informacion e inscricions musicos pola biopsia liquida

3
INFORMACIÓN DE UTILIDADE ANTES DE CUMPRIMENTAR A INSCRICIÓN MÚSICOS POLA BIOPSIA LÍQUIDA é un proxecto promovido por dúas entidades empresariais compostelás sen ánimo de lucro, a Fundación Santiago Centro, Área Comercial (santiagocentro.gal) e o Club Financiero de Santiago de Compostela (www.clubfinancierodesantiago.com). Con esta iniciativa preténdese: a) Colaborar e recadar fondos para as investigacións sobre a BIOPSIA LÍQUIDA que desenvolve no Hospital Clínico de Santiago o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional, Oncomet (http://colabora.oncomet.es) b) Dar visibilidade ao inxente traballo que se realiza diariamente nos conservatorios e escolas de Música de Santiago; e implicar á poboación nunha xornada cultural e solidaria MÚSICOS POLA BIOPSIA LÍQUIDA sacará á tocar nas rúas do Ensanche o sábado día 1º de abril a ducias de intérpretes de todas as idades, en beneficio da investigación BIOPSIA LÍQUIDA, o grande avance na investigación contra o cancro. A actividade organizarase mediante un programa de micro concertos en rúas e prazas do Ensanche, en espazos definidos pola organización. Levaranse a cabo durante o sábado día 1º de abril, en horarios de 12:00 a 14:30 e de 17:30 a 20:30 h. En cada emprazamento, grazas ás actuacións, recadaranse fondos para a BIOPSIA LÍQUIDA. Todos os implicados na organización somos colaboradores voluntarios. SE TE ANIMAS A PARTICIPAR, LE ATENTAMENTE ESTAS INDICACIÓNS: Todos podemos participar: solistas, dúos, tríos, conxuntos, bandas, combos, orquestras, coros, nenos, xoves, adultos, profesores, alumnos, iniciación, medio, avanzado... Podes elixir o horario; se queres tocar unha única vez, ou se te prestas a dedicar máis tempo e rotar por diferentes emprazamentos. Ti elixes a/s peza/s e a duración da túa actuación. Pero por favor consúltanos se elixes pezas suxeitas a dereitos de autor. A organización facilita un piano Media Cola Yamaha C3 e máis equipo básico de son para grupos e bandas. Fóra disto, cada intérprete, grupo ou coro debe xestionar as súas necesidades. En todo caso contamos con voluntarios que vos poden axudar nos traslados dos instrumentos e equipos. ATENCIÓN. Unha vez inscritos, e rematado o prazo límite do 17 de marzo, a organización contactará por email para indicarvos HORARIO e EMPRAZAMENTO da/s vosa/s actuación/s. Segundo as previsións meteorolóxicas tocaremos nas rúas e prazas; ou a cuberto se o día sae gris.

Upload: cemupeleteiro

Post on 08-Apr-2017

44 views

Category:

Art & Photos


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Informacion e inscricions musicos pola biopsia liquida

INFORMACIÓN DE UTILIDADE ANTES DE CUMPRIMENTAR A INSCRICIÓN

MÚSICOS pOla BIOpSIa lÍQUIDa é un proxecto promovido por dúas entidades empresariais compostelás sen ánimo de lucro, a Fundación Santiago Centro, Área Comercial (santiagocentro.gal) e o Club Financiero de Santiago de Compostela (www.clubfinancierodesantiago.com).

Con esta iniciativa preténdese:

a) Colaborar e recadar fondos para as investigacións sobre a BIOpSIa lÍQUIDa que desenvolve no Hospital Clínico de Santiago o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional, Oncomet (http://colabora.oncomet.es)

b) Dar visibilidade ao inxente traballo que se realiza diariamente nos conservatorios e escolas de Música de Santiago; e implicar á poboación nunha xornada cultural e solidaria

MÚSICOS pOla BIOpSIa lÍQUIDa sacará á tocar nas rúas do Ensanche o sábado día 1º de abril a ducias de intérpretes de todas as idades, en beneficio da investigación BIOPSIA LÍQUIDA, o grande avance na investigación contra o cancro.

A actividade organizarase mediante un programa de micro concertos en rúas e prazas do Ensanche, en espazos definidos pola organización.

Levaranse a cabo durante o sábado día 1º de abril, en horarios de 12:00 a 14:30 e de 17:30 a 20:30 h. En cada emprazamento, grazas ás actuacións, recadaranse fondos para a BIOPSIA LÍQUIDA.

Todos os implicados na organización somos colaboradores voluntarios.

SE TE ANIMAS A PARTICIPAR, LE ATENTAMENTE ESTAS INDICACIÓNS:

■ Todos podemos participar: solistas, dúos, tríos, conxuntos, bandas, combos, orquestras, coros, nenos, xoves, adultos, profesores, alumnos, iniciación, medio, avanzado...

■ Podes elixir o horario; se queres tocar unha única vez, ou se te prestas a dedicar máis tempo e rotar por diferentes emprazamentos.

■ Ti elixes a/s peza/s e a duración da túa actuación. Pero por favor consúltanos se elixes pezas suxeitas a dereitos de autor.

■ A organización facilita un piano Media Cola Yamaha C3 e máis equipo básico de son para grupos e bandas. Fóra disto, cada intérprete, grupo ou coro debe xestionar as súas necesidades. En todo caso contamos con voluntarios que vos poden axudar nos traslados dos instrumentos e equipos.

■ ATENCIÓN. Unha vez inscritos, e rematado o prazo límite do 17 de marzo, a organización contactará por email para indicarvos HORARIO e EMPRAZAMENTO da/s vosa/s actuación/s.

■Segundo as previsións meteorolóxicas tocaremos nas rúas e prazas; ou a cuberto se o día sae gris.

Page 2: Informacion e inscricions musicos pola biopsia liquida

INSCRICIÓN SOLISTAS

■ Cubre ou marca cun X a casiña que corresponda.■ Solicitamos datos sobre a túa idade e nivel para organizarnos mellor e realizar unha programación variada e atractiva en cada un dos emprazamentos.

INSCRICIÓNAPELIDOS: NOME: Email:

CENTRO/ESCOLA:

NIVEL: Iniciación Medio Avanzado Profesor Profesional

IDADE: Nenos (ata 12 anos) Xoves (12-18) Adultos

SOLISTASColaboro como: Solista Instrumento/s:

Horario dispoñible: 12:00 - 14:30 h 17:30 - 19:00 h 19:00 - 20:30 h

Peza(s)/Duración: minutos

minutos

minutos

minutos

minutos

Vou realizar: Unha única actuación Estou disposto a rotar por distintos emprazamentos

COMENTARIOS, OBSERVACIÓNS OU NECESIDADES ESPECIAIS.

Page 3: Informacion e inscricions musicos pola biopsia liquida

INSCRICIÓN GRUPOS

■ Cubre ou marca cun X a casiña que corresponda.■ Solicitamos datos sobre a túa idade e nivel para organizarnos mellor e realizar unha programación variada e atractiva en cada un dos emprazamentos.

INSCRICIÓN/PERSOA DE CONTACTOAPELIDOS: NOME: Email:

CENTRO/ESCOLA:

NIVEL: Iniciación Medio Avanzado Profesor Profesional

IDADE: Nenos (ata 12 anos) Xoves (12-18) Adultos

Grupo: Nº integrantes:

Breve descrición (estilo):

Horario dispoñible: 12:00 - 14:30 h 17:30 - 19:00 h 19:00 - 20:30 h

Peza(s)/Duración: minutos

minutos

minutos

minutos

minutos

Realizaremos: Unha única actuación Estamos dispostos a rotar

COMENTARIOS, OBSERVACIÓNS OU NECESIDADES ESPECIAIS.