historia da filosofía... por artai fdez e carlos lozano
DESCRIPTION
Un sintético recorrido pola Historia da Filosofía.TRANSCRIPT
A Historia da filosofía
A Historia da Filosofía
Por Carlos Lozano González e Artai Fernández Rodríguez (1ºBach-F)
.
A Historia da filosofía
Historia da filosofía
Época antiga
Época medieval
Época moderna
Época contemporán
ea
A filosofía e a súa historia
A Historia da filosofía
Sociedades prehistóricas: Xorden as preguntas fundamentais da filosofía: ¿Qué é
home?¿Por que estamos aquí?¿Existe Deus? Culto ós animais (Espíritos). Primeiros enterramentos. Primeiras mostras de arte. Consellos de anciáns como base moral e política. Moral acatada e transmitida de xeración en xeración. Culto á fertilidade feminina. Nai Terra (As venus).
A orixe da filosofía e os seus antecedentes
A Historia da filosofía
Primeiras civilizacións: Mitos. Relixións organizadas. Inicio da política (Cidades-estado) e da
cidadanía(O Código de Hammurabi ). Monarquías e teocracias.
Homes non iguais (Escravismo, sistemas de castas).
A orixe da filosofía e os seus antecedentes
(II)
A Historia da filosofía
Confucio (China). S.VI a.c. Sistema de pensamento
orientado cara á vida e destinado ao perfeccionamento dun mesmo.
Buda (Nepal). S.V a.c. Predica a meditación para atopalas verdades sobre a vida e o mundo. Personaxe lendario que deu raíz a unha importantísima relixión.
Zaratrusta (Ou Zoroastro) (Irán). S. VI a.C. Filósofo persa mitificado polo Islam e o zoroastrismo (Unha doutrina iraní da Idade Antiga). Tamén se relaciona con catro sabios iranís do último milenio antes de Cristo.
A filosofía non occidental
A Historia da filosofía
Filosofía no mundo musulmán. Básase como
profeta en Mahoma. É de orixe divina. Contribuíron á difusión dos textos filosóficos gregos, olvidados en Europa trala caída de Roma.
Ibn al-Samh foi un filósofo no Al-Ándalus.
A filosofía non occidental (II)
A Historia da filosofía
Período
Cosmolóxic
o
Período
Antropolóxic
oPerídodo
Helenístico
Neoplatonismo
Etapas da Grecia Clásica
A Historia da filosofía
Contexto:
A Polis gregas e as primeiras repúblicas. Estreito vínculo cidadán-estado.
Machismo e escravismo. Forte relixiosidade:
Homero e a súa Ilíada e Odisea Hesíodo: Teoxonía
Orixe da Filosofía: Época Antiga
A Historia da filosofía
A filosofía antiga vai do s.VI a.C ata o século
III. Os seus máximos representantes son Sócrates, Platón e Aristóteles. Xordeu e desenrolouse na Grecia Clásica das polis.
Divídese en varias etapas, segundo a problemática da que se ocupan os diversos filosófos.
Época antiga
A Historia da filosofía
Autores da época antiga
A Historia da filosofía
Os filósofos da natureza (cosmoloxía)
Os primeiros filósofos centraron o seu asombro no físico, na orixe da natureza. Buscaron, usando a súa razón, a substancia primeira da que se formaba toda a materia (o arjé). Tamén estudaron as matemáticas e a xeometría. Foron os primeiros en usar a razón, non a imaxinación (Mitos), para dar respostas ás preguntas filosóficas.
Períodos da época antiga
A Historia da filosofía
Tales de Mileto(640-546 a.c.). Primeiro filósofo e
matemático, creu que a auga era o arjé, pois estaba presente en moitos corpos (a lo menos visiblemente), pero cambiaba e transformaba a súa forma.
Anaximandro (610-546 a.c.). Cría que o creador (Ou substancia última) debía ser distinto ó creado. Polo tanto, chamou á arxé Indefinido. Creu na evolución das especies (2400 anos antes que Darwin).
Anaxímenes(585-528 a.c.). Remodelou a teoría de Tales: Se a auga é aire condensado, o arxé debería ser o aire.
Autores da Cosmoloxía
A Historia da filosofía
Parménides(540-450 a.c.). Nada cambia, todo é, foi e
será igual. Os sentidos distorsionan a realidade (Pois fannos crer que as cousas flúen), por iso esta debe ser interpretada pola razón. Primeira teoría Racionalista.
Heráclito(536-470 a.c.). Todo flúe, nada permanece. Hai una lei natural que provoca e dirixe estes cambios na materia. A materia está unida por un logos. A relidade só pode ser coñecida cos sentidos.
Crean o contraste total Parménides-Heráclito (razón-sentido)
Autores da Cosmoloxía
A Historia da filosofía
Empédocles(494-434 a.c.). A materia fórmase de auga, terra,
aire e lume unidos en infinitas combinacións. Ningún cambia por si só. Os elementos xúntanse polo amor e sepáranse polo odio.
Anaxágoras(500-428 a.c.). Cría que a materia formábase de minúsculas piezas, ás que chamou sementes. Existe una forza superior que pon orde (O entendemento).
Pitágoras(582-500 a.c.). O arxé son os números. Foi o primeiro en denominarse filósofo (Amigo da sabiduría).
Demócrito(460-370 a.c.). Formulou a teoría atómica (Influenciado polo seu mestre Leucipo). Tódolos corpos fórmanse de diminutas, reciclabéis, irreductibles e eternas partículas, separadas polo baleiro. A causa de todo atópase na propia materia. A isto chamouse Materialismo
Autores da Cosmoloxía
A Historia da filosofía
Período antropolóxico (filosofía do ser humano). O punto
central da súa preocupación é a vida humana, en lugar do mundo que o rodea. Tamén se estudan a ética e a felicidade. Conta cos sofistas e con Sócrates, na Atenas do S.V a.c.
Os sofistas, mestres e viaxeiros, crían na relatividade do ben. “O home é a medida de tódalas cousas”. Normas naturais (Universais)-Normas humanas (Relativas). Protágoras(487-420 a.c.) e Proxias.
SÓCRATES(470-399 a.c.). Un dos maiores filósofos da Historia, que non escribiu nada. Cría na universalidade do ben e na búsqueda da verdade para obter a felicidade. Adicábase a preguntarlle á xente pola rúa cuestións filosóficas, facéndose o parvo pero facendo ver ás persoas as súas propias verdades. Dixo: “Eu só sei que non sei nada”.
Períodos da época antiga
A Historia da filosofía
Período dos grandes sistemas (epistémico-ontolóxico). Con Platón e
Aristóteles, a filosofía grega chega o seu máximo esplendor e madurez. Créanse dous grandes sistemas: o Idealista (Platón), que atribúe valor
real ás ideas, e o Realista (Aristóteles), que se basea no valor da experencia sensible. Estes dous filósofos serán sumamente importantes saecula saeculorum.
Platón(428-347 a.c.). Discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles, fundou a Academia. Estableceu o dualismo corpo-alma e a teoría idealista, na que o material é só un reflexo das ideas. Defendeu un Estado gobernado polos filosófos e estratificado segundo as tarefas para lograla felicidade común.
Aristóteles(384-322 a.c.). Todo o contrario a Platón. Foi científico e organizou todo o existente en grupos (Dende as almas ata a pranta das zocas). Creou o realismo materialista e a unión total de corpo e alma. Concebiu a felicidade como un punto medio inalcanzable entre razón e pracer. Consideraba que as mulleres non sabían razonar, e eran inferiores.
Períodos da época antiga
A Historia da filosofía
Período helenístico (filosofía ética). Nesta etapa hai dúas
correntes: o epicureísmo e o estoicismo (Que deriva do cinismo) (séculos IV-I a.C.).
A filosofía interesase nas cuestións éticas, pois vólvese ao home, á súa inferioridade, á súa salvación e á súa felicidade.
Epicuro(341-270 a.c.) estableceu o pracer coo ben absoluto.
Os cínicos e os estoicos (Zenón, Antístenes e Séneca, por exemplo) cren na ausencia de pracer en vida coa natureza para alcanzar a felicidade. Un cínico famoso, Dióxenes, só posuía unha capa, un bastón, un saco e un tonel.
Períodos da época antiga
A Historia da filosofía
Período relixioso (Neoplatonismo). S.III-IV
Derradeira etapa da filosofía antiga. Caracterizase por un forte sentimento místico e un anhelo relixioso de salvación. Destaca Plotino. Xorden numerosas sectas pseudorelixiosas.
Períodos da época antiga
A Historia da filosofía
Este período está marcado polo cristianismo e,
nalgún momento, polo Islam e o xudaísmo. A etapa da filosofía medieval comeza no 529, cando se funda a Orde Benedictina e péchase a Academia de Platón.
O cristianismo é fundalmente un sistema de vida que ten a Cristo como modelo e o seu fin é a salvación. A súa temática principal é as relacións entre razón e fe. A relixión cristiá establece o precepto de ora et labora, e a vida como camiño para alcanzalo ceo.
A filosofía medieval divídese en patrística e escolástica. É Teocéntrica e de base relixiosa.
Época medieval
A Historia da filosofía
Deriva do pensamento dos chamados «Santos
Pais». Séculos I ao V. Representa as especulacións dos pais da igrexa durante os primeiros séculos da era cristiá, para comprender, por medio de conceptos filosóficos gregos e da razón, a verdade revelada na Biblia, e facerlle fronte á filosofía clásica.
Destaca Agostiño de Hipona (354-430). Cristianización de Platón (As ideas son os pensamentos de Deus). Destino feito por Deus. Ben e mal en continua loita durante toda a Historia.
Patrístrica
A Historia da filosofía
Séculos XI ao XIV. Este termo provén da palabra «scholasticus»;
practicábase nas escolas monacais, que como sistema perdurará ata o século XX.
Dividese en tres períodos: A primeria escolástica (s.XI ao XII). Establécense as bases entre fe e
razón. Destacan Anselmo de Canterbury (As probas da existencia de Deus) e Pedro Abelardo.
Alta Escolástica (s. XIII ao XIV). Creánse os grandes sistemas filosóficos-teolóxicos. Destacan Alberte Magno e Tomé de Aquino(1225-1274), quen cristianiza a Aristóteles e formula as Quinque Viae: cinco argumentos para probar a existencia de Deus (Movemento, causalidade, continxencia, graos de perfección e orde do universo).
Crise da Escolcástica (séculos XIV). Disólvese a escolástica, debido a unha separación entre a fe a razón. Sobresae Guillerme de Ockham.
Outro pensador do s.XIII foi Roger Bacon, un vangardista que se acerca máis á filosofía renacentista e crea un vínculo forte ciencia-técnica.
Escolástica
A Historia da filosofía
O Renacemento representa os albores da
época moderno. Entre os séculos XIV e XVI, prodúcese un xiro humanista fronte o teocentrismos medieval.
Tras o Renacemento xorden os grandes movementos (etapas) da época moderna. O coñecemento humano é o gran protagonista.
Época moderna.
A Historia da filosofía
Época Moderna
Racionalismo
Empirismo
Criticismo
Idealismo alemán
Renacemento
Etapas da época moderna
A Historia da filosofía
Intenta solucionar problemas referidos ao
coñecemento humano, basándose no uso exclusivo da razón. Os filósofos desta corrente viven a revolución científica.
Destacan René Descartes(1596-1650), Baruch Spinoza (1632-1677) e Gottfried W.Leibniz (1646-1716).
Racionalismo (s.XVII)
A Historia da filosofía
Sostén que a filosofía debe esquecer os
delirios da universalidade e necesidade e centrarse na base do coñecemento a través dos sentidos (Como Aristóteles). A filosofía ética e política de John Locke (1632-1704), precursor do liberalismo. Thomas Hobbes (1588-1679) fala da existencia do Estado absoluto. Outros empiristas son Francis Bacon, George Berkeley e David Hume (1711-1776).
Empirismo (s.XVII-XVIII)
A Historia da filosofía
Criticismos de Kant (s.XVIII)
Evita o dogmatismo e o escepticismo da razón ao reunir os contidos do racionalismo e do empirismo. Crea unha conciliación entrambas correntes e, a súa vez, supéraas co seu criticismo.
Tres tipos de críticas: Crítica da razón pura, da razón práctica e do xuízo.Crea a ética do deber, e critica a metafísica.
Kant (1724-1804)
A Historia da filosofía
Ten como representante principal a
Hegel(1770-1831), que, coa súa filosofía da historia, revaloriza o Estado fronte á sociedade civil. Terá gran importancia nos movementos revolucionarios contemporáneos. Relaciónase co movemento cultural do Romanticismo.
Outros representantes foron Fichte (1762-1814) e Schelling (1775-1854).
Idealismo alemán (s.XVIII-XIX)
A Historia da filosofía
Principais correntes do Renacemento
A Historia da filosofía
Desenvolvese nos séculos XIX, XX e XXI, tanto en Europa
como América. Houbo varias achegas:
Positivismo de Augusto Comte (1798-1857). Representa a primeira oposición a Hegel. Rexeita a metafísica. Cre no saber científico como expresión final da razón (Teoría dos tres estados).
Marxismo. Recolle os fundamentos da dialéctica hegeliana, pero representase coa súa filosofía materialista (Dialéctica e histórica), máis radical que o idealismo absoluto de Hegel. Unha das principais diferenzas co resto dos filósofos é a transformación da sociedade. Os seus representantes son Marx(1818-1883) e Engels(1820-1895).
Época contemporánea
A Historia da filosofía
Vitalismo. Nietzsche (1844-1900), defende a
vida e o irracional fronte á racionalidade da ciencia e dos fenómenos fisicoquímicos.
Existencialismo. Reinvindica a orixinalidade e pecularidade da existencia individual. Soren Kierkegaard (1813-1855), oponse a Hegel. Outros como Heidegger e Sartre, recollen a idea da irredutibilidade.
Época contemporánea (II)
A Historia da filosofía
Filosofía analítica. Considera que os erros do
pensamento son fundamentalmente erros lingüísticos e centra a súa atención en temas lóxicos e epistemolóxicos. Wittgenstein, Russell e Edward Moore son os seus máximos representantes.
Neopositivismo. Non acepta a metafísica. Carnap(1891-1970) é o seu principal pensador.
Utilitarismo. John Stuart Mills (1806-1873) crea o “Principio da maior felicidade” baseado na constitución de obras útiles para a sociedade. Materialismo liberal.
Época contemporánea (III)
A Historia da filosofía
Escola de Frankfurt. Reflexión crítica da sociedade
postindustrial. Horkheimer (1895-1973), Adorno, Marcuse e Habermas son os seus principais compoñentes.
Posmodernismo. Segundo Vattimo, é un pensamento paradóxico que constrúes e destrúe á vez conceptos e dá lugar a unha multiplicidade de códigos. Lyotard e Deleuze (1925-1995) son os máximos representantes.
Psicanálise (Ver seguinte diapositiva). Iniciada por Sigmund Freud (1856-1939) , céntrase na antropoloxía e crea o concepto de inconsciente, e a súa influencia no comportamento humán. Outro representante foi C. Gustav Jung (1875-1961).
Época contemporánea (IV)
A Historia da filosofía
Outras correntes contemporáneas
A Historia da filosofía
Vídeos
A Historia da filosofía
Wikipedia (datas) Libro de 1º de Bach. de Filosofía. O Mundo de Sofía: Jostein Gaarder. O nome da rosa: Umberto Eco. Apuntes de Filosofía e Antropoloxía. Recordos de Ética e Cidadanía de 4º da ESO. Libro de 2º de Bach. de Historia.
Fontes de búsqueda e bibliografía:
A Historia da filosofía
“O home é o único animal que fala sen ter nada que dicir” (Nietszche)