€¦ · grupo parlamentario dos socialistas de galicia . méndez romeu, josé luís . sobre as...

151
Servizo de Asistencia Parlamentaria 24 de febreiro de 2015 10.00 horas

Upload: others

Post on 01-Apr-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Servizo de Asistencia Parlamentaria

24 de febreiro de 2015

10.00 horas

Page 2: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

ÍNDICE Páx. Convocatoria do Pleno ..................................................................................................... 1 Relación de membros da Cámara ................................................................................... 7 Listado para votación ...................................................................................................... 9 1.Textos lexislativos .......................................................................................................... 12 1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, formulada polo G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de publicidade institucional de Galicia. (doc. núm. 27647, PPL-000028) ................................................................................................. 13 Publicación da iniciativa, BOPG núm. 349, do 01.10.2014 ............................................................... 14 1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, formulada polo G.P. do Bloque Nacionalista Galego, pola que se crea e regula unha prestación económica de carácter periódico para as mulleres que sofren violencia de xénero. (doc. núm. 30485, PPL-000031) .......................................................................................... 33 Publicación da iniciativa, BOPG núm. 380, do 26.11.2014 ............................................................................ 34 2. Comparecencias en Pleno ............................................................................................ 50 2.1 33656 (09/CPP-000277) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Da Sra. conselleira de Traballo e Benestar, por petición propia, para informar dos dous programas acordados cos axentes sociais en materia de emprego ................................... 51 2.2 33707 (09/CPP-000281) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Da Sra. conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por petición propia, para informar do Plan rehaVita 2015-2020, de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda en Galicia ............................................................................................. 53 3. Mocións .................................................................................................................... 55 3.1 33657 (09/MOC-000109) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. (Moción a consecuencia da

Page 3: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Interpelación núm. 26009, publicada no BOPG núm. 336, do 08.09.2014, e debatida na sesión plenaria do 10.02.2015) ........................................................................................................ 56 3.2 33660 (09/MOC-000110) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Acuña do Campo, María Carmen Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa construción dos novos centros de saúde comprometidos na campaña electoral, a asunción do seu mantemento e a eliminación das barreiras arquitectónicas neles. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 1811, publicada no BOPG núm. 27, do 07.01.2013, e debatida na sesión plenaria do 10.02.2015) ..................................................... 59 3.3 33661 (09/MOC-000111) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Val Alonso, José Ramón Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co Plan de xestión da sardiña para os próximos tres anos. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 26027, publicada no BOPG núm. 336, do 08.09.2014, e debatida na sesión plenaria do 10.02.2015) ........................................................................................................ 62 4. Proposicións non de lei en Pleno ................................................................................. 65 4.1 16768 (09/PNP-001196) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Quintas Álvarez, María Remedios e 3 máis Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en materia de emprego e apoio ás mulleres traballadoras. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 224, do 17.01.2014 ............................................................................ 66 4.2 32069 (09/PNP-002331) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Santalices Vieira, Miguel Ángel e 7 máis Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa aprobación da oferta pública de emprego correspondente ao exercicio de 2015. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 410, do 05.02.2015 ............................................................................ 70 4.3 32070 (09/PNP-002332) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación de parálise na que atopan as obras na residencia de persoas maiores de Caranza, en Ferrol. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 410, do 05.02.2015 ............................................................................ 73

Page 4: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

4.4 32726 (09/PNP-002404) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación con calquera proxecto de construción dunha planta de xestión e tratamento de residuos no concello de Pontevedra. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 410, do 05.02.2015 ............................................................................ 76 4.5 32866 (09/PNP-002416) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da suspensión do proxecto denominado Autovía A-27. Tramo: Vilaboa-A Ermida. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 414, do 11.02.2015 ............................................................................ 80 4.6 32933 (09/PNP-002424) Grupo Parlamentario Mixto Martínez García, María Consuelo Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co concerto sanitario asinado polo Sergas con Povisa e as medidas de extinción de emprego previstas pola Dirección do centro. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 414, do 11.02.2015 ............................................................................ 84 4.7 33013 (09/PNP-002429) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Blelén Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir a titularidade e uso civil do Panteón de Galegos Ilustres, así como difundir a súa historia, significado e relevancia como patrimonio de Galicia. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 414, do 11.02.2015. ........................................................................... 93 4.8 33216 (09/PNP-002436) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa rede de saneamento e os sistemas de depuración dos concellos que verten á ría de Pontevedra. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 414, do 11.02.2015. ........................................................................... 97 5. Interpelacións ............................................................................................................... 100 5.1 31162 (09/INT-001131) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Belén

Page 5: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Sobre a valoración do Goberno galego dos últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística en relación co uso da lingua galega e as actuacións previstas ao respecto. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 392, do 17.12.2014 ............................................................................ 101 5.2 31436 (09/INT-001135) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Caamaño Domínguez, Francisco e 2 máis Sobre a valoración polo Goberno galego da última enquisa do Instituto Galego de Estatística na que se reflicte unha caída do uso do galego entre as mozas e mozos de Galicia. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 399, do 05.01.2015 ............................................................................ 105 5.3 31518 (09/INT-001139) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Soneira Tajes, María Soledad e 6 máis Sobre as accións que levou a cabo o Goberno galego diante das actuacións xudiciais que implican a distintos altos cargos da Xunta de Galicia. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 399, do 05.01.2015 ............................................................................ 108 6. Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta .............................................. 112 6.1 33676 (09/POPX-000115) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Méndez Romeu, José Luís Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos públicos da cidadanía ........................................................................................... 113 6.2 33677 (09/POPX-000116) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego diante do sufrimento das persoas enfermas de hepatite C .......................................................................................... 115 6.3 33698 (09/POPX-000117) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Díaz Pérez, Yolanda Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para garantir a dispensación dos novos fármacos existentes a todas as persoas afectadas de hepatite C ......................................... 117

Page 6: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

7. Preguntas ao Goberno ................................................................................................. 119 7.1 33717 (09/PUP-000182) Grupo Parlamentario popular de Galicia Arias Veira, Pedro Manuel e 7 máis Sobre os logros acadados para Galicia na viaxe á México, Perú e Colombia do Sr. presidente da Xunta de Galicia, iniciado o 13 de febreiro de 2015 ........................................... 120 7.2 32542 (09/POP-002954) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para evitar a discriminación que padecen as persoas consumidoras galegas, a consecuencia das diferenzas no prezo dos combustibles entre as comunidades autónomas. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 410, do 05.02.2015 ............................................................................ 123 7.3 32943 (09/POP-003019) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e 2 máis Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para defender o dereito dos cidadáns galegos ao acceso aos estudos universitarios con independencia dos seus recursos económicos. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 414, do 11.02.2015 ............................................................................ 126 7.4 33032 (09/POP-0003035) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Belén e Adán Villamarín, María do Carme Sobre a opinión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto da contratación dun videoclip de Enrique Iglesias. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 414, do 11.02.2015 ............................................................................ 131 7.5 31804 (09/POP-0002839) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Fajardo Recouso, Juan Manuel Sobre a execución do Plan de emprego para perceptores da Risga. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 404, do 22.01.2015 ............................................................................ 133 7.6 33696 (09/PUP-000178) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Gallego Calvar, María Carmen e 3 máis Sobre as xestións levadas a cabo pola Consellería de Traballo e Benestar para resolver a problemática xerada no traslado de persoas con discapacidade do centro San Francisco de Vigo a Doral Residencial en Mos ...................................................................... 136

Page 7: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

7.7 31922 (09/POP-002853) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto da modificación da orde pola que se establece o Plan de xestión para a sardiña en augas ibéricas. Publicación da iniciativa, BOPG núm. 404, do 22.01.2015 ............................................................................ 139 7.8 33699 (09/PUP-000180) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Beiras Torrado, Xosé Manuel e 6 máis Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego en relación coas irregularidades detectadas na xestión do Centro Tecnolóxico Alimentario .......................................................... 142

Page 8: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

1

Page 9: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

2

Page 10: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

3

Page 11: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

4

Page 12: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

5

Page 13: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

6

Page 14: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

RELACIÓN DE MEMBROS DE PLENO DO PARLAMENTO

POR ORDE ALFABÉTICA

María Carmen Acuña do Campo SMaría do Carme Adán Villamarín BNGPedro Manuel Arias Veira PAgustín Baamonde Díaz PJosé Manuel Balseiro Orol PXosé Manuel Beiras Torrado AGEMoisés Blanco Paradelo PMaría Concepción Burgo López SFrancisco Caamaño Domínguez SAngel Camino Copa PJaime Castiñeira Broz PYolanda Díaz Pérez AGERicardo Vicente Docasar Docasar SJavier Dorado Soto PJuan Manuel Fajardo Recouso AGEHipólito Fariñas Sobrino PRaúl Fernández Fernández SJosé Santiago Freire Abeijón PMaría Carmen Gallego Calvar SJosé Manuel Gallego Lomba SPablo García García SMaría Isabel García Pacín PAlejandro Gómez Alonso PJuan Carlos González Santín SJavier Jorge Guerra Fernández PCarmen Iglesias Sueiro MJaime Íñiguez Martínez PFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGAbel Fermín Losada Álvarez SMaría Consuelo Martínez García MVidal Martínez-Sierra López PJosé Luis Méndez Romeu SJacobo Moreira Ferro PAntonio Mouriño Villar PEnrique Nóvoa López PAurelio Alfonso Núñez Centeno PAlberto Núñez Feijóo PRosa Oubiña Solla PMaría del Carmen Pardo López PMaría Tereixa Paz Franco BNGBerta Pérez Hernández PMaría Soledad Piñeiro Martínez PCosme Eladio Pombo Rodríguez BNGAna Belén Pontón Mondelo BNGMaría Herminia Pouso Maneiro P

7

Page 15: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

María Montserrat Prado Cores BNGPaula Prado del Río PJesús Miguel Prado Patiño PPedro Puy Fraga PMaría Remedios Quintas Álvarez SDaniel Rodas Chapela BNGMarta Rodríguez Arias PMaría Julia Rodríguez Barreira PRomán Rodríguez González PMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez PPilar Rojo Noguera PCristina Isabel Romero Fernández PJosé Javier Ron Fernández AGEAlfonso Rueda Valenzuela PJosé Antonio Sánchez Bugallo SAntón Sánchez García AGEMiguel Ángel Santalices Vieira PRamón Santos Pérez PJosé Francisco Santos Regueiro PBeatriz Sestayo Doce SEva Solla Fernández AGEMaría Soledad Soneira Tajes SMiguel Angel Tellado Filgueira PGonzalo Trenor López PJosé Ramón Val Alonso SDaniel Luís Varela Suanzes-Carpegna PJesús Vázquez Abad PRamón Vázquez Díaz AGEManuel Vázquez Fernández SPatricia Vilán Lorenzo S

8

Page 16: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Relación de deputadas e deputados do Parlamento de Galicia

IX Lexislatura (Actualizada a 10 de febreiro de 2015)

Para votación por chamamento

APELIDOS E NOME GP SI NON ABST. 1. Acuña do Campo, María Carmen S 2. Adán Villamarín, María do Carme BNG 3. Arias Veira, Pedro Manuel P 4. Baamonde Díaz, Agustín P 5. Beiras Torrado, Xosé Manuel AGE 6. Blanco Paradelo, Moisés P 7. Caamaño Domínguez, Francisco Manuel S 8. Camino Copa, Ángel P 9. Castiñeira Broz, Jaime P 10. Díaz Pérez, Yolanda AGE 11. Docasar Docasar, Ricardo Vicente S 12. Dorado Souto, Javier P 13. Fajardo Recouso, Juan Manuel AGE 14. Faraldo Botana, María Dolores P 15. Fariñas Sobrino, Hipólito P 16. Fernández Fernández, Raúl S 17. Freire Abeijón, José Santiago P 18. Gallego Calvar, María Carmen S 19. Gallego Lomba, José Manuel S 20. García García, Pablo S 21. García Pacín, María Isabel P 22. Gómez Alonso, Alejandro P 23. González Santín, Juan Carlos S 24. Guerra Fernández, Javier Jorge P 25. Iglesias Sueiro, Carmen M 26. Íñiguez Martínez, Jaime P 27. Jorquera Caselas, Francisco Xesús BNG 28. Losada Álvarez, Abel Fermín S 29. Martínez García, María Consuelo M

9

Page 17: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

30. Martínez Sierra López, Vidal P 31. Méndez Romeu, José Luis S 32. Mouriño Villar, Antonio P 33. Nóvoa López, Enrique P 34. Núñez Centeno, Aurelio Alfonso P 35. Oubiña Solla, Rosa P 36. Pardo López, María del Carmen P 37. Paz Franco, María Tereixa BNG 38. Pérez Hernández, Berta P 39. Piñeiro Martínez, María Soledad P 40. Pombo Rodríguez, Cosme Eladio BNG 41. Pontón Mondelo, Ana Belén BNG 42. Pouso Maneiro, María Herminia P 43. Prado Cores, María Montserrat BNG 44. Prado del Río, Paula P 45. Prado Patiño, Jesús Miguel P 46. Puy Fraga, Pedro P 47. Quintas Álvarez, María Remedios S 48. Rodas Chapela, Daniel BNG 49. Rodríguez Arias, Marta P 50. Rodríguez Barreira, María Julia P 51. Rodríguez-Vispo Rodríguez, Marta María P 52. Romero Fernández, Cristina Isabel P 53. Ron Fernández, José Javier AGE 54. Sánchez Bugallo, José Antonio S 55. Sánchez García, Antón AGE 56.Santos Regueiro, José Francisco P 57. Sestayo Doce, Beatriz S 58. Solla Fernández, Eva AGE 59. Tellado Filgueira, Miguel Ángel P 60. Trenor López, Gonzalo P 61. Val Alonso, José Ramón S 62. Varela Suanzes-Carpegna, Daniel Luis P 63. Vázquez Díaz, Ramón AGE 64. Vázquez Fernández, Manuel S 65. Vilán Lorenzo, Patricia S 66. Vázquez Abad, Jesús P

10

Page 18: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

DEPUTADAS E DEPUTADOS MEMBROS DA XUNTA DE GALICIA 67. Rodríguez González, Román P 68. Hernández Fernández de Rojas, Agustín P 69. Rueda Valenzuela, Alfonso P 70. Núñez Feijóo, Alberto P

DEPUTADAS E DEPUTADOS DA MESA DO PARLAMENTO

71. Burgo López, Concepción S 72. Balseiro Orol, José Manuel P 73. Soneira Tajes, María Soledad S 74. Santalices Vieira, Miguel Ángel P 75. Rojo Noguera, Pilar P

11

Page 19: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

1. Textos lexislativos

12

Page 20: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, formulada polo G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de publicidade institucional de Galicia.

27647 (09/PPL-000028) Publicación da iniciativa, BOPG nº 349, do 01.10.2014

13

Page 21: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da

deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no artigo 122 do Regulamento

da Cámara, presenta a seguinte Proposición de lei de publicidade institucional de

Galiza.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Estatuto de Autonomía para Galiza atribúe a condición de poder executivo ao

Presidente e á Xunta de Galiza, encargados de exercer a acción de goberno.

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da

administración xeral e do sector público autonómico de Galiza, tamén encomenda á Xunta

de Galiza a dirección da administración xeral, encargada de desenvolver funcións

executivas de carácter administrativo.

A Xunta de Galiza é emisor de información política, e ao tempo tamén, en razón

de responsábel da administración xeral e do sector público galego, comunicador de

mensaxes dirixidas aos cidadáns que teñen por obxecto mellorar o funcionamento da

administración e dos servizos públicos, que se engloban baixo a denominación de

campañas de publicidade institucional.

A dupla vertente política e de dirección executiva da administración, malia

coincidir o seu exercicio no mesmo órgano onde reside o poder executivo galego, ha de

estar claramente diferenciada. Dun xeito especial, esa delimitación ten que ser diáfana no

eido comunicativo, separando claramente a opinión política da información neutral sobra

as políticas que desenvolve no eido administrativo. A publicidade institucional non pode

estar ao servizo de gabar, eloxiar ou amplificar a acción de goberno, dado que a súa estrita

14

Page 22: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

finalidade e o servizo ás necesidades e intereses de todas as persoas, para facilitar o

exercicio dos seus dereitos ou o acceso aos servizos públicos.

Poren, nos últimos anos asistimos a un uso reiteradamente indebido da

publicidade institucional, ao difundírense campañas institucionais sen xustificar a súa

oportunidade nin estaren guiadas por vincular esa comunicación institucional a funcións

de execución administrativa. En suma, a ter como obxectivo o acompañamento da función

política do goberno, con sustento de fondos públicos.

O financiamento público de ditas campañas obriga, precisamente, a un maior rigor

á hora, tanto de decidir o seu enfoque como á distribución das mesmas nos distintos

formatos e medios de comunicación, dun xeito equitativo para evitar que, ademais de seren

empregadas de xeito inadecuado como altofalante da acción política do goberno, se

convertan nun medio discrecional de reparto indirecto de axudas a medios de

comunicación.

A presente Lei pretende incorporar unha regulación obxectiva que poña límites ao

abuso da publicidade institucional como instrumento potenciador da acción de goberno, e

que fique delimitada exclusivamente á difusión de mensaxes relacionadas co interese

público xeral. Para iso determínanse cales son os principios reitores da publicidade

institucional, de maneira que non sexan só un “desiderátum” ou guieiro do poder executivo

de turno, senón como unha norma xurídica obrigatoria á cal deban someterse todos os

gobernos da Xunta.

Como complemento, en atención aos principios de transparencia, eficiencia e

racionalidade no gasto público tamén se regulan aspectos relativos á contratación da

publicidade institucional, para evitar un reparto clientelar alleo á necesaria eficacia nas

mensaxes institucionais a emitir como ao emprego indebido de fondos públicos.

Finalmente, tamén se incorporan medidas de control da publicidade institucional,

tanto a través de disposicións de obrigado cumprimento como da tutela e revisión da

15

Page 23: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

acción comunicativa institucional a través dun órgano colexiado interadministrativo, a

Comisión de Publicidade Institucional, que velará para que a publicidade institucional

sirva con obxectividade aos intereses xerais e se adecúe aos principios establecidos na

presente Lei.

16

Page 24: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

A presente Lei ten por obxecto establecer os principios xerais que deben rexer a

difusión e contratación de publicidade institucional por parte das administracións públicas

da Comunidade Autónoma de Galiza e polas entidades do sector público delas

dependentes, así como establecer os mecanismos de control que aseguren o seu eficaz

cumprimento.

Artigo 2. Concepto

Enténdese por publicidade institucional toda forma de comunicación, difundida

por calquera medio por parte das Administracións Públicas da Comunidade Autónoma de

Galiza e polas entidades do sector público delas dependentes, co fin de promover a súa

imaxe, as súas actividades ou fomentar valores de interese público. A publicidade

institucional terá en conta as formas de comunicación en diversos soportes e apoiará a

transparencia e democracia no funcionamento dos medios, a innovación e a mellora

tecnolóxica.

Artigo 3. Ámbito de aplicación

Esta Lei será de aplicación á publicidade institucional difundida por conta das

Administracións Públicas da Comunidade Autónoma de Galiza e polas entidades do sector

público delas dependentes.

17

Page 25: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Artigo 4. Publicidade excluída

Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta Lei a publicidade das normas e

outros anuncios de actos da Administración que deban publicarse por mandato legal.

Artigo 5. Lingua

1.- As mensaxes publicitarias sometidas ó ámbito de aplicación desta Lei

difundiranse en galego.

2.- Non obstante, as mensaxes publicitarias poderán ser difundidas en castelán ou

noutro idioma oficial cando o seu ámbito de difusión se produza fóra dos límites da

Comunidade Autónoma, agás que tivese como persoas destinatarias a comunidades

galegofalantes, ben por razón de emigración, ben por pertencer a comunidades autónomas

con presenza da lingua galega.

3.- Soamente poderá difundirse publicidade institucional nun idioma estranxeiro

cando aquela vaia ser difundida, con carácter exclusivo ou maioritario, fóra do estado, ou

cando se destine a cidadáns estranxeiros.

Artigo 6. Acceso á información de persoas con discapacidade

A administración anunciante garantirá o máis completo acceso á información ás

persoas con calquera tipo de discapacidade.

CAPITULO II

18

Page 26: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Dos principios reitores da publicidade institucional

Artigo 7. Principios reitores

A publicidade institucional deberá acatar os principios de veracidade,

transparencia, legalidade, lealdade institucional, neutralidade, interese público, eficiencia,

non discriminación e respecto á persoa e ás súas actividades, e promocionará os valores

democráticos e da lingua e cultura galegas.

Artigo 8. Principio de veracidade

A publicidade institucional deberá respectar a verdade e evitar que o seu contido

induza ou poida inducir a erro ós seus destinatarios.

Artigo 9. Principio de transparencia

1.- A publicidade institucional deberá identificarse claramente como tal. En toco

caso, deberán deslindarse de maneira perceptible as comunicacións feitas cunha finalidade

informativa e as que se realicen como vehículos da publicidade institucional.

2.- Así mesmo, deberá mencionarse expresamente a Administración ou entidade

na que teña a súa orixe a mensaxe publicitaria.

Artigo 10. Principio de legalidade

19

Page 27: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

A publicidade institucional respectará a legalidade vixente e de modo especial os

principios, valores e dereitos que se recollen na Constitución Española e no Estatuto de

Autonomía de Galiza.

Artigo 11. Principio de Lealdade Institucional

-A publicidade institucional non deberá obstaculizar ou perturbar as actuacións

lexítimas desenvoltas por outros poderes públicos no exercicio das súas competencias.

-Cando a publicidade institucional teña por obxecto difundir actividades nas que

participen varias Administracións, deberán mencionarse as Administracións participantes.

Artigo 12. Principio de neutralidade

A publicidade institucional debe diferenciarse claramente das realizada polos

partidos e organizacións políticas.

Artigo 13. Principio de interese público

A difusión da publicidade institucional perseguirá sempre, e con carácter

exclusivo, a consecución de obxectivos de interese público, con exclusión de calquera

outra clase de interese.

Artigo 14. Principio de eficiencia

20

Page 28: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

A publicidade institucional deberá executarse mediante unha xestión dos recursos

públicos baseada na calidade e na austeridade dos gastos.

Artigo 15. Principio de non discriminación

A publicidade institucional non poderá conter mensaxes discriminatorias, sexistas

ou contrarios aos principios, valores ou dereitos constitucionais.

Artigo 16. Principio de respecto á persoa e ás súas actividades

A publicidade institucional deberá respectar os dereitos da personalidade, e velar

especialmente polos dereitos da infancia e da adolescencia. A publicidade institucional non

se inserirá en medios de comunicación que inclúan publicidade de actividades que ataquen

aos dereitos recoñecidos ás persoas ou supoñan agresións á súa integridade física ou moral,

especialmente no caso da prostitución.

Artigo 17. Principio de respecto dos valores democráticos e da lingua e a

cultura galegas

A publicidade institucional deberá respectar os valores democráticos e manter a

neutralidade sobre as opcións políticas, morais e relixiosas, e velará pola protección da

lingua e cultura galegas.

CAPITULO III

Da contratación da publicidade institucional

21

Page 29: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Artigo 18. Das modalidades contractuais

Para a creación, preparación e execución da publicidade institucional, as

administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galiza e as entidades do sector

público delas dependentes sometidas ó ámbito de aplicación desta Lei poderán concluír

contratos de publicidade, creación publicitaria, difusión publicitaria e patrocinio nos

termos en que estes se atopan definidos no Título III da Lei 34/1988, de 11 de novembro,

xeral de Publicidade.

Artigo 19. Principios xerais

1.- Na adxudicación dos contratos ós que se refire o artigo anterior, deberán

respectarse os principios de publicidade, concorrencia e non discriminación, na forma en

que estes principios e normas están regulados pola normativa vixente en materia de

contratación pública, e coas particularidades establecidas na presente Lei.

2.- As administracións públicas e entes aos que sexa de aplicación esta Lei

deberán elaborar anualmente un plan de publicidade e comunicación no que se inclúan

todas as campañas de publicidade e comunicación que se prevea realizar no vindeiro

exercicio.

O Plan incluirá, cando menos, os obxectivos que se perseguen polas campañas a

executar, o tipo de medios preferentes a empregar, os destinatarios e o custo previsíbel.

Non poderán levarse a termo campañas de publicidade institucional que non

estean previstas con anterioridade no plan anual, agás en casos xustificados onde concorran

razóns de emerxencia ou humanitarias e a difusión sexa imprescindíbel para garantir un

axeitado funcionamento dos servizos públicos.

22

Page 30: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3.- Daráselle audiencia ás asociacións representativas dos sectores afectados no

procedemento de elaboración do plan de publicidade e comunicación e nos pregos de

cláusulas xerais para as campañas institucionais.

Artigo 20. Criterios de adxudicación

-Na adxudicación dos contratos aos que se refire o artigo 18 valoraranse

preferentemente o prezo, a orixinalidade e creatividade das campañas publicitarias e a

adecuación das súas mensaxes á finalidade perseguida e ó público destinatario.

-Así mesmo, cando o contrato conleve a difusión da publicidade, valoraranse

preferentemente o prezo, o grao de difusión ou audiencia do medio e a adecuación do seu

ámbito territorial de difusión e da súa audiencia ó ámbito de difusión e ó público obxectivo

destinatario da publicidade.

-No caso da publicidade a realizar en Galiza, e a fin contribuír a promover a

lingua galega, a contratación de publicidade realizarase por separado entre os medios de

comunicación que só empreguen a lingua galega e os que, no seu caso, usen as dúas

linguas oficiais, debendo garantirse que ningún dos dous grupos recibirá máis do 60% do

orzamento previsto para esta finalidade.

-En cada campaña de publicidade institucional procurarase un reparto equilibrado

do orzamento previsto nos diferentes medios de comunicación. A estes efectos, nas

campañas de publicidade institucional que se difundan a través de múltiples soportes

publicitarios, non se destinará con carácter xeral máis do 10% do total do orzamento

previsto para cada campaña a un mesmo medio de comunicación. No caso de campañas

que, por razóns da eficacia da mensaxe, se empreguen só determinados soportes

publicitarios específicos, poderá superarse dita porcentaxe, cando o número de medios de

comunicación que operan en ditos soportes é reducido. "

23

Page 31: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Os criterios de adxudicación das campañas institucionais vincularanse á

estabilidade laboral d@s traballadores/as, debidamente acreditada cos datos de creación e

permanencia de emprego estable e de calidade.

Artigo 21. Convenios

As administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galiza e as entidades

do sector público delas dependentes sometidas ó ámbito de aplicación desta Lei, non

poderán asinar convenios, nin efectuar contratos por procedementos restrinxidos,

negociados ou de adxudicación directa, con empresas editoras de medios, axencias de

noticias ou axencias de publicidade, que teñan por obxecto a comunicación ou tratamento

informativo de logros ou accións de goberno.

CAPITULO IV

Do control da publicidade institucional

Artigo 21.

As campañas institucionais promoverán os seguintes obxectivos:

-Informar aos cidadáns dos seus dereitos e obrigas legais, especialmente en

momentos que deban facer declaracións obrigatorias, así como de aspectos relevantes do

funcionamento de servizos públicos.

-Informar sobre a existencia de consultas populares ou comicios electorais.

24

Page 32: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Difundir o contido de normas xurídicas que polo seu contido, novidade ou

repercusión social, requiran medidas complementarias para o seu coñecemento e

aplicación xeral.

-Difundir as ofertas de emprego público xeral, así como as concretas ofertas que

pola relevancia o aconsellen.

-Advertir da aplicación de medidas de orde, prevención e seguranza pública que

afecten a unha colectividade ou pluralidade de destinatarios.

-Anunciar medidas preventivas de riscos, situacións de emerxencia que contribúan

á eliminación de danos para a saúde, o medio ambiente ou o patrimonio natural.

-Apoiar os sectores básicos da nosa economía produtiva, tanto nos mercados

exteriores como no interior.

-A difusión e normalización da lingua galega, así como da cultura tradicional e

popular propia, tamén nas súas manifestacións modernas.

-A difusión de aspectos patrimoniais, históricos, económicos e culturais e que

contribúan a reforzar o carácter nacional de Galiza.

Artigo 22. Prohibicións

Dacordo cos principios enumerados na presente Lei, non se poderá promover ou

contratar publicidade institucional:

a) Que teña como finalidade destacar os logros de xestión ou dos

obxectivos acadados polos suxeitos mencionados no artigo 3 da presente Lei.

b) Que non obedeza a motivos de interese público.

25

Page 33: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

c) Que teña lugar no período comprendido entre o día de publicación

da convocatoria de eleccións e o día en que se celebren, a excepción das campañas

que atinxan ao propio proceso electoral e aos anuncios imprescindibles para a

salvagarda do interese público ou para o correcto desenvolvemento dos servizos

públicos.

d) Que non se desenvolva no exercicio de competencias propias.

e) Que menoscabe, obstaculice ou perturbe as políticas públicas ou

calquera actuación lexítima doutro poder público realizada no exercicio das súas

competencias.

f) Que inclúa mensaxes discriminatorias, sexistas ou contrarios aos

principios, valores e dereitos constitucionais.

g) Que incite de forma directa ou indirecta á violencia e outros

comportamentos contrarios ao ordenamento xurídico.

h) Que induza a confusión cos símbolos, ideas, expresións, deseños ou

imaxes empregadas por calquera organización política ou social.

i) Que revista carácter subliminal ou enganoso, segundo o disposto na

Lei 34/1988, de 11 de novembro, xeral de Publicidade.

j) Que non se identifique claramente como tal e non inclúa a mención

expresa do suxeito promotor ou contratante, así como a súa imaxe corporativa

institucional.

Artigo 23. Comisión de Publicidade Institucional

26

Page 34: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1. Ao obxecto de garantir que a publicidade institucional sirva con

obxectividade aos intereses xerais e se adecúe aos principios establecidos na presente Lei,

créase a Comisión de Publicidade Institucional, adscrita ao departamento de Xunta de

Galiza competente en materia de comunicación. A comisión está integrada por

representantes das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galiza e das

entidades do sector público delas dependentes sometidas ao ámbito de aplicación da

presente Lei e por persoas expertas, independentes e de recoñecido prestixio procedentes

do ámbito académico ou profesional, coa seguinte composición:

a) Un representante do departamento responsable de comunicación da

Xunta de Galiza, con categoría mínima de director xeral, que a presidirá.

b) Un representante por cada un dos departamentos da Xunta de

Galiza, con categoría cando menos de subdirector xeral.

c) Un representante de dada grupo parlamentar do Parlamento de

Galiza.

d) Tres representantes da administración local de Galiza.

e) Un profesional do xornalismo proposto polo Colexio de Xornalistas

de Galiza.

f) Unha persoa proposta pola asociación que agrupe os medios de

comunicación editados en lingua galega.

Regulamentariamente determinarase a forma de nomeamento dos

representantes recollidos nos apartados c), d) e e).

2. A organización e funcionamento da Comisión de Publicidade Institucional

determinarase regulamentariamente.

27

Page 35: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Artigo 24. Funcións

A comisión de Publicidade Institucional asumirá as seguintes funcións:

a) Emitir informes non vinculantes sobre os proxectos de anuncios ou

campañas publicitarias que lle sexan remitidos polas Administracións Públicas da

Comunidade Autónoma de Galiza e polas entidades do sector público delas dependentes

sometidas ao ámbito de aplicación da seguinte Lei.

b) Resolver as reclamacións presentadas contra anuncios ou campañas

publicitarias da Administración Autonómica de Galiza e polas entidades do sector público

dela dependentes ás que resulte de aplicación a presente Lei, ordenando, no seu caso, o seu

cesamento ou rectificación.

Os representantes da Administración Local de Galiza absteranse de participar na

resolución das anteditas reclamacións.

c) Examinar a Memoria Anual de Publicidade Institucional que lle remitan as

Administracións Públicas da Comunidade Autónoma de Galiza e as entidades do sector

público delas dependentes sometidas ao ámbito de aplicación da seguinte Lei, e a efectuar,

no seu caso, recomendacións non vinculantes sobre a mesma.

d) Calquera outra función que lle sexa asignada legal ou regulamentariamente.

e) Elaborar anualmente un informe onde se incluirán todas as campañas

contratadas no exercicio, a relación dos adxudicatarios dos convenios asinados con medios

de comunicación. Este informe será remitido ao Parlamento de Galiza e presentado en

comparecencia pública pola persoa que presida a comisión.

28

Page 36: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Artigo 25. Cesamento e rectificación da publicidade institucional

1.- Cando un anuncio ou unha campaña de publicidade institucional vulnere os

principios e normas recollidos na presente Lei, calquera persoa que ostente un interese

lexítimo poderá solicitar o seu cesamento ou rectificación ante a Comisión de Publicidade

Institucional, cuxas resolucións poñerán fin a vía administrativa.

2.- Con carácter inmediato, e se o solicitante así o solicita, a Comisión poderá

ordenar cautelarmente a suspensión provisional da publicidade se concorren indicios

evidentes de infracción grave ou manifesta dos principios e normas recollidos na presente

Lei.

3.- Unha vez examinada a reclamación, e previa audiencia do departamento ou

ente responsable da publicidade, a Comisión de Publicidade Institucional ordenará, se

procede, o seu cesamento ou rectificación definitivos.

Artigo 26. Informes

As Administracións Públicas da Comunidade Autónoma de Galiza e as entidades

do sector público delas dependentes sometidas ao ámbito de aplicación da seguinte Lei

poderán solicitar ante a Comisión de Publicidade Institucional un informe sobre os

proxectos de anuncios ou campañas publicitarias que pretendan difundir.

Artigo 27. Memoria anual

1.- As Administracións Públicas da Comunidade Autónoma de Galiza e as

entidades do sector público delas dependentes elaborarán, con carácter anual, unha

memoria na que consten as campañas de publicidade institucional desenvoltas, os seus

29

Page 37: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

obxectivos e o seu custo total, así como a distribución de dito custo en cada medio de

comunicación.

2.- A memoria será remitida á Comisión de Publicidade Institucional dentro dos

tres primeiros meses de cada ano.

3.- Unha vez examinada a Memoria. A Comisión de Publicidade Institucional

poderá emitir recomendacións non vinculantes sobre o seu contido.

Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ou

contradigan o disposto na presente Lei.

Disposición final primeira

No prazo de seis meses dende a entrada en vigor da presente Lei, a Xunta de

Galiza ditará as normas regulamentarias sobre composición, organización e funcionamento

da Comisión de Publicidade Institucional.

Disposición final segunda

A presente Lei entrará en vigor ós vinte días da súa publicación no Diario Oficial

de Galiza.

30

Page 38: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

ANTENCEDENTES LEXISLATIVOS DA PROPOSICION DE LEI DE

PUBLICIDADE INSTITUCIONAL DE GALIZA

-Estatuto de Autonomía de Galiza, aprobado por Lei Orgánica 1/1981, do 6 de

abril.

-Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento do sector

público autonómico de Galiza.

-Lei 29/2005, de 29 de decembro, de Publicidade e Comunicación Institucional.

-Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público

autonómico.

-Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polos que se aproba o texto

refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

-Lei 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio-Televisión de

Galiza.

-Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual

de Galiza.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014

31

Page 39: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Montserrat Prado Cores na data 24/09/2014 14:27:15

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 24/09/2014 14:27:22

32

Page 40: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, formulada polo G.P. do Bloque Nacionalista Galego, pola que se crea e regula unha prestación económica de carácter periódico para as mulleres que sofren violencia de xénero.

30485 (09/PPL-000031) Publicación da iniciativa, BOPG nº 380, do 26.11.2014

33

Page 41: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, ao abeiro do disposto

no artigo 122 do Regulamento da Cámara, formula a seguinte Proposición de lei pola

que se crea e regula unha prestación económica de carácter periódico para as

mulleres que sofren violencia de xénero.

A violencia machista é unha realidade que vivimos na nosa sociedade. Nas

últimas décadas, a violencia contra as mulleres, grazas ao constante traballo dos

movementos de mulleres, deixou de ser un asunto invisíbel e naturalizado do ámbito do

fogar para pasar a formar parte da axenda política das administracións.

Nacións Unidas recoñece a “violencia contra as mulleres” como unha

manifestación das relacións de poder historicamente desiguais entre os sexos que, de

feito, impide o adianto pleno das mulleres, sendo a violencia un dos mecanismos sociais

para manter a súa situación de subordinación. Co obxectivo de remover as estruturas que

causan e perpetúan esta situación en Galiza temos a obrigación de establecer os

mecanismos legais e sociais que propicien un cambio real nas relacións de poder

asimétricas entre homes e mulleres. A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a

prevención e tratamento integral da violencia de xénero, foi unha aposta nesta dirección.

No referido ao tratamento integral da violencia a lei regula no seu Título II as

accións que desde os poderes públicos deben realizarse para crear e desenvolver

programas e servizos encamiñados á protección e asistencia fronte a violencia de xénero.

Para isto a lei garante ás mulleres unha asistencia sanitaria, xurídica, social e psicolóxica

que debe ser integral. Mais todas as medidas non son suficientes se as mulleres carecen

dos recursos precisos para iniciar una nova vida afastada dos seus agresores. De feito, a

34

Page 42: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia

de xénero, establece, no seu artigo 39, a habilitación á Xunta de Galiza para establecer

unha prestación económica ás mulleres que sofren violencia de xénero.

En desenvolvemento de dita previsión, con carácter anual convócanse axudas

individuais de carácter periódico para as mulleres vítimas da violencia machista. Esta

configuración legal deixa en mans do executivo de turno a decisión da súa convocatoria,

así como a dotación orzamentaria, e condiciona a súa tramitación e outorgamento á

normativa xeral de subvencións.

Porén, a experiencia adquirida así como a persistencia do fenómeno da violencia

machista, aconsellan unha mudanza nese procedemento, de xeito que as axudas para as

vítimas da violencia de xénero se configuren como prestacións sociais directas, non como

axudas finalistas asimiladas a outras axudas públicas. Con iso, evitaríase que fiquen

condicionadas a convocatorias anuais e subordinadas ás dispoñibilidades orzamentarias e

garantiríase por outra banda unha tramitación máis áxil e eficaz, eliminando así situacións

de desprotección como as que acontecen co réxime actual.

A presente Lei regula un réxime específico para as prestacións, regulando o

recoñecemento do dereito unha vez se acredita a situación de vítima de violencia de

xénero, o que habilita inmediatamente para o acceso ás axudas. Establécese unha relación

directa entre a constatación e declaración como vítima e o dereito á prestación pública,

facilitando así tanto o labor da administración para atender con rapidez situacións de

emerxencia social en contornos de violencia de xénero, como asegurando un mínimo de

renda, un salario básico, para que moitas mulleres vítimas poidan tamén atinxir unha

independencia económica respecto do seu agresor exerce que facilite rachar coa situación

de violencia e exercer a súa liberdade.

35

Page 43: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Artigo 1. Obxecto

1. A presente Lei ten por obxecto regular unha prestación económica de carácter

periódico para as mulleres que sofren violencia de xénero.

2. A finalidade desta prestación e outorgar apoio económico ás mulleres que

sofren violencia de xénero para garantirlles unhas condicións suficientes de

independencia económica respecto do agresor.

Artigo 2. Requisitos das solicitantes

1. Serán requisitos necesarios para poder ser beneficiaria:

a) Ser muller vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de

dependencia económica. Estas condicións acreditaranse por parte dos servizos sociais,

nos termos que se desenvolvan regulamentariamente.

b) Ter cesado a convivencia co agresor con anterioridade á data de presentación

da solicitude.

c) Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das

mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.

d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou que estes sexan de

contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor, acreditada

ante os servizos sociais. En todo caso, considerarase que concorre dita circunstancia

cando se dispoña de rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o

IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

36

Page 44: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Para os efectos de determinar este requisito, teranse en conta exclusivamente as

rendas ou ingresos de que dispoña ou poida dispoñer a solicitante da prestación, sen que

se computen para estes efectos as rendas ou ingresos doutros membros da unidade

familiar que convivan coa vítima. Exclúense en todo caso do cómputo:

- As rendas individuais do agresor

- A vivenda habitual da vítima.

Regulamentariamente determinarase o cómputo doutras rendas percibidas de

organismos públicos ou do sistema de Seguridade Social, así como os rendementos do

patrimonio distintos da vivenda habitual.

2. Os requisitos deberán ser acreditados na data da solicitude, así como durante o

período que se perciba a prestación.

Artigo 3. Incompatibilidades

1. A prestación social regulada nesta Lei será incompatibles con calquera outra

establecida polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou

sociedades ou por calquera entidade privada destinada ao mesmo fin.

2. Regulamentariamente, determinaranse as condicións para a compatibilidade

con outras prestacións e axudas ou subsidios públicos que establecen límites de

percepción de ingresos para a súa concesión, así como coa renda activa de inserción.

Artigo 4. Natureza e contía da prestación económica

37

Page 45: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1. A prestación económica estará destinada directamente á beneficiaria, terá unha

duración máxima de dezaoito mensualidades, sempre que nese período subsistan as

circunstancias polas que se concedeu.

No caso de que as circunstancias económicas, así como a especial vulnerabilidade

por non ter acadado a independencia económica plena respecto do agresor, poderase

conceder unha prórroga por un máximo de seis meses, previo informe dos servizos

sociais correspondentes e verificación da persistencia das circunstancias e da situación

económica da beneficiaria.

2. A contía da prestación será variábel, calculándose en función das rendas e

ingresos da solicitante na data de presentación da solicitude desta axuda.

Regulamentariamente estableceranse as contías para cada ano, tendo en conta en

todo caso as seguintes regras:

(i) No caso de que os ingresos da solicitante sexan iguais ou inferiores ao IPREM

vixente en cada ano a contía mínima será identica ao salario mínimo interprofesional

(SMI), que poderá ser incrementada cando concorran as seguintes circunstancias:

a) Cando a vítima tiver ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida,

ou unha discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, até un 20 por 100 adicional.

b) Cando a vítima tiver ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida,

e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, até un

30 por 100 adicional.

c) Cando a vítima tiver ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores

en acollida, até un 40 por 100 adicional.

38

Page 46: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

d) Cando a vítima tiver ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores

en acollida, e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade igual ou

superior ao 33 por 100, até un 50 por 100 adicional.

e) Cando a vítima tiver ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida,

e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 ou

teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de

promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, até

un 50 por 100 adicional.

(ii) No caso de que ingresos da solicitante sexan superiores ao IPREM vixente e

iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, a contía mínima será do 75% do SMI,

que poderá ser incrementada cando concorran as seguintes circunstancias:

a) Cando a vítima tiver ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida,

ou unha discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, até un 20 por 100 adicional.

b) Cando a vítima tiver ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida,

e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, até un

30 por 100 adicional.

c) Cando a vítima tiver ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores

en acollida, até un 40 por 100 adicional.

d) Cando a vítima tiver ao seu cargo dúas ou máis fillas/os menores ou menores

en acollida, e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade igual ou

superior ao 33 por 100, até un 50 por 100 adicional.

e) Cando a vítima tiver ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida,

e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 ou

teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de

39

Page 47: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, até

un 50 por 100 adicional.

(iii) En ningún caso se considerarán a cargo as/os menores emancipados e/ou con

ingresos mensuais brutos superiores ao IPREM vixente, excluída a parte proporcional das

pagas extraordinarias.

Artigo 5. Solicitudes e documentación

1. A administración pública galega, a través do órgano competente en materia de

igualdade, habilitará os modelos e ditará as normas regulamentarias necesarias para a

habilitar o prazo de presentación de solicitudes e a instrución e resolución dos

procedementos.

2. En todo caso, o prazo estará habilitado ao longo de todo o ano, e a resolución

terá efectos desde a data da presentación da solicitude.

3. O prazo máximo para resolver será de un mes, e no caso de non existir

resolución expresa, a solicitude entenderase estimada por silencio administrativo.

4. A tramitación dos expedientes realizarase de xeito preferente por vía

electrónica, requiríndose os informes que sexan precisos doutras administracións de

oficio e vía telemática.

Consonte o disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder da

Administración actuante, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en

40

Page 48: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco

anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

5. A acreditación da condición de vítima de violencia de xénero derivada de

convivencia efectuarase por calquera dos seguintes medios:

a) Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia

autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida

cautelar.

b) Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu

violencia de xénero.

c) Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia,

auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos

ditos indicios.

d) Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública

autonómica ou local en que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o

cesamento da convivencia.

e) Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou

local en que se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da

convivencia.

6. A acreditación da situación económica e social, efectuarase por medio da

documentación que obre en poder das administracións, tributarias ou dos servizos sociais

correspondentes, nos termos que se desenvolvan regulamentariamente.

7. Os datos persoais que consten na solicitude e na documentación que se

incorpore ao expediente terán como finalidade exclusiva a xestión e tramitación do

41

Page 49: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

expediente correspondente. Non serán obxecto de cesión a terceiras persoas; agás no caso

de autoridades e organismos públicos competente con obxecto de comprobacións

relativas ao expediente ou para incorporar a outros, previo requirimento de conformidade

coas disposicións legais e regulamentarias aplicábeis ao caso.

Así mesmo, O órgano competente en materia de igualdade velará polos datos de

carácter persoal que sexan obxecto de tratamento, e adoptará as medidas necesarias para

cumprir co disposto na Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de

carácter persoal.

Artigo 6. Obrigas das beneficiarias

1. As beneficiarias quedan sometidas ao cumprimento das obrigas que se exixan

regulamentariamente, así como ás actuacións de comprobación que acorde o órgano

competente en materia de igualdade, e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma,

así como do Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e

control.

2. Ademais, as beneficiarias quedan obrigadas a comunicarlle ao órgano

concedente calquera cambio das circunstancias que xustificaron a concesión da axuda e,

en todo caso, a actualizar e remitirlle nos termos que se desenvolvan

regulamentariamente as declaracións responsábeis periódicas que acreditan a non

variación de ditas circunstancias.

3. De xeito específico, as beneficiarias estarán obrigadas a asumir a participación

nos programas de formación, busca activa e mellora de emprego, e calquera outro que

determine o órgano competente en materia de igualdade en colaboración con outras

administracións ou entidades

42

Page 50: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Artigo 7. Pagamento, modificación e reintegro da prestación social

1. O pagamento da prestación social será efectuado de forma periódica por

mensualidades vencidas, dentro do mes seguindo o da data de resolución. No primeiro

pagamento aboaranse ademais os atrasos que, de ser o caso, lle corresponderan segundo

as mensualidades que transcorreran desde a data de solicitude ou da estimación por

silencio administrativo.

2. O pagamento da prestación social regulada nesta Lei farase unicamente na

conta bancaria que as solicitantes fixesen constar na solicitude, que terán a obriga de

manter activa durante todo o período da concesión.

Artigo 8. Modificación, suspensión e reintegro da prestación social.

1. O órgano competente en materia de igualdade, ao longo do período de

pagamento da prestación, poderá comprobar que non se producen variacións das

circunstancias da concesión, que se cumpren as obrigas establecidas e, en todo caso, que

a beneficiaria non reinicia a convivencia co agresor ou solicita deixar sen efecto as

medidas de protección que tiver vixentes. A estes efecto, poderá recabar canta

información xulgue necesaria, a través do Punto de Coordinación de Ordes de Protección

(PCOP) ou dos informes dos servizos sociais da Administración local ou galega.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en

todo caso, a obtención doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos

ou privados, estatais ou internacionais para a mesma finalidade, poderá dar lugar á

modificación ou suspensión da resolución da concesión.

43

Page 51: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3. Así mesmo, o órgano competente en materia de igualdade poderá iniciar un

procedemento de revisión no momento en que teña constancia, ben a través das

actuacións realizadas de oficio a través dos medio de comprobación previstos legal ou

regulamentariamente, que variaron as circunstancias da concesión. A apertura deste

procedemento só poderá establecer a suspensión provisional dos pagamentos até que se

dite resolución definitiva de modificación ou de suspensión da concesión, por resolución

motivada, notificada expresamente á beneficiaria e onde consten indicios racionais

suficientes para considerar modificadas as circunstancias iniciais da concesión. No caso

de que se desbotase na resolución definitiva a modificación, reiniciaranse de inmediato os

pagamentos pendentes, co aboamento dos suspendidos provisionalmente.

4. No caso de que durante a percepción da prestación social, o órgano competente

en materia de igualdade ten constancia de que a beneficiaria reiniciou a convivencia co

agresor, ou de que a beneficiaria solicitou deixar sen efecto as medidas de protección que

tiver vixentes, procederá resolver a suspensión definitiva da prestación.

5. Poderá manterse a prestación aínda no caso de traslado fóra do territorio de

Galiza, cando estea xustificado por motivos de seguridade derivados da situación de

violencia de xénero, sempre que se xustifique esta circunstancia a través dun informe, dos

servizos de acollida ou dos servizos sociais, da Administración pública galega ou local.

6. No suposto de que durante a percepción da axuda se produza un incremento de

ingresos e, como consecuencia, se superen os límites de referencia tidos en conta para o

seu cálculo inicial procederase á modificación da concesión polo período restante da

axuda, minorándose o seu importe para a súa regularización.

7. O órgano competente en materia de igualdade poderá proceder á apertura do

expediente declarativo de reintegro, total ou parcial, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento das obrigas establecidas nesta resolución.

44

Page 52: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

b) Obtención da axuda sen reunir os requisitos esixidos para a súa concesión ou

falseando ou ocultando feitos ou datos que impedisen a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a axuda.

Artigo 9. Financiamento.

1. Os orzamentos da Comunidade Autónoma consignarán a anualmente os

créditos necesarios, dentro das partidas correspondentes ao órgano competente en materia

de igualdade, para a concesión da prestación social regulada na presente Lei.

2. No caso de que se prorrogaren os orzamentos, ditos créditos consideraranse

prorrogados automaticamente, na contía inicial prevista para o ano do último orzamento

aprobado.

3. Os créditos destinados a aboar a prestación social regulada nesta Lei

consideraranse ampliábeis, estando facultada a consellaría competente en materia de

facenda para dotar as ampliacións que foran necesarias para atender as solicitudes,

debendo autorizar as disposicións necesarias para asegurar a dispoñibilidade de recursos

que garantan a atención de todas as solicitudes de prestación que reúnan os requisitos

legais e regulamentarios

Disposición adicional primeira.

1. A prestación social regulada nesta Lei non terá a consideración de subvención

ou axuda pública sometida a criterios de concorrencia ou dispoñibilidade orzamentaria,

nos termos da normativa xeral de subvencións, sendo o seu réxime xurídico o previsto

nesta Lei e na normativa que a desenvolva regulamentariamente.

45

Page 53: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2. Non obstante, será aplicábel, de xeito supletorio e en todo o non previsto en

dita regulación específica, respecto dos requisitos formais e procedementos de

comprobación e reintegro o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de

Galiza, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento.

Disposición adicional segunda.

O departamento competente en materia de igualdade remitirá ao Parlamento

galego un informe bienal sobre a aplicación deste lei.

Disposición derrogatoria única.

Fican derrogadas cantas disposicións se opoñan ao disposto na presente Lei.

Disposición derradeira primeira

1. Facúltase ao Consello da Xunta de Galiza e ao órgano competente en materia

de igualdade para ditaren as disposición regulamentarias e instrucións necesarias para o

axeitado desenvolvemento e cumprimento desta Lei.

2. En todo o caso, no prazo máximo de tres meses deberán estar publicadas e en

vigor as normas de desenvolvemento regulamentario indispensábeis para ser plenamente

aplicábel esta Lei.

46

Page 54: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Disposición derradeira segunda

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario

Oficial de Galiza.

47

Page 55: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Antecedentes lexislativos da Proposición de lei pola que se crea e regula unha

prestación social de carácter periódico para as mulleres que sofren violencia de

xénero

1ª) Artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía para Galiza.

2ª) Artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o

tratamento integral da violencia de xénero.

3ª) Artigo 27 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de

protección integral contra a violencia de xénero.

4ª) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galiza.

5ª) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento

de subvencións de Galiza.

6ª) Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto

refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galiza.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

48

Page 56: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 24/11/2014 09:47:46

49

Page 57: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

2. Comparecencias en pleno

50

Page 58: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

2.1 33656(09/CPP-000277)

Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Da Sra. conselleira de Traballo e Benestar, por petición

propia, para informar dos dous programas acordados cos

axentes sociais en materia de emprego

51

Page 59: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

52

Page 60: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

2.2 33707(09/CPP-000281)

Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Da Sra. conselleira de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas, por petición propia, para informar do Plan

rehaVita 2015-2020, de rehabilitación, aluguer e mellora do

acceso á vivenda en Galicia

53

Page 61: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

54

Page 62: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

3. Mocións

55

Page 63: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

3.1 33657(09/MOC-000109)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-

2020. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 26009,

publicada no BOPG nº 336, do 08.09.2014, e debatida na sesión

plenaria do 10.02.2015)

56

Page 64: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), por inciativa

do seu deputado e portavoz suplente Antón Sánchez García, ao abeiro no disposto no

artigo 151.2 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Moción para substanciar a

Interpelación núm. 26099 (09/INT-000956), debatida na sesión plenaria celebrada o 11

de febreiro de 2015, sobre o Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que de xeito urxente implemente un

proceso participativo que conte con organizacións agrarias, grupos de desenvolvemento

rural, forzas políticas, organizacións ecoloxistas, e todos os axentes sociais necesarios

para a maior implicación posible para a reelaboración do documento de proposta para o

Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza que conste dunha relación de axentes

participantes, calendario e proposta de documentos finais, para afrontar os retos do Medio

Rural galego para o próximo periodo que conte entre outros cos seguintes aspectos:

1) Incrementar o obxetivo da taxa de incorporación de novos activos á actividade rural

para conquerir que, cando menos non descenda o nivel de poboación agraria no próximo

periodo, incrementando proporcionalmente o orzamento desta liña.

2) Introducir un plan estratéxico para o final do sisteme de cotas lácteas.

3) Manter o mesmo orzamento para o LEADER, evitando o seu desartellamento por falla

de recursos.

4) Incrementar o orzamento ás medidas de I+D+I e Formación garantindo explícitamente

o reforzamento en recursos humanos e económicos dos centros e instrumentos públicos.

5) Introducir medidas para conquerir que no periodo 2014-2020 a SAU se incremente ate

o 30 %.”

57

Page 65: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015.

Asdo. Antón Sánchez García

Deputado e Portavoz S. do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 13/02/2015 12:38:36

58

Page 66: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

3.2 33660(09/MOC-000110)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa construción dos novos centros de saúde

comprometidos na campaña electoral, a asunción do seu

mantemento e a eliminación das barreiras arquitectónicas

neles. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 1811,

publicada no BOPG nº 27, do 07.01.2013, e debatida na sesión

plenaria do 10.02.2015)

59

Page 67: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa

deputada, Carmen Acuña do Campo, a través do portavoz e ao abeiro do

disposto no artigo 151.2 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa

mesa a seguinte moción para substanciar a Interpelación debatida na sesión

plenaria do día 10 de febreiro, sobre a construción dos quince novos

centros de saúde comprometidos na campaña electoral (doc. núm. 1811).

Moción

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:

1º) De forma inmediata informe a Cámara galega sobre as datas de inicio e

finalización dos 15 centros de saúde que di o Goberno que vai facer durante

o ano 2015, así como das partidas orzamentarias cas que se vai facer fronte

a esas infraestruturas.

2º) Antes de que remate este semestre se faga unha planificación sobre

como, cando e en que orde se vai acometer a construción dos centros de

saúde restantes ata completar os 63 comprometidos para o período 2011-

2014.

3º) Antes de rematar o ano 2015 e atendendo o recollido no pacto local a

Administración autonómica asuma o mantemento de todos os centros de

saúde e os PAC galegos.

4º) Se habilite unha partida orzamentaria extraordinaria para eliminar as

barreiras arquitectónicas en todos os centros sanitarios públicos galegos

60

Page 68: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

5º) Se recupere o Plan de mellora de atención primaria, e durante o ano

2015 se retome a súa implantación.

Pazo do Parlamento, 12 de febreiro de 2015

Asinado dixitalmente por:

María del Carmen Acuña do Campo na data 13/02/2015 11:23:24

Jose Luis Méndez Romeu na data 13/02/2015 11:23:35

61

Page 69: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

3.3 33661(09/MOC-000111)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Val Alonso, José Ramón

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co Plan de xestión da sardiña para os próximos tres

anos. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 26027,

publicada no BOPG nº 336, do 08.09.2014, e debatida na sesión

plenaria do 10.02.2015)

62

Page 70: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu

deputado, José Ramón Val Alonso, a través do portavoz e ao abeiro do

disposto no artigo 151.2 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa

mesa a seguinte moción para substanciar a Interpelación debatida na sesión

plenaria do día 10 de febreiro, sobre o Plan de xestión da sardiña para os

próximos tres anos (doc. núm. 26027).

Moción

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:

1º) Se dirixa o Goberno central e lle esixa que leve a cabo de xeito inmediato a

modificación do Plan de xestión da sardiña para que todas as flotas do Estado

dedicadas á pesquería desta especie teñan as mesmas normas sen que existan

privilexios para uns por riba doutros, e se inclúa a zona VIII b dentro do ámbito

de actuación do Plan de xestión.

2º) Traballe na inclusión das propostas elaboradas pola Comisión Sectorial do

Cerco do Consello Galego de Pesca, no propio Plan de xestión da sardiña.

3º) Se dirixa o Goberno central e lle demande a negociación de intercambios de

pesca con outros estados que favorezan o sector do cerco galego.

Pazo do Parlamento, 12 de febreiro de 2015

Asinado dixitalmente por:

José Ramón Val Alonso na data 13/02/2015 11:24:58

63

Page 71: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Jose Luis Méndez Romeu na data 13/02/2015 11:25:18

64

Page 72: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

4. Proposicións non de lei en Pleno

65

Page 73: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

4.1 16768(09/PNP-001196)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Quintas Álvarez, María Remedios e 3 máis

Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en

materia de emprego e apoio ás mulleres traballadoras

Publicación da iniciativa, 224, 17.01.2014

66

Page 74: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas

deputadas María Quintas Alvarez, Carmen Gallego Calvar e Carmen

Acuña do Campo, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo

160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Exposición de motivos

A reforma laboral do Partido Popular non ten outro obxectivo ca facilitar o

despedimento. Hoxe é máis barato e máis libre o despido, no caso do despido

colectivo é un mero trámite para facilitar que as empresas se poidan

desprender con comodidade e sen control dos seus traballadores.

As súas consecuencias son evidentes, estanse precarizando as condicións de

traballo e impedindo a articulación da cohesión social e territorial.

E a morte do estado de benestar e dunha sociedade xusta, o Goberno non só

non clarificou o panorama da contratación laboral senón que o estableceu

normas para unha sociedade máis desigual.

Esta situación é particularmente grave para as mulleres, cuxo salario medio e

dun 23 % inferior aos homes, coas terribles consecuencias que iso supón

tamén nas prestacións por desemprego. Mulleres que sofren especialmente a

incidencia da crise: dunha banda a dereita pretende relegalas de novo ao fogar

e doutra están incorporadas ao mercado de traballo dun xeito máis precario,

figurando en moitos casos con contratos a tempo parcial e realizando en

cambio xornadas completas.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a

seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

1. Rexeitar a reforma laboral.

2. Recuperar o esforzo investidor en materia de políticas de emprego a

ratios de PIB do ano 2009, tanto para os fondos do Goberno de Galicia

67

Page 75: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

coma do Goberno central.

3. Recuperar o Salario Galego de Inserción.

4. Facilitar a capacitación necesaria en competencias - clave a aquelas

persoas demandantes de emprego carentes dela.

5. Implantar de novo e ampliar os pactos territoriais de emprego, que

actúan nos mercados locais.

6. Propiciar acordos marco entre sindicatos e empresariado que poñan en

valor a calidade no emprego.

7. Esixir das empresas que cheguen a acordos para sacrificios económicos

coas centrais sindicais, a que estes sacrificios redunden nunha maior

participación das persoas traballadoras na toma de decisións da

empresa.

8. Crear un distintivo de "empresa responsable" para avaliar a calidade e

o mantemento e creación de emprego, dándolle tradución nos procesos

de contratación administrativa.

9. Poñer en marcha un programa de atención específico para as mulleres,

con actuacións de información, orientación e formación para o emprego

en ocupacións nas que a contratación supere o 60 % de homes;

definindo anualmente as profesións sobre as que se actuará e as

mulleres participantes, que accederán ao salario de inserción namentres

dure a formación.

Pazo do Parlamento, 26 de decembro de 2013

Asdo.: María Quintas Alvarez

Carmen Gallego Calvar

Carmen Acuña do Campo

Deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

68

Page 76: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por: María Remedios Quintas Álvarez na data 27/12/2013 10:23:13

María Carmen Gallego Calvar na data 27/12/2013 10:23:20 María Carmen Acuña do Campo na data 27/12/2013 10:23:22

José Luís Méndez Romeu na data 27/12/2013 10:23:27

69

Page 77: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

4.2 32069(09/PNP-002331)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Santalices Vieira, Miguel Ángel e 7 máis

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa aprobación da oferta pública de emprego

correspondente ao exercicio de 2015

Publicación da iniciativa, 410, 05.02.2015

70

Page 78: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e a iniciativa dos deputados Miguel Ángel Santalices Vieira, Marta Rodríguez Arias, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, Rosa Oubiña Solla, Aurelio Alfonso Núñez Centeno, Jaime Íñiguez Martínez, Javier Dorado Soto e Miguel Ángel Tellado Filgueira, ao abeiro do artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Exposición de Motivos

A Xunta de Galicia solicitou no ano pasado ao Goberno do Estado que a taxa de reposición para Sanidade ascendese do 10% ao 50%, o que foi aceptado e incluído dentro dos Orzamentos xerais do estado para o 2015. Isto permitirá continuar a incrementar a estabilidade dos profesionais do Sistema Nacional de Saúde e, nese senso, debe valorarse de forma moi positiva. Non obstante a aprobación das OPE correspondentes a cada exercicio veñen levándose a cabo no último trimestre de cada ano polo que se plantexa: “O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que tome as medidas que considere necesarias para que a aprobación da OPE correspondente ao exercicio 2015, cunha taxa de reposición do 50%, se leve a cabo no primeiro semestre do ano”. Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2015 Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 16/01/2015 11:27:21

71

Page 79: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Miguel Ángel Santalices Vieira na data 16/01/2015 11:27:42

Marta Rodríguez Arias na data 16/01/2015 11:27:57

Marta Rodriguez Vispo Rodriguez na data 16/01/2015 11:28:10

Rosa Oubiña Solla na data 16/01/2015 11:28:16

Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 16/01/2015 11:28:19

Jaime Iñíguez Martínez na data 16/01/2015 11:28:25

Javier Dorado Soto na data 16/01/2015 11:28:32

Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 16/01/2015 11:28:41

72

Page 80: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

4.3 32070(09/PNP-002332)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa situación de parálise na que atopan as obras na

residencia de persoas maiores de Caranza, en Ferrol

Publicación da iniciativa, 410, 05.02.2015

73

Page 81: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda, por medio das súas

deputadas Yolanda Díaz Pérez e Eva Solla Fernández, ao abeiro do disposto no artigo

160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

tratamento en Pleno, relativa a situación da residencia de maiores de Caranza en

Ferrol.

Exposición de motivos

Nada se fai e todo se oculta para disimular a pésima xestión da consellería de benestar.

Exemplo paradigmático é a parálise das obras na residencia de maiores de Caranza, na

cidade de Ferrol. Dende agosto do ano pasado nada se fixo nunhas obras anunciadas

no verán do 2013.

A esa xestión neglixente hai que engadirlle unha actitude prepotente, aquela que se

deriva duns responsables públicos que negan información e fuxen de calquer

compromiso que permita reanudar e concluír con celeridade unhas obras que no

entanto causan quebrantos e riscos aos residentes que non foron trasladados.

AGE leva presentadas varias iniciativas ao respeito desta parálise, reclamando

explicacións, depuración de responsabilidades e o máis importante, a a reanudación

urxente das obras para que se conclúan no prazo de tempo máis breve posible. Nen as

iniciativas presentadas, nen a visita realizada, nen as denuncias formuladas polos

traballadores e traballadoras do centro conmoveron á impertérrita conselleira.

A deixación da Xunta a converte en responsable en tanto descoida un servizo público

da que é responsable. Non é a resposta axeitada desviar ao negocio privado as

necesidades e servizos públicos que se prestaban neste centro. Ao redor dunha

cincuentena de persoas xa foron desviadas a un centro privado cun custo económico

engadido para as arcas públicas. Mala xestión e desbaldimento dos recursos públicos

son outra vez a marca de fábrica da conselleira Mato.

74

Page 82: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Polo referido, o grupo parlamentar da AGE formula a seguinte proposición non de lei

para o seu debate no Pleno:

- O Parlamento Galego insta á Xunta a dar as explicacións públicas oportunas

respeito a parálise das obras na residencia de maiores de Caranza en Ferrol, e a

incoar as medidas oportunas polo incumprimento do contrato de adxudicación

das obras, outrosí de depurar as responsabilidades políticas que se derivan

destes feitos.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a acometer as obras de urxencia que

garantan a seguridade das persoas usuarias do centro e máis da plantilla e, xa

que logo, pór fin a situación de inutilización das escaleiras de incendios.

- O Parlamento Galego insta á Xunta a adoptar as medidas oportunas que

permitan a inmediata reanudación das obras e o seu remate no máis breve

prazo de tempo posible.

Compostela, 16 de xaneiro do 2015.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Eva Solla Fernández

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 16/01/2015 12:29:40

Yolanda Díaz Pérez na data 16/01/2015 12:29:43

75

Page 83: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

4.4 32726(09/PNP-002404)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación con calquera proxecto de construción dunha planta de

xestión e tratamento de residuos no concello de Pontevedra.

(Procedemento de urxencia)

Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, 410,

05.02.2015

76

Page 84: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto

nos artigos 160 e 98 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a

seguinte proposición non de lei en Pleno para a súa tramitación

urxente.

Xustificación da urxencia

A urxencia vén dada polas crecentes protestas e oposición dos veciños

e veciñas do concello de Pontevedra, despois do anuncio da situación

dunha nova planta para o “servizo intermunicipal mancomunado de

recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e xestión dos

puntos limpos” da provincia de Pontevedra.

Exposición de motivos

O Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia está obsoleto. Os

responsables da Xunta de Galicia teñen agora a idea de ir facendo que

sexan realidade as 8 plantas de compostaxe das que fala ese plan. Mais,

realmente, o que Galicia necesita é un cambio na xestión de residuos, cun

novo plan baseado nos principios de transparencia, diálogo, no que so o

rexeito vaia a Sogama, S.A., e cun conxunto de solucións ambientais en

varias fases.

Cando as eleccións municipais de 2011, o presidente Feijóo prometía 250

postos de traballo coa construción dunha incineradora no Irixo (Ourense),

unha comarca que o Goberno do PP quería comprar con este anuncio. Era a

segunda Sogama, que rematou cunha oposición social e política sen

precedentes.

A mediados do ano 2014, esta idea dunha segunda Sogama xurde de novo:

1. Cando o ex - conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas dicía que a Xunta de Galicia tomara a decisión de

ampliar a planta en Cerceda (A Coruña) a través dunha planta de

compostaxe con capacidade para 15.000 toneladas. Polo de agora so

temos ese anuncio e a confirmación do secretario xeral de Calidade e

77

Page 85: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Avaliación Ambiental dicindo que a Xunta de Galicia ten a intención

de ir facendo realidade as 8 plantas de compostaxe das que fala o

actual Plan de xestión de residuos.

2. Cando na provincia de Pontevedra, o concello e a Deputación de

Pontevedra firmaron un protocolo para promover a instalación dunha

planta de xestión de residuos en terreos da parroquia de A

Canicouva. En concreto, dun “servizo intermunicipal mancomunado

de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e xestión

dos puntos limpos, para aqueles concellos que voluntariamente se

incorporen e cunha xeración estimada de residuos domiciliarios e

asimilables de, aproximadamente, 34.000 toneladas por ano”.

Non hai case máis datos públicos, mais días atrás, a conselleira de Medio

Ambiente, Territorio e Infraestruturas daba a súa bendición dicindo estar

satisfeita por esa suposta planta de compostaxe, que enmarcou xunto a

outros proxectos que promove o Goberno galego, como a ampliación de

Sogama, SA.

Pero o que non dixo a conselleira é se está satisfeita coa oposición social e

política que xa comezou no propio concello de Pontevedra.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de

Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en

Pleno:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a non participar e/ou

abandonar a promoción de calquera proxecto de construción de calquera

planta de xestión e tratamento de residuos no Concello de Pontevedra

Pazo do Parlamento, 28 de xaneiro de 2015

Asinado dixitalmente por:

78

Page 86: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Jose Luis Méndez Romeu na data 28/01/2015 12:54:38

Carmen Gallego Calvar na data 28/01/2015 12:55:06

Juan Carlos González Santín na data 28/01/2015 12:55:13

Pablo García García na data 28/01/2015 12:55:25

María Soledad Soneira Tajes na data 28/01/2015 12:55:36

María Concepción Burgo López na data 28/01/2015 12:55:45

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 28/01/2015 12:55:57

Abel Fermín Losada Álvarez na data 28/01/2015 12:56:06

Raúl Fernández Fernández na data 28/01/2015 12:56:12

Manuel Vázquez Fernández na data 28/01/2015 12:56:18

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 28/01/2015 12:56:23

Beatriz Sestayo Doce na data 28/01/2015 12:56:32

José Manuel Gallego Lomba na data 28/01/2015 12:56:38

María del Carmen Acuña do Campo na data 28/01/2015 12:56:44

José Antonio Sánchez Bugallo na data 28/01/2015 12:56:49

José Ramón Val Alonso na data 28/01/2015 12:56:55

Patricia Vilán Lorenzo na data 28/01/2015 12:57:01

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 28/01/2015 12:57:06

79

Page 87: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

4.5 32866(09/PNP-002416)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón

Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da

suspensión do proxecto denominado Autovía A-27. Tramo:

Vilaboa-A Ermida

Publicación da iniciativa, 414, 11.02.2015

80

Page 88: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Á MESA DO PARLAMENTO:

O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa do deputado

Antón Sánchez García, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Consello de Ministros autorizou o 24 de decembro a celebración do contrato de obras

da "Autovía A-57. Tramo: Vilaboa - A Ermida.Tratase do primeiro tramo da futura autovía

A-57, infraestrutura da que se di que será a alternativa de gran capacidade á estrada N-

550 en Pontevedra.

Dise tamén que xunto cos tramos A Ermida - Pilarteiros e Pilarteiros - Barro e conexión

con AP-9 en Curro, constituirá a futura circunvalación de Pontevedra de A-57.

O presuposto de licitación, do tramo de 6,48 quilómetros é de 86,31 millóns de euros.

Os traballos desenvolveranse no ámbito metropolitano da cidade de Pontevedra,

percorrendo os Concellos de Pontevedra e Vilaboa, destacando os núcleos da Ermida,

Pintos, Valladares, Pumariño, Bértola, ou Outeiro e Boullosa.

O novo tramo de autovía, con 6,48 km de lonxitude, iníciase á altura do enlace da Ermida,

sobre o p.k. 4 +000 da estrada autonómica PO-532, e finaliza no p.k. 6 +560, de modo

que a conexión do seguinte tramo poida evitar a Mámoa de San Roman-O Cruceiro.

É un tramo dun proxecto máis amplo que debería chegar a ser unha autovía de 64

quilómetros que custará máis de 1.000 millóns de euros, á-57, que se nos vende como a

alternativa gratuíta á autoestrada AP-9.

O que non nos din é o custo social e ambiental que terá a construción desta autoestrada.

Dividirá en dous pobos como o de Pintos, en Marcón, onde os veciños se encontrarán con

noiros de ata 60 metros -o equivalente a un edificio de 17 pisos- que lle impedirán

81

Page 89: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

comunicarse coa casa situada xusto en fronte. E destruiranse decenas de traídas de auga

e acuíferos usados polos cidadáns tanto para consumo domésticos como para as súas

hortas e labores agrícolas.

Esta nova obra provocará ademais un grave impacto ambiental e paisaxístico na Serra da

Fracha, un monte con vistas realmente únicas ás Rías Baixas.

Tampouco nos din que a AP-9, a autoestrada á que substitúe a nova A-57, leva seis anos

perdendo tráfico. Co que corremos o perigo de que haxa que rescatala con diñeiro público

como xa pasou en máis dunha ocasión, como por exemplo as radiais de Madrid, que

custaron aos contribuíntes 4.500 millóns de euros.

O Foro económico de Galicia acaba de publicar un estudo de propostas económicas para

Galicia e entre as medidas incluídas encóntrase a necesidade de realizar un estudo

rigorosos de custo-beneficio para as infrastructuras que superen os 5 millóns de

presuposto.

Evidentemente os autores da proposta chegan a esa conclusión porque o pasado recente

está cheo de infrastructuras que supuxeron un despilfarro que lastra o benestar social.

Consecuencia dun modelo irracional e insostible que primou o negocio das grandes

empresas da construción civil antes que a racionalidade no gasto.

Non podemos permitir que se despilfarren os cartos públicos deste xeito mentras se

recurta en dereitos básicos.

É necesario un cambio radical na toma destas decisións, que implique que galegos e

galegas, pontevedreses e pontevedresas poidan opinar se é mellor gastar 86 millóns en 6

quilómetros de autovía ou se deberían de adicar a outras prioridades.

Por todo esto o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presenta a

seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

82

Page 90: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que solicite ao Goberno do Estado a

suspensión do proxecto “Autovía A-57. Tramo: Vilaboa – A Ermida”

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2015.

Asdo.: Antón Sánchez García,

Deputado e Portavoz S. do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 02/02/2015 12:23:45

83

Page 91: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

4.6 32933(09/PNP-002424)

Grupo Parlamentario Mixto

Martínez García, María Consuelo

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co concerto sanitario asinado polo Sergas con Povisa

e as medidas de extinción de emprego previstas pola Dirección

do centro

Publicación da iniciativa, 414, 11.02.2015

84

Page 92: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Proposición non de lei para Pleno

1

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar Mixto , a iniciativa da súa deputada

Consuelo Martínez García ao abeiro do disposto no art igo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de

lei para o seu debate en Pleno.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O 1 de setembro de 2014, tras varios anos de prórroga, asinouse o novo

Concerto Singular entre POVISA e o Servizo Galego de Saúde, cunha duración

inicial de 8 anos, prorrogables e un custo máximo de 831.660.000 euros para

atender a unha poboación máxima de 139.000 pacientes derivados da

sanidade pública.

O 22 de xaneiro de 2015, a Dirección de POVISA entrega ao Comité de

Empresa a “Memoria Explicativa” que inclúe a “Extinción colectiva de contratos

de traballo por causas económicas”, a “Reestruturación da dotación e quendas

de celadores e auxiliares de enfermería por causas organizativas: extinción de

12 contratos por modificación de quendas”, a “Extinción de tres contratos de

traballo no servizo de Arquivo Clínico” e a “Extinción de sete contratos de

traballo na área de Recepción do Hospital”. En total, 56 despedimentos.

A “Extinción colectiva de contratos por causas económicas” está baseada

na previsión de POVISA que estima unha baixada de facturación do sector

público para o exercicio 2015 de 4.758.000 euros, debido á diminución de

pacientes adscritos a POVISA tras a sinatura do novo concerto asinado co

SERGAS.

85

Page 93: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Proposición non de lei para Pleno

2

O ERE extintivo por causas económicas afectará a todo o persoal de limpeza

(14 mulleres que permaneceron no cadro de persoal de POVISA tras a

externalización parcial do servizo no ano 2012), atención telefónica e control de

visitas e 10 persoas do servizo de fisioterapia con contrato indefinido. En total,

34 despedimentos por causas económicas derivadas do concerto co SERGAS.

No Servizo de Fisioterapia, POVISA pretende a extinción de 10 dos 17

fisioterapeutas con contrato indefinido, mentres mantén os 6 contratos en

prácticas ata a súa finalización. A demanda que non poda ser asumida por

POVISA, a subcontratará con empresas externas.

A “Reestruturación da dotación e quenda de celadores e auxiliares de

enfermería por causas organizativas”, supón a extinción de 12 contratos de

celadores por modificación de quendas baseada na ausencia de carga de

traballo por causas organizativas ou produtivas e no cumprimento da sentenza

do TSXG de 26 de decembro de 2013 que anula a redución de xornada de

carácter colectivo que afectaba a 101 persoas de atención cirúrxica e

policlínica.

As áreas hospitalarias afectadas son: Hospitalización Médica, Hospitalización

Cirúrxica e Oncohematoloxía.

Nos derradeiros catro anos, o cadro de persoal de POVISA descendeu en máis

de 100 persoas, pasando dos 1.480 traballadoras e traballadores no ano 2010

aos 1.370 actuais, tras varios despedimentos colectivos que afectaron aos

servizos de Limpeza, Arquivo, Recepción e persoal sanitario cuxo contrato

estaba vinculado ao cumprimento do Concerto co SERGAS.

Pero a esta perda de persoal, que se suma á histórica escaseza do mesmo en

POVISA, debemos engadirlle a perda de xornadas que se agochan tras o

cambio obrigatorio de xornadas a tempo completo a xornadas a tempo parcial

de gran parte do persoal que hoxe preténdese extinguir.

86

Page 94: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Proposición non de lei para Pleno

3

Así, das/os 190 Auxiliares de Enfermería que traballan en POVISA, só 27 o fan

a xornada completa, é dicir, o 85,80% do persoal Auxiliar de Enfermería

traballa a tempo parcial con xornadas que oscilan entre as 35 e as 14 horas

semanais.

Dos/as 36 celadores/as de POVISA, só 8 traballan a xornada completa, é dicir,

o 72,5% realizan unha xornada a tempo parcial.

Estas medidas supoñen ademais modificación substancial das condicións de

traballo para o persoal non afectado polo ERE extintivo. Este persoal verá

modificadas as súas quendas, os seus horarios, os descansos, horarios

adaptados ás necesidades do servizo, ...

A “Extinción de tres contratos de traballo do servizo de Arquivo Clínico”,

supón o peche do servizo, xa que dos catro traballadores/as do mesmo tras o

ERE extintivo que afectou a 17 persoas do servizo no ano 2010, só

permanecerá un en activo.

A “Extinción de sete contratos de traballo na área de Recepción do

Hospital”, afectará aos catro contratos de administrativos do departamento de

Secretaría Clínica, polo que suporá o peche do servizo; e tamén suporá a

desaparición doutros tres postos de traballo na Recepción do Hospital.

O Concerto subscrito entre POVISA e o SERGAS ten unha vixencia de oito

anos prorrogables, é dicir, como mínimo ata 1022.

No texto do Concerto, entre as prestacións contratadas figura “Medicina Física

e Rehabilitación”.

No seu Capítulo II. Prestacións Sanitarias. Estipulación sexta. Prestacións

sanitarias que debe realizar POVISA. No apartado Asistencia en Hospital de

Día Médico ou cirúrxico e no de Hospitalización en réxime de Internamento,

consta entre outros: Coidados de enfermería necesarios para a adecuada

atención do paciente.

87

Page 95: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Proposición non de lei para Pleno

4

No apartado de Hospitalización en réxime de Internamento: Servizos hoteleiros

básicos directamente relacionados coa propia hospitalización.

No derradeiro parágrafo do Capítulo II consta: POVISA obrígase a cumprir

todas as normas, instrucións, programas e criterios establecidos polo SERGAS

relativos aos servizos incluídos no obxecto deste concerto. Igualmente deberá

cumprir as disposicións e normas de aplicación establecidas polo SERGAS

para os seus propios centros.

No Capítulo VII. Sistema de facturación, establécese un desconto a conta do

3% por posibles incumprimentos.

No Capítulo VII. Regularización. Na Estipulación Décimo Sétima:

Regularización dos Obxectivos de Calidade, reparte o 3% entre os distintos

obxectivos, entre os que figura: Para o resto dos indicadores correspondentes

ás liñas estratéxicas de calidade e seguridade, profesionais, sistemas de

información, sector sanitario como creador de valor e eficiencia asistencial de

control da demanda, o 30%

No Capítulo IX. Execución do Concerto. Na Estipulación Décimo Novena:

Condicións de Execución, di: ... no ADX (Acordo de Xestión) especificaranse os

indicadores de calidade asistencial, igual que os establecidos coas Xerencias

de Xestión Integrada do SERGAS no que se inclúen 6 dos 7 obxectivos

establecidos naquel...: Tres: Profesionais (definir unha política de persoal

aliñada coas necesidades do sistema e os profesionais). Seis: Eficiencia

asistencial (xestionar os recursos de forma responsable eficiente).

Na Estipulación Vixésimo Primeira, consta: POVISA queda obrigado ao

cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións

vixentes en materia de lexislación fiscal, seguridade social, laboral e de

seguridade e hixiene no traballo, referidas ao propio persoal ao seu cargo e en

particular respecto ao persoal que empregue na xestión deste concerto, sen

que en ningún caso poida alegarse ningún dereito de dito persoal en relación

88

Page 96: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Proposición non de lei para Pleno

5

coa Administración contratante, nin esixir a esta responsabilidades de ningunha

clase, como consecuencia das obrigas establecidas entre o centro e os seus

empregados.

No Capítulo X. Estipulación Vixésimo Terceira: Penalidades, establece: Terán a

consideración de incumprimentos moi graves:

a) Non dispoñer de medios materiais e humanos necesarios para a correcta

prestación do servizo.

b) A desviación de persoas atendidas a outros servizos con fines de lucro.

c) Os incumprimentos, durante dos anos consecutivos, dos obxectivos de

calidade establecidos no ADX.

Na Estipulación Vixésimo Novena: Cesión e Subcontratación do Servizo

Público, recóllese: POVISA non poderá acordar con terceiros a cesión de

dereitos e obrigas derivadas do contrato, sen a autorización expresa da

Administración contratante.

O Acordo de Xestión recolle anualmente indicadores de calidade da atención

sanitaria concertada, considerando como mínimos os mesmos establecidos

para os centros do Servizo Galego de Saúde.

No “Acordo Básico pola Saúde na Área Sanitaria de Vigo”, asinado en 2006

pola Consellería de Sanidade, os sindicatos CIG, CCOO e UGT, a

Confederación de Empresarios de Galicia, a Universidade de Vigo e POVISA,

recóllense, entre outros, os seguintes Principios Xerais:

3.- Mediante este ámbito de diálogo preténdese establecer medidas que

garantan:

O compromiso polo mantemento do emprego no sector sanitario da

comarca de Vigo, tanto no ámbito público como no privado que preste

asistencia concertada (singularmente do que poda resultar afectado

polas modificacións operadas como consecuencia da construción do

89

Page 97: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Proposición non de lei para Pleno

6

novo hospital universitario de Vigo), reducindo os niveis de

temporalidade na relación laboral, apostando por un emprego estable e

de calidade que favoreza a cohesión social.

O concerto con POVISA debe garantir a actividade de calidade

necesaria para manter o emprego actual en todas as especialidades e

servizos na súa configuración como hospital xeral con atención integral.

A partir deste acordo, POVISA será responsable única do incremento de

plantilla, salvo no caso de que este sexa froito dun acordo coa

Consellería para garantir a actividade e a calidade dos servizos

concertados.

8.- Comprometémonos cun deseño conxunto, a través do instrumento de

información e participación creado a partir deste Acordo, cara á conformación

dun novo escenario do sector sanitario na área de Vigo caracterizado por:

1. O mantemento do emprego e da actividade do sector sanitario e a

garantía dun equilibrio e dunha complementariedade público-privada que

se articule en favor da calidade asistencial e do desenvolvemento dos

profesionais sanitarios dos diferentes ámbitos.

Evidentemente, a reestruturación do cadro de persoal que POVISA pretende

levar adiante e que se recolle na “Memoria Explicativa” entra en contradición

coas cláusulas do Concerto Sanitario SERGAS-POVISA citados nesta

exposición de motivos e cos compromisos adquiridos coa sinatura do Acordo

Básico pola Saúde na Área Sanitaria de Vigo.

Por outra banda, o establecido na Estipulación Vixésimo Primeira do Concerto,

constitúe un acordo que afecta directamente aos dereitos dos traballadores e

traballadoras de POVISA e que sen embargo non contou coa participación dos

sindicatos máis representativos no sector nin do Comité de Empresa de

POVISA.

90

Page 98: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Proposición non de lei para Pleno

7

Dun xeito vergoñento, a Consellería pretende lavarse as mans das continuas

medidas destinadas á destrución de emprego que POVISA ven practicando nos

últimos catro anos, eludindo así a súa responsabilidade de garantir a calidade

asistencial prestada e os compromisos adquiridos coa sinatura do Acordo

Básico pola Saúde na Área Sanitaria de Vigo.

Por todo o exposto, a deputada que subscribe, presenta a seguinte

proposición non de lei para o seu debate en Pleno:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1.- Esixir a POVISA, en base ao cumprimento do Concerto que mantén co

SERGAS e dos compromisos adquiridos coa sinatura do Acordo Básico pola

Saúde na Área Sanitaria de Vigo, a paralización inmediata das medidas

recollidas na “Memoria Explicativa” entregada ao Comité de Empresa e na que

se recolle “Extinción colectiva de contratos de traballo por causas económicas”,

a “Reestruturación da dotación e quendas de celadores e auxiliares de

enfermería por causas organizativas: extinción de 12 contratos por modificación

de quendas”, a “Extinción de tres contratos de traballo no servizo de Arquivo

Clínico” e a “Extinción de sete contratos de traballo na área de Recepción do

Hospital”.

2.- Anular a Estipulación Vixésimo Primeira do Concerto Sanitario entre

POVISA é o SERGAS na que consta: POVISA queda obrigado ao

cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións

vixentes en materia de lexislación fiscal, seguridade social, laboral e de

seguridade e hixiene no traballo, referidas ao propio persoal ao seu cargo e en

particular respecto ao persoal que empregue na xestión deste concerto, sen

que en ningún caso poida alegarse ningún dereito de dito persoal en relación

coa Administración contratante, nin esixir a esta responsabilidades de ningunha

91

Page 99: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | Proposición non de lei para Pleno

8

clase, como consecuencia das obrigas establecidas entre o centro e os seus

empregados.

3.- De persistir POVISA en levar adiante as medidas de extinción de emprego

anunciados, aplicar as sancións establecidas no Capítulo X do Concerto,

Estipulación Vixésimo Terceira: Penalidades, que establece: Terán a

consideración de incumprimentos moi graves:

a) Non dispoñer de medios materiais e humanos necesarios para a correcta

prestación do servizo.

b) A desviación de persoas atendidas a outros servizos con fines de lucro.

Pazo do Parlamento, 03 de febreiro de 2015

Asdo.: Consuelo Martínez García

Deputada do G.P. Mixto

Asinado dixitalmente por:

María Consuelo Martínez García na data 03/02/2015 10:05:54

92

Page 100: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

4.7 33013(09/PNP-002429)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego

para garantir a titularidade e uso civil do Panteón de

Galegos Ilustres, así como difundir a súa historia,

significado e relevancia como patrimonio de Galicia

Publicación da iniciativa, 414, 11.02.2015

93

Page 101: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa

da deputada Ana Belén Pontón Mondelo, ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, formula a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno,

relativa as actuacións que debe levar adiante a Xunta de Galiza para garantir a

titularidade e uso civil do Panteón de Galegos Ilustres.

O Panteón de Galegos Ilustres é un dos símbolos da Galiza. A súa orixe está

claramente vinculada co empeño dun sector relevante da sociedade galega por dignificar

Galiza, e singularmente por situar a Rosalía de Castro no lugar que lle corresponde

como figura clave do rexurdir cultural de Galiza. Así no ano 1891, o Centro Galego da

Habana, o Comité Rexionalista e a Sociedade de Amigos do País, tomaron a decisión de

trasladar os restos de Rosalía de Castro desde o cemiterio de Adina até San Domingos

de Bonaval. Motivábaos a necesidade de depositar os seus restos coa relevancia que

merecían, á par de realizar unha homenaxe pública do conxunto do pobo galego á súa

figura e á súa obra fundacional. Non se trataba naquel momento de constituír un

Panteón de Galegos Ilustres, mais esta idea foi tomado corpo desde ese momento.

Posteriormente, diversos feitos permitiron que esa idea se fora materializando.

Así, durante o franquismo vaise celebrar unha misa e unha ofrenda floral o 25 de Xullo

a Rosalía. Con posterioridade serán trasladados a este os restos de Ramón

Cabanillas,Francisco Asorey e Domingo Fontán. A este elenco de nomes, sumouse no

1984, o traslado dos restos de Castelao.

Hai pois unha institucionalización real –aínda que non formal do punto de vista

legal- de San Domingos de Bonaval como o Panteón de Galegos Ilustres. Un espazo

94

Page 102: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

civil no que lembrar digna e colectivamente a aquelas persoas máis relevantes na

historia do pobo galego.

Mais esta situación ten mudado de maneira significativa unha vez que se

produce unha sentenza insólita, que lle outorga a titularidade deste espazo ao

Arcebispado de Santiago de Compostela. Titularidade sobre o espazo, que en ningún

caso pode abranguer a tutela dos restos que alí repousan. A decisión dos soterramentos

ou traslado de restos que se fixeron ao longo dos anos xustificábase, precisamente, no

carácter laico e civil que até o ano pasado tiña este espazo.

A pesar das múltiples iniciativas que temos rexistrado intentado restablecer un

uso civil e laico do Panteón, o certo é que o Goberno e a maioría parlamentar do PP

impediron avanzar nese obxectivo. Co paso dos anos consolídase unha situación

anómala, que priva de difusión, coñecemento e acceso libre a un espazo que debe ser

propiedade de galegas e galegos e non de ningunha confesión relixiosa. De feito, xa

temos constancia de actos vetados pola Diócese de Santiago de Compostela. Unha

situación intolerábel e que violenta os principios e liberdades públicas.

Desde o BNG seguimos defendendo a idoneidade de San Domingos de Bonaval

como sede para o Panteón de Galegos Ilustres. Por simbolismo e por tradición asentada

no noso imaxinario colectivo. Mais tamén defendemos a necesidade de que un Panteón

destas características debe ser un espazo laico, de uso civil, con garantías de acceso e

homenaxe sen censuras ás personalidades que alberga. Estas condicións non están

garantidas na actualidade. O arcebispado ten a capacidade para decidir que actos se

poden celebrar e cales non e quer implantar os usos litúrxicos.

Por outra parte este espazo está declarado como BIC e a Igrexa claramente está

incumprindo os preceptos establecidos para este tipo de bens.

95

Page 103: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á vista desta situación así como dun marco legal que permite a expropiación de

bens culturais en base á súa utilidade pública formúlase a seguinte proposición non de

lei para o seu debate en Pleno:

“O Parlamento de Galiza insta á Xunta de Galiza a incoar, conforme ao

establecido na lexislación vixente, o oportuno expediente de expropiación do uso do

Panteón de Galegos Ilustres, dado o seu carácter de interese social e utilidade pública, e

coa finalidade de garantir un acceso igualitario e sen vetos a este espazo, así como

difundir axeitadamente a súa historia, significado e relevancia como patrimonio do

conxunto dos galegos e galegas.”

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz s. do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 04/02/2015 18:02:30

96

Page 104: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

4.8 33216(09/PNP-002436)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa rede de saneamento e os sistemas de depuración

dos concellos que verten á ría de Pontevedra

Publicación da iniciativa, 414, 11.02.2015

97

Page 105: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz e a iniciativa do deputado Jacobo Moreira ferro, ao abeiro do artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

Exposición de motivos

A Ría de Pontevedra aglutina unha poboación de máis de 200.000 persoas, podendo sobrepasar os 300.000 habitantes en época estival, e nela se desenvolven importantes actividades turísticas e de produción marisqueira.

No ano 2001 foi declarada como “zona sensible”, o que supón unha maior esixencia de calidade ambiental nesta Ría en relación ás demais, e conleva maiores limitacións no saneamento e na depuración. O sistema de saneamento, que é de competencia municipal, foi configurado e construído nos seus principais elementos fai máis de 20 anos. Por iso, as redes de saneamento poden ter deficiencias e necesítase un coñecemento exhaustivo do seu estado para corrixilas e para xestionar axeitadamente o volume de auga que circula por elas. Sen lugar a dúbidas, o estado desta rede inflúe na calidade das augas da ría. Polo tanto, a súa correcta análise e os datos que se deriven dela son clave na súa mellora e no correcto dimensionamento das instalacións de depuración. Cómpre, polo tanto, que Augas de Galicia actúe na busca de solucións implicando aos concellos da ría. É preciso que, para a

98

Page 106: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

consecución do saneamento efectivo da Ría, se realice previamente unha análise exhaustiva e detallada da problemática existente a nivel local en canto á rede de saneamento e aos sistemas de depuración existentes, analizando o seu funcionamento, co fin de determinar as necesidades concretas de actuación en cada termo municipal afectado. Polo tanto, “O Parlamento de Galicia acorda instar á Xunta de Galicia a afondar no estudo dos sistemas de saneamento e depuración da ría de Pontevedra coa implicación dos Concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa a fin de que faciliten e aporten toda a información e documentación necesarias para coñecer o estado actual da rede e, en función do resultado, determinar as necesidades concretas de actuación en cada termo municipal afectado.”

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 05/02/2015 17:18:51

Jacobo Moreira Ferro na data 05/02/2015 17:18:59

99

Page 107: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

5. Interpelacións

100

Page 108: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

5.1 31162(09/INT-001131)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre a valoración do Goberno galego dos últimos datos

publicados polo Instituto Galego de Estatística en relación

co uso da lingua galega e as actuacións previstas ao respecto

Publicación da iniciativa, 392, 17.12.2014

101

Page 109: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Interpelación, sobre a valoración da Xunta de Galiza a situación da

lingua galega e a necesidade de rectificar a política do goberno neste ámbito e recuperar

o consenso do PXNLG.

Os últimos datos publicados polo IGE en relación co uso do galego son un

exemplo máis da crítica situación que vive o idioma galego que pon en serio risco o seu

futuro. Así, segundo esta enquisa:

- No ámbito do fogar entre os menores de 50 anos o castelán é a lingua maioritaria

de relación, usándose o galego só no 38,08% dos casos, fronte ao 44,76% de

2008 e ao 50,72% de 2003.

- Nos datos relativos ao uso do galego entre as parellas ou con amigos afirmase

ter como lingua maioritaria o galego, mais supón un descenso moi importante se

os comparamos cos datos de 2003. Porén é revelador que nas persoas con menos

de 50 anos a lingua maioritaria é o castelán con moita diferenza co galego. Así

destaca que entre os menores de 15 anos o 76,69% afirma usar o castelán, na

franxa de idade entre os 15 e 29 anos a porcentaxe que afirma usar o castelán é

do 64,05% e dos 30 aos 49 anos o uso do castelán situase no 56,98%.

- No relativo á escola os e as estudantes que afirman recibir todas as clases en

galego é do 2,15%, unha cifra moi inferior á de 2008 que era do 14,3%. Tamén

descende a porcentaxe de persoas que afirmaron recibir todas as aulas en

castelán (do 6,34% ao 3,08%).

102

Page 110: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

- No ámbito das relacións laborais demostran un uso diglósico do galego e un

descenso xeneralizado do uso da lingua galega.

- No ámbito da sanidade só o 44,26 afirma usar o galego ao seu ou súa médico,

cinco puntos menos que en 2008 (49,24%) e nove puntos menos que hai dez

anos (53,87%). Entre os menores de 30 anos a proporción descende até o

32,36% e entre os 30 e os 49 anos é do 34,9%.

- Na relación coa administración tamén o galego perde espazo e deixa de ser

maioritario, rexistrándose un descenso de dez puntos en dez anos.

En definitiva, este estudo súmase ao diagnóstico crítico do idioma galego e pon

énfase na perda continuada e sostida de falantes. Unha situación que é froito da

represión e discriminación do galego. Un proceso histórico que se ven acelerando nos

últimos anos e que ten moito que ver con decisión que se adoptan no ámbito político.

En todo caso, esta enquisa é unha oportunidade para que a Xunta rectifique a súa

política de aniquilación da lingua galega e volva ao consenso do PXNLG, a Lei de

Normalización Lingüística, o Estatuto de Autonomía de Galiza ou a Carta Europea das

Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Polo dito formúlase a seguinte interpelación:

-Que valoración realiza a Xunta de Galiza sobre os últimos datos publicados

polo IGE en relación co uso da lingua galega?

-Ten previsto á Xunta de Galiza -á vista do lingüicidio que se está producindo-

rectificar a súa política neste ámbito?

-Ten previsto a Xunta de Galiza rectificar o seu incumprimento do Plan Xeral de

103

Page 111: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Normalización da Lingua Galega e da lexislación lingüística e retomar o consenso?

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 09/12/2014 18:16:19

104

Page 112: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

5.2 31436(09/INT-001135)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Caamaño Domínguez, Francisco e 2 máis

Sobre a valoración polo Goberno galego da última enquisa do

Instituto Galego de Estatística na que se reflicte unha caída

do uso do galego entre as mozas e mozos de Galicia

Publicación da iniciativa, 399, 05.01.2015

105

Page 113: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Francisco Caamaño Domínguez, Vicente Docasar Docasar e María Concepción

Burgo López, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 149 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte interpelación.

O Instituto Galego de Estatística vén de poñer de relevo na súa última enquisa a

forte caída do uso do galego entre as mozas e os mozos de Galicia. Ante tan

preocupante dato, o presidente da Xunta alegou que ese retroceso histórico no

uso da nosa lingua nada tiña que ver co xiro operado polo seu Goberno no eido

da política lingüística, implantando o chamado “bilingüismo cordial”,

marxinando o galego na escola e reducindo sistematicamente os recursos

orzamentarios.

No seu dicir, a causa dese dramático descenso é responsabilidade exclusiva das

familias e aos movementos demográficos.

Sorprendidos por tales declaracións os deputados e a deputada que asinan

interpelan o Goberno galego nos seguintes termos:

1ª) Realmente estima o Goberno de Galicia que a política de protección e defensa

da lingua galega é inútil?

2ª) É esa a razón pola que a ten completamente abandonada reducindo progresiva

e sistematicamente os recursos orzamentarios dedicados a ela?

3ª) Considera que abonda con imputar a responsabilidade aos pais de familia?

Pazo do Parlamento, 16 de decembro de 2014

Asinado dixitalmente por:

106

Page 114: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 17/12/2014 17:55:53

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 17/12/2014 17:56:02 María Concepción Burgo López na data 17/12/2014 17:56:12

107

Page 115: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

5.3 31518(09/INT-001139)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Soneira Tajes, María Soledad e 6 máis

Sobre as accións que levou a cabo o Goberno galego diante das

actuacións xudiciais que implican a distintos altos cargos da

Xunta de Galicia

Publicación da iniciativa, 399, 05.01.2015

108

Page 116: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Mª Soledad Soneira Tajes, Beatriz Sestayo Doce, Vicente Docasar

Docasar, Manuel Vázquez Fernández, María Quintas Álvarez, Raúl

Fernández Fernández e Carmen Acuña do Campo, deputadas e

deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 147 do Regulamento da Cámara,

presentan ante esa Mesa a seguinte Interpelación.

A xuíza De Lara amplía as súas investigacións, sobre financiamento ilegal

do Partido Popular, a 24 cargos deste Partido Popular en Ourense. A

investigación abrangue a cargos públicos con responsabilidades en ttodas a

administracións: local, autonómica e nacional.

Detrás da investigación está a sospeita de que o Partido Popular podería

estar violando a lexislación electoral e a de financiamento dos partidos

políticos, así como posibles delitos de falsidade documental e de doazóns

percibidas ilegalmente por esta formación política.

Investíganse a concelleiros e concelleiras, a deputados autonómicos e

nacionais, a altos cargos do Goberno Central e da Xunta de Galicia, a

familiares do presidente da Xunta, a cargos orgánicos do Partido Popular,

etc. De todos eles sospeita a xuíza que participaron no financiamento ilegal

do Partido Popular.

Chove sobre mollado. En Valencia, Madrid, Baleares, a Rioxa, Euskadi e

tamén Galicia hai abertos procedementos xudiciais nos que se investigan,

entre outros, posibles delitos de financiamento ilegal do Partido Popular,

tanto a nivel nacional como nos respectivos territorios. O abano de

imputados e investigados van dende responsables do PP nacional como das

organizacións territoriais e as evidencias, postas de releve polas

investigacións, amosan toda unha estrutura perfectamente deseñada para

burlar a lei e acadar recursos ilegalmente, destinados a financiar a esta

formación política.

109

Page 117: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Como queira que o señor presidente da Xunta de Galicia é tamén o

presidente do PPdeG, todas estas actuacións contaminan seriamente a súa

función institucional e acentúan a desconfianza da cidadanía nas

institucións, xa que non hai que esquecer os escándalos que, nos últimos

tempos, envolven ao PPdeG, as súas organizacións territoriais e ao propio

presidente: Gürtel, Operación Zeta, amigos conseguidores de subvencións

públicas, amigos condenados por actividades ilegais, pagos en negro de

sedes provinciais, etc.,

Todos estes asuntos teñen un apartado que, alén das prácticas corruptas en

beneficio propio dos autores, destinan unha parte ou a totalidade do

recadado ilegalmente ao financiamento do Partido Popular, do que o señor

Feijoo é o máximo responsable en Galicia e un destacado dirixente

nacional.

Diante deste desolador panorama, as deputadas e os deputados asinantes

formulan a seguinte Interpelación:

1.ª) Que accións ten levado a cabo o Goberno Galego diante das actuacións

xudiciais que implican a distintos cargos da Xunta de Galicia, e doutras

administracións, en supostos delitos de financiamento ilegal do Partido

Popular?

2.ª) Mais concretamente, non ten interese o señor presidente da Xunta de

Galicia en coñecer o que pode haber de certo en todo un rosario de

actuacións xudiciais, que teñen por nexo común o financiamento ilegal do

partido que preside e da participación de altos cargos do seu Goberno nos

feitos?

110

Page 118: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

3.ª) Considera o señor presidente da Xunta que a cidadanía non merece

outra explicación, diante deste rosario de escándalos protagonizados pola

formación política que preside, que o silencio e o deixar pasar?

Pazo do Parlamento, 19 de decembro de 2014

Asdo.: Mª Soledad Soneira Tajes

Beatriz Sestayo Doce

Vicente Docasar Docasar

Manuel Vázquez Fernández

María Quintas Álvarez

Raúl Fernández Fernández

Carmen Acuña do Campo

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María Soledad Soneira Tajes na data 19/12/2014 16:38:08

Beatriz Sestayo Doce na data 19/12/2014 16:38:19

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 19/12/2014 16:38:26

Manuel Vázquez Fernández na data 19/12/2014 16:38:35

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 19/12/2014 16:38:50

Raúl Fernández Fernández na data 19/12/2014 16:39:14

María del Carmen Acuña do Campo na data 19/12/2014 16:39:21

111

Page 119: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

112

Page 120: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

6.1 33676(09/POPX-000115)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Méndez Romeu, José Luis

Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en

relación coas demandas de servizos públicos da cidadanía

113

Page 121: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Luís Méndez Romeu, portavoz do Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 155.5 e normas

complementarias do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a

seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno, dirixida ao Sr.

presidente da Xunta de Galicia.

Sr. presidente, considera vostede que as súas políticas están

satisfacendo as demandas de servizos públicos da cidadanía galega?

Pazo do Parlamento, 16 de febreiro de 2015

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Jose Luis Méndez Romeu na data 16/02/2015 11:10:02

114

Page 122: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

6.2 33677(09/POPX-000116)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego

diante do sufrimento das persoas enfermas de hepatite C

115

Page 123: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Francisco Xesús Jorquera Caselas, Portavoz do Grupo Parlamentar

do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no artigo 155.5

do Regulamento da Cámara e das normas supletorias do 29 de Xaneiro do 2002,

formula a seguinte PREGUNTA dirixida ao Presidente do Goberno, para a súa

resposta oral en Pleno.

PREGUNTA AO PRESIDENTE:

“Vai seguir impasíbel ante o sufrimento das persoas enfermas de

hepatite C?”

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do Grupo Parlamentar do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 16/02/2015 12:23:18

116

Page 124: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

6.3 33698(09/POPX-000117)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda

Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para garantir a

dispensación dos novos fármacos existentes a todas as persoas

afectadas de hepatite C

117

Page 125: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

Yolanda Díaz Pérez, Vicevoceira do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da

Esquerda, Voceira aos efectos da formulación da pregunta ao Presidente, ao abeiro do

artigo 155.5 do Regulamento da Cámara e das normas supletorias de 29 de xaneiro de

2002, presenta a seguinte PREGUNTA dirixida ao Presidente da Xunta de Galicia, para

a súa resposta oral no Pleno.

- Cantas persoas máis terán que morrer no noso país para que a Xunta garanta a

dispensación dos novos fármacos que tratan a hepatite C a todas as persoas

afectadas?

En Compostela, a 16 de febreiro do 2015.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 16/02/2015 14:02:11

118

Page 126: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

7. Preguntas ao Goberno

119

Page 127: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

7.1 33717(09/PUP-000182)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Veira, Pedro Manuel e 7 máis

Sobre os logros acadados para Galicia na viaxe a México, Perú

e Colombia do Sr. presidente da Xunta de Galicia, iniciado o

13 de febreiro de 2015

120

Page 128: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

A Mesa do Parlamento Pedro M. Arias Veira, Moisés Blanco Paradelo, Hipólito Fariñas Sobrino, Berta Pérez Hernández, Cristina Romero Fernández, Francisco Santos Regueiro, Miguel Tellado Filgueira e Gonzalo Trenor López, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 155.5 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno polo trámite de urxencia. Xustificación da urxencia A urxencia ven motivada pola necesidade de que o Goberno galego, explique o antes posible en Sede parlamentaria, os resultados da última viaxe do Presidente da Xunta de Galicia a México, Perú e Colombia.

O pasado venres 13 de febreiro, o presidente do Goberno galego, acompañado do conselleiro de Economía e Industria, iniciou unha visita de varios días aos Estados Unidos Mexicanos, á República do Perú e á República de Colombia, onde mantén varias xuntanzas con representantes empresariais e institucionais do mais alto nivel. De acordo coas informacións difundidas pola propia Xunta de Galicia, o obxecto desta acción é seguir avanzando na internacionalización das empresas galegas e, polo tanto, nas relacións comerciais cos países americanos. En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan a seguinte pregunta en Pleno: Qué logros para Galicia foron acadados na viaxe a México, Perú e Colombia do Presidente da Xunta de Galicia, iniciado o pasado día 13 de febreiro de 2015?

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2015

121

Page 129: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Asinado dixitalmente por:

Pedro Manuel Arias Veira na data 16/02/2015 17:41:06

Moisés Blanco Paradelo na data 16/02/2015 17:41:34

Hipólito Fariñas Sobrino na data 16/02/2015 17:41:45

Berta Pérez Hernández na data 16/02/2015 17:42:01

Cristina Isabel Romero Fernández na data 16/02/2015 17:42:11

Jose Francisco Santos Regueiro na data 16/02/2015 17:42:23

Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 16/02/2015 17:42:55

Gonzalo Trenor Lopez na data 16/02/2015 17:43:04

122

Page 130: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

7.2 32542(09/POP-002954)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis

Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para

evitar a discriminación que padecen as persoas consumidoras

galegas, a consecuencia das diferenzas no prezo dos

combustibles entre as comunidades autónomas

Publicación da iniciativa, 410, 05.02.2015

123

Page 131: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Abel Losada Alvarez, José Manuel Gallego Lomba e Beatriz Sestayo

Doce, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta

para a súa resposta oral en Pleno.

Na estratexia propagandística a que nos ten acostumados o Goberno

galego, a mediados de abril do ano 2014, fai máis de nove meses,

manifestou a necesidade de incrementar a competencia no sector dos

hidrocarburos, de maneira que as baixadas do prezo do cru, como as que

estamos vivindo dende entón, trasládense aos prezos do gasóleo e da

gasolina, isto é, a renda dispoñible dos cidadáns.

Lamentablemente, nove meses despois, os feitos políticos do Goberno

galego teñen sido practicamente inexistentes neste ámbito, o petróleo

continuou baixando, e os consumidores galegos pagamos un prezo polos

combustibles para automoción que se sitúan nos máis altos de España.

Os e as socialistas vimos defendendo que é imprescindible, e máis en

momentos como este, democratizar a economía, o que implica defender na

lexislación, non as grandes corporacións, senón aos cidadáns e ás cidadás,

aos autónomos e aos pequenos e medianos empresarios e empresarias, algo

que os gobernos do PP, non fan, nin en Galicia, nin en España.

Resulta evidente que hoxe o que hai no sector dos hidrocarburos é un

oligopolio privado de tres compañías (Repsol, CEPSA e BP) que

concentran o 85 % da distribución da gasolina e o gasóleo, e que resulta

imprescindible introducir máis transparencia e competencia, máis

subministradores, para que se rompa ese oligopolio privado e, en

consecuencia, teñamos un traslado moito máis rápido do prezo do cru ao da

gasolina e o gasóleo.

124

Page 132: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, os deputados e a deputada que asinan formulan a

seguinte pregunta para o seu debate en Pleno:

Unha vez que a Administración autonómica dixo de ser coñecedora das

diferenzas de prezos nos combustibles que prexudican aos

consumidores e consumidoras de Galicia fai xa nove meses, ten tomado

algunha iniciativa neste tempo para corrixir estas discriminacións?

Pazo do Parlamento, 22 de xaneiro de 2015

Asdo.: Abel Losada Alvarez

José Manuel Gallego Lomba

Beatriz Sestayo Doce

Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Abel Fermín Losada Álvarez na data 23/01/2015 09:40:24

José Manuel Gallego Lomba na data 23/01/2015 09:40:30

Beatriz Sestayo Doce na data 23/01/2015 09:40:36

125

Page 133: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

7.3 32943(09/POP-003019)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e 2 máis

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para

defender o dereito dos cidadáns galegos ao acceso aos estudos

universitarios con independencia dos seus recursos económicos

Publicación da iniciativa, 414, 11.02.2015

126

Page 134: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez, Francisco Xesús Jorquera Caselas e deputada

María do Carme Adan Villamarín, deputados e deputada do Grupo Parlamentar do

Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Pleno, relativa ao

Real Decreto que modifica o ordenamento dos estudos universitarios.

O Consello de Ministros ven de aprobar un Real Decreto que modifica o

Ordenamento dos Estudos Universitarios, que pretende afondar no deterioro do sistema

universitario educativo público e que provocou as críticas e o malestar do ámbito

universitario, do Consello de Estado e da maioría das forzas políticas e sociais do noso

país.

O Ministerio pretende reformar o modelo actual de 4 anos de grao + 1 de

mestrado noutro modelo que tería 3 anos de grado + 2 de mestrado, unha reforma que

provocará:

-Menos formación académica (25%) para o alumnado, peor calidade educativa

do sistema público e grave encarecemento da formación universitaria; que provocará a

expulsión do sistema universitario do alumnado de familias con menos recursos

económicos.

-Un novo golpe á educación pública universal polo que supoñerá de novo recorte

de profesorado no SUG, perda de alumnado e un novo recorte no seu financiamento

dando máis oportunidade de negocio ás empresas privadas.

O Grupo Parlamentar do BNG entende que este borrador do ministro Wert

127

Page 135: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

resultará moi negativo para os intereses do SUG e para o dereito das galegas e galegos

ao acceso aos estudos universitarios na Galiza.

A inmensa maioría da comunidade universitaria, as forzas políticas e sociais, as

organizacións sindicais do ensino, na Galiza, tamén se opoñen ás pretensións do Sr.

Wert, de converter ás universidades en empresas de servizos educativos; mesmo

manifestan “non poder aceptar unha reforma que se pretende aprobar sen avaliar os

novos graos (4 anos) que comezaron a implantarse en 2007 no marco do Plan Boloña e

que, lonxe de facilitar a internacionalización do estudantado universitario, xerará

disfuncións e mesmo desigualdades entre comunidades e entre universidades da mesma

comunidade”.

Tamén se escoitaron críticas dos reitores do SUG, da inmensa maioría dos

reitores da CRUE e do mesmo Consello de Estado que solicitou o aprazamento do

Decreto de Ordenamento dos Estudos Universitarios.

O Ditame do Consello de Estado pon de manifesto que:

“As primeiras xeracións do Plan Boloña (4 + 1) acaban de graduarse no 2014

polo que non se puideron avaliar os resultados da reforma e aínda non se extinguiu o

plan antigo de licenciaturas, na maior parte das universidades”.

“A falla de estabilidade na regulación das ensinanzas universitarias, nos últimos

anos, non favorece a educación de calidade no sistema universitario; sendo moi

necesario un amplo acordo das forzas políticas e sociais de cara a dar maior estabilidade

ao sistema”.

Lamentabelmente, malia a solicitude do Consello de Estado de pospoñer a

reforma na busca dun consenso, a pesares das críticas dos reitores da CRUE, dos

reitores do SUG, da práctica totalidade das organizacións sindicais e políticas galegas, o

Sr. Wert e o Consello de Ministros parecen dispostos a impoñer unha nova reforma no

128

Page 136: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

ensino universitario que non gusta a ninguén e que tan so pretende eliminar o dereito ao

acceso universal das galegas e galegos ao ensino público superior para beneficiar o

negocio dos sectores privados.

O Grupo parlamentar do BNG entende que non se pode aceptar a imposición

desta reforma porque vai afectar moi negativamente ao SUG: pola perda de alumnado,

de profesorado, de financiamento, mentres se está a primar á universidade privada.

Polo exposto formulamos a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno:

Vai tomar algunha medida o Goberno Galego para defender o dereito das

galegas e galegos ao acceso aos estudos universitarios na Galiza, independentemente

dos seus recursos económicos?

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2015

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

María do Carme Adan Villamarín

Deputado e deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

129

Page 137: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 03/02/2015 11:48:45

María do Carme Adán Villamarín na data 03/02/2015 11:48:51

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 03/02/2015 11:48:55

130

Page 138: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

7.4 33032(09/POP-003035)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e Adán Villamarín, María do Carme

Sobre a opinión da Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria respecto da contratación dun

videoclip de Enrique Iglesias

Publicación da iniciativa, 414, 11.02.2015

131

Page 139: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo e María do Carme Adán Villamarín, deputadas

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto

no Regulamento da Cámara, formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en

Pleno.

Considera o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que é

lóxico pagar máis de 300.000 euros á Enrique Iglesias mentres aplica duros recortes á

cultura galega?

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

María do Carme Adán Villamarín

Deputadas do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 05/02/2015 11:14:25

María do Carme Adán Villamarín na data 05/02/2015 11:14:30

132

Page 140: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

7.5 31804(09/POP-002839)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Fajardo Recouso, Juan Manuel

Sobre a execución do Plan de emprego para perceptores da

Risga

Publicación da iniciativa, 404, 22.01.2015

133

Page 141: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA

Juan Manuel Fajardo Recouso, deputado pertencente ao Grupo

Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda , ao abeiro do disposto

no artigo 155 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta

para a súa resposta oral en Pleno

Durante o pasado mes de maio, o Presidente da Xunta de Galicia,

anunciou un plan de emprego para fomentar a inclusión laboral dos

perceptores da RISGA no noso país. Este plan consistía simplemente en

realizar acordos cos concellos para empregar a 600 perceptores/as da

RISGA durante 6 meses, cun orzamento de 1,5 millóns de Euros.

Cando xa pasaron 5 meses dende o anuncio desta insuficiente medida, os

concellos que solicitaron acollerse a mesma, non teñen resposta e polo

tanto o “cacarexado” plan é a día de hoxe fume que non se ten executado,

parece a espera de ser utilizado en período electoral .

Polo exposto formulamos a seguinte pregunta , para a súa resposta oral

en Pleno

* Cal é o motivo polo que o plan de emprego para perceptores da RISGA

continúa cinco meses despois do seu anuncio, sen executarse, que

criterios se seguirán para a concesión os concellos destes contratos ?

134

Page 142: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2015.

Asdo.: Juan M. Fajardo Recouso

Deputado do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 09/01/2015 13:24:44

135

Page 143: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

7.6 33696(09/PUP-000178)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Calvar, María Carmen e 3 máis

Sobre as xestións levadas a cabo pola Consellería de Traballo

e Benestar para resolver a problemática xerada no traslado de

persoas con discapacidade do centro San Francisco de Vigo a

Doral Residencial en Mos

136

Page 144: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Carmen Gallego Calvar, Abel Losada Álvarez, Manuel Gallego

Lomba e María Quintas Álvarez, deputada e deputados pertencentes

ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do

disposto no artigo 155.5 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa

Mesa a seguinte pregunta urxente para a súa resposta oral en Pleno.

Xustificación da urxencia

A urxencia vén motivada pola alarma suscitada no traslados das

persoas con discapacidade a centros privados.

Qué xestións levou a cabo a conselleira de Traballo e Benestar

para resolver a problemática creada no traslado de persoas con

discapacidade de San Francisco a Doral Residencial?

Pazo do Parlamento, 16 de febreiro de 2015

Asdo.: Carmen Gallego Calvar

Abel Losada Álvarez

Manuel Gallego Lomba

María Quintas Álvarez

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Gallego Calvar na data 16/02/2015 13:41:03

Abel Fermín Losada Álvarez na data 16/02/2015 13:41:12

137

Page 145: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

José Manuel Gallego Lomba na data 16/02/2015 13:41:18

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 16/02/2015 13:41:27

138

Page 146: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

7.7 31922(09/POP-002853)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis

Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto da

modificación da orde pola que se establece o Plan de xestión

para a sardiña en augas ibéricas

Publicación da iniciativa, 404, 22.01.2015

139

Page 147: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Balseiro Orol, Marisol Piñeiro Martínez, Rosa Oubiña Solla, Javier Guerra Fernández, Vidal Martínez-Sierra López, Berta Pérez Hernández, Herminia Pouso Maneiro e Gonzalo Trenor López, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente vén de modificar a Orde pola que se establece o plan de xestión para a sardiña en augas ibéricas, logo da súa publicación no Boletín Oficial do Estado o venres 9 de xaneiro de 2015. A nova Orde aplicarase as capturas de sardiña realizadas pola flota española en augas españolas da zona VIIIc e IXa do Consello Internacional para a Exploración do MAR (CIEM), así como en augas destas zonas baixo xurisdición doutros Estados membros da Unión Europea. Estas zonas corresponden ao Cantábrico Noroeste, desde o País Vasco na desembocadura do Bidasoa, ata Fisterra; e á parte española de Fisterra ata a fronteira con Portugal, augas de Portugal e o Golfo de Cádiz, respectivamente. O obxectivo final é determinar novas medidas técnicas necesarias para a conservación desta especie e garantir o desenvolvemento socioeconómico vinculado a súa explotación, á vez que evita a imposición unilateral dun TAC por parte da UE. Cómpre lembrar aquí a importancia socioeconómica que para moitas localidades costeiras de Galicia e para a flota galega ten (en especial para ao sector do cerco) e tamén para a industria da pesca, transformación e comercialización o aproveitamento pesqueiro da sardiña.

140

Page 148: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan a seguinte pregunta en Pleno:

Que valoración fai a Xunta de Galicia da modificación da Orde pola que se establece o plan de xestión para a sardiña en augas ibéricas?

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2015

Asinado dixitalmente por:

José Manuel Balseiro Orol na data 13/01/2015 13:45:17

Maria de la Soledad Piñeiro Martinez na data 13/01/2015 13:45:28

Rosa Oubiña Solla na data 13/01/2015 13:45:31

Javier Jorge Guerra Fernández na data 13/01/2015 13:45:37

Vidal Martínez-Sierra López na data 13/01/2015 13:45:45

Berta Pérez Hernández na data 13/01/2015 13:45:52

María Herminia Pouso Maneiro na data 13/01/2015 13:46:00

Gonzalo Trenor Lopez na data 13/01/2015 13:46:10

141

Page 149: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Reunión do Pleno do Parlamento

Día: 24.02.2015 Hora: 10:00

Orde do día

7.8 33699(09/PUP-000180)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Beiras Torrado, Xosé Manuel e 6 máis

Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego en relación

coas irregularidades detectadas na xestión do Centro

Tecnolóxico Alimentario

142

Page 150: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

Xosé Manuel Beiras Torrado, Yolanda Díaz Pérez, Xabier Ron Fernández, Antón

Sánchez García, Eva Solla Fernández, Juan Manuel Fajardo Recouso e Ramón Vázquez

Díaz, integrantes do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda, ao abeiro

do recollido no artigo 155.5 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte

Pregunta para a súa resposta oral no Pleno, con carácter urxente, relativa á fraude

nos cursos de formación.

XUSTIFICACIÓN DA URXENCIA

O conxunto de irregularidades detectadas no CETAL (centro tecnolóxico alimentario)

no Informe de Fiscalización das Fundacións Estatais durante o ano 2012 non deixa en

bo lugar o uso transparente e legal dos recursos públicos. Máis cando na xestión deste

centro tivo que dimitir o señor Luis Lamas, que exercía como tesoreiro, ao incorrer

nunha adxudicación dun asesoramento xurídico do que se beneficiaba.

O informe sinala que ningunha das adxudicacións analisadas fíxose con publicidade

incumprindo as previsións legais recollidas no artigo 53.2 do texto refundido da lei de

contratos do sector público. E logo sucédense unha secuencia de actuacións contrarias

á lei ate completar adxudicacións por importe de 286.150, 08 euros, na súa grande

maioría alleas ás finalidades desta fundación.

O escándalo do mal uso dos cartos públicos nun contexto social marcado polos

recortes, a necesidade social e a pobreza crecente esixe unha resposta contundente no

legal e no ético dos poderes públicos.

Xa que logo, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda presenta a

seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno:

143

Page 151: €¦ · Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia . Méndez Romeu, José Luís . Sobre as políticas que está a seguir o Goberno galego en relación coas demandas de servizos

- Ten pensado o goberno galego adoptar algunha medida diante das

irregularidades detectadas polo Tribunal de Contas sobre o Centro Tecnolóxico

Alimentario e a política de contratación desta fundación pública?

Compostela, a 16 de febreiro do 2015.

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

Asinado dixitalmente por:

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 16/02/2015 14:02:32

Yolanda Díaz Pérez na data 16/02/2015 14:02:38

Anton Sánchez García na data 16/02/2015 14:02:43

Jose Javier Ron Fernandez na data 16/02/2015 14:02:49

Ramón Vázquez Díaz na data 16/02/2015 14:02:55

Eva Solla Fernández na data 16/02/2015 14:02:58

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 16/02/2015 14:03:02

144