guÍa didÁctica xestiÓn de residuos urbanos · 2012-10-31 · separar para reciclar no modelo...

34

Upload: others

Post on 02-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía
Page 2: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

2

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMAINTRODUCIÓNINTRODUCIÓN

Os residuos urbanos constitúen unha das principais

ameazas medioambientais ás que debemos facer fronte.

Todos, sen excepción, producimos desperdicios e,

ademais, facémolo a diario, sen ser conscientes do dano

que estamos a ocasionar ao planeta no que vivimos.

Non podemos permitir que o lixo perxudique o noso

contorno natural e que acabe afectando á nosa saúde,

ao noso benestar e á nosa economía. É hora de poñerse

ao choio.

Conseguiremos minimizar este problema se

todos aportamos algo. Trátase de asumir a nosa

responsabilidade e levar á práctica pequenos xestos,

hábitos e comportamentos cos que contribuír a unha

xestión sostible dos refugallos.

Page 3: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

3

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Co obxecto de facilitar que a veciñanza en xeral poida

interiorizar a famosa estratexia dos tres erres (Redución,

Reutilización e Reciclaxe), o traballo dos concellos a

través da educación ambiental resulta esencial.

Así, a pretensión desta guía, dirixida fundamentalmente

aos técnicos de medio ambiente e representantes dos

distintos municipios galegos, non é outra que a de

subministrar a información básica relativa á axeitada

xestión dos residuos domiciliarios a fin de que sexa

trasladada á cidadanía con suficientes garantías.

INTRODUCIÓNINTRODUCIÓN

Page 4: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

4

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Ademais dos beneficios ambientais, a redución

da produción de refugallos e a correcta

clasificación dos mesmos en orixe, traerá

consigo importantes vantaxes para as arcas locais,

conseguindo diminuír as cantidades desviadas a

Sogama e, polo tanto, o importe da factura que deben

pagar a esta entidade pública, ao tempo que recibirán

máis ingresos por parte dos Sistemas Integrados de

Xestión (SIG).

INTRODUCIÓNINTRODUCIÓN

Page 5: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

5

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMAOS TRES ERRES

Reducir, Reutilizar e Reciclar

ou, o que é o mesmo, a estratexia comunitaria dos tres

erres, constitúe o soporte de todo sistema de xestión

de residuos, con independencia do tratamento finalista

polo que se teña optado. No caso de Sogama, esta

Sociedade engade un cuarto R, o da Recuperación

enerxética da fracción non reciclable, que transforma en

electricidade. Así, logra poñer en valor, desde o máximo

respecto ao medio ambiente e á saúde pública, aquela

parte dos residuos que, doutro xeito, acabarían nun

vertedoiro, última opción na xestión xerarquizada que

promulga a Unión Europea.

Page 6: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

6

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Non é máis que producir menos residuos. O lixo que

acumulamos nas nosas casas ao final do día ten que

ser tratado e isto supón un gran custe, tanto ambiental

como económico. Se logramos diminuír a cantidade de

desperdicios xerados, axudaremos a protexer o medio

ambiente e a aforrar cartos. Porque a súa recollida e axeitado

tratamento constitúen servizos esenciais que, ao igual que a

auga, a luz, a gasolina, etc, debemos pagar. Cantos menos

refugallos xeremos, menos refugallos a tratar.

CLAVES PARA REDUCIRConsumir de forma responsable. O mellor é elaborar unha

lista do que realmente se necesite.

Evitar a adquisición de produtos sobreenvasados e

sobreempaquetados.

Dar preferencia aos envases grandes e de tamaño familiar, e

rexeitar os envoltorios individuais.

Evitar os artigos de usar e tirar.

Poñer freo ao consumo desmesurado de bolsas plásticas.

Reutilizar as de tea e rafia e recuperar o tradicional carriño da

compra. É moito máis cómodo e ecolóxico.

REDUCIR

Page 7: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

7

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Aproveitar os restos de alimentos para a elaboración de

novos menús, evitando que acaben no caldeiro do lixo.

Sogama editou no seu momento unha publicación,

bautizada co nome “Para repañar o prato!”, na que dá

conta de distintas receitas de cociña a partir de sobras

de comida. O contido da mesma está a disposición dos

interesados a través da nosa páxina web, na seguinte

ligazón:

www.sogama.es/gl/info/publicacions

REDUCIR

Page 8: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

8

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Significa alongar a vida útil dos produtos antes de que

acaben sendo convertidos en residuos.

CLAVES PARA REUTILIZARUsar o papel polas dúas caras e optar polo papel reciclado.

Utilizar pratos e vasos de louza, cerámica e cristal e rexeitar

a súa versión en plástico.

Dar preferencia aos panos de mesa e panos de man de tea

en lugar de panos de mesa e panos de man de papel.

Os botes de vidro pódense utilizar de novo para envasar

distintos produtos e gardar determinados utensilios. Tamén

se poden empregar como elementos decorativos.

As latas de bebidas pódense converter en lapiceiros e

pequenas macetas para plantas. Coas argolas ata se

poden fabricar pulseiras.

REUTILIZAR

Page 9: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

9

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR

Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e

depositando cada tipoloxía no contedor correspondente

a fin de propiciar o seu posterior recilado.

Á hora de separar, os envases pódennos dar pistas. A

través deste símbolo , coñecido como Punto Verde,

indícase que o fabricante que puxo un determinado

envase no mercado pagou unha cantidade de diñeiro

para facer posible a súa reciclaxe. Deste xeito teremos

a certeza que ese envase, unha vez convertido en

refugallo, poderase depositar nun dos tres contedores

de recollida selectiva que hai nas rúas: o iglú verde,

se é de vidro, no azul, se é de papel ou cartón, ou no

amarelo, se é un envase de plástico, de metal ou un brik.

Page 10: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

10

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR

ContedorAmarelodestinado a acoller envases de

plástico, latas e briks, ou, o que é

o mesmo, a denominada

“bolsa amarela”.

Botellas de plástico que contiveran líquidos (aceites

vexetais, refrescos, augas minerais, leite).

Botes de plástico groso que contiveran produtos de

aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, lavalouza,

suavizante, etc).

Latas de bebidas e de conservas.

Briks de leite, viño ou zumes de froitas.

Bandexas de porexpán ou corcho blanco.

Redes de envoltorios de froitas ou verduras.

Plásticos filme: bolsas finas, plástico para envolver.

Envases mixtos distintos aos briks tales como bolsas de

aperitivos, envases de bolería industrial...

Page 11: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

11

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR

Non se debe depositar nestes recipientes residuos de

plástico que non sexan envases (por exemplo, xoguetes,

cepillos de dentes, rotuladores, películas de vídeo, carretes

de fotos, cables eléctricos, enchufes, etc) e, por suposto,

non introducir neste contedor cueiros, restos de alimentos,

papel, vidro, pilas, etc.

Recorda que o plástico elabórase cun dos recursos

naturais máis valiosos e non renovables da terra: o petróleo.

“Cada hora os españois tiramos ao lixo miles de botellas

de plástico coas que se podería cubrir toda a superficie da

Península ao cabo dun ano”.

Ten en conta que:Para unha manipulación máis hixiénica e unha mellor

reciclaxe, aconséllase que os envases estean baleiros

antes de depositalos no contedor amarelo.

Non se deben introducir uns envases dentro doutros, xa

que isto dificulta o labor das plantas de clasificación.

É conveniente pregar todos os envases que o permitan, xa

que deste xeito ocuparán menos espazo, tanto no fogar

como no contedor.

ContedorAmarelo

Page 12: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

12

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR

ContedorAzulno que debemos depositar papel

e cartón. Por exemplo...

Xornais e revistas.

Cadernos (sen argolas, grampas nin arames).

Papel de envolver, de embalar.

Caixas de cartón.

Cartóns de ovos.

Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou

cartón).

Libros.

Non se debe depositar papeis de calco, briks de leite,

zume e viño, así como papel ou cartón sucios de graxa.

Recorda que “cada ano tiramos ao caldeiro do lixo uns

3 millóns de quilos de papel e cartón. Con eles poderíase

levantar un muro dunha punta a outra do país”. ContedorAzul

Page 13: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

13

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR

IglúVerdedestinado á recollida de botellas,

frascos e tarros de vidro.

Non se deben depositar tapas, tapóns e cortizas, así como

vidros especiais (parabrisas, pantallas de televisión e

ordenador, lámpadas, espellos, etc.).

Recorda “cada semana tiramos ao lixo entre 20 e 25

toneladas de envases de vidro. Con eles poderías encher

un rañacaeos desde o sótano ata o último piso”.

Page 14: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

14

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR

Minicontedorde pilas:

Recorda que é necesario dar preferencia ao uso de pilas

recargables ou “verdes”, que non conteñen metais tales

como mercurio e cadmio. Aínda que, en principio, poden

resultar máis caras, a longo prazo saen máis económicas

(recárganse miles de veces) e son máis ecolóxicas.

pódese atopar en centros

escolares, concellos, asociacións,

establecementos comerciais, etc.

As pilas botón, utilizadas

especialmente en audífonos,

calculadoras e algúns reloxios, son máis contaminantes. Unha

soa pila de botón pode chegar a contaminar ata 600.000 litros

de auga, e unha alcalina, 167.000 litros.

Page 15: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

15

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR

ContedorXenériconeste debemos depositar os

residuos que non entran no

circuíto da recollida selectiva:

orgánicos (restos de alimentos)

e non reciclables (cueiros,

compresas, panos de mesa de

papel, roupa deteriorada, etc …).

Recorda que naqueles lugares nos que sexa factible, a

compostaxe doméstica pode representar unha magnífica opción

para reducir a produción de residuos e contribuír á reciclaxe da

materia orgánica, incorporándoa de novo ao solo en forma de

fertilizante natural co que mellorar a súa estrutura..

Page 16: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

16

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Os habitantes do rural poden avaliar a posibilidade de

facerse cun composteiro, no que deben depositar restos

orgánicos, vixiando que a humidade e temperatura do

mesmo sexa a axeitada. Con isto terán a oportunidade

de fabricar un abono de calidade para utilizar nas hortas

e xardíns das súas casas, diminuíndo as cantidades

de residuos destinadas ao contedor xenérico. Sogama

dispón dun manual de autocompostaxe para axudar aos

interesados a fabrica un bo compost. Pódese descargar a

través da seguinte ligazón:

www.sogama.es/gl/campanha/programa-de-compostaxe-domestica

SEPARAR PARA RECICLAR

www.sogama.es/gl/campanha/programa-de-compostaxe-domestica

Page 17: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

17

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Así mesmo, podes poñer a proba os teus coñecementos

en materia de recollida selectiva co xogo interactivo de

Sogama “Separar para reciclar”, accesible dende o seu

sitio web

www.sogama.es/gl

SEPARAR PARA RECICLAR

Page 18: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

18

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

A súa función é recoller os residuos perigosos xerados no

fogar (fluorescentes, vernices, envases de insecticidas e

fitosanitarios, aceites vexetais usados, …); voluminosos

(mobles, colchóns, …), residuos de liña branca (lavadoras,

frigoríficos, …) e de liña marrón (televisores, equipos de

música, ordenadores), así como restos de pequenas obras

en domicilios.

Os puntos limpos son recintos pechados que contan con

contedores específicos para cada tipo de material.

Puntos limpos

Recorda que “cada residuo destínase ao seu

correspondente reciclador, onde recibe un axeitado

tratamento conforme as súas características e grao de

toxicidade”.

Page 19: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

19

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

Das distintas fraccións de residuos anteriormente

sinaladas, Sogama asume a xestión de dúas: o contedor

amarelo (envases lixeiros) e o contedor xenérico (orgánicos

e non reciclables). Do resto encárganse directamente os

concellos, entregándoos a xestores autorizados.

PROCESO DE RECICLADO DA BOLSA AMARELAOs envases depositados no recipiente de cor amarela seguen este percorrido:

Selección no fogar e correcto depósito no contedor amarelo.

Recollida diferenciada polos servizos municipais.

Traslado á estación de transferencia máis próxima (en Galicia hai 37), onde os envases lixeiros se trasvasan a contedores de maior capacidade (20 toneladas cada un).

A B

CA

B

C

Page 20: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

20

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

Transporte destes contedores á Planta del Clasificación de Sogama, situada no Complexo Medioambiental de Cerceda, na provincia da Coruña.

Selección mecánica das distintas tipoloxías de material e prensado e embalado das mesmas.

Remisión do material clasificado aos centros recicladores e reincorporación ao circuíto comercial como novos produtos.

D E

F

D

E

F

Page 21: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

21

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

As técnicas de reciclado varían en función do tipo de material. No caso dos envases de plástico, hai dúas opcións: o reciclado mecánico, quizás o máis utilizado para os obxectos de maior tamaño, e o reciclado químico. Respecto ao primeiro, a secuencia de tratamento consiste en triturar os envases e fundir as escamas resultantes, obtendo uns gránulos, denominados “granza”, materia prima que se utiliza para a fabricación de novos obxectos de plástico reciclado.

O reciclado químico considérase máis apropiado para os envases que conteñen unha mestura de plásticos difíciles de separar, descompoñendo o material nas súas unidades máis pequenas (polímeros).

En realidade é coma se se dese “marcha atrás” ao momento da súa fabricación, conseguindo así a materia prima básica.

Maceteiros, caldeiros, tubaxes de desaugadoiro, cadeiras, bancos, sinais de tráfico, baldosas, paneis, etc, constitúen, entre outros, obxectos procedentes da reciclaxe de plástico duro.

A partir do plástico fino pódense obter sacos industriais, bolsas plásticas para o lixo, … E, a partir do Pet (Polietileno Tereftalato – as típicas botellas plásticas de auga e refrescos-) podemos confeccionar traxes de poliéster, recheo sintético, alfombras, felpudos, …

As técnicas de reciclado varían en función do tipo de

Page 22: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

22

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

Os envases metálicos son sometidos a un proceso de refundición para fabricar novos envases e outro tipo de pezas. Pódense reciclar de 30 a 40 veces.

Pola súa parte, os briks, que, como ben sabemos, permiten unha óptima conservación dos produtos, entrañan quizás maiores dificultades á hora de ser reciclados. A razón reside no seu carácter mixto, xa que están compostos por unha capa de papel de alta calidade, que lles proporciona rixidez; outra de aluminio, que preserva os alimentos da luz e do osíxeno; e outra máis de polietileno (plástico), que lles confire estanquidade. Na actualidade, existen dúas alternativas de aproveitamento: o repulpado ou hidropulpado, sistema tradicionalmente utilizado en Europa, mediante o cal se separan, nun tambor de auga, as fibras de cartón do resto de materiais. Mentres que estas se utilizan para fabricar novos produtos de papel reciclado tales como bolsas, sacos de papel, oveiras, etc, o polietileno e o aluminio valorízanse enerxeticamente.

Outra posibilidade, máis estendida en Asia, é triturar os briks na súa totalidade, converténdoos nunha masa que se quenta e prensa a uns 170ºC co obxectivo de fundir o plástico, que actúa como pegamento entre os distintos compoñentes. O resultado é unha plancha de aglomerado, resistente e impermeable, que sirva para fabricar mobles, chans, paneis, maletas, etc.

Page 23: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

23

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

As posibilidades da reciclaxe son moitas e as súas vantaxes ambientais, a nivel de aforro de enerxía e materias primas, incuestionables, pero non deben perderse de vista os beneficios económicos para as arcas locais. E é que canto mellor se faga a recollida selectiva, maior cantidade e calidade dos materiais desviados a reciclaxe, recibindo os concellos máis ingresos por parte dos Sistemas Integrados de Xestión, coa particularidade de que, ao depositar menos refugallos nos contedores convencionais, reducirán o importe da factura que deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento da bolsa negra.

Reciclar non é máis que poñer en valor os residuos, ampliando o seu ciclo de vida, pero a viabilidade de todo isto está condicionada polo labor máis importante, a que está nas nosas mans: a separación.

Page 24: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

24

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

PROCESO DE RECUPERACIÓN DA BOLSA NEGRASelección no fogar e correcto depósito dos residuos orgánicos e non reciclables no contedor xenérico.

Recollida diferenciada polos servizos municipais.

Traslado á estación de transferencia máis próxima (o territorio galego dispón de 37), onde se trasvasa a contedores de gran capacidade (20 toneladas cada un).

A

B

C

Page 25: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

25

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMAEsquema funcionamiento dunha planta de transferencia tipo

FASE IO camión de recollida domiciliaria accede ao recinto e, despois de ser pesado, sube ata unha plataforma superior.

FASE IIIUn sinxelo émbolo introduce os RU nun contedor, sen empacamento nin apertura de bolsas ou cualquera outra manipulación.

FASE IIUnha vez situado en posición, realiza a descarga sobre a moega.

FASE IVFinalizada a descarga, a instalación queda pechada esperando a chegada do seguinte camión de recollida.

Page 26: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

26

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

Transporte destes contedores, por tren ou estrada, ao

Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda (A

Coruña). Mentres que por estrada se pode desprazar un so

contedor por viaxe, a través do ferrocarril pódense mover ata

30 unidades á vez, cos conseguintes beneficios ambientais

e sociais. Entre o 40 e o 45% dos residuos procesados no

Complexo cercedense desprázanse por tren.

Depósito do lixo na Planta de Elaboración de Combustible,

onde se separan elementos reciclables tales como

o aceiro e o aluminio, que son remitidos á industria

recicladora. Os non reciclables son clasificados por

tamaños (superior e inferior a 12 centímetros), triturando

a parte grosa e secando a parte fina. Ambas as dúas

fraccións mestúranse a posteriori acondicionando un

combustible derivado de residuos (CDR) que se queima

de forma controlada na Planta Termoeléctrica para

producir enerxía eléctrica suficiente coa que abastecer

100.000 vivendas. Deste xeito a entidade logra engadir

aos tres erres, un cuarto, o da Recuperación enerxética.

D

E

Page 27: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

27

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

Sogama utiliza modernas tecnoloxías de depuración de gases

coas que garante que as emisións á atmosfera estean moi

por baixo dos límites fixados pola lei, levando a cabo unha

actividade industrial respectuosa co medio ambiente e a

saúde das persoas.

F

Page 28: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

28

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Deste proceso queda un residuo final: as escouras e as

cinzas, que son dispostas de forma controlada en depósitos

independentes habilitados para tal fin.

Respecto ás primeiras, catalogadas como residuos non perigosos, estase estudando a súa aplicación na construción civil, substuíndo aos áridos convencionais.

As segundas, calificadas como perigosos, son almacenadas en sacos big bags e dispostas nun recinto específico en condicións axeitadas, tanto ambientais como de seguridade.

Dado que o Complexo Medioambiental se atopa sobresaturado (ten capacidade para procesar un máximo de 550.000 toneladas anuais e a Sociedade recibe preto de 900.000), este apóiase nun vertedoiro controlado (o vertedoiro de Areosa) no que se deposita o excedente de lixo e se aproveita o biogás producido pola descomposición da materia orgánica para transformalo en enerxía eléctrica. Con isto evítase, ademais, a emisión directa de gas metano á atmosfera e, polo tanto, a súa contribución ao efecto invernadoiro e ao cambio climático.

RECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

G H

Page 29: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

29

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

O novo Plan de Xestión de Residuos Urbanos da Xunta de

Galicia para o período comprendido entre os anos 2010 e

2020 virá a solventar esta situación coa creación de novas

infraestruturas de tratamento, ademais de materializar unha

serie de iniciativas coas que persegue reducir a produción

de residuos nun 10%, incrementar a reutilización e a

reciclaxe ata o 30% (fronte ao 10% actual) e minimizar o

vertido final (pasando do 52% actual ao 24%).

Para coñecer os pormenores do plan, pincha aquí

www.cmati.xunta.es

RECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO

I

Page 30: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

30

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

296 dos 315 concellos existentes en Galicia utilizan os servizos

de Sogama para a xestión do lixo convencional. Isto quere dicir

que en torno a 2.316.000 habitantes entregan a esta empresa

pública os refugallos depositados nos contedores xenéricos

(habitualmente de cor verde).

279 dos 315 municipios envían a Sogama os residuos

introducidos pola poboación nos contedores amarelos, o que

implica que en torno a 2.264.000 habitantes entregan a esta

entidade os envases de plásticos, as latas e os briks xerados

nos seus fogares.

20 Plantas de Transferencia de SOGAMAComplexo Medioambiental de SOGAMA11 Microplantas da Diputación de Ourense5 Plantas de Transferencia construidas pola Xunta1 Planta da Mancomunidade do Morrazo

SOGAMAPENDENTENOSTIÁNBARBANZA

MAPA SITUACIÓN DA XESTIÓN DOS RESIDUOS URBANOS EN GALICIA

Page 31: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

31

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Xunto con Sogama, existen outras dúas plantas de tratamento

de residuos na nosa comunidade: a de Nostián, que dá

servizo á cidade de A Coruña e área metropolitana (coreados

en amarelo) e a de Lousame (coreados en marrón), que dá

servizo aos concellos que forman parta da Mancomunidade do

Barbanza.

As tres plantas levan a cabo un proceso de recollida selectiva.

A diferenza está no tratamento dos restos orgánicos. Nostián

e Lousame elaboran compost, depositando en vertedoiro

o que non se pode compostar nin reciclar, mentres que

Sogama transforma en enerxía eléctrica a parte non reciclable,

apoiándose nun vertedoiro controlado, ao que desvía aos

residuos que o Complexo de Cerceda non pode valorizar por

falta de capacidade.

MAPA SITUACIÓN DA XESTIÓN DOS RESIDUOS URBANOS EN GALICIA

Page 32: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

32

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

Coa reciclaxe de 1 quilo de latas de aceiro, afórrase a

enerxía suficiente para manter acendida unha lámpada

de 60 W durante dous días, mentres que tirar unha lata de

aluminio equivalería a desperdiciar a enerxía de media lata de

gasolina.

Cada seis meses tiramos aluminio en cantidade suficiente

para volver construír todos os avións das nosas liñas aéreas.

A enerxía que se aforra reciclando unha soa lata de aluminio

pode facer funcionar un televisor durante tres horas.

Coa reciclaxe de 2 toneladas de briks afórrase o equivalente

a unha tonelada de petróleo.

Non existe límite ao número de veces que se pode fundir e

reutilizar o aluminio. A lata que estás bebendo hoxe pode ser

parte doutro envase de hai 20 anos. E se a reciclas, poida

que alguén beba dela dentro doutros vinte.

No contorno natural, unha lata férrica de refresco tarda 8 anos

en degradarse, e 100 anos se é de aluminio. Unha botella de

plástico seguirá intacta 10 anos despois e, se non lle dá a luz,

permanecerá inalterable durante séculos.

As bolsas plásticas non biodegradables tardan 4 séculos en

descompoñerse.

Cunha tonelada de papel recuperado evitamos a tala dunhas

24 árbores adultas, así como o consumo de 24 metros

cúbicos de auga e 4.100 Kw de electricidade.

SABÍAS QUE …

Page 33: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía

33

GUÍA DIDÁCTICAXESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

NO MODELO SOGAMA

O papel variado (que inclúe caixas de ovos, de zapatos, de

cereais, de galletas, papel de regalo, sobres, propaganda,

tubos de papel hixiénico, …) non se pode reciclar para

converterse en papel de escribir de gran calidade, pero

pódese transformar en cartolina (como a utilizada na caixas

de cereais) e en papel para impermeabilizar tellados.

De cada 1.000 quilos de cartón que se recollen, obtéñense

850 quilos de cartón reciclado.

Reciclar unha soa botella de vidro pode aforrar enerxía

suficiente para ter acendida unha lámpada de 100 W durante

catro horas ou un televisor durante tres horas.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

www.sogama.es

www.facebook.com/educacionambientalsogama

www.twitter.com/#!/EASogama

www.tuenti.com/educacionmedioambientalsogama

www.cmati.xunta.es

www.ecoembes.com

www.ecovidrio.es

SABÍAS QUE …

Page 34: GUÍA DIDÁCTICA XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS · 2012-10-31 · SEPARAR PARA RECICLAR NO MODELO SOGAMA Clasificando axeitadamente os residuos en orixe e depositando cada tipoloxía