galiña primaria

35
galiña gallina hen

Upload: monadela

Post on 13-Jul-2015

66 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Galiña primaria

galiñagallina

hen

Page 2: Galiña primaria

A galiña é unha ave de tamaño medio co corpo redondeado groso, cuberto de prumas de cor variable (brancas, grises, castañas...). Os machos son máis grandes, teñen a plumaxe máis vistosa, os apéndices da cabeza máis grandes e un esporón nas patas.O peso pode variar entre 1,5 a 4 kg nas femias e entre 2 e 6 kg nos machos.

Page 3: Galiña primaria

CABEZA: oval pequena

PATAS: fortes,Pé cuberto de escamas Dedos con unllas robustas (tres dirixidos cara adiante e un para atrás).

PESCOZO: cilíndrico, longo e xeralmente dobrado en “S”.

TRONCO: oval, pesado.

RABO: curto coas prumas longas, rectas nas galiñas e con forma de fouce nos galos.

ÁS: curtas e redondeadas.

Crista

Barbas

Page 4: Galiña primaria

Oído: sen pabellón externo e cuberto coas prumas.

Crista: apéndice carnoso de cor encarnada, de forma e tamaño variables segundo a raza. Sempre son máis grandes nos machos.

Orellas ou orelleiras: nalgunhas razas son brancas..

Barbas: encarnadas e de tamaño variado, máis grandes nos machos.

Ollos: vivos, con tres pálpebras, unha case transparente que se move lateralmente e serve para limpar o ollo, e dúas grosas que serven para cubrilo.

Peteiro cónico, curto, forte, coa punta afiada e dobrada cara abaixo.

Page 5: Galiña primaria

trapecio

dorsaisglúteo

xemelgos

abdominais

tricepsmastigadores

MÚSCULOS

bíceps femoraldeltoide

extensor

pectoral

biceps

Page 6: Galiña primaria

vértebras

cránio

maxilaromóplato

húmero

cúbitoradio

carpometacarpo

falanxes

costelas

esternón

pelve

fémur

tibia

peroné

tarso

falanxes

ESQUELETO

sacro

metatarso

Os osos son moi lixeiros.

Page 7: Galiña primaria

ÓRGANOS INTERNOS

Page 8: Galiña primaria

ovo

APARATO REPRODUTOR

MACHO FEMIA

ovarios

cloaca

testículo vesícula seminal

oviduto

cloaca

ril

recto

recto

Page 9: Galiña primaria

A galiña camiña apoiando os dedos. Ocasionalmente axúdase coas ás para dar saltos, equilibrarse cando corre ou para baixar de sitios altos.

O récord de voo dunha galiña está en 90 metros.

pata de galo

esporón

Page 10: Galiña primaria

SENTIDOSTeñen ben desenvolvidos a vista e o oído.Cando queren fixar a atención en algo xiran a cabeza e enfocan cun so ollo.

Page 11: Galiña primaria

Emiten distintos tipos de sons para comunicarense. O máis coñecido é o “qui-qui-ri-quí”, a chamada do galo que serve, sobre todo, para marcar o territorio e atraer ás femias.

As femias cacarexan cando poñen os ovos ou cando se asustan e para comunicarse entre elas.

Os pitos “pían” con diferentes intensidades para chamar, para manterse en contacto ou cando están acochados ao calor da nai.

Page 12: Galiña primaria

COSTUMESVive en grupos formados normalmente por varias femias e un só macho (galo).

Page 13: Galiña primaria

Dase baños de area para liberarse dos parásitos: fai pozas nas que se deita e, coa axuda das patas, mete a terra entre as prumas para limpalas.

Cando fai frío ou están molladas déitanse ao sol postas de lado e estirando as ás.

Cando teñen moita calor regulan a temperatura mantendo o peteiro aberto para refrescarse.

Page 14: Galiña primaria

ALIMENTACIÓNA galiña aliméntase de herba, grans, restos de comida, verdura, miñocas, penso,…O alimento máis común que se lles da nas casas galegas é o millo. Para os polos pequenos móese gordo para facer “picón”.Cando teñen ocasión buscan comida e desénterran co peteiro ou escarabellando coas patas (espurruñando) sementes, insectos, miñocas... cloaca

moegapapo

Page 15: Galiña primaria

Nos galiñeiros industriais son alimentadas con pensos.

Page 16: Galiña primaria

REPRODUCIÓNAs galiñas reprodúcense por ovos que poñen nun niño feito no chan ou nun lugar protexido, xeralmente durante a primavera e o verán.

O número de ovos varía segundo a raza. A maioría das galiñas pon un ovo cada dous días, as poñedoras poñen unha media de 200 ao ano e algunhas poden poñer ata 300 ovos.

Page 17: Galiña primaria

Casca caliza, porosa, fina e resistente..

O OVOO ovo é unha célula xigante que pode variar entre 35 e 75 gr.

Clara: líquido visgoso e incoloro.Xema: de cor amarela, máis densa. Reserva de alimento do embrión.

Xerme: núcleo a partir do que se desenvolve o embrión.

Membranas que protexen e illan do exterior.

Cámara de aire: faise máis grande a medida que o ovo é máis vello.

Page 18: Galiña primaria

Xeralmente unha vez no ano, avanzada a primavera ou a comezos do verán a galiña choca, auméntalle a temperatura do corpo e déitase sobre os ovos para incubalos.

Unha galiña incuba de cada vez a cantidade de ovos que caben debaixo dela (niñada), arredor dunha ducia, aínda que en ocasións pode pasar de 20.

Page 19: Galiña primaria

As crías das galiñas desenvólvense no interior do ovo durante 21 días.

Page 20: Galiña primaria

Os polos nacen cubertos de plumón fino e seguen á nai que os ensina e protexe. Os pitos acóllense dabaixo da nai para descansar, ao abrigo das súas ás.

Page 21: Galiña primaria

NOMESFemia: galiña, pita.Macho: galo.Pequenos: pitos.Grupo de pitos: rolada ou niñada.Novos (de mediana idade): polos e polas.Capóns: exemplares machos que se capan e se ceban.

Page 22: Galiña primaria

Existen numerosas variedades de galiñas con distintas aptitudes: produción de carne, ovos, ou ornamentais.

Page 23: Galiña primaria

GALIÑA DE MOSRaza autóctona galega orixinaria de Castro de Rei (Lugo), de cor castaña crara e crista en piña, boa produtora de carne e moi boa nai. É a raza que cría os capóns de Vilalba.

RAZAS

Page 24: Galiña primaria

GALIÑA DE PESCOZO ESPIDO: orixinaria de Persia e da India, chamada en moitos lugares de Galicia galiña portuguesa

LEGHORNA típica galiña branca. De orixe italiana.

WARREN:É a que se utiliza na maioría das granxas de poñedoras.

BROILERNa actualidade é a galiña de carne máis criada.

Page 25: Galiña primaria

GALO YOKOHAMA. É unha raza de adorno que se cría no Xapón pola lonxitude que acadan as prumas do rabo do macho, que pode chegar a medir máis de 5 metros. O récord está fixado en 15 metros.

Page 26: Galiña primaria

HISTORIAA domesticación da galiña comezou hai máis de 4.000 anos na India, onde aínda vive en estado silvestre o “Gallus bankiva” do que procede.Desde a India extendeuse a todo o mundo.

Sta Baia de Bóveda

Gallus bankiva

Page 27: Galiña primaria

Actualmente críanse de forma intensiva en grandes granxasEn Galiza críanse máis de 55 millóns de polos ao ano. Ademais existen máis de catro millóns de galiñas poñedoras que producen case 98 millóns de ovos ao ano.Ademais segue habendo pequenos grupos en case todas as casas de campo.

Page 29: Galiña primaria

O ovos teñen un gran valor alimenticio. Teñen moitas proteínas, graxas, vitaminas (agás a C), calcio, ferro, e fósforo.

AS GALIÑAS E AS PERSOASAs galiñas son criadas pola súa dobre utilidade como fontes de alimento para o aproveitamento dos ovos e a carne. Tamén se aproveita o esterco dos galiñeiros como fertilizante para o campo.

Page 30: Galiña primaria

Nas casas as galiñas viven xeralmente en currais.Os galiñeiros son pequenas construcións pechadas e telladas habilitadas con pousadoiros (poleiros) e niños. Úsanse para gardar as galiñas pola noite. Ás veces complétanse cun recinto valado.

Page 31: Galiña primaria

REFRÁNS:-Gran a gran, a galiña fai o papo.-O polo de xaneiro polo San Xoán está comedeiro.-A galiña vella fai o mellor caldo.-Caldo de galiña, para o enfermo a mellor mediciña.-Por Santa Mariña deita a túa galiña.-Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo.-Ovos fritos non dan pitos.-Polo San Antón a galiña pon.

TRADICIÓN ORAL

Page 32: Galiña primaria

DITOS:

-Cando mexen as galiñas.

-Ser un galo

-Ser un galiña

-Deitarse coas (ou canda) galiñas.

-Porse a carne de galiña.

Page 33: Galiña primaria

ADIVIÑAS:

Unha señora moi enseñoreada, chea de remendos e sen unha puntada (A GALIÑA)

Cocorico ten pés, cú e bico, e os fillos de cocorico non teñen pés, nin cú, nin bico (A GALIÑA E OS OVOS)

Érguese á mañanciña, déitase ao anoitecer, tatarexa cando fala e da cousas de comer (A GALIÑA) .

Alto, alteiro, gran cabaleiro, gorro lucido e espora de aceiro (O GALO)

Unha caixiña redonda, branca coma o azahar, ábrese moi facilmente e non se pode pechar (O OVO).

Branco coma o cal, todos o saben abrir, ninguén o sabe pechar (O OVO).

Unha casiña branca, sen porta nin tranca (O OVO)

Page 34: Galiña primaria

CANTARES:

Miña nai e mais a túaquedan no río berrando (ou na eira…)por culpa dunha galiñaque ten amores co galo.

Unha vella no corralcun peido matou a un polo,e se non llos quitan de adiantemata galiñas e todo.

Page 35: Galiña primaria

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, InternetDEBUXOS: Mon DaportaDecembro 2014