guía de usuario: sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato xml....

12
Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario Data 28/02/2012

Upload: others

Post on 15-Oct-2019

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

Guía de Usuario:

Sinatura de documentos do usuario

Data

28/02/2012

Page 2: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

CONTROL DE REVISIÓN

Historia Versión Data Documentos substituído Descrición / Detalles

0.1.0 29/09/2010 Versión Inicial

0.2.0 07/12/2010 Actualizado screenshots y requisitos

0.3.0 28/02/2012 Actualizado screenshots

Cambios dende o última versión Actualizar as capturas de pantalla.

Difusión Propietario: USC

Escritor: Balidea

Aprobado por:

Asinado:

Data: 28/02/2012

Distribución:  

Referencias

 

Page 3: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

Page 4: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

Contido 1.  INTRODUCIÓN 6 

2.  REQUISITOS 7 

3.  ACCESO 8 

4.  MODO DE USO 9 

4.1  SELECCIÓN DE DOCUMENTO 9 

4.2  CÓDIGO CAPTCHA 9 

4.3  SINATURA DO DOCUMENTO 10 

5.  ANEXO: FORMATO DE SINATURA 11 

5.1  XADES XL 11 

5.2  FORMATO FICHEIROS PARA SINATURA 11 

5.3  FORMATO DE SINATURA 12 

Page 5: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

1. Introdución

A aplicación da sinatura de documentos do usuario permite asinar electronicamente os documentos que están custodiados polo usuario, é dicir, que se atopan no seu equipo.

Para realizar a sinatura electrónica, o usuario debe dispoñer dunha ferramenta de sinatura como, por exemplo, o DNI Electrónico. A sinatura realízase no ordenador do usuario e engádenselle unha serie de elementos adicionais que lle outorgan ao documento resultante maiores garantías.

O documento que se vai asinar pode ser un arquivo de calquera formato, e o documento resultante é un documento XML que contén o tanto o documento orixinal como a sinatura.

Para máis detalles sobre o formato da sinatura electrónica, consúltese o Anexo correspondente.

Page 6: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

2. Requisitos

É necesario que o usuario dispoña de ferramentas de sinatura electrónica, tales coma o DNI electrónico ou calquera outro certificado electrónico válido para a realización de sinaturas electrónicas.

No caso dos certificados electrónicos baseados en dispositivos seguros de creación de sinatura (tarxetas intelixentes ou tokens USB) cómpre ter instalados os controladores correspondentes.

Pódense descargar os controladores para o DNI Electrónico dende a seguinte ligazón:

http://www.dnielectronico.es/descargas/index.html

Cómpre ter instalado Java 1.6 ou superior para o correcto funcionamento da aplicación. Pódese descargar gratuitamente da ligazón:

http://www.java.com/es/download/

Sopórtanse os seguintes navegadores web:

o FireFox 3.0

o IE 8

o Safari

Sopórtanse os seguintes OS:

o Windows

o Linux

o Mac OS

Page 7: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

3. Acceso

Para usar a función de sinatura de documentos cómpre acceder á Aplicación Pública de Sinatura e Validación da USC a través do seguinte URL:

https://aplicacions.usc.es/eadmin/ferramentas

Despois de acceder á aplicación selecciónase na barra lateral ou no corpo da páxina “Asinar”, tal como se mostra na seguinte imaxe:

Page 8: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

4. Modo de uso

4.1 Seleccionar documento

Cómpre seleccionar o documento que se vai asinar. Calcando sobre o botón “Examinar” ábrese unha ventá para que se seleccione un documento almacenado no equipo:

O documento pode ser de calquera tipo (PDF, Word, imaxe...). O documento asinado resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información.

4.2 Código captcha

Para evitar ataques de forza bruta, cómpre introducir ademais un código alfanumérico, denominado código captcha, que aparece nunha imaxe.

En caso de que o código introducido non se corresponda co da imaxe, háselle mostrar un aviso ao usuario, aparecerá un novo código alfanumérico e deberá volver intentalo:

Page 9: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

O número de intentos que se poden realizar é ilimitado.

4.3 Sinatura do documento

Despois de facer clic en “Asinar documento”, aparecerá unha ventá que amosará os certificados dispoñibles no equipo para realizar a sinatura.

Hai que seleccionar un certificado e premer en “Seguinte”. Se o proceso se realiza correctamente, aparecerá unha pantalla dende onde se pode descargar o documento asinado.

Page 10: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

5. Anexo: Formato de Sinatura

5.1 Xades XL

O formato de sinatura que se aplica nos documentos é do tipo XADES-XL. É un tipo de sinatura, baseado en XML, que lle incorpora unha serie de elementos ao documento asinado que proporcionan garantías adicionais.

Na seguinte imaxe móstranse os datos que se inclúen nunha sinatura do tipo XADES-XL:

5.2 Formato Ficheiros para sinatura

A aplicación acepta calquera tipo de formato de ficheiro para a súa sinatura. No proceso de sinatura, o arquivo codifícase en Base64 e insírese nun documento XML que, posteriormente, se asina con XADES-XL.

Deseguido figura a estrutura do documento resultante.

Page 11: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

5.3 Formato de Sinatura

O núcleo da sinatura realízase no equipo do usuario (mediante o dispositivo seguro de creación de sinatura) e posteriormente enriquécese remotamente cos datos indicados no apartado 5.1.

Toda a información da sinatura se atopa nun nodo do documento chamado Signature.

Page 12: Guía de Usuario: Sinatura de documentos do usuario - usc.es · resultante terá formato XML. Véxase anexo para máis información. 4.2 Código captcha Para evitar ataques de forza

Guía do Usuario: Sinatura de documentos de usuario

Os elementos que se engaden remotamente para enriquecer a sinatura encóntranse dentro do nodo xades: UnsignedProperties.