goodbye feijóo? · preferentes: as voces que nin feijóo nin castellanos queren escoitar. pÁx....

32
Eleccións 21-O: programas e candidatos. PÁX. 3-8 Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. PÁX. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. PÁX. 18 Entrevistas a Xabier DoCampo (PÁX. 22-23) e Suso Dezaseis (CONTRA). O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado e partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un tratamento dos recursos sustentábel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excedente e convida, após a lectura, á reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquivaren. Prezo 3,50€ Número 19 Ano 0 Sexta feira, 12 de outubro de 2012 Goodbye Feijóo?

Upload: others

Post on 14-Aug-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

Ele

cció

ns 2

1-O: p

rog

ramas e

can

did

atos. p

Áx

. 3-8

Pre

fere

nte

s: as voces q

ue n

in Fe

ijóo

nin

Caste

llano

s qu

ere

n e

sco

itar. pÁ

x. 12

-13

O P

P ad

xud

ica 1.5

00

axud

as a do

mic

ilio q

ue n

on

vai po

der p

agar. p

Áx

. 18

En

trevistas a X

abie

r Do

Cam

po

(pÁ

x. 2

2-2

3) e

Suso

Dezase

is (CO

NT

RA

).

O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado e partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un

tratamento dos recursos sustentábel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excedente e convida, após a lectura, á

reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquivaren.

Prezo 3,50€Número 19 Ano 0

Sexta feira, 12 de outubro de 2012

Goodbye Feijóo?

Page 2: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

2 ediTORiAl

EDITORIAL

Esperanza e depresión

Non son bos tempos pa-ra o marketing exhibi-do habitualmente nas campañas electorais. A cita do 21-O vai ter lu-

gar nun contexto presidido por dúas circunstancias moi relevantes: a gra-vidade dunha crise económica que está provocando o crecente empo-brecemento de sectores sociais que antes non viviran unha situación se-mellante e, ao mesmo tempo, o au-mento dun clima de desconfianza a respecto da meirande parte dos re-presentantes políticos. A persistencia do devalo económico alimenta a dis-tancia cuns gobernos que no canto de facer realidade as demandas dos seus votantes optan por obedece-ren as esixencias dos grandes pode-res económicos. A depreciación da democracia está servida: os gober-nantes subordinan o cumprimento das súas obrigas básicas co electo-rado ao guión ditado pola “troika”. O recente informe do FMI é un acto de sadismo que insulta a intelixencia de millóns de persoas: primeiro esixen a realización de fortes diminucións no gasto público como suposta condi-

O fóra de xogo do PPEstamos no ecuador da campaña electoral.

Atrás queda unha semana marcada polo incumprimento, por parte do PP, da Lei electoral, nunha cadea que suma xa nove amoestacións, máis de unha por día, e que non parece de-terse; días definidos polos intentos, do mesmo partido, de impedir toda manifestación pública de desacordo coas súas políticas de recortes; días ennegrecidos polas declaracións dun cargo público do PP, como foi o ca-so de Castelao Bragaña, incitando á violencia de xénero. Tempo de sos-peitosas evidencias que relacionan o candidato Núñez Feijóo con conce-sións a empresas onde traballan fa-miliares seus. Atrás queda a auditoría do Consello de Contas que indica que podo haber máis de catrocentos mi-llóns de euros en gasto non contabi-lizado para así asegurar o obxectivo do déficit, nunha tramposa operación de maquillaxe contábel.

Atrás quedan tres días de debates

Xesús VeigaPresidente da Fundación Galiza Sempre Análise

electorais na nosa televisión pública que mostraron un Feijóo atado ás po-líticas de Rajoy, incapaz de explicar o presente e sen capacidade de dar credibilidade para as súas propostas e, moito menos, de convencer; un candidato do PSOE pouco seguro do que di e un candidato do BNG que evidenciou que só con máis autogo-berno, con máis soberanía, cun mo-delo de financiamento específico se poden focar correctamente os pro-blemas de Galiza para saír desta si-tuación.

E atrás queda a posibilidade de sa-bermos se os contratos de Pemex, lembrando a pervivencia do mito de Hamlet, son ou non son.

E por diante restan outros tantos días. Neles, máis que nunca, as for-zas concorrentes ás urnas precisan ofrecer á cidadanía clarificación pro-gramática ou, se o preferirmos, acla-ración de medidas, de políticas con-cretas, xa que os seus programas, en canto plasmación dunha opción

manece invariábel, estático, inalcan-zábel ao longo da semana, dando a impresión de que as eleccións se xo-gan só na outra metade do campo, a única que sofre variacións.

Xunto aos inquéritos, de novo o po-sicionamento da xerarquía da igrexa católica, que como fixo Duguesclín na loita fratricida entre Pedro e Hen-rique, optan por se acoller á idea de “eu non quito nin poño rei, mais axudo o meu señor”, que por algo a igrexa católica -o seu reino si que é deste mundo- non ten recortes e recibe, no conxunto do estado, mais diñei-ro do que supón o orzamento total da Xunta de Galiza.

Medios de comunicación, inqué-ritos, opinións de analistas políticos. Non son os únicos elementos a con-figurar o voto, mais son os máis po-derosos á hora de influír na nosa de-cisión. Ou polo menos iso é o que parece.

O día 21, saberemos o resultado e xa non caberá volta atrás.

cloa e nas decisións que se tomen en Berlín e Bruxelas. Núñez Feijoo só promete unha cousa: aceitar o que lle digan a partir do 22 deste mes. Foi o que fixo dende que Rajoy é presidente en Madrid e non vai hipotecar a súa ambiciosa carreira política desobe-decendo o que establezan os seus poderosos padriños.

Mais é que, alén disto, Alberto Núñez é consciente de que hai al-ternativas no mercado electoral que ofrecen “algo mellor”. Por iso dedica unha boa parte do seu argumentario á demonización do bipartito PsdG-BNG. Non é orixinal: aplica a vella téc-nica da caricatura do adversario pa-ra facilitar unha descualificación que non acadaría mediante o uso de ra-zoamentos solventes. Padece o lóxi-co desacougo ante a reedición dunha versión mellorada daquela coalición que representou a mellor experiencia gobernamental de todas as vividas dende 1981. A pesar das deficiencias e dos erros cometidos entre 2005 e 2009, o candidato do PP non pode descoñecer a contundencia da com-paración: pasamos do día á noite, da esperanza á depresión.

ción para comezar unha recupera-ción da actividade económica e agora anuncian que tal dinamización non vai aparecer no horizonte do vindei-ro 2013… porque a intensidade das políticas de restrición do gasto pú-blico non o permite! A señora Lagar-de non se presenta ás eleccións do 21 de outubro, mais si podía sinalar o señor Feijoo como un dos seus alum-nos preferidos.

O candidato do PPdG non pode uti-lizar hoxe aquela coñecida máxima comercial inventada, hai anos, por unha empresa de deterxentes: “bus-que, compare e se atopa algo mellor, mérqueo”. Se fixese esta proposición, correría o risco de perder unha parte importante dos apoios recibidos no ano2009. Sabe que agora un sector do seu anterior electorado vive peor que naquel momento: varias persoas ficaron sen traballo, case todas teñen menos poder adquisitivo e diminuíu a calidade dos servizos básicos do benestar social. E sabe tamén que o verdadeiro programa electoral non é o que figura nas páxinas presentadas para cubrir o expediente senón que está escrito nos despachos da Mon-

ideolóxica, moitas veces reducida a simples clixés, son ben coñecidos po-lo electorado.

É polo tanto o momento de compa-rar programas electorais e coñecer-mos cales son as propostas que para afrontar o futuro ofrecen as diferen-tes formacións políticas. Mais o voto non se sustenta, só, na excelencia dos programas, na calidade das medidas propostas ou na súa explicación co-rrecta. Desde hai tempo outros ele-mentos -fóra de programa- acompa-ñan o electorado á hora de definir a opción de voto elixida o día de acudir ás urnas. O partidismo mediático xoga un importante papel na divulgación das posibilidades electorais de cada forza, de xeito que os inquéritos pre-electorais entraron a formar parte da campaña e do ambiente triunfalista, ou non, das diferentes formacións. Na Galiza, o medio de mais difusión está empeñado en manter nos seus inquéritos diarios dous bloques en intención de voto; un, o do PP, per-

Alberto Núñez é consciente de que hai alternativas no mercado electoral que ofrecen “algo mellor”. Por iso dedica unha boa parte do seu argumentario á demonización do bipartito PsdG-BNG

A pesar das deficiencias e dos erros cometidos entre 2005 e 2009, o candidato do PP non pode descoñecer a contundencia da comparación: pasamos do día á noite, da esperanza á depresión

12 de outubro de 2012

Page 3: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

TemA de pORTAdA ElECCióNS 21-O 3

propostas concretas e promesas difusas nos programas electorais do 21-O

Cabina electoral.

12 de outubro de 2012

O contexto de crise determina o cerne dos programas que concorren ás eleccións do 21-O, onde emprego e economía son os protagonistas.

A crise económica, mais tamén a po-lítica, centra os programas electorais dos comicios do 21 de outubro. Son moitas as páxinas dedicadas ao finan-ciamento e á creación de emprego. Hai tamén propostas orientadas á rexe-neración democrática. Malia algunhas coincidencias no papel, o certo é que dos diferentes programas que conco-rren ás eleccións do 21-O transcende unha clara diferenciación entre dous modelos antagónicos. Antagonismo do cal é paradigma o contraste entre os programas de PP e BNG, de clara antítese. Entrementres a forza nacio-nalista aposta pola defensa clara da clase traballadora e dos servizos pú-

Imaxes: SGT. Barberena

>>

blicos, as promesas do PP son simples remendos que non atacarían a raicei-ra dos problemas e que perpetúan as políticas actuais.

O Partido Popular non pode negar que o desemprego é o problema que máis preocupa. No seu programa ale-ga que é un problema da conxuntura económica mundial e estatal, sen re-coñecer que durante a súa lexislatura, houbo 86 persoas máis no desem-prego cada día en Galiza. De costas ao problema, apunta algunhas solu-cións imprecisas como o incentivo pa-ra nov@s autónom@s con axudas. Re-piten así a promesa electoral de Rajoy nos comicios estatais de ser o defensor d@s autónom@s e pequenas empresas --compromiso roto coa suba do IRPF e o IVE. Outro colectivo ao que o PP promete dirixir as políticas de emprego

son as traballadoras, mais só no ámbi-to dos servizos sociais, reforzando así no seu programa a discriminación que relega as mulleres a certos eidos.

As medidas que achega o BNG procuran confrontar as políticas do PP tanto en Galiza como no estado. Así, a fronte nacionalista promete loi-tar pola derrogación das reformas la-borais aprobadas en 2010 e 2012 po-los gobernos centrais e devolver ás e aos traballador@s os dereitos perdi-dos. Outra das apostas fortes do BNG é crear emprego directo e indirecto no sector público. Para iso, elimina-rán a chamada “taxa de reposición de efectivos” e compensaría o poder ad-quisitivo perdido do persoal público nestes anos --na liña do que xa están a facer nos concellos promovendo o mantemento da paga extra. Ase-

Dos diferentes programas que concorren ás eleccións do 21-O transcende unha clara diferenciación entre dous modelos antagónicos

As medidas que achega o BNG procuran confrontar as políticas do PP tanto en Galiza como no estado

Page 4: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

4 TemA de pORTAdA ElECCióNS 21-O

O futuro do sistema financieiro galego pasaría pola creación dun banco público.

12 de outubro de 2012

made, prometen incluír nos pregos de contratación da Xunta, á hora de licitar obras ou servizos, cláusulas de pena-lización da precariedade laboral. Mais se algo salienta no programa nacio-nalista é a vontade de non someterse ás políticas de recortes que se diten desde Madrid ou Bruxelas.

máis soberanía

Outro dos temas centrais destas elec-cións é o financiamento. Neste apar-tado, confróntanse de novo dous mo-delos ben diferentes. Dunha banda, o programa do BNG aposta por avanzar cara á soberanía. Para iso, propón a creación da Axencia Tributaria Gale-ga. Segundo a forza nacionalista sería a ferramenta para aplicar unha política fiscal propia con novos tramos na tarifa

Outras formacións fanse eco nos seus programas electorais de moitas das demandas dos colectivos do 15-M. Unha das demandas é dar a posibilidade de pagar as hipotecas coa entrega das vivendas aos bancos. Tanto o BNG como Alternativa Galega de Esquerdas apostan por reformar a lexislación para admitir a dación en pagamento como liquidación total da débeda hipotecaria. A dación en pago xa foi obxecto de numerosas iniciativas do nacionalismo no Congreso. Outra das demandas das protestas sociais dos últimos meses é máis democracia, isto é, favorecer a participación da cidadanía. Propósito que toma forma en propostas como a da “regulación

InspIRAcIón 15-M

das consultas populares co fin de asegurar as decisións políticas relevantes sexan tomadas directamente pola cidadanía” e unha “nova regulación da iniciativa lexislativa popular para alongar o seu ámbito e asegurar a súa efectiva tramitación”, ambas as dúas defendidas polo BNG. BNG, AGE e Compromiso por Galicia, avogan porque Galiza sexa circunscrición única para as eleccións galegas e estatais e que se rebaixe ao 3% a barreira para acceder ao Parlamento galego. Asemade tamén apuntan a diminución de propaganda electoral subvencionada, debates televisados máis abertos e unha CRTVG máis plural.

Os outros partidos de dereitas que se presentan aos comicios, Unión, Progreso y Democracia e Sociedade Civil y Democracia apostan por unha re-centralización do estado. UPyD presenta un programa electoral con poucas propostas para a realidade galega. Unha das poucas referencias ás particularidades do país chega ao tratar o tema da lingua, prometendo “recoñecer por lei o dereito á escolarización escollida pola familia”, subterfuxio tras o que se agocha a intención de dar maior prelación ao castelán. Outra é sobre a composición do Parlamento de Galiza. UPyD propón tamén unha circunscrición electoral única e o 3% de votos válidos por circunscrición como mínimo para acceder ao Parlamento. Paradoxalmente, promete “reducir o número de parlamentarios de 75 a 61, mais non seguindo os criterios partidistas que pretendía impoñer o PP”.Canto a Sociedade Civil y Democracia, partido liderado polo ex-banqueiro Mario Conde, non conta con programa electoral. Nas conclusións do seu I Congreso recóllese unha imprecisa formulación de “transformar o actual Estado das Autonomías e en xeral, crear unha organización territorial do estado eficiente e susceptible de ser costeada”, formulación que deixa entrever o afán re-centralizador que non disimula Mario Conde nas súas intervencións públicas.

RE-cEnTRALIzAcIón

Tanto o BNG como CxG recollen unha reforma administrativa que elimine delegacións “innecesarias” e, desta maneira, destinar os recursos ao financiamento dos servizos públicos básicos, suprimindo a delegación e subdelegacións do goberno central e as deputación provinciais.Pola súa banda, AGE tamén recolle no seu programa obrigar os hipermercados e grandes superficies a depositar en bancos de alimentos as mercadorías próximas á súa data de caducidade e a creación dunha Comisión da verdade que estude as causas do pagamento da débeda, “discriminando aquela contraída para financiar os bancos”.

xeral do IRPF para as rendas superiores, un gravame adicional no imposto so-bre sociedades para as empresas con grandes beneficios e a supresión do réxime especial do cal se benefician persoas non residentes como depor-tistas estranxeir@s. O programa resu-me as súas medidas no propósito de “recadar máis de quen máis ten”.

A soberanía económica é a ma-neira que di o BNG que ten para “ga-rantir as políticas do benestar” e pa-ra iso, “recorre aos recursos propios de Galiza”, entrementres o PP delega o financiamento a conseguir fondos doutras administracións. No seu pro-grama electoral sinala que a obtención de fondos pasa polos Fondos Comu-nitarios e apuntan que aínda que “as axudas comunitarias se reducirán en

2013”, demandarán unha compensa-ción transitoria.

banca pública galega

Mais non en todo difiren os progra-mas, PP e BNG conflúen --no papel-- ao sinalar a necesidade dunha banca galega. Porén, o PP, que no goberno Feijóo autorizou a conversión en ban-co de “Novacaixagalicia” e foi cómpli-ce da desvalorización da entidade, non concreta como conseguirá “consolidar unha banca galega”. Pola súa banda, o BNG aposta por unha entidade pública e para iso, propón reverter o cambio feito polo goberno do PP e transfor-mar Novagalicia Banco nun banco de-pendente das institucións galegas. Esta proposta vai acompañada dunha acla-ración en que sinala que “en caso de

BNG, AGE e Compromiso por Galicia, avogan porque Galiza sexa circunscrición única para as eleccións galegas e estatais

O BNG eliminará a taxa de reposición de efectivos e compensará o poder adquisitivo perdido do persoal público nestes anos

Page 5: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

TemA de pORTAdA ElECCióNS 21-O 5

Feijóo deixou 40.000 pacientes en lista de agarda.

12 de outubro de 2012

BNG e PSdeG-PSOE recollen en cadanseus programas diferentes propostas que estarían encamiñadas a reverter a política de desmantelamento practicada polo goberno Feijóo, que supuxo o fin de iniciativas --a maioría despregadas polas consellarías nacionalistas-- como o Banco de Terras, a normalización da lingua galega, o aumento do solo para vivenda protexida, a gratuidade dos libros de texto ou garantir o financiamento público da sanidade. O concurso eólico, paralizado polo PP, é outro dos proxectos que cómpre retomar. Neste sentido, o BNG sinala que elaborará “un informe xurídico sobre as consecuencias da suspensión” do chamado plan eólico.Outro dos eidos en que se pretende a recuperar os anos perdidos é o

REvERTER O DEsMAnTELAMEnTO

do benestar. Área que rexistrou o maior retroceso na lexislatura. BNG e PSdeG apostan por restaurar servizos suprimidos, como as equipas de inclusión social, ou con pouco financiamento, como o Servizo de axuda no fogar. O BNG, ademais, sinala no programa electoral que exixirá ao Estado español un modelo de financiamento en materia de servizos sociais en que se reflicta o avellentamento e a dispersión da poboación do país. A situación das mulleres e da mocidade merece unha atención especial, e para as afrontar suxírense iniciativas como o Plan plurianual de emprego xuvenil (BNG), co propósito de estimular “o retorno das persoas que emigraron por falta de oportunidades en Galiza”

Datos contra mentiras

Xavier VenceEconomista

Pode parecer surrealis-ta mais vivimos momen-tos en que a estratexia do poder é impedir un diag-nóstico minimamente ve-

raz da realidade "real". Xa non basta cun masivo labor de adoutrinamento ou unha interpretación interesada da realidade, facendo uso e abuso de todos os medios escritos e audio-visuais. Xa non chega coas medias verdades ou as esaxeracións. Non, cómpre ir un chanzo máis alá na es-tratexia de distorsión e neutralización da capacidade crítica da cidadanía. Para iso todas as armas son socorri-das: a inversión da linguaxe e a des-trución do significado das palabras (os recortes son axustes, os estran-gulamentos dos países son rescates, os rescates son liñas de crédito, as crebas son concursos de acredores, as participacións preferentes son as primeiras en soportar perdas, a emi-gración é unha oportunidade para a formación e descubrir mundo, a ra-cionalización do estado é a centra-lización, o bilingüismo harmónico ou cordial é a expulsión progresiva da lingua non estatal, a liberdade é que o poder non sexa importuna-do, a liberdade de opinión é que os poderosos propietarios dos medios poidan dicir o que lles peta e inte-resa, as guerras son intervencións humanitarias, etc etc).

A outra arma é o despezamento das cifras. Aproveitando a aura de certeza que aínda inspiran os núme-ros, ponse en marcha a estratexia de manipulación numérica, até alcan-zar a propia destrución da credibi-lidade que aínda podían inspirar as cifras. Non é que se interpreten dun xeito ou doutro, é que literalmen-te se manipulan e se lanzan cifras falsas á cidadanía sen que ninguén as corrobore ou audite, labor que deberían cumprir uns medios real-mente informativos. Un dos exem-plos rechamantes -certamente non o único nin moito menos- é o ma-nexo do sr. Feijóo das cifras de paro. Repite día si e día tamén -e os me-dios difunden as súa palabras- que o emprego caeu máis na época do bipartito que nos tres anos do seu mandato e o paro aumentou máis. Máis aínda, seguindo o manual de todos os mentiráns, a dereita toda trata de neutralizar unha eventual e merecida acusación de mentira botando por diante a acusación de

que calquera que os contradiga é un mentireiro.

Certamente a mentira existe des-de que existe a linguaxe, como di Ig-nacio Mendiola no seu Elogio de la mentira. Tamén é certo que sempre foi parte inseparábel do exercicio do poder, mais creo percibir que nun-ca foi tan evidente o uso da arma da mentira como ferramenta para do-minar a sociedade, como na actua-lidade. O mundo da información é cada vez menos o mundo da verdade e cada vez máis o mundo da mentira como sistema. Feijóo é, sen dúbida, un avanzado dese mundo onde os trileiros deixaron de ocupar furtiva-mente as esquinas das rúas nos días de feira e pasaron a tomar os pazos do poder. Os adestradores de co-municación da dereita difunden con profesionalidade o oficio para co-par todos os platós. Esa é a principal corrupción, a bomba de reloxaría e principal motivo de distanciamen-to entre a cidadanía e a "política", a política do poder.

Pode parecer banal ou pueril, mais considero que non é posible unha democracia se o poder non está se-riamente sometido a unha obriga real de verdade e transparencia. Ese tipo de mentiras reiteradas e sistemáti-cas con ánimo de enganar a cidada-nía deberían ser motivo de escarnio público e mesmo habería que dicir que cando son proferidas sistemati-camente por unha autoridade públi-ca debería estar penado como falta ou prevaricación, porque transmitir información falsa conscientemente -e con reiteración- non só constitúe unha demostración de ausencia de ética como gobernante senón que esa transmisión de información por unha autoridade pública, en calidade de tal, é un acto de goberno como calquera outro con importantes re-percusións na vida da cidadanía.

Á espera de que o deber de res-pecto á verdade sexa unha obriga legal dun gobernante democrático, só nos queda poñelo en evidencia e declarar o profundo desprezo por tales comportamentos.

Velaí van os datos de emprego e paro en Galiza desde 2005 a 2012 que ofrece o INE na súa páxina web e tamén os datos de afiliados á Se-guridade Social que ofrece o Minis-terio de Traballo.

Á vista dos datos sobran os co-mentarios

Opinión

que o goberno central liquide NCG, o Bloque decantarase pola creación dun banco público de nova creación”.

solucións concretas e difusas

Do programa do BNG destaca a con-creción das medidas que aplicará nos problemas que máis preocupan ás e aos traballador@s galeg@s. Exemplo diso é a proposta da redución da ta-rifa de enerxía eléctrica en Galiza con que solucionaría a ameaza de peche de Alcoa polos altos custos da enerxía ou as destinadas a garantiren un prezo xusto para o leite.

Pola contra, o programa do PP é máis xeral e difuso, sen promesas precisas. O Partido Popular só é concreto no apar-tado dedicado ao sector naval, en que se gaba da alianza estratéxica con Pe-tróleos Mexicanos (PEMEX), moi discu-tida pola oposición. O programa elec-toral recolle que a Xunta “asinou senllos contratos co estaleiro privado Barreras e co estaleiro público Navantia para a construción de dous floteis”. Contra-to que negaron nas últimas semanas responsábeis da empresa mexicana, botando por terra así a principal pro-mesa electoral do PP.

Page 6: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

6 TemA de pORTAdA ElECCióNS 21-O 12 de outubro de 2012

“Empregaremos todas as ferramentas fronte ás políticas que vaian contra Galiza e o pobo"

Francisco Jorquera Caselas preséntase ás eleccións como candidato á presi-dencia da Xunta polo BNG. A súa par-ticipación na política galega comezou hai máis de trinta anos cando milita-ba en ERGA e durante os últimos anos representou a Galiza como deputado parlamentar no Congreso español. Este ferrolán encabeza un proxecto po-lítico que define como "a única alter-nativa ao Partido Popular". en varias ocasións asegurou que serán insubmis@s á política de recortes. No concreto, que supón ese compromiso? Até onde están dispost@s ao levar?No BNG estamos dispost@s a defender o autogoberno e a xustiza social até as

francisco jorquera. candidato á xunta polo bng

Imaxe: BNGX.P.I // O.R

alberto núñez feijóo. candidato á xunta polo pp

últimas consecuencias e converternos nun dique de contención contra a po-lítica de recortes. Neste sentido, em-pregaremos todas as ferramentas po-síbeis mesmo presentando recursos de inconstitucionalidade fronte ás políti-cas que sexan contrarias aos intereses de Galiza e das maiorías sociais. Ase-made, empregaremos a mobilización social como resposta e chave perante os recortes.

Fala de ampliar o autogoberno para avanzar cara á soberanía...O noso proxecto é claramente sobe-ranista pois entendemos que a socie-dade galega ten que ter capacidade de decisión sobre os seus recursos e sobre aquelas cuestións que lle afec-tan, para superar a crise. Porén, non constituiremos un goberno de gabi-nete senón que o BNG aspira a ser un

goberno de praza pública, un proxecto aberto que conte coa participación da cidadanía, dos movementos sociais... O noso obxectivo é construír unha fronte contra os recortes para o que creare-mos unha corrente en favor dun maior autogoberno máis sempre en chave soberanista. É evidente que o actual marco político-xurídico está esgota-do como tamén o está a Constitución española, por tanto, deberá ser refor-mada e superada. Se foi posíbel mu-dala pola vontade de Merkel tamén o deberá ser pola loita dos pobos.

"poñer o país a producir" é unha das principais ideas da súa campaña. Co-mo o farán posíbel?Galiza debe aproveitar as súas poten-cialidades pois é un país rico, mais que non ten goberno. Desde o BNG apos-tamos pola defensa dos nosos sectores

produtivos, como o pesqueiro –un dos máis prexudicados polas políticas do goberno español e da Unión Europea--, o sector agrario ou o enerxético –un dos nosos sectores punteiros--. Porén para poñer este país a producir serán precisas maiores cotas de autogoberno que permitan, por exemplo, que Ga-liza posúa un réxime tarifario propio e poidamos sacar un maior rendemento da nosa produción enerxética. Neste sentido, o BNG defende un proxecto de país que produza e que non sexa dependente do consumo de produtos procedentes de fóra.

están a pedir o voto das e dos traballador@s para @s defender des-de o parlamento...Pedimos o voto das maiorías sociais, dos traballadores, dos pequenos em-presarios, autónomos... dos colectivos

“A única enquisa válida é a das urnas o 21 de outubro"

Alberto Núñez Feijóo preséntase como candidato polo Partido Popular á re-elección nos comicios do 21-O. Malia as masivas mobilizacións sociais e a forte oposición durante os seus anos de goberno, o balanzo que fai da súa xestión é óptimo. O candidato popu-lar foi vice-presidente e ex-consellei-ro con Manuel Fraga Iribarne, unha figura da que asegura sentirse "moi orgulloso".

despois de tres anos e medio de fortes recortes, promete que a vindeira será a lexislatura do crecemento. Que me-didas impulsará nese sentido?Os obxectivos económicos dos próxi-mos anos teñen que descansar en tres eixos: innovación, investimento social e impulso do emprendemento.Innovación nas nosas universidades unidas ás empresas, para contribuír

Imaxe: PPX.P.I // O.R

á modernización dos nosos sectores estratéxicos. Os hospitais públicos en marcha e os novos centros de saú-de, as novas prestacións nos colexios e institutos e os servizos sociais que se impulsen contribúen a achegar as persoas, porque ofrecen igualdade de oportunidades e xeran emprego e emprendemento. E acompañando cada galego que desexe saír ao exte-rior cos seus produtos e que reduza a dependencia da nosa economía do mercado nacional.

O CiS recolle que a maioría d@s galeg@s prefire un cambio de gober-no e suspende a súa xestión. Que opi-nión lle merece?Esa enquisa outorga maioría absoluta ao PPdeG mais, en todo caso, a única enquisa válida é a das urnas o 21 de outubro. Ata entón nós seguiremos explicando aos galegos o que fixe-mos estes catro anos e o que que-remos facer, se nos volven dar a súa confianza. Somos conscientes de que

aínda queda moito por facer mais, des-pois destes catro anos dunha política económica responsable, Galicia es-tá preparada para iniciar o camiño do crecemento.

Vostede gábase do control exemplar do déficit en Galiza, mais o informe do Consello de Contas pono en cues-tión...Os mercados acreditan que Galicia é a comunidade máis solvente de España, que nos seguen dando crédito men-tres a maioría das autonomías están pedindo ser rescatadas polo goberno central. E o Consello de política fiscal e financeira, que é quen determina ano

tras ano o déficit de cada comunidade, acredita que Galicia é a comunidade con menor déficit de España. Sorprén-deme que algúns o cuestionen porque o do ano 2010 foi determinado por un goberno central socialista.

Un membro destacado da súa candi-datura en pontevedra, Cores Tourís, está a ser investigado por un xulgado en relación ao presunto cobro de co-misións a cambio de contratos cunha empresa vinculada a un ex-senador do seu partido. Tomarán algunha medida ao respecto?Non hai nin citación nin imputación da persoa á cal vostede se refire.

Page 7: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

TemA de pORTAdA ElECCióNS 21-O 712 de outubro de 2012

pachi vázquez. candidato á xunta polo psoe

sociais máis prexudicados polas po-líticas do goberno de Núñez Feijóo, Rajoy e a Unión Europea. Así pois, confiamos en que o BNG sexa o seu referente de cara ao 21 de outubro.

No seu programa comprométense a derrogar as leis de familia e de axu-da á maternidade. Cales son as súas

propostas en materia de igualdade?As políticas de igualdade que compo-ñen o noso programa electoral están nas antípodas daquelas que defende o Partido Popular. Os exemplos que citas reflicten a ideoloxía reaccionaria, integrista e patriarcal da dereita. Paré-cenos incríbel que non teñan botado do partido a Castelao Bragaña des-

pularemos por un marco galego de relacións laborais a prol da igualda-de real dos salarios entre mulleres e homes. Tamén así, defendemos o de-reito ao aborto libre e gratuíto.

As sondaxes apuntan que o BNG podería aumentar o seu número de deputad@s. Que resultado agarda o vindeiro 21-O?A sociedade galega testou como fra-casada a xestión e o goberno do Par-tido Popular, mais preferimos non xo-gar co resultado. No entanto estamos certos de que se o voto nacionalista e de esquerda se concentra no BNG comezará un novo tempo.

pois das súas declaracións, o que dá conta do seu concepto de igualdade. As súas políticas levan as mulleres a ser confinadas no fogar e a encher o baleiro dos seus recortes en servizos sociais obrigándoas a coidar as per-soas dependentes, as crianzas... No BNG reforzaremos os servizos pú-blicos para rachar con esta lóxica e

“Con Feijóo os pensionistas víronse convertidos en culpables da crise"

Se falamos do candidato Manuel Váz-quez Fernández quizais non lle soe a ninguén, porén o seu alcume 'Pachi' aparece na listaxe de aspirantes á presi-dencia da Xunta de Galiza polo PSdeG-PSOE. Médico de profesión, ex-con-selleiro de Medio ambiente con Emilio Pérez Touriño e ex-alcalde do Carba-lliño --a súa vila natal--, Pachi Vázquez preséntase ás eleccións convencido de representar o cambio de goberno.

Como enfronta as primeiras sondaxes que prevén un descenso do pSdeG?A do CIS di dúas cousas que me gusta-ría salientar, aínda que non as recollan os xornais. Dunha banda, reflicte que a inmensa maioría quere o cambio e, do-utra, o 40 % dos que van votar seguen indecisos. Se estes indecisos xiran ca-ra ao Partido Socialista, o 21 pola noite haberá un presidente socialista.

Imaxe: PSdeGX.P.I // O.R

Un dos eixos da súa compaña están a ser @s pensionistas. Cal é a súa proposta perante unha reforma das pensións?Con Feijóo e Rajoy os pensionistas, os dependentes, os usuarios da sanidade pública... víronse convertidos en culpa-bles da crise. Comprométome a que os pensionistas non terán que pagar nada polos medicamentos, recuperando así poder adquisitivo.

O seu plan de emprego xuvenil com-promete 60 millóns ao ano para 25.000 moz@s. Se botamos contas o salario é mínimo. É esta a solución?É unha das solucións, a que primeiro poremos en marcha para incorporalos ao tecido produtivo, e que ademais sería compatible con outro tipo de axudas. Trátase de reverter unha tendencia que nos leva ao abismo e que nos sitúa cun paro xuvenil por riba do 46%.

preséntase como alternativa aos recor-tes, mais o pSOe a nivel estatal apoiou medidas como a reforma laboral, a lei

de caixas ou a reforma da Constitución. Non é contraditorio?A contradición está en prometer que non se ían tocar os impostos, que non aba-ratarían o despido e que a crise rema-taría polo simple feito de que Rajoy se acomodase na Moncloa. Os socialistas, desde o consenso democrático, sempre procuramos, en Galicia ou en Madrid, tender a man para resolver os grandes problemas económicos que afectan ás persoas. Mais a chegada do PP ao gober-no, supuxo a carga da crise sobre os que a padecen, as familias. Hai que cambiar isto de inmediato, e os socialistas faré-molo mediante unha nova fiscalidade sobre a banca e as grandes áreas.

Apoiará a demanda dun concerto eco-nómico para Galiza?Os socialistas galegos traballaremos por manter as competencias e acadar o maior número delas, dentro do con-senso constitucional. Aspiro a que Ga-licia acade o máximo grao competen-cial e de autogoberno dentro do marco constitucional. Retomarei a reforma do Estatuto, co consenso de todas as forzas políticas, para o que nos faltou moi pouco na etapa do goberno de Touriño, partindo de que debe recoller todas as propos-tas para o desenvolvemento do noso autogoberno, tamén en materia eco-nómica.

"O BNG defende un proxecto de país que produza e que non sexa dependente do consumo de produtos procedentes de fóra".

Page 8: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

8 TemA de pORTAdA ElECCióNS 21-O 12 de outubro de 2012

“Hai que inverter os procesos que están a levar a Galiza á ruína"

“Hai que devolverlle a economía ás persoas"

No programa aseguran que a primeira acción sería "apartar o pp do gober-no" e "unir todas as forzas posíbeis". Non descartan ningún acordo caso de chegaren ao parlamento o 21-O?Pois si, só descartamos acordos co PP, trátase de apartalos do goberno, e para iso, como estamos nunha de-mocracia parlamentaria, aínda que se pretenda camuflar como unhas elec-cións presidenciais doutro tipo, o im-portante é unir as forzas para impe-dir que o PP siga gobernando. Iso é o prioritario.

Que modelo de relación co estado de-fenderían desde o pazo do Hórreo?O goberno galego ten que deixar de ser esa especie de goberno de “depu-tación rexional” en que teñen conver-tida a autonomía galega e presentar cara dignamente aos ditados do go-berno central e á submisión ao fas-cismo rampante do PP.

defenden a reversión pública das con-cesións privadas. Non soa sinxelo...Non claro, non é sinxelo, estamos nunha situación grave e de emerxen-cia nacional. Precisamos políticas de-cididas, arriscadas. Fan falla tempo e vontade política de facelo. Frear as novas concesións, cambios lexislati-vos, políticas claras e sostidas... Can-do nós dicimos Hai que paralos! un dos sentidos que ten esa frase, que é algo máis que un slogan, hai que in-verter os procesos que están a levar Galiza á ruína.

Nun contexto de forte crise, cales son as propostas económicas de CxG?Devolverlle a economía ás persoas. Os poderes públicos deben asumir o protagonismo á hora de dinamizar a economía. Di Albert Einstein que se ti fas sempre o mesmo non procures ter respostas diferentes. Levamos tres anos de goberno Feijóo e outros de Rajoy e nada mudou. Hai unha espiral envolvente onde os recortes achican a dinámica económica, a capacidade de xestión do goberno galego e ao fi-nal hai que facer máis recortes por-que non hai ingresos. Nós propoñe-mos revertela. Como dicían os nosos pais “o carto move carto”. Asumindo que os poderes públicos deben ser os principais actores para dinamizar a economía. Apostar pola creación de riqueza e emprego. Quen crea empre-go son os autónomos e a microem-presa, pequenos e medianos empre-sarios, posto que a súa capacidade de crecemento é a que xera emprego. A un tempo fas economía e xustiza so-cial. Unha persoa que traballa reporta beneficios á caixa común de todos os galegos mais, ao mesmo tempo, rea-lízase persoalmente e non supón un gasto para a economía pública.

decláranse "galeguistas" malia que boa parte da base de Compromiso provén do nacionalismo...Declarámonos nacionalistas e gale-guistas. Castelao definiase a si pro-pio como galeguista polas connota-cións que tiña a palabra nacionalista nos anos '30, mais ao mesmo tempo o nacionalismo abrangue moitos máis formas de tomar postura ao respecto

en materia de autogoberno cal é a proposta de AGe. Soberanía ou maiores competencias?Non creo que sexa unha dicotomía, hai que exercer a fondo as compe-tencias, as que quedan tras a cesión sistemática que se ven facendo delas polos sucesivos gobernos, reclamar as que se foron, e ao tempo utilizar a cámara e o goberno galego co-mo caixa de resonancia e impulso das aspiracións de soberanía para ser exercida polo pobo galego. A batalla está fóra, na sociedade civil, o po-bo ten que ser o protagonista... Co-mo está a acontecer por exemplo en Catalunya, a cidadanía vai por diante das institucións, non ao revés.

demandan o "Control democrático da política monetaria". É de alcance estatal, que medidas poderían adop-tar desde o marco autonómico?Desgraciadamente esas políticas -coa venda de soberanía mesmo a “española” que levan facendo os “vendepatrias” dos gobernos cen-trais, a monetaria, a económica e agora vén a fiscal- hoxe están moi lonxe, nin sequera as estatais. As cousas hai que contemplalas coa perspectiva de estarmos nunha fin de ciclo político, a fin da segunda restauración borbónica saída do franquismo e de que precisamos unha creba democrática cara a no-vas fórmulas de estruturación dun estado plurinacional e dunha Europa do pobos. Esta “guerra” é impensá-bel sen unha gran solidariedade in-ternacional, no estado, na Europa e no mundo. Estamos ante tempos novos.

dos dereitos nacionais do país.

CxG busca un espazo no centro-de-reita?Ás veces a política aseméllase ao hooliganismo futbolístico. Facemos interpretacións sen escoitar e con eti-quetas prexuizosas. Falei da defensa do estado do benestar, de política de xustiza social, falei de intervención da economía e no mercado, onde está a dereita aí? Eu convido a todas as per-soas que estiman que hai algún tipo de identificación, por mínima que sexa, coa dereita, que busque algunha pro-posta de CXG que faga esa identifica-ción. Nós imos desde o centro pro-gresista até a esquerda renovadora e transformadora. E non hai máis.

As enquisas non lles dan moi bos re-sultados...Non se fixeron moitas enquisas públi-cas, son trackings. Nunha temos dous escanos e noutra ningún. As enquisas deben ocuparnos mais non preocu-parnos. Son prognósticos que miden tendencias e nesa medida deben cha-marnos a atención. O que nos advir-ten as enquisas é que hai en torno a un 23% de xente que di que non vai ir votar e un terzo do electorado que di que está indecisa. A partida está moi aberta. Calquera elucubración que se faga pódese interpretar como unha falta de respecto ao electorado. Nós perseveraremos para obter os mello-res resultados para CXG e tamén pa-ra o país.

e despois das eleccións?Somos unha Plataforma que ten a in-tención de configurarse como par-tido. Nós tiñamos que responder ao inmediato, o urxente, que eran as elec-cións.

xoán bascuas. candidato á xunta por cxg

Imaxe: Pepe CarreiroA.E.

Imaxe: Marcos GuisasolaAntón Escuredo

xosé manuel beiras. candidato á xunta por age

Page 9: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

pOlíTiCA 912 de outubro de 2012

O candidato do PP sae abaneando e dubitativo tras os encontros públicos cos candidatos de BNG e PSOE, que puxeron sobre a mesa as súas manipulacións, como Pemex ou o déficit.

Feijóo naceu cun don para o que fai, iso resulta indubidábel. Ten boa imaxe e unha oratoria áxil, habilidades moi útiles cando o obxectivo é perpetrar un engano masivo. Dáselle ben iso que nos bares dos barrios coruñe-ses chaman “posturear”. Mais o can-didato do PP está demasiado afeito ao aloumiño, a se mover entre alia-dos interesados. E deste xeito perde o contacto coa terra, ben o saben an-teriores gobernantes galegos. Por iso, crecido entre os seus, confiado nas calidades que sen dúbida ten -alén da súa inmoralidade- Feijóo aceptou a celebración de debates, pensando que o día 10, tras o último, a campaña estaría vista para sentenza, unha vez supostamente reducidos os seus ad-versarios, que despreza interiormen-te -como os seus votantes- por moi-ta corrección externa que manexe. Mais, de súpeto, cando tiña previsto un simple canto á vitoria (talvez coa ridícula sintonía que lle fixeron Los Li-mones) o líder do PP ficou perdido, coas súas habilidades confusas dian-te de milleiros de persoas, de regreso ao chan dos mortais, coas eleccións máis abertas que nunca e con novas alarmantes desde os seus aliados na-turais de Madrid.

Foi Jorquera, especialmente no se-gundo e terceiro bloque do debate, o que puxo en máis dificultades o can-didato do PP, no debate máis vivo dos tres. Pachi Vázquez tamén o conse-guiu, con menor intensidade. A cita entre BNG e PSOE converteuse nunha amigábel charla en que o nacionalis-ta marcou claras distancias cos so-cialistas, mais onde se puido albiscar unha alternativa que queda penden-te de moitos matices -dados os sos-peitosos precedentes históricos do PSOE-, mais que en nada se parece a pretéritas pelexas de egos ou timide-ces políticas. Como corresponde ao cerimonial clásico das campañas, o PP vende triunfalismo, con enquisas amigas xogando ao desgaste. Porén é detrás das cámaras onde as facianas non enganan. E, segundo testemu-ñas directas, a cara de preocupación con que abandonou as instalacións da TVG o equipo de Feijóo é máis que significativa. Por certo, a televi-sión pública galega si estivo á altura das circunstancias nestes cara a ca-ra. Así debería ser sempre. Permitin-do que milleiros de galeg@s, as cifras

de seguimento foron impresionantes, puidesen recoñecer en toda a súa di-mensión a existencia dun-ha visión crítica e alternativa, tan afastada da edulcorada e manipulada liña oficial da Xunta.

Brotaron palabras no Jor-quera-Feijóo que quedarán instaladas case como lemas no que resta de campaña. O “boas noites, ou como lle gusta a vostede, good night” do candidato do Bloque foi un agradecido punto de retranca que deixou en eviden-cia o ocorrido dous días antes, can-do un presidente de Galiza chegou a dicir que o importante non son os idiomas oficiais do país -o propio e o español- senón un terceiro, o inglés. O confundido Feijóo mesmo teimou nese xardín -daquela xa até confun-día palabras ou non sabía se lle gus-

cRónIcA pOLÍTIcA

Rodri Suárez

Os debates deixan a Feijóo espido

taba Fraga ou non, ou deliraba sobre alianzas entre Mario Conde e o BNG ou se inventaba a si propio de car-teiro enriba dunha moto- cando veu dicir que estaba orgulloso de que @s galeg@s emigren. Tan altivo chegou Feijóo aos debates, que se pasou de freada e quedou espido, falando de irreais “mundos de Yupi”, como os de-finiu Jorquera.

Mais foi perante a manipulación cando máis reaccionaron os adversarios políticos do líder do PP. Primeiro trope-zou cos contratos de Pe-mex, perante Pachi Váz-quez. Despois, unha vez que El País desvelou as súas trampas contábeis co déficit, tamén esvarou pe-rante o candidato do BNG, chegando os seus erros a

límites inhumanos nese mesmo de-bate cando intentou negar unha no-va sobre o sufrimento dun paciente de cancro que leva meses esperando por unha operación na sanidade pú-blica deste goberno do PP. Ademais, xa instalado no disparate, Feijóo che-gou a se queixar da prensa, a que en cuxa alianza basea boa parte da súa xestión, nunha enorme e continuada operación publicitaria con agasallo de fondos públicos.

Mais nos medios están a ler Fei-jóo e o PP moitas cousas que non lles gustan. Como que lle recorden os 1,4 millóns de euros que conce-deu á empresa da súa irmá. Ou que as previsións dos mesmos poderes capitalistas que eles defenden deixen claro o abismo ao que se dirixe o go-berno do seu Rajoy, que mesmo lle pode romper definitivamente a cam-paña cun rescate poucos días antes da chamada ás urnas. Ou que o naval manteña o seu combate, por moitas cabezas que lles abran ou moitos con-tratos fantasmais que lles prometan. Ou que a xente de Alcoa non se crea nada das ilusións que lles vendeu o ministro de Madrid.

Tampouco a Feijóo e ao PP non lles fai nada felices que -a poucos días do décimo aniversario do naufraxio do Prestige que a súa xestión converteu en catástrofe natural, económica e política- comece un xuízo que de-volverá ás rúas a bandeira e o espírito de Nunca Máis, o mesmo que pode lembrar nunha sociedade golpeada como a actual que hai vías de saída que pasan pola dignidade da mobi-lización. Como hai dez anos. Tamén dez anos despois.

huMOR gRáfIcO tokio

A televisión pública galega si estivo á altura das circunstancias nestes cara a cara. Así debería ser sempre

Foi Jorquera, especialmente no segundo e terceiro bloque

do debate, o que puxo en máis dificultades o candidato do PP,

no debate máis vivo dos tres

Page 10: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

10 pOlíTiCA 12 de outubro de 2012

Tomamos o municipio pontevedrés de Forcarei como exemplo para des-cribir como se desenvolven estes días de intenso proselitismo político nun concello de apenas catro mil habitan-tes, baixo maioría absoluta do PP.

Ben pouco teñen a ver os métodos e máis os medios con que as forzas políticas desenvolven a campaña nas cidades ou en pequenos municipios como Forcarei, malia que existen dife-renzas significativas entre os recursos con que contan PP e PSOE dos que teñen organizacións como o BNG, onde o eixo de toda a súa activida-de é o traballo dunha militancia que compensa con entrega o seu escaso número, nun ámbito máis receptivo do cal a priori se cre para o discurso nacionalista.

É a militancia quen cola os cartaces, elabora, edita e distribúe os boletíns e panfletos, quen pendura as bandei-rolas e faixas, fai circular a megafonía mesmo en coches particulares e quen desenvolve o duro traballo do “casa por casa”, esencial en ámbitos en que a campaña non se transmite polos grandes media, senón basicamente na proximidade do boca a boca. A proximidade é a chave. Proximidade que se percibe tamén no formato dos actos, moito máis reducidos –apenas un mitin-- e sen o desenvolvemento escenográfico dos grandes eventos das cidades.

As siglas pesan e moito. PP e PSOE soen botar man de grandes referen-cias partidarias que se deixan caer pola vila para lle dar relevo á súa campaña. É frecuente tamén que nas xornadas previas ao día de votación se multi-

O rural tamén ten campaña

Imaxe: SGXabier P. Igrexas

amplas capas do electorado, resulta-do tamén da súa implantación prac-ticamente nula fóra dalgúns grandes núcleos.

En tempos en que desde o poder se insiste en bater contra a política, recuncando en mensaxes desmobili-zadoras e que inciden na desafección social, o exemplo de compromiso e entrega, persoalmente desinteresada, que dan as persoas que fan campaña nos concellos do rural galego, é un valioso contrapunto.

No rural hai campaña. A pesar de que os focos dos medios de comunicación se concentran nas principais prazas urbanas, nas vilas e aldeas do país tamén están --á súa maneira-- de campaña electoral.

pliquen os anuncios e promesas de claro carácter electoralista. Todo vale --para algúns-- na procura do voto. Anuncios de contratación, prazas en excursións ou viaxes, organización de festas ou cursos, amaños de camiños ou instalación de puntos de luz.

A oferta electoral de facto limítase ás tres principais opcións, e candida-turas como AGE, CxG, UpyD ou o par-tido de Mario Conde, aínda coa co-bertura dos medios de comunicación que reciben, son descoñecidas por

O exemplo de compromiso e entrega que dan as persoas que fan campaña nos concellos do rural galego, é vital na campaña.

O eixo da campaña é o traballo dunha militancia que compensa con entrega o seu escaso número.

Page 11: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

eCONOmíA 1112 de outubro de 2012

Grupo de voluntarios andaluces na limpeza de chapapote na costa galega.

O xuízo do prestige: todas as chaves

Ao longo dunha tortuosa instrución de dez anos, lastrada pola falta de me-dios técnicos e humanos no Xulgado de Corcubión, foron quedando atrás xuí-zas e xuíces e avogad@s nun maratón xudicial que entra agora na súa última etapa. Será un proceso con sete meses de vista oral, con 2.128 partes presen-tadas, 133 testemuñas, 98 perit@s, 51 avogad@s e 28 procurador@s.

Trátase, sen dúbida, do xuízo máis complexo da historia de Galiza e as ex-pectativas non son moi altas por mor do conglomerado de sociedades cru-zadas que fai “practicamente imposi-ble”, segundo Pedro Trepat, avogado de Nunca Máis, conseguir indemnizacións polo dano causado, dado que algunhas “nin sequera se sabe quen son”.

Todas as partes asumen que non hai ningunha entidade “solvente” detrás que vaia facer fronte aos gastos que ocasionou o desastre, cifrados pola fiscalía nun mínimo de 1.000 millóns de euros. E ese é o maior problema do Prestige. En casos como o Erika ou no Golfo de México, había implicadas grandes petroleiras (Total e BP), que desde o primeiro momento colabo-raron economicamente nas tarefas de limpeza para que a súa imaxe de marca non se vise moi prexudicada.

quen son os acusados?Os acusados nesta causa son o capitán do buque, Apóstolos Mangouras; o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos; e o primeiro oficial, Ireneo Maloto (filipi-no, en paradoiro descoñecido, non se agarda que compareza), por presuntos delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente, danos e desobedien-cia-resistencia.

O único acusado con responsabili-dades políticas -grazas a unha quere-la interposta pola plataforma Nunca Máis- é o daquela director xeral da Ma-riña Mercante, José Luis López-Sors, por suposto delito contra o medio am-biente e danos pola decisión de afas-tar o buque e non o levar a un porto de abrigo.

e os imputados?Están imputados como responsables civís directos a aseguradora The Lon-don Steam-Ship Owners e o Fondo In-ternacional de Indemnización de Da-nos (FIDAC), pola contaminación por hidrocarburos; e como responsábeis civís subsidiarios, as navieiras Mare Shi-

Imaxe: SGR.C.

Case dez anos despois da catástrofe, o vindeiro 16 de outubro comeza o macroxuízo polo accidente do petroleiro Prestige, que se converteu no maior desastre ecolóxico de Galiza e cuxo fuel alcanzou tamén as costas cantábricas até Francia. Explicamos as chaves do proceso xudicial máis longo e complexo da nosa historia.

pping e Universe Maritime e o Estado español. A reclamación total por da-nos e prexuízos en materia de respon-sabilidade civil acada os 1.264 millóns de euros.

cal é o papel do estado español?A Avogacía do estado exercerá, por un-ha banda, de acusación contra os tri-pulantes do petroleiro e a armadora; e, por outra, defenderá a López-Sors durante o xuízo.

O Estado español xa asumiu o 100% das responsabilidades económicas ao pagar as indemnizacións por danos ecolóxicos e civís. No xuízo asumirá a

ABS, a fiscalía dirixe a súa reclamación ás empresas armadora e operadora, ambas as dúas gregas (Mare Shipping e Universe Maritime), así como á asegu-radora do buque, a quen lles requirirá un mínimo de 1.000 millóns de euros polo dano global da catástrofe.

cal é o papel de nunca máis no xuízo?A plataforma está presente como acu-sación no xuízo e reclámalle ao único cargo público imputado, o ex director da Mariña Mercante José Luis López-Sors, cinco anos e un día de cadea. Para Mangouras reclama cinco anos e seis meses.

difícil tarefa de recuperar ese diñeiro.A única empresa solvente en todo o

conglomerado do Prestige é ABS, a cla-sificadora estadounidense que lle deu o visto e prace ao buque. No entanto, a Avogacía do estado decidiu presen-tar unha demanda en Nova York (e non no estado) por valor de 1.000 millóns de dólares contra esta empresa, que foi rexeitada polos tribunais. Con esa sentenza practicamente desapareceron as posibilidades de lograr unha repara-ción económica polos danos.

e da fiscalía?Ao non estar imputada a clasificadora

Rede de eNTidAdeS impliCAdAS NO CASO pReSTiGe

empresas estado

Armador

Operadora

Clasificadora

Fretador/propietario da carga

Bandeira

Certificadora

Aseguradora

Rexistro do buque

Mare Shipping

Universe Maritime

American Bureau of Shipping (ABS)

Crown Resources (agora opera como ERC Trading Company, con base en Suíza)

Bureau Veritas

London Steamship Owners Insurance

Grecia

Grecia

EEUU

Reino Unido

Bahamas

Francia

Reino Unido

Liberia

Page 12: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

12 eCONOmíA12 de outubro de 2012

Son perto de 100.000 na Galiza @s estafad@s polas preferentes e subor-dinadas. Son, pois, perto de cen mil as historias que hai no país de como a ló-xica financeira non coñece limites. Nin entre os seus clientes máis lonxevos. @s afectad@s teñen voz, rostro e unha his-toria propia. E ganas de a contar. manuel dios, da comarca de O Salnés. Ten 62 anos e toda unha vida de tra-ballo. En Cataluña, na construción, uns poucos anos. Volveu ao pouco, "estaba ben, gañaba cartos, mais quería montar a miña vida aquí". Fíxose coa concesión dunha batea que traballou arreo e que agora pasou aos seus fillos. En 2004 meteu perto de 90.000 euros en pre-ferentes. "Como tod@s, deixándonos aconsellar polo da sucursal de toda a vida, con quen tiñamos na vila moita confianza". Necesitaba quitar os cartos para pagar un tratamento custoso dun familiar, "para gañar tempo tiñamos que ir pola privada porque era importante. E non puiden retirar os cartos", sinala Manuel Dios. "Deume ganas de mata-los. Chameilles ladróns e de todo". Ti-vo que pedir os cartos prestados en-tre amigos, "cando tiña 90.000 euros meus, que son meus, no banco". Re-coñece que votaba PP mais agora "nin de broma van ter o meu apoio, teñen tanta responsabilidade como o banco que me quere roubar os cartos". Josefa García, de lugo. Fala rápi-do e de xeito contundente. "É que me quento falando disto. Vou dicir moi-tos insultos, seguro, mais non mos po-ñas, vale?". Conta a súa historia: 60.000 euros aforrados co seu marido tras máis dunha década de emigración en Suí-za. "Convencéronme para metelos en preferentes dicíndome que, se os pre-cisaba, podía sacalos en dous ou tres días sen problema". E era mentira. De-catouse cando os foi pedir para axudar unha das fillas a montar un pequeno negocio após quedar no paro. "Dixé-ronme que non podía sacar o diñeiro, que patatín e que patatán", relata cun asomo de ironía. "A miña filla non pui-do montar o pequeno negocio e se-gue no paro", relata Josefa. "Aínda que agora recupere todo o que me deben, quen paga o destes anos de estragar a vida da miña filla, quen? Feijóo?, Rajoy?, o do banco?". É viúva: "Se el (o marido)

preferentes: as voces que non queren escoitar Feijóo nin Castellano

Imaxes: Riobó PradaX.M.P.

ña coincido tomando un café nun bar da vila, Padrón, e pagado a consumi-ción". Foron máis de 50.000 euros. "Fun quitalos e non puiden. Precisábaos pa-ra arranxar o tellado da casa, que pin-gaba e chamaba por unha reparación.

@s afectad@s protagonizan incesantes mobilizacións e manifestacións.

Son milleiros. Case cen mil. E teñen voz, rostro e discurso. De Ortegal ao Miño, @s afectad@s polo calote de preferentes e subordinadas falan, e claro, de como as entidades financeiras lles roubaron e os gobernos consentiron.

vivise montaba unha que aínda iamos presos", apunta. Carlos piñeiro, da comarca do Sar. Non falta a unha manifestación de afectad@s polas preferentes e subor-dinadas, nin a unha concentración nin a

Xunta e Novagalicia Banco apostaron forte desde o primeiro momento pola arbitraxe como vía para intentar desactivar o problema. Avogan por individualizar un problema colectivo e abortar calquera posíbel unidade de acción d@s milleir@s de afectad@s. Mais esta vía da arbitraxe é tamén, como denuncia a CIG-administración, un negocio para certas persoas e grupos, en detrimento de milleiros de euros que paga a cidadanía ou da explotación de [email protected] central nacionalista advirte que "o custo do procedemento das arbitraxes das preferentes pagaríao toda a cidadanía con cartos públicos". Sinala que se está a falar de 16.000 reclamacións presentadas pol@s afectad@s polo calote. Os árbitros neste asunto

un gObERnO supEDITADO AOs InTEREsEs DAs EnTIDADEs fInAncEIRAs pARA DEsAcTIvAR O pRObLEMA

cobran 20 euros en concepto de produtividade por laudo emitido. Son 23 persoas, sinalan na CIG, "e entre eles hai altos cargos da Xunta e amigos e afíns a, até hai ben pouco directora xeral de Comercio, Nava Castro".Mais isto non é todo. A empresa que finalmente desenvolve tarefas de información nas preferentes, Aider (que sustitue Eulen, concesión polémica ao estar nela a irmá de Núñez Feijóo) ten entre o seu persoal "familiares dalgún conselleiro e de persoal de “confianza” da Xunta".Para poder asumir a voluminosa carga de traballo que se deriva dos milleiros de expedientes, a Xunta optou, denuncia o sindicato nacionalista, por sobrecargar as e os funcionari@s de consumo, para alén de botar man dunha nova estratexia: poñer bolseir@s que aínda están sen recibir

a formación nas dependencias de departamentos onde solicitaron entrar (Dirección xeral de comercio, xefaturas territoriais da consellaría de Economía e Industria...) a traballar para consumo, "facendo fotocopias dos expedientes das preferentes".

“A desFeiTA nOn ReMATA Aquí”"E a desfeita non remata aquí", insisten na CIG. Para xestionar os expedientes das preferentes "a Xunta utiliza unha aplicación facilitada polo propio banco, onde figuran todos os datos así como o seu estado actual, e aínda hai máis, o banco é quen cita os reclamados (chámanlle “precita”), indícalles o día e, posteriormente, Consumo é quen concreta a hora. A conivencia é total entre NovaGalicia e a Xunta, até se reparten tarefas".

unha protesta. "Xa perdín a conta, mais foron unhas cantas, en Compostela, A Coruña, fun até Sanxenxo cando estaba Rajoy...". Todo o que aforrou, meteuno en preferentes, "fiándome do do banco de toda a vida, o mesmo con quen ti-

Page 13: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

eCONOmíA 1312 de outubro de 2012

Non mos deron mais teño que seguir a pagarlle o crédito dun coche, aos moi desgraciados. É de tolos!". Piñeiro carga contra a vía da arbitraxe: "Aí é onde nos queren coller. Dividirnos, cazarnos un a un para que perdamos forza porque somos miles e miles e xuntos dámoslle medo". Acusa o goberno galego e es-pañol "de non dar a cara por nós, senón polos bancos. Son igual de ladróns". José Antonio Hermo, da comar-ca do Barbanza. Máis de corenta anos navegando. Da mercante en buques de empresas de Noruega até a pes-ca nos cinco océanos. "E mira que no mar o pasas mal, mais a hostia que me deron en terra non ten comparación". Coa ostia en terra refírese ao calote das preferentes. Os aforros de todos estes anos no mar están agora en mans dun banco, "que me enganou, mentiume. E vai quedar co meu diñeiro se nós non o impedimos, e con nós digo os afecta-dos e quen nos apoia porque dos go-bernos non esperamos nada, déronnos as costas". Non quere dicir a cantidade metida, "non é tanto como outra xente, mais eran os meus aforros de moitos anos traballando. Eu case non estudei, traballo desde moi novo no mar". Mais eses cartos que investiu en preferen-tes en 2003 necesitounos hai uns anos para unha urxencia: "Non era cousa de broma. Tiña que pagar uns vencemen-tos. E non puiden. Amoláronme ben e quedei a mal cun compadre". Hermo participou en accións perante entida-des de Novagalicia "e xa me teñen de-nunciado. Os ladróns denunciando o roubado!. É un escándalo". Son só catro exemplos de entre @s perto de 100.000 afectad@s polo ca-lote das preferentes que hai na Galiza. A metade deles, e to@s @s que saen

“Estes vannos foder a campaña... e a ver se non nos foden as eleccións”. A frase, breve e descritiva, foi pronunciada no Grove a pasada fin de semana por un dirixente do PP en Pontevedra despois de que ducias de afectad@s polo calote das preferentes amargasen a visita electoral de Núñez Feijóo a esta vila arousá, para asistir á Festa do Marisco. A presenza de afectad@s obrigou ao candidato popular a facer un percorrido máis que fugaz polas instalacións e fanou a intención de saír nos medios recollendo abrazos e apertas entre @s asistent@s ao multitudinario evento gastronómico.Non era esta a primeira vez que o PP comprobaba en campaña ou precampaña o malestar que a súa posición no calote das preferentes xerou en milleiros de afectad@s. Son perto de 100.000 na Galiza, pola volta da metade das cales eran clientes do que callou en Novagalicia Banco (NGB). De feito, o arranque de campaña popular en Soutomaior, o 1 de setembro e coa presenza de Mariano Rajoy e Núñez Feijóo, estivo marcado polas protestas deste colectivo. Antidisturbios da Policía Nacional non dubidaron en cargar contra @s protestantes, concentrados perante o castelo onde o PP era todo sorrisos e parabéns entre eles.Tamén nesta pasada fin de semana, e coa asistencia de Mariano Rajoy ao acto de maior

MáxIMA ALERTA nO pp pOLAs MObILIzAcIóns D@s AfEcTADOs En

cAMpAñA E A pERDA DE vOTOs EnTRE EsTE cOLEcTIvO

envergadura desta campaña, na simbólica, para os populares, Praza de Touros de Pontevedra, membros do colectivo de afectad@s polas preferentes volveron lembrarlle ao PP as súas responsabilidades no calote.

VOTAnTesMais a preocupación do PP non provén só das protestas e mobilizacións ás portas dos seus actos, por moito que tenten fuxir desa imaxe como alma que leva o demo. En círculos populares teñen claro que entre os 100.000 afectados galeg@s polo calote das preferentes e subordinadas hai non poucos votantes tradicionais do PP. “Ti vas a sitios como A Illa e ves nas protestas e con faixas contra o PP e Feijóo a persoas que até teñen diso apoderadas dese partido nalgunhas eleccións”, sinalan na plataforma da comarca pontevedresa.

MAnObRAsDe feito, e como recoñecen en algúns colectivos, o PP tamén tenta manobrar no seo do movemento de afectad@s polo calote: tanto situando persoas da súa corda na dirección de plataformas, como tentando dirixir as protestas contra as entidades máis que contra os gobernos (galego e español) ou mesmo facendo promoción a toda velocidade da vía da arbitraxe como saída do problema.

Josefa non puido quitar os cartos para axudar a filla, no paro, a montar un pequeno negocio. "Ela segue no paro e eu sen o diñeiro. E o banco e o goberno, a rir"

Manuel Dios recoñece que moit@s afectad@s polo calote eran do PP: "E agora imos aos mitins para lles cantar as corenta por ladróns"

nesta reportaxe, son de Novagalicia Banco. @s catro botan pestes da enti-dade, da Xunta, do goberno central e da arbitraxe como vía para solucionar o seu problema. O número de solicitudes de arbi-traxe presentadas pol@s afectad@s das preferentes sitúase pola volta dunhas 17.000. Mais Novagalicia Banco (NGB) só acepta someterse á arbitraxe en 4.000 desas solicitudes. Isto é, só un-ha de cada catro. "Esa saída é a favorita dos bancos que nos roubaron e do goberno, que non fai nada polo pobo, que foi o roubado. Temos que darlles unha lección. Aos dous" ."E son as eleccións un bo mo-mento para iso?". "Son".

Na Galiza hai perto de 100.000 afectad@s polo calote.

Page 14: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

14 SOCiAl 12 de outubro de 2012

Os conflitos que marcaron a lexislatura

A lexislatura que agora remata foi das máis “quentes” que se lembran desde que existe como institución a Xunta de Galiza. Desde o primeiro minuto do seu mandato, en marzo de 2009, Alberto Núñez Feijóo decidiu eliminar unha a unha as conquistas de anos anteriores e atacar os sectores chave do país. As súas decisións atoparon resposta na rúa con manifestacións, marchas, concen-tracións, peches e todo tipo de protes-tas cidadás.Desde o 2009 creáronse multitude de plataformas de todo tipo: Plataforma “Queremos galego”, Plataforma SOS Sa-nidade Pública, Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, Platafor-ma en defensa dos medios públicos... A conflitividade reuniu numerosos co-lectivos e creou outros coa vontade de defender dereitos até entón consegui-dos con moito traballo.

tres folgas xerais masivas

O goberno de Feijóo tivo ao longo desta lexislatura tres folgas xerais.A primeira foi o 29 de setembro de 2010 e máis de 80.000 persoas secundaron as mani-festacións convocadas pola CIG nas ci-dades e vilas do país. Ese día a marcha máis numerosa foi a de Vigo, onde a participación superou @s 40.000 asis-tentes. A seguinte paralizou o país o 27 de xaneiro de 2011, na véspera da data límite marcada polo goberno español para sacar adiante a súa proposta de re-forma do sistema de pensións. Na últi-ma, do 29 de marzo de 2012, rexeitábase a nova reforma laboral do PP e contou coa participaron de perto de 200.000 galegas e galegos nas manifestacións celebradas nas principais cidades e vi-las do país.

en defensa da lingua

As manifestacións en defensa do noso idioma comezaron ben axiña despois das primeiras declaración de Feijóo e o seu goberno de que segregaría as aulas

Imaxes: SGAntón Escuredo

A chegada de Feijóo á Xunta en 2009 marcou o inicio dun período de reformas e cambios que eliminaban dereitos e conquistas da cidadanía. A contestación mobilizou milleiros de persoas e organizacións sindicais por todo o país.

por idiomas e eliminaría o galego das probas de acceso á función pública. O 17 de maio de 2009, Día das Letras Ga-legas, 600 organizacións e asociacións de todo tipo participaron na manifesta-ción convocada pola MNL que finalizou na praza da Quintana con 50.000 per-soas chegadas de todos os recunchos do país. Participou Avelino Pousa Antelo quen asegurou que “Por os que estades aquí, o idioma non morre”.O 14 de xullo comezou a súa andaina a Plataforma “Queremos galego” na cal participan 40 entidades sociais. O 18 de outubro cunha histórica manifestación en Compostela presentou unha Iniciati-va Lexislativa Popular no Parlamento ga-lego en defensa da nosa lingua. Nos dis-cursos denunciouse a axuda de 60.000 euros da Deputación de Pontevedra a GB. O día 30 de decembro convocouse unha de urxencia en Compostela des-pois de que o goberno do PP anunciase o decreto que segundo a CIG Ensino “é unha involución na normalización lin-güística e unha agresión ao galego”. Por este motivo o sector do ensino viviu un-ha xornada de folga o 21 de xaneiro de 2010, secundada por perto do 90% do profesorado e o alumnado, que rema-tou cunha marcha no Obradoiro con-vocada por Queremos Galego! Na cal participaron 80.000 persoas.A maior protesta contra as políticas do PP en materia de lingua chegou o 17 de maio de 2010 na manifestación con-vocada por Queremos Galego!, agora co apoio de 700 entidades e colecti-vos. Unhas 100.000 persoas encheron a praza do Obradoiro baixo o lema “O galego, o noso existir” .No Día das Letras galegas de 2011 a pro-testa foi expansiva e realizouse a un tem-po en vilas e cidades galegas mais tamén en cidades como Nova York, Belfast, Barcelona, Bos Aires, Oxford, Bruxe-las ou Madrid. En todas deuse lectura a unha escolma de textos de Castelao vinculados coa defensa da lingua gale-ga. Ese mesmo ano convócanse varias concentración en protesta polas decla-racións do Valedor do pobo en contra do galego.

A manifestación do 17 de maio de 2012, convocada pola Plataforma Queremos Galego en Compostela co lema de “Pa-remos os ataques contra o galego”, fi-nalizou desta vez na Praza da Quintana coa participación de Agustín Fernández Paz que deu lectura a un manifesto da súa autoría, e polo propio Carlos Callón, portavoz da plataforma e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

pola igualdade de xénero

A defensa das políticas de igualdade centrou as datas do 8 de marzo, Dia Internacional da Muller Traballadora, e o 25 de novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. En 2009 a reivindicaron des-ta segunda data realizouse cunha con-centración diante da consellaría de Edu-cación, en San Caetano, para denunciar a actitude da administración educativa que acordou subvencionar os centros do Opus Dei que segregan o alumnado por razón de sexo. As manifestacións de marzo, convocadas por colectivos co-mo Andaina, CIG, CUT, Faraxa, Feminis-mosCompostela, Marcha Mundial das

Manifestación de Queremos Galego contra o 'decretazo'.

Tratorada en Lugo contra os baixos prezos do leite.

O goberno de Feijóo tivo ao longo desta lexislatura tres folgas xerais e manifestacións en todos os sectores do país.

Desde o 2009 xurdiron multitude de plataformas de todo tipo: Plataforma “Queremos galego”, Plataforma SOS Sanidade Pública, Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, Plataforma en defensa dos medios públicos...

Page 15: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

SOCiAl 1512 de outubro de 2012

mais houbo outras en novembro dese mesmo ano, as quintas feiras do mes de febreiro de 2012, cadeas humanas rodeando San Caetano en maio e con-centracións semanais ao longo deste mesmo verán.

rural

O rural foi un dos sectores máis casti-gados nestes anos de goberno do PP. O sector lácteo foi o primeiro en protes-tar días despois da toma de posesión de Feijóo. O 9 de maio 50.000 gandeir@s de toda Galiza concentráronse en 14 vilas nas mobilizacións conxuntas na defensa do sector leiteiro e para recla-mar garantías de recollida do produto e prezos dignos que posibiliten o futu-ro das explotacións. Ese mesmo ano 2.000 tractores colapsaron Compos-tela no mes de xullo.Outro foco de tensión foi a intención do PP de aprobar unha Lei de Montes que rexeitou a Organización Galega de Co-munidades de Montes e a Alianza por un Medio Rural Galego Vivo que realizaron unha manifestación en Compostela en o 9 de xuño de 2012.

ensino

O Ensino tamén foi moi castigado e saíu á rúa en protesta polos recortes e actua-cións do goberno de Feijóo. Un exem-plo foi a multitudinaria manifestación do 10 de setembro de 2011 en defensa do ensino público e para exixir a retira-da da Orde do 23 de xuño pola que a consellaría de Educación impuxo unha ampliación do horario lectivo do pro-fesorado de Infantil, Primaria e Secun-daria e novas funcións. Tamén tiveron moita repercusión as concentracións que, de xeito simultáneo, se realizaron na tardiña do 8 de maio nas cidades e en diferentes vilas galegas e a xornada de folga no ensino secundario e univer-sitario do 10 de maio de 2012. A última gran manifestación deste sector foi a do 3 de xuño de 2012. Fóra dos sectores tradicionais xurdiu estes meses outro que recolle as rei-vindicación dunha banca pública e a devolución dos aforros d@s afectados polas preferentes. A listaxe é intermi-nábel e marca un mapa galego inzado de conflitos.

Marcha do naval na ponte das Pías pola falta de carga de traballo.

Movilización nacional das mulleres en Compostela o 8 de marzo de 2011.

Mulleres, Nós Mesmas, Rede Feminista Galega, SLG, e STEG, exixiron medidas concretas contra a violencia machis-ta, eliminar as desigualdades salariais e unha sanidade e ensino gratuítos, en-tre outras.

sector público en loita

É curioso que as primeiras protestas

zación de servizos), dos centros públi-cos de investigación (por despedimen-tos masivos), da Xustiza e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Be-nestar (conxelación salarial e despidos), Educación (despidos en comedores es-colares). Unha das concentracións máis numerosas diante de San Caetano foi a que tivo lugar o 16 de maio de 2011

despois da chegada de Feijóo na ad-ministración fosen nunha empresa pu-blica que coñece ben: Correos. Con-centracións e mobilizacións en varias cidades do país e unha manifestación en Compostela o 14 de xullo de 2009 reuniu 2.000 carteir@s. Continuaron as queixas diante de edificios públicos traballador@s de antincendios (privati-

Page 16: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

16 pUBliCidAde 12 de outubro de 2012

Page 17: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

SOCiAl 17

A xustiza, para quen a poida pagarDe 0 a 500 euros. É o incremento da taxa xudicial para presentar recurso contra un ERE. Analizamos a contrarreforma da segunda instancia que procura o PP español e que grava por vez primeira os preitos laborais.

Na súa estrea parlamentar como minis-tro, o titular español de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, anunciou tres contrarre-formas: recuperar o control conserva-dor do Consello xeral do poder xudicial, modificar a lei do aborto para volver a un modelo similar ao de 1985 e subir as taxas que cómpre pagar á hora de pre-sentar un recurso en segunda instancia até prezos privativos. Pese á oposición política e social, semella que as tres sai-rán finalmente adiante.

Sobre a cuestión das taxas, cómpre dicir que existen no Estado español des-de 2003, aínda que até o de agora só as pagaban as empresas, e non todas. Ex-plica a avogada Montse Calvo que "esta-ban previstas unicamente para volumes de facturación superiores a un millón de euros anuais, polo que pagaban as grandes, como Telefónica". Porén, no anteproxecto de lei que Gallardón sacou adiante, este pagamento na xustiza es-téndese a todas as empresas, e a todas as persoas físicas. E as taxas subiron.

Segundo o texto, un recurso de ape-lación, que agora custa 300€ para as grandes empresas, pasará a custar 800€ e pagaraos calquera que o interpoña "e con carácter previo, polo que é unha bar-baridade que implica que quen non teña eses cartos non poderá recorrer unha re-solución que considera inxusta", apunta Calvo. Un recurso de casación perante o Supremo pasa dos 600€ aos 1.200€. A xurisdición penal fica excluída —non tiña taxas e seguirá sen as ter—, mais por primeira vez, coa xurisdición civil —prei-tos entre particulares— e a contencioso administrativa —preitos coa administra-ción pública—, aquela de carácter social, isto é, o dereito laboral.

pagar pola defensa da clase obreira

Recorrer unha sentenza sobre un expediente de regulación de emprego "non custa nada", mais Gallardón ten previsto que custe 500€. E se a apelación chega ao Supremo, entón serán 750€. As taxas non se devolverán en ningún caso, aínda que a parte que perda o preito será condenada a costas e deberá asumir tamén este tributo.

De querermos ver as implicacións reais do que suporán estes prezos pa-ra a clase obreira, cómpre comezar di-cindo que "a maioría das sentenzas se recorren" no laboral, segundo confirma o tamén avogado Héctor López, quen apunta que presentar recurso perante o Supremo "é frecuente tamén". Con to-

Ilustración: SGBeti Vázquez

do, actúa en boa parte dos litixios co-mo instancia final, ao ser o xulgado do Social e o de Instrución o vieiro habitual dunha demanda. Aínda así "funciona co-mo garantía", remarca López. Amb@s @s letrad@s cadran na importancia de que todas as instancias xudiciais funciones "pola propia calidade das sentenzas e a necesidade de unificar criterios", o que comunmente se denomina sentar xu-risprudencia.

unha xustiza amputada

"A xustiza é lenta porque hai moitos preitos, mais a solución é habilitar máis medios técnicos e humanos, non pór pexas para limitar os preitos", acrecenta López. Seguidamente, valora a contrarreforma do PP español na liña en que supón "solventar o problema da maneira máis estúpida que existe".

Expón Montse Calvo, e coincide Héc-tor López, que o obxectivo último da modificación das condicións —econó-micas— de acceso á segunda instancia é "un efecto disuasorio evidente", que aboca as persoas con menos recursos a desistir das ansias de litigar. Volven-do ao eido laboral, "a meirande parte dos preitos son por indemnizacións inxustas após un despedimento ou porque o traballador leva meses sen cobrar", polo que dificilmente disporá das cantidades "desorbitadas" que custa exercer o dereito á defensa e a unha tutela xudicial efectiva. Cóm-pre matizar, en palabras de López, que tal tutela "exixe ter acceso a to-das as instancias".

Así as cousas, cobrar polo recurso ante un expediente de regulación de emprego —ERE— "podería ser me-nos grave", valora o avo-gado, pois tal apelación preséntase na meirande parte das ocasións de maneira colectiva. Mais en cuestións "máis pe-quenas", como reclama-cións por despedimento, a contrarreforma espa-ñola "vai supoñer que non se presenten recur-sos". O propio Consello xeral do poder xudicial vetou o anteproxecto de Gallardón ao considerar que "estabelece elemen-tos que entorpecen ou co-locan obstáculos para que o cidadán poida acceder á tute-la xudicial efectiva", expondo como exemplo un litixio de 3 mil euros cuxa taxa ascendería

A teima do ministro Gallardón por sacar adiante a reforma da segunda instancia segue vixente, a pesar do duro informe emitido polo Poder xudicial en que dubida até da constitucionalidade da manobra ideolóxica do PP español, que pretende acelerar a xustiza impedindo que as persoas con menos recursos, nomeadamente a clase obreira, accedan a ela. Apunta o CXPX que a elevación das taxas é "excesiva", e convida o titular de Xustiza á "reflexión" para "temperar" os incrementos do tributo e "previr unha excesiva inhibición" da cidadanía á hora de apelar por unha resolución que considera inxusta ou non satisfactoria. Na procura dunha xustiza universal, as taxas erradicáronse en 1986. Recuperalas e facelas extensivas a todas as persoas responde "a exclusivos motivos de oportunidade política".

O DuRO InfORME DO pODER

xuDIcIAL: O pp, sEn ApOIOs

12 de outubro de 2012

A contrarreforma de Gallardón para a segunda instancia xudicial supón ''solventar o problema da maneira máis estúpida que existe''

até os 800€. Así as cousas, o órgano recoñece a lexitimidade do executivo español para levar a cabo a reforma das taxas, mais dubida da súa constitucio-nalidade. Cómpre dicir que a relevan-cia de tal incremento "non é a mesma" en todas as ordes xudiciais. No caso de preitos laborais "a degradación que su-pón da xustiza é moito maior".

Page 18: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

18 SOCiAl 12 de outubro de 2012

O pp non vai pagar as 1.500 axudas a domicilio concedidas en campaña

'Non á miseria na Universidade'O alumnado galego, en folga nunha xornada internacional de loita convocada nas nacións sen estado.

Once de outubro, Día internacional de loita estudantil. As organizacións dos pobos do estado revólvense en contra das políticas practicadas polo goberno español e que escoran cara a Madrid. Na Galiza, miles de estudantes de to-dos os niveis de ensino xuntáronse en seis cidades —Ourense, Lugo, A Coruña, Compostela, Pontevedra e Vigo— pa-ra faceren público máis unha vez o seu rexeitamento aos recortes no sistema educativo, unha tesoirada que deixou abaneando a condición de universal deste dereito fundamental. Os tres co-lectivos que fixeron a convocatoria, Co-

Imaxe: Marcos GuisasolaBeti Vázquez

Con miles de expedientes relacionados coas axudas que concede a Lei de de-pendencia paralizados desde hai meses por falta de orzamento, a Xunta convo-cou esta segunda feira unha xuntanza con responsábeis do servizo de depen-dencia e autonomía persoal da conse-llaría de Benestar e persoal coordinador en cada provincia cun único punto na

B.Vorde do día: o aumento do crédito para horas do programa de axuda a domicilio para 1.500 familias do rural, coa condi-ción de que as resolucións de confor-midade chegasen aos domicilios antes do 20 de outubro. Ao día seguinte hai eleccións na Galiza.

A "xogada electoralista" do PP co-lleu por sorpresa @s traballador@s, obrigad@s a facer horas extras polas tardes. Quen o conta é Deli Lamas, de-legada de persoal da CIG en Ourense, provincia en que deberán resolverse

200 expedientes aos que se suman 400 en Lugo, outros tantos en Pontevedra e 500 na Coruña. "Hai dúas exixencias: que os beneficiarios vivan no rural e que a notificación chegue o día de reflexión como moito", subliña Lamas.

Porén, a carta que as familias recibi-rán na próxima semana e media non dirá nada ao redor de dúas cuestións fulcrais. A primeira, que resolver un ex-pediente de axuda a domicilio "con nor-malidade" pode demorar até mes e me-dio —a Xunta obriga a resolver 1.500 en semana e media—. E a segunda, que o feito de ter unha axuda concedida non implica que se vaia pagar e, neste caso, non se vai pagar. Para alén da morea de expedientes "que se foron dilatando no tempo por falta de cartos", os cobros fa-

ríanse efectivos a tres meses vista, pra-zo que nos levaría até o mes de xaneiro e na Xunta haberá un goberno esco-llido o 21-O, non necesariamente do PP. "Non hai garantía ningunha de que se inxecte crédito para pagar nin estas nin as axudas concedidas hai meses e paralizadas", razoou Manuel Canitrot, secretario de organización da CIG-Ad-ministración en Ourense.

A denuncia achegárona @s respon-sábeis de persoal deste sindicato, que pon de relevo a contradición entre os recortes ligados á dependencia que se practicaron nos concellos "en porcen-taxes elevadísimos que chegan nalgúns casos ao 75%" e o "repentino interese" do PP polo benestar das persoas de-pendentes que viven no rural.

das, mais sen desenvolver, perante a tentativa do PP de que exista un único sistema educativo". Por último, Miguel Cuba recalcou que a comunidade edu-cativa "está até o pescozo das medidas recentralizadoras e privatizadoras", e criticou a maneira de gobernar da for-mación conservadora que, en palabras do voceiro de Agir, se executa "a golpe de real decreto e sen debate".

Así as cousas, recordan as tres or-ganizacións outras medidas aplicadas, como o sistema de selección de alum-nado que imporán as reválidas; e advir-ten que esta foi a primeira xornada de loita unitaria convocada, mais non será a última. De momento, o 17 de outubro volverán ás rúas. O chamamento así-nano Comités e Galiza Nova.

O éxito de participación converteu en manifestación até San Caetano a protesta convocada na praza do Toural.

mités, Liga estudantil e Agir, cadran ao si-nalar o interese do executivo de Mariano Rajoy, nomeadamente do seu ministro José Ignacio Wert, de "expulsar da Uni-versidade os fillos dos obreiros".

A suba das taxas, 2.500 docentes me-nos nos últimos tres anos, a normativa de permanencia ou a presenza anecdó-tica do galego nas aulas do país —un in-forme da Mesa apunta que unicamente o 3% dos centros de infantil imparten as materias integramente na nosa lingua. Son algunhas das modificacións am-paradas no anteproxecto de contrarre-forma educativa redactada en Madrid e que conta, entre outros obxectivos, co de "españolizar" o alumnado das na-cións sen estado, tal e como recoñeceu o propio Wert no Parlamento.

Ensino público e de calidade contra a miseria na Universidade, berraban na praza do Toural de Compostela, nun-ha concentración con moita festa cuxo éxito de participación transformou nun-ha camiñada até San Caetano. O alum-nado aproveitou o día de folga para se queixar diante da consellaría.

"O Estado español marca pautas to-talmente centralizadoras e españoli-zadoras contrarias ao noso ensino, e a consecuencia non é só a exclusión da lingua senón tamén a diminución da calidade da docencia", apuntou Lau-ra Arjonilla, voceira da Liga estudantil. Pola súa banda, o responsábel nacional dos Comités, Daniel Candal, fixo finca-pé en que "as competencias no ensino están practicamente todas transferi-

Page 19: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

Lois Diéguez no Parlamento en 1982.

memORiA 1912 de outubro de 2012

Eleccións autonómicas: hai 31 anos

Lois DiéguezDeputado na primeira lexislatura do Parlamento Galego

Outubro de 1981: primeiras eleccións ao Parlamento Galego. Uns anos antes, non moitos, fóranse defi-nindo as alternativas parti-

darias españolas e galegas. Con máis difi-cultade as nacionalistas, pois este camiño quedara interrompido desde a República e non tivo unha clara continuación. Unha persoa en 1975 ou 1980 apenas sabía de democracia, pois esta quedara esgazada desde 1939, coa ditadura dun asasino, o Xeneral Franco, que tivera aferrollada a liberdade desde a imposición do terror, xenocidio que aínda hoxe non foi con-denado polo PP.

Desde 1972 van tomando forza for-mulacións partidarias que acaban de-finindo dous partidos, a UPG e o PSG. Coa morte de Franco en 1975 e esgota-do o Estado fascista, ábrese a luz dunha democracia ao xeito occidental, é dicir, teórica, formal, controlada polos poderes económicos capitalistas. Os franquistas sentan á mesa cos que levaban loitando desde a Guerra Civil e acaban salvando a cabeza coa solución final da Refor-ma Democrática. No fondo, unha evo-lución formal da ditadura á democracia sen miolo. Á diferenza da maior parte dos países con procesos de ditadura, os asa-sinos de onte libraron e non tiveron que dar contas dos seus abusos. Isto aínda o seguimos pagando hoxe. Do franquis-mo veñen, pois os partidos da dereita ou autodenominados de centro: desde a UCD, pasando por AP, e concretado hoxe no PP.

Na década dos 80, o nacionalismo ga-lego foise introducindo na sociedade de forma nítida e activa. Cun antecedente nos anos 70 ao crearse os sindicatos, ar-mando así unha estrutura organizativa que lle deu voz á nación galega. A pri-meira plataforma nacionalista, unitaria e con forza, asemblearia, foi a AN-PG, e ela protagonizou as loitas máis diná-micas que se deron no país até 1982, cando coa sua autodisolución se funda o BNG. Cota empresarial da SSA, En-crobas, Baldaio, Prezos da carne e lei-te, Central Nuclear de Xove, Celulosas, Loitas obreiras en Ferrol, Vigo..., conflito das 200 millas, Emigración, Decreto do Bilingüismo... milleiros de problemas que acentuaban o carácter colonial de Gali-za foron enfrontados con valentía cun-ha numerosa masa de mozos e mozas principalmente.

E daí vimos. Da loita e da esperanza na procura da dignidade e da identidade ne-gadas. Coa Reforma Política, e elimina-da a alternativa de Ruptura Democrática, única que asentaría unha verdadeira for-mación democrática, viñeron a Consti-tución Española e os Estatutos de Auto-

de ninguén, enfrontou este novo capítulo da loita política coas súas propias forzas, mentres Augusto Assía e La Voz de Galicia berraban forte contra nós, acusándonos mesmo de queimar os montes ou de te-rrorismo. Lembro perfectamente aquela primeira campaña electoral do Estatuto. Non tiñamos experiencia electoral. Nen axuda de nengún medio de comunica-ción. Daquela estes estaban represen-tados exclusivamente pola televisión, as emisoras de radio e os xornais, que aínda tiñan moita forza. O novo Estado trazara unha fronteira ben delimitada entre so-beranía estatal e autonomía das rexións e nacionalidades. E non permitía botarse un centímetro máis aló desa raia.

Os medios de comunicación respon-dían tamén a ideas e intereses econó-micos empresariais non precisamente plurais. Cando a economía non está de-mocratizada é imposíbel que os medios de comunicación respondan a un plura-lismo real. Son empresas dominadas por quen teñen os cartos, e estes non son precisamente de xente popular. Foron, en xeral, adversarios e diques de contención contra o espallamento das ideas nacio-nalistas. A conciencia e ideoloxía fran-quistas non desaparecían loxicamente da noite para a mañá.

Así que houbo que facer un esforzo enorme para estar en todos os recun-chos do país. Tiñamos xa plataformas socias reivindicativas (sindicatos, aso-ciacións de veciños e culturais, grupos de traballo, unha certa forza no agro e nas fábricas, moito máis numerosas que hoxe, pois aínda a CE non entrara a saco nas nosas riquezas...) e a AN-PG esta-ba espallada por toda Galiza cunha pre-

senza social importante. Os candidatos e candidatas levabamos unha rede de compañeiros e compañeiras que axu-daban nos mitins e convocatorias. Un-ha grande parte da militancia activa re-partía a propaganda e poñía pancartas ou facía pintadas por todo o país. Era o máis característico do nacionalismo: no sitio máis agachado aparecía sempre un símbolo da coalición electoral, BN-PG/PSG, unha chamada, unha invitación ao voto, unha reunión.

Supliamos os cartos co noso traballo, e pagando cada un os desprazamentos e calquera tipo de gastos. Non podo es-quecer a grande actividade que antes de morrer desenvolvera Carlos Varela, que puxo en acción unha auténtica ofi-cina de propaganda, cos seus debuxos, adhesivos, pancartas e folletos dunha grande beleza, moi atractivos. E aquela idea da película artesanal que a xeito de Telexornal contaba as loitas de Galiza desde unha imaxinada RadioTelevisión Galega. Só comezar a proxección facía rir a xente porque non podía pensar que Galiza tivese uns medios de comunica-ción propios falando en galego. Daquela aínda non existían. E hoxe hainos debido a ese traballo.

Artesanía pura con selo da nosa na-ción. Eran tempos de ilusión, de espe-ranza, a pesar daquel 23-F con Tejero á fronte, que nos meteu un bo susto e que se aproveitou para unha involución que houbo que combater tamén. Aínda non comezaran a aparecer as leis que foron controlando a democracia ins-tintiva dos primeiros anos da Reforma, regulándoo todo, varrendo co camiño popular que ía collendo. Tamén os re-sultados, con 3 deputados (6,17 % dos votos), arrefriaran esta ilusión, pero aín-da non lle viramos o rostro real ao que se montaba. Logo, despois de traballar un ano no Parlamento para redactar as normas internas e diversas leis, Bautista Álvarez, Claudio López Garrido e mais eu, os demais partidos (AP, UCD, PSOE), aproveitaron ese traballo para se desfa-cer de nós por non xurar a sacrosanta e xa obsoleta Constitución Española, da única opción que puxo en contradición a coherencia das ideas fronte ao opor-tunismo político de corte ditatorial. A hi-pocrisía dunha democracia que hoxe, en 2012, e ante as novas eleccións autonó-micas, mostra a súa crise máis profun-da, abourada por un partido que anda a desmantelar os avances sociais . Mais a experiencia enriqueceunos e a batalla, a idea, a rebeldía, seguen en nós como o mellor tesouro que pode mudar as des-esperantes situacións de involución. Na man da xente máis consciente está o seu aproveitamento.

nomía, refrendados con resultados máis ben tímidos (72 % de abstención no ga-lego). En 3 ou 4 anos non se pode ad-quirir unha conciencia política clara se acabamos de saír dunha ditadura. Pe-ro iso dá igual. Con que haxa eleccións xa se cumpre o programa neste tipo de democracias.

O nacionalismo máis activo votou NON á Constitución Española porque negaba, entre outros, os dereitos demo-cráticos das nacións do Estado español. E fíxoo así tamén co Estatuto de Auto-nomía porque sometía a nosa nación ás directrices de España, á dependencia, tal como hoxe nos proba Feixó, o presidente máis mentireiro que pasou pola Xunta. Batallou despois para estar nas institu-cións co obxectivo de transformalas nas soberanas que realmente queremos. Así chegaron as terceiras eleccións que se daban na Galiza: as da constitución do primeiro Parlamento e Goberno galego, en Outubro de 1981.

Chamaba así unha nova fronte de ac-ción política: a electoral. A UCD, o PSOE e mesmo o PCE tiñan apoios materiais dos propios sectores económicos que os defendían, sobre todo os dous primeiros. Os novos franquistas herdaban cartos do propio Estado, redes caciquís creadas polo franquismo e que aínda subsisten hoxe; medios de comunicación públicos e privados ao seu servizo; institucións que aínda hoxe se manteñen, como as De-putacións. Cartos dos seus homólogos europeos ou doutras nacións do mundo apoiaron tamén as inversións necesarias para as campañas electorais.

O nacionalismo só tiña a roupa que levaba posta. E como xente popular sen dependencias políticas ou económicas

Opinión

Page 20: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

20 iNTeRNACiONAl 12 de outubro de 2012

Venezuela elixe continuar avanzando no proxecto bolivariano

portugal érguese contra as políticas da dereita e o 'pacto de Agressão' A CGTP-IN convoca unha xornada de loita o vindeiro 14 de novembro. Baixo o lema 'contra a explotación e o empobrecemento', a central sindicalista chama a reaxir contra as políticas do goberno e a troika.

As consecuencias do Memorando de entendemento asinado polo goberno portugués en marzo de 2011 puxeron o país nunha situación límite. Na CGTP-IN fan un chamamento aos sindicatos e á cidadanía lusa a secundaren a Folga xeral convocada o vindeiro 14 de no-vembro para "salvagardar os intereses dos traballadores e do pobo portugués" fronte aos intereses do capital.

a chegada da troika

As condicións do rescate e a implanta-ción de políticas de axuste encamiñadas a garantiren o pagamento da débeda --e dos seus correspondentes xuros-- fixeron estourar os indicadores de em-pobrecemento no país veciño.

A cidadanía portuguesa coñece xa como 'Pacto de Agressão' ao conxun-to de condicións impostas pola troika --Comisión Europea, BCE e FMI-- a cambio da chegada dun rescate para a economía do país. O que os repre-sentantes políticos dos principais par-tidos portugueses defenderon como a mellor opción para a súa malpocada economía, resultou ser máis un produ-to no mercado, que custaría moi caro ao pobo portugués.

Dos 78 millóns que compoñen o em-

Imaxe: CGTP-INOlalla Rodil

As eleccións presidenciais en Ve-nezuela amosaron máis unha vez o apoio popular a Hugo Chávez. A coa-lición electoral que encabezaba obti-vo o 54,4% dos votos emitidos válidos fronte ao 44% dos apoios alcanzados polo opositor Henrique Capriles. O candidato da dereita --que malia a todo incrementou notabelmente o número de votantes a respecto das anteriores eleccións--, asumiu a súa derrota pouco despois de se coñe-cer o informe do Consello Nacional Electoral e apelou ao seu carácter de

Olalla Rodil"servidor público" para asegurar que continuaría "ao servizo de toda a ci-dadanía venezolana". Pola súa banda, o presidente Hugo Chávez tendeu a man á oposición mais emprazounos a ollar a realidade do país, aseverando que Venezuela "é hoxe a mellor que tivemos en 200 anos".

trece anos de cambio

Malia as informacións que acotío ver-ten os grandes grupos de comunica-ción --principais opositores ao chavis-mo--, a situación económica e social venezolana mudou substancialmen-te nestes últimos trece anos, como apuntan os datos achegados polos indicadores internacionais. Os pro-

fundos cambios sociais e económicos acontecidos no país débense en boa medida á principal promesa electo-ral do presidente Chávez: traballar en beneficio d@s máis pobres.

En 1999 Venezuela contaba cun índice de pobreza situado en máis do 70% froito da política desenvol-vida polos sucesivos gobernos que se alternaban no poder. Gobernantes subxugados aos intereses do capital e unha importante presenza de em-presas transnacionais que posuían o control dos abundantes recursos do país, levaron Venezuela á deriva. Así, á chegada de Chávez á presidencia, a taxa de mortaldade infantil situábase en 20 por cada mil crianzas nadas e máis do 14% da poboación activa es-taba desempregada. Aliás, o acceso ao ensino e sanidade constituía un privi-lexio ao que moreas de venezolan@s non podían acceder --moit@s por non estaren tan sequera censad@s--.

Coa vitoria de Hugo Chávez nas eleccións, o país conseguiu en pouco máis dunha década espallar os servi-zos públicos entre as clases popula-res-- e reducir a taxa de desemprego á metade (7,6% en 2009) segundo os datos do Banco Mundial. Asemade, a nacionalización do petróleo e o au-mento das súas exportacións permi-tiu ao goberno desenvolver impor-tantes programas de alfabetización e saúde --sostidos cun investimento público do 43,2% dos orzamentos-- que serían apoiadas por profesionais procedentes doutros países da rexión grazas á política exterior de integra-ción latinoamericana defendida po-lo chavismo.

O seu triunfo nas eleccións presi-dencias desenvolvidas o pasado 7 de outubro dan mostra do apoio popular e do carácter democrático do proxec-to bolivariano que decidiu, máis unha vez, continuar avanzando.

emprego", aseguran no sindicato, "pro-cura obrigar os traballadores desem-pregados a aceptar calquera oferta de traballo, independentemente das con-dicións", nun país en que a taxa de paro reborda o 16% e máis de douscentos mil postos de traballo foron destruídos no que vai de ano. A máis disto, as sucesi-vas reducións salariais, as reformas do Código de Traballo, as privatizacións e subas de impostos indirectos sitúan o país ao borde da desfeita.

por un portugal con futuro

Perante a grave situación laboral, eco-nómica e social que está a viver o país, o Conselho Nacional da central sindical aprobou a convocatoria dunha greve geral que a máis de denunciar as con-secuencias das políticas neoliberais, amose un outro vieiro para mudar o camiño. " Portugal non pode continuar subxugado a un Goberno ao servizo do grande capital" asevera Jerónimo de Sousa polo que fai un chamamento a todo o pobo portugués " para que se asocie a esta forma superior de loita" e exixan aos responsábeis políticos un cambio de rumbo na política do país. Para tal fin, a CGTP-IN propón unha serie de propostas encamiñadas a ga-rantir unha saída xusta e social da crise con que se combata a precariedade e se garantan o emprego con dereitos, a cohesión social e a xustiza fiscal.

Faixa da CGTP na masiva manifestación do 29 de setembro en Lisboa.

préstito, Portugal deberá devolver nun prazo de catro anos a contía inicial máis 34 millóns e medio de xuros. En total @s portugues@s pagarán 112 millóns de euros --o 70,4% de toda a riqueza pro-ducida en Portugal no ano 2011--.

as consecuencias do pacto

"A situación neste país é incompara-belmente peor que antes", aseveran na CGTP-IN referíndose ás consecuencias das políticas impostas pola troika e des-

envolvidas polos sucesivos gobernos lusos. "Na Grecia como en Portugal a política da austeridade fallou" di Jeróni-mo de Sousa, secretario xeral da central sindical. Para a CGTP-IN, a crise está a ser empregada "de pretexto para un novo e aínda máis violento asalto ao dereito do traballo" que empeora de maneira notábel as condicións da clase traballadora e agride directamente os servizos públicos e políticas sociais. "A redución da protección social de des-

Page 21: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

21CUlTURA12 de outubro de 2012

Co outono chega a poesía ao vivo. Poetas di(n) versos na Coruña e Pi-caversos en Compostela botan a an-dar nunha nova edición de encontro público coa poesía. Con formatos di-ferentes, os dous ciclos teñen, malia iso, varios elementos en común entre eles. Póñenlle voz á palabra poética, lévana á escena, conseguen a aten-ción do público e teñan á fronte tres poetas, Yolanda Castaño na Coruña e Branca Novoneyra e Olalla Cociña en Compostela.

Poetas di(n) versos responde a un deseño persoal da dinamizadora e poe-ta Yolanda Castaño. Desde hai catro anos, este é o segundo no Auditorio do Ágora, convoca poetas da Galiza con outros do mundo enteiro nun ci-clo que sorprende pola xenerosa res-posta do público. “Este é o segredo da estabilidade do ciclo. Que a xente asis-te a vivir a poesía ao vivo. Ben é certo que imos por ela”, comenta Yolanda. Cando di que “van por ela” explica que, en función do perfil das persoas con-vidadas dirixen a atención ao público que pode ter máis interese. Estudantes do idioma ou comunidade xaponesa se quen chega á Coruña é poeta dese país, pon por caso.

As segundas feiras -día pouco fre-cuentado na programación cultural- e unha por mes, Poetas di(n) versos con-voca o público para vivir a poesía e par-tillar do diálogo que se estabelece entre os nomes máis destacados da literatu-ra galega para partillar cos de diversos países do mundo. “O interesante é ese encontro. Ás veces a sesión achéga-nos a poéticas semellantes, ás veces é o contraste o que os pon en relación”, explica Yolanda Castaño, dunhas se-sións en que as persoas convidadas de fóra asisten á lectura da súa obra tra-ducida ao galego.

O formato de Picaversos é distinto. A ágora non se atopa nun auditorio, senón nun ámbito máis informal, nun dos locais nocturnos de máis historia de Compostela, o Modus Vivendi da zona vella. Pola cidade, como pola Coruña, hai cartaces pendurados aínda anun-ciando a segunda edición que vén de comezar. Un paxariño de papiroflexia, deseño de Marcos Vigo, identifica o ciclo xestionado por Branca Novone-yra e Olalla Cociña, dúas poetas que viven na cidade e buscaron na noite un espazo e un tempo alternativo para

Tres mulleres á fronte das ágoras poéticas

Imaxes: SG

Carme Vidal

Talleres literarios con alma

Fina CasalderreyEscritora

Luis Landero compa-rou a dificultade de ensinar literatura coa de aprenderlle a un cego a percibir a cor

branca argumentando que, se lle dicimos “É coma o leite”, pode que nos pregunte “Vér-tese?”; se engadimos “É coma a neve” , talvez queira asegurar “Tan fría?” ; e se, nunha pre-tensión de precisar, engadi-mos “É coma o papel”, qui-zais responda “Renxe?”. O que se pode intentar, dado que as persoas non nacemos feitas senón que nos facemos, é po-ñer o aprendiz en disposición de se deixar seducir pola forza da palabra, polos sentimen-tos que provoca, pola beleza e, se cadra, só se consegue por contaxio, por contacto di-recto cun afectado. A non ser que o devandito pupilo teña unha predisposición natural a enfermar.

Se nun buscador poñemos Talleres literarios, atopamos arredor de 1. 300.000 resul-tados que nos fan crer que unhas horas diante dunha pantalla abondan para nos converter en escritores. Fa-lan de técnicas de verosimi-litude (que me lembran as Máquinas de la verdad), de adxectivacións, de metáfo-ras… Conste que antes, poño por caso, xa Rodari sinalou di-ferentes fórmulas para armar unha historia. Pero a alma que a fai respirar, esa mirada que inventa de novo o mundo, é cousa de cada quen. Na miña memoria burbulla a delicio-sa maneira de narrar de meu pai, que utilizaba a metáfora de maneira tan natural coma a corrente que segue un río, descoñecendo o significado do termo.

Ven isto a conto de que ve-ño de recibir un relato dun au-tor novel e non sei que con-testarlle así, lonxe, sen alma… Igual tiña razón Óscar Wilde e para escribir só fagan falta dúas regras: ter algo que dicir e dicilo. Que sinxelo o puxo, va que si?

op

inió

n

compartir poesía. Nos Picaversos ca-da quince días, por volta das 21 horas, danse cita no Modus para escoitaren tres persoas convidadas que compar-ten os seus poemas preferidos. Veñen do mundo da literatura, mais tamén da música, do teatro, da maxia ou de oficios varios, e xúntanse arredor dun mesmo lema. “Naceu pola ansia de fa-cer algo novo, autoxestionado, ocu-pando un espazo distinto diante dunha programación tristeira” explica Bran-ca Novoneyra. Contan tamén coa boa resposta do público que enche o local en cada sesión, partillando con Branca e Olalla a vontade de seren partícipes do pracer de ler e escoitar a lectura.

O Leo nos Picaversos de Compostela.

Yolanda Castaño

Olalla Cociña e Blanca Novoneyra.

A música tende a agromar tamén nas sesións de Picaversos. “Pretende facer visible a poesía fóra do eido exclusiva-mente literario e ampliar o seu público”, explican. No horizonte prometen no-vos proxectos de difusión poética, entre outros, a Compostelá, unha iniciativa pola que entran na rede de a Parisien-se e A Porteña de difundir os versos na rúa a través de carteis.

Volven Picaversos e Poetas di(n) ver-sos co outono. Rosa Enríquez, Ania González e García, de Dios ke te Crew, inauguraron o novo curso do ciclo de Compostela. María do Cebreiro e o ma-drileño Carlos Pardo, coetáneos, abri-ron a nova edición do programa de Yo-landa Castaño. As tres poetas teñen xa na carpeta as próximas sesións para o trimestre. Novoneyra e Cociña convo-can os “Picaversos da casa” para o 23 de outubro, de amor para o 6 de novem-bro, rock and roll para o 20 e o lunáti-co no 11 de decembro. Yolanda Casta-ño conta con Xabier Cordal e o croata Marko Pogacar para o 5 de novembro e Enma Pedreira xunto coa francófona quebequesa Carole David, na sesión do día 10 do último mes do ano.

Yolanda Castaño nos Poetas di(n) versos da Coruña e Branca Novoneyra e Olalla Cociña á fronte dos Picaversos en Compostela.

Page 22: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

camilo nogueira. xxxxx

22 CUlTURA ENtrEviStA

xabier p. docampo. escritor

“Non me produce dor a idea de deixar de publicar. De escribir si, porque non sei vivir sen escribir”. Con estas palabras Xabier P. DoCampo resume o oficio e o sentimento de escribir. “Xa non teño as ansias de seguir publicando”, recoñece un autor que, en calquera caso, precisa o galopar da tinta sobre o papel tanto co-mo o trote do sangue polas veas. A idea de deixar de publicar pode que estea no horizonte, mais, polo momento, queda moi lonxe. DoCampo segue a traballar e dúas novas novelas van collendo forma. A primeira delas será A illa de todas as illas, unha novela xuvenil que ultima pa-ra Xerais e que verá a luz o próximo ano. A outra novela, que comezou en 2002, segue a se transformar no seu maxín e tardará algo máis. “Será unha obra de adultos, penso que na marxe dun ano es-tará finalizada”, sentencia. Aproveitamos o treito final da creación da súa próxima novela para furar co escritor ao redor da literatura, do mundo arrevesado en que vivimos e da situación cultural e idiomá-tica do país.

Ultima unha nova novela xuvenil.Si, chámase A illa de todas as illas. É unha homenaxe, un tributo ás novelas sobre illas. Cantas novelas sobre illas temos? A illa do tesouro, A illa misteriosa, A illa dos golfiños azuis... Ducias! Para min son o paradigma da novela de aventuras. Cal é a máxima aventura? A lla deserta. Iso é o que me leva a facer esta novela. Es-ta é xuvenil, tamén traballo noutra para adultos, que levará máis tempo. A da illa rematareina pronto, para finais de ano xa estará finalizada. Precisamente teño hoxe [terza feira] unha reunión co ilustra-dor Xosé Cobas, formamos un tándem e falaremos das ilustracións, que é algo que me importa moito nos meus libros.

Como se materializará no argumento a

Imaxe: A.R.Alberto Ramos

"Se eliminas a cultura, a barbarie ocupará o seu espazo"xabier p. docampo ultima a súa próxima novela xuvenil. baixo o título 'a illa de todas as illas', o escritor homenaxeará as grandes historias das illas perdidas. ademais, traballa nunha obra para adult@s en que quere “axustar contas” cos seus tempos, coas “estafas” que lle tocou vivir.

22 CUlTURA ENtrEviStA 12 de outubro de 2012

homenaxe ás illas?A historia trata dun grupo de nenos que se perde nunha illa, nunha illa das nosas, pouco máis grande que a de San Simón e con forma de pé. É importante esa for-ma. Pérdense nesa illa e tratan de bus-car o embarcadoiro. Polo camiño ato-pan unha serie de personaxes que lles van dicindo, de forma directa ou indi-recta, como liscar. Esas personaxes es-tán tiradas das grandes novelas das illas. Atópanse con Robinson, co protagonista d'A Illa das voces de Stevenson ou coa rapaza d'A illa dos golfiños azuis. O último con que se cruzan é John Silver. Deste xeito, vai levando anacos de todas esas grandes historias.

Ademais desta novela xuvenil, traballa noutra para adult@s. A outra é máis complexa, é unha nove-la de adultos que quizais, nun prazo dun ano, poida rematar. É unha obra con ele-mentos vivencias, mais non biográficos. Nesa novela pretendo arranxar contas co todo o que fixo de min o que que-rían que fose e o que cheguei, espero, a deixar de ser. E niso inclúo a contribución da Igrexa na represión franquista. Isto é, todo o conxunto de elementos que fixo que a miña vida tivese un punto de esta-fa. Agora mesmo, a mocidade vive unha situación semellante, tamén está a ser estafada. No meu caso, a miña mocida-de foi estafada por unha ditadura que se empeñou en taparme os ollos. Como o conseguiron? Con medo, creando unha situación de medo en que todo producía iso... medo. Agora acontece o mesmo. Convéncennos de que ou tragamos con todo ou vai chegar o caos. Temos tanto medo que cada vez que sobe a prima de risco pensamos que algo fixemos mal. Chegámonos a culpar. Aquela época era igual e niso traballo nesta novela. Ade-mais, todo parte dun feito real. Hai uns anos coñecín unha muller que tivo unha infancia durísima, pese a que as condi-cións en que vivía lle permitirían vivir a mellor infancia posible. Nela inspireime,

aínda que na medida en que foron pa-sando os anos, funme afastando do que a muller me contou.

A palabra estafa é moi recorrente. A es-tafa está moi presente e agora mesmo cuestiónase unha fábula histórica cha-mada transición, que tamén tivo moito de estafa...É que iso foi unha estafa. Estafar é con-seguir algo a cambio de nada. Hai dúas fórmulas de estafa. A primeira dicir : “dá-me isto, porque é bo para ti”. A segunda: “dáme isto porque é un dereito meu”. Esas son as dúas fórmulas e a transición foi iso. Había que evitar un enfrontamento e así todos marcharon polas boas. Imos ver, a vida dunha persoa consiste en fa-cer unha casa nova. Non física, refírome a unha casa como o conxunto de senti-mentos en que habitamos. No franquis-mo díxose que había que construír unha casa nova, que fóra había só comunismo, caos, pecado... Estabamos ameazados. E repetiuse o conto e agora volvemos ao mesmo. Volvemos a unha situación de medo que nos leva á estafa. Sem-pre se nos dixo iso de “aguanta, que do contrario vai ser peor”. Peor que que? A xente nova ten que construír unha no-va casa, mais sen condicións nin medos. E só teñen que aproveitar o solar. Mira, a un rapaz que traballa nun centro co-mercial por 200 euros dinlle constan-temente: “Aguanta, que o contrario se-rá peor”. Peor que que? Que hai peor? O realmente curioso é que o estamos a crer. Cremos o medo.

pódese entender como simple super-vivencia. A que lle chamamos sobrevivir? Á in-capacidade total e absoluta de soñar o futuro? Se non podes nin soñar o futu-ro... Buf! Mira, eu dixen durante moito tempo algo que xa non digo. Dicíalle ao meu fillo: ides vivir peor do que vivín eu. Eu iso xa non o digo. Que entendemos por mellor e peor? Si, condicións econó-micas, si... Tivemos mellores condicións,

mais vendemos a nosa alma ao capita-lismo. Non valía con gañar, tiñamos que gañar máis. Como as empresas... É que caemos na mesma trampa. A min o que me parece é que os mozos non poden vivir nin peor nin igual, tedes que vivir de forma diferente, porque o mundo se vai esfarelar. Hai unha idea moi literaria que está sempre presente que é a de matar o pai. A min paréceme ben que me ma-ten, literariamente falando, os novos. Iso é o normal, mais non pode ser que me maten para facer o mesmo que fixen eu. Para iso, que me deixen quedar a min. Que me maten para facer outra cousa diferente. Non o mesmo. Non podemos facer o mesmo.

estou a lembrar a súa novela O país ador-mecido. Un país en que ninguén podía morrer durmindo e por iso cada vez dur-

Page 23: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

23CUlTURA ENtrEviStA

mans ou coas armas que haxa. Non lle chamen violencia a que me quite eu a bota que me pisa a cabeza. Evidente-mente a min falar de violencia dáme re-pulsión física. Vela diante ou só pensala, prodúceme dor.

Falemos de lingua. en prolingua píde-se que se recupere o consenso ao redor do idioma...Para a lingua, a única situación verdadei-ramente válida é o consenso social. Cal-quera outra é prexudicial. A proba está en que os graves problemas para a lingua viñeron dadas pola ruptura do consenso, xusto no momento en que o PP rachou os consensos. Hai que buscar de novo o consenso e só pode darse cunha pre-misa: que as dúas linguas oficiais teñan os mesmos dereitos e deberes. Non vale que un veña e diga que o galego non é

válido para as matemáticas. Iso só o din persoas con determinados prexuízos. Hai que buscar a igualdade total e só pode haber consenso se todos os galegos sen-ten o deber de coñecer o galego.

Cun novo goberno de Feijóo ese con-senso sería posíbel?É posible, porque Feijóo votou afirmati-vamente o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Que dea explicacións de por que fixo iso antes e agora fai o que fai. Con aquel Feijóo sería posible, el saberá por que cambiou. Quero dicir que é posible se hai vontade. E non se poden facer trampas falsarias como se fan nesta cidade [A Coruña]. Hai xente honradamente convencida que cando lles digo que o único topónimo é A Co-ruña pensa que lles quero obrigar a di-cir A Coruña. Ti di o que queiras! Eu só digo que o oficial é A Coruña. E como con isto, pasa con todo. O outro día ha-bía un artigo falsario no Faro de Lopez-Chaves, en que volvía coa teima da liber-dade. Hai unha cuestión que hai que ter clara: para que poida haber liberdade, un ten que dominar os dous idiomas. Do-utro xeito non es libre. E hai que eliminar as consideracións sociais desiguais. Eu non son libre mentres teña na cabeza que un idioma é superior a outro. Des-pois hai que saber cal é o forte e cal é o débil e lembrar o que dicía Rousseau, iso de que “entre o forte o débil, a liberdade oprime e só a lei libera”.

Os premios nacionais escribiron no seu día unha carta para que dimitise Roberto Varela como conselleiro. Tres anos des-pois xa nin está Varela nin a consella-ría...O do ensimesmamento de Varela debeu ser un intento que tivo de congraciarse cun poder determinado. Tiña ese aire de moita xente que vén de Nova York. Chegou co cosmopolitismo e iso, case sempre, acaba en cosmopaletismo.

e pasamos do cosmopaletismo a perder a consellaría. @s que viñeron fixeron bo a Varela?Probablemente si. O desmantelamento da consellería non sorprendeu. Sabíamos que contaban cos cómplices suficientes para facelo. E esta situación de desman-telamento pasou en todos os ámbitos: na educación, na cultura... A solución é que veñan outros e digan “isto non foi máis que un mal soño”. Quitarlle medios e retraer orzamentos no sector cultural é como sorber o aire dun recipiente. No momento en que pares de sorber, ese aire será ocupado. E por que vai ser ocupa-do? Pola barbarie. Se eliminas a cultura, a barbarie ocupará o seu espazo. A cultura non é prescindible, todos os pobos crea-ron sempre cultura e en momentos moi duros. A cultura é necesaria. E a educa-ción tamén. Pode que sexa cara, porén moito máis cara é a ignorancia.

23CUlTURA ENtrEviStA

mían máis e máis. pódense facer para-lelismos. durmirmos demasiado tempo por medo a morrer?É que esa é a metáfora... Mais cando nós espertamos, decatámonos de que es-tabamos mortos. Levamos tanto tempo durmindo que, ao ollarnos as mans, vi-mos que non tiñamos nada.

Algo a gusto si que durmimos, non?Si, claro, claro. Porque tiñamos isto que consideramos que era vida. E ao espertar, nas mans non había nada. Non pagou a pena non morrer porque o único ao que chegamos é a estar mortos. E esta novela escribina hai vinte anos, acaba-mos de facer a reedición agora e dáste conta de algo terriblemente triste: pa-rece que a escribín nestes tempos. Moi triste! Vinte anos e non cambiou nada. Eu non quero ser pesimista, mais vaia...

12 de outubro de 2012

Mira, Agustín [Fernández Paz] fala moi-tas veces desa canción de Manu Chao: Próxima estación: Esperanza. A min a es-peranza non me di nada. A esperanza é a virtude dos que non teñan nada. Por iso foi tan importante no cristianismo. Non tes nada, mais xa terás. Eu prefiro a con-fianza, que é a virtude dos que acreditan en que poden ter. Eu confío en que os mozos serán capaces de cambiar isto. Sexa como sexa. Hai que construír a nova casa. Teño confianza en que construían outra cousa. E se é con dor, pois é con dor. E se hai vítimas, hai vítimas.

e con violencia?E se hai violencia, pois con violencia. Sempre e cando non haxa outro cami-ño. Chamarlle violencia a loitar contra a bota que te oprime é estar coa bota. Hai que sacar esa bota como sexa, coas

Page 24: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

24 CUlTURA CrÍtiCA

A porta do imposíbelHai xa un par de anos que a distri-buidora galega Corsárias vén cami-ñando, de vagar pero firmemente, cara a seu particular proxecto de edición de libros. Cun ollo na sub-alternidade e outro fixado cunha particular atención nas novas vo-ces, Corsárias edita poesía dunha forma que comeza a ser pouco ha-bitual nun sistema afogado pola cri-se ou enrocado en vellas dinámicas editoriais. A colección de creación destaca, na súa curta andaina, por edicións coidadas, nas que non se desbota o apartado gráfico e nas que non falta unha notábel vonta-de de pescuda.

Esta achega de Laura Branco é produto desas coordenadas, xa no primeiro contacto co libro repara-mos nas reproducións dos debuxos de Celso Dourado que o ilustran preguntándonos se os versos da au-tora acompasarán dalgunha forma coa tensión crepuscular que pare-cen transmitir. E posibelmente o pri-meiro gozo que ten a persoa que se achegue a eles é descubrir que si. A poética de Laura Branco constrúe-se sobre todo por imaxes, imaxes a miúdo cenitais, concentradas na súa propia forza interior. Porén, será o ritmo no que esas imaxes apare-cen o que dá ao poemario o seu ton máis característico. Como nas raíces máis antigas do oficio da poesía, os versos deste libro parecen falar co ton da revelación, nunha lectura que remite á solemnidade das profecías e que viaxa cara ao ventre da noite inaugural dos mitos.

Son os mitos, precisamente, un dos vértices nos que está asentado Doenças dum espelho. Mitos que están moi presentes na recorrencia da figura da Medusa, como un ele-mento do que extraer toda a versati-lidade que contén a súa lenda. Así, o feito de ser a górgona a vítima dunha

cRÍTIcA LITERARIA

metamorfose, aparece relacionado inevitabelmente coa metamorfose que contan os tres estadios do libro (secuenciada como Larva, Cristálida e Imago). Tamén existe un vínculo dende o propio título que atinxe á importancia dos espellos na vitoria de Perseo e finalmente, é imposí-bel non pensar na potencialidade da mirada como arma da Medusa, e na problemática inherente a dei-tala sobre unha mesma. Finalmente, a clásica caracterización da górgo-na como monstro ou rival dun he-roe clásico ten o seu papel dunha forma innegábel ao longo do poe-mario, protagonizando os que po-derían ser os seus versos bandeira:

O libro está estruturado como as tres fases da metamorfose.

gos e cabalos alados, a poética de Laura Branco lévanos a confrontar a presenza palpitante dos mitos cos ecos da propia realidade. No medio destas paraxes aparecerán tamén os camiños de ferro dos trens de proximidade, as dunas da praia de Llas, no nordeste, os guindastres e mariñeiros que lembran os propios antes que os navegantes medite-rráneos. A forza do mito, en lugar de vulgarizar a súa entidade máxica en contacto con elementos cotiáns, aparece logo como unha posibili-dade máis da realidade, unha porta que podemos atravesar (Alguén dizia que existia un lugar onde Quimera era protetora da porta do impossí-vel,/ (...) Mas os que sonhamos com o indizível/ escapamos pela porta voltando a vista pra trás...).

Doenças dum espelho representa unha achega levemente disonan-te no panorama da poesía galega dos últimos anos. A aposta por un-ha poética con fondas referencias cultas, construída mediante un den-so océano de imaxes e ocupada na introspección do eu lírico, retoma en realidade unha tendencia par-cialmente abandonada deste lado do Miño, que porén tivo un frutífero desenvolvemento entre poetas da outra beira. A ponte de que Laura Branco tende devólvenos así unha veta de versos aínda por explotar. Mario Regueira

Doenças dum espelho

Laura branco

Corsárias, 2012

97 páxinas

10 euros

A vitória do herói não depende do herói./ A vida não depende do herói, mas a morte. A morte da espada no interior da garganta. Por que os dra-gões têm sempre de morrer?

Porén, a pesar da importancia da Medusa no desenvolvemento e nas claves da obra, non se trata este do único universo mítico co que nos atoparemos. Xunto con outras re-ferencias á mitoloxía grega, atopa-mos escenarios das lendas artúricas, espazos da literatura universal e re-ferencias difíciles de clasificar que moi probabelmente remitan a unha mitoloxía propia. Máis alá de ficar nestas paisaxes e construír un uni-verso habitado só por heroes gre-

12 de outubro de 2012

Talabarte é o disco do grupo homó-nimo compostelán: un trío de violín (Quim Farinha), acordeón (Pedro Pas-cual) e contrabaixo (Kin García). A te-mática está patente tanto nos títulos dos temas como nos aires sonoros: un percorrido por diversas zonas mu-sicais do mundo, especialmente eu-ropeas. Resaltando que noutras zonas as músicas populares son moi ricas, deixan constancia, implicitamente, da riqueza da música galega. Tamén a foto da portada (dun absoluto surrea-lismo, cortesía do Pastor), o videoclip cómico de Enrique Otero (Crebinsky) e o formato do CD, fomentan a cha-mada de atención do consumidor so-

cRÍTIcA MusIcAL

Talabarte

Talabarte

Fol Música, 2012

CD

empregados ou dos máis de 60 minu-tos de música brindados son, sobra-damente, lenificados por uns arranxos (cuxa carga foi soportada sobre todo por Pedro Pascual) e unhas execu-cións sobresaíntes, propias e singula-res, ademais do uso indiscriminado e indiscriminatorio de compases amal-gamados, o que dá moita frescura á orella aburrible e difícil de compracer. Tanto que non sería ningunha tolería afirmar que quizais sexa o disco que máis nos ofreceu e feito con máis mi-mo do ano 2011 galego.

“Vereis mancebinho d arte , com espada e, talabarte, não ha mais Ita-liano”. Olga brañas

noro potencial. O nome do grupo vén dado polo

“talabarte”, a correa de coiro que soe empregarse para soster o acordeón polo músico; mais no disco atopamos diferentes acepcións atopadas en di-cionarios antigos de galego, español e portugués: idiomas en que existe a palabra como tal.

É un disco que enche, onde amosan unha gran valentía ao non teren que recorrer a ningunha colaboración a pesar de seren só tres músicos (aínda que non tres músicos do montón!). A monotonía que quizais poden inferir da pouca variedade da tímbrica (moi parecida), dos poucos instrumentos

Page 25: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

Máscula infâmia

As discussões entre Luzia H., 39 anos, e César P., 40, eram escutadas com frequência por quem passava junto da residência do casal em Co-

vas, Portugal, mas na segunda-feira 10 os vizinhos desconfiaram que algo torto acontecera pois o saco para o pão levava horas pendurado na porta. Quando os da GNR entraram no local ficaram ho-rrorizados, César espancara a mulher até à morte enforcando-se a seguir. Tinham três filhos. Sabe-se agora que os episó-dios de violência doméstica vinham de anos. A morte de Luzia H. eleva para 25 o de mulheres neste ano assassinadas por maridos ou ex-companheiros na Lusitânia. No ano passado 27, em três dias de setembro até 4, nos últimos oi-to anos 270. Os nomes são fictícios. O caso e os dados tristemente reais, isto não é um conto.

Mulher é igual e em todo o caso maior e se inferiorizada é que a sociedade ain-da não conseguiu ultrapassar um estado primitivo. Se maltratada, aí qualquer es-perança de mundo melhor continuará apodrecida onde o maltrato aconteça. E acontece. É alucinante que fome distante

suceda mas ainda mais que crueldade e humilhação se apliquem na intimida-de ao lado sobre quem talvez um dia se amou. Deve ser terrível passar por expe-riência de maltrato que normalmente se prolonga em anos. Deve ser arrepiante. O medo. Pânico de falar mas também calar. Calar-se por não apanhar de novo. E ter vergonha do que vai pensar a gente se falas ou ao ver as marcas, e engolir a tentação da denúncia do animal que bate em ti pela angústia do que ele fará se fica ou do que tu farás se ele vai. Terrível ser mulher nessas condições e essas con-dições continuam ao lado em empurrão, bofetão, imposição de sexo, abuso emo-cional, controle da vida, até o acabamen-to dela. Várias organizações de apoio às vítimas desta infâmia na Europa sabem e criaram em 89 o European Forum for Victim Services que engloba 19 orga-nizações e 15 países (Alemanha, Áus-tria, Bélgica, Finlândia, França, Hungria, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Portugal, República Checa, Irlanda, Rei-no Unido, Suécia e Suiça). Em Portugal existe um Observatório de Mulheres As-sassinadas (OMA) e a União de Mulhe-res Alternativa e Resposta (UMAR) inte-

te Isto Não É um Conto. São seis histó-rias de violência baseadas na vida de seis mulheres e escritas por seis escritores, homens e mulheres (Afonso Cruz, Ali-ce Vieira, António Figueira, Karla Suárez, Maria Teresa Horta e Patrícia Reis), ilus-tradas por Pedro Vieira e prefaciadas por António Barreto, todo o mundo trabal-hando de graça. O volume vai ser vendi-do em exclusivo na rede Bertrand por 7 euros e as receitas "destinam-se integral-mente a apoiar mulheres sobreviventes de violência doméstica, através de um fundo que permitirá o fortalecimento das respostas e dos serviços adequa-dos que promovam a segurança e auto-nomia das mulheres, jovens e crianças, devolvendo-lhes direitos tão elementa-res e vitais como a liberdade e a digni-dade humanas". Foi apresentado na te-rça passada dia 9 em Lisboa, Bertrand do Chiado, com a presença de autores, representantes das entidades envolvi-das no projeto (Bertrand Livreiros, As-sociação Link, Booktailors, Finepaper, Fundação Montepio e RPVP Design), e o alento distante de quem de qualquer ponto do globo temos vergonha dessa masculina ignomínia.

Do outro lado do rioCarlos Quiroga

Lartiste et son modèleO artista e a modelo é unha película que hai que querer ir ver. Vela polos azares de última hora podería apartarnos do obxectivo do autor, da súa compren-sión sensitiva. Como A árbore da vida, como O cabalo de Torino. Pode ser a sala equivocada para quen agarde un-ha longamentraxe máis convencional. Aínda que o branco e negro avise @s navegantes. Mais non como elemento configurador dun sólido artificio de en-tretemento ao xeito de, indo un paso máis alá ao apostar polo cinema mudo, Brancaneves (á que a vantaxe na liña de estrea de The artist lle vai pasar factura na carreira polo óscar a mellor película en lingua non inglesa -paradoxo). Fer-nando Trueba despacha unha das súas cintas máis honestas e acertadas. Unha disección do proceso creador como auténtico dador de significado. Por ri-ba da consecución da propia obra. Por iso mesmo O artista é a modelo é un-ha boa película aínda que non acade a perfección, cousa que sería espanto-sa sendo o leitmotiv a imposibilidade de achegamento a esta. O outro gran tema e o paso do tempo e os estragos

Lartiste et son modèle (O artista e a modelo)

dirección: Fernando Trueba. Guión:

Fernando Trueba, Jean-Claude Carriere

intérpretes: Jean rochefort, Aida Folch,

Claudia Cardinale, Chus lampreave, Götz

Otto, Christian Sinniger

estaDo español 2012

Drama. 104 min.

cRÍTIcA DE cInEMA irreparábeis que causa nos corpos e nas almas. Na recámara a serie de pezas de Picasso sobre o pintor e a modelo. En todas elas unha rapaza é un artista de avellentada idade. Tamén Matisse. Realismo poético claramente influído por Renoir, de quen Trueba non nega as palpábeis herdanzas, non só fílmicas. A estética como camiño da constru-ción do sentido. Intimismo fascinan-te, arriscado, pudoroso, profundo e ao tempo primario. Non vai ser un éxito de vendas. Sabíase de antemán, o que a fai máis meritoria.

O guión de Carriere e Trueba. O fi-nal relacionámolo máis coa autoría do primeiro. Xa se dirá se é necesario un desenlace tan rotundo. Probabelmen-te sí, aínda que non se dean pistas de máis ás persoas que nunca afrontaron o proceso creador apostando con fir-meza. A historia transcorre no verán do 43, na Francia ocupada, nun espazo rural, ou, mellor, de natureza, indeter-minado e próximo á fronteira co Esta-do español. Un vello escultor de sona mundial vive coa súa muller, afastado da mesquindade humana e da urxen-cia da creación artística. A aparición dunha fermosísima rapaza fuxida dun campo de prisioneir@s español fara-lle recuperar a valentía para procurar a obra verdadeiramente definitiva. A súa musa fora antes a súa muller, devasta-da polo tempo: unha Claudia Cardinale

grada na primeira. Tudo parece pouco diante da brandura dos tribunais com os agressores, neste caso linguagem sexis-ta certa porque 95% deles homens. Tra-ta-se de promover o apoio às vitimadas por esse crime no continente procuran-do desenvolver serviços para elas. Mo-ver a atribuição de indenizações justas com independência da nacionalidade. Defender os direitos no processo penal diante das autoridades. E troca de expe-riências entre os membros do Forum, que realiza uma assembléia anual onde se debatem estratégias gerais de ajuda e propostas de ação concreta em cada país, onde os quadros jurídicos variam e as alternativas de amparo diferem. Para que cada mulher tenha a ajuda indivi-dualizada que o seu caso requer. Para que todos os apoios que receba sejam gratuitos. Eis os pontos básicos que pe-de o Forum, e tendo em conta que a maneira efetiva de travar agressividade e abuso vem provando-se que aconte-ce só com intervenção externa, profis-sional, mediada por instituições, desde próximas e informais até mais coercivas, bem achem inventos assim.

Como bem ache o livro precisamen-

pedir, “y un saludo a Moncho Lemos, la persona con mayor criterio que no conozco” (previamente María Bouzas localizárao entre o público asistente á gala recordando que lle dixera que viu máis de trinta veces Ópera prima no seu VHS). Tal vez esta última unha broma demasiado fácil, tendo en conta ade-mais que se refería a un dos mellores críticos cinematográficos do país. Na conferencia de prensa previa Trueba atacou a definición de cine como in-dustria e defendeu o talante artesanal da súa maneira de traballar. Aínda máis cerrada foi a súa defensa do cine co-mo elemento artístico globalizador. Por tanto, O artista e a modelo reafirma a coherencia do director.

Sen máis banda sonora que os sons da natureza, rodada en francés, O ar-tista e a modelo pode considerarse a aposta estética, en absoluto comercial, máis arriscada de Trueba. De momen-to, a súa afouteza foi xa recoñecida coa Concha de Plata a mellor director no Festival de San Sebastián (que lonxe das estrafalarias decisións de xurados anteriores, este ano non deixou mar-char de baleiro ningunha das longa-metraxes máis destacadas e aplaudidas polo público). Unha reflexión sincera e carente de todo artificio acerca de até onde merece a obra de arte ser perse-guida, de até onde merece a vida ser vivida. J. carou

devorada polo bótox que lle serve ao director para amosar no rostro dunha icona sexual e interpretativa do cinema universal o peso do paso dos anos, tan imposíbeis de deter como de reparar as súas consecuencias.

A noite do 19 de novembro de 2009 Fernando Trueba, gañador do Óscar en 1993 con Belle Epoque, recolleu o segundo dos premios Cineeuropa dese ano. A noite do luns anterior, a extraordinaria e comprometida actriz galega Mabel Rivera recollera o seu. O director só precisou cinco minutos para meterse o público no peto con enxeños dialécticos do tipo: “el triunfo del cine es evidente y mayor que el de la Iglesia católica; se imaginan un home-church a la medida de su salón” ou, ao se des-

25CUlTURA CrÍtiCA12 de outubro de 2012

Page 26: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

26 CUlTURA PENSAMENtO 12 de outubro de 2012

1 2 3 4 5 6 7 8

1234567 89

horizontais 1. Colaborar, axudar. 2. Abreviatura dun punto cardinal. tomas alimentos. 3. Artigo determinado. Símbolo químico do rubidio. Do revés, letra grega. 4. Esparexese, diseminase. 5. Cubrir ou vestirse de roupa negra en sinal de dor pola morte de alguén. 6. A mesma letra grega de antes, do dereito. Así escriben os portugueses “non”, mais con acento de nasalidade. Cincocentos en números romanos. 7. Símbolo químico do iodo. Na actualidade, hoxe en día. 8. introduce un cravo. Percibe polo sentido do oído. 9. Aspiran, chupan.

verticais 1. Contracción de preposición e artigo. relativa ás composicións literarias que tratan temas de heroes. 2. Artigo determinado. Do revés, nome de muller. Símbolo químico do rubidio. 3. lingua de …. , lingua provenzal. Sociedade limitada. Unha das formas do presente de indicativo do verbo “haber”. 4. localidade pontevedresa. 5. Embebedar, emborrachar. 6. Nota musical. Cerra un conduto impedindo o paso dun fluído. Símbolo químico do Boro. 7. Proporciona siso ou cordura. Personaxe bíblico. 8. Consoante. Desculpen, escusen.

pAsATEMpOs carlos l. medrano

encrucillado Sopa de letras

So

luci

ón

s H

ori

zon

tais

: p

arte

, bo

cad

o. v

ert

icai

s: c

his

ca,

fr

agm

en

to. t

ran

sve

rsai

s: f

racc

ión

, cac

ho

, an

aco

.

Sete sinónimos de “porción”

Solucións Horizontais: 1.. Cooperar. 2. O. Comes. 3. As. rb. ip. 4. Estrase. 5. Enloitar. 6. Pi. Nao. D. 7. i. Hogano. 8. Crava. Oe. 9. Absorben.

A vixencia da teoría da dependencia

Adrián Sotelo ValenciaSociólogo

A teoría da dependencia é un-ha corrente do pensamento social e crítico latinoameri-cano xurdida na década dos sesenta do século pasado.

Explica a natureza do desenvolvemento do capitalismo e do atraso dos territo-rios periféricos a partir da experiencia la-tinoamericana, no contexto da econo-mía mundial e co obxectivo de atopar un modo de superación desta condición histórico-estrutural, a través do cambio social e mediante transformacións ra-dicais das súas estruturas económicas, sociais e de dominación política.

A súa reflexión enmárcase nos deba-tes sobre a cuestión colonial nas análises de Marx e de Engels; nos dos socialde-mócratas rusos e de Lenin co populismo ruso, a polémica no Segundo Congreso da Internacional Comunista, a teoría do Imperialismo e a cuestión colonial de Rosa Luxemburgo, Hilferding, Lenin e outros; a influencia da revolución chi-nesa en 1949 e do maoísmo. Tamén se deben considerar as discusións sobre a concepción que na CEPAL (Comi-sión Económica para América Latina) se teñen do teorema “centro-periferia” e a influencia da militancia da esquerda revolucionaria, os movementos de libe-ración nacional e da revolución cuba-na que emerxen no curso de finais da década dos cincuenta e principios da dos sesenta do século anterior.

Canto ao contexto histórico, a teo-ría da dependencia xurdiu en Brasil co golpe militar que depuxo o goberno constitucional de Joao Goulart en 1964 e sistematizouse máis tarde en Chile, debido ás condicións favorábeis que alí ofreceu o triunfo do movemento

en vez categorías marxistas, mais de xeito auxiliar ou secundario-- a TMD erixe o seu obxecto de estudo na aná-lise da formación económico-social latinoamericana e na súa subordina-ción á economía capitalista mundial. A súa análise arrinca de inicios da etapa colonial e desde alí comprende os ci-clos postindependentistas (economía baseada na exportación de produtos primarios e de alimentos); o período da industrialización capitalista depen-dente (que opera en dúas fases: du-rante 1930-1945 e de 1945 até 1982) e o réxime de superexplotación do tra-ballo que constitúe a contrapartida da espoliación de recursos en beneficio dos países capitalistas centrais, provo-cando un forte endebedamento exter-no e os desequilibrios estruturais que caracterizan as economías latinoame-ricanas contemporáneas.

Obviamente que a TMD garda unha estreita relación coas loitas pola eman-cipación social e o reclamo popular e da clase traballadora por alcanzar a soberanía política, económica e so-cial como ocorre hoxe en moitos paí-ses do mundo.

Neste sentido a teoría da dependen-cia ten que se proxectar para brindar un horizonte de cambio e de transforma-ción dentro de procesos inéditos eco-nómicos, sociais, políticos e culturais que están emerxendo no continente la-tinoamericano, en Asia, en África --até de xeito sorprendente en Europa-- co-mo verdadeiros movementos a prol da emancipación social e nacional, e for-zas de resistencia perante a feroz arre-metida da globalización do capital e do imperialismo como un todo.

popular e a instalación do goberno da Unidade Popular (UP) en 1970. Para re-matar, en México experimentou un dos seus máis frutíferos períodos durante as décadas dos setenta e oitenta do sé-culo pasado.

Dentro dos autores situados na teoría da dependencia, o esforzo máis desta-cado por edificar os alicerces científi-cos de devandita teoría foi, sen dúbida, o desenvolvido por Ruy Mauro Marini, principalmente no seu libro Dialéctica da dependencia, publicado en México pola editorial ERA en 1973 --xustamen-te-- unha vez que comezase a circular clandestinamente polo continente la-tinoamericano o que revelaba, doutra banda, a súa importancia para a inte-lectualidade latinoamericana daquel momento.

Ruy Mauro Marini sistematizou a teo-ría da dependencia, que define como unha relación de subordinación entre nacións formalmente independentes, en cuxo marco as relacións de pro-dución das nacións subordinadas, son modificadas ou recreadas para asegu-raren a reprodución ampliada da de-pendencia. Polo que a súa superación presupón necesariamente a supresión das relacións de produción que ela im-plica, isto é, o capitalismo e o impe-rialismo. Hai que destacar que a de-pendencia non é unha situación que se poida explicar só como unha "im-posición externa" do capital estranxei-ro ou dos monopolios transnacionais, xa que existe --e remózase constan-temente-- debido a que as burguesías dependentes, como en Latinoamérica, colaboran activamente --e benefícian-se-- desta subordinación para o que

contan en xeral co apoio incondicio-nal dos seus gobernos.

Basicamente existen dúas correntes diferenciadas pola súa concepción que teñen desta: xa sexa entendida como fe-nómeno estrutural e permanente (mar-xista e revolucionaria) ou conxuntural e pasaxeiro (weberiano-reformista), pe-rante a posibilidade de superala no mar-co do sistema capitalista ou na transfor-mación do sistema cara ao socialismo. Á corrente conxuntural, ou do enfoque da dependencia, adscríbense autores ligados á CEPAL. A súa figura máis des-tacada é o ex-presidente de Brasil, Fer-nando Henrique Cardoso dando lugar á denominada escola de São Paulo. A outra corrente da dependencia é a mar-xista encabezada por Marini que propón crear unha teoría marxista da depen-dencia (TMD). A esta última adscríben-se autores como Dous Santos e Vania Bambirra, entre moitos outros.

A corrente encabezada polo chileno Enzo Faletto e Cardoso atribúe o eixo da dependencia e do devir histórico es-trutural á esfera do político por sobre os elementos económicos, a diferen-za da corrente marxista, que centra a súa análise no sistema económico e as súas relacións de produción, de con-sumo e de traballo e de alí proxéctase ao campo políticos.

Outra importante diferenza é o marco teórico que encadra as correntes: men-tres que a corrente do enfoque utiliza un marco teórico weberiano centrado en conceptos como sistemas de do-minación do poder, método histórico comparativo e a construción de tipos ou modelos ideais que resultan ahis-tóricos --aínda que utilicen de cando

Page 27: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

27CUlTURA12 de outubro de 2012

A teoría da dependencia e a realidade galega

Manuel MeraSindicalista

Sen dúbida a Teoría da De-pendencia serve perfecta-mente para analizar a reali-dade económica e social da nación galega. A Dialéctica

da Dependencia de Rui Mauro Ma-rini publicouse en 1973 en México. Malia que a Unión do Povo Galego se baseou sobre todo en textos de Cas-telao, Marx, Engels, Lenin, Mao, Fanon, Memmi, Baran, etc. realizou valora-cións moi semellantes encol das con-secuencias da dependencia colonial de Galiza do Estado español, a prin-cipios da década dos setenta do sé-culo pasado. Por tanto, non foi casual que o movemento nacional-popular galego (MN-PG) considerase a con-signa “traballo digno na nosa Terra” como a máis lóxica e atractiva, para denunciar o desemprego así como a precariedade laboral e os baixos sa-larios. Mesmo nalgún texto se falou de sobre-explotación, e en todos se

luta na súa forma clásica (...). Cómpre sinalar, finalmente, un terceiro pro-cedemento, que consiste en reducir o consumo do obreiro para alén do límite normal (...) implicando así un modo específico de aumentar o tem-po de traballo excedente”.

Coido, e así o teño afirmado en an-teriores artigos, que do mesmo xei-to que Gramsci é unha contribución teórica esencial para analizar as so-ciedades occidentais actuais, a Teoría da Dependencia é unha ferramenta imprescindíbel para entendermos en toda a súa amplitude as consecuen-cias da colonización, máxime nunha realidade en que o 85% da poboación activa forma parte da clase traballado-ra. Aínda restando os directivos, man-dos e persoal de confianza, forzas dos aparellos de seguridade e xustiza, a masa asalariada é hoxe fundamen-tal tanto no aspecto cualitativo como cuantitativo. Daquela, debemos ter

en consideración, que ademais das graves consecuencias sociais das al-tas taxas de desemprego, do inter-cambio desigual, da imposición dun papel subordinado na produción de bens e servizos, de medidas que chu-chan os aforros do país e debilitan sectores económicos estratéxicos, tamén padecemos na Galiza unha super-explotación da masa laboral, que se concreta en: moi baixos sala-rios, xornadas máis longas e ritmos de traballo máis intensivos. E esta si-tuación, aínda sendo menos dramá-tica que a daqueles que carecen de emprego ou son forzados a emigrar, abrangue sectores moito máis amplos e activos da sociedade, polo que en ningún caso se pode esquecer a súa importancia, non só no ámbito sindi-cal, senón en calquera proposta polí-tica alternativa que pretenda avanzar na xustiza social e dar protagonismo á maioría.

consideraba, de xeito reiterativo no ámbito do sindicalismo nacionalista, que a dependencia colonial implica peores condicións laborais e maior taxa de desemprego.

Dinos Marini en Dialéctica da De-pendencia: “O problema que coloca o intercambio desigual para América Latina non é precisamente o de con-trarrestar a transferencia de valor que implica, senón máis ben o de com-pensar unha perda de plusvalía, e que, incapaz de impedila a nivel das rela-cións de mercado, a economía depen-dente reaxe compensándoa no plano da produción interna. O aumento da intensidade do traballo aparece, nes-ta perspectiva, como un aumento de plusvalía, conseguido a través dunha maior explotación do traballador/a e non do incremento da súa capacidade produtiva. O mesmo podemos dicir do alongamento da xornada de traballo, isto é, do aumento da plusvalía abso-

Opinión

Page 28: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

28 CUlTURA viAXES NA MiñA tErrA

O outono esperta na Ribei-ra Sacra coa vendima, coa culminación de meses de traballo, dun traballo do cal só a autosatisfacción,

o amor á terra e o respecto das tradi-cións parecen xustificar o esforzo que implica: en costas case verticais, so-calcos sen máis espazo que o mínimo necesario para que as cepas se poidan desenvolver, parcelas de dimensións reducidas e difícil acceso, aínda que nos últimos tempos xa melloraron moito, e a forza do sol e a seca castigando as plantas e @s cultivador@s.

Unha paisaxe agreste , rochosa, difícil, domesticada pola forza e a imaxinación da xente nas abas solleiras; e silvestre, primitiva e invariábel onde, aparente-mente, non se lle puxo man. Humana, humanizada

Vides e viñas coidadas con tanta de-dicación e tanto esmero que por veces unha persoa, observadora e allea, du-bida se son cultivo ou decoración: non hai unha folla de máis nin un acio sen a súa ración de sol, non se ve nin unha mala herba que distraia a liña da mira-

Outono na Ribeira Sacra

As vides expresan o esmero da man d@ viticultor@.

12 de outubro de 2012

Autores: Colectivo XEA (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta)Imaxes: Colectivo XEA

Páxinas

patrocinadas pola

Vicepresidencia

Primeira da

Deputación de

Lugo. Área de Cultura e turismo

da, que goza admirada da perfección. Uns viñedos que gabean cada día máis, e máis modernizados, e máis extensos, polas abas solleiras dos canóns do Mi-ño e do Sil, revitalizando espazos que estaban hai uns anos botados a perder e que neste momento permiten agoi-rar un futuro de vida para moitos dos lugares do contorno.

E pasada a vendima, antes de perder a folla, cada caste vístese coa súa cor e cobren as paredes de vermellos purpú-reos e amarelos dourados, unha festa de cores que se completa coas das ár-bores: bidueiros, salgueiros, carballos e castiñeiros, que compiten con elas desde as abas sombrizas.

Para gozar de toda esta fermosura podemos facer moitos percorridos. Neste caso propoñemos seguir as es-tradas e pistas que máis se achegan á ribeira dos ríos Miño (desde Belesar, en Chantada) e Sil (desde Sober). Podemos contemplar as espectaculares paisaxes dos canóns desde algún dos miradoiro ou baixar até algún dos embarcadoiros, facer un paseo en algún dos barcos ou botarnos a andar por calquera dos ca-

miños que discorren entre as viñas. Ta-mén aproveitar para visitar algunha des igrexas románicas máis primitivas que se atopan neste contorno.

a denominación de orixe ribeira sacra

Os viños da Ribeira Sacra teñen sona desde tempos antigos. Xa foron degus-tados polos romanos e perfeccionados polos monxes dos numerosos mostei-ros que se atopan nesta zona. Sufriron a crise da filoxera e, despois dunha épo-ca de esmorecemento, volven rexurdir nos últimos tempos acollidos e promo-cionados pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra, desde1996. Estes viñedos producen caldos de excelente calida-de entre os que destacan os godellos (brancos) e os mencías (tintos).

DÍAs DE vEnDIMA E cOR

Raíl e carriño para o carrexo das uvas no Canón do Sil en Amandi (Sober). @s viticultor@s solucionan con enxeño as dificultades que lles impón a natureza aplicando as novas técnicas.

Page 29: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

29CUlTURA viAXES NA MiñA tErrA12 de outubro de 2012

O froito das viñas, separado por castes, emprende o camiño da adega.

Vide en outono.

Viñedos e pequenas adegas na baixada a Belesar.

Nas proximidades de Belesar aínda se pode atopar algunha das barcas tradicionais que transportaban materiais para as viñas e o froito da vendima ás adegas.

Socalcos e muras. O traballo de séculos segue a protexer os froitos de hoxe.

Vista do canón do Sil desde o miradoiro da Ribeira Sacra en Sober.Raíl e carriño para o carrexo das uvas no Canón do Sil en Amandi (Sober). @s viticultor@s solucionan con enxeño as dificultades que lles impón a natureza aplicando as novas técnicas.

Page 30: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

30 CUlTURA DE DESEñO

Imaxes: LDLola Dopico

“El vuelo del Erizo”: A segunda vida das cousas

A preocupación polo medio ambien-te e unha fonda conciencia sobre a necesidade de dar coas chaves que permitan camiñar cara a un mundo máis sostíbel son os conceptos fundacionais que están na orixe de El vuelo del Erizo. Esta marca xur-dida en Vigo fai complementos , mochilas e bolsos partindo dunha premisa ben simple: reutilizar e re-ciclar. Os seus compoñentes non proceden do deseño nin do marke-ting, mais afrontaron unha das liñas de traballo en que o deseño actual está comprometido coa reutilización e a procura dun produto máis efi-ciente cara ao seu percorrido na na-tureza. Como dotar dunha vida útil máis longa o produto que teñen un corto percorrido no seu uso e, con todo, unha longa durabilidade como material? Esta cuestión volveuse en moitos casos central para firmas de moda internacional , creador@s co-mo Martin Margiela, á fronte da súa Maison, hai tempo que emprendeu a vía de recuperar produtos que a moda xa expulsara do seu ciclo de consumo introducíndoos de novo, desmontándoos e utilizando compo-ñentes e materiais. Os seus deseños artesanais empregan moitas veces como material tecidos vellos ou re-ciclados, e mesmo de refugallo que reintroduce na cadea de valor nunha concepción da moda afastada dos seus aspectos máis comerciais, que despreza o luxo convencional a prol dunha poética da creatividade.

Repensar, reinventar, reelaborar ou transformar, son algúns elementos da linguaxe que identifican tamén o traballo de El vuelo del Erizo, un discurso intelectual que se sustenta na fonda convicción de que temos que ser quen de crear produtos mais respectuosos co medio ambiente, sen ter que renunciar por iso a un resultado coidado e atractivo.

Neste caso a orixe estivo na ob-servación do contexto urbano on-de as lonas publicitarias se utilizan uns poucos meses, ás veces aínda menos, e xa son desbotadas. Ao se decatar do impacto do refuga-llo xerado polo material de PVC ou téxtiles dos cales están feitos estes soportes publicitarios, xurdiu a idea desta firma para traballar a partir da

pUNTOS de VeNdA:

En una nube-Vigo

SipiNopi-Cangas

Zarza-Vigo

Tarantina-Vigo

Terra do Baol-Vigo

Cousas da Terra-Ames

Haberlas Haylas-Compostela

Chicle-Salamanca

http://www.tienda.elvuelodelerizo.com

http://www.facebook.com/

ELVUELODELERIZO

12 de outubro de 2012

súa reutilización. Desde os seus ini-cios desenvolveron unha investiga-ción continua en produtos, amplian-do o catálogo a fundas do Ipad, as orixinais mochilas, bolsas especiais para deportes... Todas as pezas es-tán realizadas con materiais reuti-lizados que teñen unha longa du-ración e reúnen tamén condicións de impermeabilidade que os fan idó-neos para as bolsas e gran variedade cromática e diferenciación, non hai dous idénticos.

Transformar para dotar dunha se-gunda vida, ese é o cerne do proxec-to e a partir de aí os emprendedo-res líderes desta firma asómanse a novas sinerxías, colaboracións con deseñador@s e creador@s extern@s, proxectos especiais para outras mar-cas e novos produtos, todo iso con-servando unha identidade definida pola vontade de recuperar e reuti-lizar e tamén de facer sostíbel a produción. Unha produción locali-zada en Vigo no seu obradoiro e no seu propio entorno, como forma de garantir o baixo impacto ecolóxi-co desta.

Esta marca viguesa asume un dos retos chaves do deseño actual, un-ha relación responsábel co entorno en que se insire a produción e tamén cun dos debates máis interesantes arredor da decadencia do modelo de consumo maioritario das últimas décadas. O deseño ten que ser in-novación, agora máis que nunca .É posíbel que unha das obrigas do des-eño actual sexa rebaixar a continua riada de novos produtos e buscar vías para a reutilización de materiais industrias que aínda se poden dotar dunha segunda vida..

Page 31: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

31CUlTURA OkAPi NO COUrEl

Barriga Verde volve a Lugo polo San Froilán

Imaxes: Arquivo históricoCarme Vidal

5 de outubro de 2012

Se hai unha imaxe festeira que faga agromar o sorriso de moitas mulleres e homes que eran crianzas antes de 1964 ese é Barriga Verde, o monicreque que José Silvent paseaba polas festas galegas coa súa barraca. Un daqueles cativos que quedou marabillado con aquel engado era Manuel María que, no outono de 1936, atopou a maxia no San Froilán en forma de monicreque. O li-bro Barriga Verde, Manuel María e o San Froilán (concellaría de Cultura de Lugo) achéganos a ese feliz encontro.

Tiña sete anos naquel outono en que, como era tradición, Manuel María viaxa-ba de Outeiro de Rei a Lugo para partillar das festas de San Froilán. Desta volta, algo quedaría para sempre gravado na súa memoria, o encontro con Barriga Verde e a barraca de José Silvent que, xa daquela, percorría as festas galegas como unha illa no medio dun grande océano. Canda a familia Silvent ía a ilu-sión, a maxia e, tamén, o galego, para abraiar aínda máis nenas e nenos que vían como os monicreques fala-ban na súa lingua.

“Teño bonecos de goma, / de cartón e de papel. / ¡Cháman-se Barriga Verde, /Bululú e Tía Isabel…!”. Barriga Verde apare-ce desta maneira nos versos de Manuel María, mais tamén se-rá o protagonista da peza tea-tral publicada en 1968 titulada Barriga Verde. Farsa para bone-cos, unha homenaxe á personaxe que facía que lle brillasen os ollos a tant@s nen@s e que tamén a el lle producira aquela alegría do San Froilán.

De todo este feliz encontro dá conta Barriga Verde, Manuel Ma-ría e o San Froilán, un título pu-blicado pola concellaría de Cul-tura do concello de Lugo en que José Luís Calvo nos achega á festa, ao escritor e ao teatro de monicreques, que chegou da man de Silvent. “Sóbranlle os méritos para estar no máis alto do podio da historia da nosa cultura” comenta o autor, ao tempo que lamenta o esquecemento que durante tanto tempo se teceu so-bre a súa figura.

Malia iso, malia a falta de recoñece-mento de Silvent e o seu Barriga Verde, a súa sombra colleu ar de mito, de figu-ra inesquecíbel varada noutro tempo. Naceu José Silvent en 1890 e de no-vo chegou e quedou en Galiza, onde conduciu a familia enteira polo mundo da farándula, da mesma vocación que xa sentira nas persoas que habitaban a casa onde naceu. Aínda novo colleu a barraca para levar o teatro polas festas,

Xxxxxxx

dos mellores momentos da súa infan-cia, cando os xoguetes eran máis ben escasos, libros poucos e espectáculos case ningún, a non ser o daquel home amábel que, de cando en vez, aparecía para que a vida cambiase de cor.

O San Froilán conmemora así a figura de Barriga Verde no ano en que a súa

historia foi protagonista do documental Morreu o demo, acabouse a peste, di-rixido por Pedro Solla e producido por Tintimán, arredor da historia da barraca que entre o 1910 e o 1960 viaxou polo país enteiro facendo felices @s nen@s desde as festas da Peregrina de Ponte-vedra á Ascensión de Compostela ou ao San Froilán de Lugo, a festa das fes-tas. Para a longametraxe botaron man da barraca reconstruída pola compañía Viravolta representando a que levaba por toda a parte a familia Silvent, con que a compañía de Lalín quixo home-naxear ese pioneiro no teatro dos mo-nicreques.

creando o seu personaxe Barriga Ver-de ao que lle daría vida en multitude de pezas, cando a familiar compañía ía de cidade en cidade, de vila en vila no seu Fiat, Chebrolet, Dodge ou no pequeno camión da casa Barreiros, como conta José Luis Calvo no seu libro, publicado para as festas do San Froilán. Así transco-rreu a vida de José Silvent, o mago dos monicreques, até que en 1964 decidiu deixar a súa barraca para de manipular a Barriga Verde de praza en praza. A súa historia desapareceu por tempo, mais mantívose viva nos ollos e a memoria dos centos e centos de nen@s que es-coitan o nome de Barriga Verde e bo-tan un sorriso ao se lembraren dalgúns

Arriba: Fondo Vega.Dereita: Fondo Vega.

Esquerda: Manuel María de neno.Abaixo: José Silvet Martínez, finais dos

anos 50.

Page 32: Goodbye Feijóo? · Preferentes: as voces que nin Feijóo nin Castellanos queren escoitar. pÁx. 12-13 O PP adxudica 1.500 axudas a domicilio que non vai poder pagar. pÁx. 18 Entrevistas

consello de Administración Nemésio Barxa, Paula Castro, Xoán Colazo, Xoán Costa, Pura Ferreño, isabelle kerdudo, rubén Camilo lois, Manuel Mera, Francisco Miranda, Néstor rego, Marga romero, Olalla rodil e Xurxo Souto.Deseño e maquetación Ángela Costas e María Sabarís.

Enderezo rúa do Preguntoiro, 9 1º Santiago de Compostela.correo-e [email protected] Teléfono 981 51 91 02Edita Sermos Galiza S.A. Depósito legal C 955-2012www.sermosgaliza.com Twitter @SermosGaliza facebook sermosgaliza

"No dezaseis manéxase moita información mais eu gardo os segredos profesionais"

Imaxe: Marcos GuisasolaCarme Vidal

Suso Dezaseis

Xesús Coba Castallar 'Suso Dezaseis'

Saber cantas persoas Xesús Coba Cas-tallar, máis coñecido como Suso Deza-seis, coñece e trata co nome e apelidos é tarefa imposíbel. Alma do restaurante O Dezaseis, na compostelá rúa de San Pedro, polas mesas que atende pasan centos de persoas cada día, unha boa parte delas do mundo do xornalismo e a política, un fervedoiro nunha cam-paña electoral. Mesmo hai quen di que os resultados electorais máis fiábeis se coñecen en primeira instancia no Deza-seis. Suso é fonte para xornalistas aínda que se gaba de gardar os seus “segredos profesionais”. Canto pode, fala da súa paixón por Francisco Jorquera, para el, o mellor candidato.

defíname o dezaseis.Unha casa de amigos. Sempre que te-ño oportunidade quero agradecer a to-das as persoas que nos envían aquí tu-ristas. Cando levas tanto tempo como nós abertos xa tes moitos amigos que acaban sendo familia.

Cal é o segredo do éxito?Un pouco todo. O local, a atención e a comida. Facemos cociña galega sen abusar da innovación nin quedar no de sempre. Tamén a traxectoria, que che dá un abano moi grande de clientela.

Hai persoas que se deixan ver por aquí case todos os días...Hai. Temos unha clientela variada, po-líticos, xornalistas, funcionarios, parte do clero...

xornalistas e políticos! Non é mala mes-tura en campaña electoral!Aquí manéxase moita información. Mes-mo se pode ir facendo un inquérito per-soal e confeccionar o que poden ser os resultados. Eu teño a miña aposta!

Sei de persoas que veñen aquí para sa-ber, para buscar información.Este é un punto de encontro e pode que vexas e atopes un político, un artista... e se estás aquí descobres cousas, cla-ro está.

moito se debeu tramar no dezaseis. Ten idea dalgún proxecto, algunha deci-sión importante que se tomase nes-

O importante é saber administrar a in-formación. Esta é a clave.

entón, veñen traballar aquí ?Ti podes dar e eu tamén che dou, mais son unha persoa fiel. Teño moitos se-gredos profesionais. Cando unha per-soa confía en min, me conta cousas e sabe que eu gardo o recado, pois con-tinúa confiando. Sei moitas cousas an-tes de que saian publicadas nos xornais. Como me dicía un profesor de xorna-lismo, estou a punto de gañar a cáte-dra... (risas)

Vostede di que aquí veñen políticos de todas as cores, mais eu retrúcolle que en especial dunha.Si, do BNG. Esta mesa en que falamos é a que eu chamo do politburó. Era a me-sa de Luis Obelleiro, un home que me marcou moito. A quen quixen e de quen tanto aprendín. Xunto con Xabier Abalo e Paco Jorquera, son persoas dunha no-breza sublime, sincera, honesta.

Francisco Jorquera, agora candidato a presidente. Coñéceo ben? Que desta-caría del?Só che digo unha cousa: se o electorado deste país puidese ter o coñecemento de Jorquera que teño eu, outro galo can-taría. Gaña moito en distancias curtas. A Jorquera definiríao como unha persoa nobre, moi traballadora. Cando fai unha cousa ou toma unha decisión, sempre o

argumenta até que acaba convencendo. Non fala por falar. Se digo que é intelixen-te e boa persoa, quedo curto. Desde hai moitos anos tiña a certeza de que ía ser un bo líder dentro do BNG. É o mellor candidato que se podía escoller.

do mundo da política nunca faltan nas mesas, agora, da música tampouco. dí-game os asiduos.Moita xente, mais Uxía, poño por caso, é como miña irmá. Tamén Guadi Gale-go, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Guancho ou tantos outros. As primeiras que coñecín aquí foron as Leilía e quedei impresionado. Era a forza das mulleres galegas na música ao vivo.

Cónteme algún proxecto musical que se teceu no restaurante.Recente? O disco A Cada Canto. Es-pectacular.

Nalgúns deles vostede participou.Non participo, o que fago é procurar apoiar. Ás veces fanme caso no que digo porque falo desde o corazón. Sempre axudando, sempre construíndo.

pódeme dicir algún momento impor-tante que lembre na historia do restau-rante?Quedei marcado o 11 de setembro coa caída das Torres Xemelgas. Aquel día había moitos políticos, -estaban os al-caldes nacionalistas-, moitos artistas e xornalistas... Todo o mundo marchou correndo, sen sobremesa nin café. O restaurante estaba cheo e de repente ficou baleiro.

e algún especialmente emocionante para vostede?Agora lembro o día en que vin baixar a Al-fredo Suárez Canal polas escaleiras des-pois dos incendios do ano 2006. Cando rematou aquela tolería toda. Apureime a achegarme a el e darlle unha aperta. Aquel momento quedoume especial-mente gravado e é o que me vén ago-ra á cabeza. Levaba tempo sen vir e eu sabía o mal que o pasara.

existe vida fóra do dezaseis?Son agroman. Estar na aldea coa miña nai -de quen tanto aprendo- e os veci-ños, encántame. Teño un grande ape-go á terra. O domingo que vou alá é o día que máis madrugo. Na aldea tamén estou feliz.

tas mesas?Aquí houbo unións, divisións, naceron proxectos... Eu non sei todo, claro está, mais sei que aquí se cociñaron proxec-tos políticos, culturais... Nesta casa na-ceron moitas cousas.

Vostede é a alma do dezaseis, mesmo o incorporou no nome. É quen de imaxi-nar a súa vida fóra de aquí?Cústame moito. Esta é a miña casa. Che-guei con 24 anos e aquí me formei. Can-do collo días, para ir a vendima, poño por caso, sempre penso no que me estou a perder, na xente que pasa sen que eu a atenda. Venme á cabeza o que esta-rá pasando no Dezaseis entrementres non estou.

de estar fóra, entón, en campaña elec-toral, nin falemos, non é?Non. En campaña electoral é importante que eu estea no Dezaseis. (risas)

Como está vendo a campaña?Con mágoa pola desafección que a xen-te ten da política e a xente que se dedica a ela. Creo que van ser unhas eleccións en que a abstención vai ser grande.

estiven consultando o seu twitter e que-dei abraiada da cantidade de xornalis-tas que o seguen. É vostede boa fonte de información?Presumo de ser amigo de moitos deles e de ter moi bos amigos no xornalismo.