historia 4º eso ies sofÍa casanova (ferrol) escolma de … · 2020. 10. 7. · ies sofía...

14
HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE DOCUMENTOS HISTÓRICOS UNIDADE 2: REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NACIONALISMOS PROFESOR: ADRIÁN ANSEDE TABOADA CURSO 2020-2021 PRIMEIRO TRIMESTRE

Upload: others

Post on 01-Mar-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

HISTORIA 4º ESO

IES SOFÍA CASANOVA (FERROL)

ESCOLMA DE DOCUMENTOS HISTÓRICOS

UNIDADE 2: REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NACIONALISMOS

PROFESOR: ADRIÁN ANSEDE TABOADA

CURSO 2020-2021

PRIMEIRO TRIMESTRE

Page 2: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 2

ÍNDICE

Documentos da Unidade 2: Revolucións liberais e nacionalismos ............................................................................ 3

Documento 1: As Trece Colonias en 1775 (mapa) ................................................................................................ 3

Documentos 2-3: Os principios dos independentistas norteamericanos .............................................................. 3

Documento 4: Os fundamentos políticos dos Estados Unidos .............................................................................. 4

Documento 5: A burguesía francesa en vésperas da Revolución ........................................................................... 4

Documento 6: O terceiro estado segundo Sieyès ................................................................................................... 5

Documento 7: A abolición do réxime feudal .......................................................................................................... 5

Documento 8: Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán............................................................................ 5

Documento 9: Guerra ideolóxica contra os privilexiados ...................................................................................... 5

Documento 10: A execución dun rei ..................................................................................................................... 6

Documento 11: A xustificación do Terror ............................................................................................................. 6

Documento 12: Os éxitos militares de Napoleón .................................................................................................. 7

Documento 13: O imperio napoleónico (mapa) .................................................................................................... 7

Documento 14: Napoleón valora a súa actividade ................................................................................................ 7

Documento 15: Europa tras o Congreso de Viena (mapa) .................................................................................... 8

Documento 16: Os principios da Restauración ..................................................................................................... 8

Documento 17: Restauración fronte a liberalismo ................................................................................................ 9

Documento 18: A independencia grega ................................................................................................................. 9

Documento 19: A revolución de xullo de 1830 en Francia ................................................................................... 9

Documento 20: A independencia belga ................................................................................................................. 9

Documento 21: Un modelo de Constitución liberal ............................................................................................ 10

Documento 22: As reivindicacións húngaras ...................................................................................................... 10

Documento 23: O sentimento dos checos ........................................................................................................... 11

Documentos 24-26: O ciclo revolucionario, en resumo (varios mapas) ........................................................ 11-12

Documento 27: Italia é unha nación.................................................................................................................... 13

Documento 28: A unificación italiana (mapa) ..................................................................................................... 13

Documento 29: O concepto de nación alemá ...................................................................................................... 13

Documento 30: Unha unificación con sangue e lume ......................................................................................... 13

Documento 31: A unificación alemá (mapa) ....................................................................................................... 14

Page 3: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 3

Documentos da Unidade 2: Revolucións liberais e nacionalismos

Temáticas abordadas nos documentos: -Documentos 1-4: A Revolución Norteamericana e a independencia dos Estados Unidos. -Documentos 5-11: A Revolución Francesa. -Documentos 12-14: O período napoleónico. -Documentos 15-17: O Congreso de Viena e a Restauración absolutista. -Documentos 18-26: O ciclo revolucionario liberal de 1820, 1830 e 1848. -Documentos 27-28: A unificación italiana. -Documentos 29-31: A unificación alemá.

■ Documento 1: As Trece Colonias en 1775 (mapa)

As Trece Colonias en 1775. Imaxe de dominio público.

■ Documentos 2-3: Os principios dos independentistas norteamericanos

1. Todos os homes son libres e independentes e posúen certos dereitos inherentes á súa persoa (...): o goce da vida

e da liberdade e os medios para adquirir e posuír a propiedade e buscar e lograr a felicidade e a seguridade.

2. Todo poder reside no pobo e, por conseguinte, deriva del; os maxistrados son os seus delegados e serventes e

sempre son responsables ante el.

3. (...). Cando un goberno resulte inadecuado, a maioría da comunidade ten un indubidable, inalienable e

inquebrantable dereito a reformalo, alteralo ou abolilo. (...)

5. Os poderes lexislativo e executivo do Estado deben separarse e diferenciarse do xudicial.

Declaración de Dereitos de Virxinia. 12-VI-1776 [inglés].

Page 4: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 4

Sostemos (...) que todos os homes son creados iguais; que son dotados polo seu Creador de certos dereitos

inalienables: (...) a vida, a liberdade e a busca da felicidade; que para garantir estes dereitos se institúen entre os

homes os Gobernos, (...) que cando (...) unha forma de goberno se faga destrutora destes principios, o pobo ten

dereito a reformala ou abolila (...).

A historia do actual rei da Gran Bretaña é unha historia de repetidos agravios (...). Polo tanto, os representantes

dos Estados Unidos de América (...) declaramos: que estas colonias unidas son, e deben selo por dereito, estados

libres e independentes; que quedan libres de toda lealdade á Coroa Británica (...).

Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. 4-VII-1776 [inglés].

■ Documento 4: Os fundamentos políticos dos Estados Unidos

Nós, o pobo dos Estados Unidos, co propósito de formar unha unión máis perfecta, establecer a xustiza, garantir

a tranquilidade interior, atender á defensa común, fomentar o benestar xeral e asegurar os beneficios da liberdade

para nós e a nosa posteridade, establecemos e sancionamos esta Constitución.

Art. 1. O poder lexislativo outorgado por esta Constitución atribúese a un Congreso formado por un Senado e unha

Cámara de Representantes.

Art. 2. O poder executivo atribúese a un presidente dos Estados Unidos de América. Exercerá o seu cargo por un

mandato de catro anos (...).

Art. 3. O poder xudicial atribúese a un Tribunal Supremo e a aqueles tribunais inferiores que o Congreso estableza

no futuro.

Constitución dos Estados Unidos de América. 1787 [inglés].

■ Documento 5: A burguesía francesa en vésperas da Revolución

A finais do século XVIII a estrutura social de Francia seguía sendo esencialmente aristocrática; conservaba o

carácter da súa orixe, da época na que a terra era a única forma de riqueza e, polo tanto, daba a quen a tiña o

poder sobre os que a cultivaban. Os dereitos dos señores seguían sendo instrumento de dominación dos campesiños.

O renacemento do comercio e o desenvolvemento da produción artesanal creara unha nova forma de riqueza, a

riqueza mobiliaria, dando así nacemento a unha nova clase, a burguesía, (...) que se foi desenvolvendo ao mesmo

ritmo que o capitalismo, estimulado polos grandes descubrimentos dos séculos XV e XVI, pola explotación do

mundo colonial, e polas operacións financeiras dunha monarquía sempre escasa de diñeiro. No século XVIII a

burguesía estaba á cabeza das finanzas, do comercio, da industria; proporcionaba á monarquía tanto persoal

para a administración como os recursos necesarios para a marcha do Estado.

O papel da aristocracia non deixara de diminuír, pero seguía tendo o primeiro rango da xerarquía social; pero

mentres que esta se estancaba, a burguesía aumentaba en número, en poder económico e tamén en cultura e en

conciencia. O progreso da Ilustración minaba as bases ideolóxicas da orde establecida, ao tempo que se afirmaba

a conciencia de clase da burguesía. A súa boa conciencia: como clase en ascenso, coa fe no progreso, estaba

convencida de representar o interese xeral e de asumir as cargas da nación; como clase progresiva exercía unha

atracción vigorosa tanto sobre as masas populares como sobre os sectores disidentes da aristocracia. Pero a

ambición burguesa, levada pola realidade social e económica, topaba coa letra aristocrática das leis e das

institucións. (...)

Page 5: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 5

En Francia, na segunda metade do século XVIII, a burguesía víase freada polos marcos da sociedade tradicional;

(...) a burguesía revolucionaria tiña unha clara conciencia da realidade económica que era a que lle daba a forza

e a que determinou a súa vitoria.(...)

A principal reclamación da burguesía era a liberdade: a liberdade política, pero aínda máis a liberdade

económica, a da empresa e o beneficio. O capitalismo esixía a liberdade porque era necesaria para asegurar o seu

desenvolvemento. A liberdade en todas as súas formas: liberdade da persoa, condición do asalariado; liberdade

dos bens, condición da súa mobilidade; liberdade de mente, condición da investigación e dos descubrimentos

técnicos e científicos.

ALBERT SOBOUL. A Revolución francesa. 1981 [francés].

■ Documento 6: O terceiro estado segundo Sieyès

Formulámonos tres preguntas: 1. Que é o terceiro estado? Todo. 2. Que foi ata o presente na orde política? Nada.

3. Que pide? Chegar a ser algo.

(...) E que é o terceiro estado? Todo, pero un todo trabado e oprimido. E que sería sen a orde privilexiada? Todo,

pero un todo libre e florecente.

EMMANUEL SIEYÈS. Que é o terceiro estado? 1789 [francés].

■ Documento 7: A abolición do réxime feudal

1. A Asemblea Nacional suprime completamente o réxime feudal (...)

4. Todas as xustizas señoriais son suprimidas sen ningunha indemnización (...).

5. Os décimos de calquera clase (...) serán abolidos.

7. (...) A Xustiza será gratuíta.

ASEMBLEA NACIONAL FRANCESA. Decreto. 4-VIII-1789 [francés].

■ Documento 8: Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán

Os representantes do pobo francés, constituídos en Asemblea Nacional (...) acordaron expoñer nunha declaración

solemne os dereitos naturais, inalienables e sagrados do home (...).

Art. 1. Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos. (...)

Art. 2. A fin de toda sociedade política é a conservación dos dereitos naturais e imprescritibles do home. Estes

dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión.

Art. 3. O principio de toda soberanía reside esencialmente na nación. Ningún corpo, ningún individuo, pode exercer

autoridade que non emane expresamente dela.

Art. 6. (...) A lei ten que ser a mesma para todos, tanto se protexe como se castiga. Todos os cidadáns, sendo iguais

aos seus ollos, son igualmente admisibles a todas as dignidades, cargos e empregos públicos, segundo as súas

capacidades, e sen outra distinción que a das súas virtudes e talentos.

ASEMBLEA NACIONAL FRANCESA. Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán. 26-VIII-1789 [francés].

■ Documento 9: Guerra ideolóxica contra os privilexiados

A Convención Nacional, (...) fiel aos principios da soberanía do pobo, (...) e querendo fixar as regras a seguir polos

xenerais da República nos países onde leven as armas, decreta:

Page 6: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 6

Art. 1. Nos países ocupados ou que serán ocupados polos exércitos da República, os xenerais proclamarán de

inmediato, en nome da nación francesa, a soberanía do pobo, a supresión de todas as autoridades establecidas,

dos impostos ou contribucións existentes, a abolición do décimo, do feudalismo, dos dereitos señoriais, tanto feudais

como censais, fixos ou ocasionais, das banalidades, da servidume real e da persoal, dos privilexios de caza e de

pesca, das corveas, da nobreza e en xeral de todos os privilexios.

Art. 2. Anunciarán ao pobo que lles levan paz, axuda, fraternidade, liberdade e igualdade, e convocarano

inmediatamente en asembleas primarias ou comunais, para crear e organizar unha administración e unha xustiza

provisional; velarán pola seguridade das persoas e das propiedades; e farán imprimir na lingua ou idioma do

país, colgar e executar sen demora, en cada municipio o presente decreto e a proclamación anexa.

Art. 3. Todos os axentes e oficiais civís ou militares do antigo goberno, así como todos os individuos considerados

nobres até agora, ou membros dalgunha corporación privilexiada até o momento, quedarán, só por esta vez,

excluídos de votar nas asembleas primarias ou comunais e non poderán ser elixidos para postos da administración

ou do poder xudicial provisional.

(...) Art. 11. A nación francesa declara que tratará como inimigo ao pobo que, negando a liberdade e a legalidade,

ou rexeitándoa, queira conservar, volver a chamar ou tratar cos príncipes e as castas privilexiadas (...).

CONVENCIÓN FRANCESA. Decreto. 15-XII-1792 [francés].

■ Documento 10: A execución dun rei

Era un día frío [21-1-1793], bastante claro, non había máis que unha brétema que se estendeu pola cidade (...) ata

o mediodía. Presenteime cedo nas Tullerías, cedo, pero non en exceso. As dúas terrazas do xardín xa estaban cheas

de xente (...).

Cando caeu a cabeza do rei (...), os soldados marcharon e de todos os lados concorreron masas de xente. Cheguei

ao cadafalso no momento mesmo no que un criado do verdugo sacaba coa man o sangue do rei do cesto onde caera

a cabeza; distribuíao entre as persoas que se apertaban a carón del. Mollaban neste sangue o pano de man, as

roupas; algúns militares, o fío da súa espada. Uns querían conservalo como reliquia dun santo; outros, como

trofeo. O que distribuía o sangue recibía cartos (...).

O traxe do rei, dun castaño tirando a marelo, con botóns esmaltados de azul, estragouse sobre o cadafalso e

repartiuse. Máis tarde, engastáronse anaquiños nos aneis, baixo un vidro. O mesmo criado ofrecía tamén cabelos

do rei, a cinta da súa coleta, etc. Vin o sombreiro real poxado na mesma praza (...).

Tras a execución visitei os cafés, tabernas etc. Da veciñanza. Non había un que non estivese cheo a rebentar. Pero

en ningunha parte se falaba do suceso do día. Xogábase ao dominó e facían outras cousas como se non pasara

nada.

Relato dun alemán residente en París sobre a execución de Luís XVI.

■ Documento 11: A xustificación do Terror

Condúcese ao pobo pola razón e aos inimigos do pobo polo Terror. (...) O goberno da Revolución é o despotismo

da liberdade contra a tiranía.

ROBESPIERRE. Discurso perante a Convención. 1794 [francés].

Page 7: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 7

■ Documento 12: Os éxitos militares de Napoleón

Soldados: Estou moi satisfeito de vós; na xornada de Austerlizt xustificastes todo o que esperaba do voso

valor.Cubristes as vosas aguias de inmensa gloria.

Un exército de cen mil homes, comandado polos emperadores de Rusia e Austria, quedou destruído e desfeito en

menos de catro horas. O que escapou do voso fogo, afundiuse nos lagos; corenta bandeiras, os estandartes da

garda imperial rusa, cento vinte pezas de canóns, vinte xenerais, máis de trinta mil prisioneiros, son o resultado

desta xornada para sempre célebre. Esa infantaría tan afamada e superior en número non puido resistir o voso

ataque, e desde agora non tendes máis rivais que temer. (...)

Soldados: Cando o pobo francés colocou sobre a miña cabeza a coroa imperial, eu confiei en vós para mantela

sempre neste alto resplandor de gloria (...) pero, nese mesmo momento, os inimigos pensaban en destruíla, e esta

coroa de ferro, conquistada polo sangue de tantos franceses, eles querían obrigarme a colocala sobre a cabeza dos

nosos máis crueis inimigos. (...) Vós ensinásteslles que é máis doado desafiarnos e ameazarnos que vencernos.

Soldados: Cando todo o que se precisa para asegurar a felicidade e a prosperidade da nosa patria estea cumprido,

farei que volvades a Francia; alí seredes obxecto das miñas atencións máis tenras; o meu pobo volverá vervos con

ledicia, e bastará con dicir: “Eu estiven na batalla de Austerlitz”, para que se responda:“Eis un valente”.

NAPOLEÓN BONAPARTE. Proclama en Austerlitz. 3-XII-1805 [francés].

■ Documento 13: O imperio napoleónico (mapa)

Europa en 1812, en vésperas da invasión de Rusia por Napoleón. Imaxe de dominio público.

■ Documento 14: Napoleón valora a súa actividade

A pesar de todas as difamacións, non teño ningún temor pola miña fama. Combatín en cincuenta batallas campais,

gañando a maioría delas. Organicei e puxen en práctica un código de leis que levará o meu nome ata a posteridade.

Page 8: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 8

Levanteime a min mesmo do nada ata ser o monarca máis poderoso do mundo. Europa estivo aos meus pés.

Sempre fun da opinión de que a soberanía reside no pobo. De feito, o goberno imperial foi unha especie de

república, porque fun chamado pola nación para dirixila e a miña idea sempre foi: a profesión está aberta aos

intelixentes, sen distinción de nacemento ou fortuna; é por este sistema igualitario polo que me odia tanto a

oligarquía.

NAPOLEÓN BONAPARTE. Escritos. Santa Helena, 3-III-1817 [francés].

■ Documento 15: Europa tras o Congreso de Viena (mapa)

Europa en 1815, despois do Congreso de Viena. Imaxe de dominio público.

■ Documento 16: Os principios da Restauración

As SS MM o emperador de Austria, o rei de Prusia e o emperador de Rusia, como consecuencia dos graves

acontecementos que marcaron en Europa o curso dos tres últimos anos (...) acordaron: (...)

Art. 1.Conforme ás palabras das Santas Escrituras, que ordenan a todos os homes que se miren como irmáns, os

tres monarcas contratantes permanecerán unidos polos lazos dunha verdadeira e indisoluble fraternidade e

consideraranse como compatriotas, prestaranse asistencia, axuda e socorro en toda ocasión e en todo lugar;

comportaranse cos seus súbditos e exércitos como pais de familia (...) que protexen a relixión, a paz e a xustiza.

Art. 2. En consecuencia, o único principio en vigor (...) será o de prestarse reciprocamente servizo (...), o de

considerarse todos como membros dunha mesma nación cristiá, e os tres príncipes aliados non se considerarán a

si mesmos máis que delegados da Providencia que gobernan tres ramas dunha mesma familia: Austria, Prusia e

Rusia.

Tratado da Santa Alianza. París, 26-IX-1815 [francés].

Page 9: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 9

■ Documento 17: Restauración fronte a liberalismo

Cada vez convénzome máis de que o único remedio que se pode opoñer a este mal [a expansión do liberalismo],

que ameaza a tranquilidade interior de todos os estados, só pode estar nun acordo entre todas as potencias, que

deben reunir todos os seus medios e esforzos para afogar por todas partes o espírito revolucionario.

KLEMENS VON METTERNICH. Carta ao xeneral Vicent. Xuño de 1817 [francés].

■ Documento 18: A independencia grega

Nós, descendentes dos sabios e nobres pobos da Hélade, (...) non encontraremos xa posible sufrir (...) o xugo cruel

do poder otomán que nos someteu desde hai máis de catro séculos. (...)

Despois desta prolongada escravitude, decidimos recorrer ás armas para vingarnos e vingar a nosa patria contra

unha terrible tiranía. A guerra contra os turcos (...) é unha guerra nacional (...), que ten como obxecto reconquistar

os dereitos da liberdade individual, da propiedade e do honor, dereitos que os pobos civilizados de Europa, os nosos

veciños, gozan hoxe.

ASEMBLEA NACIONAL GREGA. Proclamación de independencia. 27-I-1822 [grego].

■ Documento 19: A revolución de xullo de 1830 en Francia

Habitantes de París! Carlos X deixou xa de reinar sobre Francia! Sendo incapaz de esquecer a orixe da súa

autoridade, considerouse como un inimigo da nosa patria e das súas liberdades, que el non podía comprender.

Despois de ter atacado abertamente as nosas institucións por todos os medios que lle proporcionaban a hipocrisía

e o fraude; pero grazas ao voso heroísmo os crimes do seu poder remataron.

Uns intres abondaron para rematar con este goberno corrompido que só foi unha conspiración permanente contra

a liberdade e a prosperidade de Francia. Só a nación quedou en pé, adornada coas cores nacionais que conquistou

ao prezo do seu propio sangue, y quere un goberno e unhas leis dignas dela.

Habitantes de París, estamos orgullosos de ser os vosos irmáns!

Viva Francia! Viva o pobo de París! Viva a liberdade!

Proclama dos revolucionarios franceses de 1830. [francés].

■ Documento 20: A independencia belga

Belgas! Compatriotas, amigos, irmáns! Hai épocas nas que a independencia e a honra dunha nación non poden

ser salvagardadas máis que por unha clara manifestación da vontade popular.

Este momento chegou para os belgas. Pechemos filas ao redor da bandeira de setembro; a patria será salvada

pola unión dos seus fillos. Que o concurso de todos os cidadáns secunde a acción do Goberno que, fortalecido desde

agora con esta impoñente adhesión, recobrará a enerxía precisa para acabar a obra da revolución.

Os nosos representantes decretaron a independencia de Bélxica. Estamos preparados para a guerra, posto que os

bárbaros aínda ocupan unha parte do noso territorio. Guerra para dar fin a unha orde de cousas que, lonxe de

ofrecer as vantaxes materiais da paz, fere máis que a guerra os intereses do comercio, da industria e da

agricultura! Guerra para tirar o peso da débeda holandesa, para librarnos da división do noso territorio e do

oprobio europeo que nos reservan os cómplices de Guillerme!

Belgas! O momento de actuar chegou. Formouse unha asociación en Bruxelas e nas provincias para manter, aínda

á conta dos maiores sacrificios, a integridade territorial, a independencia nacional e a exclusión perpetua dos

Orange-Nassau.

Page 10: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 10

Belgas! Non contamos máis que connosco mesmos; a liberdade conquístase, non se pide. Obediencia á

Constitución! Respecto á propiedade e á orde pública!

Viva Bélxica! Viva a liberdade! Viva a independencia!

Proclamación de independencia de Bélxica en 1830. [francés].

■ Documento 21: Un modelo de Constitución liberal

Art. 7. A liberdade individual está garantida (...).

Art. 10. O domicilio é inviolable (...).

Art. 14. A liberdade de cultos, o seu exercicio público, así como a de manifestar as súas opinións en toda clase de

materias está garantida.

Art. 17. O ensino é libre; non se pode establecer a censura.

Art. 19. Os belgas teñen o dereito de reunirse pacificamente.

Art. 20. Os belgas teñen o dereito de asociarse.

Art. 22. O segredo da correspondencia é inviolable.

Art. 25. Todos os poderes emanan da nación (...).

Art. 26. O poder lexislativo exércese colectivamente polo rei, a Cámara dos Deputados e o Senado.

Art. 29. Pertence ao rei o poder executivo (...).

Art. 30. O poder xudicial exércese polas audiencias e tribunais.

Art. 65. O rei nomea e separa os ministros.

Constitución belga de 1831 [francés].

■ Documento 22: As reivindicacións húngaras

Maxestade, os acontecementos ocorridos recentemente impóñennos o deber de atraer a vosa atención cara a

aquelas esixencias que nos impoñen a nosa fidelidade cara á casa reinante, as relacións legais da monarquía en

xeral e o amor ao noso país. Repasando a historia, lembramos que durante tres séculos non só se nos impediu o

libre desenvolvemento do espírito constitucional do noso país conforme os imperativos dos novos tempos, senón

que mesmo apenas tiveron éxito nosos máis celosos esforzos para preservalo. A causa deste feito foi que o Goberno

da vosa Maxestade non seguiu unha dirección constitucional, e consecuentemente estivo rifado co carácter

independente do noso Goberno. Soamente isto é o que ata o de agora impediu o desenvolvemento do sistema

constitucional en Hungría; e está claro que, a menos que se cambie esta dirección, e o Goberno da vosa Maxestade

sexa harmonizado cos principios constitucionais, o trono da vosa Maxestade, e mesmo a monarquía mesma, que

se logrou o noso apego en virtude da Pragmática Sanción [Lei de 1792, que regulaba as relacións de Hungría con

Austria] quedará nunha situación de confusión e de perigo, cuxo final non pode ser previsto, e a cal carrexará unha

miseria inimaxinable para o noso país. (...) Todas as medidas propostas como axudas ao noso progreso

constitucional e á elevación da condición moral e material do noso país, só poden alcanzar valor real e vitalidade

cando exista un goberno nacional independente de influencias estranxeiras, o cal poida dar a súa sanción ás

devanditas medidas; e o cal, baseado nos verdadeiros principios constitucionais, poida ser responsable perante a

nación, cuxa voz representará debidamente. Por estas razóns consideramos que a conversión do presente sistema

nun goberno por xuntas e comisións dentro dun ministerio húngaro responsable, é a condición fundamental, a máis

esencial garantía de todas as medidas de reforma.

Page 11: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 11

LAJOS KOSSUTH. Petición do Parlamento húngaro ao rei. 1848 [húngaro].

■ Documento 23: O sentimento dos checos

Eu son checo, de orixe eslava, e o pouco que vallo dedícoo totalmente ao servizo da miña nación. Esta nación é sen

dúbida pequena, pero desde as súas orixes constitúe unha individualidade histórica (...). Despois de tantos séculos

en que nos esquecemos uns doutros, démonos conta de que somos irmáns. (...) Debemos defender a unión e a

independencia dos eslavos, cuxas nacionalidades se atopan sometidas.

FRANTISEK PALACKY. Discurso. 1848 [checo].

■ Documentos 24-26: O ciclo revolucionario, en resumo (varios mapas)

As revolucións de 1820. Imaxe de dominio público.

Page 12: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 12

As revolucións de 1830. Imaxe de dominio público.

As revolucións de 1848. Imaxe de dominio público.

Page 13: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 13

■ Documento 27:Italia é unha nación

Somos un pobo de 21 ou 22 millóns de homes, coñecidos dende tempos inmemoriais cun mesmo nome -o pobo

italiano-, encerrados nos límites naturais máis precisos que Deus trazase nunca -o mar e as montañas máis altas

de Europa-, que falan a mesma lingua (...) e coas mesmas crenzas, os mesmos costumes, as mesmas tradicións

(...), orgullosos do pasado político, científico, artístico (...).

A nación non existiu nunca, din, polo tanto nunca pode existir. Pero nós declaramos (...): a nación non existiu ata

agora, polo tanto debe existir no futuro (...). Por iso Italia será unha nación.

GIUSEPPE MAZZINI. Italia, Austria e o Papa. 1845 [italiano].

■ Documento 28:A unificación italiana (mapa)

O proceso da unificación italiana. Imaxe de dominio público.

■ Documento 29: O concepto da nación alemá

Todos os que falan un mesmo idioma (...) están unidos entre si desde o principio por lazos invisibles (...), de modo

que os homes non forman unha nación porque vivan a un lado ou ao outro dunha cordilleira de montañas ou dun

río, senón que viven xuntos porque primitivamente, e por efectos de leis naturais de orde superior, formaban xa un

pobo. Así, a nación alemá, grazas a ter un idioma e unha maneira de pensar comúns, estaba unida e diferenciábase

con claridade dos demais pobos de Europa.

JOHANN GOTTLIEB FICHTE. Discursos á nación alemá. 1807 [alemán].

■ Documento 30: Unha unificación con sangue e lume

Alemaña non busca o liberalismo de Prusia, senón o seu poder. Baviera, Württemberg e Baden poden permitirse

o liberalismo: pero o papel de Prusia non é para elas. Prusia debe concentrar as súas forzas e mantelas unidas en

Page 14: HISTORIA 4º ESO IES SOFÍA CASANOVA (FERROL) ESCOLMA DE … · 2020. 10. 7. · IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2 Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede

IES Sofía Casanova (Ferrol) Historia 4º ESO – Unidade 2

Documentos da Unidade 2 Adrián Ansede Taboada 14

espera do momento favorable, que xa se nos pasou por alto unha vez. As fronteiras de Prusia, tal como foron fixadas

no Congreso de Viena, non son propicias para unha sa existencia política. Os problemas actuais non se decidirán

con discursos e decisións maioritarias —ese foi o erro de 1848 e 1849—, senón con sangue e lume.

OTTO VON BISMARCK. Declaración perante a Comisión de Orzamentos. 1862 [alemán].

■ Documento 31: A unificación alemá (mapa)

O proceso da unificación alemá. Imaxe de dominio público.