,00
TOTAL: 707.948.399,00 4.254.855,57
Este inventario difire substancialmente do que figura no Balance presentado a 31/12/2010, que
ascende a 15.022.591,17 euros.
Durante o ano 2010 actualizouse o valor do inmobilizado con relación ao Balance do ano
anterior en 826.829,85 euros, importe que coincide coas obrigas recoñecidas no capítulo 6 da
contabilidade orzamentaria. Non se dotan amortizacións e o patrimonio entregado ao uso xeral é
cero.
Tampouco parece que se leve un control dos gastos con financiamento afectado. O importe dos
proxectos con financiamento afectado é cero nos apartados correspondentes da Memoria, as
desviacións de financiamento negativas e positivas figuran con cero no cálculo do resultado
orzamentario e o exceso de financiamento afectado tamén é cero no cálculo do remanente de
tesourería. Con data 30 de maio de 2012 solicitouse explicación á Intervención sobre se existe
ou non control do devandito financiamento, pero non se facilitou información respecto diso.
Por tanto, podemos concluír con que a contabilidade non reflicte unha imaxe fiel das operacións
realizadas polo concello.
IV. RESULTADOS DA FISCALIZACIÓN
IV.1 CONTROL INTERNO
A función de control e fiscalización interna comprende tres tipos de actividades: a función
interventora, a función de control financeiro e a función de control de eficacia. Así resulta da
normativa existente ao respecto, tanto a xeral como a propia da Administración Local (artigos
213 e seguintes do TRLRHL e no RDFHCN).
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 16
Non hai constancia de que leven a cabo actuacións de control financeiro nin de control de
eficacia, para o que o Concello debería ter definidos uns obxectivos previos que permitan
verificar a eficacia, eficiencia e economía na prestación dos servizos públicos.
Durante o exercicio 2010 a Secretaría-Intervención non formulou ningún reparo de legalidade.
IV.2 MODIFICACIÓNS ORZAMENTARIAS
Segundo certifica o Secretario-Interventor do concello, durante o exercicio 2010 leváronse a cabo
37 expedientes de modificacións orzamentarias, todas elas xeracións de crédito. Ademais, como
consta na Memoria presentada, contabilizáronse incorporacións de créditos por 416.644,47
euros e realizáronse transferencias dunhas partidas a outras do Orzamento de Gastos, por
importe de 256.138,55 euros.
Incorporacións de créditos
Para realizar unha incorporación de crédito, é necesaria a aprobación polo alcalde, previo
informe favorable da intervención (base 9ª das Bases de execución do orzamento).
Neste caso, non consta que se tramitara ningún expediente.
Durante o exercicio, incorporáronse remanentes de crédito nas seguintes partidas: CÓDIGO
FUNCIONAL DESCRICIÓN
CLASIFICACIÓN ORGÁNICA
DESCRICIÓN IMPORTE
1 Servizos públicos
básicos 60 Investimento novo en infraestruturas de uso xeral 230.441,07
4 Actuacións de
carácter económico
16 Cotas, prestacións sociais a conta do empregador 1.371,54
4 Actuacións de
carácter económico
60 Investimento novo en infraestruturas de uso xeral 104.831,86
4 Actuacións de
carácter económico
62 Investimento novo asociado ao funcionamento dos servizos
80.000,00
Total: 416.644,47
Todas as partidas que se incorporan, salvo 1.371,54 euros da partida 4.16, son créditos por
operacións de capital; todas elas, incluíndo os 1.371,54 euros, chegaron a fase D e non a fase O
no exercicio 2009. Todos son, por tanto, créditos incorporables, xa que se atopan nalgún dos
supostos contemplados polo artigo 182.1 do TRLFL.
O devandito artigo permite a incorporación de remanentes de crédito tan só se se atopan nun
dos supostos relacionados nas letras a) a d). Ademais han de existir para iso os suficientes
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 17
recursos financeiros. O mesmo recóllese no artigo 48.1 do Real Decreto 500/90, que establece
que: ”A incorporación de remanentes de crédito quedará subordinada á existencia de suficientes
recursos financeiros para iso (art. 163.1 LRFL).”
Neste caso, o financiamento realizouse con remanente de tesourería do ano 2009, como pode
verse na liquidación do Orzamento de Ingresos, no artigo 87, cunha modificación orzamentaria
de 416.644,47 euros.
En primeiro lugar, o remanente dispoñible para financiar a incorporación, se fose correcto o
declarado polo concello, sería de 297.976,32 euros, que resultan de restarlle ao remanente total,
448.249,50 euros, o importe de 150.273,18 euros dos saldos de dubidoso cobramento. Por
tanto, non sería suficiente para financiar a incorporación.
En segundo lugar, habería que verificar se o importe do remanente calculado polo concello é
correcto.
En canto ao cálculo dos saldos de dubidoso cobramento, solicitouse ao interventor unha
explicación sobre o mesmo, sen facilitarse ningunha. Na Base 9ª das de execución do orzamento
do ano 2009 establécese que, ao obxecto de calcular o remanente líquido de tesourería,
consideraranse recursos de difícil ou imposible recadación todos aqueles correspondentes ao
exercicio 2.000 e anteriores.
No entanto, é evidente que a 31/12/2009 non só son de difícil ou imposible recadación os
anteriores ao ano 2000, senón que habería que estudar a posible prescrición dos dereitos do ano
2005 e anteriores. Os dereitos contabilizados relativos a estes anos suman 245.894,47 euros.
Por tanto, tendo en conta que habería que facer unha depuración de saldos de dereitos
recoñecidos de exercicios pechados e cuantificar razoadamente os saldos de dubidoso
cobramento; que parece que non se leva control do financiamento afectado; e que como se
desprende do expediente de pagos a provedores realizado de acordo ao Real Decreto-Lei
4/2012, no ano 2012 había facturas de provedores sen contabilizar dos anos 2000 a 2009 por
86.218 euros, que reducirían o remanente de tesourería; podemos concluír que o remanente de
tesourería calculado no ano 2009 non é correcto e con toda probabilidade é inferior ao
declarado. De todo o anterior resulta que a contabilización da incorporación de crédito do ano
2010 financiada co remanente do ano 2009 non foi correcta.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 18
Transferencias de crédito
A vinculación de créditos establécese na base 4ª das de execución do orzamento a nivel de grupo
de función e a nivel de capítulo.
Segundo se desprende da información achegada na Memoria, as transferencias de crédito
realizadas, por importe total de 256.138,55 euros, son as seguintes:
PARTIDA DE ORIXE IMPORTE PARTIDA DE DESTINO IMPORTE
1.60 -168.371,06 1.13 46.434,30 1.21 31.827,66 1.22 90.109,10
TOTAL: -168.371,06 TOTAL: 168.371,06 3.22 -7.587,26 3.61 7.587,26
TOTAL: -7.587,26 TOTAL: 7.587,26 4.16 -5.695,97 4.61 77.642,23 4.20 -54.600,00 4.22 -17.346,26
TOTAL: -77.642,23 TOTAL: 77.642,23 9.20 -2.538,00 9.46 2.008,00
9.48 530,00 TOTAL: -2.538,00 TOTAL: 2.538,00
Na base 6ª das de execución do orzamento establécese que a aprobación das transferencias de
crédito corresponde á Xunta de Goberno Local, sen máis limitacións que as establecidas no
artigo 40.3 do Real Decreto 500/90, previo informe favorable da intervención. Segundo este
artigo , en caso de transferencias entre distintos grupos de función sería competente o pleno da
corporación, salvo cando afecten a créditos de persoal. Neste caso as transferencias realizadas
son sempre entre os mesmos grupos de función polo que sería competente a Xunta de Goberno
Local.
Non consta que se realice ningún expediente de transferencia de crédito; por tanto, nin se
aproban pola Xunta de Goberno Local, nin se realiza informe pola intervención.
A partida 1.60, da que se transferiron 168.371,06 euros aos capítulos 1 e 2, non tiña crédito
inicial; incrementouse cunha incorporación de remanentes de crédito do exercicio anterior, por
230.441,07 euros e ao longo do exercicio incrementouse novamente con varias xeracións de
crédito motivadas por diversas subvencións para obras, por un total de 206.015,25 euros.
A transferencia realizada desde esta partida incumpre o artigo 41.1 do Real Decreto 500/90, que
establece que non poderán minorarse os créditos incorporados como consecuencia de
remanentes non comprometidos procedentes de exercicios pechados.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 19
Tamén incumpre a Base 6ª das Bases de Execución do Orzamento, que no seu apartado terceiro
establece que: “Non poderán minguarse os créditos que se refiran a gastos totalmente
financiados con ingresos procedentes doutras administracións, agás autorización destas.”
Así mesmo, na partida 4.16 realizouse una incorporación de remanentes de crédito do exercicio
anterior por 1.371,54 euros e, posteriormente, una transferencia negativa de 5.695,97 euros.
Esta transferencia incumpre tamén o establecido polo artigo 41 anteriormente citado.
Xeracións de crédito
Dos 37 expedientes tramitados, por importe de 951.523,68 euros, selecciónase unha mostra de
8 expedientes cuxa suma ascende a 254.914,31 euros.
O artigo 43 do Real Decreto 500/90 remite ás BEO para regular a tramitación dos expedientes de
xeración de créditos. A base 8ª das mesmas establece que será competencia do alcalde a
aprobación destes expedientes, previo informe da intervención.
Revisados os expedientes, comprobouse que, efectivamente, apróbanse polo alcalde e hai
informe da intervención. No entanto, non figura nos expedientes a resolución de subvención ou
axuda concedida a partir da cal xérase o crédito.
Contablemente, en todos os casos se tramita o recoñecemento do dereito de cobramento, pero
en relación ao gasto financiado con estes ingresos obsérvase que en 5 dos expedientes
analizados non se chegou a contabilizar o recoñecemento da obriga, polo cal, só destes
expedientes que compoñen a mostra, dedúcese a existencia de desviacións positivas de
financiamento por importe de 140.024,03 euros, dato que contradí o que consta na Memoria
presentada formando parte da Conta Xeral, segundo a cal o devandito importe é cero.
IV.3 GASTOS DE PERSOAL
ASPECTOS XERAIS
As obrigas recoñecidas netas neste capítulo ascenderon a 765.382,16 euros, o que supón o 34
por cento do total das mesmas. O detalle por artigos recóllese no cadro seguinte, extraído da
liquidación do orzamento de gastos que rende a entidade:
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 20
ART. DESCRICIÓN CRÉD. INIC. CRÉD. DEFINIT. ORN PAGOS PTE. PAGO ORN 2009
10 Altos cargos 50.000,00 50.000,00 48.693,23 48.693,23 0 48.598,63
11 Persoal eventual 16.700,00 16.700,00 16.336,99 16.336,99 0 16.204,54
12 Persoal funcionario 229.400,00 245.202,73 177.189,13 177.189,13 0 179.228,,10
13 Persoal laboral 100.981,36 377.262,24 328.484,41 328.484,41 0 88.933,52
14 Outro persoal 164.620,00 164.620,00 0 0 0 234.072,64
15 Incentivos ó rendemento 4.800,00 4.800,00 0 0 0 810
16 Cotas e gastos sociais 177.975,15 193.758,06 194.678,40 179.588,28 15.090,12 191.533,41
TOTAL CAPÍTULO 1 744.476,51 1.052.343,03 765.382,16 750.292,04 15.090,12 759.380,84
Con respecto ao exercicio anterior non se observou un incremento significativo das obrigas
recoñecidas netas deste capítulo de gasto, dado que o mesmo foi tan só do 0,79 por cento.
Por outra banda, trala verificación da correspondencia entre a contabilidade financeira e
orzamentaria neste apartado de gastos, constatouse que se utiliza unicamente a conta 640 para
recoller a totalidade dos gastos de persoal, pola contía de 765.382,16 euros, obviando a 642,
que debería empregarse para contabilizar os gastos de seguridade social, segundo a ICAL.
En canto aos instrumentos de ordenación do persoal, o artigo 74 do EBEP obriga ás
Administracións Públicas a estruturar a súa organización mediante relacións de postos de
traballo ou outros instrumentos similares, establecendo que o seu contido mínimo debe incluír a
denominación do posto, o grupo profesional ao que pertence ou o corpo ou escala ó que está
adscrito, o sistema de provisión e as retribucións complementarias.
A este respecto a entidade dispón unicamente do Anexo de Persoal que acompaña ao
expediente de tramitación do Orzamento do 2009, dado que este foi prorrogado para o 2010 e
nunca se chegou a aprobar un orzamento específico do exercicio. Este documento, como anexo
que é do Orzamento, recolle tan só a denominación de cada posto e o detalle do gasto previsto
para cada un deles, polo que non pode ser considerado como unha RPT ou instrumento análogo.
O número de efectivos que se recollen no mesmo son os seguintes:
- Persoal funcionario: 9 prazas.
- Persoal laboral fixo: 3 prazas.
- Persoal laboral temporal: 11 prazas durante todo o ano e 20 durante períodos inferiores.
- Persoal eventual: unha praza
- Membros da corporación con dedicación exclusiva: dous
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 21
A contía da totalidade do gasto que se detalla no citado anexo para retribuír estas prazas
(excluídas as cotas por seguridade social) ascende a 575.357,41 euros, que non coincide coa que
figura no Orzamento como créditos iniciais para esas partidas, que é de 566.501,36 euros.
Como incidencia de carácter xeral compre sinalar que dentro do persoal laboral temporal figuran
tamén unha serie de traballadores que contan cunha antigüidade no seu posto de mais de tres
anos, o cal implica un encadeamento irregular de contratos temporais, dado que ese é o prazo
máximo que permite a normativa laboral para este tipo de contratos e supón a adquisición de
feito da condición de laborais indefinidos, condición que se obtería, así, por un procedemento
que non é o que se prevé para o caso, o cal sería a convocatoria en Oferta de Emprego Público
desas prazas a cubrir como laborais fixos, levando a cabo un proceso de selección que respecte
os principios de mérito, capacidade e concorrencia. No cadro seguinte recóllense en detalle os
traballadores e postos nos que se aprecia esta circunstancia:
DESCRICIÓN DO POSTO ANTIGÜIDADE
Operario de obras e servizos (CGS) 03-02-01
Educadora familiar 03-07-01
Técnico local de emprego 30-12-03
Operario de obras e servizos (JMGS) 07-02-06
Auxiliar de axuda no fogar (LMS) 20-11-06
Auxiliar de axuda no fogar (ING) 03-09-07
Non hai constancia, como incumprimento formal, da remisión da plantilla de persoal ao órgano
correspondente da Comunidade Autónoma, tal como preceptúa o artigo 232 da LALGA, nin ao
da Administración do Estado, segundo o artigo 127 do TRRL.
Tampouco hai constancia da existencia na entidade dun Rexistro de Persoal. Esta ausencia
incumpre o previsto nas normas, por citar as mais importantes os artigos 71 e 74 do EBEP, 90 da
LRBRL e 232 da LALGA. O Rexistro de Persoal debería conter os datos necesarios que xustifiquen
os conceptos retributivos incluídos na nómina de cada empregado da entidade.
No que atinxe á regulación das condición de traballo, non existe convenio colectivo para o
persoal laboral e, para o persoal funcionario tampouco está en vigor ningún acordo regulador
Non hai oferta de emprego público aprobada polo Concello para o exercicio 2010, aínda que
no transcurso do exercicio, concretamente o 27 de xaneiro de 2010, aprobouse a do 2009, que
autoriza dúas prazas de auxiliar administrativo como funcionarios de carreira, sen que ata o
momento se teña levado a cabo a súa convocatoria.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 22
Leváronse a cabo varios procesos selectivos no exercicio para a contratación de persoal
temporal, segundo o seguinte detalle:
- Contratación de persoal laboral temporal ao amparo da Orde do 19 de febreiro de 2010,
da Consellería de Traballo e Benestar, que convoca axudas e subvencións para o
fomento de emprego a través dos coñecidos como “programas de cooperación” coas
entidades locais, mediante os que a Xunta de Galicia cofinancia unha parte do custe dos
traballadores contratados. Contratáronse deste xeito unha coordinadora de servizos
sociais, un auxiliar administrativo de servizos xerais e catro auxiliares de servizos sociais.
O procedemento de selección, establecido na propia Orde, consiste en remitir a oferta de
emprego á oficina máis próxima do Servizo Galego de Colocación, a cal remite unha
serie de candidatos que cumpren os requisitos esixidos na Orde, procedendo logo o
Concello á selección do candidato mediante entrevista persoal. Este procedemento non
garante a observancia dos principios de igualdade, capacidade, mérito e transparencia,
que deben rexer na contratación de empregados públicos, pois non consta no expediente
que se fixeran públicos os criterios de valoración dos méritos de cada candidato, nin que
se constituíse un tribunal formado por mais dunha persoa para a valoración dos mesmos
ou outros procedementos similares. Deste xeito a selección corre o risco de resultar
arbitraria, máxime cando a resolución da Alcaldía na que se nomea ao candidato
seleccionado non contén motivación algunha, téndose constatado, así mesmo, á vista do
contido do expediente, que, no caso da coordinadora de servizos sociais e da auxiliar de
servizos xerais, existían outros candidatos con titulacións máis axeitadas para
desempeñar eses postos.
- Contratación dunha auxiliar de axuda no fogar de forma directa polo Concello, como
laboral temporal, firmándose o contrato con data do 17-09-2010. Neste caso danse as
mesmas circunstancias que nas contratacións anteriores, isto é, a selección de xeito
discrecional, mediante decisión persoal e non motivada do Alcalde, dun dos oito
candidatos que remitiu a oficina do Servizo Galego de Colocación
- Contratación de dous operarios-conductores de maquinaria forestal, en virtude dun
convenio de colaboración firmado o 9 de agosto de 2010 coa Consellería de medio Rural
para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais.
Seleccionáronse dous operarios entre os catro candidatos que remitiu a oficina do
Servizo de Colocación, mediante a realización dunha proba práctica de manexo dun
vehículo auxiliar.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 23
MEMBROS DA CORPORACIÓN
Mediante acordo plenario do 25 de xuño do 2007 establécese a dedicación exclusiva no
desempeño dos seus cargos para o Presidente da Corporación e para o Concelleiro delegado de
vías, obras, servizos e urbanismo. As retribucións que se fixan ascenden a 32.228,28 e
17.632,13 euros brutos anuais respectivamente, repartidos en 14 pagas. Este acordo foi
publicado, xunto a outros mais, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra de data 27 de
agosto de 2007, tal e como se preceptúa no artigo 75.5 da LRBRL.
Nese mesmo acordo o Pleno declara a compatibilidade das ditas dedicacións exclusivas coas
ocupacións privadas do Presidente e do concelleiro citado, o cal está contemplado no artigo 13.3
do ROFRJ, pero sempre que con ditas actividades non se cause detrimento á dedicación ao
Concello nin vaia en contra da Lei de Incompatibilidades. A estes efectos todos os representantes
locais deben formular declaración sobre causas de posible incompatibilidade e sobre calquera
actividade que proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos, así como dos seus bens
patrimoniais, antes da toma de posesión, declaracións que se inscribirán nos correspondentes
rexistros de intereses que deberán existir no Concello, segundo o artigo 75.7 da LRBRL. A
entidade achegou, para xustificar o cumprimento deste particular, as citadas declaracións, pero
do exercicio 2011, non do 2007, que serían as que estarían en vigor no 2010. Ao respecto
compre tamén sinalar que non hai constancia da existencia dos correspondentes Rexistros de
intereses nos que deberían quedar inscritas. Ademais, no Acordo non se especifica en qué
consiste a dedicación exclusiva, xa sexa fixando un horario ou describíndoa doutro xeito, xa que
se permite simultanear coas actividades privadas.
Polo demais, verificáronse as retribucións efectivamente percibidas por estas dúas persoas,
comprobando que se corresponden co estipulado no citado acordo, practicándose correctamente
as retencións por IRPF e seguridade social. Así mesmo púidose constatar que ditas retribucións
diminuíron un 6 por cento para o Presidente da Corporación e un 5 por cento para o Concelleiro
encargado de Obras desde o mes de xullo, seguindo a recomendación feita pola FEMP no seu
acordo do 24 de maio de 2010 en relación coa aplicación ás corporacións locais do Real Decreto
Lei 8/2010, de medidas para a redución do déficit público.
En relación co cumprimento do artigo 14.un do citado Decreto-Lei, que declara, para as
entidades locais, recursos afectados os derivados da aplicación das medidas de redución de
custes de persoal nel regulamentados, establecendo que se destinarán, por este orde, a sanear o
remanente de tesourería negativo do ano anterior, a diminuír o endebedamento a longo prazo
ou ao financiamento de inversións, compre sinalar que non se destinou á primeira finalidade por
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 24
resultar positivo o remanente de tesourería calculado pola entidade o ano anterior, ni á segunda,
pois non houbo reducións extraordinarias de débeda, nin hai constancia de que se destinara a
inversións, dado que non se rexistraron as correspondentes transferencias de crédito do capítulo
1 ao 6, tan só se rexistrou unha por importe de 5.695,97 euros, cantidade moi inferior ao aforro
producido que se estima nuns 40.000 euros, por tanto non se dou cumprimento a esta
disposición.
MOSTRA DE PERSOAL
Da totalidade de persoal que figura na relación que achegou a entidade, escolleuse unha mostra
de cinco traballadores/as, coa finalidade de comprobar o acceso ao seu posto e as retribucións
que perciben, para o que, no que atinxe a este último aspecto, se comprobaron as nóminas de
marzo e decembro. O detalle da mostra figura no cadro seguinte (no caso de postos nos que hai
varios traballadores consignáronse entre paréntese as iniciais da persoa seleccionada):
TIPO DESCRICIÓN DO POSTO ANTIGÜIDADE
Funcionario/a Traballadora social 02-07-1992
Laboral fixo/a Operario de vías, obras e servizos 16-04-1996
Laboral temporal Axente de desenvolvemento local 30-12-2003
Laboral temporal Peón de Obras e servizos (CGS) ?
Laboral temporal Auxiliar de axuda no Fogar (LMS) 17-11-2006
O resultado da fiscalización é o seguinte:
- Traballadora social: Accede ao seu posto mediante a Oferta de Emprego Público de 1991,
convocada e rematada en 1992, polo sistema de concurso de méritos. No expediente consta a
documentación relativa a todo o proceso selectivo, o cal remata coa acta de toma de posesión do
2 de xullo de 1992. Comprobáronse as nóminas de marzo e decembro, resultando que as
retribucións e descontos aplicados son correctos, tanto no que dispón a lei de Orzamentos do
Estado para o exercicio como no regulado polo Real Decreto Lei 8/2010 en canto á diminución
de retribucións no segundo semestre do ano. Tan só sinalar dúas apreciacións de carácter máis
ben cualitativo: o complemento específico debe responder ás especiais circunstancias do posto
para que se establece a así se debe motivar no acordo correspondente da Corporación, mentres
que neste caso a entidade limítase a consignalo no Orzamento sen mais (artigo 4 do RD
861/1986); o complemento de produtividade debe ser variable en función do especial
rendemento, interese ou iniciativa que se estipule (artigo 23.3 c) da LMRFP), cando neste caso
percíbese sempre a mesma contía mensual, incluso estando a funcionaria de baixa.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 25
- Operario de vías, obras e servizos: contratado laboral fixo, que comeza a súa relación co
Concello en virtude dun proceso selectivo convocado a finais de 1995 e rematado en 1996,
constando a documentación no expediente e formalizándose o contrato con data do 16 de abril
de 1996. Analizadas as retribucións percibidas durante o ano compre sinalar:
- Os conceptos retributivos que figuran nas súas nóminas corresponden a persoal funcionario
(salario, trienios, complemento específico e de destino, incluso o desconto pola cota da
mutualidade), cando o traballador é un contratado laboral.
- Na nómina de decembro e na paga extra de Nadal non se aplicaron as reducións retributivas
que para todo o persoal ao servizo das administracións públicas se regularon no Real Decreto
Lei 8/2010. Así, comprobouse que a redución aplicada é do 1,48 por cento, cando a citada
norma a establecía nun 5 por cento.
- Axente de desenvolvemento local: contratado ao amparo da Orde do 7 de setembro de
2010 da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convocan subvencións no ámbito da
colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e
desenvolvemento local para o exercicio 2010, aínda que o traballador ven desenvolvendo este
posto no Concello desde o 2003. No expediente non consta documentación algunha sobre o
proceso selectivo, cando o artigo 11 da citada orde establece a contratación a través do envío á
Oficina de Emprego da correspondente oferta de emprego. Ademais, o contrato que se achega é
do 2007, non constando no expediente outro posterior. As retribucións percibidas resultan da
subvención outorgada e son correctas.
- Peón de obras e servizos: Seleccionouse o mais antigo, pois hai varias persoas
contratadas para realizar este traballo. O traballador foi contratado por primeira vez polo
Concello en 2001, sen que no expediente conste documentación algunha sobre o proceso
selectivo que se debería ter realizado. Tampouco consta contrato, polo que non se puido
comprobar a procedencia das retribucións que se percibiron, aínda que si se comprobou,
partindo do resumo de nóminas achegado, que se aplicou correctamente o Real Decreto Lei
8/2010, rebaixándose as percepcións, desde o mes de xuño, un 5 por cento.
- Auxiliar de axuda no fogar: accede ao seu posto no Concello mediante resolución da
Alcaldía do 17 de novembro de 2006, tralo envío dunha oferta de emprego ao Servizo Galego de
Colocación ao que concorreron outros seis candidatos. A selección fíxose de forma discrecional,
mediante entrevista persoal. Ao non existir convocatoria previa, tampouco se establecen uns
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 26
criterios obxectivos que permitirían respectar os principios de igualdade, mérito e capacidade.
Despois sucédense os contratos ata a actualidade.
En canto ás retribucións, non se achega contrato en vigor, polo que non se puido comprobar a
procedencia das retribucións que se percibiron, aínda que si se comprobou, partindo do resumo
de nóminas achegado, que se aplicou correctamente o Real Decreto Lei 8/2010, rebaixándose as
percepcións, desde o mes de xuño, un 5 por cento.
Ademais da comprobación dos expedientes anteriores, resultantes dunha mostra extraída
previamente, con posterioridade apreciouse unha incidencia relativa ás retribucións percibidas
polo secretario-interventor acumulado, considerándose que é digna de mención. Efectivamente,
durante o exercicio 2010 o secretario-interventor titular estivo de baixa durante os meses de
xaneiro a abril, polo que o Concello acordou facer uso da posibilidade de nomear a un secretario
acumulado, neste caso o titular do concello próximo de Dozón. En tal caso, a norma (artigo 31
do RD 1732/1994, do 29 de xullo, que regula a provisión de postos de traballo da
Administración local reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional) establece
que “o desempeño das funcións acumuladas dará dereito á percepción dunha gratificación de
ata o 30 por cento das remuneracións correspondentes ao posto principal”. Realizada esta
comprobación, resultou que a contía percibida mensualmente polo secretario do seu concello, do
que é titular, ascendeu a 4.183,32 euros brutos en cada un dos meses citados, sendo, polo
tanto, o límite a percibir do Concello de Agolada do 30 por cento desa cantidade, isto é 1.255
euros mensuais. Non foi así, xa que a cantidade percibida como gratificación do concello de
Agolada ascendeu a 1.710,01 euros mensuais. Esta diferenza, de 455 euros mensuais, ao noso
entender, é un cobro indebido, segundo a normativa mencionada.
IV.4 GASTOS CORRENTES
Durante o ano 2010 tramitouse un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos, por
importe de 128.071,90 euros, correspondente (segundo figura no certificado do interventor
relativo á aprobación polo pleno) a gastos correntes realizados durante o exercicio 2009 sen
consignación orzamentaria. Aprobouse polo pleno o 31 de agosto de 2010.
Con data 30 de maio de 2012 solicitouse a relación detallada das facturas que formaban parte
deste expediente, con identificación do provedor, ano de orixe e data de recoñecemento e
pagamento de cada factura, así como a copia do correspondente informe da intervención, pero
non se achegou dita documentación.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 27
A utilización da figura do recoñecemento extraxudicial de créditos contravén o principio de
anualidade orzamentaria previsto nos art.176 TRLFL e 26.1 Real Decreto 500/1990, que
establecen que con cargo aos créditos do estado de gastos de cada orzamento só poderán
contraerse obrigas derivadas de adquisicións, obras, servizos e demais prestacións ou gastos en
xeral que se realicen no ano natural do propio exercicio orzamentario.
O art. 26.2.c) en relación co 60.2 establece excepcións a ese principio xeral, e, en concreto, que
"non entanto o disposto no apartado anterior, aplicaranse aos créditos do orzamento vixente, no
momento do seu recoñecemento, as obrigas seguintes: A)...B)...C)"as obrigas procedentes de
exercicios anteriores a que se refire o artigo 60.2 do presente Real Decreto" (recoñecemento
extraxudicial de créditos).
Polo tanto, a normativa, tendo en conta os principios de especialidade cualitativa, cuantitativa e
temporal do Orzamento, en contraposición co principio de enriquecemento inxusto da
Administración, contempla a posibilidade de realizar un recoñecemento extraxudicial de créditos,
porque o incumprimento polo concello non pode supor un beneficio propio en prexuízo de
terceiros acredores que prestaron os servizos ou realizado as prestacións a que se
comprometeron, pero en todo caso, a utilización desta figura terá carácter excepcional.
A execución do capítulo 2 a nivel de artigo foi a seguinte:
ART. DESCRICIÓN ECONÓMICA
CRÉDITOS INICIAIS
MODIFIC. DE CRÉDITO
CRÉDITOS DEFINITIVOS
GASTOS COMPROM.
ORN PAGOS
REALIZADOS
OBRIGAS PEND DE
PAGO
20 Arrendamentos e
canons 128.100,00 -57.138,00 70.962,00 754 754 754 0
21 Reparacións, mantemento e conservación
0 51.282,41 51.282,41 96.840,46 96.840,46 96.007,82 832,64
22 Material,
subministracións e outros
562.266,00 219.099,32 781.365,32 409.069,23 409.069,23 329.814,64 79.254,59
23 Indemnizacións por razón do servizo
26.500,00 0 26.500,00 23.013,74 23.013,74 23.013,74 0
24 Gastos de publicacións
0 0 0 6.507,75 6.507,75 5.549,37 958,38
25
Traballos realizados por administracións públicas e outras empresas públicas
0 0 0 20.484,58 20.484,58 20.484,58 0
26 Traballos realizados por institucións sen
fins de lucro 0 0 0 3.074,00 3.074,00 3.074,00 0
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 28
ART. DESCRICIÓN ECONÓMICA
CRÉDITOS INICIAIS
MODIFIC. DE CRÉDITO
CRÉDITOS DEFINITIVOS
GASTOS COMPROM.
ORN PAGOS
REALIZADOS
OBRIGAS PEND DE
PAGO
27 Gastos imprevistos e
funcións non clasificadas
0 0 0 198,41 198,41 198,41 0
TOTAL: 716.866,00 213.243,73 930.109,73 559.942,17 559.942,17 478.896,56 81.045,61
A mostra seleccionada para revisar, a partir das anotacións no Diario de Gastos do exercicio
corrente, foi: DATA OP. ART TEXTO ASENTO IMPORTE NIF 3º
1 04/01/2010 ADOP 22 HONORARIOS AVOGADO 4.408,00 33840258J
2 05/01/2010 ADOP 26 ORGANIZACIÓN CAMPIONATO GALEGO 2009 (SUBVENCIÓN DE 2.030,00 J36450377
3 05/01/2010 ADOP 26 ORGANIZACIÓN CAMPIONATO QUAD CROS (SUBVENCIÓN DEP 1.044,00 G36532869
4 25/01/2010 ADOP 22 SUBMINISTRACIÓN MATERIAL DE OFICINA, DIETAS E KILOMETRA 658,88 76817070Ou
5 28/02/2010 ADOP 22 HONORARIOS FEBREIRO 2010 750,00 32621281J
6 28/02/2010 ADOP 22 HONORARIOS FEBREIRO 2010 LIMPEZA DE EDIFICIOS 880,63 52481550
7 11/03/2010 ADO 22 SUBVENCIÓN INFRAVIVENDA RURAL Mª ELENA SARANDESES 22.597,08 INFR. VIVE
8 26/03/2010 ADOP 22 ASITENCIA FEIRA GANDO AGOSTO-DECEMBRO 2009; XANEIR 2.030,00 76787033-G
9 26/03/2010 ADOP 21 REPARACIÓNS MAQUINARIA E VEHICULOS CONCELLO 2.226,86 52481549B
10 01/04/2010 ADOP 22 CONSUMO TELEFONOS MOBILES PERSOAL CONCELLO E INTE 419,30 A78923125
11 27/04/2010 ADOP 25 TAXA RECADACIÓN IMPOSTOS 2010 1.468,80 ORAL 2010
12 28/06/2010 ADOP 22 ACTUACIÓN FESTAS SAN PEDRO E SAN PABLO 2010 3.000,00 G36018695
13 20/07/2010 ADOP 21 LIMPEZA PISTAS CONCELLO DE AGOLADA (AGRA, ORREA, V 1.144,48 52482445X
14 19/08/2010 ADOP 22 COMIDAS OFICIAIS ALCALDE E CONCELLEIRO DE OBRAS PU 402,00 35248486C
15 19/08/2010 ADOP 22 COMIDAS OFICIAIS ALCALDE E CONCELLEIRO DE OBRAS PU 360,00 35248486C
16 20/08/2010 ADOP 22 REPARACIÓN EN TELLADOS EN DIVERSOS EDIFICIOS MUNIC 5.027,44 36044835V
17 30/08/2010 ADOP 22 HONORARIOS MES DE AGOSTO 2010 LIMPEZA CEIP E PABEL 1.278,12 76801291J
18 06/10/2010 ADO 22 COMIDAS OFICIAIS 220,00 35256245M
19 25/10/2010 ADO 22 PROXECTO APERTURA CENTROS ESCOLARES 2010 13.260,00 36043073
20 17/11/2010 ADOP 22 COMIDAS OFICIAIS E SUBMINISTRACIÓN MATERIAL DE LIMPEZA 328,20 32424494Z
21 27/12/2010 ADOP 23 DIETAS ASISTENCIA A PLENOS E XUNTAS DE GOBERNO LOCAL 5.160,00 35322232
22 29/12/2010 ADOP 23 DIETAS ASISTENCIA A PLENOS E XUNTAS DE GOBERNO LOCAL 540,00
23 24/03/2010 ADOP 23 KILOMETRAXE E DIETAS XULLO-DECEMBRO 2009 3.008,22
76802280 24 05/08/2010 ADOP 23 KILOMETRAXE E DIETAS XANEIRO-XUÑO 2010 2.004,50
25 05/08/2010 ADOP 23 KILOMETRAXE E DIETAS XANEIRO-XUÑO 2010 2.040,00
26 29/12/2010 ADOP 23 COMIDAS OFICIAIS, KILOMETRAXE, DIETAS E OUTROS 1.773,27
27 29/12/2010 ADOP 23 COMIDAS OFICIAIS, KILOMETRAXE, DIETAS E OUTROS 1.524,00
28 06/08/2010 ADOP 23 DIETAS SUBSTITUCIÓN ALCALDIA POR VACACIÓNS DO TITULAR 900 76822936S
29 28/10/2010 ADOP 23 DIETAS SUBSTITUCIÓN ALCALDIA 420
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 29
Con relación aos mesmos, solicitáronse os documentos contables soporte das anotacións
correspondentes, así como os xustificantes da realización e aprobación do gasto polo órgano
competente, os xustificantes do pago e, se existise contrato, unha copia do mesmo.
Achegouse a documentación solicitada. Do exame da mesma resultan as seguintes incidencias,
que se detallan segundo o número de orde do gasto no cadro da mostra:
1.- O ADOP corresponde a unha factura de xullo de 2009, que xunto con outras tres, de maio ,
xuño e xullo de 2009, páganse o 4/1/2010.
2.- O ADOP corresponde a unha factura de 10/6/2009 que se paga o 5/1/2010.
3.- O ADOP corresponde a unha factura de 11/8/2009, pagada o 5/1/2010.
4.- O ADOP corresponde a unha factura de 14/8/2009 que se paga o 5/1/2010, en concepto de
“chaveiros e reloxos de prata comida terceira idade”. No mesmo pago, por importe de 3.372
euros, inclúense dietas e quilometraxe de Nicolás Pérez, por 776,80 euros, figurando ao seu
nome en contabilidade todas as facturas incluídas no mesmo, aínda que son de diversos
provedores.
10.- É unha factura en concepto de “consumo teléfonos móbiles persoal concello e internet”
relativa a un mes (18 de febreiro a 17 de marzo).
14.- A factura corresponde a “11 comidas: concelleiro de obras e técnicos de medio ambiente e
outros”. Por tanto, o custo por cada comensal é de 36,5 euros.
15.- A factura corresponde a ”8 comidas: Sr. Alcalde, técnicos de estradas da Xunta e outros”.
Por tanto, o custo por cada comensal é de 45 euros.
18.- Trátase dunha factura en concepto de “Alcalde, visita campo de fútbol e presidente
Deputación”. Son 17 comidas. Falta o pago.
19.- Contablemente figura un ADO por 13.260 euros que a 31/12 está sen pagar. A factura é en
concepto de “Actividades de lingua inglesa para todos (7.490 euros); actividades de reforzo dos
contidos educativos e melloras dás competencias”(4.490 euros) e “familias como axentes de
reforzo educativo e prevención do absentismo escolar” (1.280 euros).
Non se concreta en que consisten as actividades, nin a súa duración, nin a quen van dirixidas ou
o número de clases que se van a impartir.
20.- Trátase dunha factura de 328,20 euros, cuxo pago se realiza conxuntamente con outros ,
sumando todos eles 3.458 euros. A factura obxecto da mostra é en concepto de “material
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 30
limpeza colexio”. O importe das facturas por material incluídas neste pago é de 1.328,3 euros e
salvo nunha delas, por 457,40 euros, na que se fai referencia a uns albarás, en ningunha das
restantes se detalla ou desagrega cal é o material que se cobra.
Por outra banda, nese pago inclúense outras facturas do mesmo provedor por comidas, por
importe total de 1.983 euros, polos seguintes importes e conceptos: 224 euros (“36 comidas
persoal maquinaria Deputación”); 389 euros (“comida subdelegado do Goberno obras plan E”);
608 euros (“comida inauguración exposición enerxías renovables”); 480 euros (comida Alcalde-
Xeral Garda Civil-Coronel Pontevedra e outros”). Salvo na primeira factura, non consta nin
sequera o número de comensais .
21a 29.- En canto ás indemnizacións por razóns do servizo, recollidas no artigo 23, recollen
as percepcións por asistencias a órganos colexiados polos membros da corporación, así como as
indemnizacións polos gastos ocasionados no exercicio do cargo ou do posto de traballo dos
mesmos ou do persoal. As contías deben ser acordadas polo Pleno, tal e como dispón o artigo
75.3 e 4 da LRBRL. Así se fixo, mediante acordo do Pleno de data do 25 de xuño de 2007,
fixándose as percepcións por asistencia aos órganos colexiados do Concello en 60 euros, mentres
que e as indemnizacións por gastos de locomoción quedan establecidas nunha contía fixa de 42
euros para desprazamentos dentro da Comunidade Autónoma, 3 euros polos desprazamentos a
Lalín e o que se xustifique se a viaxe é fora da Comunidade. Así mesmo, en caso de utilizar
vehículo propio, a indemnización queda establecida en 0,19 euros por quilómetro (para os
membros da corporación)
A efectos de comprobar o cumprimento destas contías e a xustificación dos gastos, tomouse
unha mostra de tres perceptores deste tipo de gasto, comprensiva de tódolos pagos ordenados a
cada un deles durante o exercicio (números 21, 22 e 23 do cadro xeral que figura ao inicio deste
apartado).
Do traballo realizado resulta o seguinte:
- En canto aos pagos realizados a D. Juan José Coego Vilariño, trátase das asistencias a
órganos colexiados de todo o ano de todos os membros da Corporación, xa que esta persoa,
concelleiro de deportes, xuventude e facenda, actúa, ademais, como tesoureiro, circunstancia
permitida pola normativa ao respecto (artigo 2 f) do Real Decreto 731/1993). Porén, xa que o
pago se lle fixo a el pola totalidade, deberíase ter achegado documentación xustificativa de ter
feito os pagos ao resto de perceptores pola contía que a cada un lle corresponde, cousa que non
se fixo.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 31
- As percepcións en favor do D. Ramiro Varela Peón, Alcalde, que ascenden a contía total de
10.349,99 euros no exercicio, pódense detallar así:
- 5.264,99 euros corresponden a gastos de desprazamento con vehículo propio no exercicio do
seu cargo, a razón de 0,19 euros por km.
- 5.095 euros corresponden a “dietas” percibidas por desprazamentos fora do municipio, para
xestións diversas, xeralmente en organismos administrativos en Santiago ou Pontevedra, a razón
de 42 euros cada desprazamento (salvo algunhas a municipios limítrofes, a razón de 3 euros),
devengándose en todos eles. Este cobro sistemático pon en dúbida o carácter realmente
indemnizatorio deste concepto, segundo obriga a norma, pois na relación que acompaña a cada
mandamento de pago, non se especifica nada relativo ao tempo de duración da xestión,
entendendo que esta dieta estaría xustificada se se dedica aos gastos de manutención
pertinentes cando así o requira a circunstancia. Noutro caso estas percepcións terían carácter de
complemento retributivo.
- As percepcións en favor de Dona Margarita Varela Iglesias, aínda que se denominan “dietas”,
corresponden, segundo a documentación xustificativa, a importes percibidos por substitución do
Alcalde durante as súas vacacións, a razón de 60 euros por día, polo que teñen un carácter
claramente retributivo, sen cobertura legal algunha, pois as retribucións dos membros da
Corporación deben ser aprobadas polo Pleno.
IV.5 GASTOS POR TRANSFERENCIAS E SUBVENCIÓNS
Compre en primeiro lugar amosar o cadro xeral que recolle a execución orzamentaria do capítulo
4, “transferencias correntes”, (xa que o 7, “transferencias de capital”, non ten movementos) a
partires das liquidacións dos exercicios 2010 e anterior:
CÓDIGO ECONÓMICO
DESCRICIÓN ECONÓMICA CRÉDITOS INICIAIS
CRÉDITOS DEFINITIVOS
ORN PAGOS ORN 2009
46 A entidades locais 14.000,00 16.008,00 16.008,00 16.008,00 14.465,37
48 A familias e institucións sen ánimo de lucro 86.000,00 89.530,00 53.632,25 21.332,25 72.259,72
4 TOTAL TRANSFERENCIAS CORRENTES 100.000,00 105.538,00 69.640,25 37.340,25 86.725,09
No artigo 46 recóllese o importe da transferencia que anualmente fai a entidade á
Mancomunidade de terras do Deza, da que forma parte, para contribuír ao seu funcionamento.
En canto ao artigo 48, a súa execución corresponde a axudas outorgadas por tres vías distintas.
- Mediante convocatoria pública a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que realizan a súa
actividade no ámbito municipal e que están inscritas no Rexistro municipal de asociacións e a
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 32
persoas físicas representativas de ámbitos territoriais inferiores ao propio municipio (parroquias,
agrupacións veciñais, etc). A estes efectos emitiuse unha ordenanza reguladora e a convocatoria
formal das axudas, con data do 10 de novembro de 2010, facéndose pública mediante
exhibición no taboleiro de anuncios do Concello. Resultaron así beneficiarias un total de 17
persoas ou asociacións, por un importe de 32.600 euros, segundo resolución da Xunta de
Goberno Local.
- Por fóra da convocatoria anterior e acordadas tamén pola Xunta de Goberno concedéronse, de
xeito discrecional, outras tres axudas, por importe de 3.300 euros, para celebración de festas ou
similares.
- O Pleno concede directamente catro axudas por contía de 35.600 euros, destinadas á Banda de
Música Municipal, á Asociación de Voluntarios de Protección Civil e, de xeito xenérico, á
celebración das festas parroquiais do Concello. Estas axudas figuran nas bases de execución do
Orzamento do 2009, polo que se consideran nominativas.
De entre todas estas axudas tomouse a seguinte mostra para o análise das xustificacións da
actividade subvencionada:
BENEFICIARIO/TERCEIRO IMPORTE
Banda de Música Municipal de Agolada 16.000
Sociedade Deportiva Agolada 10.000
Asociación de voluntarios de protección civil 6.000
Asociación Cultural Bico da Balouta 3.000
Asociación Xuvenil os Celibatos 2.000
TOTAL 37.000
En primeiro lugar, como incidencias xenéricas, isto é, que se observaron no procedemento de
concesión ou en todos os expedientes fiscalizados, compre sinalar as seguintes:
- A concesión de subvencións nominativas ven configurada na Lei como de carácter
excepcional, sendo a concorrencia pública e competitiva o procedemento ordinario. No caso das
catro axudas deste tipo que se outorgan, non se xustifica esta excepcionalidade.
- Aínda que as bases das axudas concedidas mediante convocatoria pública, no seu apartado
4º, enumeran unha serie de criterios para a adxudicación das axudas, faise de forma xenérica,
sen concretar puntuacións e sen a concorrencia dun documento (acta) que relacione eses criterios
coa axuda concedida, dándose, ademais, que é unha soa persoa, o Concelleiro delegado de
educación, cultura e deportes, quen efectúa a valoración e proposta de concesión. Por outra
banda, sería recomendable que todas as axudas deste tipo se outorgaran a través da
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 33
convocatoria pública mencionada mais arriba, xa que existen tres delas que se acordaron
directamente pola Xunta de Goberno e sen concorrencia co resto.
- Incúmprese a obriga de comunicar as axudas concedidas á Intervención Xeral da
Administración do Estado, segundo se dispón no artigo 20 da lei Xeral de Subvencións.
- Incúmprese a obriga de comunicar as axudas concedidas ao Rexistro Público de Subvencións
da Comunidade Autónoma, segundo dispón o artigo 16 da Lei de Subvencións de Galicia.
- Incúmprese a obriga de estampar ou marcar dalgunha forma os xustificantes de gasto
presentados para evitar duplicidades, segundo se recolle no artigo 30.3 da Lei Xeral de
Subvencións.
Estes incumprimentos, por outra banda xeneralizados na Administración, supoñen unha
debilidade na necesidade de control das axudas recibidas por calquera beneficiario de calquera
administración pública, posibilidade seguramente remota nestes beneficiarios pola súa
localización, pero non se pode deixar de mencionar o incumprimento.
- Incúmprese a obriga de acreditación polo beneficiario de atoparse ao corrente no
cumprimento das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, así como de no ter outras
débedas coa CA, segundo se dispón no artigo 31.7 da LSG, o cal habilita para establecer un
réxime simplificado para esta acreditación no caso de que o beneficiario fose unha entidade sen
ánimo de lucro, cousa que non se fai nas bases reguladoras.
- Obsérvase que ningún dos beneficiarios que integran a mostra achega memoria de
actividades con certificación de ingresos e gastos totais do exercicio ou documento similar,
requisito esixido polas bases e pola normativa xeral sobre subvencións, aos efectos de comprobar
a cumprimento do previsión legal (artigo 19 da LXS) de que a totalidade de axudas percibidas
non superen o custo total da actividade subvencionada. Os beneficiarios tan só achegan
xustificantes de gasto ata o importe da axuda concedida.
En canto ás incidencias específicas sinálanse estas:
- Banda de Música Municipal: achéganse, como xustificantes do gasto, por unha contía igual á
da axuda recibida, recibos por clases de música de diversos profesores. Estes documentos
vulneran a normativa fiscal, pois non son nin facturas nin nóminas, polo que carecen das
correspondentes retencións a conta do IRPF.
- Sociedade Deportiva Agolada: Numeroso xustificantes de gasto adoecen dos mesmos
defectos que os mencionados no anterior beneficiario. Así, 4.500 euros satisfeitos a adestradores
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 34
de fútbol, 1.583,40 euros a árbitros, 1.000 euros a unha empresa de autobuses. Neste caso,
ademais, non se está a repercutir o IVE correspondente. Así mesmo, achéganse recibos de
comidas e de adquisición de bebidas (incluso alcohólicas), o cal non é o obxecto dunha
asociación deportiva, por importe de 1.162,50 euros.
- Asociación de Voluntarios de Protección Civil: sen incidencias relevantes
- Asociación Cultural Bico da Balouta: achégase como xustificante un recibo por clases de
música tradicional por importe de 3.600 euros, polo que é de aplicación o dito para o primeiro
beneficiario.
- Asociación Xuvenil os Celibatos: achegan como xustificante de gasto unha simple nota co
“recibín” do provedor, pola organización dunha xuntanza da xuventude, por 8.000 euros, sen o
IVE correspondente.
IV.6 GASTOS DE INVESTIMENTO
A execución do gasto do capítulo 6, a nivel de artigo , é a seguinte:
ARTIGO CRÉDITOS INICIAIS
MODIFIC. CRÉDITO
CRÉDITOS DEFINITIVOS
GASTOS COMPROM.
OBRIGAS RECOÑEC.
NETAS
PAGOS REALIZADOS
OBRIGAS PENDENTES
PAGO A 31-12
REMANENTES DE CRÉDITO
60. Investim. novo en infraestrutura e bens destinados ao uso xeral
142.700,00 412.931,90 555.631,90 474.042,22 424.042,22 187.097,48 236.944,74 131.589,68
61. Investimento de reposición en infraestrutura e bens destinados ao uso xeral
0,00 338.588,00 338.588,00 413.738,04 304.974,15 156.747,36 148.226,79 33.613,85
62. Investimento novo asociada ao funcionamento operativo dos servizos
36.710,72 90.000,00 126.710,72 102.440,28 97.813,48 7.813,48 90.000,00 28.897,24
64. Gastos en investimentos de carácter inmaterial
6.000,00 0,00 6.000,00 0,00 0,00 0,00 0,00 6.000,00
TOTAL: 185.410,72 841.519,90 1.026.930,62 990.220,54 826.829,85 351.658,32 475.171,53 200.100,77
Durante o ano 2010 o concello formalizou, segundo certificación do interventor,15 expedientes
de contratación: 10 financiáronse co Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local
(en diante, FEESL) creado polo Real Decreto-Lei 13/2009, do 26 de outubro ) e dos 5 restantes, 2
financiáronse co Plan Provincial de Cooperación 2010 e outros 2 co Fondo de Compensación
Ambiental 2010.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 35
En canto aos primeiros, 2 son contratos menores e os 8 restantes son contratos de obras que se
tramitan polo procedemento negociado sen publicidade e urxente. O importe financiado polo
FEESL é de 343.349 euros.
Dos 5 non financiados polo FEESL, 4 son contratos menores e un negociado sen publicidade. O
seu importe é de 182.557,52 euros.
A mostra seleccionada para a súa revisión consta de 5 expedientes que son os seguintes:
Nº
DESCRICIÓN IMPORTE
ADXUDICADO ADXUDICATARIO TIPO
PRAZO EXECUCIÓN
FORMA ADXUDICACIÓN
1 Saneamento en Laxosa (Gurgueiro)
26.138,60 José Antonio Vázquez
Balboa Obras 5 semanas
Negociado sen publicidade; urxente
2
Rehabilitación e melloras saneamento espazo público lugar de Berredo.
45.595,11 José Antonio Vázquez
Balboa Obras 4 meses
Negociado sen publicidade; urxente
3 Melloras saneamento espazo público. Lugar de Gurgueiro .
54.837,83 Construtoras de obras públicas do Deza SL
COPEL SL Obras 4 meses
Negociado sen publicidade; urxente
4 Adquisición programa informático de contabilidade.
10.000,00 Wurth SL Subministración Menor; contratación
directa
5
Estudo técnico construción sancristía da capela, sala de autopsias, cemiterio
35.258,17 López Soutiño Construcións SL
Obras 6 meses Negociado sen
publicidade; urxente
Todos eles son contratos financiados polo FEESL e analizouse non só que cumpran a normativa
xeral de contratación, senón o Real Decreto-Lei 13/2009.
En relación aos contratos de obras podemos sinalar:
Non hai Mesa de Contratación (a súa constitución nos procedementos negociados sen
publicidade é potestativa). Non hai certificación do Rexistro do órgano de contratación relativa ás
ofertas recibidas (art.80.5 RXLCAP). Si están no expediente as invitacións realizadas e os sobres
A e B coas proposicións recibidas, pero non hai ningún documento no que se poña de manifesto
que ofertas tiveron defectos, se se lles dá ou non un prazo de emenda e que criterios se tiveron
en conta para a adxudicación.
Os acordos de adxudicación provisional e definitiva non se publican no perfil do contratante nin
se notifica a adxudicación provisional aos licitadores excluídos (incumprindo o punto 23.A.4 dos
Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e o artigo 135.3 da Lei de Contratos do Sector
Público).
En dous dos contratos de obras (nº 1 e 2), no sobre A do adxudicatario hai declaración
responsable de estar ao corrente das súas obrigacións tributarias, así como xustificante de
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 36
solicitar a certificación correspondente á AEAT e á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
Figura así mesmo certificación da Seguridade Social. Non consta que se presente a certificación
da AEAT nin da Xunta de Galicia no trámite posterior á adxudicación provisional, como esixe o
apartado 23.B.a) do PCAP.
Tampouco se acredita a solvencia do adxudicatario nos expedientes nº 1, 2 e 4.
O PCAP, no apartado 23.B.b) establece a obriga de constituír unha garantía definitiva do 5% do
importe de adxudicación. Só queda acreditada a constitución da devandita garantía nun dos
expedientes da mostra (o nº3).
En ningún dos expedientes consta documento administrativo de formalización do contrato.
En canto ao prazo de 30 días naturais que establece o Real Decreto-Lei 13/2009 para o pago das
prestacións recibidas, incúmprese en 4 dos 5 contratos analizados (nº 1, 2, 3 e 4).
No seguinte cadro pódense comparar as datas dos pagos das certificacións coas datas dos
ingresos recibidos do Ministerio de Administracións Públicas.
Nº EXPTE
CONCEPTO IMPORTE DATA
FACTURA DATA PAGO
EXCESO SOBRE
30 DÍAS
IMPORTE RECIBIDO DO MAP (85%)
DATA DO INGRESO
IMPORTE RECIBIDO DO MAP (RESTO)
DATA DO INGRESO
1 Obra 12.336,26 25/09/2010 30/12/2010 66
24.154,51 13/12/2010 4.262,56 28/03/2011
1 Obra 14.252,71 30/11/2010 10/01/2011 11
1 Proxecto e
dirección de obra 1.306,00 28/12/2010 27/01/2011 0
1 Proxecto e
dirección de obra 994,61 16/06/2010 15/07/2010 -1
TOTAL EXPEDIENTE Nº1 28.889,58 Total: 28.417,07
2 Obra 33.592,90 29/11/2010 30/12/2010 1
40.087,90 20/12/2010 7.074,33 18/07/2011 2 Obra 13.569,33 30/12/2010 22/03/2011 52
2 Proxecto e
dirección de obra 1.830,74 30/12/2010 28/01/2011 -1
TOTAL EXPEDIENTE Nº2 48.992,97 Total: 47.162,23
3 Obra 22.700,00 30/12/2010 19/04/2011 80
48.214,32 20/12/2010 8.508,41 29/08/2011
3 Obra 20.000,00 30/12/2010 08/07/2011 160
3 Obra 13.083,41 30/12/2010 09/08/2011 192
3 Proxecto e
dirección de obra 1.922,12 30/12/2010 28/01/2011 -1
TOTAL EXPEDIENTE Nº3 57.705,53 Total: 56.722,73
4 Subministro 8.113,04 10/05/2010 19/01/2011 224 8.500,00 11/10/2010 1.500,00 04/06/2012
4 Subministro 1.987,79 23/11/2010 22/03/2011 89
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 37
Nº EXPTE
CONCEPTO IMPORTE DATA
FACTURA DATA PAGO
EXCESO SOBRE
30 DÍAS
IMPORTE RECIBIDO DO MAP (85%)
DATA DO INGRESO
IMPORTE RECIBIDO DO MAP (RESTO)
DATA DO INGRESO
TOTAL EXPEDIENTE Nº4 10.100,83 Total: 10.000,00
IV.7 OPERACIÓNS FINANCEIRAS
A liquidación do orzamento de gastos relativa aos artigos 31 e 91 é a seguinte:
ART. DESCRICIÓN ECONÓMICA
CRÉDITOS INICIAIS
MC CRÉDITOS
DEFINITIVOS GASTOS
COMPROM.
OBRIGAS RECOÑECIDAS
NETAS
PAGOS REALIZADOS
OBRIGAS PENDENTES
PAGO A 31-12.
REMANENTES DE CRÉDITO
31 Gastos financeiros de préstamos do interior
16.000,00 0,00 16.000,00 12.589,49 12.589,49 12.589,49 0,00 3.410,51
91 Amortización de
préstamos do interior 35.000,00 0,00 35.000,00 24.045,70 24.045,70 24.045,70 0,00 10.954,30
O cadro de “Estado da Débeda.Capitais” que figura na Memoria achegada, é o seguinte:
IDENTIFICACIÓN DA DÉBEDA PENDENTE
A 1-1 CREACIÓNS
AMORTIZACIÓNS E OUTRAS
DIMINUCIÓNS
PENDENTE A 31-12
Anticipo Deputación plan PPC 2000 4.620,06 0,00 0,00 4.620,06
Anticipo caixa anticipos plans 2003 16.639,52 0,00 0,00 16.639,52
Anticipo caixa anticipos plans 2004 17.760,50 0,00 0,00 17.760,50
Anticipo caixa anticipos plans 2005 33.487,75 0,00 0,00 33.487,75
Anticipo caixa anticipos plans 2006 30.248,24 0,00 0,00 30.248,24
Anticipo caixa anticipos plans 2001 9.030,96 0,00 0,00 9.030,96
Anticipo caixa anticipos plans 2008 64.922,51 0,00 0,00 64.922,51
Anticipo caixa anticipos plans 2007 51.380,90 0,00 5.756,41 45.624,49
BCL crédito lei 5/2009 300.000 300.000,00 0,00 14.074,69 285.925,31
Crédito BCL adquisición terreos vivendas sociais 28.031,88 0,00 4.214,60 23.817,28
Débedas por operacións de tesourería. 104.303,95 0,00 104.303,95 0,00 TOTAL estado da débeda. Capitais en
moeda nacional. 660.426,27 0,00 128.349,65 532.076,62
Todas estas débedas teñen a súa orixe en exercicios anteriores ao ano obxecto de fiscalización
(2010), polo cal o que se vai a comprobar non é que se solicitaron cumprindo os requisitos legais
correspondentes, senón que na contabilidade presentada se reflicta adecuadamente tanto o
capital pendente de amortizar como os intereses e cotas de amortización satisfeitos no ano.
Achegouse documentación relativa a todas as operacións relacionadas anteriormente.
Ademais das operacións que se reflicten no cadro anterior, durante o exercicio houbo outras
operacións financeiras das que se achegou a documentación xustificativa pero que non deben
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 38
reflectirse neste Estado: unha operación de factoring sen recurso (o banco asume o risco de falta
de pagamento do debedor, polo que non se contabiliza como débeda) realizada o 4 de marzo,
por importe do 30% da contía do Fondo Estatal de Investimento Local de 2009 que debía o
Ministerio de Administracións Públicas ao concello (170.737,20 euros); e dous anticipos a conta
dos ingresos do Fondo de Cooperación Local do 4º trimestre de 2010, por importe de 19.000 e
49.000 euros, recibidos o 5 de novembro e cancelados, respectivamente, o 10 e o 24 de
decembro.
Os intereses e gastos xerados por todas estas operacións contabilizáronse correctamente no
artigo 31 da contabilidade orzamentaria. A súa desagregación é a seguinte:
CONCEPTO IMPORTE
Operación de factoring. 1.269,06
Operación de tesourería. 1.784,55
Crédito Real Decreto-Lei 5/2009 7.523,25
Anticipo Fondo de Cooperación Local 759,00
Crédito para adquisición de terreos. 359,09
Outros (intereses e comisións de mantemento ) 894,54
TOTAL: 12.589,49
En canto á amortización de préstamos realizada no exercicio, contabilízase no artigo 91 da
contabilidade orzamentaria, co seguinte detalle:
CONCEPTO AMORTIZACIÓN
Crédito para adquisición de terreos. 4.214,60
Crédito ao amparo do Real Decreto-Lei 5/2009 14.074,69
Anualidade exercicio 2009 préstamo número 778/07 5.756,41
TOTAL: 24.045,70
En relación á contabilización do capítulo 9, debemos realizar as seguintes observacións:
Cancélase unha operación de tesourería de 104.303,95 euros,correspondente a un préstamo
solicitado o 6/11/2009 e amortizado o 5/11/2010. Ao ser unha operación a c/p (un ano) trátase
extraorzamentariamente.
Non se pagan as cotas de amortización que vencían no ano 2010 por un total de 33.002 euros,
dos préstamos concedidos pola Caixa de Anticipos de Cooperación Provincial da Deputación de
Pontevedra. Estas cotas seguen pendentes de pago a 27/12/2011 segundo unha relación de
débedas pendentes a esa data elaborada pola Deputación.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 39
Por tanto, observamos que o crédito orzamentario definitivo do capítulo 9, por importe de
35.000 euros, non era suficiente para atender a amortización de débeda prevista para o ano
2010.
Coa documentación achegada elabórase de novo o cadro de “Estado da Débeda. Capitais”, ao
que se incorpora algunha corrección relativa ao capital pendente dos anticipos da Deputación.
(Para iso supoñemos que o capital dos mesmos, pendente a 27/12/2011, información achegada
pola intervención, coincide co pendente a 1/1/2010, xa que durante os anos 2010 e 2011 non se
pagaron as cotas que vencían nos devanditos períodos).
IDENTIFICACIÓN DA DÉBEDA PENDENTE A 1 DE
XANEIRO CREACIÓNS
AMORTIZACIÓNS E OUTRAS DIMINUCIÓNS
PENDENTE A 31 DE DECEMBRO
Anticipo Deputación plan PPC 2000 4.155,50 0,00 0,00 4.155,50
Anticipo caixa anticipos plans 2001 9.045,34 0,00 0,00 9.045,34
Anticipo caixa anticipos plans 2003 16.837,80 0,00 0,00 16.837,80
Anticipo caixa anticipos plans 2004 21.359,58 0,00 0,00 21.359,58
Anticipo caixa anticipos plans 2005 33.487,10 0,00 0,00 33.487,10
Anticipo caixa anticipos plans 2006 30.335,14 0,00 0,00 30.335,14
Anticipo caixa anticipos plans 2007 51.291,25 0,00 5.756,41 45.534,84
Anticipo caixa anticipos plans 2008 64.922,51 0,00 0,00 64.922,51
BCL crédito lei 5/2009 300.000 300.000,00 0,00 14.074,69 285.925,31
Crédito BCL adquisición terreos vivendas sociais
28.031,88 0,00 4.214,60 23.817,28
Débedas por operacións de tesourería 104.303,95 0,00 104.303,95 0,00
TOTAL estado da débeda. Capitais en moeda nacional.
663.770,05 0,00 128.349,65 535.420,40
IV.8 OUTRAS MATERIAS
IV.8.1 INGRESOS
IV.8.1.1 INGRESOS TRIBUTARIOS E ASIMILADOS (CAP I a III)
Os dereitos recoñecidos dos capítulos 1 a 3, por artigos, así como a súa variación en relación ao
ano 2009 e a porcentaxe de realización de dereitos en relación ás previsións definitivas recóllese
na seguinte táboa:
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 40
ARTIGO DESCRICIÓN DEREITOS
RECOÑ. NETOS 2009
PREVISIÓNS DEFINITIVAS
2010
DEREITOS RECOÑ. NETOS
2010
RECADACIÓN NETA 2010
VARIACIÓN DRN
2009-2010 (%)
% REALIZACIÓN PREVISIÓNS DEFINITIVAS
11 Impostos directos sobre o capital
322.033,30 305.500,00 326.094,95 290.087,66 1,26% 106,74%
13 Impostos directos sobre actividades económicas
48.381,12 33.000,00 71.893,95 24.574,01 48,60% 217,86%
29 Outros impostos indirectos 80.205,92 70.000,00 25.588,37 24.252,04 -68,10% 36,55%
30 Taxas por prestación de servizos públicos básicos
63.878,32 89.220,00 30.018,55 11.360,34 -53,01% 33,65%
31 Taxas prestación servizos públicos de carácter preferente
32
Taxas por expedición de documentos e outras taxas por realización de actividades de carácter local
33 Taxas por utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público
35 Para a execución de obras
39 Outros ingresos 5.727,79 3.390,00 17.852,79 17.792,28 211,69% 526,63%
TOTAL: 520.226,45 501.110,00 471.448,61 368.066,33 -9,38% 94,08%
Como se reflicte nesta táboa, a realización das previsións definitivas é do 94,08%,e os dereitos
recoñecidos redúcense nun 9,38% con relación ao ano anterior. Hai conceptos como o ICIO (no
artigo 29) e as taxas, que se desvían claramente desas medias, cuxo porcentaxe de
recoñecemento de dereitos sobre as previsións definitivas é moi baixo, do 36,55% e 33,65%,
respectivamente. Con relación ao ano anterior, nestes mesmos conceptos redúcese o
recoñecemento de dereitos nun 68,10% e 53,01%, respectivamente.
O Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de recursos locais da Deputación de
Pontevedra (ORAL) xestiona os impostos de: Actividades Económicas (IAE), Bens Inmobles (IBI) e
Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). Ademais, recada taxas e prezos públicos e xestiona os
recibos do servizo municipal de augas .
Verificouse a contabilización destes ingresos a partir dunha mostra de xustificantes de diversas
liquidacións realizadas ao concello por este Servizo de Recadación. Da comparativa dos datos
destas liquidacións e os apuntamentos contables podemos concluír:
- En relación á liquidación na recadación voluntaria de IBI urbana, IBI características especiais,
IVTM e IAE, realizáronse anticipos mensuais, a conta da liquidación definitiva, que se
contabilizan correctamente no Diario de ingresos do exercicio corrente a medida que se recibían
os ingresos. En IBI rústica non hai anticipos mensuais.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 41
- En todos os casos, realizouse posteriormente unha liquidación definitiva, que se contabilizou
polo seu importe líquido, aínda que se debería contabilizar o ingreso polo seu importe íntegro e a
taxa como gasto (da mesma maneira que se fixo ao contabilizar os anticipos mensuais).
- Así mesmo achegáronse: o xustificante de liquidación da recadación voluntaria de taxas e
prezos públicos de xaneiro a xuño de 2009 por importe de 17.946,35 euros e o xustificante da
liquidación da recadación voluntaria do servizo municipal de augas 2007 (xaneiro a xuño ) por
9.521,34 euros. Ámbolos dous ingresos contabilizáronse no Diario de ingresos de exercicios
pechados.
Achegouse tamén como mostra o xustificante da liquidación polo Organismo de Recadación da
Deputación (ORAL) da recadación executiva dos meses de maio a outubro. O importe do
principal do recadado foron 21.567,39 euros, dos que unha parte, 9.318,28 euros, foron
contabilizados no Diario de ingresos de exercicios pechados e o resto, 12.249,11 euros, no Diario
de ingresos do exercicio corrente. A suma de recargas, intereses e costas, por 3.737,07 euros,
contabilizáronse no Diario de Ingresos do exercicio corrente.
O documento núm. 2 dos Principios Contables Públicos, no caso de dereitos recadados a través
de oficinas liquidadoras, establece que “o recoñecemento contable dos dereitos de cobramento e
a imputación á conta de resultados dos ingresos dos que se deriven haberá de efectuarse cando
se teña coñecemento do seu importe, mediante a percepción dos fondos remitidos por tales
oficinas liquidadoras, ou mediante a comunicación documental dos dereitos liquidados e
cobrados por conta da entidade. En canto á imputación orzamentaria dos dereitos de
cobramento anteriores haberá de efectuarse simultaneamente ao recoñecemento contable dos
mesmos.”
De acordo a este documento, todos os ingresos a que se fai referencia nos parágrafos anteriores
deberíanse ter contabilizado e imputado orzamentariamente a medida que se ían recibindo os
ingresos ou no momento en que se recibía a notificación do importe cobrado por conta do
Concello. Á vista da mostra comprobada, a recepción do ingreso e a notificación da liquidación
realízanse case simultaneamente.
Por tanto, considérase que tanto o recoñecemento contable dos dereitos de cobramento como a
imputación orzamentaria dos mesmos debeu de facerse no exercicio corrente.
Analizando os dereitos contabilizados no Diario de Ingresos de exercicios anteriores que teñen
como debedor ao ORAL, resulta que hai contabilizados dereitos pendentes de cobramento dos
capítulos 1 a 3, os máis antigos do ano 1993, que a 31/12/2010 ascenden a 202.671,97 euros.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 42
De acordo ao mesmo documento núm. 2 anteriormente citado, habería que depurar este saldo,
xa que se se trata de dereitos recadados polo ORAL por conta do concello, que están pendentes
de cobramento, non deberían figurar contabilizados.
IV.8.1.2 INGRESOS POR TRANSFERENCIAS E OUTROS INGRESOS (CAP IV-IX)
Os dereitos recoñecidos dos capítulos 4 a 9, por artigos, así como a súa variación en relación ao
ano 2009, e a porcentaxe de realización de dereitos en relación ás previsións definitivas
recóllense na seguinte táboa:
ART. DESCRICIÓN DEREITOS RECOÑEC.
NETOS 2009
PREVISIÓNS DEFINITIVAS
2010
DEREITOS RECOÑEC.
NETOS 2010
RECADACIÓN NETA 2010
VARIACIÓN DRN 2009-2010 (%)
%REALIZACIÓN PREVISIÓNS DEFINITIVAS
42 Da administración do estado 408.597,45 464.030,00 438.515,00 438.515,00 7,32% 94,50%
45 De comunidades autónomas 612.405,45 511.622,23 272.783,71 272.783,71 -55,46% 53,32%
46 De deputacións, consellos ou cabidos
15.000,00 9.957,00 0,00 0,00 -100,00% 0,00%
52 Intereses de depósitos 1.362,43 2.500,00 231,16 231,16 -83,03% 9,25%
54 Rendas de bens inmobles 4.470,57 4.800,00 4.580,34 4.580,34 2,46% 95,42%
55 Aproveitamentos especiais 13.022,06 15.700,00 0,00 0,00 -100,00% 0,00%
60 Venda de leiras rústicas 0,00 20.100,00 0,00 0,00 Os DRN 2009
foron 0,00 0,00%
72 Da administración do estado 607.921,68 417.485,73 387.238,73 291.847,30 -36,30% 92,75%
75 De comunidades autónomas 0,00 491.279,62 518.770,89 218.501,36 Os DRN 2009
foron 0,00 105,60%
76 De entidades locais 29.046,21 110.622,33 86.478,33 59.936,78 197,73% 78,17%
82 Reintegro de préstamos e anticipos concedidos
10.708,75 0,00 0,00 0,00 -100,00% As previsións
definitivas en 2010 foron 0,00
84 Devolución de depósitos 0,00 20,00 0,00 0,00 Os DRN 2009 foron 0,00
0,00%
87 Remanente de tesourería 0,00 416.674,47 0,00 0,00 Os DRN 2009
foron 0,00 0,00%
91 Préstamos recibidos a c.p. de entes sector público
300.000,00 200.000,00 0,00 0,00 -100,00% 0,00%
94 Depósitos e fianzas recibidas 0,00 20,00 0,00 0,00 Os DRN 2009
foron 0,00 0,00%
TOTAL: 2.002.534,60 2.664.811,38 1.708.598,16 1.286.395,65 -14,68% 64,12%
A porcentaxe de realización das previsións definitivas en termos globais, sen ter en conta o
remanente de tesourería, é do 76%. Obsérvase que a previsión foi moi elevada, con relación aos
dereitos recoñecidos, no caso das transferencias correntes da Comunidade Autónoma (art. 45).
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 43
Os ingresos que figuran no cadro anterior son basicamente dereitos correspondentes a
subvencións e transferencias procedentes doutras administracións (Estado, CCAA ou Deputación
provincial) nos que o seu recoñecemento e contabilización se produce en consideración á
concesión das mesmas, non seguindo os criterios establecidos polos principios contables públicos
para as subvencións e transferencias correntes e de capital (Documento nº 4 da IGAE) que
contempla que o recoñecemento do dereito deberá realizarse no momento no que se produza o
incremento do activo da entidade beneficiaria (correspondendo, polo tanto, ao principio de
caixa). No entanto, o ente beneficiario pode recoñecer o dereito se con anterioridade coñécese
de forma certa que o ente concedente ditou o acto de recoñecemento da súa correlativa obriga.
Neste mesmo sentido tamén se sinala: “O recoñecemento do ingreso, en todo caso, será
simultáneo ao recoñecemento do dereito”.
Desta mesma maneira pronúnciase a Consulta 4/2000, que di: “Os dereitos de cobramento
derivados das transferencias e subvencións recoñeceranse, con carácter xeral, cando se produza
a recepción dos fondos na Tesourería. No entanto, poderá anticiparse o recoñecemento do
dereito cando se coñeza de forma certa que o ente concedente ditou o acto de recoñecemento
da súa correlativa obriga”.
Esta última posibilidade non queda acreditada na documentación achegada nos casos de
subvencións revisados.
IV.8.2 EXERCICIOS PECHADOS
Os dereitos pendentes de cobramento contabilizados no Diario de ingresos de exercicios
pechados, clasificados segundo o seu ano de contabilización e o capítulo ao que corresponden,
son os seguintes:
ANO ORIXE
CAPÍTULOS DEREITOS PEND DE COBRAMENTO
A 31-12-2010 1 2 3 4 5 6 7 9
1993 10.501,77 430,75 10.932,52
1994 13.532,15 1.149,74 14.681,89
1995 9.685,13 728,31 1,41 10.414,85
1996 13.993,07 1.006,59 14.999,66
1997 19.678,30 1.055,37 20.733,67
1998 7.808,08 1.062,81 8.870,89
1999 8.935,32 3.300,22 12.235,54
2000 5.761,35 1.326,33 5.925,98 0,01 13.013,67
2001 7.355,31 7.687,08 300,51 15.342,90
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 44
ANO ORIXE
CAPÍTULOS DEREITOS PEND DE COBRAMENTO
A 31-12-2010 1 2 3 4 5 6 7 9
2002 6.302,86 5.981,45 1.568,64 14.200,00 28.052,95
2003 12.020,92 7.676,85 19.697,77
2004 15.050,77 7.643,24 3.692,00 0,01 26.386,02
2005 5.560,07 7.742,56 461,54 35.000,00 48.764,17
2006 7.751,34 575,70 7.300,11 1.076,92 10.000,80 13,10 26.717,97
2007 6.257,15 17.008,01 24.496,09 3.000,00 723,71 89,65 51.574,61
2008 11.223,74 42.719,97 14.202,04 5.573,69 94.123,82 20.000,00 187.843,26
2009 12.438,22 74.916,95 40.814,61 0,00 8.100,23 0,00 136.270,01
TOTAL: 173.855,55 92.500,66 162.122,08 22.432,50 15.543,07 5.925,98 154.049,76 20.102,75 646.532,35
Como se desprende do ano de orixe dos mesmos, debería realizarse un estudo e posterior
depuración de saldos, xa que posiblemente parte dos mesmos estarán prescritos, procedendo a
súa anulación. Os dereitos pendentes de cobramento anteriores ao 31/12/2006, é dicir, con máis
de 4 anos de antigüidade, suman 270.844,47 euros.
As obrigas pendentes de pago contabilizadas no Diario de gastos de exercicios pechados,
agrupadas así mesmo en función do seu ano de contabilización e do capítulo ao que
corresponden, son as seguintes:
ANO ORIXE CAPÍTULOS OBRIGACIÓNS
PEND DE PAGO A 31-12-2010 1 2 4 6 9
2002 -0,01 -0,01
2003 214,52 214,52
2004 142,65 43.272,00 43.414,65
2005 19.787,56 34,58 19.822,14
2006 -0,02 4.384,12 240 4.624,10
2007 25.768,40 600 54.671,09 81.039,49
2008 1.978,72 23.012,80 3.500,00 28.491,52
2009 0 85.572,55 8.160,10 109.024,38 60,93 202.817,96
Total: 1.978,70 158.882,60 12.500,09 207.002,05 60,93 380.424,37
Destas, como se explica máis detalladamente no apartado relativo a “feitos posteriores”,
páganse facturas por importe de 249.189 euros o 30/5/2012, con ocasión do pago a provedores
realizado ao amparo do Real Decreto-Lei 4/2012, do 24 de febreiro.
Con ocasión do devandito pago a provedores púxose de manifesto a existencia de facturas sen
contabilizar, anteriores a 31/12/2009, por 86.218 euros. Por tanto, o saldo das obrigas
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 45
pendentes de pago de exercicios pechados debería incrementarse nesa cantidade, resultando un
importe de 466.642,37 euros.
V. MAGNITUDES ORZAMENTARIAS RELEVANTES
V.1 RESULTADO ORZAMENTARIO
O resultado orzamentario declarado pola entidade é o seguinte:
RESULTADO ORZAMENTARIO EXERCICIO 2010 DEREITOS
RECOÑECIDOS NETOS
OBRIGACIÓNS RECOÑECIDAS
NETAS AXUSTES
RESULTADO ORZAMENTARIO
a. Operacións correntes 1.187.558,82 1.407.554,07
b. Outras operacións non financeiras 992.487,95 826.829,85
I. Total operacións non financeiras (a+b) 2.180.046,77 2.234.383,92
II. Activos financeiros 0,00 0,00
III. Pasivos financeiros 0,00 24.045,70
RESULTADO ORZAMENTARIO DO EXERCICIO (I+II+III)
2.180.046,77 2.258.429,62 -78.382,85
IV. Créditos gastados financiados con remanente de tesourería para gastos xerais 0,00
V. Desviacións de financiamento negativas do exercicio 0,00 VIN. Desviacións de financiamento positivas do exercicio 0,00
RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO (I+II+III+IV+V-VIN)
-78.382,85
Realizamos os seguintes axustes, relativos ao importe das obrigas recoñecidas:
Increméntanse as relativas a operacións correntes en 137.011,64 euros, que segundo o
expediente de pago a acredores do ano 2012, eran facturas do ano 2010 que estaban sen
contabilizar e increméntanse así mesmo as relativas aos pasivos financeiros en 33.002 euros
correspondentes a cotas de préstamos vencidos en 2010, que nin se pagan nin se contabilizan.
O resultado orzamentario calculado tras os axustes sería:
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 46
RESULTADO ORZAMENTARIO 2010 DEREITOS
RECOÑECIDOS NETOS
OBRIGAS RECOÑECIDAS
NETAS AXUSTES
RESULTADO ORZAMENTARIO
a. Operacións correntes 1.187.558,82 1.544.565,71
b. Outras operacións non financeiras 992.487,95 826.829,85
1.- Total operacións non financeiras (a+b) 2.180.046,77 2.371.395,56
2.- Activos financeiros 0,00 0,00
3.- Pasivos financeiros 0,00 57.047,70
RESULTADO ORZAMENTARIO DO EXERCICIO (1+2+3) 2.180.046,77 2.428.443,26 -248.396,49 4.- Créditos gastados financiados con remanente de tesourería para gastos xerais 0,00
5.- Desviacións de financiamento negativas do exercicio 0,00
6.- Desviacións de financiamento positivas do exercicio 0,00
RESULTADO ORZAMENTARIO AXUSTADO -248.396,49
Habería que calcular así mesmo o importe dos axustes dos puntos 4, 5 e 6 deste Estado, pero
como se explica noutros apartados deste Informe, non dispuxemos da documentación necesaria.
V.2 REMANENTE DE TESOURERÍA
O remanente de tesourería presentado formando parte da Conta Xeral rendida é o seguinte:
COMPOÑENTES 2010 2009
1. (+) Fondos líquidos 206.681,28 200.430,60
2. (+) Dereitos pendentes de cobramento 1.178.936,56 1.367.682,95
(+) do Orzamento corrente 525.584,79 593.438,09
(+) de Orzamentos pechados 646.532,35 766.538,90
(+)de operacións non orzamentarias 6.819,42 7.705,96
(-) cobramentos realizados pendentes de aplicación definitiva 0 0
3. (-) Obrigacións pendentes de pago 1.015.657,98 1.119.864,05
(+) do Orzamento corrente 603.607,26 723.381,78
(+) de Orzamentos pechados 380.424,37 254.905,85
(+) de operacións non orzamentarias 32.227,36 142.177,43
(-) pagos realizados pendentes de aplicación definitiva 601,01 601,01
I. Remanente de tesourería total (1+2-3) 369.959,86 448.249,50
II. Saldos de Dubidoso Cobramento 150.273,18 150.273,18
III. Exceso de financiamento afectado 0,00 0,00
IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I-II-III) 219.686,68 297.976,32
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 47
Tendo en conta todas as cuestións descritas nos apartados anteriores deste informe, realizamos
as seguintes correccións no remanente correspondente ao ano 2010:
- Sumamos 86.218 euros ás obrigas pendentes de pago de exercicios pechados e 137.011,64
euros ás obrigas pendentes de pago do exercicio corrente, que corresponden a facturas que
figuraban como non contabilizadas con anterioridade a 31/12/2009 e non contabilizadas en
2010, respectivamente, formando parte do expediente de pago a acredores do ano 2012.
- Sumamos 33.002 euros ás obrigas pendentes de pago do exercicio corrente, que corresponden
a cotas de préstamos vencidas pero non contabilizadas en 2010.
Cos axustes realizados, o remanente de tesourería calculado para o ano 2010 é o seguinte:
COMPOÑENTES 2010 2009
1. (+) Fondos líquidos 206.681,28 200.430,60
2. (+) Dereitos pendentes de cobramento 1.178.936,56 1.367.682,95
(+) do Orzamento corrente 525.584,79 593.438,09
(+) de Orzamentos pechados 646.532,35 766.538,90
(+)de operacións non orzamentarias 6.819,42 7.705,96
(-) cobramentos realizados pendentes de aplicación definitiva 0,00 0,00
3. (-) Obrigacións pendentes de pago 1.271.889,62 1.119.864,05
(+) do Orzamento corrente 773.620,90 723.381,78
(+) de Orzamentos pechados 466.642,37 254.905,85
(+) de operacións non orzamentarias 32.227,36 142.177,43
(-) pagos realizados pendentes de aplicación definitiva 601,01 601,01
I. Remanente de tesourería total (1+2-3) 113.728,22 448.249,50
II. Saldos de Dubidoso Cobramento 150.273,18 150.273,18
III. Exceso de financiamento afectado 0,00 0,00
IV. Remanente de tesourería para gastos xerais (I-II-III) -36.544,96 297.976,32
Ademais habería que realizar outros axustes, que non podemos cuantificar porque non temos os
datos necesarios para iso:
Habería que estudar se todos os dereitos pendentes de cobramento de exercicios pechados con
orixe no ORAL, por 202.671,97 euros, deberían darse de baixa, comprobando así mesmo se
están ou non provisionados.
Deberíase estudar a posible prescrición tanto de dereitos pendentes de cobramento como de
obrigacións pendentes de pago de exercicios pechados. Así os dereitos pendentes de cobramento
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 48
anteriores a 31/12/2006 (con máis de 4 anos de antigüidade) son 270.844,47 euros e as obrigas
pendentes de pago anteriores a 31/12/2006 son 68.075,40 euros.
Así mesmo, habería que axustar o importe da provisión por debedores de dubidoso cobramento
e realizar un seguimento dos gastos con financiamento afectado.
Por tanto, o importe do remanente de tesourería calculado non é en ningún caso definitivo,
senón un intento dunha maior aproximación ao real, que nos resulta de imposible cuantificación
coa documentación dispoñible.
VI. FEITOS POSTERIORES O Concello realizou pagos por importe de 1.292.672,21 euros, de facturas pendentes con
provedores, trala publicación do Real Decreto-Lei 4/2012, do 24 de febreiro (BOE de 25/12), polo
que se determinan obrigas de información e procedementos necesarios para establecer un
mecanismo de financiamento para o pago aos provedores das entidades locais.
Dese importe, 451.671,77 euros eran facturas que estaban contabilizadas, segundo o seguinte
detalle:
Nº DE REXISTROS EXERCICIO EN QUE SE
CONTABILIZARON IMPORTE
2 2003 144,11
1 2004 43.272,00
2 2005 4.403,71
1 2006 4.320,00
11 2007 58.987,24
3 2008 12.475,13
66 2009 125.587,00
33 2010 202.482,58
TOTAL: 451.671,77
O resto, 841.000,44 euros eran facturas dos anos 2011 e anteriores, que á data de realizarse os
pagos, 30/5/2012, estaban sen contabilizar, coa seguinte desagregación:
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 49
FACTURAS NON CONTABILIZADAS
Nº DE REXISTROS ANO DA FACTURA IMPORTE
4 2000 2.975,11
1 2002 1.552,60
4 2004 2.126,51
4 2005 3.761,20
7 2006 4.562,79
2 2007 301,60
4 2008 37.805,46
178 2009 33.132,73
295 2010 137.011,64
788 2011 617.770,80
TOTAL: 841.000,44
VII. CONCLUSIÓNS Xestión orzamentaria e financeira
- Non se chega a aprobar un orzamento para o ano 2010, senón que se traballa todo o ano co
orzamento prorrogado do 2009.
- Constatouse a existencia de diversas circunstancias que afectan á integridade da
contabilidade, tanto orzamentaria como financeira, co seguinte detalle:
O último inventario foi aprobado polo pleno o 28/12/1992. Non se contabilizan
amortizacións.
En contabilidade figuran dereitos pendentes de cobramento desde 1993 e obrigas pendentes
de pago desde 2003, en relación aos cales habería que analizar a súa posible prescrición.
Non se leva control do importe da provisión por insolvencias, nin dos gastos con
financiamento afectado.
Liquidación do Orzamento
- O índice de recoñecemento de dereitos en relación ás previsións é moi baixo, do 68,86%, e
o índice de recadación é do 75,89%.
- En canto á distribución de ingresos e gastos, hai que destacar que o 78,15% dos ingresos
proceden de transferencias e o 58,68% do gasto executado é en persoal e en bens e servizos
correntes.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 50
- En relación á liquidación do ano anterior, redúcense tanto os dereitos recoñecidos netos (un
13,58%) como as obrigas recoñecidas netas (un 11,28%).
Modificacións orzamentarias
- Realizouse unha incorporación de remanentes de crédito do exercicio anterior, sen tramitación
de expediente e sen financiamento adecuado, posto que non había remanente de tesourería
do ano anterior suficiente para financiar a dita incorporación.
- Realizáronse transferencias de crédito sen tramitación de expediente e incumprindo o artigo
41 do Real Decreto 500/90.
Persoal e membros da corporación
- O Concello non dispón de Relación de postos de traballo nin leva Rexistro de persoal. Si
dispón dun cadro de persoal, que acompaña ao orzamento, aínda que non inclúe tódolos
datos esixibles para ser considerado unha RPT.
- Existe persoal laboral, en número de 6 traballadores, que no momento actual ten a condición
de indefinido por sucesivas prórrogas dos seus contratos temporais iniciais por períodos
superiores aos dous anos que permite a norma laboral.
- Os procesos selectivos levados a cabo durante o exercicio para a contratación de persoal
laboral temporal realízanse sen que as convocatorias determinen uns criterios obxectivos para
a valoración dos méritos dos aspirantes, adxudicándose as prazas por decisión non motivada
do Alcalde. En dúas das prazas constatouse que, á vista da documentación que figura nos
expedientes, as persoas seleccionadas non eran, a falta doutros criterios, as de mellor
titulación.
- Existen dous membros da corporación con dedicación exclusiva, sen que se especifique o seu
alcance, dado que o Pleno lles autoriza a simultaneidade coas súas actividades particulares.
- O contratado laboral fixo que forma parte da mostra percibe conceptos retributivos de
funcionario e, ademais non se lle aplicaron correctamente as reducións retributivas que para
todo o persoal ao servizo das administracións públicas se regularon no Real Decreto Lei
8/2010.
- Dous dos contratados laborais que forman parte da mostra, accederon ao seu posto, en anos
anteriores, sen proceso selectivo algún, pois non consta nos seus expedientes.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 51
- O secretario-interventor acumulado percibiu durante os catro meses que prestou os seus
servizos ao Concello, unhas retribucións superiores ao límite que, para estes casos, establece
a lei.
- Non se da cumprimento ao disposto no artigo 14, apartado un, do Real Decreto Lei 8/2010,
que declara afectados a determinadas finalidades os recursos procedentes da aplicación das
medidas de redución de custos de persoal nel reguladas, dado que non hai constancia da
aplicación dese aforro a ditas finalidades.
Gastos correntes
- Na mostra de gastos analizados do capítulo 2, figuran gastos por comidas e outros
conceptos, como material de limpeza ou actividades educativas, que se considera que non
están suficientemente xustificados.
- Apróbase un expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos, por importe de
128.071,90 euros, que corresponde a facturas de anos anteriores que se están contabilizando
con cargo ao orzamento do ano 2010.
- Ademais, con ocasión do pago a provedores realizado posteriormente, ao amparo do Real
Decreto-Lei 4/2012, puxéronse de manifesto facturas sen contabilizar, anteriores a
31/12/2009, por 86.218 euros.
- O presidente da corporación percibe 10.359,99 euros en concepto de dietas durante o
exercicio, dos cales 5.095 euros corresponden a gastos de manutención. Non consta
xustificación do carácter indemnizatorio desta última contía.
Contratación
- Incúmprense sistematicamente algúns trámites establecidos pola normativa de contratación:
Non hai certificación do Rexistro de contratación relativa ás ofertas recibidas, nin se pon de
manifesto que ofertas teñen defectos ou que criterios de valoración tivéronse en conta para
a adxudicación. Non se publican os acordos de adxudicación provisional e definitiva. Só nun
expediente dos cinco analizados acredítase haber constituído a garantía, obrigatoria
segundo os pregos. En ningún dos expedientes figura documento de formalización do
contrato.
- En 4 dos 5 casos analizados incúmprese o prazo de pago a provedores de 30 días naturais
establecido polo Real Decreto-Lei 13/2009.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 52
Subvencións
- Aínda que existe unha convocatoria pública de axudas para asociacións e entidades sen
ánimo de lucro, concedéronse, ademais, axudas a outras sete entidades, acordadas polo
Pleno ou pola Xunta de Goberno Local, por importe de 38.900 euros, ao marxe da sinalada
convocatoria, sen ningún tipo de motivación.
- Para a xustificación da realización da actividade subvencionada tan só se achegan
xustificantes de gasto ata o importe outorgado, cando para comprobar que non se conceden
contías que superen o custo total da actividade, tal e como marca a Lei, deberíase enviar,
cando menos, memoria descritiva e certificación de todos os ingresos e gastos da entidade no
exercicio, esixencia que, aínda que está prevista na convocatoria, tan só se da nun dos
elementos da mostra. Así mesmo, admítense como xustificantes de gasto documentos que
non reúnen os requisitos legais, nin formais nin tributarios, tales como recibos, xustificantes
de pago e similares.
Operacións financeiras
- Non se pagan as cotas que vencen en 2010 dos préstamos concedidos pola Caixa de
anticipos de Cooperación provincial da Deputación de Pontevedra, por 33.002 euros.
Ingresos
- No caso de ingresos de subvencións concedidas á entidade por outras administracións, vense
realizando a práctica de recoñecer o dereito no momento da súa concesión, cando, seguindo
os principios contables públicos, sería máis correcto facelo cando se ingresa efectivamente a
súa contía.
VIII. RECOMENDACIÓNS A vista dos resultados da fiscalización levada a cabo, o Consello de Contas formula as seguintes
Recomendacións ao Concello de Agolada.
En materia de xestión orzamentaria e financeira.
- Débense aprobar os orzamentos anualmente, elaborar as súas liquidacións e render as contas
dentro dos prazos legal e regulamentariamente establecidos. A tal efecto débense organizar
os recursos persoais e materiais dos que se dispón de xeito que tales accións se leven a cabo
nos ditos prazos.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 53
- Débese actualizar o marco das bases de execución do orzamento cunha regulación máis
ampla do control interno.
- Deberanse adoptar as medidas necesarias para que os estados contables presenten a
situación real da actividade económico-financeira da Entidade, así como respectar as regras
das Instrucións de contabilidade e os principios contables públicos no rexistro de transaccións
con repercusión económica, para que os estados e contas anuais reflictan a xestión realizada
nos aspectos económico, financeiro, patrimonial e orzamentario. En particular:
o Débense facer as dotacións para amortización dos bens do inmobilizado de acordo cos
criterios previstos nas normas.
o Débense manter actualizados e depurados os saldos de dereitos pendentes de cobro e de
obrigas pendentes de pago.
o Débense estimar os saldos de dubidoso cobro de cara á determinación axeitada e
rigorosa do remanente de tesourería.
o Débense contabilizar as obrigas con arranxo ao criterio do devengo, procedendo á súa
adecuada imputación temporal ao exercicio que corresponda. Así mesmo, débese
recoñecer o dereito de cobro dos ingresos por subvencións no momento da súa
percepción efectiva.
- O sistema de información contable debe permitir o seguimento inmediato da execución
orzamentaria, e debe contar, de forma especial, con funcionalidades para o seguimento dos
gastos con financiamento afectado.
En materia de persoal
- Débese elaborar a Relación de Postos de Traballo ou instrumento análogo.
- Débese crear e manter actualizado o Rexistro de persoal.
- Débese evitar a reiteración fraudulenta de contratos de duración determinada para a
cobertura de postos de traballo que responden a necesidades de carácter permanente.
- Débense respectar os principios de igualdade, mérito e capacidade nos procesos selectivos de
persoal laboral.
- As percepcións salariais do persoal débense axustar estritamente aos conceptos retributivos,
contías e límites que dispoñen as normas.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 54
- Débese dar cumprimento ao disposto no artigo 14, apartado un, do Real Decreto Lei 8/2010.
En materia de contratación e subvencións
- A contratación administrativa deberá axustarse ás prescricións establecidas na regulación
sobre a materia, seguindo rigorosamente as distintas fases de tramitación que establecen as
normas e asegurando especialmente a efectiva libre concorrencia en condicións de igualdade
e non discriminación.
- Débese proceder ao pagamento das obrigas adquiridas pola Administración nesta materia
dentro dos prazos legalmente establecidos.
- O outorgamento de subvencións debe levarse a cabo segundo o procedemento legalmente
previsto en función da natureza das mesmas, respectando os principios de igualdade e libre
concorrencia.
- Débese esixir aos beneficiarios de axudas e subvencións a xustificación estrita da realización
da actividade, mediante a achega da documentación prevista legalmente.
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 55
ANEXO I: ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO CONCELLO
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 56
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 57
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 58
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 59
ANEXO II: RÉPLICAS ÁS ALEGACIONS PRESENTADAS
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 60
Informe de Fiscalización do Concello de Agolada, exercicio 2010
Informe - 61
En cumprimento do disposto no artigo 58 do Regulamento de réxime interior do Consello de
Contas de Galicia, os resultados das actuacións realizadas foron remitidas ao Alcalde do Concello
de Agolada, en escrito do 24 de abril do 2013 (rexistro de saída número 340), concedéndolle un
prazo de 20 días hábiles para que presentase as alegacións, documentación e xustificantes que
considerase oportunos ao anteproxecto de informe de fiscalización.
Mediante escrito do día 13 de maio do 2013, que tivo entrada no Consello de Contas o día 21
de maio (rexistro entrada número 503), presentáronse as alegacións que se achegan ao presente
informe.
En relación ao contido e con independencia das aclaracións e puntualizacións que figuran na
réplica, é necesario sinalar con carácter xeral o seguinte:
a) Se como consecuencia das alegacións se modificase total ou parcialmente o contido do
Proxecto de informe, esta modificación sinalarase en nota a pé de páxina.
b) Agás en casos concretos que así o requira, o Consello de Contas non valorará as alegacións
que:
• Confirman deficiencias ou irregularidades sinaladas no Proxecto de informe.
• Ofrecen criterios ou opinións sen soporte documental ou normativo.
• Non rebaten o contido do Proxecto de informe, proporcionando só explicacións ou
xustificacións da actividade municipal.
A este respecto compre sinalar que as alegacións presentadas polo concello de Agolada responden ao tipo descrito no parágrafo anterior, polo que non son obxecto de valoración nin
producen modificación algunha do contido do Proxecto de informe.