informacion probas de acceso centros 2017 v2€¦ · resolución administrativa. as persoas que nas...

20
Páxina 1 de 20 Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Informe Probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional Instrucións para centros de inscrición Convocatoria 2017

Upload: others

Post on 03-Jul-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 1 de 20

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Informe

Probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional

Instrucións para centros de inscrición

Convocatoria 2017

Page 2: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 2 de 20 01-02-2017 V1

Índice

1. Puntos salientables ............................... .................................................................... 3

2. Novidades da convocatoria 2017 .................... ......................................................... 5

2.1 Identificación dos documentos nos anexos ................................................................... 5

2.2 Entrega (ou non) da documentación xustificativa .......................................................... 6

2.2.1 Táboa “Documentación que se presenta” .......................................................................................................... 6

2.2.2 Táboa “Comprobación de datos” ........................................................................................................................ 6

2.2.3 Documentos que figuran nas dúas táboas ......................................................................................................... 6

3. Apartados da solicitude ........................... ................................................................. 8

3.1 Anexo II: inscrición para a proba de acceso a grao superior ......................................... 8

3.1.1 Datos para os efectos de notificación ................................................................................................................ 8

3.1.2 Adaptación da proba por discapacidade ............................................................................................................ 8

3.1.2.1 Discapacidade igual ou superior ao 33´% .......................................................................................... 8

Documento xustificativo emitido por un organismo da Xunta de Galicia ............................................ 8

Documento xustificativo emitido por un organismo doutra comunidade autónoma ........................... 9

3.1.2.2 Incapacidade permanente no grao de total ou absoluta ou gran invalidez ........................................ 9

3.1.3 Conservación da cualificación de partes superadas .......................................................................................... 9

3.1.4 Exencións ........................................................................................................................................................... 9

A aplicación informática recoñece o dereito á exención (polo que non cumprirá entregar o documento xustificativo) ................................................................................................................................................9

Situacións nas que cómpre achegar sempre a documentación xustificativa ...........................................10

Situacións nas que só se entregará a documentación no caso de denegar a súa consulta ....................11

3.2 Anexo I: inscrición para a proba de acceso a grao medio ........................................... 12

3.2.1 Exencións ......................................................................................................................................................... 12

A aplicación informática recoñece o dereito á exención (polo que non cumprirá entregar o documento xustificativo) ..............................................................................................................................................12

Situacións nas que cómpre achegar sempre a documentación xustificativa ...........................................12

Situacións nas que só se entregará a documentación no caso de denegar a súa consulta ....................13

3.2.2 Aplicación á cualificación do incremento establecido na disposición transitoria única .................................... 13

4. Tipos de solicitude ............................... ................................................................... 14

4.1 Solicitude na web ........................................................................................................ 14

4.2 Solicitude clásica ........................................................................................................ 14

5. Entrega da solicitude. Verificación dos datos perso ais ...................................... 15

6. Xestión de solicitudes na aplicación .............. ....................................................... 16

6.1 Solicitudes na web ...................................................................................................... 16

6.2 Solicitudes clásicas ..................................................................................................... 18

Page 3: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 3 de 20 01-02-2017 V1

1. Puntos salientables � Necesita ser unha persoa autorizada para traballar coa aplicación “ciclosprobas”.

� Os/as directores/as dos centros poden xestionar as altas e as baixas de persoas usuarias directamente na aplicación “Ciclosprobas”, na pestana “Administración”, opción “Xes-tión de usuarios”.

� Como consecuencia das modificacións introducidas pola LOMCE, as persoas que po-súan un título de técnico de FP ou o título de bacharel expedido despois de cursar o bacharelato unificado polivatente (BUP) cumpren os requisitos de acceso a ciclos de grao superior, polo que non poden presentarse ás probas de acceso.

� Foron modificados os impresos de solicitude para os adaptar ao formato normalizado da Administración. Pódense descargar en http://www.edu.xunta.es/fp/probas ou na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es/portada

– Código de procedemento ED312C: solicitude de inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional (anexo I).

– Código de procedemento ED312D: solicitude de inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional (anexo II).

� Está dispoñible un asistente informático para a confección da solicitude de admisión en http://www.edu.xunta.es/fp/probas.

� É moi importante verificar ben os datos das persoas solicitantes, xa que estes datos quedan arquivados no sistema e son empregados por outras aplicacións da administra-ción educativa, o que pode dar lugar a erros posteriores. No caso de detectárense erros previos na aplicación, informarase a UAC.

� As persoas que entreguen unha solicitude web para validar non teñen obriga de achegar copia do DNI ou NIE, xa que neste caso se presume que lle outorgan á Administración educativa autorización para a consulta dos seus datos de identidade. Aínda así, é nece-sario que se identifiquen ao entregar a solicitude, para verificar que o número de identi-ficación e o nome e os apelidos sexan correctos. No caso de que a persoa solicitante ca-reza dos anteriores documentos identificativos, deberá achegar copia do seu pasaporte ou documento de identificación da Unión Europea.

� Para buscar unha solicitude, farase no menú “Solicitudes” no apartado “Tramitar soli-citudes”, e buscarase por DNI.

� Cando a documentación relacionada teña que ser emitida pola Administración educati-va de Galicia non é necesario que se achegue, agás que se denegue a súa consulta ou sexa reclamada pola Administración.

� Modificacións das solicitudes web. Os centros poden modificar a solicitude logo de va-lidada, pero deben facelo ante unha reclamación do solicitante.

� Os/as deportistas de alto nivel ou de alto rendemento só poden solicitar a exención da parte específica da proba de acceso para ciclos de grao superior pola opción C.

� As persoas que posúan un título de técnico de artes plásticas e deseño só poden soli-citar a exención da parte específica da proba para ciclos de grao superior no caso de es-colleren a opción B.

� As persoas que posúan un título de técnico deportivo só poden solicitar a exención da parte específica da proba para ciclos de grao superior no caso de escolleren a opción C.

Page 4: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 4 de 20 01-02-2017 V1

� A conservación de cualificación pode solicitarse cando unha persoa se presentase nal-gunha das dúas últimas convocatorias en Galicia e obtivese unha cualificación igual ou superior a 5 puntos nalgunha das partes, sen ter superada a totalidade da proba.

� Lembre devolver a copia selada da solicitude como resgardo para a persoa solicitante. Terá que levala o día da proba, xa que se lle pode requirir para facer o exame.

� As persoas solicitantes deben verificar os datos da súa solicitude nas listaxes provisio-nais e definitivas de solicitudes e exencións e proba adaptada.

� Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso a ciclos formativos na Comunidade Autó-noma de Galicia e estean en condicións, logo de finalizado o proceso, de acreditaren nas partes non superadas algunha das causas de exención previstas nos artigos corres-pondentes da Orde do 22 de decembro de 2016, poderán solicitar a certificación de su-peración da proba. Tamén o poderán solicitar as persoas que, aínda que non teñan par-tes superadas, estean en condicións de ter a exención de todas as partes da proba de ac-ceso. A emisión destes certificados poderase realizar en calquera centro público con oferta de FP no curso 2016-2017.

Page 5: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 5 de 20 01-02-2017 V1

2. Novidades da convocatoria 2017 A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-cións públicas, modifica no artigo 28 a sistemática empregada ata o de agora para as con-sultas que efectúe a Administración sobre documentación emitida por calquera Adminis-tración pública. Como xa se viña aplicando, as persoas interesadas non están obrigadas a achegar esta documentación, pero agora non teñen que autorizar a súa consulta, senón que a devandita autorización se presume concedida. Só no caso de que deneguen expresamente a consulta dun documento concreto, deberán achegalo.

Se a persoa solicitante desexa denegar algunha consulta, non poderá confeccionar a so-licitude mediante o asistente informático, senón que deberá cubrir directamente o anexo de solicitude.

Non obstante, as persoas interesadas poden achegar calquera documento que estimen conveniente, independentemente de que non teñan obriga de entregalo. Toda a documen-tación que xunten cargarase sempre na aplicación informática, independentemente de que a súa entrega sexa ou non preceptiva.

2.1 Identificación dos documentos nos anexos En cada apartado dos anexos I e II das solicitudes de probas de acceso que implique unha xustificación documental figura unha referencia a un documento numerado. Por exemplo, na petición de adaptación da proba por discapacidade do anexo II (solicitude para a proba de acceso a grao superior) remítese aos “Documentos 1 e 2”):

En cada anexo de solicitude hai dúas táboas (“Documentación que se presenta” e “Com-probación de datos”), nas que se relacionan todos os documentos xustificativos do proce-demento codificados numericamente tal e como figuran nos distintos apartados da solici-tude.

Xa que logo, no anexo II aparece:

Page 6: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 6 de 20 01-02-2017 V1

No exemplo, o “Documento 1” corresponde ao “(1) Certificado do grao de discapacidade” e o “Documento 2” ao “(2) Ditame técnico facultativo”. Neste caso aparecen nas dúas tá-boas.

2.2 Entrega (ou non) da documentación xustificativa Cando as persoas interesadas realicen peticións en apartados da solicitude que fagan refe-rencia a un documento, cumprirá a xustificación da devandita petición co documento es-pecificado, segundo en que táboa(s) apareza este, da maneira que se explica a continua-ción:

2.2.1 Táboa “Documentación que se presenta”

No caso de que á petición efectuada pola persoa interesada lle corresponda documentación que só apareza nesta táboa, esta deberá achegarse necesariamente, posto que non existe a posibilidade de consulta ou comprobación pola Administración. Entregarase orixinal ou copia para cotexar na secretaria do centro educativo, que a cargará na aplicación informá-tica.

� Anexo I. É o caso dos documentos codificados cos números: 1, 8, 9, 10 e 11.

� Anexo II. É o caso dos documentos codificados cos números: 6, 8, 11, 12 e 13.

2.2.2 Táboa “Comprobación de datos”

A documentación relacionada nesta táboa pode ser consultada pola Administración (desde Servizos Centrais ou automaticamente pola aplicación informática), no caso de ser necesa-rio para a xestión da solicitude. A persoa solicitante non ten obriga de achegala.

Só no caso de que a persoa interesada marcase o recadro “Denego e presento o docu-mento”, deberá entregar orixinal ou copia para cotexar na secretaría do centro educativo, que a cargará na aplicación informática.

Se a persoa solicitante desexa achegar algunha desta documentación, aínda que non marque a denegación da súa consulta, o centro educativo recolleraa e cargará a documen-tación na aplicación informática.

2.2.3 Documentos que figuran nas dúas táboas

Sucede nos casos en que a documentación emitida por algunha administración pública poida consultarse só no caso de que a devandita Administración ou organismo dependa da

Page 7: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 7 de 20 01-02-2017 V1

Xunta de Galicia. Cando o documento fose emitido por outra comunidade autónoma debe entregarse, xa que non é posible a súa consulta ou comprobación.

Ocorre coa seguinte documentación:

� Certificado de discapacidade e ditame técnico facultativo.

� Certificados de realización de probas de acceso; tanto para ciclos formativos de forma-ción profesional de grao medio e de grao superior, como para ensinanzas de artes plás-ticas e deseño, e ensinanzas deportivas.

� Certificacións académicas de formación profesional básica (FPB), programas de cuali-ficación profesional inicial (PCPI) ou educación secundaria para as persoas adultas (ESA), no caso do anexo I para o acceso a grao medio.

As referencias aos números de documento nesta situación segundo os anexos son:

� Anexo I. Documentos codificados cos números: 1, 2, 3 e 4.

� Anexo II. Documentos codificados cos números: 2, 3, 4, 5, 6 e 7.

Page 8: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 8 de 20 01-02-2017 V1

3. Apartados da solicitude A continuación explicaranse algúns dos apartados dos anexos de solicitude.

3.1 Anexo II: inscrición para a proba de acceso a grao superior

3.1.1 Datos para os efectos de notificación

Estes datos utilizaranse unicamente no caso de que cumpra responder a un recurso de al-zada interposto pola persoa solicitante.

A notificación electrónica (no caso de que a persoa solicitante elixa este método como preferente) faise a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notific@, no que a persoa solicitante (ou representante) ten que estar dada de alta para poder acceder ás notificacións da administración.

3.1.2 Adaptación da proba por discapacidade

Poderán solicitar a adaptación da proba aquelas persoas que teñan recoñecida algunha das seguintes circunstancias:

3.1.2.1 Discapacidade igual ou superior ao 33´%

Documento xustificativo emitido por un organismo da Xunta de Galicia

� Se a persoa solicitante non denega a consulta dos seus datos, non terá obriga de achegar copia do certificado de discapacidade nin do ditame técnico facultativo. A táboa de “Comprobación de datos” do anexo deberá aparecer do seguinte xeito:

� Se a persoa solicitante denega a consulta dos seus datos, deberá achegar o certificado de discapacidade e o ditame técnico facultativo. A táboa de “Comprobación de datos” do anexo deberá aparecer da seguinte maneira:

Page 9: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 9 de 20 01-02-2017 V1

Documento xustificativo emitido por un organismo do utra comunidade autónoma

Nesta situación terá que achegarse copia para cotexar no centro. A táboa de “Documenta-ción que se presenta” do anexo aparecerá do seguinte xeito:

3.1.2.2 Incapacidade permanente no grao de total ou absolut a ou gran invalidez

Persoas en situación de incapacidade permanente no grao de total ou absoluta ou gran in-validez, ou de ter unha pensión de xubilación por incapacidade permanente (na Lei 51/2003, do 2 de decembro, establécese a equivalencia destas situacións cunha discapaci-dade igual ou superior ao 33 %).

Sempre cumprirá achegar o documento xustificativo do recoñecemento das devanditas incapacidades ou xubilación, xa que non é unha situación na que a Administración educa-tiva poida comprobar os datos ou a documentación. No anexo da solicitude sinalarase o seguinte:

3.1.3 Conservación da cualificación de partes superadas

Poderase solicitar a conservación da cualificación de polo menos 5 puntos obtida nalgunha parte da proba de acceso nas convocatorias dos anos 2015 ou 2016 de Galicia, sempre que a proba de acceso non fose superada na súa totalidade.

A aplicación informática recoñecerá esta situación, polo que a persoa solicitante non te-rá que achegar xustificante ningún.

3.1.4 Exencións

Haberá que sinalar a parte da proba para a que se solicita exención e o motivo ou os moti-vos que se alegan para xustificar a devandita petición.

Segundo haxa ou non obriga de achegar a documentación xustificativa da petición de exención atoparemos as seguintes situacións:

A aplicación informática recoñece o dereito á exención (polo que non cumprirá entregar o documento xustificativo)

� Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formati-vos de grao superior (só se admitirá se se obtivo en Galicia).

Page 10: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 10 de 20 01-02-2017 V1

� Superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación pro-fesional por outra opción, en Galicia.

Situacións nas que cómpre achegar sempre a documentación xustificativa

� Superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación pro-fesional por outra opción, no caso de terse obtido noutra comunidade autónoma. No anexo amosarase deste xeito:

� Superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas de-portivas ou de artes plásticas e deseño, no caso de terse obtido noutra comunidade au-tónoma:

Page 11: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 11 de 20 01-02-2017 V1

Actuarase analogamente no caso de solicitar exención da parte específica da proba por:

� Posuír un certificado de profesionalidade de nivel II ou superior.

� Posuír a condición de deportista de alto rendemento.

� Ter experiencia laboral de polo menos un ano.

Situacións nas que só se entregará a documentación no caso de denegar a súa consulta

� Superación da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas de-portivas ou de artes plásticas e deseño en Galicia:

Xa que logo, dado que o certificado pode ser consultado pola Administración, achega-rase só no caso ter denegado a súa consulta na táboa “Comprobación de datos” da se-guinte maneira:

Actuarase analogamente no caso de solicitar exención da parte específica da proba por:

� Posuír a condición de deportista de alto nivel.

� Posuír un título de técnico auxiliar da Lei 14/1970, do 4 de agosto.

� Posuír un título de técnico deportivo.

� Posuír un título de técnico de artes plásticas e deseño.

Page 12: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 12 de 20 01-02-2017 V1

3.2 Anexo I: inscrición para a proba de acceso a grao medio Analizaremos os apartados da solicitude que son distintos aos da solicitude da proba de acceso a ciclo superior.

3.2.1 Exencións

Haberá que sinalar a parte da proba para a que se solicite exención, e o motivo ou os moti-vos que se alegan para xustificar a devandita petición.

Segundo haxa ou non obriga de achegar a documentación xustificativa da petición de exención atoparemos as seguintes situacións:

A aplicación informática recoñece o dereito á exención (polo que non cumprirá entregar o documento xustificativo)

� Exención recoñecida nunha convocatoria anterior de probas de acceso a ciclos formati-vos de grao medio (só se admitirá se foi obtida en Galicia).

Situacións nas que cómpre achegar sempre a documentación xustificativa

� Superación de módulos profesionais dun título de formación profesional básica, ou de ámbitos dun programa de cualificación profesional inicial ou da educación secundaria para as persoas adultas, cando os certificados fosen expedidos por outras comunidades autónomas.

Por exemplo:

Page 13: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 13 de 20 01-02-2017 V1

Actuarase analogamente no caso de solicitar exención por:

� Posuír un certificado de profesionalidade.

� Ter experiencia laboral de polo menos un ano.

Situacións nas que só se entregará a documentación no caso de denegar a súa consulta

� Superación de módulos profesionais dun título de formación profesional básica, ou de ámbitos dun programa de cualificación profesional inicial ou da educación secundaria para as persoas adultas, cando os certificados fosen expedidos pola Xunta de Galicia.

Por exemplo:

Xa que logo, dado que o certificado pode ser consultado pola administración, achegara-se só no caso ter denegado a súa consulta na táboa “Comprobación de datos” da seguin-te maneira:

3.2.2 Aplicación á cualificación do incremento establecid o na disposi-ción transitoria única

O curso de preparación da proba de acceso nunca foi impartido en Galicia, polo que no ca-so de marcar esta petición se deberá achegar a documentación xustificativa.

Page 14: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 14 de 20 01-02-2017 V1

4. Tipos de solicitude Podemos distinguir dous tipos de solicitudes de inscrición segundo o modo en que as cu-bran as persoas solicitantes.

� Solicitude na web. É a que se cobre mediante un asistente informático.

� Solicitude clásica. É a que se cobre no anexo correspondente en papel ou no pdf edita-ble do anexo.

Ten moita importancia, porque o trámite administrativo na aplicación é distinto.

4.1 Solicitude na web O proceso é similar ao de anos anteriores. Para facer a solicitude electrónica, as persoas solicitantes teñen que ir á páxina www.edu.xunta.es/fp e, no menú da pestana de “Probas”, ir á ligazón de “Solicitude web” na proba de acceso que corresponda. Tamén poden ir di-rectamente a www.edu.xunta.es/ciclosprobas. A aplicación ten un sistema de autenticación e un asistente para cubrir a información necesaria para realizar a solicitude.

Finalizado o proceso e confirmados os datos, a aplicación xera un impreso de solicitude individualizado con exemplares para imprimir. O documento impreso é similar aos mode-los de solicitude do anexo I e do anexo II, e ademais ten no encabezamento un código de barras e unha serie alfanumérica, exclusiva para esa solicitude, que corresponden ao códi-go da solicitude. O aspecto é o da seguinte imaxe:

A aplicación xera dous exemplares para imprimir (un exemplar para o centro educativo e un duplicado para a persoa solicitante), que hai que entregar nun centro de inscrición (cal-quera centro educativo público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Orde-nación Universitaria con oferta de FP), xunto coa documentación que debe achegar cada solicitante, que aparecerá especificada nunha folla informativa que sae coa instancia.

O centro terá que rexistrar a entrega da solicitude e validala na aplicación para que teña validez (explícase máis adiante o procedemento). Sen este trámite a solicitude considerarase como non válida e a persoa non poderá participar nas probas de acceso.

4.2 Solicitude clásica O anexo da solicitude pódese obter no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/probas ou na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es/portada. Estes impresos, en formato pdf, pódense cubrir directamente e imprimir (para gardar o pdf é necesario modi-ficar o nome do ficheiro), ou cubrir á man con letra clara e lexible.

Os anexos debidamente cubertos deberanse entregar por duplicado nun centro de ins-crición, xunto coa documentación necesaria. O centro procederá a cargar a solicitude na aplicación ciclosprobas (explícase máis adiante o procedemento).

Estes impresos non teñen código de barras individualizado por solicitude e deben co-rresponderse cos formatos de solicitude normalizados (si que teñen un código de barras xenérico do procedemento ED312C ou ED312D).

Page 15: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 15 de 20 01-02-2017 V1

5. Entrega da solicitude. Verificación dos datos persoais A solicitude deberá ser entregada pola persoa solicitante (ou titular/es da súa patria potes-tade, no caso de menores de idade). Tamén poderá ser entregada por representante legal ou persoa debidamente autorizada (na “nota informativa” explícase o modo correcto de face-lo), ou poderá entregarse en Correos para o seu envío certificado. Por tanto, quen entregue a solicitude ten a obriga de identificarse.

Non obstante, só é preciso que se achegue copia cotexada do DNI ou NIE cando a per-soa solicitante lle denegue á Administración educativa a consulta dos seus datos no siste-ma de verificación de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

No caso de que non se dispoña de DNI nin NIE, cumprirá achegar copia (para cotexar no centro educativo) do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.

Independentemente do anterior, cómpre revisar ben os datos persoais da persoa solicitante, especialmente o número de documento de identidade, o nome e os apelidos. É recomenda-ble fotocopiar e arquivar o documento de identidade.

Page 16: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 16 de 20 01-02-2017 V1

6. Xestión de solicitudes na aplicación

6.1 Solicitudes na web O código de barras que teñen todas as solicitudes na web é necesario para as identificar na aplicación informática de xestión de probas de acceso “Ciclosprobas” (dispoñible no ende-rezo www.edu.xunta.es/ciclosprobas) .

É preciso realizar dous pasos coas solicitudes web: hai que marcalas como entregadas e, despois, validar a solicitude. Se por calquera causa non fose posible no momento da entre-ga, hai que verificar os datos do impreso de solicitude co documento de identidade (espe-cialmente nome, os apelidos e o número de documento) e posteriormente proceder a mar-car a entrega e a validación da solicitude. Vexamos os pasos:

� Ir ao apartado “2.3. Entregar solicitudes” e introducir o código da solicitude (con lec-tor de código de barras ou co teclado) que está situado na parte superior dereita do im-preso.

� Premer en “Buscar” e aparecerán os datos de identificación da solicitude. Vemos que é unha solicitude pendente de entregar e de validar (están sen cubrir as datas):

� Premer “Marcar entrega”, e despois en “Iniciar validación”.

0

Page 17: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 17 de 20 01-02-2017 V1

No caso de que se abra a ventá cos datos persoais, o persoal administrativo dos centros debe comprobar que os datos que aparecen na aplicación se correspondan cos do im-preso de solicitude e co documento oficial de identificación da persoa solicitante (espe-cialmente o nome, os apelidos e o número de documento). Se se está de acordo, hai que premer nun novo botón: “Validar”.

� Apartados da solicitude para modificar polo persoal dos centros educativos na valida-ción de solicitudes web cando sexa necesario:

No apartado “Documentación que se presenta”, cambiaranse as marcas de “Cotexada” por “Non cotexada”, no caso de que para algún documento achegado a persoa solicitan-te non entregue ou non amose o documento orixinal correspondente.

� No caso de que a persoa solicitante achegue calquera documentación (coa excepción do anexo de solicitude), tanto se ten obriga de facelo como se non, cargarase na aplicación informática no punto de carga que corresponda, segundo o seguinte:

– A documentación xustificativa da petición de proba adaptada incluirase, separada-mente do resto, no seu punto de carga específico:

– O resto da documentación entregada engadirase no punto de carga que está ao final da pantalla de validación:

� Antes de proceder á validación da solicitude, premerase no botón “Detectar erros na so-licitude”.

Con esta acción, a aplicación informática comprobará algunhas posibles discordancias entre peticións feitas na solicitude e a documentación que a persoa solicitante marcou para presentar no centro de inscrición. No caso de que proceda, segundo a situación da persoa solicitante, o persoal administrativo dos centros alertaraa destes avisos coa fina-lidade de que os corrixa.

Page 18: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 18 de 20 01-02-2017 V1

Non obstante, estes erros non impiden validar a solicitude, para o que se premerá no botón “Validar”. No caso de que sexa necesario corrixir algún erro, a persoa solicitante deberá confeccionar outra solicitude, polo que se anulará a validación desta ao premer no botón “Volver”.

� No caso de que só se premese en “marcar entrega” e non se seguise co proceso de vali-dación, este pódese facer posteriormente desde a pestana “2.4. Validar solicitudes” do menú. Nesta opción, introducindo o número de documento de identidade que figura na solicitude podemos consultar cantas solicitudes fixera unha persoa e proceder á valida-ción, ou ver cal delas está validada.

� Pódese modificar a solicitude desde a pestana “2.1. Tramitar solicitudes”, pero só no caso de que a persoa solicitante presente unha reclamación, en tempo e forma, para co-rrixir un defecto.

� Na opción “2.5. Listaxe de solicitudes no centro” poderanse consultar todas as solici-tudes na web que fosen entregadas no centro educativo.

6.2 Solicitudes clásicas A carga destas solicitudes realizarase desde a pestana “2. Solicitudes”, no apartado “2.1. Tramitar solicitude ”. Os pasos son estes:

� Comprobamos, buscando co número do documento de identidade ou co nome da persoa solicitante, se xa ten unha solicitude activa. No caso de ter algunha solicitude previa-mente validada, advertirase deste feito a persoa interesada e continuarase co proceso. Prememos en “Engadir solicitude” e, tras indicar o número de identificación da per-soa, pulsamos “Buscar”. O normal é que a aplicación recoñeza o número de documen-to. Neste caso comprobamos e modificamos, se procede, os datos persoais, e pulsamos “Continuar ”. No caso de que a aplicación non coñecera o número de documento de identidade, procederemos a cargar todos os datos persoais.

Page 19: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 19 de 20 01-02-2017 V1

� Transcribiremos todo o resto de datos indicados no impreso de solicitude: datos da per-soa representante, datos para os efectos de notificación, opción e materias elixidas, pe-ticións de adaptación da proba, conservación da nota e exencións.

Tamén haberá que transcribir as marcas que houbese nos apartados “Documentación que se presenta” e/ou “Comprobación de datos”, sinalando para cada documento que achegue a persoa solicitante se é “cotexado” ou “non cotexado” (para que se dea a pri-meira opción a persoa solicitante entregará ou amosará o documento orixinal).

No caso de que as marcas efectuadas na solicitude en papel sobre a documentación que se achega sexan incorrectas (non se correspondan coa documentación entregada, non corresponda entregar ese documento senón outro, etc.), a persoa solicitante deberá rea-lizar unha nova solicitude.

� No caso de que a persoa solicitante achegue calquera documentación (coa excepción do anexo de solicitude), tanto se ten obriga de facelo como se non, cargarase na aplicación informática no punto de carga que corresponda segundo o seguinte:

– A documentación xustificativa da petición de proba adaptada incluirase, separada-mente do resto, no seu punto de carga específico:

– O resto da documentación entregada engadirase no punto de carga que está ao final da pantalla de validación:

Page 20: Informacion probas de acceso centros 2017 V2€¦ · Resolución administrativa. As persoas que nas convocatorias de 2015, 2016 e 2017 su-perasen parcialmente unha proba de acceso

Páxina 20 de 20 01-02-2017 V1

� Antes de proceder a gardar a solicitude, premerase no botón “Detectar erros na solici-tude”.

Con esta acción, a aplicación informática comprobará algunhas posibles discordancias entre peticións feitas na solicitude e a documentación que a persoa solicitante marcou para presentar no centro de inscrición. No caso de que proceda, segundo a situación da persoa solicitante, o persoal administrativo dos centros alertaraa destes avisos coa fina-lidade de que os corrixa.

Non obstante, estes erros non impiden validar a solicitude, para o que se premerá no botón “Gardar”. No caso de que sexa necesario corrixir algún erro, a persoa solicitante deberá confeccionar unha nova solicitude.

Con posterioridade a premer en “Gardar”, a aplicación informática pode informar de erros que sexa necesario corrixir. Por exemplo:

Unha vez corrixidos todos os erros, xerarase unha mensaxe de confirmación da valida-ción correcta de documentación.

Procederase, entón, a gardar a solicitude. Cando o proceso estea rematado, a aplicación mostrará a mensaxe:

A persoa solicitante pode xerar e presentar novas solicitudes (tanto “na web” como “clási-cas”), dentro do prazo de inscrición. Será válida a derradeira validada.