glosario tics

3
-IoT: É un concepto que se refire á interconexión dixital de obxectos cotiáns con internet. Alternativamente, Internet das cousas é o punto no tempo no que se conectarían a internet máis “cousas ou obxectos” que persoas. Tamén adoita referirse como a internet de todas as cousas ou internet nas cousas. Se os obxectos da vida cotiá tivesen incorporadas etiquetas de radio, poderían ser identificados e xestionados por outros equipos, da mesma maneira que se o fosen por seres humanos. -M2M: É un concepto xenérico que se refire ao intercambio de información ou comunicación en formato de datos entre dúas máquinas remotas. -VoIP: Categoría de hardware e software que permite á xente utilizar Internet como medio de transmisión de chamadas telefónicas, enviando datos de voz en paquetes usando o IP en lugar dos circuítos de transmisión telefónicos.Hai moitas aplicacións de telefonía por Internet dispoñibles, unha das máis utilizadas é Skype. -WWW: Son as iniciais que identifican á expresión inglesa World Wide Web, o sistema de documentos de hipertexto que se atopan enlazados entre si e aos que se accede por medio de Internet. A través dun software coñecido como navegador, os usuarios poden visualizar diversos sitios web e navegar a través deles mediante os hipervínculos. -TCP/IP: Denominación que permite identificar aos grupos de protocolos de rede que apoian a Internet e que fan posible a transferencia de datos entre redes de computadores. En concreto, pode dicirse que TCP/IP fai referencia aos dous protocolos máis transcendentes deste grupo: o coñecido como Protocolo de Control de Transmisión (ou TCP) e o chamado Protocolo de Internet (presentado coa sigla IP). -HTTP: HyperText Transfer Protocol (Protocolo de transferencia de hipertexto) é o método máis común de intercambio de información na world wide web, o método mediante o cal se transfiren as páxinas web a un computador. -SMTP: (Protocolo para transferencia simple de correo) É un protocolo de rede utilizado para o intercambio de mensaxes de

Upload: ivan-lorenzo-catoira

Post on 16-Apr-2017

7 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Glosario TICs

-IoT: É un concepto que se refire á interconexión dixital de obxectos cotiáns con internet. Alternativamente, Internet das cousas é o punto no tempo no que se conectarían a internet máis “cousas ou obxectos” que persoas. Tamén adoita referirse como a internet de todas as cousas ou internet nas cousas. Se os obxectos da vida cotiá tivesen incorporadas etiquetas de radio, poderían ser identificados e xestionados por outros equipos, da mesma maneira que se o fosen por seres humanos.

-M2M: É un concepto xenérico que se refire ao intercambio de información ou comunicación en formato de datos entre dúas máquinas remotas.

-VoIP: Categoría de hardware e software que permite á xente utilizar Internet como medio de transmisión de chamadas telefónicas, enviando datos de voz en paquetes usando o IP en lugar dos circuítos de transmisión telefónicos.Hai moitas aplicacións de telefonía por Internet dispoñibles, unha das máis utilizadas é Skype.

-WWW: Son as iniciais que identifican á expresión inglesa World Wide Web, o sistema de documentos de hipertexto que se atopan enlazados entre si e aos que se accede por medio de Internet. A través dun software coñecido como navegador, os usuarios poden visualizar diversos sitios web e navegar a través deles mediante os hipervínculos.

-TCP/IP: Denominación que permite identificar aos grupos de protocolos de rede que apoian a Internet e que fan posible a transferencia de datos entre redes de computadores. En concreto, pode dicirse que TCP/IP fai referencia aos dous protocolos máis transcendentes deste grupo: o coñecido como Protocolo de Control de Transmisión (ou TCP) e o chamado Protocolo de Internet (presentado coa sigla IP).

-HTTP: HyperText Transfer Protocol (Protocolo de transferencia de hipertexto) é o método máis común de intercambio de información na world wide web, o método mediante o cal se transfiren as páxinas web a un computador.

-SMTP: (Protocolo para transferencia simple de correo) É un protocolo de rede utilizado para o intercambio de mensaxes de correo electrónico entre computadoras ou outros dispositivos (PDA, teléfonos móbiles, impresoras, etc).

-POP3: (Protocolo de Oficina de Correo ou "Protocolo de Oficina Postal") É un protocolo de rede utilizado para o intercambio de mensaxes de correo electrónico entre computadoras ou outros dispositivos (PDA, teléfonos móbiles, impresoras, etc).Debido a que las dos primeras versiones del protocolo quedaron obsoletas con el paso del tiempo, hoy se lo suele indicar simplemente como POP3.

-FTP: É un dos diversos protocolos da rede Internet, concretamente significa File Transfer Protocol (Protocolo de Transferencia de Ficheiros) e é o ideal para transferir grandes bloques de datos pola rede.

Page 2: Glosario TICs

-SSH: (Secure Shell ó intérprete de ordes seguro) é o nome dun protocolo e do programa que o implementa, e serve para acceder a máquinas remotas a través dunha rede. Permite manexar por completo a computadora mediante un intérprete de comandos, e tamén pode redirixir o tráfico de X para poder executar programas gráficos se temos un Servidor X (en sistemas Unix) correndo.

-IPv4:( Protocolo de Internet versión 4) É a versión actual do protocolo de Internet, o sistema de identificación que utiliza Internet para enviar información entre dispositivos. Este sistema asigna unha serie de catro números (cada un dos cales está comprendido entre 0 e 255) a cada dispositivo.

-IPv6: Sexta versión do protocolo IP, sucesora do IPv4. Cumpre a misión do IPv4 , exceptuando que este utiliza 128 bits para as direccións, é dicir, IPv6 pode conectar até 2 elevado a 128, o que supón unha ampliación do número de direccións dispoñibles a unha cantidade practicamente ilimitada.

-Web 4.0: Páxinas, actualmente en desenvolvemento, que pretende engadir intelixencia artificial, imaxes en tres dimensións e linguaxe natural ás páxinas anteriores (Web 1.0;Web 2.0;Web 3.0). O seu obxectivo é a integración de Internet das Cousas, co que se producirá a comunicación entre máquinas ou outros sitios web , etc...

-SEO: (Search engine optimization) Técnicas utilizadas para que unha páxina web apareza nas primeiras posicións de resultados en buscadores como Google, Yahoo! ou Bing. Este feito favorece que reciba máis visitas, xa que pode ser localizada con maior facilidade.

-QR: (quick response) Tipo de códigos de barras bidimensionais que facilitan os accesos a sitios web e a outro tipo de información online. Os códigos codifican direccións web, textos, vídeos, imaxes, etc...Pódense xerar por medio de calquera dos diversos sitios web que ofrecen este servizo e, para lelos, empréganse aplicacións de escaneo gratuítas.

-VoIP: Tecnoloxía utilizada para enviar voz dixitalmente a través de redes IP, o que permite utilizar a conexión de Internet desde o computador coma se tratásese dun teléfono. Tamén se poden levar a cabo a través da rede en lugar de usar as redes de telefonía convencionais.