iii. outras disposicións consellería de economía, … · resoluciÓn do 6 de marzo de 2017, da...

23
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15167 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición e o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo parcial do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Finsa. Visto o texto do acordo parcial do convenio colectivo da empresa Financiera Madere- ra, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Finsa (código 82000913012007), que se subscribiu entre a representación empresarial e as organizacións sindicais UGT e USO, na xuntanza do 31 de xaneiro de 2017, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto re- fundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, A Secretaría Xeral de Emprego RESOLVE: Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Co- lectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon). Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017 Covadonga Toca Carús Secretaria xeral de Emprego Acta da mesa negociadora do convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para os seus centros de traballo en Galicia Ás 12.30 horas do día 31 de xaneiro de 2017, nos locais da empresa Financiera Ma- derera, S.A (Finsa) en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que a continuación se mencionan, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de empresa en representación das catro fábricas de taboleiro de Finsa en Galicia. • Por parte dos traballadores: – Por CC OO: 1. Jesús Mª Fernández Rodríguez. DNI: 33345383. CVE-DOG: 43hdzuz4-m0l5-rq89-zhe4-eol11lyoefm4

Upload: phungthuan

Post on 05-Oct-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15167

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

III. Outras dIspOsIcIóns

cOnsellería de ecOnOmía, empregO e IndustrIa

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición e o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo parcial do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Finsa.

Visto o texto do acordo parcial do convenio colectivo da empresa Financiera Madere-ra, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Finsa (código 82000913012007), que se subscribiu entre a representación empresarial e as organizacións sindicais UGT e USO, na xuntanza do 31 de xaneiro de 2017, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto re-fundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Co-lectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Covadonga Toca Carús Secretaria xeral de Emprego

acta da mesa negociadora do convenio colectivo de Financiera maderera, s.a. (Finsa) para os seus centros de traballo en galicia

Ás 12.30 horas do día 31 de xaneiro de 2017, nos locais da empresa Financiera Ma-derera, S.A (Finsa) en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que a continuación se mencionan, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de empresa en representación das catro fábricas de taboleiro de Finsa en Galicia.

• Por parte dos traballadores:

– Por CC OO:

1. Jesús Mª Fernández Rodríguez. DNI: 33345383.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15168

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

2. Víctor Rubianes César. DNI: 35478859.

3. Alfonso Pedride Pérez . DNI: 14255169.

4. Mario González Dávila. DNI: 34963521.

– Por UGT:

1. Álvaro G. Lois Fernández . DNI: 33239000.

2. Miguel A. Pereiro Balseiro . DNI: 34996643.

3. José Otero Casal. DNI: 35471355.

4. Jose Ramón Portas Cordo. DNI: 35457226.

5. Marcos Vázquez Garrido. DNI: 33540501.

– Por USO:

1. Marcial Casas Couselo. DNI: 33301633.

2. Esteban Boquete Landeira. DNI: 33301270.

3. Rubén Cao Rodríguez. DNI: 44456788.

• En representación da empresa:

1. Xosé M. Mera Iglesias. DNI: 36126130.

2. Daniel Noya Miramontes. DNI: 33291958.

3. Gonzalo Machado Domínguez. DNI: 34955250.

4. José Manuel Sánchez Expósito. DNI: 33309656.

5. Marco A. Díaz López. DNI: 33327406.

6. Mª Luz Cachafeiro García. DNI: 44819014.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15169

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

7. Modesto Vázquez Vilares. DNI: 33287691.

8. Ramón Vázquez Lista. DNI: 32753769.

Reúnese a comisión negociadora no lugar e data arriba indicados co obxecto de some-ter a aprobación o acordo parcial de convenio alcanzado na reunión do pasado día 23 de decembro de 2016, unha vez que foi apoiado maioritariamente polo conxunto dos traballa-dores dos centros de traballo incluídos no ámbito de aplicación.

Unha vez analizados os seus contidos e revisado o documento que recolle os termos do acordo, sométese á consideración das distintas opcións sindicais que integran a comisión negociadora. Os representantes de UGT e de USO na mesa negociadora manifestan a súa conformidade con el e os representantes de CC OO manifestan que non aceptan o acordo de convenio por consideralo insuficiente.

En consecuencia, e recoñecéndose as partes reciprocamente lexitimación e capacida-de, na representación que desempeñan, para o outorgamento desta acta de aprobación de convenio, acordan:

Primeiro. Acórdase a aprobación do acordo de convenio cos votos favorables da re-presentación empresarial e dos cinco membros do sindicato Unión Xeral de Traballadores (UGT) e dos tres membros da Unión Sindical Obreira (USO) na comisión negociadora, que conxuntamente representan o 63,83 % da representación sindical na mesa negociadora, e os representantes do sindicato Comisións Obreiras (CC OO) manifestan a súa desconfor-midade con el.

Segundo. Acórdase a aprobación do documento de acordo de convenio que se xunta como anexo á presente acta, que asinan unicamente os membros de UGT e USO, que manifestan a súa conformidade con el, e os representantes da empresa na comisión nego-ciadora, estimándose cumpridos os requisitos de lexitimidade decisoria, ao aprobarse por maioría de cada unha das dúas representacións na comisión negociadora de conformidade co disposto no artigo 89.3 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro).

Terceiro. Ambas as partes acordan facultar a Xosé Manuel Mera Iglesias para que, en representación da empresa, proceda ao rexistro no sistema Regcon desta acta de acordo ante a Dirección Xeral de Traballo, co fin de que esta lle dea o trámite oportuno e se pro-

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15170

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ceda ao rexistro, depósito e publicación no DOG do presente acordo parcial de convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Galicia.

E, en proba de conformidade, ratificando en todos os seus aspectos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

acordo parcial de convenio colectivo da empresa Financiera maderera, s.a. (Finsa) para as fábricas de taboleiro en galicia

Antecedentes.

Ambas as partes iniciaron o proceso negociador para a renovación dos contidos do con-venio colectivo de empresa co obxectivo de adecuar o marco de relacións laborais tanto ás exixencias do mercado e os clientes nun contexto económico en permanente cambio como á estrutura actual da empresa integrada por distintos negocios que exixen respostas diferenciadas no ámbito produtivo e de servizo ao cliente, que permitan afianzar a susten-tabilidade e a competitividade da empresa.

A complexidade deste proceso negociador e a amplitude de materias que hai que regu-lar, levou á comisión negociadora a establecer unha priorización na negociación das ma-terias que requirían unha aplicación inmediata para atender as necesidades dos negocios, particularmente referidas á incorporación de medidas de flexibilidade na organización do traballo e o incremento salarial. Para iso establecéronse unhas condicións mínimas de apli-cación mediante un acordo parcial de convenio, de conformidade co disposto no artigo 86.3 do Estatuto dos traballadores, modificáronse algúns dos contidos establecidos no convenio colectivo de empresa e continuouse a negociación sobre o resto de contidos do convenio, en particular o Plan de igualdade, a clasificación profesional e a formación profesional, así como o incremento de salarios e o afondamento nos mecanismos de flexibilidade na orga-nización do traballo.

Como resultado das reunións de negociación mantidas entre ambas as partes, alcan-zouse un acordo de modificación parcial do convenio colectivo de empresa que se formali-za na presente acta consonte os seguintes acordos:

Primeiro. Ámbito de aplicación e vixencia temporal

O presente acordo de modificación parcial de convenio colectivo iniciará os seus efec-tos a partir do día 1 de xaneiro de 2017 e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15171

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

de 2017, excepto en materia salarial, que terá efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2014, nos termos e condicións pactados no acordo sétimo, que regula os incrementos salariais.

O convenio colectivo da empresa será de aplicación ao persoal das fábricas de taboleiro da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) en Galicia, con centros de traballo en San-tiago de Compostela, Padrón, Rábade (Lugo) e San Cibrao das Viñas (Ourense).

O resto de materias reguladas no convenio colectivo da empresa (código de convenio 82000913012007) non modificadas polo presente acordo parcial de convenio estarán vi-xentes ata o 31 de decembro de 2017.

Segundo. Flexibilidade na organización do traballo

Ambas as partes acordan regular no convenio colectivo os mecanismos de flexibilidade que permitan unha adaptación permanente ás necesidades dos negocios, cuxa variabilida-de se veu incrementando progresivamente e maniféstase cada vez en períodos temporais máis curtos, o que dificulta a actual xestión baseada en estimacións e planificacións de carácter anual.

A diversidade de situacións, necesidades e modalidades de traballo exixe contar con distintos mecanismos, que se poderán utilizar con distinta intensidade en función das cir-cunstancias e necesidades de cada momento, utilizando as medidas máis adecuadas en cada caso, entendidos como fórmula alternativa aos mecanismos de flexibilidade externa e como medida de protección do emprego estable na empresa.

As fórmulas de xestión flexible do tempo de traballo que se incorporan ao convenio e que se desenvolven no presente acordo de convenio son:

• Xestión flexible dos calendarios de traballo e dos días de exceso da xornada laboral anual.

• Distribución irregular da xornada.

• Bolsa de horas.

• Réxime de desfrute do período de vacacións.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15172

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Terceiro. Calendarios de traballo

1. Aprobación do calendario.

Os horarios e o calendario laboral estableceranse de común acordo entre o comité de

empresa e a dirección de cada centro, antes do inicio de cada ano natural e unha vez pu-

blicada a relación de festividades oficiais, incorporando no seguimento da planificación da

actividade produtiva os comités de empresa de cada centro.

De igual modo, acórdase a posibilidade de incorporar nos calendarios de traballo ciclos

de rotación distintos aos regulados no convenio para os sistemas de traballo, de común

acordo entre o comité de empresa e a dirección de cada centro.

2. Modificación dos calendarios de traballo.

Para os sistemas de traballo continuos (4 quendas, 4,5 quendas e 5 quendas), que

están excluídos da aplicación das medidas de flexibilidade da bolsa de horas, establécese

a posibilidade de operar cos calendarios de traballo como instrumento de adaptación ás

necesidades produtivas.

Co fin de conseguir unha resposta adecuada ás necesidades cambiantes da produ-

ción e o servizo, redúcese o prazo de comunicación para a modificación de calendarios a

15 días de antelación á efectividade do cambio, mantendo o mutuo acordo entre o comité

de empresa e a dirección de cada centro para a súa modificación.

Cuarto. Distribución irregular da xornada diaria

1. Ámbito de aplicación.

Ambas as partes acordan a incorporación con efectos do 1 de xaneiro de 2017 da xor-

nada irregular na xestión da xornada diaria que será aplicable á modalidade de traballo de

xornada partida.

O máximo de horas de flexibilidade que se utilizarán como distribución irregular de xor-

nada e bolsa de horas será de 90 horas anuais, ou de 11 días ou quendas a xornada com-

pleta anuais.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15173

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

2. Distribución irregular da xornada diaria.

Establécese a posibilidade de incrementar ou reducir a xornada diaria ata un máximo de unha hora por día de traballo, co fin de adaptarse ás necesidades produtivas ou do servizo. A distribución irregular da xornada deberá fixarse no calendario anual de traballo.

Excepcionalmente, e en caso de necesidades xustificadas, logo de acordo co comité de empresa do centro, poderase aumentar ou reducir a xornada diaria ata un máximo de dúas horas en cómputo diario.

Na modalidade de xornada a quenda continuada manterase o actual cómputo diario de xornada.

As traballadoras e traballadores con redución de xornada por razóns de garda legal ou coidado de familiares non estarán afectados pola distribución irregular da xornada diaria.

Quinto. Bolsa de horas.

1. Contía e ámbito de aplicación.

Ambas as partes acordan a incorporación con efectos do 1 de xaneiro de 2017 dos mecanismos de flexibilidade da bolsa de horas na xestión da xornada anual, que serán aplicables ás modalidades de traballo non continuas de xornada partida, 2 quendas, 2,5 quendas, 3 quendas, 3,5 quendas.

Para xestionar as necesidades de aumentar ou reducir a produción e o servizo ao clien-te, e permitir unha rápida adaptación á variabilidade na carga de traballo das seccións e negocios, cun fluxo máis tenso de produción e servizo, acórdase a aplicación dun réxime de bolsa de horas ata un máximo conxunto coa distribución irregular de xornada de 90 ho-ras anuais ou de 11 días ou quendas de traballo a tempo completo.

2. Xestión da bolsa de horas.

A bolsa de horas xestionarase a modo dunha conta de horas de xornada, a que se incorporan horas en positivo, que xerarán un dereito de descanso retribuído en favor do traballador, e horas con signo negativo, que implicarán a obrigación para o traballador de prestar servizos polas horas ou días pendentes para cumprir coa xornada anual de traballo.

• Saldos negativos da bolsa: xéranse con redución da xornada semanal ou mensual mediante a redución de quendas de traballo e poden afectar unha ou máis quendas de

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15174

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

traballo planificadas para un día laborable de calendario, en situacións de baixa actividade produtiva.

En xornada partida xéranse os saldos negativos para o traballador coa redución de días de traballo.

• Saldos positivos da bolsa: xéranse coa ampliación de xornada semanal ou mensual determinando como laborables días ou quendas de descanso.

Tamén poderán xerarse saldos positivos con todos ou parte dos excesos de xornada que se xeren no calendario de cada ano e que implican a determinación de días non labo-rables para cumprir a xornada anual.

Deste xeito, os axustes por exceso de xornada poderán non estar sinalados no calenda-rio, xerándose un saldo positivo para o traballador polas horas equivalentes, e determina-ranse os días para o seu desfrute ao longo do ano en función das necesidades produtivas.

A determinación dos días ou quendas de descanso compensatorio para compensar os saldos positivos derivados dos axustes por exceso de xornada non incorporados ao calen-dario anual realizarase nos días anteriores ou posteriores á fin de semana, dun día festivo ou dun día de descanso.

De igual modo, os axustes por exceso de xornada poderán estar sinalados no calenda-rio anual e poderanse modificar por unha soa vez co prazo de antelación da bolsa de horas.

Os saldos de utilización da bolsa de horas compútanse unha soa vez, por incorporación con saldo positivo ou negativo na bolsa de horas, e non se computan novamente cando se compensan os saldos de horas.

• A xestión dos saldos realizarase por quendas nunha sección ou ben por unidades de traballo dentro da quenda, entendidas como aquelas que poden realizar unha actividade con autonomía.

3. Aviso previo para a bolsa de horas.

Establécese como aviso previo o xoves da semana anterior para determinar días non laborables de descanso na semana seguinte, coincidindo coa planificación da actividade da semana seguinte nos negocios.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15175

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

A determinación dos días ou quendas de descanso compensatorio para compensar os saldos positivos derivados dos axustes por exceso de xornada non incorporados ao calen-dario anual ou da bolsa de horas realizarase nos días anteriores ou posteriores á fin de semana, dun día festivo ou dun día de descanso.

En caso de establecerse días ou quendas de traballo adicionais con cargo á bolsa, a empresa deberá, con carácter previo á súa execución, avisar previamente os afectados e o comité de empresa cun mínimo de cinco días de antelación, é dicir, o aviso previo míni-mo será do xoves da semana anterior antes das 14.00 horas para traballo desde o martes seguinte.

4. Límites máximos de utilización da bolsa de horas.

A ampliación ou redución de xornada ordinaria con cargo á bolsa de horas realizarase nos días laborables de cada sistema de traballo, e poderanse sinalar ata un máximo de cinco sábados anuais en quenda de mañá por traballador, fóra do seu sistema de traballo, para a realización de xornada ordinaria con cargo á bolsa de horas. Os traballadores asig-nados á modalidade de traballo de xornada partida non realizarán xornadas de traballo con cargo á bolsa de horas en sábado.

Non se poderán traballar sábados precedidos de festivo ou día de descanso con cargo á bolsa de horas.

Non se poderán traballar máis de dous sábados de mañá con cargo á bolsa de horas en cada mensualidade, excepto nos meses de xullo e agosto, que non se poderán realizar máis de tres sábados de mañá por traballador, no conxunto dos dous meses, con cargo á bolsa de horas.

A xornada máxima semanal ordinaria non poderá exceder as 49 horas semanais nin as 200 horas mensuais.

As traballadoras e traballadores con redución de xornada por razóns de garda legal ou coidado de familiares estarán incluídos no réxime de aplicación da bolsa de horas e seranlles de aplicación ás ampliacións e reducións de días de traballo da súa quenda, equipo ou sección que se realicen en días laborables, tendo os cinco días de ampliación de traballo en sábado de mañá, fóra da súa semana laborable, carácter voluntario para este colectivo.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15176

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

5. Réxime de compensación.

• Os días por ampliación ou redución realizados en día ordinario de traballo de luns a venres compensaranse polo tempo equivalente, é dicir, hora por hora.

• Aplicarase un coeficiente de compensación en tempo do 1,50 por día realizado en sá-bado mañá con cargo á bolsa de horas.

Alternativamente poderase compensar en tempo equivalente (hora por hora) máis unha compensación económica de 40 euros lineal por traballador para unha xornada completa de traballo en sábado de mañá. Nos supostos de redución de xornada, a compensación aboarase de modo proporcional.

• O segundo sábado de traballo con cargo á bolsa de horas nos meses de xullo ou de agosto compensarase polo tempo equivalente traballado e adicionalmente aboarase cunha compensación económica de 60 euros lineal para unha xornada completa en sábado de mañá. Nos supostos de redución de xornada, a compensación aboarase de modo propor-cional.

• Os importes de compensación polo traballo en sábado de mañá con cargo á bolsa establécense con valor final de 2017 ao iniciarse a aplicación dos instrumentos de flexibili-dade a partir do 1 de xaneiro de 2017.

6. Cómputo interanual.

Establécese un máximo de 24 horas de exceso ou defecto de cómputo que se compen-sará no primeiro trimestre do ano seguinte se non puido ser compensado o saldo de horas no ano natural.

Para compensar estes saldos interanuais poderán sinalarse os días pendentes de des-frute ou traballo no calendario do ano seguinte, ou ben integrarse para a súa xestión na bolsa de horas, sen que neste suposto se poida ampliar a bolsa correspondente á anuali-dade seguinte máis aló das 90 horas ou os 11 días acordados.

7. Información e participación.

Acórdase establecer canles de información e participación dos comités de empresa na xestión e aplicación dos mecanismos de flexibilidade recollidos neste acordo.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15177

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Sexto. Vacacións

Co fin de adaptar a regulación de vacacións dos sistemas de traballo na empresa ás necesidades produtivas e de servizo, ambas as partes acordan que os traballadores asig-nados ás modalidades de xornada partida, 2 quendas, 3 quendas, 4 quendas, gozarán dun período mínimo de 21 días naturais de vacacións continuados en período estival, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

O resto de días de vacacións distribuiranse ao longo do ano en función das necesidades de produción, e determinaranse preferentemente o desfrute de, polo menos, sete dos días restantes ata completar os 30 días de vacacións, nos períodos de Nadal e primeira semana de xaneiro e/ou Semana Santa.

Ambas as partes acordan unificar os importes da compensación por partir o desfrute de vacacións a 21 días en período estival, cunha valoración económica de 300 euros con valor definitivo para 2017, que se sumará ao importe do complemento de xornada de cada unha destas modalidades de quenda, rateado en doce meses, de modo que na contía do complemento de xornada de 2017 estará incluída a compensación do sistema de vaca-cións pactada.

Con esta compensación económica polo desfrute de vacacións para as modalidades de traballo anteriormente apuntadas elimínase a compensación de días laborables que se regulaba no artigo 20.1) do convenio colectivo para os traballadores que tivesen que gozar as vacacións fóra do período entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

O resto de sistemas de traballo continuarán co seu réxime propio de vacacións estable-cido no convenio colectivo.

O persoal técnico e de estrutura continuará fixando de común acordo coa empresa os seus períodos de vacacións, en función da organización do departamento como viña fa-cendo ata a data, e non terá dereito á compensación económica establecida neste acordo, de modo que o nivel salarial anual de cada traballador compensará e absorberá esta com-pensación polo novo réxime de desfrute de vacacións a partir de 2017.

Sétimo. Incrementos económicos

1. Ambas as partes acordan a aplicación dun incremento salarial sobre os conceptos de nómina, fóra da antigüidade consolidada e os complementos de locomoción, do 1,725 % con efectos do 1 de xaneiro de 2014, xerando os atrasos correspondentes desde esta data.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15178

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

O incremento do importe lineal do complemento de locomoción levará, como en anos anteriores, a achega ao Plan de xubilación, segundo o disposto no artigo 76 do convenio colectivo.

As táboas e conceptos salariais de 2014, unha vez incrementados no 1,725 %, mante-ranse vixentes ata o 31 de decembro de 2015, en liña co acordado e aplicado nos outros centros e empresas do Grupo Finsa.

Xúntanse como anexos I e II as táboas salariais aplicables nos anos 2014 e 2015, cos importes dos salarios base e as horas extraordinarias.

De igual modo, xúntase como anexo III a táboa co importe dos complementos de loco-moción, que manterán os importes conxelados e estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2016.

2. Con efectos do 1 de xaneiro de 2016 aplicarase un incremento económico sobre as táboas salariais vixentes en 31.12.2015 do 0,475 %, a excepción da antigüidade consoli-dada e dos complementos de locomoción, cuxo incremento lineal levará á achega ao Plan de xubilación.

Deste xeito, teranse incrementado os salarios no 2,2 % acumulado.

Xúntanse como anexos IV e V as táboas salariais cos importes dos salarios base e das horas extraordinarias por categoría profesional aplicables no ano 2016.

De igual modo, xúntanse como anexo VI os importes doutros conceptos salariais do convenio, unha vez aplicadas as porcentaxes de incremento pactados para o ano 2014 e no ano 2016.

3. Ambas as partes acordan que, dada a complexidade de abordar un proceso de cál-culo e aboamento de diferenzas por atrasos de tres anualidades, o prazo máximo para o pagamento dos atrasos xerados dos anos 2014-2015 e 2016 será o 28 de febreiro de 2017.

4. Acórdase incrementar o importe dos complementos de xornada, con efectos do 1 de xaneiro de 2016, na porcentaxe en que se incrementan as táboas salariais, pactándose un incremento adicional para os complementos dos sistemas de continuidade con traballo en fin de semana, festivos e noites, así como aqueles ligados á incorporación de mecanismos que garanten a adaptabilidade e flexibilidade da xornada, que terán os importes mensuais seguintes para o ano 2016.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15179

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Complementos de xornada:

Modalidade Importe

Traballo Mes 2016

5 quendas 430 euros

4,5 quendas 415 euros

4 quendas 310 euros

2 con 3 quendas 290 euros

3 quendas 155 euros

3,5 quendas 245 euros

2,5 quendas 245 euros

2 quendas 125 euros

Xornada partida 125 euros

A nocturnidade a partir do 1 de xaneiro do ano 2016 increméntase ata o 30 % do importe do salario base por cada xornada nocturna.

Este incremento adicional nos complementos de xornada afectará exclusivamente o persoal que recibe as súas retribucións a convenio e non se aplicará ao persoal a nivel, cuxo incremento económico será do 0,475 % sobre o importe do nivel salarial anual de 2015, para o que se realizará a reordenación de conceptos salariais de nómina necesaria para garantir o incremento anual do nivel nun 0,475 %.

5. Así mesmo, acórdase aplicar un incremento económico igual á porcentaxe de varia-ción anual do IPC do ano 2016, cuxo dato definitivo é o 1,6 %.

O devandito incremento aplicarase sobre as táboas salariais vixentes en 31.12.2016, a excepción da antigüidade consolidada e dos complementos de locomoción, cuxo incre-mento lineal levará á achega ao Plan de xubilación.

O incremento salarial pactado realizarase o 31 de marzo de 2017 e tomará efectos desde o día 1 de xaneiro de 2017, xerándose o correspondente pagamento de atrasos aos traballadores.

6. O importe da mellora social regulado no artigo 47 do convenio (vale comida) para xornada partida terá un importe de 7 euros, como importe único para todo o ano, facendo a media do maior importe que se viña aboando en período estival, que se incrementará con efectos do 1 de febreiro de 2017.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15180

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Oitavo. Importe de complementos de xornada 2017

A partir do 1 de xaneiro de 2017, os sistemas de xornada partida, 2 quendas, 3 quendas e 4 quendas, incorporarían no importe do complemento de xornada as compensacións derivadas do seu sistema de traballo, referidas a desfrute de vacacións e mecanismos de flexibilidade, de modo que no importe do complemento de xornada se incorpora a retribu-ción asociada ao sistema de traballo.

Para o dito efecto, ambas as partes acordan ratear mensualmente os 300 euros anuais pactados como compensación do novo réxime de desfrute de vacacións, pactados con valor definitivo do ano 2017, que supoñerá sumar unha contía de 25 euros mensuais ao importe do complemento de xornada de 2017 das modalidades de traballo a que se refire o punto anterior.

No réxime de catro quendas incluiranse adicionalmente os 25 euros da compensación de vacacións, a retribución compensatoria polos festivos que se aboan á quenda que coin-cide en descanso, regulado no artigo 42.1) do convenio, con cuxo valor se fará a media entre catro quendas e aboarase rateado mensualmente no complemento de xornada, que-dando por tanto sen efecto esta disposición de convenio a partir do 1 de xaneiro de 2017.

De igual forma, incorpóranse incrementos económicos para o sistema de traballo conti-nuado de catro e medio e cinco quendas, e os sistemas non continuos de xornada partida, dúas quendas e tres quendas, quedando establecidos os importes mensuais do comple-mento de xornada para o inicio do ano 2017.

Complementos de xornada:

Modalidade ImporteTraballo Mes 20175 quendas 445 euros4,5 quendas 420 euros4 quendas 370 euros2 con 3 quendas 290 euros3 quendas 185 euros3,5 quendas 245 euros2,5 quendas 245 euros2 quendas 155 eurosXornada partida 155 euros

Este incremento nos complementos de quenda afectará exclusivamente o persoal con retribución a convenio e non afectará o persoal a nivel, que unicamente verá incrementada

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15181

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

a súa retribución no ano 2017 na porcentaxe do IPC do ano 2016, sobre o importe anual do nivel salarial recoñecido individualmente, mediante a oportuna reestruturación dos con-ceptos salariais da nómina deste colectivo.

Noveno. Continuidade da negociación colectiva

Debido a que o presente acordo parcial de convenio ten o carácter de acordo de míni-mos para pechar de maneira definitiva o convenio colectivo ata o ano 2016, a negociación colectiva continuará aberta no ano 2017, durante o cal a mesa negociadora abordará as materias referidas nos antecedentes desta acta e, en particular, continuarase negociando sobre o crecemento dos salarios para o ano 2017 e sucesivos, e o afondamento sobre as medidas de flexibilidade na xestión de xornada nos distintos sistemas de traballo.

Décimo. Designación da comisión paritaria de convenio

Ambas as partes acordan designar como integrantes da comisión paritaria do convenio regulada no artigo 5 do convenio colectivo as persoas seguintes:

En representación da parte sindical:

1. Álvaro Lois Fernández (UGT).

2. José Otero Casal (UGT).

3. Marcos Vázquez Garrido (UGT).

4. Jesús Mª Fernández Rodríguez (CC OO).

5. Víctor Rubianes César (CC OO).

6. Mario González Dávila (CC OO).

7. Ricardo Figueira Rodríguez (USO).

8. Rubén Cao Rodríguez (USO).

En representación da empresa:

1. Xosé M. Mera Iglesias.

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15182

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

2. Daniel Noya Miramontes.

3. Gonzalo Machado Domínguez.

4. José Manuel Sánchez Expósito.

5. Marco A. Díaz López.

6. Mª Luz Cachafeiro García.

7. Modesto Vázquez Vilares.

8. Ramón Vázquez Lista.

Ambas as partes poderán nomear e revogar as persoas designadas, sen máis trámite que a notificación por escrito ao secretario da comisión paritaria, quen o poñerá en coñe-cemento do presidente.

Décimo primeiro. Solución extraxudicial de conflitos

De conformidade co disposto no artigo 85.3 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro), ambas as partes acordan que para resolver as discre-pancias que poidan xurdir no seo da comisión paritaria e aquelas derivadas da non aplica-ción das condicións de traballo a que se refire o artigo 82.3 do Estatuto dos traballadores, se someterán ao establecido no Acordo interprofesional galego de solución extraxudicial de conflitos de traballo, subscrito o 30 de abril de 2013 (DOG do 24 de maio).

E, en proba de conformidade, ratificando en todos os seus aspectos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

ANEXO I táboa salarial dos anos 2014-2015 do convenio

Finsa para as fábricas de galicia

Categorías Salario basemes

Salario basedía

Salario baseano

Persoal fabricación

Peón 994,62 32,72 14.396,80

Peón especialista 1.002,61 32,94 14.493,60

Capataz de peóns 1.022,80 33,62 14.792,80

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15183

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Categorías Salario basemes

Salario basedía

Salario baseano

Axudante 1.022,80 33,62 14.792,80

Oficial segunda 1.055,42 34,69 15.263,60

Oficial primeira 1.125,53 37,00 16.280,00

Xefe de equipo 1.330,10 43,73 19.241,20

Xefe de quenda 1.362,60 44,81 19.716,40

Encargado de sección 1.394,99 45,88 20.187,20

Persoal mantemento

Aprendiz 775,28 25,50 11.220,00

Oficial de terceira 1.076,21 35,40 15.576,00

Oficial de segunda 1.159,04 38,10 16.764,00

Oficial de primeira 1.266,91 41,68 18.339,20

Xefe de equipo 1.458,82 48,00 21.120,00

Xefe de taller 1.853,21 60,91 26.800,40

Xefe de mantemento 2.052,93 67,50 29.700,00

Persoal coxeración

Axudante de operador 1.076,21 35,40 15.576,00

Operador de planta 1.159,04 38,10 16.764,00

Técnico especialista 1.266,91 41,68 18.339,20

Encargado de planta 1.853,21 60,91 26.800,40

Persoal subalterno

Almaceneiro/ordenanza 1.021,71 33,58 14.775,20

Chofer turismo 1.067,06 35,06 15.426,40

Condutor mecánico 1.131,57 37,22 16.376,80

Persoal administrativo

Aspirante 906,94 29,81 13.116,40

Auxiliar/telefonista 1.020,68 33,58 14.775,20

Oficial de segunda 1.193,43 39,20 17.248,00

Oficial de primeira 1.316,74 43,29 19.047,60

Xefe 1.470,14 48,32 21.260,80

Xefe administrativo 1.787,67 58,79 25.867,60

Persoal técnico

Analista 1.021,71 33,58 14.775,20

Delineante 1.192,64 39,19 17.243,60

ATS 1.192,64 39,19 17.243,60

Perito 1.344,16 44,18 19.439,20

Técnico proxectista 1.368,62 44,97 19.786,80

Licenciado/enxeñeiro 1.787,67 58,79 25.867,60

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15184

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

ANEXO II táboa de horas extra anos 2014-2015 do convenio

de Finsa para as fábricas de galicia

Categorías Horasexceso

Horasextra

Horasfest./noct.

Persoal fabricaciónPeón 8,26 13,31 15,22Peón especialista 8,31 13,44 15,35Capataz de peóns 8,48 13,60 15,57Axudante 8,48 13,60 15,57Oficial segunda 8,75 14,23 16,19Oficial primeira 9,33 15,21 17,38Xefe de equipo 11,03 17,61 20,10Xefe de quenda 11,31 18,01 20,64Encargado de sección 11,58 18,51 21,12Persoal mantemento Aprendiz 6,43 9,93 11,34Oficial de terceira 8,93 14,24 16,29Oficial de segunda 9,61 15,40 17,65Oficial de primeira 10,52 17,03 19,48Xefe de equipo 12,11 19,82 22,67Xefe de taller 15,37 24,92 28,53Xefe de mantemento 17,03 28,15 32,16Persoal coxeraciónAxudante de operador 8,93 14,24 16,29Operador de planta 9,61 15,40 17,65Técnico especialista 10,52 17,03 19,48Encargado de planta 15,37 24,92 28,53Persoal subalternoAlmaceneiro/ordenanza 8,47 13,58 15,52Chofer turismo 8,85 14,36 16,44Condutor mecánico 9,39 15,57 17,79Persoal administrativoAspirante 7,52 11,69 13,37Auxiliar/telefonista 8,47 13,28 15,20Oficial de segunda 9,89 15,65 17,91Oficial de primeira 10,92 17,46 19,99Xefe 12,19 19,57 22,43Xefe administrativo 14,83 23,93 27,35Persoal técnicoAnalista 8,47 13,25 15,10Delineante 9,89 15,65 17,91

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15185

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Categorías Horasexceso

Horasextra

Horasfest./noct.

ATS - - -Perito 11,15 17,72 20,27Técnico proxectista 11,35 18,10 20,74Licenciado/enxeñeiro 14,83 23,93 27,35

ANEXO III táboa de complemento de locomoción anos 2014-2016 do

convenio Finsa rateada en doce meses

Categorías Xornadapartida

2 quendas e2 e media

3 quendas e3 e media

4 quendas e continuidade

Persoal fabricaciónPeón 37,51 49,01 50,50 52,46Peón especialista 37,51 49,10 50,60 52,56Capataz de peóns 37,62 49,45 50,99 52,97Axudante 37,62 49,45 50,99 52,97Oficial segunda 37,75 50,02 51,61 53,58Oficial primeira 37,79 50,73 52,30 54,26Xefe de equipo 38,50 53,92 55,68 57,60Xefe de quenda 38,52 54,27 56,05 58,02Encargado de sección 38,53 54,62 56,38 58,34Persoal mantementoAprendiz 36,78 45,76 47,08 49,04Oficial de terceira 37,75 50,20 51,75 53,85Oficial de segunda 37,96 51,39 53,04 55,00Oficial de primeira 38,32 52,99 54,73 56,70Xefe de equipo 38,75 55,58 57,41 59,37Xefe de taller 39,89 61,25 63,39 65,35Xefe de mantemento 40,54 64,21 66,52 68,49Persoal coxeraciónAxudante de operador 37,75 50,20 51,75 53,85Operador de planta 37,96 51,39 53,04 55,00Técnico especialista 38,32 52,99 54,73 56,70Encargado de planta 39,89 61,25 63,39 65,35Persoal subalternoAlmaceneiro/ordenanza 37,58 49,38 50,88 52,84Chofer turismo 37,64 50,00 51,54 53,52Condutor mecánico 37,89 51,01 52,65 54,62Persoal administrativoAspirante 37,07 - - -Auxiliar/telefonista 37,57 - - -

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15186

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Categorías Xornadapartida

2 quendas e2 e media

3 quendas e3 e media

4 quendas e continuidade

Oficial de segunda 38,02 - - -Oficial de primeira 38,35 - - -Xefe 38,83 - - -Xefe administrativo 39,86 - - -Persoal técnicoAnalista 37,58 - - -Delineante 38,02 - - -ATS - - - -Perito 38,45 - - -Técnico proxectista 38,45 - - -Licenciado/enxeñeiro 39,86 - - -

ANEXO IV táboa salarial do ano 2016 do convenio

Finsa para as fábricas de galicia

Categorías Salario basemes

Salario basedía

Salario baseano

Persoal fabricaciónPeón 999,34 32,88 14.467,20Peón especialista 1.007,37 33,10 14.564,00Capataz de peóns 1.027,66 33,78 14.863,20Axudante 1.027,66 33,78 14.863,20Oficial segunda 1.060,43 34,85 15.334,00Oficial primeira 1.130,88 37,18 16.359,20Xefe de equipo 1.336,42 43,94 19.333,60Xefe de quenda 1.369,07 45,02 19.808,80Encargado de sección 1.401,62 46,10 20.284,00Persoal mantementoAprendiz 778,96 25,62 11.272,80Oficial de terceira 1.081,32 35,57 15.650,80Oficial de segunda 1.164,55 38,28 16.843,20Oficial de primeira 1.272,93 41,88 18.427,20Xefe de equipo 1.465,75 48,23 21.221,20Xefe de taller 1.862,01 61,20 26.928,00Xefe de mantemento 2.062,68 67,82 29.840,80Persoal coxeraciónAxudante de operador 1.081,32 35,57 15.650,80Operador de planta 1.164,55 38,28 16.843,20Técnico especialista 1.272,93 41,88 18.427,20Encargado de planta 1.862,01 61,20 26.928,00

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15187

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Categorías Salario basemes

Salario basedía

Salario baseano

Persoal subalterno Almaceneiro/ordenanza 1.026,56 33,74 14.845,60Chofer turismo 1.072,13 35,23 15.501,20Condutor mecánico 1.136,94 37,40 16.456,00Persoal administrativoAspirante 911,25 29,95 13.178,00Auxiliar/telefonista 1.025,53 33,74 14.845,60Oficial de segunda 1.199,10 39,39 17.331,60Oficial de primeira 1.322,99 43,50 19.140,00Xefe 1.477,12 48,55 21.362,00Xefe administrativo 1.796,16 59,07 25.990,80Persoal técnicoAnalista 1.026,56 33,74 14.845,60Delineante 1.198,31 39,38 17.327,20ATS 1.198,31 39,38 17.327,20Perito 1.350,54 44,39 19.531,60Técnico proxectista 1.375,12 45,18 19.879,20Licenciado/enxeñeiro 1.796,16 59,07 25.990,80

ANEXO V táboa de horas extra do ano 2016 do convenio

de Finsa para as fábricas de galicia

Categorías Horasexceso

Horasextra

Horasfest./noct.

Persoal fabricaciónPeón 8,30 13,37 15,29Peón especialista 8,35 13,50 15,42Capataz de peóns 8,52 13,66 15,64Axudante 8,52 13,66 15,64Oficial segunda 8,79 14,30 16,27Oficial primeira 9,38 15,28 17,46Xefe de equipo 11,09 17,69 20,20Xefe de quenda 11,36 18,10 20,74Encargado de sección 11,63 18,60 21,22Persoal mantementoAprendiz 6,46 9,98 11,39Oficial de terceira 8,97 14,31 16,37Oficial de segunda 9,66 15,47 17,73Oficial de primeira 10,57 17,11 19,57Xefe de equipo 12,17 19,91 22,78

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15188

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Categorías Horasexceso

Horasextra

Horasfest./noct.

Xefe de taller 15,44 25,04 28,67Xefe de mantemento 17,11 28,28 32,31Persoal coxeraciónAxudante de operador 8,97 14,31 16,37Operador de planta 9,66 15,47 17,73Técnico especialista 10,57 17,11 19,57Encargado de planta 15,44 25,04 28,67Persoal subalternoAlmaceneiro/ordenanza 8,51 13,64 15,59Chofer turismo 8,89 14,43 16,52Condutor mecánico 9,44 15,64 17,87Persoal administrativoAspirante 7,56 11,75 13,43Auxiliar/telefonista 8,51 13,34 15,27Oficial de segunda 9,94 15,72 18,00Oficial de primeira 10,97 17,54 20,08Xefe 12,25 19,66 22,54Xefe administrativo 14,90 24,04 27,48Persoal técnicoAnalista 8,51 13,31 15,17Delineante 9,94 15,72 18,00ATS - - -Perito 11,20 17,80 20,37Técnico proxectista 11,40 18,19 20,84Licenciado/enxeñeiro 14,90 24,04 27,48

ANEXO VI Incremento outros conceptos de convenio

1. Achega lineal ao Plan de xubilación do complemento de locomoción (artigo 76.b):

Anualidade Importe mensual2014-2015 37,02 euros2016 37,42 euros

2. Traballo en Nadal (artigo 19.4). Importes anos 2014 e 2015:

Días Mañá Tarde Noite24 de decembro - 43,95 153,7625 de decembro 131,82 153,76 43,95

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4

DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15189

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Días Mañá Tarde Noite31 de decembro - 43.95 153,761 de xaneiro 153,76 131,82 43,95

Importes ano 2016:

Días Mañá Tarde Noite24 de decembro - 44,16 154,4925 de decembro 132,45 154,49 44,1631 de decembro - 44,16 154,491 de xaneiro 154,49 132,45 44,16

3. Complemento de continuidade de produción (artigo 38):

Anualidade Importe mensual2014-2015 44,76 euros

2016 44,97 euros

4. Bolsa de vacacións serradoiro e redución vacacións a 14 días no período estival (sis-temas de 2,5 e 3,5 + serradoiro) (artigo 20):

Anualidade Bolsa serradoiro Redución a 14 días2014-2015 205,36 euros 513,42 euros

2016 206,34 euros 515,86 euros

5. Complemento compensación transporte (centros de Padrón e Rábade) (artigo 49):

Anualidade Importe mensual2014-2015 20,95 euros

2016 21,05 euros

6. Importe mensual complemento especialidade mantemento (artigo 39):

Categorías Anos 2014-2015 Ano 2016Oficial 1ª e 2ª 295,45 296,85

Oficial 3ª 196,96 197,90

CV

E-D

OG

: 43h

dzuz

4-m

0l5-

rq89

-zhe

4-eo

l11l

yoef

m4