guía de prácticas e saídas laborais na ue e organizacións internacionais

164
prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais Guía de Bolsas Estadías Prácticas Idiomas

Upload: fundacion-galicia-europa

Post on 04-Apr-2016

247 views

Category:

Documents


11 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

prácticas esaídas laboraisna Unión Europea eOrganizacións Internacionais

Guía de

na U

nió

n E

uro

pea e

Org

aniz

ació

ns In

tern

acio

nais

práctic

as e

saíd

as la

borais

Guía

de

Bolsas

Estadías

Prácticas

Idiomas

LOMO9 mm

Page 2: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
Page 3: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

Guía de prácticas e saídas laborais

na Unión Europea e Organizacións Internacionais

Page 4: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

Edita: Fundación Galicia Europa

Depósito Legal: PO 196-2014

Page 5: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

A Fundación Galicia Europa é unha entidade sen ánimo de lucro e de interese galego creada para a promoción de todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Constituída en 1988, está participada por entidades públicas e privadas galegas: Xunta de Galicia, Novagalicia Banco, Consorcio Zona Franca de Vigo, Consello Galego de Cámaras de Comercio e as Deputacións da Coruña e Lugo. Esta entidade está aberta á colaboración de todas aquelas institucións representativas da vida económica e social de Galicia que persigan os seus mesmos fins.

Os obxectivos da Fundación Galicia Europa pasan por contribuír á formación europea da mocidade, difundir información de interese para a sociedade galega sobre a Unión Europea, canalizar a xestión de intereses galegos en Europa e promover a economía e a cultura da nosa Comunidade Autónoma no eido europeo a través de diversas actividades, co propósito de apoiar o desenvolvemento de Galicia.

2014 preséntase como un ano clave no desenvolvemento da Unión durante a próxima década. Co cambio de ano iniciouse un novo Marco Financeiro Plurianual que establece as prioridades orzamentarias e os programas de financiamento da Unión Europea ata 2020. No mes de maio, todos os cidadáns europeos están convocados ás urnas para renovar o Parlamento Europeo, cámara de representación que ten cada vez un papel máis destacado no deseño das políticas europeas. Coa renovación do Parlamento tamén se designarán os novos membros da Comisión Europea que deberá impulsar a acción da Unión durante os próximos cinco anos.

Para o desenvolvemento das políticas comunitarias a Unión Europea porá en marcha novas iniciativas e programas dirixidos a todos os sectores sociais e económicos pero tamén, en especial, á xuventude, co obxectivo de ofrecer oportunidades para a formación, impulsar o emprego e apoiar iniciativas empresariais. Con este mesmo obxectivo a Fundación Galicia Europa presenta unha edición actualizada da Guía de Prácticas e Saídas Laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais, coa que pretende informar á mocidade galega sobre as diversas bolsas de estudo, de prácticas e de emprego convocadas por distintas entidades, públicas e privadas tanto galegas como estatais ou internacionais.

Nesta edición actualizada quixemos simplificar a estrutura da Guía de xeito que a busca de información resulte máis sinxela para todo aquel que se achegue a consultala. Ao mesmo tempo, este ano reforzamos o apartado adicado as axudas outorgadas por organismos privados quen están asumindo cada vez máis a súa responsabilidade na formación da mocidade conforme ao establecido na Estratexia UE 2020.

Dentro desta Guía inclúense as bolsas que a propia Fundación Galicia Europa convoca dirixidas a titulados universitarios que desexen completar a súa formación académica nas súas oficinas de Santiago de Compostela e de Bruxelas, destacando como novidade unha bolsa dirixida a titulados en Formación Profesional como unha das áreas formativas que pretende impulsar a Unión Europea.

Agardamos que esta Guía sexa de moita axuda!

Page 6: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
Page 7: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

Índice

1. Bolsas e prácticas profesionais ...................................................................................................... 7

1.1. Fundación Galicia Europa.......................................................................................................... 9

1.2. Organismos públicos galegos ................................................................................................... 11

1.3. Outros organismos públicos ...................................................................................................... 25

1.4. Institucións e organismos da Unión Europea ............................................................................ 59

1.5. Organismos e organizacións internacionais .............................................................................. 71

1.6. Organismos privados ................................................................................................................. 91

2. Bolsas de estudo ...................................................................................................................................... 99

3. Traballar no exterior ................................................................................................................................ 127

3.1. Traballar nas Institucións da Unión Europea ............................................................................. 129

3.2. Outras saídas laborais internacionais ....................................................................................... 133

4. Aprendizaxe de idiomas........................................................................................................................ 139

5. Máis información ...................................................................................................................................... 153

Page 8: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
Page 9: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

E PRÁCTICASPROFESIONAIS

BOLSAS

1

Page 10: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

Page 11: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 9

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

FUNDACIÓN GALICIA EUROPA 1.1Bolsas de formación en asuntos europeos para licenciados universitarios nas oficinas da fge

Síntese

A Fundación Galicia Europa (FGE) ten entre os seus fins estatutarios fomentar o achegamento da realidade galega a Europa e potenciar o seguimento dos asuntos europeos e a formación en temas comunitarios.

A FGE convoca anualmente bolsas para titulados superiores para contribuír á súa especialización neste eido. Catro están destinadas ao seguimento das políticas comunitarias tendo como licenciaturas preferentes: grao ou licenciatura en Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas, Ciencias Económicas e Administración e Dirección de Empresas. A outra praza resérvase a graduados ou licenciados en Ciencias da Comunicación, para informar sobre as actividades da FGE e sobre a presenza galega en Bruxelas, a integración europea e a súa particular incidencia en Galicia.

Requisitos• Ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.

• Ter nacido en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia.

• Estar en posesión dun título universitario superior (licenciatura ou grao) con posterioridade á data que se determine.

Lugar Hai tres bolsas para a oficina de Bruxelas e dúas para a oficina de Santiago de Compostela. Na oficina de Bruxelas, unha praza está reservada á bolsa de comunicación.

Prazos desolicitude

15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio na páxina web da Fundación.

Para máis información: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Proceso de selección

O proceso de selección dos beneficiarios das bolsas constará de tres fases:I.- Unha primeira fase de carácter práctico que constará de dúas probas, unha proba práctica de coñecementos sobre a Unión Europea e outra proba dos idiomas inglés e francés.É obrigatorio realizar, polo menos, un dos dous exames de idiomas para pasar á seguinte fase.Soamente os aspirantes que obteñan a mellor puntuación pasarán a seguinte fase.II.- Unha segunda fase de méritos.Polo que se refire á formación académica e laboral, atenderase ao expediente académico, posgraos e títulos de idiomas. III.- Unha terceira fase de entrevista.Os aspirantes que obteñan a mellor puntuación no total das dúas fases anteriores, pasarán a unha entrevista na que se valorará o coñecemento xeral e de actualidade sobre asuntos europeos e a capacidade de adaptación e de traballo en equipo, especialmente nunha entorna multicultural e plurilingüe, podendo a Comisión de Valoración efectuar algunha pregunta en lingua inglesa ou francesa.

Duración e contía

A duración destas bolsas abrangue o período entre mediados de xaneiro a decembro. A contía anual para as estadías en Bruxelas é de 13.620€ máis 350€ en concepto de gastos de viaxe, mentres que para Santiago de Compostela é de 12.050€.

Page 12: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS10

1.1 FUN

DA

CIÓ

N G

ALIC

IA E

UR

OPA

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

Bolsa para a formación en prácticas dun auxiliar administrativo na oficina da fge en Bruxelas

Síntese

A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación para a realización de prácticas de auxiliar administrativo na súa oficina en Bruxelas.Esta convocatoria ten por obxecto proporcionar ao/á beneficiario/a a posibilidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante os seus estudos, realizando prácticas de aprendizaxe de tarefas administrativas e familiarizándose, así mesmo, en asuntos relacionados co funcionamento da Unión Europea en xeral e das institucións europeas en particular. O obxectivo final é permitir unha experiencia e un coñecemento práctico das actividades cotiás dunha oficina e ofrecerlle a posibilidade de traballar nun entorno multicultural e plurilingüe.

Requisitos

• Ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.

• Ter nacido en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia.

• Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de Formación Profesional: Técnico en xestión administrativa, Técnico superior en secretariado ou Técnico superior en administración e finanzas (ou titulación equivalente)

• Acreditar un coñecemento de inglés ou francés equivalentes ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas do Consello de Europa.

Lugar Na oficina da Fundación Galicia Europa de Bruxelas.

Prazos de solicitude

15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio na páxina web da Fundación. Para máis información: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Proceso de selección

O proceso de selección dos beneficiarios das bolsas constará de tres fases:I.- Unha primeira fase de carácter práctico que constará dos seguintes exames: un exame tipo test, redactado en

lingua galega e separado en catro bloques: Unión Europea, xestión administrativa, ofimática e Internet; un exame tipo test de inglés e outro de francés

É obrigatorio realizar, polo menos, un dos dous exames de idiomas para pasar á seguinte fase. Soamente os aspirantes que obteñan a mellor puntuación pasarán a seguinte fase.II.- Unha segunda fase de méritos. Polo que se refire á formación académica e laboral, atenderase ao expediente académico, cursos relacionados coa

bolsa e títulos de idiomas.III.- Unha terceira fase de entrevista.

Se valorará o coñecemento xeral e de actualidade sobre organización dunha oficina e a capacidade de adaptación e de traballo en equipo, especialmente en contornas multiculturais e plurilingües, podendo a Comisión de Valoración efectuar algunha pregunta en lingua inglesa ou francesa.

Duración e contía

A duración abrangue o período entre mediados de xaneiro a decembro, cunha contía anual de 13.620€ máis 350€ en concepto de gastos de viaxe.

Page 13: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 11

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

ORGANIsMOs PúBLICOs GALEGOs 1.2parlamento de galicia

Bolsas de formación

Síntese A Mesa do Parlamento de Galicia convoca bolsas co obxecto de realizar unha formación práctica nas materias de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións e informática.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Posuír as titulacións universitarias que seguen obtidas a partir do 2007-2008: licenciatura en Documentación ou diplomados en Biblioteconomía, licenciados en Ciencias da Comunicación ou en Ciencias Sociais e da Comunicación; licenciatura en Filoloxía Galega ou Tradución e Interpretación no caso de ter escollida como primeira lingua o galego; grao, licenciatura ou diplomatura en informática.

• Acreditar un bo coñecemento da lingua galega.

• Non resultar beneficiario en convocatorias anteriores das bolsas do Parlamento de Galicia.

Lugar Na sede do Parlamento de Galicia.

Prazos de solicitude No segundo semestre do ano.

Proceso de selección

A comisión de valoración examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados.

Para máis información:

http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/contenidogal/informacioninstitucional/Becas.aspx

Duración e contía A duración é de 12 meses. A contía mensual é de 1.000€.

Page 14: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS12

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2 OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S G

ALE

GO

S

conSellerÍa de economÍa e indUStria direcciÓn Xeral de comercio

Bolsas de formación

SínteseA Dirección xeral de Comercio da Xunta de Galicia convoca bolsas de formación para a realización de actividades dentro das súas competencias, integrando no plan formativo aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, o sector da distribución e as estruturas comerciais, así como a artesanía.

Requisitos

• Presentar a solicitude segundo o anexo á convocatoria.

• Ter nacionalidade española ou doutro Estado membro da Unión Europea e estar domiciliado en Galicia.

• Ser titulado superior.

• Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento.

• Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.

Lugar Na Dirección xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria.

Prazos de solicitude

Convócanse xeralmente no segundo trimestre do ano (DOG)

Para máis información: http://economiaeindustria.xunta.es

Proceso de selección Unha comisión avaliadora examinará todas as solicitudes presentadas e os méritos acreditados.

Duración e contía Cada bolsa estará dotada con 6.300€ brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900€ por mes.

Page 15: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 13

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

GA

LEG

OS

inStitUto galego de promociÓn econÓmica (igape)

Bolsas de formación

SínteseO Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca bolsas formativas en proxectos de mellora competitiva. Os seleccionados recibirán formación especializada en internacionalización, cooperación empresarial e competitividade, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral futura. Os bolseiros poderán prestar servizos en varias pemes ou entidades diferentes, titorizados por expertos.

Requisitos

• Ser natural de Galicia, ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes galegos no exterior; ou ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.

• Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias na data na que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: Física, Enxeñaría, Matemáticas, Química, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Empresariais, Economía e Dereito. A titulación deberá terse obtido con posterioridade ao 31.12.2007.

• Non ter gozado doutra bolsa concedida por outros organismos.

• Non ter desempeñado con anterioridade algún traballo profesional para o que se requirise a mesma titulación esixida nesta convocatoria, en virtude de calquera tipo de contrato laboral de duración igual ou superior a seis meses.

Lugar En pemes galegas.

Prazos de solicitude

O prazo é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, xeralmente no segundo semestre do ano.

http://economiaeindustria.xunta.es

Proceso de selección Unha comisión avaliadora examinará todas as solicitudes presentadas e os méritos acreditados.

Duración e contía

Cada bolsa está dotada con 9.960€ brutos. A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses, podendo ser prorrogada polo Igape por un período máximo de ata catro meses adicionais.

Page 16: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS14

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2 OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S G

ALE

GO

S

inStitUto galego de promociÓn econÓmica (igape)

Bolsas de promoción exterior

SínteseO Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca bolsas de formación en promoción exterior coa finalidade de formar a especialistas no ámbito da captación internacional de investimentos, a expansión exterior da empresa galega, a detección de potenciais investidores estranxeiros en Galicia, a busca de oportunidades de negocio e a investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

Requisitos

• Ser natural de Galicia, ter en Galicia a súa veciñanza administrativa cunha antigüidade superior a 24 meses ou ser descendentes en liña directa (ata o terceiro grao) de emigrantes galegos no exterior.

• Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1983.

• Estar en posesión do título de Técnico Superior en Comercio Internacional, ou dalgunha das seguintes titulacións universitarias (superior ou media): administración e dirección de empresas, ciencias do transporte e loxística, ciencias económicas e empresariais, ciencias empresariais, ciencias políticas, comercio, comercio exterior, dereito, dirección e creación de empresa, dirección de empresas-MBA, dirección financeira e contabilidade, economía, enxeñaría, estatística e empresa, mercadotecnia e dirección comercial, mercadotecnia e investigación de mercados, relacións internacionais.

• Ter recibido formación específica en comercio exterior.

• Ter coñecementos de inglés. Valoraranse coñecementos de francés, ruso, chinés ou portugués.

• Non ter gozado de ningunha bolsa do Igape con anterioridade.

Lugar Nas oficinas da Xunta de Galicia no exterior, no Igape ou noutros destinos concertados polo instituto en entidades públicas ou privadas.

Prazo de solicitude

No segundo trimestre do ano. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). As solicitudes presentaranse segundo o modelo oficial e xunto a documentación requirida no Igape ou en calquera das súas oficinas autorizadas. A documentación redactada nunha lingua non oficial en Galicia deberá presentarse acompañada da tradución correspondente realizada por un intérprete xurado.

http://www.igape.es

Proceso de selección

Todos os aspirantes que presenten a súa solicitude dentro de prazo serán convocados a unha proba eliminatoria de inglés e dos idiomas adicionais indicados na solicitude, que constarán dunha parte escrita e outra oral, na data, hora e lugar de realización que se comunicará no taboleiro de anuncios e na páxina web do Igape.

De entre os candidatos admitidos, os cen que tiveran obtido mellor puntuación global serán convocados a unha entrevista persoal.

Duración e contía

A duración destas bolsas será dun máximo de 12 meses, aínda que poderá ser prorrogada polo Igape por 12 meses adicionais, en consideración ao programa de actividades do Instituto e aos resultados acreditados polo bolseiro. Previamente á incorporación aos seus respectivos destinos, os bolseiros comezarán as súas bolsas cunha estadía de un mes na sede do Igape, computable dentro do período da bolsa.

As bolsas están dotadas dunha cantidade base anual de 9.960€ brutos, podendo ascender ata 33.350€, segundo o destino.

Page 17: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 15

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

GA

LEG

OS

conSellerÍa de traBallo e BeneStar

programa galeuropa. prácticas formativas

Síntese

A Consellería de Traballo e Benestar convoca, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos estados membros da Unión Europea, agás España. As bolsas teñen como finalidade apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa no estranxeiro como parte do currículo.

Requisitos

• Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.

• Ter entre 18 e 30 anos de idade.

• Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia.

• Obter o título nos cinco anos inmediatamente anteriores.

• Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para a realización das prácticas : inglés, italiano, francés e/ou alemán.

Lugar No país da Unión Europea seleccionado polo beneficiario.

Prazos de solicitude

Os prazos de solicitude serán os que estableza cada convocatoria.

http://xuventude.xunta.es/galeuropa-proxecto-de-mobilidade-galega.html

Proceso de selección

Máis información na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado:

http://xuventude.xunta.es

Duración e contía

A estadía terá oito semanas de duración e a contía da axuda é de 2.400 euros por participante, tendo dereito a solicitar un anticipo do 80% da axuda

Page 18: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS16

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2 OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S G

ALE

GO

S

conSellerÍa do medio rUral e do marBolsas de formación

SínteseA Consellería do Medio Rural e do Mar convoca bolsas de formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación, bolsas de prácticas para os recentemente titulados en especialidades agrarias, forestais, veterinaria, tecnoloxía dos alimentos e bioloxía e bolsas de prácticas para alumnos e recentemente titulados de formación profesional da familia agraria.

Requisitos

Ser estudante ou recentemente titulado nas especialidades seguintes:

• 16 bolsas de formación de tecnólogos: licenciados en enoloxía (2), ciencias químicas (2), ciencia e tecnoloxía dos alimentos (2), bioloxía (2), enxeñeiros agrónomos (2), enxeñeiros técnicos agrícolas (2), enxeñeiros de montes (2), enxeñeiros técnicos forestais (2).

• 14 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación: ciclo superior en industria alimentaria (2), ciclo medio en elaboración de viño e outras bebidas (3), ciclos formativos de grao medio ou superior da familia agraria (2), ciclos formativos de grao medio ou superior da familia química (7).

• 16 bolsas de prácticas para estudantes de 1º curso (7) e 2º curso ou recentemente titulados (9) en ciclos da familia agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Secretaria Xeral de Medio Rural e Montes.

• 24 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes: recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en veterinaria, en ciencia e tecnoloxía dos alimentos e en bioloxía

Enténdese por recentemente titulado aquel que obtivo a titulación entre o mes de abril do ano anterior e a data de remate do prazo de presentación de solicitudes destas bolsas.

Lugar En unidades dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar e en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e climático.

Prazos de solicitude No segundo trimestre do ano.

Proceso de selección

As solicitudes presentaranse no prazo dun mes dende a publicación da convocatoria no DOG. Para máis información:

http://www.medioruralemar.xunta.es/anuncios/formacion/vixentes/investigacion_e_formacion/

Duracióne contía

A duración e contía depende do eido de formación.

• Bolsas de formación tecnólogos: 4 meses, 1.000€/mes.

• Bolsas de formación de persoal de apoio á investigación: 4 meses e 800€/mes.

• Bolsas de prácticas para estudantes de 1º curso (7) e 2º curso ou recentemente titulados (9) en ciclos da familia agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Secretaria Xeral de Medio Rural e Montes:

o estudantes de 1º curso: 2 meses e 600€/mes.

o estudantes de 2º curso ou recentemente titulados: 3 meses e 800€/mes.

• Bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes: 3 meses e 1.000€/mes.

Page 19: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 17

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

GA

LEG

OS

conSellerÍa do medio rUral e do mar

Bolsas de formación en investigación mariÑa

Síntese A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca bolsas de formación de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.

Requisitos

• Ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais de Galicia.

• Estar en posesión do título de técnico superior dos ciclos formativos de grao superior dalgunha das especialidades que se relacionan nas bases da convocatoria, obtido con posterioridade ao 31 de decembro de 2011.

• Non ter desfrutado destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias, durante un período dun ano ou superior.

• Ter cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados en Galicia.

Lugar No Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova de Arousa e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.

Prazos de solicitude

As solicitudes presentaranse no prazo dun mes dende a publicación da convocatoria no DOG, que xeralmente ten lugar no último trimestre do ano.

Para máis información:

http://mediorural.xunta.es/

Proceso de selección Unha Comisión de Avaliación valorará os méritos aportados polos candidatos.

Duración e contía As bolsas teñen unha duración de dous anos, e contan cunha dotación económica de 715€ mensuais brutos.

Page 20: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS18

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2 OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S G

ALE

GO

S

conSellerÍa de cUltUra, edUcaciÓn e ordenaciÓn UniVerSitaria

Bolsas de formación en proxectos de investigación do centro ramón piÑeiro

SínteseA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.

Requisitos

• Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Estar en posesión do título de licenciado e ter rematado no curso académico 2005-2006 ou posterior.

• Acreditar un bo coñecemento da lingua galega.

• Non resultar beneficiario en concursos anteriores ou contratos no centro Ramón Piñeiro.

Lugar No centro Ramón Piñeiro (Santiago de Compostela)

Prazos de solicitude Un mes desde o día seguinte a publicación da convocatoria.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.cirp.es/inf2/bolsas.html

Duración e contía A duración é de 2 anos. A contía mensual é de 990€.

Page 21: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 19

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

GA

LEG

OS

conSello da cUltUra galega

Bolsas de colaBoración

Síntese Bolsas de colaboración en proxectos de investigación que está a desenvolver o Consello da Cultura Galega.

Requisitos

• Estar en posesión da titulación académica requirida para o proxecto para o cal presente a solicitude e que non teñan transcorrido máis de 5 anos dende a finalización de ditos estudos.

• Acreditar o coñecemento da lingua galega ou o certificado Celga 4.

• Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Consello da Cultura galega durante un prazo superior a 12 meses.

Lugar Na sede do Consello da Cultura Galega.

Prazos de solicitude No primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

A comisión de avaliación será a encargada de levar a instrución do procedemento. En canto aos criterios de selección, teranse en conta o expediente académico, a experiencia investigadora e o currículo.

Para máis información:

http://consellodacultura.org/

Duración e contía A duración destas bolsas abranguerá un período de 7 meses, cunha asignación mensual de 910€.

Page 22: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS20

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2 OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S G

ALE

GO

S

depUtaciÓn de lUgo

Bolsa para colaBorar no programa formativo de cultura e xornalismo

SínteseA Deputación de Lugo convoca esta bolsa que ten como finalidade impulsar unha mellora no coñecemento e na conservación dos Bens Culturais así como contribuír á promoción e á difusión do patrimonio cultural existente na provincia.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Estar en posesión da titulación académica requirida.

• Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de iniciación e no de perfeccionamento (Celga 4) mediante título oficial.

• Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda no momento da notificación.

• Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

• As demais establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso.

Lugar Deputación de Lugo.

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Expediente académico: ata un máximo de 4 puntos. Currículo Vitae da persoa solicitante, experiencia investigadora: ata un máximo de 4 puntos. Experiencia laboral en materia de Xornalismo e Cultura: ata un máximo de 7 puntos. Entrevista persoal: ata un máximo de 5 puntos.

A Comisión de Valoración Técnica non terá en conta aqueles méritos alegados polas persoas solicitantes que non estean acreditados documentalmente. En caso de empate terase en conta (por esta orde): o expediente académico, o Currículo Vitae, e a experiencia laboral en materia de Cultura e Xornalismo.

Mais información:

www.deputacionlugo.org

Duración e contía A duración da bolsa é de 12 meses e a contía total é de 10.416,64€.

Page 23: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 21

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

GA

LEG

OS

depUtaciÓn de lUgo

Bolsas formativas en materia de xestión cultural e en materia de arQuivos e BiBliotecas

SínteseA Deputación de Lugo convoca estas bolsas que teñen como finalidade impulsar unha mellora no coñecemento e na conservación dos Bens Culturais e contribuír á promoción e á difusión do rico patrimonio cultural existente na provincia.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Estar en posesión da titulación académica requirida.

• Acreditar o coñecemento da lingua galega.

• Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

• As demais establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso.

Lugar Deputación de Lugo.

Prazos de solicitude Último semestre do ano.

Proceso de selección

Valóranse: expediente académico, Currículo Vitae do solicitante, experiencia investigadora, experiencia laboral, entrevista persoal.

Máis información:

www.deputacionlugo.org

Duración e contía A duración das bolsas é de 11 meses e a contía total é de 9.546,24€ cada unha.

Page 24: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS22

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2 OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S G

ALE

GO

S

depUtaciÓn de ponteVedra

Bolsas para licenciados en Historia, con destino no serviZo de patrimonio documental e BiBliográfico

Síntese Bolsas para a realización de tarefas relacionadas coa arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampado e tarxeta postal.

Requisitos

• Estar en posesión do título de licenciado/a en Historia ou graduado/a en Información/Documentación, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

• Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.

• Non ter sido beneficiario/a dunha bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra.

Lugar Deputación de Pontevedra.

Prazos de solicitude Último semestre do ano.

Proceso de selección

Valóranse: Currículo Vitae da persoa solicitante, expediente académico, actividades relacionadas.

Máis información:

www.depontevedra.es

Duración e contía A duración das bolsas é de 12 meses e a contía é de 1.000€ mensuais.

Page 25: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 23

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

GA

LEG

OS

depUtaciÓn de oUrenSe

Bolsas para estancias e prácticas laBorais en empresas europeas

Síntese Convocatoria de Bolsas internacionais para titulados universitarios, no marco do programa europeo Leonardo da Vinci.

Requisitos

• Posuír titulación universitaria dunha universidade española ou estar en condición de obter a titulación na data que remate o prazo de presentación de solicitudes.

• Ter coñecementos de portugués e/ou inglés cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica.

• Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.

• Non ter gozado anteriormente dunha bolsa do Programa Leonardo da Vinci do grupo obxectivo PLM: persoas no mercado laboral.

Lugar Estados membros da Unión Europea, preferentemente Reino Unido e Portugal.

Prazos de solicitude 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP)

Proceso de selección

Valóranse: titulación académica, coñecemento de idiomas, entrevista e lugar de empadroamento.

Para máis información:

http://becasinternacionais.depourense.es

Duración e contía As bolsas teñen unha duración media de 14 semanas e o importe difire en función do país de destino.

Page 26: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS24

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.2 OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S G

ALE

GO

S

oFicinaS de tUriSmo da proVincia de ponteVedra

Bolsas de colaBoración

Síntese Bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Posuír o título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou de Técnico Superior en Información e Comercialización Turísticas, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

• Non ter cumpridos os 31 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos.

• Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga 4.

• Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada de duración igual ou superior a seis meses na Deputación de Ponteavedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público.

Lugar Oficinas de Turismo da provincia de Pontevedra.

Prazos de solicitude 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria.

Proceso de selección

Constará de duas fases: concurso e valoración da documentación presentada e entrevista persoal.

Para máis información:

http://www.depo.es/web/edepo/becas

Duración e contía

As bolsas terán unha duración de tres ou seis meses, contando cunha dotación económica de 800€/mes por beneficiario.

Page 27: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 25

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

OUTROs ORGANIsMOs PúBLICOs 1.3Senado

Bolsas de formación

Síntese O Senado convoca bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria, dirixidas a mozas e mozos titulados que desexen especializarse nestes eidos.

Requisitos

• Posuír a titulación oficial universitaria en biblioteconomía e documentación ou en información e documentación; ou ben un título universitario e acreditar ter cursado estudos en materias arquivísticas, bibliotecarias ou documentais durante polo menos 200 horas lectivas.

• Nacer con posterioridade ao 1 de xaneiro do 1986.

• Non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado excepto os substitutos que houberan accedido á mesma dentro do último trimestre do ano anterior.

Lugar Sede do Senado (Madrid)

Prazos de solicitude Segundo semestre do ano.

Proceso de selección

O proceso de selección será dirixido pola mesa do Senado.

Para máis información: http://www.senado.es/inforpractic/index.html

Duración e contía A duración máxima é de un ano improrrogable. A contía mensual é de 800€ brutos.

Page 28: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS26

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

triBUnal conStitUcional

Bolsas de formación xurídica

Síntese As bolsas teñen por obxecto a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas coa investigación e tratamento xurídico da doutrina constitucional.

Requisitos

• Estar en posesión do titulo de licenciatura en dereito ou un título doutro país que acredite unha formación xurídica equivalente.

• Ter rematado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2008.

• Posuír coñecementos de inglés ou francés correspondentes ao nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.

Lugar Na sede do Tribunal Constitucional.

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.tribunalconstitucional.es/es/convocatorias/Paginas/Convocatorias.aspx?cod=331

Duración e contía

A duración máxima prevista é de 12 meses, con posibilidade de prórroga ata un máximo de 6 meses, si fose conveniente para o programa de formación. A contía mensual prevista é de 1.100€ brutos.

Page 29: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 27

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

triBUnal conStitUcional

Bolsa de formación en BiBlioteconomía e documentación

Síntese A bolsa ten por obxecto a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo e co tratamento bibliográfico das monografías e das publicacións periódicas da biblioteca do Tribunal Constitucional.

Requisitos

• Estar en posesión do titulo de licenciatura ou grado en Biblioteconomía e Documentación ou un título doutro país que acredite unha formación equivalente.

• Ter rematado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2008.

• Valoraranse tamén o expediente académico, a experiencia profesional, a formación específica na materia e coñecementos de informática e francés, inglés e alemán.

Lugar Na sede do Tribunal Constitucional.

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Consta dunha fase de valoración dos méritos dos candidatos e unha segunda fase de entrevista persoal.

Para máis información:

http://www.tribunalconstitucional.es/es/convocatorias/Paginas/Convocatorias.aspx?cod=32

Duración e contía

A duración máxima prevista é de 12 meses, con posibilidade de prórroga ata un máximo de 12 meses, si fose conveniente para o programa de formación. A contía mensual prevista é de 1.100€.

Page 30: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS28

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

miniSterio de indUStria, enerXÍa e tUriSmo

Bolsas “turismo de espaÑa”

Síntese O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo convoca bolsas para realizar prácticas profesionais e de investigación turística nas Oficinas Españolas de Turismo no estranxeiro.

Requisitos

• Ter nacionalidade española.

• Dispor dunha licenciatura universitaria (calquera), ou ben dispor dunha diplomatura en Turismo, Ciencias Económicas e Empresariais, Marketing, Socioloxía e Xestión e Administración Pública. Ditas titulacións deberon superarse con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2008 e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

• Ter unha nota media mínima nas cualificacións finais dos estudos que se aleguen para concorrer á bolsa.

• Non ter obtido con anterioridade ningunha bolsa «Turismo de España», nin ter obtido nos tres anos anteriores ao desta convocatoria dunha bolsa para unha finalidade similar.

• Posuír un elevado coñecemento de inglés (nivel B2) e dominio do idioma do país (nivel C1) no que estea situada a oficina de turismo.

Lugar

Nas Oficinas de Turismo españolas no estranxeiro:

• Europa: Berlín, Bruxelas, Copenhague, Dublín, Düsseldorf, Estocolmo, Frankfurt, Helsinki, A Haia, Lisboa, Londres, Milán, Moscova, Múnic, Oslo, París, Roma, Varsovia, Viena, Zürich.

• Rexión Asia- Pacífico: Singapur, Cantón.

• Norteamérica: Chicago, Los Ángeles, Miami, México, Nova York, Toronto.

• Sudamérica: Bos Aires, San Paulo.

Prazos de solicitude Segundo semestre do ano.

Proceso de selección

A ordenación e instrución do procedemento estará a cargo da Dirección Xeral de TURESPAÑA e convocará aos candidatos a unha entrevista persoal.

Para máis información:

http://www.minetur.gob.es/es-ES/Paginas/index.aspx

Duración e contía

Nas oficinas de Europa occidental e Varsovia a contía anual prevista é de 48.000€, mentres que no resto de rexións é de 62.000€. A duración máxima prevista é de dous anos.

Page 31: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 29

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

miniSterio de edUcaciÓn, cUltUra e deporte

Bolsas de formación e investigación dos sistemas educativos

Síntese

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas destinadas a promover a investigación e a innovación educativa e a ampliar os coñecementos en: observación e deseño de cualificacións profesionais (16); documentación e lexislación educativa (13); investigación, innovación educativa e bilingüismo (9); tecnoloxías da información e comunicación aplicadas á educación (18); na área de documentación, biblioteca, arquivo e estatísticas educativas (10); e en avaliación educativa (6).

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, con perfecto dominio da lingua española e residencia en España no momento da súa incorporación.

• Estar en posesión da titulación requirida para cada tipo de bolsa e obtela con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2004.

Lugar Nas Direccións Xerais competentes.

Prazos de solicitude Segundo semestre do ano.

Proceso de selección

A solicitude deberá cumprimentarse e conformarse mediante o formulario de inscrición, dispoñible por vía telemática a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Así mesmo realizarase unha proba de idioma cando se solicite algunha modalidade de bolsa que implique ou poida implicar coñecemento dun idioma.

Para máis información:

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/formacion/formacion-ministerio/formacion-ministerio-2013.html

Duración e contía

A duración é de 12 meses, podendo ser prorrogada ata un máximo de 24 meses. A dotación íntegra anual máxima de cada bolsa de formación será de 12.324€, e distribuirase en 1.027€ mensuais.

Page 32: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS30

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

aXencia eSpaÑola de cooperaciÓn internacional (aecid)

Bolsas de formación

Síntese

A AECID convoca bolsas, mediante concorrencia competitiva, para a formación de especialistas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

As bolsas consistirán no desenvolvemento de prácticas de formación que terán lugar na sede da AECID (Madrid) e nas súas Unidades de Cooperación no exterior.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española.

• Ser menor de trinta anos de idade.

• Non ser beneficiario desta mesma bolsa en edicións anteriores.

• Estar ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social.

• Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das actividades.

• Estar en posesión de título de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou de grao para os títulos creados a partir do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais.

Lugar Parte das bolsas desenvolverase nas Unidades de Cooperación no exterior da AECID.

Prazos de solicitude No último trimestre do ano.

Procesos de selección

Máis información en:

www.aecid.es

Duración e contía A duración é de 24 meses e a contía é de 1.100€ mensuais.

Page 33: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 31

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

Banco de eSpaÑa

prácticas profesionais

Síntese O Banco de España convoca a contratación en prácticas de titulados universitarios para colaborar nos traballos de análise e investigación que se realizan.

Requisitos

• Ter licenciatura ou grao universitario en Economía, Administración e Dirección de Empresas ou outra carreira similar a xuízo do Banco de España ou, tendo finalizada outra carreira, posuír estudos de postgrao / máster en temas económicos.

• Estar en situación legal para traballar en España.

• Ter rematado a carreira despois de setembro de 2008.

• Excelente expediente académico e elevados coñecementos de inglés.

Lugar Na Dirección Xeral do Servizo de Estudos e Dirección Xeral Adxunta de Asuntos Internacionais do Banco de España.

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.bde.es/bde/es/secciones/convocatorias/Becas/

Duración e contía

A duración do contrato laboral en prácticas será por un período dun ano, prorrogable a dous.

Durante o primeiro ano, o 75% do salario establecido para o nivel 14 do Grupo directivo e, no seu caso, o 100% o segundo ano.

Page 34: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS32

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

inStitUto cerVanteS

Bolsas de formación

Síntese

O Instituto Cervantes convoca bolsas de formación e especialización para formar especialistas na promoción do ensino, o estudo, o uso da lingua e da cultura española e hispanoamericana no exterior, a adquisición de coñecementos prácticos en sistemas de información, de xestión, de difusión e xestión cultural e a ampliación do ensino, o uso e coñecemento do castelán.

As bolsas distribúense entre os seguintes departamento: contabilidade e tesourería (2 bolsas), patrimonio e asuntos xerais (1), oficina orzamentaria (1), informática (sistema e comunicacións) (1), arquivo (1), hispanismo (1), ordenación académica (1), formación de profesores (2), xestión de persoal (1), relacións colectivas (1), selección e inspección (1), documentación e xestión de materiais culturais (1), xestión cultural multidisciplinar (3), aplicacións informáticas e administración (1), protocolo (1), relacións públicas (1), xestión comercial e marketing (2), desenvolvemento de control económico (1), patrocinio (1), edición web (1), contidos web (1), produción audiovisual (1), deseño gráfico (2), edición e tecnoloxías web (1), arquivo e documentación dixital (2), e asesoría xurídica (2) no departamento de convenios e relacións internacionais.

Requisitos

• Posuír a titulación universitaria de segundo ciclo ou grao, expedida por universidades españolas nos cinco cursos académicos anteriores a data de presentación da bolsa.

• Non ter sido bolseiro con anterioridade doutra bolsa das mesmas características no Instituto Cervantes cunha duración superior a un ano.

Lugar Sedes do Instituto Cervantes en Madrid e Alcalá de Henares.

Prazos de solicitude No último trimestre do ano anterior.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.cervantes.es/default.htm

Duracióne contía

A duración máxima é de 12 meses, podendo prorrogarse ata un máximo doutros 12 meses. A contía mensual é de 800€.

Page 35: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 33

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

centro de inVeStigaciÓnS SociolÓXicaS (ciS)

Bolsas de formación

Síntese Formación de posgraduados nos métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada a través da participación nas tarefas de investigación e actividades formativas do CIS.

Requisitos

• Ter nacionalidade española ou ser residente en España.

• Título de graduado ou licenciado ou título estranxeiro homologado, obtido dentro dos 4 anos anteriores á data de publicación da convocatoria.

• Non poderán solicitar a bolsas quen, con anterioridade a esta convocatoria, foran adxudicatarios doutra bolsa de formación para posgraduados no CIS.

Lugar No Centro de Investigacións Sociolóxicas (Madrid)

Prazos de solicitude

O prazo é de quince días naturais dende a publicación da convocatoria no BOE, que está prevista para os meses de setembro-novembro do ano precedente.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.cis.es/opencms/GA/6_formacion/BecasFormacion/

Duración e contía A duración é dun ano, cunha dotación total de 12.190€

Page 36: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS34

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

inStitUto eSpaÑol de comercio eXterior (iceX)

Bolsas de internacionaliZación empresarial

Síntese O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) ofrece unha sólida formación teórica en comercio internacional e unha formación práctica especializada.

Requisitos

• Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1985.

• Ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.

• Estar en posesión dunha titulación universitaria superior de carácter oficial: Licenciatura / Enxeñaría Superior /Arquitectura / Grao.

• Dominio de castelán, nivel avanzado de inglés e coñecementos doutros idiomas.

• Non ter gozado de bolsas de similares características.

Lugar Dependendo do tipo de bolsa os destinos poden ser múltiples: Rede Exterior do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo; empresas españolas con actividade internacional ou institucións internacionais.

Prazos de solicitude Entre maio e xuño de dous anos antes do período de desenvolvemento da bolsa.

Proceso de selección

Para cada convocatoria un tribunal determina os procedementos e probas pertinentes. No marco do proceso debe cursarse un Máster Universitario en Xestión Internacional da Empresa, impartido pola Fundación Centro de Estudios Económicos y Comerciales.

Máis información:

http://www.icex.es/becas

Duración e contía

A remuneración anual oscila entre 21.000€ e 48.000€, segundo o destino, máis gastos de viaxe. A duración virá determinada polo tipo de bolsa.

Page 37: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 35

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

inStitUto nacional de eStatÍStica (ine)

Bolsas para formación de posgrao en estatística

Síntese O Instituto Nacional de Estatística convoca bolsas coa finalidade de fomentar e promover a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de posgraduados.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea e ser residente en España no momento de iniciar o goce da bolsa.

• Estar en posesión dunha titulación universitaria superior de carácter oficial: Licenciatura / Enxeñaría Superior /Arquitectura / Grao obtido durante os últimos tres anos anteriores á data da publicación.

• Non ser beneficiario con anterioridade dunha bolsa concedida polo INE para o mesmo fin.

Lugar A actividade que fundamenta a concesión das subvencións realizarase nos Servizos Centrais do INE en Madrid.

Prazos de solicitude

A convocatoria publícase durante o segundo semestre do ano. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación no BOE.

Proceso de selección

Teranse en conta os coñecementos de idiomas (inglés, francés ou alemán) e de informática, así como a formación ou experiencia profesional en actividades estatísticas.

Para máis información:

http://www.ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=Page&cid=1254735801181&p=1254735801181&pagename=FormacionYEmpleo%2FINELayout

Duración e contía

O período de duración da bolsa é de 6 meses, prorrogables por períodos similares ata un máximo de 24 meses. A remuneración mensual da bolsa ascende a 898,43€.

Page 38: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS36

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

inStitUto nacional de conSUmo

Bolsas de formación

Síntese Convocatoria de bolsas para a formación teórica e práctica de especialistas en materia de investigación e control de calidade dos produtos de consumo para titulados superiores.

Requisitos

• Ter a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, así como os estranxeiros residentes en España.

• Ser menor de 30 anos.

• Estar en posesión dunha titulación universitaria en Ciencias Físicas, Químicas, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñaría industrial e calquera outra ciencia experimental ou ensinanza técnica relacionada coas tecnoloxías dos alimentos e dos produtos ou servizos de uso ou consumo.

• Non ser beneficiario con anterioridade dunha bolsa destas características no Instituto Nacional de Consumo.

Lugar Nas instancias do Instituto Nacional de Consumo.

Prazos de solicitude Segundo semestre do ano.

Proceso de selección

Os interesados dirixirán as súas solicitudes, de acordo co modelo de instancia que se inclúe na convocatoria, ao rexistro do Instituto Nacional de Consumo.

Para máis información:

http://www.consumo-inc.es/

Duración e contía A duración prevista é dun ano, prorrogable outro ano. A contía anual é de 10.610€.

Page 39: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 37

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

inStitUto XeogrÁFico nacional

Bolsas de formación

Síntese Convocatoria de bolsas para formación en eidos da astronomía, a xeodesia e a cartografía.

Requisitos

• Ter a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.

• Estar en posesión do título de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura.

• Ter finalizado os estudos e estar en condicións de obter o correspondente título nos 3 anos inmediatamente anterio-res a data de finalización do prazo de presentación da solicitude.

• Non superar os 35 anos na data de presentación da solicitude.

Lugar Nos centros de formación: sede central do Instituto Xeográfico Nacional, Real Observatorio Astronómico de Madrid e Observatorio de Yebes (Guadalajara)

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Unha Comisión será a encargada de avaliar as solicitudes.

Para máis información:

http://www.ign.es/ign/main/index.do

Duración e contía

A duración é de 12 meses prorrogables por períodos de 12 meses ata un máximo de 36 meses. A contía mensual é de 1.000€.

Page 40: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS38

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

conSello de SegUridade nUclear

Bolsas de formación

SínteseO Consello de Seguridade Nuclear convoca bolsas para a valoración, supervisión e control da seguridade das instalacións nucleares e radioactivas e a protección radiolóxica dos seus traballadores, así como do público en xeral, mediante a prevención da contaminación radioactiva do ambiente.

Requisitos

• Titulación universitaria superior nas especialidades científicas ou técnicas (Licenciatura, Enxeñaria Superior, Arquitectura ou Grao).

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e residente en España no momento de solicitar ou de incorporarse á bolsa.

• Obter o título con posterioridade ao ano 2006.

• Non ter sido bolseiro do Consello de Seguridade Nuclear.

Lugar No Consello de Seguridade Nuclear, con algún posible desprazamento puntual a outros lugares da xeografía española.

Prazos de solicitude Trinta días naturais a partir do seguinte á data de publicación da convocatoria no BOE.

Proceso de selección

Valoraranse os méritos acreditados.

Para máis información:

http://www.csn.es/index.php?option=com_content&view=article&id=11653&Itemid=301&lang=es

Duracióne contía

A duración inicial das bolsas é de doce meses, podendo prorrogarse ata un máximo de dous anos. A contía será de 14.052€ anuais.

Page 41: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 39

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

inStitUto nacional de tÉcnica aeroeSpacial (inta) miniSterio de deFenSa

Bolsas para persoal investigador

Síntese O Ministerio de Defensa convoca bolsas para formar a persoal investigador nas instalacións do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA)

Requisitos• Ter a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro residente en España no momento de

solicitar a bolsa.

• Posuír unha titulación universitaria: licenciatura ou enseñería, con posterioridade ao 30 de xullo do 2009.

Lugar Nas dependencias do INTA de Torrejón de Ardoz (Madrid) ou de Mazagón (Huelva)

Prazos de solicitude No primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

A documentación presentada será a base da avaliación de cada candidato, valorando especialmente a nota media do expediente académico, o currículo e a entrevista persoal.

Para máis información:

http://www.inta.es/BolsaEmpleo.aspx

Duración e contía A duración das bolsas será de dous anos, podendo ser prorrogadas por un ano máis. A contía mensual é de 1.030€

Page 42: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS40

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

aXencia eStatal de meteoroloXÍa

Bolsas de formación

Síntese A Axencia Estatal de Meteoroloxía convoca bolsas para axudas de formación en proxectos relacionados coas actividades do organismo.

Requisitos• Estar en posesión dunha titulación universitaria en ciencias, enxeñería superior ou equivalente, obtido durante os

últimos 9 anos.

• Valorarase o coñecemento de idiomas, especialmente de inglés.

Lugar En diferentes puntos da xeografía española, segundo o proxecto que se vaia desenvolver.

Prazos de solicitude Durante o segundo semestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.aemet.es/es/portada

Duración e contía

As bolsas terán un máximo de 24 meses de duración.

A contía mensual prevista é de 1150€.

Page 43: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 41

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

centro eSpaÑol de metroloXÍa

Bolsas de prácticas

Síntese O Centro Español de Metroloxía convoca bolsas para axudas de especialización en metroloxía e actividades complementarias para mozas e mozos titulados.

Requisitos

• Divisións Científica e de Metroloxía Legal (6): estar en posesión do título de licenciatura universitaria en ciencias físicas, químicas, exactas, bioquímica ou enseñaría.

• Servizo de Calidade (1): estar en posesión do título de licenciatura universitaria en ciencias físicas, químicas, exactas, bioquímica, ambientais ou enseñaría.

• Secretaría Xeral (1): estar en posesión do título de licenciatura en tradución e interpretación en inglés ou francés.

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e residente en España.

• O título universitario debeu obterse en 2006 ou anos posteriores.

• Enxeñaría superior ou equivalente, obtido durante os últimos 9 anos.

• Valorarase o coñecemento de idiomas, especialmente de inglés.

Lugar No Centro Español de Metroloxía (Madrid)

Prazos de solicitude

Durante os vinte días seguintes á publicación da convocatoria no BOE, que xeralmente ten lugar durante o primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Unha Comisión de Selección valorará os méritos aportados polos candidatos: expediente académico, idiomas, informática, etc. Os candidatos que obteñan as mellores puntuacións realizarán unha entrevista persoal.

Para máis información:

http://www.minetur.gob.es/es-ES/servicios/AyudasPublicas/Paginas/METROLOGIA.aspx

Duración e contía

A duración de cada bolsa é de doce meses prorrogables por períodos iguais e ata un máximo de tres anos. A contía total prevista é 18.000€ brutos para os titulados superiores e de 15.000€ brutos os de grao medio.

Page 44: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS42

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

aXencia eStatal Boletin oFicial do eStado

Bolsas de formación de posgraduados

Síntese A Dirección da Axencia Estatal BOE convoca bolsas para a formación teórico-práctica en tarefas relacionadas co estudo, tratamento e difusión da documentación xurídica e dos fondos documentais do Boletín Oficial do Estado.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española ou ben ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, con residencia en territorio español, na data de inicio de bolsa.

• Posuír un título universitario de segundo ciclo ou licenciatura, en calquera das ramas das ciencias sociais e xurídicas ou humanidades, obtido no ano 2008 ou posteriores.

• Formación específica en materias bibliotecarias ou de xestión documental.

Lugar Na Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado (Madrid)

Prazos de solicitude Segundo trimestre do ano.

Proceso de selección

Unha Comisión valorará os requisitos administrativos e os currículos dos candidatos. Se superada a fase anterior houbese máis candidatos que prazas convocadas, realizarase unha entrevista persoal.

Para máis información:

http://www.boe.es/aeboe/organismo/becas_aeboe.php

Duración e contía A duración prevista é de 12 meses, prorrogables por outros 12 meses, cunha asignación mensual de 1.100€ brutos.

Page 45: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 43

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

inStitUto eUropeo do mediterrÁneo

Bolsas de prácticas

SínteseO Instituto Europeo do Mediterráneo (IEMed) ofrece bolsas de prácticas para titulados superiores nos ámbitos de políticas euromediterráneas, mundo árabe e mediterráneo, desenvolvemento socioeconómico, cultura e sociedade civil e comunicación, co fin de levar a cabo tarefas relacionadas cos diferentes campos de actuación do IEMed e promover o seu estudo e coñecemento, así como colaborar no conxunto de actividades do Instituto.

Requisitos

• Ser licenciado superior.

• Ser nacional dun dos 42 países do Mediterráneo.

• Ser menor de 30 anos.

• Dominio de castelán e de inglés e/ou francés.

Lugar Instituto Europeo do Mediterráneo (Barcelona)

Prazos de solicitude No último trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.iemed.org/

Duración e contía A duración máxima é de 12 meses. A contía anual é de 9.600€ brutos.

Page 46: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS44

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

inStitUto de aStroFÍSica de canariaS

Bolsas de prácticas

SínteseO Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) publica anualmente unha convocatoria a nivel mundial de bolsas destinadas a mozas e mozos con titulación universitaria superior recente, preferentemente en Física (e ocasionalmente en Matemáticas ou Enxeñería)

Requisitos

• 8 bolsas están destinadas a estudantes universitarios de titulacións superiores ou de ciclo largo e medio, preferentemente de Física ou Matemáticas con orientación Astrofísica, que no momento da presentación de instancias tiveran superado, a lo menos, 180 créditos da titulación superior que presenten ao baremo, e na que deberán estar matriculados.

• 6 bolsas para a formación de recén licenciados (curso 2011-2012 ou posterior) e estudantes dos últimos cursos universitarios de titulacións superiores de ciclo largo e de grao, preferentemente de Enxeñaría ou Licenciatura en Ciencias Físicas ou afín. A súa finalidade é a de formar a ditos estudantes ou recén licenciados no desenvolvemento tecnolóxico asociado á investigación astrofísica.

• 5 contratos predoutorais para realizar unha tesis doutoral no marco do “Programa Internacional de Becas de Doutorado “la Caixa”-Severo Ochoa - Astrofísicos Residentes del IAC. Está destinada a titulados superiores, preferentemente en Física ou Matemáticas, que estean en condicións de obter a admisión ó programa de doutorado de Astrofísica da Universidade da Laguna antes da súa incorporación ó IAC.

Lugar Illas Canarias.

Prazos de solicitude No primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.iac.es

Duración e contía

Estas bolsas son renovables anualmente ata un máximo de 4 anos. Os dous primeiros anos teñen un carácter de bolsa e os dous últimos un carácter de contrato laboral.

Page 47: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 45

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

mUSeo nacional centro de arte reina SoFÍa

Bolsas de formación

Síntese O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía convoca bolsas de investigación, coordinación-formación e formación en materias e actividades competencia do museo.

Requisitos

• Estar en posesión do título académico correspondente en función da categoría de bolsa: Titulación de posgrao con especialización en historia da arte, licenciatura en xeografía e historia, historia da arte, humanidades, comunicación audiovisual, biblioteconomía e documentación, e licenciatura ou grao en ciencias químicas.

• Non se poderán presentar os beneficiarios de bolsas do Museo nas tres convocatorias anteriores.

Lugar Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid)

Prazos de solicitude Último trimestre do ano precedente.

Proceso de selección

O presentación das solicitudes realizarase nos 15 días naturais seguintes a publicación da convocatoria no BOE.

Para máis información:

http://www.museoreinasofia.es/museo/empleo.html

Duración e contía A duración é de 11 meses. A contía anual prevista varía segundo a bolsa, entre 11.000 e 20.000€.

Page 48: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS46

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

mUSeo nacional do prado

Bolsa de formación e investigación

Síntese

O Museo Nacional do Prado, en colaboración co Meadow Museum de Dallas (EEUU), convoca unha bolsa para titulados na Área de Restauración, na súa especialidade en pintura e no seu gabinete técnico.

A persoa seleccionada realizará unha estadía de dúas semanas durante o desenvolvemento da bolsa como persoal invitado no Meadow Museum en intercambio co candidato seleccionado por eles.

Requisitos

• Posuír o título universitario en ciencias químicas, enxeñaría química ou títulos europeos validados en vigor, en directa relación coa bolsa, con posterioridade a xaneiro de 2008.

• Coñecementos sobre química aplicada ao estudo de bens culturais, sobre técnicas de cromatografía líquida e de gases aplicadas ao análise de materiais orgánicos presentes nos bens culturais, e sobre os materiais e técnicas pictóricas.

• Coñecementos de Informática.

• Alto nivel de inglés falado e escrito.

Lugar No Laboratorio de Análise da Área de Restauración do Museo Nacional do Prado (Madrid)

Prazos de solicitude Último trimestre do ano.

Proceso de selección

Unha Comisión de Estudo e Valoración efectuará a avaliación das solicitudes en dúas fases: valoración de méritos e entrevista presencial.

Para máis información:

http://www.museodelprado.es/empleolicitaciones/becas/beca-de-formacion-e-investigacion-en-el-laboratorio-de-analisis-del-museo-nacional-del-prado-meadows-museum/

Duración e contía A duración é de 12 meses, cunha contía total para cada bolsa de 18.000€.

Page 49: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 47

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

mUSeo nacional do prado

Bolsas de formación e investigación en restauración

Síntese O Museo Nacional do Prado, en colaboración coa Fundación Iberdrola, convoca bolsas para titulados na Área de Restauración, na súa especialidade en pintura e no seu gabinete técnico.

Requisitos• Diplomados ou licenciados en Restauración.

• Ter coñecemento da colección do Museo, conservación preventiva, lexislación do patrimonio histórico, museoloxía e xestión cultural, informática e inglés.

Lugar No Museo Nacional do Prado (Madrid)

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.museodelprado.es/empleolicitaciones/becas/becas-fundacion-iberdrola-museo-nacional-del-prado/

Duración e contía A duración é de 10 meses. A contía total de cada bolsa é de 15.000€.

Page 50: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS48

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

FUndaciÓn Sepi

Bolsas de iniciación na empresa

SínteseA Fundación SEPI (Sociedad Estatal de Participaciones Industriales) desenvolve o “Programa de Bolsas de Iniciación na Empresa” co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no eido empresarial á mocidade sen experiencia profesional que finalizase os estudos conducentes á obtención dun título universitario.

Requisitos

• Ser cidadán dun Estado membro da Unión Europea.

• Nacer con posterioridade ao 30.04.1983.

• Ter titulación universitaria con posterioridade ao 31.12.2010.

• Non ter desempeñado traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, sexa por conta propia ou allea.

• No ser beneficiario dalgún programa de bolsas da Fundación con anterioridade.

Lugar Na Compañía Española de Sistemas Aeronáuticos, no Consorcio de Compensación de Seguros, en INITEC Plantas Industriais S.A.U, en MERCASA e na Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria.

Prazos de solicitude No primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

O proceso de selección consta dunha fase na que se valorarán os méritos académicos e coñecementos de informática e idiomas dos candidatos, e unha fase de entrevista persoal co xurado.

Para máis información:

http://www.fundacionsepi.es/becas/iniciacion-fsepi.asp

Duración e contía

A duración total é de 6 meses, podendo ser prorrogados outros 6 meses. A persoa beneficiaria percibirá unha dotación bruta de 885€/mes e un seguro de accidentes.

Page 51: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 49

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

FUndaciÓn Sepi - deloitte

Bolsas de prácticas

Síntese A Fundación SEPI e Deloitte convocan bolsas para a realización de prácticas de titulados universitarios.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Estar en posesión do título de licenciatura en administración e dirección de empresas, psicoloxía, economía, filoloxía clásica, dereito, ciencias da comunicación, ou de enxeñeiro en informática, telecomunicacións, informática de xestión, informática de sistemas, e camiños, canais e pontes.

• Ter coñecementos de informática de nivel de usuario.

• Nivel medio ou alto de inglés.

Lugar Nun dos centros que Deloitte ten en España.

Prazos de solicitude No segundo semestre do ano.

Proceso de selección

Componse dunha fase de preselección, dunhas probas de selección (probas psicotécnicas, de inglés e unha dinámica de grupo) e dunha entrevista cun xurado.

Para máis información:

http://www.funep.es/becas/deloitte-fsepi.asp

Duración e contía A duración oscila entre 5 e 14 meses. A asignación mensual varía entre 600 e 1000€.

Page 52: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS50

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

FUndaciÓn Sepi – eadS

Bolsas de formación práctica “fin de carreira”

Síntese A Fundación SEPI conta coa colaboración de EADS CASA S.A. para convocar bolsas de formación práctica.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Estar en posesión do título en enxeñería aeronáutica, enxeñaría en organización industrial, enxeñaría industrial e titulacións afíns. Tamén admitiranse os estudantes pendentes de aprobar, no momento de presentar a solicitude da bolsa, un máximo de tres materias máis o proxecto de fin de carreira.

• Ter un elevado nivel de inglés.

• Ser menor de 28 anos.

Lugar Nalgún dos centros EADS; EADS CASA ESPACIO, S.L.; EUROCOPTER ESPAÑA, S.A.; ou AIRBUS OPERATIONS,S.L.

Prazos de solicitude No primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Tratase dun procedemento en liña que é xestionado pola fundación SEPI. Componse dunha fase de preselección e dunha entrevista cun xurado.

Para máis información:

http://www.funep.es/becas/ecfc-fsepi.asp

Duración e contía A duración máxima é de 11 meses, cunha asignación mensual de 1000€.

Page 53: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 51

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

SiStema UniVerSitario galego

programa leonardo da vinci (ldv)prácticas profesionais

Síntese O programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci busca dotar de formación complementaria e técnicas específicas á mocidade para mellorar a súa competitividade e capacitación ante o mercado laboral.

Requisitos

• Dirixido aos titulados/as universitarios que desexen realizar prácticas profesionais en empresas da Unión Europea e que teñan coñecementos de idiomas e informática.

• Non poderán solicitala aqueles titulados que xa participaran no programa Leonardo.

• As Bolsas Faro, incluídas no programa Leonardo, ofrecen aos estudantes universitarios dos últimos cursos a posibilidade de realizar prácticas nunha empresa europea.

Lugar Estados membros da Unión Europea.

Prazos de solicitude

• Santiago: Consello Social da USC

http://www.usc.es/csocial

• A Coruña: Servizos de asesoramento e promoción do estudante

http://www.udc.es/ori/enlaces/programaseuropeos/leonardodavinci/index.html?language=gl

• Vigo: Facultades Universitarias

http://www.uvigo.es/uvigo_gl/administracion/ori/titulados/inter_sea.html

• Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos

http://www.oapee.es/oapee/intro.html

• Bolsas ARGO GLOBAL

http://www.becasargo.net/

• Bolsas FARO GLOBAL

http://www.becasfaro.es

Proceso de selección

O proceso de selección consiste, xeralmente, nunha proba de idioma do país de destino máis entrevista persoal. Pode haber bolsas de adxudicación directa, cando o propio bolseiro encárgase de procurar a empresa.

Duración e contía

Unha bolsa Leonardo consta dunha remuneración mensual en concepto de gastos de manutención, seguro médico e unha compensación económica para gastos de viaxe. As estadías teñen unha duración media de 6 meses.

Page 54: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS52

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

FUndaciÓn UniVerSidade-empreSa de Valencia adeit

Bolsas leonardo adeit

Síntese A Fundación Universidade-Empresa de Valencia ADEIT convoca bolsas para prácticas en empresas europeas, dirixidas a titulados universitarios de toda España.

Requisitos

• Posuír o título universitario dunha universidade española.

• Ter finalizados os estudos nos dous anos anteriores á solicitude da bolsa.

• Non contar con experiencia laboral de nivel universitario superior a un ano unha vez finalizados os seus estudos.

• Non estar matriculado en ningún estudo universitario.

• Non ter participado no programa Leonardo con anterioridade.

• Posuír un nivel de idiomas adecuado (nivel B1) para a realización das prácticas.

Lugar Estados membros da Unión Europea, Islandia e Turquía.

Prazos de solicitude Segundo trimestre do ano.

Proceso de selección

É preciso facer a inscrición electrónica para entrar a formar parte do programa.

Para máis información:

http://www.adeituv.es/becas-de-movilidad-europea/becas-leonardo/informacion-becas/

Duración e contía A duración é de 26 semanas. A contía total varía en función do país destino das prácticas, entre 2.232 e 4.592€.

Page 55: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 53

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

UniVerSidade reY JUan carloS e FUndaciÓn UniVerSidade-empreSa

programa pasarela

Síntese

A Universidade Rey Juan Carlos e a Fundación Universidade-Empresa promoven o programa Pasarela, dirixido a titulados de Formación Profesional de grao superior, co obxectivo de complementar a súa formación cos coñecementos máis demandados polas empresas actualmente.

A bolsa consta dun programa práctico nunha empresa e dun programa formativo de 80 horas na Universidade Rey Juan Carlos, repartidas en módulos presenciais e a distancia.

Requisitos

• Ser cidadán español ou estranxeiro con permiso de residencia.

• Posuír un título de Formación Profesional de grao superior, obtido nos cinco anos anteriores á convocatoria.

• Ser menor de 30 anos no momento da solicitude da bolsa.

• Non ter desempeñado traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, sexa por conta propia ou allea.

• No ser beneficiario con anterioridade do programa de bolsas ou doutros programas análogos.

Lugar Nunha empresa en España.

Prazos de solicitude Convocatoria aberta todo o ano.

Proceso de selección

A selección dos bolseiros e a adxudicación das prazas realizarase polo comité de selección do programa xunto coas empresas, podendo incluír entrevistas persoais.

Para máis información:

http://www.fue.es/pasarela/

Duración e contía A duración total é de 12 meses, e o bolseiro recibe axuda de estudo de 700€ brutos mensuais.

Page 56: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS54

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

FUndaciÓn UniVerSidade-empreSa, UniVerSidade aUtÓnoma de madrid e UniVerSidade aUtÓnoma de Barcelona

programa citius

Síntese

CITIUS é un Programa de Iniciación Profesional na Empresa promovido pola Fundación Universidade-Empresa, a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Autónoma de Barcelona. Consta de dúas partes:

• Plan de Formación Específica na Empresa: prácticas tuteladas e outras actividades formativas nalgunhas das empresas asociadas.

• Plan Académico de Formación: existe unha ampla gama de itinerarios personalizados para que os bolseiros de CITIUS podan completar a súa formación nas direccións que aconsellen o seu labor na empresa receptora, a súa formación previa e o seu desenvolvemento profesional. Os bolseiros que realicen as prácticas fóra da Comunidade de Madrid realizarán este plan a distancia.

Requisitos

• Ser cidadán español ou estranxeiro con permiso de residencia/estudo.

• Ser menor de 30 anos no momento de realizar a solicitude de admisión.

• Posuír un título universitario oficial homologado de graduado, diplomado, licenciado, arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro, ou enxeñeiro técnico que se adecúe ás prazas ofertadas en cada convocatoria, e obtido nos últimos catro anos.

• Non ter desempeñado traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, sexa por conta propia ou allea. Inclúense os contratos laborais en prácticas para a formación, os contratos temporais e os mercantís.

• Non ser beneficiario deste programa de bolsas con anterioridade.

• A condición de bolseiro do programa é incompatible con calquera traballo remunerado, coa percepción do seguro de desemprego e con calquera outra bolsa de calquera tipo, así como calquera actividade profesional ou académica que impida a normal realización das prácticas o da actividade lectiva prevista no Programa.

Lugar En España.

Prazos de solicitude Convocatoria aberta todo o ano.

Proceso de selección

A selección dos bolseiros e a adxudicación das prazas realizarase polo Comité de Dirección do programa xunto cos representantes das empresas participantes. Teranse en conta os méritos académicos, os estudos e actividades complementarias e os coñecementos de idiomas e informática.

Para máis información:

www.cvnet-fue.com

Duración e contía A duración total é dun ano, e o bolseiro percibirá unha dotación bruta mínima de 800€/mes.

Page 57: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 55

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

Francia miniSterio de aSUntoS eXterioreS

voluntariado internacional en empresas

Síntese

Programa do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia para a realización de prácticas profesionais en empresas ou na administración.

O Voluntariado Internacional en Empresa (VIE) é un programa francés de mobilidade internacional en empresas para mozos profesionais de entre 18 e 28 anos, aberto aos candidatos da Unión Europea.

Requisitos

• Estudantes, mozos licenciados ou desempregados.

• Ser cidadán dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.

• Alto nivel de francés.

• Ter unha idade comprendida entre os 18 e 28 anos.

• Carecer de antecedentes penais.

Lugar Empresas francesas ou administración de Francia no estranxeiro.

SolicitudeA solicitude faise mediante inscrición na web:

http://www.civiweb.com

Proceso de selección

A web publica asiduamente as distintas ofertas de prácticas profesionais e o candidato terá que enviar o seu CV e carta de presentación directamente. Será a empresa quen realice a selección final do beneficiario.

Duración e contía

A duración destas bolsas será de entre 6 e 24 meses. O bolseiro percibirá mensualmente unha contía fixa de 660€, mais unha parte variable en función do país.

Page 58: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS56

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3 OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LICO

S

aUStralia

Bolsas endeavour executive

Síntese

As bolsas Endeavour Executive son un programa do Goberno australiano destinado a profesionais e investigadores estranxeiros. Céntrase no desenvolvemento de habilidades e coñecementos por medio dun ambiente de traballo en lugar de mediante a inscrición formal nun programa de estudos. Estas actividades de desenvolvemento profesional poden incluír coaching empresarial, cursos para o desenvolvemento de habilidades de liderado, tutorías, formación peer-to-peer, etc. Sempre nun ambiente de empresa, e non académico.

Requisitos

• Os solicitantes deben ser seleccionados pola súa empresa de orixe ou pola empresa de destino. Será o solicitante o que se encargará de facer a procura da empresa concreta na que levar a cabo o período da bolsa.

• Valorarase ter un bo expediente académico e cinco anos de experiencia profesional.

• Realizar unha proposta explicando o aproveitamento que se acadará durante a bolsa e os beneficios que terá no posterior desenvolvemento profesional.

• As posibilidades de desenvolver vínculos entre a empresa australiana e as empresas do país de orixe do solicitante.

Lugar Empresas australianas.

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Procesos de selección

Máis información:

http://www.innovation.gov.au/InternationalEducation/Endeavour/InformationForAustralianApplicants/Pages/EndeavourExecutiveFellowship.aspx

Duración e contía

As bolsas terán unha duración de entre un e catro meses.

A contía alcanza os 18.500 dólares australianos que se dividen en axudas para o viaxe (4.500 dólares), para o establecemento (4.000 dólares), abonos mensuais de 2.500 dólares y seguros de saúde e de viaxe.

Page 59: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 57

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.3

OU

TR

OS

OR

GA

NIS

MO

S P

ÚB

LIC

OS

XapÓn

programa vulcanus

Síntese O programa consiste na realización de prácticas industriais para estudantes da Unión Europea no Xapón.

Requisitos

• Ser cidadán dun estado membro da Unión Europea.

• Ser estudante dunha titulación de enxeñería ou de ciencias, a partir do cuarto ano, nunha universidade da Unión Europea.

• Posuír un bo coñecemento de inglés.

Lugar En empresas de Xapón.

Prazos de solicitude

A publicación da convocatoria realizase a finais/comezo do ano. As prácticas desenvolveranse de setembro a agosto (12 meses).

Proceso de selección

Realizarase en base ao expediente académico, opinións dos profesores, coñecementos de inglés, a actitude fronte as relacións da Unión Europea co Xapón e a capacidade de adaptación.

Para máis información:

http://www.eu-japan.eu/vulcanus-japan-0

Duración e contía

A duración total é de 12 meses, repartidos do seguinte modo: un seminario dunha semana no Xapón, un curso intensivo de xaponés (4 meses) e prácticas nunha empresa xaponesa (8 meses). A contía anual é de 1.900.000¥ (13.600€ aprox.)

Page 60: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
Page 61: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 59

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

INsTITUCIÓNs E ORGANIsMOs DA UNIÓN EUROPEA 1.4conSello da UniÓn eUropea

Bolsas de prácticas

Síntese O Consello da Unión Europea ofrece prácticas para aqueles mozas e mozos que posúan un título, ou equivalente, dun primeiro ciclo universitario.

Requisitos

• Titulación universitaria.

• Acreditar un bo coñecemento do inglés e/ou francés.

• Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria superior a 8 semanas.

• Non ser maior de trinta anos.

Lugar Bruxelas.

Prazos de solicitude

Hai dous períodos de prácticas: do 1 de febreiro ao 30 de xuño, e do 1 de setembro ao 31 de xaneiro. As candidaturas deben enviarse entre o 3 de xuño e o 2 de setembro do ano anterior.

Proceso de selección

As solicitudes serán examinadas entre setembro e xaneiro e o Consello contactará directamente cos candidatos seleccionados.

Máis información:

http://www.consilium.europa.eu

Duración e contía A duración destas bolsas será de 5 meses, cunha remuneración segundo a dispoñibilidade orzamentaria.

Page 62: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS60

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4 INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

E

parlamento eUropeo

Bolsas de prácticas e visitas de estudos

Síntese

O Parlamento Europeo ofrece varias modalidades de bolsas de prácticas e visitas de estudos no seo da súa Secretaría Xeral co fin de que os titulados poidan familiarizarse co funcionamento da Unión Europea.

Estas prácticas poden ser remuneradas ou non, sendo as máis coñecidas as Bolsas Schuman (opción xeral e opción xornalismo)

Requisitos

• Titulación universitaria.

• Acreditar un documento substancial escrito para a opción xeral ou ben demostrar a experiencia profesional para a opción xornalismo.

• Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias ademais da materna.

• Ser maior de idade no momento do inicio das prácticas.

• Posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea.

• Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria.

Lugar Sedes do Parlamento Europeo: Bruxelas, Estrasburgo ou Luxemburgo.

Prazos de solicitude

• Para as prácticas remuneradas entre o 1 de marzo e o 1 de xullo a solicitude debe enviarse entre o 15 de agosto e o 15 de outubro.

• Para as prácticas remuneradas entre o 1 de outubro e o 1 de febreiro a solicitude debe enviarse entre o 15 de marzo e o 15 de maio.

• Para as prácticas non remuneradas do 1 de xaneiro ao 30 de abril a solicitude debe enviarse entre o 1 de agosto e o 1 de outubro do ano anterior.

• Para as prácticas non remuneradas entre o 1 de maio e o 31 de agosto, a candidatura debe enviarse entre o 1 de decembro do ano anterior e o 1 de febreiro do ano en curso.

• Para as prácticas non remuneradas do 1 de setembro ao 31 de decembro, o prazo abrangue do 1 de abril ao 1 de xuño.

Proceso de selección

Toda a información sobre os distintos tipos de prácticas do Parlamento en:

http://www.europarl.europa.eu/

Duración e contía

A duración das bolsas remuneradas será de 5 meses e a duración das non remuneradas será dun máximo de 4 meses.

Page 63: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 61

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4

INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

EcomiSiÓn eUropea

Bolsas de prácticas

SínteseA Comisión Europea concede cada ano, en dous períodos de cinco meses, máis de 1.000 bolsas de prácticas. As estadías abordan eidos tan variados como economía, xornalismo, tradución, dereito, etc. e os bolseiros farán tarefas moi similares ás realizadas polos funcionarios das institucións comunitarias.

Requisitos

• Titulación universitaria.

• Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias (inglés, francés ou alemán) ademais da materna.

• Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria (remunerado ou non) superior a 6 semanas.

Lugar Direccións Xerais da Comisión: Bruxelas ou Luxemburgo.

Prazos de solicitude

• Para realizar prácticas de marzo a xullo, a solicitude remitirase entre o 1 de xullo e o 1 de setembro do ano anterior.

• Para as prácticas de outubro a febreiro enviaranse as candidaturas durante o mes de xaneiro.

Proceso de selección

Cómpre estar moi atento ás datas de recepción da documentación para os períodos de prácticas, xa que poden variar, e á publicación do Libro Azul, a lista virtual onde se recollen todos os candidatos preseleccionados.

Máis información:

http://ec.europa.eu/stages/

Duración e contía

A duración destas bolsas será dun máximo de 5 meses, cunha contía de 1.071,19€ mensuais para as remuneradas máis gastos de desprazamento.

Page 64: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS62

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4 INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

E

triBUnal de XUStiZa da UniÓn eUropea

Bolsas de prácticas

SínteseO Tribunal de Xustiza da Unión Europea ofrece cada ano un número limitado de prazas para realizar prácticas remuneradas, dunha duración máxima de cinco meses. As prácticas desenvólvense principalmente na Dirección de Investigación e Documentación, no Servizo de Prensa e Información, na Dirección Xeral de Tradución e na Dirección de Interpretación.

RequisitosOs candidatos han de posuír un título universitario en Dereito ou Ciencias Políticas (especialidade Dereito) ou, para as prácticas na Dirección de Interpretación, un título de intérprete de conferencias.

Por razóns do servizo, é tamén desexable posuír un bo coñecemento de francés.

Lugar Bruxelas, Estrasburgo e Luxemburgo.

Prazos de solicitude

Hai dous períodos de prácticas:

• do 1 de marzo ao 31 de xullo (o formulario deberá enviarse como moi tarde o 30 de setembro)

• do 1 de outubro ao 28 de febreiro (o formulario deberá enviarse como moi tarde o 30 de abril)

Procesos de selección

Máis información en:

http://curia.europa.eu/jcms/jcms/Jo2_10338/informations-generales

Duración e contía A duración máxima é de cinco meses.

Page 65: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 63

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4

INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

EtriBUnal de contaS da UniÓn eUropea

Bolsas de prácticas

SínteseO Tribunal de Contas da Unión Europea organiza durante todo o ano cursos prácticos de formación nos ámbitos relacionados coas súas actividades. Porén, debido as restricións orzamentarias, o número de cursos de prácticas é moi limitado.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Posuír unha titulación recoñecida de nivel universitario que permita o acceso á categoría AD comunitaria, ou realizar polo menos catro semestres de estudos universitarios nun ámbito de interese para o Tribunal.

• Desexar adquirir unha formación práctica relacionada con algún dos ámbitos de actividade do Tribunal de Contas.

• Posuír un coñecemento profundo dunha lingua oficial da Unión Europea e un coñecemento satisfactorio de polo menos outra lingua oficial da Unión Europea.

Lugar Luxemburgo.

Prazos de solicitude Durante todo o ano; as solicitudes envíanse vía telemática.

Procesos de selección

Máis información en:

http://www.eca.europa.eu/es/Pages/Traineeships.aspx

Duración e contía A duración das prácticas é de 5 meses, cun importe de 1.120€ mensuais.

Page 66: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS64

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4 INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

E

Banco central eUropeo

Bolsas de prácticas

SínteseO Banco Central Europeo ofrece a posibilidade de realizar prácticas na súa sede a estudantes que teñan como mínimo a licenciatura, e ata o nivel de doutoramento. Teñen preferencia os estudantes pertencentes ás seguintes áreas: económicas, administración de empresas, estatística, dereito, recursos humanos e tradución.

Requisitos

Os solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:

• Ter máis de 18 anos e ter coñecementos avanzados de inglés e doutro idioma oficial da Unión Europea.

• Ser cidadán dun dos países da Unión Europea ou dun dos países candidatos.

• Ser como mínimo licenciado e ter unha experiencia profesional dun máximo de 12 meses, ademais dun máximo de 6 meses de prácticas.

Lugar Frankfurt (Alemaña)

Prazos de solicitude

O prazo para solicitar estas prácticas esta aberto todo o ano, pero periodicamente publícase a listaxe dos postos vacantes. A primeira entrevista é telefónica.

Procesos de selección

Máis información en:

http://www.ecb.int/ecb/jobs/apply/html/index.en.html

Duración e contía

A duración nunha primeira instancia é de entre 3 e 6 meses prorrogable ata 12 meses. O importe está comprendido entre 1.050€ e 1.900€ ao mes, segundo tarefas a desenvolver.

Page 67: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 65

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4

INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

EcomitÉ daS reXiÓnS (cdr)

Bolsas de prácticas

SínteseO Comité das Rexións ofrece dúas veces por ano períodos de prácticas remuneradas de cinco meses a titulados universitarios. Ademais, o CdR ofrece a posibilidade de realizar visitas de estudos, non remuneradas, cunha duración máxima de cinco meses.

Requisitos

• Titulación universitaria.

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou dun Estado candidato oficial para a accesión.

• Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias (Inglés ou francés) ademais da materna.

• Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria superior a 8 semanas.

Lugar Bruxelas.

Prazos de solicitude

• Para as prácticas do 16 de febreiro ao 15 de xullo: candidaturas do 1 de abril ata o 30 de setembro.

• Para as estadías do 16 de setembro ao de 15 febreiro: solicitudes do 1 de outubro ao 31 de marzo.

As visitas de estudos pódense solicitar en calquera época do ano e por iniciativa propia.

Proceso de selección

Máis información:

http://cor.europa.eu/Pages/welcome.html

Duración e contía A duración destas bolsas será de 5 meses, cunha remuneración mensual de 1.000€.

Page 68: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS66

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4 INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

E

comitÉ econÓmico e Social (ceS)

Bolsas de prácticas

SínteseO Comité Económico e Social ofrece dúas veces por ano períodos de prácticas remuneradas de cinco meses a ti-tulados universitarios. Ademais, o CES ofrece a posibilidade de realizar visitas de estudos, non remuneradas, cunha duración máxima de tres meses.

Requisitos

• Titulación universitaria.

• Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias ademais da materna.

• Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria.

• Coñecemento acreditado dalgún dos eidos de traballo do CES.

Lugar Bruxelas.

Prazos de solicitude

• Para as prácticas do 16 de febreiro ao 15 de xullo: candidaturas do 1 xullo ata o 30 de setembro.

• Para as prácticas do 16 de setembro ao 15 de febreiro: candidaturas do 3 de xaneiro ao 31 de marzo.

Proceso de selección

Máis información:

http://www.eesc.europa.eu/organisation/tgj/trainees/index_en.asp

Duración e contía

A duración destas bolsas será dun máximo de 5 meses, cunha remuneración a determinar pola institución máis gastos de desprazamento.

Page 69: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 67

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4

INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

E

aXenciaS eUropeaS

SínteseAs axencias Comunitarias son organismos regulados polo Dereito Público Europeo, distinto das institucións da Unión Europea e con personalidade xurídica propia. Créanse co obxectivo de realizar tarefas moi técnicas ou de índole científica. Tamén dispoñen de períodos de prácticas independentes dos convocados pola Comisión Europea.

Requisitos• Titulación universitaria.

• Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitaria ademais da materna

• Non ter realizado outro período de prácticas nesa Axencia.

Lugar Nas sedes das distintas Axencias Comunitarias.

Prazos de solicitude Varía en función da Axencia.

Procesos de selección

Máis información en:

http://europa.eu/agencies/inyourcountry/index_es.htm

Duracióne contía A duración das prácticas e o importe varía en función da Axencia.

Page 70: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS68

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4 INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

E

Valedor do poBo eUropeo

Síntese O Valedor do Pobo Europeo ofrece prácticas dúas veces ao ano sobre todo para perfís de avogado. Comezan o 1 de xaneiro e o 1 de setembro de cada ano.

RequisitosOs bolseiros da Oficina do Valedor do Pobo Europeo deben dominar o inglés. As solicitudes deberán remitirse xa que logo neste idioma e, por idénticas razóns, a documentación relativa á solicitude de prácticas estará dispoñible só en inglés.

Lugar Estrasburgo (Francia)

Prazos de solicitude

• Para o período de prácticas que comeza o 1 de setembro, as solicitudes deberán remitirse antes do 30 de abril do mesmo ano.

• Para o período de prácticas que comeza o 1 de xaneiro, as solicitudes deberán remitirse antes do 31 de agosto do ano anterior.

Procesos de selección

Máis información en:

http://www.ombudsman.europa.eu/trainee/en/rules.htm

Duración e contía A duración é de catro a doce meses, cunha contía de 1.200€ a 1.400€ mensuais.

Page 71: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 69

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.4

INS

TIT

UC

IÓN

S E

OR

GA

NIS

MO

S D

A U

Ecentro comÚn de inVeStigaciÓn (Jrc) comiSiÓn eUropea

Bolsas de prácticas científicas

SínteseO Centro Común de Investigación, que é unha Dirección Xeral da Comisión Europea, convoca ao longo do ano bolsas de prácticas científicas remuneradas (de temática relacionada coa actividade da institución) para titulados universitarios, estudantes de posgrao ou prácticas incluídas no plan de estudos.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou dun dos países asociados ao Programa.

• Posuír unha titulación universitaria superior.

• Dominio de polo menos dous idiomas da Unión Europea, un debe de ser o francés, o inglés ou o alemán. O nivel do segundo idioma debe de ser como mínimo B2.

Dependendo do perfil concreto, pódense establecer requisitos adicionais aos candidatos.

Lugar Nas diferentes sedes do Centro Común de Investigación.

Prazos de solicitude Vanse convocando os perfís concretos demandados ao longo do ano.

Proceso de selección

No proceso de selección valorarase o expediente académico e o coñecemento de idiomas.

Para máis información:

http://ec.europa.eu/dgs/jrc/index.cfm?id=5860

Duración e contía

A duración oscila entre tres e cinco meses e a contía varia segundo períodos e a distancia entre o domicilio do bolseiro e o centro de traballo.

Page 72: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
Page 73: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 71

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

ORGANISMOS E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 1.5naciÓnS UnidaS

programa de prácticas na sede da onu

Síntese

Os obxectivos do programa de prácticas:

• Prover un marco no que os estudantes de licenciatura e posgrao de diversos campos académicos sexan asignados ás oficinas das Nacións Unidas onde a súa experiencia educativa se reforce con misións prácticas.

• Dar a coñecer o traballo das Nacións Unidas.

• Facilitar ás Nacións Unidas a asistencia de estudantes altamente cualificados e especializados en diversos campos profesionais.

Requisitos• Estudantes de máster.

• Nivel fluído de inglés e/ou francés.

• Bo estado de saúde.

Lugar Sede das Nacións Unidas en New York.

Prazos de solicitude

Hai 3 períodos que coinciden con primavera, verán e outono. O prazo de inscrición remata 4 meses antes do comezo das prácticas.

Proceso de selección

Dossier enviado e necesidades da sede.

http://www.un.org/Depts/OHRM/sds/internsh/index.htm

Duración e contía Non son remuneradas pero pódese solicitar unha bolsa no MAEC.

Page 74: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS72

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

naciÓnS UnidaS – aecid

programa de moZos profesionais

Síntese

O programa de Mozos Profesionais en Prácticas (ou JPO, do inglés “Junior Professional Officers”) ampárase en acor-dos específicos contraídos por España con diversos organismos multilaterais: co Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), co Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) e co programa Mundial de Alimentos (PMA). É un programa dirixido a mozos profesionais con titulación universitaria superior que estean interesados en iniciar unha carreira profesional dentro do sistema das Nacións Unidas.

Requisitos

• Non ter máis de 32 anos na data de peche da convocatoria.

• Ter un título universitario superior, preferentemente nas áreas de economía, ciencias sociais, xestión e, en xeral, nas disciplinas relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento.

• Valoraranse especialmente os títulos, diplomas ou coñecementos adicionais sobre materias relativas á cooperación, así como a experiencia de traballo nestes países.

• Dominio do inglés ou do francés, valorándose tamén o coñecemento doutros idiomas útiles para o exercicio da actividade (ruso, portugués, árabe).

• Compromiso coa realización do traballo, tanto individual coma en equipo. Capacidade para a programación de actividades e claridade na expresión de ideas.

• Adaptación ao medio, tanto física como profesionalmente, e flexibilidade para traballar con persoas de diferentes países, linguas e culturas.

• Bos coñecementos de informática.

LugarOfrécese a oportunidade de adquirir experiencia profesional no deseño, supervisión, execución e avaliación de proxectos de cooperación impulsados e xestionados polas oficinas rexionais ou locais do organismo internacional contratante. Ocasionalmente, as prazas poden estar localizadas nas propias sedes centrais.

Prazos de solicitude

A convocatoria realízase xeralmente no primeiro trimestre do ano.

http://www.jposc.org/content/programme/presentation-es.html

Proceso de selección

Os candidatos son preseleccionados pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). Posteriormente, os servizos de recrutamento do PNUD ou doutro organismo internacional efectúan conxuntamente coa AECID a selección definitiva dos aspirantes, mediante entrevista persoal e en función das características das prazas que se desexa cubrir.

Duracióne contía

Contrato dun ano de duración prorrogable a outro. O salario correspóndese co do persoal profesional ao servizo das Nacións Unidas, pero pode experimentar variacións segundo o custo de vida no país de destino.

Page 75: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 73

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5

OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

UneSco organiZaciÓn daS naciÓnS UnidaS para a edUcaciÓn, a ciencia e a cUltUra

programa de expertos asociados

SínteseA UNESCO ofrece aos mozos profesionais a posibilidade de formarse mediante o programa Experto Asociado, unha interesante oportunidade para ampliar a súa experiencia nun contexto internacional e contribuír nas tarefas da UNESCO nos eidos da educación, da ciencia, da cultura ou da comunicación.

Requisitos

• Ser nacional dun país doante, é dicir que participe no programa (Alemaña, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Grecia, Italia, Xapón, República de Corea, Suecia e Suíza)

• Posuír un diploma universitario en educación, cultura, ciencias sociais e humanas ou comunicación, ou nun eido directamente relacionado coa xestión e a administración dunha organización internacional.

• Excelente nivel de francés e/ou inglés. Un bo coñecemento doutro idioma, así como de árabe, chinés, español ou ruso. Nalgúns casos requírese o dominio dun idioma non oficial da UNESCO ou da lingua do lugar de destino.

• A experiencia profesional constitúe unha vantaxe, pero non é indispensable.

• A idade máxima varía segundo os países, aínda que adoita establecerse nos 32 anos.

Lugar Lugar de desenvolvemento do programa en concreto ou na sede da UNESCO (París)

Prazos de solicitude

Segundo a convocatoria:

www.unesco.org

Proceso de selección

Os candidatos son preseleccionados pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). Posteriormente, os servizos de recrutamento da UNESCO, conxuntamente coa AECID, efectúan a selección definitiva dos aspirantes mediante entrevista persoal e en función das características das prazas que se desexa cubrir.

Duración e contía

Contrato dun ano de duración, prorrogable por outro; o salario corresponde ao do persoal profesional ao servizo das Nacións Unidas, aínda que pode experimentar variacións segundo o custo de vida no país de destino.

Page 76: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS74

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

pnUd programa daS naciÓnS UnidaS para o deSenVolVemento

programa de prácticas

Síntese A súa finalidade é dar aos candidatos unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos sobre os labores do PNUD e completar os estudos relacionados co desenvolvemento.

Requisitos

• Estar matriculado nun segundo ou terceiro ciclo dun campo relacionado co desenvolvemento (economía, administración pública, administración de empresas ou medio ambiente)

• Só se escollerá a aqueles que despois retomen os seus estudos.

• Os candidatos deben ter demostrado interese no campo do desenvolvemento.

• Falar con soltura unha das linguas de traballo do PNUD (inglés, francés ou español) e valoraranse os coñecementos de árabe, portugués, ruso ou idiomas da Europa do Leste.

• Adaptarse a distintos lugares e aos desprazamentos.

• Ter interese por traballar con xente de diferentes linguas, nacionalidades e culturas.

Lugar Sede en New York e outras oficinas.

Prazos de solicitude 3 meses antes do comezo desexado das prácticas.

Proceso de selección

Candidatura espontánea e selección en función das necesidades da sede.

http://www.undp.org/internships/

Duración e contía

A duración varía dependendo das necesidades académicas do estudante, cunha duración mínima de 6 semanas e unha duración máxima de 6 meses. Non ofrecen remuneración pero pódese solicitar unha bolsa no MAEC.

Page 77: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 75

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5

OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

onU Sida (UnaidS)

programa de prácticas

Síntese UNAIDS ofrece prácticas para colaborar nas súas tarefas e afondar nas súas políticas, actividades e metas.

Requisitos Estar cursando estudos superiores que conduzan a unha titulación oficial de grao ou posgrao e equivalentes.

Lugar Sede en Xenebra (Suíza)

Prazos de solicitude No primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Dossier enviado e necesidades da sede.

http://www.unaids.org/en/AboutUNAIDS/Jobs/default.asp

Duración e contía A duración varía entre as 6 semanas e os 3 meses. Non son remuneradas pero pódese solicitar unha bolsa no MAEC.

Page 78: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS76

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

FaoorganiZaciÓn daS naciÓnS UnidaS para a alimentaciÓn e a agricUltUra

programa de prácticas

SínteseA FAO ofrece bolsas de prácticas a profesionais e académicos novos que contribúen ao cumprimento do seu mandato mediante a colaboración nos programas que se levan a cabo.

As bolsas están patrocinadas por unha variedade de institucións e organizacións paraestatais.

Requisitos• A maioría dos bolseiros ten un título universitario de máster.

• Os candidatos deben dominar algún dos idiomas oficiais da FAO (árabe, chinés, español, francés, inglés ou ruso), de acordo ao seu nomeamento.

Lugar Na sede da FAO, en Roma, ou nalgunha das súas numerosas oficinas descentralizadas de todo o mundo.

Prazos de solicitude Non se establece prazo.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fao.org/tc/apo/other-opportunities/sponsored-fellows/es/

Duración e contía

A duración das prácticas é de seis meses ata dous anos, no marco dun programa académico ou dun programa establecido de capacitación, nun ámbito específico do desenvolvemento.

Page 79: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 77

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5

OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

conSello de eUropa

programa de prácticas

Síntese

O Consello de Europa ofrece prácticas non remuneradas.

Poden solicitalas os nacionais dos Estados membros do Consello de Europa, existindo dous períodos de prácticas (marzo-xullo/setembro-decembro) cos seus prazos de inscrición correspondentes. Non se ofrecen prácticas de tradución.

Requisitos

• Ser nacional dun dos estados membros do Consello de Europa.

• Ser titulado universitario.

• Ter un moi bo coñecemento dun dos dous idiomas oficiais (inglés ou francés) do Consello de Europa xunto cunha boa capacidade de redacción. Apréciase un bo coñecemento doutra lingua oficial.

Lugar No Consello de Europa en Estrasburgo (Francia)

Prazos de solicitude

No primeiro trimestre do ano para as prácticas do segundo período, e no derradeiro trimestre do ano anterior para aquelas que se desenvolven de marzo a xullo.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.coe.int/t/jobs/traineeship_en.asp

Duración e contía A duración das prácticas será de entre 4 e 5 meses.

Page 80: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS78

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

organiZaciÓn do tratado do atlÁntico norte (otan)

programa de prácticas

SínteseA OTAN ofrece prácticas remuneradas nas seguintes áreas: política de defensa, xestión executiva, Oficina de Seguridade da OTAN, operacións, asuntos políticos e política de seguridade, diplomacia, Oficina de Recursos da OTAN e en Axencias: IMS (Persoal Militar Internacional), SHAPE, NC3A, NAMA, etc.

Requisitos

• Ter cursados polo menos dous anos de estudos superiores (ou estar recén graduado) dalgunha das seguintes disciplinas: ciencias políticas, relacións internacionais, estudos de seguridade, economía, finanzas, recursos humanos, informática, deseño gráfico e web, biblioteconomía, enxeñarías ou comunicación.

• Idade mínima de 21 anos.

• Ser cidadán dun país pertencente á OTAN.

• Nivel alto de inglés e/ou francés (valoraranse coñecementos de ruso e/ou árabe).

Lugar Na sede da OTAN en Bruxelas e noutras oficinas.

Prazos de solicitude

No primeiro trimestre do ano tanto para as estadías de primavera como para as de outono que se realizarán no ano seguinte.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.nato.int/cps/en/natolive/71157.htm

Duración e contía

A duración é de aproximadamente 6 meses.

A contía da bolsa é de 800€ brutos ó mes.

Page 81: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 79

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5

OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

corte penal internacional

programa de prácticas

SínteseA Corte Penal Internacional ofrece a oportunidade de coñecer o seu funcionamento, obxectivos e desafíos a estudantes de Dereito. A súa misión principal é xuzgar ás persoas acusadas de cometer crimenes de xenocidio, de guerra, de agresión e de lesa humanidade.

Requisitos

• Ser licenciado ou cursar os últimos anos da licenciatura en Dereito no momento da convocatoria. Para posicións que non requiren formación legal poden ser licenciados en historia, relacións internacionais, ciencias políticas, periodismo, tradución e interpretación, psicoloxía, etc.

• Ter un bo expediente académico.

• Ter coñecementos informáticos.

• Ser menor de 35 anos.

• Dominar como mínimo unha das linguas de traballo da institución (francés e inglés). Valóranse coñecementos de castelán, ruso, chinés ou árabe.

Lugar Nos órganos de Presidencia e Cámaras, Oficina do Fiscal e no Rexistro. Sede da Corte Penal Internacional (A Haia, Holanda)

Prazos de solicitude

Os prazos de solicitude varían segundo o órgano participante.

A solicitude cubrirase en liña:

http://www.icc-cpi.int/en_menus/icc/recruitment/internships%20and%20visiting%20professionals/Pages/the%20internships%20and%20visiting%20professionals%20programme.aspx

Proceso de selección A candidatura deberá incluír CV e carta de motivación xunto coa documentación requirida.

Duración e contía

A duración será de 3 a 6 meses. As prácticas non son remuneradas pero, baixo circunstancias excepcionais, podería asignarse unha axuda económica.

Page 82: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS80

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

triBUnal internacional de XUStiZa

programa de prácticas

Síntese

O obxectivo das prácticas é dar aos candidatos unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos e traballar nun ambiente internacional.

O Tribunal Internacional de Xustiza é o principal órgano xudicial das Nacións Unidas. A súa función é resolver, de acordo coa lei internacional, controversias legais presentadas polos Estados.

Requisitos• Ser estudante ou licenciado/a en Dereito.

• Dominar como mínimo unha das linguas de traballo da institución (francés e inglés).

Lugar Sede do Triabunal Internacional de Xustiza (A Haia, Holanda)

Prazos de solicitude Cubrir a solicitude en liña e enviar unha carta de recomendación.

Proceso de selección

Máis información:

http://www.icj-cij.org

Duración e contía

A duración varía de 1 a 3 meses. Non se contempla remuneración e o candidato deberá proverse de seguro médico e gastos de aloxamento e viaxe.

Page 83: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 81

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5

OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

Fondo monetario internacional (Fmi)

programa de prácticas

Síntese O programa de prácticas do Fondo Monetario Internacional ofrece prazas a estudantes prometedores que cursan estudos de macroeconomía, ou campos relacionados, para acadar unha maior comprensión do traballo do FMI.

Requisitos

• Estar próximo a finalizar o terceiro ciclo no ámbito da macroeconomía, do dereito ou relativo.

• Estar cursando estudos universitarios.

• Ser menor de 32 anos.

• Ter un bo nivel de inglés e coñecementos informáticos.

Lugar Sede do FMI en Washington DC (Estados Unidos)

Prazos de solicitude

A solicitude faise en liña entre xaneiro e marzo do ano do período de prácticas desexado, que será realizado entre os meses de maio e outubro.

Proceso de selección

Os mellores candidatos son presentados aos departamentos que escollen segundo as súas necesidades os perfís máis axeitados.

Máis información:

http://www.imf.org/external/np/adm/rec/job/summint.htm

Duración e contía

Durante un período de 10 a 13 semanas os estudantes traballan baixo a supervisión dun experto economista no desenvolvemento dun proxecto de investigación e preparación dun traballo. Neste período os bolseiros reciben un salario similar ao do persoal do FMI.

Page 84: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS82

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

Fondo monetario internacional (Fmi)

programa de asistentes de investigación (rap)

Síntese Este programa está dirixido a licenciados cun excelente expediente académico que queiran obter experiencia laboral antes de continuar estudando ou empezar a traballar.

Requisitos

• Estar licenciado ou ter un máster en Económicas, Informática, Matemáticas, Estatística ou Administración de Empresas.

• Ter un excelente expediente académico.

• Inglés fluído.

• Coñecementos informáticos.

• Dotes comunicativas e habilidades sociais.

Lugar Sede do FMI en Washington D.C. (Estados Unidos)

Prazos de solicitude

A solicitude realízase online durante todo o ano:

http://www.imf.org/external/

Proceso de selección

Candidatura espontánea e selección segundo as necesidades da organización. Os preseleccionados deberán completar a información e realizar unha entrevista.

Duración e contía A duración é de dous anos, mentres que o salario depende do destino e inclúe aloxamento e seguro médico.

Page 85: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 83

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5

OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

Banco mUndial

programa de prácticas

Síntese O obxectivo é dar aos candidatos unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos e obter a experiencia de traballar no ámbito internacional.

Requisitos

• Estar licenciado e matriculado nun programa de máster ou terceiro ciclo.

• Terán preferencia os estudos de: economía, finanzas, desenvolvemento, ciencias sociais, agricultura, medio ambiente, desenvolvemento do sector privado e campos relativos.

• Nivel de inglés fluído e coñecemento doutras linguas como francés, español, ruso, árabe, portugués e chinés.

Lugar Sede do Banco Mundial (Washington D.C., Estados Unidos)

Prazos de solicitude

A solicitude faise en liña segundo o período:

• de xuño a setembro: candidaturas entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro.

• de decembro a marzo: candidaturas entre o 1 de setembro e o 31 de outubro.

Proceso de selección

Os departamentos do Banco Mundial escollen os mellores perfís segundo as súas necesidades.

http://www.worldbank.org

Duración e contía O Banco Mundial paga un salario e outorga unha axuda de viaxe. A estadía mínima é de 4 semanas.

Page 86: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS84

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

Banco mUndial

programa de moZos profesionais

SínteseO programa de Mozos Profesionais está pensado para xuventude altamente cualificada en áreas relevantes para o Banco Mundial: economía, finanzas, educación, saúde pública, ciencias sociais, enxeñería, urbanismo e xestión dos recursos naturais. È un punto de partida para seguir unha carreira neste órgano.

Requisitos

• Ser cidadán dun estado membro do Banco Mundial.

• Ter menos de 32 anos.

• Posuír un máster ou equivalente cando se solicita a praza.

• Acreditar experiencia profesional relacionada co seu título ou estudos de doutorado.

• Dominio do inglés e valorarase o coñecemento doutras linguas adicionais.

• Estar especializado nun campo relevante para o Banco Mundial.

• Compromiso e paixón polo desenvolvemento internacional.

• Ter un bo expediente académico.

• Posuír habilidades sociais para relacionarse nun entorno internacional.

• Capacidade de adaptación.

• Sensibilización coa pobreza.

• Dispoñibilidade para viaxes e traslados.

Lugar Países onde o Banco Mundial desenvolve os seus proxectos e na súa sede en Washington D.C. (Estados Unidos)

Prazos de solicitude

A solicitude online realízase entre o 1 de maio e o 30 de xuño de cada ano:

http://www.bancomundial.org/empleos/yp.htm

Proceso de selección

Candidatura espontánea e selección segundo as necesidades da organización. Os preseleccionados deberán enviar máis información e realizar unha entrevista.

Duración e contía Entre 12 e 18 meses. O salario depende do destino e inclúe aloxamento e seguro médico.

Page 87: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 85

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5

OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

Banco mUndial

programa de profesionais Junior asociados (Jpa)

Síntese

Programa dirixido a mozas e mozos recén licenciados.

Nun posto como JPA úsanse as habilidades de análise, os coñecementos informáticos e a capacidade investigadora para traballar con empregados sénior do Banco Mundial. Obtense así unha primeira experiencia nos desafíos do desenvolvemento e redución da pobreza. Despois poderase aplicar esta experiencia na consultaría, a función pública ou o ensino.

Requisitos

• Estar licenciado, ter un máster ou ser candidato ao doutoramento.

• Non ter máis de 28 anos.

• Ter un bo expediente académico.

• Coñecementos de economía, finanzas, desenvolvemento humano, ciencias sociais, agricultura, medio ambiente, desenvolvemento do sector privado e/ou outros campos relacionados.

Lugar Países onde o Banco Mundial desenvolve os seus proxectos e na sede en Washington D.C. (Estados Unidos)

Prazos de solicitude

A solicitude realízase online durante todo o ano:

http://www.bancomundial.org/empleos/profesionales.htm

Proceso de selección

Candidatura espontánea e selección segundo as necesidades da organización. Os preseleccionados deberán enviar máis información e realizar unha entrevista.

Duración e contía

A duración é de dous anos non renovables. O salario depende do destino, e inclúe aloxamento e seguro médico. Despois de ser JPA, durante 2 anos non se poderá optar a un posto no Banco Mundial.

Page 88: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS86

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

organiZaciÓn para a cooperaciÓn e o deSenVolVemento econÓmicoS (ocde)

programa de moZos profesionais

Síntese Este programa está dirixido a licenciados cun excelente expediente académico que queiran desenvolver a súa carreira profesional no ámbito da cooperación internacional.

Requisitos

• Ter un máximo de 33 anos.

• Ser nacional dun estado membro da OCDE.

• Estar licenciado ou posuír un máster nas áreas de economía, desenvolvemento, finanzas, xestión pública ou sustentabilidade. Os candidatos con máster deben ter unha experiencia profesional mínima de dous anos.

• Acreditar un excelente expediente académico e capacidade de análise.

• Coñecementos das políticas dos estados, das institucións e dos procesos políticos e de reforma.

• Capacidade de traballo en solitario, así como en equipo.

• Dominio dunha das dúas linguas oficiais da OCDE, inglés ou francés.

• Coñecementos informáticos.

• Boa comunicación e habilidades sociais.

Lugar Sede da OCDE en París (Francia)

Prazos de solicitude

A solicitude realízase online durante todo o ano.

Para máis información:

http://www.oecd.org

Proceso de selección

Convocatoria no último trimestre do ano. Ademais da valoración de méritos, os candidatos seleccionados terán que realizar un test online e unha entrevista persoal.

Duración e contía A duración é de dous anos. O salario depende do destino.

Page 89: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 87

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5

OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

organiZaciÓn internacional do traBallo (oit)

programa de prácticas

SínteseAs prácticas na OIT ofrecen unha oportunidade aos estudantes que queren incrementar os seus coñecementos sobre as cuestións relevantes a nivel internacional, involucrándoos directamente no traballo da OIT e na aplicación dos seus principios.

Requisitos

• Máster, licenciatura ou alumnos de último ano.

• Estudos en disciplinas relevantes para a OIT: Ciencias Políticas e Sociais, Dereito Internacional, Relacións Laborais e Ciencias Económicas.

• Bo nivel dunha das linguas de traballo da OIT: español, inglés ou francés.

• Adaptabilidade a un eido internacional, multicultural e plurilingüe.

• Habilidades comunicativas.

• Iniciativa e capacidade para traballar individualmente e en equipo.

Lugar Sede da OIT en Xenebra e outras oficinas.

Prazos de solicitude A solicitude faise en liña con certa antelación ao período de prácticas desexado.

Proceso de selección

Presentación do formulario de solicitude e dunha carta de presentación na páxina web da OIT:

http://www.ilo.org/public/spanish/bureau/pers/vacancy/intern.htm

Duración e contía

A duración é entre 3 e 6 meses. No caso de non percibir ningunha remuneración, a OIT ofrece un subsidio suplementario que cubre os custos básicos de subsistencia.

Page 90: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS88

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

organiZaciÓn mUndial do comercio (omc)

programa de prácticas

Síntese

A Secretaría da OMC mantén un programa limitado de prácticas para estudantes universitarios de posgrao que desexen adquirir experiencia práctica e ampliar o seu coñecemento do sistema multilateral de comercio. As tarefas asignadas aos pasantes teñen por obxecto mellorar o seu coñecemento e comprensión da OMC e, en xeral, da política comercial. Porén, as necesidades da División que contrate ao pasante serán fundamentais para determinar o contido preciso das súas tarefas.

Requisitos

• Ser nacional dun estado membro da OMC ou de países e territorios aduaneiros cuxas negociacións de adhesión estean en curso.

• Ter rematado os seus estudos universitarios nunha disciplina pertinente como Economía, Dereito, Ciencias Políticas ou Relacións Internacionais.

• Ter cursado como mínimo un ano dos seus estudos de posgrao.

• Ter entre 21 e 30 anos.

Lugar Sede da OMC en Xenebra (Suíza)

Prazos de solicitude

O programa incorpora continuamente novos pasantes e non ten un período específico de contratación. Non hai datas límite para a presentación de solicitudes.

Proceso de selección

Confeccionarase unha lista de candidatos da que se seleccionarán os pasantes. Ademais do programa regular de prácticas, pode xurdir a necesidade de contratar pasantes por un prazo breve para determinadas tarefas. Estas persoas tamén se escollerán entre a lista, que soamente se manterá por un ano.

Para máis información:

http://www.wto.org/indexsp.htm

Duración e contía

Os pasantes remunerados recibirán un subsidio de 60 francos suízos diarios (48€). A OMC poderá empregar pasantes non remunerados financiados mediante fondos externos. As prácticas teñen unha duración máxima de 24 semanas, dependendo do proxecto para o cal foi solicitado o pasante e das necesidades de cada División.

Page 91: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 89

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5

OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

centro de comercio internacional (itc)

programa de prácticas

Síntese

O ITC quere fomentar un mellor coñecemento das materias relacionadas coa promoción do comercio a nivel internacional.

O organismo ofrécelle ás súas divisións a colaboración de selectos estudantes especializados en campos relevantes como a economía, a promoción do comercio, o desenvolvemento de produtos e mercados, os sistemas de información comercial ou o dereito comercial internacional.

Requisitos

• Estar cursando unha licenciatura ou máster no momento da convocatoria e continuar cos seus estudos ao tempo que realizan as prácticas.

• Facer polo menos 4 cursos nunha universidade ou centro análogo.

• Coñecementos de inglés e/ou francés.

Lugar Sede do ITC en Xenebra (Suíza)

Prazos de solicitude O prazo está aberto durante todo o ano.

Proceso de selección

Envíase o CV e un certificado de matrícula no centro universitario e a solicitude entra nunha bolsa, onde permanece activa durante 6 meses. Unha vez pasado ese prazo pódese renovar a candidatura.

Para máis información:

http://www.intracen.org/itc/about/working-with-itc/procurement/

Duración e contía Teñen unha duración de 2 a 8 meses e non ofrecen remuneración, aínda que se pode solicitar unha bolsa no MAEC.

Page 92: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS90

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.5 OR

GA

NIS

MO

S E

OR

GA

NIZ

AC

IÓN

S

IN

TE

RN

AC

ION

AIS

delegaciÓnS da UniÓn eUropea

programa de moZos profesionais

SínteseO programa de Mozos Profesionais en Delegacións da Unión Europea ampárase nun acordo asinado coa Unión Europea, polo que se establece a posibilidade de que as delegacións da Unión Europea acollan a mozos postgraduados para formarse e adquirir experiencia profesional.

Requisitos

• Ter un título universitario superior, preferentemente nas áreas de Ciencias Económicas, Enxeñarías superiores (Agronomía ou Enxeñería Civil), Arquitectura e Ciencias Políticas e da Administración.

• Experiencia profesional mínima de 1 ano e cun máximo de 4.

• Dominio do inglés ou do francés, valorándose tamén o coñecemento doutros idiomas útiles para o exercicio da actividade (ruso, portugués, árabe, etc.)

• Capacidade para a programación de tarefas e aptitude para o traballo en equipo e para desenvolverse en contextos multiculturais.

Lugar Ofrécese a oportunidade de adquirir experiencia profesional no deseño, supervisión, execución e avaliación de proxectos que a Unión Europea leva a cabo noutros estados.

Prazos de solicitude

As solicitudes deberán presentarse en liña mediante un formulario estandar. Deberán enviarse exclusivamente aos puntos de contacto dos Estados membros.

Proceso de selección

Para máis información:

http://eeas.europa.eu/delegations/jpd/index_es.htm

Duración e contía

A duración das prácticas será de 9 meses, renovable, no seu caso por outros 9 meses. A contía básica mensual será de 1.300€ e unha contía de 1.000€ para aloxamento.

Page 93: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 91

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

ORGANIsMOs PRIVADOs 1.6FUndaciÓn noVacaiXagalicia

Bolsas de iniciación profesional

SínteseA Fundación Novacaixagalicia convoca estas bolsas para promover o desenvolvemento persoal e o acceso á vida profesional dos bolseiros, mediante a execución e desenvolvemento de proxectos innovadores e/ou que promovan a conservación do medio ambiente.

Requisitos• Ter entre 20 e 29 anos.

• Ser demandante de emprego.

Lugar En entidades ou organizacións radicadas en Galicia que subscriban un convenio con Novacaixagalicia.

Prazos de solicitude Non se establece prazo.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.obrasocialncg.com/es/busqueda

Duración e contía A contía ascende a 600 euros mensuais.

Page 94: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS92

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.6 O

RG

AN

ISM

OS

PR

IVAD

OS

Banco Santander UniVerSidadeS

Bolsas de prácticas en empresa crue - cepYme

Síntese Estas bolsas outórganse para a realización de prácticas profesionais con autónomos, en microempresas e en pequenas e medianas empresas (PEME)

Requisitos

• Estar matriculado ou cursando estudos, en virtude de programas de mobilidade académica ou de convenios, nunha Universidade española ou centro adscrito ás mesmas participante no Programa.

• Estudantes de grao e máster (oficiais e propios)

• Ter superado créditos suficientes do correspondente título universitario para, segundo criterio da propia Universidade ou centro adscrito á mesma, poder acceder á realización de prácticas externas.

• Non manter relación contractual de tipo laboral, de prestación de servizos ou asimilable coa empresa, institución ou entidade algunha.

• Non ter resultado beneficiario de bolsa ou axuda económica ao amparo de anteriores convocatorias do Programa.

• Inscrición a través de www.becas-santander.com

Lugar En España en microempresas, en pequenas e medianas empresas (PEME), ou con autónomos.

Prazos de solicitude Derradeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

www.becas-santander.com

Duración e contía

As bolsas terán unha duración mínima de tres meses, ampliable a seis. A súa contía será de 600 euros/mes en prácticas de xornada completa e de 300 euros/mes en prácticas de media xornada.

Page 95: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 93

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.6

OR

GA

NIS

MO

S P

RIV

AD

OS

FUndaciÓn la caiXa – aXencia eFe

Bolsas de prácticas de xornalismo

SínteseA Fundación Caixa de Aforros e Pensións de Barcelona e a Fundación EFE convocan bolsas destinadas a alumnos de último curso de grao ou licenciatura en Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual para realizar prácticas formativas na Axencia EFE.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española.

• Estar matriculado no último curso de grao ou licenciatura en Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual cun mínimo de 30 créditos por cursar.

• Ter un bo expediente académico.

• Dominar o castelán e a lingua propia da comunidade autónoma.

• Bo nivel de inglés e, no seu caso, do idioma necesario para realizar as prácticas nas delegacións internacionais da Axencia EFE.

LugarNas delegacións da Axencia EFE en España (Alicante, Barcelona, Bilbao, Málaga, Murcia, Pamplona, Santiago de Compostela, Sevilla, Tenerife, Valencia e Valladolid) e nas delegacións internacionais (Europa, países iberoamericanos, América do Norte, África e Asia)

Prazos de solicitude Un mes a partir da publicación da convocatoria, que adoita ter lugar a mediados de ano.

Proceso de selección

O proceso de selección consta dunha proba escrita e unha entrevista persoal co comité de selección.

Para máis información:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/periodismo_es.html

Duración e contía

A duración total é de 18 meses, desenvolvéndose nove meses nas delegacións da Axencia EFE en España, e o segundo período de nove meses nas delegacións internacionais da Axencia.

A bolsa comprende unha axuda de estudos (650€/mes os primeiros nove meses e 1.300 €/mes durante as prácticas internacionais), unha axuda para o desprazamento (500€ para os destinos europeos e 1.000 € para o resto), a matrícula no Máster de Periodismo Internacional da UNED e a Axencia EFE, e un seguro multiasistencia de viaxe.

Page 96: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS94

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.6 O

RG

AN

ISM

OS

PR

IVAD

OS

FUndaciÓn caiXa de arQUitectoS

Bolsas arQuia

Síntese As bolsas pretenden dar aos estudantes de arquitectura e recén licenciados a posibilidade de realizar prácticas profesionais en estudos europeos de arquitectura.

Requisitos

Para estudantes:

• Ter superado, nalgunha escola española de arquitectura, como mínimo, o 60% dos créditos necesarios para obter o título de arquitecto.

• Estar matriculado nalgunha escola española de arquitectura no momento da convocatoria.

Para arquitectos:

• Obter o título de arquitecto nalgunha escola española de arquitectura despois do 30 de abril do ano da convocatoria.

• Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que anteriormente gozaran dunha bolsa da Fundación Caixa de Arquitectos.

Lugar Estudos de arquitectura de España e da Unión Europea de recoñecido prestixio.

Prazos de solicitude

No primeiro cuadrimestre do ano seguinte ao da convocatoria.

Para máis información:www.arquia.es/becas

Proceso de selección

Existen dúas modalidades de selección, cada unha con 10 prazas: mediante expediente académico e mediante concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas simultaneamente. Para asegurar unha axeitada distribución xeográfica das bolsas, ponderarase proporcionalmente o número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade.

Expediente académico:

Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas da carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (a tal efecto consideraranse todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). As notas medias serán calculadas polo solicitante segundo se especifica nas bases da convocatoria. A solicitude realizarase a través da súa web e non se admitirán documentos nin outro material distinto ao da inscrición.

Concurso:

Os estudantes serán seleccionados en virtude do material enviado a concurso sobre o tema proposto.

Duración e contía

Durante o período de prácticas, a Fundación Caixa de Arquitectos subvencionará ao bolseiro cunha dotación económica entre 7.000€ e 9.000€, segundo o destino, ademais do custe da viaxe. Así mesmo, a Fundación proporcionará ao bolseiro cobertura nos termos da póliza de asistencia en viaxe.

Page 97: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 95

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.6

OR

GA

NIS

MO

S P

RIV

AD

OS

eScola de alta direcciÓn e adminiStraciÓn (eada)

Bolsa peQuena e mediana empresa para o programa social media sKills da eada

Síntese Bolsa que impulsa a formación executiva de profesionais que desenvolven a súa actividade en pemes, co obxectivo de contribuír ao seu desenvolvemento e crecemento.

Requisitos

• Dirixida a empresas cun equipo inferior a 15 empregados.

• Documentos a achegar:

1. Unha carta explicando a traxectoria da empresa nos últimos anos e cómo a formación pode axudar a conseguir os obxectivos estratéxicos.

2. Acreditación da relación profesional da persoa solicitante coa empresa.

Lugar En pemes españolas.

Prazos de solicitude Ata 15 días antes do inicio do programa ao que se aplica.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.eada.edu/es/conoce-eada/becas/pequena-y-mediana-empresa

Duración e contía A bolsa cobre o 15% do importe do programa.

Page 98: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS96

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.6 O

RG

AN

ISM

OS

PR

IVAD

OS

FUndaciÓn empreSa UniVerSidade de ZaragoZa

Bolsas de prácticas

SínteseEstas bolsas ofrecen aos estudantes universitarios e recén titulados (Universitarios, Ciclos Formativos de Grao Superior Ciclos Formativos de Grao Medio) a posibilidade de realizar prácticas formativas remuneradas en empresas españolas, facilitando así a súa incorporación ao mercado de traballo.

Requisitos

• Ser estudante universitario con máis da metade da carreira superada ou ser Titulado Universitario, Técnico Superior (Ciclos Formativos de Grao Superior) ou Técnico (Ciclos Formativos de Grao Medio), cunha antigüidade máxima de 18 meses.

• Non estar realizando ningún traballo remunerado, non estar percibindo o seguro de desemprego, non estar desfrutando de ningunha bolsa de calquera tipo e non realizar ningunha actividade profesional ou académica que impida a normal realización das prácticas formativas.

• Non ter desenvolvido ningún traballo profesional relacionado coa súa titulación despois de ter finalizado os seus estudos.

• Non ter realizado previamente unha práctica formativa a través de FEUZ, aínda que a duración da mesma fose por un período de tempo inferior ao máximo permitido de 10 meses.

Lugar En empresas nacionais.

Prazos de solicitude Sen prazo establecido.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.feuz.es/pagEstatica.aspx?id=5

Duración e contía

As bolsas terán unha duración de entre 3 e 10 meses (improrrogable)

As prácticas son remuneradas, estando obrigada a Empresa a financialas cunha contía mínima de 450 euros/mes ata un máximo de 900 euros/mes (en ambos os dous casos está incluída a achega da empresa á Seguridade Social).

Page 99: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 97

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

1.6

OR

GA

NIS

MO

S P

RIV

AD

OS

iaeSte (tHe international aSSociation For tHe eXcHange oF StUdentS For tecHnical eXperience)

prácticas para estudantes

Síntese

O programa IAESTE (The International Association for the Exchange of Students for Technical Experience) ofrece e tramita prácticas de carácter internacional a estudantes de especialidades técnicas ou a empresas nacionais que accedan a acoller futuros profesionais estranxeiros.

A característica principal do programa de intercambio profesional IAESTE é a enorme versatilidade das ofertas coas que traballa. Os parámetros que definen a oferta son flexibles e decídeos o empresario en función das súas necesidades. Así mesmo, os estudantes acceden a un amplo abano de propostas profesionais acordes ás súas motivacións, currículo e axenda académica. Conta con delegacións en Madrid, Cataluña, Andalucía, Valencia, Euskadi, Zaragoza e outros centros non adscritos a delegación.

Requisitos

• Ser estudante dalgunha carreira técnica ou experimental e estar matriculado en facultades onde teñan o programa IAESTE.

• As restricións académicas (créditos superados, idiomas, coñecementos específicos, etc.) varían en función de cada oferta e das necesidades da empresa ou institución ofertante.

Lugar O IAESTE está presente en 80 países onde poder realizar as prácticas.

Prazos de solicitude

IAESTE-España ten como data límite para a recepción de ofertas de prácticas en entidades españolas ata o mes de decembro.

Proceso de selección

A actividade de IAESTE comeza no mes de outubro, cando se envía a todos os centros universitarios a información que deben ofrecer aos estudantes para que estes visiten ás empresas e entidades e soliciten as prácticas.Para organizar as visitas ás entidades, cada estudante español intégrase nun grupo de traballo dentro do seu centro, onde se lle aconsella e dota de materiais –cartas de presentación, documentos de apoio, tarxetas de visita, etc. O estudante presenta o programa á entidade; si esta amosa interese, IAESTE ofrécelle finalmente una Oferta de Colaboración Universidad-Empresa para un estudante estranxeiro, sempre en termos que as entidades atopen atractivos.

Máis información en:

http://www.iaeste.es/index.php

Duración e contía

As prácticas realizaranse usualmente entre xullo e setembro, pero tamén noutros períodos e distinta duración.

As prácticas son remuneradas, asegurándose uns ingresos mínimos que permitan ao estudante facer fronte ao custo de vida do país de destino. O aloxamento e a recepción corren a cargo da Asociación.

Page 100: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
Page 101: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

DE ESTUDOBOLSAS

2

Page 102: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

Page 103: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 101

BOLsAs DE EsTUDO 2.miniSterio de aSUntoS eXterioreS e de cooperaciÓn –

aXencia eSpaÑola de cooperaciÓn internacional e deSenVolVemento

Bolsas

Síntese

O MAEC e a AECID convocan anualmente un programa xeral de bolsas destinadas a cidadáns estranxeiros e españois para formarse en universidades e centros de investigación foráneos.

Tipos de bolsas:

• Bolsas para prácticas de deseño gráfico e campañas de comunicación de estratexias e programas culturais.

• Bolsas para a cooperación cultural en España e noutros países dirixidos a españois e estranxeiros.

Requisitos

• Ter nacionalidade española, ou doutro estado da Unión Europea con residencia en España.

• Non ter sido beneficiario de ningún programa da convocatoria de bolsas MAEC-AECID, de seis ou máis meses, nin da Fundación Carolina nos últimos tres anos.

• Posuír o pasaporte nacional con validez mínima de seis meses.

• Posuír a titulación necesaria que se requira legalmente para cursar os estudos escollidos no momento de solicitar a bolsa.

• Presentar a carta de admisión do centro de destino solicitado.

• Non superar os 30 anos de idade no caso das bolsas de cooperación e xestión cultural nin 35 anos no das de deseño gráfico.

• Para os cidadáns de países cuxa lingua oficial non sexa o español, poder acreditar coñecemento do castelán. Para os españois será necesario demostrar o coñecemento da lingua estranxeira correspondente.

Lugar Será en España para os estranxeiros, e calquera outro destino no mundo para os españois, sempre que se cumpran os requisitos da convocatoria (BOE).

Prazos de solicitude

Os prazos de solicitude varían segundo a convocatoria.

http://www.becasmae.es/

Proceso de selección

A valoración das solicitudes, que poderá incluír entrevista persoal co solicitante, tomará en consideración os seguintes

criterios:

• Currículo académico- profesional do solicitante.

• Relación da motivación exposta coas prioridades xeográficas e sectoriais da cooperación española (bolsas para a cooperación cultural).

• Coñecemento de idiomas relevantes na área á que pertenza o destino solicitado (bolsas para a cooperación cultural).

• Avais do solicitante por parte de dúas personalidades académicas ou institucionais.

Duración e contía A duración é dun ano, prorrogable por outro ano máis. A contía depende da bolsa elixida.

Page 104: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS102

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn FUlBrigHt

programa fulBrigHt-scHuman para ciudadáns da unión europea

Síntese O programa de bolsas Fulbright ten como obxectivo que os bolseiros poidan estudar, investigar ou dar clases nunha universidade de Estados Unidos, ou recibir formación profesional nun centro especializado.

Requisitos• Ser residente nun país da Unión Europea.

• Un mínimo de tres meses de experiencia previa en 2 países da Unión Europea.

• Outros requisitos, segundo a modalidade da bolsa.

Lugar En universidades ou centros especializados de Estados Unidos.

Prazos de solicitude Derradeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fulbright.es/

Duración e contía

A duración da bolsa abrangue un período de 3 a 10 meses comprendidos dentro dun curso académico.

A dotación comprende a manutención mensual, o viaxe de ida e volta e o seguro médico e de accidentes.

Page 105: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 103

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn FUlBrigHt

realiZación de masters - ministerio de educación, cultura e deporte

Síntese Bolsas para a realización de estudos de Máster en Artes, Humanidades e Ciencias Sociais en EE.UU.

Requisitos

• Nacionalidade española, de calquera outro país da Unión Europea, ou do Espazo Económico Europeo con residencia en España.

• Licenciatura ou estudos de grao con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010.

• Nota media do expediente académico igual ou superior a 7 puntos, na escala 0-10.

• Non ter gozado bolsas para a realización de estudos de Máster no estranxeiro por un período superior a 12 meses.

• Non ter obtido ningunha titulación superior en EEUU nin estar a realizar estudos de postgrao ou proxectos de investigación predoutoral en EEUU.

• Non ter finalizado ningún doutorado.

• Non ter gozado unha bolsa Fulbright de ampliación de estudos de postgrao.

• Excelente coñecemento do idioma inglés.

Lugar En universidades de Estados Unidos.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fulbright.es/

Duración e contía

A duración das bolsas é de 12 meses, prorrogable por outro período máximo tamén de 12 meses.

Terán unha dotación mensual de 1.500 € como máximo, unha cantidade en concepto de matrícula ou taxas académicas que en ningún caso superará os 10.000 €, 1.250 € para gastos de viaxe de ida e volta e seguro de enfermidade e accidentes.

Page 106: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS104

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn FUlBrigHt

ampliación de estudos

Síntese Estas bolsas Fulbright están destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Master, Ph.D. ou, excepcionalmente, en proxectos de investigación predoutoral.

Requisitos

• Nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea.

• Título superior obtido entre xaneiro de 2008 e xuño de 2014.

• Excelente coñecemento do idioma inglés -falado e escrito-, demostrable mediante o Test of English as a Foreign Language (TOEFL) ou o International English Language Testing System (IELTS), Academic Version.

• Dependendo do tipo de estudo que se queira realizar, pode ser necesaria experiencia profesional e/ou a presentación dos resultados do Graduate Management Admission Test (GMAT)

Lugar En universidades de Estados Unidos.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fulbright.es/

Duración e contía

Terán unha duración de 10 a 12 meses, renovable por un segundo período de máximo 12 meses.

A contía total das bolsas comprende diversos conceptos: a viaxe, compra de libros e materiais, manutención, matrícula, seguro médico e de accidentes.

Page 107: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 105

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn ramÓn areceS

Bolsas para estudos de posgrao no estranxeiro

Síntese A Fundación Ramón Areces concederá bolsas para a ampliación de estudos en universidades e centros de investigación no estranxeiro no eido das ciencias sociais, sobre temas de economía.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española.

• Estar en posesión dun título superior, ou ben ser estudantes de último curso.

• Admisión nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro.

• Coñecemento excelente do idioma do país de destino.

Lugar Universidade ou centro situado no estranxeiro.

Prazos de solicitude No primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Valoración de méritos. Para máis información:

http://www.fundacionareces.es/fundacionareces/portal.do?IDM=20&NM=1

Duracióne contía

A duración prevista é de 12 meses, podendo prorrogarse outros 12 meses. A contía mensual prevista é de 1.650€, máis os gastos de inscrición e matrícula así como gastos de viaxe anual de ida e volta.

Page 108: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS106

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn aleXander Von HUmBoldt

Bolsas de investigación

SínteseA Fundación Alexander von Humboldt concede bolsas de investigación a mozos investigadores altamente cualificados que finalizasen os seus estudos de doutoramento para o desenvolvemento dun proxecto de investigación concreto nunha universidade ou outro centro de investigación de Alemaña.

Requisitos• Ter finalizado os estudos de doutoramento nos últimos 4 anos.

• Ter coñecementos de alemán ou inglés.

Lugar Nunha universidade ou outro centro de investigación de Alemaña.

Prazos de solicitude A convocatoria está aberta todo o ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.humboldt-foundation.de/web/home.html

Duración e contía A duración varía entre 6 meses e 2 anos.

Page 109: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 107

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn “la caiXa”

Bolsas para estudos de doutoramento

Síntese A Fundación “La Caixa” convoca bolsas de mobilidade para cursar estudios de posgrao e doutoramento en universidades españolas e estranxeiras.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española.

• Cumprir os requisitos de acceso a un programa oficial de doutoramento ou estar en condicións de facelo en setembro de 2014.

• Ter un bo coñecemento da lingua inglesa, que se acreditará mediante un certificado oficial.

Lugar En toda España, Europa, América do Norte e zona Asia-Pacífico.

Prazos de solicitude No primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Aplicación da solicitude en liña e realización dunha entrevista persoal presencial.

Para máis información:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html

Duración e contía Duración inicial de un ano prorrogable por períodos iguais ata un máximo de catro anos.

Page 110: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS108

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn mapFre

Bolsas de posgrao en seguros, prevención, saÚde e medio amBiente

Síntese A Fundación MAPFRE organiza estas bolsas co obxectivo de fomentar a formación e investigación científica de titulados universitarios.

RequisitosA convocatoria está dirixida exclusivamente a programas académicos relacionados coas seguintes áreas: seguros, prevención, saúde e medio ambiente. Os estudos deben ser a tempo completo e cunha carga lectiva mínima de 120 horas, das que, a lo menos,o 50% serán de carácter presencial.

Lugar En Universidades e Institucións españolas.

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/te-interesa/beca-ayuda/default.jsp

Duración e contía

O período total de desfrute da beca non poderá ser inferior a 1 mes nin superior a 24 meses. Cando os estudos excedan dun curso académico, o bolseiro poderá solicitar unha única prórroga na seguinte convocatoria de bolsas.

O importe total de cada unha delas para programas dun curso completo (60 créditos mínimo) é de 6.000 euros. Para programas de duración inferior a 300 horas a contía será de 2.500 euros.

Page 111: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 109

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndacion iBerdrola

Bolsas para estudos de máster en enerxía e amBiente

SínteseA Fundación IBERDROLA presenta a Convocatoria de Bolsas para cursar Estudos de Máster en Enerxía e Ambiente en España, no Reino Unido e en Estados Unidos, dentro das seguintes áreas formativas: enerxías renovables, sistema enerxético sostible, ambiente e biodiversidade, tecnoloxías limpas de carbón, xestión de emisións, eficiencia enerxética, almacenaxe de enerxía, vehículo eléctrico e redes de distribución intelixentes.

Requisitos

• Posuír a nacionalidade española, británica, estadounidense ou mexicana.

• Estar en posesión dun título universitario de grao ou licenciatura recoñecido ou ben atoparse no último ano dos estudos.

• Acreditar un bo coñecemento de inglés e de castelán.

LugarEspaña: universidades e centros tecnolóxicos.

Reino Unido: Imperial College of London e Universidades de Edimburgo, Strathclyde, Liverpool e Glasgow.

Estados Unidos: Universidades de Rochester e Maine.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.fundacioniberdrola.org/webfund/corporativa/iberdrola?IDPAG=ESFUNAREFEIPOST&codCache=13873704453076374

Duración e contía

A duración prevista é de 9 meses. As contías totais asignadas son de 10.800€ (España), £14.400 (Reino Unido) e 18.600€ + 1.400€ para gastos de viaxe (Estados Unidos), ademais dos custos de matrícula.

Page 112: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS110

2. BOLSAS DE ESTUDO

la caiXa / centro nacional de BiotecnoloXÍa (cnB)

Bolsas de doutoramento

Síntese A Fundación “La Caixa” convoca dúas bolsas para desenvolver un doutoramento en biomedicina no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC.

Requisitos • Estar en posesión dun título universitario superior con posterioridade ao 31 de outubro de 2010.

• Estar admitido ou en proceso de admisión nun programa de doutoramento.

Lugar No Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC en Madrid.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

O proceso consta dunha fase de concurso, na que se valorarán os méritos académicos, e unha entrevista.

Para máis información:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas_es.html

Duración e contía

A duración prevista é de un ano coa posibilidade de prórroga ata un máximo de catro anos. A contía bruta anual vai aumentando cada ano, dende os 18.546€ o primeiro ano ata os 22.558€ o cuarto ano.

Ademais, contémplase unha dotación adicional anual de 1.500€ cada un dos dous primeiros anos e de 1.700€ cada un dos dous últimos anos, para sufragar gastos de matrícula, libros, programas informáticos, subscricións, viaxes e desprazamentos e outros gastos derivados da actividade científica ou académica do investigador.

Page 113: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 111

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn agrUpaciÓn mUtUal aSegUradora (a.m.a)

Bolsas de estudos

Síntese

As bolsas da Fundación A.M.A teñen como finalidade axudar ós novos profesionais sanitarios na preparación das súas respectivas especialidades durante un curso. As bolsas destinaranse á preparación do exame de Médico Interno Residente (M.I.R.), do exame de Farmacéutico Interno Residente (F.I.R.) e do exame de Enfermeiro Interno Residente (E.I.R.), impartidos en centros docentes nacionais. Finalmente, a adxudicación levarase a cabo mediante un sorteo ante Notario.

Requisitos

• Poden participar todos os licenciados en medicina ou farmacia e diplomados en enfermería, así como estudantes de último año que prevexan finalizar os seus estudos con anterioridade á data do sorteo e non foran beneficiarios destas bolsas en edicións anteriores. Será condición indispensable para a asignación das bolsas a presentación de certificado de estudos ou título acreditativo, así como a validación dos títulos non españois.

• A participación realizarase a través da páxina web cumprimentando todos os datos solicitados no formulario.

Lugar España.

Prazos de solicitude Derradeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Más información en:

http://www.amaseguros.com/

Duración e contía

A contía de cada unha destas bolsas será dun máximo de 3.000 euros no caso dos cursos M.I.R., de 2.000 euros para os cursos F.I.R. e de 1.600 euros para os cursos E.I.R., destinándose exclusivamente a gastos de docencia.

Page 114: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS112

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn alicia KoploWitZ

Bolsas de formación avanZada en psiQuiatría e psicología da infancia e adolescencia

Síntese

A Fundación Alicia Koplowitz anuncia a convocatoria de Bolsas para realizar estudos de Postgrao en Psiquiatría e Psicoloxía da Infancia e Adolescencia, con especial dedicación á Investigación Clínica, en Departamentos de Psiquiatría Infantil de Centros de Estados Unidos e do Reino Unido. As bolsas están destinadas a Médicos especialistas en Psiquiatría (MIR) ou a Psicólogos Clínicos (PIR) para realizar un período de formación tras finalizar a Residencia en España. Poden solicitalas as persoas que se atopen no seu último año de MIR ou PIR e aquelas que remataran a Residencia con posterioridade ó ano 2009.

Requisitos

• Nacionalidade española.

• Título de Especialista en Psiquiatría (MIR) o Psicoloxía Clínica (PIR) obtido no ano da convocatoria ou con posterioridade ó ano 2009, o certificado de habelo solicitado e de ter finalizada a especialidade antes do comezo da estancia en Estados Unidos o no Reino Unido.

• Título de Doutor en Psicoloxía en caso de estancias en Estados Unidos.

• Dominio do idioma inglés falado e escrito, preferiblemente en ambiente clínico, debidamente acreditado (certificados TOEFL, ADVANCE ou similares emitidos en data recente).

• Obtención do visado correspondente para a estancia de dous anos en EEUU si é destinado a este país.

Lugar Centros de Estados Unidos e do Reino Unido.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fundacionaliciakoplowitz.org/

Duración e contía

As bolsas terán unha duración de dous anos.

A dotación ascende a USD 50.000 anuais para estancias en Estados Unidos, y a £30.000 anuais no Reino Unido. Tamén abrangue:os gastos da viaxe;unha única asignación de USD 1.500 y £900, respectivamente, para sufragar os gastos de instalación, a compra de libros, e colexiación; seguro médico; e unha axuda anual única de hasta 1.500 euros para inscrición e gastos de viaxe para a asistencia a Congresos que deberá ser aprobada previamente.

Page 115: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 113

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn raFael del pino

Bolsas para estudos de posgrado

SínteseA Fundación Rafael del Pino convoca bolsas para estudos de posgrao para licenciados y titulados superiores españois destinadas á ampliación dos seus estudos con dedicación a tempo completo, en Universidades e Centros de investigación. O obxectivo é contribuír á formación dos dirixentes españois e ó fomento do espírito e a actividade emprendedora en España.

Requisitos

• Os solicitantes deberán ter a nacionalidade española.

• Ter finalizado tódolos cursos do grao universitario, a licenciatura ou título superior no momento de concluír o prazo da presente convocatoria.

• Estar en posesión dun título universitario expedido por unha universidade española ou, no caso de ter un título superior dunha universidade estranxeira, estar oficialmente convalidado polo Ministerio de Educación español no momento de solicitar a bolsa.

• Acreditar documentalmente un excelente coñecemento escrito e falado do inglés e do idioma correspondente ó país onde estea localizado o centro de destino. En todo caso,deberán estar en posesión da certificación esixida por dito centro.

• Acreditar documentalmente que na data de peche da convocatoria teñen a experiencia laboral mínima a plena dedicación que esixa o centro de destino.

Lugar En Universidades e Centros de investigación de primeiro nivel no mundo.

Prazos de solicitude Derradeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://becas.frdelpino.es/

Duración e contía

A bolsa que se aplica a un curso académico poderá iniciarse durante os cursos 2014-2015 ou 2015-2016. No referente ás solicitudes para realizar a tese doutoral no estranxeiro, serán requisitos indispensables que o traballo universitario realizado polo candidato na Universidade ou Centro de investigación de destino finalice inequivocamente nun prazo máximo de dous anos.

A contía máxima anual da bolsa será de 25.000 euros no caso dos estudos de doutorado ou proxectos de investigación e de 58.000 euros no caso dos estudos de máster ou similar.

Page 116: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS114

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn alFonSo martÍn eScUdero

Bolsas de investigación

SínteseA Fundación Alfonso Martín Escudero convoca bolsas para realizar traballos de investigación en universidades ou centros de investigación, en temas que estean comprendidos nalgunha das seguintes áreas: agricultura e gandería, ciencias do mar, ciencias da saúde e tecnoloxía de alimentos.

Requisitos

• Nacionalidade española.

• Ter o título de doutor de calquera universidade española ou da especialidade en Medicina (MIR), Bioloxía (BIR), Farmacia (FIR) o Química (QUIR). No caso de ter un título dunha universidade estranxeira ou dun centro español non estatal deberase acreditar a convalidación do seu título en España.

• Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro para o período solicitado.

• Posuír un bo coñecemento do idioma do país receptor ou ben de calquera outro idioma que permita unha comunicación fluída no centro de investigación.

Lugar En universidades ou centros no estranxeiro.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fundame.org/

Duración e contía

A duración da bolsa é de 12 meses como mínimo e de 24 meses como máximo.

A dotación da bolsa inclúe: unha axuda para traslados e instalación por un importe total de 3.100 euros, seguro de enfermidade e accidentes, asignación mensual entre 1.900 y 2.700 euros, segundo o país de destino.

Page 117: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 115

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn caJa madrid

Bolsas de postgrao

SínteseA Fundación Caja Madrid ten un amplo programa de bolsas dirixido principalmente a completar a formación, en fase de postgrao, de titulados españois. Este Programa, segundo as distintas especialidades de bolsas que se convocan cada ano, esténdese a estudos de máster, doutorado ou traballos de investigación. Céntranse nas seguintes áreas: social e xurídica, biosanitaria, politécnica, ciencias e na área de música e historia da arte.

Requisitos

• Ter nacionalidade española.

• Estar en posesión dun título superior expedido por una universidade española ou,no caso de posuír un título superior dunha universidade estranxeira, estar oficialmente homologado polo Ministerio de Educación español no momento de solicitar a bolsa.

• Os candidatos que desexen realizar estudos de MBA deberán contar cunha experiencia profesional mínima de dous anos e acreditala.

• Ter un bo coñecemento, escrito e falado do idioma no que vaian a desenvolver os estudos para os que solicitan a bolsa, debendo ter superado, a estes efectos, os exames oficiais establecidos en cada caso.

Lugar En Universidades y Centros Superiores de Investigación de Europa (excepto España), Estados Unidos e Canadá.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

https://becas.fundacioncajamadrid.es/

Duración e contía

A duración é dun curso académico ordinario, cun máximo de 12 mensualidades.

A contía da bolsa comprende: o importe total da matrícula, ata un máximo de 30.000 euros, unha asignación ó bolseiro para a súa manutención e aloxamento, unha bolsa de viaxe para cubrir gastos de desprazamento, un seguro de asistencia no estranxeiro e un seguro de accidentes.

Page 118: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS116

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn la caiXa

Bolsas asia – pacífico

SínteseA Obra Social ”la Caixa” e Casa Asia convocan bolsas para cursar estudos en universidades ou centros de ensinanza superior da zona Asia-Pacífico coa vontade de impulsar o desenvolvemento das relacións entre España e a zona do mundo. Os estudos aos que se dirixe son os de máster ou doutorado. Tamén se admiten, en función do interese do tema e da valía do candidato, os proxectos de formación básica en investigación científica e técnica.

Requisitos

• Os solicitantes deben ter a nacionalidade española.

• Os graduados universitarios, licenciados e titulados superiores que cursaran os estudos en facultades ou centros de ensinanza superior das universidades españolas, en condicións de solicitar ó seu centro ou universidade a expedición do título. No caso de ter un título dunha universidade de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior deberán, acreditar a homologación do Ministerio de Educación antes da data de peche da convocatoria.

• Os que desexen realizar un MBA o un máster impartido nunha escola de negocios deben acreditar que contan cunha experiencia laboral mínima de dous anos con dedicación plena na data de peche da convocatoria.

• Acreditar o coñecemento do idioma requirido mediante certificado oficial de nivel avanzado.

Lugar En universidades da zona Asia-Pacífico, concretamente dos seguintes países: Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapur e China.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html

Duración e contía

O período total de desfrute da bolsa non será en ningún caso inferior a 9 meses nin superior a 24.

A dotación económica abrangue: a matrícula na universidade ou centro de ensinanza superior, dotación mensual segundo o país de destino, o custe de tres solicitudes de admisión nestas universidades, o seguro de enfermidade y accidentes e o custe de expedición do visado de estudante.

Page 119: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 117

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn pedro BarriÉ de la maZa e FUndaciÓn amancio ortega

Bolsas HigH scHool

Síntese A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega convocan anualmente bolsas para que os alumnos e alumnas de 4º da ESO poidan realizar os seus estudos nun instituto de Estados Unidos.

Requisitos

• Requisitos: estar cursando a educación secundaria nun centro galego e obter en 3º da ESO unha nota media mínima maior a 7,5 e unha nota mínima en inglés de 7.

• As Bolsas High School inclúen a formación nas fases previas á saída, os traslados e a convalidación dos estudos realizados no estranxeiro; ademais, achegan unha pequena cantidade para gastos menores.

Lugar Estados Unidos.

Prazos de solicitude

Normalmente nos meses de outubro e novembro.

http://www.becashighschool.org/?q=guia

Proceso de selección

As solicitudes presentadas valoraranse segundo o expediente académico e as circunstancias familiares. Ademais, deberase realizar unha proba específica de inglés e unha entrevista persoal.

Duración e contía

Un ano académico. A dotación económica abrangue os gastos de viaxe, convalidación dos estudos realizados, seguro de responsabilidade civil e de saúde e unha pequena cantidade mensual para gastos.

Page 120: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS118

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn amancio ortega

programa de Bolsas de BacHarelato estuda en canadá

SínteseA Fundación Amancio Ortega co ánimo de apoiar a xoves estudantes, decidiu poñer en marcha un Programa de bolsas para alumnos do sistema educativo de España, interesados en estudar en Canadá un ano escolar equivalente ao Primeiro Ano de Bacharelato.

Requisitos

• Estar inscrito como alumno de 4º da ESO nun Centro de Ensinanza de calquera Comunidade (ou Cidade) Autónoma do territorio español no momento de presentar a solicitude de participación. Non poderán participar os alumnos matriculados nun centro de ensinanza de titularidade estranxeira radicado en España.

• Nota media igual ou superior a 8,00 puntos en terceiro de ESO

• Nota final da materia de inglés en terceiro de ESO, igual o superior a 8,00 puntos.

• Enviar o formulario de inscrición debidamente cumprimentado coa documentación requirida a través da páxina web www.becasestudiaencanada.org

• Non ter desfrutado con anterioridade dun ano académico no estranxeiro, durante ningún dos cursos equivalentes a 1º, 2º ou 3º de ESO, con independencia do país no que se estudara dito curso.

• Documentación a aportar: certificado de notas de 3º da ESO e certificado de renda.

Lugar Centros educativos “High School” nas provincias canadienses Alberta, British Columbia, Nova Scotia, Ontario e Manitoba.

Prazos de solicitude Segundo semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información:

http://www.becasestudiaencanada.org/

Duración e contía

As bolsas terán lugar durante un curso escolar (10 meses dende agosto a xuño)

A contía abarca diversos conceptos: Axuda monetaria para gastos menores, que se aboarán mensualmente ó alumno, unha vez que comece os estudos en Canadá; seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil; e viaxes e desprazamentos dende a poboación de destino en Canadá ata o lugar de orixe en España.

Page 121: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 119

2. BOLSAS DE ESTUDO

Banco Santander UniVerSidadeS

Bolsas iBeroamÉrica. estudantes de grao

Síntese

Esta convocatoria forma parte do Programa Internacional de Bolsas Iberoamérica Estudantes de Grao do Banco Santander, no que participan universidades de Arxentina, Brasil, España, Chile, Colombia, México, Perú, Portugal, Porto Rico y Uruguai. En particular, a Convocatoria en España diríxese a estudantes de grao en universidades españolas, que poderán realizar estancias en diferentes universidades de Iberoamérica contribuíndo así ó desenvolvemento e á consolidación do Espazo Iberoamericano do Coñecemento.

Requisitos

• Deberán ser estudantes matriculados nalgunha das Universidades Participantes no Programa e cursar estudos de grado ou licenciatura, que xa realizaran a lo menos a metade dos créditos ou superado os dous primeiros cursos dos seus estudos.

• Deberán, en todo caso, cumprilos criterios de elixibilidade, condicións e procedementos establecidos pola universidade no correspondente proceso de selección.

• O estudante que sexa seleccionado para desfrutar dunha bolsa terá que contratar de maneira obrigatoria un seguro especial.

Lugar Varias universidades de Iberoamérica.

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Cada unha das Universidades Participantes será a responsable, en todos os seus termos, de xestionar a correspondente convocatoria das bolsas que lle sexan asignadas.

Será requisito imprescindible para permitir a participación dos estudantes nos procesos de selección de beneficiarios,

a súa inscrición a través da páxina web do banco Santander.

http://www.becas-santander.com/

Duración e contía

A duración é dun un semestre académico.

A contía será de 3.000 euros ou o importe equivalente en dólares estadounidenses na data de entrega.

Page 122: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS120

2. BOLSAS DE ESTUDO

Banco Santander UniVerSidadeS

Bolsas iBeroamÉrica. novos profesores e investigadores.

Síntese Estas bolsas facilitan a mobilidade de novos investigadores e profesores universitarios entre universidades e centros de investigación iberoamericanos.

Requisitos

O Programa diríxese ó persoal docente e investigador de universidades españolas con convenio de colaboración vixente co Santander, e ós funcionarios e persoal ó servizo de centros propios e mixtos do Consello Superior de Investigacións Científicas. Para participar no Programa, os solicitantes deben estar adscritos a algunha de tales institucións mediante contrato ou nomeamento no momento de concesión da bolsa, estando dito contrato ou nomeamento en vigor durante o período no que se desenvolva a estancia de investigación á que a bolsa se destina.

Lugar Universidades e centros de investigación iberoamericanos.

Prazos de solicitude Derradeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.becas-santander.com/

Duración e contía

A duración mínima esixida da estancia será de 2 meses e o seu importe unitario será de 5.000 euros, aboados en dous pagos.

Page 123: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 121

2. BOLSAS DE ESTUDO

coleXio de eUropa

Bolsas de estudo

SínteseOs Estados membros da Unión Europea ofertan bolsas para realizar estudos no Colexio de Europa. En España o organismo encargado é a AECID.

• Bolsas para estudos europeos especializados no Colexio de Europa Campus de Bruxas (Bélgica) e Natolín (Polonia)

Requisitos

• Estudos europeos especializados:

o Posuír o título de licenciado ou graduado para realización de estudios en materias xurídicas, económicas, político- sociolóxicas ou relacións internacionais.

o Dominio de inglés e francés

o Ter solicitado previamente ao Colexio de Europa a solicitude de praza

Lugar Campus de Bruxas (Bélxica) e Natolín (Varsovia, Polonia)

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Previamente á solicitude da bolsa, o estudante ten que ser preseleccionado polo Colexio de Europa. Para máis información:

https://www.aecid.gob.es/es/Tramites-Servicios-en-linea/becas-espanoles/Becas_Espanoles_2013-2014.html

http://www.coleurope.eu/template.asp?pagename=scholarship_Geremek

Duración e contía

A duración destas bolsas abranguerá o período de formación académica solicitada, cunha remuneración a determinar pola institución.

Page 124: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS122

2. BOLSAS DE ESTUDO

FranciaminiSterio de aSUntoS eXterioreS

Bolsas de excelencia eiffel

SínteseO programa de bolsas de excelencia Eiffel é un programa do Ministerio francés de Asuntos Exteriores. Ten como obxectivo atraer aos estudantes mais selectos en formacións de nivel máster, enxeñería ou doutoramento có fin de formar aos futuros responsables estranxeiros do sector privado ou público. Fomenta as candidaturas de estudantes procedentes de países emerxentes (máster) y de países industrializados (doutoramento).

Requisitos

O programa de bolsas de excelencia Eiffel dirixido ao doutoramento establece os seguintes requisitos de participación:

• Estar admitido nun centro de estudos superiores francés e que a tese estea supervisada de maneira conxunta ou en réxime de co-tutela.

• Ter menos de 35 anos.

• Seguir unha formación nunha da áreas de estudo seguintes: Economía e Xestión, Dereito e Ciencias Políticas, Ciencias.

Lugar Institución de ensino superior en Francia.

Prazos de solicitude Segundo semestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.campusfrance.org/en/eiffel

Duración e contía

A duración da bolsa: o programa concede bolsas que cobren 10 meses para o doutoramento, ampliables ata un máximo de 3 anos para os estudantes de Dereito e Ciencias Políticas. A contía da bolsa de doutoramento é de 1.400€ por mes e, ademais, concédese unha viaxe de ida e volta, o seguro médico, as actividades culturais e unha axuda de aloxamento baixo certas condicións.

Page 125: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 123

2. BOLSAS DE ESTUDO

alemaÑa SerVicio alemÁn de intercamBio acadÉmico (daad)

Bolsas de investigación para doutorados e futuros científicos

Síntese Esta modalidade de bolsas ofrece ós novos científicos estranxeiros a posibilidade de realizar un proxecto de investigación ou de perfeccionamento científico, xa que o seu obxectivo principal é a promoción de teses doutorais.

Requisitos

• Os candidatos deben figurar entre os mozos graduados máis cualificados do seu país que estean en posesión dun título de Licenciado, Diplomado, Máster ou do doutorado no momento de empezar a desfrutar da bolsa.

• Os solicitantes que aspiren a obter o doutorado no seu país de procedencia deberían dispoñer da confirmación de admisión correspondente da súa universidade de orixe. Os solicitantes que teñan a intención de doutorarse no marco dun programa de doutorado estruturado deberán presentar un certificado de admisión ou, a lo menos, un documento que acredite que se considerará a súa admisión.

• Unha carta de confirmación que asegure o asesoramento científico en Alemaña e que se refira explicitamente ó proxecto proposto polo candidato.

• Ademais do aproveitamento dos estudos anteriores, o criterio de selección máis importante é un proxecto de investigación ou de perfeccionamento científico convincente e ben planificado que se debe acordar previamente cun asesor científico do centro superior alemán previsto.

• Coñecementos de alemán cuxo nivel de perfeccionamento depende tanto do proxecto e da especialidade do candidato como das posibilidades de aprender alemán no seu país de orixe.

• No momento de solicitar a bolsa non deben ter transcorrido máis de seis anos dende a obtención da última titulación.

Lugar En centros de ensinanza superior públicos o nunha entidade de investigación non universitaria oficialmente recoñecidos pola República Federal de Alemaña.

Prazos de solicitude Ata o 1 de decembro de cada ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.daad.es/becas/

Duración e contía

A comisión de bolsas fixará a duración da axuda no momento da adxudicación da bolsa. Segundo o proxecto e o plan de traballo do solicitante pode ser por regra xeral de un a dez meses; para a realización do doutorado completo pode ser tres anos e catro anos en casos excepcionais.

A contía da bolsa comprende: unha cantidade mensual que varía segundo o nivel de formación do bolseiro, de 750 euros (para graduados en posesión do primeiro título) ou 1.000 euros (para doutorandos), determinadas prestacións para o seguro de enfermidade en Alemaña e unha cantidade fixa apropiada para os gastos de viaxe a non ser que estean cubertos polo país de orixe ou outra fonte financeira.

Page 126: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS124

2. BOLSAS DE ESTUDO

XapÓn miniSterio de edUcaciÓn, cUltUra, deporteS, ciencia e tecnoloXÍa

SínteseO Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía (MEXT) do Goberno de Xapón ofrece bolsas a estudantes estranxeiros que desexen afondar nos seus estudos sobre Xapón (lingua, cultura, etc.). O obxectivo desta bolsa é promover o entendemento mutuo e fortalecer as relacións de amizade entre Xapón e outros países a través de estudos especializados en lingua e cultura xaponesas.

Requisitos

• Nacionalidade: Os solicitantes deben ter a nacionalidade de países que teñan relacións diplomáticas con Xapón.

• Idade: Os solicitantes poderán ser os nacidos entre o 2 de abril de 1983 e o 1 de abril de 1995.

• Formación académica: Os solicitantes deberán ser estudantes en universidades estranxeiras (non xaponesas) de áreas relacionadas co idioma ou a cultura xaponesa no momento da súa chegada e da súa saída de Xapón.

• Coñecementos de lingua xaponesa: Os solicitantes deberán ter os coñecementos suficientes para seguir un curso universitario en xaponés.

• Visado: Os solicitantes deberán tramitar un visado de estudante (College Student - ryugaku) para a súa entrada a Xapón.

• Cursos: Os cursos de formación nas universidades serán unicamente os indicados no folleto Course Guidebook for Japanese Studies Students (dispoñible na páxina web do MEXT).

Lugar En universidades xaponesas.

Prazos desolicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.es.emb-japan.go.jp/

Duración e contía

Será o período necesario para completar o curso da universidade receptora que, aproximadamente, será dun ano. A bolsa é improrrogable.

A dotación mensual non se especifica. A cantidade poderá cambiar por cuestións orzamentarias. Como referencia, noutras convocatorias, outorgáronse 117.000 yenes mensuais e no caso de residir nas zonas designadas, o bolseiro podería percibir 2.000 ou 3.000 yenes adicionais ó mes.

Page 127: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 125

2. BOLSAS DE ESTUDO

repÚBlica popUlar de cHina miniSterio de edUcaciÓn

Síntese O Ministerio de Educación da República Popular China convoca bolsas para estudos universitarios, de máster ou doutoramento, de acordo co Convenio Bilateral co Goberno Español.

Requisitos• Ter a nacionalidade española.

• Requírese que o solicitante sexa universitario ou posúa o título de grao ou superior.

• Pasaporte en vigor, expediente académico actualizado e acreditar coñecementos do idioma chinés.

Lugar Universidades chinas.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.embajadachina.es/esp/

Duración e contía A contía total da bolsa ascende a 10.000 € por bolseiro e ano lectivo.

Page 128: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS126

2. BOLSAS DE ESTUDO

india

Bolsas de intercamBio para estudos de posgrao

SínteseO Goberno da India, baixo os auspicios do Consello Indio de Relacións Culturais (ICCR), no marco do Programa de Intercambio Cultural entre a India e España, ofrece cinco bolsas aos estudantes de España que desexen cursar estudos de posgrao ou desenvolver a súa investigación en universidades e institucións educativas na India.

Requisitos• Ser estudante de primeiro ciclo, posgrao ou doutoramento (excepto Medicina e Odontoloxía)

• Dominio do inglés.

Lugar Institucións de ensino superior na India.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.embassyindia.es/IndianEmbassy/IndianEmbassy/IndexBase/index2.php?lang=eng&key=scholarship

Duración e contía

A duración é dun ano académico, que na India comeza en xullo/agosto. A bolsa cobre os custos da matrícula e mais unha contía mensual para os gastos de manutención no país.

Page 129: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

NO EXTERIORTRABALLAR

3

Page 130: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

Page 131: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 129

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

TRABALLAR NAs INsTITUCIÓNs DA UNIÓN EUROPEA 3.1aXenteS contractUaiS

Síntese

Os Axentes Contractuais (CAST) son traballadores temporais contratados para prestar servizos de apoio manual ou administrativo, ou para proporcionar unha capacidade adicional cando non se dispón do número suficiente de funcionarios coas cualificacións requiridas. Traballan por unha duración determinada máxima de tres ou cinco anos, dependendo do destino, prorrogables por un período igual. Habitualmente comezan cun contrato inicial máis breve de 6-12 meses, segundo o tipo de traballo, e nalgúns organismos poden chegar a ser contratados indefinidamente.

Postos

Para ser seleccionado como Axente Contractual requírese unha determinada titulación segundo o Grupo de Funcións. Existen 4 grupos de funcións posibles:

Grupo I: Tarefas auxiliares manuais e administrativas.

Grupo II: Tarefas de oficina e secretaría, de xestión administrativa, etc.

Grupo III: Tarefas técnicas de execución, redacción, contabilidade, etc.

Grupo IV: Tarefas de administración, asesoramento, tradución, etc.

Lugar Institucións, axencias e organismos da Unión Europea.

ConvocatoriasPara máis información:

http://europa.eu/epso/index_es.htm

Proceso de selección Para poder ser un Axente Contractual debe superarse o correspondente proceso de selección convocado pola EPSO.

Page 132: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS130

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.1 TR

AB

ALLA

R

N

As

INs

TIT

UC

IÓN

s D

A U

E

FUncionarioS da UniÓn eUropea

SínteseOs funcionarios da Unión Europea desempeñan un posto de traballo permanente nalgunha das súas institucións, órganos ou organismos. O acceso á condición de funcionario europeo realízase unha vez superados os procesos de selección que organiza a Oficina de Selección do Persoal das Comunidades Europeas (EPSO), publicados na súa web e no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE)

Postos

En cada convocatoria determínase o eido funcional de actividade que corresponderá aos candidatos así como os requisitos de participación. De acordo co vixente estatuto, existen dúas categorías principais de funcionarios: Administradores e Asistentes, cun sistema de carreira de 16 niveis (grados)

• Administradores (AD): son titulados universitarios, que se dedican polo xeral á elaboración de políticas e aplicación da lexislación da Unión Europea, tarefas de análise e asesoramento. O acceso á función pública realízase en dous niveis; o AD-5, que non esixe experiencia laboral, e os AD-6 AD-7, que esixe unha experiencia profesional de tres e seis anos, respectivamente.

• Asistentes (AST): desempeñan tarefas de apoio: secretaría, tarefas administrativas e contables, comunicación, desenvolvemento e aplicación de medidas, etc. Dependendo da categoría requírese ter estudos de bacharelato ou FP de grao medio e a experiencia profesional suficiente.

Lugar Institucións, axencias e organismos da Unión Europea.

Convocatorias

• Administradores: adoitan convocarse na primavera de cada ano, e se desenvolven durante o verán e o outono.

• Asistentes: adoitan convocarse no inverno de cada ano, desenvolvéndose durante a primavera e o verán do ano seguinte.

Para máis información:

http://europa.eu/epso/index_es.htm

Proceso de selección

No caso de superar todas as fases do proceso de selección, o candidato é incluído nunha lista de reserva a partir da cal se procederá ás futuras contratacións, sen que o feito de estar na lista implique ningún dereito á súa contratación.

Page 133: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 131

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.1

TR

AB

ALLA

R

N

As

IN

sTIT

UC

IÓN

s D

A U

E

emprego na UniÓn eUropea reSerVado a FUncionarioS oU perSoal daS adminiStraciÓnS pÚBlicaS

Síntese

As institucións comunitarias ofrecen diferentes posibilidades para acoller, por un determinado período, a funcionarios ou persoal laboral procedente das administracións públicas que conten co pleno apoio financeiro por parte das administracións das que proveñen.

Obxectivos:

• Proporcionar ao persoal en prácticas unha experiencia de primeira man nos métodos de traballo e nas políticas da Unión Europea.

• Adquirir experiencia, práctica e coñecemento sobre o traballo diario dos departamentos e servizos das institucións comunitarias, proporcionándolles a oportunidade de traballar nun ambiente multicultural, plurilingüe e multiétnico.

• Pór en práctica os coñecementos adquiridos nas súas áreas específicas de competencia.

Requisitos• Ser funcionario ou persoal laboral procedente das administracións públicas centrais, autonómicas ou locais.

• Ter un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo da Comisión (inglés, francés ou alemán)

Postos• Expertos nacionais destacados (en comisión de servizo)

• Expertos nacionais en formación profesional. Prácticas estruturais.

• Erasmus para a Administración Pública.

Lugar Institucións da Unión Europea.

ConvocatoriasRepresentación Permanente de España ante a Unión Europea.

Máis información:

http://representacionpermanente.eu/trabajar-en-la-ue/

Page 134: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS132

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.1 TR

AB

ALLA

R

N

As

INs

TIT

UC

IÓN

s D

A U

E

emprego na UniÓn eUropea reSerVado a FUncionarioS oU perSoal daS adminiStraciÓnS pÚBlicaS

Expertos nacionais en comisión de servizo

Os expertos nacionais destacados (END) ou expertos nacionais en comisión de servizo, son empregados públicos das administracións dos EEMM que, de maneira temporal, desenvolven a súa actividade profesional nas institucións da Unión Europea. As Institucións da Unión Europea recorren á figura do END buscando coñecementos e experiencia profesional de alto nivel, que complemente o perfil do seu persoal. Ademais, a figura de expertos permite promover o intercambio de experiencias e coñecementos sobre as políticas europeas.

A Comisión convoca prazas de END unha vez ao mes. O resto de Institucións/Organismos/Axencias non realizan convocatorias periódicas. Algunhas institucións e organismos contan con bolsas de candidatos accesibles a través de súas páxinas web (por exemplo, o Comité das Rexións)

As convocatorias se publican na páxina web da Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER); así mesmo se distribúen aos ministerios e as oficinas das CCAA en Bruxelas, co fin de que realicen a difusión nos seus correspondentes contornos.

A duración do destacamento é por un período determinado (entre 6 meses e 4 anos, prorrogables excepcionalmente a un total de 6 anos) e ademais deberá concretarse a qué servizo desexa adscribirse o candidato. Así mesmo, o candidato debe posuír polo menos 3 anos de experiencia así como un notable coñecemento de idiomas.

Cómpre mencionar que estas prácticas serán enteiramente sufragadas pola administración pública que envía ao funcionario, que tamén correrá cos gastos sanitarios que poidan ocasionarse durante o período de prácticas.

Expertos nacionais en formación profesional

O programa ten como obxectivo proporcionar aos empregados públicos dos Estados membros experiencia, coñecementos prácticos dos métodos de traballo, e a posibilidade de traballar nun ambiente multicultural e multilingüístico.

A Comisión Europea organiza este programa de prácticas dúas veces por ano, e teñen unha duración entre 3 e 5 meses. Para acollerse a elas, os candidatos deberán estar en activo nunha administración pública, ter un título universitario, e posuír un nivel satisfactorio de inglés ou francés. Quedan excluídos do programa aqueles candidatos que desempeñaran traballos de calquera tipo dentro das institucións da Unión Europea.

Ao igual que na figura anterior (experto nacional en comisión de servizo) este programa será enteiramente sufragado pola administración que envía ao funcionario.

As convocatorias das prácticas estruturais publícanse na web da REPER.

Erasmus para a Administración Pública

A Comisión Europea organiza, no marco do proxecto “Erasmus para a Administración Pública”, períodos de prácticas de dúas semanas destinado a mozos funcionarios dos Estados membros que traballen en temas europeos. O programa consiste nunha estancia de dúas semanas de duración en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo, durante a que se participa en múltiples actividades como job shadowing, conferencias, visitas institucionais, etc.

Os solicitantes deben ter unha antigüidade na administración que debe oscilar entre 6 meses e 5 anos, título universitario e bo coñecemento práctico de inglés ou francés. Quedan excluídos do programa aqueles candidatos que desempeñaran traballos de calquera tipo dentro das institucións da Unión Europea.

O empregado público seguirá percibindo o seu salario dos Estados membros mentres que a Comisión Europea correrá cos gastos de aloxamento e desprazamento.

O número de convocatorias oscila entre dúas e catro anuais.

Page 135: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 133

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

OUTRAs sAÍDAs LABORAIs INTERNACIONAIs 3.2eScola diplomÁtica

Síntese

A Escola Diplomática, creada en 1942, é un centro de estudos superiores dependente da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación que ten, entre os seus cometidos:

• A formación de candidatos na carreira diplomática;

• A preparación de aspirantes á función pública internacional;

• A formación continua dos funcionarios diplomáticos;

• A formación de especialistas en relacións internacionais, política exterior e cooperación ao desenvolvemento a través de cursos e seminarios dirixidos a posgraos universitarios así como a diplomáticos doutros países;

• A formación de funcionarios que van prestar os seus servizos en embaixadas ou consulados en materias relativas ao servizo exterior;

• A realización de programas de investigación no eido dos estudos internacionais.

Estudos impartidos

Acceso á Carreira Diplomática: Á Carreira Diplomática accédese en España por oposición, convocada anualmente polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación. Os candidatos teñen que ser españois, maiores de idade e estar en posesión dun título universitario. A fase de oposición consta de catro exercicios eliminatorios: comentario por escrito dun tema de actualidade internacional, cuestionario de cultura xeral e aspectos teóricos e prácticos relacionados co temario; idiomas; proba oral sobre catro temas de materias xurídicas, económicas, sociolóxicas, sociopolíticas, históricas e de relacións internacionais; e resolución de catro casos de práctica diplomática e consular, de xestión administrativa e de persoal. Os aspirantes que superen os exercicios deberán seguir un curso na Escola Diplomática, que se complementa cun período de prácticas.

Máster en Diplomacia e Relacións Internacionais: A “Máster en Diplomacia e Relacións Internacionais” responde á necesidade de formación de analistas e especialistas en relacións internacionais, así como das novas xeracións de funcionarios da Carreira Diplomática e do servizo exterior español. De igual maneira, o máster é útil como preparación ao ingreso na carreira, xa que o programa representa arredor do 65% dos temas esixidos na oposición.

Cursos sobre relacións internacionais: Impártense os seguintes cursos: Dereitos Humanos; Unión Europea; Islam; Capacitación para observadores electorais internacionais; Xudaísmo; Cooperación ao desenvolvemento…

Web http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/Ministerio/EscuelaDiplomatica/Paginas/Inicio.aspx

Page 136: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS134

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2 O

UTR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

conSello de eUropa

O Consello de Europa convoca ofertas de emprego a cubrir mediante oposición, que pode ser de dous tipos:

• Convocatorias xerais, limitadas aos nacionais de estados infrarrepresentados.

• Convocatorias específicas, abertas aos nacionais de todos os Estados membros.

Os postos vacantes publícanse na páxina web, non se aceptan candidaturas espontáneas. A selección comprende tres etapas: unha preselección, unha proba escrita e unha entrevista.

Para poder traballar no Consello de Europa hai que ser nacional dun Estado membro.

O resto de requisitos (tales como a experiencia profesional, cualificacións, lingüística e habilidades de TIC) difiren de acordo a cada categoría de traballo e polo tanto pódense encontrar en máis detalle nos anuncios de vacantes específicas.

A maioría do persoal é asignado a postos en Estrasburgo, aínda que o Consello tamén ten unha oficina de representación en París e unha oficina de enlace en Bruxelas, así como en Portugal, Hungría e Austria.

http://www.coe-recruitment.com/

organiZaciÓn do tratado do atlÁntico norte (otan)

A OTAN lanza ofertas de emprego desafiantes en diversos campos, que van desde o desenvolvemento de políticas, o fomento do diálogo e a posta en marcha dos programas, ata a prestación de servizos, xestión e asignación de recursos, así como o apoio para o eficaz funcionamento da Organización.

A contratación de persoal para cada axencia da OTAN é independente.

Na súa páxina web publica unha lista das ofertas de emprego dispoñibles nas distintas oficinas da OTAN en todo o mundo, xunto coas súas condicións.

http://www.nato.int/wcm-asp/recruit-hq-e.asp

Page 137: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 135

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2

OU

TR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

naciÓnS UnidaS (onU)

A Secretaría das Nacións Unidas ten unha necesidade constante de persoal competente e implicado, de diversas partes do mundo, con especialización en diversas disciplinas. Convídase aos candidatos interesados a que presenten as súas solicitudes en liña para as vacantes que se axeiten á súa experiencia e cualificacións, mediante o novo sistema electrónico de solicitude accesible en careers.un.org

As vacantes publícanse en francés e inglés, idiomas de traballo da Secretaría e nos que se haberán de presentar as solicitudes.

http://www.un.org/es/employment/

organiZaciÓn para a cooperaciÓn e o deSenVolVemento econÓmicoS (ocde)

A OCDE lanza periodicamente ofertas de emprego. Aqueles interesados en traballar para a OCDE deberán ter:

• Nacionalidade dun estado membro da OCDE.

• Un diploma universitario.

• Capacidade de análise e interese na comprensión dos asuntos políticos dentro do seu contexto.

• Excelente coñecemento do inglés ou do francés (as linguas oficiais da organización) con boa capacidade de redacción nunha e bos coñecementos da outra. Teranse en conta outras capacidades lingüísticas.

• Un mínimo de 3 anos de experiencia laboral relevante.

• Habilidade para a xestión.

• Capacidade de traballo nun equipo multicultural.

• Bo nivel de informática.

As ofertas de emprego publícanse na páxina web unha vez á semana e permanecen activas durante un mes:

http://www.oecd.org/hrm

Page 138: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS136

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2 O

UTR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

Banco mUndial (Bm)

Á marxe dos programas de prácticas e de Mozos Expertos, o BM ten unha política activa de contratación. O persoal do BM traballa cos gobernos dos países en desenvolvemento en diversas áreas.

O Banco ofrece emprego na reestruturación do sector financeiro e a súa regulación para achegar os países en desenvolvemento a unha economía de mercado a través da mellora de infraestruturas e da liberalización. Tamén está expandindo as súas actividades no campo da educación.

Os postos de traballo desempéñanse na sede do BM en Washington ou onde se desenvolvan os proxectos. Os perfís máis buscados son economistas, educadores, científicos ambientais, analistas financeiros, antropólogos e enxeñeiros. Ademais, deben ser cidadáns dun estado membro do Banco Mundial. As ofertas publícanse na páxina web. Requírese titulación universitaria, certa experiencia previa e idiomas, sempre dependendo do posto.

http://www.bancomundial.org/empleos/

Fondo monetario internacional (Fmi)

O Fondo Monetario Internacional adoita empregar a titulados universitarios que reúnan os seguintes requisitos:

Economistas expertos:

• Titulación (máster ou doutoramento) en Ciencias Económicas ou similar.

• Un mínimo de 5 anos de experiencia en cuestións de política económica nacional.

• Experiencia nun banco central, ministerio ou institución financeira internacional.

• Tamén se terán en conta a experiencia en consultoras e grupos de investigación.

• Capacidade de discusión e nivel medio de inglés escrito.

• Valorarase tamén o coñecemento doutras linguas, como francés, ruso, chinés, árabe ou español.

Programa de economistas:

• Titulación universitaria nas áreas de macroeconomía, economía internacional, economía monetaria, finanzas públicas, emprego, pobreza ou economía política.

• Doutoramento (completo ou en curso), máster ou experiencia relevante.

• Ter menos de 34 anos.

• Bo expediente académico.

• Bo nivel de inglés e informática.

• Ter interese no traballo das organizacións internacionais.

Tamén hai ofertas noutros campos, para asistencias técnicas e investigación.

http://www.imf.org/external/np/adm/rec/recruit.htm

Page 139: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 137

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2

OU

TR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

organiZaciÓn mUndial do comercio (omc)

Poden presentar a súa candidatura a un posto vacante na OMC todas as persoas que reúnan as condicións requiridas, sen distinción de sexo:

• Ser nacional dun estado membro da OMC.

• Ter menos de 65 anos.

• Demostrar experiencia como economistas ou avogados especializados en comercio internacional.

• Posuír un título universitario de posgrao en Economía, Relacións Internacionais ou Dereito, especializado en comercio.

• Acreditar 5 anos de experiencia en gabinetes gobernamentais ou organizacións internacionais relacionadas co comercio.

• Capacidade de redacción.

• Coñecemento práctico de dúas linguas entre español, inglés e francés.

Tamén hai ofertas noutros campos para expertos, administración, asistencias técnicas e investigación con diferentes perfís requiridos.

Máis información:

http://www.wto.org/english/thewto_e/vacan_e/vacan_e.htm

intermon oXFam (io)

En Intermon Oxfam existe gran variedade de postos técnicos e administrativos, tanto en contrato laboral (na súa sede de Barcelona, ou en determinados proxectos) como para bolsas de prácticas (nas oficinas nacionais). Os requisitos son os seguintes:

• Titulación académica no campo correspondente.

• Experiencia relevante na realización de proxectos no marco da ONU ou en ONG.

• Boas dotes de comunicación, organización e negociación.

• Capacidade de traballo baixo presión e circunstancias adversas.

• Experiencia mínima de 1 ou 2 anos, dependendo do posto.

• Coñecementos de inglés, francés ou da lingua de destino para os proxectos, así como de catalán para a sede de Barcelona.

• Capacidade de traballo en equipo.

• Motivación pola cooperación internacional, o desenvolvemento e a loita contra a pobreza.

• Adaptación a contextos multiculturais e sensibilidade coa temática de xénero.

Máis información:

http://www.intermonoxfam.org/

Page 140: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS138

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2 O

UTR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

comitÉ internacional da crUZ Vermella (cicr)

Para poder facer fronte a situacións cada vez máis complexas e en ocasións perigosas, o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) procura nos seus novos colaboradores as condicións precisas para exercer un oficio nun contexto non habitual: o dun país asolado pola guerra ou as súas repercusións. O CICR precisa permanentemente persoal sanitario, enxeñeiros, informáticos, xuristas e secretarios, aínda que tamén poden xurdir ofertas noutros campos. A profesión máis representativa é a de delegado cuxos requisitos son:

• Idade ideal: entre 25 e 35 anos.

• Estar disposto a permanecer só polo menos durante 24 meses.

• Formación universitaria ou equivalente.

• Experiencia profesional mínima de 2 anos; para postos técnicos, 3 anos.

• Excelente dominio de inglés e francés.

• Permiso de conducir nacional e internacional (a licenza para conducir vehículos automáticos non é suficiente)

• Sólida motivación humanitaria.

• Espírito aberto e boa capacidade de adaptación.

• Capacidade para traballar baixo presión en condicións de seguridade difíciles.

• Coñecementos informáticos.

• Certificado de antecedentes penais.

Os delegados deben cumprir varias funcións: visitar a prisioneiros de guerra e a detidos políticos, restablecer os contactos familiares, organizar actividades asistenciais e difundir os principios da Cruz Vermella e do dereito internacional humanitario. Así mesmo, como representantes da institución, deben intervir e negociar diante dos organismos gobernamentais, civís ou militares, a fin de poder realizar de maneira óptima as devanditas actividades.

http://www.icrc.org/

http://www.icrc.org/eng/who-we-are/jobs/vacancies/index.jsp

Page 141: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

DE IDIOMASAPRENDIZAXE

4

Page 142: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

Page 143: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 141

APRENDIZAXE DE IDIOMAs 4.miniSterio de edUcaciÓn, cUltUra e deporte

Bolsas para auxiliares de conversación de lingua espaÑola no estranxeiro

Síntese O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) convoca estas bolsas para fomentar o coñecemento e a difusión da lingua e a cultura españolas no exterior.

Requisitos

• Ter nacionalidade española.

• Ser estudante de último curso ou estar en posesión dunha titulación das que se relacionan no Anexo I da convocatoria.

• Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio das súas funcións como Auxiliar de Conversación.

Lugar As prazas distribúense entre Alemaña (120 prazas), Australia (3), Austria (30), Bélxica (15), Canadá (3), Estados Unidos (27), Francia (490), Irlanda (12), Italia (20), Malta (4), Nova Zelandia (3), Portugal (2) e Reino Unido (350)

Prazos de solicitude No segundo semestre do ano.

Proceso deselección

As solicitudes deben realizarse a través da aplicación informática Profex, do MECD. Aplicaranse os baremos establecidos no Anexo III da convocatoria.

Para máis información:

http://www.mecd.gob.es

Duración e contía

Tanto o número de prazas como os países participantes poden sufrir variacións en función da planificación das autoridades educativas dos países participantes.

A duración e contía varían segundo o país de destino.

Page 144: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS142

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

miniSterio de edUcaciÓn, cUltUra e deporte

Bolsas para participar en cursos de inmersión en inglÉs

Síntese O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) convoca anualmente bolsas para participar en cursos de inmersión lingüística en inglés, en réxime de internado, nun centro sito en España.

Requisitos

• Ser menor de 30 anos.

• Ter a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos superiores ou Formación Profesional de Grao Superior do MECD.

• Cumprir cos requisitos económicos que se detallan na convocatoria. A orde de adxudicación das axudas virá determinada conforme á renda per cápita familiar.

• Superar a proba de nivel na Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)

Lugar Nun centro da UIMP: Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona, Pirineos e Cartagena.

Prazos de solicitude Un mes a partir da publicación da convocatoria no BOE, que ten lugar no primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

A solicitude tramitarase a través da páxina web do MECD mediante formulario en liña.

Para máis información:

http://www.mecd.gob.es/portada-mecd/

Duración e contía

O curso ten unha duración dunha semana, a elixir entre o 8 de abril e o 16 de decembro do ano en curso.

A axuda cubre todos os gastos de ensinanza, material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado debe aboar 100€ en concepto de reserva de praza.

Page 145: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 143

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

miniSterio de aSUntoS eXterioreS e de cooperaciÓn - aecid

lectorados de castelán en universidades estranxeiras

Síntese O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e a AECID convocan anualmente lectorados en universidades estranxeiras.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española.

• Ser licenciado ou doutor por unha universidade española en: Filoloxía, Lingüística, Teoría da Literatura, Tradución e Interpretación ou Humanidades.

• Formación específica na didáctica do español.

• Experiencia docente de lingua e/ou de literatura en español.

• Coñecementos da lingua oficial do país de destino, ou doutra aceptada para a comunicación universitaria.

• Non superar os 37 anos de idade.

• Non ser lector MAEC-AECID na universidade seleccionada nos tres cursos inmediatamente anteriores.

Lugar Nos centros universitarios detallados no Anexo da convocatoria.

Prazos de solicitude Publicación da convocatoria durante o primeiro trimestre do ano no BOE.

Proceso de selección

Unha comisión de valoración avaliará as solicitudes, tendo en conta o expediente académico, a formación, a experiencia, etc.

Para máis información:

https://www.aecid.gob.es/es/Tramites-Servicios-en-linea/becas-lectorados/

Duración e contía

Abranguen un curso académico, pero pódese solicitar a renovación ata un total de tres anos.

Contemplan unha axuda para a viaxe e mensualidades entre 600€ e 1.200€, segundo o destino.

Page 146: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS144

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

XUnta de galiciaconSellerÍa de cUltUra, edUcaciÓn e ordenaciÓn UniVerSitaria

Bolsas de idiomas

Síntese A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca anualmente unha liña de axudas para facer cursos de idiomas no estranxeiro.

Requisitos

• Estar matriculado no curso anterior nunha universidade galega ou nun centro da UNED en Galicia.

• Ter superados polo menos 60/120 créditos do plan de estudos, dependendo da súa extensión.

• Ter unha puntuación media no expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos (6,00 puntos para os estudantes de Enxeñaría e Arquitectura)

• Non ser beneficiario desta bolsa en anteriores edicións.

Lugar Nun Estado membro da Unión Europea.

Prazos de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir da publicación da convocatoria no DOG, que soe ter lugar no primeiro trimestre no ano.

Proceso de selección

A selección faise en base á nota media do expediente académico.

Máis información en:

http://www.edu.xunta.es/web/

Duración e contía

O curso debe ter unha duración mínima de 3 semanas, con polo menos 15 horas lectivas semanais, que se desenvolverá entre o 1 de xuño e o 30 de setembro do presente ano.

A dotación económica é de 1.100€.

Page 147: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 145

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

conSellerÍa de cUltUra, edUcaciÓn e ordenaciÓn UniVerSitaria

lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

Síntese A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca anualmente prazas para realizar lectorados en universidades españolas e estranxeiras interesadas na promoción e difusión da lingua galega.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Ser menor de 35 anos.

• Ser licenciado en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica (na subsección de galego- portugués), Filoloxía Románica (sempre que a primeira ou segunda lingua románica escollida fose o galego), Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en estudos de galego e español, Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios e titulacións afíns.

• Non gozar de praza de lectorado de lingua, literatura e cultura galegas en convocatorias anteriores.

Lugar

• España: Barcelona, Cáceres e Salamanca.

• Portugal: Lisboa.

• Alemaña: Berlín, Kiel, Heidelberg e Leipzig.

• Reino Unido: Bangor (Gales).

• Polonia: Varsovia.

• Croacia: Zadar.

• Brasil: São Paulo e Río de Janeiro.

Prazos de solicitude Adoita publicarse no DOG a mediados do ano.

Proceso de selección

A comisión examinará os méritos dos interesados valorando a súa formación, actividade docente, experiencia e proxecto presentado. Posteriormente convócase aos preseleccionados a unha entrevista persoal.

Para máis información:

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_formacion

Duración e contía

As bolsas desenvólvense no período comprendido entre o 01.10.2013 e o 30.9.2016, agás no caso das prazas localizadas en Brasil (01.01.2014 a 31.12.2016)

A contía íntegra mensual é de 1.123,96€ en centros españois e 1.277,12€ nos estranxeiros.

Page 148: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS146

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

UniVerSidadeS galegaS. centroS de lingUaS

cursos de idiomas

Os Centros de Linguas son entidades creadas coa finalidade de promover a aprendizaxe de idiomas entre os membros da Comunidade Universitaria.

Centro de Linguas da Universidadeda Coruña

• A Universidade da Coruña (UdC) dispón dun Centro de Linguas no que se imparten cursos dos idiomas alemán, francés, inglés, italiano, portugués e español para estranxeiros.

• O Centro de Linguas ten presenza tanto na Coruña como en Ferrol.

• Os cursos son trimestrais, coincidindo coas estacións do ano.

• Os cursos regulares teñen unha duración de 30 horas lectivas e custan 166€ para o público en xeral e 125€ para os membros da UdC.

• Os cursos de conversación teñen unha duración de 15 horas lectivas e custan 125€ para o público en xeral e 84€ para os membros da UdC.

Máis información:

http://www.udc.es/centrodelinguas/ga/index.html

Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela

• O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela organiza todos os anos cursos de diferentes linguas: alemán, árabe, catalán, checo, chinés, galego, español, francés, inglés, italiano, portugués, ruso ou xaponés.

• O CLM ten instalacións en Santiago e Lugo.

• Os cursos van dirixidos, en principio, aos membros da comunidade universitaria, pero neles poden matricularse todas as persoas alleas á universidade que teñan cumpridos os 16 anos.

• 80 horas lectivas desde mediados de outubro ata primeiros de xuño.

Máis información:

www.usc.es/clm

Centro de Linguas da Universidade de Vigo

• O Centro de Linguas da Universidade de Vigo organiza cursos cuadrimestrais das seguintes linguas: alemán, árabe, chinés, español, francés, inglés, italiano, persa, polaco, portugués, ruso e xaponés.

• Este centro está aberto aos interesados maiores de 16 anos.

• Tamén organiza cursos intensivos e cursos de conversación para determinadas linguas.

• Durante o verán tamén organiza cursos de idiomas.

Máis información:

http://cdl.uvigo.es/

Page 149: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 147

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

eScolaS oFiciaiS de idiomaS

cursos de idiomas

As Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) son centros públicos especializados no ensino de idiomas. Tamén imparten cursos monográficos e de verán.

Centros e idiomas

• A Coruña: alemán, árabe, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso, chinés e xaponés. Conta con seccións en Carballo, Culleredo e Cee.

• Ferrol: alemán, francés, galego, inglés, portugués e italiano. Conta con seccións en Cedeira e As Pontes.

• Santiago de Compostela: alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués. Conta con seccións en Negreira, Ordes, Noia e Ribeira.

• Vilagarcía de Arousa: alemán, inglés, francés, italiano e portugués.

• Lugo: alemán, galego, portugués, italiano, francés, chinés e inglés. Conta cunha sección en Sarria.

• Monforte de Lemos: alemán, francés, inglés e italiano.

• Ribadeo: alemán, francés, inglés e italiano.

• Viveiro: alemán, francés, inglés e italiano. Conta cunha sección en Burela.

• Ourense: alemán, francés, galego, inglés, chinés, italiano e portugués. Conta con seccións en Celanova, O Barco, Carballiño, Ribadavia e Verín.

• Pontevedra: alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués. Conta con seccións en Lalín e A Estrada.

• Vigo: alemán, francés, español para estranxeiros, galego, italiano, inglés, xaponés, chinés e portugués. Conta con seccións en Nigrán, Tui, Redondela, Ponteareas e Cangas.

Matrícula

Nas EOI pódese acceder ao primeiro curso ou a un curso superior superando unha proba de nivel. Tamén se pode facer unha matrícula libre para presentarse aos exames de cada un dos tres ciclos (elemental, intermedio e avanzado) sen asistir ás clases.

Para máis información:

http://www.edu.xunta.es/web

Page 150: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS148

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

repÚBlica cHeca miniSterio de edUcaciÓn, XUVentUde e cUltUra FÍSica

cursos de verán de estudos eslavos

Síntese O Ministerio de Educación, Xuventude e Cultura Física da República Checa ofrece a España bolsas para os Cursos de Verán de Estudos Eslavos (Praga, 2 bolsas; Brno, 3 bolsas; Olomouc, 2 bolsas)

Requisitos Ter suficiente coñecemento da lingua checa ou de inglés para poder seguir o curso nesta lingua.

Lugar Praga, Brno e Olomouc.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.mzv.cz/madrid/es/cultura_becas_cursos/cursos_de_verano_de_estudios_eslavos.html

Duración e contía

A duración máxima prevista é dun mes.

A contía cobre os gastos de aloxamento en réxime de pensión completa, a matrícula do curso e as excursións.

Page 151: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 149

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

dinamarca

Bolsas de verán para estudos de lingua danesa

Síntese Poden optar as bolsas de verán estudantes nos niveis de Grao, Máster e Doutoramento que desexen cursar estudos en lingua danesa.

Requisitos

• Non estar matriculado nunha institución de estudos superiores en Dinamarca.

• Ter unha recomendación dun profesor de danés no estranxeiro.

• Ser estudante de danés ou de lingua e literatura escandinavas.

Non é necesario cumprir todos os criterios para poder optar as bolsas.

Lugar Institucións de ensino superior danesas.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://spanien.um.dk/es/servicio-consular/estudiar-en-dinamarca/becas---danish-agency-for-international-education-supports/becas-de-verano/

Duración e contía

Os estudantes non teñen que pagar o curso. Recibirán unha bolsa de 5.000 DKK para cubrir os gastos de manutención e aloxamento.

Page 152: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS150

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

italia miniSterio de aSUntoS eXterioreS

Bolsas para cursos de italiano

Síntese O Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia convoca bolsas para cidadáns españois que desexen estudar en Italia ou desexen efectuar investigacións en arquivos, centros culturais, bibliotecas, laboratorios ou cursos de idiomas.

Requisitos Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e ter a formación requirida segundo opción de bolsa.

Lugar Segundo opción, varias cidades de Italia.

Prazos de solicitude

O prazo de solicitude remata antes de xuño.

Máis información:

http://borseonline.esteri.it/BorseOnLine/

Proceso de selección Valóranse o CV do solicitante, o expediente académico e unha entrevista persoal.

Duración e contía Varía segundo as cidades de destino.

Page 153: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 151

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

certiFicadoS oFiciaiS de idiomaS

exames oficiais de idiomas

Existe toda unha serie de exames oficiais dos principais idiomas para todos aqueles que buscan unha forma de certificar o seu nivel de coñecemento.

Inglés

• Cambridge. A Universidade de Cambridge propón os seguintes exames : Key English Test (KET), Preliminary English Test (PET), First Certificate in English (FCE), Certificate in Advanced English (CAE), Certificate of Proficiency in English (CPE). Ademais, a Universidade de Cambridge propón tamén outros exames específicos como o Business English Certificate. Realizan varias convocatorias ao longo do ano.

http://www.cambridgeesol.org/spain/

• TOEFL. O Test of English as Foreign Language (TOEFL) proposto por ETS é o máis importante á hora de certificar os coñecementos desta lingua nos Estados Unidos.

www.ets.org/toefl/

• Trinity. Os exames do Trinity College teñen tamén un recoñecido prestixio internacional, e divídense en 12 niveis.

http://www.trinitycollege.co.uk/

Francés

• Alliance Française. É a asociación encargada de realizar os exames oficiais do Ministerio de Educación Nacional de Francia. Na actualidade existen 6 niveis, que equivalen aos do marco común europeo de referencia. Realizan tres convocatorias de exames ao ano: en setembro, febreiro e xuño.

http://www.alliancefrancaise.es/

• Sorbonne. A Universidade da Sorbona, a través do SELFEE (Service des examens de langue française réservés aux étudiants étrangers) realiza exames de francés de recoñecido prestixio.

http://www.paris-sorbonne.fr/en/rubrique.php3?id_rubrique=261

Alemán

• Goethe-Institut. Organiza os exames oficiais de alemán de maior recoñecemento internacional. O Goethe-Institut propón 14 certificados segundo os diferentes niveis. O único centro examinador en Galicia é o Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago.

http://www.goethe.de/ins/es/lp/esindex.htm

Portugués• PLE. O Instituto Camões propón 5 exames oficiais da lingua portuguesa (CIPLE, DEPLE, DIPLE, DAPLE, DUPLE). En

Galicia encárgase de realizar os exames o Centro de Lingua Portuguesa - Instituto Camões de Vigo.

http://www.fl.ul.pt/unidades/centros/caple/

Italiano

• CELI. A Università per Stranieri di Perugia expide os Certificados de Coñecemento da Lingua Italiana (CELI) que van desde o nivel 1 ao 5.

https://www.unistrapg.it/

• CILS. A Università per Stranieri di Siena, pola súa parte, outorga os Certificados de Italiano como Lingua Estranxeira que van do nivel A ao 8.

http://cils.unistrasi.it/

Español• DELE. O Instituto Cervantes realiza os exames oficiais do Diploma de Español como Lingua Estranxeira do Ministerio

de Educación, Cultura e Deporte. O DELE ten seis niveis, adaptados ao marco común europeo de referencia.

http://diplomas.cervantes.es/index.jsp

Page 154: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS152

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

BolSaS de idiomaS para docenteS

O ensino de idiomas amósase como un obxectivo básico no sistema educativo actual e, con este fin, convócanse axudas para mellorar as competencias lingüísticas dos docentes.

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

• Convoca prazas para estancias profesionais para actividades formativas en Alemania, Austria, Francia, Reino Unido e Suíza para profesorado e para centros que desexen acoller a un docente dalgún destes países.

• Un centro educativo acolle ao docente español por un período de dúas semanas, a desenvolver entre xaneiro e agosto. A visita non implica impartir docencia.

• Requisitos: ser funcionario de carreira e estar en situación de servizo activo. No momento da solicitude debe estar impartindo docencia en lingua estranxeira ou unha disciplina non lingüística en lingua estranxeira.

• Axuda: os gastos de docencia, desprazamento, aloxamento e xantar nos días lectivos de cada unha das actividades serán financiados directamente polo Ministerio.

Publícase no BOE no último trimestre do ano.

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/movilidad/de-profesores.html

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaPrograma PIALE

• Selecciónanse profesores para participar nun dos itinerarios de formación. O primeiro supón a inmersión no país de destino (Reino Unido, Canadá, Francia ou Estados Unidos) durante tres semanas. O segundo implica unha integración durante 4 semanas en Canadá. O terceiro supón o seguimento dun curso de dúas semanas nun centro dos seguintes países: Francia, Portugal, Alemania, e Reino Unido.

• Requisitos: ser funcionario de carreira dos corpos docentes detallados na convocatoria.

• A convocatoria publícase no DOG no primeiro trimestre do ano.

http://www.edu.xunta.es/web/linguasestranxeiras/133/244

Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE)Axudantes Comenius

• O obxectivo desta acción é brindar a oportunidade a futuros profesores de calquera materia de mellorar o seu coñecemento de linguas estranxeiras, así como de desenvolver as súas capacidades docentes.

• A duración das axudantías pode ser de 12 a 45 semanas, baixo a supervisión dun docente, nun centro educativo doutro país participante no Programa Erasmus+.

• Requisitos: completar polo menos dous cursos académicos que conducen directamente á docencia, ou estar cursando ou estar en posesión do título do Máster Universitario en Formación do Profesorado, ou realizar o Curso de Adaptación Pedagóxica. Tamén pode participar o futuro profesorado que finalizase a súa formación, pero aínda non exercese regularmente como docente.

http://www.oapee.es/oapee/inicio/pap/comenius.html

Page 155: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

INFORMACIÓNMÁIS

5

Page 156: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

1. BOLSAS E PRÁCTICAS PROFESIONAIS

Page 157: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 155

MÁIs INFORMACIÓN 5.información de interese

EUROPASS CV EUROPEO

O CV europeo (Europass) é un documento que axuda aos cidadáns europeos a presentar as súas capacidades e cualificacións persoais dunha maneira sistemática, sinxela e facilmente comprensible en toda Europa.

http://europass.cedefop.europa.eu/es/home

O Europass compleméntase principalmente co Pasaporte Europeo de Competencias e co Pasaporte de Linguas, formulario que permite unha clara presentación e descrición dos coñecementos lingüísticos do interesado.

REDE EURES

EURES (EURopean Employment Services) é unha rede de cooperación dirixida ao emprego e á libre circulación de traballadores, un dos principios fundamentais da Unión Europea (UE). A rede inclúe os membros EURES (servizos públicos de emprego e Comisión Europea), as asociacións transfronteirizas e outros socios EURES (asociacións de traballadores, organizacións patronais, universidades, e outras institucións locais e rexionais). O seu obxectivo é prestar servizos aos traballadores, aos empresarios, e a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación de persoas, proporcionando información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego, situación e evolución do mercado de traballo e sobre condicións de vida e traballo de cada país.

http://ec.europa.eu/eures/home.jsp?lang=es

SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO

O Servizo Voluntario Europeo (SVE) apoia o traballo voluntario transnacional da xuventude. O seu obxectivo é desenvolver a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade, fundamentalmente para reforzar a cohesión social na Unión Europea.

http://europa.eu/youth/country/76/theme/46_es

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación publica unha serie de guías que permiten obter unha maior orientación na carreira profesional internacional:

http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/OportunidadesProfesionalesFormacion/Paginas/Inicio.aspx

INFORMACIÓNOUTRAS BOLSAS

Existen numerosas páxinas que informan das bolsas de estudo vixentes noutros países. Entre elas cabe destacar dúas:

http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/OportunidadesProfesionalesFormacion/Paginas/Inicio.aspx

http://sre.gob.mx/becas/

Page 158: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS156

5. MÁIS INFORMACIÓN

páxinas WeB de interese

• Fundación Galicia Europa http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/

• Unión Europea http://europa.eu

• Comisión Europea http://ec.europa.eu/index_es.htm

• Dirección Xeral de Educación e Cultura (EAC) da Comisión Europea http://ec.europa.eu/youth/index_en.htm

• Representación da Comisión Europea en España http://ec.europa.eu/spain/

• Consello da Unión Europea http://www.consilium.europa.eu/homepage.aspx?lang=es

• Parlamento Europeo http://www.europarl.europa.eu/news/es

• Oficina do Parlamento Europeo en España http://www.europarl.es

• Representación Permanente de España ante a Unión Europea http://www.es-ue.org

• Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/Paginas/inicio.aspx

• Ministerio de Educación, Cultura e Deporte http://www.educacion.gob.es

• Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia http://www.edu.xunta.es/

• Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia http://xuventude.xunta.es/

Page 159: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 157

5. MÁIS INFORMACIÓN

• Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID)

http://www.aecid.es

• Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos de España

http://www.oapee.es/

• Consello da Xuventude de España (CJE)

http://www.cje.org/

• Instituto da Xuventude en España (INJUVE)

http://www.injuve.es/

• Axencia Nacional Española do Programa Xuventude en Acción

http://www.juventudenaccion.injuve.es/

• Axencia de Educación, Audiovisual e Cultura da Unión Europea

http://eacea.ec.europa.eu/

• Portal Europeo da Xuventude

http://europa.eu/youth/es

• Euroscola

http://www.euro-scola.com/

• European Youth Foundation (EYF) do Consello de Europa

http://www.eyf.coe.int/fej/

• Carné Xove Europeo

http://www.euro26.org/

• Foro Europeo da Xuventude

http://www.youthforum.org

• EURODESK (Servizo de información sobre Europa para a mocidade)

http://www.eurodesk.org/

• EURYDICE (Rede Europea de Información Educativa)

http://www.eurydice.org/

Page 160: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS158

5. MÁIS INFORMACIÓN

• ERYICA (Páxina web dirixida a quen traballa con información xuvenil)

http://www.eryica.org/

• Erasmus Student Network (Asociación interdisciplinar de estudantes de Europa)

http://www.esn.org/

• UNIVERSIA (información para universitarios)

http://www.universia.es

• Portais de prácticas e ofertas de traballo no eido internacional e da Unión Europea:

o http://www.iagora.com/::lang=es

o http://www.eurobrussels.com/

o http://jobs.euractiv.com/

Page 161: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
Page 162: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
Page 163: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais
Page 164: Guía de prácticas e saídas laborais na UE e organizacións internacionais

prácticas esaídas laboraisna Unión Europea eOrganizacións Internacionais

Guía de

na U

nió

n E

uro

pea e

Org

aniz

ació

ns In

tern

acio

nais

práctic

as e

saíd

as la

borais

Guía

de

Bolsas

Estadías

Prácticas

Idiomas

LOMO9 mm