guÍa de uso da biblioteca

9
BibliotecaescolardoceiptorrecelaBibli otecaescolardoceiptorrecelaBibliotec aescolardoceiptorrecelaBibliotecaesc olardoceiptorrecelaBibliotecaescolar doceiptorrecelaBibliotecaescolardoce iptorrecelaBibliotecaescolardoceipto rrecelaBibliotecaescolardoceiptorrec elaBibliotecaescola rdoceiptorrecelaBibliotecaescolardoc GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP da Torre- Cela

Upload: torredaspalabras

Post on 06-Apr-2016

245 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

BibliotecaescolardoceiptorrecelaBibli

otecaescolardoceiptorrecelaBibliotec

aescolardoceiptorrecelaBibliotecaesc

olardoceiptorrecelaBibliotecaescolar

doceiptorrecelaBibliotecaescolardoce

iptorrecelaBibliotecaescolardoceipto

rrecelaBibliotecaescolardoceiptorrec

elaBibliotecaescola

rdoceiptorrecelaBibliotecaescolardoc

GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

CEIP da Torre- Cela

Page 2: GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA” C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Páxina 2 de 9

Índice

Localización

Os usuarios

Horarios

Os espazos

Servizos da biblioteca

A organización dos recursos materiais

Recursos humanos

Préstamos

Normas da biblioteca

Normas de uso do ordenador

Participación

Page 3: GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA” C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Páxina 3 de 9

A BIBLIOTECA A biblioteca é un lugar para ler,

informarnos, aprender e acceder ao coñecemento. É un espazo que

debemos utilizar para actividades

relacionadas coa lectura e a aprendizaxe.

Está situada na planta baixa. Entrando

pola porta principal debes dirixirte polo corredor da dereita onde atoparás a

“Torriño”, a mascota do noso colexio.

OS USUARIOS

Poden utilizar a biblioteca escolar o alumnado do centro, as familias, os mestres e mestras, o persoal non docente; tamén os veciños e antigos alumnos.

Para poder levar libros en préstamo necesitas o carné. O carné da biblioteca farase

ou renovarase ó iniciar o curso a alumnos, profesores e persoal do centro. As nais e pais que queiran facer uso da biblioteca levarán o carné a primeira vez que leven

un libro en préstamo.

Non se pode levar ningún recurso en empréstito sen estar na base de datos. Débese presentar o carné da biblioteca para retiralo.

Ten que haber como mínimo un mestre para que poidas facer uso dos servizos que

a biblioteca ofrece. Contamos cun caderno de rexistro de incidencias, onde se anotan as dificultades ou

variacións que non se poidan recoller na aplicación informática.

Un libro de visitas onde queda constancia do paso dos autores, ilustradores ou outras personalidades relevantes.

Unha caixa de correo, con forma de Torriño, recolle as suxestións que os usuarios

queiran aportar.

HORARIOS A biblioteca está aberta pola mañá segundo o horario establecido ó comezo de

curso. Cada grupo de clase ten un horario onde se pode asistir acompañado polo

titor. Xunto co titor e outros mestres colaboradores pódense realizar préstamos /devolucións ou outras actividades das que iremos informando.

No recreo os préstamos e devolucións faranse de acordo co horario establecido ó

inicio de curso; tamén as consultas que se precisen usando todas os recursos ofertados pola biblioteca.

Page 4: GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA” C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Páxina 4 de 9

Polas tardes está aberta os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas, coincidindo

coas actividades extraescolares.

Farase constar e informarase do uso da biblioteca en momentos determinados.

OS ESPAZOS Na biblioteca hai varios espazos:

Recanto para pequenos lectores con alfombra, mesas

e banquetas pequenas .

Zona de lectura e consulta con mesas e cadeiras para

traballar individualmente ou en grupo.

Espazo multimedia con catro ordenadores.

Audioteca

Mesa de préstamo e xestión.

Expositor de revistas e xornais

Expositor de novidades.

Expositor de libros de interese relacionados con

algunha celebración, actividade ou tema traballado.

Está situado no corredor a carón de Torriño, ou no

interior a carón da porta de entrada.

Armario de producións propias.

A biblioteca é recurso, información e ocio. Nela tamén se

realizan proxeccións, charlas, contacontos, reunións…

Page 5: GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA” C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Páxina 5 de 9

SERVIZOS DA BIBLIOTECA Para utilizar os servizos da biblioteca hai que ter o carné ou estar acompañado

doutro usuario .

Ler no recanto de lectura e zona de

traballo.

Realizar consultas nas enciclopedias

-que non se poden levar como

préstamos- ou internet.

Actividades de dinamización

cultural e formación de usuarios.

As mesas de traballo son para que

poidas escribir no teu caderno,

folios ou mesmo usar outros

soportes dixitais.

Acceder aos recursos para préstamo, ata un máximo de tres, e devolver antes

dos quince días ou renovar o préstamo.

No caso de perda ou deterioro dun libro deberás repoñelo ou abonar o seu

importe, para incorporalo de novo á biblioteca. Os usuarios poderán perder o uso dos servizos ofertados se incumpren as súas

responsabilidades.

Os préstamos e as devolucións sempre serán rexistradas mediante o programa informático de xestión.

A ORGANIZACIÓN DOS RECURSOS MATERIAIS: O MURAL DA CDU

Na biblioteca temos un mural situado na parede onde Torriño nos presenta con distintas cores, imaxes e

cifras as nosas seccións dos recursos.

0 Xeneralidades, enciclopedias, dicionarios (marrón) 1 Filosofía e ética( azul)

2 Relixión e mitoloxía (vermello)

4 Producións propias (negro) 5 Ciencias exactas e naturais (verde)

6 Ciencias aplicadas (morado)

7 Arte, música e xogos( rosa) 8 Literatura (amarelo)

9 Xeografía, biografía e historia ( lila)

Page 6: GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA” C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Páxina 6 de 9

Os documentos de non ficción están ubicados de arriba a abaixo e de esquerda a

dereita en baldas, por orde alfabética de autor e título.

Carteis sinaladores coas cifras da CDU e algunhas palabras, nos indican cal é a sección.

Cada documento leva unha etiqueta rectangular na parte inferior do lombo, co

número da CDU e tres primeiras letras do autor (en maiúscula) e tres primeiras letras do título obviando os determinantes.

Esta clasificación permítenos localizar rapidamente os recursos.

Nas baldas explicítase, con unha cifra, as sección xerais e con dúas cifras as división de cada sección tendo na fronte da balda a cor que aparece no mural da CDU.

Os libros de ficción están en estantes clasificados por nivel lector. Levan un adhesivo de cor, na parte superior da etiqueta, no lombo do libro:

Vermella para prelectores de E.Infantil e 1º Ciclo Verde para lectores de 2º Ciclo

Amarelo para lectores de 3º Ciclo.

Segundo a CDU encabezan a etiqueta os díxitos 82, a continuación colocamos N

(narrativa), T (tetro), P (poesía),

C (Banda Deseñada), e I ( Inglés). Os libros de ficción están ordenados alfabeticamente por autor e título , agás os de

E.Infantil e 1º Ciclo que están por portada.

O material de produción propia está

colocado no armario que atopamos a

entrada da biblioteca. Como é material insubstituíble, pódese levar

para as clases pero non para casa e

debemos coidalo especialmente. Os fondos de inglés, música , relixión

e xogos tamén están na biblioteca e

pódense prestar.

As películas, tanto en formato DVD

como en vídeo, están catalogadas na aplicación Meiga e gardados na biblioteca. No futuro preténdese catalogar outro material: cartografía, esferas terráqueas…

Page 7: GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA” C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Páxina 7 de 9

RECURSOS HUMANOS

A cargo do funcionamento da biblioteca está o equipo de biblioteca, formado por varios docentes e coordinado polo responsable da biblioteca.

Este equipo está encargado da xestión técnica (catalogación, expurgo…), da

compra de material segundo as necesidades do centro e da coordinación de actividades de dinamización e formación de usuarios.

Tamén contamos coa colaboración dun grupo de alumnos voluntarios cada curso.

PRÉSTAMOS

Os usuarios poderán acceder aos recursos ofertados, ata un máximo de

tres durante quince días. O préstamo

quedará rexistrado no MEIGA. Estas condicións poderanse variar

segundo as necesidades da biblioteca.

- As enciclopedias, dicionarios e outros

recursos de consulta son para utilizar

na propia biblioteca. - Ao coller un libro é preciso ser

coidadoso e deixar o resto ben ubicado. En caso de dúbida consultar ás persoas

responsables da biblioteca.

Page 8: GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA” C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Páxina 8 de 9

- Cada libro ten nas súas primeiras páxinas un número de rexistro. O número de

rexistro é como o seu carné de identidade. Ese número indicase á persoa encargada

dos empréstitos para que o anote no ordenador. - Ao devolver o libro, dvd,… sempre antes de que remate o prazo, indicar á persoa

responsable de empréstitos/devolucións que o rexistre como devolto no programa

informático. Se ao abrir un libro, dvd, cd, … tes unha data escrita, indicada como límite de

devolución, nunca se poderá superar.

En caso de dúbida consultar. - Os alumnos da etapa de infantil e 1º ciclo de primaria deixan o libro na cesta

colocada para ese fin na mesa de préstamos, despois de informar aos encargados.

Lembra que contamos co servizo de autoempréstito donde ti mesmo podes

rexistrar na aplicación o recurso que levas.

Este servizo atópase no ordenador 1 e 2.

NORMAS DA BIBLIOTECA

- Non comer nin beber na biblioteca.

- Moverse amodiño. - Falar baixiño para non molestar aos demais.

- Saír e entrar a cada momento da biblioteca

molesta ó resto dos usuarios. - Deberás coidar os libros. Non lle arrinques

ningún adhesivo, e se traen material engadido

(lupas, cartas, planos, …)deberás preocuparte de non perdelo para que o seguinte lector poida

gozar do libro.

- Ten coidado tamén se ten lapelas ou despregables. Tira delas con coidado. Lembra que

son libros moi caros, e non é doado repoñelos.

- Se deterioras ou perdes un libro, deberás repoñelo.

- Cando vexamos algún libro estragado ou con algún problema deixarémolo na

mesa de préstamos cunha notiña aclaratoria no caderno de incidencias.

NORMAS DE USO DO ORDENADOR Na biblioteca hai catro ordenadores para uso do alumnado. Podes utilizalos para

consulta. A navegación en Internet ten certos perigos, por iso tes que respectar as seguintes

normas:

Page 9: GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA

“GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA” C.E.I.P. DA TORRE-CELA

Páxina 9 de 9

- Sempre que uses Internet terá que estar un profesor presente.

- Non debes dar os teus datos persoais a través de Internet:

nome, teléfono, enderezo, … - Non farás actividades persoais tales

como enviar ou recibir correo

electrónico, ou entrar nun “chat”. -Nunca hai que quedar con persoas as

que coñeceras a través de

Internet. -O tempo máximo de uso do

ordenador é de 10 minutos.

-O uso da impresora será só co permiso do mestre.

PARTICIPACIÓN

Os alumnos poden participar na xestión da biblioteca de varias maneiras: -A través do “Torriño de suxestións” podedes facer propostas sobre adquisición de

libros, organización da biblioteca e funcionamento.

- Os alumnos “ axudantes de biblioteca “ nos recreos devolven os libros prestados, ordenan, orientan e axudan aos compañeiros. participan na decoración da

biblioteca con traballos plásticos.

Poden axudar aos titores no empréstito. Outra maneira de participar é organizando sesións de contacontos tanto por parte

do alumnado como do profesorado.