ibercom 2013

5
O congreso Ibercom 2013, que organizan as tres universidades galegas, celebrarase na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago os días 29, 30 e 31 de maio Máis de 700 investigadores debaten sobre a importancia da comunicación nos movementos sociais como a Primavera Árabe Durante o evento poderase visitar a exposición “ O poder do humor” do Museo da Imprensa Portuguesa Santiago de Compostela, 23 de maio de 2013.- A importancia dos medios de comunicación para a democracia e os cambios sociais é un dos debates que reúne os próximos días a máis de 700 investigadores no XII Congreso Internacional Ibercom que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O evento que comezará o próximo 29 de maio está promovido pola Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (Agacom) e organizado por unha comisión que, baixo a presidencia da catedrática Margarita Ledo, integra a profesores das tres universidades galegas. A inauguración oficial do congreso estará presidida polo presidente da Federação Brasileira das Associações Científicas e

Upload: anuario-lusocom

Post on 23-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Novas sobre a celebración do próximo congreso IBERCOM 2013

TRANSCRIPT

Page 1: IBERCOM 2013

O congreso Ibercom 2013, que organizan as tres universidades galegas, celebrarase na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago os días 29, 30 e 31 de maio

Máis de 700 investigadores debaten sobre a importancia da comunicación nos movementos

sociais como a Primavera Árabe

Durante o evento poderase visitar a exposición “ O poder do humor” do Museo da Imprensa Portuguesa

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2013.- A importancia dos medios de comunicación para a democracia e os cambios sociais é un dos debates que reúne os próximos días a máis de 700 investigadores no XII Congreso Internacional Ibercom que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

O evento que comezará o próximo 29 de maio está promovido pola Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (Agacom) e organizado por unha comisión que, baixo a presidencia da catedrática Margarita Ledo, integra a profesores das tres universidades galegas. A inauguración oficial do congreso estará presidida polo presidente da Federação Brasileira das Associações Científicas e Acadêmicas de Comunicação, José Marques de Melo, e participarán os reitores das tres universidades galegas, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

A comunicación alternativa

Page 2: IBERCOM 2013

Unha conferencia da colombiana Clemencia Rodríguez, profesora da Universidad de Oklahoma (USA), abrirá a actividade académica analizando a importancia dos medios de comunicación nos movementos e cambios sociais como a recente Privamera Árabe. Clemencia Rodríguez está especializada na análise de comunicación alternativa, comunitaria e cidadá na que traballa dende hai máis de tres décadas.

Tres sesións plenarias proseguirán os debates para analizar os riscos e potencialidades da comunicación na era de internet. A primeira, coordinada polo catedrático da Universidade Complutense Enrique Bustamante, xirará arredor da comunicación, o servizo público e as esferas de poder. Nos debates intervirán Vera França, da Universidade Federal de Minas Gerais; Paquete de Oliverira, do ISTCTE de Portugal; e Raúl Trejo, da UNAM de México. A segunda sesión, coordinada polo catedrático da Universidade do Minho Moisés de Lemos Martins, tratará a comunicación, os procesos de cidadanía e esferas de poder. Na sesión está prevista a intervención de Miquel de Moragas, presidente da AE-IC; Guillermo Orozco, de México, e Muniz Sodré, de Brasil. A terceira sesión, sobre a produción cultural en versión orixinal no cinema, xornalismo e televisión, estará coordinada por María Immacolata Vassallo, e contará con Marcos Palacios, Carlos Scolari, Patxi Azpillaga e Antía López.

No eido local, un panel analizará o venres o galego e os medios de comunicación no que participarán o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, a exdirectora do ILGA, Rosario Álvarez, e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro. 

Page 3: IBERCOM 2013

A conferencia de clausura, que se celebrará o próximo venres, está concibida como unha homenaxe ao cineasta, investigador e coordinador do Observatorio do Cinema e do Audiovisual Latinoamericano-FNCL, Octavio Getino, e consistirá nunha conferencia do profesor da Universidade Nacional de La Plata, en Arxentina, Roque González, sobre Políticas públicas e cines nacionais. Nesta homenaxe tamén intervirá Alfonso Gumucio-Dragon, asesor da Unesco, investigador e fotógrafo, quen proxectará a derradeira entrevista con Octavio Getino.

Paralelamente, defenderanse as comunicacións en diferentes mesas temáticas con sesións que comezarán ás catro da tarde do xoves nas aulas da Facultade de Ciencias da Comunicación e estarán distribuídas nas seguintes temáticas: Políticas culturais, tecnoloxías e esferas do poder; Estrutura e soportes de comunicación: produción, consumo e recepción; comunicación estratéxica, organizacional e publicitaria; teoría e métodos de investigación; Educomunicación; os discursos da comunicación: migración, xénero, movemento cidadá, folkcomunicación; Estudos cinematográficos e audiovisuais; historia da comunicación e dos media.

Humor e rap galegoParalelamente ás actividades académicas o congreso contará na

inauguración coa actuación da cantante galega AID, que presentará o seu “Rapomas”, libro-disco editado pola Editorial Galaxia na que realiza unha adaptación en rap de poemas clásicos galegos.

Page 4: IBERCOM 2013

Por outra parte, durante os días do congreso trasladarase á cafetería da Facultade de Ciencias a Comunicación a exposición “O poder do humor” do Museo da Imprensa Portuguesa (http://www.cartoonvirtualmuseum.org/), da que forman parte os máis relevantes cartoons que reflexionan sobre os principais problemas do mundo como o abuso do poder, o consumismo ou a democracia. A exposición inicioue en 1999 en Portugal e pódese ver por primeira vez en Galicia nesta ocasión.

Un saúdo,

Gabinete de comunicaciónEmail: [email protected]éfono para contactar entrevistas ou ampliar información:  652577888/ 629731217