ficha 2 fillos de áfrica
TRANSCRIPT
FILLOS DE ÁFRICA
A vida apareceu na Terra fai aproximadamente 3500 millóns de anos. Hai 40 millóns de anos apareceron os primeiros simios, pero as líñas evolutivas que dan orixe aos humanos e aos chimpancés separaronse definitivamente hai seis millóns de anos. O berce da hominización sitúase en África, xa que a maioría dos fósiles dos primeiros homínidos apareceron alí. Ainda que todavía non coñecemos todos os detalles da historia, sen dúbida a máis importante das aventuras emprendidas polos humanos foi a saida de África para poboar o resto do planeta .
1.- Canto tempo consideran os científicos que fai que se separaron as liñas evolutivas do home e dos chimpancés?2.- Cales son os os parientes vivos máis cercanos á nosa especie?3.- Cal é a similitude en % entre o xenoma humano actual e o do chimpancé? Que te suxire este parecido?4.- Busca en internet e copia na ficha a árbore filoxenética dos homínidos5.- Os científicos consideran que houbo uns cambios fundamentais que levaron ao proceso de hominización.Nomea cales foron.6.- Cal foi a importancia do xen FOXP2 no proceso da hominización?;7.- Cales foron os primeiros homínidos en ter capacidade de articular algunha posible linguaxe?8.- Quen é Lucy? Por qué é tan importante?Cal é o nome científico? Onde se atopa actualmente?.Busca foto.9.- Donde se atoparon as primeros fósiles de Homo sapiens.?10.-Busca e copia un mapa do posible percorrido que fixo o Homo sapiens de Africa cara o resto do planeta.Ou se prefires pono por escrito pero en non máis de tres liñas.11.-Cando chegou o H.sapiens a Europa?Como chegaron a América?12.-Coincidiron no tempo o home de neanderthal e o homo sapiens ?Por que desapareceu o primeiro?13.-As mulleres paren con dor,como se relaciona isto coa evolución humana?14.-Cando e onde aparecen as primeiras escrituras? 15.- Completa a táboa comparativa dalgunhas especies do xénero Homo e dos australopithecus
EspeciesCronoloxía
(cron)Distribución
Altura de adulto (m)
Masa de adulto (kg)
Volume craneal (cm³)
Descubrimento ou /
publicación do nome
H. habilis
H. erectus
H. antecessor
Homo neanderthalensis
Homo sapiens
Australopithecus
16.- Que é o proxecto simio? 17.- O 09 /setembro/2010 A UNIÓN EUROPEA PROHIBE A EXPERIMENTACIÓN CON GRANDES SIMIOS. Por que cres ti que se chegou a esta prohibición?.Fai un comentario crítico.
18.- Cando a alguén comenta “ os seres humanos descendemos do mono” Cal é a contestación axeitada?.
19.- Investiga : Darwinius masillae