folleto edestrezas ourense - universidade de vigo · 2019-07-31 · con matlab este curso pretende...
TRANSCRIPT
Programa de formación en competencias dixitais_ Onshape_ Impresión 3D _ Matlab
2019/2020Campus de Ourense
Patrocinan
Programa de formación en competencias dixitais_ Onshape_ Impresión 3D _ Matlab
Programa de formación orientado ao desenvolvemento e mellora das competencias dixitais do alumnado, PDI e PAS da Universidade de Vigo.
Fundamentos de deseño 3D na nube con Onshape
Este curso persegue proporcionarlle ao estudantado os fundamentos de deseño 3D, de forma colaborativa e en tempo real na nube, mediante a ferramenta Onshape. Abordaranse conceptos relacionados coa elaboración de esbozos, planos, ensamblaxes etc. • Do 1 de outubro ao 19 de novembro• Martes, de 16.00 a 21.00 h (40 horas)
Iniciación práctica á impresión 3D
Este curso pretende dotar ao alumnado dos coñecementos da tecnoloxía de impresión necesarios para deseñar e fabricar as súas propias pezas en 3D. Tamén se ensinará a montar unha impresora 3D desde cero e recoñecer os elementos que a compoñen. E tamén permitirá identificar os problemas habituais de funcionamento e como corrixilos. • Do 5 de novembro ao 10 de decembro• Martes, de 16.00 a 21.00 h (30 horas)
Fundamentos e principios de cálculo científico con Matlab
Este curso pretende familiarizar ao alumnado no uso do software científico Matlab e o seu ámbito traballo. Traballaranse, entre outros, conceptos relativos a contorna de usuario, comandos, variables, vectores, matrices, gráficos, arquivos, scripts e funcións.• Do 5 de febreiro ao 4 de marzo• Mércores, de 16.00 a 21.00 h. Excepcionalmente, o 4 de marzo
será de 16.00 a 20.00 h (24 horas)
Información
Campus de OurenseSección de Extensión UniversitariaTel. +34 988 387 [email protected]
Inscriciónculturxest.uvigo.es
2019/2020Campus de Ourense