infografía dun tramo do camiño 1º eso 2020-21 · o cacheiro, monte novo cb aa ep a venturiña,...
TRANSCRIPT
![Page 1: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/1.jpg)
Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21
Compón unha infografía de base xeográfica (partindo do percorrido do Camiño no mapa) na que
recollas a información recompilada sobre os dous topónimos asignados. Faino en folio ou cartolina.
Planificación
Cubre o diagrama de datos con cada un dos topónimos.
Decide como será a organización visual da túa infografía. Debe partir do percorrido real,
pero pode representalo de xeito realista ou non (con pasos, por exemplo), pode adoptar a
perspectiva aérea ou en perfil, etc.
Pensa como distribuír a información: en paneis ou cadros toponímicos, con
camiños secundarios, en forma circular ao redor de cada nome...
Elaboración (dispós dun sinxelo modelo na imaxe da dereita)
Deseña a base da infografía, o fío lóxico -neste caso, xeográfico-
que vai permitir organizar os contidos.
Debuxa en folla á parte as imaxes, iconas ou símbolos que van
acompañar o texto. Como mínimo, haberá un debuxo por cada tipo de
topónimo presente no percorrido (un para os fitotopónimos, outro
para os hidrotopónimos, etc.) e tamén un para cada tipo de
información recollida (un para o significado, outro para a orixe...).
Escolle (ou completa) o contido textual do diagrama de datos e
mellora a súa expresión para que sexa persoal, sinxela pero non
telegráfica.
Comproba que os elementos visuais son ben representativos
desa información que queres transmitir e non serán interpretados
erroneamente.
Distribúe iconas e texto da maneira que determinaches.
Dálle ao conxunto un deseño uniforme e sinxelo, que non
interfira na comprensión, senón que axude a percibir e entender. Non
mestures formas distintas, cores variadas, letras moi dispares, etc.
Se é preciso, chapoda o que sexa superfluo ou que interfira na forza e capacidade
comunicativa que toda infografía debe ter.
Revisión
✔ Hai unha organización visualmente clara de acordo coa distribución sobre un territorio?
✔ O texto escrito é breve, preciso e claro, sen deixar fóra datos importantes?
✔ Inclúense iconas ou debuxos que representen os tipos de topónimos e os tipos de datos
achegados?
✔ O conxunto ten un formato uniforme e atractivo?
Presentación
A infografía debe entregarse antes de que remate o mes de marzo.
![Page 2: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/2.jpg)
Diagrama de datos (Cúbreo para cada un dos topónimos que che tocaron)
• Pon no centro o nome do lugar que che correspondeu e que xa anotaches no caderno.
• Consulta o documento coa información sobre os topónimos e mais os mapas.
• No punto Onde está indica a parroquia e a zona dentro dela. Consulta as capturas de mapas.
• Para os restantes puntos, é fundamental que anotes todos os datos con moita atención. Non é
imprescindíbel cubrir todos os apartados.
• Que significa refírese ao significado do termo no galego actual. Como ilustralo solicita unha
anotación sobre que tipo de imaxe ou debuxo podería acompañar o topónimo segundo o seu
significado. De onde provén require a presentación da orixe ou étimo. Que queda esixe
comparar as imaxes aéreas antigas coa vista actual para describir os cambios que se
produciron nese espazo. Que outros sitios implica aludir a lugares en Ames e/ou en Galicia
con ese mesmo nome ou similar. Foi deturpado posibilita achegar cambios castelanizadores
que atentaron contra o nome de lugar.
![Page 3: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/3.jpg)
Capturas como as seguintes permiten partir dunha imaxe (case) real do traxecto do Camiño que
conformará a base da infografía. Achéganse, así mesmo, as aéreas limpas, do ano 1954 e actual.
![Page 4: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/4.jpg)
Repartición dos topónimos do Camiño portugués en Ames
Topónimos (dous por alumn@) 1º ESO A 1º ESO B 1º ESO G
A Lagoa, Bouciñas UA PA MP
O Prado, A Xerreira HB UA LP
O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP
A Venturiña, As Trabes MB CA UR
A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR
Soloureiros, A Revolta AC XB NR
A Revoltiña, Acea ECM BB PR
A Agrota, A Cova dos Teixos MCC DC SR
Os Pegos, O Cotón MCM PC AS
A Devesa, A Codeseira FD ND PS
A Estibada de..., O Cumariño MF SD GS
Fonteleiras, O Agro de... YG SFD VS
A Curuxa, A Galdrachán SG, PL EF, SFR FS
Os Pardiñeiros, O Xeixo AI, CV NF, JM OV
![Page 5: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/5.jpg)
A Lagoa
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Extensión de auga
máis pequena ca un lago e de menor
profundidade
Latín lacus (lago ou auga)> latín vulgar lacona
4 A Lagoa e 5 Lagoas en Ames. Tamén Cruceiro de Lagoas en Agrón, A Poza de Lagoas, Lagoas de Abaixo, Lagoas de Arriba e Portolagoa en Piñeiro. En Galicia hai multitude de exemplos. O Nomenclátor de Galicia rexistra sobre 70, sen contar os derivados diminutivos Lagoíña e Lagoela. A Lagúa e Lagúas teñen unha presenza menor.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático
![Page 6: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/6.jpg)
O Prado
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Terreo vexetal
(herbáceo) denso e
húmido, pero que pode
experimentar
esgotamento estival.
Terreo húmido onde se
deixa medrar a herba
para alimento do
gando.
Latín pratum(prado). É untopónimo transparente nunha contorna dedicada á actividadeagraria.
En Ames hai case unha decena de O Prado. Tamén Os Prados (en Ortoño),Suprado (en Bugallido), Os Prados da Granxiña e A Portela do Prado (en Ortoño), A Cortiña dos Prados en Bugallido, O Agro do Prado en Trasmonte, O Pozo do Prado en Agrón...No Nomenclátor de Galicia localizamos 65 ocorrencias de Prado, O Prado, Prados e Os Prados.
Os artigos foron castelanizadoscase de xeito sistemático
![Page 7: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/7.jpg)
Bouciñas
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Diminutivo plural de bouza.
Este topónimo é un derivado
do substantivo galego bouza
(<* bauttia ), palabra de
orixe prerromana que
designa terras bravas con
vexetación de arbustos e
monte baixo.
De orixe prerromana, a través do latín baltea (o que cingue) + sufixo diminutivo.A orixe remota está na palabraprerromana*bauttia
En Ames existendúas Bouciñas en Biduído.Tamén catro sitios chamadosAs Bouzas.E mais A Bouza (en Agrón) e O Bouzo (en Tapia). Conta con máis de cen entradas no Nomenclátor de Galicia.
![Page 8: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/8.jpg)
A Xerreira
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxesabaixo
Podería ser dúas cousas:1. Variante de Xurreira. Ondehai moito xurro (líquido que solta o esterco). Corrente forte de auga orixinada por chuvias intensas.2. A “xerreira” tamén pode referirse a unha persoa que vende ou fabrica xerras e outros recipientes. Sería a propietaria desas terras.
As palabras derivadas dexurro (xurrada, enxurrada,xurreira, Surreiro, Surreira...) son de orixeincerta, posiblementeprelatina ou de creación expresiva, onomatopeica, asociada ao ruído da auga en movemento cando circula axitada.
É a única Xerreira noconcello e posibelmente en Galicia.A Xurreira e As Xurreiras si existen -ducias- en Galicia, sobre todo en Muras e Cambados.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático.Os xes en palabras “non traducíbeis” directamente ao castelán trocáronse por j
![Page 9: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/9.jpg)
O Cacheiro
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
O máis probable é sexa un derivado do verbo cachar (roturar) como o topónimo A Cachada. Na toponimia, cachar significa ‘britar, romper monte, amansar terras bravas’, e designa igualmente terras incultas oude arboredo que foron aradas para o cultivo
O verbocachar vén do latíncacculāre
Hai catro sitios con este nome en Ames, ademais deen Biduído, en Ameixenda.E tamén temos Os Cacheiros en Agrón. Así mesmo, en Bugallido hai As Cachadas, en San ToméA Cachada e en Ameixenda As Cachadiñas.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático
![Page 10: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/10.jpg)
A Venturiña
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxesabaixo
Posibilidades:1) pode derivar de (boa)ventura (felicitade); 2) pode referirse a unha terra pequena propiedade dun señor chamado ou apelidado Ventura; 3) ou pode estar relacionado con Ventureira, quizais unha deformación de Voitureira (sitio onde crían os voitres)
De nome propio Ventura, que provén do latín ventūra ‘o que está por vir’Ou ben de voitre, do latín vultur(ave de rapina)
Topónimo único no concello e en Galicia. Pronunciado tamén como veituriña, segundo os rexistrosHai, así mesmo, As Ventureiras en Ameixenda. O Agro de Ventura en San Tomé, así mesmo presente en Enfesta (Santiago de Compostela).En Galicia hai varios A Veitureira, entre eles un en Lampai, Teo, co claro derivado A Pena da Veitureira. E tamén diversos A Ventureira + A Ladeira Ventureira e A Cova das Ventureiras.Noutra liña, en Brión temos Boaventura.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático
![Page 11: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/11.jpg)
A Pena Mosqueira
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Topónimo composto por
un primeiro elemento xenérico, Pena, que fai
referencia a unha pedra de gran tamaño ou un
rochedo que sobresae na terra, máis un segundo
elemento específico, Mosqueira, que pode ser
un derivado de mosca covalor de abundancia
destes insectos.
Latín PINNA‘pedra, rocha’ + latínMUSCARIA> derivado de MUSCA
Topónimo composto único no concello. Hai outras A Pena Mosqueira en Santiago de Compostela, en Muras, en Ribadeo, en Viveiro e en Alfoz. En Guitiriz: A Pena Moscosa.En Ames temos varios A Pena (en Piñeiro, Bugallido e Biduído). A Pena de Baixo e A Pena de Arriba en Ameixenda. As Pedras da Pena e Suapena en Piñeiro. A Pena Marela en Covas. O Monte da Pena en Trasmonte. A Pedra da Pena en Agrón.Camiño da Pena Marela e Penaflor en Ortoño. O Mosqueiro en Ameixenda e Piñeiro.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático
![Page 12: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/12.jpg)
As Trabes
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Unha trabe é un madeiro groso e longo
que se coloca horizontalmente para soster o piso ou o teito. Hipóteses:
1. Pode referirse a un sitio con árbores altas e longas das que se obtiñan trabes
para facer casas.2. Pode estar relacionado con
topónimos como Traba, Trabada eTaboada, que fan referencia a sitios
chairos como táboas.
Latín trabe
(viga)
Topónimo único no concello.En Galicia hai multitude, tamén en singular: A Trabe. En Coristanco temos O Pazo da Trabe. En Arteixo: A Punta da Trabe. En Toén: A Fonte das Trabes. En Compostela Ponte de Trabes e O río da Trabe. En Sarria: O Chao das Trabes. O Souto das Trabes en Viveiro. Etc.
Os artigos foron castelanizadoscase de xeito sistemático
![Page 13: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/13.jpg)
A Agrela
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Diminutivo de agra.Unha agra é unha palabra do léxico comúnque designa un conxunto de agros ou conxunto de terras de labor dunha casa.Contén o sufixo diminutivo -ela que denota a antigüidade do nome, pois aínda non operaba o sufixo -iña (latín -INAM)
O substantivo agro (‘terra de labor’) é continuación do latín ager (acusativo agrum), do mesmo significado. O feminino agra en orixefoi un plural neutro.Agrela é un derivado desta co sufixo diminutivo correspondente ao latín -ĕllu/a > -elo/a
Topónimo só presente en Biduído.No propio Biduído: O Agriño, O Agro da Braña, O Agro do Cura, O Agro da Madanela, O Agro da Vella, O Agro de Arriba, O Agrodo Medio, O Agro de Fraíz, O Agro Longo, O Agro de Xaquín, O Agro Vello, A Agriña....En Galicia hai A Agrela ou só Agrela en Brión, en Rois, en Porto do Son, en Cambre, en Coirós, en Ferrol, na Baña, etc.
Deglutinouse a vogal inicial ao confundirse co artigo (Agrela / A Grela), o mesmo fenómeno que en Amaea > Amaía > A Maía.
![Page 14: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/14.jpg)
Soloureiros
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS
Biduído…
Ver
imaxes
abaixo
Topónimo composto de prefixo
+ substantivo. O prefixo SO-, co
significado de ‘debaixo de’,
procede do latín SUB-.
Loureiros fai referencia á
presenza no lugar destas árbores.
Un loureiro é unha árbore da
familia das lauráceas, de copa
baixa, follas perennes,
lanceoladas e coriáceas, moi
empregadas como condimento, e
froito en baga.
Latín SUB +
LAURAROS
< derivado
de LAURE
Topónimo único no concello. Existe tamén en Teo
(en Cacheiras).
Soloureiro en Muros. O Soloureiro en Teo. Hai
varios Suloureiros e Suloureiro en Galicia, así como
Susloureiros en Cerdido.
En Ames temos O Loureiro en Lens, en San Tomé,
en Bugallido e en Ortoño. Loureiros en Covas, Os
Loureiros en Bugallido e en Biduído. En Ortoño:
Camiño da Ponte Loureiro. En Ameixende: A Pedra
do Loureiro. Porto Loureiro en San Tomé. Ponte
Loureiros, Monte Loureiros e Fonte de Loureiros en
Covas.
![Page 15: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/15.jpg)
A Revolta
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
[Dúas orixes e
significados diferentes]
Latín revoluta É un dos microtopónimos que máis se repite nas parroquias do concello. En Ortoño: As Revoltas e A Revoltiña. A Revolta da Igrexa, A Revolta do Muíño e A Revoltiña en Biduído. A Revoltiña tamén en Agrón, en Piñeiro,en Trasmonte, en San Tomé e en Covas. As Revoltiñas en San Tomé e en Agrón. A Revolta do Monte en Bugallido. Riba da Revolta en Ameixenda. En San Tomé temos A Revolta da Raña, A Revoltiña da Devesa, A Portela da Revolta e O Currucho da Revolteira.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático
a) En primeiro lugar, como sinónimo de volta (formado a partir deste substantivo co prefixo re-, igual ca en canto / recanto, presa / represa, etc.), constitúe un topónimo viario e designa curvas máis ou menos pronunciadas nun camiño ou nun río.b) En moitas zonas galegas, revolta ten un significado ben distinto do precedente: equivale a ‘parcela cultivable’, especialmente no monte. En orixe servía para denominar un tipo de terras de labor: as terras de revolta ou da revolta eran asgañadas ao monte que se cultivaban ininterrompidamente, a diferenza das terras de barbeito (estas, logo da colleita, deixábanse en descanso ata o ano seguinte).
![Page 16: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/16.jpg)
A Cea (Acea)
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxesabaixo
Este topónimo denota a
existencia no lugar dun tipo de muíño denominado acea:
muíño situado no río que ten unha gran roda vertical que
transmite a forza da auga.
Árabe al-saniya ‘a que ergue a auga, rodiciohidráulico’
É topónimo único en Ames. Encambio, hai un cento de lugares que inclúen o termo Muíño. En Galicia hai multitude de Acea, A Cea, A Acea e As Aceas. Tamén Aceade Abaixo, Acea de Ama...
Deglutinouse a vogal inicial ao confundirse coartigo (Acea / A Cea), o mesmo fenómeno que en Amaea > Amaía > A Maía. Castelanización en *Aceña
![Page 17: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/17.jpg)
A Cova dos Teixos
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxesabaixo
Cova pode designar furnas, buracos, ocos
ou cavidades na terra, tanto naturais como feitos pola man humana, como minas e
canteiras, ou tamén goridas de animais ou sepulturas. Como adxectivo ten valor
orográfico co significado de ‘cóncavo’ ou ‘situado nun fondal’.
O teixo é un mamífero carniceiroda familia dos mustélidos de pelo
longo e espeso, agrisado no lombo,negro nas patas e no ventre, e abrancazado
con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás das orellas, que vive en
tobos profundos e ten costumes nocturnos. Teixugo.
Procede decŏva e cŏvus ,formas propias do latín hispánico (enlatín clásico eran cava e cavus ).Teixo procede do latín taxone.
Topónimo único no concello. Si existe en Boqueixón, en Santiago de Compostela (Figueiras) e en Rois.En Ames O Teixoeiro e Rego de Teixoeiro en Ameixenda. Covas é parroquia do concello. Tamén existe A Cova enBiduído. O Rego dos Teixos en Tapia. O Pozo dos Teixos en San Tomé de Ames. A Covade Belán en Lens.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático.
![Page 18: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/18.jpg)
Os Pegos
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxesabaixo
Varias posibilidades:1. Pode ser o alcume da familia propietaria das terras.2. Pode facer referencia aos paxaros. Un pego é o machoda pega.3. Pode ser un pozo ou lugarprofundo dun río. Na toponimia aparece coas variantes peago e piago. Esta última opción é a máis verosímil se está preto dunha corrente de auga.
Se ten osignificadode pozo no río,procede do latín PELAGU‘augadesbordada’.De tiver osignificadoda ave, procede do latín PEGU?
Como tal, é topónimo único no concello. O Porto Pego en Ameixenda een San Tomé de Ames. En Galicia Os Pegos existe en Coristanco, en Barreiro, en Sarreaus, enCerdedo... Tamén: O Pego en Carballo,Pegos en Vilalba, A Carballeira dos Pegos en Coristanco, O Cal dos Pegos en Ferrol…O Nomenclátor de Galicia rexistra tamén entidades de poboación coas variantes (O) Piago (por exemplo, en Outeiro de Rei) e mais (O) Peago (como en Carballedo).
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático
![Page 19: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/19.jpg)
O Cotón
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Trátase dun aumentativo de Coto. Coto é unha palabra de orixe prerromana que sobreviviu en galego co significado de ‘parte máis alta dun monte, pico, elevación’.Neste caso de Ames, a palabra cotón ten o significado de pedra de grandes dimensións ou outeiro formado por pedras.
Palabra deorixeprerromana*Cotto
Tamén existe en San Tomé, en Ameixenda,en Trasmonte e en Ortoño. Os Cotóns en Trasmonte, en Ortoño e en San Tomé. Tras do Cotón, O Cotón Negro, O Cotón do Castelo e O Cotón Pardo en San Tomé. Cotón de Espiñeira en Piñeiro.O Cotón do Castelo en San Tomé de Ames.O Cotón da Bola e O Cotón da Revolta en Bugallido. O Cotón da Lan, O Cotón da Presa, O Cotón da Andoriña, O Cotón do Moucho e O Cotón do Foxo en Ameixenda
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático
![Page 20: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/20.jpg)
A Devesa
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURP.
Biduído…Ver imaxesabaixo
Devesa (< latín. DEFENSAM )
adoita ter o significado de ‘bosque
(habitualmente de carballos) en terreo
comunal’. Moitos dos lugares que
portan este nome, especialmente nas
proximidades do litoral, son antigas
devesas reais, carballeiras en monte
de man común (ou sexa, expropiadas
á parroquia en nome do rei)
destinadas en orixe a fornecer
madeira para a construción naval.
Latín (terra)defensa ‘terraacoutada’.
Hai uns 60 sitios con Devesa no concello. Só como A Devesa tamén en Agrón, Ameixende, Covas, Piñeiro, San Tomé Tapia, Trasmonte e Bugallido.As Devesas en Ortoño. A Devesa de Coira e Camiño da Devesa en Biduído. A Devesa das Cortes e A Devesa do Rei en Ortoño. A Devesa do Medio en Lens. A Calzada do Muíño da Devesa en San Tomé. Etc.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático
![Page 21: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/21.jpg)
A Codeseira
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxesabaixo
Este topónimo é un derivado abundancial de codesos a travésdo sufixo -eira (latín -ARIA). O codeso é unha variedade botánica semellante á xesta; defínese comoarbusto da familia das papilonáceas, con ramas estriadas, follas trifoliadas,flores amarelas e froito en legume.Ten o mesmo significado que otopónimo O Codesal.
Do latín CUTISU (do grego CYTISU) + sufixoabundancial -ARIA.
Case vinte topónimos con este termo no concello. De xeito igual en Agrón, Ameixenda, Bugallido, Lens, Piñeiro e Ortoño. As Codeseiras en San Tomé. Tamén con atribucións como A Codeseira de Arriba (no propio Biduído) ou A Codeseira do Cura, en Trasmonte.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático
![Page 22: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/22.jpg)
A Estibada
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxesabaixo
Sinónimo de roza, cachada ou
vesada. A Estibada está emparentado co verbo estebar ou estibar, derivado
do latín STIPES ‘estaca’, con frecuencia interferidos polo verbo
EXTIRPARE ‘arrincar’, pois a roturación esixía limpar de raíces a
terra que se ía destinar a cultivo.Este topónimos identificaban zonas de
monte ás que se lle rozaba e queimabaa matogueira, para despois abonalas
coa propia cinza, e, unha vez cavada ou arada a terra, sementarlle cereais.
Latín STIPAou (silva)EXTIRPATA(arrincada)
Preto de vinte topónimos con este termo no concello. De xeito idéntico en San Tomé, en Covas,en Trasmonte, en Ortoño, en Agrón e en Bugallido.A Estibada de Ventín e A Estibada de Castelao en Biduído. A Estibada Vella en Covas. A Estibada das Buratiñasen San Tomé. A Estibada das Cortes e A Estibada do Pan en Ortoño. A Estibada Redonda en Bugallido. Etc.
Os artigos foron castelanizados case dexeito sistemático
![Page 23: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/23.jpg)
O Cumariño
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Diminutivo de cómaro: franxa de terreo sen cultivar que bordea unha leira ou unha pequena elevación.Tamén é un corte vertical que separa dúas herdadesde desigual nivel.
Chega a nós a través do latín cummŭlu
‘montículo’, peroprobablemente sexa unha palabra de orixe prerromana
Topónimo único no concello. En Figueiras (Santiago de Compostela)e en Campo Lameiro alternan nos rexistros O Comariño e O Cumariño. En Entrimo atopamos Os Comariños e Os Cumariños. O Cómaro, Os Cómaros ou Socómarotampouco existen en Ames, pero si en moitos sitios de Galicia.
Os artigos foroncastelanizados case de xeito sistemático
![Page 24: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/24.jpg)
Fonteleiras
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS
Biduído…Ver imaxes abaixo
Parece un composto dos substantivos fonte +
leiras, no que se omite unha posible preposición dun orixinario *Fonte das Leiras. De ser isto
certo, o significado do topónimo sería ben transparente, pois denotaría a existencia dunha
fonte nunha zona de leiras cultivadas.Fonte: lugar onde mana auga, que pode proceder
dunha corrente subterránea natural ou ser conducida artificialmente. Construción con
canos por onde sae a auga.Leira: terreo de labranza.
Fonte: latin FONTEMLeira: do latín LAREA (posibelmente desde o céltico lar)Leira é palabra deorixe prerromana;nos textos medievais enlatín aparece como lareae sobreviviu na fala como apelativo común ata a actualidade
Topónimo único no concello. Tampouco existegrafado coas palabras separadas. Si hai abundantes fontes e leiras de xeito independente.Fonteleiras ou Fonte Leiras existe en Ponteceso. Fonte das Leiras en Aranga e en Santiago de Compostela.
![Page 25: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/25.jpg)
A Curuxa
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Pode designar un lugar no que se
adoitaba ver esta ave nocturna, pero tamén facer referencia á propiedade
dunha señora alcumada A Curuxa.Ademais, pode responder a un uso
metafórico ou figurado para referirse a lugares escondidos ou de acceso difícil,
segundo o hábitat que se lles supón a estas aves nocturnas.
Curuxa: ave rapaz nocturna de un metro de envergadura, cabeza longa e
redonda, ollos grandes e plumas de cor parda dourada, branca e cinsenta, que
se alimenta de pequenos mamíferos.
Voz etimolóxicadescoñecida; algúnsinvestigadores pensan que se trata dunha voz de orixeonomatopeica por imitación do son das aves nocturnas
Como tal é topónimo único no conccllo. Si existe Cruxeiras, en San Tomé.En Galicia: A Curuxa en Vedra, Castroverde, San Sadurniño... As Curuxas enSantiso, Cedeira, O Páramo, Coristanco...Coa grafía Coruxa en Arbo ou Poio. Coruxas en Maceda. O Coruxal en Boimorto, en Vilamarín e en Melón. En Conxo temosO Agro da Curuxa.
Os xes en palabras “nontraducíbeis” directamente ao castelán trocáronse porj
![Page 26: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/26.jpg)
A Galdrachán
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…
Ver
imaxes
abaixo
Topónimo composto
de substantivo +
adxectivo. É unha
deformación de
Gándara Chan.
Unha gándara é un terreo
baixo, areento, húmido e
improdutivo, onde só
medra a maleza.
O adxectivo chan
indica que o terreo é chairo.
Gándara é
un termo de
orixe
prerromana.
Chan procede
do latín plana
Topónimo único no concello. En
Galicia existe tamén en Vedra. Así
mesmo, hai a variante A Gadrachán. A
Gándara Chan en Salvaterra de Miño,
en Vilardevós e en Ramirás; A
Gándara Chá en Bande, en Viana do
Bolo e en Muíños.
En Ames temos A Gandra e A
Gándara en Lens, As Gándaras en San
Tomé, O Gandarón en Bugallido,
Cruz da Gandarela en Agrón e A
Gandra Vella en Biduído.
Os artigos
foron
castelanizado
s case de
xeito
sistemático
![Page 27: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/27.jpg)
O Xeixo
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Pedra dura de pequeno
tamaño, que a erosión
tornou lisa e
arredondada. Tipo de
rocha xeralmente branca
e moi dura. Seixo
Neste caso, ao ser o
topónimo en singular,
seguramente designaba
unha rocha de grandes
dimensións que
destacaba no terreo.
Latín saxum (rocha, sitiopedregoso)
O Xeixo témolo tamén en Piñeiro, xunto A Fonte do Xeixo. Como Seixo en Tapia e en San Tomé. Os Seixos en San Tomé e en Agrón. A Costa de Seixo e A Seixoeira en Ortoño. A Seixeira en Ameixeira. O Seixiño e O Seixenal en San Tomé.En Galicia con grafía con dobre xe temos O Xeixo en Figueiras (Santiago), en Mondariz,en Trabada, en Viana do Bolo e no Páramo. Tamén As Xeixosas na Laracha, A Fonte do Xeixo en Figueiras (Santiago), en Catoira e en Vilariño de Conso, A Pena do Xeixo en Vedra, A Furada do Xeixo en Viveiro, O Chao dos Xeixos en Parada do Sil.
Os xes en palabras “non traducíbeis” directamente ao castelán trocáronse por j
![Page 28: Infografía dun tramo do Camiño 1º ESO 2020-21 · O Cacheiro, Monte Novo CB AA EP A Venturiña, As Trabes MB CA UR A Pena Mosqueira, A Agrela ECR JB MR Soloureiros, A Revolta AC](https://reader035.vdocumento.com/reader035/viewer/2022071605/61419aa2d64cc55ff0754678/html5/thumbnails/28.jpg)
Os Pardiñeiros
SITUACIÓN SIGNIFICADO ORIXE OUTROS SITIOS DETURPADO
Biduído…Ver imaxes abaixo
Edificio en ruínas e
deshabitado.
Latín pariete (parede) >parietinariu
Temos tamén O Pardiñeiro en San Tomé de Ames. Tanto en singular como en plural localízase en moitos concellos de Galicia: Aranga, Arzúa, Boqueixón,Melide... Tanto ou máis frecuente é a forma en feminino: (A) Pardiñeira, (As) Pardiñeiras.
Os artigos foron castelanizados case de xeito sistemático