informe anual de seguimento - usc · programa de terceiro ciclo interdisciplinar que se ocupaba da...

23
INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos Curso Académico: 2014/2015

Upload: others

Post on 26-Sep-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos

Curso Académico: 2014/2015

Page 2: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

Informe Anual de Seguimento 1 Novembro - 2015

1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO

A) DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO

Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos

Universidade responsable administrativa Universidade de Santiago de Compostela

Centro responsable Facultade de Filoloxía

Centro/s onde se imparte Facultade de Filoloxía (Campus de Santiago)

Rama de coñecemento Artes e Humanidades

Número de créditos 60 ECTS

Profesión regulada Non

Modalidade de impartición Presencial

Curso de implantación 2009-2010

Data acreditación ex ante (verificación) 06/07/2009

Data renovación acreditación 03/06/2015

Curso académico obxecto de seguimento 2014/2015

B) INFORMACIÓN PÚBLICA QUE A UNIVERSIDADE FACILITA DE CADA UN DOS SEUS TÍTULOS

Información pública Páxina web da Universidade/Centro/Título…

Denominación do título

A USC puxo en marcha no curso 2014/2015 unha nova páxina de oferta de másteres que está orientada á información inicial e captación de alumnado e que contén unha primeira aproximación aos diferentes títulos.

Por este motivo debemos diferenciar dous niveis de información. Un primeiro que se pode atopar no seguinte enderezo e que responde aos datos básicos do título:

http://www.usc.es/masteres/gl/masteres/artes-humanidades/estudos-medievais-europeos-imaxes-textos-contextos

Un segundo nivel con información completa e detallada que está vinculado ás páxinas web de cada facultade/escola e que está dirixido ao alumnado unha vez que accede á titulación:

http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223&codEstudio=12815&valor=9

Neste último enlace, é preciso premer nas diferentes seccións situadas á esquerda e á dereita da páxina.

Tamén na páxina web propia conta con información relativa ás competencias, criterios, matrícula, módulos horario e documentación, sobre o título:

http://www.usc.es/filrom/teaching/master/documentacion/

Número de créditos e duración do título

Centro responsable do título ou, no seu caso, departamento ou instituto

Coordinador/a e/ou responsable do título

Centro/s onde se imparte o título

Tipo de ensinanza

Número de prazas de novo ingreso ofertadas

Idiomas en que se imparte o título

Saídas profesionais/Profesións reguladas para as que capacita/Perfil de egreso

Normativa de permanencia

Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos

Memoria vixente do título

Obxectivos do título

Competencias xerais

Competencias específicas

Criterios de acceso e admisión

Page 3: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

Informe Anual de Seguimento 2 Novembro - 2015

Perfil de ingreso recomendado

Estrutura do programa formativo: denominación do módulo ou materia, contido en créditos ECTS, organización temporal, carácter obrigatorio ou optativo

Plan de acción titorial

Guías docentes/Programación docente

http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/guiacentros/master_estudos_medievais_europeos.html

Horarios http://www.usc.es/filrom/teaching/master/horario/

Programas de mobilidade http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/guiacentros/mobilidade.html

Procedemento de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso

Descrición do profesorado (categoría, datos de contacto... )

http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado_titulacion.html?plan=13223

http://www.usc.es/filrom/teaching/master/profesores/

Traballo fin de grao/máster (normativa, comisións de avaliación, temáticas, convocatorias, etc.)

http://www.usc.es/filrom/teaching/master/traballo-de-fin-de-master/

Descrición doutros recursos humanos necesarios e dispoñibles para o desenvolvemento do plan de estudos

Aulas e seminarios

http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/infraestruturas.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/infraestruturas.html

Laboratorios

Salas de informática

Salas de estudo

Biblioteca

Espazos para os representantes de estudantes

Outros servizos dispoñibles http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/servizos.html

Taxa de graduación

http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/titulacions.html?plan=13222&estudio=13223&codEstudio=12815&valor=9 (Outra información)

Taxa de abandono

Taxa de eficiencia

Taxa de rendemento

Taxa de éxito

Taxas de inserción laboral

Outras taxas/resultados complementarias que o título fai públicas (Informe institucional resultados Docentia) http://www.usc.es/gl/servizos/calidade/titulosoficiais/datosmasteres.html

Resultados das enquisas de satisfacción aos diferentes grupos de interese

Órgano responsable do sistema de garantía da calidade

http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/guiacentros/calidade.html Política e obxectivos de calidade

Manual e procedementos do SGC

Page 4: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

Informe Anual de Seguimento 3 Novembro - 2015

2. CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

Criterios Nº Evidencia / Indicador Onde se atopa *

1 E3 Análise do perfil real de ingreso/egreso Actas ou informes

1,6 E4 Guías docentes das materias (competencias, actividades formativas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación, resultados de aprendizaxe)

Información pública

1,3 E5 Actas do último curso da Comisión Académica/Comisión de Titulación/Comisión de Garantía de Calidade

Enlace web ou PDF

1,7 I1 Evolución do número de estudantes de novo ingreso por curso académico

Panel_Ind (Pdf)

1 I2 Evolución dos indicadores de mobilidade (Número e porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade sobre o total de estudantes matriculados)

Panel_lnd (Pdf)

2 E6 Páxina web da universidade/centro/título (debe estar incluída como mínimo a información referida no apartado 1B)

Información pública

3 E7 Documentación do SGC (política e obxectivos de calidade, manual e procedementos)

Información pública

3 E8

Evidencias da implantación dos procedementos do SGC (procedementos completos, revisados e actualizados que desenvolvan as directrices do SGC: Política de calidade, Deseño, revisión periódica e mellora dos programas formativos, Garantía da aprendizaxe, ensinanza e avaliación centrados no estudante, Garantía e mellora da calidade dos recursos humanos, Garantía e mellora da calidade dos recursos materiais e servizos e Información Pública)

Información pública

3 E9 Plans de mellora derivados da implantación do SGC Información pública

3,7 E10 Análise das enquisas de satisfacción (%participación, resultados, evolución,…)

Actas ou informes

3,7 I3 Resultados das enquisas de satisfacción de todos os grupos de interese do título

Panel_Ind (Pdf)

3,7 I4 Resultados dos indicadores que integran o SGC Panel_Ind (Pdf)

4 E11 Plan de Ordenación Docente: información sobre o profesorado (número, experiencia docente e investigadora, categoría, materias que imparte, área, etc)

Enlace web ou PDF

4 E12 Información sobre o persoal de apoio por Centro (número e cargo/posto desempeñado)

INF_PAS (Pdf)

4 E13 Análise das enquisas de avaliación da docencia (% participación, resultados, evolución, … )

Actas ou informes

4 I5 Porcentaxe de participación do profesorado do título en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas

Formacion PDI (Pdf)

4 I6 Porcentaxe de participación do PAS do centro en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas

Formación PAS (Pdf)

4 I7 Resultados das enquisas de avaliación da docencia (%participación, resultados, evolución,… )

INF. 13 e INF. 14 (Pdf) Panel_Ind (Pdf)

4 I8 Porcentaxe de profesorado do título avaliado polo programa DOCENTIA ou similares

--

4 I9 Evolución dos indicadores de mobilidade (número e porcentaxe de profesores que participan en programas de mobilidade sobre o total de profesorado do título)

Mobilidade_PDI

5 E14 Información sobre os recursos materiais directamente relacionados co título

Información pública

5 E15 Información sobre servizos de orientación académica e programas de acollida

Información pública

5 E16 Listaxe dos centros/entidades para a realización de prácticas externas curriculares ou extracurriculares

Enlace web ou PDF

5 I10 Distribución alumnado por centros de prácticas Enlace web ou PDF

6 E17 Listaxe de traballos fin de grao/máster do último curso académico (título, titor e calificación)

Enlace web ou PDF

Page 5: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

Informe Anual de Seguimento 4 Novembro - 2015

6 E18 Informes das cualificacións de cada unha das materias do título INF. 15 (Pdf)

7 E19 Análise dos resultados do título (incluídos indicadores inserción laboral e SIIU)

Enlace web ou PDF

6,7 I11

Indicadores de resultados (estas taxas facilitaranse de forma global para o título. As taxas de rendemento, éxito e avaliación facilitaranse tamén por materia): - Taxa de graduación - Taxa de abandono - Taxa de eficiencia - Taxa de rendemento - Taxa de éxito - Taxa de avaliación

Panel_Ind (Pdf)

7 I12 Relación da oferta/demanda das prazas de novo ingreso Panel_Ind (Pdf)

7 I13 Resultados de inserción laboral Panel_SIIU(Pdf)

* Insertar enlace a un pdf ou indicar se está público na web

Panel_Ind (Pdf): Indicadores SGIC Panel_SIIU (Pdf): Indicadores do Sistema Integrado de Información Universitaria do Ministerio de Educación Formación_PDI: informe sobre as actividades e porcentaxe de participación do PDI no PFID por título Formación_PAS: informe sobre as actividades e porcentaxe de participación no PFPAS por centro INF. 13 e INF.14: informes sobre a enquisa de satisfacción de avaliación coa docencia (alumnado e profesorado) Mobilidade_PDI: informe sobre a porcentaxe de participación do PDI do título en programas de mobilidade INF. 15: informe de cualificacións das materias por título

Page 6: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

Informe Anual de Seguimento 5 Novembro - 2015

3. PLAN DE MELLORAS

ACCIÓNS DE MELLORA

Definición

Ac

ció

n d

e

me

llo

ra

Código AM-01

Tipo Acción de mellora.

Ám

bit

o

Ámbito de aplicación Acción de mellora correspondente ao CRITERIO 7 Indicadores de

satisfacción e rendimento do informe de seguimento do curso 2014/15.

Defi

nic

ión

Análise causa

Tendo en conta a importancia dos valores de inserción laboral dos

egresados do título e o feito de que sexan adecuados ao seu contexto

socio-económico e profesional, faise necesario mellorar a información

do estudantado en relación coas diferentes posibilidades laborais ou de

continuación no campo da investigación que poden ter no futuro.

Definición/descrición

proposta

Organización de xornadas informativas sobre inserción laboral e futuro

investigador coa colaboración de institucións, empresas e profesionais

de distintos ámbitos.

Data prevista de

finalización Xullo de 2016.

Data inicio Xaneiro de 2016.

Responsables Responsable da

implantación José Miguel Andrade Cernadas, Coordinador do Mestrado

Tarefa1

Código

Descrición tarefa

Data prevista de

finalización

Persoa responsable

Subtarefa 1

Código

Descrición tarefa

Data prevista de

finalización

Persoa responsable

Finalización

Estado

Data estado

Comprobación

Page 7: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

Informe Anual de Seguimento 6 Novembro - 2015

Data comprobación

Notas: Cada Acción pode ter varias tarefas. Cada Tarefa pode ter varias subtarefas. O seguimento debe facerse, tamén, para cada tarefa e subtarefa.

Page 8: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

Informe Anual de Seguimento 7 Novembro - 2015

4. MODIFICACIÓNS DO PLAN DE ESTUDO

MODIFICACIÓNS DO PLAN DE ESTUDO

Modificacións Xustificación da modificación

Page 9: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

1. Descrición do título

Como xa se vén sinalando nos informes anteriores, o proxecto do Máster xurdiu dun

programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e

que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a Mención de Calidad

do MEC (MCD 2005-00241, BOE 14 xullo de 2005) e a mantivera

ininterrompidamente tras superar unha auditoría (BOE, 30 de agosto de 2006) e

dous seguimentos (2007 e 2008). A boa aceptación por parte dos licenciados, sobre

todo, en Historia da Arte, Historia e diversas Filoloxías, así como o proceso de

mellora progresiva que se foi acadando, levou a un grupo importante de docentes

das Facultades de Filoloxía e Xeografía e Historia a propoñer a súa conversión nun

Máster oficial.

A principal finalidade do Máster consiste en proporcionar unha visión plural e

coherente da Idade media europea; de aí que o seu título queira poñer de manifesto

o establecemento de interrelacións constantes entre as diversas disciplinas que

configuran a oferta académica, desde unha óptica comparada, transversal e

integradora, que sitúe os estudantes na encrucillada de diversos dominios do saber

para que logo poidan optar conscientemente por unha especialización investigadora

sostida nunha preparación sólida e versátil.

Ao tratarse, pois, dun Máster pluridisciplinar e interfacultativo, quérese preservar

ese carácter por riba de todo, mesmo en aspectos administrativos. Ese é o motivo

polo que, desde o comezo, quedou claro que a coordinación sería rotatoria (cada

dous anos) entre os centros implicados. Para facilitar o traballo, a Memoria prevé (p.

19) a figura de dous titores xerais para os alumnos en cada un dos centros;

actualmente, na Facultade de Filoloxía desempeñan ese papel os Profs. M. Brea

López e M. E. Vázquez Buján, e, na de Xeografía e Historia, os Profs. J. M. Andrade

Cernadas e D. Chao Castro. O Regulamento de réxime interno do Máster

(http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/RegRexInt.pdf) reitera este

principio básico, aclarando que, a efectos administrativos, o Máster queda adscrito á

Facultade de Filoloxía (art. 1.1), sendo a figura de coordinador a que rota (art. 22.3);

forman parte da Comisión Académica (CA, art. 7.1) os Decanos das dúas

Facultades (de feito, presídea a Decana de Filoloxía, en aplicación da normativa

vixente); os dous representantes do alumnado na mesma son elixidos cada ano

procurando que un deles proceda dunha titulación en Filoloxía e o outro de Historia

ou Historia da Arte, e os docentes membros da CA distribúense equilibradamente

entre os dous centros. Todo isto contribúe a unha maior implicación de todos os

participantes na boa marcha do Máster, e a un mellor funcionamento do mesmo.

Ata o momento, o funcionamento da coordinación rotatoria resulta totalmente

satisfactorio, como se pode advertir nas actas das reunións da CA levantadas

puntualmente dende a súa creación e onde, se a coordinación corresponde a unha

das Facultades, a secretaría é desempeñada por un profesor da outra.

Por outra parte, a participación no Máster dun número moi elevado de docentes de

distintas áreas de coñecemento e a colaboración tamén en moitas das materias de

profesores de áreas diferentes para dar resposta ao enfoque interdisciplinar que

Page 10: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

caracteriza o Máster, fan necesaria unha intensificación do labor de coordinación a

outros dous niveis, que se vén aplicando: (a) no interior de cada materia o

coordinador vela polo equilibrio de contidos do programa coa distribución dos

mesmos entre áreas de coñecemento diferentes; (b) o coordinador do Máster (antes

de someter os programas e as guías docentes á aprobación da Comisión

Académica mantén reunións periódicas cos coordinadores de todas as materias

para garantir que non se producen solapamentos entre elas e que os contidos e a

adquisición das distintas competencias están distribuídos de forma harmoniosa e

organizados de tal maneira que optimicen o traballo dos estudantes.

O obxectivo proposto no relativo a prazas de novo ingreso ofertadas veuse

desbordado pola demanda nalgúns dos cursos académicos. A Memoria inicial

prevía unha media de matrícula de 10 alumnos por curso académico nos primeiros

anos, se ben a CA mostrara a súa disposición favorable a acoller grupos de 15. Na

práctica, no curso 2009-10, matriculáronse un total de 17 alumnos a tempo

completo. No curso 2010-11, en cambio, o número de matriculados descendeu a

13, dos que un só tiña matriculado o TFM e outra non chegou a renunciar á

matrícula, pero nunca asistiu. Esta oscilación foi analizada pola CA, que chegou á

conclusión de que o aumento no curso 2009-10 podía estar relacionado coa falta de

oferta nas universidades galegas doutros Másteres en Historia da Arte, mentres que

a implantación, no curso 2010-11, dun Máster en Lecturas sobre a cidade histórica

pode explicar o descenso advertido nese curso, un descenso que foi compensado

en parte pola incorporación dun alumno arxentino durante todo o Máster, e unha

estudante alemá no primeiro semestre. No curso 2011-2012, sen embargo, a

demanda experimentou de novo un ascenso que superou a oferta prevista, ata o

punto de que a CA decidiu solicitar unha ampliación no número de alumnos de novo

ingreso de 20 a 25, porque había 24 solicitudes que se traduciron logo nun total de

23 matriculados. No curso 2012-13 produciuse un novo descenso de demanda e

foron 14 os alumnos matriculados; non obstante, no curso 2013-14 volveu a subir

ese número ata 23 e ese ascenso veuse confirmado no presente curso 2014-2015,

con 26 alumnos de inicio de estudos. Parece, pois, que o descenso do curso 2012-

13 (aínda así, supuxo a matrícula máis elevada nos másteres en Artes e

Humanidades da USC dese ano) obedeceu a motivos puntuais que dalgún xeito

foron corrixidos nos cursos posteriores, a pesar da posta en marcha de novos

Másteres na USC no ámbito tanto da Filoloxía como da Historia e da Historia da

Arte. Así pois, os números indican unha consolidación do Máster e que a oferta de

25 prazas agora establecida é adecuada, independentemente das flutuacións de

demanda que se poidan producir puntualmente nalgún curso.

Con respecto ao réxime de estudos, hai que continuar sinalando que o tipo de

ensino no Máster é presencial, pero que de acordo coa normativa da USC está

prevista, en casos debidamente xustificados, a posibilidade de dispensa oficial de

asistencia ás actividades presenciais, adaptando, polo tanto, o sistema de

avaliación a esa situación, tal como se fai constar na programación de todas as

materias do Máster. No curso 2013-2014 houbo unha alumna que, por razón de

traballo, se acolleu a esa posibilidade. Así mesmo, está contemplada a posibilidade

de matrícula a tempo parcial, á que se vén acollendo algún estudante todos os

Page 11: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

cursos: 3 no curso 2012-2013 e 2 no curso 2013-2014. Coa matrícula a tempo

parcial e coa dispensa oficial de asistencia ás actividades presenciais conséguese

que tamén poidan acceder ao Máster alumnos que xa están desenvolvendo

algunha actividade laboral.

Os idiomas nos que se imparten as clases son o galego e o español, se ben se

admiten outras linguas segundo a procedencia de alumnos e profesores doutros

países.

2. Xustificación

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións:

Tal como se explica no apartado anterior, a proposta do Máster provén, en gran

medida, do Doutoramento de calidade A Idade Media. Imaxes, Textos, Contextos

(MCD 2005-00241, BOE 14 xullo de 2005). O marco cronolóxico co que contan os

estudos medievais, os fundamentos metodolóxicos que os caracterizan e as

peculiaridades sociais, estéticas, literarias e ideolóxicas que definen a Idade Media

europea son os principios que configuran a oferta específica deste Máster

investigador. O sistema universitario español, organizado a través de plans de

estudo excesivamente especializados en áreas de coñecemento, orixinou no campo

das Humanidades a presenza de graduados con considerables deficiencias na súa

formación pola escasa presenza de materias interdisciplinares. Por iso un grupo de

profesores das Facultades de Xeografía e Historia e de Filoloxía da USC decidiron

continuar un programa de colaboración intercentros e interdepartamental que

permita aos graduados do SUG (ou doutras universidades) dun ámbito concreto

iniciarse nas tarefas de investigación desde perspectivas de estudo

complementarias.

Un bo indicador da xustificación do título está non só na cantidade de alumnos

matriculados, senón tamén na diversidade de titulación dos alumnos matriculados

cada curso, na elevada nota media de entrada que posúen todos os alumnos e, por

suposto, no ingreso cada curso no Máster de estudantes procedentes de

Universidades distintas da USC, tanto españolas como estranxeiras. No curso

2014-2015 cursaron o Máster 1 alumno procedente da Universidade de San

Petesburgo (Rusia), 1 procedente da Universidade de Porto (Portugal) 1 procedente

da Univ. de Huelva, 1 procedente da de Cantabria e 1 procedente da Univ.

Complutense de Madrid. No relativo á titulación de procedencia houbo: 9 titulados

en Historia, 11 titulados en Historia da Arte, 4 titulados en Filoloxía (1 en Hispánica,

1 en Portuguesa, 1 en Románica e 1 en Galega), e 1 titulado en Filosofía.

Confírmase tamén como adecuada a oferta de materias optativas (7 materias, das

que cada alumno debe escoller 3), suficientemente completa e variada para dar

cabida aos principais aspectos de interese dos estudos medievais. Cada curso o

reparto da escolla entre cada unha desas materias soe ser bastante equitativo,

salvo pequenas desviacións, que en xeral parecen ser debidas a unha maior

coincidencia de intereses en cada curso concreto. Así por exemplo, no curso

obxecto do informe destaca claramente unha materia relacionada cun aspecto

especialmente importante na cidade que acolle a USC e que habitualmente xa ven

Page 12: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

sendo das máis escollidas: "A Igrexa e a Espiritualidade Medieval" Polo contrario a

outra materia relacionada con ese mesmo tema, como é "Viaxes e Peregrinacións",

sufre un importante descenso fronte ao curso anterior, posiblemente pola súa

posición no tramo final do período lectivo, factor que sempre resta estudantes. E é

que como se comprobara que o horario das materias inflúe na escolla de optativas,

adoptouse o método de ir rotando cada curso os horarios das materias optativas.

Polo contrario, a materia que creceu máis no número de matriculados fronte ao

curso pasado foi “A Escritura e o Escrito na Idade Media” que pasou de 9 alumnos

no 2013-2014 a 16 no 2014-2015, malia o feito de ser a única que inclúe un exame

como método de avaliación, o que fala moi ben do traballo desenvolvido polos

profesores responsables da mesma. Por outra parte, a materia "Feudalismo,

Territorio e Poder", segue a liña iniciada no curso anterior de recuperación da súa

matrícula habitual media despois dalgún ano de certa baixa. Na táboa seguinte

recóllense os datos concretos sobre o número de alumnos matriculados en cada

materia optativa:

Nome Nº matriculados

A Escritura e o Escrito na Idade Media 16

A Igrexa e a Espiritualidade Medieval 23

Feudalismo, Territorio e Poder 11

Mitos e Figuras no Imaxinario Medieval 9

O Mundo Clásico na Idade Media 9

Sociedade Medieval e Cultura Cortés 10

Viaxes e Peregrinacións na Idade Media 7

No tocante aos contactos mantidos con organismos cos que se fixeron consultas

externas, cómpre sinalar que estes se intensificaron o último ano de cara a

prolongar os estudos de Máster no programa de doutoramento da USC en "Estudos

Medievais" que culmina, dende o punto de vista investigador, na formación dos

nosos alumnos. Estes contactos deron moi valiosos resultados en acordos de

colaboración para a mobilidade estudantil xa sinalados en informes anteriores:

CSIC, Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, Universidades de Poitiers,

Florencia e Milán.

3. Competencias

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións:

Obxectivo prioritario do Máster é, como se vén sinalando repetidamente, que a

adquisición de competencias xerais e específicas recollidas na Memoria do título se

faga tendo moi en conta o carácter multidisciplinar e interdisciplinar do Máster. Así

pois, a Comisión Académica, coa colaboración dos coordinadores de cada materia,

Page 13: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

vela especialmente por que na organización dos contidos e na planificación do

sistema de avaliación das distintas materias se recollan aspectos homoxéneos e

transversais que respondan ás competencias previstas, e tamén por que cada

materia contribúa á adquisición desas competencias, esixindo ao alumno un esforzo

equilibrado de acordo coa carga equivalente aos 6 créditos de todas as materias.

Nese senso, no caso das materias que contemplan como parte da avaliación a

realización dun traballo monográfico estableceuse a recomendación explícita de

realización dun único traballo por materia e establecéronse uns criterios xerais

básicos comúns para a elaboración dese traballo.

Nos Traballos Fin de Máster búscase tamén que cada resultado dunha

investigación concreta teña sempre presente o enfoque interdisciplinar do Máster.

As indicacións facilitadas aos estudantes sobre a realización do TFM

(http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/fin_master.html) insisten

claramente nese sentido.

É necesario destacar que, a pesar de que as prácticas externas non forman parte

do programa formativo obrigatorio do Máster, en varias materias realízanse

actividades prácticas externas en visitas a arquivos, bibliotecas, museos ou

monumentos. Esas actividades resultan altamente satisfactorias para os estudantes

e contribúen a unha mellor adquisición de varias das competencias definidas para o

Máster.

En xeral, o grao de interese e de adquisición das competencias é altamente

satisfactorio, como se comproba cos resultados das cualificacións das distintas

materias e coas enquisas de satisfacción realizadas a alumnos e profesores. No

tocante ás cualificacións, a taxa de éxito foi do 100% (superando o 98.45 do curso

anterior) e poden servir como bo indicador os resultados do TFM: foron 22 traballos

defendidos (seis máis que o curso anterior, mesmo tendo en conta que un grupo de

estudantes decidiu deixar a súa defensa para Febreiro de 2016) 1 acadou matrícula

de Honra (10,00), 20 recibiron Sobresaliente (6 con 10,00, 6 con 9,50, e 8 con

9,00) e 1 acadou Notable (con 8,50).

Polo que respecta ás enquisas, a satisfacción global do alumnado coa docencia

recibida acadou unha valoración de 3,93% sobre 5,00 (fronte a 3,89 na media da

USC e a 4,02 na media da área de Artes e Humanidades), e a satisfacción global

do profesorado coa docencia impartida tivo unha valoración de 4,34 sobre 5,00. No

segundo caso a valoración mantense na boa cualificación de anos anteriores

mesmo superando a do curso precedente (2013-2014, 4.24); no primeiro caso

cómpre destacar a baixada con respecto ao curso anterior (4,20 en 2013-2014)

que, aínda que segue a estar por enriba da valoración media dos masteres na USC,

rompe a tendencia de aumento progresivo que se viña producindo nos últimos

anos. Non é fácil atopar unha explicación a unha baixada que é, sen dúbida,

importante e que, tal e como se comentará de contado, prodúcese en case tódalas

materias do Grao. En calquera caso, a mellora destes porcentaxes ten que ser

unha das prioridades do curso 2015-2016

Os resultados da satisfacción global por materias son os seguintes:

Page 14: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

Materia Media

A Escritura e o Escrito na Idade Media 4,32

A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social 3,85

A Igrexa e a Espiritualidade Medieval 3,64

Arte Medieval Europea 4,1

Cultura Escrita en Latín na Idade Media 3,73

Feudalismo, Territorio e Poder 3,4

Fundamentos Metodolóxicos e Novas Tecnoloxías 3,87

Literatura Medieval en Linguas Vernáculas 4,2

Mitos e Figuras no Imaxinario Medieval 4,16

O Mundo Clásico na Idade Media 3,77

Sociedade Medieval e Cultura Cortés 3,93

Viaxes e Peregrinacións na Idade Media 4,47

Como se comentaba previamente, chama a atención a baixada xeneralizada na

valoración por materias en comparación cos resultados acadados no Curso 2013-

2014. De feito, só en dúas materias, “A Europa Medieval” e “Mitos e Figuras”

prodúcense valoracións mellores que nese curso 2013-2014. É de salientar o caso

de “A Europa Medieval” que históricamente viña amosando resultados moi por

debaixo da media do Master, atribuídos polos alumnos a fallos de coordinación que

parece que están en camiño de resolución.

En xeral parece evidente que a percepción dos estudantes foi peor no curso

avaliado, cuestión que é obvio, compre traballar para mellorar.

4. Acceso e admisión de estudantes

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións:

Segundo se recolle na Memoria do título, este Máster está primordialmente

orientado a estudantes que procedan das titulacións de Historia, Historia da Arte e

Filoloxía. De todos os xeitos, tanto a súa estrutura curricular como o feito de que

sexa unha oferta única no SUG pode permitir que nel se matriculen graduados

doutras titulacións do campo das Humanidades ou das Ciencias Sociais que

desexen completar a súa formación investigadora no ámbito dos estudos

medievais, sempre que esas titulacións estean organizadas nun sistema que

acredite ter cursado un mínimo de 240 créditos ou que o alumno os adquira

mediante estudos complementarios no ámbito das Humanidades ou das Ciencias

Sociais. Incluso na Comisión Académica do Máster estudouse a posibilidade de

ampliar a admisión de estudantes aos procedentes de calquera das ramas do

saber.

O perfil de ingreso recomendado vese confirmado polo ingreso real. A maioría do

alumnado procede das titulacións definidas como primordiais (véxanse os datos

ofrecidos no apartado "xustificación"), pero tamén se matriculan algúns alumnos

procedentes doutras titulacións de Humanidades ou de Ciencias Sociais: 1 alumno

Page 15: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

de Xornalismo no curso 2010-2011, 1 alumno de Socioloxía no 2011-2012, 1

alumno de Musicoloxía no 2013-2014, 1 alumno de Filosofía no 2014-2015.

Os mecanismos de captación son principalmente tres: 1º) A Facultade de Filoloxía

organiza no mes de abril de cada curso unha xornada informativa sobre oferta de

Másteres dirixida aos estudantes de último curso dos Graos. 2º) Unha xornadas de

características semellantes organízase na Facultade de Xeografía e Historia,

dándolle tamén o seu espazo ao Master de Estudos Medievais. 3º) A USC distribúe

carteis publicitarios coa información básica sobre o Máster. 4º) Para unha maior

difusión, sen dúbida xoga un papel fundamental a información publicada na páxina

web da USC; neste sentido, atendendo a recomendacións de mellora feitas (cf. AM-

6 do informe do curso 2012-2013), na páxina web da USC deuse unha maior e máis

clara visibilidade a toda a información relacionada con Másteres

(http://www.usc.es/masteres/). Os resultados son satisfactorios, tanto no número de

alumnos matriculados xa comentado (no apartado "descrición do título"), como na

captación de estudantes de fóra da USC, sexa doutras universidades de Galicia e

de España (A Coruña, Vigo, Oviedo, Cantabria, León, Salamanca, Complutense,

Autónoma de Barcelona, Huelva), sexa doutras universidades de fóra de España

(Alemania, Italia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Argentina).

Para a acollida aos estudantes organízase no comezo do curso unha xornada de

recepción na que participan o coordinador do Máster e os coordinadores das

distintas materias. Nesa xornada infórmase dos aspectos principais do Máster e das

características básicas de todas as materias, e aclárase calquera dúbida que os

alumnos poidan ter.

Véñense sinalando repetidamente as distorsións que provoca un calendario

académico que fai coincidir en setembro a segunda convocatoria de defensa dos

Traballos fin de grao do curso anterior co comezo das clases do curso seguinte.

Debido a iso algúns dos alumnos que acceden ao Máster non poden matricularse

oficialmente ata os últimos días de setembro ou primeiros de outubro. Ante esa

situación que non depende, evidentemente, da coordinación do Máster, a Comisión

Académica adoptou a boa práctica de retrasar ata a terceira semana de setembro o

inicio das actividades presenciais e de facilitar que os alumnos que aínda non

puideron formalizar a matrícula poidan ir asistindo ás clases, ou que os alumnos

que se incorporan un pouco máis tarde poidan recuperar a parte perdida e

adaptarse ao ritmo normal das materias.

Dispoñemos, para este curso, dos primeiros datos cuantitativos relativos ao grao de

satisfacción de alumnos e profesores en relación con este apartado. Tense acadado

un 2 na satisfacción dos egresados coa información pública disponible que converá

valorar, mais polo miúdo, cando haxa novos datos cos que contrastar esta magnitude.

5. Planificación das ensinanzas

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións:

O Máster consta dun total de 60 ECTS, distribuídos en 2 semestres. No primeiro

semestre o alumno cursa as 5 materias obrigatorias (30 ECTS), mentres que o

segundo está destinado aos 18 ECTS de 3 materias optativas e á elaboración do

TFM (12 ECTS). As materias obrigatorias pretenden cubrir cuestións xerais e

Page 16: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

básicas relativas a metodoloxía, historia, arte, lingua e literatura en latín ou en

linguas vernáculas no Medievo. Nas 7 materias optativas que se ofertan búscase

atender con enfoques interdisciplinares e transversais a aspectos fundamentais na

Idade Media: escritura, relixiosidade, feudalismo, herdanza clásica, mitos, viaxes e

peregrinacións, ou territorio e poder. Como xa se comentou no apartado

"xustificación", todas as materias optativas teñen unha boa acollida entre os

estudantes.

As guías docentes coa descrición detallada de todos os aspectos (obxectivos-

competencias, contidos, bibliografía, metodoloxía docente, sistema de avaliación,

desenvolvemento de actividades) son publicadas con tempo suficiente a finais do

curso anterior, para que o alumno poida ter toda a información con anterioridade ao

momento da matrícula. Nesas guías trata de recollerse a homoxeneidade, o

equilibrio e o carácter interdisciplinar resultado da necesaria e grande coordinación

da que se fala nos apartados "descrición do título", "xustificación" e "competencias".

A satisfacción de alumnado e profesorado co desenvolvemento da planificación das

ensinanzas é moi boa, malia a baixada experimentada nas enquisas dos

estudantes, segundo o poñen de manifesto os resultados de satisfacción global xa

máis arriba mencionados (no apartado "competencias"): 3,93 sobre 5,00 no caso do

alumnado, e 4,34 sobre 5,00 no caso do profesorado. Mesmo son un pouco máis

positivas as valoracións globais nas preguntas das enquisas de satisfacción que

teñen que ver máis directamente coa planificación e o desenvolvemento das

materias:

Pregunta Media

Explica a programación da materia e os criterios de avaliación

ao comezo da súa actividade docente 4,24

Cumpre co programa e o plan de traballo previsto 4,13

Organiza ben as clases e explica con claridade facilitando a

comprensión da materia 3,9

Resolve as dúbidas que se lle formulan (clase, titorías, aula

virtual, correo electrónico,...) 4,21

A axuda recibida nas titorías foime de utilidade 4,25

Nas enquisas de satisfacción dos estudantes as respostas á pregunta concreta

sobre coordinación nas materias deron como resultado unha valoración que rompe

coa evolución ascendente do ano anterior que se situaba no 4,10, quedando agora

Page 17: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

nun 3,47 o que pon de manifestó que hai que redoblar os esforzos para acadar a

maior coordinación posible.

Debido a que tan só nunha materia estaba prevista a realización de exame final

como método de avaliación e a que nesa materia se fixaba a data para o exame de

acordo cos alumnos, non se consideraba necesario publicar un calendario de

exames completo. Non obstante, atendendo a unha recomendación recollida no

informe final do curso 2012-2013, para o curso 2014-2015 procedeuse xa a publicar

un calendario completo de exames finais.

Polo que respecta ao desenvolvemento do TFM, a Comisión Académica xa no inicio

de implantación do Máster elaborou e puxo a disposición de alumnos e profesores

un regulamento sobre a realización e a defensa dos Traballos

(http://www.usc.es/filrom/MastRom/13-14/IdMed/fin_master.html), que veu

permitindo a correcta organización de todo o proceso. Nesa organización a

experiencia permitiu axustar un aspecto: contar con un único tribunal avaliador para

todas as convocatorias do mesmo curso, xa que iso permite unha avaliación máis

homoxénea e que sexa ese tribunal o encargado de outorgar a(s) Matrícula(s) de

Honra.

Será necesario, non obstante, que a Comisión Académica modifique o mencionado

regulamento de TFM, para recoller nel un protocolo claro relacionado coa entrega,

custodia e arquivo dos TFMs de acordo coa nova "Normativa de matrícula,

elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster" da USC (cf.

http://www.usc.es/gl/normativa/xestionacademica/index.html).

Por outra parte, o Máster conta xa con interesantes convenios de mobilidade Erasmus

con universidades de Roma, Nápoles, Perugia, Salerno, París e Toulouse (cf.

http://www.usc.es/gl/perfis/internacional/mobilidade/index.html) e é obxectivo da

Comisión Académica establecer máis convenios con outros centros de referencia dos

estudos medievais. Na xornada de presentación infórmase aos alumnos da existencia

dese programa de mobilidade, a Facultade de Filoloxía organiza a principios de curso

unha xornada específica sobre mobilidade e hai información completa ao respecto na

páxina web da USC (cf. http://www.usc.es/gl/perfis/internacional/index.html). Non

obstante, nos últimos cursos ningún alumno participou nese programa. A razón que

principalmente se aduce para ese feito é que resulta moi difícil encaixar unha estancia

dun semestre nun centro estranxeiro dentro duns estudos organizados nun só curso.

Sen dúbida haberá que continuar informando sobre as vantaxes do programa de

mobilidade e sobre a posibilidade de encaixar mellor esa mobilidade planificando o

alumno a realización do Máster en dous cursos.

6. Recursos humanos

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións:

Dado o seu carácter multidisciplinar, o Máster conta coa participación dun grande e variado

número de Persoal Docente e Investigador: 38 profesores de 10 áreas de coñecemento

Page 18: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

distintas no curso 2014-2015. Trátase de PDI altamente experimentado e cualificado no campo

dos estudos medievais, avalado por un alto número de quinquenios e sexenios obtidos, así

como de proxectos de investigación acadados en convocatorias competitivas, tal como se pon

de manifesto na seguinte estatística e se pode verificar en

http://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-126-191-196:

Porcentaxe de PDI a tempo completo con sexenios por PDI a tempo

completo con quinquenios

81,82

Porcentaxe de PDI funcionario a tempo completo 75,76

Os datos básicos do profesorado constan nas guías docentes das materias, e os datos máis

completos están dispoñibles nas páxinas web dos centros (http://www.usc.es/gl/centros/;

véxase tamén http://www.usc.es/fac_filoloxia/Profesorado.html e

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/profesorado.html?ano=65 ) e dos departamentos

implicados no Máster (http://www.usc.es/gl/departamentos/).

Unha grande parte do profesorado realizou cursos de formación, sobre todo dentro do

"Programa de formación e innovación docente" da USC (http://www.usc.es/gl/servizos/pfid/),

e asistiu principalmente a cursos relacionados coa plataforma Moodle e a súa nova versión, xa

que todas as materias do Máster fan uso do Campus Virtual da USC. Ademais da oferta xeral

dese Programa, na Facultade de Filoloxía organizáronse un curso específico sobre "Melloras na

xestión das aulas virtuais en Moodle 2.5" (PFID.13tic.22) e un curso sobre "Obradoiro de

emprego de redes sociais para a docencia en galego: Facebook e Twitter" (PFID.13snl-04)

Cómpre tamén sinalar que algúns profesores do Máster forman parte da Cátedra Jean

Monnet, baixo o título de “The Culture of European Integration”. Nestes momentos é a única

cátedra en toda a UE dedicada ao papel da literatura e a cultura na integración europea. A

Cátedra inclúe unha vertente docente na USC, asociada ao ensino nos graos de linguas e

literaturas, e unha vertente de investigación. E precisamente a sección actualmente máis

activa desta Cátedra é o Seminario de Estudos hispano-medievais

(http://seeshispmed.wordpress.com/), que organiza múltiples actividades relacionadas co

ámbito de estudo do Máster.

Todo o Persoal de Administración e Servizos (en Decanatos, Departamentos, Conserxerías e

Bibliotecas) dos dous centros nos que se imparte o Máster colabora directamente co

desenvolvemento do título. Pola súa parte, os servizos de matrícula e xestión do alumnado

están na USC centralizados en Unidades de Xestión Académica independentes dos centros.

Trátase de persoal tamén altamente cualificado, que colabora eficazmente co Máster nas

correspondentes tarefas e que participa activamente en programas de formación, tal como

pode comprobarse nos datos xerais que ofrece a USC:

(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrcalidade/descargas/grao2012/2012-

10-30_Satisfacion_Formacion_PDI_PAS.pdf).

Page 19: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

7. Recursos materiais e servizos

Os recursos materiais e servizos existentes na USC son adecuados para garantir o correcto

desenvolvemento das actividades planificadas no Máster.

Todas as aulas da Facultade de Filoloxía e da Facultade de Xeografía e Historia están equipadas

con ordenador, proxector, conexión a internet e cobertura wifi, e moitas delas contan tamén

con encerados electrónicos. Ademais diso, os dous centros contan con aulas de informática

con ordenadores (20 en Filoloxía e 26 en Xeografía e Historia) e conexión de internet para uso

libre dos alumnos. A pesar das carestías económicas dos últimos anos, os respectivos equipos

directivos veñen dedicando un notable esforzo a manter debidamente mantidos e actualizados

todos eses servizos.

Un servizo fundamental para o Máster é a Biblioteca da USC coas súas diferentes sedes e os

numerosos e útiles servizos e ferramentas que ofrece para alumnos e profesores. En concreto,

as bibliotecas das dúas Facultades implicadas contan con amplas salas de lectura (480 postos

en Filoloxía e 428 en Xeografía e Historia) e posúen ricos fondos bibliográficos tanto en

monografías como en revistas. Certo é que a mencionada difícil situación económica provocou

que nos últimos anos os orzamentos centrais da USC non puidesen dedicar os recursos

necesarios habituais a dotación bibliográfica (a parte que se veu máis afectada foi a

correspondente a publicacións periódicas) e soamente un esforzo extraordinario por parte dos

centros e dos seus grupos de investigación permitiu manter un ritmo básico de adquisición. Os

datos concretos poden verse no seguinte cadro sobre fondos bibliográficos (cf.

http://www.usc.es/gl/goberno/vrcalidade/datoscalidade.html):

Facultade de Filoloxía

En papel Electrónicos

Ano Monografías Periódicas (1) Material non

librario

Periódicas Bases de

datos

2009 168.466 2.475 (840) 4.466 50 3

2010 182.310 2.685 (838) 4.519 64 6

2011 186.759 2.652 (845) 5.241 100 6

2012 190.388 2.671 (761) 2.300 100 2

2013 193.517 2.764 (716) 2.328 12 0

2014 196.704 2.724 (534) 2.352 93 0

Facultade de Xeografía e Historia

Page 20: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

2009 114.990 2.477 (664) 3.105 31 0

2010 121.822 2.606 (704) 172 30 0

2011 124.113 2.844 (942) 1.783 41 0

2012 125.959 2.732 (522) 4.138 22 0

2013 129.344 2.780 (428) 4.175 13 0

2014 132.974 3.076 (278) 4.359 17 0

(1) Entre parénteses recóllese o número de publicacións periódicas activas

As respostas dos estudantes ás dúas preguntas relacionadas con recursos nas enquisas de

satisfacción poñen en evidencia unha valoración global moi positiva respecto aos recursos e

materiais utilizados aínda que se advirte unha baixada fronte a valoración do curso precedente

Pregunta Media

O material de apoio (bibliografía, textos, exercicios, manuais de

prácticas,...) resúltame útil para a preparación da materia 3,9

Os recursos didácticos empregados reforzan a comprensión da

materia (soportes multimedia, aula virtual, TICs, encerado,

actividades prácticas e complementarias, guía docente, mapas

conceptuais, esquemas, cadros, fotocopias, materiais de

laboratorio,...)

3,87

E o mesmo cabe dicir da valoración do profesorado:

Pregunta Media

O material e servizos de apoio á docencia existentes na Universidade

(fondos bibliográficos, fondos audiovisuais, aulas virtuais, aulas de

informática, espazos de traballo,...) son axeitados para o

desenvolvemento da materia

4,29

No centro, conto cos recursos necesarios (soportes multimedia, TICs,

aulas e/ou laboratorios,...) para a docencia 4,29

Page 21: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

8. Resultados previstos

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións:

Os datos recollidos na táboa incluída máis abaixo amosan uns resultados claramente positivos

e estables ao longo dos cursos, e superan mesmo as previsións optimistas recollidas na

Memoria do título. Incluso as pequenas desviacións respecto ao máximo posible na maioría

dos indicadores (rendemento, avaliación, graduación, eficiencia, abandono) poden ser

xustificadas polo feito de que algúns dos alumnos matriculados no Máster están xa traballando

e planifican a realización dos seus estudos en máis dun curso académico (algúns acolléndose

tamén, como queda dito, á matrícula a tempo parcial), deixando, por exemplo, a defensa do

TFM para a convocatoria de febreiro ou de xullo.

Convén, non obstante, comentar algúns cambios dos indicadores fronte aos dos curso 2013-

2014. A taxa de éxito recuperou, como viña sendo tradicional, o cento por cento de

efectividade. A taxa de rendemento, é dicir, a relación entre créditos matriculados e créditos

superados, e a taxa de avaliación, isto é, a relación entre créditos matriculados e créditos

presentados, creceron fronte aos indicadores do curso anterior se ben seguen a estar algo

distantes dos niveis dos cursos 11-12 e 12-13. A causa pode estar en tres estudantes que

teñen optado por unha traxectoria académica moito máis lenta ca do resto de alumnos,

debido ás súas condicións laborais e por terse acollido a matrícula a tempo parcial. Esta é a

causa que pode explicar, tamén, o descenso na taxa de graduación que é bastante apreciable.

Xa no apartado "competencias" se comentou o alto grao de satisfacción global de alumnado e

profesorado co desenvolvemento das actividades docentes do Máster e se destacou a

progresión lixeiramente descendente que se vén producindo na satisfacción dos estudantes.

2010-11 2011-12 2012-13 2013-14 2014-

2015

Taxa de rendemento 85,2 98,6 96,9 84,1 87,32

Taxa éxito 100 100 100 98,5 100

Taxa avaliación 85,2 98,6 96,9 85,4 87,32

Taxa de graduación 90,0 95,5 94,1 91,7 78,26

Duración media dos estudos 1,2 1,1 1,1 1,1 1,14

Eficiencia dos titulados 96,2 99,1 98,4 95,8 97,35

Taxa de abandono 0 10,0 0 0 0

Satisfacción do estudantado

coa docencia recibida

5,4 (/7) 3,8 (/5) 4,0 (/5) 4,2 (/5) 3,93 (/5)

Page 22: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

Satisfacción do profesorado

coa docencia impartida

4,3 (/5) 4,4 (/5) 4,3 (/5) 4,34 (/5)

Unha saída natural para moitos dos alumnos que cursan o Máster é matricularse no programa

de doutoramento "Estudos Medievais" organizado polas mesmas áreas de coñecemento que

dan soporte ao Máster. Actualmente están matriculados no programa de doutoramento 31

alumnos, o que supón o 30% do total de alumnos que cursaron o Máster. Este dato demostra

claramente a adecuada complementariedade entre ambos estudos.

9. Sistema de garantía da calidade

Reflexión (xustificación da valoración)/Conclusións:

O SGIC da Facultade de Filoloxía foi aprobado na segunda convocatoria da ACSUG

(26/04/2010) e o da Facultade de Xeografía e Historia foi aprobado na terceira (10/05/2011).

No ano 2013 a USC puxo en marcha a implantación nos centros dunha aplicación informática,

denominada AASX, que ten como finalidade xestionar de forma máis eficaz os sistemas de

calidade. Ao mesmo tempo levouse a cabo unha revisión do sistema marco dos SGIC despois

da experiencia de anos anteriores, cos seguintes obxectivos:

a) Revisar os procesos, actualizalos e simplificalos.

b) Facer máis explícita a relación entre o seguimento dos títulos e o sistema de calidade dos

centros.

c) Facer máis explícita a relación de evidencias requiridas especificamente polo SGIC,

diferenciándoas das derivadas dos procesos de xestión incluídos no Sistema.

d) Reducir o número de indicadores.

e) Integrar nun documento simplificado o contido do manual do SGIC do centro, de forma que

sexa doado manexalo, utilizalo e actualizalo.

Así pois, as dúas Facultades implicadas no título elaboraron e puxeron en marcha tamén no

curso 2013-2014 os respectivos Manuais Simplificados do SGIC, que permiten unha xestión

máis áxil e eficaz de todos os procesos de control da calidade; véxase:

http://www.usc.es/fac_filoloxia/sgic.html

http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/sgic.html

Xa se comentou en informes anteriores que non se considerou necesario, nin sequera

oportuno (suporía complicar a estrutura de xestión do título), crear unha comisión de calidade

intercentros específica para o Máster. Coa presenza dos dous decanos e de profesorado dos

Page 23: INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO - USC · programa de Terceiro Ciclo interdisciplinar que se ocupaba da mesma temática e que, desde a súa implantación no curso 2005-2006, acadara a

dous centros na Comisión Académica, esta está xestionando perfectamente o control de

calidade e traslada os resultados á Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía, como

centro responsable do Máster.