informa o pp... · 2017. 10. 14. · morrazo rúa atranco 19a, ench. 1 36947. cangas tlf. 986302987...

4
Marzo 2015 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.gal Debate no Parlamento da ILP de medidas para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellorar o ensino público O secretario nacional da CIG- Ensino, Anxo Louzao, defendeu esta martes 10 de marzo no Parlamento de Galiza a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellorar a calidade do ensino en Galiza. O PP, fiel á súa liña, defendeu a súa xestión e utilizou a súa maioría parlamentaria para laminar esta Iniciativa que viña avalada por 23.000 sinaturas. Louzao comezou a súa intervención denunciando os “numerosos e incesantes ataques” sufridos polo ensino público galego e acusando ao PP de ter imposto modelo “clasista, segregador, mercantilista e españolizador” que “persegue e despreza o ensino en galego, recorta os dereitos laborais e salariais do profesorado, desprestixia o seu traballo, limita o dereito á educación e elimina a igualdade de oportunidades”. Acusou á administración educativa de ser “insubmisa” ás resolucións xudiciais e á consellaría de “obstaculizar” o traballo do Valedor do Pobo, ignorar os ditames do Consello Escolar de Galiza e minguar a capacidade de negociación da Mesa Sectorial. Cualificou esta actitude de “prepotente, autoritaria e antidemocrática”, denunciou a súa submisión aos mandatos de Madrid e responsabilizouna de ter utilizado a Galiza “como laboratorio experimental da política máis reaccionaria e antigalega do PP”. Acusou tamén ao goberno de Feijóo de “liquidar” a gratuidade de libros de texto; o acordo retributivo do profesorado; a ampliación dos cadros de persoal dos centros de infantil e primaria; a redución do horario lectivo do profesorado; o dereito do persoal substituto a cobrar os meses de verán; a ampliación das licenzas por estudos; a suspensión dos concertos educativos aos centros que segregan o alumnado por razón de xénero e o deber de impartir matemáticas e o 50% das materias en galego. A isto engadiu a supresión do programa Preescolar na Casa “única e exclusivamente, por ser integramente en galego” e a degradación dos servizos escolares no rural. Afronta constante ao profesorado Xunto a isto denunciou tamén as afrontas constantes ao profesorado pola falta de diálogo da consellaría, a redución salarial nun 20% desde 2009; a supresión da paga extra de decembro de 2012 e a redución das de 2013, 2014 e 2015; a ampliación do horario lectivo; a obriga de realizar funcións alleas á docencia; a penalización salarial por enfermar e a liquidación da xubilación LOE. O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, defendeu esta martes 10 de marzo no Parlamento de Galiza a ILP que só rexeitou o PP

Upload: others

Post on 18-Feb-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Marzo 2015

    Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

    www.cig-ensino.gal

    Debate no Parlamento da ILP de medidas para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellorar o ensino público

    O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, defendeu esta martes 10 de marzo no Parlamento de Galiza a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellorar a calidade do ensino en Galiza. O PP, fiel á súa liña, defendeu a súa xestión e utilizou a súa maioría parlamentaria para laminar esta Iniciativa que viña avalada por 23.000 sinaturas.

    Louzao comezou a súa intervención denunciando os “numerosos e incesantes ataques” sufridos polo ensino público galego e acusando ao PP de ter imposto modelo “clasista, segregador, mercantilista e españolizador” que “persegue e despreza o ensino en galego, recorta os dereitos laborais e salariais do profesorado, desprestixia o seu traballo, limita o dereito á educación e elimina a igualdade de oportunidades”.

    Acusou á administración educativa de ser “insubmisa” ás resolucións xudiciais e á consellaría de “obstaculizar” o traballo do Valedor do Pobo, ignorar os ditames do Consello Escolar de Galiza e minguar a capacidade de negociación da Mesa Sectorial. Cualificou esta actitude de “prepotente, autoritaria e antidemocrática”, denunciou a súa submisión aos mandatos de Madrid

    e responsabilizouna de ter utilizado a Galiza “como laboratorio experimental da política máis reaccionaria e antigalega do PP”.

    Acusou tamén ao goberno de Feijóo de “liquidar” a gratuidade de libros de texto; o acordo retributivo do profesorado; a ampliación dos cadros de persoal dos centros de infantil e primaria; a redución do horario lectivo do profesorado; o dereito do persoal substituto a cobrar os meses de verán; a ampliación das licenzas por estudos; a suspensión dos concertos educativos aos centros que segregan o alumnado por razón de xénero e o deber de impartir matemáticas e o 50% das materias en

    galego. A isto engadiu a supresión do programa Preescolar na Casa “única e exclusivamente, por ser integramente en galego” e a degradación dos servizos escolares no rural.

    Afronta constante ao profesoradoXunto a isto denunciou tamén as

    afrontas constantes ao profesorado pola falta de diálogo da consellaría, a redución salarial nun 20% desde 2009; a supresión da paga extra de decembro de 2012 e a redución das de 2013, 2014 e 2015; a ampliación do horario lectivo; a obriga de realizar funcións alleas á docencia; a penalización salarial por enfermar e a liquidación da xubilación LOE.

    O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, defendeu esta martes 10 de marzo no Parlamento de Galiza a ILP que só rexeitou o PP

  • confederación intersindical galega2

    marzo 2015

    “Quixera, en primeiro lugar, agradecerlles ás 22.918 persoas que fixeron posíbel, coa súa sinatura, que hoxe esteamos aquí, no Parlamento, dándolles voz as súas propostas e reivindicacións”, dixo Anxo Louzao.

    Cualificou de “devastadora” a supresión de máis de 3.000 postos docentes ao saír á oferta pública só 583 prazas nos últimos catro anos, mentres se xubilaban máis de 4.000 profesores/as, o que provocou que hoxe, máis de 1.200 docentes impartan materias das que non son especialistas; o aumento das itinerancias, contratos a tempo parcial, despedimento de profesorado interino e que outro pasara a ser substituto, explicou. Lembrou ademais que desde o ano 2009, os orzamentos destinados ao ensino público decreceron en 680 millóns de euros, un 33.5%, cando as cantidades destinadas aos concertos educativos diminuíron en moito menor grao.

    Cualificou o Decreto de Plurilingüismo de “atentado contra a normalización lingüística” por eliminar o ensino na nosa lingua na educación infantil nos ámbitos español-falantes e prohibir a ensinanza en galego das materias técnico-científicas que, porén, poden impartirse en inglés. Unha desconsideración que se constata, explicou, na diminución dos orzamentos destinados a normalización nun 67%.

    Considerou que é “unha verdadeira ameaza para o futuro da nosa lingua” e inseriuno na “cruzada do PP contra o idioma” que se manifesta tamén en decisións como a de suprimir a obriga de, como mínimo, realizar unha das probas en galego para acceder á función pública, o desmantelamento das galescolas, a supresión da liña en galego en educación infantil, a redución das axudas aos equipos de normalización e o despedimento do profesorado que impartía os cursos Celga, para os que pediu a inmediata readmisión, toda vez que hai xa máis de 30 sentenzas que “confirman a actuación represiva e ilegal da Consellaría de Educación”.

    As consecuencias da LOMCEO secretario nacional da CIG-Ensino explicou ademais que a LOMCE -cuxa aplicación está a ser un “despropósito”- implanta

    un modelo educativo “neoliberal” que viu agravar aínda máis este panorama e do que dixo que é “máis selectivo e clasista, desautoriza o profesorado, lamina a xestión democrática dos centros, subvenciona o descoñecemento do noso idioma, segrega o alumnado mediante itinerarios, reválidas e titulacións distintas no ensino obrigatorio e nega un ensino galego, científico e laico”, dixo.

    Decreto do plurilingüismo

    Un sistema educativo novoAnxo Louzao explicou que foi precisamente este panorama educativo “desolador” o que levou á CIG-Ensino a promover

    esta ILP que propón, ao longo do seu articulado, un Estatuto Galego da Función Docente; o restabelecemento dos salarios e das pagas extras; a suba dos salarios como mínimo igual ao IPC; a percepción do 100% en situación de IT e a supresión das taxas de reposición. Isto xunto un modelo de xestión democrática dos centros educativos que pasa por elixir de forma directa as direccións.

    Explicou ademais que pretende “contribuír a termos outro sistema educativo, verdadeiramente galego e unha educación pública de calidade, inclusiva, equitativa, gratuíta e universal, imprescindíbel para conseguir unha sociedade máis igualitaria, xusta e democrática”. Un sistema educativo “inserido na nosa realidade nacional, para que dea resposta acaída ás necesidades da educación en Galiza” que conte cos orzamentos e recursos necesarios, remate coa privatización e camiñe cara absorber todas as competencias en materia educativa.

  • confederación intersindical galega3

    marzo 2015

    A ILP contou co apoio de todos os grupos parlamentarios agás o Partido Popular. Na súa representación foi a deputada María Soledad Piñeiro Martínez quen manifestou a oposición a esta Iniciativa Lexislativa Popular por considerar que supón unha emenda á totalidade do modelo educativo do PP. Un modelo que defendeu e que asegurou que está avalado polos respaldo dos galegos e galegas que apoiaron ao partido que sustenta o goberno da Xunta.

    Ante isto e no quenda de réplica o secretario nacional da CIG-Ensino puxo en cuestión tanto a súa lexitimidade como a do PP. Lembrou que a CIG-Ensino, promotora desta ILP, si obtivo o respaldo da inmensa maioría do profesorado, que foi ademais quen asinou de forma masiva a Iniciativa.

    Desmontou así os argumentos da deputada do grupo parlamentario popular á que acusou de ter unha “habilidade sobrenatural para inventar a realidade”.

    Denunciou, fronte a defensa do programa Avalar e dos centros plurilingües que nin sequera foi quen, o PP, de garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado e para todos os centros, como tampouco fixo esforzo algún por mellorar o ensino en linguas estranxeiras formando ao profesorado axeitadamente.

    Pero sobre todo acusou ao PP de tratar, deste xeito, de reducir a presenza do galego que, asegurou, “non ten futuro se non se

    imparten as aulas na nosa lingua”, porque o aprendizaxe do español está garantido.

    E non só iso. O secretario nacional da CIG-Ensino demostrou ademais que o Partido Popular carecía de lexitimidade porque ningún dos puntos que figuraban no seu programa electoral referidos ao ensino, aos que deu lectura, se cumpriron.

    Todos os grupos parlamentarios da oposición votaron a favor da ILPA CIG-Ensino valora positivamente o debate porque abre o camiño para un cambio na política educativa se o PP perde as eleccións á Xunta

    A CIG-Ensino valora positivamente o debate da ILP en defensa dos dereitos do profesorado e de mellora do ensino público aínda que foi rexeitada polo PP.

    O apoio unánime de todos os grupos parlamentarios da oposición ás propostas recollidas na ILP supón o inicio dun camiño que a medio prazo, no caso de producirse un cambio no Goberno da Xunta, ten que comportar necesariamente un cambio tamén na política educativa do PP.

    De igual xeito aconteceu coa retirada do plus dos altos cargos, que se iniciou tamén co debate dunha ILP que foi rexeitada, e que hoxe en día é unha realidade.

    A sesión só puido asistir unha representación da Comisión Promotora

    Este debate foi vetado polo xornal La Voz de Galicia

  • confederación intersindical galega4

    Santiago (Local Nacional)Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

    A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

    Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986609360 Fax. [email protected]

    MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

    FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

    LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

    OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

    PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

    A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

    Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

    VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

    SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

    Os nosos locais

    - Solicitada a homologación por 8 horas lectivas.- Matrícula na web www.as-pg.com e www.cig-ensino.gal- Prezos:

    Socias/as AS-PG e afiliados/as da CIG: 10 euros.• Parados/as: 20 euros.• Normal: 30 euros.•

    ProgramaDe 09:45 a 10:00Recepción e entrega de material. De 10:00 a 11:30A interseccionalidade de xénero como enfoque coeducativoMaría Rúa Junquera, licenciada en xornalismo, especialista en xénero e relacións internacionais.11:30 a 13:00Violencia nas relacións de parella dos/as adolescentes. Deconstrución dos mitos do amor.Yolanda Rodríguez Castro, profesora axudante doutora. Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense.De 13:00 a 14:30Envíasme unha foto sexy? Sexting e riscos emerxentes na rede.Patricia Alonso Ruído, licenciada en Ciencias da Educación, Campus de OurenseDe 16:30 a 18.00 O sexismo nas revistas para adolescentes. Recursos para unha lectura crítica.Belén Puñal, xornalista.De 18:00 a 19:30 Construción dos estereotipos de xénero nos medios e a súa deconstrución nas aulas.Rocía Fraga Sáenz, socióloga e formadora, especialista en xénero.De 19:30 a 20:00 hora Debate