fichaarqueolÓxicados&castros&dacomarcade&deza …lalin.gal/files/vilanova.pdf · 2015....

9
1 FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA) Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca. CLAVE DE IDENTIFICACIÓN: GA 36 024 039 Adscrición tipolóxica: Castro Adscrición Cultural: Idade de Ferro 2. LOCALIZACIÓN Nome: CASTRO DE VILANOVA Topónimo: Coto do Castro. Provincia: Pontevedra Concello: Lalín Parroquia: Vilanova (San Xoán) Lugar: Canda CARTOGRAFÍA Coordenadas (Datum ETRS89) UTM: Fuso 29 Coord. x: 571.392 Latitude: 42° 37' 21,314" N Coord. y: 4.719.272 Lonxitude: 8° 7' 45,916" O Nº MAPA Esc. 1/10.000: 154-21 Esc. 1/5.000: 0154A-0202 (malla anterior: 0154 3-2) ACCESOS Tómase a estrada PO-902 Lalín – O Carballiño. Chegados ó lugar de A Xesta, antes da aglomeración mais importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar de Carreiras. Percorridos 655 m. cóllese á esquerda en dirección oeste. Percorridos unas 125 m. a pista fai un quebro cara ó sur e cruza o trazado do AVE. Inmediatamente despois de cruzalo, ábrese unha pista á man dereita que leva directamente ó acceso do castro. Recorridos 200 m. vese o castro cara ó oeste. 3. CARACTERÍSTICAS DO EMPRAZAMENTO Altitude: 588 m.s.n.m. Emprazamento topográfico: Sobre o extremo leste dunha lomba ou outeiro, con forma largada na dirección E-O. Utilización do entorno: En xeral terras de labor, aínda que na zona occidental tamén hai bosque de repoboación e arborado autóctono.

Upload: others

Post on 02-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA …lalin.gal/files/Vilanova.pdf · 2015. 12. 3. · importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar

1

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

CLAVE  DE  IDENTIFICACIÓN:  GA  36  024  039  

Adscrición  tipolóxica:     Castro Adscrición  Cultural:     Idade de Ferro

2.  LOCALIZACIÓN    

Nome:   CASTRO DE VILANOVA

Topónimo:   Coto do Castro.

Provincia:   Pontevedra

Concello:   Lalín

Parroquia:   Vilanova (San Xoán)

Lugar:   Canda

CARTOGRAFÍA  

Coordenadas  (Datum  ETRS89)      

UTM:  Fuso  29  Coord.  x:     571.392 Latitude:   42° 37' 21,314" N

Coord.  y:     4.719.272 Lonxitude:   8° 7' 45,916" O

 

Nº  MAPA   Esc.  1/10.000:   154-21 Esc.  1/5.000:   0154A-0202 (malla anterior: 0154 3-2)

ACCESOS  

Tómase a estrada PO-902 Lalín – O Carballiño. Chegados ó lugar de A Xesta, antes da aglomeración mais importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar de Carreiras. Percorridos 655 m. cóllese á esquerda en dirección oeste. Percorridos unas 125 m. a pista fai un quebro cara ó sur e cruza o trazado do AVE. Inmediatamente despois de cruzalo, ábrese unha pista á man dereita que leva directamente ó acceso do castro. Recorridos 200 m. vese o castro cara ó oeste.

3.  CARACTERÍSTICAS  DO  EMPRAZAMENTO  

Altitude:     588 m.s.n.m.

Emprazamento  topográfico:   Sobre o extremo leste dunha lomba ou outeiro, con forma largada na dirección E-O.

Utilización  do  entorno:    

En xeral terras de labor, aínda que na zona occidental tamén hai bosque de repoboación e arborado autóctono.

Page 2: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA …lalin.gal/files/Vilanova.pdf · 2015. 12. 3. · importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar

2

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

4.  ESTADO  ACTUAL    E  PROTECCIÓN  

Vexetación  

O perímetro mais externo do interior da croa, está ocupado por terras de labor, mentres que a zona central, na que existe un afloramento rochoso, ten abundante vexetación de silva, xesta, carballo, uz e fento. O terraplén presenta tamén monte baixo e carballos.

Descrición  das  alteracións:  

O intenso uso agrícola dos terreos determinou a modificación da paisaxe da súa contorna, dificultando a conservación e identificación doutras estructuras asociadas. Pola zona sur, onde se localiza a entrada, sufriu un incendio que deixou á vista a composición do terrapalén con terra e pedra, e agora máis exposto á erosión natural. A mesma zona da entrada está moi modificada por acondicionamentos, pois segue sendo utilizada como acceso ás terras de labor do interior do recinto.

Grao  de  conservación   Moi  bo:       Bo:    X   Regular:       Malo:     Moi  malo:       Desaparecido:      

Causas  de  alteración:  

Actividades agrícolas de particulares e axentes naturais.

Protección  Legal   BIC:     Planeamento  urbanístico:     X Outros:    

Protección  física:    

Intervención  arqueolóxica:    

Réxime  de  propiedade:   Pública:         Privada:     X

5.  MATERIAIS  

Descrición:    

A. Presas (2008) recolle diversos testemuños sobre a aparición de cerámica, muíños e algunha tella que podería ser romana, atopada durante os traballos agrícolas. Chama a atención o relato dun veciño de Medelo que comenta a aparición, durante o traballo agrícola na zona chamada ‘A roda do Castro’, dunha especie de caixas que pensou serían sepulturas pero ao non atopar ‘cousas’ desfixéronas (Presas 2008: 380)

Procedencia   Achado  casual:   Intervención  arqueolóxica:     Outra:    

Lugar  actual  do  depósito:      

-­‐  Museo  ou  colección  pública:  

-­‐  Museo  ou  colección  privada:  

-­‐  Particular,  Nome(s)  e  dirección(s):

Page 3: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA …lalin.gal/files/Vilanova.pdf · 2015. 12. 3. · importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar

3

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

7.  DESCRICIÓN  DO  XACEMENTO:  

O castro consta dun recinto de forma oval irregular. O eixo NE-SO, mide uns 110 m. no interior e 120 m.

no exterior. O eixo NO-SE mide 90 m. no interior e 100 m. exterior, no punto mais ancho. Todo o

perímetro está protexido por un terraplén aparentemente de terra, aínda que nalgúns puntos apréciase a

existencia de pedra. Na zona sueste e na sur hai muros de pedra, de mampostería de xisto, que no alcanzan

toda a extensión do terrapléns e non parecen relacionados claramente coa estructura orixinal. No interior

da croa destaca un afloramento rochoso bastante prominente que funciona como unha especie de parapeto,

pois o forte desnivel no sueste foi aproveitado para reforzar as defensas. Precisamente neste neste sector,

ao sur do recinto, e onde está a entrada mediante a interrupción do terraplén.

Non foron identificados restos doutras estruturas do sistema defensivo (antecastro, foxo, etc.) ben porque

non existiron ou por estar alterados pola intensa explotación agrícola. Carmen Buxán (1989: 14) propón

como hipótese a existencia dun antecastro na zona setentrional. Doutra banda Antonio Presas (2008: 382)

recolle o testemuño dun veciño que contaba que antigamente o castro era máis grande pois tiña varias

ribadas que se foron desfacendo para facilitar o traballo das fincas. Se ben existen bancais, especialmente

cara ó sur do recinto principal, que poderían ter relación coa primitiva configuración da paisaxe castrexa,

o certo é que en ningún caso puidemos precisar os límites e configuración de diversos recintos, xa que o

traballo agrícola é aquí moi intenso.

Nas tobeiras existentes nas zonas cultivadas, identificaronse fragmentos de tella, moi esnaquizados e

rodados, que poderían corresponderse con ‘tégula’ romana.

Orotofografía do voo Americano de 1956 - 1957 (esquerda) e detalle do plano 1:5000 (dereita)  

Page 4: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA …lalin.gal/files/Vilanova.pdf · 2015. 12. 3. · importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar

4

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

8.  CROQUIS  DO  XACEMENTO:  

Page 5: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA …lalin.gal/files/Vilanova.pdf · 2015. 12. 3. · importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar

5

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

9.  FOLKLORE  -"Cada 50 anos sae un mouro de alí e cada 25 sae unha galiña con polos dunha pena que ha! cerca". ".(Buxán 1989:14). _ "Aparece ouro e pedras de muíño".(Buxán 1989:14). -"Hai ouro e alí estiveron os mouros".(Buxán 1989:14). - “Cerca da cima do castro, nuns penedos, había unha cova que se metía de cara a abaixo. Alí achegábase moita xente, pero ningún se quería meter cara adiante por medo as cobras que poideran estar escondidas dentro”. (Presas 2008:379) -“ Na cima do castro, no rechán superior, había un pozo moi profundo e segundo tiñan contado, non se sentían caer as pedras que se botaban dentro do mesmo, por iso, pensaban que era moi fondo”. (Presas 2008:379) - “Do castro sae unha galiña con pitos e logo desaparecen misteriosamente como se non foran reais”. (Presas 2008:380). - “Do castro sae un mouro cada vintecinco anos e unha galiña con pitos de ouro cada vintecinco”. (Recollido por A. Vázquez 1991, tomado de Presas 2008: 380). - Pola parte de atrás do castro, na zona de Os Pedrouzos, atópase a "Pena do Mouro" na que din que pode haber enterrados tesouros ao seu arredor, segundo referencias procedentes de ‘documentos escritos’. (Presas 2008:380). - “Del sae unha galiña con polos cada 25 anos, que desaparecen misteriosamente” (García Porral 2010: 52). - “Pena do Mouro: arredor dela hai tesouros enterrados”. (García Porral 2010: 52).

10.  POTENCIAL  DE  REVALORACIÓN  DO  XACEMENTO   Excelente:     Axeitado:   X Non  axeitado:    

Estado  de  conservación  actual:  

O estado de conservación é bo. Conserva o recinto completo e a entrada.

Vulnerabilidade  ás  visitas:  

A zona mais vulnerable sitúase na entrada, onde queda ao descuberto a composición de terra e pedra do terraplén.

Orixinalidade  (deste  castro  respecto  doutros):  

O tamaño da croa e bastante destacable. Goza dunha boa visibilidade, aceptable visibilización e intervisibilidade co castro de Vilatuxe. É destacable a integración do afloramento natural no sistema defensivo.

Perceptibilidade  das  estructuras:  

As estructuras defensivas son perfectamente visibles.

Accesibilidade  e  capacidade  de  recepción  de  público:  Hai unha pista de nova creación que vai paralela ó ferrocarril polo oeste que facilita o acceso rodado e o estacionamento. Ó xacemento chégase atravesando terreos particulares. Pódese percorrer o interior do recinto só polas zonas cultivadas, é dicir, polo seu perímetro.

Potencial  de  ilustración  (xacemento  e  contorna):  

Reside no emprazamento. As súas defensas son claras pero non impoñentes.

Necesidades  mínimas  para  a  revalorización:  

Roza de parte do recinto central e da súa contorna, especialmente na zona occidental. Sería convinte consolidar a zona carente de cobertura vexetal a causa do incendio.

Page 6: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA …lalin.gal/files/Vilanova.pdf · 2015. 12. 3. · importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar

6

FICHA  ARQUEOLÓXICA  DOS  CASTROS  DA  COMARCA  DE  DEZA  (PONTEVEDRA)  

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

Outros  elementos  de  Patrimonio  Cultural  próximos:  

O Camiño de Santiago – Vía da Prata -, pasa polas súas inmediacións, se ben está separado del pola vía do tren. Compre destacar novamente a súa intervisibilidade con outros castros da zona coma o de Vilatuxe.

10.  BIBLIOGRAFÍA  E  DOCUMENTACIÓN   ÁLVAREZ LIMESES G. (1936): Geografía general del reino de Galicia. Provincia de Pontevedra. Barcelona: A. Martín. Páx. 598. BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx. 14. CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,Universidade de Santiago de Compostela. Páx. 124, 337. (2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. Páx. 124-337. Páx. 106, 335, 336, 359. EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-49 do PGOU de Lalín”. FILGUEIRA VALVERDE J.; GARCÍA ALEN A. (1954- 56) “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”. El Museo de Pontevedra, TVIII. Páx. 128. GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 532. MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia. PEÑA (de la ) SANTOS A. (1974). “Voz Lalín” En Gran Enciclopedia Galega T. XIII. PRESAS GARCÍA, A. (2008) Os castros de Lalín. Col. Deza Básicos. Lalín: Concello de Lalín. Páx. 375-382. VÁZQUEZ CRESPO, A. (1991): Lalín. La tierra de Deza. Guía Everest. Madrid: Everest. VÁZQUEZ CRESPO, A. E GONZÁLEZ ALÉN (1997): A comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2ª ed. (ed. Orixinal 1989). TABOADA CHIVITE, J. (1973): "Addenda et corrigenda a Historia de Galicia”. En Otero Pedrayo (dir.) Historia de Galicia. Vol. III, Buenos Aires.

Informante(s):  

Redactor(es):   Santiago Ferrer Sierra e Mar López Cordeiro

Lugar  e  data:    

Lalín, 22 de novembro de 2012  

Page 7: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA …lalin.gal/files/Vilanova.pdf · 2015. 12. 3. · importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

GA36024039. CASTRO DE VILANOVA (Canda, San Xoán de Vilanova)

IMG_6727. Vista xeral do Castro dende o sureste.

IMG_6728. Vista xeral do Castro dende o sureste.

Page 8: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA …lalin.gal/files/Vilanova.pdf · 2015. 12. 3. · importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar

FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)

Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.

IMG_6724. Terraplén na zona sur do castro afectado por incendio.

IMG_6725. Terraplén na zona NE donde aparece paredón de pedra.

Page 9: FICHAARQUEOLÓXICADOS&CASTROS&DACOMARCADE&DEZA …lalin.gal/files/Vilanova.pdf · 2015. 12. 3. · importante de casas, tómase unha pista asfaltada á dereita que pasa polo lugar