guía para diminuír os impactos da carga gandeira no...
TRANSCRIPT
Guía para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2
a través da ecoxestión de residuos agrogandeiros
Índice 1.- GLOSARIO DE TERMOS.....................................................1
2.- INTRODUCIÓN................................................................11
3.- OBXECTIVOS...................................................................13
A. DO PROXECTO.................................................................................13
B. DA GUIA...........................................................................................14
4. CARACTERIZACIÓN DOS DESTINATARIOS ....................17
5. MARCO LEGAL SOBRE A XESTIÓN DE RESIDUOS
AGRARIOS DE GALICIA........................................................19
6. GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS............................23
7. PRODUCIÓN E CARACTERIZACIÓN DOS RESIDUOS
AGROGANDEIROS NA ZONA LUGO2…...……………………....39
A. TIPOS DE RESIDUOS........................................................................39
B. TIPOS DE EFECTOS..........................................................................49
B.1. Efectos sobre o medio.........................................................49
B.2. Efectos sobre os solos.........................................................50
B.3. Efectos sobre as masas de auga.........................................52
B.4. Efectos sobre a atmosfera..................................................54
8. VALORIZACIÓN DOS RESIDUOS AGROGANDEIROS........55
A. COMPOSTAXE..................................................................................64
B. BIOMETANIZACIÓN..........................................................................77
9. OS RESIDUOS GANDEIROS E O CAMBIO CLIMÁTICO.......79 10. CONCLUSIÓNS...............................................................99
ANEXO
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR AGROGANDEIRO
1
1. Glosario de termos Actinomiceto: Bacteria que se caracterizan pola súa converxencia con
algunhas formas de fungos.
Achegas: Contribuír, engadir, dar.
Aerobiose: Vida nun ambiente que contén osíxeno.
Animalia: Animal prexudicial para a caza menor.
Antropoxénico: Relativo ou pertencente á acción dos seres humanos.
Aura: ou gallinaza. Esterco ou excremento das aves.
Catiónico: Adxetivo relativo ou pertencente aos catións.
Catión: Ión de carga positiva.
CH4: Metano.
Coxeración: Produción conxunta de electricidade e enerxía calorífica útil.
2
CO2: Dióxido de carbono.
Cu= Cobre. Cunícola: Relativo aos coellos.
DBO (Demanda Biolóxica de Osíxeno):A demanda biolóxica de osíxeno, é un
parámetro que mide a cantidade de materia susceptible de ser consumida ou
oxidada por medios biolóxicos que contén unha mostra líquida, e utilízase para
determinar o seu grao de contaminación.
Dioxina: Composto químico clorado, constituído por carbono, hidróxeno,
osíxeno e cloro altamente tóxico e estable na natureza que se orixina en
procesos de combustión naturais (erupcións volcánicas ou incendios forestais)
e en procesos industriais. As dioxinas fixéronse moi coñecidas nos últimos
anos porque preocupa a súa presenza no ambiente xa que se atopan en moitos
lugares, aínda que en baixas concentracións, e algunhas delas son
extremadamente tóxicas. Xunto coas dioxinas adóitanse atopar furanos que
son uns compostos químicos similares.
3
Dixestor anaerobio: A dixestión anaerobia é o proceso no cal microorganismos descompoñen material biodegradable en ausencia de osíxeno.
DQO (Demanda Química de Osíxeno):A demanda química de osíxeno (DQO) é
un parámetro que mide a cantidade de materia orgánica susceptible de ser
oxidada por medios químicos que hai nunha mostra líquida. Utilízase para
medir o grao de contaminación.
Edáfico: Adxetivo relativo ou pertencente ao solo.
Efluente: Adxetivo que eflúe. Que sae un líquido ou un gas cara ao exterior.
Encamado: Accidente que provoca o xiro ou tombado da planta e diminúe o seu
rendemento.
Entulleira de mina: Refugallo da explotación dunha mina.
Ensilar: Poñer os grans dos cereais, a forraxe ou outro tipo de produto agrícola
que se queira conservar nun silo.
EPI: Equipos de Protección Individual.
Equino: Gando integrado por cabalos, eguas, poldros, asnos, mulas e cebras.
4
Ermo: Adxetivo que é árido, ten escasa vexetación ou as terras sen cultivar.
Estiaxe: Período en que se rexistra o caudal mínimo dun curso fluvial.
Espigado: Que ten ou xa botou espiga.
Eutrofización: Proceso de acumulación de sales minerais e outros nutrientes
nun ecosistema acuático, que comporta un crecemento masivo de algas.
Fenoloxía: Ciencia que estuda a relación entre os factores climáticos e os
ciclos dos seres vivos.
Feo: Herba cortada e seca que se emprega como alimento para o gando.
Fertirrigación:Técnica de aplicación de fertilizantes químicos en disolución
acuosa mediante a auga de rego.
Foxa: lugares de almacenamento de subprodutos coma o esterco e xurros que
deben estar cubertas para evitar a entrada de auga de choiva, tamén deben
estar impermeabilizadas para evitar filtracións roturas ou poros ocultos que
poidan producir fugas con risco de contaminación do solo e acuíferos.
Furano: Composto químicos extremadamente tóxico similar á dioxina.
5
GEI(Gases de Efecto Invernadoiro): Denomínanse gases de efecto invernadoiro
ou gases de invernadoiro aos gases cuxa presenza na atmosfera contribúe
para o efecto invernadoiro. Os máis importantes están presentes na atmosfera
de xeito natural, aínda que a súa concentración pode verse modificada pola
actividade humana, pero tamén entran neste concepto algúns gases artificiais,
produto da industria.
Horizonte edáfico: Os horizontes edáficos son capas aproximadamente
paralelas á superfície do solo, definidas en función de cambios das súas
propiedades e constituíntes.
Húmico: Relativo ou pertencente ao humus.
Humus: Materia orgánica do solo.
Ión: Átomo ou grupo de átomos que teñen unha carga eléctrica debida á perda
(ión positivo ou catión) ou á captura (ión negativo ou anión) de electróns.
Inflorescencia: Disposición das flores sobre as ramas ou a extremidade do talo.
Insumo: Ben empregado na produción doutros bens.
6
Lisier: Líquido espeso, procedente da mestura das dexeccións sólidas e
líquidas (e eventualmente auga) do gando mantido en estabulación, sen achega
de cama.
Lixiviados: Líquidos producidos cando a auga circula e fíltrase a través de
calquera material permeable.
Materiais ligno- celúlosicos: Formado por lignina e celulosa ( p. ex. a madeira)
Macrófitas: Plantas acuáticas. Son plantas adaptadas aos medios moi húmidos
ou acuáticos.
Metanoxénica: As bacterias metanoxénicas constitúen o último eslavón da
cadea de microorganismos encargados de dixerir a materia orgánica e
devolver ao medio os elementos básicos para reiniciar o ciclo.
Microorganismo: Nome xenérico que designa os seres organizados só visibles
ao microscopio.
Microorganismos anaerobios: Os organismos anaerobios ou anaerobios son os
que non utilizan osíxeno (O2) no seu metabolismo
7
Moega: Caixa de madeira con forma de pirámide invertida pola que cae o gran
ata a roda do muíño.
N: Nitróxeno. N2O : Óxido nitroso. Noiro: Inclinación dun muro, dun desmonte ou dun terraplén. Ornamental: Relativo ou pertencente ao ornamento. Ornamento: Acción de adornar ou embelecer. pH: Índice que expresa o grao de acidez ou alcalinidade dunha disolución.
Entre 0 e 7 a disolución é aceda, e de 7 a 14, básica.
Ppm: partes por millón. Presebe: Lugar onde se lle bota a comida aos animais.
Reactividade: Poder ou capacidade de reaccionar.
Reservorio: Organismo que permite a supervivencia ou a multiplicación dun
axente infeccioso no seu interior e a súa transmisión.
Residuo zootécnico: Residuo de animais domésticos e silvestres.
8
Silo: Depósito destinado a gardar produtos, especialmente cereais.
Sirle: Excremento do gando lanar e cabrío.
Sorgo: Cereal para consumo humano e animal, valido para a produción de
forraxes, e para a elaboración de bebidas alcohólicas.
Termofílica:O termo termófilo aplícase a organismos vivos que poden soportar
condicións extremas de temperatura relativamente altas, por encima dos 45ºC,
ou relativamente baixas.
Termófilo: Aplícase aos organismos que viven en zonas cálidas e non toleran
ben o frío.
Terreo hidormorfo: Que se caracteriza por un anegamento temporal ou
permanente.
Tn:Tonelada: Unidade que no sistema métrico equivale a 1.000 kg.
Turba:Combustible fósil formado de residuos vexetais acumulados en sitios
pantanosos, de cor pardo escuro, aspecto terroso e pouco peso, e que ao
arder produce fume denso.
9
UGM: Unidades gandeiras maiores.
Volátil: Que se evapora ou se transforma en gas con facilidade.
Zootecnia: Ciencia da produción e explotación dos animais domésticos.
11
2. Introdución Esta guía entrégase no marco da actuación 3.1 (medidas para diminuír os
impactos da carga Gandeira) do proxecto LugO2 da Deputación Provincial de
Lugo, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER da Unión Europea.
A través desta actuación búscase fomentar accións de educación dirixidas a
agricultores e gandeiros para mellorar as súas prácticas agrícolas e conseguir
así unha diminución dos impactos debidos á carga gandeira no medio. O feito é
que a adecuada xestión dos residuos presenta vantaxes obxectivas para a
propia explotación independentemente das vantaxes medioambientais xerais,
tal e como se porá de manifesto ao longo da presente guía.
O proxecto LugO2 é un Proxecto Integral de Rexeración Rural desenvolvido nas
tres Reservas da Biosfera da provincia de Lugo (Terras do Miño, Os Ancares,
Río EO-Os Oscos-Terras de Burón) e a serra do Courel, cuxo obxectivo xeral é o
desenvolvemento endóxeno dos municipios incluídos nos espazos naturais
protexidos da provincia de Lugo a través da posta en valor dos recursos
naturais dispoñibles e a sensibilización medioambiental de habitantes e
visitantes dende unha perspectiva de sostenibilidade, participación cidadá e
innovación.
12
Ese obxectivo xeral concrétase nuns obxectivos específicos, que se detallan a
continuación:
- Desenvolvemento endóxeno dos municipios rurais a través da posta en
valor dos recursos naturais.
- Sensibilización e formación medioambiental de habitantes e visitantes.
- Desenvolvemento dun modelo de turismo rural sustentable.
- Promover a creación de empresas e a xeración de emprego ligadas ao
medio ambiente e os recursos naturais.
- Ofrecer maiores posibilidades profesionais aos xóvenes titulados para
evitar a fuga de coñecemento.
- Favorecer a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos.
- Promover o uso e coñecemento das novas tecnoloxías
13
3. Obxectivos
A.Do proxecto
Tanto nas accións formativas como nas experiencias pilotos fomentarase:
A redución da cantidade de residuos producidos. Levarase a cabo a
través do cambio nas prácticas ou nos procesos de explotación.
A valorización mediante aplicación directa de xurro e esterco como
fertilizante para os cultivos.
A obtención de compost a partires da combinación de residuos
orgánicos, entre eles os xurros.
O máximo aproveitamento do poder fertilizante do xurro. A aplicación
do xurro nas épocas máis adecuadas.
A análise e o coñecemento dos problemas ambientais asociados á
actividade agrogandeira.
A posta en coñecemento do público obxectivo das tecnoloxías máis
axustadas para mitigar o impacto ambiental e colaborar na
consecución dunha actividade agrogandeira sostible.
14
A promoción da aplicación de normativas ambientais actuais,
relacionadas cos residuos, e orientadas á protección do medio
ambiente.
A promoción da necesidade de crear infraestruturas de recollida de
residuos agrícolas.
O fomento da minimización, reutilización e reciclaxe de residuos
agrogandeiros.
15
B. Da guía
Os obxectivos xerais que se pretenden coa difusión desta guía son:
Fomentar a aplicación do Código de Boas Prácticas Agrarias
Promover o máximo aproveitamento dos recursos contidos nos
residuos (nutrientes e enerxía).
Dar a coñecer as mellores técnicas dispoñibles para levar a cabo
unha actividade gandeira respectuosa co medio
Informar sobre as axudas ás que poden acceder os gandeiros de
espazos naturais protexidos que desenvolvan unha actividade
respectuosa co medio.
Promover a aplicación das normativas ambientais actuais,
relacionadas cos residuos, orientadas a protección do medio.
Promover a necesidade de crear infraestruturas de recollida e
tratamento de residuos agrícolas.
Promover medidas de mitigación e adaptación no sector gandeiro ao
Cambio Climático.
17
4. Caracterización dos destinatarios Os destinatarios da acción serán os responsables das explotacións agrícolas e
gandeiras do ámbito de actuación do Proxecto LugO2.
O sector agrario desempeña un importante papel na realidade socioeconómica
de Galicia, ademais de contribuír á conservación da paisaxe e o medio
ambiente.Os agricultores e gandeiros teñen que desempeñar un papel positivo
no mantemento dos espazos naturais e o medio ambiente a través de medidas
específicas de desenvolvemento rural, a parte da rendibilidade das actividades
agrarias. É importante que dispoñan de tódalas ferramentas posibles para
desenvolver as súas actividades encamiñadas cara a conservación do
contorno que os rodea.
Destacar que é a provincia de Lugo unha das provincias galegas que posúe un
maior número de explotacións de gando bovino 17.962 segundo o IGE ,2007. As
zonas que abrangue este proxecto ten rexistradas un total de 11.586
explotacións, dato que supón un 65% do total da provincia. Abórdase, así, a
necesidade de fomentar prácticas agrarias sostibles en espazos naturais
protexidos.
19
5. Marco legal sobre a xestión de residuos agrarios de Galicia.
No presente apartado aparece recollido un resumo da lexislación actual sobre
a xestión de residuos agrarios de Galicia.
Europea:
Regulamento (CE) 1774/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 3
de outubro, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos
subprodutos animais non destinados ao consumo humano.
Estatal:
Real decreto 1310/1990, do 29 de outubro, sobre utilización de lodos de
depuración no sector agrario. Orde do 26 de outubro de 1993, que
desenvolve o Real decreto 1310/1990, do 29 de outubro, sobre
utilización dos lodos de depuración no sector agrario.
Real decreto 261/1996, do 16 de febreiro, sobre protección das augas
contra a contaminación producida polos nitratos procedentes de fontes
agrarias.
20
Real Decreto 324/2000, do 3 de marzo, polo que se establecen normas
básicas de ordenación das explotacións porcinas.
Real Decreto-lei 4/2001, do 16 de febreiro, sobre o réxime de
intervención administrativa aplicable á valorización enerxética de
fariñas de orixe animal procedentes da transformación de despoxos e
cadáveres de animais.
Real Decreto 1416/2001, do 14 de decembro, sobre envases de produtos
fitosanitarios.
Real Decreto 1429/2003, do 21 de novembro, polo que se regulan as
condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de
subprodutos de orixe animal non dedicados ao consumo humano.
Galega:
Resolución do 6 de xullo de 2001 pola que se acorda a publicación do
Plan de Xestión de Residuos Agrarios de Galicia
Decreto 43/2004, do 26 de febreiro, polo que se declara servizo público
de titularidade autonómica a recollida, transporte, eliminación e
destrución dos animais mortos nas explotacións gandeiras.
21
Lei 10/2008 do 3 de novembro de residuos: calidade de vida da
cidadanía de Galicia e alcanzar un alto nivel de protección do medio,
dotando aos entes públicos competentes dos mecanismos de
intervención e control necesarios para garantir unha axeitada xestión
dos residuos e, en particular:
a) Previr os riscos para a saúde e o benestar das persoas, sen
provocar incomodidades polo ruído ou os olores.
b) Protexer o medio sen crear riscos para a auga, o solo, a flora e a
fauna.
c) Preservar a paisaxe e, particularmente, os lugares de especial
interese.
d) Reducir a cantidade e nocividade dos residuos xerados en Galicia.
A tal fin, os plans de residuos e as normas de desenvolvemento e
aplicación da presente lei fixarán obxectivos concretos.
22
e) Fomentar a recollida selectiva de residuos e a reutilización de
produtos e materiais usados, a utilización de materiais reciclados e a
súa posta no mercado, así como outras formas de valorización. A tal
fin, as normas de desenvolvemento e aplicación da presente lei
fixarán obxectivos concretos de redución cuantitativa e cualitativa.
23
6. Guía de boas prácticas agrarias
O noso progreso social e económico necesita ser sostible e só poderá selo si se
desenvolve en harmonía cunha conservación axeitada do medio, de maneira
que se cubran as necesidades das xeracións presentes sen comprometer a
satisfacción das necesidades das xeracións futuras. Así pois o
desenvolvemento para ser sostible debe asentarse sobre tres piares sólidos: o
económico, o social e o ambiental.
Algunhas actividades agrícolas, especialmente os sistemas intensivos,
constitúen unha fonte de presión sobre o medio, incluídas a contaminación e
extracción da auga, a degradación do solo e a perda de valores naturais.
As tendencias futuras deben ir encamiñadas en establecer un equilibrio estable
entre a produción agrícola, e o mantemento do medio, permitindo ao mesmo
tempo a busca doutras alternativas que contribúan ao desenvolvemento rural.
24
A estratexia ambiental comunitaria baséase en medidas moi específicas que
compensan aos agricultores por todos os servizos de carácter ambiental
prestados en zonas rurais que vaian máis alá das meras boas prácticas
agropecuarias e das normas obrigatorias da lexislación ambiental. Os Estados
membros están obrigados a desenvolver estas medidas no contexto dos seus
respectivos plans de desenvolvemento rural.
Aquí aparece un resumo do Código galego de boas prácticas agrarias, no que
se recollen aqueles aspectos específicos das principais liñas de produción
agrícola e gandeira que poderían dar orixe á contaminación por nitróxeno e
propóñense unha serie de medidas e prácticas tendentes a reducilo ao mínimo.
Fertilizantes nitroxenados
O aporte de nitróxeno aos cultivos pode facerse mediante aboamentos
químicos ou residuos zootécnicos e a elección depende da forma química en
que o N estea presente e o seu comportamento sobre o terreo e a nutrición
vexetal.
Nunha explotación agrícola o mellor é aportar abono orgánico sempre que se
poida, pois o aporte orgánico axuda a mellora a estrutura do solo ademais de
25
aportar nutrientes aos vexetais. Pero tamén é moi importante elixir ben o tipo
de abono orgánico que se emprega, porque por exemplo, o abono procedente
de aves ten moito nitróxeno, e o purín de porcos ten moitos metais pesados.
Respecto a cando é mellor empregar un tipo de abono químico ou orgánico
depende de moitos factores, un dos factores da elección é a forma química na
que se atope o nitróxeno. O nitróxeno mediante abono mineral pódese aportar
en dúas formas químicas diferentes: a forma nítrica e a forma amoniacal. O
mellor é aportar a forma nítrica, porque está dispoñible máis rapidamente para
as plantas no solo, que a forma amoniacal. Pero, a decisión de aportar unha
forma ou outra tamén depende si ese aporte se fai nun abonado de corrección
ou nun abonado de mantemento de fertilización.
Un abonado de corrección é aquel que se soe realizar na primaveira antes de
realizar as plantacións. Realízase este abonado porque o solo ten deficiencia
nalgún dos elementos esenciais para as plantas. Neste caso é mellor empregar
a forma amoniacal, para que as plantas poidan ir asimilando o nitróxeno pouco
a pouco.
O abonado de mantemento é aquel que se realiza para suplir as necesidades
das plantas mediante o seu proceso produtivo. Polo tanto, o seu aporte
dependerá da época no que o cultivo está presente no solo. Neste caso o
26
nitróxeno é mellor aportalo na forma nítrica, porque así as plantas téñeno
dispoñible no momento que lles fai falta.
Entre as achegas orgánicas destacan:
Esterco bovino.
Esterco fluído de porcino.
Esterco de ovino ou sirle.
Composts, aboamentos orgánicos obtidos tras un proceso de
transformación aerobia, son ideais dispoñendo de materiais ligno-
celulósicos de refugallo para mesturar coas dexeccións.
Lodos de depuradora.
27
Períodos en que é recomendable a aplicación de fertilizantes ás terras
Para evitar a contaminación das augas por nitratos detállanse a continuación
as épocas máis aconsellables para a fertilización en diferentes cultivos,
atendendo ao seu estado fenoloxía e ao tipo de aboamento.
Cereais de outono-inverno
Evitarase no posible, considerando as condicións climáticas coincidentes cos
primeiros estadios destes cultivos, a fertilización nitroxenada na sementeira;
actuándose en testo nos momentos de máxima necesidade, principalmente
durante o afillado(formación das follas), enraizado(fase de formación de
raíces), a fase de diferenciación da inflorescencia(fase de formación das
flores) e o espigado(fase deformación das espigas).
De acordo coa forma de nitróxeno no aboamento:
Nítrico: no enraizado e no espigado.
Amoniacal: no afillado.
Nítrico e amoniacal: no enraizado.
Ureico: no afillado.
28
Ao sementar leguminosas, obtense nitróxeno da atmosfera que estas especies
o achegan posteriormente ao solo, polo que plantar leguminosas con
anterioridade é unha forma de aforrar na achega nitroxenada precoz requirida
pola planta. Hai que ter en conta tamén que unha achega excesiva de nitróxeno
pode ocasionar o encamado.
Millo (sorgo e híbridos de Sudán)
Si se achega lisier deberá ser na fertilización de fondo e deberá ir enterrado.
Na ausencia de lisier pódese empregar a fertilización de fondo equilibrado,
onde o nitróxeno pode estar en forma nitro-amoniacal se a primavera é fría e
amoniacal ou ureico se é quente.
O aporte de nitróxeno en testo, debe facerse cando a planta teña 40-50 cm. de
altura e tradúcese, nun incremento de materia seca no caso de producción de
forraxe.
29
Pradarías cultivadas
Dado que é o destino prioritario dos lisiers convén especificar o seu emprego
nas distintas fases do cultivo.
a) Implantación: como fertilización de fondo pódese utilizar o lisier de vacún en
dose segundo as análises do solo.
b) Aproveitamentos:
b1) Para pastoreo, aproximadamente un mes antes de sacar o gando ao
pasto e sempre despois do arranque da vexetación, engadir lisier
respectando as distancias das canles de augas e tendo en conta as
pendentes, posibles chuvias, etc.. De non dispoñer de lisier ou en
condicións adversas, substituílo por nitróxeno de orixe mineral ou combinar
con ambos os dous tipos de aboamentos.
b2) Para sega e subministración en presebe: o mesmo procedemento. En
ambos os dous casos pódese repetir as doses en tanto sexa de esperar
unha resposta positiva por parte da pradaría.
b3) Para ensilar. Aproximadamente 45-50 días antes da data do ensilado
engadir nitróxeno en calquera das combinacións posibles, pero
preferentemente en forma de lisier vacún ou porcino. De facer un segundo
corte para ensilar engadir nitróxeno, nada máis facer o primeiro ensilado.
30
Normalmente a superficie destinada a este segundo corte é o 50% do
primeiro.
b4) Para aproveitamentos de outono, en función das necesidades de herba,
do adianto da chuvia e da climatoloxía prevista pódese empregar nitróxeno
en tanto sexa de prever unha resposta da pradaría.
b5) Fertilización de mantemento anual. Partindo dunha pradaría equilibrada
en gramíneas e leguminosas a cantidade de lisier total equivalería a unha
carga gandeira aproximada de 2,5 UGM/Ha asumible nas condicións
normais de Galicia.
Pataca
Como norma xeral os estercos, lisiers, auras o gallinaza, etc., que
proporcionan unha boa achega de materia orgánica deberían incorporarse
antes da plantación e enterrados con antelación abondo, é dicir no inverno
anterior.
31
Hortalizas
a) De sementeira ao aire libre: Comprende este grupo as hortalizas tradicionais
por un lado e os novos cultivos de repolo, cebola, xudía, etc. Neste caso os
aboamentos orgánicos deberían ser incorporados con antelación abondo e os
minerais empregados en función da época de cultivo e da climatoloxía
correspondente.
b) Cultivo intensivo, invernadoiros, etc.. Dadas as esixencias destes cultivos
pola velocidade á que se desenvolven requirirá unha planificación e o emprego
de aboamentos específicos para cada caso.
A aplicación de fertilizantes a terreos inclinados e escarpados
En xeral, os solos con pendentes uniformes que non superen o 10% no mesmo
plano son considerados como de suave inclinación; ata o 20%, pendentes
moderadas, e por enriba deste valor sitúase o límite de sistemas agrícolas con
labra permanente, para os que se recomendan actuacións contra a erosión.
Para a distribución de aboamentos non poden definirse límites, pois tanto a
infiltración coma a escorrentía dependen da estrutura do solo, o que á súa vez
é función de:
32
Natureza e sentido da cuberta vexetal.
Forma da parcela e sentido do traballo do solo.
Natureza e tipo de fertilizante.
Clima
A escorrentía non se produce do mesmo xeito, segundo que a pendente sexa
uniforme ou que existan rupturas de pendente.
A aplicación de fertilizantes a terras en terreos hidromorfos, inundados,
xeados ou cubertos de neve
Trátase de evitar as aplicacións de fertilizantes baixo condicións climáticas que
agraven a infiltración ou a escorrentía, tendo en conta especialmente os tipos
de aboamentos e as condicións climáticas. Convén, por outra parte, ser
particularmente vixiante cando o solo está en pendente.
Débense ter en conta unha serie de factores:
Natureza do aboamento: Ver tipo de fertilizantes nitroxenados do apartado
primeiro, do Código de Boas Prácticas Agrarias.
33
Condicións climáticas: Considéranse catro situacións:
a) Solos xeados unicamente en superficie, alternando o xeo e desxeo ao
longo do día. A distribución de aboamentos é posible calquera que sexa a
natureza do fertilizante.
b) Solos completamente xeados. Os estercos, composts e lamas de
depuradora, así como os aboamentos minerais unicamente se deben
distribuír en casos límite.
c) Solos nevados. Desaconséllase a distribución de lisiers, xurros e
aboamentos minerais, en canto aos estercos, composts e lamas atenderase
ao especificado no apartado b).
d) Solos inundados ou encharcados. Desaconséllase todo tipo de
distribución, a planta será incapaz de absorber nitróxeno e ademais non se
poderá usar a maquinaria que normalmente se usa para este tipo de
traballos.
34
Condicións de aplicación de fertilizantes en terras próximas a cursos de auga.
Débense delimitar ben as zonas onde os efluentes zootécnicos e outros
refugallos orgánicos non deben aplicarse ou facelo con precaucións,
dependendo de:
Natureza da beira: topografía, vexetación.
Zonas inundables, como as beiras dos cursos de augas, así como as augas
costeiras sometidas ao réxime de mareas.
A forma do aboamento e a súa distribución.
Existencia de gando pastoreando.
Actuacións específicas:
Para aplicación con canón: Deixar unha franxa sen aboar (de 2 a 10 metros) ou
dirixilo dende o curso de auga cara ao terreo.
Para reducir o risco de contaminar augas subterráneas, os efluentes e
refugallos orgánicos non deben aplicarse a menos de 35-50 m dunha fonte,
pozo ou perforación que subministre auga para o consumo humano ou se vaia
35
usar nos sistemas de muxidura. Nalgúns casos, pódese necesitar unha
distancia maior. É moi aconsellable que as marxes das canles se manteñan con
vexetación.
Fertilización química e orgánica
Débense considerar a dose da aplicación: a súa determinación coidadosa
evitará os excesos de fertilización e os riscos de lavado. Para iso hai que
equilibrar necesidades do cultivo e subministración polo solo e a fertilización.
En casos de desequilibrio este pode vir por:
Sobreestimación do rendemento calculado: convén avaliar ben os
obxectivos do rendemento por parcelas, segundo potencial e historial.
Subestimación de achegas do solo: calcular ben a subministración de N
segundo o clima e antecedentes.
Subestimación de N contido nos efluentes gandeiros: interrelaciónanse
cantidade e valor fertilizante.
Falta de homoxeneidade no fertilizante.
Mala regulación do equipo distribuidor.
36
Xestión do uso da terra
Todo sistema agrícola que deixe o solo nu en inverno constitúe un factor de
risco importante.
Tendo en conta que unha alternativa se basea na situación dos cultivos na
parcela, e a rotación de cultivos nunha sucesión no tempo, a combinación dos
dous factores (tempo e espazo) debería permitir limitar a superficie espida en
inverno.
Recomendacións
Dada a limitación na utilización do nitróxeno procedente de dexeccións
gandeiras e as recomendacións comunitarias no sentido de conseguir unha
maior extensificación e polo tanto unha menor carga gandeira por un lado e por
outro a necesidade de reducir os custos de explotación e fundamentalmente o
da alimentación do gando sería conveniente establecer un equilibrio nas
rotacións de cultivo máis dominantes e que basicamente son as forraxeiras xa
mencionadas, soas ou combinadas con pataca.
37
Establecemento de plans de fertilización acordes coa situación particular de
cada explotación e a consignación en rexistros do uso de fertilizantes
O cálculo da fertilización para o conxunto da explotación non é correcto, sendo
o aconsellable individualizalo por parcelas atendendo ao tipo de chan e cultivo
en cada unha delas.
A elaboración dos plans de fertilización por parcela e levar cadernos para
anotar a aplicación de fertilizantes en cada explotación constitúen medios que
permiten axudar o agricultor a conducir mellor a súa fertilización nitroxenada.
Estas ferramentas deben ser utilizadas de forma que permitan á explotación
agrícola prever e seguir a evolución da súa fertilización nitroxenada
favorecéndose así o bo uso dos aboamentos.
38
Actuacións
É recomendable que todas as explotacións agrícolas establezan plans de para
cada parcela e que leven un libro-rexistro de aplicación de fertilizantes.
Nel estarán especificados a natureza dos cultivos, as datas de aplicación, os
volumes e cantidades utilizados de N de calquera orixe. O rexistro dos
rendementos facilitará a elaboración dos plans de fertilización o
establecemento dos balances do N.
39
7. Produción e caracterización dos
residuos agrogandeiros na zona LugO2
A. Tipos de Residuos
A actividade agraria xera todo tipo de residuos:
De orixe orgánica: excrementos, dexeccións de animais (sólidas ou líquidas),
augas de lavado de leiterías e instalacións, restos vexetais, lixiviados de silos,
animais mortos, etc
De orixe inorgánico: plásticos (de silos ou invernadoiros), envases
zoosanitarios e fitosanitarios, aceites usados, pezas de maquinaria, etc
Para establecer criterios sinxelos de redución ou xestión dos residuos,
clasifícanse a continuación nos grupos máis representativos:
× Residuos de orixe orgánica ou valorizables na propia explotación: aquí
incluiríase o conxunto dos residuos xerados por excrementos ou dexeccións,
tanto sólidas coma líquidas, as augas de lavado de leitarías e instalacións,
40
restos de vexetais que se poidan incorporar ao sistema, etc., é o que se coñece
como xurro que ten un valor como fertilizante que é lóxico aproveitar.
× Outros residuos de orixe orgánica son as lixiviacións de silos, cunha elevada
Demanda Biolóxica de Osíxeno e polo tanto un elevado poder contaminante,
calquera gandeiro puido observar algún terreo no que se verteron por
accidente e en que a vexetación desapareceu por completo, tardando meses e
mesmo anos en recuperala, por iso é moi importante evitar calquera vertedura
destas lixiviacións ao solo, débense canalizar a través de condutos estancos a
foxas de líquidos ou no seu defecto a foxas de xurro que á súa vez deberán ser
estancas, é dicir sen fisuras nin filtracións ao terreo. Non se poden facer silos
directamente sobre o solo, deben estar sobre superficies estancas ou
empregar os materiais plásticos que illan do solo.
× Outro dos residuos incluídos no conxunto dos orgánicos e que merece unha
mención especial son as augas de lavado nas leitarías, por unha parte o leite
presenta unha Demanda Biolóxica de Osíxeno (DBO), mesmo maior que a
lixiviación do silo polo que debe evitarse a incorporación ao medio
directamente, as primeiras augas de lavado son as que poden conter máis
leite, pero en calquera caso estará moi diluída, xeralmente engádense axentes
limpadores ácidos e/ou básicos, que si se incorporan ás foxas de xurro en
41
cantidades importantes, poden variar o pH do xurro e condicionar as reaccións
de fermentación que alí teñen lugar e que contribúen a conseguir un produto
con maior poder fertilizante, por iso recoméndase non as incorporar
directamente ao medio e dirixilas a un tanque ou depósito estanco onde se
poida homoxeneizar, neutralizando as disolucións ácidas e as básicas, antes de
incorporalas a outros procesos.
× Plásticos de ensilado, en principio os plásticos adoitan ser útiles para máis
dunha campaña, pero debido á súa exposición ao sol, a condicións
climatolóxicas adversas e por suposto ao uso, acaban sendo inutilizables, o
gandeiro ten que desprenderse deles, ten un residuo. Os plásticos agrícolas xa
sexan de silo ou de invernadoiro, non se deben incinerar ou verter de forma
incontrolada xa que supón un problema medioambiental; para facilitar aos
agricultores e gandeiros a xestión adecuada, existe un sistema de recollida dos
plásticos agrícolas, estes depositaranse o máis limpos posible e atados, así
como recollidos de maneira que faciliten a súa recollida nos lugares indicados
por cada concello.
Dentro do ámbito de actuación do proxecto LugO2, funciona o sistema de
recollida de plásticos agrícolas nos concellos de Becerreá, Cervantes e Friol.
42
× Residuos sanitarios, envases de medicamentos usados ou caducados: as
cantidades destes residuos son cuantitativamente moito menores, non
obstante teñen moita importancia, porque a composición dos medicamentos é
complexa e entre outros, se encontran antibióticos, vacinas, etc. que
incorporadas ao medio, poden contribuír á resistencia dos microorganismos
para os seus efectos, por iso é importante impedir que cheguen ao medio,
trátase de residuos perigosos que non deben incorporarse ao sistema de
recollida de residuos urbanos.
O ideal é integralos nun sistema específico de recollida para o seu tratamento e
xestión selectiva. En moitas Comunidades incluída Galicia, establecéronse
puntos de recollida (farmacias, clínicas veterinarias, etc.) o gandeiro pode
contribuír a mellorar a saúde da súa cabana, levando os medicamentos non
usados e os seus envases a estes puntos.
× Pezas usadas: se o cambio das pezas o fai un mantedor oficial dos equipos,
xa sexa de muxidura, maquinaria, etc. o gandeiro pode pedirlle que se faga
cargo das pezas usadas, nos talleres teñen sistemas de recollida de residuos
específicos e así incorpóranse ao sistema de xestión.
× Aceites de maquinaria: Todos os equipos da instalación necesitan algún tipo
de mantemento para garantir o seu correcto estado de funcionamento. Os
43
fabricantes dos equipos nos manuais de uso e mantemento dan indicacións
sobre as operacións a realizar, engraxe e limpeza cada certo número de horas
de funcionamento, cambio de determinadas pezas periodicamente, etc. Isto
implica incorporar como insumos os produtos de mantemento, lubricantes,
graxas, aceites, etc.
Como consecuencia a isto, xéranse residuos como aceites usados, pezas
usadas, outros produtos auxiliares, trapos, etc. En moitas ocasións o
mantemento realizase en talleres especializados ou ben cos servizos técnicos
oficiais dos equipos e os profesionais encárganse dos residuos que se poidan
xerar.
No caso de aceites usados para outras labores, estes deben deixarse en
talleres mecánicos, xa que son obxecto de regulamentación específica e dende
alí incorpóranse ao sistema de recollida e tratamento.
× Animais mortos: incorporaranse ao sistema de recollida de animais
mortos,segundo si son:
44
MER: Materiais Específicos de Risco (MER)
Seguro de retirada de animais mortos na explotación gandeira, ten como
finalidade cubrir os gastos de retirada de gando bovino, ovino e caprino morto
nas súas explotacións, independentemente da causa da morte.
MAR: Destrución Animais Mortos Non Bovinos en Galicia
Seguro co cal se cobren os gastos da recollida e destrución dos animais
mortos na explotación. É obrigatorio dispoñer de contedores homologados
para porcino e conxeladores para cunícola e Avícola. Non será necesario para
equino e ovino-caprino con censo inferior a 50 reprodutores e familiares de
porcino destinadas a autoconsumo.seguindo as canles que a administración
teña establecido en cada Comunidade.
× Residuos Asimilables a urbanos: aquí poderíase incluír o resto de residuos
que se xeren como embalaxes, pezas rotas, etc. A xeito de resumo, pódese
dicir que a primeira actuación que se debe facer en canto á xestión dos
residuos é a redución, xa que cantos menos residuos se xeren menos
problemas se presentarán no medio e tamén ao gandeiro e a segunda sería a
xestión especializada, incorporándoos sempre que sexa posible a circuítos de
recollida para a súa xestión pola vía máis adecuada, por exemplo no caso dos
45
plásticos dos silos, a reciclaxe dos plásticos dun gandeiro non é viable, o de
todas as explotacións da Comunidade é moito máis viable, pero iso si, se o
gandeiro non os pon a disposición deste sistema levándoos ao punto de
recollida, nunca serán reciclados.
× Envases de fitosanitarios: Os produtos fitosanitarios son empregados na
agricultura convencional para loitar contra pragas ou enfermidades nos
cultivos. Os envases baleiros de produtos fitosanitarios constitúen un serio
perigo para o medio ambiente se non se xestionan adecuadamente. Estes
envases baleiros son contaminantes e considerados legalmente “residuos
perigosos”.
Os envases baleiros de produtos fitosanitarios constitúen un serio perigo para
o medio ambiente si no se xestionan adecuadamente, pero un 43% dos usuarios
tíraos ao lixo convencional, un 31% deposítao no que consideran contedores
“especiais” que resultan ser en todos os casos os ubicados nas rúas da vila ou
pobo para o reciclado do lixo convencional (contedores de cartón/plástico), o
24% dos usuarios decídense pola queima dos envases baleiros, o 1% dos
mesmos reutilizaos e o 1% restante entérraos.
Está prohibido queimar ou enterrar os envases baleiros e pode ser sancionado
con multas de 3.000 euros ou superiores.
46
Dende fai tempo existe un sistema para recoller e así evitar o
impacto medioambiental dos envases baleiros de produtos
fitosanitarios que se chama SIGFITO, este sistema de
recollida só admite envases baleiros de fitosanitarios
marcados co símbolo de SIGFITO
Os agricultores teñen a obriga de depositar os envases baleiros de
fitosanitarios que contiñan o logo de sigfito en contedores especificamente
destinados a este fin, ditos envases deben estar baleiros, limpos e secos e
depositaranse nos contedores ou papeleiras que están nas tendas ou almacéns
dos distribuidores de produtos fitosanitarios ou nas cooperativas.
Un problema aínda máis grave ocorre cos residuos dos produtos fitosanitarios.
Nas explotacións galegas acumúlanse restos de produtos que non son
empregados porque o agricultor decidiu optar por un sistema de produción
máis respectuoso co medio ambiente como a produción integrada ou a
agricultura biolóxica, tamén por caducidade,... etc.
47
Estes residuos perigosos deben ser transportados e eliminados por unha
empresa xestora autorizada pola Consellería de Medio Ambiente. Isto implica a
realización dunha serie de trámites e o pago do servizo por parte do agricultor.
× Pneumáticos: O cambio na orientación produtiva nalgunhas explotacións
gandeiras está a xerar novos residuos: os pneumáticos fóra de uso.
Está desaparecendo o tradicional sistema de compactado dos silos con
pneumáticos, polo que as explotacións gandeiras se atopan de media con
cerca dun centenar de rodas adquiridas antes da entrada en vigor do sistema
de recollida de pneumáticos fora de uso (NFU), polo que a lei os obriga a
adoptar, por si mesmos, as medidas necesarias para garantir a súa correcta
xestión.
As causas da incorrecta xestión destes residuos (abandono, depósito en
puntos non indicados, soterramento, queima, etc.) poden ser as seguintes:
48
Falta de información sobre o sistema de xestión axeitado.
Falta de sensibilización sobre a problemática ambiental que ocasionan.
Elevado custo de xestión dos pneumáticos para unhas explotacións
gandeiras de carácter familiar.
Os pneumáticos fóra de uso xerados con anterioridade á data de entrada en
vigor do Real decreto 1619/2005, do 30 de decembro, sobre a xestión de
pneumáticos fóra de uso, deberán adoptar, por si mesmos, as medidas
necesarias para garantir a súa correcta xestión.
49
B. Tipos de Efectos
Unha vez coñecidas as actividades que se realizan e os residuos que se xeran,
pódese identificar e predicir as alteracións que se poden producir sobre os
parámetros ambientais con motivo das actividades agrogandeiras.
No marco de ditas actividades, os elementos do medio susceptibles de sufrir
impacto son os seguintes:
B.1. Efectos sobre o medio
Cando o medio recibe o
aporte de calquera corpo
estraño prodúcese un cambio
no seu equilibrio, que volve
restablecerse nun tempo
maior ou menor sempre
cando a achega non sexa o
suficientemente intensa como
para que o desequilibrio provocado sexa irreversible ou ben orixínase un novo
50
equilibrio que pode ser positivo. Estas alteracións son orixinadas polos
distintos compoñentes dos residuos.
B.2. Efectos sobre os solos
Materia orgánica: As achegas de materia orgánica conducen a crear un
equilibrio no contido do solo en materia orgánica (humus), cando se achegan
residuos orgánicos é alterado o equilibrio existente dando lugar a un novo e é
precisamente este cambio o que pode alterar a calidade do solo receptor.
Indubidablemente en solos pobres en humus estable o incremento será
positivo, pero en solos cun humus elevado dará lugar a problemas tanto en
canto a fertilidade coma de contaminación.
Non existe polo tanto un criterio único sobre o nivel máximo a achegar, si que
existen datos sobre os efectos da modificación do contido en humus.
51
É moi difícil que o nitróxeno poida producir efectos nocivos nos solos pois tan
só cando o contido en nitratos dun solo se aproxima a 4 gr./kg poden
presentarse fenómenos de toxicidade.
Fósforo. Non adoita orixinar fenómenos de toxicidade
nos solos, máis ben ao contrario a fertilización con
fósforo é moi útil para todos os cultivos.
Potasio. No caso do potasio a situación é parecida que para
fósforo en canto a modificación e restablece o alicerce do
equilibrio. Novamente é no caso de achegas a pradarías onde
poden presentarse problemas cando as pradarías receptores son
pastadas por gando bovino, posto que esta especie animal é moi
sensible as carencias de magnesio. El potasio tiene un cierto antagonismo con
el magnesio provocando el exceso de potasio una carencia de magnesio en la
sangre del ganado bovino.
52
Cobre. O cobre é utilizado como aditivo na
alimentación porcina. Dado que un solo normalmente
contén ente 5 -15 ppm e que a partir de 50 ppm este
elemento comeza a ser tóxico é doadamente
comprensible que a achega de residuos de gando
porcino, realizados como vertedura e non como
reciclado, pode provocar graves danos aos solos.
pH. O pH das dexeccións animais oscila, como valor medio, entre o 6,7 do
bovino de muxidura ao 7,0 do orixinado polo gando porcino e o 8,0 nos residuos
de bovino de engorde ou cebo. O efecto da súa achega sobre o pH dos solos é
algo acidificante
B.3. Efectos sobre as masas de auga
Augas superficiais. O principal efecto é a eutrofización, caso particular de
polución, que se produce ante un aumento de dispoñibilidade de nutrientes,
especialmente aqueles que constitúen factores limitantes para o
desenvolvemento de organismos fotosintéticos como algas e macrófitas. Unha
masa de auga pasa dun estado oligotrófico (de baixa produtividade) a outro
53
eutrófico (de elevada produtividade), favorecido principalmente polos
devanditos nutrientes (fósforo e nitróxeno), e por acción da temperatura do
medio. O nitróxeno e o fósforo encóntranse en proporcións considerables nos
residuos gandeiros, son precisamente ambos os dous os que provocan os
danos aludidos, posto que a materia orgánica, salvo vertedura directa, non
produce problemas de contaminación.
Augas subterráneas. Os compostos orgánicos alcanzan as masas de auga
subterráneas por filtración a través do solo; a capacidade filtrante depende de
varios parámetros porosidade, capacidade de absorción, formación de
compostos solubles ou insolubles, etc. En canto á materia orgánica a súa
influencia na alteración das augas subterráneas é relativamente pequena. O
nitróxeno xoga un papel distinto, o nitróxeno amoniacal e, os nitritos e nitratos,
ao ser moi solubles, incorpóranse ás augas de precipitación ou rego,
acompañándoas no seu percorrido a través do solo, alcanzando finalmente ás
masas de auga subterráneas.
54
Finalmente, neste punto da contaminación das masas de auga, non podemos
obviar o papel que xoga a escorrentía e a permeabilidade dos solos na
contaminación das masas de auga.
B.4. Efectos sobre a atmosfera
Os efectos que os residuos gandeiros xeran sobre a atmosfera están ligados
aos compoñentes volátiles que emanan nos procesos de transformación dos
compoñentes orgánicos dos que están formados.
55
8. Valorización dos residuos agrogandeiros
Os residuos gandeiros son moi heteroxéneos, están formados polas
dexeccións sólidas e líquidas, as camas e restos de alimentos, fitosanitarios,
antibióticos, restos de embalaxes etc.
Pódense dividir en dous grandes grupos:
Estercos: Formados polas dexeccións, sólidas, líquidas e as camas do
gando.
Xurros: Dispoñen dunha grande cantidade de auga na súa composición.
En canto a produción, acéptase, de forma xeral, unha produción media diaria
de dexeccións sólidas e líquidas, equivalente ao 7% do peso vivo do animal
pero tamén sometida a numerosos factores que inciden nunha alteración do
valor citado.
O tratamento dos residuos cada día reviste máis importancia dada a dimensión
do problema que representa, non só polo aumento dos volumes producidos,
xerado á súa vez por unha maior intensificación das producións, senón tamén
56
pola aparición de novos produtos e principalmente por enfermidades que
afectan a saúde humana e animal que teñen directa relación co manexo
inadecuado das escouras orgánicas.
Que é a valorización?
A Lei 10/1998 sobre residuos define a valorización como "todo procedemento
que permita o aproveitamento dos recursos contidos nos residuos sen poñer
en perigo a saúde humana e sen utilizar métodos que poidan causar prexuízos
ao medio". Deste xeito, en vez de considerarse un estorbo a eliminar, os
residuos adquiren un valor, ao se poder aproveitar como materia prima ou para
xerar enerxía.
A valorización dos residuos agrogandeiros ofrece alternativas viables ós
problemas causados polo manexo das dexeccións gandeiras.
O obxectivo específico da valorización dos residuos agrogandeiros é a de
establecer unha estratexia de tratamento para un conxunto de residuos
seleccionados en función das súas características para a valorización tanto
enerxética coma de emenda orgánica.
57
Dende fai xa uns cantos anos, moitas empresas aproveitan residuos con
contido enerxético, derivados doutras actividades industriais. Deste modo
substitúese unha parte do combustible convencional consumido pola
maquinaria. Estas prácticas levan a cabo cunhas condicións de seguridade que
garanten a estrita calidade dos produtos, sen que se vexa afectada a
seguridade dos traballadores e o equilibrio do ámbito.
Actualmente, nalgunhas fábricas, xa utilizan outras formas de biomasa como
combustible alternativo: restos de poda vexetal, pousos de café, ósos de oliva,
augardente e/ou cascas de arroz ou améndoa.
A valorización dos residuos orgánicos agrarios tanto enerxética como para a
súa utilización coma emenda orgánica promove a redución das emisións de
GEI(gases de efecto invernadoiro) mediante o fomento de tecnoloxías de
tratamento de estercos. Esta valorización pode ser:
58
1) Por fermentación aerobia: A través da compostaxe.
2) Por fermentación anaerobia ou biometanización: de maneira que ademais de
eliminar o residuo, se reduzan as emisións e se produza enerxía eléctrica ou
térmica.
Dentro do proxecto LugO2 da Deputación provincial de Lugo cofinanciado nun
70% por fondos FEDER da Unión Europea, unha das actuacións que se está
levando a cabo é a de potenciar as enerxías renovables, concretamente, entre
outras, o aproveitamento dos residuos forestais para a biomasa o
aproveitamento dos residuos forestais para biomasa. A biomasa forestal foi
usada tradicionalmente no sector doméstico mediante sistemas pouco
eficientes, algo que está cambiando debido á entrada no mercado de sistemas
de calefacción e auga quente modernos. Noutro nivel situaríase a produción de
electricidade.
Os residuos forestais orixínanse nos tratamentos e aproveitamentos de masas
vexetais, tanto para a defensa e mellora destas como para obter materias
primas para o sector forestal (madeira, resinas, etc.). Os residuos xerados nas
operacións de limpeza, poda, corta dos montes poden utilizarse para usos
enerxéticos dadas as súas excelentes características como combustibles.
59
Coa maquinaria apropiada pódense facer estelas ou empacar para mellorar as
condicións económicas do transporte ao obter un produto máis manexable e de
tamaño homoxéneo.
Valorización do esterco
A valorización de esterco como fertilizante agrícola, supón un dobre beneficio
ambiental , xa que aporta materia orgánica aos solos e solvente a xestión dun
residuo gandeiro. Ademais implica un beneficio económico xa que permite
aforrar abonos (xeralmente químicos).
Valorización de xurros
O problema da contaminación provocada polo vertido incontrolado dos xurros,
en particular de porco, provoca danos no ecosistema, con frecuencia
irreversibles. O solo non pode absorber o vertido das dexeccións gandeiras 12
meses ao ano e moito menos cando se trata de grandes granxas.
A coxeración devén coma un complemento económico a base de vender
enerxía eléctrica á rede nacional, o que reporta uns ingresos que permite levar
a cabo o tratamento de xurros.
60
Os porcos excretan diariamente, en termos do seu peso vivo, en termos xerais,
aproximadamente un 80% de nitróxeno e o fósforo e preto do 90% do potasio da
súa porción. Segundo isto, o esterco é un fertilizante e abono do solo
excelente.
O esterco bovino provoca problemas nos agroecosistemas, se fai un uso
inapropiado pode crear problemas tales como olor, produción de nitratos e
outros elementos contaminantes de corpos de auga.
61
Imos profundizar nalgunhas técnicas existentes para a xestión de residuos de
xurro de vacún :
Si se trata dunha explotación con base territorial o gandeiro destinará o xurro
xerado á fertilización da terra para obter forraxes ou outros alimentos para o
gando, polo tanto non ten residuos se o aplica totalmente ás terras, en todo
caso poderíase considerar un subproduto que se reutiliza na explotación (o
produto obxectivo da explotación será o leite e/ou a carne).
Si se trata dunha explotación sen terra, sen base territorial, o gandeiro
efectivamente ten un residuo que se ve obrigado a xestionar posto que os
animais sempre van xerar dexeccións.
Unha situación intermedia sería aquela na que un gandeiro con certa base
territorial e un sistema de explotación semiintensivo, xera cantidades de xurro
superiores ás cantidades que pode aplicar á terra, polo tanto encóntrase
cunha cantidade de xurro que lle sobra, que debe xestionar como un residuo,
externalizando os excedentes, debe buscarlles unha saída, ten que xestionar o
residuo.Na gandaría de vacún non é frecuente o sistema sen terra, o máis
habitual son sistemas extensivos ou semiintensivos, con base territorial e con
maior risco de xerar excedentes de xurro a medida que as explotacións se fan
62
máis intensivas, en cuxo caso vai ser necesaria a xestión do xurro. Os
principios de xestión de residuos, que tamén son aplicables a este tipo de
residuos son:
1. Reducir a xeración en orixe, é dicir, reducir a cantidade de xurro xerado por
exemplo limitando a incorporación de augas de lavado de instalacións,
controlando a achega de augas de chuvia, etc.
2. Reutilizar o residuo, sería o caso da utilización do xurro directamente como
fertilizante sen facer ningún tratamento.
3.Valorización para convertelo noutro produto aproveitable, por exemplo
sometendo o xurro a un tratamento que elimine o seu poder contaminante e
valorice o seu poder fertilizante.
En xeral, pódese dicir que non existe un sistema ideal senón que calquera deles
pode ser válido para determinadas situacións e a implantación dun ou outro
deberá acometerse despois dun profundo coñecemento da realidade de cada
explotación ou grupos de explotacións.
63
¿Por que da xestión dos residuos de xurro de vacún?
Se o gandeiro ten un excedente de xurro de vacún quere dicir que xera unha
cantidade tal que é superior á que pode incorporar ás súas terras como
fertilizante, polo tanto debe buscarlle unha saída, se non o fixese e só
emprégao como fertilizante nas terras vai conseguir o efecto contrario:
contaminar as terras e sobre todo as augas do ámbito no que vive e do que
vive, provocando a medio e longo prazo un desequilibrio no medio que pode
chegar a condicionar a viabilidade da explotación.
Este excedente ten un valor económico que se non aproveita o gandeiro, está a
deixar de gañar diñeiro.
Os exemplos de valorización de residuos orgánicos mais comúns e adecuados
á zona de actuación do proxecto de LugO2 son:
64
A) Compostaxe
A aplicación inadecuada de altas doses de xurros pode xerar graves problemas
ambientais como contaminación dos recursos hídricos con nitratos,
eutrofización, contaminación microbiolóxica, emisión de gases de efecto
invernadoiro, volatilización de amoníaco ou contaminación do solo. Non
obstante, a correcta aplicación dos xurros ao solo é o método máis económico
e constitúe un dos mellores exemplos de reciclaxe de nutrientes.
A vocación histórica, cultural e técnica da utilización dos xurros é o seu uso
como fertilizante, polo que esta será a alternativa principal para a súa xestión.
A visión de Galicia non nos enfronta a un problema xeralizado. Agora ben,
existen puntos localizados onde a capacidade de uso do xurro rebasa as
necesidades do solo; só nestes casos recoméndanse outras técnicas para
solucionalos problemas que dese exceso de carga gandeira se deriven.
Dentro do ámbito do proxecto de LugO2, destacamos que na zona de Guitiriz
detectáronse problemas de verteduras nos ríos.
65
En Becerreá, aínda que a maioría son explotacións en extensivo, hai épocas do
ano na que as vacas están maiormente no establo que aparece o problema do
desbordamento das fosas cara camiños e prados veciñais.
En Meira nas explotacións de vacún de leite atópanse co problema de que ao
ser unha zona protexida a carga gandeira que está permitida é máis baixa que
en outras zonas, de aí que a capacidade do uso do xurro rebase as
necesidades do solo.
Nas comarcas de Lugo, Sarria(non pertence a LugO2), A Fonsagrada e Vilalba,
o problema de acumulación do xurro serían casos puntuais e ligados as épocas
do ano na que os animais están máis tempo dentro da explotación.
Polo contrario, noutras comarcas de Lugo coma Chantada e Monforte
precisaríase dun aporte extra de xurro xa que nesta zona os residuos que se
xeran non suficientes para cubrir as necesidades de aboado das terras.
A variación máis significativa dos últimos anos no ámbito do tratamento dos
residuos orgánicos é o continuo aumento da cantidade de residuos dirixidos ás
plantas de clasificación e compostaxe. Nunha década pasou de ser o destino
do 12% dos residuos para situarse no 32% en 2004, triplicándose o número de
66
plantas destinadas a iso, o que permite facerse unha idea do notable impacto
sobre o emprego desta actividade.
O novo Plan Nacional Integrado de Residuos (PNIR) 2007-2015 continúa
apostando por este tipo de infraestruturas como opción para o tratamento de
residuos e establece como prioridade máxima a xestión por medio da
compostaxe da fracción orgánica dos residuos orgánicos (combinando para tal
fin os residuos urbanos orgánicos e os residuos forestais e de xardinaría).
Produción de compost:
A compostaxe dun determinado substrato, mesturado co xurro, é un proceso
de descomposición aerobia termofílica dos seus constituíntes orgánicos,
mediante a acción combinada dunha serie de poboacións de bacterias, fungos
e actinomicetos, asociada a unha sucesión de factores ambientais.
O produto resultante é un abono de excelente calidade.
Que é a compostaxe.
A compostaxe é un proceso natural, que levan a cabo fungos, bacterias e
actinomicetos existentes nos propios residuos, aos que unicamente hai que
proporcionar unhas condicións ambientais idóneas para optimizar este
67
proceso de transformación. A compostaxe permite reducir o peso, o volume e a
reactividade do residuo orgánico.
É unha opción moi recomendable para o aproveitamento dos residuos e pode
realizarse a escala industrial ou doméstica. O proceso en si mesmo consiste na
fermentación da materia orgánica en presenza de osíxeno (fermentación
aerobia), obténdose ao cabo do tempo un produto parecido ás substancias
húmicas do solo, que está libre de patóxenos e sementes de malas herbas, que
non atrae insectos nin outros vectores de enfermidade, que pode ser
manexada e almacenada sen ocasionar molestias e que é beneficiosa para o
solo e o crecemento das plantas.
Que é o compost?
O compost, como produto da compostaxe, é un material estable, hixiénico e
semellante ao humus do bosque que se pode empregar como abono natural, en
substitución dos fertilizantes químicos. Apórtase á terra para mellorar as súas
propiedades. Agregar compost ao chan considérase a forma natural de
fertilizalo e reconstruír a súa calidade.
68
Que se pode compostar?
Para a elaboración do compost pódese empregar calquera materia orgánica,
coa condición de que non se encontre contaminada. Xeralmente estas materias
primas proceden de:
Restos de colleitas: restos vexetais novos como follas, froitos,
tubérculos, etc son ricos en nitróxeno e pobres en carbono. Os restos
vexetais máis adultos como madeiros, ramas, talos, etc son menos ricos
en nitróxeno.
Aboamentos verdes, segas de céspede, malas herbas, follaxe, etc.
As ramas de poda dos froiteiros. É preciso trituralas antes da súa
incorporación ao compost, xa que con anacos grandes o tempo de
descomposición se alonga.
Restos urbanos: restos de froita e hortalizas, restos de animais de
matadoiros, etc.
Esterco animal: de vaca, aínda que outros de grande interese son a
sirle(excremento do gando lanar e cabrío), esterco de cabalo, de ovella
e os xurros.
69
Plantas mariñas e algas (ricas en axentes antibacterianos e antifúnxicos
e fertilizantes para a fabricación de compost).
Lamas de estacións depuradoras de augas residuais.
A principal aplicación do compost é como emenda orgánica na agricultura, é
dicir, como un material destinado a manter ou incrementar o contido de
materia orgánica do solo. Pode ser utilizado tamén como fertilizante, co
obxectivo de incrementar o rendemento das colleitas, con beneficios que se
manifestan de forma máis clara a medio e longo prazo.
Pero ademais destas aplicacións, que se poden considerar tradicionais,
ligadas eminentemente á agricultura, o compost pode encontrar aplicación
noutros campos máis innovadores.
70
Un dos máis innovadores é a elaboración de substratos, aplicación na que
pode ser utilizado só ou mesturado con outros produtos, como substituto de
materiais como a turba, que é un recurso escaso e non renovable. A produción
de substratos é limitada en Galicia e a súa demanda crecente.
A xardinaría, tanto pública coma privada, é outra actividade que
potencialmente pode absorber grandes cantidades de compost, tanto para a
implantación e mantemento de céspede coma para o desenvolvemento das
plantas ornamentais. A silvicultura tamén se beneficia deste produto, que se
emprega en viveiros e para transplante de coníferas.
Outro extenso campo de aplicación é a restauración ambiental; así como por
exemplo, no selado de vertedoiros, na restauración de canteiras, de entulleiras
de mina, na rexeneración de terreos afectados por incendios forestais,
revexetación de noiros, descontaminación de solos, como biofiltro na retención
de contaminantes e para a desodorización.
Para que estas aplicacións potenciais do compost se transformen en mercados
consolidados é necesario informar sobre estas posibilidades o consumidor e
ofrecerlle un produto de características concretas, estables e definidas, que lle
71
confiran a consideración de produto, para que poida existir unha demanda
definida en competencia con outros.
O valor do compost como emenda orgánica do solo.
O principal uso do compost é como emenda orgánica, é dicir como material
destinado a manter ou incrementar os niveis de materia orgánica do solo.
Moitas das propiedades do solo dependen do contido en materia orgánica: a
estrutura do solo, a súa capacidade de retención de auga e de aireación, así
como o risco de erosión e compactación, a súa capacidade de intercambio
catiónico, responsable da retención de nutrientes e de moitos contaminantes, a
cor, que afecta a capacidade de quentamento, o mantemento da microflora do
solo, etc. Polo que, moitas das funcións do solo, particularmente a capacidade
de almacenamento e filtración, subministración de nutrientes e capacidade
degradativa, están relacionados co contido en materia orgánica do solo.
72
As técnicas que poden levarse a cabo antes da aplicación das dexeccións no
terreo se basean en axustar as cantidades de esterco e xurro achegadas ás
necesidades previsibles do cultivo, de maneira que se eviten as perdas de
nutrientes (nitróxeno e fósforo principalmente).
73
A correcta emenda con xurros ou estercos debe estar baseado na aplicación
dos códigos de boas prácticas agrarias e requirirá coñecer, en cada caso, as
necesidades nutricionais do cultivo ao que vai destinado, as características
fisicoquímicas do solo e a composición do xurro a utilizar. Pola contra,
poderían xerarse problemas ambientais, principalmente por contaminación por
nitratos.
En xeral, o elemento que se cuantifica á hora de realizar unha emenda con
xurro é o nitróxeno. É necesario definir para cada caso as cantidades máximas
de xurro a engadir e as épocas axeitadas para a aplicación.
74
Necesidades de compost nos solos galegos
Os solos agroforestais de Galicia teñen xeralmente entre 3-20% de materia
orgánica. Estes valores, que poden considerarse elevados en comparación cos
doutros solos da área mediterránea, son debidos ás elevadas precipitacións e
temperaturas suaves, e, nalgúns tipos de solos, á interacción entre a materia
orgánica e formas reactivas de ferro e aluminio, que retardan a súa
mineralización. Os niveis de materia orgánica, non obstante, son moi diferentes
segundo o uso do solo.
Os contidos en materia orgánica dos solos galegos
poden considerarse altos en terreos a monte, onde
nunca foron realizadas con anterioridade prácticas
agrícolas, pero nas terras de cultivo os contidos de
materia orgánica son claramente inferiores.
Segundo Bouhier (1979) o intervalo de materia
orgánica do solo máis frecuente nos solos
cultivados de Galicia é do 8-10%, que é un valor
inferior ao do 12% que ofrecen como alcanzo os horizontes superficiais dos
solos de prado da rexión.
75
A continuación aparece resumida a superficie de terras de cultivo de Galicia
(ha= hectáreas) segundo o seu contido en materia orgánica (%).
Materia orgánica <2% <4% <6% A Coruña 6372 33600 96359 Lugo 4569 27412 73089 Ourense 4036 25501 54350 Pontevedra 0 4561 28018 GALICIA 14977 91074 251816
Como se pode observar a provincia de Lugo ten
105.070 hectáreas cuxo contido en materia
orgánica é menor do 6%. Non só nos solos
cultivados hai grandes carencias de Carbono,
senón tamén en solos que sufriron procesos de
degradación por erosión, incendios repetidos ou
destrución dos horizontes superficiais por
actividades mineiras, construción de infraestruturas, solos contaminados, etc.
Nestes casos a adición de materia orgánica é unha acción obrigada si se quere
reconstruír rapidamente a actividade biolóxica e a capacidade produtiva dos
solos degradados. A incorporación de materia orgánica sería tamén
76
beneficiosa en solos con climas áridos, en áreas de solos pobres en nutrientes,
de baixa capacidade de cambio e de retención de auga, en solos ácidos e altos
niveis de aluminio cambiable e en solos contaminados, xa que a materia
orgánica é un poderoso axente na retención e inmobilización dun gran número
de contaminantes orgánicos e inorgánicos.
Os solos con maior déficit correspóndense con zonas de cultivo intensivo,
como millo ou viña, nun clima con estiaxe marcada e, sobre todo, onde a
fertilización tradicional con esterco xa non se practica.
Sempre que sexa posible, o uso de compost no campo é unha boa práctica
ambiental indirecta xa que proporciona saída aos subprodutos da xestión de
residuos sólidos urbanos e resulta beneficiosa para determinados cultivos.
77
B)Biometanización
A biometanización é a fermentación da materia orgánica en ausencia de
osíxeno, obtendo biogás xunto cun residuo de dixestión que pode ser sometido
a un proceso de maduración en condicións de aerobiose, dando lugar a un
compost de calidades semellantes ás do obtido mediante compostaxe aerobia.
Na biometanización interveñen diferentes grupos de microorganismos. A
materia orgánica descomponse en compostos máis sinxelos, que son
transformados en ácidos graxos volátiles, que son os principais intermediarios
e moduladores do proceso. Estes ácidos son consumidos por microorganismos
metanoxénicos que producen metano e dióxido de carbono.
O biogás resultante é polo tanto un combustible: 1 m³ de biogás corresponde
enerxeticamente a uns 0,6 litros de gasóleo. O proceso pódese realizar a 35ºC
ou a 55ºC e parte do biogás producido empregará para manter esa
temperatura.
A conveniencia do biogás dende o punto de vista ambiental é algo moi positivo
dado que a eliminación de gases invernadoiro, a eliminación de compostos
78
tóxicos ou a redución de risco de incendio son algúns dos aspectos positivos
que xa na actualidade se conseguen coa fabricación de biogás en vertedoiro.
O aproveitamento enerxético do Biogás de vertedoiro para a produción de
electricidade a través de coxeración é a aplicación máis coñecida pero algúns
estudos recentes están demostrando que o biogás é incluso mellor carburante
dende o punto de vista termodinámico que o bioetanol e o biodiesel.
79
9. OS RESIDUOS GANDEIROS E O CAMBIO CLIMÁTICO
O sector agrario evolucionou de forma significativa nas últimas décadas,
debido entre outros factores aos avances tecnolóxicos e científicos. Non
obstante, este desenvolvemento debe ir sempre paralelo a un uso racional dos
recursos naturais, así como a unha correcta xestión e tratamento dos residuos
xerados no desenvolvemento das súas actividades.
En definitiva, pódese dicir que o sector agrario español deberá avanzar nos
próximos anos cara a un modelo baseado nunha agricultura e gandaría
sostibles, de carácter multifuncional, viable dende o punto de vista social,
ambiental e económico, e capaz de contribuír á revitalización do mundo rural.
Deste modo, a posta en marcha de instrumentos e mecanismos que doten ao
sector gandeiro de capacidade de resposta para adaptarse a este novo
contexto preséntase de suma importancia.
Ademais das medidas de minimización, reutilización e reciclaxe xerais para
todos os sectores industriais e que deben preceder a calquera alternativa de
80
tratamento, a materia pendente deste sector en materia ambiental é obter un
aproveitamento e valorización axeitada dos seus residuos e subprodutos.
Nos últimos anos, a evolución do sector gandeiro conduciu a un proceso
importante de intensificación nos sistemas de produción, que permitiu mellorar
o rendemento das explotacións e lograr unha competitividade en constante
aumento. Con todo, este desenvolvemento é inseparable dun incremento nos
subprodutos xerados nas explotacións, que se revela como o principal factor
limitante do crecemento deste sector. Os estercos resultantes da actividade
gandeira representan un perigo potencial para o medio, cos seus máis e os
seus menos vinculados á emisión de gases á atmosfera, a contaminación das
augas e o exceso de nitróxeno e de fósforo asimilable nas superficies agrícolas.
81
Dentro deste contexto, faise fundamental favorecer o desenvolvemento de
sistemas de xestión conxuntos que ofrezan solucións innovadoras aos actuais
problemas de eliminación de xurros das explotacións, facilitando a súa
valorización para diferentes usos. A volatilización procedente dos estercos nas
explotacións, o abuso da fertilización nitroxenada e a aplicación inadecuada
dos estercos no campo, contribúen de xeito importante á emisión de
contaminantes como o amoníaco. Os teitos de emisión deste composto,
determinados pola Directiva 2001/81/CE, do Parlamento Europeo e do
Consello, do 23 de outubro de 2001, sobre teitos nacionais de emisión de
determinados contaminantes atmosféricos, poñen en evidencia a necesidade
de implantar medidas que reduzan a volatilización de substancias nitroxenadas
na aplicación de fertilizantes.
Por outro lado, a Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa
(Horizonte 2007-2012-2020) define o marco de actuación a abordar para
asegurar o cumprimento dos deberes establecidos no Protocolo de Kyoto. A
Estratexia necesita contar con diversos instrumentos adicionais que permitan
asegurar a súa efectividade na redución de emisións de gases de efecto
invernadoiro nos prazos requiridos.
82
En España, as mellores opcións para mitigar o cambio climático no
sector agrario e gandeiro céntranse no ámbito dos solos agrícolas e na
xestión de estercos.
Como xa se dixo antes, unha grande proporción do potencial de mitigación da
agricultura xorde do secuestro de carbono dos solos, que ten fortes sinerxías
coa agricultura sostible e, xeralmente, reduce a vulnerabilidade ao cambio
climático. As achegas de materia orgánica aos solos de cultivo, a través de
emendas orgánicas para compensar as perdas de carbono debidas ao
aumento da temperatura, terá grande importancia dentro das medidas
adaptativas.
Tamén é importante mencionar que unha parte importante da superficie do
territorio español está ameazada actualmente por procesos de desertización,
especialmente polo impacto dos incendios forestais, a perda de fertilidade de
solos de regadío por salinización e a erosión. As proxeccións do cambio
climático agravarían os devanditos problemas de forma xeneralizada e
especialmente na España de clima mediterráneo seco e semiárido en relación á
materia orgánica e ao Cambio Climático, estímase un valor medio de 6-7% de
perda de carbono orgánico por cada grao de aumento na temperatura. De xeito
83
cualitativo, a aplicación de compost ao solo cumpriría dúas funcións
simultaneamente: actuar como aboamento orgánico achegando materia
orgánica e mellorando as condicións xenerais do solo, e á vez como fertilizante
achegando directamente nutrientes minerais e mellorando a disposición xeral
de nutrientes.
Á hora de abordar esta problemática dos residuos, débese resaltar a
importancia de que a comunidade científica e as institucións integren as súas
investigacións no medio rural por encima da especialización e a fragmentación
do coñecemento e se apliquen na realización de diagnósticos e na proposición
de solucións integrais para o medio rural, tendo en conta a participación dos
agricultores, transferindo a estes estas solucións en forma aplicada e practica,
non segregando, nin enfrontando, as políticas de conservación da natureza
coas de desenvolvemento rural e viceversa.
A protección e mellora do ámbito constitúe hoxe, ademais dunha preocupación
social, un novo factor estratéxico de competitividade que empeza a ter peso no
sector produtivo. Á necesidade de cumprir a normativa existente únense
razóns doutro tipo: a repercusión que teñen os conflitos ambientais na imaxe
corporativa das empresas, o paulatino rexeitamento dos consumidores cara a
aquelas actividades e produtos que provocan impacto ou degradación
84
ambiental, así como a responsabilidade das empresas dentro das comunidades
onde se sitúan. Pero, ademais, estase a producir un recoñecemento crecente
dos beneficios económicos que reporta mellorar as prácticas con incidencia
ambiental, por exemplo a través do aforro de enerxía e auga ou da xestión
axeitada e reutilización dos residuos e subprodutos. A incorporación destes
cambios require contar cuns equipos humanos concienciados, capacitados e
responsables, e realizar as innovacións técnicas que sexan precisas, dentro
dun sistema integrado de xestión da empresa.
Neste contexto, a realización deste proxecto de avance da xestión ambiental
das dexeccións supón un complemento doutros instrumentos implantados.
Desta forma, o impulso de distintas actividades, como o emprego de
aboamentos aplicados mediante técnicas que favorezan a incorporación
axeitada dos residuos orgánicos ao solo, ou o aproveitamento enerxético
destes, contribuirán a alcanzar os obxectivos de redución de emisións así
como a mellorar a capacidade dos solos de cultivo como sumidoiros de
carbono.
85
A actividade gandeira achega en España en torno a un 40% da produción final
agraria, e é que España é unha rexión tradicionalmente agraria.
Historicamente, o sector bovino, na súa dobre aptitude cárnica e leiteira,
constitúe un dos piares da gandaría nacional situándose como terceiro país da
UE-25 en número de cabezas. Pero tamén a porcinocultura alcanzou, xunto coa
avicultura, o maior grao de industrialización e de intensificación, ocupando
neste lugar o segundo posto como produtor con 24.884.022 cabezas, só tras
Alemaña.
As actividades agrarias e gandeiras teñen efectos sobre as calidades do aire e
solo, a cantidade e calidade da auga, a biodiversidade e a xeración de
residuos, cunha significativa incidencia sobre o territorio e a paisaxe rural.
86
Os cambios socioeconómicos das últimas décadas, desenvolvemento da
industria agroalimentaria, intensificación das explotacións gandeiras,
prácticas consumistas, etc., propiciaron a produción de grandes cantidades de
residuos orgánicos que ocasionan graves problemas ambientais. A eliminación
destes residuos constitúe un gran problema de xestión. Proba diso é o gasto
que supón para os agricultores a contratación de xestores de residuos,
supoñendo uns 44 millóns de euros, ou o que é o mesmo, o 0.2% do gasto nas
explotacións. A tipoloxía dos residuos orgánicos no medio rural é moi variada,
ademais dos estercos e xurros, xéranse restos de colleitas, restos de podas,
restos de limpezas de montes, residuos da industria agroalimentaria, etc.
Sábese que o sector agrario constitúe a principal fonte xeradora de residuos
orgánicos na área económica europea e que España se sitúa, en canto a
produción agraria, no cuarto lugar, detrás de Francia, Italia e Alemaña,
representando o 13% do total europeo.
Os residuos gandeiros tradicionalmente teñen sido empregados como
fertilizantes orgánicos, o que non ocasionaba problema ningún, pero debido á
concentración das explotacións e a intensificación da actividade gandeira, é
frecuente actualmente que se xeren excedentes con potencialidade para
contaminar solos e augas.
87
Son os residuos producidos polo gando, que tradicionalmente constituían a
única fonte fertilizante dos solos agrícolas. Na actualidade convertéronse en
problemáticos, sobre todo a partir do auxe da gandaría intensiva, do abuso de
fertilizantes químicos e da disociación entre explotacións agrarias e gandeiras,
ata o punto de que estas últimas funcionan como industrias agrarias en moitos
casos en explotacións sen terra o que corta a súa vía natural de eliminación. A
actividade gandeira produce unha cantidade importante de residuos,
espacialmente moi localizados, cuxa eliminación non conta con excesivas
saídas polo seu escaso valor económico, aínda que si se someten a
fermentación se obtén gas metano, utilizable para atender as necesidades
enerxéticas da propia explotación.
Atendendo ao aproveitamento ou a eliminación dos estercos das explotacións
gandeiras, en moitas zonas de alta concentración pecuaria constitúe un factor
que reclama a atención do sector que as agrupa, onde a eliminación dos
residuos constitúe un gran problema de xestión. O problema actual dos xurros
ten dúas orixes principais, un é a tendencia industrial á centralización, que
levou á implementación de granxas paulatinamente máis grandes e a outra é a
case total separación destas do ámbito agrícola que invalida a saída natural do
xurro (que sería a de fertilizante líquido directo) ao non se dispoñer das
hectáreas agrícolas suficientes nun radio razoable.
88
A opción máis utilizada é a de aplicar os xurros como aboamento orgánico,
pero nalgunhas zonas este destino é inviable por incumprir a normativa relativa
á contaminación por nitratos procedentes de agricultura. O problema tamén se
formula nas denominadas áreas de alta concentración de explotacións, onde
non existe suficiente superficie agrícola próxima para unha axeitada
valorización dos xurros como aboamento.
Atopar unha solución para estas áreas é unha iniciativa positiva para o sector
gandeiro español, neste sentido, para as zonas vulnerables ou con alta
concentración gandeira, é de vital importancia encontrar unha solución viable
para a xestión dos residuos orgánicos en xeral, de maneira que se aproveiten
os recursos e se protexa o medio.
A aplicación excesiva de residuos gandeiros ao solo contribúe á contaminación
das augas, tanto superficiais coma subterráneas, por nutrientes e por
organismos patóxenos. Tamén son importante os efectos sobre a atmosfera,
pola produción de olores e emisións gasosas de NH3, SH2, NOx, CH4, e outros
compostos orgánicos volátiles, procedentes das balsas de almacenamento e
da aplicación ao solo. Finalmente, contribúen á contaminación do solo,
resultado dunha aplicación excesiva de nutrientes, levando a un desequilibrio e
á acumulación de determinados elementos, incluíndo algúns metais pesados.
89
Algúns dos problemas ambientais máis significativos que temos en España na
actualidade relacionados coa xestión dos residuos orgánicos gandeiros son:
Contaminación de augas superficiais e subterráneas.
O principal problema dos xurros son as verteduras ás canles. Non hai que
confundir as verteduras incontroladas de xurros a canles coa contaminación
difusa(aquela contaminación que non se orixina nun punto definido, senón máis
ben de múltiples, pouco identificables). As verteduras están sancionadas pola
Lei de Augas española. Na maioría dos casos estas verteduras orixínanse pola
falta de capacidade de almacenamento das foxas de xurro.
Esta insuficiencia é o principal problema que impide aproveitar o xurro como
aboamento dos cultivos forraxeiros axeitadamente, ademais de poñer en
perigo a calidade das augas. A opinión pública está moi sensibilizada pola
contaminación derivada dos xurros, sendo a eutrofización das augas e os
malos olores os impactos máis destacados. A priori, existe un posicionamento
contra o xurro mentres que se valora moi positivamente o esterco, que se
identifica con aboamento orgánico, ecolóxico etc. Ambos os dous son
aboamentos orgánicos, a única diferenza entre xurro e esterco é que no
primeiro está diluído con augas pluviais e de limpeza das instalacións
90
gandeiras mentres que o segundo se manexa como sólido debido aos materiais
engadidos ás camas (palla, matogueira, serraduras etc.)
Non existe unha normativa clara para o gandeiro na xestión e manexo do xurro,
o que xera incerteza e preocupación nestes empresarios do medio rural que se
ven denunciados moitas veces sen base normativa clara. Ademais, existe unha
mala ou mesmo falsa información en canto ao problema da contaminación das
augas, xa que se confunde o problema das verteduras incontroladas co da
contaminación difusa, que é o problema máis grave e máis estendido en
Europa.
A aplicación do xurro como aboamento está regulada actualmente pola
Directiva do Consello do 12 de decembro de 1991 (91/676/CEE), relativa á
protección das augas contra a contaminación producida por nitratos de orixe
agraria, máis coñecida como directiva "nitratos" e polo RD 261/1996 do 16 de
febreiro, que a incorpora ao noso ordenamento xurídico. Esta Directiva foi
publicada ante o grave problema para a saúde humana que supoñía o aumento
constante da concentración de nitratos na auga potable e, segundo a cal en
zonas contaminadas por nitratos (zonas vulnerables), se limita a aplicación de
xurro e esterco por hectárea e ano ao equivalente producido por dúas vacas de
leite, polo que a explotación que supere a devandita carga gandeira tería dúas
91
alternativas: tratar o exceso de xurro ou extensificar, ben ampliando a
superficie da explotación ou ben reducindo o número de vacas.
Dentro desta problemática inclúese a eutrofización dos encoros. Case o 50%
da auga embalsada en España se encontra degradada debido a procesos de
eutrofización que provocan a proliferación de algas e outros organismos e
unha diminución do contido de osíxeno. O problema da eutrofización nos lagos
e reservorios é un proceso complexo, desencadeado polo enriquecemento
excesivo de nutrientes, sobre todo de nitróxeno e fósforo, que incrementan a
produción primaria e extralimitan a capacidade do sistema para dixerir a
materia orgánica.
O risco de eutrofización depende dunha infinidade de factores externos ao
medio acuática tales como: o crecemento da poboación humana (dentro da
conca que drena ás canles), a utilización masiva de deterxentes, o uso
desmedido dos aboamentos (orgánicos e inorgánicos) procedentes dos
campos de cultivos agrícolas, etc. As fontes que maiores achegas realizan ao
estado de eutrofización, ademais das augas residuais, as domésticas e os
industriais, son as augas excedentes do rego na agricultura, enriquecidas
previamente con fertilizantes, a auga de escorrentía superficial despois das
tallas ou incendios e, o uso de herbicidas.
92
Emisións de gases de efecto invernadoiro.
As zonas do territorio cunha importante cabana gandeira adoitan presentar un
impacto ambiental asociado á propia actividade, principalmente á xestión das
dexeccións gandeiras.
A lexislación actual na Unión Europea establece a declaración destas zonas
como vulnerables á contaminación sobre os solos agrícolas e os acuíferos, e
considera diferentes medidas restritivas, xa coñecidas polo propio sector, para
evitar a contaminación por nitróxeno procedente de fontes agrícolas. Se
embargo a actividade gandeira e a xestión dos xurros produce emisións á
atmosfera, que ata o momento non foron demasiado consideradas, pero que as
novas directivas europeas contemplan de xeito específico. Polo tanto é
importante considerar que a nova lexislación ambiental exercerá un control
máis estrito das emisións e os focos emisores de contaminación atmosférica.
93
As actividades gandeiras pódense considerar un foco significativo de emisións
gasosas, principalmente de:
Gases responsables do efecto invernadoiro como o dióxido de carbono e
metano e o oxido nitroso.
Diferentes compostos orgánicos volátiles que representan unha fonte de
malos olores no ámbito da explotación gandeira.
Compostos responsables da formación de chuvias ácidas como o
amoníaco.
O sector agrícola é responsable de entre un 10-12% do total de emisións de
gases de efecto invernadoiro de procedencia antropoxénica (IPCC). Tres dos
principais gases responsables do quentamento global (CO2, N2O Y CH4) son
emitidos á atmosfera a través de actividades agrícolas, sendo estas
responsables de ata o 60% do fluxo total de óxido nitroso (N2O), e de
aproximadamente o 50% do de metano (CH4).
94
Polo tanto, o potencial da agricultura para mitigar as emisións de gases de
efecto invernadoiro é indubidable, despois de estimarse que pode representar
unha redución nas emisións totais de gases de efecto invernadoiro de ata un
11% no ano 2030. O chamado secuestro de carbono no solo é a estratexia máis
eficiente, sendo responsable de ata un 90% deste potencial.
A gandaría, ademais de sufrir as consecuencias do cambio climático tamén
inflúe emitindo certos gases de efecto invernadoiro:
1. N2O (óxido nitroso): emisións procedentes do solo, debidas principalmente
ao uso de aboamentos nitroxenados.
2. CH4 (metano): emisións procedentes da fermentación intestinal dos animais
ruminantes.
3. Emisións de CH4 e N2O procedentes da xestión do esterco.
Polo que nos encontramos cun sector que emite gases de efecto invernadoiro
pero que ao mesmo tempo ten a capacidade de secuestralos con técnicas e
prácticas sinxelas.
95
Perda de materia orgánica dos solos.
Unha parte importante da superficie do territorio español está ameazada
actualmente por procesos de desertización, especialmente polo impacto dos
incendios forestais, a perda de fertilidade de solos de regadío por salinización
e a erosión. As proxeccións do cambio climático agravarían os devanditos
problemas de forma xeneralizada e especialmente na España de clima
mediterráneo seco e semiárido, condicións que non son representativas do
ámbito de actuación do proxecto LugO2.
Os cambios nos usos e manexo dos solos ofrecen moitas posibilidades de
contrarrestar os efectos negativos que se enxergan. Entre elas, a reforestación
de terreos ermos e a práctica dunha agricultura que a través do axeitado
manexo das técnicas de cultivo, da labra, rego e xestión das emendas
orgánicas, aumente os contidos de carbono orgánico dos solos e a súa
fertilidade, desencadeando un efecto multiplicador na capacidade dos
ecosistemas para fixar carbono atmosférico.
96
A Estratexia Europea de Conservación de Solos, a Política Agraria Común,
coas súas medidas agroambientais, o Plan Forestal Español e a planificación
dos usos de solos ás diferentes escalas de xestión son instrumentos que deben
permitir a conservación dos recursos edáficos e a mitigación dos impactos do
cambio climático no solo e os ecosistemas asociados.
En relación á materia orgánica e ao Cambio Climático, estímase un valor medio
de 6-7% de perda de carbono orgánico por cada grao de aumento na
temperatura, valor que pode aumentar ou diminuír segundo sexa o cambio na
precipitación e tamén segundo características propias do solo e os seus usos.
Os modelos do ciclo do carbono suxiren unha diminución xeneralizada do
carbono orgánico do solo como consecuencia do aumento da temperatura e da
seca proxectados polos modelos de cambio climático, o cal afectaría de forma
negativa ás propiedades físicas, químicas e biolóxicas dos solos e aumentaría o
risco de erosión e desertización.
97
As zonas onde cabe esperar perdas maiores de carbono orgánico serían as
máis húmidas (Norte de España, entre o que se inclúe o ámbito obxecto do
presente proxecto) e para os usos de solos que comportan contidos en
carbono orgánico máis elevados (prados e bosques).
De xeito cualitativo, o compost aplicado ao solo cumpre dúas funcións
simultaneamente: actúa como aboamento orgánico achegando materia
orgánica e mellorando as condicións xerais do solo, e á vez como fertilizante
achegando directamente nutrientes minerais e mellorando a disposición xeral
de nutrientes (sobre todo potenciais).
99
10. Conclusións
A xeración de residuos pode chegar a comprometer a viabilidade das
explotacións polo tanto será importante pararse a reflexionar sobre o tema
e valorar aqueles modelos de produción sen impactos negativos sobre o
medio, que minimizan a xeración de residuos.
Unha produción responsable, sexa cal sexa a súa actividade, debe ter
prevista a xestión dos residuos, formulándose como primeira medida xerar
a mínima cantidade posible. A identificación de todos os residuos require
unha análise profunda do conxunto do proceso produtivo e de cada unha
das fases que se poden identificar.
É necesario avanzar na xestión ambiental das dexeccións, a opción máis
utilizada é a de aplicar os xurros como aboamento orgánico, pero
nalgunhas zonas este destino é inviable por incumprir a normativa relativa á
contaminación por nitratos procedentes de agricultura.
O problema tamén se formula nas denominadas áreas de alta concentración
de explotacións, onde non existe suficiente superficie agrícola próxima para
unha axeitada valorización dos xurros como aboamento.
100
Encontrar unha solución para a axeitada xestión dos residuos nas áreas
rurais é unha iniciativa positiva para o sector gandeiro, neste sentido, para
as zonas vulnerables ou con alta concentración gandeira, é de vital
importancia encontrar unha solución viable para a xestión dos residuos
orgánicos en xeral, de maneira que se aproveiten os recursos e se protexa o
medio.
101
ANEXO:
Prevención de riscos laborais no sector
agrogandeiro.
O sector agrogandeiro é dende o punto de vista
da seguridade e a saúde no traballo un sector
moi peculiar, cunhas características que lle
manteñen "apartado", en certo modo, das
accións de carácter xeral que se desenvolven
para previr os riscos laborais.
Certamente as mesmas estruturas e as relacións existentes neste ámbito, onde
predomina a estacionalidade e é moi frecuente a prestación de traballos de tipo
familiar e de veciñanza, a diversidade de tarefas, onde existe unha grande
proporción de traballadores autónomos, etc., fai moi difícil tanto a obtención de
datos como a accesibilidade dos medios "tradicionais" para poder mellorar as
condicións de traballo e os hábitos da xente do campo.
102
A maioría dos traballadores considera o risco tanto de accidente coma de
enfermar con ocasión do traballo como algo inherente a este e polo tanto
inevitable e sometido ao chou ou á Providencia.
Por outra parte tanto polo tipo de réxime de cotización ao Sistema de
seguridade Social coma pola particularidade de non poder ser substituídos en
caso de baixa e a incitante necesidade de continuar cos labores a realizar, a
declaración de accidentes sexa baixa e as estatísticas, en consecuencia, non
reflictan a realidade.
Non obstante os riscos neste sector son elevados, cunha alta mortalidade e
gravidade, tanto por accidentes como por enfermidades contraídas pola
exposición a axentes químicos perigosos, por sobreesforzos, por condicións
climáticas adversas, ritmos intensos de traballo, horarios especiais, etc.
Ademáis dáse unha grande diversidade de tipos de traballos e empréganse
técnicas e equipos dende os máis rudimentarios ata os máis avanzados. Dende
as explotacións pequenas ata as grandes extensións. Con man de obra das
máis diversas procedencias, moitas veces con desprazamentos longos e dende
grandes distancias.
103
Os principais riscos son debidos á utilización de ferramentas e equipos,
maquinaria e vehículos, particularmente os tractores, exposición a produtos
químicos perigosos, exposición agravada polas condicións de traballo tanto
climáticas como de sobreesforzos, a exposición á radiación solar, exposición a
axentes biolóxicos, as picaduras e mordedelas de animalias e outros animáis,
alerxias, caídas, golpes, atrapamentos, cortes, etc.
A continuación descríbense para cada actividade os
riscos asociados, as causas específicas deses riscos e
o procedemento de traballo adecuado para minorar ou
evitar os devanditos riscos.
Posteriormente descríbense os riscos que xeran as
distintas maquinarias utilizadas no sector forestal e as medidas preventivas
para a súa utilización sen riscos.
104
Riscos xerais do traballo agrario
Risco de caídas a distinto nivel
Poñer atención ao realizar estas tarefas.
Utilizar escaleiras axeitadas ao tipo de traballo.
Subir e baixar utilizando as agarradoiras existentes ao efecto. Non
efectuar saltos.
Orde e limpeza nos lugares de traballo.
Dispoñer da iluminación axeitada ao tipo de traballo a realizar.
Risco de caídas ao mesmo nivel
Utilización de calzado axeitado ás tarefas a desenvolver.
Orde e limpeza nos lugares de paso.
Iluminación abonda.
Evitar tarefas complexas no exterior ás horas nas que a luz do día non
sexa suficiente.
Risco de atrapamentos
Nunca quitar as proteccións existentes.
A roupa debe ser axustada e o pelo debe estar sempre recollido.
Evitar o manexo da maquinaria por persoas descoñecedoras.
105
Respectar estritamente as indicacións dos manuais de instrucións.
Proxección de partículas, golpes, cortes e derrubas
Utilizar equipos de protección individual (EPI) axeitados á tarefa que se
vaia realizar.
Usar as ferramentas para os fins que lles son propios.
Amontoar os materiais de xeito seguro e estable.
Sinalizar e illar correctamente as zonas de perigo.
Riscos derivados de sobresforzos e temperaturas extremas
Adoptar posturas correctas, especialmente na manipulación de cargas.
Utilizar a maquinaria e outras persoas e evitar sempre os sobresforrzos.
Realizar as tarefas escollendo sempre a fase máis favorable do día.
Empregar roupa de traballo axeitada á temperatura e utilizar protección
solar.
Beber abundante auga con temperaturas altas para manter unha
correcta hidratación.
106
Riscos eléctricos
Asegurar que a instalación está sen tensión cando se realicen traballos
en instalacións eléctricas.
Revisar as tomas de terra dos equipos eléctricos.
Apartarse das liñas de alta tensión cando se realicen traballos.
Incendios e explosións
Almacenar os produtos combustibles en lugares seguros e sinalizalos.
Eliminar periodicamente a acumulación de po vexetal (silos, almacéns).
Dotar ás instalacións de elementos de extinción de incendios.
Riscos na aplicación de produtos fitosanitarios
Almacenamento
Almacenar os produtos fitosanitarios en lugares ben ventilados e
protexidos da chuvia, do sol e da humidade.
Clasificalos e colocalos por categorías de perigo.
Situalos nos seus envases orixinais e mantelos en bo estado.
Situalos lonxe de fontes de calor ou lapas e dispoñer de extintor.
Mantelos fóra do alcance de animais e nenos e apartalos dos alimentos e
dos pensos.
Preparación da mestura
107
Seguir estritamente as indicacións do fabricante.
Realizar a mestura sempre que non se teñan feridas ou rozaduras nas
mans.
Utilizar os EPI e os instrumentos dispostos exclusivamente para este fin.
Comprobar previamente o estado dos EPI.
Realizar a mestura en lugares abertos e ventilados.
Facer a mestura lonxe de ríos, regueiros e fontes.
Aplicación
Dispoñer obrigatoriamente de formación na materia.
Empregar os correspondentes EPI durante a aplicación.
Realizar os tratamentos de costas ao vento.
Comprobar o estado dos equipos, mesmo durante o tratamento.
Desatascar as boquillas dos pulverizadores de xeito seguro (non
soprar).
Realizar descansos lonxe da zona de tratamento.
Sinalizar sempre as zonas xa tratadas.
Apartar os alimentos, tabaco e bebida do lugar de traballo.
Realizar un recoñecemento médico antes de cada tempada.
Tras a aplicación
108
Quitar a roupa xusto despois do tratamento.
Lavar e tratar illadamente a roupa utilizada da do resto da familia.
Ducharse a fondo.
Manterse fóra da zona tratada durante 24 - 48 horas despois do
tratamento.
Depositar os envases dos residuos nos seus puntos de recollida
específicos.
Riscos específicos da maquinaria agrícola
Maquinaria con elementos de corte
Protexer os órganos da área de corte da maquinaria.
Manterse fóra da área de corte da maquinaria.
A realizar operacións de mantemento, limpeza e/ou avaría:
Para o motor e poñer o freo de man.
Esperar a que todo se deteña, calzar a máquina e proceder ao arranxo.
Desconectar as engrenaxes.
O tractor
109
Operacións en marcha:
Traballar en zonas seguras, evitando as pendentes excesivas.
Baixar sempre en marchas curtas e dar a volta en "cola de
gaivota"(clavar o apeiro no solo e iniciar o xiro) ao traballar en
pendentes (prohibido o punto morto).
Cargar os remolques evitando a sobrecarga.
Establecer contrapesos axeitados cando se traballa en pendentes
grandes.
Usar protectores auditivos (EPI) se o ruído é excesivo.
Realizar repousos periódicos e utilizar faixas antivibratorias no caso de
vibracións.
Subir e baixar co tractor parado utilizando os puntos de agarre.
Empregar calzado seguro que non esvare.
Poñer sempre o cinto de seguridade e empregar as luces.
Levar as persoas nos lugares destinados para tal fin (prohibido nos
gardalamas).
110
Operacións de axuste:
Asegurarse de que non hai ninguén no radio de acción do tractor-apeiro.
Poñer sempre o freo de man, quitar as chaves e deixar en posición de
aparcamento.
Empregar roupa axustada.
Manter protexido o eixe de transmisións e a toma de forza.
Situar o apeiro no solo sempre que se deteña o tractor.
Rodear o eixe de transmisións e as partes móbiles á hora de realizar o
axuste.
Comprobar a correcta fixación ao rematar a operación de axuste.
Riscos derivados do uso de apeiros en xeral
Nunca subir ao apeiro en movemento.
Purgar a enerxía residual do sistema hidráulico ao
rematar a tarefa.
Gardar as máquinas sobre superficies chairas, firmes e
sen obstáculos.
Apuntalar e calzar durante a operación de enganche.
111
Evitar traballar baixo os apeiros suspendidos, e cando isto non é posible,
deter o tractor sobre terreo chairo, calzar as rodas e cravar o hidráulico
na posición de máxima elevación.
Riscos específicos do remolque
Baixo ningún concepto sobrecargar o remolque.
Debe haber sempre unha proporcionalidade entre tractor e remolque.
O remolque debe pasar a ITV.
Non efectuar nunca manobras bruscas que poidan desestabilizar o
remolque.
É aconsellable baleirar por completo o remolque antes de
desenganchalo.
Respectar sempre o peso máximo admitido para o remolque.
Riscos específicos das cultivadoras
A colocación e desconexión do cabezal de corte
realizarao o condutor da cultivadora segundo o manual
de instrucións do fabricante.
As cultivadoras deben estar dotadas cun extintor.
A revisión da máquina realizarase sempre en terreo
chairo e calzarase axeitadamente.
112
É necesario limpar periodicamente o po e a palla acumulados.
Cando se comprobe a moega ou calquera outra parte, deterase a
máquina en terreo chairo, frearase e quitará a chave do contacto.
Riscos específicos das empacadoras
Instrucións de traballo nas operacións de risco:
Desconectar a toma de forza.
Parar o motor.
Esperar á paralización completa do volante
de inercia.
Ausencia de persoas no campo de proxección do lanzador de pacas.
Manter as proteccións do equipo en bo estado.
Utilizar lentes de protección.
Utilizar luvas e calzado de seguridade.
Limpeza periódica do feo ou a palla. Verificar a eliminación destas.
113
Riscos específicos das motosegadoras
Poñer atención nos obstáculos.
Non perder de vista a zona de corte.
Evitar a presenza de persoas diante da zona de avance da máquina ou
na súa proximidade.
Cando a barra de corte non se estea a utilizar, débese colocar un
resgardo protector.
Non apurar nos bordos da parcela e nos lindeiros pouco practicables.
Riscos específicos dos motocultores
Non activar a transmisión da forza ata que o amorodo non estea no solo
en posición de traballo.
Utilizar luvas cando se substitúan os apeiros.
Evitar a presenza doutras persoas na zona de traballo.
Ante un movemento brusco do amorodo cara a arriba (empinamiento) ou
diminución do réxime de revolucións do amorodo, non se situar enriba
da carcasa de protección nin dar máis potencia ao motor.
Na posta en marcha comprobarase que a panca de cambio está no
punto morto.
En plantacións arbóreas non apurar excesivamente xunto ao madeiro da
árbore.
114
Riscos específicos para as mulleres en períodos de idade fértil,
embarazo, postparto e lactación
Nos desprazamentos e no traballo con máquinas:
Evitar os excesos de vibracións (especialmente no embarazo,
pode provocar abortos ou partos prematuros).
Evitar a exposición prolongada a ambientes ruidosos (pode
afectar o feto).
Con produtos perigosos e substancias químicas (fitosanitarios):
Evitar o seu uso e manipulación, especialmente cando así sináleo o
manual de instrucións e a ficha de seguridade (moi perigoso durante o
embarazo, o postparto e a lactación).
Con cargas pesadas:
Evitar a manipulación e ter en conta o esforzo, a forma de levantalas e a
frecuencia (coa evolución do embarazo, pode provocar un parto
prematuro).
115
En traballos de longa duración e con posturas forzadas:
Evitar a posición de pé ou sentada sen repousos e sen cambios de
postura (incremento de abortos, partos prematuros e diminución do
peso do bebé).
En espazos pechados:
Evitar a exposición a monóxido de carbono procedente de motores,
tabaco, etc (afecta o feto con efectos tóxicos).
Traballos no exterior:
Evitar a exposición á calor (deshidratación), ao frío intenso e a cambios
bruscos de temperatura (especialmente no embarazo e a lactación).
Riscos no traballo co gando
Orde e limpeza frecuente das dexeccións animais e en xeral das
instalacións nas que habitan os animais.
Establecer as dimensións dos corredores de alimentación e limpeza
segundo os medios a utilizar.
116
As instalacións de gando deberán construírse con materiais que teñan a
axeitada resistencia e nos que se poidan utilizar medios de limpeza
sinxelos.
Eliminación de obstáculos en zonas de paso.
Adaptar as zonas de paso cando existan desniveis.
Os solos deberán ter unha rugosidade suficiente para garantir un
tránsito seguro sobre este, tamén deberá ser antideslizante.
Dotar ás canles de drenaxe da soleira dun enreixado para conseguir
unha superficie de traballo lisa e homoxénea.
Riscos no traballo nos cultivos
Retirar os obxectos que obstrúan o paso e recoller as ferramentas e
utensilios despois da súa utilización.
Eliminar os materiais de desfeito.
Evitar as horas de máxima insolación.
Non fumar nin beber alcohol.
Evitar comidas copiosas e graxas.
Aclimatarse á calor e levar sombreiro.
Beber abundantes líquidos.