informe climatolÓxico mes de outubro de 2011 · nesa xornada os termómetros estiveron xa por...

34
Informe climatolóxico outubro 2011 INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE OUTUBRO DE 2011

Upload: duongdat

Post on 14-Nov-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Informe climatolóxico outubro 2011

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE OUTUBRO DE 2011

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 1 de 28

ÍNDICE

1 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES ...................................................................................2

2 ANOMALÍAS DE PRESIÓN EN SUPERFICIE E ALTURA .............................................4

3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA. ................6

4 TEMPERATURA .....................................................................................................................9

4.1. Temperatura máxima media mensual. ...................................................................................9

4.2. Temperatura mínima media mensual. ..................................................................................10

4.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1971-2000 outubro.................11

4.4. Evolución da temperatura media no período 1961-2011.....................................................15

5 PRECIPITACIÓN..................................................................................................................16

5.1. Precipitación acumulada mensual outubro 2011 .................................................................16

5.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal. .............17

5.3. Días de chuvia en outubro de 2011........................................................................................18

5.4. Evolución da precipitación no período 1961-2011 ...............................................................20

6 VENTO ....................................................................................................................................21

7 RADIACIÓN SOLAR ............................................................................................................26

7.1. Mapa de irradiación solar mensual.......................................................................................26

7.2. Anomalía de insolación con respecto ó valor normal ..........................................................27

8 RAIOS......................................................................................................................................28

Anexo: Resumo mensual Data edición: 17/11/2011

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 2 de 28

Mes cálido, con altos valores nas máximas. Precipitacións acumuladas normais pero coa metade dos días de chuvia habituais.

1 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES

O mes de outubro estivo marcado en Galicia pola persistencia dos anticiclóns de bloqueo

que ata a derradeira semana do mes impediron a chegada de sistemas frontais e polo tanto, a

chegada das precipitacións. Na derradeira semana estas chuvias tiveron por momentos

carácter torrencial, o que propiciou que o total de chuvias recollidas no mes se asemelle

moito a un mes normal.

Desta forma os primeiros 5 días do mes foron unha continuidade das situacións

anticiclónicas de finais de setembro, coas altas presións en Europa Central, achegando unha

masa de aire cálido procedente do norte de África. Nestes primeiros 5 días do mes o ceo

estivo despexado e as temperaturas foron altas, con máximas que superaron en moitos

puntos da Comunidade os 30ºC.

Na xornada do día 6 as altas presións retiráronse momentaneamente de Galicia, o que deu

lugar ao achegamento dunha fronte, pero tan pouco activa que apenas conseguiu provocar

un descenso térmico, un aumento de nubes e algunhas chuvias moi débiles nas provincias da

Coruña e Lugo.

O día 7 un novo anticiclón chegou dende o Atlántico, aportando estabilidade. Nos primeiros

3 días deste episodio as altas presións aportaron ventos do norte e aire frío e polo tanto,

aínda que o tempo foi seco, as temperaturas non subiron demasiado. Porén a partir do día 10

o anticiclón situouse novamente ao norte da península Ibérica, situación que propiciou a

chegada de aire cálido dende o sur e polo tanto 5 días novamente con temperaturas altas,

superándose os 30ºC en zonas do interior. Durante a xornada do 15 este anticiclón foise

movendo cara ao leste de Europa e un novo centro de altas presións chegou dende o

Atlántico. Deste xeito, aínda que a estabilidade continuou a ser a nota predominante entre o

15 e o 18, as temperaturas non foron tan altas.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 3 de 28

O día 19 cambiamos novamente de anticiclón e no medio entrou aire algo máis húmido do

Atlántico, aumentando a nebulosidade con algunhas chuvias moi febles na metade oeste.

Nesa xornada os termómetros estiveron xa por debaixo dos 20ºC no litoral, quedando polo

tanto en valores máis normalizados para a época do ano. De tódolos xeitos a xeira

anticiclónica tivo aínda continuidade cun derradeiro anticiclón que afectou a Galicia os días

20, 21 e 22, deixando ceo despexado e un novo incremento das temperaturas, aínda que en

ningún caso superaron xa os 25ºC.

Na xornada do 23 tivemos un cambio brusco nas condicións meteorolóxicas. Un centro de

baixas presións achegouse a Galicia deixando refachos de ventos do sur importantes, pero

sobre todo dando lugar ao paso dunha fronte de chuvias moi activa que deixou

precipitacións importantes en toda a Comunidade. Cabe resaltar en particular a situación de

chuvascos que se viviu a continuación do paso desta fronte e que no sur da provincia de

Pontevedra deixou rexistros superiores aos 30 mm nunha hora e os 80 mm en 12 horas.

Estes intensos chuvascos provocaron importantes inundacións na cidade de Vigo. Ademais,

rexistráronse refachos de vento que acadaron o seu máximo, 139.3 km/h, na localidade de

Cuntis.

A derradeira semana do mes estivo marcada pola sucesión de borrascas e sistemas frontais.

Así, as xornadas do 24 e 25 foron de chuvascos intermitentes, con caída de temperaturas e

neve por riba dos 1300 metros. Na xornada do 26 unha nova fronte moi activa, asociada á

borrasca nomeada Nils, atravesou Galicia deixando novamente importantes cantidades de

precipitación, e outra vez chuvias puntualmente intensas no sur de Pontevedra, destacando

os 65 mm que caeron na cidade de Vigo.

No día 27 se rexistráronse chuvascos en toda a Comunidade e nas xornadas do 28, 29 e 30

Galicia recuperou transitoriamente a estabilidade, aínda que no derradeiro día do mes

tivemos o paso dunha nova fronte de chuvias.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 4 de 28

2 ANOMALÍAS DE PRESIÓN EN SUPERFICIE E ALTURA As anomalías de presións tanto en superficie (Figura 1) como en altura (figura 2) amosan as

anomalías positivas ao norte de Galicia, é dicir, a pegada das altas presións que nos

primeiros 23 días do mes bloquearon case completamente a chegada de calquera fronte de

chuvias dende o Atlántico. A anomalía é mais forte nas capas medias da estratosfera (figura

2) o que aínda dificultou moito máis á chegada destas borrascas.

Figura 1: Anomalías de presión en superficie, outubro de 2011.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 5 de 28

Figura 2: Anomalías de xeopotencial en 500hPa, outubro de 2011.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 6 de 28

3 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALI CIA.

Compáranse os valores rexistrados no mes en curso nas estacións da rede meteorolóxica de

MeteoGalicia (Coruña, Santiago-EOAS, Campus Lugo, Lourizán e Ourense) cos valores

climáticos para ese mes, obtidos a partir da serie histórica máis próxima (A Coruña-estación

completa / Santiago-Astronómico / Lugo-Fingoi / Ourense-granxa, estacións da AEMET, e

Lourizán, da CMATI), no período 1971-2000.

O valor climático corresponde co promedio destes 30 anos para o mes considerado.

Móstrase tamén os valores extremos da serie e o ano no que se acadaron. No caso das

temperaturas máximas (mínimas) absolutas, móstrase o valor máximo (mínimo) da serie

histórica mensual e a data na que se acadou. As temperaturas danse en ºC e as precipitacións

en mm (ou L/m2). O número de días de chuvia corresponde á suma dos días nos que a

precipitación rexistrada é igual ou maior a 1 mm.

Este mes destacan os valores das temperaturas máximas, superándose os rexistros históricos

máis altos das series.

A CORUÑA

OUTUBRO

2011 VALORES

CLIMÁTICOS valor máximo

da serie valor mínimo

da serie

Tª media 16.6 15.7 18.4 (1997) 12.6 (1974)

Tª mínima media 13.3 12.6 15.3 (1997) 11.0 (1993)

Tª mínima absoluta 8.4 (día 25) 6.0 (19/10/1992)

Tª mínima máis alta 18.5 (día 1) 19.6 (10/10/1997)

Tª máxima media 21.0 18.7 21.5 (1997) 15.4 (1974)

Tª máxima absoluta 31.0 (día 2) 28.0 (22/10/1996)

Tª máxima máis baixa 15.3 (día 27) 12.0 (27/10/1976)

Precipitación acumulada 104 81-107 286 (1987) 18 (1978)

Días de chuvia (≥1mm) 7 12 25 (1997) 1 (1981)

Comentario: O mes foi moi cálido. A chuvia rexistrada estivo dentro do rango de valores normais, se ben, o número de días de chuvia é moi inferior ó valor climático agardado para esta variable (case a metade). Destaca a temperatura máxima do día dos, a máis alta do período de referencia.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 7 de 28

SANTIAGO

OUTUBRO

2011 VALORES

CLIMÁTICOS valor máximo

da serie valor mínimo

da serie

Tª media 15.9 14.7 17.4 (1997) 12.3 (1992)

Tª mínima media 10.7 10.5 13.2 (1997) 8.5 (1992)

Tª mínima absoluta 5.1 (día 29) -0.5 (18/10/1992)

Tª mínima máis alta 16.2 (día 1) 18.7 (10/10/1997)

Tª máxima media 22.7 19.0 22.2 (1989) 16.0 (1992)

Tª máxima absoluta 31.9 (día 13) 30.6 (03/10/1997)

Tª máxima máis baixa 13.7 (día 25) 12.2 (20/10/1992)

Precipitación acumulada 115 146-180 604 (1987) 40 (1986)

Días de chuvia (≥1mm) 7 14 23 (1987) 5 (1985)

Comentario: O mes considérase cálido para as temperaturas mínimas e medias, chegando a moi cálido téndose en conta a temperatura máxima. A máxima do día 13 é a máis alta do período de referencia. A chuvia rexistrada é inferior ó mínimo do rango de valores normais, polo que o mes considérase seco. O número de días de chuvia é a metade do valor climático agardado. * valores climáticos calculados excepcionalmente nesta serie dende 1982. LUGO

OUTUBRO

2011 VALORES

CLIMÁTICOS valor máximo

da serie valor mínimo

da serie

Tª media 13.8 13.1 15.4 (1994) 9.3 (1974)

Tª mínima media 9.6 8.6 10.8 (1994) 5.5 (1974)

Tª mínima absoluta 1.4 (día 22) -2.0 (19/10/1980)

Tª mínima máis alta 12.0 (día 5) 19.0 (25/10/1988)

Tª máxima media 23.1 17.7 21.5 (1971) 13.2 (1974)

Tª máxima absoluta 31.7 (día 12) 30.0 (13/10/1985)

Tª máxima máis baixa 12.2 (día 25) 7.0 (26/10/1976)

Precipitación acumulada 140 97-120 367 (1987) 10 (1981)

Días de chuvia (≥1mm) 8 12 24 (1987) 2 (1985)

Comentario: Mes cálido tendo en conta a temperatura mínima, moi cálido para a temperatura máxima e normal para a temperatura media. A máxima do día 12 é a máis alta do período de referencia. A chuvia rexistrada é superior ó rango de valores normais, polo que o mes considérase húmido nesta localidade. O número de días de chuvia, sen embargo, é inferior ó agardado.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 8 de 28

PONTEVEDRA (LOURIZÁN)

OUTUBRO

2011 VALORES

CLIMÁTICOS valor máximo

da serie valor mínimo

da serie

Tª media 16.2 15.0 17.8 (1989) 11.6 (1974)

Tª mínima media 11.2 10.1 12.9 (1997) 6.7 (1974)

Tª mínima absoluta 6.4 (día 29) 3.2 (23/10/1974)

Tª mínima máis alta 15.8 (día 1) 19.0 (11/10/1997)

Tª máxima media 23.3 20.0 23.8 (1989) 16.4 (1974)

Tª máxima absoluta 33.3 (día 14) 31.2 (07/10/1989)

Tª máxima máis baixa 15.4 (día 26) 10.8 (12/10/1972)

Precipitación acumulada 214 158-200 596 (1987) 24 (1974)

Días de chuvia (≥1mm) 6 12 24 (1987) 3 (1985)

Comentario: Mes moi cálido para todas as temperaturas. A máxima do día 14 é a máis alta do período de referencia. A chuvia rexistrada é lixeiramente superior ó rango de valores normais para esta variable polo que o mes considérase húmido. Sen embargo, o número de días de chuvia é a metade do valor climático agardado. OURENSE

OUTUBRO

2011 VALORES

CLIMÁTICOS valor máximo

da serie valor mínimo

da serie

Tª media 15.6 15.1 18.1 (1997) 11.6 (1974)

Tª mínima media 8.2 9.2 12.5 (1981) 4.9 (1974)

Tª mínima absoluta 3.4 (día 21) -2.0 (31/10/1974)

Tª mínima máis alta 13.3 (día 5) 19.6 (10/10/1997)

Tª máxima media 25.9 20.9 24.7 (1995) 17.8 (1987)

Tª máxima absoluta 34.3 (día 12) 33.0 (03/10/1983)

Tª máxima máis baixa 15.3 (día 24) 10.8 (22/10/1987)

Precipitación acumulada 171 70-89 301 (1987) 5 (1974)

Días de chuvia (≥1mm) 6 10 24 (1987) 2 (1974)

Comentario: Mes moi cálido téndose en conta a temperatura máxima, cálido para a temperatura media, pero frío para a temperatura mínima. A máxima do día 12 é a máis alta do período de referencia. A chuvia rexistrada é moi superior ó rango de valores normais, polo que o mes considérase moi húmido nesta localidade, o número de días de chuvia pola contra é inferior ó valor climático agardado.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 9 de 28

4 TEMPERATURA

As temperaturas foron en xeral altas para o mes de outubro, sendo as anomalías máis

patentes nos valores máximos con anomalías de ata 5ºC nalgúns puntos, debido ás altas

temperaturas rexistradas na primeira quincena. Así por exemplo, podemos destacar que

entre o 1 e o 15 en Ourense, soamente 4 xornadas rexistraron máximas por debaixo dos

30ºC.

4.1. Temperatura máxima media mensual.

Figura 3: Mapa de temperatura máxima media do mes de outubro de 2011.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 10 de 28

4.2. Temperatura mínima media mensual.

Figura 4: Mapa de temperatura mínima media do mes de outubro de 2011.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 11 de 28

4.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1971-2000 outubro.

Figura 5: Mapa de anomalía de temperatura media (ºC) respecto al período 1971-2000.

A táboa 1 mostra as anomalías positivas máis destacables, nas estacións meteorolóxicas

pertencentes á rede de observación de MeteoGalicia. As anomalías máis altas están

repartidas por distintos puntos da comunidade, se ben localízanse principalmente nas zonas

montañosas. O valor medio da anomalía de temperatura media é de 2.1 ºC para o conxunto

da Comunidade.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 12 de 28

Anomalías máis altas de temperatura media

con respecto ao período 1971-2000

Estación Concello Provincia Anomalía (ºC)

Cabeza de Manzaneda Manzaneda Ourense 5.4

O Cebreiro Pedrafita do Cebreiro Lugo 5.0

Lardeira Carballeda de Valdeorras Ourense 4.9

Ancares Cervantes Lugo 4.8

Xares A Veiga Ourense 4.8

Monte Aloia Tui Pontevedra 4.7

Fornelos de Montes Fornelos de Montes Pontevedra 4.1

Pereira Forcarei Pontevedra 4.0

Abradelo Samos Lugo 3.9

Castro Vicaludo Oia Pontevedra 3.8

Táboa 1: Anomalías máis elevadas no mes de outubro de 2011.

A táboa 2 amosa as anomalías máis baixas rexistradas, na rede de estacións de

MeteoGalicia, con respecto ao período climático 1971-2000. As anomalías máis baixas

rexistráronse principalmente no litoral da provincia de Lugo, onde os valores son moi

próximos aos normais.

Anomalías máis baixas de temperatura media

con respecto ao período 1971-2000

Estación Concello Provincia Anomalía (ºC)

Pedro Murias Ribadeo Lugo -0.1

Foz Foz Lugo 0.0

Lourenzá Lourenzá Lugo 0.3

Vilamor Mondoñedo Lugo 0.3

Campus Lugo Lugo Lugo 0.4

Mouriscade Lalín Pontevedra 0.5

Coruña Dique A Coruña A Coruña 0.6

Mabegondo Abegondo A Coruña 0.7

Coruña A Coruña A Coruña 0.7

A Granxa Ponteareas Pontevedra 0.7

Táboa 2: Anomalías máis baixas no mes de outubro de 2011.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 13 de 28

Nas táboas 3 e 4 móstranse as temperaturas máximas máis altas rexistradas na comunidade

galega no mes de outubro de 2011 para estacións situadas por debaixo e por enriba dos 1000

metros de altitude respectivamente.

Temperaturas máximas máis altas rexistradas no mes de outubro de 2011

por debaixo dos 1000m de altitude

InstanteLectura NombreEstacion Concello Provincia TA (ºC)

05/10/2011 Míllara Ferreira de Pantón Lugo 36.5

12/10/2011 Míllara Ferreira de Pantón Lugo 36.2

04/10/2011 EVEGA Leiro Leiro Ourense 35.6

01/10/2011 EVEGA Leiro Leiro Ourense 35.3

02/10/2011 EVEGA Leiro Leiro Ourense 35.3

03/10/2011 Míllara Ferreira de Pantón Lugo 35.2

02/10/2011 Míllara Ferreira de Pantón Lugo 35.1

03/10/2011 EVEGA Leiro Leiro Ourense 35.0

05/10/2011 EVEGA Leiro Leiro Ourense 34.9

13/10/2011 Míllara Ferreira de Pantón Lugo 34.6

Táboa 3: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no mes de outubro de 2011 a altitude menor de 1000 m.

Temperaturas máximas máis altas rexistradas no mes de outubro de 2011

por riba dos 1000m de altitude

InstanteLectura NombreEstacion Concello Provincia TA (ºC)

12/10/2011 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 29.2

05/10/2011 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 28.9

13/10/2011 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 28.7

04/10/2011 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 28.3

11/10/2011 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 28.2

05/10/2011 Xurés Muiños Ourense 27.8

12/10/2011 Xurés Muiños Ourense 27.6

12/10/2011 Corzos A Veiga Ourense 27.3

14/10/2011 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 27.2

03/10/2011 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 27.1

Táboa 4: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no mes de outubro de 2011 a altitude maior de 1000 m.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 14 de 28

Nas táboas 5 e 6 móstranse as temperaturas mínimas máis baixas rexistradas na comunidade

galega no mes de outubro de 2011 para estacións situadas por enriba e por debaixo dos 1000

metros de altitude, respectivamente.

Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no mes de outubro de 2011

por riba dos 1000m de altitude

InstanteLectura NombreEstacion Concello Provincia TA (ºC)

25/10/2011 Xares A Veiga Ourense -0.1

25/10/2011 Cabeza de Manzaneda Manzaneda Ourense 0.1

25/10/2011 Lardeira Carballeda de Valdeorras Ourense 1.0

25/10/2011 O Cebreiro Pedrafita do Cebreiro Lugo 2.7

25/10/2011 Ancares Cervantes Lugo 2.8

25/10/2011 Corzos A Veiga Ourense 4.4

27/10/2011 Cabeza de Manzaneda Manzaneda Ourense 4.8

25/10/2011 Serra do Eixe O Barco del Valdeorras Ourense 4.9

27/10/2011 Xares A Veiga Ourense 4.9

25/10/2011 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 5.6

Táboa 5: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no mes de outubro de 2011 altitude superior a 1000 m.

Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no mes de outubro de 2011

por debaixo dos 1000m de altitude

InstanteLectura NombreEstacion Concello Provincia TA (ºC)

25/10/2011 Alto do Rodicio Maceda Ourense 6.3

25/10/2011 Viana do Bolo Viana do Bolo Ourense 7.1

25/10/2011 Serra do Faro Rodeiro Pontevedra 7.3

25/10/2011 Ventosa Navia de Suarna Lugo 7.6

25/10/2011 Labrada Abadín Lugo 8.3

25/10/2011 Calvos Calvos de Randín Ourense 8.3

25/10/2011 O Xipro A Fonsagrada Lugo 8.3

25/10/2011 Abradelo Samos Lugo 8.5

25/10/2011 Xesteiras Cuntis Pontevedra 8.7

25/10/2011 Fornelos de Montes Fornelos de Montes Pontevedra 8.9

Táboa 6: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no mes de outubro de 2011 altitude inferior a 1000m.

O día 25 do mes de outubro rexistrou as temperaturas máis baixas en Galicia.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 15 de 28

4.4. Evolución da temperatura media no período 1961 -2011.

A continuación na figura 6 móstrase a evolución da temperatura media para a serie rexional

construída con 25 series de calidade en Galicia.

Figura 6: Evolución da temperatura media ó longo do período 1961-2011 para outubro.

Figura 7: Anomalía da temperatura media ó longo do período 1961-2011 para outubro.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 16 de 28

5 PRECIPITACIÓN

As chuvias acumuladas neste mes estiveron en xeral moi preto dos valores normais, incluso

con puntos nos que as chuvias superaron estes valores. Porén, o número de días de chuvia

estivo moi por debaixo do normal e as precipitacións en xeral tiveron un carácter torrencial e

acumuláronse case na súa totalidade nos dous episodios máis chuviosos do 23 e 26.

5.1. Precipitación acumulada mensual outubro 2011

Figura 8: Mapa de precipitación acumulada do mes de outubro de 2011.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 17 de 28

5.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal.

Figura 9: Porcentaxe da precipitación acumulada con respecto aos valores normais do período 1971-2000 do mes de outubro de 2011.

As chuvias rexistradas na derradeira semana do mes de outubro deron lugar a unha

distribución das anomalías de precipitación que deixan ás provincias de Pontevedra e

Ourense cunha porcentaxe de precipitación con respecto á media climática no período 1971-

2000 superior ao 160%. O promedio da anomalía no conxunto de Galicia é do 94 %, o que

permite calificar outubro como un mes normal en canto a chuvia acumulada.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 18 de 28

5.3. Días de chuvia en outubro de 2011

Figura 10: Días de chuvia superior a 1 L/m2 durante o mes de outubro de 2011.

O valor promedio dos días de precipitación (superior a 1 mm) para Galicia é de 6.7, valor

que é case a metade do valor normal.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 19 de 28

A táboa 7 mostra as cantidades máximas de precipitación mensual medidas na rede de

estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia durante o mes de outubro.

Precipitacións acumuladas máximas en outubro de 2011 (L/m2)

Estación Concello Provincia Chuvia (L/m2)

Louredo Mos Pontevedra 385

Fontecada Santa Comba A Coruña 285

Fornelos de Montes Fornelos de Montes Pontevedra 281

Soutomaior Soutomaior Pontevedra 279

A Granxa Ponteareas Pontevedra 271

Lesende Lousame A Coruña 262

Areeiro Pontevedra Pontevedra 257

Amiudal Avión Ourense 247

Castro Vicaludo Oia Pontevedra 235

Mouriscade Lalín Pontevedra 226

Táboa 7: Precipitacións mensuais máis altas rexistradas no mes de outubro de 2011. Como se pode observar, na provincia de Pontevedra rexistráronse os valores máis altos de

precipitación no mes de outubro.

Precipitacións máximas en 24 horas (L/m2)

Estación Concello Provincia Chuvia (L/m2) Instante de inicio

Louredo Mos Pontevedra 180 26/10/2011 6:10

CVicaludo Oia Pontevedra 137 26/10/2011 5:50

Soutomaior Soutomaior Pontevedra 127 23/10/2011 10:00

Lesende Lousame A Coruña 121 23/10/2011 8:00

AGranxa Ponteareas Pontevedra 115 26/10/2011 6:30

Fornelos Fornelos de Montes Pontevedra 113 23/10/2011 10:20

M Aloia Tui Pontevedra 112 23/10/2011 7:50

Manzaneda Manzaneda Ourense 112 23/10/2011 12:00

Fontecada Santa Comba A Coruña 109 26/10/2011 5:00

Areas Tui Pontevedra 109 23/10/2011 5:20

Táboa 8: Precipitacións máis altas en 24 horas rexistradas no mes de outubro de 2011.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 20 de 28

5.4. Evolución da precipitación no período 1961-201 1

Figura 11: Evolución da precipitación acumulada en outubro respecto ó período 71-00.

Figura 12: Evolución da anomalía de precipitación en outubro respecto ó período 71-00. A serie rexional para precipitación en Galicia está moi próxima aos valores climáticos

normais de precipitación.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 21 de 28

6 VENTO

A derradeira semana do mes de outubro non se caracterizou unicamente pola cantidade de

precipitación rexistrada. As xornadas do 23, 24 e o 26 de outubro presentaron tamén

refachos que en moitas localidades foron fortes o moi fortes, superándose nalgúns casos os

100 km/h. Na táboa 9 móstranse os casos nos que os refachos foron superiores aos 100

km/h.

Refachos máximos superiores aos 100 km/h en outubro

Data Estación Concello Provincia Refacho (km/h)

26/10/2011 Lardeira Carballeda de Valdeorras

Ourense 146

23/10/2011 Xesteiras Cuntis Pontevedra 139

26/10/2011 Xesteiras Cuntis Pontevedra 135

26/10/2011 Xares A Veiga Ourense 128

24/10/2011 Xares A Veiga Ourense 127

23/10/2011 A Gándara Vimianzo Coruña 126

26/10/2011 Serra do Eixe O Barco de Valdeorras Ourense 125

26/10/2011 Ancares Cervantes Lugo 123

23/10/2011 Burela Burela Lugo 123

23/10/2011 Castro Vicaludo Oia Pontevedra 122

26/10/2011 Burela Burela Lugo 117

26/10/2011 Lira Carnota Coruña 117

23/10/2011 Lira Carnota Coruña 117

26/10/2011 A Gándara Vimianzo Coruña 117

26/10/2011 Punta Candieira Cedeira Coruña 116

24/10/2011 Lardeira Carballeda de Valdeorras

Ourense 116

26/10/2011 Ons Bueu Pontevedra 115

23/10/2011 Lardeira Carballeda de Valdeorras

Ourense 114

23/10/2011 Punta Candieira Cedeira Coruña 114

23/10/2011 Ons Bueu Pontevedra 113

23/10/2011 Ancares Cervantes Lugo 111

23/10/2011 Xares A Veiga Ourense 108

26/10/2011 Camariñas Camariñas Coruña 107

26/10/2011 Castro Vicaludo Oia Pontevedra 107

23/10/2011 Serra do Eixe O Barco del Valdeorras Ourense 107

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 22 de 28

Refachos máximos superiores aos 100 km/h en outubro

Data Estación Concello Provincia Refacho (km/h)

26/10/2011 Sálvora Ribeira Coruña 106

23/10/2011 Muralla Lousame Coruña 106

24/10/2011 Punta Candieira Cedeira Coruña 105

23/10/2011 Sálvora Ribeira Coruña 105

26/10/2011 Cabeza de Manzaneda Manzaneda Ourense 104

24/10/2011 Sálvora Ribeira Coruña 104

26/10/2011 Courel Folgoso Lugo 104

26/10/2011 Alto do Rodicio Maceda Ourense 102

23/10/2011 Cabeza de Manzaneda Manzaneda Ourense 100

23/10/2011 Camariñas Camariñas Coruña 100

Táboa 9: Refachos máximos superiores aos 100 km/h no mes de outubro de 2011.

Nas táboas seguintes preséntase un resumo no que se inclúen a rosa dos ventos das estacións

meteorolóxicas escollidas, a velocidade media mensual, o refacho máximo (km/h) e a

porcentaxe de calmas.

PROVINCIA DE A CORUÑA Refacho máximo (km/h) Estación Municipio

Data

Compoñente dominante

% calmas

Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual

(m/s)

116.8

Lira Carnota

Día 26

NE 19

116.3

Punta Candieira

Cedeira

Día 26

NE 11

91.1

Malpica Malpica

Día 24

E 6

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 23 de 28

PROVINCIA DE A CORUÑA Refacho máximo (km/h) Estación Municipio

Data

Compoñente dominante

% calmas

Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual

(m/s)

97.5

Marco da Curra

Monfero

Día 23

S 5

98.9

Río do Sol Coristanco

Día 23

S 2

Táboa 10: Resumo do vento no mes de outubro de 2011 na provincia de A Coruña.

PROVINCIA DE LUGO Refacho máximo (km/h) Estación Municipio

Data

Compoñente dominante

% calmas

Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual

(m/s)

122.8

Burela Burela

Día 23

SE 8

123.0

Ancares Cervantes

Día 26

S 14

Táboa 11: Resumo vento no mes de maio de 2011 na provincia de Lugo

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 24 de 28

PROVINCIA DE OURENSE Refacho máximo (km/h) Estación Municipio

Data

Compoñente dominante

% calmas

Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual

(m/s)

88.9

Xures Muiños

Día 26

S 13

101.9

Alto do Rodicio

Maceda

Día 26

S 8

Táboa 12: Resumo do vento no mes de outubro de 2011 na provincia de Ourense.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 25 de 28

PROVINCIA DE PONTEVEDRA Refacho máximo (km/h) Estación Municipio

Data

Compoñente dominante

% calmas

Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual

(m/s)

89.1

Fornelos Fornelos de montes

Día 26

S 15

89.2

S. Faro Rodeiro

Día 26

S 4

115.3

Ons Bueu

Día 26

NE 7

121.6

C. Vicaludo Oia

Día 23

E 8

Táboa 13: Resumo do vento no mes de outubro de 2011 na provincia de Pontevedra.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 26 de 28

7 RADIACIÓN SOLAR

7.1. Mapa de irradiación solar mensual

Figura 13: Irradiación mensual ( 10 kJ m-2 día-1) para o mes de outubro de 2011.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 27 de 28

7.2. Anomalía de insolación con respecto ó valor no rmal

Figura 14: Anomalía de insolación en % respecto ó valor normal calculado no período 1985-2008.

Informe climatolóxico outubro 2011

Páxina 28 de 28

8 RAIOS

No seguinte gráfico móstrase o total de raios caídos sobre Galicia para cada día do mes.

Rexistráronse raios principalmente nas xornadas do 23 ó 26, acadándose un total de 200

para a comunidade galega.

Figura 15: Número total de raios caídos en Galicia en outubro de 2011.

Figura 16: Número total de raios caídos en Galicia en outubro de 2011 por provincia

MeteoGalicia

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraes truturas

Xunta de Galicia

Rede de estacións automáticas da CMA Boletín Mensual Climatolóxico, Ano: 2011 Mes: 10

Provincia

Estación

Tª MediaºC

Tª MáximaºC

Med. Absl. Día

Tª MinimaºC

Med. Absl. Día

Precipitaciónl/m2

Total Máx. Día

BHC (1)

l/m2Humidade relativa

%

Stand. Máx. Mín.

Radiación solarInsolación Horas % de sol

Irradiación10kJ/m2

Ventokm/h

Veloc.Med.

RachaMáx.

PresiónhPa

Media

Número de días de:

Choiva (2) Xeada

(1) BHC:Balance hídrico calculado. (2) Nº de días con precipitación acumulada >0

1

A Coruña

A Gándara 15.9 19.6 29.2 13 12.9 6.0 25 113 24.5 24 18 74 88 56 63 213 1143 22.3 125 971 10 0

Aldea Nova 16.3 21.8 31.6 2 12.5 6.6 25 80 19.3 26 -- 71 89 50 56 189 1128 10.4 76 986 9 0

Camariñas 16.0 19.8 27.1 2 12.9 7.2 29 129 45.7 23 -- 80 92 61 -- -- -- 17.3 107 -- 10 0

Cespón 16.7 23.7 32.7 14 11.5 6.0 29 201 65.0 26 -- 73 90 48 -- -- -- 7.2 72 1013 9 0

CIS Ferrol 16.1 22.5 33.2 1 11.7 6.1 29 114 29.1 23 32 80 98 53 61 205 1120 8.6 76 1015 8 0

Corrubedo 16.9 21.7 30.9 14 13.2 8.8 29 132 44.5 26 32 70 87 50 69 234 1224 12.2 90 1015 8 0

Coruña 16.5 21.0 31.0 2 13.3 8.4 25 104 36.0 23 -- 72 89 51 -- -- -- -- -- -- 9 0

Coruña Dique 15.4 18.8 28.2 2 12.5 8.3 29 74 24.0 23 -- 86 98 66 -- -- -- 15.8 90 1017 8 0

Coto Muiño 14.0 22.2 31.1 13 7.9 1.8 29 213 71.0 26 -- 82 99 52 -- -- -- 5.4 59 -- 11 0

Fontecada 15.2 21.5 30.1 13 10.3 3.8 29 285 102.5 23 97 74 90 50 64 218 1213 10.8 77 976 9 0

Lesende 16.5 22.4 31.3 13 11.8 6.5 29 261 114.8 23 -- 66 82 45 -- -- -- 5.4 65 -- 17 0

Lira 17.6 21.0 29.5 14 14.8 8.5 25 193 98.7 26 -11 67 81 51 67 225 1344 20.9 116 -- 8 0

Mabegondo 14.8 22.5 32.1 2 8.4 2.7 21 129 38.7 23 55 76 92 48 54 184 1105 5.8 60 1008 7 0

Malpica 15.8 19.4 28.1 2 12.9 6.9 25 85 22.5 23 -3 77 92 59 62 210 1178 17.6 91 1000 11 0

Marco da Curra 14.4 19.3 27.4 12 10.4 2.0 25 114 24.2 23 15 71 88 51 60 203 1121 18.7 97 944 11 0

Melide 14.8 22.7 31.6 12 8.5 3.2 18 161 55.4 23 66 69 92 40 62 210 1187 7.9 65 964 7 0

Muralla 15.2 18.5 26.2 13 12.1 4.6 25 209 74.8 23 -52 68 84 51 65 219 1385 23.8 105 943 9 0

Olas 14.6 21.0 30.3 2 9.7 4.5 29 135 39.3 23 -- 74 92 50 54 183 1108 -- -- -- 9 0

Pazo de Galegos 16.0 23.5 31.5 13 9.8 3.3 29 157 43.9 26 82 68 88 41 51 173 1277 4.0 43 992 8 0

Punta Candieira 16.5 19.7 29.7 2 13.9 7.0 25 48 16.0 24 -59 68 84 51 58 196 1146 25.2 116 988 9 0

Raído-Arzúa 14.3 22.1 30.2 2 8.1 2.9 29 138 35.2 26 -- 75 96 44 -- -- -- -- -- 976 11 0

Río do Sol 15.0 19.9 29.0 2 11.5 4.1 25 216 76.7 23 120 71 87 52 59 199 1116 20.5 98 956 11 0

Sabón 15.8 19.5 29.0 2 12.5 7.6 29 95 29.2 23 8 76 87 59 59 200 1136 13.0 85 -- 9 0

Sálvora 17.0 20.8 28.7 14 14.3 10.7 29 165 62.1 23 -59 75 90 56 68 230 1276 20.9 106 -- 7 0

Santiago-EOAS 15.9 22.7 31.9 13 10.7 5.1 29 114 42.6 26 -- 74 93 48 -- -- 1188 9.4 69 989 8 0

Sergude 15.6 23.4 31.8 1 10.1 4.4 29 98 28.4 23 -- 74 93 46 62 211 1172 -- -- -- 8 0

Serra da Faladoira 14.4 18.5 27.6 2 11.1 4.3 25 94 19.6 23 7 77 93 57 57 194 1134 18.0 93 953 11 0

Lugo

Abradelo 14.9 21.4 30.0 12 9.8 2.7 24 132 45.7 26 -- 60 80 39 67 226 1301 -- -- -- 10 0

Rede de estacións automáticas da CMA Boletín Mensual Climatolóxico, Ano: 2011 Mes: 10

Provincia

Estación

Tª MediaºC

Tª MáximaºC

Med. Absl. Día

Tª MinimaºC

Med. Absl. Día

Precipitaciónl/m2

Total Máx. Día

BHC (1)

l/m2Humidade relativa

%

Stand. Máx. Mín.

Radiación solarInsolación Horas % de sol

Irradiación10kJ/m2

Ventokm/h

Veloc.Med.

RachaMáx.

PresiónhPa

Media

Número de días de:

Choiva (2) Xeada

(1) BHC:Balance hídrico calculado. (2) Nº de días con precipitación acumulada >0

2

Lugo

Ancares 12.6 17.2 25.5 12 9.2 -0.8 24 105 33.9 26 -9 57 72 42 66 225 1275 20.5 123 868 9 2

Borreiros 14.6 21.2 32.0 2 9.6 4.8 29 82 22.0 23 -26 78 93 52 54 183 1061 4.3 58 1011 13 0

Bóveda 14.8 24.4 33.2 12 7.3 0.5 21 94 28.7 24 -- 66 91 33 66 222 1218 -- -- -- 7 0

Burela 14.9 18.1 28.5 1 12.4 5.9 25 63 12.0 19 -20 78 92 59 53 178 1091 18.4 122 970 11 0

Campus Lugo 13.8 23.1 31.7 12 7.1 1.4 22 140 72.2 26 61 75 95 38 55 187 1125 5.8 59 970 10 0

Castro R. de Lea 13.0 22.3 30.7 2 6.3 -0.9 21 123 52.1 26 -- 80 99 44 57 192 1134 -- -- 970 13 2

Conchada 15.2 22.7 31.0 12 9.6 3.1 25 65 25.6 24 -- 58 77 36 70 235 1264 -- -- -- 11 0

Corno do Boi 14.4 19.8 28.1 12 10.1 3.0 25 153 50.6 23 55 70 90 47 63 214 1197 14.8 81 -- 13 0

Courel 15.6 22.1 30.1 12 10.6 2.5 25 100 38.0 24 -13 54 73 34 64 217 1204 10.8 103 930 6 0

Foz 15.3 20.8 32.5 1 10.7 4.7 21 76 15.0 24 -- 83 98 60 51 171 1045 -- -- -- 12 0

Fragavella 13.0 18.4 27.5 1 8.5 2.5 21 145 30.8 26 71 79 96 54 52 177 1126 15.8 98 950 15 0

Guitiriz 14.6 20.2 28.5 5 10.4 3.5 25 125 34.3 23 31 70 89 47 58 194 1115 14.0 74 941 12 0

Labrada 14.0 18.8 27.5 3 10.1 3.0 25 164 45.2 24 83 71 90 51 54 183 1080 10.8 80 -- 11 0

Lourenzá 14.5 22.3 33.4 1 8.1 2.4 21 105 38.8 26 -- 80 97 51 -- -- -- 5.8 52 -- 15 0

Marroxo 15.6 22.0 29.5 13 10.6 4.0 25 95 30.8 24 -7 60 80 37 66 222 1229 8.6 80 946 6 0

Míllara 15.6 26.8 36.5 5 8.6 3.9 22 169 51.6 23 -- 71 96 35 -- -- -- 3.2 49 -- 6 0

Mourelle 13.0 23.6 32.2 2 4.5 -2.9 21 123 38.8 26 52 75 98 39 38 128 1026 3.2 40 970 10 2

O Cebreiro 11.6 18.1 26.8 12 7.4 -0.5 25 143 46.1 26 38 68 84 47 68 230 1284 15.8 94 873 11 2

O Xipro 14.4 20.7 28.9 2 9.7 3.0 25 103 32.0 24 0 65 86 42 67 225 1224 11.5 74 929 14 0

Olveda 14.3 21.8 30.1 12 9.0 1.9 21 192 82.9 26 -- 68 90 40 -- -- -- 5.0 39 -- 11 0

Pedro Murias 15.7 20.5 30.2 1 11.8 7.0 21 62 18.9 26 -15 76 89 58 52 176 1022 9.0 73 1013 12 0

Penedo do Galo 14.6 18.3 28.1 1 11.7 4.6 25 88 21.3 23 -- 70 87 51 52 177 1074 -- -- -- 11 0

Pol 14.5 21.3 29.1 2 9.8 3.7 25 118 41.4 26 -- 68 89 41 66 223 1243 -- -- -- 11 0

Pontenova (A) 14.2 20.6 31.0 1 10.0 3.7 21 78 26.2 26 -- 79 96 50 54 184 1087 -- -- -- 13 0

Portomarín 13.7 23.0 30.9 3 6.3 -0.1 21 152 61.0 26 -- 71 95 36 51 174 1061 -- -- 968 10 1

Sambreixo 12.8 21.9 30.1 2 5.7 -0.2 29 138 41.6 26 -- 77 95 43 59 201 1162 -- -- -- 12 1

San Clodio 14.4 25.1 33.2 12 7.0 2.6 21 76 28.6 24 -- 69 93 35 -- -- -- 2.9 50 989 7 0

San Fiz 14.8 23.4 31.3 5 8.2 2.6 21 182 66.2 26 81 68 90 37 64 217 1313 7.2 48 973 11 0

Rede de estacións automáticas da CMA Boletín Mensual Climatolóxico, Ano: 2011 Mes: 10

Provincia

Estación

Tª MediaºC

Tª MáximaºC

Med. Absl. Día

Tª MinimaºC

Med. Absl. Día

Precipitaciónl/m2

Total Máx. Día

BHC (1)

l/m2Humidade relativa

%

Stand. Máx. Mín.

Radiación solarInsolación Horas % de sol

Irradiación10kJ/m2

Ventokm/h

Veloc.Med.

RachaMáx.

PresiónhPa

Media

Número de días de:

Choiva (2) Xeada

(1) BHC:Balance hídrico calculado. (2) Nº de días con precipitación acumulada >0

3

Lugo

Sobrecedo 14.0 23.0 31.0 12 7.1 2.2 21 199 79.8 26 137 71 93 38 44 150 786 4.3 69 972 7 0

Ventosa 13.7 20.3 28.2 12 8.5 1.6 21 92 35.4 24 -15 61 83 38 70 236 1308 11.9 90 915 10 0

Vilamor 14.7 22.0 32.6 1 8.7 2.6 21 94 34.2 26 18 77 93 50 53 180 1082 4.7 50 -- 11 0

Ourense

Alto do Rodicio 14.2 19.2 27.1 12 10.1 1.5 24 118 37.0 24 -35 61 80 42 69 233 1229 17.6 101 908 7 0

Amiudal 15.9 22.9 31.2 13 10.7 4.1 25 247 97.6 26 -- 62 81 40 72 242 1363 10.1 76 -- 6 0

Baltar 12.9 21.6 29.7 5 5.4 -0.8 21 134 48.9 26 -- 63 85 34 68 230 1346 9.7 68 927 6 2

Cabeza de Manzaneda 9.9 13.4 20.3 12 6.8 -2.5 25 221 88.0 26 120 60 78 43 67 226 1322 20.9 104 828 7 3

Calvos 11.2 21.5 30.0 12 2.3 -2.5 18 169 56.9 26 -- 74 98 37 -- -- -- 9.0 75 -- 12 4

Corzos 11.6 19.0 27.3 12 6.0 -1.0 21 109 37.9 26 -- 64 83 41 -- -- -- 10.1 60 -- 9 2

Entrimo 16.0 22.8 31.1 12 10.8 3.3 25 204 67.3 26 -- 56 75 35 67 228 1242 -- -- -- 6 0

EVEGA Leiro 14.7 27.1 35.6 4 6.2 1.1 21 205 78.0 26 -- 74 98 33 -- -- -- 2.5 31 -- 8 0

Gandarela 16.2 22.5 30.2 5 11.1 4.2 25 157 50.4 26 51 60 79 39 67 228 1251 10.1 78 948 7 0

Lardeira 11.3 15.8 22.5 5 7.6 -1.7 25 38 18.3 24 -84 61 78 43 68 231 1325 20.9 145 842 6 2

Larouco 15.2 23.8 31.8 5 8.4 2.2 30 64 24.3 24 -- 58 81 32 -- -- -- 4.3 50 -- 8 0

Laza 14.9 23.7 32.2 5 7.8 1.6 21 170 60.8 26 -- 63 87 36 -- -- -- 5.4 51 -- 6 0

Monte Medo 14.8 22.7 31.2 12 7.9 1.9 29 115 32.4 24 -- 63 88 34 68 231 1332 -- -- -- 6 0

O Invernadeiro 12.7 20.8 29.2 12 6.5 -0.8 21 175 52.5 23 31 63 81 39 67 227 1267 9.0 74 904 6 1

Oímbra 13.6 24.5 32.7 5 4.0 -2.2 21 121 47.1 26 -- 67 93 33 -- -- -- 4.0 38 975 8 3

Ourense 15.6 25.9 34.3 12 8.2 3.3 21 171 53.6 23 -- 66 91 32 -- -- -- -- -- -- 6 0

Ourense-Ciencias 16.2 25.2 33.7 5 9.6 5.3 21 145 39.0 26 46 67 88 37 68 229 1295 4.0 45 1000 6 0

Pazo de Fontefiz 15.8 23.4 31.3 12 9.5 4.8 30 225 69.8 23 -- 63 85 37 -- -- -- 5.0 -- 972 7 0

Petarelas (As) 15.4 23.8 32.0 12 8.9 2.8 28 43 18.9 24 -- 54 77 29 70 236 1299 -- -- -- 6 0

Ponte Boga 15.2 23.5 30.9 12 9.1 3.8 29 98 28.6 23 -- 61 81 37 -- -- -- 5.8 77 965 6 0

Remuíño 14.3 26.0 34.3 4 6.9 0.6 21 141 48.4 23 -- 77 97 40 -- -- -- 3.2 47 -- 8 0

Riós 14.7 22.2 30.2 5 8.8 2.0 21 98 30.4 24 -- 62 83 39 -- -- -- 4.0 46 -- 6 0

San Xoán de Río 13.3 19.6 27.1 5 8.3 0.2 25 74 28.4 24 -36 63 82 42 69 232 1306 -- 65 903 12 0

Serra do Eixe 13.0 17.8 25.3 5 8.9 -0.2 25 80 28.7 24 -50 57 74 39 69 234 1308 18.4 125 882 6 1

Verín-Vilamaior 15.4 23.5 31.5 5 8.6 3.0 29 108 37.8 24 5 61 83 37 67 227 1308 7.2 67 957 6 0

Rede de estacións automáticas da CMA Boletín Mensual Climatolóxico, Ano: 2011 Mes: 10

Provincia

Estación

Tª MediaºC

Tª MáximaºC

Med. Absl. Día

Tª MinimaºC

Med. Absl. Día

Precipitaciónl/m2

Total Máx. Día

BHC (1)

l/m2Humidade relativa

%

Stand. Máx. Mín.

Radiación solarInsolación Horas % de sol

Irradiación10kJ/m2

Ventokm/h

Veloc.Med.

RachaMáx.

PresiónhPa

Media

Número de días de:

Choiva (2) Xeada

(1) BHC:Balance hídrico calculado. (2) Nº de días con precipitación acumulada >0

4

Ourense

Verín-Vilela 12.2 24.3 32.4 5 3.0 -2.3 22 100 31.8 24 -- 76 98 37 -- -- -- 4.3 46 -- 7 5

Viana do Bolo 13.3 21.6 30.2 12 6.4 -0.6 21 81 30.3 26 -16 64 88 37 67 227 1262 9.4 85 923 7 1

Xares 10.3 14.2 21.2 12 7.0 -2.7 25 99 30.2 26 -6 59 75 44 65 222 1272 23.0 127 828 7 4

Xurés 14.6 19.6 27.8 5 10.4 0.3 24 212 82.6 26 101 60 79 43 68 231 1246 15.5 88 900 7 0

Pontevedra

A Granxa 15.0 25.6 34.1 13 7.3 1.0 21 271 100.0 26 99 73 93 39 58 196 1157 2.5 -- -- 7 0

Areas 16.9 25.0 32.4 13 11.6 6.5 22 221 99.0 23 -- 69 88 42 -- -- -- 4.3 48 -- 9 0

Areeiro 16.6 22.7 32.0 14 12.1 6.9 29 256 93.3 26 -- 68 85 46 -- -- -- 4.3 76 -- 9 0

As Eiras 16.4 24.4 32.2 14 11.1 6.1 28 214 93.6 23 126 71 90 43 60 203 1186 3.2 63 -- 9 0

Caldas de Reis 16.9 23.9 33.1 13 11.8 6.5 25 137 49.5 23 -- 68 89 41 -- -- 1237 -- -- 987 7 0

Castro Vicaludo 17.5 21.3 29.9 14 14.2 6.7 25 235 128.0 26 -11 66 82 48 68 231 1355 18.0 121 963 6 0

Castrove 17.4 21.1 29.2 13 13.5 6.1 25 126 37.7 26 -47 61 74 46 63 213 1319 14.8 81 968 7 0

Cequeliños 16.8 26.1 34.1 12 10.5 6.1 21 161 59.6 23 -- 67 89 36 -- -- -- 7.2 62 -- 8 0

Corón 16.8 22.1 30.5 13 13.1 8.3 29 154 45.2 26 46 71 87 48 71 241 1351 13.3 74 1016 7 0

Entenza 16.6 25.6 33.5 14 10.5 5.3 28 176 59.4 23 76 71 92 41 64 217 1312 4.0 56 -- 11 0

Fornelos de Montes 16.6 20.6 28.3 14 13.1 3.1 25 280 107.0 26 -39 59 74 44 69 235 1359 18.0 89 938 7 0

Illas Cíes 17.3 21.8 30.2 14 14.2 10.4 24 164 57.0 26 -- 67 81 48 70 238 1278 -- -- -- 7 0

Louredo 15.0 22.6 30.4 14 10.3 5.0 21 385 167.8 26 -- 72 88 47 -- -- -- 2.2 32 989 8 0

Lourizán 16.3 23.4 33.3 14 11.4 6.3 29 214 74.2 26 128 77 86 44 65 218 1175 4.7 46 1012 8 0

Meder 17.0 25.4 32.8 13 11.0 6.3 29 156 61.5 23 -- 66 86 37 -- -- -- 2.9 44 1001 8 0

Monte Aloia 17.1 22.9 31.4 15 12.8 6.0 25 214 102.4 23 -55 59 76 40 52 176 1217 9.7 69 962 6 0

Mouriscade 13.1 22.6 30.9 12 5.6 0.9 20 226 82.8 26 132 72 91 43 66 225 1323 7.2 66 961 11 0

O Viso 17.5 23.8 33.0 14 13.3 7.0 25 182 65.4 26 65 63 79 43 72 244 1295 13.0 99 987 8 0

Ons 17.0 21.2 28.6 2 13.7 8.4 24 152 51.8 23 36 70 85 51 73 249 1361 19.8 115 1004 8 0

Pereira 15.3 21.1 30.6 12 10.8 3.5 25 222 67.2 26 -- 64 81 43 70 236 1282 -- -- 937 9 0

Queimadelos 17.9 24.6 33.1 14 14.0 5.9 25 212 75.0 23 125 60 74 41 44 148 1014 4.3 57 976 6 0

Rebordelo 14.9 22.9 31.0 13 8.1 2.8 29 218 69.8 26 -- 71 92 43 61 206 1192 -- -- 976 9 0

Sanxenxo 17.3 23.0 33.2 14 13.1 8.9 28 164 51.0 26 66 69 85 48 69 233 1310 6.1 66 1014 7 0

Serra do Faro 14.0 18.7 27.4 13 10.4 0.5 25 218 87.4 26 101 63 79 44 69 233 1242 22.0 89 907 9 0

Rede de estacións automáticas da CMA Boletín Mensual Climatolóxico, Ano: 2011 Mes: 10

Provincia

Estación

Tª MediaºC

Tª MáximaºC

Med. Absl. Día

Tª MinimaºC

Med. Absl. Día

Precipitaciónl/m2

Total Máx. Día

BHC (1)

l/m2Humidade relativa

%

Stand. Máx. Mín.

Radiación solarInsolación Horas % de sol

Irradiación10kJ/m2

Ventokm/h

Veloc.Med.

RachaMáx.

PresiónhPa

Media

Número de días de:

Choiva (2) Xeada

(1) BHC:Balance hídrico calculado. (2) Nº de días con precipitación acumulada >0

5

Pontevedra

Soutomaior 16.9 23.6 32.7 14 12.6 7.4 25 279 103.6 23 -- 64 80 42 -- -- -- 3.2 75 -- 8 0

Torrequintáns 16.6 23.8 33.1 14 10.9 5.6 29 154 55.2 23 59 69 87 43 71 240 1269 4.7 56 1010 19 0

Tremoedo 16.5 23.3 32.0 14 11.2 5.4 22 164 53.1 23 -- 68 86 44 -- -- -- 4.0 45 -- 9 0

Vigo 18.0 24.0 33.3 14 13.8 9.1 28 182 65.3 26 -- 63 80 43 -- -- -- -- -- -- 7 0

Vigo-Campus 17.7 21.6 29.7 14 14.7 6.6 25 214 98.4 26 99 56 70 41 69 233 1263 11.9 98 965 7 0

Vigo-IIMarinas 17.5 21.9 29.6 14 14.3 10.2 24 180 78.5 26 81 68 85 48 69 234 1262 7.9 66 1016 6 0

Xesteiras 15.5 19.2 28.5 5 12.3 3.5 25 164 42.6 26 -- 62 79 46 -- -- -- 28.1 139 -- 11 0